Fondos
1989-11-28_Ordinaria. Acta de sesión 1989/11/28_Ordinaria
Acta de sesión 1989/11/28_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.17.713/1.1989-11-28_Ordinaria
Título Acta de sesión 1989/11/28_Ordinaria
Data(s) 1989-11-28 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 146 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 28 de Novembro de 1989 No Salón de Sesións da Excma. Deputación provincial de Pontevedra, sendo as dez horas do día vinteoito de novembro de mil novecentos oitenta e nove, baixo a Presidencia do Sr. Vicepresidente D. César Xosé Mera Rodríguez, reuníronse os Sres. Deputados, D. José Ramón Abal Varela, D. Adolfo Abalo Ríos, D. Xosé Manuel Barros González, D. José Castro Álvarez, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Xesús Manuel Costas Abreu, D. Avelino Fernández Alonso, Dna. Elvira Fernández Díaz, D. Manuel Freire Lino, D. José Manuel Gallego Lomba, D. Justo José González Ballesita, D. Emilio González Iglesias, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. Manuel Lamazares Pardo, D. José Manuel Losada Millán, D. Carlos Mantilla Rodríguez, D. Juan Francisco Martínez-Herrera Escribano, D. Diego Murillo Carrasco, D. Antonio Nieto Figueroa, D. Lois Pena Viéitez, D. José Manuel Pérez Alarcón, D. Antonio Pillado Montero, D. Modesto Valverde Soto e D. Gilberto Benito Vila Salgueiro, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, de acordo coa correspondente Orde do Día. A efecto de votacións faise constar que a Corporación está formada por vintesete Deputados de feito e de dereito, incluído o Presidente. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Antonio Castro López, e está presente o Sr. Interventor de Fondos Provinciais, D. Víctor Soto Bello. Non asisten o Ilmo. Sr. Presidente, D. Xosé Cuiña Crespo, nin o Sr. Deputado D. Fernando Garrido Valenzuela. Como incidencias faise notar que se foron cando se trataba o asunto vintecatro, D. Manuel Ramón Conde Romero e D. Xosé Manuel Losada Millán. Tamén neste punto apréciase a ausencia de D. José Castro Álvarez. Declarada aberta a sesión e de orde da presidencia éntrase seguidamente no exame da Orde do Día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.2562.- ACTAS ANTERIORES. Sr. Presidente.- ...Antes de nada disculpar al Presidente titular de la Corporación por tener que asistir a grabar en Santiago de Compostela con motivo de la campaña electoral que lo han citado esta mañana. Dicho esto vamos a entrar en el Orden del Día. Primer punto. Acta anterior. ¿Alguna intervención?. Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Si na Acta do Pleno do 9 de novembro, na páxina 97 eu votei en contra e me poñen como abstención. Xa o apuntei na Acta por si acaso. Sr. Secretario.- Ben como esto non afecta ó acordo para nada corríxese e pónselle en contra. Sr. Presidente.- ¿Alguna intervención más?. Se aprueba por unanimidad. O Pleno acorda, por unanimidade, aproba-los borradores das Actas das anteriores sesións, ordinaria, do día 31 de outubro e extraordinaria de 9 de novembro, de 1989. ------ Folla: 146 2.2563.- TOMA DE POSESIÓN DO NOVO SR. DEPUTADO. Sr. Presidente.- Punto segundo del Orden del Día. Toma de posesión del nuevo Diputado. Por favor acérquese. Va a prestar juramento o promesa el futuro Diputado provincial. Sr. González Ballesta.- Xuro pola miña conciencia e honor cumprir fielmente as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como Norma fundamental do Estado. Sr. Presidente.- Bueno vamos a imponer los atributos de Diputado Provincial, la medalla corporativa. Enhorabuena. Yo creo que en nombre de la Corporación queremos dar la bienvenida a nuestro compañero de Diputación, D. Justo Ballesta, lamentar de que acceda a este cargo en sustitución de un antiguo compañero, imborrable compañero para algunos de nosotros, como ha sido Ligero, es decir, la circunstancia no es la propicia pero la vida y la política es así. Muchas gracias. ------ Folla: 146,147 3.2564.- PROPOSTA DE SOLICITUDES PRESENTADAS PARA O PROGRAMA DE INVERSIÓNS DO V CENTENARIO DA UNIDADE DE ESPAÑA EXERCICIO-1990. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención neste tema?. Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Simplemente para pedir que me dean por abstido neste tema polo menos non vin aquí para face-lo papel de membro dun negociado do Ministerio en Pontevedra. Sr. Presidente.- Non entendín, pode repetir. Sr. Costas Abreu.- Para manifesta-la miña máis absoluta abstención neste tema, eu creo que o papel desta Deputación non é facer de negociado ministerial en Pontevedra, recolle-los papeis de aquí e mandalos para outro lado. Máis nada. Sr. Presidente.- De acordo, moitas gracias. ¿Algunha intervención máis? Vamos a votar neste punto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Sr. Costas Abreu. Os demais votamos a favor. Aprobado por maioría. Vista as solicitudes presentadas polos Concellos desta provincia, que figuran na relación anexa, interesando subvención para O Programa de Inversións Culturais do V Centenario da Unidade de España-Exercicio 1990, o Pleno de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cultura e Benestar Social, acorda coa abstención do Sr. Costas Abreu (PSG-EG), a súa aprobación definitiva. Subvención Concello Obra Presuposto solicitada BAIONA Rehabilitación Casa Con- Sistorial 78.143.426 26.047.809 BUEU Mellora e equipamento do Arquivo do Concello 1.907.990 -.-.-. A GUARDA Museo do Mar -.-.-. 10.000.000 MEAÑO Ampliación Casa Cultural de Dena (2ª fase) 2.281 .822 -.-.-. MORAÑA Rehabilitación de local cultural de Buelo 3.639.938 1.213.313 PONTEVEDRA Reforma do Conservatorio Municipal de Música 108.545.497 35.820.014 REDONDELA Centro-Cultural Audito- Río 12.985.009 3.985.009 SALCEDA DE CASELAS Rehabilitación da antiga Casa Cuartel para acondi- cionamento como Bibliote- teca Pública, Museo e Ca- SA Cultura 15.526.640 5.000.000 SILLEDA Antiga Escola Escuadro 7.760.276 -.-.-. TUI Rehabilitación para Cen- tro Cultural Municipal 50.000.000 -.-.-. VILANOVA DE AROUSA Acondicionamento de edi- ficio Escola do Campo de Pau para Museo da Dorna -.-.-. -.-.-. ------ Folla: 147 4.2565.- PROPOSTA DO XURADO CALIFICADOR DO PREMIO "OTERO PEDRAYO 1989", CONCEDENDO O MESMO. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. ¿Algún voto en contra?. Perdón, Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Nada, era simplemente, ás veces deixamos pasar este s asuntos como cuestións de trámite e eu quixera e supoño que no nome de todos facer consta-la miña felicitación e supoño que a de todos para a labor que levou adiante o Instituto da Lingua Galega, pola súa seriedade e o seu rigor e tamén facer constar que calquera das propostas para a obtención deste premio sería ben merecente do recoñecemento por parte desta Deputación e de todo o país, desde Francisco Fernández del Riego ata Xosé Luis Méndez Ferrín pasando por Rof Carballo, Carballo Calero e tódalas persoas propostas, e penso que non estaría de máis dicilo así. Máis nada, gracias. Sr. Presidente.- Bo, este é un trámite que xa se tratou na Comisión unicamente que alguén queira intervir, entón dicir, os medios de comunicación mesmo, creo que xa o saben, concédese ó Instituto da. Lingua Galega porque tamén pode ser non só unha persoa física senón pode ser unha Entidade, neste caso o Xurado outórgalle o premio ó Instituto da Lingua Galega. ¿Algún voto en contra?. ¿Algunha abstención?. Aprobado por unanimidade. Vista a proposta formulada polo Xurado Calificador do Premio "Otero Pedrayo 1989", acordando por unanimidade outorga-lo referido Premio ó Instituto da Lingua Galega, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cultura e Benestar Social, acorda por unanimidade aceptar nos seus propios termos a Acta correspondente e aprobar definitivamente a devandita proposta. ------ Folla: 147,149 5.2566.- RECOÑECEMENTO DE CRÉDITO PARA ATENCIÓN DE GASTOS DE CARÁCTER SANITARIO E DE ORDE RETRIBUTIVO. Sr. Presidente.- Sr. González. Sr. González Iglesias.