Fondos
1990-05-25_Ordinaria. Acta de sesión 1990/05/25_Ordinaria
Acta de sesión 1990/05/25_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.17.713/2.1990-05-25_Ordinaria
Título Acta de sesión 1990/05/25_Ordinaria
Data(s) 1990-05-25 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 12 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día 25 de maio de 1990 No Salón de Sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as dez horas do, día vintecinco de maio de mil novecentos noventa, baixo a presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. César Xosé Mera Rodríguez, reuníronse os Sres. Deputados, D. José Ramón Abal Varelar D. Adolfo Abalo Ríos, D. Xosé Manuel Barros González, D. José Castro Alvarez, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Xesús Manuel Costas Abreu, D. Avelino Fernández Alonso, D. Manuel Freire Lino, D. José Manuel Gallego Lomba, D. Justo José González Ballesta, D. Emilio González Iglesias, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. Manuel Lamazares Pardo, D. José Manuel Losada Millán, D. Carlos Mantilla Rodríguez, D. Juan Francisco Martínez-Herrera Escribano, D. Diego Murillo Carrasco, D. Antonio Nieto Figueroa, D. Antonio Pillado Montero, D. Modesto Valverde Soto e D. Gilberto Benito Vila Salgueiro, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, con arreglo á correspondente Orde do Día. A efecto de votacións faise constar que a Corporación está formada por vintesete Deputados de feito e de dereito, incluído o Presidente. Da fé do acto o Secretario D. Antonio Castro López, e está presente o Sr. Interventor de Fondos Provinciais, D. Víctor Soto Bello. Non asisten Dona Elvira Fernández Díaz, quen xustifica a súa ausencia, Fernando Garrido Valenzuela e D. José Manuel Pérez Alarcón D. Avelino Fernández Alonso compareceu no punto seis da Orde do Día, e o Sr. D. Antonio Pillado Montero ausentouse nalgunhas ocasións. O Secretario Xeral ausentouse no punto vinte, por ter un interese directo no asunto, sustuíndoo o Vicesecretario Interino. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame Día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.2690.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Aprobación el borrador del Acta de la anterior sesión. ¿Algún voto en contra?. ¿Alguna abstención?. Se aprueba por unanimidad. O Pleno acorda, por unanimidade, aproba-lo borrador da Acta da anterior sesión, ordinaria, o día 27 de abril de 1990. ------ Folla: 12 2.2691.- COÑECEMENTO DO CESE DE DOUS SRES. DEPUTADOS PROVINCIAIS Sr. Presidente.- Conocimiento del cese de dos Sres. Diputados Provinciales. Tengo que informar a la Corporación de que el Sr. Lois Pena ha presentado su dimisión como Concejal del Ayuntamiento de Cangas y consecuencia de eso ha cesado como Diputado Provincial. Y después también el Sr. Iglesias Pazos que ha fallecido, es decir compañero nuestro que ha fallecido recientemente y que por supuesto por desgracia, lógicamente cesa como miembro de esta Institución, es decir, Sergio que fué un compañero nuestro, es decir, incluso fué compañero mío en el año 1979 al año 1983, pues se había incorporado hacía poco tiempo a esta Institución y creo que era un buen político, una persona de un gran talante humano y que yo creo que todos los compañeros como es lógico lamentamos su pérdida, yo quiero que conste en Acta pues el sentimiento de pésame para que se le traslade oficialmente como Corporación a su familia. ¿Hay alguna objección?. Se aprueba. A Corporación Provincial ten coñecemento do luctuoso suceso acontecido o día dezaséis de maio pasado que motivou o falecemento do Sr. Deputado Provincial D. Sergio Iglesias Pazos, cando regresaba ó seu Concello despois de cumprir coas súas obrigas de Deputado. O propio tempo, á vista da renuncia presentada, e comunicación da Xunta Electoral Central dictada ó efecto, ten coñecemento da perda da condición de Concellerio do Concello de Cangas do Sr. Deputado Provincial Lois Pena Viéitez, o que conleva tamén a perda da condición de Deputado Provincial. De conformidade co disposto n artigo 208 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, sobre o Réxime Electoral Xeral, dase conta á expresada Xunta Electoral Central, ós efectos de expedicións de credenciais dos suplentes dos Sres. Deputados citados, o primeiro pertencente ó Partido Xudicial de Lalín, e o segundo ó de Pontevedra. O propio tempo e por unanimidade acórdase conste en Acta o sentimento de pésame pola irreparable pérdida dun bo político e compañeiro e dunha persoa cun gran talante humano, e que se dea traslado deste acordo ós seus familiares. ------ Folla: 12,13 3.2692.- SOLICITUDE DA XUNTA DE GALICIA DE DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACION DE TERREOS EN OBRAS DE: "SANEAMENTO DO CONCELLO DE A CAÑIZA, INCLUIDO NO PLAN TRANSFRONTEIRIZO 1989-1993. EXERCICIO 1990. Sr. Presidente.- Solicitud de la Xunta de Galicia de declaración de urgente ocupación de terrenos en obras de saneamiento del Ayuntamiento de A Cañiza incluído en el Plan Transfronterizo 1989-1993 del ejercicio del 89. Esto se trata de que algunas obras que están incluídas en el Plan Transfronterizo, o en el CAE o en otros Planes cualesquiera, pues cuando se necesita expropiar algún terreno, pues se necesita pedir el permiso pertinente a la Comunidad Autónoma. ¿Algún voto en contra?. ¿Alguna abstención?. Se aprueba por unanimidad. Aprobado o proxecto de Depuración e mellora da rede de saneamento de A Cañiza, no citado Municipio ratificada a Resolución Presidencial nº 9180 de 19 de decembro de 1989, polo Pleno da Corporación Provincial do día 26 de decembro de 1989, pola que se aprobaba o expediente de contratación no que se incluía a aprobación definitiva do proxecto mencionado e asímesmo visto informe de D. Salvador Merino Gómez, Enxeñeiro Xefe de Acción Municipal no que se di: "Las obras de Depuración y Mejora de la Red de saneamiento de A Cañiza, incluídas en el Plan Transfronterizo 1989-1993, Ejercicio 1989, tienen por objeto corregir las deficiencias existentes en la red antigua de alcantarillado, mediante la construcción de una nueva red de colectores y ramales secundarios con las correspondientes estaciones depuradoras que emitan sus vertidos no contaminantes para el medio ambiental del río", o Pleno acorda por unanimidade, solicitar da Xunta de Galicia en concordancia coa Orde de 7 de Decembro de 1983 sobre urxente ocupación dos bens en expropiacións nas Corporacións Locais, a declaración de urxente ocupación dos bens afectados pola expropiación para as obras de Depuración e mellora da rede de saneamento de A Cañiza. ------ Folla: 13 4.2693.- SOLICITUDE DA XUNTA DE GALICIA DE DECLARACION DE URXENTE OCUPACION DE TERREOS EN OBRAS DE: "ESTRADA DE VILANOVA A Lalín E ENLACE COA ESTRADA EN FORCAREI", CORRESPONDENTE O LOTE Nº 6 DA CAE/89 Sr. Presidente.- Es otro tema, similar, es decir, solicitar de la Xunta de Galicia, la declaración de urgente ocupación de terrenos [expropiación] de obras incluídas en el CAE 89, es decir, son dos obras que estaban en el Lote nº 6, y que efectivamente no se han podido adjudicar debido a que había algunos problemas de terreno que los vecinos en un principio parecía que iban a poner a su disposición y que luego no lo han hecho y como consecuencia de lo mismo pues es necesario también solicitar la urgente ocupación. Está retirado. Pués a mí me lo puso el Secretario, ese día como no formé parte de la Comisión. Antonio me están diciendo que el punto nº 4 lo retiraron del Orden del día. Sr. Secretario.- Ah, perdón, es que ya se adoptó otro acuerdo en otro Pleno. Sr. Presidente.- Vale, pués de acuerdo. Por haberse adoptado xa acordo no seu día, procede a retirada do expediente de declaración de urxente ocupación de terreos da obra: "Estrada de Vilanova a Lalín e enlace coa estrada en Forcarei". ------ Folla: 13,20 5.2694.- BASES REGULADORAS DOS PROGRAMAS DE ACCIÓN COMUNITARIA, ACCION MUNICIPAL, E CONSTRUCCION, ACONDICIONAMENTO E MELLORA DE INSTALACIONS DEPORTIVAS [PAC, PAM y ID] Sr. Presidente.- Bases Reguladoras de los Programas de Acción Comunitaria, Acción Municipal, y construcción, acondicionamiento y mejora de Instalaciones Deportivas. ¿Alguna intervención en este punto?. Bueno yo antes de nada, explicar, antes de que intervengan ustedes, de que lo que vamos a hacer, es decir, hemos hecho, hemos elaborado unas bases para este tipo de acciones que acabo de citar, se han pasado por la Comisión Informativa exactamente igual que el año anterior y que en Acción Comunitaria tenemos 75 millones de pesetas, en Acción Municipal 500 millones y para construcción, acondicionamiento y mejora de instalaciones deportivas 100 millones, independientemente de que tenemos otros 50 millones que van destinados al Ayuntamiento de Vigo que como es obvio, es decir, de acuerdo con el Convenio que se había firmado pués no están aquí. Intervenciones. Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Si, Sr. Presidente, eu, para empezar creo que esto máis que Bases son cartas blancas, e vou entrar na análise das que van aquí, sen prexuízo de que hai outro punto tamén de Bases do mesmo estilo. Vou darlles un pequeno repaso nas distintas Bases para explica-los meus motivos de discrepancia e as cuestións que pido que se modifiquen e me resulta curioso que nin sequera se acepten cousas que na aprobación dunhas Bases similares no ano pasado se aceptaron, por poñer un exemplo nas instalacións deportivas que se cumpran as normas técnicas internacionais, que non se fagan as chapuzas que moitas veces se fan porque como vostede sabe esta Provincia está inzada de instalacións deportivas pagadas por esta Deputación que nunca entraron en funcionamento dada a habilidade na exposición das actuacións a levar a cabo. Unha das cousas que chama a atención das tres Bases que veñen neste punto é curioso o parágrafo ese de que a Xunta de Galicia poderá participar no desenrolo deste Plan, a mín me parece que aquí se da un fenómeno de inversión. Segundo parece aquí a Xunta de Galicia vai se-la quinta Deputación auxiliar das catro Deputacións, en vez de se-lo órgano que ten competencias plenas en Réxime Local e facultade de marcar directrices en política sectorial coma neste caso en materia de deportes que é unha competencia da Comunidade Autónoma, non da Deputación. É curioso supoño que algún día destes nos darán a sorpresa e empezarán a saír nas fotos cos respectivos Conselleiros para firmar importantes Convenios, o que pasa é que como os Convenios se fagan en base a estas Bases, valga a redundancia, pois mal vai ir a cousa, porque vai ser máis do mesmo. Respecto ó obxectivo das obras unha mención absolutamente xenérica e o mes- mo das facultades municipais neste punto e realmente o interesante son dúas cousas polo que poden ter de transfondo, e me gustaría que entráramos nun debate para aclarar esto. As solicitudes poden presentarse ata o 31 de outubro, é dicir, para entendernos, un prazo de presentación das instancias, francamente longo, a realización e xustificación das obras vai coincidir co final da vixencia desta Corporación e os criterios para asigna-la subvención son absolutamente inconcretos, de modo que sendo vostedes os que vaian resolve-las Bases van a facer o que lle de a absoluta gana, absoluta, é máis, aínda marcando o criterio con carácter xeral de que a subvención só pode chegar ó 50 por cento do custe real da instalación deportiva, din que excepcionalmente, e tamén en base a unhas mencións absolutamente xenéricas como que o Concello careza manifestamente de recursos, manifestamente carecen de recursos tódolos Concellos ou non carece ningún, depende como se utilicen, ou que a obra poida ser calificada de urxente, poida ser calificada de urxente, pois tamén creo que eso pode afectar a todos, de modo que como non hai realmente criterios de fondo neste asunto pois non sei para que aproban as Bases, supoño que para cumprir co expediente nada máis, pero do resto van facer vostedes o que lle dé a gana, e é curioso, creo que a mínima racionalidade esixible debería leva-los a presentarnos cando menos aquí para poder discutilo unha memoria valorada do resultado das Bases do ano pasado, que se fixo, cal foi o grado de cumprimento, etc., cal é a utilización que se lle está dando ás instalacións que se fixeron en base ós fondos do ano pasado. Pois non hai absolutamente nada deso, e o esquema máis ou menos vén sendo o mesmo en todas elas, tamén establecen o criterio xeral de que non se admitirá o cambio de aplicación da subvención pero meten unha excepción por razóns excepcionais xustificadas polo cal vamos a marcarnos un bonito baile de cambio de aplicación e senón ó tempo, porque as peticións dos Alcaldes pois se fan moitas veces sen pensalo ou sen admitir a discusión con tódala Corporación e logo pasa o que pasa. Con respecto ó programa de Acción Municipal aquí non é que non haxa criterios, é que non hai nin finalidades, finalidades son tódolos servicios de competencia municipal sen máis, os criterios salvo na prioridade que aí si estou de acordo, das obras de carácter hidráulico, os demáis teñen cousas realmente inconcebibles, e permítame que 110 diga, non comprendo como se pode adicar esta liña de subvencións a construccións ou reformas de Casas Consistoriais sabendo que hai tradicionalmente unha liña de subvencións específica da Consellería da Presidencia nesta materia, en todo caso o que se tratará é de ampliala, ou como no segundo punto din vostedes, acceso ós nucleos de poboación, que me parece absolutamente asumible, e acto seguido engaden, e explotación de interese económico, e a min esto me parece un escándalo, aquí que se trata, de facerlle gratis os accesos ás Empresas, porque eu supoño que se eu monto unha Empresa o meu deber é computar nos custes as instalacións, os accesos e tódolos servicios necesarios, e eso mo van a cobrar a mín como consumidor nas súas actuacións, me parece que están vostedes desviando a finalidade do que é a Acción Municipal e as competencias municipais nesta materia, que son dous temas distintos e que non se poden mezclar, me parece bastante incomprensible e insisto, un pouco escandaloso. E se collemos a última delas pois a Acción Comunitaria deixa de ser Acción Comunitaria, porque se ben establecen en principio a execución das obras polo vecindario que é do que se trataría, meten unha cláusula final, tamén absolutamente inconcreta de que non obstante poderán executarse polas respectivas Entidades Locais pola fórmula de contratación habitual, pois entón non sei para que fan unhas Bases distintas en materia de Acción Comunitaria. Eu, resumindo, só quixera dicir unha cousa, aquí en vez de haber un Plan de Cooperación con tódolos Concellos hai 117 distintos, POS, CAE, Acción Municipal, Acción Comunitaria, Deportiva, Cultural, cada un deles cunha serie de Bases que ó final resultan ser absolutamente inútiles porque non marcan ningúns criterios de máxima eficacia na utilización dos Fondos Municipais, e todos eles carentes do que eu entendo do que debe se-la idea básica dos Programas de Cooperación, que en principio deberían ser asegurar dunha vez por todas que no conxunto da Provincia e para o conxunto dos cidadáns de Pontevedra funcionen os servicios mínimos obrigatorios ou que determinen unha calidade de vida mínima, aínda quedan moitas cousas que facer neste campo, e corno unha cuestión máis de fondo e menos puntual e formal responder a un certo programa de desenvolvemento do territorio e das distintas poboacións nesta provincia, eu creo que eso é gobernar e eso é administrar e eso é facer política, eu entendo que vostedes sustituen o que debe se-la súa obriga e a súa función de exerce-lo goberno desta Deputación por unha reserva de caciqueo xeneralizado, estou absolutamente en desacordo. Presentarei o correspondente recurso corno non, para ter ocasión de volvelo a discutir e corno sempre, corno sucederá no próximo punto, pois vostedes non entrarán na discusión, me parece moi ben, fagan o que queiran. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Gallego Lomba. Sr. Gallego Lomba.- Gracias Sr. Presidente. Vamos a ver, en primer lugar yo empiezo, empiezo por el final de que acaba de intervenir mi compañero de Corporación Suso Costas, que es lo de Acción Comunitaria, yo aquí pediría de que la Acción Comunitaria, que en esta Diputación nunca dió resultado porque las obras al final nunca se concluyen y para los Técnicos certificar una obra de estas es volverse loco, porque por supuesto, piden la justificación de la obra en facturas y el vecino que hace la obra dice que las facturas le son muy difíciles porque si la hacen con mano de obra propia y tal, al llegar aquí bueno, el funcionario que esté en este caso en Cooperación, se vuelve loco, y esto nos parece que en esta Casa ya de años atrás, volvemos a insistir en lo mismo y aparte para no sacar conclusión y no sacar nada en lo que son los servicios básicos de esta Provincia. Nosotros el año pasado, me parece, que votamos a favor de las Bases, porque creíamos y pedimos que se hiciesen unas Bases para el reparto, en este caso, de las ayudas y subvenciones, pero como el refrán dice, que a gato escaldado escapa del agua caliente, o algo así por el estilo, nosotros Presidente, este año vamos a votar que no, porque el año pasado el reparto fué meramente electoralista, el año pasado se repartieron el dinero en plena campaña electoral ustedes estaban repartiendo talones de las subvenciones del Plan de Acción Comunitaria y Acción Municipal, Sr. Mantilla y usted concretamente, entonces como nosotros, una vez más pedimos Presidente de que se utilice el estudio encargado por esta Diputación que es muy bueno de los equipamientos urbanos y rurales de esta Provincia, que hay un estudio hecho por INTERURBAN de las deficiencias que tienen los Municipios, y nosotros si que le apoyamos, se lo dijimos ya, no sé las veces, pero me parece que en todos los Plenos que sale un tema de estos se lo decimos siempre, nosotros lo apoyaremos hasta el final, si hace falta endeudarse mucho más en la Diputación, nosotros le apoyamos también, pero siempre y cuando sean para lo que es el servicio base que son el agua y el alcantarillado que en esta Provincia hay muchísimos, muchísimos Concellos que aún no tienen lo que es elemental de vida para sobrevivir, que es el agua y el alcantarillado, déjense ustedes de seguir repartiendo dinero, que no consiguen nada con eso, a no ser, claro, los votos a corto plazo, pero algún día se darán de cuenta los electores de que no es así, hagan ustedes un plan serio de carreteras, hagan ustedes un plan serio de infraestructuras en esta provincia y tendrán el apoyo del Grupo Socialista pero no sigan ustedes repartiendo el talón aquí, la ayudita allí, bueno pues contentando a unos pocos que yo creo que a largo plazo el rendimiento será mínimo y vamos a trabajar por hacer una Provincia con los servicios mínimos de calidad de vida. Nada más Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, prácticamente no hay mucho más que añadir, de todas formas hemos dado un paso, un paso pequerrechiño, una casita casi como una uña meñique, por lo menos en la Acción Comunitaria ustedes ya requieren la licencia municipal, aún lo dejan así un poco en la duda porque al final en las condiciones que tiene que cubrir el solicitante no figura la licencia preceptiva municipal, pero en principio si. Y yo pienso que deberían añadirla, no la vaya someter a votación ni mucho menos, porque ya se da por lógica, por perdida de antemano, y esa es una de las fórmulas, una de las pocas fórmulas de evitar las cacicaditas, porque si el amigo del vecino o del primo de la sobrina le pide la licencia al Ayuntamiento a lo mejor no se la conceden pero si se la pide directamente a ustedes la colaboración pues claro, puede ser que sí. Entre las cosas que siguen ustedes empleando son los trucos tradicionales de esta Institución que no se que razón de ser tiene ya, habiendo Autonomías, pero bueno, al truco de los de menos de 20.000 habitantes, como ya he denunciado en su momento, lo han incrementado para que determinados Ayuntamientos se puedan apuntar al tema y lo han pasado a 50.000, es una forma más de consolidar esa actuación tan extravagante de este Organismo, ya decía Jesús Costas, que entre los párrafos más destacados resaltan al margen de los menos de 50.000 habitantes ya que la obra puede subvencionarse hasta el 70 por cien y en salvo excepciones hasta el el 100 por cien, las excepciones naturalmente van a ser las que ustedes digan, nosotros no vamos a participar en ellas, y ustedes van a hacer exactamente igual como hasta ahora, lo que les da la real gana. Quinientos millones por una parte, doscientos millones por la otra, etc. etc. Conclusión, no hay nada que hacer, no hay nada absolutamente que hacer con ustedes, es una cuestión de Estado, casi, casi como la de Cangas, lo de ustedes es prácticamente de Estado, igual que lo de Cangas. Ustedes mientras siga este Organismo no tienen lo he dicho y lo sostengo necesidad alguna, necesidad alguna en absoluto de incrementar impuestos, de aumentar las tasas, etc. etc., tu me apoyas hoy, yo te apoyo mañana y el dinero de toda la Diputación se lo reparten entre ustedes y así no tienen jamás un problema. Como va a haber problema en sus pueblos, es imposible. Sr. Presidente.- Muchas gracias Sr. Nieto Figueroa. Sometemos a votación este punto del Orden del Día. ¿Votos en contra?. Sr. Secretario.- Grupo Socialista, Sr. Costas Abreu, Sr. Lage. Sr. Presidente.- ¿Abstenciones?. Se aprueba por unanimidad, perdón, por mayoría. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades, acorda, cos votos en contra do Grupo Socialista, Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto) e Sr. Costas Abreu (PSG-EG), aproba-las Bases Reguladoras dos Programas de Acción Comunitaria, Acción Municipal e Construcción, condicionamento e Mellora de Instalacións Deportivas para o exercicio de 1990, que figuran como Anexos I, II e III, e que son as seguintes: BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA PARA O EXERCICIO DE 1990 Primeira.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra en uso das facultades que 11e confiren os artigos 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e o 30 do R.D.L. 781/86, de 18 de abril, acorda establecer e facer público o seguinte Plan de Acción Comunitaria. O seu financiamento e réxime acomodaranse ó determinado nestas Bases e no que resulte aplicable das Disposicións Reguladoras das obras en réxime de Acción Comunitaria. Dito programa financiarase con cargo ó crédito de SETENTA E CINCO MILLÓNS DE PESETAS (75.000.000) consignado, a tal efecto, na partida 789.94112 "Acción Comunitaria" do Presuposto corrente, que poderá incrementarse mediante suplementación de créditos. Sequnda.- Os obxectivos das obras que se financiarán con cargo a este programa serán os seguintes: a) A mellora do medio rural e barriadas urbanas mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles, que permita ós seus habitantes unhas adecuadas condicións de vida. b) O desenrolo das comunidades rurais ó obxecto de aumenta-la súa capacidade para resolve-los seus problemas. Dita solución requerirá a unión de recursos, esforzos e vontades. Terceira.- As actuacións comunitarias caracterízanse pola concorrencia dos seguintes requisitos: a) Libre determinación dos veciños na elección das obras que desexan executar. b) Voluntariedade na participación e liberdade de ditos veciñas sobre a forma de organizarse. c) Execución directa das obras polo vecindario coa súa aportación persoal e económica. Non obstante, poderán executarse polas respectivas Entidades Locais, consonte á normativa de contratación aplicable ó ámbito local, nos casos, que por razóns de forza maior ou excepcionais xustificadas, non sexa posible a execución directa polo vecindario. d) O presuposto da obra non excederá en ningún caso de CINCO MILLONS DE PESETAS (5.000.000). Cuarta.- Dado o carácter municipal das obras a realizar en réxime de acción comunitaria, incumbe ós Concellos fomentar ese tipo de accións, autorizándoas e solicitando as axudas que se establecen neste programa, se é o caso, e se o acordan os veciños. Asímesmo as obras que se executen con cargo a estas subvencións serán recibidas ó seu término no patrimonio municipal. Quinta.- Decidida pola comunidade de veciños a realización da obra a executar con cargo a este programa, poden estes solicitala directamente á Deputación ou a través do Concello ou Entidade Local Menor correspondente segundo modelo anexo a estas Bases, consonte dispón o artigo 69 e demáis concordantes, da Lei de Procedemento Administrativo. A dita solicitude acompañaranse os seguintes documentos: a) Proxecto ou presuposto técnico, ou no seu caso, memoria descriptiva e valorada da obra a realizar, con expresión dos seguintes datos: - Unidades de obra e prezo unitario das mesmas. - Número de xornais a realizar por prestación persoal e de transporte, e valor das mesmas (non podendo supera-lo valor que lle corresponde ó salario mínimo interprofesional). - Prazo de execución. - Sinatura do Técnico competente, indicando o seu nome, titulación, e sinalando se é funcionario municipal ou noutro caso, número de colexiado. b) Conxunto dos acordos adoptados polos veciños para a realización das obras en réxime de Acción Comunitaria, asinada por tódolos participantes e con expresión do número do D.N.I., sinalando expresamente o compromiso de completa-lo financiamento da obra mediante a aportación do traballo, transporte ou metálico, así como de asumi-los riscos que puideran xurdir con ocasión da prestación antes citada. c) Declaración responsable na que conste se a Comunidade de Veciños obtivo ou solicitou calquera outra axuda ou subvención para a mesma obra, e a porcentaxe que representa sobre o custo total da mesma. Sexta.- O importe total das subvencións públicas destinadas a financiar obras en réxime de Acción Comunitaria non poderá supera-lo 50% do custo real das mesmas. Asímesmo, o importe total da subvención, que no seu caso, conceda esta Deputación non poderá execeder de DOUS MILLONS CINCOCENTAS MIL PESETAS (2.500.000). Sétima.- A asignación de subvencións ás distintas obras farase en función dos seguintes criterios: a) Obras que teñan por obxecto a mellora do medio rural ou barriadas urbanas que supoñan un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles que permitan ós habitantes mellorara as súas condicións de vida. b) Obras que permitan o desenrolo das comunidades rurais e que supoñan un aumento na súa capacidade para resolve-los seus problemas, e que a solución requira a unión de recursos, esforzos e vontades. c) Obras que permitan a prestación íntegra e ordenada en todo o territorio provincial dos servicios de competencias municipal citados no art. 26 da Lei 7/85, de 2 de abril e pola orde que a continuación se citan: 1º Abastecemento domiciliario de auga potable. 2º Acceso ós núcleos de poboación e explotacións de interese económico. 3º Iluminación pública. 4º Pavimentación das vías públicas. 5º Outras obras de interese para a Comunidade, inluídas no citado art. 26. d) Se coa aplicación dos criterios antes citados houbese solicitudes de obra qeu os cumpran por igual, aplicaranse os criterios seguintes: 1º Número de veciños beneficiarios da obra para que se solicita a subvención. 2º A potencialidade económica da Comunidade Veciñal que solicita a realización de obras con rango a este programa de Acción Comunitaria. 3º A necesidade das obras apreciada en razón da súa urxencia, estando material e condicións de uso. 4º Outras circunstancia globais de interese socio-económico, que a xuízo do Órgano competente se deban considerar. Oitava.- Unha vez dictado o acordo ou resolución de concesión da subvención, o pago da mesma efectuarase no 50% da subvención concedida, previa acreditación de estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación. O outro 50% abonarase unha vez sexa xustificado o importe total da obra realizada, previa presentación dos seguintes documentos: a) Certificación técnica, e se non é posible, informe técnico cos requisitos previstos na Base Décima. b) Certificación asinada polo técnico director da obra da prestación persoal e do transporte cos requisitos esixidos na Base Décima. c) Facturas orixinais ou duplicados, cos requisitos que lle dan validez. d) Acta de Recepción provisional da obra ó patrimonio municipal cos requisitos que establece a normativa de Contratos das Entidades Locais. e) Informe dos técnicos provinciais correspondentes, ó obxecto de comproba-la realidade da inversión e que a obra executada se axusta ó previsto no proxecto ou presuposto, ou no seu caso, memoria. O abono da subvención segundo o previsto na Base Quinta practicarase, ben directamente á Comunidade veciñal no suposto de que así o solicite, ou a favor do Concello ou Entidade Local Menor cando a mesma se tramite a traveso destas Entidades. Neste suposto ingresarán a cantidade en Valores Independentes e Auxiliares do Presuposto, para o seu posterior abono á Comunidade beneficiaria. Novena.- A xustificación destas obras farase mediante a emisión da correspondente certificación técnica, sempre que sexa posible, e noutro caso, con informe técnico da súa execución. Tanto unha coma outro deben cumpri-los requisitos legais esixibles ás certificacións, e virán asinadas por técnico competente, debendo expresar o seu nome, titulación e a mención de se é funcionario municipal, ou noutro caso, número de colexiado. Tanto a certificación como no seu caso o informe, describirán a obra realizada especificando as distintas unidades que a compoñen e o valor unitario das mesmas. A prestación persoal e o transporte deberá acreditarse mediante certificación asinada polo técnico director da obra na que sinalen os datos identificativos dos veciños que traballaron na mesma e os xornais devengados por cada un deles, e se non é posible, os realizados en conxunto, e o valor unitario e total de ditos xornais. Os suministros e servicios contratados xustificaranse con factura orixinal ou duplicado, non se admitirán facturas fotocopiadas, ben sexan ou non autentificadas, cos requisitos que as fagan válidas a efectos legais. Deberán xustificar ou acredita-los suministros e servicios empregados na totalidade da inversión, e non so a parte subvencionada pola Deputación. Décima.- A documentación a que se retire a base anterior debe reflexa-la realidade da obra executada, sendo imprescindible que a obra realizada sexa a subvencionada. Non se admitirá o cambio de aplicación desta subvención, a non ser que existan razóns excepcionais de forza maior xustificadas, e así o decida o Órgano que aprobe estas Bases, sempre e cando se poida realiza-la nova obra, no prazo de execución que se establece, para as que se acollan a este programa de subvencións. Se por calquera circunstancia o valor da obra executada resulta inferior ó importe da solicitude, a subvención da Deputación experimentará a reducción proporcional correspondente. Décimoprimeira.- As subvencións para as obras que se acollan a este programa deberanse solicitar desde o momento da publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia e ata o 29 de setembro de 1990, e estar executadas e xustificadas antes do 20 de decembro de 1991. Se neste prazo non tose a obra xustificada, procederase á anulación do contraído na contabilidade provincial. As peticións xa presentadas precisarán de nova solicitude, debendo reuni-los requisitos sinalados nas presentes Bases. Décimosegunda.- O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas Bases e demáis normativa aplicable, poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranxe de acordo co procedemento previsto na L.P.A. Asímesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. Reclamacións.- Dentro dos oito días seguintes ó da publicación no "Boletín Oficial" da Provincia, poderanse interpoñer reclamacións contra as Bases. Nota aclaratoria.- Recórdase, que con arreglo ó disposto no Artigo 1º e seguintes do R.D. 2187/78, de 23 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Disciplina Urbanística, calquera obra suxeita ó Programa de Acción Comunitaria haberá de contar coa licencia municipal. BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCION MUNICIPAL PARA O EXERCICIO DE 1990 Primeira.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra en uso das facultades que lle confiren os artigos 36 da Lei 7/85, de 2 de abril e o 30 do R.D.L. 781/86, de 18 de abril, acorda, cos votos en contra do Grupo Socialista, Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto) e Sr. Costas Abreu (PSG-EG), establecer e facer público o seguinte Plan de Acción Municipal. O seu financiamento e réxime acomodaranse ó disposto nestas Bases. Dito Plan financiarase con cargo ó crédito de CINCOCENTOS MILLONS DE PESETAS (500.000.000) consignado, a tal efecto, na partida 759.94111 "Obras Municipais" que poderá incrementarse mediante suplementación de créditos, tendo en conta que as economías producidas por baixas na contratación utilizaranse para subvencionar novas obras. A Xunta de Galicia, poderá participar no desenrolo deste Plan colaborando no financiamento de todas ou parte das obras que resulten seleccionadas, segundo os termos que se establezan no Convenio de Cooperación a celebrar entre a C.O.T.O.P. e esta Deputación. Sequnda.- O obxectivo das obras que se acollan ás subvencións deste programa de Acción Municipal será asegura-la prestación integral e adecuada na totalidade do territorio provincial dos servicios de competencia municipal, que a tal efecto, se relacionan nos artigos 25 e 26 da Lei 7/85, de 2 de abril. Terceira.- Dado o carácter esencialmente municipal das obras que se acollan ás subvencións deste programa, incumbe ós Concellos: - Solicita-las obras que desexan realizar en réxime de acción municipal. - A tramitación dos respectivos expedientes de contratación. - A aportación da parte do custe da obra que non sexa subvencionada. - A recepción e conservación das obras que se acollan a este programa. Cuarta.- Os Concellos interesados presentarán solicitude e presa por cada unha das obras que pretendan executar acolléndose ó Plan. A dita solicitude acompañaranse os seguintes documentos: - Instancia suscrita polo Sr. Alcalde. - Memoria explicativa da obra a realizar. - Presuposto, e no seu caso, Proxecto. - Informe do Sr. Alcalde do que conste si obtivo ou solicitou calquera axuda ou subvención para a mesma obra, e porcentaxe que representa sobre o custo total da mesma. - Copia certificada do Acordo do Órgano competente do Concello, polo que se determine a obra, e solicite a subvención para a súa realización. Quinta.- As subvencións suxeitas á presente convocatoria poderán solicitarse desde o momento da publicación no B.O.P. ata o día 31 de outubro. Ditas solicitudes axustaranse ó modelo que se adxunta nestas Bases. As peticións xa presentadas precisan nova solicitude, debendo reuni-los requisitos sinalados nas presentes Bases. Sexta.- A asignación de subvencións ás distintas obras farase en función dos seguintes criterios: a) Obras que permitan a prestación integral e ordenada en todo o territorio provincial dos servicios de competencia municipal citados art. 26 da Lei 7/85, de 2 de abril e pola orde que a continuación se citan: 1º Obras de carácter hidráulico. 2º Acceso ÓS núcleos de poboación e explotacións de interese económico. 3º Pavimentación das vías públicas. 4º Iluminación pública. 5º Construcción ou reforma de Casas Consistoriais. 6º Outros equipamentos comunitarios considerados de carácter básico ou fundamental. b) Se coa aplicación dos criterios antes citados houbese solicitudes de obra que os cumpran por igual, serán preferentes as obras que reúnan os requisitos que se citan e pola orde de prioridade en que se establecen: 1º Que as obras a executar sexan en Municipios de poboación inferior a 50.000 habitantes. 2º Número de veciños beneficiarios da obra para a que solicita a subvención. 3º A necesidade das obras apreciada en razón da súa urxencia, estado material e condicións de uso. 4º A situación económica do Concello estimada en función de: - Presuposto. - Dispersión da poboación. Sétima.- O importe total das subvencións públicas destinadas a obras que se acollan a este programa non poderán supera-lo 70% do custo real da obra. Excepcionalmente, poderá subvencionarse a totalidade do custo da obra sempre que se cumpra algún dos seguintes requisitos: - Que o Concello careza manifestamente de recursos para facer fronte ó financiamento de gastos de inversión. O que deberá acreditarse mediante certificación ou xerocopia autenticada da liquidación por Capítulos do Presuposto Municipal de Ingresos e Gastos de 1989. - Que a obra que se pretenda acoller a este programa poida ser calificada de urxente, de modo que a súa realización non poida ser aprazada, ou que na mesma se aprecien outras circunstancias de interese socio-económico que o aconsellen. Oitava.- En canto á competencia para a concesión destas subvencións estarase ó disposto con carácter xeral na Base Undécima das de Execución do Presuposto Provincial. Unha vez dictado o acordo ou resolución de concesión da subvención, o pago da mesma efectuarase, previa acreditación de estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación e previa xustificación da inversión realizada nos termos que se establecen na Base seguinte, directamente ó Concello. Novena.- A xustificación da execución das obras que se acollan á subvención deste Plan de Acción Municipal realizarase previa presentación dos seguintes documentos e cumprimento dos requisitos que a continuación se sinalan: A) Se a obra se fai por contrata: - Certificación de obra debidamente dilixenciada. - Acordo de aprobación da mesma. - Acordo de adxudicación e Contrato se se trata da primeira certificación. - Acta de recepción provisional debidamente cumprimentada, se se trata da última certificación. - Informe dos Técnicos Provinciais correspondentes ó obxecto de comproba-la realidade da inversión e que a obra executada se axusta ó previsto no Proxecto ou Presuposto. B) Se a obra se fai por Administración: B1) Certificación de obra realizada. A certificación da obra realizada expresará o número de unidades de obra e o seu valor unitario, e o número de xornais do persoal laboral, e o seu valor unitario. Asímesmo, dita certificación cumprimentarase, en tódolos seus aspectos, de conformidade co disposto na normativa vixente, coa única excepción da firma do contratista que será sustituída pola do Técnico ou Funcionario Municipal encargado da obra. A primeira certificación unirase acordo no que se decida a realización da obra por administración. Na última certificación esixirase o informe dos Técnicos Provinciais acreditativa da realidade da inversión e de que a obra realizada se axusta ó proxecto ou Presuposto. B2) Custo do persoal: a) Persoal laboral - Copia autenticada das nóminas do persoal laboral empregado na obra. - Certificación do Técnico Director acreditativa de que o persoal que se cita no apartado anterior foi empregado na obra. - Copia Autenticada do TC1 e TC2 do persoal laboral empregado na obra. B3) Suministros e Servicios. A xustificación dos suministros e servicios que sexan necesarios na execución da obra farase mediante factura orixinal ou duplicado (non se admitirán facturas fotocopiadas) cos requisitos que lle dan validez. Cando se contrate parte da obra, en lugar de factura esixirase a certificación correspondente. En todo caso, tanto na factura como na certificación figurará o recibido e conforme do Técnico ou Funcionario Municipal encargado. Décima.- A documentación a que se refire a base anterior debe reflexa-la realidade da obra executada, sendo imprescindible que a obra realizada sexa a subvencionada. Non se admitirá o cambio de aplicación desta subvención, a non ser que existan razóns excepcionais de forza maior xustificadas e así o decida o Órgano que aprobe estas Bases, sempre e cando se poida realiza-la nova obra, no prazo de execución que se establece para as obras que se acollan a este programa de subvencións. Se por calquera circunstancia o valor da obra executada resulta inferior ó importe da solicitude, a subvención da Deputación experimentará a reducción proporcional correspondente. As obras haberán de ser contratadas na súa totalidade presupostaria nun só acto e a un só adxudicatario, sen que proceda a súa división en fases. Décimoprimeira.- As obras que se acallan a este programa deberán estar executadas e xustificadas antes do 20 de decembro de 1991. Se neste prazo non fase a obra xustificada, pro- cederase á anulación do contraído na contabilidade provincial. Non obstante, poderá prorrogarse o prazo de execución cando existan razóns excepcionais de forza maior debidamente acreditadas polo Concello e así o acorde o Pleno da Deputación. Décimosequnda.- O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas Bases e demáis normativa aplicable poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibididas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na L.P.A. Asímesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. Reclamacións.- Dentro dos cito días seguintes ó da publicación no B.O.P., poderanse interpor reclamacións contra as Bases. BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCION MUNICIPAL PARA A CONSTRUCCIÓN, ACONDICIONAMENTO, E MELLORA DE INSTALACIONS DEPORTIVAS PARA O EXERCICIO DE 1990 Primeira.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra en uso das facultades que lle confiren os artigos 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e o 30 do R.D.L. 781/86, de 18 de abril, acorda, cos votos en contra do Grupo Socialista, Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto) e Sr. Costas Abreu (PSG-EG), establecer e facer público o seguinte Plan de Acción Municipal de Construcción, Mellora e Acondicionamento de Instalacións Deportivas. O seu financiamento e réxime acomodaranse ó determinado nestas Bases. Dito Plan financiarase con cargo ó crédito de CEN MILLONS DE PESETAS (100.000.000) consignado, a tal efecto, na partida 759.71732, "Construcción, Acondicionamento e Mellora de Instalacións Deportivas", que poderá incrementarse mediante suplementación de créditos, tendo en conta que as economías producidas por baixas na contratación utilizaranse para subvencionar novas obras. A Xunta de Galicia poderá participar no desenrolo deste Plan colaborando no financiamento de todas ou parte das obras que resulten seleccionadas, segundo os termos que se establezan no Convenio de Cooperación a celebrar entre a COTOP e esta Deputación. Segunda.- O obxectivo das obras que se acollan ás subvencións deste programa de Acción Municipal de Instalacións Deportivas será dotar ós distintos Concellos da Provincia dunha infraestructura adecuada de instalacións deportivas básicas, primordialmente pistas polideportivas ou campos de deporte en orde a dar cumprimento á obriga dos poderes públicos de fomenta-la educación sanitaria, física e o deporte, consonte dispoñen os artigos 9.2 e 43.3 da Constitución. Terceira.- Dado o carácter esencialmente municipal das obras que se acollan ás subvencións deste programa, incumbe ÓS Concellos: - Solicita-las obras que desexan realizar en réxime de acción municipal de instalacións deportivas. - A tramitación dos respectivos expedientes de contratación. - A aportación da parte do custo da obra que non sexa subvencionada. - Recepción e conservación das obras cando estas sexan municipais. Cando se trate de obras en parroquias ou comunidades veciñais, unha vez efectuada a recepción definitiva das mesmas polos respectivos Concellos, entregaranse, no seu caso, ás respectivas parroquias ou comunidades veciñais para que as integren no seu patrimonio e asuman a responsabilidade de conservación e reparación. Cuarta.- Poderán solicita-las subvencións deste programa tódolos Concellos da Provincia, xa sexa para executar obras municipais, parroquiais ou de comunidades veciñais, de nova construcción ou para acondicionamento e mellora de instalacións deportivas, como pistas polideportivas, campos de deporte e calquera outras da mesma natureza. Os Concellos interesados presentarán solicitude expresa para cada unha das obras que pretendan executar acolléndose ó Programa. A dita solicitude acompañaranse os seguintes documentos: - Instancia suscrita polo Sr. Alcalde. - Memoria explicativa da obra a realizar. - Presuposto, ou no seu caso, Proxecto. - Informe do Sr. Alcalde no que conste se se obtivo ou solicitou calquera outra axuda ou subvención para a mesma obra, e porcentaxe que representa sobre o custo total da mesma. - Copia certificada do Acordo do Órgano competente do Concello polo que se determine a obra e solicite a subvención para a súa realización. Quinta.- As subvencións suxeitas á presente convocatoria poderán solicitarse desde o momento da publicación no BOP ata o día 31 de outubro. Ditas solicitudes axustaranse ó modelo que se adxunta a estas Bases. As peticións xa presentadas precisan de nova solicitude, debendo reuni-los requisitos sinalados nas presentes Bases. Sexta.- A asignación de subvencións ás distintas obras farase preferentemente en función dos seguintes criterios: a) Que as obras a executar o sexan en Concellos de menos de 50.000 habitantes. b) Obras que pola súa magnitude e importancia para os núcleos de poboación onde se ubiquen, repercutan en maior medida no seu uso e utilización por parte dun maior número de usuarios. c) A necesidade das obras apreciada en razón da súa urxencia, estado material e condicións de uso. d) A situación económica do Concello estimada en función de: - Presuposto. - Dispersión da poboación. Sétima.- O importe total das subvencións públicas destinadas a obras que se acollan a este programa non poderá superar o 50% do custo real da obra. Excepcionalmente, poderá subvencionarse a totalidade do custo da obra sempre que se cumpra algún dos seguintes requisitos: - Que o Concello careza manifestamente de recursos para facer frente ó financiamento dos gastos de inversión. Esto deberá acreditarse mediante copia certificada ou xerocopia autenticada da liquidación por capítulos do Presuposto Municipal de Ingresos e Gastos de 1989. - Que a obra que se pretenda acoller a este programa poida ser calificada de urxente, de modo que a súa realización non poida ser aprazada, ou que na mesma se aprecien outras circunstancias de interese social, cultural e deportivo que aconsellen a súa execución. Oitava.- En canto á competencia para a concesión destas subvencións estarase ó disposto con carácter xeral na base Undécima das de Execución do Presuposto Provincial. Unha vez dictado o acordo ou resolución de concesión da subvención, o pago da mesma efectuarase, previa acreditación de estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación, e previa xustificación da inversión realizada nos termos que se establecen na base seguinte, directamente ó Concello. Novena.- A xustificación da execución das obras que se acollan á subvención deste Plan de Acción Municipal realizarase previa presentación dos seguintes documentos e cumprimento dos requisitos que a continuación se sinalan: A) Se a obra se fai por contrata: - Certificación da obra debidamente dilixenciada. - Acordo de aprobación da mesma. - Acordo de adxudicación, e contrato se se trata da primeira certificación. - Acta de recepción provisional debidamente cumprimentada, se se trata da última certificación. - Informe dos Técnicos provinciais correspondentes ó obxecto de comproba-la realidade da inversión e que a obra executada se axusta ó previsto no Proxecto do Presuposto. B) Se a obra se fai por administración: B1), Certificación da obra realizada. - A certificación da obra realizada expresará o número de unidades de obra e o seu valor unitario, o número de xornais do persoal laboral e o seu valor unitario. Asímesmo, dita certificación cumprimentarase, en tódolos seus aspectos, de conformidade co disposto na normativa vixente coa única excepción da firma do contratista que será sustituída pola do Técnico ou Funcionario municipal encargado da obra. A primeira certificación unirase acordo no que se decida a realización da obra por administración. - Na última certificación esixirase o informe dos técnicos provinciais acreditativa da realidade da inversión e de que a obra realizada se axusta ó Proxecto ou Presuposto. B2) Custo de persoal. Persoal laboral: - Copia autenticada das nóminas do persoal laboral empregado na obra. - Certificación do Técnico Director acreditativa de que o persoal que se cita no apartado anterior foi empregado na obra. - Copia autenticada do TC1 e TC2 do persoal laboral empregado na obra. B3) Suministros e servicios. - A xustificación dos suministros e servicios que sexan necesarios na execución da obra farase mediante factura orixinal ou duplicado (non se admitirán facturas fotocopiadas) cos requisitos que lle dan validez. Cando se contrate parte da obra, en lugar de factura esixirase a certificación correspondente. En todo caso, tanto na factura como na certificación figurará o recibido e conforme do Técnico ou Funcionario municipal encargado. Décima.- A documentación á que se retire a base anterior debe reflexa-la realidade da obra executada, sendo imprescindible que a obra realizada sexa a subvencionada. Non se admitirá o cambio de aplicación desta subvención, a non ser que existan razóns excepcionais de forza maior xustificadas, e así o decida o Organo que aprobe estas bases, sempre e cando se po,ida realiza-la nova obra, no prazo de execución que se establece para as obras que se acollan a este programa de subvencións. Se por calquera circunstancia o valor da obra executada resulta inferior ó importe da solicitude, a subvención da Deputación experimentará a reducción proporcional correspondente. As obras haberán de ser contratadas na súa totalidade presupostaria nun só acto e a un só adxudicatario, sen que proceda a súa división en fases. Décimoprimeira.- As obras que se acollan a este programa deberán estar executadas e xustificadas antes do 20 de decembro de 1991. Se neste prazo non tose a obra xustificada, procederase á anulación do contraído na contabilidade provincial. Non obstante, poderá prorrogarse o prazo de execución cando existan razóns excepcionais de forza maior debidamente acreditadas polo Concello e así o acorde o Pleno da Deputación. Décimosequnda.- O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demáis normativa aplicable poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Procedemento Administrativo. Asímesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. Reclamacións.- Dentro dos oito días seguintes ó da publicación no BOP, poderanse interpor reclamacións contra as Bases. ------ Folla: 20,22 6.2695.- RECURSO DE REPOSICION DO SR. COSTAS ABREU CONTRA O ACORDO APROBATORIO DOS; PLANS POS E CAE DE 1990 Sr. Presidente.- Recurso de Reposición del Sr. Costas Abreu contra el acuerdo aprobatorio de los planes, Plan de Obras y Servicios y Comarca de Acción Especial 1990. ¿Alguna intervención?. Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Digo eu, vamos, xa que me tomo o traballo, xa sei que non me van a facer caso, pero polo menos terei dereito a falar. Pois é unha especie de continuación do anterior, e continuará posteriormente con outras Bases, eu antes esquecinme de dicir unha cousa e é que eu lles suxiro que se atrevan a ser sinceiros, entón no último punto de tódalas Bases metan un punto que diga: O finaliza-la obra se se finaliza ou aínda que se faga parcialmente farase unha comida a que asistirán o Presidente ou o Deputado de Zona e se pedirá o voto para o PP. Sería todo moito máis claro, e todos saberíamos a que aternos, creo que debería ser así, bases para campaña electoral do PP, se podían titular e acabar coa comida que é realmente como funcionan, entón votan o mitin alí con cartos públicos e fan campaña, está ben, o que non fan é o que tiñan que facer, eso é o máis grave, a mín que fagan campaña non me preocupa. Pois isto é máis ou menos o mesmo, eu presenteilles un recurso, como levo facendo desde que entrei aquí no que intentaba explicarlles un par de cousas bastante sinxelas, primeira, que seguen vostedes ano tras ano presentándonos como Plan unha pura fotocopia do ano pasado e así desde o ano 1957, no que naceu o POS, con pequenas variacións, que ademáis son vostedes bastante torpes no plantexamento, porque se remiten simplemente á normativa dos tempos da UCD, e esa normativa está cambiada, porque esa normativa dicía que tiña carácter transitorio ata que se aprobara a nova lexislación do Réxime Local, e a no va lexislación do Réxime Local está aprobada aínda que neste punto concreto por culpa da morosidade incomprensible e absolutamente condenable do Goberno Central e da Xunta non entraron no Regulamento que se ve que é o único que se le e que se sabe aplicar aquí. Bueno a iso me contestan cun informe, como sempre, ou sexa, vostedes non contestan, utilizan un informe, ata me votan un piropo despois de confundirme nunha cita, cousa normal, non fun eu, senón quen pasou a máquina o asunto, pero que non entra no asunto, e ademáis me parece francamente pobre, non é certo o que di ese informe sen máis, pero eu non me vou a poñer a discutir cun informe nin co informante. O caso é o seguinte, entrando nos argumentos de fondo, primeiro, a Lexislación e a mínima racionalidade esixible di claramente que o POS, hai que dirixilo ós Servicios Públicos obrigatorios, como tales legalmente definidos e ademáis concebidos como dereitos dos cidadáns, porque vostedes esquecen que tódolos cidadáns desta Provincia que a traída de augas chegue a súa casa e o alcantarillado, e hai moitos cidadáns nesta Provincia absolutamente discriminados e que ven negados eses dereitos, entre outras cousas pola súa forma de actuar, como Organismo colaborador dos Concellos en especial dos pequenos e dos rurais, porque adican os cartos a outras cousas. Segundo, que se ignora absolutamente todo criterio legal de capacidade económica e de xestión dos Concellos, que non se entra na cuestión de resolve-los servicios de carácter supramunicipal como pode se-lo de bombeiros, o de captación de augas, etc., que realmente aí non hai nin memoria que é unha das cousas que ten que conte-lo expediente e moito menos obxectivos, o único obxectivo é seguir facendo as cousas igual e mante-la actual situación política nesta provincia, que negan vostedes absolutamente o dereito dos Concellos a participar na elaboración do Plan e negan ademáis o dereito da Comunidade Autónoma a participar na elaboración do Plan e a fixar directrices que unifiquen a actuación das catro Deputacións, e hai unha Lei de Coordenación das catro Deputacións, e hai unha Lei de Coordenación das Deputacións en vigor, e tanto o goberno anterior como o actual nin na aplican nin a van a aplicar pese a que sexa casi inexistente. Que a utilización que fan dos cartos públicos non favorece ó máximo o efecto multiplicador das aportacións económicas do Estado e da Deputación, que se ignora o carácter unitario do conxunto das actuacións planificadas desta Deputación para colaborar cos Concellos, que no que respecta á Comarca de Acción Especial non hai nin Comarca, nin Acción, nin Especial, hai o de sempre, desde hai mil anos, e a única diferencia entre os Concellos que van polo POS e os que van pola CAE é que no POS a aportación Municipal ten que ser polo menos o 125 por cento da aportación estatal e na CAE o 25 por cento, unha pequena diferencia do 100 por cen, que no POS os Concellos de máis de 20.000 habitantes e lles desconta a poboación do casco urbano e na CAE non, Lalín está na CAE obviamente, aparte diso, incumpren vostedes tódalas cuestións concretas da normativa en canto a prazos, contidos do expediente e se saltan absolutamente a toureira delegando a contratación das obras nos Concellos, a regulación dos mecanismos de delegación e do control necesario que é preciso facer nese tipo de actuacións. Hai moitos máis argumentos sobre os diversos apartados das Bases do POS e da CAE, desde a inexistencia de acordos plenarios en moitos casos ata non ter en conta os datos da Enquisa de Infraestructuras da Provincia e incluso contradecirse absolutamente, por exemplo, os datos estadísticos desta provincia en relación á media española, dan que os maiores déficits nesta provincia e vostedes o saben se dan en abastecemento de auga e saneamento, curiosamente no tema no que vostedes máis cartos lle dedican que é o de accesos rodados estamos nun superavit, porque nestas alturas o 10 por cento da Provincia debe estar cuberto de chapapote, carreteras boas non hai, agora chapapote hai por tódalas partes, bueno pois abastecemento de auga e sanemeamento van corenta e catro millóns e asfaltado e formigonados que polo visto é o que máis votos da, van catrocentos noventa e nove millóns en asignación racional de recursos, non lle vou entrar en cuestión xa de detalle da importancia social das obras de arranxar unha capela ou reformar unhas casas dos médicos para que, eu o único que lles digo, é en primeiro lugar, que vostedes se comprometeron, se comprometeron a primeira vez que presentaron nesta Corporación o POS e a CAE a discutir este asunto e replantexalo, incumpriron ese compromiso, incluso creo que estaba nun pomposo documento que se chamaba obxectivos de goberno para non sei que historias, deberían lelo de vez en canto xa sei que o publicaron, gastaron os cargos, e iso non sei quen o escribiu, pero vamos léano, porque igual sacan algunha idea ou polo menos lles entra o propósito de enmendar non sei, igual lles entra unha dúbida sobre o que están facendo, non me parece tolerable, e eu xa sei que a capacidade de reacción social neste país é moi baixa, pero non me parece tolerable que sistematicamente todo o que nos presenten como propostas súas sexan nin máis nin menos que un encubrimento do caciqueo sen máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Eu quixéralle dicir simplemente neste tema de que estamos cumprindo a normativa vixente que efectivamente dámoslle participación ós Concellos, o Presidente da Comisión de Cooperación reúnese sempre cos Alcaldes para este tema, e que o Ministerio de Administracións Públicas acaba de aprobar xa este asunto o cal quere dicir que non, ningunha cuestión de ilegalidade. De todo isto sometemos a votación este punto da Orde do Día. ¿Votos a favor do recurso?. Sr. Secretario.- Grupo Socialista, Sr. Lage y Sr. Costas Abreu. Sr. Presidente.- ¿Abstenciones?. El resto votamos en contra. Se desestima por mayoría. Visto o escrito de Recurso de Reposición interposto polo Deputado Provincial D. Xesús Manuel Costas Abreu, contra os acordos plenarios de 30 de marzo de 1990, polos que se aprobaron os Plans de Obras e Servicios e o da Comarca de Acción Especial para 1990; e visto, asímesmo, o informe emitido polo Sr. Vicesecretario Interino, que considera consonte a dereito os acordos recorridos, o Pleno, cos votos a favor da estimación do recurso do Grupo Socialista, Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto) e Sr. Costas Abreu (PSG-EG), e polo tanto por maioría, acorda desestima-lo recurso, participándolle que contra este acordo poderá interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á notificación deste. ------ Folla: 22 7.2696.- SOLICITUDE DE UNION ELECTRICA-FENOSA. S.A., INTERESANDO A LIQUIDACION DA OBRA Nº 208 DO POS/88 Sr. Presidente.- Solicitud de Unión Eléctrica Fenosa interesando la liquidación de la obra nº 208 del Plan de Obras y Servicios 1988. ¿Alguna intervención?. ¿Algún voto en contra?. ¿Alguna abstención?. Se aprueba por unanimidad. Vísto-los escritos do Concello de Baiona e da Delegación Provincial da Consellería de Industria, o Pleno acorda por unanimidade, aproba-la solicitude de Unión Eléctrica FENOSA, S.A., pola que interesa que na obra: RBT. Cova Terreña-Percebelleira (Baiona), pertencente ó Plan de Electrificación Rural de 1988, incluído no Plan de Obras e Servicios co número 208, a cantidade que queda por xustificar e que ascende a UN MILLON DUASCENTAS TRINTA E CATRO MIL CENTO NOVE PESETAS (1.234.109), considérese saldo de liquidación, participándolle ó Concello de Baiona que de continuar interesándolle a finalización da obra coa condición exposta, haberá de formular solicitude nese senso por se puidera ser atendida. ------ Folla: 22,24 8.2697.- SOLICITUDES DE RECOÑECEMENTOS DE SERVICIOS FORMULADAS POR ATS LABORAIS FIXAS Sr. Presidente.- Solicitudes de reconocimiento de servicios formuladas por ATS laborales fijas. ¿Alguna intervención?. ¿Algún voto en contra?. ¿Alguna abstención?. Se aprueba por unanimidad. Vísta-las solicitudes remitidas por 36 ATS, de carácter laboral fixo, mediante as que piden o recoñecemento de servicios prestados con anterioridade á formalización do seu contrato laboral de carácter indefinido, o Pleno, acorda por unanimidade, que con carácter discrecional e por aplicación analóxica da Lei 70/78, de 26 de decembro, acceder ó solicitado cos seguintes condicionantes: 1º.- Só serán recoñecidos servicios prestados a esta Excma. Deputación Provincial. 2º.- A eficacia deste acordo só se extenderá a aumentos graduais por trienios. 3º.- Acreditarase ás interesadas o importe total que corresponda en concepto de antiguidade e en función do tempo recoñecido, segundo a normativa vixente aplicable. Non obstante, o exceso de valoración que tal recoñecemento comporte con respecto a recoñecemento de trienios do persoal funcionario, deducirase, se procedese, do concepto de complemento de convenio que o persoal laboral desta Deputación Provincial ten acreditado para a equiparación salarial acordada en 30 de maio de 1989. 4º.- Os efectos do presente acordo determínanse en 1 de abril de 1990. Na súa consecuencia, recoñécese, ás persoas que a continuación se relacionan, os servicios que igualmente se determinan: - Dona María del Carmen Aguiño Portela, A.T.S. laboral, tres anos, seis meses e vintenove días, desde o 2 de xuño de 1986 ó 31 de decembro de 1989. - Don Juan Carlos Almón Vispo, A.T.S. laboral, dous anos, dez meses e vinteséis días, desde o 12 de febreiro de 1987 ó 31 de decembro de 1989. - Dona Rosa María Alvarez Sieiro, A.T.S. laboral, un ano, sete meses, desde o 1 de xuño de 1988 a 31 de decembro de 1989. - Dona María Luisa Andión López, A.T.S. laboral, tres anos e cito meses; desde o 18 de xuño de 1984 a 30 de marzo de 1986; desde o 2 de xuño de 1986 a 7 de setembro de 1986; desde o 14 de abril de 1987 ó 13 de abril de 1988 e desde o 18 de maio de 1989 a 31 de decembro de 1989. - Dona Concepción Baltasar Blanco, A.T.S. laboral, un ano, dous meses e vinteoito días, desde o 1 de xullo de 1988 a 7 de novembro de 1988; desde 8 de febreiro de 1989 a 31 de decembro de 1989. - Dona Clavelina Barreiro Moreira, A.T.S. laboral, catro anos, cinco meses e dezasete días, desde o 15 de maio de 1985 a 14 de novembro de 1985; desde 14 de marzo de 1986 a 31 de decembro de 1989. - Dona María José Barreiro Rodríguez, A.T.S. laboral, un ano e sete meses, desde o 1 de xuño de 1988 a 31 de decembro de 1989. - Dona María Losada Cabirta Caramés, A.T.S. laboral, tres anos, dous meses e vintecatro días; desde o 2 de xuño de 1986 a 1 de outubro de 1986; desde o 6 de febreiro de 1987 a 16 de maio de 1989 e desde o 18 de maio de 1989 a 31 de decembro de 1989. - Dona Amparo Campelo Pousada, A.T.S. laboral, dous anos e seis meses, desde o 1 de xullo de 1987 a 30 de decembro de 1989. - Dona Ana María Conde Penelas, A.T.S. laboral, un ano, tres meses e once días, desde o 1 de xullo de 1988 a 7 de novembro de 1988, e desde o 28 de xaneiro de 1989 a 31 de decembro de 1989. - Dona Ana Isabel Corbal Obelleiro, A.T.S. laboral, tres anos, seis meses e vintetrés
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota