Fondos
1991-01-18_Extraordinaria. Acta de sesión 1991/01/18_Extraordinaria
Acta de sesión 1991/01/18_Extraordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.17.713/3.1991-01-18_Extraordinaria
Título Acta de sesión 1991/01/18_Extraordinaria
Data(s) 1991-01-18 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 43,44 Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 18 de xaneiro de 1991 No Salón de Sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día dezaoito de xaneiro de mil novecentos noventa e un, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. César Xosé Mera Rodríguez, reuníronse os Sres. Deputados, D. José Ramón Abal Varela, D. Adolfo Abalo Ríos, D. Xosé Manuel Barros González, D. Jorge Casal Pintos, D. José Castro Álvarez, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Xesús Manuel Costas Abreu, D. Armando Couselo Soto, D. Avelino Fernández Alonso, Dna. Elvira Fernández Díaz, D. Manuel Freire Lino, D. Justo José González Ballesta, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. Manuel Lamazares Pardo, D. José Manuel Losada Millán, D. Carlos Mantilla Rodríguez, D. Juan Francisco Martínez-Herrera Escribano, D. Antonio Nieto Figueroa, D. Antonio M. Nodar Martínez, D. José Manuel Pérez Alarcón, D. Saturno Luis Valdés González, D. Modesto Valverde Soto e D. Gilberto Benito Vila Salgueiro, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, con arreglo á correspondente Orde do Día. A efecto de votacións faise constar que a Corporación está formada por vintesete Deputados de feito e de dereito, incluído o Presidente. Da fé do acto o Vicesecretario Interino, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor de Fondos Provinciais, D. Víctor Soto Bello. Non asisten os Sres. Deputados, D. José Manuel Gallego Lomba, D. Fernando Garrido Valenzuela e D. Emilio González Iglesias. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da Orde do Día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.2867.- ACTAS ANTERIORES Sr. Presidente.- Primer punto del Orden del Día. Aprobación dos borradores das Actas das sesións, ordinaria do día 30 de novembro, e extraordinaria do 14 de decembro, ámbalas dúas de 1990. Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Si, primeiro quería plantexarlle unha cuestión de orde. En aplicación do artigo 81 do ROF, que di que as convocatorias das sesións extraordinarias teñen que ser expresamente motivadas, e a min me gustaría saber cal é a razón de ser desta sesión extraordinaria porque realmente a maioría dos puntos da a impresión de que son típicos dun Pleno ordinario. Como en decembro xa non houbo Pleno ordinario, pois a cousa podería ser preocupante. Sr. Presidente.- Pois a explicación é que si celebrásemo-lo Pleno ordinario deste mes, coincidiría co tema de FITUR na que a maior parte de moitos Alcaldes da provincia, que son Deputados provinciais, pois asistirán a este acto, entón, é dicir, me refiro á exposición da Feira Internacional de Turismo, entón de aí que consideráramos conveniente pois, o adianta-la sesión. Non hai outra razón. Sr. Costas Abreu.- Home, pois Sr. Presidente, eu quero que conste en Acta a miña proposta porque antes do 30 de xaneiro ten que haber necesariamente un Pleno ordinario. Sr. Presidente.- De acordo co Regulamento Orgánico non é así. Sr. Costas Abreu.- De acordo co Regulamento Orgánico é exactamente así, porque van transcurridos, o 30 de xaneiro, exactamente dous meses sen Pleno ordinario. Sr. Presidente.- O Regulamento Orgánico acaba de entrar en vigor inda agora mesmo. Sr. Costas Abreu.- Si, eu dígolle que di textualmente que haberá un Pleno ordinario, alomenos cada dous meses. Sr. Presidente.- Pois si, si, en febreiro haberá un Pleno ordinario. Sr. Costas Abreu.- En febreiro xa pasan os dous meses. Sr. Presidente.- Non, non. Sr. Costas Abreu.- Si. Sr. Presidente.- Desde que está aprobado o Regulamento Orgánico non hai dous meses, e si fora así convocaríamolo. Sr. Costas Abreu.- Desde que se celebrou o último Pleno si van dous meses, que é desde cando se conta. Sr. Presidente.- Pois si é así farase o Pleno, nós cumpriremo-lo Regulamento, non se preocupe. Sr. Nieto Figueroa.- Si, otra cuestión de orden. Sr. Presidente.- Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- Si, una cuestión de orden y ésta si amparada en el artículo 51 del Reglamento que han aprobado ustedes, el Reglamento que parece ser, según usted dice, no tiene dos meses todavía de vida. Efectivamente el Boletín Oficial hace unas solas fechas, aparte de que efectivamente me sumo a la solicitud del Sr. Costas, mi asunto es completamente diferente. Como usted sabe, vuelvo a repetir que me apoyo en el artículo 51 del Reglamento en vigor aprobado por ustedes, como usted sabe diez Concejales del Partido Socialista intentaron una reunión con usted, y como usted sabe también, hay cantidad de escritos en los que le he solicitado que efectivamente, antes de iniciar la nueva etapa 1991 se concretase qué iba a pasar con él, con la renovación del Convenio con la ciudad de Vigo para este mismo año. Sr. Presidente.- Mire Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- No terminé Presidente. Sr. Presidente.- No, es que no le dejo intervenir sobre ese tema. Primer punto del Orden del Día, es decir, cuando, mire una cosa, el artículo 51 lo voy a leer yo y dice lo siguiente: "Cualquier Diputado durante la celebración...", para que se entere todo el mundo de lo que dice, "Cualquier Diputado durante la celebración de la sesión podrá solicitar la retirada de algún expediente incluido en el Orden del Día...", eso que está usted hablando no está incluido en el Orden del Día, "a efectos de que se incorporen al mismo documentos e informes. Del mismo modo podrán solicitar que el expediente quede sobre la mesa aplazando su discusión", luego, lo que usted está hablando no está dentro del Orden del Día. Sometemos a votación el primer punto del Orden del Día, ¿votos en contra?, ¿abstenciones?. Abstención del Sr. Costas Abreu. Los demás votamos a favor, queda aprobado con la abstención del Sr. Costas Abreu. No dejo hablar a nadie más en este tema. Sr. Costas Abreu.- Hai unhas correccións que xa fixen sobre a Acta pero, na páxina cincuenta e oito do Pleno do 30 de novembro hai un ha intervención miña que se a colocan ó Sr. González Iglesias, que a corrixan. Sr. Presidente.- Bien, pues se recogerá ese error. O Pleno acorda, por unanimidade, aproba-los borradores das Actas das sesións, ordinaria do día 30 de novembro, e extraordinaria do 14 de decembro, ámbalas dúas de 1990. ------ Folla: 44,46 2.2868.- BASES AXUDA ECONÓMICA PARA O ESTABLECEMENTO DE PEQUENOS REGADIOS E MELLORA DOS EXISTENTES Sr. Presidente.- Intervenciones. Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Bueno, vamos a ver. Isto é unha convocatoria que se repite ano tras ano e creo que é de razón que para introducir melloras nos anos sucesivos e non limitarnos a repetirnos como facemos sempre a estas alturas deberíamos ter xa unha memoria avaliada do resultado que deron as subvencións que se deron anteriormente e ademáis temos xa bastante experiencia do que pasa con esta convocatoria sempre, non. E dicir, a convocatoria di que se pode dar ata o 50% da subvención e da un prazo de 20 días para presentar solicitudes e a verdade é que todos sabemos que nunca se pode da-lo 50% e que os 20 días resultan máis que escasos e moita xente queda fóra simplemente porque entre que se entera e non se entera non lle da tempo a presenta-la documentación. Entón eu proporía como modificacións ás Bases que se limite, realmente vai ser así, o 30% co importe da subvención sobre o total do proxecto cun límite máximo dun millón de pesetas que non se fixa, que se faga un prazo máis amplio de presentación de solicitudes polo menos dun mes e que se engada algo que eu creo que é de razón tamén, por algún caso que coñezo, pois, sería útil, é dicir, o compromiso de conservación das obras polo prazo de polo menos cinco anos porque o que non ten sentido é que se monten regadíos de breve duración e non subvencionandoos. Son cousas que están pasando. Entón presento esas catro enmendas. Sr. Barros González.- Si, yo creo que se puede aceptar la de aumentar el plazo un poquito más en un mes, o sea, en vez de 20 días, 30 días, y lo del compromiso de mantenimiento de los regadíos porque es obvio porque ya los paisanos lo mantienen por la cuenta que le tiene, pero eso se puede poner. Lo demás yo creo que es innecesario porque hasta ahora aunque es poco plazo como decía antes y tal pero siempre se presentaron más solicitudes de las que realmente podemos atender y otros cambios, bueno yo no aceptaría más que esos dos cambios. Sr. Presidente.- Muchas gracias. Sr. Nodar. Sr. Nodar Martínez.- Si Señor. Estamos también de acuerdo con el tema del plazo y la limitación pero es que además quería aprovechar la ocasión para hacerle un ruego al Presidente de la Comisión, y es que los expedientes que se tramiten a nombre de los titulares de las fincas porque puede dar lugar a problemas tanto de interpretación como incluso de transparencia y sino me remito al Acta de la Comisión de Gobierno, la penúltima Acta remitida a los Diputados, donde se hacen concesiones para mejora de regadíos, por ejemplo, a D. Xosé Antonio Landín Eirín, cuando su profesión es médico y a otros más. Lógicamente me interesé por el expediente y se me dice por parte de los Servicios Técnicos que la titularidad de esas fincas es el propio Concello de Barro, luego lo lógico es que se tramite a nombre del Concello de Barro y no tiene porque figurar el Sr. Landín Eirín. Gracias. Sr. Presidente.- De acuerdo, muchas gracias. Sr. Nieto Figueroa sobre el punto del Orden del Día que estamos tratando. Sr. Nieto Figueroa.- Yo le rogaría Presidente que no provoque situaciones que no vienen al caso ni ha lugar a ellas. Me voy a referir, vuelvo a repetirle, al artículo 51 del Reglamento de la Diputación Provincial y... Sr. Presidente.- No le concedo la palabra. Sr. Barros. Sr. Barros González.- No, que me parece bien, que si una instancia de un Ayuntamiento en vez de venir a nombre del Alcalde que venga a nombre del Ayuntamiento, es lógico si la finca es del Ayuntamiento. Hay pocos casos. Hay en otros que viene a nombre del Alcalde de Barrio, etc., porque se encargan en cabeza de una serie de vecinos para hacer la petición. En este caso cuando es de un Ayuntamiento que venga a nombre del Ayuntamiento, me parece bien. Sr. Presidente.- Sometemos a votación este punto del Orden del Día. ¿Votos en contra?. ¿Abstenciones?. Grupo Socialista. Los demás votamos a favor. Se aprueba por maioría. Visto o dictame favorable da Comisión Informativa de Agricultura, Gandería e Montes sobre concesión de axuda económica para o establecemento de pequenos regadíos e mellora dos existentes, e visto asímesmo o informe favorable da Intervención de Fondos Provinciais, o Pleno acorda por maioría, co voto en contra do Grupo Socialista e os demáis votos a favor, a aprobación das Bases de Axuda Económica para o Establecemento de Pequenos Regadíos e mellora dos existentes por un importe de TRINTA MILLONS DE PESETAS (30.000.000), para o ano 1991 e que son as seguintes: BASES PRIMEIRA: Neste programa outorgaranse axudas económicas ata un total inicial de TRINTA MILLÓNS DE PESETAS (30.000.000), quedando facultado o Ilmo. Sr. Presidente ou Órgano competente desta Excma. Deputación para a súa concesión na contía que se propoña pola Comisión de Agricultura e Gandería. SEGUNDA: Os modelos de impresos serán facilitados ós interesados nos Concellos respectivos e no Servicio Agrario da Excma. Deputación Provincial. Estes irán acompañados da seguinte documentación: - Croquis acotado das obras a realizar e situación das mesmas. - Presuposto dos materiais a empregar. - Presuposto total das obras. - Declaración xurada de que non solicitaron ou percibiron para a mesma inversión, axuda doutros Organismos Oficiais. TERCEIRA: Unha vez estudiadas as solicitudes pola comisión de Agricultura e aprobadas polo Ilmo. Sr. Presidente ou Órgano competente desta Excma. Deputación, comunicaras e ós interesados a resolución recaída. CUARTA: O importe da axuda alcanzará como máximo, o 50% do presuposto total das obras. QUINTA: O pago da axuda económica realizarase unha vez finalizada a obra de establecemento de pequenos regadíos e mellora dos existentes, a petición mediante escrito do solicitante dirixido ó Servicio Agrario, comunicando a finalización da mesma, e certificación expedida por Técnico de dito Servicio na que faga constar que as obras foron realizadas de conformidade co expediente de axuda concedida. SEXTA: O prazo de execución das obras de establecemento de pequenos regadíos e mellora dos existentes comprenderá desde a notificación da subvención ata o día 20 de decembro do exercicio corrente. SÉTIMA: Cando o presuposto da obra a realizar fora superior a UN MILLON DE PESETAS (1.000.000), a Presidencia poderá autorizar e dispoñe-lo pago fraccionado de igual forma ó establecido na Base anterior. OITAVA: Estimaranse como criterios de selección das peticións para a concesión das axudas os seguintes: a) Número de veciños ós que afecte a obra que se pretende e grado de desenrolo da comarca. b) Importe das obras. c) Superficie a regar. d) Interese económico e social dos cultivos. e) Terminación do regadío se se está executando por fases e se se realizou algunha delas. NOVENA: Polo Servicio Agrario, enviaras e á Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, relación dos beneficiarios e contía da axuda concedida. DÉCIMA: Os beneficiarios comprometeranse como contraprestación da axuda recibida a prestar unha íntima colaboración co Servicio Agrario desta Excma. Deputación durante a realización das obras. O mesmo tempo faranse responsables da conservación das mesmas e da limpeza dos cauces de rego por un período mínimo de cinco anos, baixo apercibimento de reintegro da axuda, e se lles inste a constituirse en comunidade de regantes con axuda da Excma. Deputación Provincial. UNDÉCIMA: Concédese un prazo de vinte (20) días hábiles a partir da publicación destas Bases no "Boletín Oficial da Provincia", para presenta-las solicitudes correspondentes (os impresos serán facilitados nas dependencias do Servicio Agrario, Deputación Provincial, e nos Concellos correspondentes), que deberán dirixirse ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial e acompañadas da documentación indicada nos impresos. RECLAMACIONS: Dentro dos oito días seguintes ó da publicación deste anuncio no "Boletín Oficial da Provincia", poderán interpoñerse reclamacións contra as Bases. ------ Folla: 46 3.2869.- SOLICITUDE DO CONCELLO DE POIO, INTERESANDO PRÓRROGA PARA EXECUCIÓN DAS OBRAS NÚMEROS 15 E 134 DO POS/89 Sr. Presidente.- Intervenciones. Sobre el punto del Orden del Día. Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- Solicito que todos estos temas al amparo del artículo 51 queden pendientes y sea suspendida la sesión plenaria, es lo que le quería decir con relación al artículo 51 que usted ha aprobado. Y que se vote. Y que se vote. Muchas gracias. Sr. Presidente.- Muy bien. Ese si que es un derecho que tiene usted y lo voy a ejecutar. No, no, sometemos a votación, antes de nada la propuesta del Sr. Nieto Figueroa. ¿Votos a favor de la propuesta?. Grupo Socialista y Sr. Costas Abreu de Esquerda Galega. ¿Abstenciones?. Los demás votamos en contra. Queda rechazada la propuesta. Muchas gracias. Seguimos en el punto número tres, que era, vuelvo a recordar, Solicitude do Concello de Poio interesando prórroga para execución das obras números 15, 134 do POS/89. Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Si, Sr. Presidente. Se quere agrupamo-los temas do tres ó oito que están relacionados para intervir, senón falamos en relación con cada un. Como se decida. Vamos a ver. Veñen varias prórrogas, moitas delas sen a máis mínima xustificación, en concreto estas dúas obras son do POS de 1989 e non se sabe porque non se executaron. Nese expediente a verdad e é que non se logran descifra-las causas, igual existen, non, nin sequera se toman o traballo de expoñe-las expresamente para que tomemos unha decisión fundada. E eu creo que por este camiño acabaremos sancionando ós que cumpran os prazos. Porque o problema non é só que nun caso concreto se dean actuacións pouco dirixentes, senón que xa logo no último punto deste bloque o que se fai é que nin as prórrogas teñan que pasar polo Pleno, cando unha prórroga supón de entrada o incumprimento das Bases de concesión da subvención e a min me parece que xa non só admitir prórrogas sen xustificación senón practicamente dar por bo calquera incumprimento nos prazos de execución das obras, non é precisamente un bo sistema para actuar nesta Deputación, e isto pasa nunha serie de puntos, e pasa sistematicamente e se entende pouco esta historia. Sr. Presidente.- Moitas gracias. ¿Algunha intervención máis?. Sometemos a votación este punto da Orde do Día, ¿votos en contra?, Sr. Costas Abreu. Na Comisión votou por unanimidade, ¿non?, votou a favor. ¿Abstencións?, ¿abstencións?, non. Os demáis votamos a favor, queda aprobado por maioría co voto en contra do Sr. Costas Abreu. De conformidade coa proposta da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades, o Pleno acorda por maioría, co único voto en contra do Sr. Costas Abreu (PSG-EG), aproba-las solicitudes do Concello de Poio, interesando a concesión de prórroga para a xustificación da obra nº 15 do POS/89: "Mellora depósitos servicio de augas", ata o 30 de xuño de 1991, e da obra nº 134 do POS/89: "Afirmado camiños veciñais", ata o 31 de marzo de 1991. ------ Folla: 46,47 4.2870.- SOLICITUDE DO CONELLO DE SANXENXO, INTERESANDO PRÓRROGA PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA Nº 260 DO POS/90 Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?, ¿algún voto en contra?, ¿algunha abstención?. Abstención do Sr. Costas Abreu. Apróbase coa abstención do Sr. Costas Abreu. O Pleno, de conformidade coa proposta da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades, acorda por maioría, coa abstención do Sr. Costas Abreu (PSG-EG), aproba-la solicitude do Concello de Sanxenxo, pola que interesa a concesión de prórroga para a contratación da obra nº 260 do POS/90: "Enlosado de pedra rúa Fuensanta Rodríguez, 1ª fase", ata o 30 de xuño de 1991. ------ Folla: 47,48 5.2871.- SOLICITUDES DOS CONCELLOS DE POIO, MARÍN, BUEU E AGOLADA PARA APLICACIÓN DE REMANENTES POR BAIXAS DE CONTRATACIÓN DAS OBRAS DO POS E CAE 1990 Sr. Presidente.- ¿Intervencións?. Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Bo, quero que me expliquen o Presidente ou os Técnicos, se o remanente do Concello de Poio de catro millóns seiscentas mil pesetas é realmente remanente ou cambio de aplicación, porque no expediente non se especifica nada e é unha contía extraña para ser un remanente. E en segundo lugar tamén quero que me expliquen se o destino de remanentes do Concello de Agolada, a reforma da Casa dos Médicos, é ou non é unha competencia municipal, e si polo tanto é aceptable. Sr. Presidente.- A certificación do Concello de Poio di o seguinte, di o seguinte, bo, que o Sr. Alcalde expón ó Pleno que a aplicación do remanente de catro millóns seiscentas corenta e dúas mil novecentas trinta e catro pesetas que se produxo na subasta da obra "Mejora captaciones y distribución red de agua", es decir, que queda explicado de que efectivamente fue un remanente debido a unha baixa nesa subhasta. E noutro caso concreto se o Concello de Agolada pois decide, pois acondiciona-la obra da Casa do Médico, pois loxicamente as Casas dos Médicos son propiedade dos Concellos. Vostede debe saber ese tema. Sr. Costas Abreu.- Bo eu, se non mo pode contestar agora non me lea un escrito sen xustificación... Sr. Presidente.- Non, digo que son propiedade dos Concellos, dígolle eu ese tema. Sr. Costas Abreu.- Eu non estou nada seguro de que os catro millóns seiscentas mil pesetas sexan un remanente, non é a primeira vez que nos meten como remanente, aí non hai ningunha xustificación... Sr. Presidente.- Estou lendo unha certificación, estou lendo unha certificación, se o Secretario, home, usted parece que está poñendo en evidencia que o Secretario da Corporación minte, de Poio. Sr. Costas Abreu.- Non, non, eu non estou poñendo en evidencia nada. Hai un truco bastante habitual que nos fixeron varias veces algúns Concellos, que consiste en considerar como remanente o cen por cen da subvención dunha obra, é dicir, non a... Sr. Presidente.- Aquí di o seguinte, D. Angel T. Sutil García, Secretario Xeral do Concello de Poio, certifica, despois empezamos a ler e di, que a aplicación, é dicir, solicitar de la Diputación Provincial la aplicación del remanente de cuatro millones seiscientas cuarenta y dos mil novecientas treinta y cuatro pesetas que se produjo en la subasta de la obra, é dicir, que máis claro imposible. Agora, eu non podo simplemente temos que transcribir porque si a partir de agora desconfiáramos dos Secretarios da provincia pois entón íamos apañados. Sr. Costas Abreu.- Está ben, haberá que miralo. Sr. Presidente.- Aparte que usted é funcionario de Administración Local, imaxino que aunque sexa por solidariedade esa desconfianza non a ten. Sr. Costas Abreu.- Eu teño solidariedade con según quen. Sr. Presidente.- Digo, espíritu de cuerpo. Vamos a someter a votación este punto da Orde do Día, ¿votos en contra?, Sr. Costas Abreu vota en contra. ¿Abstencións?, os demáis votamos a favor. Queda aprobado por maioría coa abstención do Sr. Costas Abreu. O Pleno, de conformidade coa proposta da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades, acorda por maioría, co voto en contra do Sr. Costas Abreu (PSG-EG), o seguinte: - Apróbase a solicitude do Concello de Poio, pola que interesa a aplicación dos remanentes de baixa por contratación da obra nº 1 do POS/90: "Mellora Captacións e Distribución Rede de Auga", por importe de CATRO MILLÓNS SEISCENTAS CORENTA E DÚAS MIL NOVECENTAS TRINTA E CATRO PESETAS (4.642.934), á nova obra: "Adicional ó proxecto de Mellora de Captacións e Distribución Rede de Augas". - Apróbase a solicitude do Concello de MARÍN, pola que interesa a aplicación dos remanentes de baixa por contratación das obras nº 43, do POS/90: "Camiño de Caños de Moledo a Loira", por importe de UN MILLÓN DUASCENTAS SESENTA E TRES MIL OITOCENTAS NOVENTA E SETE PESETAS (1.263.897); nº 16 do POS/90: "Sumidoiro de Souto Carregal a República Argentina", por importe de UN MILLÓN DUASCENTAS OITENTA E TRES MIL TRESCENTAS PESETAS (1.283.300); nº 46 do POS/90: "Pavimentación e sumidoiro camiño Viñas Blancas-Estrada de Figueirido", por importe de UN MILLÓN VINTECINCO MIL TRESCENTAS SETENTA E CINCO PESETAS (1.025.375); nº 42 do POS/90: "Pavimentación estrada de Caños de Moledo-Cemiterio Ardán, fase 2", por importe de NOVECENTAS OITENTA E CINCO MIL OITOCENTAS NOVENTA E DUAS PESETAS (985.892), e nº 44 do POS/90: "Pavimentación camiño de Miñán", por importe de NOVECENTAS UNHA MIL TRESCENTAS NOVENTA PESETAS (901.390), á mellora das mesmas obras. - Apróbase a solicitude do Concello de BUEU, pola que interesa a aplicación dos remanentes de baixas por contratación da obra nº 274 do POS/90: "Pavillón polideportivo, subfase 1-E", por importe de CENTO SETE MIL TRESCENTAS CORENTA E SEIS PESETAS (107.346), á mellora da mesma. - Apróbase a solicitude do Concello de AGOLADA, pola que interesa a aplicación dos remanentes de baixas por contratación das obras números, 15, 16, 17, 18, 19, 115, e 213, da CAE/90, que ascenden a DUASCENTAS CINCUENTA E TRES MIL PESETAS (253.000), á obra: "Reforma da Casa dos Médicos, fase 2". Por teren todas elas aportacións do Estado, condiciónase a efectividade deste acordo a súa aprobación pola Dirección Xeral de Análise Económico Territorial, comunicándoselle ós Concellos a resolución que adopte, a excepción da nº 213 de Agolada, por financiarse con aportación da Deputación. ------ Folla: 48 6.2872.- SOLICITUDE DO CONCELLO DE PONTEAREAS INTERESANDO AUTORIZACION PARA REALIZAR POR ADMINISTRACIÓN AS OBRAS NUMEROS 7, 94, 124 E 190 DA CAE/90 Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?, ¿algún voto en contra?, ¿algunha abstención?. Se aprueba por unanimidade. De conformidade coa proposta da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades, o Pleno acorda por unanimidade, o seguinte: Apróbase a solicitude do Concello de Ponteareas, pola que interesa realizar por Administración as obras da CAE/90, nº 7: "Abastecemento de augas no rural", nº 190: "Apertura, pavimentación, sumidoiro e abastecemento de augas Rúa da Braña", nº 94: "Pavimentación camiño de Porteliña a Cinco Esquinas en Cristiñade", e nº 124: "Apertura, pavimentación, sumidoiro e abastecemento do primeiro tramo da rúa Paseo Matutino". Polo que se refire ás obras números 190 e 94, estarase ó que dispoña a Dirección Xeral de Análise Económico Territorial, por estar afectado o seu financiamento pola aportación do Estado. En canto a súa xustificación, estarase ó disposto na Lei de Contratos do Estado e o seu Regulamento. ------ Folla: 48 7.2873.- SOLICITUDE DO CONCELLO DE BUEU INTERESANDO O MANTEMENTO DA APORTACIÓN DA DEPUTACIÓN NA OBRA Nº 272 DO POS/89 Sr. Presidente.- Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Si, pode le-los papeis tamén que segundo vostede xustifica. Esta é outra historia curiosa. Unha obra do POS de 1989, seguiu unhas cantas guerras desde entón, e resulta que deberon pedir ó mesmo tempo a subvención á Deputación e á Xunta, ó final paga a Xunta e nos piden que manteñámo-la aportación provincial para reducir contribucións especiais, segundo a obra de interese xeral. Non digo que non teña o seu interese reducirlle as contribucións especiais a quen llas impuxeron, agora, adicar subvencións á reducción de tributos pregúntelle ó Interventor se é admisible. Agora, como o Secretario seguramente di que si, pois moi ben, agora, isto é manifestamente ilegal, sen máis. Pregúntelle ó Interventor, ande, pregúntelle. Sr. Presidente.- Eu o que estou observando é que vostede na Comisión votou por unanimidade, debeu ter un espíritu, non sei se sería o da guerra do Golfo que lle fixo cambiar un pouco estes días, porque estou vendo nalgúns temas, que eu pensei que non ía haber debate porque estaba aprobado por unanimidade, en cambio vostede está cambiando de criterio, é o seu dereito, como é lóxico. ¿Algunha intervención máis neste punto da Orde do Día?. Sr. Freire Lino. Sr. Freire Lino.- No se trata de una subvención, es una parte de obra ejecutada directamente por la C.O.T.O.P., con su financiación y adjudicación por su parte, no es una subvención al Ayuntamiento, es una parte de obra que ejecuta directamente la C.O.T.O.P., no se si estará recogido perfectamente en el expediente pero es así. Sr. Presidente.- Sr. Costas Abreu, quere volver a intervir. Sr. Costas Abreu.- Si, moi brevemente. Antes das Comisións ás veces non teño tempo a le-los expedientes entón me fío do que me contan, pero fíome bastante máis dos meus dous ollos con dúas gafas enriba, entón cando vexo un expediente no que hai unha subvención e pregúntolle ó Interventor se iso é tecnicamente ou non unha subvención destinada ademáis á reducción de tributos aplicados polo Concello, pois lle pregunto ó Interventor se iso é legalmente admisible porque está expresamente prohibido pola lexislación vixente aplicar subvencións a disminuir tributos. Sr. Presidente.- Pero vamos a retirar este punto da Orde do Día para mellor informe técnico. Durante o debate deste asunto ausentouse definitivamente o Sr. Vila Salgueiro. Retírase da Orde do Día. ------ Folla: 48,49 8.2874.- PRÓRROGA PARA XUSTIFICACIÓN DAS OBRAS DE ACCIÓN MUNICIPAL, ACCIÓN COMUNITARIA E ACCIÓN DEPORTIVA DE 1989 Sr. Presidente.- Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Si, isto é xa, hai postase que diría un culto, da cuestión das prórrogas, porque estamos falando de Plans de 1989, que foi a gran novidade de 1989, e van dous anos, pasaditos, e agora concedémo-la prórroga. A prórroga supón, nin máis nin menos, que o recoñecemento do incumprimento das condicións por parte de varios dos solicitantes, e a modificación das bases de convocatoria, e a argumentación que nos dan nalgúns casos é que se debe a imponderables, cita textual, e hai outros que din a factores climatolóxicos. Logo, se un mira a documentación con calma, e non é por meterlle o dedo no ollo, descubre que o Concello de A Cañiza, dos vinte millóns que obtivo non xustificou nada porque non debeu facer nada, sen dúbida debido ás súas moitas ocupacións, vamos a disculpalo polo lado persoal pero evidentemente a cousa non funciona. Isto non é admisible Sr. Presidente, xa lle digo, vamos acabar sancionando os que cumpren. Sr. Presidente.- Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, es prácticamente redundar en el tema pero hay dos cuestiones aquí diferenciadas, ¿no?. Concretamente en el tema de Acción Deportiva y Acción Municipal, pues efectivamente es posible la prórroga, pero si usted se fijó pues hay cuestiones que son absolutamente inaceptables porque en todo lo concerniente a la Acción Comunitaria es rotundo y tajante que no puede haber prórrogas, de manera que nosotros efectivamente aceptamos las prórrogas, incluso aunque usted no haya gastado, no haya invertido, no se si los gastos los invierte, los veinte millones de A Cañiza, veinte y otros muchos más que ya iremos conociendo. Aceptamos los primeros pero desde luego donde efectivamente está prohibida la prórroga, porque si no consta no hay, tácitamente es una prohibición, que es, ésta última pues no la aceptamos. Sr. Presidente.- Bueno, muchas gracias. Yo lo único que quiero decir en este caso es que efectivamente el propio Estado Central, probablemente fije unos plazos para lo que es la contratación, pero una vez que se inicia la obra, pues normalmente el plazo pues ya no es, no digo que no exista, no se, no digo que no sea indefinido, sino todo lo contrario. Pero muchas veces por una serie de razones, incluso en las obras de Acción Comunitaria a veces está mucho más justificado, el tema concretamente que además aluden a A Cañiza no es cierto porque saben que ha habido un cambio de aplicación de unas obras que me habían hecho en la Xunta, y lo único que pasa en algunos casos, lo que están es pendiente de certificar, es decir, pero, digo que el propio Estado Central mantiene vigentes pues presupuestos de hace tres ó cuatro años, lo único que no suele mantener es lo que son las contrataciones, y todas esas obras pues lógicamente están contratadas sino si que no podría ser así. Sometemos a votación este punto del Orden del Día. ¿Votos en contra?, Sr. Costas Abreu. El Partido Socialista vota en contra de Acción Comunitaria, de las otras dos vota a favor, es decir, como vienen, para que lo recojas en Acta, Acción Municipal, Acción Comunitaria, Acción Deportiva, vota a favor de Acción Municipal y de Acción Deportiva en la prórroga, y vota en contra de Acción Comunitaria. Los demás votamos a favor. Queda aprobado por mayoría el punto, el Plan global. Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- No, no, es para el punto. De conformidade coa proposta da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades, o Pleno acorda por maioría, co voto en contra do Sr. Costas Abreu (PSG-EG) polo que respecta ás prórrogas dos tres Plans, e do Grupo Socialista e Sr. Lage Rodríguez (Grupo Mixto) polo que se refire á prórroga do Plan ou Programa de "Acción Comunitaria", o seguinte: Apróbase, a solicitude de varios Concellos, prorroga-la data de execución e xustificación sinalada nas Bases dos Programas de "Acción Municipal", "Acción Comunitaria" e "Construcción, Acondicionamento e Mellora de Instalacións Deportivas", publicadas no Boletín Oficial da Provincia, o mércores, 31 de maio de 1989, ata o 30 de xuño do presente ano. Se neste prazo non fosen as obras xustificadas, procederase á anulación do contraído na contabilidade provincial. ------ Folla: 49,58 9.2875.- BASES REGULADORAS DOS PROGRAMAS DE ACCIÓN MUNICIPAL, ACCIÓN COMUNITARIA E INFRAESTRUCTURA DEPORTIVA PARA O EXERCICIO DE 1991 Sr. Presidente.- Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, yo he presentado también, según los artículos, concretamente el número 56 del actual Reglamento, una enmienda que figura, por favor si, para mejor claridad Sr. Secretario en el expediente la tiene usted ahí, y como me imagino que algunos compañeros, no digo todos, pues no se habrán leído, como habría que hacerlo, estos expedientes, voy a dar una explicación del cómo y por qué, se trata de, tal y como está ahí, la base sexta, la base séptima, y la base sexta y la base séptima de dos de los programas que se presentan ahí. Vamos allá. Primero me voy a referir a Acción Municipal, el primer párrafo que dice, el primer párrafo de la base segunda, el objetivo de las obras que se acojan a las subvenciones de este programa, de Acción Municipal, será asegurar la prestación integral y adecuada, lo voy a leer despacito para que se entienda, en la totalidad del territorio provincial. O sea, dice, el objetivo de las obras que se acojan a las subvenciones de este programa de Acción Municipal será asegurar las prestaciones integrales, o la prestación integral y adecuada, en la totalidad del territorio provincial, etc., etc. Asímismo el apartado a) de la base seis dice, obras que permitan la prestación integral y ordenada en todo el territorio provincial, etc. etc., estos dos apartados chocan con el primero de la letra b) que dice sólo Ayuntamientos de cincuenta mil habitantes, o sea, estos artículos, estas Bases en una parte dicen que tiene que ser, efectivamente, operativa en todo el territorio provincial, y sin embargo ustedes pues instalan un párrafo que dice Ayuntamientos de menos de cincuenta mil habitantes que aquí todos sabemos quienes son, Vigo y Pontevedra, o sea, todos pueden arroparse a una cantidad de centenares de millones menos Vigo y Pontevedra, bueno, pues no se que será Pontevedra y Vigo en esta Provincia. Después la base cuarta dice: podrán solicitar subvenciones, ya hablo en el tema de infraestructura deportiva, podrán solicitar subvenciones todos los Ayuntamientos de la provincia, etc. etc., y la sexta, y que las obras a ejecutar será en Ayuntamientos de menos de cincuenta mil habitantes. Le digo Presidente que esto es casi de cárcel, casi de cárcel políticamente, porque aquí no hay explicación ninguna del por qué se escapa o se odia a los Ayuntamientos de Pontevedra y Vigo, antes lo hacían ustedes con los de menos de veinte mil habitantes hasta que se descubrió la malversación de fondos que se estuvo haciendo constante y permanentemente durante tantos años, dado que determinados Ayuntamientos, que ya conocemos todos, no vamos a reiterarlo porque tampoco vale, se estuvieron llevando una pasta que no era suya, pero claro como se ha descubierto el tema, ahora nos vamos a los cincuenta mil habitantes y si usted se fija en el calendario de habitantes de la Provincia sólo hay dos ciudades que tengan más de los cincuenta mil habitantes, el Ayuntamiento de Vigo y el Ayuntamiento de Pontevedra. Por otra parte hay la base séptima que ésta es mucho más curiosa en el tema deportivo, infraestructura deportiva, que dice concretamente, más o menos: los Ayuntamientos que por incapacidad económica no estén posibilitados, leo de memoria, estén imposibilitados de ninguna acción económica porque su ruina perentoria, porque no incrementa los impuestos, porque así tiene los votos, etc., pues estos nada, pueden hacer las obras, todas ellas, gratis que las paga la Diputación, y claro, si la Diputación que tiene una mayoría tremendamente mayoritaria entiende que la obra es urgente, también la puede hacer al cien por cien a costa de la Diputación provincial, o a costa prácticamente de la ciudad de Pontevedra y de la ciudad de Vigo, bochornoso, bochornoso Presidente, entonces yo le solicito remitiéndome a esa enmienda que tiene ahí en la base sexta de Acción Municipal anular el punto uno del párrafo b), tome nota por favor, para que se vote, base sexta anular el punto uno del párrafo b), estoy hablando de Acción Municipal, base séptima también de Acción Municipal excepto el primer párrafo anular todos los demás, base séptima, a excepción del primer párrafo anular todos los demás, y en infraestructura deportiva en la base sexta, anular el apartado cuatro, el que dice que todos son de Pontevedra menos Vigo y Pontevedra, y valga la redundancia, comprende, y anular también la base séptima a excepción del párrafo primero, del párrafo primero porque a continuación vuelve a repetirse aquellos, los cincuenta mil habitantes, etc., etc., y desde luego al propio tiempo estamos anulando también que la Diputación pueda cuando lo estime oportuno pues hacerle un camino, hacerle un campo de fútbol o hacerle una piscina climatizada a un Ayuntamiento a costa de la Diputación exclusivamente porque el Alcalde de ese Ayuntamiento no ha tenido la valentía, porque no le conviene políticamente de incrementar impuestos, etc., etc., y Vigo y Pontevedra que tienen más de cincuenta mil habitantes, pero tienen el setenta o el ochenta de los habitantes de la provincia pues esos son excluídos, vergonzoso, vergonzoso, afinen, que van en picado, eh. Sr. Presidente.- Muchas gracias. Pues yo le acepto para que vea que estoy en plan receptivo, y que al mismo tiempo nunca estas Bases se aplicarían con ese rigor sino que hablaban de criterios de preferencia, decía en el primer caso, en la base primera más o menos decía que había unos criterios y que en el supuesto de que esos criterios no fuesen suficientes se aplicarían los siguientes y uno de éllos sería el de menos de cincuenta mil habitantes. Yo tanto en el primer caso como en el segundo retiro lo de cincuenta mil habitantes, es decir se retira ese tema y quedan todos los Ayuntamientos de la Provincia, en el segundo caso en el de la base séptima, eso no se lo puedo aceptar por muchas razones, puesto que usted sabe perfectamente que nosotros estamos haciendo un Plan con la Xunta de Ga1icia, sobre todo para dotar a todos los Ayuntamientos de la provincia a que tengan un Pabellón de Deportes, algunos ya lo tienen, o ya lo tenemos afortunadamente, y en ese sentido hemos dicho por activa y por pasiva que en esos de planes de polideportivos o incluso en esas piscinas en donde la Xunta considere que sean necesarias y zonas amplias pues la financiación será aproximadamente entre la Comunidad Autónoma y la Diputación entre los dos del setenta por ciento, y del Ayuntamiento del treinta por ciento, ese es el plan que vamos a llevar a rajatabla y los vamos a llevar a rajatabla con todos los Ayuntamientos de la provincia, y ya lo estamos aplicando. Los Ayuntamientos del Partido Socialista saben que eso es así. En ese sentido, pues ya digo, yo propongo la votación, vamos a votar por separado, pues yo le estoy diciendo cual es nuestro criterio, entonces decir que las dos primeras yo se las voy a aceptar, para que se vea que no queremos discriminar a nadie sino todo lo contrario, que era un criterio de preferencia pero no exclusivo pero si hay dudas ese criterio desaparece. Entonces sometemos a votación esta enmienda o ya la acepto, si hay alguien en contra de la aceptación. Simplemente la otra si que la sometemos a votación porque no hay. Sr. Nieto Figueroa.- Nosotros agradecemos ese gesto, las cosas como son, no hace falta que se vote, ya queda constancia ahí de que queda anulado totalmente el tema de los de menos de cincuenta mil habitantes, pero desde luego Presidente no nos fiamos, y no nos podemos fiar cuando ustedes hacen con el dinero provincial todo lo que estiman oportuno de manera que única y exclusivamente votamos negativamente a la base séptima de lo del tema de infraestructura deportiva, lo demás lo aceptamos, o sea, que no podemos permitir que ustedes porque tengan un grupito de amigos cojan a uno de ellos le hagan una piscinita, le hagan una cosita, o amplíen el cabaret de Soutomaior sin contar con nosotros para nada, menos la base séptima de infraestructura deportiva aceptamos todo luego de su modificación de retirar lo de menos de cincuenta mil habitantes. Sr. Presidente.- Vamos a someter entonces a votación ese punto de la enmienda del Sr. Nieto Figueroa que es la base séptima del Plan de Instalaciones Deportivas. ¿Votos a favor de esa enmienda?. Sr. Nieto Figueroa y el Grupo Socialista y el Sr. Lage. ¿Abstenciones?. Sr. Costas Abreu. Los demás votamos en contra. Queda rechazada esa enmienda. Seguimos en el punto del Orden del Día. Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Vou ir un pouquiño máis alá que Vigo e Pontevedra. Non lle vou a volver á cuestión de orde que lle plantexei ó principio pero son demasiadas presas, Sr. Presidente. O primeiro que quero saber e solicito informe do Secretario é en que se funda ou que valor ten que vostedes establezan un prazo de reclamacións de oito días, porque desde logo a min non me vai a limita-lo meu dereito de recurrir esta convocatoria no prazo de trinta días, non sei se os demáis permitirán que lle restrinxan por procedemento sumarisimo a súa facultade de reclamar pero non é o meu caso. Polo tanto teñen dúas opcións, ou retirar esa cláusula de restrinxi-lo prazo de reclamacións a oito días, revelador do carácter sumario e das presas coas que se actúa aquí ou deixa-lo estar para que quede claro o asunto. Aparte desta cuestión vou entrar no fondo do asunto. Eu creo que se unha Administración Pública ten varios programas de actuación para colaborar na realización de actividades cos Concellos e con tódalas Entidades da provincia e no caso desta Deputación xa van uns nove ou así o POS, a CAE a Acción Municipal, Acción Comunitaria, Infraestructura Deportiva, Actividades Culturais, Actividades Deportivas, debe haber unha mínima racionalidade relacionando uns Plans e outros, e sen embargo aquí é todo o mesmo, hai unha certa diferencia no que é infraestructura deportiva porque se limita unha parte da actividade cultural, en concreto a deportiva, pero o resto cabe todo. Nin hai ningún criterio de ordenación, nin hai prioridades, e eu creo que a política se por algo se define é porque temos recursos escasos e polo tanto temos que marcar prioridades. O contrario é favorecer que sega pasando o que pasa, é dicir, que cada un fai o que lle da a gana. Entón vou entrar un pouco no fondo do que vén aquí en concreto, destes tres programas de subvencións, un de quinientos millóns, outro de setenta e cinco millóns e outro de douscentos millóns. Introducen vostedes unha cláusula de que a Xunta poderá colaborar, o que non sabemos é como nin en canto, eu inda me lembro textualmente das soflamas que proferían vostedes cada vez que viña unha destas historias e o mal que se portaba a Xunta, e que cando vos chegaran, que cando vostedes chegaran ó goberno na Xunta actuarían de común acordo, dunha forma planificada, indiscriminada e con arreglo a criterios obxectivos, a verdade é que non o vexo, ten que recoñecer vostede que se pasaron de listos nas súas afirmacións porque non son capaces de poñerse de acordo. Primeiro. Segundo, sobre o das prioridades. Eu propúxenlles que no Plan de Obras e Servicios se destinaran todos eses fondos ó que eran os servicios mínimos obrigatorios, é dicir, ese mínimo indispensable para ter unha calidade de vida decente no territorio desta provincia, non o aceptaron por aquilo da autonomía municipal que lle chaman vostedes que eu lle chamo o libertinaje dos Alcaldes do P.P., na miña particular versión. Bueno, pois aquí a cousa seque con máis do mesmo, é máis, cando indicativamente marcan algunha das finalidades das obras de Acción Municipal, nun alarde de decisión introducen un dos que son servicios mínimos obrigatorios, é dicir, acceso a núcleos de poboación, que menos, ¿non?, que que toda aldea e todo lugar neste país teña o seu correspondente acceso en condicións de vida. Pero lles debe parecer restrinxir demasiado porque a eso lle engaden, acceso a núcleos de poboación e explotacións económicas. E que para vostedes é o mesmo face-lo acceso a un lugar que non ten acceso ou que ten unha pista sen pavimentar, que facerlle unha carreterilla particular á empresa Fulanito ...S.A., eu creo que non é o mesmo, creo que non é o mesmo, se un fai un proxecto para montar unha explotación económica ten que prever dotarse do seu acceso e non unha prioridade que se poida poñer á mesma altura, realmente non o comprendo, é desas cousas que eu considero que máis que nada é torpeza, porque non se pode mezcla-las dúas cousas, é unha prioridade completamente diferente. Eluden vostedes tamén a cuestión, e xa falamos moitas veces do asunto, de que as peticións ten que facelas o Pleno e xa, como vou un pouco aburrido das contraargumentacións que se utilizan ás veces, é unha facultade indelegable do Pleno desta Deputación e do Pleno de cada Concello a participación en Plans, e istos son Plans, creo, chámanse así, non hai posibilidade de delegación nin nada polo estilo, e sen embargo saben vostedes que moitos Concellos desta Provincia, nin sequera os Concelleiros se enteran de cales son as obras que se seleccionan, e volvo a falar de prioridades e de poder discutir prioridades, que me parece que ten importancia. Desde logo, coa lóxica que eu sempre sostiven de que o que se trata cando se dan subvencións é de te-la maior eficacia multiplicadora posible, é dicir, que se dea unha peseta a condición de que outro aporte unha peseta, ou unha cincuenta, ou cero setenta e cinco, non me parece admisible a exención da aportación municipal, no caso do que falaba o Sr. Nieto, de ruína ou de urxencia, si é de urxencia se poderá anticipa-la subvención, pero non pagar todo, e en canto ó da ruína, a verdade é que non o entendo, tódolos Concellos teñen os seus máis ou menos ingresos, ou en todo caso estudiámo-los casos excepcionais de Concellos que estean nunha situación económica particularmente difícil e marcamos unha liña específica de actuación. E practicamente o mesmo se pode dicir de todos estes programas, porque en Infraestructura Deportiva si no papel, é dicir, no texto do acordo se dixera o que vostede di de que se trata de que tódolos Concellos desta provincia teñan nun prazo x, polo menos un centro deportivo polivalente, se poñen eso nas bases eu voto a favor agora mesmo, pero eso non o pon as bases, nas bases pon, pistas, piscinas, campos de deporte, etc. Se a min se me marca unha prioridade inda que eu non considero que sexa a primeira senón a segunda, eu o acepto porque me parece un ben para esta provincia, é dicir, que nun prazo x tódolos Concellos teñan un servicio que ese si é mínimo obrigatorio, ter un centro deportivo, e o que si me gustaría é engadi-lo que xa propuxen moitas veces. Hai unhas normas técnicas mínimas, non son vinculantes con carácter xeral pero podemos facelas vinculantes, establecidas a nivel estatal sobre condicións técnicas en materias de centros deportivos. Sabe vostede que nesta provincia hai pistas deportivas que se fixeron pagando esta Deputación por aí que non as usa nadie, están ó aire, e pasa un por aí, vai un por unha das carreteras do interior e a dereita lle queda unha pista deportiva, e pasas ano tras ano e nunca ves a ninguén utilizando esa pista, e eu creo que face-los equipamentos é para lograr unha utilización razonable, ¿non?. E aparte deses criterios pois hai outros novos que eses si son vinculantes, é dicir, na nova Lei do Deporte se establecen determinados criterios, por citarlle un só caso, un só caso, de garanti-lo acceso de minusválidos ós centros deportivos, etc., que non é ningunha tontería, é un criterio de integración social e de mínimo respeto a uns cidadáns que non teñen a culpa de te-las súas limitacións e eu creo que iso hai que garantilo, e non se está facendo, se está facendo moito polideportivo inaccesible para xente que ten todo o dereito do mundo a facer deporte. Eu, xa llo digo, me parece que isto non ten sentido, que hai que especializa-los programas de actuación, que vo1vo a dicir, do mesmo xeito que vostede o dixo non sei si pensando moito ou pouco, que en infraestructuras deportivas vamos a facer en tres anos un programa para que tódolos Concellos teñan o seu centro, perfecto, e cando acabemos con ese programa pasamos a outros, en función do número de habitantes poden ir duplicando ou trip1icando ás súas dotacións, pero especialicen o asunto, así polo menos conseguimos algo, é que eu o digo desde o punto de vista como corporativo, a min me gustaría que aquí se conseguiran uns obxectivos, non se sacaran convocatorias ó aire nas que cada Alcalde pode pedi-lo que lle dea a gana, o hipódromo de non sei que ou o arreglo de chiringuitos p1ayeros, porque sucede iso e vostede o sabe. Sr. Presidente.- Moitas gracias, Sr. Nodar. Sr. Nodar Martínez.- Si, en relación con este punto era, a la vista ya de la aceptación de la parte de las enmiendas me quedaría únicamente, era preguntar1e qué motivos hay para que no se nos informe sobre el reparto de la Acción Municipal de los años, de estos últimos años, por qué no se nos facilita porque se ha pedido el reparto de la Acción Municipal del año 89 y 90. Sr. Presidente.- Se lo facilitaremos urgentemente. Aparte de este tema yo quisiera contestarle simplemente al Sr. Costas que en el Plan de Acción Municipal, hombre, se marcan unos criterios de preferencia perfectamente claros. El primero es precisamente obras de carácter hidráulico que está un poco en consonancia, pues precisamente con las necesidades de los Ayuntamientos. Otro es el acceso a núcleos, pavimentación de vías públicas, alumbrado público, es decir, creo que son criterios de obras no suntuarias sino todo lo contrario. Y en el tema de instalaciones deportivas decirle que ya en este momento, ya en este momento todos los Ayuntamientos de la provincia de Pontevedra que no tengan pabellón de deportes, que no tengan pabellón de deportes, ya empiezan a recibir subvenciones con cargo al año 1990, es decir, los que las tienen es distinto, pero el Plan, nosotros lo que queremos en estos tres años es que como mínimo cada Ayuntamiento va a tener un pabellón de deportes, otra cosa es que alguno pueda tener tres ó cuatro, que puede a lo mejor ser necesario, como en Ayuntamientos muy grandes como puede ser Vigo, puede ser Pontevedra, o puede ser, no se, Vilagarcía o alguno más por ahí, que a lo mejor necesitan más, pero el Plan que queremos que se cubra preferentemente es que cualquiera, que todos los Ayuntamientos de la provincia vayan a tener un pabellón de deportes, y en este sentido todos los Ayuntamientos de la provincia que no tienen pabellón de deportes ya empiezan a recibir las subvenciones, de todos los colores políticos, de todos los colores políticos. Eso es un Plan serio, ahora, lo único que pasa es que aparte de eso hay otros Ayuntamientos que por la serie de razones que sean atienden un esfuerzo importante a lo mejor con cargo a esos presupuestos empeñándose hasta las orejas con una carga financiera importante en sus Ayuntamientos, a lo mejor ya tienen el pabellón de deportes y quieren hacer otro tipo de instalaciones que lógicamente la Diputación y la Xunta deben pues, deben colaborar, ¿por qué?, porque hay algunos Ayuntamientos que han hecho esos pabellones de deportes, y están ahí los Presupuestos de la Diputación para analizar en los últimos años, con cargo a sus propios fondos, con cargo a sus propios fondos, y si alguien tiene duda yo invito a cualquiera a que visite pues los servicios económicos de esta Institución desde hace a lo mejor cinco ó seis años, y que se vea que dinero ha dado la Diputación para ese tipo de pabellones. Entonces ya digo, este es un programa, creo que bastante serio, independientemente de que pueda ser o no pueda ser compartido, entonces es decir, en el tema de Acción Municipal tenemos una serie de criterios de obras prácticamente de carácter básico que son las que contempla el artículo 25 y 26 de la Ley de Régimen Local; en el tema de Instalaciones Deportivas, pues preferentemente vamos a que cualquiera, que todos los Ayuntamientos de la provincia tengan como mínimo un pabellón y va a ser así, y nos da igual que gobierne el Partido Socialista, el C.D.S., o Perico de los Palotes, es decir, van a tener un pabellón de deportes, en cuestión, en el año 90, 91, 92, con una financiación, ya lo digo, del 70% la Xunta y la Diputación, el 30% el Ayuntamiento. Y dicho esto sometemos a votación este punto del Orden del Día, ¿votos en contra?, Sr. Costas Abreu. ¿Abstenciones?. Los demás votamos a favor, queda aprobado por mayoría con el voto en contra del Sr. Costas Abreu. O Pleno, de conformidade coa proposta da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades, acorda por maioría, co voto en contra do Sr. Costas Abreu (PSG-EG), a aceptación da enmenda do Sr. Nieto Figueroa (PSOE) ó punto 1º, apartado b) da Base Sexta do Plan de Acción Municipal, así como ó punto a) da Base Sexta do Plan de Infraestrutura Deportiva, e a modificación do prazo de reclamacións ás Bases dos tres Programas ou Plans que se eleva a trinta días en lugar de oito, aprobándose as Bases Reguladoras dos Programas de "Acción Municipal", "Acción Comunitaria", e "Construcción, Acondicionamento e Mellora de Instalacións Deportivas", para o Exercicio de 1991, que son as seguintes: BASES REGULADORES DO PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL PARA O EXERCICIO DE 1991 PRIMEIRA.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra no uso das facultades que lle confiren os artigos 36 da Lei 7/85, de 2 de abril e o 30 do R.D.L. 781/86, de 18 de abril, acorda establecer e facer público o seguinte Plan de ACCIÓN MUNICIPAL. O seu financiamento e réxime acomodaranse ó disposto nestas BASES. Dito Plan financiaras e con cargo ó crédito de CINCOCENTOS MILLONS DE PESETAS (500.000.000) consignado, a tal efecto, na partida 759.94111 "Obras Municipais" que poderá incrementarse mediante suplementación de créditos, tendo en conta que as economías producidas por baixas na contratación utilizaranse para subvencionar novas obras. A Xunta de Galicia, poderá participar no desenrolo deste Plan colaborando no financiamento de todas ou parte das obras que resulten seleccionadas, segundo os termos que se establezan no Convenio de Cooperación a celebrar entre a C.O.T.O.P. e esta Deputación. SEGUNDA.- O obxectivo das obras que se acollan ás subvencións deste programa de Acción Municipal será asegura-la prestación integral e adecuada na totalidade do territorio provincial dos servicios de competencia municipal, que a tal efecto, se relacionan nos artigos 25 e 26 da Lei 7/85, de 2 de abril. TERCEIRA.- Dado o carácter esencialmente municipal das obras que se acollan ás subvencións deste programa, incumbe ós Concellos: - Solicita-las obras que desexan realizar en réxime de Acción Municipal. - A tramitación dos respectivos expedientes de contratación. - A aportación da parte do custo da obra que non sexa subvencionada. - A recepción e conservación das obras que se acollan a este programa. CUARTA.- Os Concellos interesados presentarán solicitude expresa por cada unha das obras que pretenden executar acolléndose ó Plan. A dita solicitude acompañaranse os seguintes documentos: - Instancia suscrita polo Sr. Alcalde. - Memoria explicativa da obra a realizar. - Presuposto, e no seu caso, Proxecto. - Informe do Sr. Alcalde no que conste se obtivo ou solicitou calquera axuda ou subvención para a mesma obra, e porcentaxe que representa sobre o custo total da mesma. - Copia certificada do Acordo do Órgano competente do Concello, polo que se determina a obra, e solicite a subvención para a súa realización. QUINTA.- As subvencións suxeitas á presente convocatoria poderán solicitarse desde o momento da publicación no B.O.P. ata o día 29 de xuño. Ditas solicitudes axustaranse ó modelo que se adxunta nestas Bases. As peticións xa presentadas precisan nova solicitude, debendo reuni-los requisitos sinalados nas presentes Bases. SEXTA.- A asignación de subvencións ás distintas obras farase en función dos seguintes criterios: a) Obras que permitan a prestación integral e ordenada en todo o territorio provincial dos servicios de competencia municipal citados nos artigos 25 e 26 da Lei 7/85, de 2 de abril e pola orde que a continuación se citan: 1º.- Obras de carácter hidráulico. 2º.- Acceso ós núcleos de poboación e explotacións de interese económico. 3º.- Pavimentación das vías públicas. 4º.- Iluminación pública. 5º.- Construcción ou reforma de Casas Consistoriais. 6º.- Outros equipamentos comunitarios considerados de carácter básico ou fundamental. b) Se coa aplicación dos criterios antes citados houbese solicitudes de obra que os cumpran por igual, serán preferentes as obras que reúnan os requisitos que se citan e pola orde de prioridade en que se establecen: 1º.- Número de veciños beneficiarios da obra para a que solicita a subvención. 2º.- A necesidade das obras apreciada en razón da súa urxencia, estado material e condicións de uso. 3º.- A situación económica do Concello estimada en función de: - Presuposto. - Dispersión da poboación. SÉTIMA.- O importe total das subvencións públicas destinadas a obras que se acollan a este programa non poderán supera-lo 70% do custo real da obra. Excepcionalmente, poderá subvencionarse a totalidade do custo da obra sempre que se cumpra algún dos seguintes requisitos: - Que o Concello careza manifestamente de recursos para facer fronte ó financiamento de gastos de inversión. O que deberá acreditarse mediante certificación ou xerocopia autenticada da liquidación por capítulos do Presuposto Municipal de Ingresos e Gastos de 1990. - Que a obra que se pretenda acoller a este programa poida ser calificada de urxente, de modo que a súa realización non poida ser aprazada, ou que na mesma se aprecien outras circunstancias de interese socio-económico que o aconsellen. OITAVA.- En canto á competencia para a concesión destas subvencións estarase ó disposto con carácter xeral nas Bases de Execución do Presuposto Provincial. Unha vez dictado o acordo ou resolución da concesión da subvención, o pago da mesma efectuarase, previa acreditación de estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación e previa xustificación da inversión realizada nos termos que se establecen na Base seguinte, directamente ó Concello. NOVENA.- A xustificación da execución das obras que se acollan á subvención deste Plan de Acción Municipa1 realizarase previa presentación dos seguintes documentos e cumprimento dos requisitos que a continuación se sinalan: A) Se a obra se fai por contrata: - Certificación de obra debidamente dilixenciada. - Acordo de aprobación da mesma. - Acordo de adxudicación e Contrato se se trata da primeira certificación. - Acta de recepción provisional debidamente cumprimentada, se se trata da última certificación. - Informe dos Técnicos Provinciais correspondentes ó obxecto de comproba-la realidade da inversión e que a obra executada se axusta ó previsto no Proxecto ou Presuposto. B) Se a obra se fai por Administración: B1) Certificación de obra realizada. A certificación da obra realizada expresará o número de unidades de obra e o seu valor unitario, e o número de xornais do persoal laboral, e o seu valor unitario. Asímesmo, dita certificación cumprimentarase, en tódolos seus aspectos, de conformidade co disposto na normativa vixente, coa única excepción da firma do contratista que será sustituída pola do Técnico ou Funcionario Municipal encargado da obra. A primeira certificación unirase acordo no que se decida a realización da obra por administración. Na última certificación esixirase o informe dos Técnicos Provinciais acreditativa da realidade da inversión e de que a obra realizada se axusta ó Proxecto ou Presuposto. B2) Custo do persoal: a) Persoal Laboral - Copia autenticada das nóminas do persoal laboral empregado na obra. - Certificación do Técnico Director acreditativa de que o persoal que se cita no apartado anterior foi empregado na obra. - Copia Autenticada do TC1 e TC2 do persoal laboral empregado na obra. B3) Suministros e Servicios. A xustificación dos suministros e servicios que sexan necesarios na execución da obra farase mediante factura orixinal ou duplicado (non se admitirán facturas fotocopiadas) cos requisitos que lle dan validez. Cando se contrate parte da obra, en lugar de factura esixirase a certificación correspondente. En todo caso, tanto na factura como na certificación figurará o recibido e conforme do Técnico ou Funcionario Municipal encargado. DÉCIMA.- A documentación a que se refire a base anterior debe reflexa-la realidade da obra executada, sendo imprescindible que a obra realizada sexa a subvencionada. Non se admitirá o cambio de aplicación desta subvención, a non ser que existan razóns excepcionais de forza maior xustificadas e así o decida o Órgano concedente destas subvencións, sempre e cando se poida realiza-la nova obra, no prazo de execución que se establece para as obras que se acollan a este programa. Se por calquera circunstancia o valor da obra executada resulta inferior ó importe da solicitude, a subvención da Deputación experimentará a reducción proporcional correspondente. As obras haberán de ser contratadas na súa totalidade presupostaria nun só acto e a un só adxudicatario, sen que proceda a súa división en fases. DÉCIMOPRIMEIRA.- As obras que se acollan a este programa deberán estar executadas e xustificadas antes do 20 de decembro de 1992. Se neste prazo non fose a obra xustificada, procederase á anulación do contraído na contabilidade provincial. Non obstante, poderá prorrogarse o prazo de execución cando existan razóns excepcionais de forza maior debidamente acreditadas polo Concello e así o decida o Órgano concedente destas subvencións. DÉCIMOSEGUNDA.- O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas Bases e demáis normativa aplicable poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na L.P.A. Asímesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. RECLAMACIÓNS.- Dentro dos trinta días seguintes ó da publicación no B.O.P., poderanse interpor reclamacións contra as BASES. BASES REGULADORAS DO POGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA PARA O EXERCICIO DE 1991 PRIMEIRA.- a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra no uso das facultades que lle confiren os artigos 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e o 30 do R.D.L. 781/86, de 18 de abril, acorda establecer e facer público o seguinte Plan de ACCIÓN COMUNITARIA, acomodándose a súa financiación e réxime ó determinado nestas BASES e no que resulte aplicable das Disposicións Reguladoras das obras en réxime de Acción Comunitaria. Dito programa financiarase con cargo ó ,crédito de SETENTA E CINCO MILLÓNS DE PESETAS (75.000.000), consignado a tal efecto, na partida 789.94112, "Acción Comunitaria" do Presuposto corrente, que poderá incrementarse mediante suplementación de créditos. SEGUNDA.- Os obxectivos das obras que se financiarán con cargo a este programa serán os seguintes: a) A mellora do medio rural e barriadas urbanas mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles, que permita ós seus habitantes unhas adecuadas condicións de vida. b) O desenrolo das Comunidades Rurais ó obxecto de aumenta-la súa capacidade para resolve-los seus problemas. Dita solución requerirá a unión de recursos, esforzos e vontades. TERCEIRA.- As actuacións comunitarias caracterízanse pola concurrencia dos seguintes requisitos: a) Libre determinación dos veciños na elección das obras que desexan executar. b) Voluntariedade na participación e liberdade de ditos veciños sobre a forma de organizarse. c) Execución directa das obras polo vecindario coa súa aportación persoal e económica. Non obstante, poderán executarse polas respectivas Entidades Locais, conforme á normativa de contratación aplicable ó ámbito local, nos casos, que por razóns de forza maior ou excepcionais xustificadas, non sexa posible a execución directa polo vecindario. d) O presuposto da obra non excederá en ningún caso de CINCO MILLÓNS DE PE
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota