Fondos
1989-10-31_Ordinaria. Acta de sesión 1989/10/31_Ordinaria
Acta de sesión 1989/10/31_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.13.098/1.1989-10-31_Ordinaria
Título Acta de sesión 1989/10/31_Ordinaria
Data(s) 1989-10-31 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 95 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 31 de Outubro de 1989 No Salón de Sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as dez horas e dez minutos do día trinta e un de outubro de mil novecentos oitenta e nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Xosé Cuiña Crespo, reuníronse os Sres. Deputados, D. Ramón Abal Varela, D. Adolfo Abalo Ríos, D. Xosé Manuel Barros González, D. José Castro Álvarez, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Xesús Manuel Costas Abreu, D. Avelino Fernández Alonso, Dna. Elvira Fernández Díaz, D. Manuel Freire Lino, D. Emilio González Iglesias, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. Manuel Lamazares Pardo, D. José Manuel Losada Millán, D. Carlos Mantilla Rodríguez, D. Juan Francisco Martínez-Herrera Escribano, D. César Xosé Mera Rodríguez, D. Diego Murillo Carrasco, D. Antonio Nieto Figueroa, D. Lois Pena Viéitez, D. José Manuel Pérez Alarcón, D. Antonio Pillado Montero, D. Modesto Valverde Soto e D. Gilberto Benito vila Salgueiro, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, de acordo coa correspondente Orde do Día. A efecto de votacións faise constar que a Corporación está formada por vintesete Deputados de feito e de dereito, incluído o Presidente. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Antonio Castro López, e está presente o Sr. Interventor de Fondos Provinciais, D. Víctor Soto Bello. Non asisten os Sres. Deputados, D. José Manuel Gallego Lomba e D. Fernando Garrido Valenzuela. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da Orde do Día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.2528.- ACTA ANTERIOR. Sr. Presidente.- ...¿Hai algunha alegación?. ¿Algún voto en contra?. ¿Algunha abstención?. Aprobada a Acta por unanimidade. O Pleno acorda, por unanimidade, aproba-lo borrador da Acta da anterior sesión, ordinaria, do día 26 de setembro de 1989. ------ Folla: 95 2.2529.- TOMA DE POSESIÓN DOS NOVOS SRES. DEPUTADOS. Sr. Presidente.- Toma de posesión dos novos Sres. Deputados. Sr. Abal Varela.- Juro por mi conciencia y honor cumplir fielmente las obligaciones del cargo de Diputado Provincial con lealtad al Rey y guardar y hacer guardar la Constitución como Norma fundamental del Estado. Sr. Presidente.- Espero que así lo hagas. Eso nunca cho dixeron. Noraboa. Sr. Secretario.- D. Manuel Freire Lino. Sr. Freire Lino.- Prometo por mi conciencia y honor cumplir fielmente las obligaciones del cargo de Diputado Provincial con lealtad al Rey y guardar y hacer guardar la Constitución como Norma fundamental del Estado. Sr. Presidente.- Noraboa. Sr. Secretario.- D. Manuel Lamazares Pardo. Sr. Lamazares Pardo.- Juro por mi conciencia y honor cumplir fielmente las obligaciones del cargo de Diputado Provincial con lealtad al Rey y guardar y hacer guardar la Constitución como Norma fundamental del Estado. Sr. Presidente.- Noraboa ós novos Deputados, e o agradecemento especial ós que se foron que contribuíron sen dúbida á boa marcha desta Institución. ------ Folla: 95,96 3.2530.- MANIFESTACIÓN DO SENTIMENTO DESTA CORPORACIÓN POLO FALECEMENTO DO DEPUTADO PROVINCIAL D. MANUEL DÍAZ GONZÁLEZ (LIGERO). Sr. Secretario.- Manifestación do sentimento desta Corporación polo falecemento do Deputado Provincial, D. Manuel Díaz González, Ligero. Sr. Presidente.- Todos sentimos sen dúbida a falta dun compañeiro e amigo como era Manuel González, Manuel Díaz, Ligero, persoa que ó longo de seis anos, desenrolou unha labor honesta non soamente ó fronte do seu Concello senón tamén nesta Deputación. Ben, eu estou seguro de que todos xuntos sen ningunha exclusión sentimos fondamente a súa morte e transmitímoslle á súa familia o noso pesar, a súa viúva e ós seus familiares, era o que quería dicir, estamos de acordo todos nisto. Pois ben, pasamos ó punto catro. O Pleno da Corporación Provincial acorda, por unanimidade, manifesta-lo sentimento de dor e pésame polo falecemento do Sr. Deputado Provincial polo Partido Xudicial de Tui, e Alcalde de A Guarda, D. Manuel Díaz González, e dar traslado deste acordo os seus familiares. O propio tempo, tamén por unanimidade, acórdase declara-la correspondente vacante de Deputado Provincial, acudir á Xunta Electoral Central, en solicitude de que se expida a pertinente credencial de Deputado provincial substituto polo Partido Xudicial de Tui na Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. ------ Folla: 96 4.2531.- FELICITACIÓN O EXCMO. SR. D. CAMILO JOSÉ CELA TRULOCK, POLA CONCESIÓN DO PREMIO NOVEL DE LITERATURA 1989. Sr. Secretario.- Felicitación ó Excmo. Sr. D. Camilo José Cela Trulock, pola concesión do Premio Novel de Literatura 1989. Sr. Presidente.- Lamento que en protocolo non faga ningunha nota, pero estamos de acordo no alto honor que significa para España, e para Galicia en particular, que D. Camilo José Cela acadara o Premio Novel de Literatura deste ano, polo tanto transmitirse a nosa máis sincera felicitación, tema que xa eu fixen en nome de todos a transverso dunha carta. O Pleno da Corporación, ratificando así por unanimidade a manifestación por carta do Sr. Presidente, acorda que conste en Acta a felicitación ó Excmo. Sr. D. Camilo José Cela Trulock, pola concesión do Premio Novel de Literatura 1989. ------ Folla: 96 5.2532.- RECLAMACIÓNS CONTRA A INCLUSIÓN NO POS/89 DA OBRA "ADQUISICIÓN DE TERREOS E ACONDICIONAMENTO DE ESPACIO ADXUNTO A PRAZA DA CONSTITUCIÓN", DO CONCELLO DE CUNTIS. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. ¿Algún voto en contra?. Sr. Costas. ¿Algunha abstención?. Abstención o Sr. Nieto Figueroa. Vista a documentación enviada polo Concello de Cuntis, sobre a obra: "Adquisición de terreos e acondicionamento de espacio adxunto á Praza da Constitución", co ordinal 273 do POS/89, rexéitanse as alegacións formuladas por D. Carlos Blanco Carballo, D. Xesús Manuel Costas Abreu, Deputado Provincial e os Concelleiros do Grupo Popular no Concello de Cuntis, quedando polo tanto a citada obra e co voto en contra do Sr. Costas Abreu (PSG-EG), e a abstención do Sr. Nieto Figueroa (PSOE), incluída definitivamente no Plan de Obras e Servicios do presente exercicio, que deberá realizarse de acordo co presuposto da "Oficina Técnica Municipal" de Cuntis. ------ Folla: 96,98 6.2533.- PROPOSTA DO FINANCIAMENTO DO PLAN TRANSFRONTEIRIZO PARA O EXERCICIO DE 1989. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Imos ver Presidente. Nós estivemos en contra no seu día das obras que se incluían no Plan Transfronteirizo polos Axuntamentos que vostedes prometían, se recorda naquel momento o Grupo Popular, facía unha liña na Provincia que se acababa en Pazos de Borbén máis ou menos, e curiosamente quedaban fóra Axuntamentos dentro desa mesma liña que eran doutra cor política. Nestes momentos o que vén aquí no punto da arde do Día son dúas cousas, é a proposta de financiación pero é tamén unha proposta de cambio de obra, é dicir, de que se faga antes unha obra en A Cañiza que a que vostedes mesmos pediran en primeiro lugar. A obra que pediran en primeiro lugar era un estrada como segundo se dixo na Comisión ten dificultades na expropiación, pedían vostedes que se fixera primeiramente o Plan de Saneamento Integral de A Cañiza, cando xa teñen unha contestación do Ministerio das Administracións Públicas onde lle di que iso é practicamente imposible e aduce a que precisamente esta Deputación foi a que pediu esa obra en primeiro lugar, o cal tiña que ter en conta esas dificultades antes. Sr. Presidente.- Ben, ¿algo que dicir, Sr. Mera?. Sr. Mera Rodríguez.- Plan Transfronterizo. Bueno, yo creo, que conteste el Sr. Castro Álvarez porque es el Presidente de la Comisión, independientemente de que yo... Sr. Presidente.- O Sr. Nieto Figueroa ten a palabra. Sr. Nieto Figueroa.- Bien son en realidad, pues no es una cantidad excesiva para el tema que se trata, pero ya ve usted yo no estoy siempre reclamando para Vigo, la gran frontera, una de las grandes fronteras de este país llamado España se llama Vigo, sin embargo, en vista de ese convenio que parece ser que viene ahí, ya hablarán de los elefantes, que el tema se pone duro, pues yo voy a abstenerme, porque estoy prácticamente seguro de que ustedes no se van a dedicar a hacer piscinitas climatizadas, está bien claro que esto es para saneamiento de aguas, para alcantarillado, etc., etc., por si acaso como no me fío voy a abstenerme. Sr. Presidente.- Muchas gracias, Sr. Nieto Figueroa. Sr. Castro Álvarez. Sr. Castro Álvarez.- Bueno contestando al Grupo Socialista el, la delimitación de la Zona Transfronteriza se hizo como se había acordado en Pleno, lo que ocurre que quien la aprueba definitivamente es el Ministerio para las Administraciones Públicas y considero conveniente no alcanzar tantos Ayuntamientos como se habían propuesto de aquí, en cuanto al cambio de la obra es que se ha justificado e incluso en conversaciones privadas, perdón, digo telefónicas, con el Subdirector General, que es quien lleva este tema, al no poder la Diputación presentar el proyecto de esa obra por las dificultades que tiene de expropiación se sugiere un nuevo cambio, esa es la propuesta que se hace para no perder el dinero, se hace la propuesta del cambio, que no quiere significar que no se vaya a hacer la carretera como estaba previsto, lo único que ocurre es que en el 89 se anticipa esta obra de Saneamiento Integral de A Cañiza porque hay posibilidades de ejecutarla y en el próximo ejercicio en el 90 se incluirá la carretera tal cual iba. Sr. González Iglesias.- Evidentemente aprobáronse en Pleno, pero a maioría deste Pleno decidiuna, pero a maioría deste Pleno son vostedes, o decidiron nos seus Axuntamentos hai algúns que a min que me explique alguén que fronteira teñen, póñolle un caso concreto, O Porriño debe ser fronteira con Portugal, eu acábome de enterar agora de tódolos xeitos lle volvo a repeti-lo mesmo, vostedes pediron as obras, fan a relación de obras, en primeiro lugar piden unha, e agora en cuestión de datas, o pasarse a outra obrar nada máis que de datas, ademais. Sr. Presidente.- De acordo, ben. Intervención Sr. Mera. Sr. Mera Rodríguez.- Eu o que quixera dicir, independentemente do que contestou o Presidente da Comisión, é que este é un Plan entre dous países, España e Portugal, que ten unha transcendencia importante para esa rexión fronteiriza e que isto se decidiu en Madrid, no Ministerio de Economía e no Ministerio de Administracións Públicas, a Deputación o único que fixo foi contestar a unhas preguntas do Goberno... e concretamente na obra que se leva aí, esa obra vén dentro do Plan Transfronteirizo, simplemente, que este é un Plan cuadrienal, mellor dito, quinquenal do 89-93, e que cada obra finánciase en distintos anos, a obra esa de A Cañiza, vai no 91, 91 creo que é exactamente, e o único que sucede, creo que hai que dici-las cousas para non ocultar nada como é o noso estilo, de que a estrada provincial de A Cañiza a Arbo que está incluída nese Plan que son 525 millóns de pesetas, como vostede sabe non se pode redactar un proxecto desa envergadura, pois en dous meses que é o prazo que nos acaban de dar é simplemente imposible, é así e vós sabedes que na Comisión non vos opuxeches porque había razoamentos lóxicos de peso, para que iso fora así, e nós falamos en Madrid co Director Xeral e el di que efectivamente temos que avalar esa circunstancia e estase avalando, que non teño interese en que porque sexa de A Cañiza se faga a obra antes ou despois, a min dáme exactamente igual, porque dáse a circunstancia encima de que a outra estrada tamén me beneficia, ó meu Concello, así que a min que me importaría que se faga unha obra ou outra, simplemente que é unha cuestión de tipo lóxico e nada máis. Sr. Presidente.- Bien, aclarado. D. Avelino Fernández. Sr. Fernández Alonso.- Bueno, yo quiero hacer una pequeña intervención. Es para manifestar mi disconformidad contra esta propuesta hecha por el Ministerio por cuanto se ha excluido a Nigrán, que la Diputación en principio lo había incluido. Sr. Presidente.- Muy bien. Ultima intervención, D. Emilio. Sr. González Iglesias.- Sr. Presidente, eu tamén acabo de enterarme agora que Nigrán ten fronteira con Portugal, tamén acabo de enterarme agora, o mesmo que xa lle dicía, e que o dixemos no seu día, como O Porriño e outros Concellos que se inclúen no Plan. Sr. Presidente.- Sr. Costas. Sr. Costas Abreu.- Brevisimamente para xustifica-lo meu voto a favor e en relación tamén co punto anterior. Eu creo que isto é lóxico se o POS se dedica a reparar Casas Rectorais pois o normal é que o Plan Transfronteirizo se dedique a facer o saneamento de augas residuais, e eu prefiro que se dediquen os cartos a facer redes de sumidoiros que a arranxar Casas Rectorais. Sr. Presidente.- Gracias. Sr. Fernández Alonso.- Quería hacer una matización, porque oí decir aquí que si Nigrán no colindaba con no se qué, es posible que no pero posiblemente a playa América parte de esos señores vayan también. Sr. Presidente.- Muy bien, pues sometemos, faltaba usted, Sr. Nieto. Sr. Nieto Figueroa.- Claro, si seguimos así, entonces yo voy a decir quien es la gran frontera de Galicia, o sea que, y fíjese, haga usted un breve resumen de que Ayuntamientos y que Gobiernos hay y lo mismo se encuentra usted con que Salvaterra es el único Gobierno del PSOE, que está incluido ahí, por casualidad claro. Sr. Presidente.- Sometemos a votación el dictamen de la Comisión. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Aprobado por maioría. Mediante escrito do Ministerio para as Administracións Públicas, de data 9 de outubro do mes que andamos, comunícase a esta Deputación que por Resolución do Secretario de Estado para as Administracións Públicas, aprobouse a concesión dunha subvención estatal por importe de 196,37 millóns de pesetas coa finalidade de enceta-los investimentos correspondentes ós proxectos do "Programa Operativo de desenrolo das rexións fronteirizas de España e Portugal 1989-1993", seguintes: Inversión Inversión Municipio Denominación total 1989 PORRIÑO, O Saneamento e depuración augas residuais....................... 300.00 150.00 PONTEAREAS Plan saneamento integral Vila.................................... 150.00 75.00 SALVATERRA DO MIÑO Depuración e abastecemento Augas............................... 100.00 100.00 TOMIÑO Mellora estrada Ferri -- Fronteirizo................................. 30.00 30.00 TUI Saneamento integral Cidade............ 100.00 100.00 DEPUTACIÓN PROVINCIAL Estrada A Cañiza-Arbo...... 525.00 85.00 TOTAL PROVINCIAL................ 1.205.00 540.00 ============================================ Como consecuencia, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades, acorda co voto en contra do Grupo Socialista e Sr. Lage Rodríguez, aproba-lo financiamento do Plan Transfronteirizo para a anualidade de 1989, que seque, coa s observacións que así mesmo se detallan: FINANCIAMENTO Aportación Estado..................................... 196.370.000 Aportación Deputación (Credilocal)........... 294.516.000 Aportación Deputación (fondos propios)... 7.730.907 302.246.907 Aportación Concello.................................. 41.383.093 SUMAN............................................... 540.000.000 ======================================================= O financiamento que corresponde á Deputación e ós Concellos aportarase na súa totalidade pola Deputación, comprometéndose os Concellos a devolver ás arcas provinciais o 9,10 por cento das obras que lles afectan, nas condicións que fixen os servicios económicos desta Deputación. Os Concellos adoptarán acordo de aceptación das obras incluídas no Plan, redactando os proxectos técnicos ou solicitando a súa redacción a Deputación. Os Concellos recibirán o retorno comunitario (FEDER) que proporcionalmente lles corresponda. As obras serán contratadas pola Deputación provincial antes do próximo día 31 de decembro con carácter improrrogable. Así mesmo, acórdase co mesmo quórum solicitar da Dirección Xeral de Análises Económico-Territorial o cambio da obra: "Estrada de A Cañiza a Arbo", cun investimento previsto en 1989 de OITENTA E CINCO MILLÓNS DE PESETAS (85.000.000), pola de "Depuración e mellora da rede de saneamento -zona urbana-" de A Cañiza, co mesmo financiamento para este exercicio, en base ós argumentos do técnico Enxeñeiro Xefe de Acción Municipal. ------ Folla: 98 7.2534.- SOLICITUDES DOS CONCELLOS DE PORTAS E VILA DE CRUCES. INTERESANDO A APLICACIÓN DOS REMANENTES PRODUCIDOS NA CONTRATACIÓN DE OBRAS DO POS/89 A OUTRAS QUE PROPOÑEN. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. ¿Algún voto en contra?. ¿Algunha abstención?. Aprobado por unanimidade. Apróbase por unanimidade, a solicitude do Concello de Portas de aplicación de remanentes das obras números 143 e 256 do POS/89, a nova que se propón, da forma seguinte: "Acondicionamento Praza Pública de Romai" Aportación Estado (Plans provinciais).......... 547.536 Aportación Concello (Fondos Propios)......... 909.388 Aportación Deputación (Fondos Propios)..... 464.576 TOTAL PRESUPOSTO.................. 1.921.500 ==================================== Para a súa aprobación definitiva, seguiranse os trámites establecidos no artigo 32.5 do Real Decreto 781/1986, de 18 de abril, que aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local. Apróbase por unanimidade, a solicitude do Concello de Vila de Cruces, pola que interesa aplicación de remanentes das obras número 218 do POS/89: "Acondicionamento e pavimentación de camiños rurais -lote nº 8-", e número 340 do POS/89: "Sinalización vías municipais e núcleos rurais, 1ª fase", a nova que propón co financiamento seguinte: "Acondicionamento e pavimentación de camiños rurais -lote nº 12-" Aportación Estado (Remanentes obras números 218 e 340 do POS/89)........................ 1.599.768 Aportación Concello (Fondos Propios).............. 1.480.232 TOTAL PRESUPOSTO.......................... 3.080.000 ======================================== Para a súa aprobación definitiva, seguiranse os trámites establecidos no artigo 32.5 do Real Decreto 781/1986, de 18 de abril, que aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local. ------ Folla: 98,99 8.2535.- SOLICITUDES DOS CONCELLOS DE POIO, SANXENXO E MARÍN, INTERESANDO A CONCESIÓN DE PRÓRROGAS PARA CONTRATAR OBRAS DO POS/89. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. Sr. Costas. Sr. Costas Abreu.- Si, moi brevemente tamén. Dos dous casos que veñen aquí, e o de poio ten unha certa xustificación, é o mal funcionamento da Administración supramunicipal, a argumentación de Sanxenxo francamente é de tomadura de pelo, cando menos, o que non pode dicir un Concello é que pide unha prórroga porque vai modifica-lo Planeamento, se eles non saben se a obra que propoñen estaba incluída no Planeamento vixente, e se a van incluír ou non no novo Planeamento eu non sei quen o vai saber, e polo demais legalmente eu creo que con carácter xeral, as obras, sobre todo as de estradas a incluír no POS e na CAE debería pedirse un informe de que a obra que se propón é conforme co Planeamento en vigor. Sr. Presidente.- D. Emilio González. Non quere intervir. Ben non hai máis intervencións. Sometemos a votación o dictame da Comisión. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Abstención Sr. Costas. Aprobado por maioría. Apróbase coa abstención do Sr. Costas Abreu (PSG-EG), solicitude do Concello de Poio interesando prórroga para poder contrata-la obra nº 335 do Plan de Obras e Servicios do ano 1989, denominada: "Incinerador de vasoiras e acceso en Combarro", ata o 31 de decembro vindeiro, a expensas da Resolución que adopte a Dirección Xeral de Análises Económico Territorial. Co mesmo quórum, apróbase solicitude do Concello de Sanxenxo, concedéndoselle unha prórroga, ata o 31 de decembro de 1989, para proceder á contratación das obras seguintes: - Obra nº 228 do POS/89: "Apertura e acondicionamento C/8, tramo C/20 e outra. Fase 1". - Obra nº 229 do POS/89: "Apertura e acondicionamento rúa 20. Fase 1". Esta aprobación condiciónase á Resolución da Dirección Xeral de Análises Económico Territorial. Apróbase igualmente ecos mesmos votos, a petición do Concello de Marín, de concesión de prórroga para a contratación, ata o 31 de decembro vindeiro, das obras seguintes: - Obra nº 37 do POS/89: "Apertura e pavimentación da Barriada de Mogor-Iglesario". - Obra nº 104 do POS/89: "Pavimentación do camiño rural de Seixo-Allaríz e outros". - Obra nº 330 do POS/89: "Ampliación do Cemiterio do Campo". Esta aprobación condiciónase á Resolución da Dirección Xeral de Análises Económico Territorial. ------ Folla: 99,100 9.2536.- SOLICITUDES DA DEPUTACIÓN E DOS CONCELLOS DE A GUARDA E VILABOA. INTERESANDO O CAMBIO DE APLICACIÓN DE SUBVENCIÓNS DENTRO DOS PLANS CAE/89. POS/89 E POS/88, RESPECTIVAMENTE. A OUTRAS QUE SE PROPOÑEN. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención? D. Emilio González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, imos ver. Neste punto teñen dúas obras do Concello de A Guarda, e unha obra do Concello de Vilaboa, eu cría entender da lectura do expediente que as dúas obras, ou polo menos unha delas do Concello de A Guarda, están feitas xa, están feitas por contrata ademais, é dicir, non se entende moi ben que despois de feita a obra se pida isto, non é que non se entenda moi ben, é que non se pode facer, legalmente entendo que non se pode facer, e outro dos temas, no Concello de Vilaboa estamos cortando dun Plan do ano 88, cousa que tampouco é nin lóxica, é dicir, isto só pode obedecer á falta de previsións ou a mal goberno. Sr. Presidente.- Vaille contesta-lo Presidente da Comisión correspondente. Sr. González Iglesias.- Se me perdoa, e me deixa terminar, aquí o único que se está facendo é santificando eses erros de Concellos, é dicir, estamos cortando do 88, non do 89 precisamente. Sr. Castro Álvarez.- No aquí lo único que se está es aplicando las disposiciones del propio Ministerio, las obras del 88 incluso pueden prorrogarse, y los cambios de aplicación también pueden sustentarse, porque si un Ayuntamiento ha hecho una obra por su iniciativa e incluye otras nuevas no hay nada que se lo pueda impedir, es decir, que están dentro de los plazos marcados. Sr. González Iglesias.- Sr. Presidente, podería contestarme o Secretario, se vostede llo permite, de se as obras que xa están realizadas se poden pedir agora cambios de aplicación cando o mesmo Concello di que están realizadas, e por outro lado se obras do ano 88 se poden pedir cambios de aplicación nestes momentos. Sr. Secretario.- Ben eu precisaría de certo tempo para emitir un informe pero entendo, en principio non hai nada establecido nos Plans de Cooperación con respecto ós prazos de obras efectuadas en anos anteriores, pero parece que a lóxica, se a duración dun Plan é dun ano os cambios de aplicación en principio deben facerse dentro do ano, repito que esta manifestación fágoa con moita reserva, con respecto ás obras contratadas e feitas, pois tamén parece que a lóxica da lugar a pensar de que a petición de cambio de aplicación debe facerse con obras que non están feitas, con proxectos de obras, a substitución dun proxecto por outro, pero repito, e se a Corporación mo permite eu emitiría un informe máis en detalle, e co tempo suficiente. Sr. Presidente.- Ben, fixa vostede a postura, pode fixa-la. Sr. González Iglesias.- En contra, pero si nos gustaría que si se informa por escrito se nos envíase. Sr. Presidente.- Pois para que non teña que votar en contra, que sei que non lle gusta retíroo da Orde do Día. Queda retirada da Orde do Día, por decisión Presidencial, solicitude do Concello de A Guarda, pola que interesa o cambio de aplicación da subvención da obra nº 289 do POS/89: "Reparación r/Rosalía de Castro", nas dúas novas seguintes, das que se explican os seus financiamentos: Aportacións Concello Deputación Presuposto OBRA (Credilocal) (F.P.) total Reparación rúa A Cal............. 682.200 454.800 1.137.000 Reparación e pavimentado rúa San Caetano.................... 817.800 545.200 1.363.000 Tamén se retira a solicitude do Concello de Vilaboa, de cambio de subvención que tiña concedida para as obras de "Instalacións Campos Deportes Monte Cabalo e outra", incluída no POS/88 co ordinal 329, á obra "Construcción Polideportivo cuberto en C.P. de Vilaboa". Así mesmo retírase da Orde do Día expediente relativo ó cambio de aplicación da subvención aprobada para as obras nº 33 da CAE/88: "Mellora pavimentación estrada Crecente-Filgueira", e nº 40 do POS/89: "Estrada provincial Crecente-Frieira", da Deputación provincial pola nova que se propón, denominada: "Estrada Provincial de Silleda a Vila de Cruces". ------ Folla: 100 10.2537.- SOLICITUDE DO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO PARA EXECUTAR POR ADMINISTRACIÓN AS OBRAS NÚMEROS 168 E 169 DA CAE/89. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. ¿Algún voto en contra?. ¿Algunha abstención?. Aprobado por unanimidade o dictame da Comisión. Apróbase por unanimidade a solicitude do Concello de Salvaterra de Miño, concedéndoselle autorización para executar por administración as obras nº 168 da CAE/89: "Casa de Cultura de Lora" e nº 169 da CAE/89: "Casa de Cultura de Vilacova", debendo en ámbolos dous casos estar ó disposto na Lei de Contratos do Estado e o seu Regulamento. ------ Folla: 100 11.2538.- SOLICITUDE DA MANCOMUNIDADE DO CONDADO, INTERESANDO A CORRECCIÓN DE ERRO PADECIDO POLA MESMA NA DENOMINACIÓN DA OBRA Nº 175 DA CAE/89. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. ¿Algún voto en contra?. ¿Algunha abstención?. Aprobado por unanimidade o punto once. Apróbase por unanimidade a solicitude da Mancomunidade do Condado, en petición de que a obra nº 175 da CAE/89, se denomine: "Pala cargadora multiuso e accesorios", no lugar de "Adquisición desbrozadora", como por erro figura no Plan da Comarca de Acción Especial 1989. Para a súa aprobación definitiva, seguiranse os trámites establecidos no artigo 32.5 do Real Decreto 781/1986, de 18 de abril, que aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local. ------ Folla: 100 12.2539.- TRANSFERENCIA E HABILITACIÓN DE PARTIDA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DENTRO DO PRESUPOSTO DE 1989 DA CAIXA DE ANTICIPOS DE COOPERACIÓN. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. ¿Algún voto en contra?. ¿Algunha abstención?. Aprobado por unanimidade. Polos Concellos de Tui, Meaño e Ribadumia, solicítase o reintegro ou devolución das cantidades ingresadas de máis por erro, nas amortizacións anuais de anticipos concedidos ou renuncia de cantidade pendente de abono, tendo reintegrado as anualidades, segundo se detalla, e que se recoñeza e habilite o crédito correspondente para o seu reintegro: - Concello de Tui, 100.000 pesetas ingresadas na amortización 10ª última do anticipo nº 215/77, ó renunciar ó percibo do resto pendente de pago a dito Concello, por 100.000 pesetas, amortizando a totalidade do anticipo de 2.000.000 de pe- setas. - Concello de Meaño, 349.000 pesetas, ó ter amortizado totalmente as amortizacións 6ª, 7ª e 8ª e renunciar posteriormente ó resto do anticipo pendente de pago por 589.000 pesetas, producíndose o exceso de ingreso do que se reclama a devolución. - Concello de Ribadumia, 10.000 pesetas, ingresadas en máis por erro na 5ª última amortización, xa que debería ter ingresado a suma de 160.500 pesetas, e fíxoo por 170.500 pesetas, existindo por tanto a diferencia en máis de 10.000 pesetas, que é obxecto de reclamación. A Xunta Administradora de Caixa de Anticipos de Cooperación, acorda: 1º.- Recoñecer crédito a favor do Concello de Tui, por CEN MIL PESETAS (100.000). 2º.- Recoñecer crédito a favor do Concello de Meaño, por TRESCENTAS CORENTA E NOVE MIL PESETAS (349.000). 3º.- Recoñecer crédito a favor do Concello de Ribadumia, por DEZ MIL PESETAS (10.000). 4º.- En base ós antecedentes expostos: O Pleno acorda por unanimidade, aprobar transferir da Par- tida 863 de Gastos, a cantidade de SEISCENTAS NOVENTA E NOVE MIL PESETAS (699.000), e habilita-la Partida 489.95111, na que se inclúa a cantidade que anteriormente se cita. ------ Folla: 100,101 13.2540.- PREGO DE CONDICIÓNS QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN DO SERVICIO DE LIMPEZA DO HOSPITAL PROVINCIAL. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Si, eu creo que debe modificarse a cláusula 17, me parece ilóxico e inadmisible que a Deputación estableza a posibilidade de libre rescisión por parte do contratista en calquera momento, e creo tamén que a Deputación debería reservase a posibilidade de aprobar un Regulamento do Servicio, que lle fose de aplicación á contrata para evitar deficiencias como se están dando con carácter xeral. E igualmente debería haber un libro de ordes, ten que ver co punto seguinte, logo o explicarei, un libro de ordes e incluso de reclamacións en relación coas prestacións dos servicios, as melloras que creo que se poden introducir. Sr. Presidente.- ¿Máis intervencións?. Sometemos a votación este punto. ¿Votos en contra?. Sr. Costas Abreu.- ¿Admite as emendas?. Sr. Presidente.- ¿Emendas?. Sr. Costas Abreu.- Si, esas tres modificacións. Sr. Presidente.- Ben pois o Presidente da Comisión correspondente que llo diga. Tema de limpeza, contrato de limpeza. Comprendo que despois da batalla electoral, estean un pouco ...Si, sí pero pasó por la Comisión de Economía. Sr. Mantilla Rodríguez.- Fue a Comisión de Economía y en la misión de Economía o Sr. Costas... pide que se facilitase o... Sr. Presidente.- Pide tres emendas, perdón, Sr. Costas, ten vostede que entender que despois de tantos días de loita, de non durmir e de celebra-lo triunfo o Sr. Mantilla. Propoña vostede novamente as tres emendas. Sr. Costas Abreu.- Si, en concreto é na cláusula 17, prevése a posibilidade practicamente da libre rescisión do contrato por vontade do contratista. Eu creo que esa cláusula é inadmisible, pon a Deputación nunha situación francamente insegura, e ademais e dende todo punto de vista inhabitual nun contrato público administrativo, incluso a propia Deputación tampouco podería rescindir libremente o contrato, tería que ser polo transcurso do prazo ou por causas xustificadas, me parece unha cláusula atípica e un pouco meditada. A segunda é que se incluirá como unha disposición adicional ou como se queira, que a Deputación poderá aprobar un regulamento do servicio, para precisar todas aquelas cuestións que non están debidamente xustificadas. E por último debería levarse un libro de ordes da Deputación en relación coa contrata, coas modificacións ou precisións que sexan precisas en relación coa prestación do servicio, e mesmo debe existir un libro ou follas de reclamacións en relación cos efectos que poida haber, para acreditar documentalmente o cumprimento do contrato... Sr. Presidente.- Aceptada Sr. Costas. Aceptadas as súas emendas que parecen razoables, e que ninguén de disto lectura política, simplemente técnica, diríamos, pois sometemos a votación o punto trece. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Aprobado por unanimidade. Cumprimentando acordo da Corporación Provincial de 26 de setembro do ano que andamos, polo que se denunciaba o contrato, do Servicio de Limpeza do Hospital Provincial, acórdase por unanimidade, sacar de novo a concurso a contratación de dito Servicio, prestando aprobación ó correspondente Prego de Condicións que se une como anexo, informado favorablemente pola Comisión de Economía, e ó que deberá darse a publicidade regulamentaria, pero coas seguintes modificacións: primeira.- Supresión da cláusula número 17. Segunda.- Introducir unha disposición adicional na que se indique que a Deputación poderá aproba-lo Regulamento do Servicio, para precisar todas aquelas cuestións que non estean debidamente xustificadas. Terceira.- Levar un libro de reclamacións en relación cos efectos que poida haber, para acreditar documentalmente o cumprimento do contrato. ------ Folla: 101,102 14.2541.- DENUNCIA DO CONTRATO DE LIMPEZA DO HOSPITAL PSIQUIÁTRICO "O REBULLÓN". Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. Sr. Costas, o técnico oficial da Corporación. Sr. Costas Abreu.- Eu creo que facer ben as cousas tecnicamente tamén é facer política, bo, é unha cuestión de opinións. Me parece que neste caso estamos clarisimamente, polo que se desprende do informe do Administrador, diante dunha denuncia por incumprimento do contrato... Sr. Presidente.- Prégase silencio, Sres. Deputados. Sr. Costas Abreu.- ...Cousa que se elude, e en segundo lugar quero solicitar un informe do Secretario, senón o pode emitir agora, que o faga por escrito posteriormente, sobre se é válido un contrato plurianual como é este con acordo da Co- misión de Goberno, e se cabe algunha delegación nese aspecto. Votarei a favor da denuncia pero me parece que a situación deste contrato é desde todo punto de vista anómala, tanto en canto ó cumprimento do prego de condicións como da adxudicación que se deu. Sr. Presidente.- Sometemos a votación o punto catorce. ¿Votos en contra da denuncia?. ¿Abstencións?. Aprobado por unanimidade. Dase conta de escrito do Sr. Administrador do Hospital Psiquiátrico de "O Rebullón", conformado polo Deputado-Delegado, propoñendo a denuncia do contrato do Servicio de Limpeza de dito Centro, formalizado coa empresa Cles de Mantenimiento Integral, S.A. (CLESSA) mediante contrato outorgado o día 30 de abril de 1987, e a redacción do prego de condicións para un novo concurso. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión de Economía, e tendo en conta que o contrato prevía unha vixencia por un prazo de 3 anos a partir do día 1º de maio de 1987, acorda por unanimidade: 1º.- Denuncia-lo contrato formalizado coa empresa Cles de Mantenimiento Integral, S.A. (CLESSA), mediante contrato outorgado o día 30 de abril de 1987, de conformidade co establecido nas cláusulas 13ª e 23ª do prego de condicións que rexeu a contratación. 2º.- Que pola Sección de Contratación, Facenda e Patrimonio, se redacte o prego de condicións para sacar de novo a concurso a adxudicación do servicio. 3º.- Que en tanto non se resolva o concurso que se convoque, a empresa adxudicataria CLESSA, deberá seguir prestando os seus servicios nas condicións actuais. ------ Folla: 102 15.2542.- CONTAS DE CAUDAIS DO 2º E 3º TRIMESTRES DE 1989. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. Sr. Costas. Sr. Costas Abreu.- Brevisimamente, para pedir que se empece a facer nesta Deputación un Plan de Tesourería como marca a nova Lei de Facendas Locais. Sr. Presidente.- De acordo. Tome nota Sr. Secretario. Gracias Sr. Costas Abreu. Tómase nota da súa petición. Sometemos a votación o punto quince. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda aprobado por maioría. Dictaminadas favorablemente pola Comisión Informativa de Economía, apróbanse coa abstención do Sr. Costas Abreu (PSG-EG), as Contas de Tesourería do 2º e 3º trimestre de 1989, que rende o Sr. Tesoureiro provincial co conforme do Sr. Interventor, sendo o seu resume o seguinte: 2º trimestre de 1989. Existencia en fin do trimestre anterior.................................. 1.385.845.041 Importan os Ingresos........................................................... 2.911.005.424 SUMA.................................................... 4.296.850.465 Importan os pagos............................................................... 3.267.227.818 EXISTENCIA EN CAIXA PARA O SEGUINTE TRIMESTRE ... 1.029.622.647 3º trimestre de 1989. Existencia en fin do trimestre anterior.................................. 1.029.622.647 Importan os ingresos........................................................... 4.201.806.220 SUMA.................................................... 5.231.428.867 Importan os gastos............................................................... 3.275.368.940 EXISTENCIA EN CAIXA PARA O SEGUINTE TRIMESTRE.... 1.956.059.927 ------ Folla: 102 16.2543..- RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS. Sr. Presidente.- D. Emilio González Iglesias, ten a palabra. Sr. González Iglesias.- Si, o Grupo Socialista vai votar en contra porque entendemos que non poden vir a estas alturas do ano 89 recibos de Fenosa do ano 87 e ano 88, aínda que sexa a culpa de Fenosa. Sr. Presidente.- Si, ten vostede razón, pero menos mal se así os damos pagado. E importante, non. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Vísta-las propostas de recoñecemento de créditos que formula o Sr. Enxeñeiro-Director do Servicio Agrario, por diversos recibos de subministro de enerxía eléctrica a favor de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., das Fincas Areeiro e Mouriscade, e de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, o Pleno acorda coas abstencións do Grupo Socialista, Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto), e o voto en contra do Sr. Costas Abreu (PSG-EG), o recoñecemento destes créditos e que sexan incluídos no primeiro expediente de modificación de créditos que se tramite, senda o seu detalle o seguinte: A Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (Recibos Finca Areeiro) Do mes de xullo do ano 1987.......................................... 73.777 Dos meses de febreiro (2), maio, xullo, outubro e decembro do ano de 1988............................................ 316.413 TOTAL........................................ 390.190 ================================= A Unión Eléctrica-Fenosa. S.A. (Recibos Finca Mouriscade) Dos meses de febreiro, maio e outubro do ano 1986.............. 70.138 Dos meses de outubro, novembro e decembro do ano de 1988.................................................................................... 84.005 TOTAL.................................................. 154.143 ====================================== ------ Folla: 102,103 17.2544.- HABILITACIÓN DE LOCAL EN GOIÁN, PARA SALA PERMANENTE DE EXPOSICIÓN DA OBRA DO ESCULTOR XOÁN PIÑEIRO. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. Sr. Lois Pena. Sr. Pena Viéitez.- Soamente para pedirlle ó Pleno da Deputación que incluía a participación do Concello de Cangas que é o de nacemento do escultor falecido, Xoán Piñeiro, como así mo pediu a familia xa directamente a min que poidamos participar, dalgunha maneira, na xestión deste local, entón simplemente que o Pleno acorde, recomendar aínda que sexa, a participación ou acorda-la participación do Concello de Tomiño, a Deputación Provincial e o Concello de Cangas. Sr. Presidente.- Sr. Herrera. Sr. Martínez-Herrera Escribano.- Bueno, el tema este está planteado por la familia, la familia es la que cede toda la obra, la casa es también de la familia, lo que nos han pedido a la Diputación provincial es que habilitemos el local, y luego el Ayuntamiento de Tomiño por razones obvias de localización y estar en el sitio se encargaría pues de la vigilancia y el mantenimiento, o sea, no tiene mayor trascendencia el tema, en cuanto a lo de Cangas, bueno ya sabemos que es de Cangas él, pero no se que tipo de participación se podría dar al Ayuntamiento de Cangas. Sr. Presidente.- Nosotros pedir, decir que un Diputado en el Pleno ha pedido la colaboración, pues podemos decirlo. Sr. Martínez-Herrera Escribano.- Decirlo si, ahora lo que, digo es que no sé cómo se puede plasmar esa colaboración, salvo que el Ayuntamiento de Cangas quiera económicamente participar en el proyecto, y entonces se aceptaría esa participación económica. Sr. Presidente.- Sr. Pena. Sr. Pena Viéitez.- Como Presidente da Comisión sabe nestes momentos que na Casa de Cultura de Cangas hai unha exposición de Xoán Piñeiro, de toda a súa obra, entón eu tiven un contacto coa súa familia, o que di é que se se firma un convenio para que isto funcione a Deputación fai as reparacións da obra como dicía o outro día, esa mesma petición que lle fixeron á Deputación fixéronlla ó Concello de Cangas, o que pasa é que por razóns económicas o Concello, prefire que sexa a Deputación quen o pague, o que pasa é que existe unha zona anterior e lateral ó edificio, que é o axardinado da zona ou adecentamento da zona e aí é onde podía participa-lo Concello de Cangas en realizar esa obra, entón o que se trata é da firma dun convenio entre os dous Concellos, o de Cangas, o de Tomiño e a Deputación Provincial, para que iso funcione, porque simplemente o que imos facer agora é facer a obra sen ningunha condición posterior, pois o día de mañá encontrarase a familia con que ten que responder do mantemento, do Museo, etc., entón, a miña proposta concreta sería de que se fixera un convenio de colaboración entre as tres Institucións, para que ese local de exposición permanente estea funcionando sempre e non o día de mañá deixe de funcionar, creo que a Deputación debería condicionar dalgunha maneira a súa aportación a que o local estea aberto, e para que o local estea aberto, e a exposición poida estar en marcha deberá haber algo firmado e non que o Concello de Tomiño, neste momento diga porque hai un Alcalde determinado que vai participar en que o local estea aberto, o día de mañá cambia a cor política do Concello e se pecha o local, e o mesmo pasa no Concello de Cangas, iso era a aportación que eu quería facer, e ademais era unha conversa directa coa familia. Sr. Martínez-Herrera Escribano.- El planteamiento de Diputación que quede claro, es decir la Diputación lo que hoy pretende aprobar, lo que hoy pretende aprobar es que se le autorice a habilitar el edificio, está claro y se dijo en la Comisión de Cultura, que lo que habrá es luego que plantear cómo va a funcionar ese tema, si con un Patronato, etc., etc., hoy lo único que se pide es la autorización para que en los Presupuestos que se van a elaborar, se consigne la cantidad correspondiente, luego se hablará con el Ayuntamiento de Tomiño, si el de Cangas también quiere participar se fijarán las cuotas de participación, pero yo entiendo que si hay participación tiene que ser participación real, no sólo tal, o sea de, económica, etc., como sea, participación real, no sólo participación nominal. Sr. Presidente.- Sr. Herrera, entón, o correcto, ou parece correcto, que aparte de aprobar este punto, recollámo-lo interese que existe por parte do Concello de Cangas e de Tomiño e estudia-la posibilidade de firma-los convenios. ¿Está de acordo Sr. Pena?. Sometemos a votación o punto dezasete. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Aprobado por unanimidade. O Pleno de conformidade co dictame da Comisión de Cultura e Benestar Social, acorda por unanimidade, o acondicionamento dun local propiedade da familia de Xoán Piñeiro en Goián, para dedicalo a Sala permanente da obra que deixou o malogrado escultor. O funcionamento da Sala regulamentarase en Convenio que subscribirán a familia, o Concello de Tomiño e a Deputación e o presuposto de acondicionamento do local de referencia elévase a TRES MILLÓNS CINCOCENTAS MIL PESETAS (3.500.000), o que se consignará no Presuposto de 1990. ------ Folla: 103,104 18.2545.- PETICIÓN DO INSTITUTO DE INVESTIGACIÓNS MARIÑAS SOBRE AUMENTO DE DOTACIÓN DE BECAS. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención? Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Si por enésima vez, porque xa o propuxen varias veces e quedaron en estudialo, e esta vez o propoño con emenda, é que aumentara a dotación das Becas oitenta mil pesetas ó mes eu creo que é un momento ideal para pasar isto a contratos para formación co cal polo menos a xente que fai eses traballos terá dereito a pasar ó paro e cotizará á Seguridade Social, quedaramos todos en modificar iso, e sen embargo non se fai nunca, xa o propuxen en Comisión e volvo a propoñelo aquí, a ver se por aburrimento... Sr. Presidente.- Non, pero ben, imos intentalo, por tanto este tema pode quedar para o próximo Pleno. Sr. Costas Abreu.- Podemos aproba-la subida da contía e podemos aprobar un engadido dicindo que propoñemos que se formalice como contratos para formación. Sr. Presidente.- Ben pero fai falla un dictame xurídico sempre, é dicir, sempre que o dictame xurídico o permita. Sr. Costas Abreu.- Que se estudie a posibilidade. Sr. Presidente.- Ese é o tema. sometemos a votación o punto dezaoito. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Aprobado por unanimidade. Visto o escrito do Director do Instituto de Investigacións Mariñas e o informe da Comisión de Cultura e Benestar Social, o Pleno acorda por unanimidade, fixar en OITENTA MIL PESETAS (80.000) mensuais, a dotación das seguintes Becas establecidas por esta Deputación: - 2 Becas para o Instituto de Investigacións Mariñas. - 2 Becas para a Misión Biolóxica de Galicia. - 3 Becas para o Arquivo Provincial. Os efectos serán de 1º de xaneiro de 1990, para o cal se adoptarán as correspondentes previsións presupostarias. ------ Folla: 104 19.2546.- ESCRITO DE CINCO FUNCIONARIOS DE CARREIRA DO HOSPITAL XERAL PROVINCIAL, INTERESANDO COMPLEMENTO ESPECÍFICO. Sr. Presidente.- Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, estuve observando todos los puntos de que trataba la Comisión de Personal y no consta en ninguno de ellos la retirada del Partido Socialista por motivos que desde luego yo no voy a eludir y voy a reflejar aquí para que no repitan. La Comisión después de que se había celebrado otra anteriormente y la que estaba compuesta prácticamente por la totalidad de los miembros estuvo esperando veinticinco minutos, veinticinco minutos, a que retornase el Sr. Presidente, y ayer o anteayer efectivamente nos daba las explicaciones, esas explicaciones no son válidas, aparte que si se había reunido el Comité de Personal anteriormente y con ese motivo tuvieron que estar dieciocho Diputados esperando hasta los veinticinco minutos posteriores de su iniciación, por tanto quiero que quede constancia para que no se repita esto a pesar de que vuelvo a insistir con toda la buena educación en este caso, no se han solicitado disculpas, pero que quede constancia de que no se puede repetir, no se puede estar con dieciocho Diputados esperando y haciendo otras gestiones cualesquiera, es cuestión de seriedad, de responsabilidad, de formalidad, etc., etc. Sr. Mera Rodríguez.- En la Comisión de Personal, es preceptivo que el Comité de Personal informe previamente a la Comisión, entonces el Comité de Personal normalmente tiene por costumbre, habrá que modificarle esa costumbre, o pedirle a ellos en general, de que los temas los estudie pues una hora antes de la Comisión. Cuando antes las Comisiones eran por la tarde, es decir, por ejemplo a las seis de la tarde, ellos venían pues a las cuatro de la tarde y los estudiaban con Mantilla, cuando Mantilla era el Presidente de la Comisión, desde que ahora las Comisiones son, hay que pensar que la Comisión de Personal es a las diez de la mañana pues ellos vienen aquí y estudian los temas, y aparte también hay que decir, no es echar las culpas a nadie pero en el propio servicio de Personal pues a veces estos temas no los tienen resueltos hasta última hora, porque son temas en general de tipo técnico y bastante dificultoso, esa es la única explicación que hay. No tenemos nosotros ninguna intención, porque la prueba es que yo estaba allí en la Comisión, quizá yo ya le dije ayer, yo ayer, quizá mi falta de corrección fue no avisarles, pues yo ese tema no tengo ningún interés en contar o decir que efectivamente fue una falta por mi parte, lo reconozco públicamente, y lo que nunca hubo fue una mala intención sino todo lo contrario, que toda la intención que hubo fue cumplir lo que dice la normativa de que el Comité de Personal informe previamente los asuntos, ese es el tema, y que además hay otra cosa que es la siguiente, nosotros sabemos que en muchísimos Ayuntamientos y concretamente en algún Ayuntamiento que no quiero nombrar, creo que lo habitual es el retraso, independientemente de que nosotros intentaremos cumplir en la medida de lo posible. Sr. Presidente.- Bien, incidente zanjado, yo les pido a todos comprensión, sobre todo cuando no hay mala intención, y creo que en este caso no la hay. Bien, pasamos, es decir, sometemos entonces a votación el punto diecinueve, el dictamen de la Comisión. ¿Votos en contra?. ¿Abstenciones?. Aprobado por mayoría. Visto o escrito presentado por tres Subalternos do Hospital Xeral Provincial e dous Axudantes de Cerimonial, que prestan servicios de Subalternos en dito Centro Sanitario, e demais documentación unida ó mesmo, interesando complemento específico por "peligrosidade" e, resultando que tal complemento e por contía anual de SESENTA E OITO MIL CENTO TRINTA E SEIS PESETAS (68.136), téñenas asignadas os seus respectivos postos de traballo, e que veñen percibindo precisamente mensualmente, por tal concepto de "peligrosidade", en contía de CINCO MIL SEISCENTAS SETENTA E OITO PESETAS (5.678), considerando igualmente o acordo adoptado pola Corporación Provincial en sesión celebrada o 14 de marzo de 1988, con efectos de 1º de xaneiro do ano en curso asígnanse coa abstención do Grupo Socialista e Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto), ós postos de traballo citados ós que hoxe están adscritos os funcionarios de referencia, o complemento específico por "responsabilidade", CORENTA E SETE MIL SETECENTAS PESETAS (47.700) ano. ------ Folla: 104,106 20.2547.- CONVOCATORIA E BASES PARA A ADXUDICACIÓN DE TRES BECAS A MONITORES DEPORTIVOS. CON DESTINO A CIDADE INFANTIL "PRÍNCIPE FELIPE". Sr. Presidente.- Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- Yo quisiera hacer unas aportaciones que creo pueden enriquecer un tanto este tema, que por supuesto conozco profundamente, tema deportivo, entonces, pues por ejemplo, aquí se dice que se buscan monitores, profesores de educación física, en fin, enseñantes, y se llega al tope de la edad de 30 años, yo creo que ha sido un desliz, y no se puede decir que para poder dar clases hay que tener entre 18 y 30 años, y más en los tiempos de hoy, creo que tuvo que ser algún despiste, el Sr. Cuiña que debe rebasar los treinta años puede ser un profesor estupendo de equilibrio en bicicleta. Sr. Presidente.- Seguro. Sr. Nieto Figueroa.- De forma que yo solicitaría pues que la ampliación fuera a los 45 años en que prácticamente pues cualquier persona está en plena forma, e incluso cuenta con más experiencia, cuenta con más experiencia para enseñar mejor, creo que es una enmienda que no tiene problema ninguno, de los 18 no a los 30 sino a los 45, esa una, tengo un par de ellas más. Después, digamos en el jurado, participan por una parte el Director General y el Administrador General de "Príncipe Felipe", yo diría sustituir a uno de los dos precisamente por el Presidente de la Comisión de Deportes, que no figura concreta y concisamente en ese Tribunal, es lógico completamente que haya una persona responsable del "Príncipe Felipe", pero más lógico es que para un tema deportivo esté el Presidente de la Comisión de Deportes, y el tercero creo que no hay necesidad de, en fin, es completamente justo, entiendo, y después el incremento que también solicito entre, a estos señores que van a dedicarse a esta profesión, que efectivamente, afortunadamente pues está teniendo una salida estupenda, pues el incremento sea entre las veinticinco mil a las treinta y cinco mil pesetas al mes, veinticinco mil pesetas al mes efectivamente una persona preparada hoy día tiene una salida estupenda, bendito sea, creo que hay que estimularlos con treinta y cinco mil pesetas al mes que no es nada fuera de lugar. Son las tres enmiendas que yo solicito y que creo que no tienen que tener problema me gustaría incluso oír al Presidente de la Comisión de Deportes, que creo que está completamente de acuerdo conmigo, si me está escuchando. Sr. Mera Rodríguez.- Bueno yo una cosa que quisiera decir, este es un tema que no es de deportes sino que es un tema personal y un tema de la Ciudad Infantil concretamente, y yo soy el Diputado-Delegado, es un tema que hay en el Presupuesto del año pasado y en el Presupuesto de este año hay una partida presupuestaria con este fin, por eso no se llevó a la Comisión de Deportes, por eso está el Jurado que está ahí, entonces lo único que sucede es el hecho de que los Técnicos al elaborar las Bases, pusieran 18 a 30 años es precisamente que este tipo de Becas son para ayudar de alguna forma a aquellas personas que están estudiando y que tienen algunos ingresos colaterales en este sentido y que al mismo tiempo son amantes del deporte y pueden practicar el deporte. Tiene que pensar usted que tanto con veinticinco mil como con treinta y cinco mil pesetas lo que no se puede es intentar, nosotros por lo menos no es lo que pretendemos, financiar un puesto de trabajo de esa forma, sino que esto es una Beca en el sentido amplio del concepto de Beca y que de alguna forma, ya digo, la gente que está estudiando y que le gusta el deporte y que tenga por ejemplo algún título, como puede ser monitor de baloncesto, balonmano, o este tipo de cuestiones, que puede en sus ratos libres ir a la "Ciudad Infantil", es decir, un par de horas que creo que es lo que le marca, pues a colaborar allí con los niños internos en la Ciudad Infantil, ese es el único fin, sino nosotros lo que pondríamos sería unos profesores de Educación Física que serían titulados por el INEF, que parece que es a lo que usted se refería, es decir, que ahora los titulados del INEF, tienen bastante trabajo, pero aquí nosotros no estamos exigiendo ningún título, sino todo lo contrario, es igual que en las Becas que hay en "Príncipe Felipe", para que alumnos de la provincia que están alejados de las grandes ciudades como pueden ser Vigo y Pontevedra tengan oportunidad de estudiar, y hacen allí una labor complementaria y con él, la pensión que les dan allí, más diez mil pesetas que le dan al mes, pues puedan realizar sus estudios que de otra forma a lo mejor no podrían hacer, ese es el único fin, que no hay nada que ocultar, por eso no fue a la Comisión de Deportes, porque es un tema interno de la "Ciudad Infantil", y por eso tampoco se amplió la edad, porque normalmente una persona que tenga cuarenta y cinco años normalmente pues no va a dedicarse a este tipo de actividades. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mera. Yo le voy a conceder a usted cinco años de gracia. Sr. Nieto Figueroa.- Es que me cae el alma a los pies. Me está hablando de baloncesto, de balonmano, de béisbol, de rugby, y me dice que no está, que no corresponde a deportes, pero Sr. Presidente de la Comisión de Deportes, hombre, dirija usted personal y que le dejen a usted ese espacio, jolín. Sr. Presidente.- Le concedemos cinco años. Tiene algo más que decir. D. Emilio González Iglesias, perdón, Sr. Lois Pena. Sr. Pena Viéitez.- Bo, nós, ben, como non asistimos á Comisión quixera que nos dixeran quen van se-lo Tribunal que vai a selecciona-las Bases, quen vai adxudica-las Bases, e se participa algún membro do Comité de Persoal, nesta adxudicación das Becas. Sr. Mera Rodríguez.- Le voy a contestar. Nosotros estamos haciendo un Convenio y como el que gobierna tiene que asumir la responsabilidad, la responsabilidad nuestra es la siguiente, no va a estar ningún miembro del Comité de Personal ni de la Oposición en los Tribunales de Selección, simplemente estarán los miembros del Comité de Personal en la selección de los contratados laborales fijos, y ese es el acuerdo al que hemos llegado con el Comité de Personal, es decir, no es que ellos lo hayan asumido totalmente, pero por lo menos ese es el acuerdo que se llevará al Pleno del día 9 en el que se firmará el convenio marco. Sr. Presidente.- Suficiente. Sr. Pena Viéitez. Sr. Pena Viéitez.- Non é para que crispe, Sr. Mera, é simplemente que o normal da Oposición é que pregunte, eu non lle votei as culpas a vostede de que non houbera estado o outro día na Comisión, eu marcheime da Comisión como o resto dos membros do Grupo Socialista, e agora teño razón a preguntar, non é para que se crispe ninguén, senón para que contesten. Bo vostedes teñen a responsabilidade de gobernar e nós a de votar a favor ou non, polo tanto nós imos a exercer de Oposición e como nós non podemos controlar a quen van a seleccionar permítanos que teñamos dúbidas na selección, polo tanto imos votar en contra. Sr. Presidente.- Gracias, entón sabendo que xa hai algún voto en contra, sometemos a votación. Sr. Nieto Figueroa.- Que se voten las enmiendas según marca la Ley. Quiero saber yo, hombre, por favor, cúmplase la Ley, que se voten las enmiendas que el profesor quede enterrado al pasar de los treinta años, vótese y se sepa quien lo hace, hombre. Hombre por Dios. Sr. Presidente.- Tranquilo Sr. Nieto Figueroa. Sometemos a votación las enmiendas del Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- Hágalo una por una, por favor. Sr. Presidente.- Muy bien. La primera, ¿Votos a favor?. Rechazada. Segunda enmienda. ¿Votos a favor?. Y la tercera, son tres. ¿Votos a favor? Sometemos a votación dictamen de Comisión. ¿Votos en contra?. ¿Abstenciones?. Aprobado por mayoría. Por conseguinte rexéitanse as tres emendas ó dictame que presenta o Sr. Nieto Figueroa (PSOE) por maioría. Préstase aprobación co voto en contra do Grupo Socialista, Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto) e Sr. Costas Abreu (PSG-EG), á Convocatoria e Bases de tres Becas de Monitores Deportivos con destino á Cidade Infantil "Príncipe Felipe", debéndose dar ás mesmas a publicidade regulamentaria nos idiomas galego e castelán. ------ Folla: 106 21.2548.- PROPOSTA DE APROBACIÓN DO GASTO DE 40.000 PTS. A FAVOR DO QUE FOI BOLSEIRO DA CIDADE INFANTIL. D. FRANCISCO J. ZABALETA BASTOS. E CONSEGUINTE "RECOÑECEMENTO DE CRÉDITO". Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. ¿Algún voto en contra?. ¿Algunha abstención?. Aprobado por unanimidade. Visto os escritos do Sr. Administrador Xeral da Cidade Infantil "Príncipe Felipe", de 7 de marzo de 1988, que concreta e completa agora o novo Administrador, en escrito de 6 de outubro actual, polos que se evidencia e acredita que o alumno da Residencia de Maiores, D. Francisco J. Zabaleta Bastos, actuou como Bolseiro nos meses de 1º de marzo a 30 de xuño do derradeiro ano 1988, a favor do cal se propuxera a compensación de DEZ MIL PESETAS (10.000) mensuais o Pleno da Corporación acorda por unanimidade aprobar este gasto total de CORENTA MIL PESETAS (40.000) e "recoñece crédito" por este citado importe a favor de D. Francisco J. Zabaleta Bastos, quedando así liquidada esta obrigación por parte da Deputación Provincial, pasando certificación do acordo á Intervención de Fondos, a fin de que o crédito sexa tido en conta no primeiro expediente de modificación de créditos que se tramite, e firme que sexa o expediente, o seu correspondente abono ó interesado. ------ Folla: 106,107 22.2549.- RECURSO DE REPOSICIÓN DEDUCIDO POLO COLEXIO ATS-DIPLOMADOS EN ENFERMERÍA, CONTRA A CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE 38 ATS E SEGUINTE CONTRATO LABORAL INDETERMINADO, -INTERESANDO UN REPRESENTANTE NO TRIBUNAL-. Sr. Presidente.- D. Emilio González Iglesias, ten a palabra. Sr. González Iglesias.- Imos ver, nestes momentos imos votar en contra, evidentemente do dictame da Comisión e creo que incluso a aclaración nola fixo o Sr. Mera xa no punto anterior, é dicir, non hai presencia absolutamente de ninguén nos Xurados, nos Tribunais, perdón, e polo tanto nós imos votar en contra. Sr. Presidente.- Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- Sí por supuesto hay que redundar en el tema porque la Comisión, es que lo bonito es que se entera la gente y que se digan las cosas, las increíbles cosas que ocurren en esta casa, porque de santa nada, de santa nada, la Comisión dictamina favorablemente el informe según el cual no se debe admitir un representante del Colegio de A.T.S., en un Tribunal en el que se van a juzgar 38 personas, hombre por favor, me está diciendo el Sr. Costas que con su voto en contra, también sería buena, que él no votase en contra de eso, o sea, el Colegio Oficial de A.T.S., no puede estar representado cuando se va a someter a votación, cuando se va a someter a juicio la incorporación de unas plazas de trabajo de 38 personas de ese Colegio, pero hombre por Dios. Sr. Presidente.- Tranquilo, señor. Sr. Mera. Sr. Mera Rodríguez.- Nosotros este tema que se ha llevado a la Comisión, hemos preguntado a los Técnicos que nos informaran en ese sentido y es perfectamente legal el proceder así por lo tanto hacemos nuestra propuesta, independientemente que a mí lo que me moleste es que el Sr. Nieto Figueroa está un poco irritado, pero yo se perfectamente que en Vigo proceden de una forma que él está diciendo, es decir, en Vigo no admiten, porque me consta ese dato, no admiten ustedes, y por favor sea coherente y diga lo mismo en el Ayuntamiento de Vigo que en la Diputación de Pontevedra, independientemente que en Vigo lo están haciendo bien porque es legal, pero por lo menos sea coherente, diga usted lo mismo allí, con que sea del equipo de gobierno y aquí la oposición pero la persona es la misma, que se llama usted D. Antonio Nieto Figueroa, y allí tiene una forma de proceder completamente distinta a la que tiene aquí, y quiero que eso conste en Acta. Sr. Presidente.- Tranquilo Sr. Nieto, le llegará su turno, le llegará su turno, ten a palabra o Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Si que a lexislación vixente en materia de selección de persoal sexa francamente defectuosa, non é o mellor dos argumentos posibles, eu creo que un Tribunal estea composto por membros do Grupo de Goberno e por Funcionarios que ocupan postos de traballo de libérrima designación, primeiro non é lóxico e segundo non é legal, e en terceiro lugar isto non é un problema de exercer funcións de goberno, o persoal que vai traballar aquí vai traballar para os cidadáns basicamente, e en segundo lugar debe presta-los seus servicios por igual estea quen estea no Goberno. Trátase de elixi-las persoas máis capaces, e desde logo unha das boas garantías que se poden introducir a ese respecto é romper no máis posible a endogamia, é dicir, non está nada mal, incluso está ben que haxa un representante do Colexio Oficial respectivo, e non está nada mal que haxa unha representación aínda que sexa simbólica e a efectos puramente de control do persoal que presta os seus servicios nesta Deputación e dos demais grupos que aquí participamos, ó non facelo así desde logo, da para pensar mal, pola súa parte, eu xa propuxen unha moción neste sentido para intentar resolvelo con carácter xeral e están vostedes obstinados nese asunto, vostedes saberán por qué. Sr. Presidente.- Sr. Nieto, brevemente por favor. Sr. Nieto Figueroa.- Pero hombre, pero hombre, yo soy coherente aquí, en Vigo, y si yo fuese Concejal de A Cañiza, usted no iba a gozar tanto como la goza, créame, usted no iba a gozar tanto como la goza, yo jamás, rechazaría en el Ayuntamiento de Vigo un propuesta como esta, yo pudiendo, jamás rechazaría en el Ayuntamiento de Vigo una propuesta como esta, de este volumen, y hay más, una como es ser Oposición en Vigo, en donde se duerme en mayor parte del número constante y permanentemente, y otra cosa es Oposición aquí, en la que por lo menos algunos tenemos mucho sueño pero nunca estamos dormidos, y yo me cuento entre ellos. No compare, hombre, no compare, deje la casita así y esto es sencillamente una vergüenza, vaya, una vergüenza, y si a mí en Vigo me ocurriese eso sería por despiste, y eso es también imposible, asesórele bien D. Carlos, Sr. Senador, ¿como está?, bien, ¿está feliz?. Sr. Presidente.- Eso es lo primero que tenía que haber hecho usted, felicitarlo, como Senador. Sr. Nieto Figueroa.- Yo estoy muy feliz de que el Sr. Mantilla, mi querido amigo Mantilla, sea Senador, hasta estoy feliz de que lo sea Santa Elvira, que como usted muy bien ha hecho, ha mandado callar a todos cuando ella hizo acto de presencia. Felicidades Dña. Elvira. Sr. presidente.l- Sr. Costas, non enredemos moito o asunto que é un tema, porque teñen vostedes un Pleno en Vigo e eu non creo que o Sr. Soto, espere. Sr. Costas Abreu.- Causa que lle temas que agradecer a perspicacia do Alcalde de Vigo, na última Comisión de Persoal do Concello de Vigo o Presidente chegou con hora e media de demora e o Sr. Leri, se durmirá el, e eu non me durmo nin aquí nin no Pleno de Vigo, e ademais fállalle bastante o olfato. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Costas. Elvira. Sra. Fernández Díaz.- No, nada Sr. Presidente. Sr. Presidente.- En primeiro lugar, a miña especialísima noraboa e sei que o corazón de Nieto Figueroa énchese de satisfacción. Sr. Fernández Díaz.- Moitas gracias, Sr. Presidente, era só porque me había aludido, e darlle as gracias, porque bo non era para menos, gracias Leri. Sr. Presidente.- Bien, está bien. No le concedo la palabra, Sr. Vicepresidente, no le concedo la palabra. Perdone usted pero no se la concedo, porque es mejor. Sometemos a votación este punto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Ben. Visto o recurso de reposición exposto por D. Carlos Fernández Gómez, en representación do Colexio Oficial de ATS-Diplomados en Enfermería, da provincia de Pontevedra, contra acordo plenario de 13 de agosto de 1989, que aprobou convocatoria -di o recorrente- e Bases para a selección de 38 ATS-Diplomados en Enfermería, con quen formalizar contrato laboral de duración indefinida; concretando, recórrese contra a Base IV da Convocatoria, pretendendo que no Tribunal de selección forme parte un representante de dito Colexio. Considerando que o recurso está exposto dentro do prazo legal dun mes, conforme co artigo 52 da Xurisdicción do Contencioso-Administrativo e concordantes da Lei de Procedemento Administrativo. Considerando que se ben non é exacta a afirmación do recorrente, en canto a data de aprobación de Convocatoria e Bases impugnadas se refire; xa que as mesmas foron sancionadas polo Pleno Corporativo len 13 de xullo de 1989 -non en agosto seguinte-. Que tampouco e exacto que, caso do persoal a contratar, se acudira ó Colexio de referencia para que designe un Vocal-representante no Tribunal, e só se veu facendo no caso de funcionarios de carreira, como impón para este último caso o R.D. 712/82, de 2 de abril. Non obstante todo isto, éntrase no fondo da cuestión exposta. Sendo así cabe rebater: que o Tribunal seleccionador está integrado conforme coa Normativa vixente para este caso de selección de persoal a contratar (contrato indefinido) segundo o R.D. 2223/84, de 19 de decembro nos seus artigos 11-1) e 28; non sendo de aplicación obrigatoria o R.D. 712/82, de 2 de abril. De acceder ó solicitado polo Colexio, por igualdade de trato tamén habería que incluír no Tribunal outros representantes; o que non parece oportuno nestes momentos, dado, ademais, a celeridade que se lle está imprimindo a este expediente -dentro da normativa vixente- para a cobertura destes postos de traballo de natureza laboral. O Pleno, co voto en contra do Sr. Costas Abreu (PSG-EG), e a abstención do Grupo Socialista e Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto), acorda non acceder ó solicitado, con desestimación do recurso. ------ Folla: 107,108 23.2550.- RECLAMACIÓNS PRESENTADAS POR VARIOS PROFESORES DA CIDADE INFANTIL "PRÍNCIPE FELIPE": CENTRO DE EXB CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL, PREESCOLAR E ESCOLA- FOGAR. INTERESANDO ABONO DA GRATIFICACIÓN QUE VIÑAN PERCIBINDO EN 31 DE DECEMBRO DE 1987. Sr. Presidente.- Ben este punto Sr. Costas, para evitar problemas como está pendente de contencioso administrativo, parece lóxico retiralo de momento da Orde do Día senón parece unha incongruencia. Retírase da Orde do Día por decisión Presidencial para mellor estudio, reclamacións presentadas por varios profesores da Cidade Infantil "Príncipe Felipe": Centro de E.X.B., Centro de Educación Especial, Preescolar e Escola-Fogar, interesando abono da gratificación que viñan percibindo en 31 de decembro de 1987. ------ Folla: 108,109 24.2551.- CONVOCATORIAS. BASES E PROGRAMAS. PARA PROVER CON FUNCIONARIOS DE CARRREIRA. PRAZAS VACANTES NO PLANTEL DE FUNCIONARIOS. Sr. Presidente.- Sr. Pena ten a palabra. Sr. Pena Viéitez.- Ben para fixa-la nosa postura de voto que vai ser contraria, igual que nos anteriores, polas mesmas razóns e por coherencia. Nada máis. Sr. Presidente.- Moi ben, pois sometemos a votación o dictame da Comisión. Quere fala-lo señor. Sometémolo a votación. ¿Votos en contra?. Quere falar Sr. Costas, pois pulse o botón, pulse, pulse, pois hai algún trasno por aí, non será o Sr. Nieto, pero a verdade é que... Sr. Costas Abreu.- Hora e media. Sr. Nieto Figueroa.- Home e non marchou, home por Deus. Sr. Costas Abreu.- Eu non me vou de ningún sitio. Sr. Presidente. Por favor, por favor. Sr. Costas Abreu. -Eu non me vou, nin me durmo en ningún sitio, eu ademais. Sr. Nieto Figueroa.- Terei que vixiarte, a ver. Sr. Costas Abreu.- Eu ademais das razóns anteriores teño algunha máis. Aparte da composición como lles diría eu, monocráticas, sen faltar, do Tribunal, pois resulta que se empeñan vostedes en mante-lo exame de galego de adorno deses, e iso é absolutamente contrario á Ordenanza de Normalización Lingüística que está en vigor, nesta Corporación, eu non sei se queren obrigarme a presentar máis recurso por segundo ó cadrado, mentres me durmo, claro, e aparte diso, o que non comprendo é como se poden sacar agora convocatorias á oferta pública de emprego correspondentes ó ano 1988, está un pouco pasada de rosca. Sr. Presidente.- De acordo, pecados veniais, Sr. Costas Abreu. Sometemos a votación o dictame da Comisión. Pecados veniais. Sr. Costas Abreu.- A repetición de pecados veniais, creo recordar que constitúe un grave pecado mortal, vostedes son redundantes e reiterativos. Sr. Presidente.- Non, depende de que tipo de pecados veniais. Bo deixémo-las historias así. Sr. Costas Abreu.- ...Non ten arranxo, ...propósito da emenda... a cousa non ten arranxo. Sr. Presidente.- Pensei que vostede era agnóstico e vexo que non. Sometemos a votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Aprobado por unanimidade. O Pleno acorda co voto en contra do Sr. Costas Abreu (PSG-EG), e a abstención do Grupo Socialista e Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto), prestar aprobación á Convocatoria, Bases e Programa, para prover con funcionarios de carreira, tres prazas de Fisioterapeutas, vacantes no Plantel de Funcionarios desta Excma. Deputación Provincial, dúas delas figuradas na "Oferta de Emprego Público 1988", e a terceira na "Oferta de Emprego Público 1989". As tres prazas citadas están integradas no Grupo B, do artigo 25 da Lei 30/84, de 2 de agosto, clasificadas na Escala de Administración Especial, Subescala Técnicos de Administración Especial, Clase Técnicos de Grado Medio, e denominación Fisioterapeutas, coas retribucións básicas que o devandito Grupo B corresponden, e retribucións complementarias asignadas ós respectivos postos de traballo, e que así constan no Presuposto Provincial 1989. Daráselle a esta Convocatoria a publicidade regulamentaria, nos idiomas galego e castelán. Así mesmo, préstase aprobación co mesmo quórum á Convocatoria, Bases e Programa, para prover con funcionarios de carreira, e mediante o sistema de Concurso-oposición libre, unha praza de Técnico Superior-Analista, vacante no Plantel de Funcionarios desta Deputación, e incluída na "Oferta de Emprego Público 1989". Está integrada no Grupo A, do artigo 25 da Lei 30/84, de 2 de agosto, clasificada na Escala de Administración Especial, Subescala Técnico de Administración Especial, Clase Técnico Superior e denominación Analista, coas retribucións básicas do devandito Grupo A, e complementarias asignadas ó posto de traballo de Xefe de Laboratorio co nivel de complemento de destino 24, e adscrito á Finca Provincial "Mouriscade", sen prexuízo de que poida ser destinado a outro Centro similar desta Deputación, segundo necesidades dos servicios ou reorganización dos mesmos. Daráselle á Convocatoria a publicidade regulamentaria, nos idiomas galego e castelán. Igualmente, resultando que, na "Ampliación de Oferta de Emprego Público para 1989", se fixo figurar unha praza de ATS-Diplomado en Enfermería, vacante no Plantel de Funcionarios, como resultante da recente xubilación por invalidez dunha funcionaria que estaba adscrita ó Hospital Xeral Provincial. Considerando a nova redacción dada ó artigo 22 da Lei 30/84, de 2 de agosto, por Lei 23/88, de 28 de xullo, de Modificación da Lei de Medidas para a Reforma da Función Pública, é posible que ó tratarse dunha soa vacante, esta se poida cubrir polo sistema de promoción interna, facilitando así a promoción a funcionarios de Escalas e Subescalas inferiores, que conten coa titulación adecuada e teñan unha antigüidade, ó menos, dous anos, na Escala, Subescala de que procedan. En base a todo isto, o Pleno da Corporación Provincial acorda igualmente co mesmo resultado da votación que no caso precedente, aproba-la Convocatoria, Bases e Programa, para cubrir con funcionario de carreira unha praza de ATS, provisión que se fai por concurso-oposición e mediante o sistema de promoción interna entre funcionarios de carreira desta Deputación, que reúnan os requisitos indicados anteriormente, e demais que regulan as Bases desta Convocatoria. A devandita praza está incluída no Grupo B, do artigo 25 da Lei 30/84, de 2 de agosto, e clasificada na Escala de Administración Especial, Subescala Técnicos de Administración Especial e Clase Técnicos de Grado Medio, coas retribucións básicas que a dito Grupo corresponden, e demais complementarias asignadas ó correspondente posto de traballo e figuradas no Presuposto Provincial. Daráselle á Convocatoria a publicidade regulamentaria, nos idiomas galego e castelán. ------ Folla: 109 25.2552.- TRANSFORMACIÓN DUNHA PRAZA DE AUXILIAR PUERICULTORA NOUTRA DE AUXILIAR DE ENFERMERÍA. Sr. Presidente.- ¿Algún voto en contra?. ¿Alguna abstención?. Grupo Socialista, sin el Sr. Nieto Figueroa, con el Sr. Nieto Figueroa, no, es que estaba usted así. Vale, vale. En consideración a que se produciu unha vacante de Auxiliar Puericultora no Hospital Provincial, vista a proposta que formula a Directora de Enfermería, a cal vén conformada polo Director Xerente e Presidente do Consello de Administración, tendo en conta o artigo 33-2-f da Lei 7/85, de 2 de abril, e demais normas concordantes, e con fundamento no artigo 126-2-a do Real Decreto Lexislativo 781/86, de 18 de abril, acórdase, coa abstención do Grupo Socialista e Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto), transformar a praza vacante de Auxiliar Puericultora nunha praza de Auxiliar de Clínica, encadrada no Grupo D, Escala de Administración Especial, Subescala Servicios Especiais, Clase Persoal de Oficios, conforme ó artigo 25 da Lei 30/84, de 2 de agosto, o que non implica incremento de gasto algún, por canto que ostentan os mesmos niveis e índices de proporcionalidade, debéndose ter en conta o presente acordo para a redacción do proxecto do Presuposto Provincial 1990. ------ Folla: 109,110 26.2553.- SOLICITUDE DE AXUDA ECONÓMICA QUE FORMULA SOGARPO. Sr. Presidente.- Este debe ser duro, ten a palabra. Sr. González Iglesias.- Imos ver, Sr. Presidente. Eu creo recordar que vostede creara unha Xunta de Portavoces un día. Sr. Presidente.- Si, é certo. Sr. González Iglesias.- Entón asuntos de tanta importancia como poden ser estes deberían pasar antes por Xuntas de Portavoces, deberían analizarse, deberían ó mellor facerse por vías de Convenio, porque como digo antes son asuntos de moita importancia para esta Provincia, para que non lle dixera o que lle vou dicir, deberían vir a un Pleno anterior, porque resulta que con este tema xa pagaron vostedes a foto electoral máis cara desta Provincia, trinta millóns de pesetas por unha foto do candidato ó Senado, o Sr. Mantilla. Sr. Presidente.- Pero é unha boa foto, hai que recoñecelo. Perdón, perdón, vostede non pode dicir que saíu guapísimo nunca, ten que dicilo o electorado e díxoo, iso é o máis importante, pero en todo caso se vostede considera imprescindible que volva, é certo que eu dixen iso, que en temas de importancia irían a Comisión, é dicir, ó Grupo de Portavoces, eu estaría disposto que volvera, pero eu creo que é mellor para outra ocasión. Acepto eu e asumo o meu incumprimento nese tema. Sr. González Iglesias.- E que evidentemente se volve se notaría máis aínda e xa se nota bastante que eran trinta millóns de pesetas, para unha foto electoral. Sr. Presidente.- Non, non, perdoa un momento, xa pasou a campaña electoral, agora podería volver. Sr. González Iglesias.- Me permite que lle diga outra cousa, cando a aprobación do Presuposto lle dixemos que este era un Presuposto para facer eleccións a golpe de talóns, acertabamos, o que pasa é que falabamos dunhas eleccións, agora foron dúas. Faltan unhas aínda. Sr. Presidente.- As eleccións, D. Emilio, xa pasaron e xa o pobo dixo o que quería, D. Felipe González volve a ser Presidente desta Nación. Sr. Mantilla Rodríguez.- Simplemente decir una cosa. D. Emilio tiene una pequeña tergiversación en los datos, mire, estaba previsto que la comunicación de la aprobación en Comisión de la concesión a fondo de la garantía de SOGARPO de los treinta millones de pesetas estuviese presidiéndola el Sr. Presidente, y en su ausencia el Sr. Barros, el Sr. Presidente, no pudo ir, y el Sr. Barros llegó un poco retrasado por eso me tuve que hacer yo cargo del tema sino yo no estaría allí. Sr. Presidente.- Muy bien. Quere falar outra vez. Sr. González Iglesias.- Non, digo que é normal as ausencias pola campaña electoral. Sr. Presidente.- Exactamente. Como vexo que sabe vostede moito disto, vou intentar consegui-lo seu asesoramento para as próximas autonómicas, a ver se son capaz. Ben, sometemos a votación o punto vintecinco. O punto vinteseis, perdón. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Sr. Costas Abreu. Aprobado por maioría. De conformidade co informe da Comisión de Industria e Turismo sobre solicitude de axuda económica que formula Sogarpo (Sociedade de Garantía Recíproca da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra e Ourense), como aportación ó fondo de garantía de dita Sociedade: O Pleno Provincial acorda co voto en contra do Grupo Socialista e Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto), e a abstención do Sr. Costas Abreu (PSG-EG): 1º.- Que con cargo ó Presuposto do presente exercicio se abone a Sogarpo a cantidade de DOUS MILLÓNS DE PESETAS (2.000.000) e que se inclúa dita cantidade no primeiro expediente de modificación de créditos. 2º.- Que se inclúa no Presuposto do próximo exercicio de 1990 con destino a Sogarpo a cantidade de VINTEOITO MILLÓNS CENTO SESENTA MIL PESETAS (28.160.000), para aboar QUINCE MILLÓNS (15.000.000), nunha primeira etapa, e o resto é dicir TRECE MILLÓNS CENTO SESENTA MIL PESETAS (13.160.000), nunha segunda etapa. ------ Folla: 110,111 27.2554.- COMUNICACIÓNS. - Concesión de subvenciones a equipos de futbol de 3ª división. Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario.- Hai unha relativa ás Resolucións Presidenciais do 22 do 9 ó 25 do 10 deste ano do 89; e hai unha comunicación tamén dunha Resolución Presidencial delegando no Sr. Vicepresidente, a firma de determinados contratos sobre suministros. Sr. Presidente.- ¿Algunha moción de urxencia?. Sr. Secretario.- Si, hai, hai unha Moción de Urxencia do Sr. Nieto Figueroa. Hai que votar primeiro a urxencia e despois estudia-la Moción. Sr. Presidente.- Moción de Urxencia do Sr. Nieto Figueroa. Sr. Secretario.- Conceder a los equipos de tercera división de nuestra provincia una subvención de dos millones quinientas mil pesetas, cantidad idéntica otorgada al Club Lalín de Fútbol. Sr. Presidente.- Ten a palabra. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, he observado en una Comisión de Gobierno de las que ustedes desarrollan y a la que no me han permitido acceso, nosotros, y ya que alguien ha hablado de Vigo, hemos invitado a la Corporación a formar parte de la Comisión Municipal de Gobierno y se ha negado porque hay que trabajar y yo que quiero trabajar aquí ustedes no me dejan. Es que como relacionaba con la Comisión de Gobierno en la que yo no estuve presente porque ustedes no me dejaron y en la cual se concedieron dos millones y medio de pesetas al equipo de su villa, su pueblo. Sr. Presidente.~ Sr. Nieto, céntrese por favor. Sr. Nieto Figueroa.- si es que estoy centrándome. En una Comisión de Gobierno ustedes concedieron dos millones y medio de pesetas más al Club Lalín y yo solicito que esa misma cantidad se entregue a todos 10 equipos de tercera división de la Provincia, sencillamente creo que por justificar, fíjese que no le pido para el Celta, porque le he pedido una vez y hasta los vigueses han votado en contra, algunos, claro, de manera que no voy a incidir, nunca se sabe, ya veremos a ver cuando hable de la capitalidad que dicen algunos, pero ya veremos a ver, de la capital de Vigo, claro, Provincia. Entonces yo solicito este asunto de que a los demás equipos a los equipos de tercera división se les entregue esa misma cantidad. Sr. Presidente.- Yo entiendo su solidaridad, que siempre está patente en sus intervenciones, pero usted hace un planteamiento erróneo de base y no es un error de trascripción, es que usted siendo un hombre tan enterado de deporte y que ha ejercido en esa área muchas veces se confunda. El Lalín es un equipo de segunda división. Sr. Nieto Figueroa.- ¿Y quien le ha dicho a usted lo contrario?. Sr. Presidente.- Nadie me lo ha dicho. Sr. Nieto Figueroa.- El Lalín es de segunda división B, tercera división. Léase la moción otra vez. Sr. Presidente.- Sr. Nieto, Sr.Nieto. Sr. Nieto Figueroa.- A ver, dígame usted Sr. Presidente. Sr. Presidente.- El tema de la tercera división que el año pasado se hizo un Convenio con todos los equipos de tercera división. Siéntese por favor. Se hizo un Convenio con todos los equipos de tercera división, se estudiará en su momento. Este es un tema de segunda división y le puedo decir que para los equipos de segunda división de esta provincia, caso Arousa, caso Pontevedra, existen compromisos mayores, por lo menos compromisos, verbales y morales vamos a ver si se pueden cumplir, yo espero que si, mayores que dos millones y medio, en estos días, tanto con el Club Pontevedra, creo que es un compromiso de cinco millones, y con el Club Arousa, pues una ayuda importante para la instalación eléctrica, de alumbrado quiero decir, que se resolverán, no hay diríamos, agravios, ahora bien, Lalín también existe en el mapa. Sr. Nieto Figueroa.- Vótese por favor, Presidente. Sr. Presidente.- Entonces en vista de eso vamos a votar la urgencia primero. Sr. Nieto Figueroa.- No hay otra solución, yo sé perder, no se preocupe, que no pasa nada, estoy acostumbrado, vótese la urgencia ya sé que voy a perder, pero no hay problema ninguno, a mí me gusta estar en primera fila, en la guerra constante, no se va a ganar siempre. Sr. Presidente.- Sometemos a votación a urxencia da Moción do Sr. Nieto Figueroa. ¿Votos a favor da urxencia?. Ben queda rexeitada. Por tanto non hai lugar a debate desta Moción. Rexéitase por conseguinte, por maioría, a urxencia da Moción presentada polo Sr. Nieto Figueroa sobre Axuda ós Equipos de Terceira División da Provincia, pois votan só a favor o Grupo Socialista, Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto) e Sr. Costas Abreu (PSG-EG). ------ Folla: 111,113 28.2555.- ROGOS E PREGUNTAS. Sr. Presidente.- Sr. González. Sr. González Iglesias.- Sr. Presidente, nunha Xunta de Portavoces habíamos quedado. Sr. Presidente.- Vostede recórdame sempre o de Portavoces. Sr. González Iglesias.- E iso que non o son. Habíamos quedado, en que no tema de Cangas, da Contribución, que se ía estudia-la fórmula de anticipo ó Concello para que os problemas de Tesourería non apareceran, se quedou alí que se lle pediría un dictame ós Técnicos e o tema está como estaba, quería se o Presidente me vai a responder, ese dictame o ten vostede, que pensa facer con ese dictame. Sr. Presidente.- O dictame é negativo, eu creo que o sabe o Sr. Pena, está en Depositaría por certo, eu o único que digo, que se se pode adoptar unha decisión política co dictame en contra e están de acordo os Sres. Deputados en facelo, asumindo a conseguinte responsabilidade en que poidan incorrer eu ó mellor voto a favor, pero o dictame é negativo sabeo o Sr. Pena, que conste que estoulle falando con sinceridade, e o que está por decidir é se unha decisión política, valga a redundancia, podía sacar isto para diante, pero non se lle pode enganar ós Sres. Deputados en canto a que poidan incorrer en importantes responsabilidades, pero ben eu non teño inconveniente en que nos sentemos tódolos Deputados hoxe mesmo, nunha sala de xuntas fóra de aquí, que o expliquen os técnicos e o que queira, é dicir, o que estea disposto a asumi-lo hipotético risco de entrar en responsabilidades, non sei se penais ou administrativas, traelo o día 9 ó Pleno, eu ó mellor o voto a favor, pero en todo caso hai que explicarllo á xente, ós compañeiros. Sr. González Iglesias.- De tódolos xeitos se nos pode facilitar unha copia do dictame, agradeceriámosllo. Sr. Presidente.- Si, si por suposto. Sr. Secretario.- Hai unha do Sr. Nieto Figueroa, mellor dito dúas, que din o seguinte: primero, resultado de las conversaciones realizadas con la Comunidad de Vecinos de la Isla de Toralla encaminadas a conseguir que todos los ciudadanos puedan utilizar el puente para acceder organizadamente a dicha isla viguesa. Participo a usted que en el Pleno ordinario a desarrollar en el día de hoy formularé verbalmente y entre otras las preguntas relacionadas con los siguientes asuntos: 1.- Resultado de las conversaciones... Sr. Presidente.- Respuesta Sr. Mera, la respuesta es que sigue negociando con los de Toralla. Sr. Nieto Figueroa.- Es que he dicho ahí por escrito, que iba a hacer las preguntas verbalmente. Sr. Presidente.- Pues hágalas verbalmente. Sr. Nieto Figueroa.- Es que pone ahí, pone ahí. Así me entero yo, y quien está obligado a responder según la ley de Régimen Local es el Presidente, a mí la conversación con una persona que no se preocupa de las responsabilidades que efectivamente deposita en él el resto de los Diputados no me sirve absolutamente para nada. Sr. Presidente.- Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- El Presidente me sirve porque está obligado a contestar. Sr. Presidente.- Sr. Nieto Figueroa, conozco perfectamente mis obligaciones, yo sé contestarle aquí, en Vigo y por escrito. Sr. Nieto Figueroa.- Por eso yo quiero que me conteste usted, no me traiga un parapeto que no me sirve para nada de nada. Sr. Presidente.- Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- Sigo, hay alguna novedad con relación a las gestiones que se le encomendaron a un Diputado para que los ciudadanos puedan acceder a la isla de Toralla organizadamente a través del puente. Sr. Presidente.- Respuesta del Presidente. El Presidente que había delegado este asunto en el Sr. Vicepresidente, le pregunta al Sr. Vicepresidente cuáles son las gestiones, el resultado de las gestiones, el Sr. Vicepresidente le contesta al Presidente que sigue estudiando el tema y el Presidente le contesta al Sr. Nieto Figueroa que se sigue estudiando el asunto. Sr. Nieto Figueroa.- Justo, correcto, cúmplase así la Ley. Sr. Presidente.- Si eso le satisface, yo no tengo inconveniente, lo que pasa es que mire usted, yo cada día me doy más cuenta de que hay que ser muy concreto, muy directo y diríamos, las florituras, no estoy hablando de nadie, hablo de mí si cabe en la campaña electoral, como eso ya ha acabado, ahora tenemos que ir muy directos a los temas. Bien eso no quiere decir que el Sr. Vicepresidente no me tenga que responder a mí de esa gestión y luego yo lo haré con usted. Sr. Nieto Figueroa.- Y que me dice usted. Sr. Presidente.- Yo le digo todo lo que le dije ratificando lo que tiene que decir el Sr. Mera cuando investigue. Sr. Nieto Figueroa.- Me dice lo que le dijo él, o sea que no hizo nada. Sr. Presidente.- No, no, no, nada que a usted le complazca de momento pero suficiente para abrir un camino. Sr. Nieto Figueroa.- Pregunte usted a los demás si han entendido algo. Sr. Mera Rodríguez.- Sr. Nieto Figueroa, yo independientemente que estoy gestionando ese tema le quiero decir que las gestiones no son tan malas cuando el Partido Popular ha arrasado al Partido. Sr. Presidente.- Sr. Nieto, segunda pregunta. Sr. Nieto Figueroa.- Segunda, quiero saber si efectivamente hay alguna contestación con relación a un escrito presentado en el mes de junio sobre qué Ayuntamientos en base al capítulo menos de 20.000 habitantes se han llevado dinero que no le correspondía desde el año 1984. Hay alguna contestación oficial, todavía no hay. Sr. Presidente.- La tendrá. Sr. Nieto Figueroa.- La tendré. Me puedo marchar a un Pleno la ciudad más importante de Galicia. Sr. Presidente.- Se puede marchar, y cuídela que le hace mucha falta a usted me refiero. Sr. Nieto Figueroa.- Yo me cuido no se preocupe. Sr. Presidente.- Ben parece que hai outra pregunta. Sr. Secretario.- Hai outras que formula o Deputado Provincial Sr. Costas Abreu, pero eu non entendo moi ben a súa letra, a súa escritura. Sr. Costas Abreu.- Non se preocupe que llas leo eu. A primeira é en relación coa aprobación neste ano do regulamento dos Servicios de Saúde Mental da Deputación, aprobación que implica a apertura dun proceso electoral para constituí-los novos órganos previstos neste regulamento e pola información da que dispoño houbo diversos problemas, o boicoteo por parte de diversos sectores do Centro e en definitiva o que pregunto é que problemas se están dando concretamente, cales son as súas causas e que medidas se tomaron para resolvelos. Sr. Presidente.- Ben este é un tema que está levando como vostede sabe o Deputado Sr. Mantilla e estamos en negociación, a dúas bandas, médicos e persoal de alí. E un tema que está nunha situación un tanto delicada pero que esperemos que salga adiante. Neste momento calquera resposta sería absolutamente gratuíta. Sr. Costas Abreu.- En todo caso están vostedes obrigados a contestarme no próximo Pleno. Sr. Presidente.- Si, si eu non lle descarto isto, ademais o que lle digo neste momento, terá vostede a resposta. Sr. Costas Abreu.- Segunda, no mes de maio de 1987, esta Deputación firmou un Convenio coa Consellería da Presidencia, e a compañía de Radio Televisión de Galicia, para mellora-la cobertura das emisións da televisión galega no territorio da Provincia, e nese Convenio contemplábase a instalación de varios postes reemisores, un deles en concreto no Concello de Arbo, máis ou menos nas mesmas datas que se firmou o Convenio os veciños do lugar indicado cederon gratuitamente os seus terreos, posteriormente fíxose a pista de acceso que era outra das obrigas ó lugar onde se ía instala-lo reemisor, e o certo é que pasados dous anos e medio nin se instalou reemisor nin nada polo estilo, quero saber porque se incumpriu este Convenio e cando se vai instalar ese poste. Sr. Presidente.- Razóns técnicas, xa lle anticipo, pero daráselle información por escrito. A resposta exacta. Sr. Costas Abreu.- Espero coñecer esas razóns técnicas. Terceira, entre os asuntos que veñen a este Pleno ven un curioso escrito en medio dun expediente que non sei se pararían a mirar, en concreto un escrito do Administrador Xeral da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" do 7 de marzo de 1988, que nos di o seguinte: ante la urgencia de cubrir una plaza de becario, en la Residencia de Alumnos Mayores tras la presentación de dos mujeres a la convocatoria pública, propoñen que se adxudique directamente a un home, e as miñas preguntas son as seguintes: se as mulleres non son consideradas persoas con Plenos dereitos nesta Deputación, se as persoas acollidas na Residencia de Alumnos Maiores desta Deputación teñen vedado o trato con persoas humanas do sexo feminino e se a falta dunha explicación razoable diferente do que se desprende deste escrito, esta Deputación e o seu Presidente admiten prácticas de discriminación por razóns de sexo, expresamente prohibidas pola Constitución, e pola lóxica máis elemental. Sr. Presidente.- Tódalas respostas deste Presidente son negativas, outra cousa é que este tema habería que analizalo. Sr. Costas Abreu.- Isto sería unha falta disciplinaria moi grave. Sr. Presidente.- Ben, as respostas son todas negativas como é natural, pero si me comprometo a analizar este asunto. Sr. Costas Abreu.- E voulle a facer dúas máis, no último Pleno desta Deputación eu presentei con bastante antelación unha moción sobre a cuestión dos incendios forestais e as medidas desta Deputación para afrontar este tema, o Presidente en funcións naquel momento, o Sr. Mera, dixo que se ía tratar esta cuestión nun Pleno extraordinario, inmediato, esa foi a argumentación para non trata lo alí, sen embargo, non se fixo nada. Me gustaría saber cando se vai tratar esta moción, e algunhas outras que teño por aí pendentes, desde hai meses e meses, e anos e anos, igualmente tamén lle preguntaría cando se van poñer en marcha os acordos adoptados por esta Deputación con respecto á Comarcalización do servicio de extinción de incendios e que pasou co acordo que tomamos en xeral sobre a Comarcalización de Servicios desta Deputación, e por último quixera preguntarlles, cando se van dignar vostedes a cumpri-las numerosas, reiteradas e de diversas instancias, sentencias recaídas, en relación cos conflictos co persoal do Centro de Formación Profesional de "Príncipe Felipe", co que vostedes pretendían negar ter relación e sen embargo os Tribunais non só admiten esta relación senón que ademais teñen fixado contías salariais e de todo tipo, e sen embargo non se aplicou ningunha destas sentencias. Sr. Mera Rodríguez.- Bo, eu, por delegación do Presidente, para que quede claro, vou contestar algunhas preguntas, é dicir, para que non haxa erro. No tema dos incendios, o outro día o Sr. Costas sabe que estivemos o Sr. Barros e eu no despacho con vostede, concretamente o Sr. Barros que é o Presidente da Comisión de Agricultura e quedamos de falar este tema, efectivamente, eu creo que non cumprimos efectivamente no que vostede di no prazo, pero estamos negociando e ternos vontade de chegar a un acordo. Vostede sabe perfectamente que isto é así. Creo que a resposta, quere dicir que imos intentar, pois, levar a súa Moción, por suposto, ó Pleno e cando a traiamos ó Pleno que teña un certo contido para que efectivamente se tome un acordo coherente, é dicir, vostede sabe que iso é así, que non estamos aquí negando nada. No tema de, outra pregunta, perdón, a da Cidade Infantil. Tema do Padroado de Formación Profesional, eu non son o Deputado Delegado que é o Sr. Mantilla, pero si, coma eu son o Vicepresidente da Xunta Educativa, porque hai un Convenio sabe vostede entre a Consellería de Educación e a Cidade Infantil, aínda que este Convenio é dunha forma unilateral. A Consellería de Educación está facendo o que lle da a gana. Pero independentemente de que esta postura ultimamente está sendo así, na última reunión que estivo o Delegado de Educación, pois, alí, manifestou dalgunha forma cando se elixiu o novo Director de F.P., que a proposta da Consellería, perdón a proposta, que quen o nomea é a Consellería, tamén é un certo conflicto porque o Profesorado de alí non o quería, pero quen o nomea é a Delegación, nunca a Deputación, pois alí dixo dalgunha forma que a Consellería estaba disposta a estudiar este tema para darlle unha solución e entón estamos esperando a que efectivamente, pois, ter unha reunión coa Consellería cando eles queiran para darlle unha solución definitiva ó Profesorado. O que non ten sentido neste momento é que unha Deputación como a nosa que non ten competencias, como é lóxico, en Educación pois estea sostendo un Padroado, o que ten que soste-lo Padroado é a Consellería de Educación que é a que ten a obrigación legal. Entón iso é o que estamos intentando resolver. Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Mera. Do resto das preguntas terá vostede resposta por escrito, pero en todo caso, na Comarcalización, en particular, creo que valería a pena, estou falando da Comarcalización, de servicios concretos, como é o de extinción de incendios, que valería a pena chegar a un acordo co Goberno Galego. Creo que valería a pena ese último intento e ese último esforzo, sexa cal sexa, eu non me meto cal vai ser. Gracias, levantámo-la sesión. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinarán os asistentes comigo, o Secretario que dou fe. Cúmpranse os precedentes acordos. ------
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Mancomunidade do Condado (Tema)