ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 1989/07/28_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.13.098/1.1989-07-28_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 1989/07/28_Extraordinaria

  • Data(s) 1989-07-28 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 60,62 Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 28 de Xullo de 1989 No Salón de Sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e trinta minutos do día vinteoito de xullo de mil novecentos oitenta e nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Xosé Cuiña Crespo, reuníronse os Sres. Deputados, D. Adolfo Abalo Ríos, D. José Castro Álvarez, D. Francisco Javier Cobián Salgado, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Manuel Costa Casares, D. Xesús Manuel Costas Abreu, D. Avelino Fernández Alonso, Dna. Elvira Fernández Díaz, D. José Manuel Gallego Lomba, D. Sebastián Juncal Currás, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. José Manuel Losada Millán, D. Carlos Mantilla Rodríguez, D. Juan Francisco Martínez-Herrera Escribano, D. César Xosé Mera Rodríguez, D. Diego Murillo Carrasco, D. Antonio Nieto Figueroa, D. José Manuel Pérez Alarcón, D. Modesto Valverde Soto e D. Gilberto Benito Vila Salgueiro, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, de acordo coa correspondente Orde do Día. A efecto de votacións faise constar que a Corporación está formada por vintesete Deputados de feito e de dereito, incluído o Presidente. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Antonio Castro López, e está presente o Sr. Interventor de Fondos Provinciais, D. Víctor Soto Bello, a excepción do punto primeiro no que son substituídos por ter un interese directo polo Adxunto de Secretaría, D. Ricardo Vázquez Cardeiro, e polo Viceinterventor D. Bernardo José Mosquera Solito. O asunto tamén afecta ós intereses do Oficial Maior. Non asisten os Sres. Deputados, D. Xosé Manuel Barros González, D. Manuel Díaz González, D. Fernando Garrido Valenzuela, D. Emilio González Iglesias, D. Lois Pena Viéitez e D. Antonio Pillado Montero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da Orde do Día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- ...Antes de comeza-la Orde do Día, teño aquí unha medalla que me acaban de regalar, polo seu grande amor ó deporte, voulla a dar ó Sr. Nieto Figueroa, se a acepta, acábana de mandar do maratón de Galicia. Sr. Nieto Figueroa.- Quere darme con ela na cabeza ou... 1.2500.- ACCIÓN DAS RETRIBUCIÓNS COMPLEMENTARIAS, SR. SECRETARIO, SR. INTERVENTOR. Sr. Presidente.- Comezámo-lo Pleno. Punto primeiro. ¿Algunha intervención no punto primeiro? Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Pásolle a palabra a Nieto. Sr. Presidente.- ¡Ah!, que lle pasa a palabra. Concedido. Sr. Nieto Figueroa.- Sí, sí, yo se la acepto con mucho cariño. Sr. Presidente.- Sr. Nieto Figueroa, tiene usted la palabra. Sr. Nieto Fiqueroa.- Sr. Secretario y Sr. Interventor, que quede claro de antemano que no hay nada contra ustedes, que quede claro, por si acaso. Sr. Presidente.- No son precisamente los que nos acompañan. Sr. Nieto Figueroa.- ¡Ah!, no, no, es igual, pero están en representación de ellos, ¿no?, que se lo transmita a posteriori. Bueno, desde luego si yo supiese que esta carrera tenía estas remuneraciones yo me hubiese apuntado, no hubiese podido, me hubiese apuntado porque mis padres no me podían financiar estos estudios. Realmente es un poco sorpresiva, ¡eh!, el 25% más o menos de incremento entre unas cosas y otras creo que, que la economía española, que afortunadamente gracias al gobierno del PSOE está incrementándose, pues no es para tanto, ¿no?. Bueno, concretamente para después, el Sr. Costas dará la cosa más fríamente, sencillamente se va a llegar a algo de seis millones de pesetas al año, ya la cosa, ya es, casi casi un salario de seis millones de pesetas al año no creo que lo ganen los Ministros de muchos países, los nuestros si porque España está creciendo. Tenemos aquí como sueldo base, diríamos así, en la calle, un millón trescientas noventa y una mil; el complemento de destino un millón doscientas; el específico un millón novecientas; los trienios, aproximadamente, medio millón de pesetas, y Sr. Presidente, que ya lo han dicho otros compañeros, por lo menos ya que ganan eso que se paguen su piso o que se compren una casa, porque también los ciudadanos de Pontevedra estamos, pues a unos señores que son unos auténticos privilegiados, con todo mi cariño y mi respeto para ellos, pues también pagarles la casa ya es. No creo que usted ni siquiera a su mejor funcionario le haga esa operación, seguro que no, ¿verdad Presidente?. Desde luego ya, sin perder más tiempo, alguien me podrá decir y lo voy a decir porque alguien, se comentó antes ya, que en Vigo quizá ganen algo más, pero de verdad ¡eh!, esto es un desierto, Vigo es un volcán en erupción, de manera que es lógico que ganen no más, bastante más, por si viene a colación el tema. Yo desde luego digo que no a este asunto. Sr. Presidente.- Pues mejor si es un desierto que un volcán. Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Si, eu vou explica-lo meu voto negativo que ten que ver coa política de retribucións e non con ningunha cuestión persoal, nin moito menos. Digamos que hai tres aspectos aquí a considerar, un xenérico de o que é o abano salarial, que é os elementos definitorios dunha política de retribucións e a manipulación, ou a súa neste caso, nas retribucións dos principais funcionarios desta casa, quéirase ou non ten os seus efectos inducidos. Cando vin por primeira vez este tema na Comisión era a petición dunha persoa, agora xa son tres, e eu xa dixen, vai haber máis, loxicamente. Existen as chamadas Leis de Bronce de retribucións dos funcionarios que se enuncian dunha forman moi sinxela, todo funcionario que adapte o seu traballo ás retribucións que reciba pero sobre todo que adapte o seu traballo ás retribucións comparativas doutros funcionarios, e a verdade é que eu creo que nesta Deputación se están cometendo erros nos niveis salariais máis altos. A aprobación, por parte da maioría, de contratos con retribucións superiores ós oito millóns de pesetas, bastante superiores ás que aquí se van aprobar, pois ten consecuencias como esta, todo activo agravio comparativo ou chámese como se queira, esa sería a primeira parte, rompe-lo abano salarial por arriba vai traer como consecuencia un tirón por abaixo e ademais eu creo que non é conveniente en materia de retribucións tratar situacións illadas senón analiza-los problemas. Segunda parte. Se eu collo o expediente, un ten certos trazos prehistóricos, porque falar a estas alturas de dedicación plena, de complementos de incompatibilidade, de formacións desarmadas que son todos eles conceptos hoxe en día inexistentes, supón manterse nunha tesitura legal e política de retribucións que cre moitos problemas. Na actualidade está claro que o concepto da figura de dedicación exclusiva debe se-la situación normal do funcionario, e o complemento específico. Eu manteño a tese de que os complementos específicos non deben ser superiores ós complementos de destino; que o concepto retributivo básico debería de se-lo complemento de destino, e aquí o complemento específico que se vai aprobar vai ser superior en máis de medio millón de pesetas que o complemento de destino, que debería de se-lo elemento central das retribucións. E por último hai unha terceira parte que é a acusación das retribucións atípicas que se manteñen. En concreto a cuestión que suscitei en todos e cada un dos presupostos, que é onde se aproban as retribucións, que viñeron da casa-habitación, a estas alturas xa propuxen diversas fórmulas para resolver iso, claro, o que sucede é que si se manteñen estas retribucións atípicas que teñen un difícil encaixe legal e ó mesmo tempo se soben as retribucións típicas e voluntarias o que se está non é resolvendo cuestións..., hai que darlle unha solución, complicando cada vez máis o asunto, e claro, a solución nunha retribución anterior, obrigan a certas compensacións e este era o momento ideal, por exemplo, para resolver ese tipo de retribucións. Que a retribución atípica neste caso ten dous elementos, o disfrute gratuíto dunha casa e, xa chega ó limite este asunto de incluso o pago por parte desta Deputación do que son os gastos de comunidade, isto é para un cristiá de a pé coma min, agora que xa lle cambiaron o nome xa podo calificarme de a pé, pois francamente rolda o absurdo ou o plistocénico, por así dicilo. E en resume, eu xa digo, que estaría incluso e xa o dixen na Comisión, disposto a, si se dera unha solución a toda esta cuestión da casa-habitación e se integrara isto dentro dunha política global de retribucións, a planificar unha suba para estes pastos en varios anos, poderíamos chegar a un nivel máis ou menos medio en relación co que se fai noutras Institucións semellantes. O que me parece mal é, por unha parte a falta de coordinación xeral da política de persoal, a falta de Coordinación da política de retribucións coa lexislación de incompatibilidades, e virá outro tema destes a este Pleno. E en terceiro lugar a irracionalidade do tratamento illado destes te- mas subindo as retribucións reais a cantidades superiores a un millón de pesetas que supón un incremento do 25%, me parece unha suba demasiado forte para aprobala dun só golpe e ademais se hai contrapartidas en canto á planificación de situacións confusas que veñen do pasado e que vostedes non quixeron resolver anteriormente. Máis nada e gracias. Sr. Presidente.- Máis intervencións. Sr. Mera. Sr. Mera Rodríguez.- Bo, eu quixera dicir sobre o tema en nome do equipo de goberno, de que non é efectivamente un incremento de un millón de pesetas como se está aquí dicindo, senón todo o contrario, o incremento de duascentas noventa mil cento sesenta pesetas ó ano que supón aproximadamente, pois, dezaoito mil e pico de pesetas. Entón isto é así polo seguinte, porque efectivamente neste momento as retribucións do Secretario, concretamente, pois ten trinta horas fixas dentro do complemento específico, independentemente de que se fixeran ou non se fixeran pois cóbranse, e logo ten outras trinta horas que se chegan ata as sesenta horas, máis ou menos o que está permitido, pois bo, que dalgunha forma cando as fan pois cóbranas, entón bo, pois isto xa é unha cuestión atípica, porque nós consideramos que hai unha serie de funcionarios que deben ter unha dedicación permanente á Institución, e aparte que sexa incompatible de feito e non de dereito, é dicir, porque xa dixemos que ás veces unha persoa realmente é incompatible de dereito por unha parte que está desenrolando outro tipo de actividade aínda que non sexa dunha forma recoñecida legalmente, pois, dalgunha forma está prexudicando á propia Institución porque esa persoa pois ten unha longa actividade e na práctica está pensando en distintas actividades posto que ten distintos traballos. Pois nós creemos que é moito máis razoable pois que efectivamente que iso sexa así, porque son postos de alta responsabilidade e que en calquera administración se necesita este tipo de xente, e despois tamén, pois tamén temos algúns datos comparativos, eu non quería entrar nese caso, que ás veces o que sucede é que precisamente ó mellor o Secretario, o Interventor da Deputación pois tamén por analoxía con outras administracións moi próximas, pois entón isto é sempre un pouco a bola de neve que non se sabe se vén nunha dirección ou vai noutra, pois se no termo do Concello de Vigo gañan moito máis por que nós aquí imos gañar moito menos, entón é o tema ese, ¿non?. Pero independentemente desas circunstancias comparativas que nunca son boas, o que si está claro é que o incremento non é así senón o incremento real son duascentas noventa mil e pico, sería ese tema dun millón e pico de pesetas se efectivamente non se cobraran esas trinta horas de máis que na práctica estanse cobrando, porque efectivamente o Secretario que é unha persoa pois que se necesita pois con máis frecuencia importante para que a Deputación funcione e o Interventor igual, e no caso tamén do Oficial Maior, non é que estas dúas persoas desencadeen ó Oficial Maior, senón ó contrario, o Oficial Maior xa o había pedido fai sete ou oito meses pero quixo tratarse dunha forma global. Entón será a Corporación a que decida con tódalas consecuencias que persoas nós necesitamos e que teñan este tipo de dedicación. E aparte máis, esta é unha das cousas que negociamos cos Sindicatos e que estamos todos de acordo, Sindicatos e Corporación, e iso sabeo Suso Costas que formou parte desa mesa de negociación, é dicir, que nos presupostos... eu sigo dicindo que fixo unha grande labor desde o punto de vista, non político, senón técnico,... pois queremos acabar coas horas extras, entón isto é forma de acabar coas horas extras, que así a xente que necesitemos pois que estea, e quen non necesitemos, pois sentíndoo moito pois non vai a ter horas extras, nin vai ter dedicación plena, nin vai ter nada... entón tamén neste caso, o Interventor estaba cobrando moitísimo menos, o Interventor saben vostedes que se acaba de integrar na Deputación, fai aproximadamente dous ou tres meses, que o Interventor actual ten un complemento transitorio moi importante, entón da que este señor estaba cobrando case máis, non, menos dun millón e pico de pesetas menos que o anterior iso non é xusto posto que no complemento de destino que nós non podemos tocar porque os Corpos Nacionais, os seus complementos de destino básicos son o trinta, se está no trinta... entón non creo que sexa unha barbaridade o que estamos facendo senón todo o contrario,... se temos outras administracións próximas que non queremos comparar pero sempre serven de referencia pois están moi próximas... E nada máis. Sr. Presidente.- Bo, non hai máis intervencións. Entón sometemos a votación o dictame da Comisión: ¿votos en contra?, ¿abstencións?. Aprobado por maioría. A petición dos interesados D. Antonio Castro López e D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e coa inclusión do posto de traballo que ten adxudicado actualmente o Sr. Interventor Xeral D. Víctor Soto Bello; visto o expediente tramitado a este fin, como os preceptos de pertinente aplicación ó caso, o Pleno acorda: O posto de traballo do Sr. Secretario Xeral e ó do Sr. Interventor Xeral, ségueselle mantendo o Complemento Específico por Responsabilidade na contía anual de CINCOCENTAS NOVENTA E SEIS MIL DUASCENTAS CORENTA E CATRO PESETAS (596.244); a súa vez asígnase ós indicados postos de Secretario e Interventor Xerais o Complemento por Incompatibilidade de UN MILLÓN NOVECENTAS TRINTA MIL SEISCENTAS CINCUENTA E SEIS PESETAS (1.930.656) anuais, coa absorción do Complemento de Dedicación que veñen percibindo. Do mesmo xeito, mantense o Complemento Específico por Responsabilidade de CATROCENTAS CORENTA E CINCO MIL CENTO OITENTA E CITO PESETAS (445.188) pesetas/anuais ó posto de traballo do Sr. Oficial Maior e asígnaselle o Complemento Específico por Incompatibilidade de UN MILLÓN OITOCENTAS SESENTA E DÚAS MIL CINCOCENTAS DEZASEIS PESETAS (1.862.516) pesetas/anuais, coa absorción, tamén neste caso, do Complemento de Dedicación que vén percibindo o interesado. Todo elo co fundamento na dedicación plena, dos titulares ós indicados postos. ------ Folla: 62,63 2.2501.- ESCRITO DO MINISTERIO PARA AS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS SOBRE INCOMPATIBILIDADE DO ATS D. EUGENIO PÉREZ OLMEDO. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención? Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- No. Sr. Presidente.- Perdón un momentiño que temos que substituír ó Interventor e ó Secretario. Neste intre fan a súa presentación o Secretario e Interventor titulares, substituídos no punto primeiro polo Adxunto de Secretaría e Viceinterventor, por afecta-lo asunto primeiro da Orde do Día ós seus intereses. Sr. Costas Abreu.- Bo, en todo caso de detalle, a aplicación ineludible dunha Lei a unha persoa concreta que ocupaba dous postos de traballo na Administración Pública, bo, eu teño presentada unha Moción sobre este tema que non será tramitada, eu teño insistido tamén neste tema e vou aproveita-la ocasión para facer un exposición algo sinxela, non é por saírme polos Cerros de Úbeda nin nada polo estilo. O problema concreto que se da neste caso é que ó aplicarlle a lexislación de incompatibilidades a esta persoa e obrigala a cesar no posto de traballo que desempeñaba na Deputación, están creando vostedes unha desigualdade de trato porque non se está aplicando a Lei. Hai moitos máis supostos idénticos a este nesta Deputación e incluso máis graves, como todos sabemos. A miña exposición legal é o seguinte: no ano 82 a maioría de UCD, daquela, aprobou unha Lei de Incompatibilidades que non se aplicou en absoluto. No ano 84, e era un dos puntos básicos do programa electoral do PSOE, aprobouse outra Lei de Incompatibilidades teoricamente máis estricta, que di cousas curiosísimas, que era un principio fundamental do funcionamento da Administración ó principio, unha persoa un posto de traballo, é dicir, a dedicación plena ás funcións administrativas no seu posto. Dicía tamén que nesta materia habería que establecer un sistema uniforme para tódalas Administracións e por iso é obrigatoria para a Administración Local Autonómica e a Central, e dicía ademais, resultoume curioso, que a regulación desta Lei esixe dos servidores públicos un esforzo testemuñal de exemplaridade perante dos cidadáns, constituíndo neste senso un importante avance cara á solidariedade, a moralización da vida pública e a eficacia da Administración. O malo é que a min, dixéronmo os curas unha vez, é que as cousas quedan por escrito, e a verdade é que a eficacia da Administración na solidariedade e a moralización da vida pública, eu creo que, quedóuselles polo camiño, porque en concreto a Lei esta de Incompatibilidades con plena consciencia pois deixouse de aplicar en sectores enteiros como pode se-la Sanidade e a Administración Local tamén, parece que por acordo implícito ou explícito dos partidos maioritarios, e claro, o problema é que iso da lugar a situacións moi curiosas, eu xa o dixen moitas veces, nesta Deputación hai moita xente que ten máis dun posto de traballo, no sector público ou no sector privado, e ás veces desde logo son máis de tres, e sen embargo todo o mundo está cobrando aquí complemento específico, e iso é rigorosamente ilegal. Iso pasa tamén na Seguridade Social e noutras Institucións deste país, pero a situación está así e eu creo que é perigosa esa desvalorización da vixencia das Leis, creo que non é boa, a min me parece que, cando a democracia sexa algo máis consolidada este tipo de cousas darán bastante máis vergonza da que agora dan. E en concreto este señor pois, estivo durante todo este tempo cobrando o seu complemento específico, con absoluta seguridade, e agora resulta que tiña que haber cesado pola aplicación da Lei 9/85, pasaron catro anos en tan pintoresca situación. En definitiva eu vou votar a favor desta proposta pero lles pido dunha vez por todas, e é un asunto que saíu tamén do negociado do acordo regulador, o convenio, e está saíndo moitas veces, desta vez coa modificación da retribución sen aplicación dun acordo regulador, hai que aplica-las incompatibilidades, inda que o meu criterio quede en minoría, hai que aplica-las porque este tipo de situación van estar facendo continuamente, porque estrictamente moitos complementos específicos que se están pagando e cobrando aquí son pagos indebidos que poden dar lugar a responsabilidades, e eu non quero verme inmerso nese tipo de cousas. Máis nada e moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Costas. Sometemos a votación o dictame da Comisión. ¿Votos en contra?, ¿abstencións?. Aprobado por unanimidade. En cumprimento da Resolución dictada pola Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio para as Administracións Públicas en data 11 dos correntes, recibida na Unidade de Persoal o día 15; na consideración a que o A.T.S. desta Excma. Deputación desempeña o posto de traballo de Practicante de A.P.D., en Ponte Caldelas (Pontevedra), como actividade principal, e como actividade secundaria o posto de traballo de A.T.S. nesta Deputación; de conformidade co artigo 9º da Lei 53/84 de 26 de novembro e artigo 29-3-a) da Lei 30/84 de 2 de agosto e concordantes, o Pleno acorda por unanimidade, declarar en situación administrativa de excedente voluntario na praza de A.T.S. do plantel de funcionarios desta Deputación a D. Eugenio Pérez Olmedo, con efectos de 1 de setembro de 1989, por incompatibilidade de funcións en máis dun posto de traballo. Entrementres permaneza nesta situación non percibirá retribución algunha con cargo a fondos provinciais, nin tampouco se computará o tempo a ningún efecto. ------ Folla: 63,75 3.2502.- ESTUDIO DAS OBRAS A INCLUÍR NO PLAN DA COMARCA DE ACCIÓN ESPECIAL, "ZONA INTERIOR", 1989. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención? Sr. Nieto Figueroa.- Sí, Presidente. Si es posible me gustaría, yo estuve en la Comisión, que no soy miembro de ella, de la Comisión, el ponente que nos diese una explicación de este tema con la más amplitud posible. Sr. Presidente.- Sr. Castro. Sr. Castro Álvarez.- Muy bien, con mucho gusto. Como todos ustedes saben, el Plan de Comarca de Acción Especial, son planes cuatrienales, finalizó en el anterior ejercicio, en el 88, y a iniciativa de alguna Diputación, entre ellas la de Pontevedra y la propia Federación Española de Municipios y Provincias, se consiguió que el Gobierno prorrogase por un año más el Plan de Comarca de Acción Especial y hace muy pocas fechas pues comunicó la aceptación de la prórroga, y asigna una cuantía y una normativa distinta a la que se venía aplicando anteriormente, en la que posibilita que las Diputaciones que tengan el endeudamiento superior al 20%, puedan aminorar su participación. Se hizo esa consulta y el Ministerio para las Administraciones Públicas considera que esta Diputación no está endeudada, que tiene posibilidades y por lo tanto obliga a ir a la participación que el propio Decreto establece. Puestos ahí se hace el Plan, el Plan ya se había comentado en una Comisión de Cooperación y Mancomunidades, las obras se incluyen por los Ayuntamientos que son las mismas que se habían aprobado en aquella Comisión, pero al tener que hacer una mayor participación la Diputación y no tener consignación como es lógico en el Presupuesto, obliga a ir a una financiación, a responder a esa financiación a través del Banco de Crédito Local, Y entonces el Plan queda establecido globalmente de la siguiente forma: Una subvención del Estado de trescientos noventa y tres millones trescientas mil; una aportación propia de los Ayuntamientos de noventa y seis millones setecientas cuarenta y cinco ochocientas veintiséis pesetas; de los Ayuntamientos a través del Banco de Crédito Local, cuarenta millones setecientas nueve mil seiscientas tres; Diputación Provincial a través del Banco de Crédito Local, cuatrocientos cincuenta y tres millones ochocientas setenta y cuatro mil ciento seis; y aportación de Empresas de particulares, ciento treinta y cuatro millones ciento siete, que cifra mil ciento diecisiete millones trescientas tres mil seiscientas cuarenta y dos pesetas. Esto se distribuye en cuatro grandes grupos, bloques, de acuerdo con las instrucciones del Ministerio, y que son, el Programa de Obras Hidráulicas que cifra treinta y seis millones doscientas seis mil trescientas ochenta y siete; Caminos, que suman cuatrocientos ochenta millones cuatrocientas diecinueve mil trescientas ochenta y seis; Electrificación Rural, doscientos sesenta y siete millones trescientas cuarenta y ocho mil doscientas trece; y Equipamiento de Núcleos que son las obras todas de los Ayuntamientos de, los veinticinco que están acogidos a la Comarca de Acción Especial, que suman trescientos tres, trescientos treinta y tres millones trescientas veintinueve mil seiscientas cincuenta y seis pesetas. Como es lógico, la operación de crédito de la Diputación no beneficia a ningún Ayuntamiento en cuanto a titularidad de las obras, sino que, o, beneficia, porque las obras tienen que ejecutarse dentro de la delimitación de esa zona de los veinticinco Ayuntamientos. Entonces, en Caminos que son provinciales se ejecutan cuatrocientos ochenta millones cuatrocientas diecinueve mil pesetas; y en Electrificación Rural se hace una aportación de la Diputación, ciento treinta y tres millones seiscientas setenta y cuatro mil ciento seis pesetas, como operación de crédito; y de particulares, es decir, la Empresa, que aportan el otro 50% que son ciento treinta y tres millones seiscientas setenta y cuatro mil ciento Cuando se ve el programa por Ayuntamientos hay quien se sorprende porque un Ayuntamiento lleve mucho más y otro lleve muchísimo menos, no es cierto, cada Ayuntamiento lleva lo que le corresponde de acuerdo con los criterios que aprobó el Pleno, es decir, superficie territorial y número de habitantes, lo que ocurre es que las obras provinciales inciden en determinados Ayuntamientos y de ahí que algunos pues figuren más, o, aparentemente parezca que llevan más aportación que otros y no es así. Esto es así a grandes rasgos, ahora, creo que así se ha hecho y si alguna intervención concreta, pues no hay inconveniente en darla. Sr. Presidente.- Si, si, tiene la palabra. Perdón, primeiro o voceiro do partido. Sr. Nieto Figueroa.- Ah, se a pediu aí está. Como vostede diga, Presidente. Sr. Gallego Lomba.- Si Presidente, anuncia-lo voto en contra do Grupo Socialista porque, como dixemos no Pleno do debate dos Presupostos, que se nos quería, non vou dicir enganar, pero bo, meter un cazapo dicindo que, e máis aquí, concretamente nesta Sala, dicindo que non ía haber Comarca de Acción Especial, que non ía haber, que non ía haber, que se garantía que o Ministerio de Administración Pública había dito que non, e cando o Sr. Castro creo que dixo que xa sabía que si, que ía haber, que si porque el está na Federación de Municipios e a presión das Provincias, concretamente das Deputacións, eran moitas sobre a Administración e a Administración tivo que dicir que si, de feito dixo que si. Pero bo, o fondo é que se sacaba unha partida importante do Plan de Obras e Servicios con todo o dereito que teñen a estar tamén os Concellos da Comarca de Acción Especial, que non llo nego, pero, ata agora, ata agora, soamente entraban no que é a Comarca de Acción Especial, non entraban no Plan de Obras e Servicios, este ano entran no Plan de Obras e Servicios e na Comarca de Acción Especial, e dáse a casualidade que dos vintecinco Concellos que son, me parece, da Comarca de Acción Especial, que vintetrés son, vintedous, perdón, son do Partido Popular. Entón esa xogadiña, ese pase en corto, non se... Sr. Presidente.- Son da Provincia. Sr. Gallego Lomba.- Si, pero gobernados polo Partido Popular, entón ese... nós xa o tiñamos en mente, en vivo prexuízo doutros, dos Concellos que entraron no Plan de Obras e Servicios que miraron recortada a súa aportación neste Plan. E bo, agora entrando no que é a Comarca de Acción Especial, seguimos dicindo o mesmo, estamos en contra do que é a Comarca de Acción Especial porque hai Concellos que non sabemos que pintan nesta Comarca, que non é nin Comarca xeográfica, nin económica, non é nada, os Concellos están distribuídos por aí, está así e íase modificar, parece que había intención na Corporación anterior xa de tentar modifica-la Comarca de Acción Especial, dixo que se ía esperar un pouco e ata agora seguimos igual moito tempo porque por suposto interesa que estea así, ata que dunha vez o Goberno diga que non hai máis Comarca de Acción Especial, si tamén ten a competencia, supoño que o dirá algún día, e de verdade que os Concellos que compoñen a Comarca de Acción Especial non están por razóns socioeconómicas, nin xeográficas, nin naturais, nin sociais, están aí, en Lalín, outro en A Cañiza, e, outro en Ponteareas, entón, sexamos serios, busquemos unha fórmula de axudar ÓS Concellos que quedaron mermados na aportación da Deputación do Plan de Obras e Servicios. Presidente, procure buscar unha fórmula de incrementa-la aportación da Deputación a estes Concellos que quedaron mermados na aportación, busquemos unha fórmula entre todos e que non sexan sempre beneficiados os mesmos. Nada máis. Sr. Presidente.- Iso agradézollo, pero propúxenllo ó Sr. Conselleiro, o Sr. Salgado, de Economía, chegar a un acordo nesa distribución que fixeron eles de Acción Municipal, e estamos esperando chegar a un acordo, a ver se se chega. Sr. Gallego Lomba.- Pois me alegraría que chegaramos a un acordo. Sr. Presidente.- Ben, non, non, o seguinte que me solicitou a palabra, o Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- Yo le cedo al Sr. Costas que ha sido muy gentil. Sr. Presidente.- Pero yo no, Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- ... Sr. Presidente, deléitenos. Sr. Presidente.- Entonces no, perdón, habla usted,... y ya no habla, decida. Sr. Nieto Figueroa.- Si el Sr. Costas no quiere que yo le devuelva el gesto. Sr. Presidente.- No, no, soy yo, soy yo. Sr. Nieto Figueroa.- Es que acabo de recordar, acabo de recordar y hay que dar la razón a mi querido, yo siempre ando con papelitos, es que estos periodistas son la caraba. La Diputación podría modificar este año el reparto de dinero, bla, bla, bla, como decimos entre los amigos nosotros, bla, bla, bla. Sr. Presidente.- Podría, podría. Sr. Nieto Figueroa.- Por si acaso, usted ya sabía cuando dijo que podría que no iba a querer. Bueno, pero vamos a lo de hoy, vamos a lo de hoy. Usted quería paz, yo voy a ser pacífico todo lo posible, mire si soy pacífico que ya le digo a Dña. Elvira que por si acaso, caray, voy a procurar no molestar sus castos oídos, y reitero de verdad lo que le digo. Sra. Fernández Díaz.- Hable con propiedad Sr. Leri, si no ya sabe... Sr. Nieto Figueroa.- Reitero lo que he dicho, yo fui a misa, concho, para demostrarme a mi mismo, caray que iba a recatarme en lo posible, pero por si acaso. Bueno, desde luego en principio hay ya que manifestar un disgusto fastidioso, muy fastidioso, que si es en otros sitios, a lo mejor no había sesión plenaria. La documentación, importantísima documentación de este Pleno que estamos desarrollando ahora, no había sido recibida a las diez y media, realmente intolerable. Estos, álbumes, que andan por ahí, nos los dieron, se los dieron a algunos Diputados, a mi no, a las diez y media de la mañana, y eso es intolerable. Efectivamente el Sr. Presidente de la Comisión prestó todo tipo de disculpas, pero es que eso no vale, eso no vale, se aceptan las disculpas pero eso no vale, pero además, eso de decir un capítulo de estos para cada grupo, no vale porque el señor x es de Nigrán, el señor z es de Cambados, ya lo hemos comentado eso alguna vez, pero bueno, como habrá observado yo también he visto los papelitos porque mientras usted no llegaba yo los recogí, ya se los he devuelto, o sea que, mal en ese tema. Bien, como se observará, como habrán observado los que leyeron los papelitos a los mismos Ayuntamientos de siempre, Presidente, de verdad, se lo llevan casi todo, y hasta hacen juegos malabares para financiar obras, prácticamente a costa del Estado y la Diputación, ya se dijo también en la Comisión, y algunos efectivamente no, no con una cantidad razonable de colaboración, casi, casi en algunos casos nula, por lo menos en proporción con lo que se llevan para sus Ayuntamientos, que lo iba a decir al final pero ya me sale ahora, así cualquiera es Alcalde. Lo he dicho públicamente en alguna emisora, en algún periódico, y si esto sigue así ustedes son tataranietos de Alcaldes, tataranietos, déjame hacer un poquito de lo de nieto, caray, para que se vayan, o sea, que van a tener ustedes tataranieto s Alcaldes porque, ustedes no suben impuestos, ustedes no tiene problema ninguno de incrementar tarifa ninguna porque se lo llevan todo de la Diputación, y hay que decirlo aquí para que nadie crea que yo digo las cosas en las emisoras y que no soy capaz de decir las aquí. Vamos a ver, el Estado como decía mi querido compañero, acaba de resucitar un muerto que estaba bien enterrado, es un muerto que estaba bien enterrado y del que han estado ustedes abusando constante y permanentemente. Comarca de Acción Especial para cositas de que no hay agua, bien, no hay luz, bien, pero aquí hay piscinas en abundancia otra vez, en esos papelitos van piscinas yeso no vale. Rotundamente no a esa forma de actuación, basarse en los más pequeños para hacer piscinitas, alguna climatizada, y no estoy hablando del cabaret de Soutomaior que no es este el caso, y sin embargo, sin embargo fíjese usted como, por ejemplo Vigo también tiene y nunca me tengo referido a mi ciudad, buena sería. Hay zonas interiores en Vigo también, como pueden ser por ejemplo, dichas así, Valadares, Candeán, etc., etc., que están lejos de la costa, y Vigo aporta en este tema, en este tema aporta alrededor de, entre la Diputación, y el Ayuntamiento de Vigo, y el Estado, que son los tres que sostienen este asunto, o sea, la Diputación la sostiene el Estado y el Ayuntamiento de Vigo, Vigo la tercera parte y el resto el Estado, mil millones de pesetas, y a Vigo ni un céntimo, por eso insisto que han desenterrado para suerte de ustedes un muerto que estaba bien muerto, en fin, no le quiero, y sobre todo no le quiero molestar a esos oídos tan castos, pero, yo no quiero aceptar y de ninguna forma lo voy a aceptar, un asunto que ha estado tremendamente chapuzado. Han hecho ustedes auténticas maravillas con este asunto, han hecho maravillas pero, lo dicho Presidente, yo no voy a aceptar, ustedes no van a seguir siendo Alcaldes a costa de la Diputación si yo puedo, y si no puedo por lo menos no van a seguir siendo Alcaldes de sus pueblos gracias a la Diputación en silencio, no claro, o sea que digo que no, claro, evidentemente. Nada más, ya ve que no he molestado. Sr. Presidente.- No, muchas gracias. Ha sido bien moderado, no le digo que no. Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Si, Sr. Presidente, vou tratar... Sr. Presidente.- Que conste que, si me permite con todo o respecto, eu polo menos coñezo xa a súa intervención pero ten vostede todo o dereito a facela. Sr. Costas Abreu.- Vou intentar sorprendelo. Sr. Presidente.- A ver si é capaz. Sr. Costas Abreu.- O fío da súa intervención, un colega seu do grupo da maioría unipotente desta Deputación e que di que o esforzo inútil produce melancolía, eu voume manter no meu es- forzo inútil e intentar introducir criterios de racionalidade no que non deixa de ser unha pura inercia repetitiva ano tras ano, eu xa dos cartos, no mesmo sentido ecos mesmos destinos, e vou intentar demostrar con argumentos. En primeiro lugar, o primeiro responsable de que teñamos que vir outra vez con este touro vello e resabido, é, desde logo, o Goberno Central, como dicían as persoas que interviñeron anteriormente, resucitar un morto que estaba bastante decrépito que é a Comarca de Acción Especial, e amais resucitalo dunha forma máis que dubidosa porque a Lexislación da Comarca de Acción Especial dicía que tería un período máximo de duración de cinco anos, pasaron eses cinco anos e sen embargo volven a manter en pé o sistema anterior que non se axusta para nada á Lexislación Local Constitucional. De modo que esta prórroga é, desde o meu punto de vista, máis que dubidosa, e que amais aquí non hai nin Comarca nin hai Acción Especial. Non hai Comarca porque se o criterio de actuación desta Deputación de dividi-la provincia entre o interior e a costa, mal imos, así non vai haber Comarcalización posible ni n integración das diversas Comarcas desta Provincia. E non hai Acción Especial porque non hai unha idea de fondo, non hai a idea de actuar con estes criterios comarcais, é dicir, supramunicipais de resolver problemas comúns que é para o que naceu. Non hai tampouco eficacia multiplicadora dos cartos, cunha aportación Estatal de case catrocentos millóns e unha aportación da Deputación de máis de catrocentos millóns, pois, diga- mos, que habería que conseguir unha aportación municipal de polo menos outros catrocentos millóns, e non é así, a aportación municipal é case menor ou idéntica a que pon nun puñado Unión Eléctrica Fenosa, por así dicilo, como se verá con iso nós, non nos destacamos en maior eficacia, é dicir, a lóxica deste tipo de actuacións é, por cada peseta que poñemos nós obrigar ás demais Administracións a poñer máis cartos. E aquí houbo o intento de acollerse ó Decreto que saíu este ano para rebaixar incluso a nosa aportación, que non saíu, pois vai, porque a carga financeira se computaba cos Presupostos do oitenta e oito, no oitenta e oito os Presupostos da Deputación medraron moito porque a aportación estatal subiu, e entón pois non chegamos ó tanto por cento, e ademais o maior tirón de endebedamento desta Deputación produciuse precisamente no ano oitenta e nove, como todos sabemos. Entón imos entrar xa máis no miúdo do asunto. Eu teño a sorte ou a desgracia de que me estudiei o expediente con coidado onte, e hoxe o expediente que vén é distinto, porque en concreto, onte non estaba detallada a aportación propia desta Deputación porque estaba pendente o asunto de consegui-la rebaixa do Estado ó 50% e ó final non houbo tal rebaixa. Entón cos datos de onte, por problemas, os tres únicos problemas que había onte, para o que eu creo que é unha das principais necesidades a cuestión hidráulica, abastecemento, saneamento, depuración de augas, ían trinta e seis millóns de pesetas, duplicouse a contía total da Comarca e sen embargo na versión definitiva persisten estes trinta e seis millóns de pesetas. E unha cantidade, trinta e seis millóns sobre mil millóns, pois a verdade é que non é unha porcentaxe moi importante para resolve-los problemas de abastecemento de augas que nesta curiosa terra temos, como consecuencia o abandono que hai nestas terras. Para a partida favorita, maioría desta Deputación, asfaltados e a nova versión, formigonados, para un pouco porque a técnica avanza unha barbaridade, ían onte cento noventa e seis millóns, pois aquí avanzamos moito, a verdade, porque xa pasamos a douscentos sesenta e sete, a cousa non se duplicou pero tivo un importante crecemento, ¿non?. E para o programa alumeados e outros, outros son centros sociais, piscinas, etc. Sr. Presidente.- Non, pero poderiamos distinguir entre alumeados e piscinas, porque, alumeados si que é unha necesidade primaria. Sr. Costas Abreu.- Si, si, si, estamos de acordo ademais, todos, o que pasa é que vostedes integran todo nun programa cando se podería segregar, e igual que o problema de presentación que hai de que non nos dean os datos. Sr. Presidente.- Ben, pero falemos de porcentaxes, ¿canto van sobre mil millóns a piscinas?. Sr. Costas Abreu.- A principal partida vai a alumeados, hai que dicilo así, eran douscentos noventa e sete millóns e pasan a trescentos trinta e tres millóns, pequeno incremento que loxicamente se dirixe ás dúas Mancomunidades incluídas na peculiar Comarca interior da Provincia de Pontevedra, e aparece un epígrafe novo que é electrificación rural que son douscentos sesenta e sete millóns. Esta sería a división por programas, realmente eu creo que o primeiro programa tiña que ter maior importancia, para dicilo claramente. Sr. Presidente.- ¿O hidráulico?. Sr. Costas Abreu.- Efectivamente, vouno dicir así de claro e ademais insistimos moito niso, ese é realmente un dos temas básicos que hai aquí e aí habería que haberse aumentado sen embargo a participación porcentual dentro da súa importancia cuantitativa da cantidade que vai a este fondo, é ínfima, e eu sería partidario incluso de ofrecer máis cartos ou unha aportación maior da Corporación da Deputación nesa materia que na materia de asfaltados..., primeira crítica que lle fago, xa ve que o sorprendo. Sr. Presidente.- Non, a crítica de asfaltados xa é perenne. Sr. Costas Abreu.- Si, pero é que eu lle propoño unha alternativa. Sr. Presidente.- O que pasa é que claro, a crítica dos asfaltados, Sr. Costas, fanna, teñen máis, son máis proclives a facela os que naceron no asfalto porque non saben o que sufriron os que ó longo da súa historia viviron no barro, e eses si que valoran o asfalto, pero ben, siga. Sr. Costas Abreu.- Mire, non desprezo para nada que haxa unhas vías de comunicación decentes para todos e cada un dos cidadáns desta provincia, así que admítame expoñer outro punto de vista. Sr. Presidente.- Pero estou de acordo, no fondo da cuestión estou de acordo. Sr. Costas Abreu.- O problema das obras hidráulicas é que van debaixo da terra, á hora de inauguralas locen pouco, o asfaltado da para inaugurar quilómetro a quilómetro. Sr. Presidente.- Eu persoalmente como Alcalde sempre inaugurei cada tubo que puxen. Sr. Costas Abreu.- Cada tubo e cada metro de cada tubo, aparentemente son actos moi vistosos e a xente se divirte con este tipo de cousas. Vou proseguir. Sr. Presidente.- Bo, pero siga, perdone que le interrumpiera. Sr. Costas Abreu.- Bo, non se preocupe. Esta sería a distribución por programas, ¿non?, e hai unha segunda parte que é a distribución por Concellos. Vou tamén expoñelo onte e hoxe. Coas cantidades que había antes detalladas, digamos que o volume do Plan da Comarca de Acción Especial eran cincocentos vintenove millóns entre vintecinco Concellos, por poñer parámetros máis sinxelos, serían vinteún millóns e medio, bo, o ranking que me daba a min para face-los números onte porque como xa lles dixen no nos deron o listado de asignacións por Concellos, ía encabezado, como é normal, porque é o Presidente da Comisión, polas súas recoñecidas habilidades para obter subvencións estatais para o Concello de Ponteareas, e que conste que eu, xa digo, con discrepar moitísimas cousas do Sr. Castro, pois, creo que é un dos máis habilidosos conseguidores de subvencións de todo tipo, un fai ben porque ó fin e ó cabo é parte do seu traballo, outra cousa son os criterios de fondo. O segundo posto no ranking, por suposto ía para o benemérito Concello de Lalín, claro, lóxico e natural tamén, o Presidente é quen é. Sr. Presidente.- Ah, pois, delego toda a responsabilidade no Presidente da Comisión, eh, que eu non me enterei. Sr. Costas Abreu.- Ten que estar alí, non, a cousa se comprende. Acto seguido no ranking vén un Concello veciño de Lalín, tamén, non só da Comarca de Acción Especial senón de Zona, francamente favorecida que é Silleda, con ¿trinta e catro millóns?, e despois había atipicamente un Concello con un goberno independente... que é Forcarei. Sr. Presidente.- Pero está próximo a nós. Sr. Costas Abreu.- E a partir de aí a cousa... todos máis ou menos Esta é a versión orixinal. Sr. Presidente.- Ah, ¿por qué non é a real?. Sr. Costas Abreu.- Esta é a versión de onte, xa lle digo, eu vin onte pola noite contando que estiveran tódolos papeis, pero é interesante ver estas dúas versións, porque vendo só os dous Concellos cabeceiras na versión definitiva, pois, se in- virte o asunto, con perdón polas alusións dos invertidos, Lalín pega un importante salto, pasa de corenta millóns acento trinta, case nada, que diría un castizo, e en cambio Ponteareas pois pega tamén un pequeno chimpo, pero quédase en setenta e cinco dos corenta e dous orixinais. O simpático é que aporta cada un destes Concellos nesta cifra global, e Ponteareas, xa o dicía antes, aporta dezanove millóns polo menos dos setenta e cinco, mentres que Lalín van te-los catro millóns de aportación. Sr. Presidente.- Iso demostra que anda moi mal de cartos. Sr. Costas Abreu.- Iso demostra que quen parte e reparte lévase a mellor parte. Sr. Presidente.- Sr. Castro, eu non sei nada diso, os Sres. Deputados que pensen o que queiran. Sr. Costas Abreu.- En tal caso o repartidor, se chega a empregarse a fondo quedase con todo. E, hai unha última parte que é enormemente significativa de todo isto, é dicir, a duplicación das consignacións en cada caso que se da aquí deriva precisamente de que se introducen os números do que ten que aporta-la Deputación que non é o 50% do 150% senón o 150%, ¿e onde van estes cartos?, e aquí está o asunto, ¿non? Basicamente van ó programa dous, asfaltados, douscentos oitenta e catro millóns, o 50% repartido con outro 50%, basicamente con Fenosa, vai a electrificación rural, o programa este que en realidade non sei para que nos metemos aquí, o cal é forza-la máquina da Deputación este tipo de actuacións, e unha pequena cantidade vai para o programa seis, fundamentalmente á cuestión das Mancomunidades. Claro, eu, vou ser un pouco arriscado, fixérono vostedes dunha maneira bastante sutil e que incluso ten a súa lóxica, ¿non?, como xa estamos bastante preto do límite do endebedamento, o que se fai un pouco, xuntar aquí unha serie de cuestións que xa existían anteriormente. O certo é o seguinte: unha, que é practicamente imposible atopar un criterio de fondo, certamente mil millóns non é que sexa unha cantidade tremebunda pero inda son algúns cartos, e é moi difícil mirar unha estratexia de actuación sobre o que sería teoricamente a Comarca. Non hai un criterio, efectivamente, se a min me din, o problema principal é o problema viario porque temos núcleos illados, ou o 50% das estradas e camiños desta provincia ten unha situación fatal, pois moi ben, facemos un plan de estradas, agora, rematémo-las prioridades, onde están os peores e que problemas hai, e como nos repartimos logo o mantemento desas estradas. Se decidimos que o problema principal é o abastecemento de augas, pois imos alá, en cada Concello que déficit hai en materias de infraestructuras hidráulicas, e hai problemas real- mente serios nesta materia. Pero aquí non hai, hai como sempre unha colección de pequenas peticións, e máis incluso, quen decide sobre o destino destes fondos, ou sexa, cales son as prioridades, é a Deputación. O normal loxicamente é que a Deputación marcara unhas prioridades amplas pero con certo grado de detalle, e que tivésemos peticións moito máis abundantes das que podemos cubrir, sen embargo nin sequera é así, hai unha especie de pequenas sumas que ó final dan a cantidade que teño aquí, e polo medio a Deputación en vez de utiliza-los fondos do destino a isto a tirar polo... municipal, a intentar que a maior parte dos presupostos dos Concellos desta Provincia se destinen a inversións realmente productivas e fundamentais para a calidade de vida dos cidadáns, pois xa digo, isto é ó final unha colección de respectabilísimas teimas do Alcalde ou da maioría de goberno respectiva ou... históricas ou incluso..., que estou seguro de que ningunha delas é inútil pero que hai que deixar ós veciños pero que en todo caso non ten ese criterio de fondo de consegui-lo mellor e consegui-lo mellor investimento productivo. Por esa razón pois non podo votar a favor, e insisto, eu creo que estamos desde aproximadamente cinco meses ou así, coa Comarca de Acción Especial, non creo que volvan a comete-lo erro de mantela como está e vai haber que definir realmente comarcas de acordo cos criterios de... zonas de primeira e aí haberá tamén criterios de aprobación, xa sei que van aprobar este Plan porque hai unha colección de compromisos de todo tipo, pero insisto, hai que definir criterios para o futuro, e lémbrolle que... non ten dereito a darse por aburrido coa s miñas intervencións porque senón se acordan díxose que se presentaran criterios alternativos de distribución dos fondos do Plan Provincial e da Comarca, e un servidor presentou criterios alternativos que non se tiveron en conta para nada e se volveron a aprobar. Lamento a extensión da miña intervención pero eu creo que non ten importancia. Sr. Mera Rodríguez.- Eu quixera intervir antes de que interviñera o Presidente da Comisión. Sr. Presidente.- Eu creo que se interveño eu interveño por todos, pero bo. Sr. Castro Álvarez.- No, yo es que quería, vamos, hay un caso concreto, que la documentación no estaba, bueno, si es cierto, pero ese mismo plan que habíamos aprobado ya en Comisiones anteriores, el mismísimo, la única inclusión que hay es caminos provinciales y electrificación rural, y los caminos provinciales tal como marca la Ley, el Decreto, tienen que hacerse esas obras en los Ayuntamientos de la Comarca de Acción Especial, lo que si ya no estoy de acuerdo es en cuanto al gazapo que yo pretendo meter, porque yo he felicitado a los del PSOE, porque esta Comarca de Acción Especial no se prorrogó en la de Pontevedra sino en la de toda España, he felicitado al PSOE porque también gracias a su presión política porque gobierna el Gobierno Central, nosotros, de rechazo, podamos beneficiarnos. La prueba evidente es que el nuevo Decreto que ya algunos tienen copia, marca un Plan de Acción Especial, no le llama Comarca de Acción Especial, y aquellos que en su día salgan y esté aprobado por el Gobierno, aunque no nos guste, cuando la Diputación tenga que formalizar el Plan tendrá que hacerlo de acuerdo con el Decreto que le impone el propio Gobierno Central, y las obras, Suso, ya lo expliqué antes pero vuelvo a explicarlo ahora, el Ayuntamiento de Lalín, A Cañiza, Ponteareas y todos los que tu quieras poner ahí de, también hay del PSOE, eh, cualquier Ayuntamiento que tu digas son las mismas obras que habíamos aprobado en anterior Comisión, incluyéndola en la de los caminos provinciales y electrificación rural. En electrificación rural verás que Ponteareas incluso tiene poco, y tiene una distribuidora, porque tampoco ellas quieren arriesgar el 50% de aportación, hay otras que en este caso se le agradece porque sino serían ciento treinta y tres millones más que tendría que aportar la Diputación, y en cuanto a los caminos provinciales, bueno, yo creo que, Lalín, no es porque sea el Presidente, lo he dicho sin ser Presidente, tiene una población, una superficie territorial muy grande y es lógicamente la red viaria de allí grande y la electrificación rural, pero, ni hay gazapo, ni hay oscurantismo, y mucho menos Suso, ya lo expliqué antes, las obras son idénticas. Más te agradecería que recogieras cualquier Ayuntamiento y lo que teníamos en aquella Comisión anterior que aprobamos, y ahora le incluyas las obras de electrificación rural y caminos provinciales y verás que da exacto. Sr. Presidente.- Bueno, ya está. Sr. Costas, vostede sabe que eu estou totalmente de acordo coa súa exposición respecto dos Plans provinciais desta Deputación, basicamente sempre estou de acordo, pero, da mesma maneira que vostede di que se seguen facendo as cousas mal, vostede ten que admitir comigo que o problema é de falta de invertebración administrativa que hai nesta Comunidade Autónoma como consecuencia dunha falta pois, de decisión política, cando vostede di, ternos que facer ou deberíamos facer un plan pois soamente priorizando obras hidráulicas, eu pódolle dicir a vostede que ten razón, con criterio xeral, pero ós señores que viven na parroquia de Castrelos, do Concello de Ponteareas, se a houbera, para eles é prioritario o acceso asfaltado, é prioritario a electrificación rural, para os seus tanques de frío e as muxideiras para muxi-lo gando, que funcionen, para muxi-lo gando que funcionen. E prioritario ter iluminación pública, é prioritario ter unha fonte pública, o problema está en que como consecuencia de que cada Administración actúa pola súa conta, neste momento existe un PERGA, Plan de Electrificación Rural de Galicia, que actúa con criterios entre a Xunta, Consellería de Industria e as Empresas concesionarias, totalmente ó marxe dos Concellos e ó marxe, por exemplo, desta Institución, e con isto non estou nin xustificando nada nin querendo votarme fóra, pero iso é así, o lóxico sería que houbera un plan conxunto PERGA-Deputación, e que entón con criterios de consumo, con criterios de eficiencia en función das distintas zonas, se fixera un plan racional, pero é que é imposible, todo o que vostede di é absolutamente certo, pero vostede terá que convir comigo que todo o que vostede di non se resolve ata que, desde un punto de vista das Administracións, non exista unha coordinación de tal maneira que a unidade de esforzos se complemente e non se solape e ande, diríamos, paralelo, iso é o fondo da cuestión. Segundo, teño que dicir unha cousa un pouco por alusións e non me molesto, pero teño que dicila porque non me importa, ou si, si me importa, eu con todo o respecto, non é que me preocupe demasiado que un membro da oposición pois diga do Presidente da Deputación que tira máis ou menos para si. Preocúpame, pero relativamente, si me preocupa máis, vostede ten que entendelo, unha cuestión de solidariedade interna e de cohesión do grupo de goberno cos Alcaldes, sobre todo Deputados, desta Corporación que eu presido, é dicir, cando vostede fala desas cifras eu pídolle tamén que sexa obxectivo, distingamos entre o que son acción directa municipal, nese senso pois eu sei que teño un plan exactamente igual, unha participación no plan quero dicir, exactamente igual que outro señor con criterios máis ou menos razoables, con máis ou menos discutibles pero que son para todos o mesmo, cales son o de superficie, dispersión, etc.. Agora, teño que darlle un dato e creo que vostede iso non o discute que o sabe ademais, ó mellor mellor ca min, a Comarca do Deza ten aproximadamente o 23% da superficie desta Provincia, e tena con maior grado de dispersión, pense vostede cun Concello como Lalín, con 352 Km2, ten 388 lugares, que sucede, que un pouco esa é a realidade de Galicia. Non estou falando de vostede, estou falando de todos nós, non o coñecemos, sucede que o señor que vive na aldea, que está a 30 Km da vila, pois esixe que se lle dea un mínimo, que o digo eu sempre, e os mínimos son eses que dixen antes, bo, unha lámpada que lle alumee, que teña potencia para poder afeitarse ou ve-la televisión que hai sitios onde non se ve, que teña un acceso ó asfaltado para que o coche do transporte escolar lle vaia buscar ós rapaces para ir ó colexio, é dicir, eses mínimos ÓS que ten dereito como galego e como cidadán, e que comparativamente coa xente da urbe, en xeral foi discriminado ó longo de toda a historia. E dicir, cando en Vigo se fala xa de facer campos de golf, e eu sería o primeiro que o apoiaría ó mellor se son Alcalde, que non é crítica, é xestión. Hai lugares e cidadáns desta Provincia que están vivindo aínda practicamente no barro, como fai cincuenta anos ou cen anos. Eu non pretendo aquí intentar traer unha doutrina ruralista, pero dixen un día, creo que foi cando tomei posesión, que o cidadán da aldea ten o mesmo sagrado dereito a disfrutar de infraestructura de servicios que o cidadán da urbe, e, concreto, remato dicíndolle que esas obras que vostede ve no Concello meu en concreto, son vías provinciais, ben ou mal exposto que atravesan, nun caso desde o Concello de Silleda pasando polo meu e van ó Irixo, provincia de Ourense, e noutro que comezan no meu e van ata Arzúa, xa entrando nunha estrada provincial de moita circulación que afecta ó noso Concello pero que son vías provinciais, e que certamente, desde que foron feitas hai corenta anos, se vostede lle saca pois un simple arranxo, así está..., tamén un pouco cuestión de solidariedade. Sei que nese sentido porque mo din os técnicos, na zona costeira, na zona sur da provincia e alégrome moito de que sexa así, ben o sabe Deus, a maior parte das vías provinciais, ou unha parte importante, xa están feitas con aglomerado asfáltico desde hai algúns anos, unha parte delas. Na nosa Comarca, na nosa Comarca, empeza a habe-las primeiras, tamén é certo e teño que dicilo, con ese xogo, é dicir, que cando veña un Presidente tire para unha zona e outro para outra, evidentemente non construiremos nada, nin faremos unha política racional nin xusta sequera. Pero eu insístolle, ou Galicia fai algo parecido ó que fixo o País Vasco, presupostos conxuntos Goberno Autónomo, Deputación e Concellos, ou mentres tanto estarémonos tirando pedras uns ós outros, criticándonos de que o Sr. Presedo meta oitocentos millóns en Betanzos ou que o Conselleiro da Economía mete tres mil en Concellos basicamente do Partido Socialista, e dirase que na provincia de Pontevedra o Sr. Cuiña e compañía inclinan ó Partido Popular. Ben, sei que iso non pode ser así, nós e eu en particular temos unha cota de responsabilidade importante, política, pero que está claro e non é demagoxia o que dixen, que por nós e por min en particular este tema no próximo ano resólvese, como xa o expuxen ó Goberno Autónomo, e eu estou seguro de que se vai resolver. Terá algunha demagoxia o que estou dicindo pero en conciencia creo que é dificilmente rebatible no seu conxunto, e no fondo da cuestión vostede ten razón. Eu non presumo de facer un Plan deste tipo porque non me fai, non teño ningún argumento para dicir que é un bo Plan, non. Sr. Nieto Figueroa.- ¿Me permite Presidente?. Sr. Presidente.- Si señor. Sr. Nieto Figueroa.- Vamos a enriquecer un poquito el debate político ya en plan serio, porque claro, usted ha dicho algunas cuestiones que efectivamente hay que. En principio para marcar las diferencias de verdad yo le tengo que decir al Sr. Castro que si, acepto todas las disculpas y el partido Socialista no se ha movido de aquí, yo le aseguro que si esto ocurre en la ciudad de Vigo no se celebra la sesión plenaria, primer punto de referencia para que se sepa quien es quien. y ahora con el Sr. Presidente. Bueno, usted dice que falta decisión política en la Comunidad Autónoma, estamos entrando en el roce de las elecciones autonómicas. Sr. Presidente.- No, no, conjuntamente, no hablo de nadie en concreto. Sr. Nieto Figueroa.- Entonces yo le iba a decir que falta decisión política y resulta que el gobierno autónomo actual, cuando haya que entrar en política de altura yo entro siempre, pues mire, acaba de sorprenderme al margen de que nos ha dado las dos Universidades a Vigo desde hace veintitantos años cuya felicitación pues también agradezco por parte del Sr. Presidente. Ustedes han adoptado, han adoptado no, han escuchado, han escuchado en la Comisión de Gobierno del día lo una cosa que, en Vigo esto es noticia eh, de verdad, yo voy a dar esta noticia a algún periódico, porque resulta que tuvo que venir el actual gobierno gallego para legalizar, increíble, "El Rebullón". Yo no se si los locos están allí o aquí, aquí, léase, papeles, papelitos, escuche, señor, por favor, es que me puede dejar quedar mal, a ver, a ver, a ver. Sr. Presidente.- Perdón Sr. Nieto, un momento. Yo he hecho la intervención ceñida absolutamente al tema que se estaba debatiendo que era el da la CAE, no me venga usted aquí con "El Rebullón" que esto no tiene nada que ver, si quiere, es decir, brevemente le dejo. Sr. Nieto Figueroa.- Señor, al escuchar estas cosas uno no sabe donde están los locos. Sr. Presidente.- Yo por cortesía le voy a permitir que muy brevemente haga usted una referencia, pero, céntrese en el asunto de la CAE que es lo que estamos debatiendo. Sr. Nieto Figueroa.- ¿Me permite leer este comunicado que han ustedes escuchado en la Comisión de Gobierno del día lo pasado?. Dice así, comunicacións: Queda enteirada a Comisión do escrito do Sr. Director do Hospital, do Sr. Director do Hospital Psiquiátrico de "O Rebullón", que preside mi querido amigo, Carlos Mantilla, dando conta da dele, legalización pola Xunta de Galicia do devandito Centro, con inclusión no rexistro de Establecementos Sanitarios da Consellería de Sanidade. No, no, si no discuto, un profano, un señor de la calle, que lee todavía. Sr. Presidente.- Pero usted no es un profano. Sr. ¿Costa Casares?- Pero tu no eres profano ni eres un señor de la calle, eres un Diputado. Sr. Nieto Figueroa.- Esto se está ejecutando ahora, no terminé, la última puntada ya de aquí, pero no te aburras hombre, sino vete a dormir, si te aburres márchate, que total es lo que haces, dormir. Perdón Presidente. Sr. ¿Costa Casares?- Para dicir burradas coma ti... Sr. Nieto Figueroa.- Pero, venga hombre, venga, di algo a ver si eres capaz... yo te pido disculpas y otro día... porque entonces te haré uhhhh, hombre, claro, perdone Presidente pero ha sido él, bueno, ya está. Sr. ¿Costa Casares?- Como exhibicionista está bárbaro... Sr. Presidente.- Sr. Nieto, le voy a decir una cosa, le voy a decir a usted una cosa. Nunca me pasó por la imaginación expulsar a nadie de un Pleno, no es mi estilo, no lo hice en diez años. Sr. Nieto Figueroa.- Pero será a él. Sr. Presidente.- Pero le voy a decir una cosa, bien, él, lo que sea, lo que le pido es que si usted no respeta con gestos, etc., me veré obligado a que le expulse, y, le advierto ya por primera vez, que conste en Acta Sr. Secretario, primera advertencia. Y ahora puede usted concretar y cíñase al Orden del Día. Faise constancia expresa da primeira advertencia do Ilmo. Sr. Presidente ó Sr. Deputado D. Antonio Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- Me ciño estrictamente al tema pero entonces usted lo que tiene que hacer Presidente, es a las personas que interrumpen, a los que nunca dicen nada e interrumpen. Sr. Presidente.- De acuerdo, en eso, perdone, tiene usted razón y lo haré. Sr. Nieto Figueroa.- Claro, el problema del monte es cuando se enciende. Sr. Presidente.- Estamos en una sesión distendida pero no insultando. Sr. Nieto Figueroa.- Yo pido disculpas, vuelvo a repetir, pero a mi que no se me interrumpa que yo nunca lo hago, y sobre todo cuando alguien no dice nada nunca... Sr. Presidente.- Bueno, perdón, primera advertencia. Sr. Costas, por favor, dejemos el asunto. Sr. Nieto Figueroa.- Estaba diciendo un tema que ya hemos repetido muchas veces, usted dice siempre que efectivamente la Comarca del Deza tiene muchos metros, yo siempre tengo que incidir en el otro asunto, Vigo tiene en este momento a lo mejor, seiscientos mil habitantes, más, habría que valorar a quién hay que ayudar más, si a un desierto, y vuelvo a insistir en las mismas palabras de otros Plenos, o a una población, a ver qué es más necesario, y vuelvo a repetirme por los papeles que siempre andan conmigo, que aquí hay una expresión de un Presidente cuya fotografía está aquí de una Comisión, la Diputación invertirá trescientos setenta y dos millones para mejorar la red de carreteras y vías provinciales. Se dijo por parte de usted que no había injusticias y que había un reparto equitativo, fíjese cómo estaba ese reparto: Ponteareas, sesenta y un millones, están aquí los papeles, ¡eh!; Lalín, ciento cinco y para equiparar, para comparar, Vigo trece. Nada más. Sr. Castro Álvarez.- Yo un segundo sólo. Sr. Presidente.- Última intervención en este punto. Sr. Castro Álvarez.- Última, no, no, última, yo un segundo sólo. Primero decirle a Antonio Nieto Figueroa que en el Plan de Comarca de Acción Especial no está ni Vigo ni otros, perdona, y en la Provincia debíamos hablar de la Provincia no tan sólo de Vigo. Segundo tema, querido, yo le pediría al Presidente de la Diputación, y yo invoco aquí a los Alcaldes que estamos en esta mesa, que exigiéramos del gobierno que nos diera la misma participación que a los Ayuntamientos de más de veinte mil habitantes, y si me piden más es porque es más justo, porque del fondo de Cooperación, Sr. Nieto para que usted lo sepa, Vigo lleva tremendamente más cantidad por habitante que los demás Ayuntamientos, y sin embargo en todos los sitios nos exigen los mismos servicios. Nada más Presidente. Sr. Presidente.- Acabouse. Non, non, perdón, vostede xa interveu unha vez. Sr. Gallego Lomba.- Tiña a palabra antes, falei, agora tiña a palabra fai media hora. Sr. Presidente.- Sr. Valverde que a había pedido e non... Sr. Valverde Soto.- Gracias Sr. Presidente, por primera vez, si me deja intervenir, lo que pasa que intervengo tan poco que parece ser que... Sr. Presidente.- Non o oín, non o oín. Sr. Valverde Soto.- Ben, o tema é o seguinte Sr. Presidente. Eu non vou entrar no fondo da cuestión despois do que se dixo aquí, no reparto, no famoso reparto, a pesar que teño que discrepar co Sr. Mera en canto a que di que esta distribución vai única, así díxose na Comisión, única e exclusivamente destinada a camiños da rede provincial de carreteiras. Así manifestouse na Comisión, o cal non é certo, por exemplo o programa número seis non ten nada que ver, si, na Comisión vostede manifestou, na Comisión que celebramos ultimamente, que estes cartos ían destinados a camiños, electrificación rural, camiños provinciais, bo, e algo máis porque temos que ve-lo programa número seis onde... Bo, non vou entrar no fondo da cuestión senón simplemente, Sr. Presidente, eu estiven en contra do que se denominan zona de primeira, non teño nada contra os vintecinco Concellos que se lle van dar estes cartos, eu non entro na cuestión do reparto, pero si entro, si entro nunha cuestión que é preocupante, Sr. Presidente. Esta Deputación vai contribuír, xa ven sexa con fondos propios ou con crédito que é o que se vai resolver mediante un crédito, por catrocentos cincuenta e tres millóns oitocentas setenta e catro mil pesetas, o cal quere dicir que si estes cartos proporcionalmente se distribuíran, se lle deran tamén ó resto dos Concellos trinta e catro restantes que faltan, encontraríamos que percibirían catorce millóns cada Concello que lle virían moi ben, porque ó falar de zonas deprimidas tamén eu quero dicir que a zona costeira da nosa provincia é bastante deprimida, Sr. Presidente, e por certo está prestando uns servicios, estalle dando algo ó resto da provincia, ó resto dos españois e dos forasteiros que non lle dan estes vintecinco Concellos. Entón, indiscutiblemente, ten moitas carencias e por parte desta Deputación debías e tomar un acordo e dicir, bo, señores, nós imos a aportar xa que isto non estaba contemplado, dicíase que por primeira vez este ano o CAE desaparecía, dicíase que no POS tiñan que entrar todos, entraron todos pero agora, a consecuencia de que o POS, o CAE púxose en marcha un ano máis, por última vez esta Deputación ten que destinar catrocentos cincuenta e tres millóns de pesetas para eses vintecinco Concellos concretamente, en cambio os outros trinta e catro restantes. Eu excluíu, con perdón de Vigo e Pontevedra, por razóns obvias de poderío que non lle significaría en nada catorce millóns, pero si ós trinta e catro restantes lle significaría moito, e xa non falo proporcionalmente, vintecinco--trinta e catro, senón falo os catrocentos cincuenta e tres millóns concretos repartidos entre trinta e catro Concellos, tocaría catorce millóns, catorce millóns a calquera Concello das outras zonas non deprimida pero si máis deprimida diría eu, lle viría moi ben, entón eu lle pediría á Presidencia, lle pediría á Presidencia, eu vou votar en contra sempre e cando non se teña en conta por parte desta Deputación dunha axuda paralela, eu faría un programa paralelo co resto dos Concellos, pero é dicir, ímoslle dar catrocentos cincuenta e tres millóns porque isto caeu agora e ó resto dos Concellos non se lle dá nada, señor meu, ¿se lle dá a quen, a quen lle conveña a un, a aquel Concello que me convén?, home, tampouco é así, habería que facer un reparto equitativo tamén e, sinceramente, non vexo a postura que adopta, fálase de que todo é moi xusto, que todo está moi ben, non é tan xusto se entramos no miolo da cuestión e no fondo da cuestión, non é tan xusto o reparto porque se imos mirar punto por punto entón airéanse moitas cousas, ¿non?, ímolo deixar onde está. E volvo a insistir, Sr. Presidente, teña en conta ós restantes trinta e catro Concellos, delle, búsquese unha alternativa para que poidan tamén ter e sexamos, a balanza, sexa aí o fiel da balanza que equilibre, non, e non digamos si, vintecinco, digo si sempre e cando haxa outros tantos cartos para repartir entre os demais Concellos, por parte de Deputación porque Deputación vai, concreta, vai darlle catrocentos cincuenta e tres millóns a estes Concellos por este Plan concreto, e os demais a esperar ou a darlle a esmola que queira o Sr. Presidente. Nada máis Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Bo, esmola aínda non dei ningunha, doullas normalmente ós domingos cando vou a Igrexa, pero, en todo caso si lle teño que dicir que primeiro iso significaría anula-lo Decreto de concesión de zona, ou sexa de Comarca de Acción Especial por un lado, e como vostede di, ata que punto debe revisar esta Deputación a situación que vostede trata de expoñer como de agravio doutros Concellos que están fóra da Comarca de Acción Especial, sería unha acción pois senón paralela unha acción especial con fondos da propia Deputación, é o que vostede expón, ¿non?. Eu neste momento non estou en condición de poder dicir nin sequera, nin creo que esteamos ninguén dos que estamos aquí, de que existen posibilidades económicas reais para pode-lo facer, non digo que non poida ser xusto a exposición, polo menos nalgúns casos, pero neste caso estamos actuando en función dunha Comarca que o propio Estado ten decretada como de Acción Especial. E vólvolle ó de antes, se os tres mil millóns que outra Administración autonómica acaba de distribuír para obras de infraestructura en Concellos, bo, pois, se tiveran en conta estes criterios, se coñeceran que por parte da Deputación existe unha CAE e outra zona que non é CAE, e soubera de algo de acordo destes asuntos probablemente se chegara a un plan conxunto ou a un programa cando menos conxunto, de distribución máis equitativa, pero así estamos dando bandazo e isto non é demagoxia, insisto, o que estou dicindo. Iso é para podelo falar, neste momento aínda que vostede vote en contra que lamento que sexa así e que me gustaría podelo compracer, pois eu non me nego a que estudiemos iso que vostede di, que sucede noutros Concellos a nivel de infraestructura, basicamente, infraestructura básica para ver si se lles pode axudar, non me nego a ese asunto, pero dicir, aquí e agora, que podemos abordar iso de inmediato sería ser un imprudente, e polo tanto someto a votación, creo que o señor. Ultima intervención Sr. Galego. Sr. Gallego Lomba.- Gallego, son Gallego señor. Sr. Presidente.- Pero moi, moi galego. Sr. Gallego Lomba.- Sinto unha vez máis discrepar coa actitude de que aquí, na Deputación, actuamos por impulsos, iso dicían Deputados que me precederon no uso da palabra. O equipo de goberno ten uns criterios que bo, ben ou mal, lévaos a cabo, pero hai que asumir esa responsabilidade Sr. Presidente, non vale dicir que bo, pode ser que hai out ras Administracións que fan, as outras Administracións teñen que asumi-la súa responsabilidade nas inversións que fagan cando, ante que teñan, neste casto a Xunta ante, por favor Presidente, déixeme seguir. Sr. Presidente.- Perdoe un inciso. Asumo toda e sei que podo ben con ela. Sr. Gallego Lomba.- Bo, entón non esteamos dicindo que a Xunta ou outras Administracións, que pode ser, que bo, que a dirección política, a dirección política da Xunta ten moi claro que vai facer en infraestructuras, e teno clarísimo, e o están realizando, ten que dar conta ante o Parlamento e o Parlamento dirá, si ou non, se o están facendo ben ou mal, e dentro de dous ou tres meses... tamén. Presidente, esta Deputación dispón, dispón dun estudio socioeconómico que xa é a cuarta ou a quinta vez que o nomeo aquí, realizado no ano 83 por "INFROGESTION" que ninguén se para a mirar, non queremos, está aí e hai seis ou sete volumes e ninguén os quere ver, que di como está economicamente o que é a Provincia en si, e di que para estudios a zonas e comarcas para ve-lo nivel de rendas que ten di, bo, o nivel, bo que, o estudio que se fai é de nivel de renda; diversificación de actividades económicas; servicios colectivos; infraestructura de comunicación s, estradas e telefónicas; equipamentos colectivos; nivel de traballo; etc., etc., etc., iso nos da un dato orientativo para o que é a Provincia en si e o que temos que facer nós. Hai pouco tempo nesta Deputación aprobamos, que eu non estaba no Pleno que estaba de viaxe, unha moción de Suso Costas dicindo que había que comarcaliza-la Provincia, e outro estudio que non recordo, e fai pouco tempo, inda no Pleno pasado, pagámoslle a unha empresa que si estamos así, contratando estudios de infraestructura do que é a Provincia. Entón ternos os datos moi concretos que están aí, que os temos nós, que non os ten que dar ninguén, entón con eses datos poñámonos un día nós a ver que pasa e a ver como está a infraestructura e como está o nivel económico na Provincia, pero poñámonos a estudiar entre todos e de aí saquemos as conclusións do que imos facer, do que queremos facer na Provincia e non esteamos un día para aquí, outro día para aquí, outro día hai que facer, porque de verdade que esta Comarca de Acción Especial... Hai que votarlle un pouco máis de imaxinación porque é verdade, soamente se fai o de asfaltar camiños. Votémoslle un pouquiño máis de imaxinación á infraestructura básica que eu lle chamo, os camiños que si hai que asfaltalos, ni- so estou de acordo con vostede, non ten porque haber ninguén illado nesta Provincia, aí si, pero hai dúas cousas tamén, hai auga e rede de sumidoiros, que estamos vivindo os Municipios da costa, están sufrindo tremendamente nestas épocas, pois a Deputación que marque a pauta, que diga, as inversións do próximo ano vanse dedicar a isto, e as do próximo a isto, a isto, e que fagamos un estudio serio da Provincia que témo-los datos. Nada máis Presidente. Sr. Presidente.- Sr. Costas, un minuto por favor. Sr. Costas Abreu.- Si, creo que menos. Bo, eu creo que calquera tema que veña aquí vai haber visións distintas e iso é un pouco a explicación da discusión que hai aquí. Si quixera dicir que tódolos datos que dei non os inventei,... dos papeis, se caben lecturas distintas pero, digamos que os Concellos máis ou menos beneficiados en todo este asunto derívanse dos... e iso non é invento meu e incluso as aportacións respectivas de cada unha das Entidades. Son datos que cantan que se poden probar de moitas formas pero que en todo caso Unhas explicacións que vostedes introducen polo medio sobre as estradas e vías provinciais que hai que manter, de acordo, o problema é que é un círculo vicioso, eu o teño dito moitas veces, en principio esta Deputación debería ter un criterio sobre que vai facer ou vai manter, e sen embargo o que ocorre é que se fan, por razóns x, imos deixalo á marxe, e logo hai que mantelo e iso segue dexenerando certo tipo de desigualdades de trato, máxime cando teoricamente isto é un estudio sobre toda a rede de estradas provinciais, máxime cando tamén por exemplo no programa de Cooperación Transfronteiriza en tódolos Municipios do Sur da Provincia, os investimentos básicos nesta provincia se van dedicar a xestión de comunicacións, entón estar superpoñendo actuacións pois de tipo final é unha condición un pouco absurda, e en definitiva eu vou intentar concretar cal é a miña discrepancia básica, e se centra en dous puntos: unha, que non hai avances, un colle esta actuación da Comarca de Acción Especial, a do ano pasado, a anterior e así e é unha repetición pura, non hai avances na introducción de criterios de racionalidade nestes... E en segundo lugar e é o problema básico e un pouco o que moraliza a miña intervención..., eu creo que hai distintos instrumentos nesta Deputación para distintos fins, hai un Plan de Obras e Servicios, un Plan da Comarca de Acción Especial, un Plan de Acción Municipal, un Plan de Acción Comunitaria, un Plan de Acción Deportiva, etc, teoricamente cada un deses instrumentos debe servir para un fin determinado, claramente determinado, e sen embargo aquí hai unha confusión de elementos, todo sirve para todo, iso é un pouco o problema que eu critico, e ese non é o mellor sis- tema porque non é a forma de ir resolvendo problemas. Dicía antes o portavoz do PSOE, ternos unha enquisa de déficits de infraestructura, ternos estudios numerosos e de aí é de onde se poderían sacar un pouco os datos, pero inda que non se utilizaran os estudios, eu comprométome a dicir que eu votaría a favor se aquí se dixera, núcleos da provincia que carecen duns servicios mínimos obrigatorios, e gastáramos tódolos cartos neses núcleos inda que o 97% estivera entre Lalín, Silleda e A Estrada, eu votaría a favor, sempre e cando os cartos que aquí se utilizan sexan para resolver un problema. Mentres tanto seguiremos un pouco andando... e iso é no que estamos de acordo agora, e eu insisto que fixen unha proposición de Lei, un plan de investimentos locais para intentar ata-las mans de tódalas Administracións que actúan cuns criterios claros, sexan ou non os que nós mantemos. Sr. Presidente.- Ben, para cerrar todo iso. Tódolos datos que temos aquí, nese banco de datos, valga a redundancia, son importantes, eu pódolles dicir unha cousa, ningún banco de datos que haxa nesta Provincia, nin a nivel de Estado, coñece mellor que a min, como Alcalde, as deficiencias en infraestructura de servicios que ten o meu Concello. Esta é unha afirmación que fago categórica, porque calquera dos Alcaldes de calquera partido político que haxa nesta provincia, que sucede, non, non, iso está claro, calquera Alcalde coñece. Segundo, outra cousa son o dos criterios, perdón, perdón, outra cousa son o dos criterios, que vostede volve co dos criterios, pois eu insístolle que faremos todos demagoxia pura en pensar en facer plans racionais e equilibrados mentres non sexamos capaces de vertebra-la actuación e coordina-las Administracións, e seguiremos facendo igual que fai corenta anos, polo tanto intentemos entre todos, e agora témo-la oportunidade política de orientalo así, de orientalo así, que o próximo ano, non temos que esperar dez anos, os presupostos que se fagan nesta Comunidade Autónoma, Presupostos Públicos destinados a infraestructura básica, fundamentalmente a servicios, sexan conxuntos, os datos efectivamente hainos, a vontade política é o que fai falta e non estou dicindo que non a haxa por parte de ninguén, eu digo que iso é fundamental, a vertebración de todo iso, e mentres non hai nada que facer por moito que me queiran dicir. Polo tanto sometemos a votación o punto, inda que non nos guste a moitos ó mellor incluído... Sra. Fernández Díaz.- Sr. Presidente, por favor, eu unicamente quería facer unha pregunta. Que vai pasar con, porque eu polo que vexo aquí na electrificación rural, vai metida unha partida e vai metido un suplemento de crédito e todo iso, pero hai unha serie de Concellos que tamén Fenosa lles pasa aquí o de electrificación rural porque non todo o mete ron como perda, segundo teño entendido, ¿que vai pasar cos outros Concellos, que van quedar fóra totalmente e non se vai facer, seguir facendo nada en electrificación rural?, porque hai obras propostas pola Empresa que hai Concellos onde non quedarán entón contempladas. Sr. Presidente.- Claro, o problema está en que a Empresa negocia unhas obras coa Xunta de Galicia, co PERGA, co que se chama PERGA, negóciaas totalmente de costas ós Concellos e a Deputación, e logo a Deputación pois comete o mesmo erro, é dicir, trata de facer obras onde non as fai a Xunta co PERGA, e como consecuencia diso no medio pois probablemente quedan algúns, e iso é totalmente inxusto, o léxico sería dicir, canto aporta a Xunta na provincia de Pontevedra, ¿mil millóns de electrificación?, ¿canto aporta Deputación?, catrocentos, fagamos un plan conxunto e tratemos de que todo o mundo quede. E iso é así de claro, e iso é posible facelo, só falta vontade política, tecnicamente iso constrúese con datos que hai nun... nun plan, hai que te-la vontade política de facelo e mentres tanto seguirémonos enfrontando, falando de que un se apoia máis, outro menos, que o outro é mellor político que o outro, en definitiva non construiremos nada. O que di vostede, Sra. Deputada, pois é preocupante, evidentemente, pois pode haber Concellos que non estean nin no PERGA nin co Plan de Electrificación Rural, CAE. Sra. Fernández Díaz.- Nin no PERGA nin co CAE, é que a Empresa pasou concretamente obras para financiar pola, para co- financiar, cofinanciar coa Deputación. Sr. Presidente.- Perdón, no caso concreto desta Deputación, se nos estamos referindo, por exemplo, A Estrada, eu non teño a constancia de que pasara ningún, as obras que se meten aquí. Sra. Fernández Díaz.- Eu teño constancia de que houbo obras que non entraron polo PERGA e que están tratando de conseguir financiación da Deputación. Sr. Presidente.- Pero, Elvira, estamos falando da CAE e ti non estás na CAE. Sra. Fernández Díaz.- Claro, precisamente, pero aquí vai un suplemento para a CAE, ¿que vai pasar cos Concellos do POS que estean nesa situación?, iso é o que eu pregunto aquí. Sr. Presidente.- E que o estou explicando, Elvira estouno explicando, estouno explicando. Da mesma forma que a Xunta toma a decisión de facerche a ti unha praza, que me parece moi ben, da Igrexa, que costa sesenta millóns de pesetas. Sra. Fernández Díaz.- Gracias Presidente por anuncialo aquí publicamente, para que o Sr. Leri tome nota. Sr. Presidente.- Perdón, da mesma forma que toma esa decisión política tamén podía haber tomado a decisión política de ver cales son os teus problemas en enerxía eléctrica e metercho no PERGA. Sra. Fernández Díaz.- Non, pero eu creo que iso, agora estamos puntualizando o caso de A Estrada, pero a min paréceme que iso pásalle a tódolos Concellos do POS. Sr. Presidente.- Elvira, pero digo A Estrada porque me din conta agora, non o digo por querer puntualizar, dinme conta de que A Estrada, que non é Comarca de Acción Especial, e que non che meteron no PERGA a electrificación, evidentemente queda fóra, pois hai que intentar buscar unha solución, ¿pero que demostra todo iso?, a descoordinación absoluta e a invertebración administrativa que temos... Srs. Fernández Díaz.- Totalmente de acordo Presidente, tan de acordo que me deu ganas de dicir aquí algo gravísimo e vouno dicir, ou desaparece a Deputación ou hai que buscar unha coordinación porque senón isto é a Torre de Babel. Sr. Presidente.- Non, pero non só a Deputación, é que quen ten a obrigación de inicia-la coordinación e de vertebrar isto é a Administración de rango superior, tal como lle permite, que non estou cortando desta Xunta nin deste goberno, quero que se entenda, perdón, estou cortando da Institución. Non estou cortando dun goberno dirixido por ninguén, estou cortando dunha Institución e dunha Administración de rango superior que ten a facultade e a obrigación de vertebrar e coordina-las accións, cando iso non se fai como non se está facendo, veñen todos estes problemas, e o caso que ti me estabas dicindo é un caso concreto. E un problema político, non é un problema de descoñecemento técnico nin de falla de datos, é un problema de vocación política, de facer chegar a un acordo neste sentido. E todo o demais, insisto, non ten sentido falalo. Sr. ¿Valverde Soto?- Eu diría Sr. Presidente que é un problema político catastrófico, eu pódolle dicir, por exemplo, por exemplo, có que dicía a compañeira Elvira, de que por exemplo nós temos unha parroquia en función precisamente do que eu lle dicía antes, da cantidade de xente que vén de fóra que neste momento, por exemplo, unha carnicería pechada porque os electrodomésticos non funcionan en función da baixa tensión, ese é un problema que hai que tratar de resolver, porque a estas alturas un Municipio turístico que estea con este problema, xa me contará, por exemplo, iso é gravísimo, o que pasa que claro, hai que coordinarse e tratar que a Deputación se enteire de que vai. Sr. Presidente.- Ben, xa seguiremos falando, eu espero, estou totalmente convencido, perdón un momentiño, por favor. Eu o outro día tiven por casualidade unha entrevista co Presidente da Deputación de A Coruña, que é do Partido Socialista, nun encontro diremos fortuíto, nun cóctel que deu un medio de comunicación, e el pódovos dicir que me dixo que apoiaría isto. ¿Os outros dous Presidentes que coñezo están dispostos a apoialo?, eu teño que presupoñer que o Presidente da Xunta sexa o que sexa, non se chega a un acordo e todos estes plans se fagan conxuntamente. Ben, pois sometemos a votación este punto. ¿Votos en contra? Sr. Secretario.- Grupo Socialista, Sr. Costas Abreu, Sr. Valverde, Sr. Lage. Sr. Presidente.- ¿Abstencións?. Queda aprobado por maioría. Ben, unhas boas vacacións ós que vades á praia. DAS OBRAS A INCLUÍR NO PLAN DA COMARCA DE ACCIÓN ESPECIAL "ZONA INTERIOR" 1989. O Plan estructúrase da forma seguinte: PLAN DA COMARCA DE ACCIÓN ESPECIAL -ZONA INTERIOR- 1989. Abarca os vintecinco (25) Municipios integrados na chamada Zona Interior, declarada de Acción Especial, que contempla os capítulos de obras seguintes: a) Obras propostas polos vintecinco Concellos integrados na Comarca de Acción Especial -Zona Interior-. b) Obras referidas ó Programa de Electrificación Rural, que cofinancian a Deputación e as Empresas concesionarias e subministradoras de enerxía, ó 50% de aportación. c) Camiños provinciais. d) Equipamento de Mancomunidades. A previsión económica para afronta-las realizacións incluídas nas áreas e programas precedentes, concrétase como segue: ESTRUCTURA FINANCEIRA DO PLAN DA COMARCA DE ACCIÓN ESPECIAL "ZONA INTERIOR" 1989 Aportación do Estado........................ 393.300.000 Aportación de Concellos (Fondos Propios..... 95.745.826 Aportación de Concellos (Credilocal)........ 40.709.603 Aportación de Deputación (Credilocal)....... 453.874.106 Aportación Empresas Eléctricas.............. 133.674.101 IMPORTE TOTAL DO PLAN CAE/89................ 1.117.303.642 =========================================================== O Plan deberá participarse ás Administracións do Estado e da Comunidade Autónoma e exposto ó público no Boletín Oficial da provincia por prazo de dez (10) días para alegacións e reclamacións. Ben entendido que haberá de considerarse definitivamente aprobado -sen necesidade de novo acordo plenario- se dentro do devandito prazo non se formulasen reclamacións nin alegacións e fose favorable o informe -expreso ou tácito- da Comisión Provincial de Colaboración do Estado coas Corporacións Locais, ás que, así mesmo haberá de remitirse copia. Delégase nos Concellos as facultades de contratación, seguimento e execución das obras e servicios municipais incluídos na planificación, a teor das solicitudes formuladas por el es e de conformidade co determinado no Artigo 8º do devandito R.D. 1673/81, de 3 de xullo, con excepción das incluídas no Programa de Electrificación Rural. O Pleno, de conformidade coa proposta da Comisión de Cooperación e Mancomunidades acorda, con oito votos en contra, cinco do Grupo Socialista, un do Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto), un do Sr. Costas Abreu (PSG-EG) e un do Sr. Valverde Soto (CDS), e trece votos a favor, doce do P.P. e un da Sra. Dña. Elvira Fernández Díaz (Grupo Mixto), a aprobación do devandito Plan da Comarca de Acción Especial "-Zona Interior- 1989." E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as doce horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinarán os asistentes comigo, o Secretario que certifico. ------

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición