Fondos
1993-06-25_Extraordinaria. Acta de sesión 1993/06/25_Extraordinaria
Acta de sesión 1993/06/25_Extraordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.18.808/1.1993-06-25_Extraordinaria
Título Acta de sesión 1993/06/25_Extraordinaria
Data(s) 1993-06-25 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 27,28 Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebra- da polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 25 de xuño de 1993 No Salón de Sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e quince minutos do día vintecinco de xuño de mil novecentos noventa e tres, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. César Xosé Mera Rodríguez, reuníronse os Sres. Deputados, D. José Ramón Abal Varela, D. Xosé Manuel Barros González, D. Laureano Calero Valverde, D. Jorge Casal Pintos, D. José Crespo Iglesias, D. José Manuel Chapela Seijo, D. Avelino Fernández Alonso, Dna. Mª Dolores Fernández Alonso, D. José Manuel Fernández Rodríguez, D. Manuel Freire Lino, D. Arturo Grandal Vaqueiro, D. José Luis Jorge Caramés, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. Bernardo López Abadín, D. César Marcelino López Freire, D. Juan Francisco Martínez-Herrera Escribano, D. José Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Antonio Nieto Figueroa, D. José Luis Rodríguez Lorenzo, D. Juan José Salgueiro Montouto, D. Francisco Santomé Otero, D. Santiago Tirado Serén e D. Manuel Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente Orde do Día. A efecto de votacións faise constar que a Corporación está formada por vintesete Deputados de feito e de dereito, incluído o Presidente Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten os Sres. Deputados, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Emilio González Iglesias e D. Manuel Iglesias Carrera. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da Orde do Día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a dar comienzo al Pleno. Sr. Santomé Otero.- Quixera o Grupo Socialista felicitar ó Presidente da Deputación polo seu recente nomeamento como Senador e por tanto que consten as nosas felicitacións máis gratas. Sr. Presidente.- Moitas gracias. (Oense aplausos). Moitas gracias. Vamos a comenzar el Pleno. 1.3377.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- ¿Alguna intervención?. ¿Algún voto en contra?. ¿Alguna abstención?. Se aprueba por unanimidad. Muchas gracias. O Pleno acorda, por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 28 de maio de 1993. ------ Folla: 28 2.3378.- APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROGRAMA TRANSFRONTEIRIZO PT/ 1993 Sr. Presidente.- ¿Alguna intervención?. Sr. López Freire. Sr. López Freire.- Sr. Presidente, o Grupo Socialista vai votar a favor da aprobación definitiva do Programa Transfronteirizo 1993, pero sen embargo non quere deixar pasa-la ocasión de facer constar, como xa o fixo así reiteradamente, que a maior parte dos problemas deste Plan, do Plan Transfronteirizo e do INTERREG, viñeron ocasionados pola adxudicación de obras sen te-la disponibilidade dos terreos en case todas elas. O cal ocasionou retrasos, faltas de poder soluciona-lo problema de adecuación dos terreos, etc., etc. Polo tanto, queremos facer tamén constar, Sr. Presidente, que a partir de agora en calquera obra que se adxudique por algún plan se dispoña dos terreos oportunamente para evitar toda a problemática que poida xurdir de aí, como vostede sabe moi ben. Sr. Presidente.- Estamos de acordo. Moitas gracias. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días. Bueno, a aprobación definitiva do Transfronteirizo parece que é algo así como moi serio cando realmente é unha obra moi pequena e está dicindo moi pouco. Pero bueno, de todas maneiras isto, no seu momento, o Programa foi decidido como foi, xa está decidido, xa sabemos como, é dicir, con ningún criterio equitativo nin nada deso, senón con criterios localistas e beneficiando sempre ós mesmos e a maiores. Xa o apuntou o compañeiro López Freire, pois é que é imposible a vostedes votarlle algo a favor deste estilo cando aparece unha obra onde din que teñen os terreos a disposición e hai un monte comunal con cinco propietarios privados, que nin existen; ou sexa, fan as cousas horriblemente mal, á parte que é un programa absolutamente terxiversado. Nós vamos votar en contra. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sometemos a votación este punto da Orde do Día. ¿Votos en contra?, Sr. Mosquera. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?, Grupo Popular e Socialista. Queda aprobado por maioría, simplemente o voto en contra do Sr. Mosquera do Bloque Nacionalista Galego. Como consecuencia da solicitude ó M.A.P. a través do acordo plenario de 26.03.93, polo que solicitaba a subvención de SEIS MILLÓNS CINCOCENTAS CORENTA E CATRO MIL OITOCENTAS PESETAS (6.544.800), para o financiamento da obra "Carretera Salceda-Caldelas, 5,8 Km.", e visto o escrito nº 1838, da Dirección Xeral de Acción Territorial, polo que se accede á mesma, o Pleno acorda por maioría, co voto en contra do BNG e os votos a favor do PSOE e do PP, aprobar definitivamente o Plan Transfronteirizo Hispano-Portugués, tal como se contempla no listado de ordenador adxunto ó expediente, que ascende á cantidade de DEZAOITO MILLÓNS DE PESETAS (18.000.000), cunha aportación da Deputación Provincial de ONCE MILLÓNS CATROCENTAS CINCUENTA E CINCO MIL DUASCENTAS PESETAS (11.455.200), incluídas no Presuposto vixente. Deberán seguirse os trámites que prescribe a lexislación vixente (exposición pública e informe da Comisión Provincial de Colaboración do Estado coas Corporacións Locais) e xustificarse, por medio de certificación, que as obras reúnen os requisitos que establece o artigo 7.3 do R.D. 665/90, de 25 de maio. ------ Folla: 28,29 3.3379.- SOLICITUDES DO CONCELLO DE MOAÑA DE CAMBIOS DE APLICACIÓN DE SUBVENCIÓNS DE OBRAS DO POS/1991 E POS/1992 Sr. Presidente.- ¿Intervencións?. Sr. López Freire. Sr. López Freire.- Sr. Presidente, o Grupo Socialista ten por norma e manifestouno reiteradamente, en tódalas obras que solicitan cambio de destino de obras dun plan con moita anterioridade, absterse ou votar en contra. Sen embargo, queremos facer consta-la obra nº 2 do cambio de aplicación do Axuntamento de Moaña porque ten unha historia que é digna de relatar neste Pleno da Corporación. Mire vostede, o Axuntamento de Moaña por acordo da Comisión de Goberno, en tempo e forma, é dicir, dentro dos prazos legais, antes do 1 de outubro do ano 92, solicitou da Corporación Provincial o cambio de aplicación desta obra debido a unha serie de problemas sociais que se plantexaron con respecto á inauguración do curso no colexio da villa e tamén a fallos de certos apoios que se consensuaran, que despois no se realizaron, tanto da Xunta de Galicia como da propia Deputación, de arreglar esa baixada ó colexio porque era un centro de ensino. Sen embargo, non quixera calificalo de irresponsable pero un non moi responsable membro do seu partido, Ramón Lago, Portavoz do Grupo Popular naquel Concello, escribiulle a vostede, ó Presidente, pedindo a desestimación dese cambio de aplicación. Con bo criterio, supoño do Presidente, pediulle ó técnico desta Corporación, a Carlos Gil, que fixera un informe da obra, posto que aínda que se pidiu o cambio de aplicación en tempo e forma había un escrito e ó mesmo tempo presentara o mesmo Sr. Ramón Lago perante o Xulgado de 1ª Instancia de Cangas unha denuncia. Esta obra houbo que realizala a toda présa e urxentemente debido á enorme presión veciñal e dos pais de alumnos para que co acceso ó centro puidera comeza-lo curso e entón non quedou máis remedio que arreglar ese acceso porque senón non empezaba o curso nese colexio. Con todo, a petición entrou en tempo e forma, foi ó Pleno, á Corporación Provincial, porque podería tomar acordo a Comisión de Goberno e despois ser ratificado polo Pleno, o que tramitou ese cambio e tráeo agora, moitos meses despois. Soamente acercar unha cousa máis Sr. Presidente, e é que a denuncia presentada polo Sr. Ramón Lago perante o Xulgado de 1ª Instancia foi fallada, e non consta no expediente a favor do Axuntamento de Moaña. Polo tanto, nosoutros pedimos e reiteramos que esa obra sexa cambiada a súa aplicación como solicita o Concello de Moaña. Sr. Presidente.- Moitas gracias. ¿Algunha intervención máis?. Sr. Santomé Otero.- Naquel entón, cando se fixo a Comisión aclaráronse todos eses puntos, o grupo de goberno entendeu que o Concello tiña esa necesidade como ben expón o noso compañeiro do PSOE e aprobouse solicitar do Ministerio a prórroga e máis o cambio para darlle esa facilidade ó Concello. Sempre que non se cometa ningunha ilegalidade, loxicamente. Sr. Presidente.- Bueno, sometemos entón a votación este punto da Orde do Día tal como vén da Comisión. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, é que na Comisión foi desglosado e eu manteño o voto da Comisión, era en contra do 91 e a favor do 92, e foron por unanimidade así o sentido do voto das dúas. Sr. Presidente.- Pois, de acordo en como vén na Comisión desglosado. Por eso lle estou dicindo de acordo co dictame da Comisión. ¿Votos en contra?, o Grupo Socialista e o BNG. ¿Abstencións?. Apróbase por maioría a do Plan de 1991 e por unanimidade a do Plan de 1992, moitas gracias. O Pleno, consonte co dictame da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades acorda por maioría, cos votos en contra do PSOE e do BNG, e o voto a favor do PP, o seguinte: Aproba-la solicitude que formula o Concello de Moaña, que interesa o cambio de aplicación das subvencións que financian o presuposto da obra nº 53 "Aceras C. 550 a Casa Cultura, ensanche y alumbrado", do Plan de Obras e Servicios (POS) 1991, ós efectos de transferilas á nova obra que se propón, denominada: "Alcantarillado de Costa Domaio", polo mesmo importe de TRES MILLÓNS DE PESETAS (3.000.000). E por unanimidade, o Pleno aproba a solicitude que formula o Concello de Moaña, que interesa o cambio de aplicación das subvencións que financian o presuposto da obra nº 77 "Aceras baixada Colegio da Guía", do Plan de Obras e Servicios (POS) 1992, ós efectos de transferilas á nova obra que se propón, denominada: "Asfaltado baixada ó Colexio da Guía", polo mesmo importe de TRES MILLÓNS DE PESETAS (3.000.000). Os cambios de aplicación de referencia, consideraranse definitivamente aprobados unha vez que recaia a resolución favorable do Ministerio para as Administracións Públicas, debendo seguirse os trámites que prescribe a lexislación vixente (exposición pública e informe da Comisión Provincial de Colaboración do Estado coas Corporacións Locais), e xustificación polo Concello, por medio de certificación, de que as novas obras que se propoñen reúnen os requisitos que establece o artigo 7.3 do R.D. 665/90, de 25 de maio. ------ Folla: 29 4.3380.- CONCESIÓN DO PREMIO "OTERO PEDRAYO 1993" Ó MUSEO DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, nós imos absternos e queremos que queden ben claras as razóns e non temos absolutamente nada, senón todo o contrario, en relación co Museo de Pontevedra, pero este é un Premio, o que nos aparece agora aquí, unha decisión na que non participamos absolutamente en nada, que están sempre as mesmas Institucións e as mesmas Deputacións e a mesma Xunta no Tribunal, que me parece que hai unha endogamia forte, ou sexa, que se dan os premios uns a outros, e creo que o mecanismo non é correcto tan sequera cos méritos que pode te-lo Museo e pode ter calquera outra Institución; polo tanto, e sen ánimo de darlle máis voltas, simplemente por iso que acabo de dicir, nós imos absternos. Sr. Presidente.- Sr. Santomé Otero. Sr. Santomé Otero.- Si, dado que a Fundación Otero Pedrayo este ano concedeu este Premio ó Museo de Pontevedra, o Grupo Socialista congratúlase de que este Premio sexa dado así e por tanto felicitamos ó Director e á xente que está levando o Museo de Pontevedra. Sr. Presidente.- Moitas gracias, Sr. Santomé. Bueno, eu simplemente quero dicir como Presidente da Deputación e Presidente do Patronato, que estiven presente o día no que se concedeu o Premio, e foi por unanimidade. Non se premiou un tema concreto senón a labor, a historia desde que naceu, o cal quere dicir que non é un mérito desta Corporación nin moito menos, senón que é o traballo e a labor desenvolta durante toda a historia do Museo e creo que as bases do Premio permiten premiar persoas físicas ou xurídicas, ou entidades, e neste caso creo que o Museo de Pontevedra ten acreditado suficientemente un Premio desta categoría. Moitas gracias. Entón, o Grupo de Goberno e o Grupo Socialista, segundo acabo de ver, está de acordo co dictame do xurado. O Sr. Mosquera abstense dese dictame. O Pleno acorda por maioría, coa abstención do BNG e os votos a favor do PSOE e do PP, e en cumprimento do disposto na Base 4.3 da Convocatoria do Premio "Otero Pedrayo-1993", aceptar en tódolos seus términos a acta do Xurado do mesmo, que concedeu o Premio "Otero Pedrayo-1993" ó Museo Provincial de Pontevedra. ------ Folla: 29,30 5.3381.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE REORGANIZACIÓN E ADECUACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO Sr. Presidente.- Vou a retira lo da Orde do Día, por unha razón que é a seguinte: eu non estiven na Comisión de Persoal; evidentemente estiven vendo o expediente, hai algunhas cousas que realmente non me convencen, é loxicamente vou a retiralo para mellor estudio. Queda retirada da Orde do Día Moción da presidencia sobre "Reorganización e Adecuación de Postos de Traballo", quedando pendente de estudio máis detallado, segundo manifesta a Presidencia. ------ Folla: 30,31 6.3382.- AMPLIACIÓN DA APORTACIÓN DA EXCMA. DEPUTACIÓN PARA A ADQUISICIÓN DO CUARTEL DE SAN FERNANDO, 2º PRAZO Sr. Presidente.- ¿Intervencións?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, antes de nada alegrarnos de que retirara o punto cinco pero, Sr. Presidente, hai que ter un pouquiño máis de coidado co que firma, porque vostede firma-la Moción. Sr. Presidente.- Pero a Moción non implica os acordos que se toman. Sr. Mosquera Lorenzo.- A Moción implica todo e senón, non se poden firmar cousas que non se sabe despois que consecuencias van ter. Sr. Presidente.- Perdón, eu simplemente quixera aclarar, xa que vostede interviu, que non é vontade de retira lo no sentido de "sine die" nin doutra forma, simplemente de estudialo, é o que acabo de dicirlle. Estamos noutro punto da Orde do Día. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben, como está retirado sigo co punto seis. Cando se viñera ratifica-lo Convenio a este Pleno en consonancia co noso criterio en relación ó Cuartel de San Fernando e Campus de Pontevedra [Universitario], eu fixera unha pregunta que era se a Deputación estaba disposta, os millóns que estaban no Convenio, a invertilos no Campus en vez do Cuartel de San Fernando, o que se me contestou que si, polo tanto, me pareceu positivo a aportación da Deputación e nese sentido me manifestei. Pero o noso criterio segue vixente, pasou o tempo, estamos falando do finais do 91 e principios do 92, pasa o tempo, Pontevedra segue sen ter ningunha construcción, ningunha facultade, e agora resulta que esta Deputación ten que ampliar en setenta e cinco millóns para compra-lo que estaba previsto inicialmente. Isto é o que vén aquí, que a Deputación amplie eses cartos para compra. Ben, eu creo que non é correcta a operación; creo que hai unha serie de necesidades, mesmo da propia Deputación en Pontevedra, como poden ser Conde de Bugallal ou as rúas que lle pertencen á Deputación. Por exemplo, hai moitísimas outras necesidades e que a operación esa foi un friesco, que o normal é que os cartos se invertiran nunha Facultade nova que xa podía estar feita hai bastante tempo no campus e non ter que estar tapando faltas permanentemente, agora para poder resolver un problema que non é da Deputación, que debía ser da Xunta e se vai leva-la Escola de Enfermería para o Hospital frenando a ampliación dos despachos de Dirección, etc., etc., ou sexa, creando problemas de organización no Hospital. Eu creo que xa está ben de andar facendo convenios ó revés, como é este, mareando a perdíz e bailando ó can-cán das necesidades e das dificultades e das planificacións absolutamente erróneas da Xunta; ou sexa, a Deputación vai meter en fins que non son propios e á parte cunha finalidade moi discutible dado que esa non é unha boa operación en absoluto. É unha barbaridade o prezo que se paga por ese cuartel; xa se demostrou que houbo que modifica-los plans e as proteccións para que serva, e aínda así veremos se de boa maneira para unha Facultade que xa debía estar construída. Eu creo que é a hora de cortar con esta sangría coa Deputación e entre en plans serios e atenda as súas necesidades e non sufra esta sangría absolutamente permanente tapándolle as faltas á Xunta; que a Deputación non perda 1.400 millóns cada ano en Hospitais que xa debían ser da Xunta e ainda por riba despois toma o pelo cun borrador de convenio que parece unha falta de respeto máis que outra cousa, non. Creo que non é de recibo este tipo de funcionamento; é de agradecer a boa intención da Deputación en canto a invertir eses cartos en Pontevedra e no Campus de Pontevedra, pero feitos dunha maneira horrible, digamos dependente absolutamente das faltas da Xunta, a cambio deso pois igualo Sr. Cuiña nos trae un plan para meter unhas carreteras que non sei que, pero non se trata deso, non, dese plan de quiñentos millóns en dous anos, se trata de que as cousas hai que facelas como hai que facelas, é dicir, en Pontevedra debía estar xa construída a Facultade. A Deputación fixo grandes esforzos para estar tapando faltas que son unhas chapuzas, e é verdade, chapuza máis chapuza non imos arreglar nada senón complicar cada vez máis as cousas. Polo tanto, nós non podemos estar de acordo en que a Deputación meta setenta e cinco millóns; en todo caso, que meta eses e máis en Pontevedra noutras necesidades que son prioritarias e desde logo moito máis eficaces que andando dando voltas ó cuartel de San Fernando, que aínda veremos para cando vai eso porque xa a rehabilitación estaba prevista en seiscentos millóns, agora xa só quedan catrocentos cincuenta millóns do convenio, ó final a rehabilitación vai ir a mil millóns. Esto é o conto de nunca acabar, o andar tapando faltas, o non face-las cousas dunha maneira planificada, seria e demais e agradecendo a boa intención da Deputación en canto ó Campus de Pontevedra, desde logo así non se fan as cousas e non podemos votalo a favor. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, posiblemente el Sr. Mosquera tenga bastante razón, si es o no es competencia de la Diputación Provincial arropar esta compra. A lo mejor se parece al tema del Hospital provincial. De todas formas en este asunto, yo como ciudadano vigués y el Partido Socialista como tal, vamos apoyar esta, porque el fin es sencillamente extraordinario y naturalmente todo lo que sea expandir la cultura en la Provincia es mejor y bueno para todos, de manera que si que apoyamos totalmente esta decisión. Sr. Presidente.- Muchas gracias. Yo me quedo con la última parte que ha dicho el Sr. Mosquera de agradecer a la Diputación la preocupación de dar esos setenta y cinco millones de pesetas, y también con el agradecimiento del Grupo Socialista por esta inversión. Ha habido una serie de problemas pero yo creo que estas cuestiones ya están en marcha y lo importante es que todo el mundo se de cuenta de que la Diputación, a pesar de no tener una competencia específica en esta materia, está colaborando en un problema puntual como es el tema universitario. Sometemos a votación este punto del Orden del Día. ¿Votos en contra?. El Sr. Mosquera, a pesar de agradecer la participación de la Diputación, vota en contra. ¿Abstenciones?. ¿Votos a favor?. El Grupo Socialista y el Grupo Popular votan a favor. Visto o escrito do Ilmo. Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Pontevedra, de data 2 de xuño último, en que interesa a segunda aportación desta Deputación para o actual exercicio de 1993, para a execución do Convenio sobre adquisición do Cuartel de "San Fernando", por un total de CENTO VINTECINCO MILLÓNS DE PESETAS (125.000.000), correspondendo desa cantidade CINCUENTA MILLÓNS DE PESETAS (50.000.000) ó 2º prazo estimado en principio e SETENTA E CINCO MILLÓNS DE PESETAS (75.000.000) por aumento en máis do prezo de adquisición sobre os inicialmente previsto, dado que o custe total de adquisición de dito Cuartel estimado en principio en SEISCENTOS MILLÓNS DE PESETAS (600.000.000), pasou a ser de SETECENTOS CINCUENTA MILLÓNS DE PESETAS (750.000.000), a diferencia en máis conviuse en principo asumila ó 50% entre Deputación e Concello de Pontevedra, para o que aportará cada un SETENTA E CINCO MILLÓNS DE PESESTAS (75.000.000). Vistos, así mesmo, o informe de Intervención e a proposta da Presidencia, de datas 14 e 18 de xuño do actual, e consorte co dictame favorable emitido pola Comisión de Economía, o Pleno por maioría, co voto en contra do BNG e os votos a favor do PSOE e do PP, e téndose convido que o maior custe de CENTO CINCUENTA MILLÓNS DE PESETAS (150.000.000) do Cuartel de "San Fernando" sobre o inicialmente previsto fose asumido ó 50% entre a Deputación e o Concello de Pontevedra, acorda unha aportación adicional de SETENTA E CINCO MILLÓNS DE PESETAS (75.000.000), que se fará efectiva segundo o informado por Intervención. ------ Folla: 31,35 7.3383.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CREDITOS Sr. Presidente.- ¿Intervenciones?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, volvemos outra vez ó mesmo de antes, quere dicir que se poden agradecer tódalas boas intencións, pero as chapuzas seguen sendo as chapuzas, e as finalidades prioritarias seguen sendo as finalidades prioritarias; se se invirten e se fan as cousas ó revés dificilmente se poden avalar. Bueno, aquí vén un expediente de modificación de créditos; parte deso vai precisamente para financiar eses setenta e cinco millóns a maiores, é dicir, que non son setenta e cinco millóns, son cento setenta e cinco que se poñen este ano para o Cuartel de San Fernando e despois hai cantidade de cousas pequenas como créditos recoñecidos. Como sempre, a contabilidade desta Deputación é un misterio, non hai maneira de poñer ó día os gastos e entón é un auténtico misterio como demonio un señor que presenta unha factura en xuño dun ano resulta que está sen recoñecer na Deputación ata o ano seguinte. É un auténtico misterio, eu sigo admirado, porque unha pode ser, pero é unha mecánica habitualísima, reiterativa, etc., etc. Bueno, se cadra se pode entender cando xa a estas alturas hai servicios desta Deputación que practicamente están paralizados por falta de consignación. Os presupostos fanse como se fan, despáchanse en dous días pola vía de urxencia para que non se poidan debatir a fondo nin analizar a fondo as necesidades, e resulta que tampoco se tapan, porque tampouco se tapan as modificacións de créditos, as necesidades, despois hai créditos que recoñecer porque quedan aí tapados ata o ano seguinte. Esta é unha chapuza universal. Despois cambian dez millóns para limpeza de praias dunha partida a outra. O que era para os Concellos agora é para a Deputación. Supoño que será moi necesario pero é que ninguén nos explicou como se van gastar eses cartos, nos Concellos, na Deputación, nin en ningún lado. Vostedes tan, vostedes desfán, ó final, en principio; eu, a verdade, teño a tentación cantidade de veces de dicir, bueno, supoño que terá algún criterio racional, non nolo explican porque son así de ocultistas e tal, pero supoño que o terán. Pero, resulta que pasan os meses e é imposible, outra vez todo ó revés, recoñecementos de créditos, créditos do ano pasado, gastos do ano pasado e hai dous anos. Despois hai partidas, como por exemplo Cultura, que están cepillándose publicacións permanentemente, ou sexa, creo que lle partiron por catro o presuposto nos tres últimos anos, non lle meten un duro máis nesta modificación, etc., etc. Eu, se houbera algún criterio racional, de verdade que teño ganas de votar algo a favor, se houbera algún criterio racional e nolo explicaran; me parece que no debe haber, ¡eh!, porque explicar non se explica, simplemente tapar unhas faltiñas, mete-los cartos para aquí. Que non é tapa-las faltas xa coñecidas, pois é un misterio. Supoño que será algo máis ou menos serio, imaxínome, quero creelo, pero despois ó final sempre se demostra que non, que volve outra vez a estar todo así, non se sabe por que si nin por que non, vostedes tan estes expedientes, tan, desfán, en todo caso quítanno da Orde do Día como fixeron isto, en fin, etc., ou sexa, é difícil entender como demonio están vostedes facendo nesta casa; eu estou admirado de como funcionan. De verdade estou admirado de como demonio pode funcionar; así anda, claro, aparecen facturas de catro anos, bueno, aparece de todo. Non, no podemos avalar. Sr. Presidente.- Moitas gracias, Sr. Mosquera. Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- No, sencillamente en este caso pues que no coincido con el compañero Mosquera en una cuestión clave. Él critica la inversión en el Cuartel de San Fernando cuando es para un tema sencillamente prioritario, absolutamente prioritario, porque si la Educación y la Cultura non son prioridad, "Ave María Purísima", qué haremos entonces con el Cabaret de Soutomaior, habrá que volarlo. Sr. López Freire.- Sr. Presidente, o Grupo Socialista, aínda que con moitas dúbidas, vai votar a favor da modificación de créditos porque coincidimos substancialmente coa base da proposta ou da intervención do Sr. Mosquera, porque se ben consideramos que hai que pagar aqueles gastos que se veñen realizando, nesta habilitación de créditos hai varias cousas que para nosoutros son bastante dubidosas se non teñen algunha problemática máis. Un dos capítulos máis importantes ó que se vai a destinar esta modificación de créditos é para pagar gastos de persoal eventual, que na oferta pública de emprego xa debía de contar no seu presuposto con cantidade máis que suficiente. Non sei por que veñen aquí suplementos de partidas tan grandes como de catorce millóns no Servicio de Intervención. Teño moitas dúbidas de saber para que se destinan estes diñeiros do persoal eventual deste capítulo. De todas formas analizando punto a punto cada un dos apartados que aquí se producen, vemos que hai tres capítulos que merecen especial detalle; un deles é o do persoal eventual que loxicamente comprendemos que hai que ter persoal eventual na Deputación, pero ten que estar previsto nos Presupostos. Polo tanto, toda habilitación de crédito supón un superior gasto, supoño porque se haberá ou contratado máis persoal eventual ou haberá que facer frente a gastos deste persoal eventual. Outro apartado que tamén nos chama bastante a atención, porque ten que estar previsto e en eso incidimos xa nunha intervención anterior, é para expropiacións, capítulo no que van destinados ó redor de dez millóns de pesetas para expropiacións, que supoñemos que toda expropiación dentro do Plan de Obras e Servicios da Deputación debe ter consignación específica no seu propio presuposto. Falando de Cultura, que se fixo mención antes, é curioso que no apartado do CPAM, organismo asesor dos Concellos creado por esta Deputación, haxa aportacións para promoción da Cultura, amais, por débedas dos anos anteriores, de cerca de oito millóns de pesetas en promoción da Cultura e en Educación Física. E vou a ter especial incidencia nun dos capítulos que sempre tiven, desde que son Deputado nesta Corporación, especial dedicación. Hai unha serie de complementos de créditos para habilita-lo Centro de A Lanzada, o Centro de Veraneo de A Lanzada, que supoño que serán por maiores gastos de acondicionamento dese establecemento da Deputación. Eu quero dicirlle, Sr. Presidente, que tome boa nota diso, que A Lanzada debe ter carácter preferente para os alumnos desta Deputación, se non desde logo este Deputado vai votar sempre en contra de calquera habilitación de créditos, mellora de créditos ou mellora de A Lanzada se non teñen especial preferencia os alumnos desta Deputación. A min paréceme ben que se fagan convenios con outras Deputacións, veñan alumnos doutros centros e tal, pero preferentemente son os alumnos do Príncipe Felipe desta Deputación Provincial os que deben de ter, porque para algo é un establecemento desta Corporación. E por último, por non prolongar máis este Pleno, que non ten moito contido por si, hai un capítulo que tamén quero facerlle especial incidencia en el e que tome boa nota o Sr. Presidente. Debido a unha moción presentada por este Grupo Socialista, habilitouse nos Presupostos unha cantidade de diñeiro para Axuntamentos costeiros de cen millóns de pesetas; agora detráense dez millóns de pesetas para que a propia Deputación, con eses dez millóns, favoreza ós Axuntamentos costeiros cunhas papeleiras que van a establecer nas praias destes Concellos. Non nos opoñemos a iso. Parécenos ben, pero, Sr. Presidente, primeiro, parécenos ridícula a cantidade e segundo, este resto que queda por aplicar nos Concellos pediríamos que se fixera en Comisión con tódolos grupos políticos presentes e sobre todo o Grupo Socialista, que foi o que presentou a moción neste capítulo. En ese capítulo nós, no seu día, se se fai un plan, pediríamos unha habilitación de crédito para que a cantidade fora máis proporcional ó número de Concellos. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, eu só dúas cousiñas, creo que fun relativamente claro, pero igual se terxiversan. Mira sexan para Cultura, para Deportes, para Medio Ambiente ou para o que sexa, cando se gastan mal se gastan mal e eso, a operación de San Fernando é unha ruina de operación e Pontevedra, e a demostración está aí, segue sen Facultades e seguirá. Entón, a Deputación que se gaste en Cultura é moi bo, pero que gaste ben. Cando se gasta mal, se gasta mal de todas maneiras, sexa para o que sexa. E esta é unha ruina de operación e polo tanto non podemos avalala. En canto ó gasto do persoal eventual, etc., etc., hai un tema que como hoxe non hai rogos e preguntas non quería facer referencia, pero bueno, xa que estamos no tema vamos a facelo. Seguramente é unha demostración máis do inmenso, inconmensurable, impecable e maravilloso funcionamento desta Deputación. Esta Deputación vai ter que pagar, optou por eso, indemnizacións a traballadores que despide porque lle pasan dez días, en vez de tres anos, traballaron tres anos e dez días. En vez de readmitilos ten que pagarlle indemnizacións bastante fortes, as prazas siguen vacantes, contrata outro e tal, se cadra hai que amplia-la partida para eso. Eso é un exemplo de como funciona esta casa, ou sexa, un señor se contrata, ós tres anos pasa a fixo, deixan que pasen tres anos e dez días en vez de pasalo a fixo, porque que se sepa non había ningún problema con dous ou tres que coñezo, pois deixan que pasen os dez días, despídennos, recurren, lle obrigan a readmitilos ou ben a indemnizalos, os indemnizan, contratan outro, a praza sigue vacante e listo, paga xan pueblo, non hai ningún problema e asunto amañado. Se cadra houbo que amplia-la partida por iso, vai ti a saber. Nada máis. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias. Sr. Chapela. Sr. Chapela Seijo.- Agradecer el apoyo del voto socialista o del Grupo Socialista en este tema. Decir simplemente sobre él, que se celebraron dos Comisiones Informativas de Economía; una segunda a petición del Grupo Socialista, porque en el expediente había una serie de datos que no se habían formulado por escrito. Indicar que es la operación de crédito nº 1 de este ejercicio económico. Da la sensación de que se está hablando de que hubo un montón de operaciones de crédito y estamos hablando de que este es el primer expediente de modificación de créditos que se hace en este ejercicio presupuestario. Indicar por otro lado, respecto a la posibilidad de modificación de partidas para distinto tipo de actuaciones, como pueden ser actuaciones en materia de Cultura, que evidentemente quiero pensar que si fuese necesario por parte del Diputado encargado de esa área, pues las propondrá para llevarlas a cabo. Esta modificación de créditos está conformada por dos tipos de operaciones, un suplemento de crédito de ciento diez millones de pesetas que se financian fundamentalmente con lo que se pensaba gastar en el caso de llevar a cabo la refinanciación de parte de los préstamos de esta Diputación, concretamente los ciento diez millones de pesetas, noventa y ocho millones de pesetas se sacan por baja de ese capítulo. y luego está conformada por un crédito extraordinario que se financia, la mayor parte también, con ese dinero que estaba previsto destinar a la refinanciación de la deuda de esta Diputación. En cuanto a las finalidades a las cuáles se destina este dinero, indicar que estimamos que son finalidades de carácter esencial que debe prestar esta Corporación, como obras en el Hospital, el Convenio asistencial, expropiaciones en las carreteras o incluso pagar, como se ha hecho referencia, al personal laboral, para las sustituciones durante el período vacacional o llevar a cabo la reorganización, que consideramos importantísima, de los servicios de Recaudación de Tesorería; por lo tanto creemos que la finalidad a la cual va destinada esta modificación de créditos es importante, por lo que vuelvo a reiterar nuestro agradecimiento al Grupo Socialista manifestando, evidentemente, nuestro voto a favor. Sr. Presidente.- Muchas gracias Sr. Chapela. Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- Si, es que quiero dejar claro una cuestión. Parece que hoy tenemos un pique allá en la altura, el Sr. Mosquera y yo, y no hay tal pique ni mucho menos, ni mucho menos a nivel personal. Sin embargo yo tengo que ratificar que cuando defendí la Cultura no estaba defendiendo la gestión de la Diputación Provincial. Para mi la Diputación Provincial, ésta y las demás no tienen razón de existir en el Estado español. Eso lo he dicho y lo sostengo y lo mantengo. Ni esta ni ninguna. Sobre todo ésta que es un auténtico cadáver con cuerda, eso que quede claro. Sr. Presidente.- Muchas gracias. Yo simplemente quisiera, para terminar, anunciar algo que creo que es importante. Esta modificación de crédito ha sido mínima, como se ha visto. Vamos a traer otra quizá el próximo mes y se lo digo antes para que no se nos acuse en ese sentido, pero lo hemos hecho creo que con criterios lógicos y razonables por una razón que es la siguiente, la liquidación del Presupuesto está a punto de finalizar, finalizará prácticamente el 30 de junio; saben ustedes que se ha ampliado y según datos que yo tengo, pero no todavía confirmados del todo, puesto que todavía no ha acabado el Servicio de Intervención, sabemos que hay unos ciertos remanentes del Presupuesto y sería creo que una falta de mal funcionamiento, una arbitrariedad el hacerlo de otra forma sabiendo que dentro de veinte días, aproximadamente, vamos a disponer de una serie de fondos, acudir ahora a una serie de créditos para financiar una serie de cuestiones que van a ser necesarias; es decir, hemos querido que la carga financiera no .suba excesivamente sabiendo que vamos a tener un dinero disponible dentro de unos días. El tema es que en este momento hubo que traer aquí una cuestión puntual para pagar lo del Cuartel de "San Fernando", que tiene una fecha concreta, sino no se hubiera traído al Pleno esta modificación de crédito. Ya digo, vendrá otra rápidamente, que hay un dinero en remanente y en la que se hará una transferencia ya importante, que será para financiar una serie de temas que nosotros creemos necesarios. Quiero anunciar, porque aquí se ha solicitado también, que tengo pensado reunirme con el Grupo Socialista y con el Bloque Nacionalista Galego para el tema de las playas, es decir, con un portavoz de cada grupo, pues para esa cuestión nosotros no queremos que ningún Ayuntamiento de la provincia, sea del color que sea, quede discriminado de este tipo de ayudas. Yo me reuniré con estos dos grupos para llevar a cabo este tema, y nada más. Sometemos a votación este punto del orden del día. ¿Votos en contra?. El BNG. ¿Abstenciones?. ¿Votos a favor?. Los Grupos Popular y Socialista. Queda aprobado por mayoría excepto el voto en contra del BNG. Muchas gracias, se levanta la sesión. Visto o expediente de Modificación de Créditos tramitado ó efecto dentro do vixente Presuposto Provincial, que comprende "Crédito Extraordinario" e "Suplementos de Crédito", por un importe de SESENTA E DOUS MILLÓNS SESENTA E CINCO MIL CINCUENTA E NOVE PESETAS (62.065.059) e CENTO DEZ MILLÓNS SEISCENTAS OITENTA E UNHA MIL TRESCENTAS SETENTA E CATRO PESETAS (110.681.374), respectivamente, e que a continuación se detallan en cumprimento das Bases 7, 8 e 10 das aprobadas para a execución do Presuposto de 1993; vista a Memoria da Presidencia e o informe de Intervención, o Pleno, de conformidade co dictame favorable da Comisión de Economía, acorda por maioría, co voto en contra do BNG e os votos a favor do PSOE e do PP, aprobar ditas modificacións presupostarias na seguinte forma: PRIMEIRO.- O expediente de crédito extraordinario ten por obxecto o financiamento dos gastos que se especifican e determinan no expediente de referencia. Este expediente tramítase por importe de SESENTA E DOUS MILLÓNS SESENTA E CINCO MIL CINCUENTA E NOVE PESETAS (62.065.059) e finánciase con: - Baixas de crédito na partida 611.011.911.01. 32.715.059 - Baixas de crédito na partida 911.751.762.03. 10.000.000 - Baixas de crédito na partida 612.611.227.17. 19.350.000 TOTAL.......... 62.065.059 ============================= SEGUNDO.- O expediente de suplementos de crédito ten por obxecto financia-los gastos que se especifican e detallan no expediente de referencia. Este expediente tramítase por importe de CENTO DEZ MILLÓNS SEISCENTAS OITENTA E UNHA MIL TRESCENTAS SETENTA E CATRO PESETAS (110.681.374) e finánciase con: - Baixas de crédito na partida 611.011.911.01. 98.681.374 - Baixas de crédito na partida 612.611.227.17. 1.000.000 - Baixas de crédito na partida 122.314.161.03. 4.000.000 - Baixas de crédito na partida 122.314.161.06. 7.000.000 TOTAL.......... 110.681.374 ============================= TERCEIRO.- Como consecuencia do financiamento para o expediente das modificacións de crédito propostas, non se modifica a contía total do Presuposto, redistribuíndose os créditos entre os diversos capítulos, segundo consta nos cadros que se adxuntan. GASTOS 22/06/93 11:24:46 RESUME POR CAPÍTULOS DE MODIFICACIÓNS DE CRÉDITO APROBADAS NO EXERCICIO PÁXINA 1 Capítulo 1 Presuposto Modificacións Modificación Presuposto Inicial anteriores actual final 6.718.197.001 4.200.000- 16.336.526 6.730.333.527 Capítulo 2 Presuposto Modificacións Modificación Presuposto Inicial anteriores actual final 2.232.410.642 14.401.949 52.336.173 2.299.148.764 Capítulo 3 Presuposto Modificacións Modificación Presuposto Inicial anteriores actual final 2.394.355.486 0 0 2.394.355.486 Capítulo 4 Presuposto Modificacións Modificación Presuposto Inicial anteriores actual final 597.136.914 67.204.885 13.227.365 677.569.164 Capítulo 6 Presuposto Modificacións Modificación Presuposto Inicial anteriores actual final 1.727.495.000 1.781.350.514 39.613.279 3.548.458.793 Capítulo 7 Presuposto Modificacións Modificación Presuposto Inicial anteriores actual final 2.553.718.000 2.068.189.742 9.883.090 4.631.790.832 Capítulo 8 Presuposto Modificacións Modificación Presuposto Inicial anteriores actual final 100.001.000 0 0 100.001.000 Capítulo 9 Presuposto Modificacións Modificación Presuposto Inicial anteriores actual final 456.685.957 0 131.396.433- 325.289.524 TOTAL Presuposto Modificacións Modificación Presuposto Inicial anteriores actual final 16.780.000.000 3.926.947.090 0 20.706.947.090 ============== ============= = ============== INGRESOS 22/06/93 11:57:18 RESUME POR CAPÍTULOS DE MODIFICACIÓN DE PREVISIÓNS APROBADAS NO EXERCICIO PÁXINA 1 Capítulo 1 Presuposto Modificacións Modificación Presuposto Inicial anteriores actual final 751.000.000 0 0 751.000.000 Capítulo 3 Presuposto Modificacións Modificación Presuposto Inicial anteriores actual final 3.631.313.000 0 0 3.361.313.000 Capítulo 4 Presuposto Modificacións Modificación Presuposto Inicial anteriores actual final 9.793.264.533 515.500.000 0 10.308.764.533 Capítulo 5 Presuposto Modificacións Modificación Presuposto Inicial anteriores actual final 237.607.800 0 0 237.607.800 Capítulo 6 Presuposto Modificacións Modificación Presuposto Inicial anteriores actual final 185.972 0 0 185.972 Capítulo 7 Presuposto Modificacións Modificación Presuposto Inicial anteriores actual final 1.369.674.000 37.500.000 0 1.407.174.000 Capítulo 8 Presuposto Modificacións Modificación Presuposto Inicial anteriores actual final 46.954.695 3.373.947.090 0 3.420.901.785 Capítulo 9 Presuposto Modificacións Modificación Presuposto Inicial anteriores actual final 950.000.000 0 0 950.000.000 TOTAL Presuposto Modificacións Modificación Presuposto Inicial anteriores actual final 16.780.000.000 3.926.947.090 0 20.706.947.090 ============== ============= = ============== E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e cincuenta minutos do expresado día, dase por rematada a sesión e dela exténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario que dou fe. Cúmpranse os precedentes acordos. O PRESIDENTE, O SECRETARIO, ------
Ãrea de notas
Nota