- Sí, bueno, vamos a ver, aquí vienen dos cosas mezcladas, por una parte obtener consignación para pagarle desplazamientos y horas extras a una persona que está, a una ATS que está haciendo un trabajo en el consultorio de Pontecesures, este es un tema que ustedes se han sacado de la manga y le están pagando ustedes no se sabe de qué forma, hasta ahora con Resoluciones Presidenciales, concretamente el mes de octubre cobraba 73.200 pts. con una Resolución Presidencial, aquí como se le ha acabado el dinero entonces tienen que insuflarle dinero para seguirle pagando, lo que nos parece extraño es que si esta persona hace 64 horas ustedes tengan que pagarle 60 porque pasa del máximo autorizado por el Pleno y que lo esté haciendo en horas extras, es decir, si ustedes, aunque nosotros creemos que no se debe hacer pero si ustedes creen que tienen que colocar una persona en Pontecesures creen un puesto de trabajo y háganlo dentro de una jornada normal, esto nos parece una absoluta chapuza. Otro de los temas que van se corresponde a reintegros de asistencias sanitarias de varios funcionarios del año 88, algunos han entrado aquí en enero del 89, nos parece absurdo que vengan en el mes de noviembre, hubo modificaciones de crédito, hubo antes otras fórmulas, cien mil fórmulas para meterlas, nos parece que el mes de noviembre de 1989 no es el mes lógico ni natural para meterlo. Vamos a votar en contra evidentemente. Sr. Presidente.- Muchas gracias. Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Si para explica-lo meu voto nos dous temas que veñen aquí, empezando polo final, polos menos importantes, que aparte do exposto polo compañeiro que falou antes resulta francamente incomprensible que esta Deputación manteña como sistema de cobertura sanitaria ó seu persoal, un contrato cunha empresa privada sae máis caro que manter un concerto como Seguridade Social e que ademais non mellora en nada á Seguridade Social en canto ós elementos de cobertura, é dicir que a Odontoloxía e a Oftalmoloxía están igualmente non cubertas se temos que estar traendo aquí periodicamente estes pagos, polo mesmo prezo ou máis barato tiñamos un sistema de cobertura público como é lóxico nunha Institución pública como é esta, e con respecto á cuestión de Pontecesures, que non Pontecesures como aparece no expediente, unha falta de ortografía sen máis, pois sen ter absolutamente nada persoal contra esa persoa nin nada polo estilo, ocorre que ese é un acordo manifestamente ilegal o que vostedes tomaron e se queren solicito un informe de Secretaría pero aquí se incumpren abertamente os artigos 71 e 183 do Texto Refundido de Réxime Local que lle impiden a esta Corporación pagar gastos que lle corresponden a outra Administración, neste caso á administración sanitaria, ben sexa ó INSALUD ou a Xunta de Galicia e aparte da cuestión legal pois eu creo que así non se resolven os problemas, o sistema non é que cando unha administración non cumpre vai a outra correndo a facerlle a competencia ou a face-lo favor, senón obrigar ás Administracións a cumpri-las súas funcións, como as Actas das Comisións son moi curiosas xa o dixen moitas veces, están feitas antes de que votemos, xa saben vostedes que todo vai saír adiante pois non se recolle a proposta que eu fixen en Comisión de que cando menos se pagan esto que lle pidan o reintegro deses cartos que gasta esta Deputación á Administración responsable de cubrir ese servicio, se fixeran as Actas despois de face-la Comisión igual aparecía a emenda que ademais me parece que aceptaban vostedes. Sr. Presidente.- De acordo. Muchas gracias. Efectivamente o Sr. Costas ten razón, esa emenda propúxoa na Comisión e foi aceptada por nós. O que lle teño que dicir neste caso é o seguinte, de que nun momento determinado debido a que o Concello de Pontecesures abandonado pola Administración Central, en canto a un servicio fundamental, como é un servicio de ATS, é dicir, de Axudante Sanitario, perdón de Enfermería, nese caso concreto solicita de Deputación que durante un período deter- minado se lle envíe unha persoa para suplir ese tipo de traballo, entón a Deputación, cunha das funcións da Deputación da propia Lei de Réxime Local interpretándoa nun sentido positivo, no sentido aberto, contempla a colaboración cos Municipios, o que pasa é que esa interpretación pode, algúns grupos políticos poden darlle un alcance, uns podemos darlle outro, pois nun momento determinado o Presidente da Deputación enviou a esta persoa, en canto ás críticas estas puntuais, que nos tan sobre si temos que algún recoñecemento de crédito implícito, por suposto rexeitámolas de plano posto que non son atribuíbles á Corporación senón que hai unha serie de funcionarios que presentan unha serie de facturas de gastos que non nos poden presentar nun momento determinado posto que foi despois de haber aprobado o Presuposto, incluso durante o exercicio vixente, entón nese caso concreto temos que dicir que si esas críticas que nos poden facer, pois cremos que estamos nun bo camiño. Sr. González. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver Sr. Presidente en funcións, por pouco tempo en funcións, vamos, despois será Presidente efectivo me imaxino. Vamos a ver. primeiro tema, hai unha cousa que cae de caixón, e é que se unha Administración fai un mapa sanitario e fai uns determinados centros, pode tocar no Concello de Pontecesures, ou pode tocar no de Valga, que foi este caso concreto, e entón se queda o Concello de Pontecesures, bo, pois sen esa asistencia, iso me parece que debeu ocorrer en varios Concellos desta Provincia, entón vostedes van de verdade a face-lo mesmo en todos eses Concellos, supoño que non porque estarían cubrindo unhas, vamos facendo unha serie de cousas que non son competencias desta Deputación. Segundo tema que eu lle dicía, se van a seguir facendo creen o posto de traballo, pero o que é absurdo é que lle estean pagando a unha persoa por horas extras e desprazamentos, que é o epígrafe co que se lle está pagando, entón decidan, van a seguir facéndoo, pois creen o posto de traballo. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Si, eu creo que o asunto está claro centrándonos no primeiro punto, no servicio sanitario, desde logo nada lle impedía Ó Concello de Pontecesures ben crea-lo propio servicio, ben propoñer un sistema de colaboración entre as Administracións interesadas ou o que tose, eu xa lles adianto que votaría a favor de facer unha exposición xeral para tódolos Concellos da Provincia de que a Deputación colaborara no reforzamento da cobertura sanitaria para tódolos cidadáns nos núcleos grandes onde non haxa un C:entro de Saúde público. O que ocorre é que o que está expresamente prohibido con moita lóxica para evitar actuacións espontáneas, asilvestradas como esta é que as Corporacións Locais costeen servicios do Estado ou das Comunidades Autónomas, salvo as fórmulas de colaboración voluntaria e a prestación dos mesmos e esas fórmulas teñen que instrumentarse necesariamente por un Convenio ou por un Consorcio, sen embargo o que fan vostedes é saírse da lóxica da igualdade para tódolos casos semellantes e facerlle un favor ó Concello de Pontecesures ou o seu Alcalde, e ese non é sistema, iso é estragar recursos públicos. Máis nada. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Ben vamos a votar que a emenda do Sr. Costas que foi aceptada na Comisión é que efectivamente non queda recollida na Acta da Comisión, é dicir, de recadar do Instituto Nacional da Saúde este tipo de gastos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Aprobase por maioría. Visto-los escritos da Sra. Directora de Enfermería, Sr. Di- rector Xerente e Sr. Presidente do Consello de Administración do Hospital Xeral Provincial, que promoven o abono de gratificación por traballos realizados fóra da xornada normal á ATS Dona Araceli Diéguez Montes, no Consultorio Sanitario de Pontecesures, así como gastos de desprazamento en coche propio de dita funcionaria desde Pontevedra ó termo municipal citado; gastos que se contraen ós meses de novembro e decembro de 1988, que aparecen declarados pola propia interesada, e conformados pola Doutora do devandito Consultorio Sanitario, así como do Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Pontecesures, o Pleno da Corporación Provincial acorda co voto en contra do Sr. Costas Abreu (PSG-EG), e a abstención do Grupo Socialista e Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto), aproba-lo gasto de CENTO OITENTA E NOVE MIL DUASCENTAS CINCUENTA PESETAS (189.250), a favor de Dona Araceli Diéguez Montes, en concepto de gratificación por traballos realizados fóra da xornada normal no Consultorio Médico de Pontecesures, e indemnización por gastos de desprazamento de Pontevedra ó citado posto, durante os meses de novembro e decembro de 1988; á súa vez, o Pleno "recoñece crédito" pola indicada suma, e a favor da citada funcionaria, ATS desta Excma. Deputación, con traslado deste acordo á Intervención de Fondos para que o crédito recoñecido se teña en conta no Presuposto 1990, e firme que sexa, para o seu abono á interesada. O gasto total discrimínase así: - CENTO TRINTA E SEIS MIL OITOCENTAS NOVENTA PESETAS (136.890) por gratificación e traballos fóra da xornada normal, durante os expresados meses. - CINCUENTA E DÚAS MIL TRESCENTAS SESENTA PESETAS (52.360) polos quilómetros percorridos, tamén durante os dous citados meses. Recadárase do Instituto Nacional da Saúde o reintegro deste tipo de gastos. Visto-los expedientes tramitados para reintegro de gastos sanitarios, considerados os informes incorporados ós mesmos e en atención de que se trata de gastos cobrados en exercicios pechados, acórdase co mesmo quórum, recoñecer crédito para a atención dos mesmos, sen necesidade de habilitarse ou suplementarse crédito algún, posto que existe consignación presupostaria na partida 182.52111-A do vixente Presuposto Ordinario, por importe de TRESCENTAS CINCUENTA E OITO MIL CATROCENTAS PESETAS (358.400), cantidade que se aproba e declara de abono a favor das seguintes persoas relacionadas e na contía que igualmente se expresa. Silva González, Manuel 27.300 pts. Cabezas Comesaña, Aquilino 28.800 pts. Freire Carragal, Eulogio 38.500 pts. Núñez Romero, Manuel 37.600 pts. Crespo González, Elisa 14.700 pts. Rodríguez García, Mª Beatriz 5.000 pts. Míguez Soto, Flor 3.600 pts. González Doce, Ángeles 33.600 pts. Areas Souto, Estrella 31.200 pts. Domínguez Acuña, Mª Olga 21.000 pts. Diz Gutiérrez, Purificación 2.800 pts. Soliño Souto, Josefa 48.000 pts. Carrera Puentes, Artemio 22.400 pts. Lagos Gallego, Sebastián 18.900 pts. Rodríguez Rodríguez, Carmen 5.000 pts. Nesta Rosende, Rosa 5.000 pts. Martínez Fernández, Isabel 5.000 pts. IMPORTE TOTAL 358.400 pts. =================================================== ------ Folla: 149,150 6.2567.- CONTRATACIÓN DE PERSOAL SANITARIO PARA O HOSPITAL PROVINCIAL (EDIFICIO CONSULTAS EXTERNAS) E CREACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO NO CADRO LABORAL PARA 1990. (Continua en el libro 17.716) Sr. Presidente.- Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, yo no sé si ustedes se habrán fijado, a la fuerza yo creo que todos, no, en esa escena de televisión gallega en que anda una bombilla que nos rompe a todos la cabeza, enchufa, desenchufa, saca, pone, yo creo que es incluso una llamada de atención constante y permanente para que los políticos se olviden de ese sistema del enchufe, comprende, creo que lo hacen por eso y está bien hecho además, aunque no es nada agradable la escena, de verdad, dalle que alí, enchufa que saca, tal como quedó prácticamente patente en la Comisión, Sr. Presidente, casi, casi se dijo allí esto iba a ser un contrato total, absolutamente digital, absolutamente digital, seguro que no lo va a desmentir además y yo no juego a eso, en toda mi carrera política más o menos jamás una persona ha sido enchufada en ningún departamento, o en ningún espacio político en el que yo haya estado, entonces yo desde luego no. Sr. Presidente.- Muchas gracias, Sr. Nieto. Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Si, Sr. Presidente, sen que eu teña participación ningunha na decisión nin sequera información e creo que en información polo menos debería ter, pois se decide que é necesario crear un Servicio de Consultas Externas no Hospital Provincial. Moi ben, se fai un novo edificio, ademais separado de todo o complexo do Hospital Provincial, moi ben, e logo chega a segunda parte, é dicir, os gastos que se xeran da toma desa decisión, e en concreto hai que contratar a dez persoas, por un custe para esta Deputación de 15 millóns ó ano, de entrada e para o primeiro ano, e o máis curioso é que no escrito do Xerente do Hospital Provincial, na única proposta que aquí hai, se nos di que isto é un procedemento sumarísimo sic, unha cita textual, debemos de estar en estado de excepción, hai un paragrafo final que é aberrante, é para recomendarlle ó home ese que siga un mínimo cursiño de xestión en materia de administración, di que a xente que se meta aí é para ver, pero que se lles gustan xa os fan fixos directamente. Non hai ningún proxecto do novo Servicio nin ningún estudio de custes, cousa que teñen que facer necesariamente cando se crea un novo Servicio e senón que lle asesore o Secretario e o Sr. Interventor, non se establecen os mecanismos e as bases de selección dese persoal e ademais non se podería contratar a esa xente porque non existen esas prazas no cadro de persoal desta Deputación. Eu non sei se a vostedes lles parece un bo sistema de xestión en xeral e de xestión de persoal desta Deputación o que están a facer, se fora un caso illado, aínda sería compresible pero como veremos ó longo deste Pleno como este caso veñen varios, eu creo que non é un sistema racional xa llo dixen na Comisión, efectivamente cando se crea un Servicio novo, se é necesario crealo o que hai que facer é traer xa todo o estudio do Servicio o que vai custar, como imos intentar recuperar eses cartos porque neste caso non é unha competencia propia da Deputación, etc., se non nos vamos a meter nunha lea, por unha parte se está intentando reordena-las cuestións de persoal nesta Deputación e por outra parte se están abrindo novos buracos, e ó final esto vai a ser un cacao ingobernable, máis nada e gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. González. Sr. González Iglesias.- Si, eu querería que o Presidente me contestase a unha pregunta e despois quería seguir intervindo, a pregunta é, ¿esta xente se vai a meter a dedo tal como dixo vostede na Comisión?. Sr. Presidente.- Non, non se vai a meter a dedo. Respondida a pregunta, siga a intervención. Sr. González Iglesias.- Entón non entendo os prazos, a min non me dan, porque vostedes din que bo, van a saca-lo tema no BOP, e van a dar un prazo de cinco días, hoxe é día 28 vén a Pleno e tamén din que queren telos desde primeiro de decembro, a min non me saen as contas, me saen máis ben que os contratan a dedo, é o que me sae. Sr. Presidente.- Garantizado que no va a ser así. Sobre este tema quisiera decir lo siguiente, es decir, como saben ustedes en el presente ejercicio la Diputación Provincial y el Instituto Nacional de la Salud firmaron un nuevo Convenio en ampliación del anterior, y sobre todo se ha llegado a lo que es la sectorización, es decir, que en este momento el Hospital Provincial está asumiendo una parte de la población de la provincia de Pontevedra en cuanto a su atención total como Instituto, perdón, como Hospital de la Seguridad Social, entonces en ese sentido paulatinamente fueron entrando parte de ese colectivo, es decir, primeramente entró aproximadamente un 20%, en septiembre entró otro porcentaje y ahora ya entra prácticamente la totalidad, de ahí que debido precisamente a ese incremento de personal, perdón, del colectivo a atender, sea necesario, pues que haya más personal para poder atender a ese sector de población, las plazas que solicita el Gerente del Hospital son 3 ATS, 6 Auxiliares de Clínica y 1 Portero, el sistema de selección se va a publicar en el Boletín Oficial .../... (continúa el acuerdo en el libro siguiente, LIBRO 17.716) ------ Folla: 1,2 .../... (continuación del registro anterior; LIBRO 13.098) 6.2567.- de la Provincia, se va a dar un plazo de cinco días debido a la urgencia del tema, y se contratará de acuerdo con los méritos y capacidad de cada uno. Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Vou a agarrarme a unha palabra súa, se mo permite, para intentar convencelo de que non é certa, se me permite o exercicio de esgrima dialéctica, di vostede que garantindo que non vai ser así, que non se vai seleccionar a dedo, garantindo non pode dicilo, pode pedirnos que creamos en base a súa honesta palabra que non vai ser así, pero garantindo non está, é porque non está garantindo, primeiro porque o problema dos procedementos sumarísimos o que pode ocorrer é que primeiro se mate ó acusado e que despois o absolvamos, un dos riscos dos procedementos sumarísimos, pero centrándonos máis no asunto e saíndonos dos chistes, resulta que unha competencia indelegable deste Pleno é a aprobación das bases de selección de todo o persoal desta Deputación, como aquí non hai bases de selección o que nos pide vostede é un acto de fe pero aquí non hai ningunha garantía, pode ser que necesitemos 3 ATS especializados e non sei que, ou non especializados, pero eso se non hai bases non se sabe, non se sabe, ó final os riscos aquí son enormes, xa prescindindo das posibles desviacións de poder, que poden face-lo que queiran o non haber bases, pero é que non hai ningunha garantía na selección dese persoal porque non hai as máis mínimas bases, bo vostedes publican o anuncio no Boletín, moi ben, e que lles piden, se aquí non hai nada aprobado, non hai nada aprobado para esixirlle, que lles costa traer unhas bases ó mesmo tempo que fan isto e determinando cales son os méritos, se pode facer por concurso de méritos, sen exames, determinen os méritos, así polo menos a xente que se presenta sabe a que aterse, se ten máis méritos que os outros entra, pero é que se non hai bases, ¿que temos garantido?. Nada. Sr. Presidente.- De acordo. Sr. González, por favor. Sr. González Iglesias.- Si vamos a ver Presidente, se vostedes din nesa convocatoria que lle van a dar cinco días de prazo e que queren contar coa xente desde o 1 de decembro, sigo dicíndolle que a min non me dan as contas. Sr. Presidente.- Si, tiene razón. Sr. González Iglesias.- Ben, despois hai outro tema que é porque veñen estas cousas, tarde, mal e con demora, e é o seguinte, desde a dimisión do Deputado que levaba o Consello de Administración, que presidía o Consello de Administración non volveu a haber Consellos de Administración no Hospital, e evidentemente unha Institución na que hai, que ten un presuposto de máis de 2.700 millóns de pesetas, non pode estar sen celebrar Consellos de Administración ou si está, pasa o que está pasando agora, que veñen as cousas mal, tarde, arrastro e sen pés nin cabeza, claro. Sr. Presidente.- La explicación es la siguiente. No estaba previsto de que este sector de población entrase quizás en diciembre pero eso no es una cuestión de la Diputación, es decir, se habían hecho una serie de obras, incluso el propio Instituto Nacional de la Salud admitía la posibilidad de que no entrase en vigor el Convenio en cuanto al cien por cien en la población, nosotros haciendo un esfuerzo en ese sentido y para poder atender el déficit hospitalario que existe en nuestra Provincia hemos querido colaborar, entonces en ese sentido haya quizás algunas prisas y no coincidan a usted los días, tiene razón, es decir, en vez de empezar a trabajar el día primero pues quizás empiecen a trabajar el día tres ó día cuatro, eso sí es cierto, pero el retraso va a ser mínimo, ojalá todos los atrasos fueran esos. Vamos a votar. ¿Votos en contra?. ¿Abstenciones?. Se aprueba por mayoría. Autorízase co voto en contra do Grupo Socialista, Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto), e Sr. Costas Abreu (PSG-EG), a contratación laboral eventual de 3 ATS-Diplomados en Enfermería; 6 Auxiliares de Clínica e 1 porteiro, para o novo Servicio de Consultas Externas do Hospital Provincial, contratación que se estende ata que os postos de traballo do "cadro laboral" do persoal con contrato indeterminado non sexan provistos, previa selección de dito persoal mediante o concurso-oposición correspondente. O persoal laboral eventual, para cubri-los servicios indicados ata tanto non se seleccione o persoal na forma sinalada, formalizaráselle o contrato, previa oferta pública por prazo de 5 días no Boletín Oficial da Provincia, segundo o sistema que se vén levando a cabo en casos similares. Do acordo darase traslado á Intervención de Fondos Provinciais para que no Presuposto Provincial 1990 se teña en conta estes postos de traballo do "cadro laboral" con contrato indefinido. Todo elo conforme ó artigo 33.2-f) da Lei 7/85, de 2 de abril, Estatuto dos Traballadores e R.D.L. 781/86, de 18 de abril. ------ Folla: 2,3 7.2568.- PRÓRROGAS DE CONTRATOS LABORAIS. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver, isto trátase da prórroga de dúas persoas que en teoría deberían estar adscritas ó Servicio de Recadación, digo en teoría porque o ano pasado se contrataron tamén por urxencia, cun informe do Tesoureiro, onde dicía que o entrar en vigor os Convenios de Recadación cos Concellos lle facían falta dúas persoas máis, pero sorpresa se contratan as dúas persoas e unha delas pasa do Servicio de Recadación a Servicios Sociais, entón agora curiosamente tamén volven a pedir a prórroga, volve a dicirse, que o Servicio de Recadación está coxo, pero esa outra persoa segue en Servicios Sociais, e ademais di so hai falta de previsión total, total, desde o ano pasado se está cobrando a contribución nos Concellos, os Convenios firmados xa o ano pasado, con tódolos Concellos da Provincia e entón no se pode vir agora a estas alturas, dicindo bo que é un tema de urxencia, e que hai que prorroga-los contratos, etc. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, esto es otra charanga, aquí no escapa usted por parte alguna, ya prácticamente lo fundamental lo dijo el compañero pero es que como quedamos, es que en principio metieron a uno de más porque era algún amiguete, porque es posible con lo que recauda esta Diputación Provincial que sobren cobradores, es casi increíble, claro que normalmente aquí el dinero cae del cielo, lo que he dicho tantas veces, ustedes lo pasan bomba, no necesitan imponer impuestos porque esta vaquita da toda la leche precisa para toda la Provincia, pero aquí no hay salida, o ustedes contrataron a uno de más, en principio algún amiguete, y ahora pues tienen un compromiso tremendo, sobra en ese espacio y hay que pasarlo a las cosas sociales y sabe Dios donde lo pondrán después, no cabe duda ninguna que sobra, claro que llevará algún apellido ilustre de algún Diputado actual. Nada más. Sr. Presidente.- No lleva apellidos de ningún Ilustre Diputado. Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Pois eu dicía antes que o problema do punto 6 é que logo van varios do mesmo, do sistema sumarísimo, claro, e as garantías que de el se derivan. Eu non son partidario dos estados de excepción nin dos procedementos excepcionais senón do funcionamento racional e medianamente planificado da Administración e claro é incomprensible. Por unha cuestión urxente e sumarísima e por unha Resolución Presidencial en maio contratan a dúas persoas para un servicio determinado e ademais ó ser un contrato laboral eventual tiña que ser precisamente para ese servicio porque era imprescindible e necesario para atender ás obrigas derivadas do convenio entre a Deputación e os Concellos para recada-los Tributos Locais, e nada máis contratar esas dúas persoas unha vai para outro sitio, co cal temos que chegar á seguinte conclusión, ou non era necesaria aí ou sendo necesaria vai haber que contratar unha terceira. Non caben máis saídas posibles en termos lóxicos. Bo, pois nada, siga a cousa igual e agora nos propoñen a prórroga outra vez das dúas persoas estando unha no sitio no que tiña que estar e outra noutro sitio sen haber prazas no cadro de persoal laboral para contratar a esta xente nin nada polo estilo. Eu volvo a insistir, non sei se vostedes creen que este é un bo sistema de facer un ha política de persoal, a min me parece horrible. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Bo eu quixera dicir neste sentido que efectivamente as dúas persoas ás que alude o Sr. González e máis o Sr. Nieto e vostede mesmo pois eran para o Servicio de Recadación, pero nun momento determinado, pois, fixo falta unha destas persoas que atendera ó Servicio de Asistencia Social, non foi un tema puntual que agora esta persoa volve a reintegrarse ó servicio de Recadación pero unha das cousas que teñen que ter en conta vostedes é que os funcionarios da Deputación son funcionarios da Institución non dun Servicio concreto, que nun momento determinado un Auxiliar pode estar nun sitio ou pode estar noutro. Iso en xeral. Pero aparte o que si xa lle expliquei o outro día na Comisión que se vai a facer unha remodelación total do que vai a se-lo Servicio de Contribución, e incluso o Servicio de Xestión Directa que ata agora está levando o Estado Central e que a partir do ano 1990, finais do 91, principios do 92, pois o levará a Deputación Provincial. Entón xa o outro día no CPAM, no Centro Provincial de Asesoramento a Municipios, fíxose un estudio sobre ese tema, aprobado por unanimidade, entón está encargado o Xerente de facer unha remodelación importante para que o Servicio de Contribución e de Xestión e Recadación sexa o máis áxil posible, é dicir, o único que están criticando vostedes é que nun momento determinado un funcionario que estaba na Recadación pois pasou por necesidades do Servicio, pasou a Asistencia Social. Nós asumimos esa crítica pois iso é unha cousa normal que pasa en calquera Concello ou en calquera Institución. Esa xente efectivamente é necesaria e a proba delo é que vamos incluso ampliar ese servicio porque agora saben vostedes que a maior parte dos Concellos están delegando en que a Deputación lle cobre practicamente todo o que son as taxas, prezos públicos, etc. Sr. González. Sr. González Iglesias.- Si, mire Sr. Presidente incide nunha situación. Se vostede recorda o convenio Concellos-Deputación, mediante ese convenio a Deputación non lle fai ningún favor ós Concellos, e cobra unhas cantidades, cobra o 5% por gastos de cobros e aparte que cobra os intereses das operacións de Tesourería, é dicir, favor ningún, pero claro resulta que nese 5% probablemente, vaia unha persoa que se contratou para Servicio de Recadación e que estea facendo Servicios Sociais na Deputación, é dicir, non son cartos da Deputación cos que se está pagando a estas persoas, son con cartos dos Concellos. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Si, brevisimamente para intentar aclara-los temas. Se vostedes acreditan ou xustifican cousa da que polo menos ata o momento non foron capaces, que das dúas persoas para as que lle pediron autorización a este Pleno, como é preceptivo, para contratar urxentísimas e imprescindibles para un Servicio unha sobra e ademais noutro Servicio é urxentísimo e imprescindible ou máis urxentísimo e máis imprescindible destinar unha desas persoas. Probablemente nós non estariamos criticando, o que pasa é que vostedes non teñen unha xustificación racional para isto. E en todo caso debe vostede saber que unha cousa é un funcionario desta Deputación e outra cousa é unha persoa contratada para unha función determinada e estamos no segundo caso, non no primeiro. No primeiro caso si que hai unha mobilidade dentro dos diversos postos de traballo desta Administración. No caso dun contrato para unhas funcións específicas non hai tal. Sr. Presidente.- De acordo, moitas gracias. Vamos a votar. ¿Votos en contra?. Sr. Secretario.- Grupo Socialista e Sr. Lage. Sr. Presidente.- ¿Abstenciones?. Sr. Costas Abreu. Sr. Secretario.- Sr. Costas. Sr. Presidente.- Los demás votamos a favor. Aprobado por maioría. Visto o expediente tramitado a tal fin, e no que obran informes da Intervención de Fondos Provinciais e da Sección de Persoal de 14 de novembro de 1989, acórdase co voto en contra do Grupo Socialista, Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto), e Sr. Costas Abreu (PSG-EG), prorrogar por prazo dun ano os contratos laborais eventuais formalizados coas Auxiliares Administrativos Dona Lourdes Pardo Ponte e Dona Mª José Lago López, isto é, a prórroga corresponde a todo o Exercicio 1990 e nos termos expresados nos respectivos contratos e acordo corporativo sobre mellora de retribucións a persoal laboral e interino. ------ Folla: 3,5 8.2569.- RECLAMACIÓN DE FUNCIONARIOS PROVINCIAIS SOBRE RETRIBUCIÓNS COMPLEMENTARIAS. Sr. Presidente.- Intervenciones Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Si, en primeiro lugar nestes asuntos gustaríame non só ve-lo informe da representación do persoal, senón que se empezara a aplica-lo Convenio ese, aínda que fora a título de rodaxe mentres non se publica e aí está prevista a regularización de situacións atípicas e aquí veñen bastantes situacións atípicas e entón se se pasara digamos pola... Sr. Presidente.- Perdón. Antes de nada quero dicirlle que o Comité de Persoal está a favor de te tipo de propostas. Siga vostede. Sr. Costas Abreu.- Non o sei, como comprenderá. Sr. Presidente.- Dígollo eu e creo que me pode crer, vamos. Despois falamos co Presidente de Comité de Persoal. Sr. Costas Abreu.- Estupendo. De tódolos xeitos sigue en pé a miña segunda proposta é que como hai unha Comisión Paritaria prevista no Convenio para resolver estes temas e ir fixando criterios xerais, insisto en que creo que debe empezarse a facer xa para resolver cos mesmos criterios situacións semellantes ou diferentes. Bo, o caso é que aquí veñen seis casos e vou aproveitar para fixa-la miña posición en relación con cada un. O primeiro, o dos cinco Porteiros, o dos cinco Operarios de Edificacións do Hospital Provincial non supoñen ningún problema pola pura aplicación do principio de que a igual función igual retribución. O segundo, ten certas cuestións estrañas por detrás, en todo caso estrañas porque non hai suficiente información no expediente. Aí non sabemos se a suspensión de funcións dun funcionario por expediente disciplinario foi provisional ou definitiva, sendo provisional non sabemos se esa suspensión provisional estaba xustificada, e desde logo eu volvo a insistir en que pola parte do Hospital Provincial hai un superficial e enorme despiste por parte do Xerente, non sei como pode dicir que esa substitución se fixo por concurso de méritos. Para que se fixera por concurso de méritos tiña que ter feito a convocatoria este Pleno. Non hai tal cousa e eu realmente cada vez entendo menos certos escritos que veñen de cargos de responsabilidade desta Deputación nos expedientes. Me parece que non dominan as cuestións máis elementais para exerce-lo seu traballo con certas garantías. Polo tanto, a miña posición é de abstención. En relación co terceiro punto, a miña posición é favorable a que se lles conceda, ademais o dictame da Comisión que con elo entendo que se favorece ou se fomenta a preparación e a promoción do persoal. En relación co cuarto tema, creo que nin sequera tiña que vir aquí. Que é unha pura aplicación dun acordo plenario e podían facelas vostedes directamente. En relación co quinto punto eu xa non entendo nada. O meu voto vai ser contrario á desestimación que traen. Se as persoas que reclaman din que realmente as funcións que fan non son de Limpadoras senón de Veladores e a Dirección do Centro di que isto é así eu entendo que procedía abonarlles unha diferencia de función ou en todo caso estudia-lo tema con calma e sen embargo o desestiman sen máis explicación. E, en relación co último punto, pois xa nos rimos, eu creo que por impotencia un pouco na Comisión, porque realmente as miñas capacidades mentais son bastante limitadas, eu non acabo de comprender moi ben as diferencias entre os Porteiros, os Porteiros-Vixiantes e os Axudantes de Cerimonial. Creo que con isto o único que poden conseguir é tolearnos a todos. Realmente non hai tales diferencias, o que pasa é que nesta Deputación mantense unha selva de categorías e subcategorías extra e antilegais. Polo tanto vou votar en contra deste último punto. Me da o mesmo que recollan na Acta o sentido da votación en cada caso ou que as votemos por separado. Total van aproba-las igual. Sr. Presidente.- Bo, moitas gracias. ¿Algunha intervención máis?. Eu neste tema o de Operarios de Limpeza da Cidade Infantil, é dicir, porque neste punto, no nº 8, efectivamente, veñen unha serie de casos moi particulares e moi diversos entre si. O dos Operarios de Limpeza da Cidade Infantil vou a retiralo para poder estudialo mellor porque nós aquí o que nos acollemos foi có informe xurídico que temos é contrario, é dicir, non lle da a razón. Pero de todas formas desde o punto de vista de o traballo que están realizando quizais eu moralmente creo que teñen razón. Xuridicamente non lla dan, faremos un estudio posterior haber se é posible axudar a esta xente porque efectivamente están facendo unha función distinta á que foron contratadas, é dicir, que a función orixinal neste caso. Con respecto, por exemplo, ó que dicía vostede do Xefe de Lavandería no Hospital Provincial teño que dicirlle que nun momento determinado, este Señor fíxoselle un expediente e houbo unha persoa que o estivo substituíndo temporalmente e como estaba facendo unha función tamén distinta da que el tiña asignada, pois, entón o que se lle da é un complemento específico por un ha soa vez. Isto eu quero aclaralo para que vostede o saiba. E dicir, non sei se efectivamente desde o punto de vista estrictamente legal podía ter algún matiz, a nós os técnicos infórmannos que é totalmente legal. Vostede sabe perfectamente o informe que emitiu o outro día o Xefe de Persoal, entón eu vou a votar en conxunto todo o tema coas matizacións que dixo vostede e o Secretario xa recolleu antes en Acta. Pero se quere facer algunha intervención pode. Sr. Costas Abreu.- Si, eu atreveríame a suxerirlle que se retire o punto, quinto punto, retira o sexto tamén e os miramos con coidado, e votaría a favor do resto, pero creo que o sexto é bastante similar ó quinto. Sr. Presidente.- ¿O sexto é o de Porteiros Vixiantes? Hai efectivamente, tamén son cuestións de matiz segundo as funcións que fai un Porteiro e un Porteiro-Vixiante aínda que pertenzan ó mesmo Grupo de Subalternos a nós dinnos polos servicios técnicos que son diferentes e que non teñen razón, non é xa o caso das Operarias de Limpeza da Cidade Infantil que están facendo unha función distinta, eu o punto sexto non o vou a retirar. Vamos a votar tendo en conta as circunstancias que vostede dixo fai un momento. ¿Votos en contra?. Non, é dicir, Sr. Costas Abreu, vamos a votar globalmente pero o Secretario no seu caso concreto xa tomou nota punto por punto onde vostede se abstiña e onde vostede votaba en contra, pero o resto dos Deputados non se manifestou, entón a votación é nese sentido, é dicir, que vostede non fai falta que vote xa porque xa dalgunha forma cando vostede estaba intervindo xa estaba explicando a súa votación. Moitas gracias. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Sr. Nieto Figueroa, abstención y el Sr. Costas Abreu en cada caso concreto ya explicó antes el tema. Los demás votamos a favor. Sr. Secretario.- El Sr. Costas Abreu dice afirmativamente al primero, abstención en el segundo, afirmativamente al tercero, afirmativamente al cuarto, en contra al quinto y en contra al sexto. Sr. Presidente.- El quinto se retiró. Sr. Secretario.- Efectivamente está retirado el quinto. Sr. Presidente.- Vale, gracias. Coa abstención do Sr. Nieto Figueroa (Grupo Socialista), acórdase asignar un complemento específico por perigosidade por importe de TRINTA E CATRO MIL SESENTA E OITO PESETAS (34.068) anuais ós postos de traballo da Unidade de Vivenda e Benestar Comunitario seguintes: - Mestre Conservador, ó que está adscrito D. Lino Fraguas Freijeiro. - Albanel, ó que está adscrito D. Manuel Leiro Oubiña. - Carpinteiro, ó que está adscrito D. Manuel Calvo Casalderrey. - Electricista, ó que está adscrito D. José Manuel Pérez Matos. - Xardineiro Varredor, ó que está adscrito D. Dionisio Calvarro Sánchez. Os efectos deste acordo: 1 de xaneiro de 1989. Resultando que, ben por baixas de enfermidade, como por descanso anual, como por suspensión de funcións, previa tramitación de expediente disciplinario, o Xefe de Lavandería do Hospital Provincial, D. José Luis Gómez Sueiro, estivo inactivo no seu posto de traballo desde o 1º de maio ó 20 de outubro do ano en curso (en realidade, 6 meses). De feito, e ó ser cargo único, atendeu as funcións de Xefe de Lavandería, o Oficial da mesma denominación, D. Salvador Calviño Gómez. Considerando todo o anterior, e normas de pertinente aplicación a este caso, o Pleno da Corporación Provincial acorda coa abstención do Sr. Nieto Figueroa (Grupo Socialista) e Sr. Costas Abreu (PSG-EG), aprobar e declarar de abono, por unha soa vez, ó Oficial de Lavandería Sr. Calviño Gómez, a cantidade de CINCUENTA E NOVE MIL SEISCENTAS VINTEOITO PESETAS (59.628), en concepto de "complemento específico por responsabilidade", ás que se engaden CATORCE MIL CENTO CORENTA E OITO PESETAS (14.148) por "complemento de destino", e liquidando así as súas maiores retribucións polo tempo que prestou servicios, de feito, como Xefe de Lavandería. A petición das interesadas, Auxiliares de Clínica e adscritas ó Hospital Xeral Provincial como funcionarias de carreira; quen acreditan titulación de "Técnicos Especialistas de F.P. de 2º Grado", e que na actualidade prestan servicios de tal clase no Hospital Xeral Provincial, como asevera a Directora de Enfermería; o Pleno da Corporación Provincial acorda coa abstención do Sr. Nieto Figueroa (Grupo Socialista), aprobar e declarar de abono ás sete (7) Auxiliares de Clínica que a continuación se relacionan, con carácter transitorio e mentres realicen funcións como tales especialistas (F.P. 2), o complemento específico de especial preparación técnica, por importe anual, a cada unha delas, de CENTO SESENTA E TRES MIL CINCOCENTAS TRINTA E SEIS PESETAS (163.536), con efectos de 1º de xaneiro do ano en curso para as cinco seguintes: Dona Lucila Vidal González; Dona María Elena Pazos García; Dona Elba Benito Ureta; Dona María del Carmen Esperón Fernández e Dona Luisa Varela Viéitez. A Dona María Ferro Aboy, acredítanselle SESENTA E UNHA MIL TRESCENTAS VINTESEIS PESETAS (61.326), por unha soa vez, e por "atrasos" de 1º de xaneiro a 15 de maio do ano en curso. A Dona María Celestina Otero Vidal, este complemento acreditaráselle desde 1º de xullo do ano en curso. Vísta-las reclamacións expostas por Dona Esther Gómez Allende, Dona Rosa Grela Barral e D. Pedro Silva Novoa, funcionarios provinciais adscritos á Cidade Infantil "Príncipe Felipe", con base en acordos plenarios de 29 de abril de 1988, e de 28 de febreiro de 1989, e como consecuencia dos efectos da revisión de complementos adoptada por este Pleno Corporativo o día 19 de xullo do presente ano, en consideración ÓS fins perseguidos cos acordos referenciados, e tendo en conta os informes incorporados a este expediente, acórdase coa abstención do Sr. Nieto Figueroa (Grupo Socialista), aprobar e declarar de abono con cargo á partida 121.53311-A a favor dos reclamantes a cantidade de VINTETRÉS MIL SEISCENTAS PESETAS (23.600) a cada unha das Operarias, Dona Esther Gómez Allende e Dona Rosa Grela Barral, e a cantidade de CORENTA E SETE MIL CENTO SETENTA PESETAS (47.170) a favor de D. Pedro Silva Novoa, como diferencias retributivas por maior función e referidas ó período 1 de xaneiro a 31 de outubro de 1989. Vista a reclamación exposta por D. Aquilino Cabezas Comesaña, Porteiro-Subalterno de Administración Xeral, en orde a que lle sexa revisado o nivel de complemento de destino que lle foi asignado (nivel 13) e que tralos estudios e trámites pertinentes, se lle concede a asignación do nivel de complemento de destino 14, por agravio con outros funcionarios do indicado centro que realicen funcións afíns, en atención o diverso encadramento en Escalas diferentes do persoal comparado, e con fundamento nos artigos 169-d) do RDL 781/86, de 18 de abril, e artigo 3º do Regulamento do Corpo Xeral Subalterno da Administración Civil do Estado, determinantes das funcións que se lle encomendan ó reclamante, e en consideración a que non existen diferencias retributivas notables entre o persoal sinalado no agravio comparativo, coa abstención do Sr. Nieto Figueroa (Grupo Socialista) e co voto en contra do Sr. Costas Abreu (PSG-EG), acórdase a desestimación da reclamación en tódolos seus termos. Retírase da Orde do Día, reclamación efectuada por funcionarias da Cidade Infantil "Príncipe Felipe", sobre retribucións complementarias, por agravio comparativo. ------ Folla: 5,7 9.2570.- CONVOCATORIA, BASES E PROGRAMA PARA PROVER CON FUNCIONARIOS DE CARREIRA PRAZAS VACANTES NO PLANTEL DE FUNCIONARIOS. Sr. Presidente.- Sr. González. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver Presidente es increíble, bueno lo que pasa que ya todo lo que pasa en esta Diputación ya todo se puede creer. Que una parte de la oferta de empleo público del año 89 se traiga a Pleno en estos momentos, a finales de noviembre cuando por imperativo legal tenía que ser antes del mes de octubre, parece como un poco absurdo si además continuamos con que, como siempre, esto ya es sistemático, no hay presencia de la oposición en el Tribunal, no hay presencia de la Junta de Personal y las Bases como siempre, o sea, ustedes teledirigen bien. Votamos en contra. Sr. Presidente.- Yo creo que ustedes han acabado su dialéctica política puesto que los argumentos son siempre los mismos, en el sentido de que dicen en las oposiciones, valga la redundancia, la Oposición no está presente y no va a estar presente efectivamente puesto que a nosotros la Ley no nos obliga y consideramos que los Tribunales son lo suficientemente heterogéneos y bien representados como para que las pruebas sean suficientemente claras y en el supuesto de que no sean así ahí están los Tribunales de Justicia para poder intervenir en su caso. Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Si, o que pasa é que o principio de legalidade non supón que os prexudicados teñan que ir ós Tribunais, senón que supón que a Administración ten que cumpri-la Lei. Son dous enfoques diferentes, non. Sr. Presidente.- Perdone un momento, nosotros estamos cumpliendo la Ley. Otra cosa es que ustedes quieran modificarla y quieran estar presentes, que nos parece bien que quieran estar presentes, lo que pasa que a nosotros no nos parece tan bien. Sr. Costas Abreu.- Estupendo, pois entón vamos ver se cumpren a Lei ou non desde o meu modesto punto de vista. Pase que os Tribunais sexan monocráticos como sempre, ou sexa, monocores, ben, xa llo digo, iso é un problema en última instancia de garantías e de estética, non. Vostedes verán se o que se selecciona é persoal para servir á Administración Provincial goberne quen goberne, eu creo que loxicamente sería coherente que houbera unha representación plural nese Tribunal se vostedes entenden aplican unha lóxica cortijera, pois, loxicamente deben estar vostedes sós no Tribunal porque isto é un quiosquiño seu e polo tanto vostedes escollen. Parten, reparten e quédanse coa mellor parte. Estupendo, non pasa nada. Pero é que resulta que ademais o primeiro exame que se expón neste concurso oposición adoece dunha indeterminación brutal. Non se sabe se o exame vai ser un test, unha relación de preguntas escritas, orais, ou o que sexa, a cláusula é tan manifesta xenérica que eu son unha persoa que non teño choio e quero presentarme a este traballo e non sei como vai se-lo Tribunal, non teño nin a máis remota idea, e ademais non teño ningunha garantía de que os temas que me vaian caer no primeiro exame sexan extraídos ó azar como é normal tamén para te-las máximas garantías de respecto ós principios constitucionais de selección de persoal, eso no que toca ó primeiro exame. E no que oca á fase de concurso, creo que xa a cousa ten reberetes de lóxica do absurdo, resulta que os únicos méritos considerados aquí non é se unha persoa ten unha experiencia profesional acreditada e completa, aquí só vale haber traballado antes na Administración ou ter un carné de conducir de clase C ou superior, nada máis, xa pode un ter cento setenta e sete anos, con perdón, de experiencia nunha empresa, estudios relacionados directamente coas funcións que vai desenvolver esa persoa, nada, todo eso non conta, só contan dúas cousas do total do que sería a experiencia profesional a avaliar e por último vostedes incumpren manifestamente a Lei ó facer un exame de galego de chiste, que non sirve para nada e que ademais incumpre a Ordenanza de Normalización Lingüística vixente nesta Deputación que determina como teñen que ser, polo tanto está acreditado que polo menos nun caso incumpren a Lei, unha Lei ademais, unha Norma de rango regulamentario aprobada por esta propia Deputación, incumpren ademais o dereito dos aspirantes a coñecer como vai se-lo seu exame. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Dicir, eu creo que os argumentos de vostedes son suficientemente coñecidos e sempre son os mesmos, o que pasa é que vostede aproveita en cada Pleno para criticarnos e está no seu dereito tamén como é lóxico, o que temos que dicir é que esas probas son para Peóns-Camiñeiros que non son para Enxeñeiros de Camiños, entón quería dicir que o exame, é un exame sinxelo, cos temas aquí soen sacarse sempre a azar, é dicir, polo sistema de sorteo tradicional, e de efectivamente ese tipo de preguntas pois ás veces o Tribunal ten capacidade para saber se hai algún test ou se vai ser un sistema de preguntas, normalmente neste tipo de probas sempre son preguntas relacionadas cun tema, non cun test, para que vostede quede informado. Sr. González, por favor. Sr. González Iglesias.- Si, los argumentos tienen que ser repetitivos porque las chapuzas también son repetitivas, entonces no podemos utilizar otros argumentos, no podemos cambiarlo, son las chapuzas de siempre, una detrás de otra, pero casi me atrevo a hacer una premonición, cuando me dé usted el nombre de los aspirantes le voy a decir antes del examen quiénes van a entrar. Cosa que hicimos ya en otras ocasiones. Sr. Presidente.- Usted parece una pitonisa no un político. Comparado con lo que hacen en otras Administraciones no sé si leyó usted El Mundo del domingo en el que un compañero de ustedes, que era el Sr. Borrell, responsable de la Hacienda Pública, la cantidad de chapuzas que hizo en la Diputación de Madrid cuando él era responsable de la Delegación de Hacienda y que lo dice el Tribunal de Cuentas del Reino, no lo dice ningún Partido Político, eso sí que eran chapuzas. Nosotros podemos hacer como hicieron ustedes en el censo, algún pucherito, pero no, por lo menos no lo intentamos, pero nunca chapuzas, siempre sería en diminutivo. Muchas gracias. Sr. González, por favor, Sr. González, ¿quiere replicar?, ¿quiere intervenir?. Sr. González Iglesias.- Sí, le estaba diciendo que yo los periódicos que elijo, que leo, los elijo yo, no me los elige usted. Y de todas formas le vuelvo a decir lo que le dije antes. Aquí se han dado absolutas ilegalidades en contratación y se han contratado personas muy relacionadas con el Partido Popular. Lo sabe usted. No se acuerda del Sr. Portomeñe. ¿Se acuerda o no?. Sr. Presidente.- Por cada una que hemos contratado, perdone usted, por favor. Por cada una que hemos contratado nosotros, usted mire, usted no sé si leyó, es que yo últimamente soy muy aficionado a leer una serie de revistas, usted no sé si leyó El Tiempo de esta semana, entonces se veía allí una serie de matrimonios con nombres y apellidos, en que trabajan, el hombre y la mujer, es decir, el marido y su señora, pero son responsables importantes de su Partido Político a nivel de Ministerios, Director General, etc., etc., es decir, están contratadas las señoras, son bastante sospechosos. Porque ya no digo el sobrino de turno, ya digo incluso su propio cónyuge. Con eso no digo nada más. Nosotros no somos perfectos ni vamos a pretender serlo. Téngalo usted claro. Procuraremos hacer las cosas lo mejor posible cada día. y usted piense que en su Partido Político la cantidad de chapuzas que hay es impresentable. Sr. González Iglesias.- Lo que pasa es que ustedes lo hacen siempre en machista y admiten los sobrinos pero no las mujeres. Sr. Presidente.- Perdone un momento este no es el debate de ese tema. Sr. Nieto Figueroa. ¿Quiere intervenir usted?. Sr. Nieto Figueroa.- Me tiene usted alucinado, ¡jo!, si yo no les conociera cuanto engañarían ustedes a la gente si yo no les conociese. Yo y otros. Yo les he sufrido a ustedes y les conozco bien y ustedes lo único que han copiado, lo único que han copiado del Gobierno actual son las cosas malas que también hace naturalmente. Pero es que lo otro no son capaces. Porque ustedes no pueden hacer una cosa buena, y prácticamente, prácticamente no pueden hacer una cosa decente. ¿Qué le parece? Y yo tengo hechos, yo tengo hechos, aquí hay una historia viviente en esta cabecita. Yo los he sufrido a ustedes y ustedes habiendo gentes como yo todavía con vida y con salero en el cerebro van engañar a muy pocos. Y hay que enterrar el pasado Sr. Mera. Sr. Presidente.- No pretendemos engañar a nadie. Sr. Nieto Figueroa.- Hay que enterrar el pasado Sr. Mera, que apesta. No usted, el pasado. Sr. Presidente.- Muchas gracias. Sr. Costas, perdón, Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Si. Para que vexa que a argumentación aínda sendo a mesma se pode variar, pero é que eu non sei se se dan conta do que están admitindo ó entrar neste xogo de toma e daca, a cuestión esta da falta de rigor na selección de persoal é nin máis nin menos que a negación do principio de igualdade dos cidadáns para acceder a un traballo público. Non sei se se dan conta que cando están admitindo de feito nesas réplicas e contraduplicas de que eu o fago porque o fas ti e ti o fas porque o fago eu, o que están é negando o dereito á igualdade da xente, o dereito a acceder en condicións de igualdade a un traballo, alá vostedes. Sr. Presidente.- Eu nese tema quero ser contundente. Nós non tratamos de normalizar esa situación que vostede di. Que nalgún caso podamos cometer algún erro, pois, pode ser, pero iso o di vostede non o dicimos nós. Vamos a votar. ¿Votos en contra?. Sr. Secretario.- Grupo Socialista, Sr. Lage e Sr. Costas. Sr. Presidente.- ¿Abstenciones?. Los demás votamos a favor. Se aprueba por mayoría. Préstase co voto en contra do Grupo Socialista, Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto), e Sr. Costas Abreu (PSG-EG), aprobación á Convocatoria, Bases e Programa, do Concurso-oposición libre para prover con funcionarios de carreira, catro prazas de Peóns Camiñeiros, vacantes no Plantel de Funcionarios desta Deputación e incluídas na "Oferta de Emprego Público 1989". As devanditas prazas están incluídas no Grupo E do artigo 25 da Lei 30/84, de 2 de agosto; clasificadas na Escala de Administración Especial, Subescala de Servicios Especiais, Clase Persoal de Oficios, coas retribucións básicas do Grupo E, citado, e complementarias que teñen asignadas os respectivos postos de traballo. Daráselle á Convocatoria a publicidade regulamentaria nos idiomas galego e castelán. ------ Folla: 7,10 10.2571.- RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS DICTADAS CON CARÁCTER DE URXENCIA, E A SÚA RATIFICACIÓN, SE PROCEDE. Sr. Presidente.- Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Si, Sr. Presidente. Aquí hai tamén dous temas para simplificar, o nomeamento dos suplentes do Director de Enfermería do Rebullón e do Director do Rebullón. E logo outra cuestión da que falarei logo. Con respecto á cuestión do Director ou Directora de Enfermería o que temos que preguntarnos aquí é por que dimite o anterior, é dicir, a persoa normalmente chamada a substituír á Directora titular que está enferma. E o por que dimite ten que ver cunha pregunta e unha cuestión que vostedes non dan resolto que eu expuxen no último Pleno e aínda estou esperando a resposta, que é a cuestión da aplicación do novo Regulamento e do traballo que ten que levar a cabo o Deputado-Delegado co que sempre nos ofrecemos a colaborar un pouco para que esa aplicación sexa o máis útil posible para tódolos cidadáns, un pouco que se benefician deste servicio. E eu creo que realmente cando se aproba un Regulamento novo na primeira fase de aplicación e incluso de constitución dos novos órganos hai que ter un traballo especialmente intenso, precisamente para limar tódalas cuestións que saian e para evitar problemas. Un novo Regulamento non debe servir para crear problemas senón para arranxar problemas anteriores. E eu creo que algo hai que facer aí, e se pode facer eu creo sen moita complicación para reduci-los enfrontamentos que se va enconando. E se no primeiro caso pasa iso e ademais vostedes, vouno dicir en termos coloquiais, pero sen faltar, me enganan na Comisión, porque eu lles preguntei se non había máis ATS ou máis DUES. No Rebullón vostedes me din que non, que non hai ningún e logo resulta que hai catro ou cinco, polo que me estiven enteirando, pois, a cousa é grave desde o meu punto de vista, porque eu paso perfectamente porque vostedes gañen as votacións, faltaría máis, o que non paso é porque me dean información falsa, ou sexa, iso me parece grave. E recordar a vostedes, Sr. Mera, que estaba de Presidente na Comisión que eu preguntei iso e se me contestou que non. Iso non é certo. E algo que cando menos non me gusta e deberían rectificar. E con respecto á cuestión do Médico-Director de O Rebullón, é que non facía falta ningún nomeamento, iso é unha fórmula de substitución automática. Se hai que facer este nomeamento tamén é porque a xestión do principal responsable político de alí non da resoltos eses problemas de aplicación do novo Regulamento. Sexa polo que sexa, por falta de habilidade ou por dedicarlle pouco tempo e o digo en termos respectuosos, intentando corrixir esta situación. O máis curioso do asunto e ten que ver coas historias anteriores e cos argumentos anteriores é o terceiro punto. En realidade é só a designación dun avogado privado para facer un recurso dubidoso en relación cunha selección dunha persoa. En primeiro lugar eu xa lle dixen varias veces, non comprendo para que hai tanto avogado e tanto funcionario de corpo nacional aquí, se esta Deputación non é capaz nin sequera de levar adiante os seus propios preitos e anda a gastar unha importante cantidade de millóns en contratar externamente servicios que a propia Deputación podía afrontar. O primeiro asunto que ten que ver coa eficacia e o aforro na xestión de cartos que son públicos. Pero é que ademais lendo a sentencia e o que hai no expediente resulta o seguinte: Primeiro: vostedes infrinxen manifestamente a Lei nas tomas de posesión do persoal desta Deputación. O que di o Regulamento de Ingreso que é aplicable é que no acto de toma de posesión, tódalas persoas que vaian ser funcionarias ou contratadas desta Deputación ou de calquera Administración teñen que declarar se teñen algunha actividade pública ou privada retribuída. O truquiño co que vostedes eluden a aplicación desta Norma imperativa é que a persoa que toma posesión neste expediente só nos di se ten outra actividade pública retribuída, pública non ten pero privada si. E logo están vostedes pagándolle ilegalmente un complemento específico que esa persoa en ningún caso podía percibir legalmente. Cuestión que ten a súa importancia, porque están vostedes gastando demais e contra a Lei, moitos millóns de pesetas cada ano. Pero é que ademais resulta que esa persoa contra a que por suposto non teño nada e quero deixalo moi claro, unha e outra e tódalas veces precisas, en ningún caso podía presentarse a ese exame, porque a súa solicitude non foi presentada legalmente nin dentro do prazo. E ese recurso o van a perder vostedes inda que cheguen ó Supremo ou ó Tribunal de Estrasburgo, por unha razón tan simple coma esa. E claro a min me parece grave.
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota