Fondos
1992-03-27_Ordinaria. Acta de sesión 1992/03/27_Ordinaria
Acta de sesión 1992/03/27_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.17.714/2.1992-03-27_Ordinaria
Título Acta de sesión 1992/03/27_Ordinaria
Data(s) 1992-03-27 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 89,90 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 27 de marzo de 1992 No Salón de Sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do dia vintesete de marzo de mil novecentos noventa e dous, baixo a presidencia do Sr. Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial, D. Xosé Manuel Barros González, reuníronse os Sres. Deputados, D. José Ramón Abal Varela, D. Laureano Calero Valverde, D. Jorge Casal Pintos, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. José Manuel Chapela Seijo, D. Avelino Fernández Alonso, Dna. Mª Dolores Fernández Alonso, D. José Manuel Fernández Rodríguez, D. Manuel Freire Lino, D. José Luis Jorge Caramés, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. Bernardo López Abadín, D. César Marcelino López Freire, D. Juan Francisco Martínez-Herrera Escribano, D. José Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Antonio Nieto Figueroa, D. José Luis Rodríguez Lorenzo, D. Juan José Salgueiro Montouto, D. Santiago Tirado Serén e D. Manuel Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, con arreglo á correspondente Orde do Día. A efecto de votacións faise constar que a Corporación está formada vintesete Deputados de feito e de dereito, incluído o Presidente. Da fé do acto o Secretario Xeral Interino, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor de Fondos Provinciais Interino, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten o Ilmo. Sr. Presidente, D. césar Xosé Mera Rodríguez, nin os Sres. Deputados, D. José Crespo Iglesias, D. Emilio González Iglesias, D. Arturo Grandal Vaqueiro, D. Manuel Iglesias Carrera e D. Francisco Santomé otero. O Ilmo. Sr. Presidente e os Sres. Deputados D. José Crespo Iglesias e D. Arturo Grandal Vaqueiro, xustifican a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da Orde do Día, aldoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.3107.- ACTA ANTERIOR Sr. presidente.- Vamos a comenzar este Pleno ordinario. Primeiramente, no punto un, aprobación da Acta anterior. ¿Algunha intervención?, Sr. Nieto, por favor, perdón Nieto, perdón, que me equivoqué. Sr. Nieto Figueroa.- Una cuestión de orden sencillamente para manifestar una vez más nuestro rechazo a esta forma de proceder y yo lamento que sea usted, una vez más, la víctima de unas formas de actuar Y ser que nos han conducido a esta situación. Me da auténtica pena, me da auténtica pena, estar prácticamente secuestrado una vez más por la fuerza pública, y desde luego no ver en la Sala de Sesiones a quién quiera entrar con la absoluta libertad como corresponde en democracia, auténticamente lamentable Presidente, y lo lamento mucho sencillamente por usted, concreta Y concisamente por usted, y desde luego por nosotros y por la democracia, a ver si se acaba esta situación de una puñetera vez. Sr. Presidente.- si, muchas gracias Sr. Nieto, yo también lo lamento pero entiendo que también es lamentable, y mucho más lamentable, que no se puedan celebrar los Plenos pacíficamente y que los revienten algunas personas, como ha pasado en el anterior precisamente que yo presidí. Sr. Mosquera, pidiu a palabra. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, eu con respecto ó Acta dicir que me vou a abster porque non estiven na maioría do Pleno polo tanto me absteño, non, non é porque considere que estea ben ou mal. Sr. Presidente.- Vale, moitas gracias. Os que estean a favor da aprobación da Acta, por favor que levanten, o Grupo Popular e o Grupo Socialista, e abstención do Sr. Mosquera. O Pleno acorda, por maioría, coa abstención do BNG e os votos a favor do PSOE e do PP, aproba-lo borrador da Acta da anterior sesión, extraordinaria, do día 4 de marzo de 1992. ------ Folla: 90,92 2.3108.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DOS PROGRAMAS DE "CONSTRUCCIÓN, ACONDICIONAMIENTO E MELLORA DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS", E "ACCIÓN COMUNITARIA", PARA O EXERCICIO DE 1992 [ PID e PAC 1992] Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. Mosquera. Si, si, ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, gracias Sr. Presidente. Vamos a ver, eu. Sr. Presidente.- Por favor se ruega, se ruega que guarden silencio, por favor. Por favor, el público si hace el favor que guarde silencio. Sigue Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, eu con respecto ás Bases Reguladoras do Programa para Construcción, Acondicionamento e Mellora de Instalacións Deportivas do Exercicio do 92, como xa fixemos en Comisión imos votar a favor, imos votar a favor en base a que houbo unhas melloras sustanciais en canto á transparencia que vai a haber, no sentido de que van a pasar por Comisión, e van a pasar por Pleno a adxudicación, cousa que ata agora non sucedía, incluso nas últimas Resolucións presidenciais correspondentes a este Pleno se seguen dando obras graciablemente polo Presidente, esperemos que eso desapareza tal como está, entón como nas Bases van recortar esto entón nós votamos a favor, nos parece unha grande mellora. De tódalas maneiras lamentar que esta partida tan importante para Instalacións Deportivas pase de douscentos millóns a cen, ou sexa, se reduza exactamente á mitade, pero bueno, esta é unha cuestión do presuposto que non ten nada que ver agora coas Bases, polo tanto voto a favor das Bases e solicitar que a ver se nas próximas modificacións de créditos se podería ampliar esta partida que ten moita importancia. O mesmo o de Acción Comunitaria, aínda que aí as Bases nos parecen ben aínda que a nosa postura, como xa teremos ocasión de analizar noutro punto, creo que no dezaoito, é que esta partida en concreto desapareza e se canalize todo a traveso do Concello, pero bueno, unha vez que esta partida a pesar de que está recortada, de setenta millóns a vintecinco, ou sexa, que queda practicamente en nada, pero bueno, para caciquear inda vai dar algo, pois as Bases son o menos malo posible dentro de que esta partida seguramente non tiña que existir, que é a nosa postura, vou votar a favor pero con esas matizacións. Sr. López Freire.- Sr. Presidente o Grupo Socialista vai votar a favor, e sobor de todo tendo en conta a promesa do Presidente da Comisión de que a aprobación definitiva tanto das instalacións deportivas como dos Plans distintos pasarían a informe pola Comisión Informativa correspondente, polo tanto o Grupo Socialista vai votar a favor. Sr. Presidente.- Gracias. Bien, ¿votos en contra?, ¿abstencións?, unanimidad. Gracias. O Pleno de conformidade coa proposta da Comisión Informativa de cooperación e Mancomunidades acorda por unanimidade, aproba-las Bases Reguladoras dos Programas de Acción Municipal e Acción Comunitaria para o Exercicio de 1992, seguintes: BASES REGULADORAS DO PROGRAMA PARA A CONSTRUCCIÓN, ACONDICIONAMENTO E MELLORA DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS PARA O EXERCICIO DE 1992 PRIMEIRA.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra en uso das facultades que lle confiren os artigos 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e o 30 do R.D.L. 781/86, de 18 de abril, acorda establecer e facer público o seguinte Plan de "Construcción, Mellora e Acondicionamento de Instalacións Deportivas". O seu financiamento e réxime acomodaranse ó determinado nestas Bases. Dito plan financiarase con cargo ó crédito de 100.000.000 de Ptas. consignado, a tal efecto, na partida 1992/911-911-762.44 "Construcción, Acondicionamento e Mellora de Instalacións Deportivas", que poderá incrementarse mediante suplementación de créditos, tendo en conta que as economías producidas por baixas na contratación utilizaranse para subvencionar novas obras. A Xunta de Galicia poderá participar no desenrolo deste Plan colaborando no financiamento de todas ou parte das obras que resulten seleccionadas, segundo os termos que se establezan no Convenio de Cooperación a celebrar entre a C.O.T.O.P. e esta Deputación. SEGUNDA.- O obxectivo das obras que se acollan ás subvencións deste programa de Instalacións Deportivas será dotar ós distintos Concellos da provincia dunha infraestructura adecuada de instalacións deportivas básicas, primordialmente pistas polideportivas, piscinas, campos de deporte, etc.; en orde a dar cumprimento a obriga dos poderes públicos de fomenta-la educación sanitaria, física e o deporte, consonte dispoñen os artigos 9.2 e 43.3 da Constitución. TERCEIRA.- Dado o carácter esencialmente municipal das obras que se acollan ás subvencións des te programa, incumbe ós Concellos: - Solicita-las obras que desexan realizar en réxime de acción municipal de instalacións deportivas. - A tramitación dos respectivos expedientes de contratación. - A aportación da parte do custo da obra que non sexa subvencionada. - Recepción e conservación das obras cando estas sexan municipais. Cando se trate de obras en parroquias ou comunidades veciñais, unha vez efectuada a recepción definitiva das mesmas polos respectivos Concellos, entregaranse, no seu caso, ás respectivas parroquias ou comunidades veciñais para que as integren no seu patrimonio e asuman a responsabilidade de conservación e reparación. CUARTA.- Poderán solicita-las subvencións deste programa tódolos Concellos da provincia, xa sexa para executar obras municipais, parroquiais ou de comunidades veciñais, de nova construcción ou para acondicionamento e mellora de instalacións deportivas, como pistas polideportivas, campos de deporte e calquera outras da mesma natureza. Os Concellos interesados presentarán solicitude expresa para cada unha das obras que pretendan executar acolléndose ó Programa. A dita solicitude acompañaranse os seguintes documentos: - Instancia suscrita polo Sr. Alcalde. - Memoria explicativa da obra a realizar. - Presuposto, ou no seu caso, Proxecto. - Informe do Sr. Alcalde no que conste se se obtivo ou solicitou calquera outra axuda ou subvención para a mesma obra, e porcentaxe que representa sobre o custo total da mesma. - Copia certificada do Acordo do Organo competente do Concello polo que se determine a obra e solicite a subvención para a súa realización. QUINTA.- As subvencións suxeitas á presente convocatoria poderán solicitarse desde o momento da publicación no B.O.P. ata o día 12 de maio. Ditas solicitudes axustaranse ó modelo que se adxunta a estas Bases. As peticións xa presentadas precisan de nava solicitude, debendo reuni-los requisitos sinalados nas presentes Bases. SEXTA.- A asignación de subvencións ás distintas obras farase preferentemente en función dos seguintes criterios: a) Obras que pola súa magnitude e importancia para os núcleos de poboación onde se ubiquen, repercutan en maior medida no seu uso e utilización por parte dun maior número de usuarios. b) A necesidade das obras apreciada en razón da súa urxencia, estado material e condicións de uso. c) A situación económica do Concello estimado en función de: - Presuposto. - Dispersión da poboación. SÉTIMA.- O importe total das subvencións públicas destinadas a obras que se acollan a este programa non poderá supera-lo 50% do custo real da obra. Excepcionalmente, poderá subvencionarse a totalidade do custo da obra sempre que se cumpra algún dos seguintes requisitos: - Que o Concello careza manifestamente de recursos para facer frente ó financiamento dos gastos de inversión. Esto deberá acreditarse mediante copia certificada ou xerocopia autenticada da liquidación por Capítulos do Presuposto Municipal de Ingresos e Gastos de 1991. - Que a obra que se pretenda acoller a este programa poida ser calificada de urxente, de modo que a súa realización non poida ser aprazada, ou que na mesma se aprecien outras circunstancias de interés social, cultural e deportivo que aconsellen a súa execución. OITAVA.- En canto á competencia para a concesión destas subvencións estarase ó disposto con carácter xeral nas bases de Execución do Presuposto Provincial. Unha vez dictado o acordo ou resolución de concesión da subvención, o pago da mesma efectuarase, previa acreditación de estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación, e previa xustificación da inversión realizada nos termos que se establecen na base seguinte, directamente ó Concello. NOVENA.- A xustificación da execución das obras que se acollan á subvención deste plan de Acción Municipal realizarase previa presentación dos seguintes documentos e cumprimento dos requisitos que a continuación se sinalan: A) Se a obra se fai por contrata: - Certificación da obra debidamente dilixenciada. - Acordo de aprobación da mesma. - Acordo de adxudicación, e contrato se se trata da primeira certificación. - Acta de recepción provisional debidamente cumprimentada, se se trata da última certificación. - Informe dos Técnicos provinciais correspondentes ó obxecto de comproba-la realidade da inversión e que a obra executada se axusta ó previsto no Proxecto do Presuposto. B) Se a obra se fai por administración: B1) Certificación da obra realizada. A certificación da obra realizada expresará o número de unidades de obra e o seu valor unitario, o número de xornais do persoal laboral e o seu valor unitario. Así mesmo, dita certificación cumprimentarase, en tódolos seus aspectos, de conformidad e co disposto na normativa vixente coa única excepción da firma do contratista que será sustituída pola do Técnico ou Funcionario municipal encargado da obra. A primeira certificación unirase acordo no que se decida a realización da obra por administración. Na última certificación esixirase o informe dos Técnicos Provinciais acreditativo da realidade da inversión e de que a obra realizada se axuste ó Proxecto ou Presuposto. B2) Custo de persoal: Persoal laboral: - Copia autenticada das nóminas do persoal laboral empregado na obra. - Certificación do Técnico Director acreditativa de que o persoal que se cita no apartado anterior foi o empregado na obra. - Copia autenticada do TC1 e TC2 do persoal laboral empregado na obra. B3) Suministro e servicios. A xustificación dos suministros e servicios que sexan necesarios na execución da obra farase mediante factura orixinal ou duplicado (non se admitirán facturas fotocopiadas) cos requisitos que lle dan validez. Cando se contrate parte da obra, en lugar de factura esixirase a certificación correspondente. En todo caso, tanto na factura como na certificación figurará o recibido e conforme do Técnico ou Funcionario municipal encargado. DÉCIMA.- A documentación a que se refire a base anterior debe reflexa-la realidade da obra executada, sendo imprescindible que a obra realizada sexa a subvencionada. Non se admitirá o cambio de aplicación desta subvención, a non ser que existan razóns excepcionais de forza maior xustificadas, e así o decida o Órgano concedente destas subvencións, sempre e cando se poida realiza-la nova obra, no prazo de execución que se establece para as obras que se acollan a este programa de subvencións. Se por calquera circunstancia o valor da obra executada resulta inferior ó importe da solicitude, a subvención da Deputación experimentará a reducción proporcional correspondente. As obras haberán de ser contratadas na súa totalidade presupostaria nun só acto e a un só adxudicatario, sen que proceda a súa división en fases. DECIMOPRIMEIRA.- As obras que se acollan a este Programa deberán estar executadas e xustificadas antes do 20 de decembro de 1993. Se neste prazo non tose a obra xustificada, procederase á anulación do contraído na contabilidade provincial. Non obstante, poderá prorrogarse o prazo de execución cando existan razóns excepcionais de forza maior debidamente acreditadas polo Concello e así o decida o Organo concedente destas subvencións. DECIMOSEGUNDA.- O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demáis normativa aplicable poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de procedemento Administrativo. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. RECLAMACIÓNS.- Dentro dos quince días seguintes ó da publicación no B.O.P., poderanse interpor reclamacións contra as Bases. ------ Folla: 92,94 3.3109.- APROBACIÓN DO PROGRAMA DA REDE VIARIA LOCAL RVL PARA O EXERCICIO DE 1992 Sr. Presidente.- ¿Intervencións?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, con respecto ó Plan da Rede Viaria Local que traemos aquí a aprobación inicial, ó fin e ó cabo inda non está aclarado nin sequera canto vai a aporta-lo Estado aínda que se fai unha previsión de cento tres millóns e medio. Pois eu creo que vén moi a colación unha cousa que sucedeu ultimamente, que parece ser que a Cofradía da Veracruz e Misericordia nós, nomeou a todos, sen permiso pero bueno, Cofrades de Honor, ou non sei que, desde logo estou como moi satisfeito, como non me rozo con esa historia pois seguramente así me veña moi ben, e creo que para a Rede Viaria Local, para as carreteras da Deputación vai facer falta moita cofradía, moita historia polo estilo, seguramente unhas rogativas porque o ano pasado ían douscentos dezasete millóns, este ano van douscentos sete, ou sexa, sucede que despois de anunciar a bombo e platillo que se ía acometer un Plan suficiente, non sei cantas cousas máis para mellora-la Rede Provincial, as carreteras que dependen da Deputación, resulta que na práctica se lle recortan os cartos a meter. Hai outra partida de cento setenta e cinco millóns que está no Parque de Maquinaria pero tamén a había o ano pasado, ou sexa que na práctica resulta que seguimos na liña que está levando a un ha situación dramática, eu creo que é un auténtico desprestixio para esta Institución que as pistas que van a dez casas que está moi ben e que dan votos pois están nunha situación moitísimo mellor que as carreteras provinciais. Eu invito a calquera, por exemplo, a intentar ir ó Lago de Castiñeiras desde Figueirido, desde Vilaboa e verá que non hai ningunha pista que acceda a ningunha casa que estea en tal mal estado, é unha carretera da Deputación, podo seguir, etc., etc., ou sexa, nestes momentos as pistas que van, as que están asfaltadas, que van a tal, que é moi ben que estean así, están infinitamente en mellores condicións que as carreteras da Rede da Deputación, as carreteras provinciais. Facemos un Plan aquí, o fai o equipo de Goberno un Plan que vai agravar esa situación pois que nós ...que hai quiñentos millóns para reparación que como siga a política actual dudo moito que vaian para as carreteras provinciais polo menos na súa maioría, van a ir a asfaltar, que insisto, é necesario, pero van a ir na súa maioría a asfalta-las pistas que acceden a onde hai votos. E polo tanto nós votamos en contra pero decididamente, nos parece unha tomadura de pelo anunciar a bombo e platillo un Plan que vai arregla-las carreteras provinciais, están nun estado lamentable e na práctica se siga facendo un Plan para es- te ano 92 que é unha continuación empeorada dado que recorta incluso os cartos que o ano pasado se dedicaron a este Plan, polo tanto anuncia-lo noso voto negativo e nada máis. Gracias. Sr. Presidente.- Sr. Freire. Sr. López Freire.- Sr. Presidente, como xa se dixo na intervención anterior, ó Grupo Socialista, ó Grupo Socialista parécelle ridícula a cantidade que se destina a reparación das vías provinciais nos actuais presupostos, e tamen témo-lo firme convencemento de que os quiñentos millóns que hai para reparacións van ir destinados a outras vías que non son as vías provinciais, neste senso o Grupo Socialista sen embargo non quere perxudicar a aqueles Concellos ós que xa lle concederon algunha que outra reparación das vías provinciais, pero en razón de que eu mesmo presento en nome do Grupo Socialista unha Moción de urxencia de reparacións de vías provinciais que están en estado catastrófico e cun índice de saturación enorme que chega no verán a ser casi comparable ó da carretera de acceso a Sanxenxo que tanto coñece o meu compañeiro de Grupo, pois o Grupo Socialista vaise abster neste tema no firme convencemento de que na primeira ou na segunda transferencia de créditos se incremente, a ser posible, este capítulo ou esta partida para tratar de paliar un pouco, inda que sexa só un pouco, as vías provinciais que é unha das obrigacións prioritarias desta Corporación, ter en bo estado as súas vías, as vías que dependen da propia Deputaci6n, polo tanto o Grupo Socialista neste punto vaise a abster. Sr. Presidente.- Ben, moitas gracias. Entendo que neste momento é imposible poder dedicarlle máis do presuposto á reparación das vías provinciais, hai que ter en conta que temos aí mil quilómetros en toda a provincia, hai uns meses que se es- tán dedicando as brigadas intensamente a reparación desas vías, a melloralas, e vamos a seguir nesa política, procuraremos dentro deste Exercicio aumentar esas inversións. ¿Votos en contra do punto?, Sr. Mosquera; ¿abstencións?, Sres. Socialistas; ¿votos a favor?, Grupo Popular. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades acorda por maioría, co voto en contra do BNG, a abstención do PSOE e o voto a favor do PP, aproba-lo Programa da "Rede Viaria Local" para o Exercicio de 1992, por un importe total de DOUSCENTOS SETE MILLÓNS DE PESETAS (207.000.000), que inclúe as obras que se expresan: Denominación da obra Presuposto Total Mellora trazado e rodadura C.P. Riofrio-ToutónBorbén................ 6.000.000 Mellora trazado e rodadura C.P. Achas- Franqueira................... 10.000.000 Mellora trazado e rodadura C.P. Arbo- Cabeias (Arbo)................ 16.000.000 Mellora trazado e rodadura Neves-Sta. Marta- Neves................... 4.000.000 Mellora trazado e rodadura C.P. Mosende- Morgadáns................... 6.000.000 Mellora trazado e rodadura C.P. P. Verdugo- Carobeses................ 4.000.000 Mellora trazado e rodadura C.P. Tomiño- Sabarís..................... 10.000.000 Mellora trazado e rodadura Fornelos- Estacas......................... 4.000.000 Mellora trazado e rodadura Rosal- Sanxián- Rosal...................... 7.000.000 Mellora C.P. acceso a Silleda, F-4 (Silleda)........................ 6.000.000 Mellora C.P. acceso praia Beluso (Bueu)............................. 5.000.000 Mellora C.P. acceso S. Breixo (Barro).............................. l7.500.000 Mellora C.P. Brántega- Lalín (Agolada)................................ 6.000.000 Mellora C.P. Cerdedo- Quireza (Cerdedo).............................. 5.000.000 Mellora C.P. Forcarei (acceso) Forcarei............................ 10.000.000 Mellora C.P. Grove-S. Vicente (O Grove)............................. 6.000.000 Mellora C.P. Hío- Donón (Cangas)..................................... 7.500.000 Mellora C.P. Lougares- Piñeiro (Mondaríz)............................ 6.000.000 Mellora C.P. Merza- Bodaño (Vila de Cruces).......................... 8.000.000 Mellora C.P. Pontevedra- Tomeza (Pontevedra)......................... 7.500.000 Mellora C.P. Puxeiros- Peinador (MOS)............................... 18.000.000 Mellora C.P. Rebordelo- Cotobade (Cotobade).......................... 5.000.000 Mellora C.P. Río- Portela (Rodeiro).................................. 7.500.000 Mellora C.P. Rocha- Dozón (Dozón).................................... 5.000.000 Mellora C.P. Senín- Forno (Valga).................................... 5.000.000 Mellora C.P. estrada enlace PO-300 CP. Modia (Cambados)............. 6.000.000 Mellora C.P. Lalín- Botos (Lalín).................................... 7.000.000 Mellora C.P. Moimenta- Armonda- Morilla (Campo Lameiro)............... 5.000.000 Mellora C.P. Noalla a Aios (Sanxenxo)............................... 4.000.000 Mellora C.P. variante Barciademera (O Covelo)....................... 6.000.000 Mellora trazado C.P. Calvario- Vincios (Vigo)....................... 17.000.000 TOTAL................ 207.000.000 ================================= O financiamento que se propón ó MAP, establécese nun 50% para cada un dos axentes financeiros (MAP e Deputación), quedando como segue: Rede Viaria Local 1992 Aportación Estado.............. 103.500.000 ptas. Aportación Deputación.......... 103.500.000 ptas. Total..... 207.000.000 ptas. ============================ ------ Folla: 94,95 4.3110.- APROBACIÓN DO PROGRAMA TRANSFRONTEIRIZO PT PARA O EXERCICIO DE 1992 Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. Sr. Nieto. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, prácticamente están todavía sin resolver algunos recursos que se han presentado contra la aprobación del Presupuesto y ya empezamos a hablar de A Cañiza y eso que no está el Alcalde aquí. Pero bueno, como nadie habla de ello pues algo hay que decir. La primera en la frente, quiere decir que ya empezamos con los temas de Ponteareas, A Cañiza, O Porriño, en este caso no le ha correspondido a usted el tema pero ya estamos aquí. Hablamos ya de trescientos millones de pesetas para invertir en A Cañiza y en Ponteareas cuando efectivamente no hay ni siquiera un calendario de prioridades, incluso en su momento el Partido Socialista y yo mismo, particularmente solicité que se convocase a todos los Alcaldes de la provincia para saber dónde había las necesidades más importantes pero como si nada. Ustedes hacen lo que les da la gana. y allá ustedes con su conciencia. Allá ustedes con su conciencia. Sr. Presidente.- Bien, muchas gracias, ¡ah, perdón!. Sr. Nieto Figueroa.- Estos trescientos millones de pesetas que disparan ahora ya veremos a ver como continua, la cosa da auténtica pena y votamos negativamente, por supuesto. Sr. Presidente.- Bien, muchas gracias. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, bueno, nós tamén imos votar en contra. A razón, este, normalmente cando os Concellos teñen que poñer cartos para unha obra o reparto como xa miramos no POL, etc., en varios plans, pois é absolutamente partidista e o que pasa é que neste caso que os Concellos non teñen que poñer nada e o plan xa vén desde o ano 89 e: remata no 93, pois o reparto aínda é máis infernal. Non é que as obras que estean ou non estean nos parezan ben ou mal é que simplemente é un tema que vén de atrás repartido dunha maneira arbitraria e polo tanto non o podemos avalar. Votamos en contra. Sr. Presidente.- Vale gracias. ¿Votos en contra?. Grupo Socialista e BNG. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. O noso Grupo. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades, o Pleno acorda por maioría, cos votos en contra do BNG e do PSOE, e o voto a favor do PP, aproba-lo Programa Transfronteirizo para o Exercicio de 1992, por importe total de TRESCENTOS MILLÓNS DE PESETAS (300.000.000), que inclúe as obras que se expresan: Denominación obra Presuposto Total Estrada A Cañiza-Arbo, 16,3 kms. ............................. 150.000.000 Estrada Areas-Alxán, 14,4 kms. ............................... 150.000.000 O Programa de referencia finánciase polo Estado e a Deputación na súa total integridade, segundo as contías que se expresan para ámbolos dous partícipes: Proqrama Transfronteirizo 1992 Aportación Estado............................................. 109.080.000 ptas. Aportación Deputación......................................... 190.920.000 ptas. TOTAL.................................. 300.000.000 ptas. ------ Folla: 95 5.3111.- RATIFICACIÓN DE ACORDOS DA COMISIÓN DE GOBERNO SOBRE APLICACIÓN DE REMANENTES DE OBRAS INCLUIDAS NO PROGRAMA OPERATIVO LOCAL POL 1991 - Mejora de obras vertederos de basuras. - Ampliación abastecimiento de aguas en el rural. Sr. Presidente.- Intervencións. Sr. Leri. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, hoy vamos a conocer algunos datos, yo diría que curiosos y que van a ser auténticamente incluso espectaculares. Por de pronto en esto de los remanentes nuestro Grupo ya se ha manifestado en una Moción presentada que ha sido aprobada unánimemente por el partido y con su voto en contra naturalmente, naturalmente. Pero, como ya indiqué en su momento los trucos andan aquí. Con esta aplicación de remanentes Villa de Cruces, me parece que está gobernada por ustedes, se adjudica tres millones de pesetas y Agolada, también gobernada por ustedes, otros tres millones de pesetas, que a nuestro criterio no les corresponden. Si han solicitado una cantidad de dinero para hacer una obra y han hecho esa obra el resto es de la Diputación Provincial no es de ese Municipio. De manera que, insistimos en el tema, luego verá usted que escándalos se producen con esta situación y votamos en contra. Sr. Presidente.- Gracias. Por favor un poquito de silencio, por favor. ¿Hay alguna intervención más?. Eu entendo que, claro, o que se fai nin máis nin menos que de baixas que lle correspondían ó Municipio aplícalas no mesmo Municipio e esa é a política que seguimos nós polo menos, nese sentido e polo tanto non comparto as palabras do Sr. Nieto. Vamos a pasar á votación. ¿Votos en contra? En contra el Grupo Socialista. ¿Abstencións?. Sr. Mosquera. ¿Votos a favor?. Los demás. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades, acorda por maioría, co voto en contra do PSOE, a abstención do BNG e o voto a favor do PP, ratifica-lo acordo da Comisión de Goberno de data 19 de febreiro de 1992, e consecuente co mesmo, apróbase a solicitude do Concello de Vila de Cruces, que interesa a aplicación dos remanentes producidos por baixa na contratación da obra nº 421 do POL/91, denominada "Reforma vertedeiros vasuras", por importe de DOUS MILLÓNS NOVECENTAS SETENTA E CINCO MIL PESETAS (2.975.000), á nova obra que se propón, seguinte: "Mellora obras vertedeiros vasuras" Aportación MAP............................. 521.021 pesetas Aportación Comunidade Autónoma............. 890.838 " Fondos estructurais (CEE).................. 937.374 " Aportación Deputación...................... 179.517 " Aportación Concello........................ 446.250 " TOTAL................. 2.975.000 " ===================================== Igualmente acórdase por maioría, co voto en contra do PSOE, a abstención do BNG e o voto a favor do PP, ratifica-lo acordo da Comisión de Goberno de data 19 de febreiro de 1992, e consecuente co mesmo, apróbase a solicitude do Concello de Agola- da, que interesa a aplicación dos remanentes producidos por baixa na contratación da obra nº 26 do POL/91, denominada "Abastecemento de augas no rural", por importe de TRES MILLÓNS TRESCENTAS SETE MIL CINCOCENTAS PESETAS (3.307.500), á nova obra que se propón seguinte: "Ampliación abastecemento de auqas no rural" Aportación MAP............................. 701.327 pesetas Aportación Comunidade Autónoma............. 500.947 " Fondos estructurais (CEE)................ 1.158.092 " Aportación Deputación...................... 451.009 " Aportación Concello........................ 496.125 " TOTAL................... 3.307.500 " ========================================== A aprobación definitiva desta aplicacón de remanentes, condiciónase á resolución favorable do Ministerio para as Administracións Públicas, previa reincorporación dos créditos afectados ó Exercicio de 1992; debendo seguirse os trámites que prescribe a lexislación vixente (exposición pública e informe da Comisión provincial de Colaboración coas Corporacións Locais), e xustificarse polos Concellos, por medio da oportuna certificación, de que as novas obras que se propoñen, reúnen os requisitos que establece o arto 7.3 do R.D. 665/90, de 25 de maio. ------ Folla: 95 6.3112.- INFORME RELATIVO OS ESTATUTOS DUNHA MANCOMUNIDADE CULTURAL Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención no punto seis?. (oense aplausos). Vale, por favor, guarden silencio. ¿Algunha intervención no punto seis?. Votación. ¿Votos a favor?. ¿Votos a favor do punto seis, Sres. Deputados?. Non, non, falta o Sr. Mosquera. ¿Abstención?. O Sr. Mosquera. Os demáis votan a favor. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades, o Pleno acorda por maioría, coa abstención do BNG e os votos a favor do PSOE e do PP, informar favorablemente os Estatutos da Mancomunidade Cultural integrada polos Concellos de Ponteareas, Lalín, Cambados, Vilagarcía de Arousa, A Estrada, A Guarda e Tui, a teor do establecido no artigo 35.1 b) do Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das Entidades Locais de 11 de xullo de 1986, por axustarse os mesmos á legalidade vixente en todos e cada un dos seus preceptos, segundo o informe emitido polos Servicios Xurídicos desta Deputación. ------ Folla: 95,96 7.3113.- SOLICITUDE DOS CONCELLOS DE POIO E MOAÑA, INTERESANDO CAMBIO DE APLICACIÓN DE SUBVENCIÓNS DE OBRAS DO POS/ 1989 Sr. Presidente.- ¿Intervencións?. ¿Votos a favor?. Por unanimidade. Gracias. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades, acorda por unanimidade, o seguinte: - Aproba-la solicitude do Concello de Poio, pola que interesa o cambio de aplicación da subvención concedida para a obra nº 15 do POS/89, denominada "Mellora Depósitos Servicio Municipal de Auga" , co obxecto de transferila a nova que se propón "Depósito Regulador", co mesmo presuposto, debendo seguirse os trámites que prescribe a lexislación vixente. - Aproba-la solicitude do Concello de Moaña, interesando o cambio de aplicación da subvención aprobada para a obra nº 316 do POS/89, denominada "Adquisición do Cine Prado", co obxecto de transferila ás novas que se propoñen seguintes: "Asfal tado Grupo Escolar-Miranda" Aportación Concello (fondos propios)............... 885.477 ptas. Aportación Concello (Credilocal).................... 68.113 ptas. Aportación Deputación (fondos propios).............. 68.113 ptas. TOTAL................. 1.021.703 ptas. ====================================== "Afirmado camiño a Preescolar de Berducedo" Aportación Concello (fondos propios)................ 137.106 ptas. Aportación Concello (Credilocal)..................... 10.547 ptas. Aportación Deputación (fondos propios)............... 10.547 ptas. TOTAL................... 158.200 ptas. ======================================= "2ª, fase rede de sumidoiro parte alta do Caeiro" Aportación Concello (fondos propios).............. 11.334.681 ptas. Aportación Concello (Credilocal)..................... 871.899 ptas. Aportación Deputación (fondos propios)............... 871.899 ptas. TOTAL................. 13.078.479 ptas. ======================================== Os efectos interesados, deberanse segui-los trámites que prescribe a lexislación vixente. ------ Folla: 96 8.3114.- SOLICITUDE DO CONCELLO DE PONTEAREAS, SOBRE CAMBIO DE APLICACIÓN DE SUBVENCIÓNS DE PARTE DA OBRA "CAMIÑOS RURAIS NO CONCELLO DE PONTEAREAS", DO CAE 1991 Sr. Presidente.- ¿Intervencións?. Sr. Nieto. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, sigue el juego. En este caso también el hombre de Ponteareas ahora ausente de la Diputación Provincial, el Sr. Castro que conoce esta casa como si fuese la suya, consiguió en su momento veinte millones para reparación de caminos rurales, reparación de caminos rurales específicamente. Y ahora nos habla de pistas, y ahora nos habla de pistas y trata de confundirnos porque no es lo mismo una pista para carros, coches o camiones que una pista de atletismo. Todas esas pillerías y esas pequeñitas golferías no pasan por mi, créame. No pasan por mi ni por supuesto por el Partido Socialista. A ustedes si que no se les puede perder la pista. Que devuelva los cuatro millones que le sobran de la obra que ya ha realizado y que se deje de cositas raras que no va a pasar una, ni una, aunque haya que dormir aquí querido Barros. Sr. Presidente.- Vale sr. Nieto, gracias. ¿Votos a favor?. Grupo Popular. ¿En contra?. PSOE. ¿Abstencións?. O Sr. Mosquera. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades, o Pleno acorda por maioría, co voto en contra do PSOE, a abstención do BNG e o voto a favor do PP, aproba-la solicitude do Concello de Ponteareas, pola que interesa o cambio de aplicación das subvencións de parte da obra nº 115 do PAE/91, denominada "Camiños rurais no Concello de Ponteareas", ante as dificultades xurdidas para levar a cabo as obras da pista de Lamazáns, que se inclúe na devandita rúbrica xenérica, propoñendo no seu lugar a obra "pista de Atletismo en Pardellas", con igual importe que a anterior, a expensas da conformidade do Ministerio para as Administracións Públicas, debendo seguilos trámites que prescribe a lexislación vixente. ------ Folla: 96 9.3115.- SOLICITUDE DOS CONCELLOS DE DOZÓN E VILA DE CRUCES SOBRE CAMBIO DE APLICACIÓN DE SUBVENCIÓNS DO CAE 1992 Sr. Presidente.- ¿Intervencións?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Por unanimidade. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades, acorda por unanimidad e o seguinte: - Aproba-la solicitude do Concello de Vila de Cruces, pola que interesa o cambio de aplicación da subvención aprobada para a obra denominada "Abastecemento auga núcleos rurais-poboación, fase 2", incluída no PAE/92 e o seu destino á nova obra que propón "Parques Públicos en Vila de Cruces", co mesmo presuposto e financiamento; debendo seguirse os trámites que prescribe a lexislación vixente e a expensas da conformidade do Ministerio para as Administracións Públicas. - Aproba-la solicitude do Concello de Dozón, pola que interesa o cambio de aplicación das subvencións da obra "Iluminación pública no término, f-2", incluída no PAE/92 co ordinal 170, e a súa transferencia para a nova obra que se propón, denominada "pavimentación rúas no rural", a expensas da conformidade polo Ministerio para as Administracións Públicas, debendo segui-los trámites que prescribe a lexislación vixente. ------ Folla: 97,99 10.3116.- SOLICITUDE DE APLICACION DE REMANENTES PRODUCIDOS NA CONTRATACIÓN DE OBRAS DOS PROGRAMAS TRANSFRONTEIRIZO E INTERREG DE 1991 POI e PT Sr. Presidente.- ¿Intervención?. Sr. Nieto. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, ahí va una de película, ¿eh?. Le decía yo y estuvimos insistiendo en que definitivamente no les quedará otra solución que devolver el dinero de los remanentes a la Diputación Provincial porque lo de esta vez es así. Mire, por ejemplo, usted sabe Sr. Barros que es muy fácil ponerse de acuerdo con algunos empresarios, usted sabe que es muy fácil ponerse de acuerdo con algunos empresarios porque ya tiene experiencia sobrada. Estamos diciendo y ahí nació el tema de que algún juego sucio se estaba realizando con el tema y con el asunto y sólo los hechos hacen historia y aquí están los papeles más demostrativos de todos, a punto tal que se están adjudicando obras con un descuento casi casi del 50%, casi del 50%, eso es pillería por no llamarlo de otra forma más dura, que también empieza por p, pero como le decía no van a pasar. Mire, por ejemplo, aquí tenemos una adjudicación de obras, por supuesto en un Ayuntamiento, hombre, de A Cañiza, además por casualidad. De setenta y dos millones de pesetas rebajan treinta; de ciento veintesiete millones rebajan cincuenta y dos; de doscientos millones de pesetas rebajan ochenta y tres; de setenta y dos millones de pesetas rebajan treinta y dos; de treinta y dos rebajan dieciséis; de ochenta y nueve rebajan treinta y nueve; de cuarenta y dos rebajan dieciocho; de ciento once, cuarenta y tres y de doscientos cincuenta, noventa y siete. Esto suma justo doscientos sesenta y nueve millones trescientas once mil trescientas veinticinco pesetas, de rebajas, rebajas que estos compañeros de su partido creyendo que los demás somos imbéciles, pretenden que queden en sus Municipios, y seguimos insistiendo, hay que devolver ese dinero aquí, hay que devolver ese dinero a la Diputación aunque ustedes tengan los votos correspondientes para dárselo a quien quieran, pero por lo menos nos enteraremos. Si la Diputación, si el Estado, si un Ayuntamiento da una cantidad de dinero para hacer un globo, todo lo que sobra de hacer el globo hay que devolverlo a su origen. No traten de engañarnos, hombre, que ya somos mayorcitos. No, no aceptamos ésto ni nos vamos a callar de ninguna de las maneras, de auténtica pena por no decir de vergüenza, vuelvo a insistir, querido Barros, querido Barros en qué líos te han metido. Sr. Presidente.- Gracias querido Leri, pero eu entendo que estás equivocado. As baixas cando se producen, estas obras foron contratadas por subasta e loxicamente había que darllas á empresa que fixera a oferta máis barata, él máis baixa, mellor dito, e mediante os informes técnicos só é posible non contratalo cando se considera que a baixa é temeraria e a empresa non pode cumprir coa obra que contrata, pero neste caso se retire a obras que teñen uns quilómetros determinados e que teñen que facer co presuposto que se lle adxudicou, e os remanentes que agora se aplican son para a mesma obra pero para máis quilómetros, para facer máis metros de carretera, en carreteras provinciais que inda que están situadas nas zonas que vostede sabe e máis eu, indudablemente son carreteras provinciais. Entón o que se trata é aplicar estes remanentes que xa ían destinados a esa carretera ou a esas carreteras para facer máis metros cadrados de estrada, así que entendo que non hai ningunha mala fe nese tema nin ningún beneficio para ningún empresario, ese empresario ten que facelo que contratou en principio, na primeira subasta, e agora o que se contrata na segunda que son máis quilómetros ou máis metros, en definitiva. E así é como vexo eu este tema, e loxicamente se hai unha baixa nesa carretera, o léxico é que si es.taban destinados para alí douscentos millóns, por poñer un exemplo, é que continúen gastándose aí eses douscentos millóns, xa se contrataron cento oitenta, que os outros vinte que se vol van a invertir nesa obra, e eso é, entendo eu, como se fai o tema. Pasamos a outras intervencións, bueno, o Sr. Nieto por alusións. Sr. Nieto Figueroa.- Hombre claro, hombre, pero hombre, querido José Manuel, hombre, hombre, por Dios. Cuando aquí se solicita el hacer una obra se trae un proyecto y cuando se da la cuantía suficiente para hacer ese proyecto, ese proyecto tiene una cantidad de metros, de ancho, ¿le largo, de altura, etc., etc., y nada más, nada más. Sr. Presidente.- Es lo que hacen, es lo que hacen. Sr. Nieto Figueroa.- No, no, si se han hecho esos metros que es para los que se dió el dinero, ese dinero ya no es de ese Ayuntamiento, una vez hecha la obra, una vez hecho el globo. Sr. Presidente.- Pero es que está sin terminar la carretera. Sr. Nieto Figueroa.- No señor, pero hay que venir aquí, hay que venir aquí y no quedarse de rondón, yo no digo que después no se de ese dinero para ampliar ese tramo, pero hay que venir aquí, aquí. Sr. Presidente.- Eu tamén prefería que viñeran aquí e despois foran a O Porriño. Sr. Nieto Figueroa.- Esto es pillería de barrio chino. Sr. Presidente.- Vale, gracias. Esto, me parece que me pidiera primero el Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, bueno, antes de nada aclarar que este, a solicitude de aplicación de remanentes esta vén aprobada por unanimidade da Comisión, e alí non houbo este debate porque senón igual, bueno, miraríamos argumentos. De tódalas maneiras eu vou votar a favor e a razón é a seguinte. Eu creo que á Deputación lle empezan a resultar, primeiro, son obras da Deputación non dos Concellos, son obras da Deputación, evidentemente saen beneficiados os Concellos por onde pasan, pero bueno, non é así un beneficio directo nin é a obra directa ó Concello. Segundo, é curioso tamén que nestes momentos que estamos nunha auténtica cruzada, xa veremos despois outros puntos, para sanea-lo funcionamento da Deputación se produzan estas baixas, eu entendo que a partir de agora se manterá esta tónica co cal os cartos da Deputación van a lucir máis, esperemos que as baixas se segan producindo e a este ritmo xa veremos que pasa, primeiro que se produzan e despois xa veremos que pasa na súa aplicación. Ben. Sr. Presidente.- Vale, gracias. Sr. Rodríguez. Sr. Rodríguez Lorenzo.- Si, vamos a ver. Sr. Presidente.- Por favor, por favor, guarden silencio, por favor. Por favor, guarden silencio, hagan el favor. Por favor, por favor. Sr. Rodríguez Lorenzo.- Sr. Presidente vamos a ver. Neste tema hai dúas cuestións que podíamos separar, a primeira é a redacción dos proxectos para estas carreteras, e vamos a coller só como exemplo unta delas, unta das obras. A Cañiza-Crecente de 15,7 quilómetros a terceira fase, que estaba o proxecto redactado en douscentos millóns de pesetas, perdón, e tivo unta baixa de oitenta e nove millóns, aproximadamente o 45%. Estando completamente de acordo coa exposición que fixo o meu compañeiro, Nieto Figueroa, hai algo que non nos pode quedar no olvido e é a redacción dos proxectos cos que estamos levando a cabo as inversións cos cartos que en principio son de toda a Comunidade, ¿como un Técnico pode redactar un proxecto por douscentos millóns de pesetas e logo que teña unta baixa de oitenta e nave?, porque todos sabemos como na Administración Local se están dando as obras, normalmente, e eu non goberno, normalmente xa se chama a un contratista, ese se encarga de trae-los outros presupostos e se adxudica a un deles, se nós seguimos confiando nestes técnicos que fan uns presupostos que o valor da obra é casi a mitade, o que estamos é, dalgunha forma, arruinándonos a todos nós, por eso a partir de agora o que nos gustaría é que ademáis esa redacción de proxectos se vixiase e se tivese en conta a estes Técnicos que tan proxectos que logo admiten unha baixa da mitade. E respecto a se o remanente debe volver ou non volver a esta Deputación, quen mellor nolo podería aclarar é o Secretario da Corporación e así saíamos des te conflicto, nos podería aclarar se é verdad e que a Lei di que os remanentes producidos nas obras que teñan cargo, os remanentes, as baixas, perdón, producidas nestas obras deben volver á Deputación ou non. Eu creo que o Secretario nolo podería aclarar porque estamos seguros que a Lei a si o di. Sr. Presidente.- Sr. Secretario. Sr. Secretario.- No tengo aquí la documentación del Ministerio ni las disposiciones al respecto, pero por ahora el Ministerio de Administraciones Públicas nos está autorizando la aplicación de estos remanentes, señal de que pueden aplicarse en estas obras. Sr. Rodríguez Lorenzo.- Pero por favor, si, efectivamente. Sr. Presidente.- Sr. Rodríguez, Sr. Rodríguez, por favor, ya está aclarado. No podemos entrar en diálogo porque sino no acabaríamos. Sr. Rodríguez Lorenzo.- No, no quería entrar en diálogo pero una aclaración pequeñita. Yo pido el informe por escrito, no de lo que se consiente sino de lo que está estipulado, legislado por Ley. Sr. Presidente.- Bien. Muchas gracias. ¿Votos en contra de este punto?, Grupo Socialista. ¿Votos a favor?, los demás, incluído el Sr. Mosquera. Muchas gracias. De conformidade co escrito do Ministerio para as Administracións Públicas, nº 620, de 21 de febreiro do presente ano, o Pleno acorda por maioría, co voto en contra do PSOE e os votos a favor do BNG e do PP, a aplicación dos remanentes producidos nas adxudicacións das obras aprobadas nos Programas INTERREG e Transfronteirizo de 1991 para a súa inversión na realización de 4os tramos das mesmas obras, coa finalidade de mellorar e amplia-las inicialmente aprobadas e priorizadas. As obras afectadas pola baixa e que se propoñen para os 4os tramos, son as seguintes: PROGRAMA INTERREG 1991 Estrada A Cañiza-Crecente, 3ª fase, para o 4º tramo M.A.P. .......................... 32.360.400 ptas. C.E.E. .......................... 39.648.553 ptas. Deputación (B.C.L.).............. 16.991.047 ptas. SUMAN......... 89.000.000 ptas. =============================== Estrada Ponteareas-As Neves, 3ª fase, para o 4º tramo M.A.P. .......................... 35.382.398 ptas. C.E.E. .......................... 43.351.160 ptas. Deputación (B.C.L.).............. 18.577.767 ptas. SUMAN......... 97.311.325 ptas. =============================== PLAN TRANSFRONTEIRIZO 1991 Estrada A Cañiza-Arbo, 3ª fase, para o 4º tramo M.A.P. .......................... 30.178.800 ptas. Deputación (B.C.L.).............. 52.821.200 ptas. SUMAN......... 83.000.000 ptas. ============================== A aprobación definitiva condiciónase ó que no seu día se determine polo Ministerio para as Administracións Públicas. ------ Folla: 99 11.3117.- PROPOSTA DO CONCELLO DE RODEIRO, PARA SUSTITUI-LA OBRA "PARQUE EN RODEIRO E BEIRARRÚAS" DO POL 1992 Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. Sr. Nieto. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, yo diría que para constancia pública de la nefasta actuación de este extraño organismo, ya sabe que es cómo denomino yo a la Diputación Provincial, un extraño y un extravagante organismo en el que me ha correspondido estar, que lle vamos a facer, bueno, pues basta decir que el Ministerio de Administraciones Públicas indicó en escrito, de ésto debe saber también el Sr. Secretario, indicó en escrito de fecha 15 de octubre del 91 la nulidad del intento de la Diputación de conseguir ayudas para fines diferentes a los, en principio marcados por Ley. En este caso está el Ayuntamiento de Rodeiro que ahora pretende sustituir la anterior solicitud denominada "Parque en Rodeiro y accesos", "Parque en Rodeiro y accesos", o sea, más o menos caminos, por "Casa de Oficios", cuando el propio escrito del MAP dice que estas ayudas son básicamente para la revertebración de carreteras en las zonas menos desarrolladas. De verdad Presidente, poquito a poco hemos de conseguir algo, de manera que si el Ayuntamiento de Rodeiro no tiene caminos averiados, no tiene alcantarillas obstruídas y disfruta de todos los servicios del agua, que devuelva la pasta para acá, que devuelva la pasta, o sea, que si no dl9vuelve la pasta nosotros votamos que no a este tema. Sr. Presidente.- Vale, muchas gracias. ¿Votos en contra?, Grupo Socialista. ¿Abstencións?, Sr. Mosquera. ¿Votos a favor?, el resto de los compañeros. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades, acorda por maioría, co voto en contra do PSOE, a abstención do BNG e (1 voto a favor do PP, aproba-la solicitude do Concello de Rodeiro, que interesa o cambio da obra denominada "Parque en Rodeiro e beirarrúas", incluída no Programa Operativo Local 1992-1993, anualidade de 1992, pola de "Casa de Oficios", consonte co escrito do Ministerio para as Administracións Públicas, nº 1771, de 15 de outubro de 1991, e anexo de relación de obras excluídas do Programa Operativo Local obxectivo número 1 Pontevedra 1991-93, que acompaña, certificando o Concello que a obra que se propón reúne os requisitos que establece o artigo 7.3 do R.D. 665/90, de 25 de maio; a expensas da conformidade do Ministerio para as Administracións Públicas e previos os trámites que prescribe a lexislación vixente ós efectos interesados. ------ Folla: 99 12.3118.- SOLICITUDE DO CONCELLO DE POIO, INTERESANDO PRORROGA PARA XUSTIFICA-LA OBRA "MELLORA CAPTACIÓNS E DISTRIBUCIÓN REDE DE AUGAS", DO POS 1990 Sr. Presidente.- Intervencións. Sr. Rodríguez. Sr. Rodríguez Lorenzo.- Si, más que una intervención es un ruego al Sr. Alcalde de poio, que ya estáL bien. No sabemos si pasa las horas en su Municipio o no, si las pasa en la Casa Consistorial, ¿qué ocurre con el Alcalde de Poio?. Sr. Presidente.- Haberá que dicirllo alí. A ver si a intervención é breve e deixamos... Sr. Rodríguez Lorenzo.- Si, pero mire unha cousa, o Ayuntamiento de Poio, debido a la nueva oposición vecinal surgida y constantemente oposiciones vecinales surgidas, nosotros vamos a votar a favor de este punto porque efectivamente Poio está muy, muy necesitado, quizá por los años que lleva gobernándolo el Partido Popular, pero, por favor, que ejecute las obras cuando se le adjudica la partida porque hay otros Municipios que están en esta provincia deseosísimos de poseer ese dinero, de tener ese dinero y hoy tendrían la obra realizada y a Poio ya se la aplicaríamos en el año que viene. Sr. Presidente.- Vale. Inda que fixo unha alusión que seguramente, porque gobernaban os Populares alí, bueno, será ese o motivo porque non gobernan outros. ¿Votos en contra?, ¿votos a favor?. Por unanimidade. Gracias. Vista a solicitude do Concello de Poio, interesando prórroga para a execución e xustificación da obra denominada "Mellora captacións e distribución de augas", incluída no POS/90 co ordinal 1, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades acorda por unanimidade, acceder á mesma, establecendo como prazo definitivo de xustificación o 30 de xuño de 1992. ------ Folla: 99,100 13.3119.- PROPOSTA DE BASES SOBRE EXPOSICIÓN "NOVOS VALORES 1992" Sr. Presidente.- Intervencións. Sr. López Freire. Sr. López Freire.- Sr. Presidente, o Grupo Socialista vai votar a favor e quero recordar aquí que o Presidente da Comisión deu unha mostra, tanto neste como nos demais temas relacionados con Cultura e Deportes de verdadeira democracia no seu comportamento, e sinto ter que dicirlle ó Sr. Presidente que no meu criterio, é particular, non o está dando el cando lle di ós Deputados que fagan as intervencións o máis cortas posibles, terán que facelas o suficientemente claras, extensas, para que queden perfectamente aclarado-los puntos da Orde do Día, non porque esteamos rodeados de forzas vamos a ser máis breves. Sr. Presidente.- Non, Sr. López Freire. Entendo que eu só corto as intervencións que non se refiren ó que estamos tratando no punto da Orde do Día. paréceme ben o que di pero o que non está ben é que aquí falemos doutras cousas que non teñen nada que ver co punto da Orde do Día. ¿Votos a favor?. Por unanimidade. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cultura e Acción Social, acorda por unanimidade, aproba-las Bases da Exposición "Novos Valores-1992", que se celebrará no Museo Provincial desta capital durante o mes de agosto do ano actual, e que son as seguintes: BASES Primeira.- Poderán participar neste Certame tódolos artistas, no máis amplo sentido do termo (pintores, escultores, fotógrafos, ceramistas, deseñadores, gravadores, etc.), da Comunidade Autónoma de Galicia, naturais ou residentes, que o desexen. Sequnda.- Non se considerarán Novos Valores aqueles artistas que concurriran a esta Exposición en tres ocasións ou que xa foran premiados nalgunha das súas convocatorias. Terceira.- Non se admitirán máis de dúas obras por cada especialidade. Cuarta.- As obras presentadas deberán ser orixinais, non admitíndose, polo tanto, as que xa participaran noutras exposicións. Quinta.- As obras presentadas non poden exceder dos 500 Kgs. de peso nin de 1,60 metros, na súa máxima dimensión. Sexta.- As obras presentaranse no Museo Provincial, Edificio "Sarmiento", persoalmente ou por calquera medio de transporte que garanta a entrega das mesmas. A recepción terá lugar entre o 5 e o 22 de maio, de martes a venres e entre as 10 e as 13 horas. Acompañarase, así mesmo, fotocopia do DNI e o boletín de inscripción debidamente cuberto, que será facilitado ó efecto, entregándose ó interesado xustificante da presentación das obras, que servirá logo para a retirada das mesmas. Sétima.- A Deputación custodiará a obra recibida, se ben non se fará responsable dos sinistros de calquera clase que poidesen sobrevir durante o transporte, nin tampouco responde das obras en caso de incendio, roubo ou calquera outro incidente, polo que se recomenda que tódolos envíos veñan cubertos co correspondente seguro. Oitava.- Os gastos de envío son de conta do concursante. As obras presentadas non poderán ser retiradas antes da clausura da exposición. Novena.- Seleccionadas as obras que constitúan a Mostra de Novos Valores, expoñeranse, durante o mes de agosto, no Museo Provincial. Décima.- As obras non seleccionadas exhibiranse na mesma Sala durante o mes de xullo, quedando o Xurado facultado para facer outra escolma se o número de obras presentadas e as disponibilidades de espacio así o aconsellasen. Undécima.- Tódalas obras deben ser retiradas dentro dos dez días seguintes ó último no que estiveran expostas. Duodécima.- O Xurado seleccionador será nomeado polo Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación provincial e estará composto dos seguintes membros: a) Presidente.- O titular da Corporación ou Deputado en quen delegue. b) Vocais.- Catro persoas de recoñecido prestixio no mundo da arte. c) Secretario.- O titular da Corporación ou funcionario en quen delegue. Décimoterceira.- A presentación das obras supón que os seus autores coñecen estas Bases e mostran absoluta conformidade con el as e coas decisións do Xurado, que queda facultado para interpretar calquera dúbida que se plantexe. Décimocuarta.- O boletín de inscripción e o impreso das presentes Bases poderán ser solicitados na Sección de Cultura da Excma. Deputación Provincial. Décimoquinta.- Concederanse cinco axudas (5), por un importe de CINCOCENTAS MIL PESETAS (500.000) cada unha, para realizar estudios en España ou no Extranxeiro, que serán obxecto dun convenio entre o beneficiario e a Excma. Deputación Provincial, librándose o 50% do seu importe no momento do asinamento e o 50% restante á entrega da memoria e xustificación da inversión realizada, así como de dúas (2) obras orixinais e firmadas, podendo desestimarse o abono se a xuicio do Xurado non reúnen calidade artística suficiente. ------ Folla: 100,101 14.3120.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE FALECEMENTO DE D. LUIS FRANCISCO MESSIA DE LA CERDA Y PITA. Sr. Presidente.- Non fai falta dar lectura. ¿Algunha intervención?, ¿votos a favor? Por unanimidade. Perdón, espera. Sr. Rodríguez Lorenzo.- Inda que non lémo-la Moción a mín me gustaría, por favor, para tela como recordo que constase na Acta. Sr. Presidente.- Que conste na Acta, que conste na Acta a Moción. Gracias. O Pleno desta Corporación Provincial, de conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Cultura e Acción Social, acorda por unanimidade, aproba-la Moción desta Presidencia, facendo constar en Acta o pesar producido polo falecemento do Profesor D. Luis Fco. Messía de la Cerda y Pita, agradecendo os múltiples servicios prestados a esta Deputación e Concellos da Provincia, especialmente en materia de heráldica, e sempre de forma desinteresada, e que é a seguinte: MOCIÓN O profesor Luis Francisco Messía de la Cerda y Pita, caballero de la Real Hermandad de Infanzones de Illescas, de la Real y Militar Orden de la Merced, do Estamento Militar de Gerona, Hidalgo a Fuero de España, finou na súa casa de Madrid o día 15 de febreiro de 1992. As cualidades que adornaban a súa persoa é preciso engadir, no que atañe a esta Deputación, a relaciém mantida de maneira ininterrumpida coa Institución e desenvolta en dúas vertentes: unha docente, dictando catro Cursos: sobre materias do seu maxisterio (1989: "Cursiño de Iniciación á Heráldica; 21 ó 25 de agosto; 1990: "Primeiras Xornadas de Sixiolografía e Heráldica Municipal da Provincia de Pontevedra", 20 ó 22 de novembro; 1991: "Segundas Xornadas de Heráldica", do 16 ó 20 de setembro). Asesora, a outra, realizando os informes conducentes a normaliza-lo escudo heráldico dos Concellos da provincia -cando foi pertinente- poñendo a disposición dos rexidores municipais a historia do seu emblema. Este último traballo refléxase na colección completa de escudos municipais que, con deseño de Luis Messía e vaciado posterior en metal noble, dan ornato e realce ó rellano da escaleira principal deste Pazo. Actividades que o autor desempeñou sen demandar contraprestación de ningún tipo e movido, unicamente, por un desinteresado afán de compartir uns coñecementos, divulgando unha ciencia hermética e elitista, sen selo máis que outra rama do saber humano, complemento da Historia. Por todo elo, atrevémonos a propoñer, por se se considerase oportuno, que a Corporación deixe constancia do seu pesar e agradecemento polos servicios prestados a esta Deputación e Concellos da Provincia. ------ Folla: 101 15.3121.- PROPOSTA DE BASES PARA SUBVENCIÓNS A CLUBS E ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO Sr. Presidente.- ¿Intervencións?. Sr. López Freire, por favor. Sr. López Freire.- Sr. Presidente, como nos puntos anteriores vamos a votar favorablemente e sempre cando se cumpra a proposta e a promesa do Presidente da Comisión de que as obras virán e o seu preceptivo informe na comisión Informativa correspondente. Sr. Presidente.- Vale, moitas gracias. ¿Votos en contra?, ¿abstencións?, ¿votos a favor?. Por unanimidade. O Pleno desta Corporación Provincial, de conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Xuventude, Deportes e Turismo, acorda por unanimidad e, aproba-las Bases para concesión de subvencións destinadas a actividades deportivas promovidas por Clubs e Entidades da provincia sen fins de lucro, para o que existe unha dotación de VINTE MILLÓNS DE PESETAS (20.000.000) na partida presupostaria 92/451.452.489.04, e que son as seguintes: BASES 1.- Ten por obxecto conceder axudas económicas a Clubs e outras entidades sen fins de lucro que desenvolvan actividades na provincia de Pontevedra, coa finalidade de colaborar nas que organicen deste tipo, e con cargo á Partida 92/451.452.489.04 dotada con VINTE MILLÓNS DE PESETAS (20.000.000). 2.- Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes, só poderán financiar actuacións que se realicen dentro do ano 1992, tales como concursos, probas, campeonatos, torneos, exhibicións, etc., sempre que teñan o carácter de abertas ó público en xeral. 3.- A concesión e no seu caso o importe da subvención graduarase en función dos seguintes criterios: Interese xeral da actividade, número de persoas que poidan participar ou disfrutar da mesma, o seu custo en relación coa capacidad e económica dos clubs ou entidades e porcentaxe des te que se solicite como subvención, fomento da cultura física, da práctica dos deportes e a formación da xuventude. 4.- As peticións formularanse no modelo oficial e cada club ou entidade poderá realizar cantas desexe, desde a publicación destas Bases, presentándoas no Rexistro Xeral da Deputación ata o 25 de abril de 1992, se ben en ningún caso a subvención para cada actividade poderá exceder de CINCOCENTAS MIL PESETAS (500.000). 5.- As subvencións poderán alcanzar ata o 50% do custo da actividad e para a que se conceden e en todo caso, deberá xustificarse a súa inversión mediante documento que acredite que se celebrou o acto ou actividade subvencionada, á que se unirá relación de gastos realizados e facturas ou outros documentos cos requisitos esixidos polas Bases do Presuposto desta Deputación. 6.- O pago realizarase en xeral unha vez que se xustifique o importe total subvencionado, sendo posible un anticipo do 50% da subvención nos casos en que, previa solicitude da entidade adxudicataria, así o autorice a Deputación. 7.- As subvencións deberán estar xustificadas dentro dos tres meses seguintes a realización da actividad e subvencionada, e en todo caso, antes do 30-12-92, data na que serán anuladas automaticamente as que poidan existir pendentes de xustificación. ------ Folla: 101,104 16.3122.- DAR CONTA DA MOCIÓN PRESENTADA POLO DEPUTADO D. XOSÉ LUIS RODRÍGUEZ LORENZO SOBRE O PLAN DE ESTRADAS DE GALiCIA E OUTROS Sr. Presidente.- ¿Intervencións?. Sr. Rodríguez Lorenzo. Sr. Rodríguez Lorenzo.- Bueno, con permiso da presidencia vou pasar a le-la Moción. Esta Moción hai que facer unha aclaración antes, foi presentada no mes de novembro para que se nalgún momento ó lela nótase que está desfasada que se entenda o por que. Nos primeiros días do mes foi presentado publicamente o Plan de Carreteras de Galicia. Sr. Presidente.- Por favor, guarden silencio, por favor, el público, por favor. Sr. Rodríguez Lorenzo.- En los primeros días de este mes fue presentado públicamente el Plan de Carreteras de Galicia cuya vigencia abarca el período comprendido entre los años 91 y el 2000, en el que la Xunta piensa invertir un total de doscientos setenta y tres mil cuatrocientos quince millones de pesetas para ampliar y mejorar las carreteras de Galicia. Es evidente que se trata de un proyecto importante para todos los gall
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota