ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.965
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

Acta de sesión 1996/05/31_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.18.810/2.1996-05-31_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 1996/05/31_Ordinaria

  • Data(s) 1996-05-31 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 21,22 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día 31 de maio de 1996 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día trinta e un de maio de mil novecentos noventa e seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse os Sres./as Deputados/as, D. Xosé Ramón Abal Varela, Dona Carmen Avendaño Otero, D. Xosé Manuel Barros González, D. Adolfo Campos Panadeiros, Dona Ramona Castaño López, D. Xosé Costa Díaz, D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, D. Miguel Domínguez Vaz, D. José Luis Fernández Lorenzo, Dona Carmen Ferro Carballo, D. Lino Fontán Mariño, Dona Ana Gandón Menduíña, D. Baltasar García García, D. Emilio González Iglesias, D. Oswaldo Lino González Pereira, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. Mario López Martínez, D. Rafael Louzán Abal, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Julio Pedrosa Vicente, D. Amado Ricón Virulegio, D. Ramón Sestelo Fernández, D. Santiago Tirado Serén, D. Pablo Vázquez Caride e D. Manuel Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o Sr. Deputado D. Xosé Manuel Chapela Seijo. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a comezar o Pleno ordinario correspondente ó mes en curso. 1.3908.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 26 de abril de 1996. ¿Algunha alegación a acta?. Sra. Avendaño Otero.- En la página, creo recordar 41 y 42, hay dos intervenciones mías que se le atribuyen a mi compañera. Pido que se corrija. Sr. Presidente.- Apróbase con esta corrección. Apróbase por unanimidade a acta da sesión anterior. O Pleno acorda por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 26 de abril de 1996, coa corrección apuntada pola Sra. Avendaño Otero, sobre a súa intervención que se atribuiu por erro á Sra. Castaño López. ------ Folla: 22,24 2.3909.- CONVENIO DE COOPERACIÓN DEPUTACIÓN PROVINCIAL E A UNIVERSIDADE DE VIGO SOBRE ANÁLISE DE RESÍDUOS E EXCEDENTES DA INDUSTRIA VITIVINÍCOLA Sr. Presidente.- Punto dous da orde do día. Convenio de colaboración Deputación Provincial e a Universidade de Vigo sobre análise de resíduos e excedentes da industria vitivinícola. ¿Algunha intervención, por favor?. Non hai intervencións. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade dos tres grupos políticos. Visto o informe do Enxeñeiro Director do Servicio Agrario, así como o dictame favorable da Comisión de Agricultura, o Pleno acorda por unanimidade, aproba-lo Convenio de cooperación sobre resíduos de industria vitivinícola, coa Universidade de Vigo, por importe DUN MILLÓN DE PESETAS (1.000.000), e facultar ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura, sendo o seu teor literal o seguinte: CONVENIO DE COOPERACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A UNIVERSIDADE DE VIGO En Vigo, a 26 de abril de 1996 COMPARECEN Dunha banda a UNIVERSIDADE DE VIGO (en adiante UVI), con CIF Q-8650002B, con sé en Vigo, rúa Oporto, 1, e no seu nome e representación o Rector da citada Universidade D. José Antonio Rodríguez Vázquez. Doutra banda a EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA (en adiante a Deputación) con CIF P3600000-H, con sé en Pontevedra, rúa Montero Ríos, s/n, e no seu nome e representación D. Manuel Abeledo López actuando como Presidente con DNI 33796037. Ámbolos dous representantes, recoñecéndose mutuamente capacidade xurídica dabondo, subscriben en nome das respectivas entidades o presente documento e, ó efecto, EXPOÑEN PRIMEIRA.- Que os Departamentos de Recursos Naturais e Medio Ambiente e de Bioloxía Fundamental (en adiante os Departamentos) da UVI poseen experiencia probada na análise química e microbiolóxica de resíduos vexetais. SEGUNDA.- Que a Deputación está interesada na colaboración dos Departamentos da UVI para realizar investigacións referentes a reciclado de resíduos e excedentes agrícolas é polo que formalizan o presente convenio de acordo coas seguintes CLAUSULAS PRIMEIRA.- OBXECTO DO CONVENIO. O obxecto do presente Convenio é a realización por parte do Departamento da UVI do Proxecto de Investigación "Análise dos resíduos e excedentes da industria vitivinícola para o seu aproveitamento" para a Deputación. SEGUNDA.- CONDICIÓNS DE ACEPTACIÓN DA INVESTIGACIÓN. Os Departamentos da UVI aceptan realizar esta investigación de acordo co plano de traballo, persoal e orzamento que se especifican na Memoria que se acompaña ó presente convenio. A realización deste traballo non suporá ningún gasto para a UVI polo que non será precisa consignación presupostaria. TERCEIRA.- RESPONSABLES DO PROXECTO E DO SEGUIMENTO. Os responsables do desenvolvemento do traballo por parte da UVI, serán os Profesores Dona Elisa Longo González e D. Pedro Pablo Gallego Veigas que terán como interlocutor válido por parte da Deputación a D. Carlos Bengoechea Peré. CUARTA.- DURACIÓN. A duración prevista para o desenvolvemento do proxecto será de doce meses, podendo renovarse de mutuo acordo se ámbalas dúas partes consideran oportuna a súa prosecución. QUINTA.- IMPORTE E CONDICIÓNS DE PAGO. Como contraprestación para a realización do proxecto, a Deputación comprométese a aboar á UVI a cantidade de 1.000.000 ptas. que fará efectiva á sinatura do presente convenio. SEXTA.- FORMA DE PAGO. O aboo de dita cantidade farase efectivo na c/c número 22599/4 aberta en Caixavigo, O.P., a nome da UVI. SÉTIMA.- EMISIÓN DE INFORMES. Unha vez finalizado o proxecto os Profesores responsables do proxecto emitirán un informe final establecendo as conclusións ás que se chegue no mesmo, que será remitido á Deputación. OITAVA.- UTILIZACIÓN DOS RESULTADOS E CONFIDENCIALIDADE DA INFORMACIÓN. Os resultados reflectidos no informe final poderán ser utilizados por ámbalas dúas partes. Cando unha das partes así o manifesten, a parte interesada deberá solicitar a conformidade da outra parte por escrito, mediante carta certificada dirixida ó responsable da mesma no seguimento do proxecto. A outra parte deberá responder nun prazo máximo de trinta días, comunicando a súa autorización, as súas reservas ou a súa desconformidade. Transcorrido dito prazo sen obter resposta, entenderase que o silencio é a tácita autorización para a súa difusión. En calquera dos casos de difusión de resultados farase sempre mención ós autores do traballo con referencia especial á Deputación como entidade financiadora. NOVENA.- COMISIÓN DE SEGUIMENTO. Para o seguimento e avalización do presente Convenio será nomeada unha Comisión de Vixiancia e Seguimento. Así mesmo, esta Comisión terá a función de resolver as diferencias que poidan xurdir entre ámbalas dúas partes. DÉCIMA.- MODIFICACIÓN DO CONVENIO. A investigación obxecto do presente convenio poderá interromperse por mutuo acordo entre as partes. Os Departamentos da UVI entregarán á Deputación un informe dos resultados obtidos ata o momento da interrupción e poderán utilizar libremente ditos resultados, sempre que salvagarde as condicións estipuladas na cláusula oitava. UNDÉCIMA.- RESCISIÓN DO CONVENIO. O incumprimento de calquera das obrigas contraídas polo presente convenio por unha das partes facultará á outra para rescindir o mesmo, quedando automaticamente anulados tódolos dereitos correspondentes sobre o obxecto da investigación. Tendo lido o presente por si mesmos e achándose conforme, asínano por triplicado e a un só efecto, no lugar e data anteriormente citados. POLA DEPUTACIÓN, POLA UNIVERSIDADE, ------ Folla: 24,28 3.3910.- CONVENIO DE COLABORACIÓN DA CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL SOBRE PESCA CONTINENTAL Sr. Presidente.- Terceiro punto da orde do día. Convenio de colaboración da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e a Deputación Provincial sobre pesca continental. ¿Algunha intervención?. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Bueno, trátase dun convenio no que a Deputación vai aportar 10.000.000 para salvar e mellora-la pesca nos ríos, de salmón e de troita, e a Xunta aporta 71.000.000 por este concepto. Bueno, en principio o proxecto e a idea podía parecer e parece boa, pero temos que enmarcala na situación en que estamos. Temos que recalcar que esta Deputación parece, e non só parece senón que demostra día a día, que carece absolutamente de calquera política propia e está cumprindo nestes momentos unhas funcións que son as de subsidiaria absoluta da Xunta. Por exemplo, a Secretaría Xeral de Turismo o ano pasado meteu 200.000.000 nesta provincia; este ano non vai meter ningún e entón nós subimos a aportación ó Patronato, cousa que é positiva, e facemos un convenio que veremos incluso se nos dan 5.000.000. Seguimos cos mesmos líos; por exemplo, esta Deputación ten a Escola Universitaria de Enfermería que lle costa 50.000.000 ó ano, non se transfire á Xunta ou á Universidade, e por outro lado esta Deputación aporta cartos para facer facultades da Universidade. Temos a FP de Príncipe Felipe, que nos costa os nosos millóns ó ano e en vez de transferila á Xunta pringamos con ela e tamén incluso metemos diñeiro en Colexios que son da Xunta pero despois non son competencias nosas e estamos así sempre. Podíamos seguir coa Escola de Canteiros ou Deportes ou outros convenios que viñeron por aquí. Esta é a trapallada universal, ou sexa, nós poñemos cartos para algo que non é da nosa competencia, meten cartos nas nosas carreteras que non son competencia doutros, etc., etc. En resume, viva a administración única, sobre todo mentres funcione así que é todos meterse en todo. Exactamente están facendo o contrario do que falan cando din que tenden á administración única, exactamente o contrario. E unha reflexión última que xa fixen no último Pleno. Desde logo se a nosa función vai ser non ter ningunha política propia, aínda que sexa limitada, e vai ser estar apoiando os plans da Xunta, cando a Xunta anda moi mal de cartos ou non quere facer grandes esforzos para ir tapando faltas, eu creo que é un argumento máis para volver a reiterar, a pedir, e algunha vez haberá que facelo en serio e ilos convencendo a todos, a disolución das Deputacións, que este quede coma un organismo administrativo, que creo que para facer estas funcións sobra. Como o fin é bo, o que non nos gusta é a trapallada de funcionamento absoluta que hai nesta Deputación en canto a exercer competencias, en canto a ter política propia, pois vámonos abster no convenio. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra D. Baltasar García. Sr. García García.- El Convenio, situado en el senso exclusivo actual, se podía decir que está bien sobre todo en la parte correspondiente a algunos aspectos de Pontevedra, la recuperación y la posibilidad de que los salmones puedan superar la cascada de Pontevedra, eso es bueno y tiene otras cuestiones de repoblación que nos parecen positivas. Pero lo mismo que ha dicho mi compañero Mosquera, no puede ser la Diputación un organismo que vaya a suplantar a la Xunta. Esta Institución tiene menos recursos, pocos recursos, y tiene que dirigirlos quizá a otras actividades que sean más en consonancia con la demanda de los ciudadanos, lo que los ciudadanos piden de ella. En base a que creemos que no se deberían derivar recursos hacia ese tipo de intervenciones, pero en base a que también consideramos que es positivo y que alguien lo tendrá que hacer alguna vez aunque nos pone sobre la mesa la propia incapacidad de la Xunta para enfrentarse a los problemas reales de la Comunidad, nosotros también vamos a abstenernos, aún sabiendo que tiene aspectos muy positivos el acuerdo. Sr. Presidente.- Gracias D. Baltasar. Ten a palabra o Sr. Barros. Sr. Barros González.- Ben, gracias Presidente. Eu lamento a abstención dos compañeiros da oposición porque en realidade ogallá poidésemos nós plantexar un plan propio da Deputación debidamente dotado economicamente, pero tamén é verdade que non temos os medios suficientes para facelo. E o que estamos a facer, aplicando unha política de colaboración coa Xunta que tamén é necesaria e polo tanto estamos amplíando os créditos que ten a Xunta para resolver este problema, neste caso o das troitas e dos salmóns, pero nós tamén é verdade e que quede claro, que dentro dese plan da Xunta que aplica eses 71.000.000 de pesetas para este ano ó longo de toda a xeografía galega, os 10.000.000 que vai aplica-la Deputación de Pontevedra son nun río da nosa provincia e polo tanto estamos facendo un plan propio dentro da nosa propia provincia e neste caso no río Lérez. E polo tanto creo que é innecesario certas mescoranzas que se fixeron aquí con carreteras, con turismo, con sanidade, con outras cousas. É unha maneira de criticar á Xunta ou a política de Deputación se se quere, pero neste caso dentro das nosas modestas posibilidades estamos aplicando correctamente un diñeiro que son 10.000.000 de pesetas dentro da nosa propia provincia e dentro dun plan de colaboración coa propia Xunta, que creo que é a que ten, sen dúbida algunha, as competencias e quen tiña que resolver todos eses problemas e non a Deputación. E creo que se practicamos esa política de colaboración tamén é unha boa política ou polo menos así o entendo eu. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Barros. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Mire, a contía non merece que entremos aquí nun debate porque se non habería moitisimo que dicir. Esto non é unha Xunta en pequeno, nin é a repañota de a ver quen presiona para lograr que é o que está funcionando nestes momentos co resultado de todos coñecidos. Pero bueno, non creo que por 10.000.000 valga a pena. Se algún día vostedes queren ter un debate, creo que sería moi interesante tamén para vostedes sobre cales deben se-las prioridades da Deputación e que campos debe cubrir e non como está agora, que parece unha xuntiña en pequeno, cubre tódolos campos da Xunta e algún máis. Ata se inventa algún máis cando non o hai e á parte sen cubrir outros campos e segundo quen presione. Pois bueno, se vostedes creen que ese é o funcionamento correcto sigan así, que xa vemos os resultados que dou. Nada máis porque non creo que valga a pena abrir un debate de fondo sobre como debería de funcionar esta Deputación, máxime cando o motivo son 10.000.000, ou sexa que mantémonos na postura que estamos. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Procedemos á votación do punto número dous, Convenio de colaboración Deputación Provincial e a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e a Deputación Provincial sobre pesca continental. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase coa maioría do Partido Popular e abstención dos demais Grupos. Á vista do dictame favorable da Comisión de Agricultura, o Pleno acorda por maioría de votos do Grupo Popular e coas abstencións do Grupo Socialista e do BNG, aproba-lo Convenio de colaboración da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e a Deputación Provincial sobre Pesca Continental, concretado en plans de recuperación dos problemas meridionais de salmón alternativo e de recuperación de ríos troiteiros, con aportación de DEZ MILLÓNS DE PESETAS (10.000.000), pola Deputación e SETENTA E UN MILLÓN DE PESETAS (71.000.000), pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, facultando ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura, sendo o seu teor literal o seguinte: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES E A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, PARA A MELLORA DA PESCA CONTINENTAL NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA En Santiago de Compostela, a .... de ............... de 1996. COMPARECEN O Excmo. Sr. Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, D. Tomás Pérez Vidal, en representación da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e o Excmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra D. Manuel Abeledo López, para asina-lo presente Convenio. OBXECTO DO CONVENIO Ámbalas dúas Institucións consideran conveniente aunar esforzos no apoio ó desenvolvemento da Pesca Continental da Provincia de Pontevedra, efectuando para iso unha acción coordinada dentro do programa que actualmente leva a cabo a Xunta de Galicia. Dito programa concrétase en dous plans: plan de recuperación das poboacións meridionais de salmón atlántico e plan de recuperación de ríos da provincia de Pontevedra. ESTIPULACIÓNS PRIMEIRA.- CONTIDO. A colaboración que xurda deste Convenio permitirá unha máis rápida execución dos plans desenvoltos pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a mellora das poboacións piscícolas na provincia de Pontevedra. Por un lado completarase en menor brevidade de tempo a accesibilidade do río Lérez para o salmón e reo mediante a construcción das escalas salmoneiras necesarias. Por outro lado potenciaranse as actuacións emprendidas dentro do plan de recuperación de ríos co establecemento de estacións de captura de troita común autóctona de cada conca fluvial, para o seu posterior desove, alevinaxe e repoboación dos ríos de Pontevedra. SEGUNDA.- SEGUIMENTO DO CONVENIO. Ó remate do exercicio do presente Convenio polos técnicos da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, remitirase á Excma. Deputación, Memoria detallada sobre as actuacións contempladas e en anos sucesivos variación das poboacións piscícolas (salmón e troita) logrados con motivo da actuación realizada por ámbalas dúas Institucións. OBRIGAS DAS PARTES TERCEIRA.- A Excma. Deputación aportará para o desenvolvemento do presente Convenio en concepto de inversións, para realiza-las escalas salmoneiras no río Lérez e as estacións de captura de troita común en ríos da provincia de Pontevedra, onde non se realicen no presente exercicio inversións desta natureza pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para completa-las actuacións previstas pola Consellería noutros ríos da provincia. CUARTA.- A Excma. Deputación destinará no presente exercicio a cantidade de DEZ MILLÓNS DE PESETAS (10.000.000), do Presuposto ordinario para o presente exercicio, con cargo á partida presupostaria 1996/711.711.622.03. QUINTA.- Os proxectos de escalas e estacións de capturas serán realizados por técnicos da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, así como a consecución dos permisos necesarios para realizar ditas obras. SEXTA.- A dirección das obras realizarase compartida, por técnicos da Consellería e da Excma. Deputación. SÉTIMA.- A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, invertirá no presente exercicio, para os plans antes mencionados as cantidades seguintes a través do Servicio de Medio Ambiente Natural. - Plan de Recuperación de Poblacións Meridionais do Salmón Atlántico (INTERREG-II) 35.000.000 - Plan de Recuperación de Ríos Troiteiros 26.000.000 Ditas inversións financiaranse con cargo ó concepto presupostario 09 04 342-A 601.3. - Para o funcionamento e mellora da Piscifactoría de Carballedo e das estacións de captura de Ximonde e Liñares 10.000.000 Ditas inversións financiaranse con cargo ó concepto presupostario 09 04 342-A 611.1. OITAVA.- VIXENCIA E DENUNCIA DO CONVENIO. a) Este Convenio terá vixencia dun ano desde a sinatura do mesmo. b) O Convenio poderá ser denunciado por calquera das partes, respectándose en todo caso os compromisos adquiridos ata o momento. Será motivo de denuncia o incumprimento do establecido no Convenio ou a imposibilidade de facelo efectivo. NOVENA.- INTERPRETACIÓN E REVISIÓN. a) A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, a través do Servicio de Medio Ambiente Natural de Pontevedra e a Excma. Deputación a través do Servicio Agrario, interpretarán e resolverán as cuestións que se susciten no cumprimento do presente Convenio. b) Será obrigatoria a revisión deste Convenio cando afecte substancialmente ás súas estipulacións a promulgación de normas. DÉCIMA.- A Xurisdicción competente para resolve-los litixios que poidan xurdir na execución do mesmo, será a Contencioso-Administrativa. E para que conste, en proba de conformidade, ámbalas dúas partes asinan o presente Convenio por triplicado, e a un só efecto no lugar e data indicados no encabezamento. O CONSELLEIRO DE O PRESIDENTE DA AGRICULTURA, DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE GANDERÍA E MONTES, PONTEVEDRA, Asdo. Tomás Pérez Vidal Asdo. Manuel Abeledo López ------ Folla: 28,29 4.3911.- CAMBIO DE FINANCIAMENTO DA OBRA Nº 205 DO POL/1996 Sr. Presidente.- Punto número catro da orde do día. Cambio de financiamento da obra nº 205 do POL/96. ¿Algunha intervención?. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Exactamente trátase de traer a Pleno un tema que son 285 pesetas por un redondeo mal feito no seu momento. Xa sei que me contestarán que é por imperativo legal e é certo, é por imperativo legal, pero se os Plenos tiveran un contido normal do que se supón nunha Corporación que manexa un presuposto de 13.000.000.000 non ibamos a facer un chiste de 285 pesetas, simplemente deixaríamos pasa-lo tema como deixamos pasar outros e tal, pero é que resulta que nos dous últimos meses, vostedes por exemplo, na Comisión de Goberno, recoñecemento de créditos, ou sexa, gastos mal feitos, meteron centos de millóns e non veñen por aquí. Entón non é que sexa culpa de vostedes estas 285 pesetas, claro que non, pero o que si é culpa de vostedes é que só traen estas cousas porque as demais llas quitaron todas ó Pleno, absolutamente todas. Esto é un cachondeo, ou sexa mañá en titular "O Pleno da Deputación gasta 600.000 pesetas en dietas para aprobar un cambio de 285", é o que nos merecemos ou o que se merecen vostedes por te-lo Pleno como o teñen, sen ningunha competencia e movendo todo ben vía Resolución Presidencial ou ben vía Comisión de Goberno. Quero que quede claro, non estamos criticando que veñan 285 que xa sabemos que é por imperativo legal, o que estamos criticando é que só veñen temas deste tipo porque os demais llos quitaron todos e a ver se algún día, xa no próximo punto falaremos deso, a ver se o toman en serio, porque esto pódese prestar a cachondeos serios con respecto ó que está facendo, ó que significa esta Deputación e en concreto este Pleno, no que creo que a algúns de nós cada vez nos dá non sei se vergonza pero desde logo menos dignidade estar nel por este tipo de cousas. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver Presidente, el Grupo Socialista en su día había votado en contra del POL y por mantener coherencia en el voto va a votar en contra también de este tema. Lo que pasa es que yo creo que la intervención es ya la que hizo el Sr. Mosquera, es decir, esto es una anécdota, 285 pesetas, no merecen más tiempo. Nada más. Sr. Presidente.- Gracias. Ten a palabra o Sr. Costa. Sr. Costa Díaz.- Gracias Presidente. Bueno, como ben dixo o Sr. Mosquera esto vén ó Pleno por imperativo legal, sen entrar dalgunha maneira nas outras súas manifestacións que fixo e así o fixo ver tamén o Interventor na Comisión Informativa. Esta diferencia das 285 pesetas é un financiamento a menos que veu da Administración Central e para cuadra-los números teñen que ser aportadas pola Deputación. Nada máis. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. PSOE e BNG. ¿Votos a favor?. O Grupo Popular. Apróbase por maioría. No Programa Operativo Local do corrente exercicio, obsérvase que a cantidade asignada polo Ministerio para as Administracións Públicas ó financiamento do mesmo, ascende a DOUSCENTOS VINTE MILLÓNS CINCOCENTAS OITENTA E NOVE MIL PESETAS (220.589.000), sumadas as aportacións FEDER - Administración Central e MAP, o que supón 285 ptas. menos do presuposto previsto. Como consecuencia, a efectos de resolve-lo problema contable que representa para a Intervención Provincial, o Pleno acorda por maioría de votos do Grupo Popular e cos votos en contra do Grupo Socialista e do BNG, cambia-lo presuposto da obra nº 205 denominada: "Mellora CP Tomiño-Baiona (Tomiño)", no senso de rebaixa-la aportación do MAP en 285 ptas., e incrementalas na aportación da Deputación, quedando o seu financiamento como segue: Aportación FEDER (MAP) 5.007.054 ptas. Aportación FEDER (Admón. Local) 22.809.914 ptas. Aportación MAP 1.898.942 ptas. Aportación Deputación 8.652.323 ptas. TOTAL 38.368.233 ptas. Este cambio de financiamento non repercutirá no presuposto total do POL/96. ------ Folla: 29,33 5.3912.- CONCESIÓN DE RÉXIME DE DEDICACIÓN EXCLUSIVA A DEPUTADO PROVINCIAL Sr. Presidente.- Pasamos ó punto quinto da orde do día. Concesión de réxime de dedicación exclusiva a un Deputado Provincial do Grupo Popular, D. Rafael Louzán Abal. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Bueno, trátase da dedicación exclusiva do Deputado do Partido Popular que xa vostede citou e as cifras son coñecidas, son 7.383.000 brutas que supoñen 14 pagas de 375.000 limpas mensuais. E quería facer sobre o tema tres matizacións. Con respecto á contía non; é igual que dixemos cando foi o Presidente por parecernos excesiva e polo tanto non a aceptamos. E se pode argumentar que comparativamente non é alta e aceptamos tamén ese tipo de argumentos. Simplemente votamos en contra sen máis problemas nin máis voltas, igual que foi cando se lle concedeu ó Presidente. Pero si temos que reflexionar ou darlle unha voltiña ou recordar que aquí ó lado, por exemplo, seguindo o noso criterio con respecto ás retribucións que deben te-los cargos públicos, o Alcalde de Poio púxose 225.000 pesetas e os señores do Partido Popular non é que votaran en contra, senón é que montaron un follón monumental por parecerlle excesivo. Eso chámase coherencia, chámase exactamente coherencia. Ou sexa, onde vostedes gobernan se poñen unhas retribucións e onde están na oposición retribucións moitisimo máis baixas resúltanlle exesivas. Nós aí temos unha liña moi clariña de cales deben se-las cifras e se vostede mira por exemplo os nosos alcaldes cobran todos practicamente o mesmo e unhas cifras bastante máis baixas. Non critico en exceso a cifra, paréceme excesiva e punto, senón a coherencia da que vostedes fan gala e a demagoxia que fan con esto que nós non pensamos facer nin moito menos. E en segundo lugar con respecto ás funcións, mire vostede, se vostede libera un Deputado para decirme que se encarga do persoal, bueno, se se encarga pois de Vías e Obras e non sei que, bueno, se se encarga dun departamento importante, pero as funcións son exactamente, en concreto e con respecto á organización desta Deputación, ningunha. Son facer de brazo dereito ou recados que o Presidente en persoa non poida facer. Pero incluso podía ser eso, podía valer, é dicir, o Presidente non quere ter un Deputado que teña unha área de xestión importante, simplemente quere ter alguén que lle axude nos recados que o Presidente non dea feito. Pero o que xa me parece absolutamente sangrante é a procesión dos mendicantes que temos nesta Deputación historicamente para poder, digamos, toca-los santos. Estoume referindo a eses alcaldes que se pasan aí ata as catro da tarde a ver se logran que o Presidente os reciba e lle poden tocar, como se fora a virxe de Fátima a ver se lle tocan o manto, a procesión dos mendicantes. Agora xa non é que vaian a facer cola para ver se tocan o manto da virxe, do Presidente, xa vai a ir un de segundas a ver e van a facer procesión de mendicantes para que os reciba un Deputado sen ningunhas competencias específicas para resolverlle nada. É absolutamente denigrante. O que pasa actualmente é moi denigrante e o que vai pasar a partir de agora aínda bastante máis. E con respecto a un terceiro apartado que hai que recordar aquí e que xa o outro día na Comisión recordamos unhas cuestións que son de funcionamento da Corporación, nas que non deben funcionar as maiorías, polo menos ata certos límites, e a organización da Corporación. E cando foi a toma de posesión tivemos unha reunión de Portavoces na que quedamos en que en principio quedaba todo como estaba, ou sexa, só o Presidente con dedicación exclusiva, o demais quedaba como estaba, todo o réxime retributivo, etc., etc., e as competencias do Pleno. Quedamos pendentes de que había que negociar todo porque nin o réxime retributivo, non pola cantidade senón pola forma, nin as competencias do Pleno, que son as menores de ningunha Corporación Local, de ningún sitio de todo Estado, pois había que modificalas. Quedamos nese compromiso, pero agora nos topamos coa sorpresa de que pasan 10 meses, non se fala nada da organización, dese compromiso e se modifica con esta dedicación exclusiva sen ter consultado. Evidentemente creo que non hai que darlle moitas voltas para saber que vamos a votar en contra, e non porque estemos en contra de que haxa Deputados en exclusiva senón por toda a razón que apuntamos, tanto de cantidade, como de funcións, como do marco no que nos movemos con respecto á organización da Corporación, competencias do Pleno, etc. Nada máis e moitas gracias Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Gracias. Ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver Presidente, como moi ben recordaba o Sr. Mosquera, había un compromiso do Presidente que no momento que se variasen as fórmulas de percepcións nesta casa podería falarse de atender ós maiores medios reivindicados polos grupos da oposición. Ben, non é esta a primeira vez que ocurre; é dicir, o Presidente xa nalgunha ocasión cambiou mediante Moción Presidencial parte do Regulamento Orgánico de Funcionamento Interno, sen acordarse daquel compromiso e hoxe fainos un plantexamento de liberar a un Deputado Provincial tamén xa non só sen recordar aquel compromiso, senón sen comentalo sequera cos grupos da oposición. Ben, en todo caso é unha fórmula de funcionamento do Presidente que non compartimos loxicamente, pero que polo que parece cambiou de opinión na fórmula de funcionar que anunciaba ó principio. De tódolos xeitos, eu creo que este punto é bastante máis amplio do que estamos tratando aquí hoxe; é dicir, neste punto habería que enmarcar dunha vez unha posible unificación de criterios, fundamentalmente por parte do Grupo Popular, en todo este tipo de cuestións. Non parece lóxico que os criterios sexan diferentes na Deputación de Ourense, na de Lugo, na de Pontevedra e na de Coruña; fundamentalmente que sexan moi diferentes na de Pontevedra coas outras. Nós entendemos que primeiro o Partido Popular debe unificar criterios neste tipo de cousas; e segundo, que eses criterios deben polo menos comentarse cos grupos da oposición en cada Institución; e terceiro, que o mellor sería ir a unha situación ideal, situación que se deu hai un par de anos na Comunidade de Madrid, onde os tres partidos maioritarios presentes na Comunidade de Madrid chegaron a un acordo para delimitar e definir dunha vez os salarios e as percepcións de tódolos cargos públicos. Pensamos que eso, que evidentemente transcende a esta Institución podía ser a situación ideal. De tódolos xeitos, mentres non se dea, entendemos que a segunda parte que propoñíamos, é dicir, o comentalo cos diferentes grupos debería ser unha norma de funcionamento. De tódolos xeitos, por facer un comentario anecdótico, fundamentalmente desa "unificación" de criterios que ten o Partido Popular, eu recordo que hai uns días nun Concello, sinto que se ausentara nestes momentos D. Amado Ricón, porque el mantiña, como criterio do Partido Popular, que calquera liberado cobrara a mesma cantidade que estaba percibindo no seu traballo, exactamente a mesma. Polo que parece aquí, ou non é o criterio do Partido Popular ou o Sr. Ricón ten que ausentarse para non faltar ó seu criterio ou o que decía antes, o problema de fondo é que o Partido Popular non utiliza ningún criterio e en todo caso na Institución onde estea utiliza unha fórmula ou outra segundo lle conveña. É dicir, hai xente que está no Partido Popular que pensa llo dixen tamén nunha ocasión a outros compañeiros seus, que na política vale todo e evidentemente en política non vale todo, e menos utilizar este tipo de cuestións. O Grupo Socialista neste tema concreto non vai entrar no fondo; é dicir, non estamos de acordo coa forma tal como dixemos antes, non entramos na contía, entendemos que esa é unha cuestión do grupo de goberno. Supoño que vostedes terán unhas razóns, se queren expoñelas moi ben e se non nós non vamos entrar, como lle dicía antes, nesa contía, pero non estamos de acordo en que non teñan vostedes criterios nas diferentes Institucións en que estean e en que non se unifiquen eses criterios e fundamentalmente en que non se comente o tema cos grupos da oposición, polo tanto vamos votar en contra. Sr. Presidente.- Gracias. Vamos a ver. Coherencia por parte do Presidente da Institución, segundo vostedes compromiso adquirido nun principio. Indudablemente acostumbro a ser coherente e polo tanto extráñame neste caso que se me acuse de incoherencia, cando entendo que liberar un Deputado do Partido Popular non afecta diríamos á organización da Deputación. Non entendo que esto afecte para nada a organización e polo tanto ese compromiso, que se ben é certo que eu adquirira, considerei que efectivamente este tema non era para dialogar ou para tratar. Coherencia en canto á cantidade. Sr. Mosquera, vostede mesmo acaba de dicir que o Alcalde de Poio cobra duascentas e pico mil pesetas. Considero que efectivamente para estar dedicado integramente ó Concello non é unha grande cantidade de diñeiro, pero quérolle dicir tamén que o soldo que puxemos e que propoñemos neste momento ó Deputado Provincial son 375.000 netas, 10.000 máis aproximadamente que un Xefe de Servicio desta casa. Mire vostede, se ve o Concello de Poio e mira a Deputación Provincial, primeiro, temos un presuposto de 12.000.000.000 de pesetas; segundo, temos máis de 700 funcionarios. Se vostede compara o traballo que lle espera ó Deputado Provincial co Alcalde, eu entendo que vai ser bastante superior. Di que eu non lle asigno funcións e que polo tanto vai a ser un títere ou algo parecido nas mans do Presidente. Primeiro, teño que dicir que efectivamente non vai ser un mandado, vai te-las delegacións que se lle fagan no seu momento e indudablemente nestes momentos a Deputación, que eu dixen ó principio que mentras pudera ía a aforrar o máximo posible en persoal, a experiencia díxome despois de 8 meses que é absolutamente indispensable contar con algunha persoa para que esta Deputación sexa máis rendable e como vostede di poida atenderse mellor á xente que aquí hai. Non creo que protesten os Alcaldes, nin do PP, nin do PSOE, nin do BNG, que esta Deputación os recibiu sempre que pudo, absolutamente sempre e con prioridade. Agora pódolles garantir que neste momento a Presidencia ten tódolos días ocupados con visitas ata xullo. Se queremos atender ó cidadán, non só ó Alcalde senón tamén o cidadán que demanda esta visita, esta Presidencia necesita un apoio e ese apoio indudablemente pódeo prestar este Deputado que foi a única razón pola cal se trata de liberar. E repito, non era a miña intención ó principio, pero a experiencia demostroume e deixeino aberto desde o principio, polo tanto non hai incoherencia absolutamente ningunha en que chegado o momento se fora necesario así o fixera. Pero dígolle máis. Indudablemente neste momento o BNG, que eu sepa, non ten Deputación ningunha aquí e loxicamente no resto do Estado tampouco, pero ó Partido Socialista dígolle o seguinte e é que comparen as persoas que o Grupo de Goberno ten liberadas ou ten como asesores e daranse conta que esta Deputación Provincial, precisamente no ánimo e coherente co que dixen no primeiro momento de aforrar o máximo posible, non ten nin se desmadra para nada neste tema. Creo que con esto queda xustificado e creo que respondín dalgunha maneira e segundo a miña maneira de ve-lo tema tanto ó grupo do BNG coma o grupo do PSOE. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Mire, gracias por recoñecer que había ese compromiso, gracias por recoñecer que non ten ningunha atribución concreta que se llas dará se acaso, pero que non as ten e bueno, ¿que quere que lle diga?. Eu non entrei na cantidade no sentido de tal. Se vostede me di que a contía de 225 netas, 4.200.000 brutas ó ano, 4.100.000, ou sexa, a mitade máis ou menos do que vai recibir este Deputado, lle parece pouca pois lle agradecería tamén que chamara ós seus de Poio e non monten un escándalo pola cantidade, que montaron un auténtico escándalo, non é que dixeran bueno paréceme excesiva ou pouco, montaron un auténtico escándalo. Agradecía tamén que os chamara e llo dixera. E por último, con respecto ós Alcaldes e demais, Sr. Presidente, ou organizamos esta Deputación doutra maneira, que é un debate que antes non entramos, tampouco vamos entrar agora pero simplemente unhas pinceladas, ou se non esto vai ser, como dixen antes, unha Xunta en pequeniño, reparte para todos e en función de quen vén e ten acceso ás vías no reparto, ou sexa, que non se extrañe que teña aquí tropecentosmil Alcaldes e Asociacións e demais, porque mentres sigamos funcionando así eso é absolutamente inevitable e vaise produci-lo efecto contrario, como teña máis Deputados recibindo vai haber máis que queiran vir, porque mentras o reparto, ou sexa, ese é o efecto búmerang, ou sexa, se un tarda un mes en recibilo igual non vén, agora se os reciben ó día seguinte vanlle vir todos, vai te-la axenda vostede e máis outros todos en fila, porque mentras siga funcionando que aquí se lle dá a quen logra toca-la tecla, quen chora, quen non chora, quen é amigo e quen é enimigo, e sempre estamos pendentes de a quen se lle dá, vai ter toda a fila a ver que cae, exactamente así, ou sexa, que por aí se quere ocupar todo o tempo e quere liberar tres Deputados máis para que reciban tódalas solicitudes non siga funcionando así senón que reforce nada máis, que aquí todo se dea segundo quen veu falar, quen chorou, quen non chorou e tal, e bueno, terá aquí toda a provincia en fila a ver se caen ó final 100.000 pesetas, vamos, ata para eso. Non sei se valerá máis o tempo de recibilos que ó final ás veces o que se lle dá. Bueno, creo que está clarisimo, non me rebatiu absolutamente nada e vamos a seguir na mesma postura. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra Sr. González. Sr. González Iglesias.- Sr. Presidente de este debate yo creo que nos podemos ir con la satisfacción moral de que usted reconoció un compromiso que después no cumple, nada más, no sacamos absolutamente nada más a cambio de los grupos de oposición. De todas formas yo si quiero incidir de nuevo en una cuestión para mi fundamental y es, yo no oigo en ningún sitio cuáles son los criterios que utiliza el grupo provincial del Partido Popular para este tipo de liberaciones ni para el tipo de asignaciones. Yo le decía antes que hace unos días, en el Ayuntamiento de Redondela, el Grupo Popular, el Sr. Ricón, que se sienta allí, votó en contra, montó un escándalo, puso el grito en el cielo, decía que le parecían excesivas las cantidades que se planteaban al Alcalde, que eran por cierto menores que esta, y decía que su criterio, el criterio del Grupo Popular era concretamente que una persona cobrase absolutamente lo mismo que en su trabajo privado. Ahora que también después añadió una coletilla, dependiendo de quién fuese el Alcalde, lógicamente. Yo lo que decía en mi primera intervención, siento que el Sr. Ricón en aquel momento tuviera que ausentarse, es que por coherencia al menos no debería votar algún miembro de su grupo que mantiene tesis contrarias en otras instituciones; es decir, no sólo es lo que está denunciando el Sr. Mosquera sino que hay más casos. Vostedes en cada sitio, depende de quién, y de quién gobierne utilizan el voto de una forma o de otra. Vuelvo a insistir que yo entiendo y mi grupo entiende que en estas cuestiones hay que sentar unos criterios unificados para todos y no debe ser nada difícil hacerlo en Galicia cuando las cuatro Diputaciones están en manos del Partido Popular. Y simplemente yo creo que en la reunión a que hacía alusión, tanto yo en mi primera intervención como usted después, simplemente le decíamos que unificásemos los criterios de toda Galicia o que al menos los viese y vería que el sistema de percepciones y el sistema de ayuda al funcionamiento de grupos políticos de la oposición, con diferencia, era peor en la provincia de Pontevedra. Simplemente eso y simplemente yo vuelvo a reclamar del Presidente de la Institución que este tipo de cosas al menos se hablen antes. Vuelvo a repetir, el Grupo Socialista no va a entrar en las competencias que le van asignar ustedes al Diputado que liberan porque en todo caso es un problema de ustedes como grupo de gobierno, como si no le asignan ninguna, simplemente las pocas o muchas que le asignen darán el resultado final de la gestión que se haga, sea mala o buena va a ser responsabilidad de ustedes y también le decía, y vuelvo a repetirle, que nosotros no entramos en el fondo de la cuantía simplemente sí queremos incidir en que el Partido Popular se ponga de acuerdo en los criterios a utilizar en las diferentes Instituciones. Nada más. Sr. Presidente.- Vamos a ver, insisto en que se está por parte de los grupos de la oposición diciendo que se usan criterios distintos. Sr. Mosquera vostede sabe moitas matemáticas e pode inmediatamente, e D. Emilio tamén, dividir o que é o diñeiro público que manexa esta casa, o diñeiro público que manexan certos Concellos que ten o Bloque ou que ten o PSOE, que miren o que cobran os distintos Alcaldes, que miren o que cobran os distintos Concelleiros que certos Alcaldes, non digo o BNG, teñen liberados tamén. Dividan e verán como a proporción é todavía moi a favor da Deputación Provincial. ¿Por que?. Porque efectivamente ten moitisimo máis traballo e vostede acábao de recoñecer. Á parte da competencia, do diñeiro público, á parte do persoal que temos, efectivamente recibimos a moita xente, eu ben sei que os Alcaldes tamén reciben a moita xente. Quero dicir tamén unha cousa ó Sr. Mosquera. Aquí parece que se non pasan a ver ó Presidente nadie recibe un duro. Eu creo que non hai tanto tempo publicáronse unhas bases para unha serie de axudas de todo tipo. Mire vostede, estanse resolvendo de acordo cos escritos que chegaron. Indudablemente hai moita xente que vén por aquí, Alcaldes, eu estou de acordo con vostede que non debían ser tan mendicantes e vir por aquí, porque teñen uns medios xa para pedilos indirectamente de que pasen. Pero mire vostede, pasan os do PP, pasan os do PSOE e pasan os do Bloque Nacionalista Galego e levan o que teñen que levar independentemente de que pasen ou non. Agora ben, a educación e a elegancia esixe precisamente a esta Presidencia atendelos e escoitalos, porque moitas veces tomar decisións sobre un papel é máis difícil que cando efectivamente lle contan a realidade que é máis fácil tomar esa decisión ou é máis urxente diríamos e fanlla ver facilmente. Esto é o que quería dicir, porque dá a impresión de que efectivamente aquí a nadie se lle dá unha peseta se non vén a visitar ó Presidente, e esto Sr. Mosquera sábeo vostede perfectamente que é falso. Indudablemente hai moitas visitas, pero saben que, independentemente de que pasen ou non, reciben o que teñen que recibir. Moitas gracias. Procedemos polo tanto á votación do punto quinto, Concesión do réxime de dedicación exclusiva ó Deputado Provincial. ¿Votos en contra?. ¿Votos a favor?. Apróbase por maioría do Partido Popular e en contra os demais grupos políticos. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Réxime Interior, o Pleno acorda por maioría de votos do Grupo Popular e cos votos en contra do Grupo Socialista e do BNG, establece-la dedicación exclusiva do Deputado Provincial D. Rafael Louzán Abal, as tarefas propias do seu cargo, auxiliando á Presidencia nas súas funcións, coa retribución bruta anual de SETE MILLÓNS TRESCENTAS OITENTA E TRES MIL OITOCENTAS OITENTA PESETAS (7.383.880), a percibir en 14 mensualidades, e as deduccións e retencións por IRPF e Seguridade Social, na que se lle dará alta, a que haxa lugar, habilitándose o crédito ou consignación precisa no que resta de exercicio no Presuposto Provincial, considerando que os efectos económicos serán a partir do 1 de xuño. ------ Folla: 33,41 6.3913.- DESIGNACIÓN DE REPRESENTANTES DA DEPUTACIÓN NA CAIXA DE AFORROS PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Pasamos ó sexto punto da orde do día. Designación de representantes da Deputación na Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Nestes tempos nos que cuestións culturais e productivas tan tradicionais están en crise e están en perigo de extinción e hai que facer esforzos moi serios para salvalos, por exemplo, a célebre ostra practicamente non existe, agora temos que facer unha repoboación a ver se recuperamos a ostra; e en Vigo era peixe fresco e resulta que agora vén máis conxelado que fresco. O único que parece que non está en perigo de extinción, senón que florece, aumenta, prolifera, se reproduce e non morre, é o de caciques en Pontevedra, e non de Pontevedra senón en Pontevedra. Toda a provincia a través das Institucións propias da capitalidade sexa a Deputación ou neste caso a Caixa de Aforros o mangoneo é total e absoluto. E a pena é que este mangoneo incluso chegue a crear asperezas dentro do propio PP. O 2 de maio van á Comisión de Goberno cunha lista para renovar estes once cargos e resulta que non lle votan nin a urxencia ó Presidente accidental e o alboroto chega ata dentro do PP porque debeu resultar que o caciqueo non quedara á medida adecuada. O día 9 tamén por urxencia apróbanno. Ben, aproban aquí vostedes estes once e esta Institución é a que máis aporta e polo tanto temos que facer falar do que está pasando coa Caixa de Aforros aquí, porque esta Institución, á parte de fundadora, é a que máis aporta a Asemblea Xeral, que é despois a que elixe o Consello de Administración, que é onde se corta o bacallao, non é na Asemblea Xeral. Ben, para dar unha idea do asunto eu estou absolutamente convencido de que a maioría dos once non foi decidida na Deputación. Sería decidida por algún teléfono móvil ou na sede do PP, pero desde logo non foi decidida na Deputación a maioría desa lista e hai unha consigna clarisima de que o PP fai un desembarco na Caixa de tal calibre que é non deixar absolutamente a ninguén, controlar absolutamente todo. O dos impositores, por exemplo, é facilisimo e no restante pois para alá vai. Podía ser un problema de puro formalismo democrático, que o é, e moi grave, pero hai máis, ou sexa eu agardo que prácticas que houbo, que o PP tivo na Caixa, como inducir a que se pagaran papadelas ós axentes electorais do PP coa desculpa de que era para captar clientes, claro, supoño que os que non votan PP ou non fan campaña non son bos clientes da Caixa. Pero esto ten sucedido na Caixa, ou créditos para campañas locais ou non locais do PP, que nunca máis se supo deles, non se sabe si están impagados ou non están. Agardo que esas prácticas non teñan nada que ver con esto que estamos cociñando aquí, non teñan absolutamente nada que ver. Pero o certo é que ese control absoluto que agora reforzan, e que hai esa orde, chega a extremos nos que, por exemplo, no Concello de Pontevedra se fai un reparto, un sorteo, e o Alcalde decide e o BNG, segunda forza política, queda fóra. O Concello de Poio non lle toca no sorteo entrar e non sei que pasa. ¿Saben vostedes cal vai se-la composición?. A segunda forza política nas municipais, que o que afecta aquí no Partido Xudicial de Pontevedra, a terceira política da provincia, con catro alcaldías exactamente na zona de influencia da Caixa, saben vostedes de 124 na Asemblea Xeral, que se entende que representan ás forzas sociais, ¿saben cantos representantes vai te-lo BNG?. Cero. Poden felicitarse e aplaudirse do éxito que tiveron de control absoluto da Caixa, poden felicitarse, lograron exactamente o que querían. O PSOE algún pero moi pouquiños tamén, pero o caso do BNG xa é máis espectacular, cero. Poden mangonear a gusto e estanno facendo na Caixa. Pero esto é gravisimo, creo que tanto para o PP por ensinar a pata, digamos, claramente das maniobras que está facendo cunha Institución que se entende que é representante dos axentes sociais, como das consecuencias que pode ter na propia Institución. Empecei dicindo que para caciques Pontevedra e remato dicindo que para caciques os que mangonean en Pontevedra, aínda que non sexan dela. Esto é absolutamente impresentable. Evidentemente, vamos votar en contra e non nos veñan con disculpas de que só se renova a mitade, só se renova outra mitade, só se renova a contramitade, non sei o que pasou. O que pasou, eu acaboo de describir, non sei, non sei, quen deu a orde, o que sei é que orde hai, porque á parte mo dixeron aínda por arriba, vostedes tamén ás veces son indiscretos e mo dixeron, a orde haina, control absoluto e desde logo que o BNG non entra de ningunha maneira, pero non só nos dezasete que si nos correspondería, non nos dezasete do Consello de Administración, que nos correspondería de sobra tendo o 20% dos votos, senón nos 124 da Asemblea Xeral, e de 124, cero. Repito, esto desde logo dubido que hai cen anos, nos tempos aqueles que se falaba dos caciques, chegara ós extremos que están chegando vostedes agora, dubido motisimo, non teño documentación, evidentemente, pero dubido moito que pudese chegar ós extremos de control, de manipulación do que son as eleccións e de coordinar decisións desde unha Institución allea ás Institucións propias e desde un partido para que a representación nesta Institución da Caixa de Aforros Provincial poida chegar a estes extremos e coas consecuencias que pode ter e que supoño que dará bastantes máis voltas que esta intervención miña no Pleno. Nada máis e moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra D. Baltasar García. Sr. García García.- Yo quisiera, antes de empezar, hacer una observación previa, simplemente porque he leído la incompatibilidad de Julio Pedrosa Vicente y me pregunto si no incurre en la misma incompatibilidad Oswaldo Lino González, porque los dos son Concejales del Ayuntamiento de Vigo y por lo tanto ahí podría haber una incompatibilidad. Sr. Pedrosa Vicente.- Oswaldo Lino González es el Alcalde de Las Nieves. Sr. García García.- Es un error por parte nuestra, lo cuál corrijo, muy bien, Alcalde de Las Nieves. Todos son Alcaldes aquí, todos son Alcaldes. Vamos a ver yo creo que aquí hay varios hechos que hay que contemplar, hay varios hechos, uno de ellos exige que se modifique la representación que ha envíado a la Diputación y se contemple la proporcionalidad de los grupos que estamos representados en esta casa. Esa es una exigencia en base al principio de proporcionalidad, en base al principio democrático y en base a que no se defraude a los electores que han votado opciones políticas distintas de las del propio partido del PP. Si lo que se trata al final es decir, esto es nuestro, nosotros hemos ganado las elecciones y por lo tanto el botín de guerra que significa para nosotros nos lo repartimos como quieren hacer, entonces lo que estamos es con una clara violación del principio democrático y de respeto al más esencial sentido de la democracia y del respeto a las fuerzas políticas y a la voluntad popular. Esa es una parte, ustedes han cogido once exclusivamente de su grupo, y además once que son Alcaldes, Concejales, etc., o exconcejales o exalcaldes. El Partido Popular como tal Partido Popular, la parte más dura del Partido Popular y yo creo que una de las partes más reaccionarias del Partido Popular se ha hecho cargo, se han cogido y se han montado en el poder que puede significarles la Caja de Ahorros. Y la pregunta es la siguiente: ¿es tan importante la Caja de Ahorros Provincial para que se haga un desembarco de esta categoría?, ¿qué hay detrás de ese desembarco?. Porque cualquier ciudadano se tiene que preguntar eso. Se podía haber optado por el hecho en sí de haber potenciado a personalidades de la Economía, personalidades de la Universidad, personalidades de reconocido prestigio en la sociedad. Se podía haber optado por ahí y haber optado también por ver como se repartía entre los distintos grupos políticos y se les daba entrada, que también los grupos políticos pudiéramos dar entrada a personalidades que estuvieran en la órbita que nosotros consideramos nuestra. Pero no, se optó por la vía más dura. Yo creo que la vía más mezquina de la política es el garantizarle un puesto al militante del Partido Popular, al que ha contribuído y ha luchado en la guerra para ganar las elecciones, al final hay que darle parte del botín, eso es al final, la conclusión. Y existen una serie de realidades que suceden alrededor de esto, una es que la Caja de Ahorros Provincial es una entidad financiera solvente y que los pontevedreses y los ciudadanos de la provincia queremos que siga siendo solvente, y las Cajas de Ahorros se sostienen fundamentalmente por los impositores y con todas las movidas que se están produciendo de lucha por el poder, dentro de ustedes están luchando unos contra otros por el poder de la Caja, y además por el hecho en sí de que políticamente se vaya al copo de la Caja de Ahorros, crea necesariamente en los impositores desconfianza, que puede en su momento redundar o llevar a que la Caja de Ahorros no sea tan sólida, no sea tan solvente y pierda poder en el mercado de las entidades financieras, y eso es grave. Desde esta Institución, que hemos sido la Institución fundadora, tendríamos que velar para darle garantía a los ciudadanos de que esta Institución sigue y seguirá siendo solvente, de que no existen manejos políticos extraños para manipular los fondos de los ciudadanos que depositan ahí su confianza. En suma, tenemos que dar confianza a los ciudadanos de que es una Institución sólida y que desde la política queremos que siga siendo sólida y ustedes han hecho totalmente lo contrario, ha sido vergonzosa la política que se nos ha proyectado de las peleas internas dentro del PP para conseguir un puesto en la Asamblea de la Caja de Ahorros. Y esperemos que no repercuta, no vaya más allá de la lucha que ustedes mantienen entre ustedes y las cuatro notas de prensa que aparezcan que desgastan sensiblemente la Caja de Ahorros. Pero además tenemos en cuenta otra cosa. La nueva Ley de Cajas de Ahorros que saldrá en breve prevé que parte de los excedentes se dediquen al fondo social, o sea, el fondo social va a ocupar un capítulo más importante. Y ahí existe la duda, por lo menos de los socialistas, que no tenemos la posibilidad de opinar y exigir un control de que determinadas cosas no se hagan, de que los fondos de la obra social sean destinados a ferias del cocido, a ferias del caldo de no se cuanto, a ferias de no se que, del marisqueo o de lo que sea, pero no se atenderán los verdaderos problemas sociales que signifiquen problemas de desarrollo de la provincia de Pontevedra, de Pontevedra ciudad. Probablemente, cuando se tenga que discutir cómo se deriva el fondo acción social, se destinará mucho dinero para sustituir la política social de la Xunta por un lado, para contentar a muchos Alcaldes que no tienen forma de ganar votos que no sea a través de ese camino, pero para lo sustantivo, la Universidad, la Universidad de Pontevedra, no habrá un duro. Y eso será responsabilidad suya, eso será responsabilidad suya. Y por lo tanto han escogido un mal camino para hacer que una Institución de prestigio y que significa un pilar fundamental en la economía de la ciudad de Pontevedra y de la Comarca de Pontevedra, vaya perdiendo espacio en el conjunto de las Cajas de Ahorros. No quiero extenderme mucho hablando de la posibilidad de fusiones y de cómo esas fusiones se podían hacer. Lo único que les preocupa es cómo va su Ayuntamiento, cómo poder seguir engatusando a los vecinos de su Ayuntamiento a través del camino que sea. Yo siento que se haya escogido un mal camino. Es el camino de darle algo a los militantes del Partido Popular y no darle participación a la sociedad civil. La sociedad civil es una cosa para ustedes, es algo a la que le exigen el voto pero que después a la hora de la verdad no cuentan con ella. El Partido Socialista podía haber callado, podía haber dado por buenos los once nombres, pero si eran hombres que estaban vinculados a la economía por uno u otro lado o por el prestigio intelectual de sus personas saber que cuando se plantearon problemas de fusiones o cuando se plantearon problemas de desarrollo en la Caja de Pontevedra se haría con la máxima objetividad y el máximo criterio de desarrollo. Así, lo único que esperamos es que se pueda financiar la fiesta del caldo, del cocido, en no se dónde. Yo voy a finalizar porque la verdad es que este tema a los de Pontevedra nos preocupa, es una parte de nuestra economía que además ustedes no han tenido siquiera la sensibilidad de poner entre los once una persona, una persona, aunque fuera del Partido Popular, entre los once que perteneciera a la sede central, a Pontevedra. Indiscutiblemente es una Institución Provincial y debe estar toda la provincia representada, pero de once por lo menos tendría que haber uno. En suma, cambien ustedes la lista, den entrada a personas institucionales, de esta casa o de otra casa, institucionales o Alcaldes, personalidades de la Economía, de la Universidad y personalidades de prestigio. Copien de otras Instituciones que han abierto el abanico para que no sólamente sean los políticos que se presentan a las elecciones sino sea la sociedad civil la que esté ahí representada. Y además lo hagan proporcionalmente a la voluntad popular. Y finalizo ya. Yo creo que ustedes soportan la democracia, pero cuando pueden la pisotean sin ninguna contemplación. No queda nada más que decirles esto, ustedes tienen que soportar la democracia porque no hay otro remedio, hemos sido muchas las personas que hemos luchado por ella y nos hemos partido el pecho para que a ustedes se les llene la boca de democracia de vez en cuando, pero cuando hay que aplicarla la pisotean y la humillan de mala manera y cualquier demócrata se tiene que sentir humillado por el comportamiento de ustedes en la elección de los once representantes de esta casa. Y nada más. Sr. Presidente.- Muchas gracias D. Baltasar. Tiene la palabra el Sr. Barros. Sr. Barros González.- Gracias Presidente. A verdade é que é lamentable escoita-las verbas aí do compañeiro Baltasar ou antes tamén un pouco as do amigo Mosquera, porque estamos tratando un tema que ten moita importancia, pero un tema propio da representativade da Deputación e fundamentalmente do grupo de goberno da Deputación, nuns termos tan graves e tan desastrosos que parece que somos aquí seres doutro mundo, parece que somos sobre todo do Partido Popular, cando eu creo que a xente do Partido Popular cando se fala de democracia somos tan dignos coma calquera outro representante de calquera outro partido ou nalgúns casos ó mellor máis. E polo tanto, por favor, que non se nos desprecie. A democracia non é un patrimonio exclusivo dos socialistas nin dos do BNG nin de ningún partido de esquerdas. Eu creo que a democracia é unha necesidade e un ben que temos todos que compartir e que nadie se pode poñer ningunha bandeira especial, incluídos os do Partido Popular. Creo que temos un talante, ou podemos ter un talante tan democrático coma o primeiro. Hai excepcións en tódolos sitios, en tódolos lugares, pero aproveitar un tema destes para aínda por encima acusarnos como se fóramos uns retrógradas da política e que fóramos uns antidemocráticos, eu considero que é unha exageración absurda e innecesaria neste momento. Neste punto da orde do día trátase de aprobar unha lista de once representantes da Deputación e polo tanto son once representantes do grupo de goberno da Deputación que democraticamente, xa que fala de tanta democracia, son os que elixiu esta provincia á que representamos maioritariamente o noso partido, por algunha cousa será. Hai que respectar iso, eso hai que respectalo por encima de todo. E se nós eliximos unha representatividade de once persoas tan dignas ou máis se cabe que calquera outro que pudéramos elixir de todos vostedes ou dos seus partidos hai que respectalos, eso é en primeiro lugar, aí é onde empeza a democracia, a democracia é respectar a eses señores. E parece que vostede fala de catedráticos, fala de personaxes que teñan entendementos económicos, etc., etc. Creo que aquí hai personaxes, un abanico amplisimo de once persoas, se as coñecen ou se as queren coñecer e se as queren valorar, un abanico amplisimo de tódalas representacións sociais que poida haber dentro da nosa sociedade, que tamén fan falta dentro dunha Institución como a Deputación Provincial. Estamos nestes momentos só facendo o cambio, porque así democraticamente ten que ser, de once membros de vinteún que nos corresponde na Asemblea Xeral da Caixa, onde dentro doutros dous anos hai que volver a nominar outros dez representantes desta provincia. Hai unha cousa que é determinante e que deben de saber, porque parece que tamén estamos poñendo en entredito a representatividade da propia capitalidade da provincia cando o propio Presidente da Caixa representa á capital da provincia e foi nominado por esta Deputación. Está na lista dos outros dez, entre eles hai algún pontevedrés máis, da capital. E neste momento, dos once que se nomean só poden pertencer ós órganos de representatividade da Caixa estatutariamente tres, dous no Consello de Administración e un na Comisión de Control. Os demais necesariamente serán membros unicamente da Asemblea Xeral. E despois, hai outra cousa moitisimo máis grave, que son as observacións, amigo Mosquera, que son moi graves, e eu falo xa non só na condición de Deputado senón tamén de Vicepresidente da Caixa de Aforros de Pontevedra e de membro da Comisión Electoral, porque sei que se está levando un proceso totalmente aséptico e limpo dentro da Caixa, por moito que digas Mosquera, de verdade, e invítote a que veñas a comprobar todo o que queiras, fixéronse sorteos de tódolos impositores ante Notario sen ningún tipo de problemas, aí saíron persoas de toda índole social e ideoloxicamente sabe Dios de que partidos. É imposible levar un control dos miles e miles de clientes que ten a Caixa. Outra cousa é que agora teñan posibilidades ou non de ir ó Consello de Administración porque tamén é un número reducido de membros que pode chegar só ó Consello de Administración ou á Comisión de Control, é moi reducido tamén ese número, estatutariamente porque non pode ser doutra maneira. Pero necesariamente a representatividade que vai haber dos impositores foi antes sorteada ante Notario e totalmente aséptica e pública sen ningún tipo de problema, como son os demais actos da Comisión Electoral. Outra cousa é se logo hai quen presente outras listas cando é o momento de elixilas pola Asemblea Xeral, que normalmente ata agora dentro dos procesos, e levamos aí dentro da Caixa xa bastantes anos, non houbo listas alternativas, senón que sempre se respectou a lista que presentou o Consello de Administración que ten dereito a presentar estatutariamente esas listas. E neste momento pódolle asegurar a todos os que estades aquí que a primeira cousa que fixemos, e está aí a historia da Caixa e pódese comproba

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición