Fondos
1995-01-27_Ordinaria. Acta de sesión 1995/01/27_Ordinaria
Acta de sesión 1995/01/27_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.18.809/1.1995-01-27_Ordinaria
Título Acta de sesión 1995/01/27_Ordinaria
Data(s) 1995-01-27 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 107,108 Da sesión ordinaria, en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 27 de xaneiro de 1995 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día vintesete de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco, baixo a Presidencia de D. Xosé Manuel Barros González, Vicepresidente da Excma. Deputación, reuníronse os Sres. Deputados, D. José Ramón Abal Varela, D. Laureano Calero Valverde, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. José Crespo Iglesias, D. José Manuel Chapela Seijo, D. Avelino Fernández Alonso, Dona. Mª Dolores Fernández Alonso, D. José Manuel Fernández Rodríguez, D. Manuel Freire Lino, D. Emilio González Iglesias, D. Arturo Grandal Vaqueiro, D. Manuel Iglesias Carrera, D. José Luis Jorge Caramés, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. Bernardo López Abadín, D. César Marcelino López Freire, D. Juan Francisco Martínez-Herrera Escribano, D. Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Antonio Nieto Figueroa, D. José Luis Rodríguez Lorenzo, D. Juan José Salgueiro Montouto, D. Francisco Santomé Otero, D. Isidoro Serantes Serantes, D. Santiago Tirado Serén e D. Manuel Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. A efecto de votacións faise constar que a Corporación está formada por vintesete Deputados de feito e de dereito, incluído o Presidente. Da fé do acto o Vicesecretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. César Xosé Mera Rodríguez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.3671.- ACTAS ANTERIORES Sr. Presidente.- Buenos días a todos. Vamos a empezar entón o Pleno ordinario. En primeiro lugar hai a aprobación de tres actas, os borradores das tres actas anteriores, dúas extraordinarias e unha ordinaria. ¿Hai algunha intervención?. Vamos a ver o Sr. Nieto. Sr. Nieto Figueroa.- Muy bien Presidente estamos todos muy felices, muy contentos, ya se lo puede imaginar que es una alegría formidable pues estar presididos por usted. Sr. Presidente.- Muchas gracias. Sr. Nieto Figueroa.- Eso dentro de la cosa digamos anecdótica pero ya pasando a la seriedad pues queremos ratificar la propuesta que hemos hecho recientemente en una de las Comisiones mostrando nuestra pesadumbre y nuestro mal estar por lo que ha ocurrido recientemente con un miembro del Partido Popular. Nuestro más sentido pésame y nuestra repulsa total y absoluta a esta forma de funcionar todavía. Muchas gracias. Sr. Presidente.- Me parece bien y creo que nos unimos todos a ello y por lo tanto si le parece bien que conste, como un acuerdo de todos nosotros esa intervención suya. Volviendo al acta y que por supuesto no vuelvan a ocurrir actos de este tipo, que es lo que deseamos todos. Con respecto a las tres actas ¿hay alguna objección o alguna cosa que pueda afectarle?. No. Se entiende que se aprueba entonces por unanimidad. O Pleno acorda por unanimidade, aproba-los borradores das actas das anteriores sesións, extraordinarias, dos días 13 e 27, e ordinaria, do día 30, todas elas de decembro de 1994. ------ Folla: 108,110 2.3672.- BASES DO CONCURSO- EXPOSICION INTERNACIONAL DA CAMELIA Sr. Presidente.- Intervencións. Bien, no hay intervenciones. ¿Votos a favor?. Unanimidad. Vale, gracias. Es que no veía levantar los brazos, por eso, pensé que había alguna abstención o así. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Agricultura, Gandería, Montes e Industria, o Pleno acorda por unanimidade, aproba-las Bases para o Concurso Internacional da Camelia e que son as seguintes: BASES 1.- Os días 3, 4 e 5 de marzo de 1995, celebrarase nos salóns da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra o XXXI Concurso - Exposición Internacional da Camelia. 2.- Poderán concurrir tódalas persoas interesadas na Camelia, profesionais ou aficionados, nacionais ou estranxeiros, persoas naturais ou xurídicas que realicen a súa inscripción de acordo coa base 6. 3.- Poderanse presentar flores pertencentes a calquera variedade de Camelias, Xapónica reticulata ou outras especies, así como híbridos das mesmas. Admitirase calquera forma de flor, desde a sencilla ata a doble formal e tódalas formas intermedias. 4.- Establécese un Primeiro Premio "Camelia de Ouro", que se outorgará ó concursante máis destacado en calquera das modalidades. O concursante a quen se lle outorgue este premio, non poderá obter ningún dos outros premios previstos na Base 5. Así mesmo establécese un Premio Especial denominado "Antonio Odriozola". Premio Especial Chanel ó mellor conxunto de dúas ou tres variedades de Camelia Blanca, representada cada unha delas por tres flores de cada variedade. 5.- Concederanse, ademais, un Primeiro e Segundo Premio ós mellores lotes de cada unha das modalidades seguintes: a) Camelia xapónica blanca. b) Camelia xapónica rosada. c) Camelia xapónica vermella. d) Camelia xapónica xaspeada. e) Camelia reticulada. f) Conxunto de Camelias da mesma ou distinta clase e cor. g) Outras especies de Camelias. h) Á presentación artística. 6.- Cada concursante non poderá presentar máis dun lote, de 10 flores como máximo, por variedade, salvo ós apartados f) e h) da base anterior. No boletín de inscripción deberán expresarse as modalidades nas que se desexa participar, segundo indica a base 5. O boletín de inscripción (impreso), será facilitado na Sección de Cultura da Excma. Deputación onde deberá ser entregado debidamente cuberto antes do día 23 de febreiro. 7.- Os concursantes presentarán os lotes de flores nos salóns da Exposición entre as 9 e 13 horas da mañá do día 3, non podendo retiralos sen autorización da Comisión Organizadora antes das 13 horas do domingo 5. 8.- A inauguración da Exposición terá lugar o venres día 3 de marzo, ás 19 horas, dándose lectura ó fallo do Xurado dos respectivos concursos. 9.- Convócase así mesmo un Concurso de Redacción e outro de Pintura baixo o lema "A Camelia", para alumnos de Ensinanza Xeral Básica da Provincia. Os traballos serán previamente seleccionados polo profesor, admitíndose un máximo de dous por aula. Por cada concurso concederanse 15 Premios, consistentes en xogos educativos ou material escolar, por un valor de CINCO MIL PESETAS (5.000) cada un e un diploma de participación a tódolos premiados. Os traballos deberán entregarse na Deputación Provincial, Sección de Cultura, antes do día 27 de marzo. Os debuxos serán expostos no Pazo Provincial e os Premios de ambos concursos entregaranse no transcurso dun acto convocado ó efecto. 10.- A Comisión organizadora, composta por Técnicos dos Departamentos de Cultura e Agricultura desta Deputación e presidida polo titular da Corporación, designará un Xurado para cada un dos concursos convocados, facéndose pública a súa composición co fallo. Ditos Xurados poderán declarar desertos os Premios establecidos, se as flores ou traballos presentados non acadasen, ó seu xuízo, o nivel requerido. Tamén poderán propoñer á Comisión Organizadora a concesión de premios por outros conceptos distintos ós sinalados. 11.- Os concursantes, polo feito de solicita-la inscripción, declararán coñecer e aceptar integramente estas bases e someterse (tanto para a interpretación do previsto nelas, como para o non sinalado nas mesmas), ás decisións dos respectivos Xurados e da Comisión Organizadora, segundo as súas diversas competencias. Os fallos dos Xurados serán inapelables. Calquera aclaración sobre as Bases poderá solicitarse da Comisión Organizadora. 12.- O Xurado seleccionador será nomeado polo Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial ou Deputado en quen delegue. Presidente.- O titular da Corporación Provincial. Vicepresidente. Deputado-Presidente da Comisión de Cultura e Acción Social. Vocais.- Sete persoas de recoñecido prestixio, relacionadas coa Camelia. Secretario.- O titular da Deputación ou funcionario en quen delegue. ------ Folla: 110,112 3.3673.- PROPOSTA DE MODIFICACION DE ESTATUTOS DO PATRONATO DE TURISMO "RIAS BAIXAS" Sr. Presidente.- Intervenciones. Vamos a ver, primeramente al Sr. Rodríguez. Estais cambiados de números. Es el Sr. López Freire, no hay problema. Sr. López Freire.- Sr. Presidente, o Grupo Socialista propón que se modifique no que fai referencia á representación que di que son, que terán que ser seis membros da Corporación pero pide que o reparto sexa seis membros pero proporcional, como se fai en calquera cousa do grupo político, eso por un lado; e por outro lado oponse desde logo á modificación no artigo 15, parágrafo e), no cal se dispón que o Presidente pase, xa bastante caciquea no Presupuesto da Deputación, pero pase de 100.000 pesetas a 1.000.000 de pesetas, xa está ben de cacicadas, que sigan coas 100.000 pesetas que bastante lle chega, home, vai administrar tódolos millóns da Deputación mailos do Patronato Rías Baixas, pois A Cañiza desde logo non é un Concello excesivamente turístico aínda que teña alí a festa do xamón e todo o demais. Polo tanto nós se se aceptan esas modificacións votamos a favor e se non aceptan absterémonos neste Presuposto. Sr. Presidente.- Bien, muchas gracias. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Bueno, eu tres cousiñas, primeira aquí no enunciado do Pleno aparece Patronato de Turismo Rías Baixas sen embargo nos Estatutos aparece Rías Bajas, creo que o acordo é que se poña Rías Baixas e polo tanto que se recolla e se poña en tódolos lados dunha vez. Nos Estatutos pon Rías Bajas. Sr. Presidente.- En principio aceptado totalmente ese parágrafo, será sempre "Rías Baixas", en castelán e en galego. Ben. Ese é un detalle que xa se corrixirá entón. Vale. Sr. Mosquera Lorenzo.- En segundo lugar a mesma queixa que acaba de expoñe-lo Portavoz do PSOE que é o pasar de 100.000 a 1.000.000, home non sei se hai que aumenta- las tres mil pero pasar a un millón parece os, o que pode gasta-lo Presidente sen consultar cos órganos colexiados parece excesivo multiplicalo por 10 de un a outro. En terceiro lugar unha dúbida que xa existía nos anteriores Estatutos pero que non se estivo utilizando e entón non sei porque non se suprime que é o Consello Executivo Permanente, creo que é un organismo o Patronato cun presuposto tan reducido como para que non faga falta tanto tipo de consello, organismo e demais, creo que o mellor sería suprimilo de feito non se está, non está digamos reuníndose nin está tan sequera constituído e queda Xunta Rectora que ó fin e ó cabo non somos tantos e a propia dinámica do Patronato co presupuesto que ten a actividade non parece que xustifique dalgunha maneira a permanencia deste órgano que non existe, serían tres persoas os que o constituirían e que non estaba, non se reuneu nunca e entón non sei porque demonios se mantén esta figura. Polo demais pois bueno, máis ou menos o que está pois se se aceptan esas modificacións pois aprobaríamolos senón pois absteríamonos. Sr. Presidente.- Bien, muchas gracias. Mª Dolores como Presidenta do Patronato. Sra. Fernández Alonso.- Bueno, simplemente decir con respecto a esta última consideración que hace el Sr. Mosquera, que se deja esta figura en previsión de que el Patronato tenga mayor desarrollo y actividad, para no frenarlo. Si sigue en la misma actuación que hasta ahora se seguirá con la Junta de Patronato como se ha tenido hasta ahora, con unas reuniones mensuales, mínimamente una o dos reuniones de todo el Consejo pero no se elimina esta figura pensando que pueda tener mayor presupuesto en el futuro y mayor actividad y pueda necesitar este funcionamiento. Simplemente es por esto por lo que se deja en previsión de futuro, si el funcionamiento es como hasta ahora pues seguirá con Junta de Patronato como hasta ahora hemos tenido. Nada más. Sr. Presidente.- Vale, muchas gracias. Sr. Herrera. Sr. Martínez-Herrera Escribano.- En la Comisión el otro día habíamos hablado de las modificaciones, el tema que plantea el Sr. López Freire de la proporcionalidad exigiría que se aumentara entonces el número de Diputados porque si se establece con seis Diputados nos encontraríamos con que el gobierno municipal tendría los mismos representantes que la oposición cuando una simple operación numérica aquí somos más del doble de los Diputados, del partido de la oposición. Entonces habría que aumentar el número, de esta manera hay cuatro, pero va incluído ahí también ya la Vicepresidencia del Patronato, van incluídos todos. Yo creo que habría que aumentar el número de Diputados para establecer la proporcionalidad. Sr. Presidente.- Bien, muchas gracias. Sr. López Freire por alusiones. Sr. López Freire.- Sr. Presidente vamos, de las dos propuestas que hicimos nosotros sólo se nos contestó a una que era la de la proporcionalidad pero no hay duda ninguna Sr. Presidente que las matemáticas son las matemáticas y para elegir los representantes de la Corporación tiene que ser con carácter proporcional porque así lo fija la Ley, para esto debería de ser proporcional y no tenga miedo el señor representante del Grupo Popular porque para eso tiene además la Presidencia, eso punto primero. Por lo tanto si propocionalmente corresponden dos, dos; si le corresponde tres, tres; y nosotros no inventamos la fórmula D`Hon de reparto proporcional, primero. En segundo lugar, nadie me contestó al 1.000.000 de pesetas. De un presupuesto de veintitantos millones que el Sr. Presidente disponga libremente de 1.000.000, con tres subvenciones que concede se queda el presupuesto. Sr. Presidente.- Bien, se entiende. Gracias. Sr. Nieto. Sr. Nieto Figueroa.- Vamos a darle un poco de alegría que de verdad que yo la gozo cuando veo al Sr. Barros presidiendo, entonces. Sr. Presidente.- Sobre todo por lo que molesto a la silla. Sr. Nieto Figueroa.- Es que usted, jolín, estaba pensando en lo que dice el Sr. Herrera, hombre, en eso de las mayorías, el Sr. Herrera tiene que recordar que en esa Comisión de la basura, no en la de la empacadora, la de las cosas esas que están amasando de la extorsión hay mayoría del Partido Popular, prácticamente, va, voto ponderado, sin comentarios. Sr. Presidente.- Bueno, no mezclemos ahora la basura con el turismo que es una pena. Vale, muchas gracias. Yo entiendo y teneis que perdonar que no haga ninguna reforma en esa propuesta que haceis porque precisamente entiendo que es una responsabilidad del Presidente efectivo de esta Diputación y en principio viene informada así favorablemente y voy a mantener la propuesta aunque entiendo pues algunas peticiones que se han hecho con respecto a esto, si bien, si bien pienso que se puede mejorar con un estudio a posteriori y eso se puede cambiar, ver una forma más participativa si fuese necesario de todos los miembros de la Corporación o de todos los Grupos mejor dicho y en todo caso entiendo también que la propuesta que parece exagerada de que el Presidente esté autorizado hasta 1.000.000 de pesetas, bueno, puede ser positiva porque a veces simplemente para que funcione mejor el Patronato y lo que tenemos que ver es que en vez de que sólo tenga 20.000.000 para poder disponer que sean 200.000.000 por lo menos porque bien hacían falta en la provincia de Pontevedra para generar cosas en turismo, por lo tanto no se entiende lo del millón de pesetas, que se da esa posibilidad al Presidente con una forma exagerada de hacer el poder dentro del Patronato sino para que sea más operativo. Así que por lo tanto si os parece bien quiero hacer una puntualización y saco ya a votación el hecho, Mª Dolores, vale. Sra. Fernández Alonso.- No, simplemente decirle que hay una oferta por parte del Presidente de incrementar este presupuesto en 10.000.000 y que realmente aunque haya una libre disposición de 1.000.000 todo pasa luego por la Junta de Patronato. Y con respecto a los miembros simplemente decir que la parte fundamental, una de las partes fundamentales del Patronato son los representantes de Entidades o Asociaciones que tienen que ver con el turismo, no sólo estamos políticos y realmente a ellos, por sus opiniones que consideramos válidas son parte fundamental también de este Patronato. Simplemente. Sr. Presidente.- Vale, gracias. Pídoche que sexas o máis breve posible. Sr. Freire. Sr. López Freire.- Sr. Presidente, agradezco los enormes esfuerzos que ha hecho el Sr. Presidente para intentar justificar lo injustificable y también de la representante. Pues mire usted si el Presidente tuviera voluntad, vamos aprobar hoy definitivamente los Presupuestos y ya podíamos haber incluído ahí esos 10.000.000, con toda tranquilidad, aparte que se lo han pedido otro grupo político, lo cuál dice que de voluntad de incrementarla de momento no hay hasta que si se le aprueba la libre disposición, como se le van a agotar los 23.000.000 en un periquete tendrá que incrementarlo. Sr. Presidente nosotros mantenemos la misma propuesta porque sabemos que es totalmente ilógico que en un presupuesto de 23.000.000 o veintitantos millones de pesetas el Presidente disponga de 1.000.000 y conceda tres subvenciones a quien ... No hay forma de defender eso, pero bueno, yo comprendo que es una situación provisional y usted tiene que defenderla. Sr. Presidente.- Bien, hay que entender que efectivamente es una aprobación inicial también que va a salir a exposición al público y cuando sea la definitiva también podría hacerse alguna rectificación. Gracias. ¿Votos a favor del Grupo Popular?. ¿En contra?. ¿Abstenciones?. El resto. En contra ninguno. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Xuventude, Deportes e Turismo, acorda por maioría, coas abstencións do PSOE e do BNG e o voto a favor do PP, aproba-la modificación de Estatutos do Patronato Provincial de Turismo RIAS BAIXAS, acordada pola súa Xunta Rectora o 16 de decembro de 1994 e a súa aprobación definitiva. ------ Folla: 112 4.3674.- RATIFICACION DE ACORDO DO ORAL SOBRE REALIZACION DE OPERACION DE TESOURERIA Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. ¿Votos a favor?. O noso Grupo. Grupo Popular e PSOE. Todos. Por unanimidade. O Pleno acorda por unanimidade, ratifica-lo acordo adoptado polo Consello de Administración do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) en sesión de 18 de xaneiro de 1995, e que di o seguinte: "Vistas as ofertas presentadas dentro do prazo establecido, que rematou o pasado día 15 de xaneiro, pola Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, a Caixa de Pensións de Barcelona, o Banco de Crédito Local de España e o Banco de Galicia, para a formalización dunha operación de tesourería por importe de NOVECENTOS MILLONS DE PESETAS (900.000.000), por un prazo máximo dun ano, con destino a efectua-las entregas a conta ós Concellos en concepto de anticipos da recadación de impostos municipais que teñen a súa xestión e recadación delegada no ORAL, e considerando o informe de Intervención no que se acredita que a oferta máis vantaxosa é a do Banco de Galicia, cun tipo de interese MIBOR máis 0,25% e unha comisión de formalización do 0,15%, o cal supón un aforro de NOVECENTAS MIL PESETAS (900.000) respecto á mellor oferta das outras tres presentadas, acordouse por unanimidade aprobar inicialmente dita operación de tesourería, dando conta ó Pleno do presente acordo para a súa ratificación." ------ Folla: 112,113 5.3675.- CONSOLIDACION DE COMPLEMENTO DE DESTINO Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. ¿Votos a favor?. Perdón. Sr. López Freire. Sr. López Freire.- Sr. Presidente, del estudio del expediente de consolidación de complemento de destino, desde luego a este grupo no le ha quedado nada claro las alegaciones que presenta tanto la Jefatura de Personal como el resto del expediente, es decir, existe contradicción entre lo que se refleja en el escrito y los acuerdos tomados incluso por esta propia Corporación de concederle en una ocasión un plazo de un año y en otra de otro año por lo cuál cumpliría exactamente los dos años según la rectificación que ha metido el representante, el delegado del Hospital a que hace referencia este apartado pues le faltan 50 días para la consolidación del complemento de destino. No lo vemos nada claro y una de dos o se deja pendiente para un mejor estudio o el Grupo Socialista se va a abstener en este punto. Sr. Presidente.- Bien, yo creo que a pesar de que los informes dicen que se debe desestimar en todo caso que quede sobre la Mesa para mejor estudio. Vale, para que se vea perfectamente el tema. Queda sobre a Mesa asunto relativo á consolidación de complemento de destino a unha funcionaria. ------ Folla: 113 6.3676.- RECOÑECEMENTO DO COMPLEMENTO ESPECIFICO FACTOR PERIGOSIDADE Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. ¿Votos a favor?. Por unanimidade. Se aprueba por unanimidad. Visto o escrito presentado no Rexistro Xeral desta Excma. Deputación Provincial o 07-03-94 por Dona Teresa Baqueiro Baqueiro, funcionaria coa categoría de Auxiliar de Clínica, adscrita ó Hospital Provincial, interesando o recoñecemento do complemento específico factor perigosidade, grado 2, por ser trasladada o 18 de maio de 1993 do departamente de Ciruxía ó de Radioloxía. Resultando que a Directora Operativa Asistencial de Coidados en informe de data 14-11-94 manifesta que a citada funcionaria desenvolve o seu traballo no departamento de Radioloxía de dito centro desde o 18-05-93. Considerando que o acordo plenario de 25-09-92 asigna o grado 2 de perigosidade ó persoal sanitario que presta servicios no departamento de Radioloxía, entre outros. Considerando que á interesada se lle acredita actualmente un punto de perigosidade, en aplicación do acordo plenario de 25-09-92, ó amparo do establecido no art. 4 do RD 861/86, de 25 de abril, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Réxime Interior, acorda por unanimidade, conceder a Dona Teresa Baqueiro Baqueiro o complemento específico factor perigosidade grado 2, debéndoselle incrementar nun punto (TRES MIL CATROCENTAS SETENTA E SEIS -3.476- ptas/mes) con efectos 01-06-93. ------ Folla: 113,114 7.3677.- CONVENIO DE COLABORACION INEM - CORPORACIONS LOCAIS DESTINADO Ó PLAN DE ARQUIVOS MUNICIPAIS Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. ¿Votos a favor?. Por unanimidade tamén. Resultando que en expediente tramitado a proposta do Sr. Arquiveiro - Bibliotecario desta Excma. Deputación Provincial, promóvese a formalización dun Convenio de Colaboración entre o INEM e este Organismo Provincial, destinada ó Plan de Organización de Arquivos Municipais 1995, coa finalidade de contratrar laboral e temporalmente por tempo de cinco meses a sete Licenciados en Letras con experiencia en archivística e tres Auxiliares Administrativos para a elaboración mecanográfica de inventarios e catálogos, fixándose como data de iniciación 01-07-95. Resultando que de conformidade coa Orde do 02-03-94, corrección de erros BOE 29-03-94 e RD 2225/93, de 17 de decembro, o INEM subvencionará os salarios totais da obra ou servicio (soldo e parte proporcional das pagas extras), incluída a cuota empresarial á Seguridade Social, consonte ó establecido no Convenio Colectivo ou norma sectorial de aplicación (Oficinas e Despachos) cuantificados en OITO MILLONS SEISCENTAS CINCUENTA MIL TRESCENTAS TRINTA PESETAS (8.650.330). Considerando que o resto dos conceptos retributivos, como o plus de transporte, serán financiados pola Corporación Local, e o Sr. Arquiveiro-Bibliotecario calcula os gastos de desprazamento do persoal seleccionado ós diferentes concellos da provincia en TRESCENTAS SETENTA E DUAS MIL DUASCENTAS SESENTA PESETAS (372.260). Considerando todo o expresado, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Réxime Interior, acorda por unanimidade, aproba-lo expediente de referencia nos termos sinalados, debéndose remitir certificación deste acordo ó INEM para o seu debido coñecemento e demais efectos. De prospera-lo presente Convenio a selección do persoal levarase a cabo polo INEM, quen examinada a documentación presentada polos interesados proporá a esta Excma. Deputación Provincial a formalización co Ilmo. Sr. Presidente dos citados contratos laborais para obra ou servicio determinada. Queda facultada a Presidencia para tramita-la formalización dos contratos e executar este acordo destinado á ordenación de arquivos municipais seguindo a proposta do Sr. Arquiveiro Provincial. Por último tamén acórdase que o Sr. Arquiveiro - Bibliotecario se encargue de dirixi-lo persoal contratado, coordina-los traballos de arquivos municipais e supervisa-las actividades, sen prexuízo das superiores atribucións que, como Xefe Superior de todo o persoal, corresponde ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial. ------ Folla: 114,115 8.3678.- CONVENIO DE COLABORACION INEM - CORPORACIONS LOCAIS DESTINADO Ó SERVICIO AGRARIO DESTA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. ¿Votos a favor?. Tamén se aproba por unanimidade. Resultando que en expediente tramitado a proposta do Sr. Enxeñeiro Director do Servicio Agrario desta Excma. Deputación Provincial, se promove a formalización dun Convenio de Colaboración entre o INEM e este Organismo Provincial, destinado ó Servicio Agrario (Fincas Areeiro e Mouriscade), coa finalidade de contratar laboral e temporalmente por tempo de cinco meses do 01-05-95 ó 30-09-95 a seis Técnicos de FP-2 rama química ou sanitaria. Resultando que de conformidade coa Orde do 02-03-94, corrección de erros BOE 29-03-94 e RD 2225/93, de 17 de decembro, o INEM subvencionará os salarios totais da obra ou servicio (soldo e parte proporcional das pagas extras), incluída a cuota empresarial á Seguridade Social, consonte ó establecido no Convenio Colectivo da construcción cuantificados en CATRO MILLONS TRESCENTAS SESENTA MIL SETECENTAS DEZ PESETAS (4.360.710). Considerando todo o expresado, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Réxime Interior, acorda por unanimidade, aproba-lo expediente de referencia nos termos sinalados, debéndose remitir certificación deste acordo ó INEM para o seu debido coñecemento e demais efectos. De prospera-lo presente Convenio a selección do persoal levarase a cabo polo INEM, quen examinada a documentación presentada polos interesados proporá a esta Excma. Deputación Provincial a formalización co Ilmo. Sr. Presidente dos citados contratos laborais para obra ou servicio determinada. Queda facultada a Presidencia para tramita-la formalización dos contratos e executar este acordo destinado ó Servicio Agrario (Fincas Areeiro e Mouriscade). Por último tamén se acorda que o Sr. Enxeñeiro Director do Servicio Agrario se encargue de dirixi-lo persoal contratado, coordina-los traballos e supervisa-las actividades, sen prexuízo das superiores atribucións que, como Xefe Superior de todo o persoal, corresponde ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial. ------ Folla: 115 9.3679.- SOLICITUDE DE FUNCIONARIO PROVINCIAL PARA RECALIFICA-LO SEU POSTO DE TRABALLO EN ORDE O FACTOR INCOMPATIBILIDADE Sr. Presidente.- Perdón, se retira, este es el punto que se retira del orden del día. Retírase da orde do día expediente relativo a solicitude de funcionario provincial para recalifica-lo seu posto de traballo en orde ó factor de incompatibilidade. ------ Folla: 115 10.3680.- CONVOCATORIA, BASES E PROGRAMA PARA PROVISTAR PRAZAS VACANTES NO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. Vamos a ver, Sr. Santomé. Sr. Santomé Otero.- Si, reiterarlle o de sempre que o noso grupo xa o manifestou, o está manifestando e o seguirá manifestando que namentras non participemos nesas convocatorias votaremos en contra deste proceso que me parece que é un sistema bastante antidemocrático. Sr. Presidente.- Gracias. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Vamos a ver nós estamos a favor de que se saque a concurso a praza, de que se vaian cubrindo con funcionarios e se acaben as situacións de interinidade pero con respecto ás Bases en concreto pois face-las dúas obxeccións de sempre que nos levan a votar en contra. Primeira, que a proba de galego é un adorno mentras sega concebida tal e como está é un absoluto adorno, xa se fai unha vez que son funcionarios; e por outro lado o mesmo que dixo o Deputado Sr. Santomé de que non hai representante da oposición no Tribunal, polo tanto votamos en contra deixando claro que estamos a favor de que se saque a praza. Sr. Presidente.- Vale, gracias. A Presidencia en funcións vai mante-la proposta da Comisión polo tanto sácoa a votación. ¿Votos a favor?. O noso grupo. ¿En contra?. PSOE e BNG. Gracias. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Réxime Interior o Pleno, acorda por maioría, cos votos en contra do PSOE e do BNG e o voto a favor do PP, prestar aprobación á Convocatoria, Bases e Programa para cubrir en propiedade mediante o sistema de concurso-oposición libre unha praza de Técnico Auxiliar de Administración Especial Informático - Operador de Sistemas, Grupo C do art. 25 da Lei 30/84, de 2 de agosto, vacante no Cadro de Persoal Funcionario desta Deputación. Á Convocatoria daráselle a publicidade regulamentaria nos idiomas galego e castelán. ------ Folla: 115,118 11.3681.- RESOLUCION DAS RECLAMACIONS PRESENTADAS Ó PRESUPOSTO PROVINCIAL 1995 E APROBACION DEFINITIVA Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Que vostedes fan da capa un sallo á hora de elabora-lo Presuposto é algo evidente pero a maiores o que están demostrando continuamente é que asinan convenios formais, oficiais, etc., que despois non cumpren. En concreto aquí ben, entón, o lóxico, é denuncialos ou cumprilos non telos conxelados tres anos. En concreto aquí veñen as reclamacións que presentaron tanto Comisións Obreiras como a CIG pois practicamente inciden os dous nos mesmos elementos que en concreto son referentes, polo menos os máis substanciais dos cinco ou seis puntos que fan nas súas reclamacións máis substanciais inciden en cousas que vostedes asinaron no III Acordo Regulador-Convenio Colectivo. En concreto non recollen a pesar de que tiña que estar feito, tiña que estar acabado este ano, non recollen nada nin para a reclasificación de postos de traballo nin para aplica-los conceptos de perigosidade, toxicidade e penosidade, que están, insisto, recollidos, asinados por vostedes no III Acordo Regulador. Hai outro tema incluso que é máis grave que é o da responsabilidade civil, como saben a propia Xunta, gobernada tamén polo Partido Popular, ten unha póliza que cubre a responsabilidade civil dos funcionarios mentras que na Deputación non existe nada deso e tamén está recollido, non, tamén vostedes teñen compromisos para realizar, para subscribir esa póliza e hai que pensar que temos un colectivo de traballadores de alto risco, de alto risco, tanto os de Patrimonio, por exemplo, calquera día hai un accidente nas instalacións da Deputación e terían, podían ter grandes consecuencias civís en canto a indemnizacións ós funcionarios responsables, como no Hospital, como no Príncipe Felipe, e en xeral todos, os que manexan a maquinaria, etc.; ou sexa, temos un colectivo de funcionarios de alto risco en canto a que poden devengar por algún accidente ou denuncia e incluso sen ser culpa deles en absoluto e responsabilidade civil, ou sexa, teñen que pagar altas indemnizacións e non o temos cuberto en absoluto xa sen entrar no fondo da cuestión do concepto de responsabilidade civil que habería bastante que discutir. O mesmo, vostedes asinaron no III Acordo Regulador que non se podían modificar complementos de destino sen negocialo na Comisión Paritaria Mixta, modificaron neste Presuposto complementos de destino sen negocialos, etc. Eu penso que á parte non vale a desculpa que usaron noutras ocasións que se había división sindical, neste caso son iguais as reclamacións, son algo que vostedes teñen asinado e que creo que por unha cuestión de sentido común e de facer frente ós compromisos que vostedes teñen asinados, que vostedes recolleron e no seu momento aceptaron, deberían aceptar estas reivindicacións e en todo caso algunhas non afectan en absoluto a cuestións económicas e a contía que piden eles inicialmente sobre o Presuposto que aprobamos de 18.000.000.000 ronda os 100.000.000 é que é unha cifra bastante baixa, moito máis significativo e posiblemente se poida aforrar aínda deso, ou sea, que non é ningunha cifra, digamos, que vaia desequilibra-lo Presuposto de Deputación e a cuestión de fondo non é económica senón que de respecto ós compromisos que vostedes acadaron. Creo que dando un exemplo de seriedade, estraño en vostedes, pero bueno, creo que deberían neste caso recoller polo menos na parte máis substancial e máis seria as reclamacións que presentan os Sindicatos. Nós vamos a votar a favor dos Sindicatos e en contra da aprobación definitiva do Presuposto de acordo co que votamos cando foi a aprobación inicial. Nada máis Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Vale, moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. López Freire. Sr. López Freire.- Sr. Presidente, trátase neste punto de dar ou non conformidade ás alegacións presentadas polos Sindicatos ó Presuposto da Deputación para o ano 1995. O Grupo Socialista manifesta que vai votar a favor das alegacións por canto algunha delas nalgún dos conceptos incluso estivo nas alegacións presentadas polo propio Grupo Socialista ó Presuposto da Deputación no Pleno extraordinario. Pero por outra parte Sr. Presidente estivemos examinando con todo o detalle os informes que se fan ás alegacións e sinceramente consideramos que están totalmente fóra de lugar os informes porque tratan de votarlle a culpa á Comisión Paritaria Mixta por non acordar entre outras cousas o catálogo de actividades perigosas, penosas, tóxicas e tamén por non da-las Bases para o seguro de responsabilidade civil para tódolos traballadores do Hospital, da Deputación Provincial e dos distintos Servicios. Sr. Presidente os funcionarios non poden ser nunca responsables de que non se cumpran os propios acordos da Corporación. ¿Hai ou non hai elaborado na Comisión Paritaria Mixta as bases para o seguro de responsabilidade civil?. ¿É obriga desta Corporación concederlle ter un seguro de responsabilidade civil para tódolos seus funcionarios e máis naqueles casos onde é clara a perigosidade da actuación do traballo dos propios funcionarios. Recientemente este Deputado solicitou e reiterou que se lle presentara o plan de emerxencia e evacuación do Hospital Provincial, que é o único que o ten, os demais nin o teñen. Cando fixémo-la solicitude pedimos que tódolos centros tiveran plan de emerxencia e evacuación. Se nos dixo que había un plan, que nos ían entregar unha copia, vamos a terminar esta Corporación e no vamos ater e non se puxo en vigor o famoso plan de emerxencia e evacuación do Hospital Provincial nin de ningún outro centro. Agora vén con que os funcionarios dos centros da Deputación non teñen seguro de responsabilidade civil, se dixo na Comisión que a Deputación se facía responsable civil subsidiaria, xa o dixen eu, reitereino eu varias veces, eso será se o Sr. Xuíz decreta en caso de que haxa esa responsabilidade civil á subsidariedade da Deputación pero tódolos funcionarios da Deputación deben ter uns seguros de responsabilidade civil que non ten porque depender de que haxa ou non haxa acordo na Comisión Paritaria Mixta. O mesmo falamos do tema de perigosidade, toxicidade, etc., que demonios de responsabilidade pode ter un funcionario que está traballando con material radiactivo ou outro tipo de que estea esperando a que se poña de acordo a Comisión Paritaria Mixta para cobrar o plus de perigosidade e tamén a alta responsabilidade que houbera no seu momento se fora a outra persoa allea. Polo tanto Sr. Presidente consideramos que esto é absolutamente fundamental telo presente, non se pode deixar pendiente de que haxa ou non haxa acordo, é un dereito dos funcionarios e polo tanto ademais dereito que a propia Xunta de Galicia está facendo con tódolos seus funcionarios para evitar precisamente esto. A Deputación dará unha mostra máis de irresponsabilidade se non acepta as presentes alegacións. Nada máis Sr. Presidente polo momento. Sr. Presidente.- Vale, moitas gracias. Tendo en conta que as súas posturas tamén son discutibles non obstante o noso grupo vai mante-la aprobación definitiva do Presuposto e rexeita-las alegacións en base fundamentalmente ós informes técnicos que obran no expediente. Así que se non hai máis intervencións sácoo a votación. ¿Os que voten a favor?. O Grupo Popular. ¿En contra?. PSOE. Estou votando, despois déixolle intervenir. No, no, a favor del dictamen. Ben, Sr. Freire manteñámo-la calma. Acabo de dicir que nós rexeitámo-las alegacións, acabo de dicilo, ... , queda gravado aí ademais. Que as súas posturas que eran discutibles, que podía discutilas pero para que vamos a perde-lo tempo. Son discutibles a súa e maila do Sr. Mosquera, poden ter unha parte de razón e outra non tela. Son cuestións a definir pero que nas vamos a definir aquí. E en segundo lugar, en segundo lugar dixen claramente que o noso grupo rexeitaba as alegacións en base precisamente ós informes técnicos que obran no expediente, polo tanto, fago a votación en base á proposta que vén da Comisión que xa é de rexeita-las alegacións e como estamos en votación vamos a rematar e despois deixolle intervir co que queira vostede dicir. ¿Votos en contra?. Xa votamos a favor nós pero a favor da aprobación definitiva e polo tanto en contra das alegacións, estou votando a favor da aprobación definitiva dos Presupostos, ¿vale?, en contra das alegacións, por suposto. Pero estou aprobando definitivamente o Presuposto pero rexeitando as alegacións. Ben, pare, perdón, vamos a clarificar ese tema. Acabo de volverlle a repeti-lo que estamos votando a favor da aprobación definitiva do Presuposto, por eso votamos a favor e polo tanto contra as reclamacións que hai que, se hai que votar ó revés votamos ó revés, non teño incoveniente en rectificar que din que é de sabios rectificar. Sr. Secretario ¿que procede votar?. Sr. Secretario.- El orden del día estaba "Resolución de reclamaciones al Presupuesto Provincial para 1995 y aprobación definitiva", lo que ocurre es que la propuesta de acuerdo era primero desestimar las alegaciones; segundo, aprobar definitivamente el Presupuesto Provincial. Esa es la propuesta de acuerdo, y lo que se vota es la propuesta de acuerdo. Sr. Presidente.- Bien. Pero ¿la propuesta de acuerdo cuál es?. Sr. Secretario.- La que se ha votado. Sr. Presidente.- Lo que se ha votado ahora. Bien, creo que lo estamos votando bien según dice el Sr. Secretario, es como se quiera interpretar, pero lo estamos votando bien. En contra á aprobación definitiva dos Presupostos é estar a favor das alegacións. E vostede anunciouno ben claro tamén e eu tamén o anunciei ben claro. Anunciou ben claro. Así que si la propuesta es buena Secretario, tal como estamos haciendo, tal como estamos votando también, vale, entón vamos a manter esa votación, non vaia a ser que esteamos votando ó revés sen darnos conta, que tamén todo pode ser nesta vida. Pero en todo caso sempre sería por un erro non intencionadamente. ¿En contra?. Partido Socialista y el Sr. Mosquera. De tódalas maneiras se quere intervir de novo. Gracias. Sr. Nieto. Sr. Nieto Figueroa.- No, por nada, es que toda la cuestión es que está mal redactado, eso tenía que venir en dos puntos, tenía que venir en dos puntos, reclamaciones y aprobación si ha lugar o no. Sr. Presidente.- Efectivamente, efectivamente ahí es donde está la cosa, pero dejémoslo así simplemente que no vale la pena complicar más las cosas. Gracias. Vistas as reclamacións presentadas e considerando os informes emitidos pola Xefatura de Persoal e a Intervención, que se incorporan ó expediente, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, acorda por maioría, cos votos en contra do PSOE e do BNG e o voto a favor do PP, desestima-las reclamacións presentadas ó Presuposto de 1995, e en consecuencia, a adopción do seguinte acordo: 1.- Desestimar en tódalas súas partes as alegacións presentadas polas Seccións Sindicais de CIG (números de Rexistro de Entrada 604 e 605), e pola Sección Sindical de CC.OO. (nº de Rexistro de Entrada 753), en consideración que ningunha das mesmas se fundamenta en obrigas esixibles nin na insuficiencia de ingresos para atención de gastos e en base ó que determina o art. 151.2 da Lei 39/88 de Facendas Locais e art. 4º.1.a) da Lei 7/85 de Bases de Réxime Local, e porque, ó longo do exercicio, en canto ós dous primeiros puntos formulados pola CIG e ós 2, 3 e 4 formulados por CC.OO. sobre dotacións presupostarias, sempre sería posible crear ou modifica-la dotación ou dotacións presupostarias que puideran ser necesarias ou resultaren afectadas por concretarse en aspectos do Acordo Regulador. Todo iso, en base ós informes emitidos pola Xefatura de Persoal e Intervención que se unen como Anexo ó presente acordo. 2.- Aprobar definitivamente o Presuposto Xeral da Deputación para 1995 que comprende: O Presuposto da Deputación, por importe de: 18.750.000.000 ptas. O Presuposto dos OO.AA. e polos importes que se sinalan: - Escola de Canteiros 20.534.097 ptas. - Museo Provincial 299.979.332 ptas. - Escola Universitaria de Enfermería 48.500.000 ptas. - C.F.P. "Fogar Provincial" 44.445.000 ptas. - Patronato de Turismo "Rías Baixas" 37.500.000 ptas. - Caixa de Anticipos de Cooperación 108.600.000 ptas. - Xestión de recursos 290.000.000 ptas. O Presuposto Xeral Consolidado, por importe de: - En Ingresos 19.273.117.666 ptas. - En Gastos 19.273.117.666 ptas. - Apróbanse as Bases de execución do Presuposto Xeral da Deputación, coa emenda proposta polo Grupo Socialista e apoiada polo Grupo Popular, coa abstención do BNG, no sentido de disminuir en DEZ MILLONS DE PESETAS (10.000.000) a partida 95/111.111.233, "Outras indemnizacións", que incrementarán a partida 95/451.451.226.11, "Gastos diversos en Cultura", rexeitándose o resto da emenda presentada. - Apróbanse os Cadros de Persoal Funcionario, as relacións de postos de traballo e os Cadros de Persoal Laboral, coa modificación, por erro, de que o complemento específico da praza de Vicesecretario debe ser idéntico ó que figura para a praza de Viceinterventor. - Apróbase o Anexo de Inversións para 1995. ------ Folla: 118,120 12.3682.- DESAFECTACION DUN TRAMO DA VIA PROVINCIAL FEFIÑANS - OUBIÑA (CAMBADOS) Sr. Presidente.- ¿Hai algunha intervención neste tema?. Sr. López Freire. Sr. López Freire.- Sr. Presidente el Grupo Socialista va a votar a favor pero quiere hacerle una advertencia, se trata de impedir el paso del tráfico por el famoso puente y que afecta al Pazo de Fefiñáns en lo cuál estamos totalmente de acuerdo. También en la comunicación se dice que se dejará pasar los turismos debido a que hay en las proximidades un centro de BUP y unas viviendas. Nosotros pedimos que en caso excepcional para asistir a estas viviendas o estos centros pues habrá que prever que se deje pasar también algún camión pesado que no afecte desde luego al tal si lo precisan para ese centro. No puede quedar sólo para que pasen turismos. Sr. Presidente.- Entiendo que si, si es para el servicio de los afectados que están del otro lado que debe tolerarse, en todo caso el Sr. Alcalde, le voy a dar la palabra, que lo diga que es el más apropiado. Sr. Tirado Serén.- Ben, eu, se alguén coñece a obra e alguén coñece a zona creo que son eu e ademais tamén son, ti tamén, tamén son a persoa que precisamente asinou a solicitude da Deputación para que tomase este acordo. Procede porque dende hai pois dez, quince anos, a afluencia de tráfico motivou xa que en tres ocasións se lle pegase tres impactos sensibles ó arco, incluso un deles que acabou derribándoo e reconstruiuse por parte de Patrimonio e incluso algunhas obras tamén fixo o Concello nalgún momento pero incluso recentemente, hai desto ano e medio aproximadamente, pois cortámo-lo tráfico cando a Deputación fixo unha alternativa, non é necesario pasar por alí para ningunha clase de tráfico, pero, a construcción aumenta e o número de vivendas vanse aproximando cada vez máis ó referido arco, ó mesmo tempo por detrás aproximadamente a 80 m. dalí atópase o Instituto de Bacharelato e inevitablemente pois por moito que fagamos nós, incluso xa digo, puxemos sinais de prohibición de circulación pero non se consegue porque os veciños emborrean as sinais e propician que non digo desobediencia civil pero polo menos propician continuar utilizando tódalas vías que viñeron utilizando ata agora e particularmente esa que enlaza cunha populosa barriada que lle chaman a zona da Modia, onde viven pois máis de 1.000 habitantes. E loxicamente, claro, por parte das autoridades, o Concello ou provinciais, porque neste caso ademais é unha vía provincial, independente de buscarlle alternativas tamén temos que garantir que o arco vai seguir en pé, entón do que se trata é que se tome o acordo de desafectar en favor do Concello o tramo ese para que se poida poñer, é dicir, pois atrancos e dalgunha maneira disuadir de cara a unha futura peatonalización absoluta da Praza de Fefiñáns pois que o tráfico paulatinamente de utilizar porque alternativas si que as hai, e por exemplo respecto ó que se pide de que se deixe nalgún momento pasar algún vehículo pesado non é posible porque precisamente se alguén ten peso suficiente para impactar no arco e derribalo se fai falta, precisamente é os vehículos pesados, os vehículos lixeiros nunca teñen esa posiblidade. Sr. Presidente.- Pero se aquí queda no acordo, se che parece ben, se no acordo queda que algúns vehículos pequenos turismos que poidan pasar, pódese por tamén no acordo que excepcionalmente outro tipo de vehículos só con autorización municipal. Sr. Tirado Serén.- Non é necesario porque a 100 m. para un lado e 100 m. para outro hai vías suficientes con anchura e ademais construídas precisamente por este organismo para evitalo. Sr. Presidente.- E logo por necesidades dunha obra, aínda que tamén quede prohíbido. Pero tampouco prexudica que sería que excepcionalmente con autorización municipal outro tipo de vehículos podían ter permiso pero só en situacións excepcionais. Sr. Tirado Serén.- Sr. Presidente se alguén coñece a situación é este que está falando. Sr. Presidente.- Non, non, pero que, precisamente xa dixen que eres o máis indicado para falar deste asunto, é lóxico. Vamos a darlle a palabra de novo ó Sr. López Freire. Sr. López Freire.- Sr. Presidente o Grupo Socialista estima que o precedente é desde logo salva-lo Pazo de Fefiñáns. Se o Sr. Alcalde garinte que non vai quedar sen servicio nin o centro de BUP nin as vivendas por nós non hai ningún tipo de inconveniente eso é o que queríamos que se aclarara. Sr. Presidente.- Ben, paréceme ben. Gracias. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Creo que está aclarado e creo que o debate está absolutamente de sobra se o que acordamos aquí é precisamente transferir ó Concello, será o Concello e Patrimonio quen decidan segundo ben conveña e segundo sexa e punto. Sr. Presidente.- Quen despois teña a responsabilidade, efectivamente, vale. Entón entendo que estamos todos de acordo neste punto e que se vota por unanimidade. Vale. Efectivamente. Ben. Con base no escrito do Excmo. Concello de Cambados, de 18 dos correntes, sinalando o grave deterioro do Pazo de Fefiñáns, debido á continua colisión de camións e tractores contra dita edificación, pese á existencia duna vía alternativa para desvío de tráfico pesado (Variante de Cambados, 1ª fase), e visto o informe emitido polo Enxeñeiro Xefe da Zona Norte, corroborando o perigo de conservación que sufre tal monumento, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por unanimidade, autorizar ó Excmo. Concello de Cambados, para proceder á inmediata sinalización con pivotes, da zona que discurre desde o Arco de Fefiñáns ata a praza, do mesmo nome, e proceder á apertura dun expediente de desafectación da propiedade sobre tal tramo, que se resolverá, previa información pública dun mes, a fin de evitar con todo iso maiores desperfectos na referida construcción, parte fundamental do noso patrimonio arquitectónico provincial. ------ Folla: 120,121 13.3683.- COMUNICACIONS [- Resoluciones presidenciales de 23 de diciembre de 1994 a 23 de enero de 1995. - Comunicación del asesore del Conselleiro de Político Territorial COTOP sobre moción relacionado con la conexión con la Meseta y Portugal. ] Sr. Presidente.- ¿Que comunicacións hai Sr. Secretario?. Sr. Secretario.- Comunicaciones hay dos: Los extractos de las Resoluciones Presidenciales del 23 de diciembre al 23 de enero del 95; y una comunicación que voy a leer. Sr. Presidente.- Por favor, Sr. Herrera. Perdón. Sr. Secretario.- Una comunicación del Asesor del Conselleiro de Política Territorial en la que dice expresamente: Recibido o seu escrito de data 12 de decembro dos correntes sobre moción do Sr. Deputado D. César Xosé Mosquera Lorenzo relativa a conexión de Pontevedra cos seus entornos coa Meseta e con Portugal comunícolle que lle damos traslado ó Delegado Provincial e á Dirección Xeral de Obras Públicas para que se poña en contacto con vostede para unha pronta solución a dito asunto. Sr. Presidente.- Ben, ¿non hai ningunha máis comunicación?. Sr. Secretario.- Esas son las que hay. Queda enterado o Pleno das seguintes comunicacións: A) De extractos de Resolucións Presidenciais comprendidas entre o 23 de decembro de 1994 e o 23 de xaneiro de 1995. B) De escrito do Asesor do Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, no que di textualmente: "Recibido o seu escrito de data 12 de decembro dos correntes sobre moción do Sr. Deputado D. César X. Mosquera Lorenzo, relativa á conexión de Pontevedra e os seus entornos coa Meseta e Portugal, comunícolle que xa lle demos traslado ó Delegado Provincial e á Dirección Xeral de Obras Públicas, para que se poñan en contacto con vostede para unha pronta solución a dito asunto". FORA DA ORDE DO DIA, tratáronse os seguintes asuntos: Sr. Presidente.- Ben, antes de pasar a rogos e preguntas vamos a asuntos fóra da orde do día. ¿Qué asuntos hay?. ------ Folla: 121,122 14.3684.- INFORME Ó ESTUDIO INFORMATIVO PRESENTADO POLA DIRECCION XERAL DE OBRAS PUBLICAS DA CONSELLERIA DE POLITICA TERRITORIAL, OBRAS PUBLICAS E VIVENDA DA XUNTA DE GALICIA EN RELACION COA CONEXION DE CAMBADOS COA REDE VIARIA DE ALTA CAPACIDADE Sr. Presidente.- Vamos a vota-la inclusión na orde do día se vos parece ben. ¿A favor?. Vótase por unanimidade. Pasamos agora, si haces el favor Secretario explícale un poquito el tema que tienes. Sr. Secretario.- El Servicio Provincial de Estradas de la Dirección Xeral de Obras Públicas, remite una comunicación, por la que adjunta ejemplar del proyecto de trazado de la Conexión de Cambados con la Red Viaria de Alta Capacidad, y a los efectos de que emitamos informe en ese período de información pública y en un período de un mes. Si no se emite este informe se entenderá la propuesta conforme. Sr. Presidente.- Bien. ¿Y el informe qué dice?. Sr. Secretario.- Hay un informe del Ingeniero Técnico de la zona norte que fué a Comisión de Gobierno y ahora se trata simplemente de ratificar. Sr. Presidente.- De ratificar aquí, el informe que. Sr. Secretario.- El informe favorable ¿lo leo?. Sr. Presidente.- Si. Léelo porque es interesante. Sr. Secretario.- Estudiadas las alternativas presentadas y visto el título del presente estudio, todos los condicionantes inclinan a considerar como idónea la alternativa tres. Longitud, operatividad y presupuesto no dan lugar a dudas máxime cuando las otras capitalidades de municipio tales como Meis y Vilagarcía se encuentran comunicadas con el referido vial bien directamente o por la A-9, incluso esta solución incide positivamente acercando igualmente a Barrantes capitalidad del municipio de Ribadumia. Las otras alternativas tales como la 2 mejoran las carreteras existentes a la 1-A y 1-B que proyecta parte de una circunvalación de Vilagarcía que sin duda de su necesidad es ajena al problema fundamental que aquí se plantea. En lo referente al impacto ambiental se encuentra ampliamente estudiado y justificado y no ocasiona trastornos más allá de los exigibles para una obra de esta naturaleza de acuerdo con la normalización vigente en el ámbito estatal y autonómico. Sr. Presidente.- Bien, ¿hay alguna intervención?. Votamos. ¡Ah, perdón!, Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Eu este mecanismo de ofrecer non sei cantas variantes cando ó parecer está tan clara unha non o acabo de entender, non acabo de entender eu o que vou facer. Tamén pasou cando foi a vía rápida do Salnés, había cincuenta variantes, despois cando se quixo opinar, os que non eran partidarios de que fose a que foi entón estaban en contra de todo e non sei que historias. E aquí me parece que sucede o mesmo. Eu creo que se a COTOP quere facer unha obra, quérea facer en certas condicións, ten os seus técnicos, os seus estudios, o mira e ofrece tal. Andar ofrecendo alternativas paréceme marea-la perdiz e seriamente desatar unha guerra localista, é dicir, non, nós queremos esta porque nos convén máis o outro nos cobra máis e non vamos entrar nela polo tanto abstémonos. Sr. Presidente.- Ben, moitas gracias. ¿Os que voten a favor da ratificación, por favor?. O Grupo Popular. ¿En contra?. ¿Abstencións?. PSOE e BNG. O Pleno, acorda por maioría, coas abstencións do PSOE e do BNG e o voto a favor do PP, ratifica-lo acordo da Comisión de Goberno do día 16 de xaneiro de 1995, que di o seguinte: A Comisión de Goberno presta a súa conformidade ó informe emitido polo Enxeñeiro Técnico da zona norte que textualmente di: "Que estudiadas as alternativas presentadas e visto o título do presente estudio, tódolos condicionantes inclinan a considerar como idónea a alternativa 3. Lonxitude, operatividade e presuposto non dan lugar a dúbidas máxime cando as outras capitalidades de municipio tales como Meis e Vilagarcía atópanse comunicadas co referido vial ben directamente ou pola A-9, e incluso esta solución incide positivamente acercando igualmente a Barrantes capitalidade do municipio de Ribadumia. As outras alternativas tales como a 2 melloran estradas existentes, á 1A e 1B que proxecta parte dunha circunvalación de Vilagarcía que sen dúbida da súa necesidade, é allea ó problema fundamental que aquí se plantexa. No referente ó impacto ambiental atópase ampliamente estudiado e xustificado e non ocasiona trastornos máis alá dos esixibles para unha obra desta natureza de acordo á normalización vixente no ámbito estatal e autonómico. ------ Folla: 122,123 15.3685.- DECLARAR DESERTO O CONCURSO DE LIMPEZA DA CIDADE INFANTIL "Príncipe FELIPE" E CONVOCATORIA PARA SACAR DE NOVO A CONCURSO DITO SERVICIO Sr. Presidente.- Bien, si hace el favor Sr. Secretario explica un poquito mejor ese tema. Sr. Secretario.- A dicho concurso se presentó únicamente una plica por una empresa, la empresa Ramel, pero excedió del tipo de licitación. Por tanto procede declarar desierto el concurso y convocarlo de nuevo con las mismas bases pero el tipo de licitación que sea 53.000.000 de pesetas, aprobando dicho gasto. Sr. Presidente.- Bien, ¿hay alguna intervención?. Primeramente el Sr. Nieto. ¡Ah, perdón!, antes vamos a declararlo de urgencia. ¿Votos a favor de la urgencia?. Entiendo que todos. Aprobado por unanimidad. El Sr. Nieto por favor. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, yo creo que claro el querido funcionario funciona como tiene que funcionar, aquí no ha habido un error por parte de una empresa que puso demás, aquí lo que fué un auténtico desastre la convocatoria, la prueba es que ahora se incrementan 10.000.000 o una cosa así más, o sea, que no es que ese señor haya presentado, efectivamente presentó demás, es que no hay otra solución, eso se ha quedado desfasado y quién ha fallado ha sido la Diputación Provincial no la empresa, la prueba es que ahora hay que incrementar el Presupuesto en esos millones de pesetas. Sr. Presidente.- Bien, gracias. Sr. López Freire. Sr. López Freire.- Sr. Presidente, la verdad que yo no entiendo muy bien el funcionamiento que en este tema se está haciendo en el Príncipe Felipe. Nosotros vamos a votar a favor de que desde luego se abra un concurso para la adjudicación de la limpieza de la Ciudad Infantil "Príncipe Felipe", lo que no entendemos es que se ha denunciado a la empresa y resulta que la única empresa que se presentó fué la propia empresa denunciada, denunciado el convenio con élla, la propia empresa que la Diputación denunció por no cumplir su contrato es la única que se presentó incrementando la cuantía y posiblemente al paso que vamos si no se incrementa substancialmente más seguirá adjudicándose a la empresa denunciada por incumplimiento por la Diputación. Vamos no hay por donde cogerlo Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Posiblemente y algo de razón tiene, efectivamente quizá la cantidad pues debiera de ser aún más grande. Vamos a comprobarlo pero es una pena que haya que sacarlo por tercera vez. El Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Eu de tódalas maneiras nestas cousas sempre creo que hai que volver á cuestión de fondo, hai certo tipo de servicios que feito un estudio serio cabería se cadra a posibilidade de adxudicalo a unha empresa ou privatizalo ou o que sexa, pero un servicio que anda en 50.000.000 non vexo, en xeral o noso criterio é que non se privaticen e un servicio que anda en 50.000.000 non vexo en absoluto a necesidade de que non sexa a propia Deputación a que cubra o servicio e nos aforremos estes líos e estas zarandajas. Polo tanto parece que non lle chegan pero esa parece que lle chega, vostedes levaron a xestión horriblemente mal, agora teñen que modifica-lo Presuposto que acabamos de aprobar e, pero insisto eu creo que perfectamente podería a Deputación facerse cargo desto que é un servicio que non ía a ser máis caro nin moito menos, en todo caso pola mesma contía da tal, á parte que o persoal hai que subrogarse, ou sexa, o persoal digamos que xa é fixo hai que votar man del, ou sexa, que practicamente están dotadas tódalas condicións para que eso sega funcionando dunha maneira ou doutra. Polo tanto vámonos abster mantendo a idea esta de que creemos que a Deputación debía ser quen xestionara directamente o servicio que non é tan problemático nin moito menos. Sr. Presidente.- Vale, moitas gracias. ¿A favor do dictame?. Grupo Popular e Grupo Socialista. ¿Abstencións?. Sr. Mosquera. En relación con expediente tramitado para a contratación do Servicio de Limpeza da Cidade Infantil "Príncipe Felipe", mediante concurso, publicándose o seu anuncio no BOP nº 4 de 05-01-95; vista a acta de apertura de plicas que tivo lugar o día 19 do actual e o dictame emitido ó efecto pola Comisión Informativa de Economía o pasado día 23 dos correntes, o Pleno acorda por maioría, coa abstención do BNG e os votos a favor do PSOE e PP: 1º.- Declarar deserto o concurso convocado para a contratación do Servicio de Limpeza da Cidade Infantil "Príncipe Felipe", motivado a que a única plica presentada excedeu do tipo de licitación ofertado. 2º.- Convocar de novo concurso para a contratación de dito Servicio, para o cal rexirán os mesmos pregos de condicións aprobados pola Comisión de Goberno en sesión do día 12 de xaneiro de 1994, e por un tipo de licitación que se estima en CINCUENTA E TRES MILLONS DE PESETAS (53.000.000). 3º.- Aproba-lo gasto pola expresada cantidade, e no caso de que no Presuposto vixente non exista crédito suficiente, se suplemente a cantidade necesaria para atender a dito gasto no primeiro expediente de modificación de créditos que se tramite. 4º.- E, por último, que se inicie o procedemento de contratación para dito concurso. ------ Folla: 123,124 16.3686.- MOCION DO SR. NIETO FIGUEROA EN RELACION COA SITUACION LABORAL DOS TRABALLADORES DA DEPUTACIÓN Sr. Presidente.- Hay una moción urgente del Sr. Nieto Figueroa. Así que si le parece bien, si la quiere leer él mismo para ver si la declaramos de urgencia o no. Le doy la palabra. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, pues dice textualmente unificando mis solicitudes de fechas 8-11-93, 26-10-94, que al no ser debatidas han propiciado el que cantidad de funcionarios sigan multiplicando su actividad laboral en detrimento de tantos y cuantos ciudadanos se ven imposibilitados de conseguir un sólo puesto de trabajo y también en consonancia con las últimas sentencias de la Audiencia Nacional, formulo ante el Pleno de la Excma. Diputación Provincial la siguiente moción urgente: 1.- Constatar la actual situación laboral de todos los trabajadores de la Diputación Provincial subsanando de inmediato las deficiencias o ilegalidades que puedan conocerse. 2.- Denegar todas las solicitudes de compatibilidad en tanto la situación actual no mejore ostensiblemente. Creo que poco hay que añadir, ya se ha comentado el tema cantidad de veces, una persona no puede utilizar tres puestos de trabajo en detrimento de otras dos, etc., etc. Creo que el momento es ya cumbre quedamos en que el asunto tendría que pasar por Comisión, no se ha llevado y creo que, incluso pienso que quién ha ordenado lo ha ordenado con mucha visión, el retirar el punto número 9 del orden del día en el que efectivamente pues un funcionario quería doblar el puesto de trabajo que tiene. Sr. Presidente.- Bien, yo sintiéndolo mucho Sr. Nieto le anuncio nuestro voto en contra de la urgencia pero también le anuncio que queda determinado desde este momento que este asunto pase a la Comisión correspondiente y que venga en el próximo Pleno. Queda condicionado nuestro compromiso para que se traiga al próximo Pleno, pero que se estudie convenientemente este asunto en la Comisión correspondiente. Sr. Nieto Figueroa.- Un segundo Presidente. Mire, si efectivamente usted D. Manuel Barros se compromete a que este asunto se va a tratar en Comisión este próximo mes y va a venir a la sesión plenaria yo evito de que se vote negativamente la urgencia, es que esa misma promesa ya la hizo el otro Presidente, ¿comprende?, y uno no se puede fiar de ustedes. Sr. Presidente.- Pero yo me voy a comprometer a que venga. Sr. Nieto Figueroa.- ¿Usted se compromete?. No hay que votar la urgencia. Queda retirada y asunto acabado. Retírase moción do Sr. Deputado Provincial D. Antonio Nieto Figueroa sobre a regularización da situación laboral de tódolos traballadores da Deputación Provincial para que sexa tratada na Comisión correspondente e se leve ó próximo Pleno. ------ Folla: 124,125 17.3688.- ROGOS E PREGUNTAS [- Menor internado en el Psiquiátrico O Rebullón (3.6.) - Compra de automóviles. (2.6.)] Sr. Presidente.- Si haces el favor. No hay ningún ruego y pregunta. ¿In voce hay alguno?. Si. Tome note de los del Sr. López Freire. Sr. López Freire.- Mi pregunta Sr. Presidente simplemente usted recordará, bueno, que usted a ruegos y preguntas de este Diputado ha prometido una serie de cosas, algunas de las cuáles no se han cumplido y ya sabemos que no es responsabilidad suya, pero yo sigo preocupado por el tema del niño internado en el Rebullón que ya aquí se ha dicho reiteradamente que se iba a mandar a otro centro y quería saber si ya se ha cumplido eso, si se ha remitido a Navarra o a donde al parecer iba ser, y que me informara de ese tema. Sr. Presidente.- Bien, no le puedo informar en este momento pero le prometo que pasaremos urgentemente la información. Tomo buena nota de ese tema. No tengo idea ni de como está ese tema en este momento. Sr. Nieto. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, es que revisando esa cosita que nos da cada mes ahí con las cacicadas personales del Presidente me he encontrado con que han comprado ustedes dos automóviles además de naturalment
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota