ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.514
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 1994/12/30_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.18.809/1.1994-12-30_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 1994/12/30_Ordinaria

  • Data(s) 1994-12-30 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 76 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 30 de decembro de 1994 No Salón de Sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día trinta de decembro de mil novecentos noventa e catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. César Xosé Mera Rodríguez, reuníronse os Sres. Deputados, D. José Ramón Abal Varela, D. Xosé Manuel Barros González, D. Laureano Calero Valverde, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. José Crespo Iglesias, D. José Manuel Chapela Seijo, Dna. Mª Dolores Fernández Alonso, D. José Manuel Fernández Rodríguez, D. Manuel Freire Lino, D. Arturo Grandal Vaqueiro, D. Manuel Iglesias Carrera, D. José Luis Jorge Caramés, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. César Marcelino López Freire, D. Juan Francisco Martínez-Herrera Escribano, D. José Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Antonio Nieto Figueroa, D. José Luis Rodríguez Lorenzo, D. Juan José Salgueiro Montouto, D. Francisco Santomé Otero, D. Isidoro Serantes Serantes, D. Santiago Tirado Serén e D. Manuel Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. A efecto de votacións faise constar que a Corporación está formada por vintesete Deputados de feito e de dereito, incluído o Presidente. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten os Sres. Deputados, D. Avelino Fernández Alonso, quen excusa a súa ausencia, D. Emilio González Iglesias e D. Bernardo López Abadín, excusando este último tamén a súa inasistencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.3659.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primer punto del orden del día, aprobación del borrador del acta de la anterior sesión ordinaria de 25 de noviembre de 1994. Me dice el Secretario que aquí hubo un error, que debido a las distintas convocatorias, este acta ya había sido aprobada el pasado día 27 en el Pleno extraordinario, no se va a volver a aprobar, ha sido un error de los Servicios, está aprobada, entonces no la vamos a aprobar. Las que no están todavía son las del otro día del Pleno, están todavía sin redactar. Queda retirado da orde do día, expediente relativo á aprobación do borrador da acta da sesión ordinaria do día 25 de novembro de 1994, por aprobarse a mesma na sesión extraordinaria do Pleno do día 27 de decembro de 1994. ------ Folla: 76,82 2.3660.- APROBACIÓN DAS BASES DOS PROGRAMAS DE "ACCIÓN MUNICIPAL" E "ACCIÓN COMUNITARIA", [PAM e PAC] PARA 1995 Sr. Presidente.- Aprobación de las bases de los Programas de "Acción Municipal" y "Acción Comunitaria" para 1995. Las bases de estos programas son similares a las de los ejercicios precedentes, y en "Acción Municipal" la cantidad que se incluye son 40.000.000. No, en Acción Comunitaria" son 40.000.000 de pesetas y en "Acción Municipal" son 250.000.000 con cargo al 96 más los remanentes del año anterior. Sabeis que cuando aprobamos el Presupuesto del 94 teníamos un Plan Plurianual que eran 350 y 350. De esos 700.000.000 de pesetas no están gastados los 700.000.000, lo cual quiere decir que todavía no hemos tirado la casa por la ventana, como algunos nos intentan acusar, todo lo contrario; entonces, los remanentes de ese Plan Plurianual se incorporan y se añaden a su vez los 250.000.000 del año 1996, a efectos de poder utilizar ese dinero en inversiones. Ya digo, las bases son similares a las del año pasado y entonces voy a darle la palabra a los grupos de la oposición para que intervengan en este tema. Sr. Mosquera, tiene usted la palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias, Sr. Presidente. Non están gastados pero case, non, quiñentos van alá polo menos, pero bueno. Estamos ante este Plan de "Acción Municipal" no que lle meteron este ano corrente 350; para o 95, 350 e para o 95 con cargo ó 96, 250. Como as obras teñen un período de execución que se poden rematar, cara ás municipais, fixo un Plan duns 950.000.000. Creo que é un tema que xa está suficientemente analizado, por eso vou procurar ser moi breve. E con respecto ás bases, moitos artigos onde non se di nada, e a substancia, o Plan, distribuírao o Presidente, en caso de dúbida resolve o Presidente. Así temos o espectáculo que temos, fai o que lle dá a gana o Sr. Presidente, incluso lle prohibe ó servicio que o xestiona que nos dea información; e tanto fai o que lle dá a gana que unha vez máis hai que recorda-lo espectáculo de que veñan por aquí Alcaldes ou Tenientes-Alcaldes a pedir para que lle metan unha obra no PAM, vai vir catorce veces, nin o recibe, non lle dá nada, a outros lles dá, fai o que lle dá a realísima gana. Con respecto ás bases, non parece procedente que as obras se poidan financiar, forma parte de todo o que estamos dicindo, ata o 100% da obra pode financiala a Deputación, ou sexa, que a Concellos que sexan amigos lle financia o 100% da obra e dalle a obra; a Concellos que sexan menos amigos lle financia o 50% e dalle a vara e a outros que sexan enemigos non lle dá nada. A pesar de que existía un compromiso, o que pasa é que aquí, nesta Deputación, os compromisos, polo menos da Presidencia, o normal é que non se cumpran, de que se ían a repartir cos mesmos criterios que o POS, pero eso foi un compromiso nun Pleno que supoño que se terá esquencido, polo menos na práctica se esquenceu ó Sr. Presidente. Nós témolo incluso reiterado no Pleno do martes. Cremos que esto é unha cifra de cartos suficientemente elevada. Tamén é unha promesa do Presidente facer un Plan para os Municipios costeiros, un Convenio, un Plan para os Concellos de Pontevedra e Vigo que saen tremendamente discriminados do reparto. Estamos falando incluso do rural ecos mesmos criterios que o POS, que era quitando a poboación urbana. Eso dá, Sr. Presidente, o que sempre temos dito. O Presuposto pode estar moi axustado, pode non pedir créditos, neste Plan busca o crédito recorrendo ós 150.000.000 do 96, que se gastarán no 95, pero a pagar no Presuposto do 96. Con todas estas manobras se xunta cun Plan de 950.000.000 millóns que é do que dispón libremente o Presidente, cousa que non nos parece que sexa o máis oportuno, nin o máis ecuánime, nin o máis xusto. Con respecto ó Plan de "Acción Comunitaria", son eses 40.000.000 para pequenos caciqueos, para darlle ás Comunidades de Veciños. Xa vimos a vez pasada. Creo que quedou suficientemente demostrado e analizado cal era o reparto deste Plan. Os Concellos amigos dáselle no PAM, dáselle obras no Plan de Acción Municipal, e ós Concellos enemigos non se lle dá nada, eso foi polo menos o que pasou no 94; agardemos que este ano se corrixa algo. Dáselle ás Comunidades para facerlle zapa a ese goberno que non é amigo. Houbo casos paradigmáticos nos que as inversións foron absolutamente desproporcionadas, ou sexa, darlle 0 ó Concello e darlle se cadra ás Comunidades 20.000.000, ou 15.000.000, ou 10.000.000, a través deste PAC e doutros. Con esta tesitura, Sr. Presidente, como xa temos anunciado na Comisión, vamos a votar radicalmente en contra; é máis, nos parece un tema especialmente grave que siga esta discrecionalidade absoluta á hora de repartir, xuntando todo o que estamos falando aquí, estamos falando de 1.000.000.000, e parece grave esta discrecionalidade, parécenos que haberá que acabar dunha vez con esto porque non podemos seguir collendo as bases para que haxa un déspota, ou posible déspota, na Presidencia da Deputación, que fai o que lle dá a real gana cunha partida de tal calibre e discriminando libremente cos seus criterios políticos ou persoais a Concellos e Comunidades segundo lle conveña. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, yo le voy a ir sobre la marcha y verbalmente intentando que vayan aceptando las enmiendas que voy a proponer. Por ejemplo, hablamos de "Acción Municipal", yo diría, obras de carácter hidráulico, accesos a núcleos de población, etc., etc., pavimentación de vías públicas, alumbrado público, construcción o reforma de Casas Consistoriales u otros equipamientos comunitarios importantes. Yo eliminaría, creo que en beneficio de todos, el que esta Diputación vaya construyendo edificios para Casas Consistoriales o reformándolas, creo que no es esa la función que le compete a la Diputación Provincial. Entonces, eliminaría el apartado 5 de la base 6ª, punto 5, construcción o reforma de Casas Consistoriales, y lo que efectivamente se ahorrase se repartiría equitativamente dónde el Presidente estime oportuno, porque al fin y a la postre, como decía el Sr. Mosquera, va a hacer con este dinero lo que le de la gana. Estoy seguro que no se lo va a llevar para casa porque a lo mejor hay vigilancia por allí, pero desde luego el tema es patético. Retirar, como he dicho, la construcción o reforma de Casas Consistoriales del Programa de "Acción Municipal". Vaya votando, por favor. Sr. Presidente.- Sometemos a votación la enmienda del Sr. Nieto Figueroa. ¿Votos a favor de la misma?, Grupo Socialista; ¿abstenciones?, Sr. Mosquera. Los demás votamos en contra, queda rechazada. Muchas gracias. Sr. Nieto Figueroa.- Paso ahora a la "Acción Comunitaria" y me refiero al punto 5º, en dónde en las bases dice textualmente, al final: "firma del técnico competente indicando su nombre, titulación y señalando si es funcionario municipal o en otro caso número de colegiado". Yo creo que esto tiene que quedar conciso y concreto y que diga: "firma del técnico municipal", "firma del técnico municipal", no de uno cualesquiera porque el técnico municipal, efectivamente, ya tiene que estar inmerso en el tema de su Municipio y conocer y vigilar por la cuenta que le conviene a su Alcalde. Vuelvo a repetir que es la "Acción Comunitaria", artículo 5º, al final, en dónde dice "firma del técnico competente", anular "competente" por "técnico municipal". Y a continuación, al final, añadir también "autorización municipal por escrito", o sea, "firma del técnico municipal indicando su nombre, titulación y señalando si es funcionario municipal", anular eso, al poner "técnico municipal" queda todo eso anulado, y al final ampliar "autorización municipal por escrito". Porque aunque al final del final, es necesaria la licencia municipal, tal cual está redactado esto puede concederse la autorización y al propio tiempo resulta que después a lo mejor no consigue la licencia municipal. Le estoy facilitando la labor para que después incluso usted trabaje con más facilidad, no crea que le estoy entorpeciendo ni mucho menos. Vuelvo a repetir, "firma de técnico municipal", y al final "autorización municipal por escrito", para que cuando soliciten la subvención vayan estos documentos que eviten la polémica que puede suscitarse si efectivamente después no hay la licencia municipal y sin embargo si hubo la subvención, ¿entiende?. Sr. Presidente.- Sometemos a votación estas dos enmiendas del Sr. Nieto Figueroa, ¿votos a favor de las mismas?, Grupo Socialista y Sr. Mosquera. Abstenciones no hay, los demás votamos contra, queda rechazada. Muchas gracias. Sr. Nieto Figueroa.- Sigo eh, a mi me gustaría que me entendiesen. Sr. Presidente.- Yo si le entiendo. Sr. Nieto Figueroa.- No, que va, si me entiende no puede votar esto negativamente, están a dormir todos. Sr. Presidente.- Le entendemos pero no compartimos su criterio, qué le vamos a hacer. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, vamos a seguir. A ver si entiende esta. También "Acción Comunitaria", base 8ª, lo que mencionaba anteriormente el Sr. Mosquera. Bueno, yo creo que esto está clarísimo, dice usted aquí: "corresponde al Presidente la concesión de estas subvenciones que se abonarán una vez, etc., etc.", "corresponde al Presidente la concesión de estas subvenciones...". Hombre, por Dios, es que, de verdad, en democracia estas expresiones avergüenzan. Yo en su lugar no aceptaría esto de ninguna manera, de verdad, yo no lo aceptaría, es una vergüenza que tenga que ser usted con su dedito mágico el que vaya salpicando por ahí o vaya dando bendiciones, pues usted no tiene pinta de cura para andar con eso. En fin, y dado que la Comisión de Gobierno normalmente pues tiene una duración de cinco o diez minutos, como se ha contrastado, que sirven para que ustedes se lleven cientos de miles de pesetas sin pegar golpe, yo me imagino que a veces sin sentarse, porque ya no es la primera vez que alguno dice, "apúntame que yo estoy fuera", para cobrar, bueno, pues entonces yo digo que como mínimo, lógicamente, en principio que sea el Pleno el que tenga las potestades de poder hacer esta distribución, y como mínimo la Comisión de Gobierno. Esa es la enmienda. Sr. Presidente.- Sometemos a votación la enmienda del Sr. Nieto Figueroa. ¿Votos a favor de la misma?, Grupo Socialista y Sr. Mosquera. Abstenciones no hay, los demás votamos en contra. Queda rechazada. Muchas gracias. ¿Alguna intervención más?. Sr. López Freire, por favor. Sr. López Freire.- Sr. Presidente, no le quepa la menor duda de que a pesar de las enmiendas que hemos presentado para intentar que tanto el Plan de "Acción Municipal" como el Plan de "Acción Comunitaria" mejoren en su estructura técnica, que eran las alegaciones que presentaba el Sr. Leri, de que el Grupo Socialista va a votar en contra no del Plan en sí, de los dos Planes en sí, si no de la aprobación por el Pleno de estas bases. ¿Y por qué?. Fundamentalmente por dos cosas, y ojo Sr. Presidente, porque yo sigo insistiendo en la ilegalidad de que los Planes Plurianuales, por Ley, tanto por el Reglamento de Organización y Funcionamiento como por la Ley, creo que la Ley 38 del Estado, los Planes Plurianuales, la aprobación es competencia exclusiva de los Plenos, así que allá ustedes si conculcan o no la legislación vigente en este aspecto. Tiene usted suficientes asesores jurídicos para determinarle que los Planes Plurianuales, definidos así en las bases, no se pueden adjudicar por el Sr. Presidente de la Diputación. Ni que decir tiene que, de todo esto, lo que se va a deducir es que lo que venimos denunciando continuamente aquí está quedando tan claro que no vale la pena ni insistir en ello. Competencia exclusiva del Presidente de la Diputación, eso no se da, Sr. Presidente, ni siguiera en los regímenes totalitarios más importantes, porque lógicamente, como mínimo, lo haría el grupo gobernante. Nada más, Sr. Presidente, y vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Muchas gracias. Sobre lo que dice el Sr. López Freire, yo no tengo ninguna advertencia por los técnicos de la casa de que sea ilegal lo que dicen. En el supuesto de que sea así tomaré mis medidas y acataré, como es lógico, la legislación vigente y los informes de los técnicos. Y dicho esto sometemos a votación el segundo punto del orden del día. ¿Votos en contra?, Sr. Mosquera y Grupo Socialista. Abstenciones no hay, los demás votamos a favor. Queda aprobado por mayoría. Como explicación de voto el Presidente simplemente quiere decir una cuestión, también tengo derecho a explicar en nombre del equipo de gobierno, no para debate. Como explicación decir que hay tres órganos de gobierno en una Institución, que son el Pleno, la Comisión de Gobierno y el Presidente. Y el Presidente ejerce como tal sus competencias. Nada más. Sr. López Freire. Sr. López Freire.- Igual que usted lo justifica, los demás también lo justificamos. En efecto, dentro de los órganos de gobierno personal está la Presidencia, con unas competencias clarísimamente definidas en la legislación vigente, competencias que en este caso se usan y se abusan, en nuestro criterio, por eso hemos votado en contra. Sr. Presidente.- Muchas gracias. O Pleno de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades, acorda por maioría, cos votos en contra do PSOE e do BNG e o voto a favor do PP, aproba-las Bases dos Programas de Acción Municipal e Acción Comunitaria, para o exercicio de 1995 que seguen: BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL PARA 1995 PRIMEIRA.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en uso das facultades que lle confiren os artigos 36 da Lei 7/85, de 2 de abril e o 30 do RDL 781/86, de 18 de abril, acorda establecer e facer público o seguinte Plan de Acción Municipal. O seu financiamento e réxime acomodaranse ó disposto nestas Bases. Dito Plan que ten carácter plurianual, financiarase con cargo ós remanentes producidos no Plan convocado para o exercicio de 1994 e con DOUSCENTOS CINCUENTA MILLÓNS DE PESETAS (250.000.000) consignadas no Presuposto de 1996, que se incrementará mediante suplementación de créditos, tendo en conta que as economías producidas por baixas na contratación utilizaranse para subvencionar outras obras e servicios. A Xunta de Galicia participará no desenvolvemento deste Plan colaborando no financiamento de todas ou parte das obras que resulten seleccionadas, segundo os termos que se establezan no Convenio de Cooperación a celebrar entre a Xunta e esta Deputación. SEGUNDA.- O obxectivo das obras que se acollan ás subvencións deste programa de Acción Municipal será asegura-la prestación integral e adecuada na totalidade do territorio provincial dos servicios de competencia municipal, que a tal efecto, se relacionan nos artigos 25 e 26 da Lei 7/85, de 2 de abril. Non se subvencionarán con cargo a este programa a adquisición de terreos. TERCEIRA.- Dado o carácter esencialmente municipal das obras que se acollan ás subvencións deste programa, incumbe ós Concellos: - Solicita-las obras que desexan realizar en réxime de Acción Municipal. - A tramitación dos respectivos expedientes de contratación. A aportación da parte do custe da obra que non sexa subvencionada. - A recepción e conservación das obras que se acollan a este programa. CUARTA.- Os Concellos interesados presentarán solicitude expresa por cada unha das obras que pretendan executar acolléndose ó Plan. A dita solicitude acompañaranse os seguintes documentos: - Instancia subscrita polo Sr. Alcalde. - Proxecto ou Memoria descriptiva e valorada (ou presuposto). - Informe do Sr. Alcalde no que conste se obtivo ou solicitou calquera outra axuda ou subvención para a mesma obra, e porcentaxe que representa sobre o custe total da mesma. - Copia certificada do acordo do órgano competente do Concello, polo que se determine a obra, e solicite a subvención para a súa realización. QUINTA.- As subvencións suxeitas á presente convocatoria solicitaranse desde o momento da súa publicación no BOP ata o 28 de febreiro de 1995. Ditas solicitudes axustaranse ó modelo que se adxunta a estas Bases. SEXTA.- A asignación de subvencións ás distintas obras farase en función dos seguintes criterios: a) Obras que permitan a prestación integral e ordenada en todo o territorio provincial dos servicios de competencia municipal citados nos artigos 25 e 26 da Lei 7/85, de 2 de abril e pola orde que a continuación se citan: 1º.- Obras de carácter hidráulico. 2º.- Acceso ós núcleos de poboación e explotacións de interese económico. 3º.- Pavimentación das vías públicas. 4º.- Iluminación pública. 5º.- Construcción ou reforma de Casas Consistoriais. 6º.- Outros equipamentos comunitarios considerados de carácter básico ou fundamental. b) Se coa aplicación dos criterios antes citados houbese solicitudes de obra que os cumpran por igual, serán preferentes as obras que reúnan os requisitos que se citan e pola orde de prioridade en que se establecen: 1º.- Número de veciños beneficiarios da obra para a que se solicita subvención. 2º.- A necesidade das obras apreciada en razón da súa urxencia, estado material e condicións de uso. 3º.- A situación económica do Concello estimada en función de: - Presuposto. - Dispersión da poboación. SÉTIMA.- O importe total das subvencións destinadas a obras que se acollan a este programa, poderán acada-lo 100% do custe real da obra. OITAVA.- En canto á competencia para a concesión destas subvencións estarase ó disposto nas Bases de Execución do Presuposto Provincial. Unha vez dictado o acordo ou resolución de concesión da subvención, o pagamento da mesma efectuarase, previa acreditación de estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación e previa xustificación da inversión realizada nos termos que se establecen na Base seguinte, directamente ó Concello. NOVENA.- A xustificación da execución das obras que se acollan á subvención deste Plan de Acción Municipal realizarase previa presentación dos seguintes documentos e cumprimento dos requisitos que a continuación se sinalan: A) Se a obra se fai por contrata: - Certificación de obra debidamente dilixenciada. - Acordo de aprobación da mesma. - Acordo de adxudicación e contrato, se se trata da primeira certificación. - Acta de recepción provisoria debidamente cumprimentada, se se trata da última certificación. - Informe dos Técnicos Provinciais correspondentes, ó obxecto de comproba-la realidade da inversión e que a obra executada se axusta ó previsto no Proxecto, Presuposto ou Memoria valorada. B) Se a obra se fai por Administración: B1) Certificación de obra realizada. A certificación da obra realizada expresará o número de unidades de obra e o seu valor unitario, o número de xornais do persoal laboral, e o seu valor unitario. Así mesmo dita certificación cumprimentarase en tódolos seus aspectos, de conformidade co disposto na normativa vixente, coa única excepción da sinatura do contratista que será substituída pola do técnico ou funcionario municipal encargado da obra. A primeira certificación unirase acordo no que se decida a realización da obra por administración. Na última certificación esixirase o informe dos técnicos provinciais acreditativo da realidade da inversión e de que a obra realizada se axusta ó proxecto ou presuposto. B2) Custe persoal: b) Persoal laboral - Copia autenticada das nóminas do persoal laboral empregado na obra. - Certificación do técnico director acreditativa de que o persoal que se cita no apartado anterior foi empregado na obra. - Copia autenticada do TC1 e TC2 do persoal laboral empregado na obra. B3) Subministros e Servicios. A xustificación dos subministros e servicios que sexan necesarios na execución da obra farase mediante factura orixinal ou duplicado (non se admitirán facturas fotocopiadas) cos requisitos que lle dean validez. Cando se contrate parte da obra, en lugar de factura esixirase a certificación correspondente. En todo caso, tanto na factura como na certificación figurará o recibido e conforme do técnico ou funcionario municipal encargado. DÉCIMA.- A documentación a que se refire a base anterior debe reflexa-la realidade da obra executada, sendo imprescindible que a obra realizada sexa a subvencionada. Non se admitirá o cambio de aplicación desta subvención, a non ser que existan razóns excepcionais que o aconsellen e así o decida o Presidente, sempre e cando se poida realiza-la nova obra, no prazo de execución que se establece para as obras que se acollan a este programa. Se por calquera circunstancia o valor da obra executada resulta inferior ó importe da solicitude, a subvención da Deputación experimentará a reducción proporcional correspondente. As obras serán contratadas na súa totalidade presupostaria nun só acto e a un só adxudicatario, sen que proceda a súa división en fases. DECIMOPRIMEIRA.- As obras que se acollan a este programa deberán estar executadas e xustificadas antes do 20 de decembro de 1996. Se neste prazo non fose a obra xustificada procederase á anulación do contraído na contabilidade provincial. Non obstante, poderá prorrogarse o prazo de execución cando existan razóns excepcionais debidamente acreditadas polo Concello e así o decida o órgano concedente. DECIMOSEGUNDA.- O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable, poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na LPA. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. RECLAMACIÓNS.- Dentro dos quince días seguintes ó da publicación no BOP, poderán interpoñer reclamacións contra as BASES. BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA PARA O EXERCICIO DE 1995 PRIMEIRA.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra en uso das facultades que lle confiren os artigos 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e o 30 do RDL 781/86, de 18 de abril, acorda establecer e facer público o seguinte Plan de ACCIÓN COMUNITARIA, acomodándose o seu financiamento e réxime ó determinado nestas BASES e no que resulte aplicable das Disposicións Reguladoras das obras en réxime de Acción Comunitaria. Dito programa financiarase con cargo ó crédito de CORENTA MILLÓNS DE PESETAS (40.000.000), consignado a tal efecto, no Presuposto corrente, que poderá incrementarse mediante suplementación de créditos. SEGUNDA.- Os obxectivos das obras que se financiarán con cargo a este programa serán os seguintes: a) A mellora do medio rural e barriadas urbanas mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles, que permita ós seus habitantes unhas adecuadas condicións de vida. b) O desenvolvemento das Comunidades Rurais ó obxecto de aumenta-la súa capacidade para resolve-los seus problemas. Dita solución requirirá a unión de recursos, esforzos e vontades. TERCEIRA.- As actuacións comunitarias caracterízanse pola concurrencia dos seguintes requisitos: a) Libre determinación dos veciños na elección das obras que desexan executar. b) Voluntariedade na participación e liberdade de ditos veciños sobre a forma de organizarse. CUARTA.- Dado o carácter municipal das obras a realizar en réxime de acción comunitaria, incumbe ós Concellos fomentar este tipo de accións, autorizándoas. QUINTA.- Decidida pola comunidade de veciños a realización da obra a executar con cargo a este programa, poden estes solicitala directamente á Deputación, conforme dispón o artigo 69 e demais concordantes, da Lei de Procedemento Administrativo, segundo modelo anexo a estas Bases. A dita solicitude acompañaranse os seguintes documentos: a) Proxecto ou Memoria descriptiva e valorada (ou presuposto), con expresión dos seguintes datos: - Unidades de obra e prezo unitario das mesmas. - Número de xornais a realizar por prestación persoal e de transporte, e valor das mesmas (non podendo supera-lo valor que corresponde ó salario mínimo interprofesional). - Sinatura do técnico competente, indicando o seu nome, titulación e sinalando se é funcionario municipal ou noutro caso, número de colexiado. b) Conxunto dos acordos adoptados polos veciños para a realización das obras en réxime de Acción Comunitaria, asinada polos participantes ou os seus representantes con expresión do número do DNI, sinalando expresamente o compromiso de completa-lo financiamento da obra mediante a aportación de traballo, transporte ou metálico, así como de asumi-los riscos que puideran xurdir con ocasión da prestación antes citada. c) Declaración responsable na que conste se a Comunidade de Veciños obtivo ou solicitou calquera outra axuda ou subvención para a mesma obra, e a porcentaxe que representa sobre o custe total da mesma. SEXTA.- O importe total das subvencións públicas destinadas a financiar obras en réxime de Acción Comunitaria non superará o 50% do custe real das mesmas. Así mesmo, o importe total da subvención, que no seu caso, conceda esta Deputación non excederá DUN MILLÓN CINCOCENTAS MIL PESETAS (1.500.000). SÉTIMA.- A asignación de subvencións ás distintas obras farase en función dos seguintes criterios: a) Obras que teñan por obxecto a mellora do medio rural ou barriadas urbanas que supoñan un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles, que permitan ós habitantes mellora-las súas condicións de vida. b) Obras que permitan o desenvolvemento das Comunidades Rurais e que supoñan un aumento na súa capacidade para resolve-los seus problemas, e que a solución requira a unión de recursos, esforzos e vontades. c) Obras que permitan a prestación integral e ordenada en todo o territorio provincial dos servicios de competencia municipal citados nos artigos 25 e 26, da Lei 7/85, de 2 de abril, e pola orde que a continuación se citan; con excepción da compra de terreos: 1º.- Abastecemento domiciliario de auga potable. 2º.- Acceso ós núcleos de poboación e explotacións de interese económico. 3º.- Iluminación pública. 4º.- Pavimentación das vías públicas. 5º.- Outras obras de interese para a Comunidad e incluidas nos citados artigos 25 e 26. d) Se coa aplicación dos criterios antes citados houbese solicitudes de obra que os cumpran por igual, aplicaranse os criterios seguintes: 1º.- Número de veciños beneficiarios da obra para a que se solicita a subvención. 2º.- A potencialidade económica da Comunidade Veciñal que solicita a realización de obras con cargo a este programa de Acción Comunitaria. 3º.- A necesidade das obras apreciada en razón da súa urxencia, estado material e condicións de uso. 4º.- Outras circunstancias globais de interese socioeconómico, que a xuízo do Órgano competente, deban ser consideradas. OITAVA.- Corresponde ó Presidente a concesión destas subvencións, que se aboarán unha vez sexa xustificado o importe f da obra realizada, previa presentación dos seguintes documentos: a) Certificación técnica, e se non é posible, informe técnico cos requisitos previstos na Base Décima. b) Certificación asinada polo técnico director da obra da prestación persoal e do transporte cos requisitos esixidos na Base Décima. c) Facturas orixinais ou duplicados, cos requisitos que lle dean validez. d) Informe dos técnicos provinciais correspondentes, ó obxecto de comproba-la realidade da inversión, e que a obra executada se axusta ó previsto no proxecto ou presuposto, ou no seu caso memoria valorada. O aboo da subvención practicaras e directamente á Comunidade veciñal. NOVENA.- A xustificación destas obras farase mediante a emisión da correspondente certificación técnica sempre que sexa posible, e noutro caso, con informe técnico da súa execución. Tanto unha como o outro cumprirán os requisitos legais esixibles ás certificacións e virán asinadas por técnico competente, debendo de expresa-lo seu nome, titulación, e a mención de se é funcionario municipal, ou noutro caso, número de colexiado. Tanto a certificación como no seu caso o informe, describirán a obra realizada especificando as distintas unidades que a compoñen e o valor unitario das mesmas. A prestación persoal e o transporte acreditaranse mediante certificación asinada polo Técnico Director da obra na que se sinalen os datos identificativos dos veciños que traballaron na mesma e os xornais devengado s por cada un deles, e, se non é posible, os realizados en conxunto, e o valor unitario e total de ditos xornais. Os subministros e servicios contratados xustificaranse con factura orixinal ou duplicado, non se admitirán facturas fotocopiadas, ben sexan ou non autenticadas, cos requisitos que as fagan válidas a efectos legais. Xustificarán, polo menos, o doble da cantidad e subvencionada pola Deputación. DÉCIMA.- A documentación a que se refire a Base anterior reflexará a realidade da obra executada, sendo imprescindible que a obra realizada sexa a subvencionada. Non se admitirá o cambio de aplicación desta subvención, a non ser que existan razóns excepcionais xustificadas e así o decida o Organo concedente destas subvencións, sempre e cando se poida realiza-la obra nova, no prazo de execución que se establece, para as que se acollan a este programa. Se por calquera circunstancia o valor da obra executada resulta inferior ó doble da cantidade concedida, a subvención da Deputación experimentará a reducción proporcional corres pondente. DECIMOPRIMEIRA.- As subvencións para as obras que se acollan a este programa solicitaranse desde o momento da publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincial e ata o 28 de febreiro de 1995, e estarán executadas e xustificadas antes do 20 de decembro de 1996. Se neste prazo non fose a obra xustificada, procederase á anulación do contraído na contabilidade provincial. Non obstante, prorrogaras e o prazo de execución cando existan razóns excepcionais debidamente acreditadas e así o decida o Órgano concedente. DECIMOSEGUNDA.- O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas Bases e demais normativa aplicable dará lugar á esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na L.P.A. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. RECLAMACIÓNS.- Dentro dos quince días seguintes ó da publicación no Boletín Oficial da Provincia, poderanse interpoñer reclamacións contra as BASES. NOTA ACLARATORIA.- Acórdase que conseonte o disposto no artigo 1º e seguintes do R.D. 21877/78, de 23 de xuño, polo que se aproba o Reglamento de Disciplina Urbanística, calquera obra suxeita ó Programa de Acción Comunitaria contará coa licencia municipal. ------ Folla: 82,84 3.3661.- PLAN DE ACTUACIÓNS CONCERTADAS PARA 1995 Sr. Presidente.- Plan de Actuaciones Concertadas para 1995. ¿Alguna intervención?. Sr. Santomé, por favor. Sr. Santomé Otero.- Sí. Na Comisión xa falamos do tema e globalmente estamos de acordo. O que sí é certo é que, precisamente por poñelo así, está traendo bastantes equívocos, e é precisamente pola utilización e ás veces abuso da disposición desta normativa na cal os Concellos poden pedir, solicita-lo 50% ás Bandas de Música da Provincia. Creo que o que estamos indicando é que se utilizan para fins que aí se expresan, en concreto de que non poden ser utilizadas, e todo esto sucede xusto porque a Deputación non ten un Plan de Actividades Culturais, basado precisamente nestas actuacións pola Provincia, e esto dá como consecuencia o que soamente sexan por petición dos Concellos polo que se outorguen estas Bandas. Creo que esto resultaría totalmente obvio e precisamente non daría a eses equívocos, e non daría a esa picaresca que está existindo se houbera dende aquí un Plan de Acción, unha Programación Cultural para toda a Provincia, neste caso con Bandas de Música, e que sería a propia Deputación quen fixara días e lugares dependendo dos Concellos que concertaran estas axudas, pero sería sempre a Deputación quen marcaría as pautas dese fin, que é precisamente o que busca, o que persigue este Plan de Actuacións Concertadas. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Mosquera, por favor. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias, Sr. Presidente. Home, eu, a pesar de que despois da asignación ás veces non sabemos moi ben porque se manda un grupo a un lado ou a outro, xa sei que o Sr. Martínez-Herrera contestarame que é un problema técnico, pero bo, non vai por aí. Mire vostede, aquí, nestas bases, no punto 4 pon, "a selección dos grupos farase pola Comisión Informativa de Cultura e Acción Social da Deputación, que poderá solicita-los informes e asesoramentos técnicos de expertos na materia e proporá ó órgano competente etc.". Eu é que me quedo absolutamente pasmado de que nun caso como este se poida facer pola Comisión. Vostedes teñen maioría, non hai ningún problema, pero polo menos hai transparencia e nos enteramos, e ás veces hai aportacións que xa ten habido do grupo da oposición, o cal se agradece. E no tema anterior, Leri, no tema anterior de ningunha maneira, é dicir, non se pasa por ningunha Comisión cando está falando de 50, ou de 30, ou de 40 veces máis cartos. Vamos a votar a favor precisamente por este motivo e en todo caso resalta-la diferencia de comportamento do grupo de goberno cando hai, a maior chicha máis ocultismo e creo que xa está todo dito, ¿non?. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. López Freire. Sr. López Freire.- Sr. Presidente, en el mismo sentido de la interpretación del Sr. Mosquera, nosotros vamos a votar favorablemente. Además queremos felicitar al Sr. Diputado que preside esta Comisión por su actitud democrática en la forma de aplicar, coja usted ejemplo, Sr. Presidente, que siempre es bueno aprender. Quizás por ello, porque es un demócrata dentro del grupo popular, ayer se hizo la fotografía de los que no van a seguir siendo Diputados. Sr. Presidente.- Muchas gracias. En nuestro grupo, yo creo que en el de ustedes también, no tengo la menor duda, somos todos demócratas, simplemente que unos tenemos una responsabilidad y otros tenemos otra, y no se olvide que en definitiva quien firma al final todas esas historias, siempre es el Presidente, no porque quiera, porque no tiene más remedio que hacerlo. Bueno, vamos a someter a votación este punto del orden del día. Votos en contra no hay; abstenciones, tampoco. Se aprueba por unanimidad, muchas gracias. Perdón, Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Eu nunca uso explicación de voto, pero neste caso é que fixo un comentario que é absolutamente incorrecto. Se o Presidente ó final remata firmando todo é porque non delega nin a firma, non delega nin unha peseta nin a firma, se non podería firmalo un Vicepresidente. É problema seu, non é problema da Lei. Sr. Presidente.- Está equivocado. Hai moitísimas, moitísimas carpetas, un 60% fírmaas o Sr. Martínez-Herrera, o Sr. Barros e o Sr. López Abadín. Pode vostede comprobalo. Teño delegado moitísimo. Como eu estou aquí quizáis máis tempo, porque é a miña obriga, teño que firmar moitas máis cousas. O 60 ou o 70% das cousas quizáis non as firme eu. Bueno, vamos ó punto número catro. Sr. López Freire.- Sr. Presidente, es que a mi me sorprende usted, cada vez que interviene me sorprende usted. Yo he leído, hace muy poco, que aún había delegado usted en los Vicepresidentes la firma de los gastos hace unos días. ¿Si no estaba delegado eso, cómo puede haber firmado carpetas de gastos ningún Diputado que no está facultado para ello?. Lo hizo usted en una Comisión de Gobierno de hace no más de un mes. Me está dando usted a mi la razón del próximo Pleno, Sr. Presidente. Gracias. Sr. Presidente.- Mire, Sr. López Freire, yo creo que estamos hablando de cosas completamente distintas. A veces en un debate se dicen otras cosas y entonces usted saca otras conclusiones. Yo le puedo afirmar, y tengo aquí a mi derecha al Secretario que puede dar fe, que he delegado esta cuestión hace mucho tiempo. El Sr. Herrera, el Sr. Barros y el Sr. López Abadín están firmando una cantidad de documentos de esta casa desde hace muchísimo tiempo. Un debate sobre este tema no tiene sentido cuando no figura en el orden del día. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cultura e Acción Social acorda por unanimidad e aproba-lo Plan de Axudas a Grupos e Entidades Artísticas para actuacións concertadas-1995, que seguidamente se detalla: PLAN DE AXUDAS A GRUPOS E ENTIDADES ARTÍSTICAS PARA ACTUACIÓNS CONCERTADAS-1995 1.- FINALIDADE: As subvencións teñen por obxecto colaborar cos Concellos, Agrupacións, Entidades ou Sociedades Culturais para fomenta-la cultura popular en todo o ámbito provincial, distribuíndo a cantidade que para este obxecto foi consignada no vixente Presuposto. 2.- ALCANCE: Poden acollerse a estas axudas as seguintes Agrupacións da Provincia: * Bandas de Música * Masas Corais * Grupos Folclóricos * Bandas e Grupos de Gaitas * Rondallas * Ballet e Danza * Grupos de Música Clásica * Grupos de Folc Tradicional * Grupos de Teatro * Humoristas * Etc., etc. 3.- SOLICITUDES: Os interesados presentarán a solicitude de inclusión no Rexistro Xeral desta Deputación ata o 31 de xaneiro do ano actual, no modelo oficial que se facilitará no Departamento de Cultura de dito Organismo. 4.- XURADO: A selección dos grupos farase pola Comisión Informativa de Cultura e Acción Social da Deputación, que poderá solicita-los informes e asesoramentos técnicos de expertos na materia e proporá ó órgano competente a súa decisión para a aprobación definitiva. 5.- CONTÍA: Cada actuación será subvencionada pola Deputación nun 50% do total e o 50% restante polo Organismo ou peticionario a quen se lle adxudique, en función da seguinte escala: Importe Agrupación actuación 50% Bandas de Música Grupo A 180.000 90.000 Grupo B 150.000 75.000 Grupo C 130.000 65.000 Grugo D 70.000 35.000 Masas Corais Grupo A 80.000 40.000 Grupo B 60.000 30.000 Grupo C 50.000 25.000 Bandas de Gaitas 45.000 22.500 Bandas de Gaitas Tradicionais 30.000 15.000 Grupos Folclóricos Grupo A 70.000 35.000 Grupo B 50.000 25.000 Grupo C 35.000 17.500 Orquestas clásicas 150.000 75.000 Grupos de Música Clásica Grupo A 75.000 37.500 Grupo B 60.000 30.000 Grupo C 50.000 25.000 Rondallas 50.000 25.000 Ballet 150.000 75.000 Cantautores e Poetas 75.000 37.500 Maxia e Humor 75.000 37.500 Folc Tradicional 75.000 37.500 Teatro: A contía fixarase no Convenio que se subscribirá con cada Grupo atendendo á súa categoría. O pagamento aboarase unha vez se acredite polo grupo a realización da actividade, presentando factura orixinal e conformidade do Organismo, Asociación ou Comisión adxudicataria da actuación. 6.- REQUISITOS: Toda Agrupación seleccionada comprométese a desenvolve-las actuacións que lle asigne a Deputación nos distintos Municipios e Centros Culturais da provincia, con preferencia a calquera outro compromiso e soamente en casos de forza maior, debidamente xustificados, quedará exenta de tal obriga. A actuación efectuarase coa totalidade dos seus membros, admitíndose excepcionalmente e por causas xustificadas, unha merma de tres compoñentes. As Bandas de Música e Conxuntos Musicais non participarán en festas ou conmemoracións populares programadas por particulares, Comisións Patronais ou Concellos. Os adxudicatarios de cada actuación aboarán previamente ó grupo o 50% do importe asignado, facendo mención na propaganda e publicidade que confeccionen, que figura patrocinada pola Deputación Provincial. 7.- CLASIFICACIÓN DOS GRUPOS: 7.1.- BANDAS DE MÚSICA: Clasificaranse nas seguintes categorías: A) As que teñan un mínimo de 50 membros e 8 anos de antigüidade e Escola de Música. B) As que teñan un mínimo de 45 membros e 6 anos de antigüidade. C) As que teñan un mínimo de 35 membros e 6 anos de antigüidade. D) As que teñan un mínimo de 30 membros e 2 anos de antigüidade. Será requisito indispensable para ser seleccionada a presentación dos seguintes documentos: a) Relación nominal dos seus compoñentes, con DNI. b) Relación de alumnos e profesorado da Escola de Música. c) Estatutos debidamente legalizados (para aquelas Agrupacións que participen no Plan de Actuacións por primeira vez). 7.2.- MASAS CORAIS: Clasificaranse nas seguintes categorías: A) As que teñan un mínimo de 40 membros e 8 anos de antigüidade. B) As que teñan un mínimo de 35 membros e 6 anos de antigüidade. C) As que teñan un mínimo de 30 membros e 3 anos de antigüidade. Será requisito indispensable para ser seleccionada a presentación dos seguintes documentos: a) Relación nominal dos seus compoñentes, con DNI. b) Estatutos debidamente legalizados (para aquelas Agrupacións que participen no Plan de Actuacións por primeira vez). 7.3.- GRUPOS FOLCLÓRICOS: Clasificaranse nas seguintes categorías: A) Os que teñan 25 membros, 8 anos de antigüidade, Escola de Baile e con actividades de investigación, etnografía, etc. B) Os que teñan 16 membros, 6 anos de antigüidade, Escola de Baile e Grupo Instrumental de acompañamento. C) Os que teñan 16 membros, 3 anos de antigüidade e Grupo Musical de acompañamento. Será requisito indispensable para ser seleccionado a presentación dos seguintes documentos: a) Relación nominal dos seus compoñentes, con DNI. b) Relación de alumnos da Escola de Baile. c) Estatutos debidamente legalizados (para aqueles grupos que participen no Plan de Actuacións por primeira vez). 7.4.- BANDAS DE GAITAS: Consideraranse como tales as que teñan un mínimo de 16 membros e 3 elementos de percusión. 7.5.- GRUPOS DE TEATRO E BALLET: Presentarán proxecto e programa do espectáculo, coa obriga de actuar con medios propios. 8.- ACTUACIÓNS: As entidades solicitantes de grupos artísticos disporán dun escenario ou marco axeitado para que estes poidan efectua-la súa actuación sen impedimento algún. Para este fin poñeranse en contacto cos grupos para coñece-las condicións e facilita-lo concerto ou escenificación da obra nas condicións máis idóneas. 9.- PETICIÓN DE ACTUACIÓNS: As peticións de actuacións de grupos solicitaranse un mes antes da data da súa celebración. 10.- VIXENCIA: O presente Plan Cultural entrará en vigor o día da súa aprobación polo Pleno da Deputación e rematará o 31 de decembro de 1995. ------ Folla: 84,86 4.3662.- RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS Sr. Presidente.- Punto número cuatro, reconocimiento de créditos. ¿Alguna intervención?; ¿algún voto en contra?; ¿alguna abstención?. Abstención del Sr. Mosquera. Los demás votamos a favor. Queda aprobado con la abstención del Sr. Mosquera. Vistas as relacións de facturas para recoñecemento de créditos que formula o Sr. Interventor, de gastos realizados polos Centros Xestores desta Deputación que a continuación se relacionan, polos motivos, acreedores, importes números de facturas e partidas que constan nas mesmas, as que ascenden a un total global de VINTEOITO MILLÓNS DUASCENTAS SETENTA E UNHA MIL NOVECENTAS ONCE PESETAS (28.271.911), que por tratarse de exercicios pechados non existía consignación en Presuposto, ó non ser tramitados no seu día; non obstante, para o pagamento de ditas facturas foron incluídos ditos gastos no último expediente de modificación de créditos aprobado. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión de Economía, acorda por maioría, coa abstención do BNG e os votos a favor do PSOE e do PP, aproba-lo recoñecemento destes créditos, e se proceda ó aboo de ditas facturas con cargo ó expediente de modificación de créditos último aprobado e sendo o seu detalle o seguinte: SECRETARÍA XERAL PESETAS - Factura nº 9171939 de data 27-5-91, a favor de ZARDOYA-OTIS, S.A., con cargo á partida 94/121.121.213.99, por importe de........................ 9.856 - Factura nº 6327581 de data 1.12.93, a favor de ZARDOYA-OTIS, S.A., con cargo á partida 94/121.121.213.99, por importe de......................... 42.298 - Factura nº 384580 de data 23.10.92, a favor de RANK XEROX ESPAÑOLA,S.A., con cargo á partida 94/121.121.220.99, por importe de......................... 25.185 - Factura de data 31-1-1991, a favor da XEFATURA PROVINCIAL DE CORREOS E TELÉGRAFOS con cargo á partida 94/121.121.222.99 por importe de.......... 12.935 - Relación comprensiva de CINCUENTA E OITO facturas a favor da CIA.TELEFÓNICA NACIONAL DE ESPAÑA por importe global de 8.581.495 que comeza coa nº 000006243 de data 01-12-90, por importe de 27.905 ptas. e remata coa de 31-12-93 por un importe de 3.566.659. Partida 94/121.121.222. ................................8.581.495 - Relación comprensiva de sete facturas a favor do IGUALATORIO MÉDICO COLEGIAL, por importe global de 12.925.708 ptas., que comeza coa factura de data 30-6-92 por un importe de 41.000 ptas. e remata coa nº 368.400, de data 31-10-93 por importe de 12.722.708 pesetas. Partida 94/122.314.160.99.................... 12.925.708 HOSPITAL PROVINCIAL - Relación comprensiva de dúas facturas por un total global de 233.541, e a favor das seguintes firmas: CIA. TELEFÓNICA NACIONAL DE ESPAÑA, factura nº 000000507 de data 1-4-91 por importe de 59.012 pts. con cargo á partida 94/411.412. 222.99. EMBUTIDOS LalínENSE, factura nº B-772 de dg ta 30/4/92, por un total de 174.529 ptas.,con cargo á partida 94/411.412.221.99........................................ 233.541 CIDADE INFANTIL "PRÍNCIPE FELIPE" - Relación comprensiva de vintetrés facturas por importe global de 5.086.942 pts a favor da CIA TELEFÓNICA NACIONAL DE ESPAÑA que comeza coa factura nº 000004713 de data 1-11-91 por importe de 156.564 ptas., e remata coa nº 000007280 de data 1-6-92 por importe de 13.543 ptas. Partida 94/422.422.222.99.............................. 5.086.942 - Factura de ZARDOYA-OTIS, S.A., nº 5888299M de data 1-12-92 por un total de 117.570 pts con cargo á partida 94/422.422.213.99........................ 117.570 HOSPITAL PSIQUIÁTRICO "O REBULLÓN" - Relación comprensiva de nove facturas a favor da CIA. TELEFÓNICA NACIONAL DE ESPAÑA, por un importe global de 348.563 pts., comezando a súa relación coa factura número 000006145 de data 1-10-90, por importe de 26.415 ptas. e remata coa nº 000006137 pts. de data 1-10-90 por importe de 4.434 pts., con cargo á partida 94/412.412.222.99..... 348.563 CENTRO DE VACACIÓNS "A LANZADA" - Relación comprensiva de catro facturas da CIA.TELEFÓNICA NACIONAL DE ESPAÑ A por un total global de 14.010 ptas., que comeza coa factura nº 000006894 de data 1-12-91 por im porte de 3.086 ptas. e remata coa nº 00007237 do 1-6-92, por importe de 4.040 ptas. Partida 94/452.452.222.99...... 14.010 ARQUIVO-BIBLIOTECA - Relación comprensiva de doce facturas a favor da CIA. TELEFÓNICA NACIONAL DE ESPAÑA, por un importe global de 48.817 ptas., que comeza coa factura nº 000007058 de data 1-2 -92 por importe de 6.483 ptas e remata coa nº 000008104 de data 1-12-92 por un importe de 6.423 pts. con cargo á partida 94/454.451.222.99................................. 48.817 PARQUE CENTRAL DE MAQUINARIA - Relación comprensiva de cinco facturas por un total global de 16.283 ptas. que comeza coa factura nº 000007337 de data 1-10-92 da CIA.TELEFÓNICA NACIONAL DE ESPAÑA, por importe de 2.371 pts. e remata coa nº 0499003801 de data 20-10-92, de UNIÓN FENOSA por un importe de 5.783 pts. con cargo ás partidas 94/511.511.222.99 e 94/511.511.221.99 respectivamente........................................... 16.283 - Factura a favor de TILVECA, S.L., nº 06358 de data 31.12.92, por un importe de 135.900 pts. con cargo á partida 94/511.511.222.99 do Presuposto...... 135.900 ACCIÓN SOCIAL - Relación comprensiva de tres facturas por un importe global de 179.474 ptas. que comeza coa factura nº B01189 de data 12-2-92 de SEIPOL TROFEOS por un importe de 35.724 pesetas e que remata coa nº 899 de data 9-12-93 a favor de TORRADO OLIVA, S.L. por importe de 47.150 pesetas., con cargo á partida 94/451.451.226.99 do Presuposto...... 179.474 CENTRO PROVINCIAL DE ASESORAMENTO MUNICIPAL (CPAM) - Relación comprensiva de seis facturas por un importe global de 456.785 pts. que comeza coa factura nº 000007063 de data 01-2-92 por importe de 174.376 pts., e remata coa nº 000008109 de data 1-12-92 por importe de 68.187 pts. Todas elas a favor da CIA. TELEFÓNICA NACIONAL DE ESPAÑA, con cargo á partida 94/551.551.222.99 do Presuposto.................. 456.785 SERVICIO AGRARIO - Relación comprensiva de oito facturas a favor da CIA. TELEFÓNICA NACIONAL DE ESPAÑA por un total global de 36.549 pts. que comeza coa factura nº 000007066 de data 1-2-92 por importe de 8.792 pts. e remata coa nº 000008112 de data 1-12-92, por importe de 6.632 pts. con cargo á partida 94/711.711.222.99........36.549 SUMA TOTAL.......... 28.271.911 =============================== ------ Folla: 86,87 5.3663.- RESOLUCIÓN DE PETICIÓN DE FUNCIONARIO PROVINCIAL EN RELACIÓN A AUTORIZACIÓN PARA COMPATIBILIZA-LA SÚA FUNCIÓN CON ACTIVIDADE PRIVADA Sr. Presidente.- Punto número cinco, resolución de petición de funcionario provincial en relación a autorización para compatibilizar su función con actividad privada. Sr. D. Antonio Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, volvemos con un tema que ya debía estar enterrado. Intentando que haya paz y volviendo a intentar colaborar con usted, yo le voy a solicitar que lo deje pendiente porque prácticamente es lo que se decidiera en una Comisión. Yo he presentado el pasado día 27 de octubre una moción que decía textualmente, vale la pena leer la: "Reafirmado por nueva sentencia de la Audiencia Nacional el pensamiento del Diputado que suscribe en torno a que cada funcionario ocupe un sólo puesto de trabajo, formulo ante el Pleno ordinario a desarrollar el día 28 de octubre, tal cual habíamos quedado prácticamente, la siguiente moción urgente: Uno.- Constatar la actual situación laboral de todos los trabajadores de la Diputación Provincial subsanando de inmediato las deficiencias o ilegalidades que puedan conocerse. Dos.- Denegar todas las solicitudes de compatibilidad en tanto la situación de empleo no mejore ostensiblemente". Esta moción se trató en una Comisión, quedamos en que vendría al Pleno pero resulta que lo que viene al Pleno es otro intento de cacicadita de darle a un señor que tiene un trabajo muy bien remunerado en el Hospital Provincial para que constituya su clínica particular y así tenga dos empleos mientras hay otros Médicos en paro. Es cuestión de sentido común. Yo le solicito que deje este tema pendiente y que efectivamente se reúna nuevamente la Comisión o que se traiga un dictamen y enterremos definitivamente un estado que no tiene razón de ser. No hay derecho que tres funcionarios que trabajan en la Diputación Provincial, alguno trabaje en el SERGAS y otro tenga todavía una clínica particular. Hasta tres puestos de trabajo tienen algunos funcionarios de esta Diputación, de manera que por favor, Presidente, déjelo pendiente, sobre todo después de los escritos del MAP, trátese el tema con sentido común y demos a cada trabajador un empleo si es posible, y no tres a uno y otros por la calle con los brazos caídos. Muchas gracias. Sr. Presidente.- Vale, muchas gracias. ¿Alguna intervención más?. Estaba diciéndome el Sr. Secretario que el tema es completamente legal. Lo que nosotros no le autorizamos es a que siga en el SERGAS, siguiendo en el Hospital, y pueda ejercer la medicina privada. El dictamen de la Comisión es favorable. Sometemos a votación este punto del orden del día. ¿Votos en contra?, Grupo Socialista y Sr. Mosquera; abstenciones no hay; los demás votamos a favor. Muchas gracias. Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- La verdad es que cuando ocurren cosas como estas es auténticamente penoso. Ya sabemos que es legal, ya sabemos todos que es legal porque esto es para llevarlos al caldero si no fuese legal. Decir que una persona puede tener tres trabajos, tres empleos y que hay cantidad de millones de parados en España y ustedes hablan de fomento de trabajo, fomento de nada, porque mejor ocasión que esta imposible. Resultando que en escrito de data 30-12-1985, D. Luis Fontán Costas, funcionario de esta Excma. Deputación Provincial coa especialidade de O.R.L., adscrito ó Hospital Provincial, solicita a compatibilidade entre os dous postos sanitarios que desempeñaba na Deputación Provincial e na Seguridade Social como Xefe de Cupo O.R.L., interesando, no caso de que non se lle concedera esta compatibilidade co exercicio da medicina privada. Resultando que o MAP, en Resolución de 26-06-88, declarou a incompatibilidade do interesado ó non optar por un dos postos de traballo no prazo de tres meses a partir do 1 de outubro de 1985 como esixe a Disposición Transitoria da Lei 53/84. Resultando que D. Luis Fontán Costas interpuxo recurso contencioso-administrativo contra esta Resolución perante a Sala Terceira da Audiencia Nacional. Considerando que esta Sala acordou anula-la Resolución do M.A.P. de data 26-06-88 ó ser dictada por un órgano manifestamente incompetente. Considerando que o art. 9 da Lei 53/84 atribúe ó Pleno da Corporación Local á que figura adscrito o posto principal a concesión ou denegación da compatibilidade para un segundo posto ou actividade no sector público. Considerando que esa actividade non está comprendida en ningún dos supostos que contempla a Lei para autoriza-la compatibilidade co exercicio dunha actividade pública de conformidade co establecido nos artigos 3,5 e 6 da Ley 53/84. Considerando que segundo o art. 70 do R.D. 2568/86 de 26 de novembro é competencia do Pleno a autorización ou denegación da compatibilidade do persoal ó servicio da entidad e local para a realización de actividades privadas. Considerando que a dilixencia de toma de posesión non lle impuxo ó citado funcionario a incompatibilidade, e a Corporación, respetando ó máximo os intereses individuais do funcionario dá opción ó interesado de acollerse ó sistema da incompatibilidade ou rexeitalo, o que exercitou o solicitante someténdose ó mesmo. Considerando que o desenvolvemento do seu traballo no Hospital Provincial é compatible co exercicio da medicina privada, e que o Pleno da Corporación debe de pronunciarse ó respecto resolvendo a súa petición, o Pleno, con fundamento no art. 4 do R.D. 861/86 de 25 de abril e art. 126, apartado 3 e 4 do R.D. 781/86 de 18 de abril, e de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Réxime Interior, acorda por maioría, cos votos en contra do PSOE e do BNG e o voto a favor do PP, denegar a D. Luis Fontán Costas a compatibilidade para un segundo posto de traballo no sector público e ó propio tempo declara-la compatibilidade interesada con determinación expresa de que a mesma se concede sen prexuízo da xornada legalmente establecida para cada un deles por esta Excma. Deputación Provincial, e quedando a salvo de cantas modificacións se produzan na adscripción a posto concreto de traballo ou cambio de turno ou horario que se lle determine regulamentariamente, e sen que en ningún caso a realización de tal actividade privada poida compromete-la imparcialidade ou independencia da súa función ou impedir e menoscaba-lo estricto cumprimento dos seus deberes ou prexudica-los intereses xerais. ------ Folla: 87,88 6.3664.- SOLICITUDES DE CONSOLIDACIÓN DE COMPLEMENTO DE DESTINO A FUNCIONARIOS PROVINCIAIS Sr. Presidente.- Punto número seis. Solicitudes de consolidación de complemento de destino a funcionarios provinciales. ¿Intervenciones?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, moitas gracias. Estamos ante un tema absolutamente legal, segundo a Lei de Bases da Función Pública. Se un funcionario está nun posto de traballo e o complemento de destino é máis elevado durante dous anos, pois consolida estes dous grados no seu complemento de destino; pero, claro, eso xa se sabía antes, cando se dá unha comisión de servicios a Auxiliares para que desenvolvan postos de ATS ou de Asistente Social, polo tanto eso o normal era ou ben convocalas por promoción interna ou ben contratar, e non agardar a que pasaran os dous anos e agora ter que consolida-lo destino, ou sexa que, por este procedenlento podémonos topar con que grande cantidade de funcionarios que desempeñan unha función teñen un complemento de destino máis elevado vía de darlle antes comisión de servicios ou cousas semellantes. Nós desde logo, en canto á legalidade da aplicación non temos ningunha dúbida; agora, a orixe do problema son decisións que tomaron vostedes no seu momento e polo tanto vámonos a abster. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. López Freire. Sr. López Freire.- Sr. Presidente, el Grupo Socialista se va a abstener en este punto porque al contrario de la intervención anterior, el Grupo Socialista sigue manteniendo sus dudas sobre la legalidad, no en cuanto al cumplimiento de la normativa de que si se está cumpliendo servicios con un grado superior se puede consolidar, sino en el tiempo de dedicación de esta persona. De todas formas se va a abstener en el tema porque además existe un condicionante: en el momento en que se dio la comisión de servicios, si superaba los dos años perdía su puesto en la Diputación Provincial. Eso venía en la concesión que se le dio de comisión de servicios; en cuanto pasaron los dos años de prestar servicios, en la Diputación Provincial su plaza estaba disponible. A pesar de eso, la documentación aportada al primer Pleno, donde fue retirado por la Presidencia a petición de este grupo, no coincide con la documentación que hemos solicitado y que se nos ha presentado últimamente, por lo tanto nos vamos a abstener y en su momento haremos la intervención correspondiente en este tema. Sr. Presidente.- Muchas gracias. Sometemos a votación este punto del orden de día. ¿Sometemos uno a uno o los dos en conjunto?. Los dos en conjunto, no hay ninguna objeción. ¿Votos en contra?, no hay; ¿abstenciones?, el Grupo Socialista y el Sr. Mosquera; los demás votamos a favor. Queda aprobado por mayoría, muchas gracias. Resultando que en escrito de data 14-10-94 D. José Mª Rosón López, funcionario provincial, Administrativo de Admón. Xeral, adscrito ó Complexo Hospitalario, interesa a consolidación do complemento de destino nivel 20. Resultando que do 1-10-92 ó 1-3-93 o citado funcionario desempeñou o posto de traballo de Xefe de Negociado de Compras no Hospital Provincial con devengo das retribucións complemetarias correspondentes a dito posto. Resultando que do 1-3-93 ó 1-10-94 desempeñou en comisión de servicios o cargo de Xefe de Compras no Hospital Psiquiátrico de Conxo, dependente do SERGAS, dotado de complemento de destino nivel 25. Considerando que de conformidade co art. 25.2 do R.D. 28/90, de 15 de xaneiro, os funcionarios que obteñan un posto de traballo superior en máis de dous niveis ó correspondente o seu grado persoal, consolidarán cada dous anos de servicios continuados o grado superior en dous niveis ó que posuísen sen que en ningún caso poidan supera ó correspondente ó grado desempeñado. Considerando que cando un funcionario obteña destino de nivel superior ó do grado que se encontra en proceso de consolidación, o tempo de servicios prestados naquel será computado a petición do interesado para a referida consolidación. Con fundamento no art. 25.3 do R.D. 28/90, de 15 de xaneiro, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Réxime Interior acorda por maioría, coas abstencións do PSOE e do BNG e o voto a favor do PP, concede-la consolidación do complemento de destino nivel 20 a D. José Mª Rosón López, Administrativo de Admón. Xeral do Complexo Hospitalario, por importe de CINCUENTA E SEIS MIL CINCOCENTAS SESENTA E TRES PESETAS (56.563) mes, fixándose como data de devengo de tales dereitos económicos o 1/10/94. Resultando que Dna. Pilar Vázquez Fouce e Dna. Mª Josefa Rodríguez Moreira, funcionarias provinciais coa categoría de Auxiliar Psiquiátrico, adscritas ÓS Servicios de Saúde Mental "O Rebullón", interesan a consolidación do complemento de destino nivel 20. Resultando que o Pleno da Corporación Provincial en sesión celebrado o día 25-02-91 decidiu, por razóns de urxencia e imperiosa necesidade, conferir unha comisión de servicios de carácter temporal ata o 31 de maio de 1991 a Dna. Pilar Vázquez Fouce e Dna. Josefa Rodríguez Moreira, ó ostentar titulación suficiente para desempeña-los postos de traballo de ATS e Asistente Social, respectivamente, nos Servicios de Saúde Mental "O Rebullón", con efectos 1-6-90, sendo ésta prorrogada por R.P. de data 21-5-91 ata o 31-5-92. Resultando que, ó persisti-las mesmas razóns que motivaron a anterior comisión de servicio, o Pleno da Corporación Provincial, en sesión celebrada o día 29-7-92, acordou adscribir con carácter temporal ás citadas funcionarias ós mesmos postos de traballo de ATS e Asistente Social. Considerando que as interesadas ó desempeñar do 01-06-90 ó 31-07-94 un posto de traballo dotado cun complemento de destino nivel 20, teñen dereito a consolidar por cada dous anos de servicios continuados o grado superior en dous niveis ó que posuísen no seu anterior posto de traballo de Auxiliar Psiquiátrico (nivel 16). Considerando que o posto de traballo de Auxiliar Psiquiátrico pertence ó Grupo D e de conformidade co art. 25 do R.D. 2617/85, de 9 de decembro, os funcionarios poden consolida-los grados persoais en atención ó grupo en que se atopa clasificado o seu Corpo ou Escala, dentro dos límites mínimos e máximos previstos neste Real Decreto. Considerando que o nivel máximo de Complemento de Destino do Grupo D é o 18, consonte ó establecido no art. 25.5 da Lei 28/90 e no art. 3 do R.D. 861/86, de 25 de

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición