ATOPO
Rexistros actuais: 1.619.227
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

Acta de sesión 1996/03/29_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.18.810/1.1996-03-29_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 1996/03/29_Ordinaria

  • Data(s) 1996-03-29 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 101,102 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 29 de marzo de 1996 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vintenove de marzo de mil novecentos noventa e seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse os Sres./as Deputados/as, D. Xosé Ramón Abal Varela, Dona Carmen Avendaño Otero, D. Adolfo Campos Panadeiros, Dona Ramona Castaño López, D. Xosé Costa Díaz, D. Xosé Manuel Chapela Seijo, D. Miguel Domínguez Vaz, D. José Luis Fernández Lorenzo, Dona Carmen Ferro Carballo, D. Lino Fontán Mariño, Dona Ana Gandón Menduíña, D. Baltasar García García, D. Emilio González Iglesias, D. Oswaldo Lino González Pereira, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. Mario López Martínez, D. Rafael Louzán Abal, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Julio Pedrosa Vicente, D. Amado Ricón Virulegio, D. Ramón Sestelo Fernández, D. Santiago Tirado Serén, D. Pablo Vázquez Caride e D. Manuel Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten os Sres. Deputados, D. Xosé Manuel Barros González nin D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, que excusan a súa falta de asistencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Imos dar comezo a sesión ordinaria do Pleno desta Excma. Deputación correspondente ó mes de marzo. 1.3879.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día, aprobación do borrador da acta da anterior sesión ordinaria do día 23 de febreiro de 1996. ¿Hai algunha alegación á acta correspondente a esa sesión?. Apróbase por unanimidade. Apróbase por unanimidade a acta correspondente á sesión do día 23 de febreiro de 1996. O Pleno, acorda por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 23 de febreiro de 1996. ------ Folla: 102,104 2.3880.- BASES DE AXUDA Á FLOTA ARTESANAL E DE BAIXURA Sr. Presidente.- Segundo punto da orde do día, Bases de axuda á flota artesanal e de baixura. Intervencións. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver. O Grupo Socialista, independentemente de que nos pareza unha axuda moi pequeniña, estamos falando de 15.000.000 de pesetas, entendemos que por moi pequena que sexa a axuda, esta Institución debería buscar fórmulas de multiplicar esa axuda; é dicir, nós entendemos que aínda que vaiamos a aprobar hoxe estas bases e esta fórmula, de cara a próximos exercicios plantexaríamos que esto se fixera mediante un convenio coa Comunidade Autónoma para evitar fórmulas ás que hai que ir en función de informes que aparecen no expediente da Dirección Xeral de Pesca., Por exemplo, na Base IV, apartado d, unha das condicións que se pon é a declaración xurada das axudas económicas solicitadas ou concedidas as persoas que vaian a solicita-las axudas. Pero como dicía antes, no mesmo expediente hai un escrito da Dirección Xeral de Pesca que di que deberán remitirse a relación de solicitudes e a relación de adxudicatarios finais co fin de non incumpri-los límites impostos para este tipo de axudas. Entón, tanto esto coma outra cousa que parece na Base V, apartado 4º, que di que estas axudas serán compatibles con outras que cos mesmos obxectivos estableza a Administración nós plantexamos, de cara a próximos exercicios, que para non ter que aparecer eses escritos e estar corrixindo sobre a marcha cousas, que esto se faga vía convenio coa Administración Autonómica e que eso permita que a cantidade sexa non de 15.000.000 de pesetas, que nos parece unha cantidade practicamente ridícula, senón bastante máis alta. Sra. Gandón Menduíña.- Si, vamos a ver. Nós presentamos aquí unhas emendas, que logo paso o papel por escrito, pero en todo caso, ¿xa o teñen, non?, me di aquí César que xa está entregado, bueno. En todo caso enuméroas agora brevemente. En primeiro lugar relativo ó prazo, se fala de obras realizadas no ano 95. Nos plantexamos que se plantexen tamén as realizadas no 96, feitas antes de que se remate o prazo previsto nas Bases. Eso é na Base III, apartado 3. Na Base IV, 1, no apartado f), engadir un apartado que fai referencia á necesidade de certificado de despacho de embarcación durante os dous últimos anos, pois engadir que se por motivo de enfermidade non pudera telo feito que bastara con acompañar un certificado do Instituto Social da Marina. E por último, o que xa plantexamos na Comisión, de que as Bases sexan redactadas en galego. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Fontán Mariño.- Ó Portavoz do PSOE lle quero comunicar que na próxima sesión se traerá xa o convenio firmado coa Comunidade Autónoma. Todo se fará con relación porque son axudas que van paralelas ó funcionamento da Autonomía. Tamén estamos de acordo que é unha pequena axuda que debía ser máis inversión. Cremos que nos futuros exercicios se poderá facer con máis inversión. Non creo que haxa problema de traelo como convenio porque van facer tamén unha axuda ás cofradías o cal vai firmado en convenio coa Xunta, porque así a mesma Lei o contempla. O convenio coa Xunta estao redactando a Xunta e esperemos que no próximo Pleno xa o poidamos traer. No referente ó Portavoz do BNG lle quero dicir que foi un erro o que pon 95 e é 96. Despois no punto f) criticar que xa na libreta dos mariñeiros teñen que poñer os movementos que teñen nos últimos anos, se foron embarcados ou non foron e con eso é suficiente. Se estivo embarcado nunha embarcación ou deixou de traballar por estar enrolado nun barco se lle contempla, porque xa ese é un expediente que o teñen as autoridades da Marina. Despois, no apartado i), tamén non se lle pide a xustificación do Rexistro Mercantil, como di que é unha cousa que vale 3.000 pesetas e tal, non se lle contempla eso. E, despois, de que as Bases estean redactadas en galego, xa están redactadas en galego. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias. Ten a palabra D. Emilio González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, simplemente para dicir que nós plantexábamos en próximos exercicios, porque entendíamos que cando vostedes traen esto coma un punto da orde do día para facer sen convenio este ano, que sería difícil de conseguir para este ano. O que pasa é que se nos garantizan, se nos asegura o Presidente da Comisión que na próxima sesión ordinaria ou na seguinte se trae o texto do convenio, entón o que xa parece absurdo é hoxe tratar este tema cando pode haber un convenio dentro dun mes. Parecería máis lóxico que aparecese xa o texto do convenio definitivo con este tema incluído, é dicir, non parece moi razonable que se trate agora. E noutra orde de cousas, das tres emendas plantexadas polo BNG estamos de acordo con elas, home se a segunda coa aclaración do Deputado do Partido Popular chega pois tamén nos valería. Sr. Presidente.- Gracias. Procedemos á votación da emenda proposta polo grupo do Bloque Nacionalista Galego. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase a emenda do grupo nacionalista galego por unanimidade. Procedemos a continuación á votación das Bases de axuda á flota artesanal e de baixura coa emenda aprobada anteriormente. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade dos tres grupos as Bases de axuda á flota artesanal e de baixura. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños, o Pleno acorda por unanimidade, aproba-las bases de axuda á flota artesanal e de baixura, que son as seguintes, coa inclusión da emenda proposta polo BNG: BASES DE AXUDA Á FLOTA ARTESANAL E DE BAIXURA PRIMEIRA. Obxecto: Subvención de inversións realizadas para a construcción ou mellora de embarcacións con eslora comprendida entre 5 e 7 metros entre perpendiculares (Epp), dedicadas á pesca artesanal e de baixura, con base en portos da provincia de Pontevedra. Neste programa outorgaranse axudas económicas ata un total inicial de QUINCE MILLÓNS DE PESETAS (15.000.000), quedando facultado o Ilmo. Sr. Presidente ou órgano competente desta Excma. Deputación para a súa concesión na contía que se propoña pola Comisión correspondente. SEGUNDA. Tipos de inversións que poderán acceder a unha axuda: 2.1.- Poderase subvenciona-la construcción de embarcacións de pesca con eslora comprendida entre 5 e 7 metros entre perpendiculares (Epp), así como a realización de obras de transformación e modernización, e equipamento que supoñan unha evidente mellora tecnolóxica. 2.2.- As axudas económicas solicitadas para as inversións reseñadas no apartado 2.1, poderán acadar como máximo ata o 50% das inversións para as que se solicitan. TERCEIRA. Beneficiarios: 3.1.- Poderán solicita-las axudas os mariñeiros profesionais, e persoas xurídicas, con domicilio social e fiscal na provincia de Pontevedra, que acrediten a titularidade da embarcación para a que se solicita a axuda. 3.2.- Se se trata de equipamento ou mellora de embarcacións, estas deberán estar inscritas no censo correspondente, o que se xustificará documentalmente. 3.3.- As axudas corresponderán a inversións realizadas no presente exercicio económico de 1996. 3.4.- Os límites mínimo e máximo das inversións, sobre as que se aplicarán as axudas, serán de CEN MIL PESETAS (100.000) e OITOCENTAS MIL PESETAS (800.000), respectivamente. 3.5.- Os beneficiarios de axudas non poderán transferi-la propiedade das embarcacións nun prazo de cinco anos, salvo autorización expresa desta Deputación. CUARTA. Presentación de solicitudes: 4.1.- As solicitudes de axudas virán acompañadas da seguinte documentación: a) Presuposto da inversión. b) Informe favorable expedido pola Cofradía de Pescadores ou organización Profesional á que pertenzan, no que se faga constar (1) a súa profesionalidade, (2) que reune os requisitos necesarios en canto a certificados e titulacións, e (3) que a embarcación se atopa incluída no último Censo realizado pola Administración Autonómica. c) Autorización de construcción, ou xustificante de te-la en trámite, para o caso de novas construccións, ou de transformación se é este o obxecto da axuda solicitada. d) Declaración xurada das axudas económicas solicitadas e/ou concedidas a/por outras Administracións Públicas con este mesmo fin. e) Fotocopia compulsada do DNI. f) Certificado da Autoridade de Mariña de despacho da embarcación durante os dous últimos anos, así como de enrolamento do solicitante durante o mesmo período. g) Declaración de compromiso de non transferi-la propiedade da embarcación, nin de presentala como baixa para acceder a unha nova construcción, nun prazo de cinco anos, caso de resultar beneficiario destas axudas. h) Fotocopias compulsadas da Folla de Asento e Folla de Características do Rol. i) Xustificación suficiente de ser propietario ou armador da embarcación. No Rexistro da Excma. Deputación poderán retirarse modelos de solicitude, declaración xurada de axudas económicas e non transferencia da embarcación. QUINTA. Valoración do proxecto: 5.1.- Os proxectos serán valorados polo órgano competente da Deputación unha vez vistos os informes correspondentes. 5.2.- Aprobada-las axudas, previos os informes favorables da Intervención Provincial, estas serán aboadas ós solicitantes previa xustificación da inversión. 5.3.- Se a mellora a realizar unha embarcación supón unha inversión superior ó 50% do valor dunha embarcación nova e do mesmo tipo, queda excluída da axuda financeira. 5.4.- Estas axudas serán incompatibles con outras que cos mesmos obxectivos estableza a Administración. SEXTA. Prazo de presentación: 6.1.- Concédese un prazo de sesenta (60) días naturais a partir da publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia para presenta-las solicitudes correspondentes. ------ Folla: 104,107 3.3881.- BASES E AXUDAS ECONÓMICAS A CONCELLOS PARA ADAPTACIÓN DE MATADEIROS E ADECUACIÓN DE MERCADOS DE ABASTOS Sr. Presidente.- Pasamos ó terceiro punto da orde do día, Bases e axudas económicas a Concellos para adaptación de matadeiros e adecuación de mercados de abastos. Ten a palabra o Sr. Deputado D. Emilio González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Bueno, vamos a ver. Estamos na mesma situación que en moitas das axudas que contempla esta Institución e na maior parte das Bases. Bueno, primeiro, que estamos ante unha cantidade global para os dous temas de 19.300.000 pesetas, cantidade que parece a máis ridícula de todas porque mercados de abastos nesta provincia hai máis de 50. A outra parte da dotación é para matadeiros que solicitaran a excepcionalidade, me parece que deben ser moi pouquiños dentro desta provincia. De tódolos xeitos vamos a referirnos fundamentalmente ó primeiro apartado que é o apartado de mercados de abastos. Primeiro, como dicía antes, nos parece unha cantidade absolutamente ridícula; segundo, sigue habendo neste tema tamén unha liña de subvencións da Consellería e nós entendemos que tanto neste tema coma en moitos outros é unha cousa que levamos dicindo desde sempre, son temas que a Deputación debe convenir co Goberno Autónomo, e máis cando o único que ten a Deputación son cantidades tan ridículas como estas. Pero esto nos levaría por suposto tamén a que os Alcaldes non tiveran que mentir para acollerse a estas bases e digo que mentir porque se está propiciando dende estas bases sempre, dise informe do Alcalde de que non solicitou ou obtivo subvencións e cousas deste tipo; é dicir, miren póñanse de acordo xa dunha vez co Goberno Autónomo, fagan este tipo de cousas vía convenio, eviten así duplicidades de subvencións, é dicir, os Concellos que accedan por unha sóa vía ás subvencións aínda que se sumen os cartos das dúas Institucións. O que non pode ser o que non é de recibo é que se estean mantendo cantidades como dicía tan ridículas como esta de 19.300.000 pesetas e o que é máis grave de todos estes temas é que analizando en profundidade as bases non hai ningún elemento obxectivo para a concesión das subvencións. O cal quere dicir que, como sempre ocurre, as bases desta Institución son tan abertas, tan abertas, que ó final teñen tanto dereito todos que loxicamente se reparte cun criterio que non se coñece. Polo tanto nós non podemos refrendar este tipo de cousas e vamos a votalas en contra. Sr. Presidente.- Gracias. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. O enfoque deste tema é vello nesta casa, este tipo de bases. Non vou a reitera-los argumentos que fixo o Sr. González, que son absolutamente correctos e reiterativos doutras veces, e o que si vou a referirme é a base II, moi na liña da última parte da súa intervención, na que ó haber poucos cartos, supoño que non sei se hai compromisos ou non hai, pero non se permite tan sequera que pase por Comisión, cousa que si se fai pois por exemplo coas anteriores da flota artesanal ou con outras que veñen despois, ou sexa que hai poucos cartos para repartir para o fin que se pretende e o procedemento de reparto vai ser absolutamente sisado, a ningún órgano colexiado no que estean presentes Deputados da oposición, non. Entón non podemos acepta-las bases tal como están, vamos votar en contra, salvo que se variara esa base II, propoñendo que o reparto fora a proposta da Comisión Informativa correspondente, que nese caso pois estudiaríamos o sentido do voto. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Parécenos positiva a suxerencia que fai o Partido Socialista no senso de que posto que efectivamente a cantidade non é importante, bueno, entendemos que é positivo no senso de poder sumar diríamos, as axudas que tanto pola Consellería de Sanidade como pola Consellería de Agricultura pode haber neste sentido. Indudablemente este ano non vai ser así, pero pensamos que é unha aportación positiva e se para o ano existe ese capítulo procuraremos neste sentido convenir con todas aquelas Consellerías da Xunta de Galicia que efectivamente aporten diñeiro para este fin. En canto á observación do Bloque Nacionalista Galego eu non entendín exactamente con precisión o que quere propoñer. Si efectivamente as axudas por este concepto está planteando que pasen por Comisión para face-la proposta correspondente ou pasen por Comisión para a información correspondente. Eu pedíalle que o aclarara. Sr. Mosquera Lorenzo.- Mire, nas bases anteriores, nas da flota de baixura, di: "o órgano competente dará a concesión da contía que se propoña pola Comisión correspondente", unha redacción deste tipo. Sr. Presidente.- Eu podo aceptar e paréceme normal que se engada, bueno neste caso está en castelán, vou ler en castelán polo tanto: "la ayuda económica a conceder nunca será superior al 50% del costo de las obras y su concesión se hará de acuerdo con las bases de ejecución del Presupuesto 1996, previo informe de la Comisión correspondiente". ¿Vale?. Quedaría entón a base como segue, base II: la ayuda económica a conceder nunca será superior al 50% del costo de las obras y su concesión se hará de acuerdo con las bases de ejecución del Presupuesto de 1996, previo informe de la Comisión correspondiente. Procedemos polo tanto á votación do punto 3, Bases e axudas económicas a Concellos para adaptación de Matadeiros e adecuación de Mercados de Abastos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase co voto do Partido Popular, abstención del BNG y en contra el Partido Socialista. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Agricultura, o Pleno acorda por maioría de votos do Grupo Popular, a abstención do BNG e o voto en contra do Grupo Socialista, aproba-las bases de axudas económicas a Concellos para a adaptación de matadeiros e adecuación de mercados de abastos, que son as seguintes: BASES DE AXUDAS ECONÓMICAS A CONCELLOS PARA A ADAPTACIÓN DE MATADEIROS Á NORMATIVA COMUNITARIA E QUE TEÑAN SOLICITADA A EXCEPCIÓN PERMANENTE E PARA CONSTRUCCIÓN E ADECUACIÓN DE MERCADOS DE ABASTOS PRIMEIRA.- Neste programa outorgaranse axudas económicas ata un total inicial de DEZANOVE MILLÓNS TRESCENTAS MIL PESETAS (19.300.000), para o presente exercicio 1996. SEGUNDA.- A axuda económica a conceder nunca será superior ó 50% do custe das obras e a súa concesión farase de acordo coas Bases de Execución do Presuposto 1996, previo informe da Comisión correspondente. TERCEIRA.- As instancias serán dirixidas ó Presidente da Excma. Deputación Provincial, irán acompañadas da seguinte documentación, no caso de adaptación de novos matadeiros. a) Proxecto (de non ser necesario, memoria, planos e presuposto). b) Informe do Sr. Alcalde no que conste se obtivo ou solicitou axudas para as mesmas obras ou instalacións e contía en relación co presuposto total. c) Certificado de ter solicitada a excepción permanente. d) Copia certificada con acordo do órgano competente do Concello, pola que se determina a obra e solicitude de subvención para a súa realización. e) Certificación das axudas económicas solicitadas e/ou concedidas por outras Administracións Públicas para este fin. No caso de mercados a documentación a presentar será a especificada coas letras a), b), d) e e), respectivamente. CUARTA.- As subvencións suxeitas á presente convocatoria poderán solicitarse desde o momento da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia ata que transcorra un mes. QUINTA.- Unha vez concedida a axuda o pagamento da mesma efectuarase previa acreditación de estar ó corrente das obrigas con esta Deputación e previa xustificación da inversión. SEXTA.- A xustificación de execución das obras, que se acompaña a estas bases de axuda ós municipios, realizarase previa a presentación dos seguintes documentos. 1.- Certificación da obra debidamente dilixenciada. 2.- Acordo de aprobación da mesma. 3.- Acordo de adxudicación e contrato, se se trata da primeira certificación. 4.- Acta de recepción provisoria debidamente cumprimentada se se trata da última certificación. 5.- Informe dos técnicos provinciais correspondentes ó obxecto de comproba-la realidade da inversión e que a obra executada se axusta ó previsto no proxecto. No caso de que as obras foran realizadas por administración: 1.- A certificación da obra expresará o número de unidades de obras e o seu valor unitario, cos prezos descompostos das mesmas. 2.- O número de xornais do persoal laboral e prezo unitario. 3.- A certificación será asinada polo técnico municipal encargado da obra. 4.- Na primeira certificación figurará acordo de que a obra se realizará por administración. 5.- Na última certificación esixirase informe dos técnicos da Deputación provincial acreditativa da realidade da inversión e que a obra realizada se axusta ó proxecto. 6.- Custe de persoal: - Copia certificada das nóminas do persoal laboral empregado nas obras. - Certificado do técnico director acreditativo de que o persoal que se cita no apartado anterior foi empregado na obra. - Copia certificada dos TC-1 e TC-2 do persoal laboral empregado nas obras. 7.- Subministros e servicios: A participación dos subministros e servicios que sexan necesarios para a execución das obras farase mediante factura orixinal ou duplicado cos requisitos que lle dean validez. Cando se contrate parte das obras, esixirase na factura ou certificación o recibido e conforme do técnico municipal encargado da obra e que o material foi empregado na obra. SÉTIMA.- A documentación a que se refire a Base anterior debe reflexa-la realidade da obra executada, sendo imprescindible que a obra executada sexa a subvencionada. Se por calquera circunstancia o valor da obra executada resulta inferior ó importe da solicitude, a subvención da Excma. Deputación, experimentará a reducción porcentual correspondente. OITAVA.- As obras que se acollan a estas axudas deben estar rematadas e xustificadas antes do 20 de decembro do ano 1996. No caso que non estiveran realizada, deberá pedirse a prórroga correspondente, adxuntando as causas do retraso, quedando facultado o Ilmo. Sr. Presidente para a concesión da prórroga. NOVENA.- O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable, poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e á devolución no seu caso das cantidades percibidas en concepto de axuda económica. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei 30/92. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. ------ Folla: 107,110 4.3882.- BASES DE AXUDAS A CORPORACIÓNS LOCAIS PARA DOTACIÓN DE SERVICIOS BÁSICOS A PRAIAS Sr. Presidente.- Pasamos o cuarto punto da orde do día, Bases de axudas a Corporacións Locais para dotación de servizos básicos a praias. Ten a palabra o Deputado D. Efrén Juanes Rodríguez. Sr. Juanes Rodríguez.- Si, vamos a ver. A un sempre lle gusta que aínda que sexa un pouco tarde pois que lle dea a razón ou que lle digan que estaba no camiño adecuado. Xa o Partido Socialista presentara unha emenda nese sentido ós Presupostos, non. Á parte que é coincidente a cantidade aínda que a cuestión da cantidade será cuestión de aclarar, porque si dixo o Sr. Chapela en Comisión que eran cen millóns para esto pero polo que se desprende do expediente que estaba la Sala de Comisións hai 117.000.000 para esto e 117.000.000 para o das bases do tema seguinte, que é o das bases de resíduos sólidos, ogallá fora así pero eu creo que é un erro que sería conveniente aclarar. En vista deso, nós xa fixeramos fincapé neste tema cunha moción, que se presentou no seu momento e cunha emenda ós Presupostos, creo que incluso a cantidade é coincidente da emenda, que eran cen millóns de pesetas. E en vista de que as bases aínda que loxicamente son mellorables nós cremos que son as bases asumibles agora mesmo polo Grupo Socialista, non vamos a votar en contra, pero quixeramos facerlle dúas ou tres matizacións que creo que serían facilmente asumibles. A primeira é case case cuestión de anécdota. Aquí cando se fala de que servicio controlará as subvencións, se fala do Servicio Agrario. Eu non sei se hai, é que nuns sitios se fala de Servicio Agrario e noutros de Sección de Medio Ambiente do Servicio Agrario, é que non sei, penso que é Sección de Medio Ambiente, se non a hai sería conveniente que se creara, porque o Servicio Agrario non sei, é un pouco chocante que nun tema de praias sexa o Servicio Agrario quen controle, quen controle e quen valore no seu momento as peticións que cheguen. Xa digo, é un pouco cuestión máis que nada de anécdota. Despois nas condicións e selección de solicitudes, fala de importancia turística do Concello, número de usuarios das praias, praias que presenten candidatura para obtención da bandeira azul da CEE. Eu tamén incluiría aquelas praias que teñan máis déficit de servizos e tamén tería moi en conta a extensión das propias praias, dentro deses criterios para valorar a quen lle damos e a quen non lle damos a subvención. E bueno, despois aplaudo de que sexa a Comisión de Medio Ambiente a que propoña absolutamente tódalas peticións que cheguen aquí coa valoración correspondente do Servicio. Ou sexa, que salvo esas matizacións dicir que o Grupo Socialista aplaude a idea, que votaremos a favor destas bases e se se teñen en conta estas suxerencias apuntadas pois mellor que mellor. Gracias. Sr. Presidente.- Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moi breve dado que é unha demanda xa antigua volver a contar cun plan deste tipo, que agora se recupera afortunadamente, dado que as bases á parte que sexan mellorables en moitos puntos ou non mellorables, creo que son do mellor ou do menos malo que se ten feito nesta Deputación e dado que hai unha garantía de transparencia na concesión e na valoración incluso dos méritos que recollen as propias bases a través de que pasa por Comisión Informativa que é un dos cabalos de batalla, que a ver se se gaña definitivamente e amaina certos roces formais que non ten por que haber. Que eso o consideramos moi positivo, que pase por Comisión, que se participe no reparto e que polo menos nos informemos, pois vamos votar a favor. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Ten a palabra o Sr. Chapela. Sr. Chapela Seijo.- Si, simplemente para agradecer o apoio dos partidos políticos do BNG e do PSOE e indicar de que vamos a recoller, solicito ó Presidente que se recolla a proposta feita polo Voceiro do Partido Socialista eses dous criterios adicionais que indicou o Portavoz do Partido Socialista, ou sexa, a carencia de infraestructuras das praias e extensión das praias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Chapela. Recóllense polo tanto e incorporaranse ás bases as aportacións do Partido Socialista. Procedemos polo tanto á votación do cuarto punto. Bases de axudas a Corporacións Locais para dotación de servizos básicos a praias. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Urbanismo, Vivenda e Medio Ambiente, o Pleno acorda por unanimidade, aproba-las seguintes bases: BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS A ENTIDADES LOCAIS PARA A DOTACIÓN DE SERVICIOS BÁSICOS A PRAIAS 1.- PRINCIPIOS XERAIS A provincia de Pontevedra posúe unha situación xeográfica privilexiada cun número elevado de praias tanto marítimas coma fluviais que fai que a afluencia turística en época estival sexa moi elevada. En moitos casos as infraestructuras e mailas instalacións destas praias non evolucionaron adecuadamente para adaptarse a ese incremento de usuarios e polo tanto non están á altura dos requerimentos precisos. Para mante-las praias e o seu contorno nas debidas condicións de limpeza e seguridade, e consciente das dificultades dos Concellos para facer frente a estes problemas, a Deputación Provincial intervirá establecendo unha serie de axudas para dotar de servizos básicos ás praias. 2.- OBXECTIVO DA CONVOCATORIA Constitúe obxecto das presentes Bases defini-lo conxunto de condicións e mailo proceso a seguir para a concesión de subvencións que outorga a Deputación Provincial de Pontevedra, consonte coas consignacións para tal fin na partida presupostaria 711-711-762.82 co fin de dotar de servizos básicos ás praias e o seu contorno, partida que poderá ser complementada ou suplementada co crédito que cumpra. 3.- ACTUACIÓNS SUSCEPTIBLES DE AXUDAS E CONTÍA DA SUBVENCIÓN 3.1.- Serán obxecto de axudas os investimentos realizados en equipamentos para mante-las praias nas debidas condicións de hixiene e seguridade, papeleiras e colectores, duchas, puntos de auga potable, torres de vixiancia, megafonía para advertencia de perigo, balizaxe para separación de zonas de baño, sinalización axeitada de servizos básicos e accesos e demais equipamentos precisos para ese fin que non estean especificados nestas Bases. Debido ás limitacións presupostarias e para poder atende-las demandas do maior número de solicitantes, non se subvencionarán en ningún caso os gastos de persoal nin os investimentos en maquinaria de limpeza. 3.2.- A contía da subvención será ata un máximo do 50% do presuposto. 4.- BENEFICIARIOS Poderá solicita-la subvención calquera Concello con praias que estean habitualmente frecuentadas en época estival e que carezan dos servicios especificados no punto anterior ou desexen melloralos para poder presenta-la candidatura para a obtención da Bandeira Azul da CEE. 5.- FORMALIZACIÓN DE SOLICITUDES 5.1.- As solicitudes asinadas polo Alcalde do Concello solicitante dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, achegándolle a seguinte documentación: a) Memoria explicativa e desmiuzada das actuacións previstas, obxectivos a acadar e calendario de execución. Na memoria debe figura-lo nome e máis a extensión das praias obxecto da actuación e, no caso de ser posible, acompañada do plano correspondente. b) Especificacións técnicas dos equipos dos que se prevea a súa adquisición. c) Presuposto analizado das actividades e equipos para os que se solicita a subvención. d) Certificado do acordo polo que a Corporación se acolle á subvención e se compromete a realiza-la actuación. e) Declaración expresa doutras subvencións solicitadas ou concedidas. 5.2.- O Servicio Agrario da Deputación Provincial poderá solicitar aclaracións ou ampliacións de información así como propor que se condicione a concesión da subvención á aceptación das modificacións que se establezan sobre a actuación proposta. 6.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES Os Concellos interesados disporán dun prazo de 30 días contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio, para presenta-las solicitudes ás que se refire o punto 5.1 no Rexistro Xeral da Deputación Provincial. 7.- CONDICIÓNS E SELECCIÓN DE SOLICITUDES 7.1.- Na presentación de solicitudes teranse en conta os seguintes criterios. - Importancia turística do Concello. - Número de usuarios das praias. - Praias que presenten candidatura para a obtención da Bandeira Azul da CEE. - Carencia de infraestructuras. - Extensións das praias. 7.2.- A sección de Medio Ambiente do Servicio Agrario examinará as peticións presentadas polos Concellos, valorando a necesidade e viabilidade das axudas solicitadas, e a Comisión Informativa de Urbanismo, Vivenda e Medio Ambiente trasladará a proposta para a súa aprobación polo órgano competente. 7.3.- Os Concellos beneficiarios deberán facer consta-la colaboración da Deputación Provincial en tódalas actividades que realicen. 8.- XUSTIFICACIÓN DE ABOO DE SUBVENCIÓNS 8.1.- Para recibi-las subvencións concedidas de acordo con estas Bases compre presentar directamente na Deputación Provincial os seguintes documentos: - Memoria detallada da actuación. - Escrito asinado polo Alcalde, dirixido ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación, solicitando que se efectúe a subvención, con indicación da contía e máis o concepto subvencionado e o número de conta corrente á que se teña que efectua-la transferencia. - Facturas orixinais ou fotocopia cotexada, e certificado acreditativo expedido polo Secretario de que as facturas que se presentan como xustificante foron aprobadas polo órgano de decisión correspondente. 8.2.- A documentación xustificativa á que fai referencia o punto anterior presentarase antes do fin do exercicio do ano 96. 8.3.- Estar ó corrente nas obrigas económicas coa Deputación. 9.- CONTROL E SEGUIMENTO DAS SUBVENCIÓNS Os servicios técnicos do Servicio Agrario da Deputación Provincial velarán polo cumprimento das condicións esixidas para a concesión das subvencións e pola correcta realización dos investimentos previstos, podendo para iso realiza-las inspeccións e comprobacións oportunas, así como solicita-la información que se considere precisa dos beneficiarios das axudas. ------ Folla: 110,113 5.3883.- BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS A ENTIDADES LOCAIS EN MATERIA DE XESTIÓN DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS Sr. Presidente.- Pasamos a debati-lo quinto punto da orde do día, Bases reguladoras das subvencións a entidades locais en materia de xestión de resíduos sólidos urbanos. ¿Algunha intervención?. Ten a palabra D. Baltasar García García. Sr. García García.- Mi intervención es para anunciarles que vamos a votar afirmativamente estas bases por las mismas razones anteriores, van a la Comisión, se puede dictaminar en la misma Comisión en que dirección se van a dar las subvenciones y por tanto nos parece que está dentro de la norma general. Lo que si nos parece es que es una cantidad pequeña porque si en la base anterior se le dan cien millones para esta quedarían diecisiete millones y hay muchos vertederos incontrolados en la provincia que requieren una intervención rápida para intentar de alguna forma que Galicia tenga un paisaje adecuado con la realidad paisajística que tiene, no lleno de vertederos, sobre todo vertederos incontrolados, que no conducen a ninguna parte. Por lo tanto, me parece que esta partida es insuficiente, pero en cuanto a las bases nos parecen correctas. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención máis?. Procedemos á votación do punto quinto, Bases reguladoras das subvencións a Entidades Locais en materia de xestión de resíduos sólidos urbanos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbanse por unanimidade dos tres grupos o punto quinto, bases reguladoras de subvencións a Entidades Locais en materia de xestión de resíduos sólidos urbanos. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Urbanismo, Vivenda e Medio Ambiente, o Pleno acorda por unanimidade, aproba-las seguintes bases: BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS A ENTIDADES LOCAIS EN MATERIA DE XESTIÓN DE RESÍDUOS SÓLIDOS URBANOS 1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA 1.1.- A Deputación de Pontevedra, consciente das dificultades dos Municipios para facer frente ós problemas do medio ambiente, abre esta convocatoria que ten por obxecto a concesión de axudas en materia de xestión de resíduos sólidos urbanos. 1.2.- As devanditas axudas poderán ser de dous tipos: - De carácter económico a través de subvencións outorgadas de acordo coa consignación correspondente con cargo á partida presupostaria 711-711-762.82 do Presuposto vixente. - De carácter técnico mediante a asistencia prestada polo Servicio correspondente da Deputación Provincial. 2.- ACTUACIÓNS SUSCEPTIBLES DE AXUDAS E CONTÍA DA SUBVENCIÓN 2.1.- Poderán ser obxecto das axudas previstas nestas Bases os investimentos realizados en colectores e maquinaria de limpeza vial así como a limpeza e clausura de vertedoiros incontrolados. Non se concederán axudas para a adquisición de equipos de recollida de resíduos (colectores) cando non se resolva previamente o tratamento ou destino axeitado dos mesmos. O mesmo acontecerá para o caso da limpeza dos vertedoiros incontrolados. 2.2.- A contía da subvención será ata un máximo do 50% do presuposto total. 3.- BENEFICIARIOS Poderá solicita-las axudas calquera Concello ou Mancomunidade da Provincia que inclúa entre os seus obxectivos a concreta xestión dos resíduos sólidos urbanos. No caso das axudas solicitadas para colectores e/ou maquinaria de limpeza, estas serán incompatibles con outras subvencións concedidas por entidades públicas ou privadas. 4.- FORMALIZACIÓN DE SOLICITUDES As solicitudes asinadas polos Alcaldes dos Concellos e polos Presidentes das Mancomunidades solicitantes dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra achegándolle a documentación seguinte: a) Memoria técnica descriptiva e proxecto de execución das obras a realizar con xustificación dos investimentos precisos, así como a idoneidade e viabilidade técnica e mais económica da actuación. Xunto coa memoria, débese acompañar un mapa de situación dos vertedoiros incontrolados existentes no Municipio, así como o volume de lixo a eliminar e o destino buscado para o mesmo. Este documento deberá asinalo o técnico municipal. b) Especificacións técnicas dos equipos que se prevea adquirir. c) Presuposto analizado das actividades a desenvolver e para as que se solicita a subvención. d) Certificación do acordo adoptado polo cal a Corporación se acolle á subvención e se compromete a realiza-la actuación. e) Declaración expresa doutras subvencións solicitadas ou concedidas. 5.- MELLORA DAS SOLICITUDES O Servicio Agrario da Deputación Provincial poderá solicitar aclaracións ou ampliacións de información, así como propor que se condicione a concesión á aceptación das modificacións que se establezan sobre a actuación proposta. 6.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES Aprobadas por esta Deputación Provincial as presentes Bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia. Os Concellos ou Mancomunidades interesados disporán dun prazo de 30 días, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio, para presenta-las correspondentes ás que se refire o punto 4 no Rexistro Xeral da Deputación Provincial. 7.- CONDICIÓNS E SELECCIÓN DE SOLICITUDES 7.1.- Na concesión de subvencións teranse en conta os seguintes criterios: - Gravidade do problema ambiental ou sanitario que se pretenda resolver. - A viabilidade técnica e máis económica das actuacións e o axeitamento das medidas a adoptar para evita-la contaminación no desenvolvemento da actividade. - Adecuación da actuación ós programas que formule a Xunta de Galicia en materia de resíduos sólidos urbanos, ás recomendacións da Unión Europea sobre Xestión de Resíduos e ó Plan Nacional de Resíduos. - A traxectoria, continuidade, estabilidade e dedicación demostrada pola Corporación solicitante en materia de medio ambiente. 7.2.- A sección de Medio Ambiente do Servicio Agrario examinará as peticións presentadas polos Concellos e máis a Comisión Informativa de Urbanismo, Vivenda e Medio Ambiente, dictaminando unha proposta coas solicitudes seleccionadas para a súa aprobación polo órgano competente. 7.3.- Os Concellos beneficiarios deberán facer consta-la colaboración da Deputación Provincial en tódalas actividades que realicen. 8.- XUSTIFICACIÓN E ABOO DE SUBVENCIÓNS 8.1.- Para recibi-las subvencións concedidas de acordo con estas Bases, é preciso presentar directamente na Deputación Provincial os seguintes documentos: - Memoria detallada da actividade realizada, acompañada da certificación das obras, que asinará o técnico municipal. - Escrito asinado polo Alcalde ou Presidente da Mancomunidade, dirixido ó Ilmo. Sr. Presidente, solicitando que se efectúe o pagamento da subvención, con indicación da contía, o concepto subvencionado e máis o número de conta corrente á que se teña que efectua-la transferencia. - Facturas orixinais ou fotocopias cotexadas e certificado acreditativo expedido polo Secretario de que as facturas que se presenten como xustificante foron aprobadas polo órgano de decisión correspondente. 8.2.- A documentación xustificativa á que fai referencia o punto anterior presentarase antes do fin do exercicio do ano 96. 8.3.- Estar ó corrente nas obrigas económicas coa Deputación. 9.- CONTROL E SEGUIMENTO Os servicios técnicos do Servicio Agrario da Deputación Provincial velarán polo cumprimento das condicións esixidas para a concesión das subvencións e pola correcta realización dos investimentos previstos, podendo para iso realiza-las inspeccións e comprobacións oportunas, así como solicita-la información que se considere precisa dos beneficiarios das axudas. No suposto de falsidade, inexactitude ou omisión nos datos subministrados para a solicitude de subvencións ou incumprimento das condicións na concesión producirase a perda da axuda. ------ Folla: 113,114 6.3884.- APROBACIÓN DEFINITIVA DO PLANO DA REDE VIARIA LOCAL RVL/1996 Sr. Presidente.- Pasamos a debati-lo sexto punto da orde do día, Aprobación definitiva do Plano da Rede Viaria Local/1996. Ten a palabra D. Emilio González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Ben, vamos a ver, o Grupo Socialista votou en contra da aprobación inicial e os motivos polos que votamos en contra seguen existindo, é dicir, nós levamos tempo plantexando e seguimos dicindo que antes de facer calquera tipo de actuación en vías provinciais hai que facer un mapa de carreteras provinciais, un plan de carreteras provinciais dunha vez, mentras non se faga vamos a seguir sostendo o mesmo criterio no voto. Sr. Presidente.- Gracias. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Toda variación que hai é que o Estado baixou a súa aportación nun millón e pico, o Plan é o mesmo e non creo que sexa asunto de reproduci-lo debate, de que non hai prioridades, todos son cachiños, vanse arranxando, son bacheos ampliados, un quilómetro, quilómetro e medio, etc., non resolve ningún problema serio, non ten ningún plan de futuro, non creo que vala a pena reproducilo. Vamos a manter en coherencia o voto en contra que tivemos na aprobación inicial. Sr. Presidente.- Gracias. Ten a palabra o Sr. Costa. Sr. Costa Díaz.- Gracias, Presidente. Bueno, como ben se dixo, efectivamente xa foi debatido no Pleno correspondente, simplemente face-la aclaración de que o Plan dalgunha maneira non sufre ningunha variación, hai esta baixa de 1.700.000 pesetas que o aporta a Deputación e só cambia na última obra o tanto por cento da aplicación, os demais quedan da mesma maneira e se o Presidente o estima oportuno pola miña parte non teño nada máis que dicir. Sr. Presidente.- Gracias. Procedemos á votación polo tanto do punto sexto, aprobación definitiva do Plano da Rede Viaria Local 1996. ¿Votos en contra?. ¿Abstención?. Non hai. ¿Votos a favor?. Apróbase cos votos do Partido Popular. En contra o resto dos grupos. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación, o Pleno acorda por maioría do Grupo Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG, aprobar definitivamente o Plano da Rede Viaria Local para 1996 á vista da subvención concedida polo Ministerio para as Administracións Públicas, notificada a esta Deputación a través do escrito 96/332/2.1 de 28-02-96, que ascende a CENTO VINTEDOUS MILLÓNS CATROCENTAS TRINTA MIL PESETAS (122.430.000), manténdose na súa totalidade o acordo 2.3821 de 24-11-95, agás o financiamento da obra nº 30, denominada: "Mellora C.P. Vilalonga - Roxique (Sanxenxo)" que por minoración da aportación total do Estado en UN MILLÓN SETECENTAS SETENTA MIL PESETAS (1.770.000), incrementa na mesma contía a Deputación, respetándose o presuposto inicial de CATRO MILLÓNS NOVECENTAS MIL PESETAS (4.900.000). Adxúntase listado por Concellos. O financiamento final queda como segue: Aportación do Estado 122.430.000 ptas. Aportación da Deputación 125.970.000 ptas. TOTAL 248.400.000 ptas. ------ Folla: 114,116 7.3885.- APROBACIÓN DEFINITIVA DO PLANO PROVINCIAL DE OBRAS E SERVICIOS POS/ 1996 Sr. Presidente.- Pasamos a debati-lo sétimo punto da orde do día, Aprobación definitiva do Plano Provincial de Obras e Servicios 1996. Ten a palabra o Deputado D. Emilio González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, no mesmo sentido, é dicir, o Grupo Socialista abstívose cando a aprobación inicial. Os argumentos, coma no punto anterior, seguen sendo os mesmos, é dicir, non estamos de acordo cos criterios de distribución dos cartos pero si recoñecemos que tódalas obras propostas polos Concellos son obras de infraestructura básica. Polo tanto, coas críticas que tamén fixemos no seu día, é dicir, que nos parecía que estes son para facer infraestructuras no rural e que había algún Concello, concretamente era o Concello de Vigo que plantexaba infraestructuras dentro do casco urbano da cidade. Con eso non estamos de acordo, pero no resto das obras si aparecen obras deste carácter, polo tanto mantémo-la abstención. De tódolos xeitos tamén comentarlle unha anécdota dentro desto e que por exemplo aparece algunha obra de mellora e reforma de mercados municipais, que solicitou algún Concello, que quedaría dalgún xeito ó non establecerse eses criterios que eu plantexaba no punto terceiro, quedaría invalidado para acceder a aquelas subvencións do punto tercerio. É dicir, penso que este tipo de cousas facéndoas doutro xeito non se darían. Mantémo-la abstención. Sr. Presidente.- Gracias. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias e moi brevemente. O Pleno así visto a orde do día parece moi gordo e despois na práctica é un Pleno de mero trámite e de cousas técnicas e consecuencia tamén da falta de competencias que ten este Pleno. A única variación que hai con respecto á aprobación inicial é que o MAP pon catorce millóns menos e pasa a poñer 233 e a Deputación suple eses catorce millóns e pasa a poñer 190, e os Concellos 285, non, mantense. E as razóns polas que votamos en contra no seu momento mantéñense absolutamente. Esta pequena variación non cambia. Houbo un cambio de criterio este ano por primeira vez, que a Deputación non aportou tanto coma o MAP; en consecuencia, gravou máis os Concellos e os criterios eses dos millóns fixos, etc., pois non os compartimos, como non variou nada non é cuestión de reproduci-lo debate. Naquel momento votamos en contra e seguimos votando en contra. Nada máis. Sr. Presidente.- Ten a palabra o Sr. Costa. Sr. Costa Díaz.- E con respecto a que o MAP aportou menos diñeiro que o que se lle pediu, pediuselle o 35% e aportou o 33%; pero si quero facer notar que aportou o 3% máis que viña aportando en anos anteriores, porque en anos anteriores estábaselle pedindo o 30% ás obras e este ano pedimos o 35 e, como ben se ve, deron o 33%, que dalgunha maneira son un 3% máis que a aportación que estaba presentando anos anteriores. Con respecto, tamén quero facer notar que neste punto da orde do día lévase unha proposición do Concello de Poio en relación ó cambio dunha obra para acudir ós remanentes que se produzan. Esto vén derivado a que en decembro do ano pasado as obras que pedía o Concello de Poio unha delas foi cunha Resolución da Presidencia e di que os remanentes producidos nesa obra pois se lle aplicaban. Quero facer notar que como se ve a Presidencia co compromiso que fixera das obras da aplicación dos remanentes estáas aplicando ós Concellos que pertencen e neste caso quero deixar ver que é o Concello de Poio. E con respecto a esto non teño nada máis que aclarar. Como ben se dixo antes están debatidos xa tódolos temas no Pleno anterior e pola miña parte nada máis. Sr. Presidente.- Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Dúas cousiñas, primeira, a porcentaxe fíxaa a Deputación e non o MAP. O MAP manda uns cartos coma se a Deputación o aplicara en cinco obras e puxera setenta, ese non é o problema. O MAP puxo catorce millóns menos sobre a previsión nosa, non pasa nada. E segundo, home desde logo é un índice de mentalidade, agardo que do Presidente non pero do que interviu si, que cando a Deputación resulta que a un Concello que non goberna o seu grupo, que non goberna o PP, lle dá algo de puro trámite que debe ser absolutamente razonable e trata de vendelo coma un grande éxito, home, simplemente un pouco pavero, pero nada máis, deixámolo que non creo, nin vén ó conto do caso nin tal. Bueno, pois, ¿que quere que lle dea as gracias ou que lle diga, home, por unha vez actuou con corrección, a ver exactamente que é o que quere que lle diga?. Sr. Costa Díaz.- Simplemente aclararlle esas dúbidas. Sr. Presidente.- Ben, está suficientemente debatido o tema como dixeron tódolos Portavoces, debatiuse no seu día, polo tanto vamos a proceder á votación do punto sétimo, aprobación definitiva do Plano Provincial de Obras e Servicios 1996. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase polo Partido Popular, abstención do PSOE e en contra o BNG. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación, o Pleno acorda por maioría do Grupo Popular, co voto en contra do BNG e a abstención do PSOE, aprobar definitivamente o Plano Provincial de Obras e Servicios para 1996, como consecuencia do escrito 96/332/2.1 da Dirección Xeral de Acción Económica Territorial, de data 28-02-96, polo que se nos comunica a subvención asignada a esta provincia para o referido Plano que ascende a DOUSCENTOS TRINTA E TRES MILLÓNS CINCUENTA MIL PESETAS (233.050.000), minorando a subvención solicitada en CATORCE MILLÓNS CENTO DEZANOVE MIL NOVECENTAS CORENTA E TRES PESETAS (14.119.943), que asume a Deputación, quedando o seu financiamento global como segue: Aportación do Estado 233.050.000 ptas. Aportación da Deputación 190.669.978 ptas. Aportación dos Concellos 282.479.955 ptas. TOTAL 706.199.933 ptas. Asemade, a petición do Concello de Ponteareas, increméntase a obra "Abastecemento augas Sector B (Guillade, etc.)" en CINCO MILLÓNS OITOCENTAS OITENTA E SETE MIL NOVECENTAS OITENTA PESETAS (5.887.980), anulándose a denominada: "Iluminación pública Sector B (Ginzo, etc.)" na mesma contía, en que estaba presupostada, incluída no mesmo Concello. Increméntase o presuposto da obra: "Pavimentación rúas en Nespereira e outras", en DOUS MILLÓNS CENTO CORENTA E UNHA MIL SEISCENTAS TRINTA E CINCO PESETAS (2.141.635), a petición do Concello de Pazos de Borbén, por anulación da obra: "Pavimentación rúas en Borbén", por non acada-lo presuposto de TRES MILLÓNS DE PESETAS (3.000.000). No Plano de Actuacións Complementarias, a petición do Concello de As Neves, cámbiase a obra: "Pavimentación rúas Capela - Ferral e Puntaleiras", polas obras: "Parque público Praza do Cruceiro", por importe de CINCO MILLÓNS OITOCENTAS OITENTA E DÚAS MIL DUASCENTAS TRINTA E SEIS PESETAS (5.882.236), e "Pavimentación calle Chan de Vide e Medáns", por importe de TRES MILLÓNS SETECENTAS SESENTA MIL DUASCENTAS CORENTA E DÚAS PESETAS (3.760.242). Así mesmo, acórdase, a solicitude do Concello de Poio, que con cargo ós remanentes da obra incluída no Plano, denominada: "Redes saneamento Raxó, Samieira, San Xoán e Combarro", financiada cos remanentes do POS/95, se propoña ó Ministerio para as Administracións Públicas a execución da obra: "Pavimentación rúas en Riodama (Samieira)" que figura no Plano de Actuacións Complementarias do ano 1996, no mesmo Concello de Poio. Adxúntase listado por Concellos, redondeando as cifras na obra nº 94 do Concello de Vigo do Plano Principal, e o Plano Complementario definitivo. Polo demais, mantense na súa integridade o acordo 3.3822, de 24-11-95. ------ Folla: 116 8.3886.- CAMBIO DE TRAZADO NA ESTRADA PROVINCIAL PO-5501 Ó SEU PASO POLO PARQUE EMPRESARIAL DE BUEU, SOLICITADO POR XESTUR Sr. Presidente.- Pasamos ó oitavo punto: Cambio de trazado na estrada provincial PO-5501 ó seu paso polo Parque Empresarial de Bueu, solicitado por XESTUR. ¿Algunha intervención?. Procedemos a súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. Vista a solicitude formulada por XESTUR PONTEVEDRA, SA. de modificación do trazado actual da C.P. PO-5501 o seu paso polo Parque Empresarial de Bueu, conforme á mellora que se contempla no Proxecto de Urbanización do referido parque empresarial, que vai a acometerse polo IGVS., sen que, por tanto, tales obras supoñan ningún custe para esta Excma. Deputación Provincial; e visto así mesmo o informe de 20 dos correntes, emitido polo Enxeñeiro Xefe de Vías e Obras, D. Rafael Llano de la Concha, estimando positiva tal modificación, toda vez que eliminaría varias curvas existentes, á vez que melloraría a sección actual de tal estrada, dotándoa nun futuro con 2 carrís de 3,5 m., 2 beiravías de 2,5 m. e un foxo de 1 metro, sen que o parque empresarial vaia a interferir no tráfico da referida estrada, por estar dotado nas súas parcelas de acceso desde o propio viario do recinto empresarial, o Pleno acorda por unanimidade, aproba-la modificación de trazado na C.P. PO-5501 ó seu paso polo Parque Empresarial de Bueu, solicitada por XESTUR PONTEVEDRA, SA. ------ Folla: 116,118 9.3887.- APROBACIÓN INICIAL E EXPOSICIÓN Ó PÚBLICO DE DIVERSOS PROXECTOS COMPRENDIDOS NO PROGRAMA OPERATIVO INTERREG II ESPAÑA-PORTUGAL. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN DE TERREOS [EXPROPIACIÓNS] E BENS AFECTADOS POLOS MESMOS Sr. Presidente.- Pasamos ó punto noveno: Aprobación inicial e exposición ó público de diversos proxectos comprendidos no Programa Operativo INTERREG II España-Portugal, solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación de terreos e bens afectados polos mesmos. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias, Sr. Presidente. Programa INTERREG ou antes Transfronteirizo, pois bueno, moi ben, podían facer unha grande labor e supoño que estarán facendo pero os criterios de equidade non aparecen por ningún lado. Só vou ler as obras que van: Ponteareas-As Neves, 79,5 millóns; Cañiza- Crecente, 237,5; Cañiza- Arbo, 474,5; e Salceda- Caldelas, 125,5. Boten as contas e aínda que é un plan xa herdado pois resulta que esto non é Transfronteirizo é Inter e Trans Cañiza. Xa foi discutido noutro momento. Evidentemente xa é histórico e é unha decisión desta Deputación, xa fixada, porque o plan é do 94-99. Agora hai que aprobalo, sobre todo polos proxectos. Dende logo, non agarden que nos vaiamos a avalar esto. Sr. Presidente.- Gracias. Ten a palabra D. Emilio González Iglesias. Sr. González Iglesias.- O Grupo Socialista votou en contra por criterios que se expuxeron no seu día e que son coincidentes cos que di o Sr. Mosquera. Ocurre que hoxe o que se trata é da aprobación dos proxectos, da aprobación inicial dos proxectos e nós non estamos en contra dos proxectos como tales proxectos. Estábamos en contra do Plan polos criterios expostos no seu día, polo tanto vamos absternos no que é o punto da orde do día de hoxe, que é a aprobación inicial dos proxectos. Sr. Presidente.- Gracias. Ten a palabra o Sr. Tirado. Sr. Tirado Serén.- Gracias, Sr. Presidente. Tal como se dixo, o INTERREG xa foi aprobado por esta Corporación e pódense ou non comparti-los criterios que no seu día substentaron esta aprobación, pero é algo que está aí e que non nos queda máis remedio que tirar para adiante. Agora, para poder proceder a iniciar esas obras primeiro hai que valora-los proxectos e inevitablemente despois acudir á vía expropiatoria demandando toda a tramitación necesaria. Temos que, por conseguinte, aprobalos e nese sentido imos votar. Sr. Presidente.- Gracias. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- No, só un matiz. Evidentemente está aprobado. Ó Sr. Tirado é que igual non lle gusta pero votou a favor no seu momento, está aprobado, non é o que está discutindo agora. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias. Procedemos á súa votación. Punto nove: aprobación inicial e exposición ó público de diversos proxectos comprendidos no Programa Operativo INTERREG II España-Portugal, solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación de terreos e bens afectados polos mesmos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase polo Partido Popular; en contra o Bloque Nacionalista Galego e a abstención do Partido Socialista. Recibíndose escrito nº 2781 de 21-06-95, da Dirección Xeral de Planificación do Ministerio de Economía e Facenda, polo que se comunicaba a esta Excma. Deputación Provincial, a concesión dunha axuda, a través do FEDER de 4, 3 Mecus, para acomete-lo Programa Operativo INTERREG II España-Portugal, comprensivo das obras de "C.P. Ponteareas-As Neves" (79.500.000 pts.); "C.P. Cañiza-Crecente" (237.500.000 pts.); "C.P. Cañiza-Arbo" (474.500.000 pts.); e, "C.P. Salceda - Caldelas (125.500.000 pts.), aprobándose en virtude de acordo plenario de 30 de xuño de 1995, a execución de tales obras e o seu financiamento, con distribución dun 75% do seu custe a cargo do FEDER e un 25% restante a cargo desta Excma. Corporación Local; e á vista do informe favorable emitido por Intervención con data 20 dos correntes, corroborando a existencia de consignación presupostaria para acometer tales obras na porcentaxe mencionada, o Pleno acorda por maioría de votos do Grupo Popular, coa abstención do Grupo Socialista e os votos en contra do BNG, o seguinte: 1.- A aprobación inicial dos seguintes proxectos: A) C.P. PONTEAREAS - AS NEVES, con presuposto para coñecemento da Administración de SETENTA E NOVE MILLÓNS CINCOCENTAS MIL PESETAS (79.500.000), desglosado en: Presuposto de execución por contrata 74.957.006 pts.; Capítulo de Expropiacións 3.031.256 pts.; e, Capítulo de Asistencia Técnica de Redacción de proxecto 1.511.738 pts. B) C.P. CAÑIZA-CRECENTE, con presuposto para coñecemento da Administración de DOUSCENTOS TRINTA E SETE MILLÓNS CINCOCENTAS MIL PESETAS (237.500.000), desglosado en: Presuposto de Execución por Contrata 212.123.283 pts; Capítulo de Expropiacións 17.821.300 pts.; Servicios Afectados 1.156.067 pts.; Dotación Artística 2.121.233 pts.; e un apartado de Asistencia Técnica de Redacción de Proxecto de 4.278.117 pts. C) C.P. CAÑIZA - ARBO, con presuposto para coñecemento da Administración de CATROCENTOS SETENTA E CATRO MILLÓNS CINCOCENTAS MIL PESETAS (474.500.000), desglosado en: Presuposto de Execución por Contrata 419.513.277 pts.; Capítulo de Seguridade e Hixiene 7.671.013 pts.; Capítulo de Expropiacións 30.420.625 pts.; Servicios Afectados 8.410.000 pts.; e, Asistencia Técnica de Redacción de Proxecto de 8.485.085 pts. Todo iso con base no informe emitido por Intervención o 20 de marzo de 1996, corroborando a existencia de consignación presupostaria para acomete-las referidas obras, figurando dispoñibles nesta data os créditos globais das anualidades de 1994, 1995 e 1996. Os correspondentes ás anualidades de 1997, 1998 e 1999 estarán dispoñibles en cada un deses exercicios polo importe que se aprobe definitivamente. 2.- Exposición ó público da aprobación inicial de tales proxectos, durante un prazo de oito días naturais, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobados definitivamente, de forma automática, en caso de non producirse as mesmas. 3.- A autorización do gasto que ditas obras conlevan, sendo o seu importe de NOVECENTOS DEZASETE MILLÓNS DE PESETAS (917.000.000). 4.- E por último, a solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos terreos e bens afectados polas obras en cuestión, considerando motivada a urxencia que pretende darse ó expediente, pola imperiosa necesidade de posui-la dispoñibilidade dos terreos, para poder adxudicar tales obras dentro da presente anualidade, pois doutro modo perderíase o financiamento previsto polo Ministerio de Economía e Facenda para as mesmas, co conseguinte prexuízo para o interese público provincial. ------ Folla: 118,121 10.3888.- RATIFICACIÓN POLO Pleno DE ACORDO DA COMISIÓN DE GOBERNO DE 27-02-1995 APROBANDO O PROXECTO "VARIANTE DE CAMBADOS" (FONDOS PROPIOS 1995). APROBACIÓN DO ANEXO DE EXPROPIACIÓNS A TAL PROXECTO INICIAL. EXPOSICIÓN Ó PÚBLICO DO MESMO E SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DE DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN Sr. Presidente.- Pasamos ó punto décimo da orde do día: Ratificación polo Pleno do acordo da Comisión de Goberno de 27-02-95 aprobando o proxecto "Variante de Cambados" (fondos propios 1995), aprobación do anexo de expropiacións a tal proxecto inicial, exposición ó público do mesmo e solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación. Ten a palabra D. Emilio González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Bueno, é que un cando mira este enunciado o primeiro que se lle ocurre dicir, home, aquí debe haber un erro na data, e debe ser ratificación do acordo de Comisión de Goberno do 27 do 2 do 96, pero mirando o expediente resulta que non hai erro na data, é dicir, que vamos a ratificar a aprobación do proxecto máis dun ano despois, un ano e un mes despois. Esto non parece moi normal, e claro, un mira o expediente e se topa con que o anterior Presidente da Deputación, con data de 30 de xaneiro do ano 95, solicítalle a tres empresas ofertas para participar na realización destas obras, e as datas son importantes, 30 de xaneiro do 95. Resulta que o 27 do 2 do 95, case un mes despois, apróbase o proxecto e mediante Resolución Presidencial, apróbase o proxecto na Comisión de Goberno e mediante Resolución Presidencial adxudícase á empresa Malvar, e adxudícase creo que en 11.000.000 de pesetas aproximadamente. Dentro do proxecto o que é a parte de execución por contrata son 13.000.000 de pesetas e hai 2.000.000 de pesetas, din vostedes na proposta, para indemnizacións, e claro, un mira o proxecto e mira a memoria do proxecto e na memoria figuran 2.000.000, concretamente dous millóns e algo de pesetas, 2.093.373 pesetas para indemnizaciones y expropiaciones, é o que di textualmente, indemnizaciones y expropiaciones. E claro, a un lle resulta sorprendente que un ano despois apareza este proxecto a ratificar polo Pleno da Deputación e que apareza tamén un informe técnico onde, cando hai un ano había 2.093.000 pesetas para indemnizaciones y expropiaciones, hoxe fagan falta para eso 6.939.000 pesetas. No informe técnico dise que esto é porque se tiña pensado pactalo cos veciños, por eso no proxecto se falaba só de indemnizacións e en realidade agora hai que ir a expropiacións e saen estas cantidades. Esto en boa lóxica non hai quen o entenda, é dicir, pactando un cos veciños ou expropiando a cantidade é máis ou menos o mesmo ou en todo caso, no caso de pactos suele ser superior a cantidade á da expropiación, e hai multitude de obras onde se fixeron e ocurre esto. Como dicía antes resulta sorprendente que se incremente a cantidade practicamente en 5.000.000 de pesetas máis cando se fala de expropiación, e máis sorprendente resulta que cando a empresa Malvar tiña oito meses para realiza-la obra, un ano e un mes despois, ou un ano despois, dense conta vostedes que non é posible chegar ó pacto, xa pasados os prazos deses oito meses de realización de obra, non é posible chegar ó pacto cos veciños para expropiar ou para indemnizar e agora hai que ir a esa expropiación. É dicir, o Grupo Socialista vai votar en contra porque todo esto nos parece como mínimo estraño, como mínimo nos parece estraño que se utilice esta fórmula, e xa o que non entendemos é o enunciado do punto, é dicir, ratificación polo Pleno de acordo da Comisión de Goberno aprobando o proxecto. Un ano despois non ten sentido e máis cando, como lle dicía antes, aparece unha reforma no informe que significa 5.000.000 de pesetas máis. Polo tanto, tal como está este expediente, e non entramos no tema da obra, nós vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Gracias. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, non sei se agradecerlle a Emilio o queixarme de que describeu todo o que eu pensaba dicir. Non o vou a repetir porque creo que é unha cuestión clarisima. Desde logo, vamos a votar en contra, salvo aclaración moi forte noutro sentido, porque aproba-lo proxecto dunha obra xa adxudicada é unha tomadura d

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición