Fondos
1996-10-18_Extraordinaria. Acta de sesión 1996/10/18_Extraordinaria
Acta de sesión 1996/10/18_Extraordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.18.810/3.1996-10-18_Extraordinaria
Título Acta de sesión 1996/10/18_Extraordinaria
Data(s) 1996-10-18 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 1,2 Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 18 de outubro de 1996 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día dezaoito de outubro de mil novecentos noventa e seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse os Sres./as Deputados/as, D. Xosé Ramón Abal Varela, Dona Carmen Avendaño Otero, D. Xosé Manuel Barros González, D. Adolfo Campos Panadeiros, Dona Ramona Castaño López, D. Xosé Costa Díaz, D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, D. José Luis Fernández Lorenzo, Dona Carmen Ferro Carballo, D. Lino Fontán Mariño, Dona Ana Gandón Menduíña, D. Baltasar García García, D. Emilio González Iglesias, D. Oswaldo Lino González Pereira, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. Mario López Martínez, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Julio Pedrosa Vicente, D. Amado Ricón Virulegio, D. Ramón Sestelo Fernández, D. Santiago Tirado Serén, D. Pablo Vázquez Caride e D. Manuel Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten os Sres. Deputados, D. Miguel Domínguez Vaz nin D. Rafael Louzán Abal, que excusaron ámbolos dous a súa inasistencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a comezar o Pleno extraordinario convocado para o día de hoxe. 1.3959.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día: aprobación do borrador da acta da anterior sesión ordinaria do día 27 de setembro de 1996. ¿Algunha alegación á acta?. Ten a palabra Ana Gandón. Sra. Gandón Menduíña.- Si, no primeiro tema que se aprobou, na páxina 2 empeza unha intervención miña dicindo que nós votamos favorablemente e o que pasou exactamente e dixen foi que nós non votamos favorablemente. Para que conste así. Sr. Presidente.- De acordo. ¿Algunha alegación máis?. Apróbase por unanimidade. O Pleno acorda por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 27 de setembro de 1996, coa corrección mencionada pola Sra. Gandón Menduíña na páxina 2, onde en lugar de dicir "nós vamos a votar favorablemente", debe dicir "non vamos a votar favorablemente". ------ Folla: 2,6 2.3960.- COMPROMISOS DA DEPUTACIÓN EN RELACIÓN CO CONVENIO DE COLABORACIÓN COA CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA PARA OBRAS EN VÍAS PROVINCIAIS [COTOP] Sr. Presidente.- Pasamos ó punto 2 da orde do día: Compromisos da Deputación en relación co Convenio de colaboración coa Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para obras en vías provinciais. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Realmente o tema non ten especial relevancia e incluso é algo sorprendente. Explícome, aquí hai un Convenio entre a COTOP e a Deputación, na que a COTOP se compromete a poñer 1.100.000.000 nas estradas provinciais e a Deputación adquire uns compromisos nese mesmo Convenio. E o que nos vén hoxe aquí é a ratifica-los compromisos da Deputación, compromisos que xa estaban ratificados unha vez que se aproba o Convenio. En concreto, estrictamente, o que se vén a aprobar é que a Deputación se compromete para por a disposición da COTOP os terreos necesarios, libres de cargas e gravames, a da-las autorizacións pertinentes e a recibi-las obras unha vez feitas. Ese é o compromiso. En principio parece así moi neutro e moi aséptico e se a COTOP vai invertir cartos nas estradas provinciais, poñe-los terreos a disposición parece algo absolutamente razonable. O que non é razonable, como xa dixemos no seu momento e tiñamos moitas dúbidas, era o propio Convenio tanto na súa financiación coma no seu reparto. Na súa financiación porque no 96 pon 5.000.000, no 97 250.000.000, no 98 375.000.000 e no 99 475.000.000. Unha cousa absolutamente estraña. Este tipo de convenios son dos que para facer uns arranxos, ás veces moi pequenos, se demora a financiación catro anos e a saber despois que vai pasar con eles. E repito, tanto na financiación coma no reparto, porque o reparto das estradas, unha vez detallado as súas, detalle que conseguimos onte practicamente, non cando foi o Convenio, resulta que hai zonas da provincia onde as estradas provinciais están en moi mala situación e que non levan absolutamente nada, non se arregla ou non está previsto arreglar, que xa veremos se se cumpre esto ou non, absolutamente ningunha estrada provincial, a pesares das necesidades que hai. Nós estaremos atentos a que esas estradas se arranxen por outra vía, sexa por vía de fondos propios da Deputación, sexa por vía do Plan da Rede Viaria Local, sexa polo que sexa, pero estaremos atentos a que se faga e incluso agardemos que se faga antes posiblemente das obras que están previstas neste Convenio, que como dixen antes teñen unha financiación absolutamente adiada. Ben, como todo o que sexa invertir na provincia, aínda que teña os seus sesgos tanto financeiros como de reparto territorial, por parte da COTOP nos parece positivo, no nos vamos opoñer, menos nos vamos opoñer agora a este trámite absolutamente rutinario, en principio, aínda que resulte estraño, xa o dixen antes. Polo tanto vamos a mante-lo mesmo sentido de voto que tivemos cando veu o Convenio ou borrador de Convenio, que foi a abstención. Nada máis e moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias. Ten a palabra D. Emilio. Sr. González Iglesias.- En principio, cando miramos a cantidade que figura neste Convenio, 1.100.000.000 de pesetas é unha cantidade que asusta e digo que asusta porque é a primeira vez nesta Deputación que se fai unha inversión da Consellería mediante un Convenio de 1.100.000.000 de pesetas. Ocurre que lido xa non asusta tanto porque estamos falando de 1.100.000.000 de pesetas repartidos en catro anos; entón, estamos falando en realidade dunhas aportacións. Se fixéramos o reparto entre os catro anos a partes iguais sería de 275.000.000. En realidade son 5.000.000 do ano 96, 250.000.000 do 97, 375.000.000 do 98 e 470.000.000 do 99. Ata aquí, entendemos que se pode conseguir un Convenio mellor en aportación, porque os quilómetros de carretera que ten esta Deputación son o suficientemente importantes como para que a Consellería teña que dotar de máis cantidade tanto a esta Deputación como ás outras Deputacións. E xa entrando na cuestión que nos trae hoxe aquí, é curioso que apareza na orde do día o Convenio e unha relación de carreteras, relación de carreteras que máis adiante falarei sobre elas; sen embargo o título da orde do día son compromisos da Deputación e loxicamente cando hai compromisos da Deputación hai que medilos economicamente e eso non figura aquí en ningún sitio; é dicir, nós vamos a aprobar uns compromisos de Deputación que non están cuantificados por ningún sitio, pois a aportación de terreos hai que cuantificala, hai que dicir canto vale eso. E mezclando as cousas, resulta que nalgunhas delas se di no informe do Enxeñeiro de Vías e Obras que son continuación de obras iniciadas con proxectos redactados que contemplan expropiacións, co cal estas xa estarían zanxadas. Estou falando concretamente de Rubiós-Taboexa e enlace Meirol-autovía en Mondaríz. Pero nas outras non, e entón, cando se trae aquí a Pleno para aprobación unha relación como a que se trae, o lóxico é ou vén a relación completa para todas ou non vén para ningunha; é dicir, volvo a repetir, non sabemos economicamente o coste que lle vai supoñer á Deputación e é en realidade o que vamos aprobar neste Pleno. Entendemos que debería vir doutro xeito, debería vir cuantificado na medida do posible. E para rematar un pouco no tema de carreteras provinciais, volvemos un pouco á mesma canción de sempre: un plan provincial de carreteras. Creo que no último ano escoitei aquí xa tres veces que está en fase de realización. Volvo a dici-lo mesmo, dificilmente sen un plan provincial de carreteras, sen dicir que carreteras van seguir sendo provinciais, que carreteras van pasar ós Concellos ou dos Concellos á Deputación e que carreteras van pasar á Comunidade Autónoma, estamos facendo inversións sen tino e sen xeito. O Grupo Socialista entende que mentres non se faga un plan provincial de carreteras estamos un pouco no aire con todas estas inversións. Polo tanto, non vai mante-la posición de voto en contra que sempre mantivo nestas cuestións, vámonos abster, porque, como dicía ó principio da intervención, é a primeira vez que se produce unha inversión da Consellería, aínda que volvo a repetir que nós quixeramos que a inversión fora maior para os quilómetros de carretera desta provincia. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias. Ten a palabra o Sr. Tirado. Sr. Tirado Serén.- Aquí o único que se trae é algo que xa veu na vez anterior cando era autorizar ó Presidente para asinar un Protocolo e para que a Xunta se fixese cargo de todas estas obras. Neste caso concreto, e xa Mosquera o deixou reflexado, trátase de subscribir tres puntos: un, poñer a disposición os terreos necesarios; outro, dalas autorizacións oportunas para poder realiza-las obras por parte da Xunta; e por último recibir, unha vez realizadas, esas obras. Na relación aparecen pavimentacións ou reparacións duns tramos na zona norte, outros na zona sur e despois unhas obras novas. Evidentemente, cantas máis obras se fagan por parte da Xunta, menos nos quedará a nós que facer e menos teremos que aportar para manter en bo estado a Rede Provincial. Pero temos que recoñecer que non se vai acabar aquí a Deputación porque a Deputación non acaba con esas obras, vai continuar evidentemente; os fondos propios seguirán tanto mellorando a actual rede como incluso provendo a rede de novas vías. O parque de vías provinciais non se vai rematar con este plan. Apuntaba Emilio que puido ser mellor; evidentemente todo é mellorable. Tamén á inversa, volvendo a oración por pasiva, puido ser peor. Así como aquí se conseguen 1.100.000.000 de pesetas, puidéronse haber conseguido bastante menos, por eso, coma tódalas cousas, todo é mellorable e todo puido ser peor. Detállase aí que non figura a aportación de tódolos proxectos. Evidentemente non figura, pero si figura dentro dos propios proxectos porque tódalas obras que neste momento van ser financiadas a través deste plan xa teñen o proxecto na Xunta e en todos eles figura a aportación que a Deputación ten nas reparacións que haxa que facer ou nas ampliacións que haxa que facer. Quizáis puido haberse traído aquí, puidose haber traído aquí. Hai que asumi-la parte que corresponde. Temos que considerar que é un plan importante; por primeira vez, como se dicía, a Xunta asume directamente unha importante parte da rede provincial e veremos que, aínda que efectivamente falábase de que vai fragmentado neses catro anos, iremos seguindo o desenvolvemento e a súa vez a Deputación irá completando a parte que lle corresponda para que ó cabo dos catro anos, tal como diseñáramos ó principio da lexislatura, a rede provincial quede nun estado que poidamos tódolos que actualmente compoñemos a Corporación sentirnos satisfeitos. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Tirado. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Catro cousiñas moi puntuais. Primeiro, ¿por que só aparecen os compromisos da cláusula sétima e non aparece o da sexta?. ¿Por que a COTOP non nos esixiu que tamén ratificáramos que os proxectos serán redactados pola Deputación?. É algo sorprendente esta esixencia da COTOP, este compromiso me parece algo esixente. A ver se alguén me pode explicar por que sucede esto. Segundo, xa vai sendo hora de que cando ningún paisano nin ninguén escribe Taboeja, nesta Deputación se siga escribindo Taboeja. Nos papeis oficiais que veñen aí aparece estrada Rubiós-Taboeja, aparece Las Nieves, Puentecaldelas, é a repera en verso. Están vostedes incumprindo a normativa da Xunta, ou sexa, que por favor coiden esto. Despois, con respecto ó propio Convenio, que o Portavoz do Partido Popular nos di que é bo, nós xa dixemos que todo o que veña, todo o que cae na rede é peixe, pero de tódalas maneiras segue sendo sorprendente que se firme agora un Convenio, que a COTOP adquira compromisos para o ano 99, ata se cadra para reparacións e bacheos; moito nos dá que desconfiar que poida suceder e que se cumpra, pero se está así, xa está. E unha última pregunta, ¿por que non vai ningunha estrada do Morrazo?. O reparto territorial segue sendo o que é, xa antes me queixei del, agardo que noutro plan se compensen estes desequilibrios territoriais cando hai estradas que teñen tamén elevadas necesidades nesa zona. Nada máis. Sr. Presidente.- Ten a palabra D. Emilio. Sr. González Iglesias.- Digo que loxicamente é o mellor Convenio porque é o único que se fixo ata agora, entón evidentemente é o mellor que hai ata agora. Ben, a min hai unha cousa da intervención do Sr. Tirado que me sorprendeu enormemente e é que eu pensei, cando estaba facendo a primeira intervención, que non estaban cuantificados os compromisos da Deputación, os costes para a Deputación, pero da súa intervención se desprende que si están cuantificados porque di que figuran no proxecto que está na Consellería. Polo tanto, eu entendo que se están cuantificados teñen que vir aquí cando o punto da orde do día é "Compromisos da Deputación", aproba-los compromisos da Deputación. Se están cuantificados hai que traelos aquí para aprobar. Eu pensei que non estaban, pero se están dígannolo para dunha vez dicir que é o que vamos aprobar, que coste representa para a Deputación o que vamos aprobar. Sr. Presidente.- Vamos a ver. Eu non sei se entendestes perfectamente a Tirado. Eu quería aclarar unha serie de cousas porque ó fin e ó cabo estiven no medio das negociacións. O Sr. Tirado dixo que efectivamente estaban os proxectos na Xunta. En parte si e en parte non; a realidade é que están os proxectos de todas aquelas obras que non levan consigo expropiacións, é dicir, o que é simplemente votar unha capa de rodadura ás estradas que están en mal estado. Polo tanto, tódalas que leven expropiacións, nós agora adquirimos os compromisos de face-los proxectos e de aí valorarase precisamente as expropiacións. Polo tanto non están. O Plan que plantexa Emilio é un tema que vimos plantexando, pero que non depende só desta casa, depende tamén da Consellería de Ordenación do Territorio e depende por suposto tamén dos Concellos, ou sexa, eso non é diríamos unívoco no sentido de que o podamos facer nós sós. Entón non depende só desta casa, é un tema que se plantexou na Consellería de Ordenación do Territorio; loxicamente aínda non se plantexou nos Concellos e supón un estudio que non se pode facer en quince días nin posiblemente nun ano, pero estamos neso. En canto á redacción de proxectos, practicamente tódolos convenios que ata agora eu vin asinados coa Consellería e con calquera entidade, incluso cun Concello, leva consigo a dispoñibilidade de terreos por parte do Concello e leva consigo tamén a redacción dos proxectos, polo tanto esto non é unha discriminación hacia esta Deputación por parte da Consellería da COTOP, estao esixindo a tódolos Concellos e a tódalas Deputacións. E aínda que sexa a modo de anécdota, Sr. Mosquera, Taboeja non o puxo esta casa. Vostede ve o documento que veu da Xunta e poñen Taboeja, pero nós temos Taboexa e se non pódese ver aquí. No documento que vostede ten, que é o Convenio, vén da Xunta e pon Taboeja, no noso pon Taboexa. Na aprobación do Protocolo pon: Mellora do trazado da estrada provincial Rubiós-Taboexa, As Neves. Nun sitio si e noutro non, de acordo. Sra. Gandón Menduíña.- Eu non é para falar sobre o conxunto do tema porque xa o fixo o meu compañeiro e non vou abondar neso. Gustaríame te-la confianza, de tódalas maneiras, que acaba de expresa-lo Presidente da Deputación en que as cousas foran así. Nós, desde logo, temos menos confianza, entre outras cousas porque para este ano son 5.000.000 de pesetas e o outro xa se verá que pasa cos orzamentos da Comunidade Autónoma para o próximo ano e a ver que pasa nas eleccións autonómicas no caso de que volva a gaña-lo Partido Popular, cousa que nós nin desexamos nin agardamos, se efectivamente se mantén ese compromiso. De momento non é máis que eso, un Convenio que alude a intencións de compromisos futuros, polo tanto non podemos te-la mesma confianza; pero non era desto do que quería falar senón, non sei se facelo a modo de chiste a ver se así teño máis éxito porque xa en plan máis serio intentei facelo na Comisión con pouco éxito. Cando aprobou o Pleno o borrador do Convenio, llo pasei a unha serie de xente de entidades e de asociacións das parroquias afectadas, no caso de Vigo, por unha das estradas que vai aí incluída. Uns días despois me chamaron para dicir que estaban contentisimos porque observaban que parte desa estrada lla ían arranxar dúas veces no mesmo Convenio, ou sexa, primeiro lla ían anchear, acondicionar e mellorar, e a continuación lla ían volver a anchear, mellorar e acondicionar, porque repiten e se montan un taco cos tramos, e quen lea este Convenio e coñeza as estradas ás que se refire non entende que é o que vai face-la Deputación nin onde, nin a Xunta. Se fala da estrada de Beade-A Garrida, como un tramo, e logo se fala doutro tramo que forma parte dese a súa vez. E como se dixéramos, vamos arranxa-la estrada de Pontevedra a Vigo, entón tantos millóns para a de Pontevedra-Vigo e logo tantos millóns para a de Redondela-Vigo. Aquí o mesmo, e ó final eu non sei se é que son os dous tramos da mesma estrada, se é que é unha estrada e outro tramo diferente que se confundiron, ou sexa, francamente é difícil saber a que se compromete exactamente nin a Deputación, nin a Xunta neste Convenio, nesa estrada. Entón, a non ser que pensen adxudicalo dúas veces, e arranxalo dúas veces e a deixaron bueno, bárbaro, quedará preciosa, non, pero eu agradeceríalle que o corrixiran e que quedara claro nese Convenio a que tramos concretos se refire desa estrada. ¿De acordo?. Sr. Presidente.- Gracias Sra. Gandón. Sr. Tirado Serén.- Gracias Sr. Presidente. Como chiste non está mal. Eso de dicir que se vai reparar dúas veces a mesma estrada polo mesmo lugar pois non está mal. Temos que recoñecer que unha estrada pode chamarse de cincuenta mil maneiras, depende por onde empeces e por onde acabes, e como aí hai un tramo que hai unha ponte pódese chamar desde onde empeza ata a ponte e outro onde acaba ata a ponte. En realidade tódalas obras van sobre a mesma estrada e sen repetilas, evidentemente. Sr. Presidente.- Gracias. Procedemos a súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase coa abstención dos grupos da oposición. Aprobándose polo Pleno corporativo do pasado 26 de xullo de 1996, o Protocolo de Intencións e o borrador de Convenio entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e esta Excma. Deputación Provincial para a realización de obras en vías provinciais, que permitan mellora-las infraestructuras na provincia e solventa-los problemas de comunicación, para eleva-la calidade de vida dos seus cidadáns, cun importe de MIL CEN MILLÓNS DE PESETAS (1.100.000.000); e a fin de dar cumprimento ó clausulado do referido convenio e, en concreto, ó contido da cláusula 7ª do mesmo, o Pleno acorda por maioría de votos do Grupo Popular e coas abstencións do PSOE e do BNG, aproba-lo seguinte: 1.- O compromiso por parte desta Excma. Deputación Provincial, de poñer a disposición, libres de cargas e gravamens, tódolos terreos necesarios para a normal execución das obras, compromiso que suporá, como trámite previo á licitación das mesmas, a expedición da oportuna certificación acreditativa de tal dispoñibilidade, conforme á cláusula 8ª do Convenio. 2.- O compromiso de concede-los permisos e autorizacións necesarias, no seu caso, para a realización de tales obras. 3.- A obriga por parte desta Excma. Deputación Provincial de asumir, unha vez realizadas as obras e previa comunicación da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, a explotación e conservación das mesmas. ------ Folla: 6,9 3.3961.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO DE REFINANCIACIÓN DA DÉBEDA PROVINCIAL Sr. Presidente.- Punto terceiro da orde do día. Adxudicación do concurso de refinanciación da débeda provincial. Ten a palabra D. Julio Pedrosa. Sr. Pedrosa Fernández.- Muchas gracias. Muy breve porque el tema ya es sobradamente conocido. Desde hace unos meses y aprovechando la situación económica y su repercusión en las condiciones de los préstamos bancarios, el equipo de gobierno se planteó la posibilidad de estudiar la refinanciación de la deuda de esta Institución. Así se hizo por parte de los equipos económicos de la casa y, tras múltiples gestiones con las entidades financieras, nos atrevimos a presentar un concurso para la refinanciación de la misma, incluso corriendo el riesgo político de que a lo mejor no se presentaba ninguna y tendríamos que soportar ese resultado. Afortunadamente nuestras previsiones se cumplieron y en el concurso se presentaron dos ofertas, de las cuales la Mesa de Contratación, tras los pertinentes estudios y aclaraciones sobre la propuesta presentada, eligió, y así se propuso a la Comisión de Hacienda y en este momento al Pleno, la opción presentada además por entidades muy ligadas con esta Institución como es Caixa Pontevedra, Vigo, Ourense y Banco de Crédito Local, y de entre las tres opciones que planteaban se optó por la que consideramos más conveniente, que supone un mayor ahorro en la deuda provincial; es decir, aceptar esta refinanciación a un tipo de interés del MIBOR más el 0,15. Además del ahorro que supone en la vida del préstamo a 10 años, lo fundamental para nosotros fue que en los tres primeros años, que es lo que más nos va afectar y donde se va a notar más la importancia de esta reducción, supone un ahorro prácticamente de 150.000.000 de pesetas. Si tenemos en cuenta que el coste de toda esta refinanciación no va a llegar a los 7.000.000 de pesetas por la comisión de apertura que tiene, yo creo que, seamos de la idología que seamos, tendremos que aceptar que es una buena operación para esta casa. Por mi parte nada más. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pedrosa. Ten a palabra D. Emilio. Sr. González Iglesias.- Nós non temos nada que obxectar a refinancia-la débeda da Deputación. Como moi ben dicía o Presidente da Comisión, nos tempos que corren con baixas do tipo de interés o lóxico é facer esto, e se se houbera feito ben no seu día a refinanciación da débeda da Deputación non habería que estar acudindo agora, é dicir, se fora a un tipo variable. Xa se estaría corrixindo automaticamente. Pero ben, non temos nada que obxectar a ese tema. Simplemente, ó Presidente da Comisión dicirlle que o risco político que anunciaban, por se alguén no se presentaba, non o cree nin el nin eu nin ninguén; é dicir, cando se fai unha operación deste tipo loxicamente se consulta antes, se sondea antes e se sabe desde antes que se van a presentar diferentes institucións bancarias. Tampouco temos absolutamente nada que obxectar á adxudicación do concurso; loxicamente para nós a mellor das opcións posibles das que se presentaron é á que se lle vai adxudicar. Pero si temos que obxectar, e o dixemos xa no seu día cando se tiveron no Pleno, as bases para refinanciar. Nas bases abríase unha posibilidade, seguiuse mantendo, e eso a nós non nos permite votar a favor. A posibilidade de que a Deputación poida retrasar ou deixar ir no tempo ata 8 trimestres de amortización da débeda, o cal significa que se nalgún momento esto se fai todo aforro que se pode conseguir nesta operación desaparece como tal, porque os 8 trimestres se seguen pagando intereses. Polo tanto, o dixemos naquel momento e o seguimos mantendo hoxe, non podemos aprobar esta refinanciación porque se mantiveron nas bases estas cuestións e se segue mantendo hoxe en día. Vamos absternos. Sr. Presidente.- Gracias D. Emilio. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Como xa se falou nas bases, trátase de refinanciar 15.571.000.000 de pesetas, que é a débeda viva calculada nestes momentos desta casa e que estaba a MIBOR máis 0,50, a MIBOR máis 0,45, a MIBOR máis 0,375. En principio, a intención de rebaixar ese diferencial de 0,45 ou 0,48, que era o promedio, era unha boa intención. Xa non vamos entrar nas consecuencias. Chegamos a esto por unhas operacións de enxeñería financeira nesta Deputación que foron absolutamente aberrantes e que levaron a que a débeda chegara a andar nos 17.000.000.000. Agora está na cifra que dixen antes, 15.571.000.000. Agora, con respecto a este tema e con respecto ó que citou o Sr. Pedrosa, o Portavoz do PP neste caso, do éxito desta operación, quería facer unha serie de consideracións que á parte afectan incluso o funcionamento desta casa. Esta operación xestouse evidentemente ante a baixa do tipo de interés e xestouse, como é lóxico, falando coas entidades de crédito a ver que posibilidades había de que tivera éxito ou non, ou sexa, que se presentaran ou non. Ás entidades de crédito se lles falou dunhas condicións e ó parecer, e así se nos comunicou, había varias entidades interesadas. A última hora, ese era o dato que a vez pasada nós non sabíamos, resulta que se lle puxo a condición deses oito trimestres de carencia que podía a Deputación optar. Eso fixo que varias das entidades interesadas en presentarse se retiraran, non se presentaran. E algunha desas entidades estaba disposta a presentalo ó MIBOR máis 0,05, que eran as cifras que vostede está mencionando, pero esa cláusula, que non sabíamos que se metera á última hora, fixo que a operación non fose tan boa como pudo ser. Independentemente que vostedes prometeron e seguen prometendo que non van facer uso, polo menos en pouco, neste ano, o que vén, desa cláusula, salvo condicións excepcionais. Pero creo que as cousas é mellor que se sepan nos seus termos estrictos e a realidade foi esa. De feito non é un gran éxito que se presente só unha entidade; é dicir, que practicamente non hai concurso. Outra entidade que se presentou era parcialmente e de todas maneiras presentouse cun MIBOR máis baixo sen esa condición que vostedes puxeron a última hora pois. Sen esa condición houbéramos logrado seguramente o 0,10 e o 0,05 seguro, o que suporía un aforro algo máis elevado. De tódalas maneiras, o aforro existe, non nas cifras que se barallaron senón nas que o Presidente da Comisión agora dou, unhas cifras realistas, poden andar en cincuenta e algo millóns o primeiro ano, baixando porque o baixa-lo montante, o principal do crédito, os intereses son menos e entón o aforro é menos, e en tres anos si pode andar nesa cifra e en dez anos pode andar, se cadra, en trescentos e pico millóns, que é un aforro. Non é todo o que se debera, e á parte a enxeñería financeira nesta Deputación, a pesar de ser un axuste técnico, porque no fondo é un axuste técnico, é dicir, as refinanciacións fortes foron as anteriores nas que se movían miles de millóns, foi absolutamente desastrosa. A enxeñería financeira desta Deputación, incluso para unha cuestión de axuste técnico, segue fallando. Acabo de explicar por que; desde logo non é un fallo tan clamoroso como o das pasadas dúas refinanciacións que foron absolutamente calamitosas. Simplemente neste caso é que en vez dun aforro máis grande, en vez de ser 60.000.000 ou 65, son 50, pero é un aforro e polo tanto benvido sexa, pero a enxeñería financeira desta Deputación segue fallando escandalosamente, non nos termos desde logo das anteriores refinanciacións pero segue fallando. E como é un aforro, como non hai á parte ningunha posibilidade agora de financiar nada, é dicir, o do 0,15 ó 0,05 non hai maneira de baixalo, agora non vai ninguén a entrar a esa refinanciación, é un aforro, nós vámonos abster na adxudicación. Nada máis e moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra o Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Vicente.- A mi me encanta conocer las buenas relaciones del Bloque con la gran banca, de la buena información que tiene, eso es bueno. Le diré que, por ejemplo, se acaba de firmar en Vigo, como usted sabe muy bien, una refinanciación también de doce mil y pico millones de pesetas. No tiene la cláusula de los ocho trimestres y el MIBOR que consiguieron es exactamente el mismo, o sea, que no debe depender sólo de la cláusula de ocho trimestres. Por otro lado, le diré que si a usted le parece poco el ahorro de 150.000.000 de pesetas en tres años, a mi me parece más que suficiente. Otra pequeña concreción: hablaba de que hay créditos en este momento que tiene la Diputación que no son al 0,50 sino al 0,45 y al 0,37. Le diré que si, pero de los 15.000.000.000 son 597 millones sólamente, con lo cuál prácticamente la totalidad de la deuda estaba al 0,50. Y en cuanto a lo que decía D. Emilio de que la cláusula de ocho trimestres iba a suponer perder todas las ventajas económicas que tenemos si se utiliza, le diré que ya lo habíamos discutido en su momento cuando se discutieron las bases. Evidentemente, si se utiliza esa cláusula en algún momento, al retrasar el plazo de amortización va a suponer un coste algo mayor, pero en todo caso si eso se hace, como usted comprenderá, sería por un problema de Tesorería en un trimestre determinado. Si existe ese problema de Tesorería y no tenemos la posibilidad de suspender el pago de este trimestre y tenemos que acudir en ese momento a un endeudamiento, no le quepa la menor duda que el coste sería muy superior. Por eso, esta es una posibilidad que se deja abierta en un plazo que es a diez años, que en principio y si la situación económica, como esperamos todos, sigue mejorando no se va a utilizar, pero en todo caso, si alguna vez hay que utilizarla, va a resultar más barato que acudir a nuevo préstamo. Nada más. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pedrosa. Tiene la palabra el Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Non é que nós teñamos, non sei se por sorte ou por desgracia, relacións coa gran banca, non sei exactamente que significa ese termo, se é a banca multinacional, se é a banca non sei que. O que si procuramos é documentarnos e cando foron as bases non sabíamos o que pasou á última hora. E agora si nos documentamos con respecto a eso. E non me veña co exemplo de Vigo; é que en Vigo tamén hai carencia, claro, por eso poñen ese tipo. Aquí houbo algunha que xa tivo seis anos de carencia, dous cando se pediron, dous cando se refinanciou a primeira vez e dous cando se refinanciou a seguinte. Sen carencia pódese conseguir máis 0,05, con carencia non. Cando me di que en Vigo se consigue igual me está dando a razón, ou sexa, a cláusula esa penalizounos aquí e en Vigo. Claro, exactamente é o que sucedeu. Ó poñerlle carencia sucede eso. E nada máis, eu creo que está clarisimo. Ó final só aparece unha e á parte seguramente ata inducida precisamente polas boas relacións que ten con esta casa ou porque son os que teñen créditos e non queren deixar de telo diñeiro prestado. Nestes momentos a banca o que ten é capitais ociosos que quere invertir; entón, perder de ter invertidos, prestados cartos, posiblemente lle sexa gravoso. Posiblemente aí hai algo raro; entón, non fai falta ter grandes relacións con ninguén senón simplemente preguntar a quen está no gremio. A enxeñería financeira desta casa, reitero, segue, a pesar de que non é o desmadre financeiro que houbo noutra época, nin estas refinanciacións son as calamidades que houbo noutros tempos. Pódolle dicir, por exemplo, como dato do que é a enxeñería financeira desta casa, que houbo un momento na primeira refinanciación en que se estaba pola labor de facela en divisas, e ó final saiu un Decreto do Ministerio de Economía que o prohibiu. Se non nestes momentos en vez de deber 15.700 deberíamos 25.000 millóns. Bueno, pois estaban entusiasmados e ó final porque houbo un Decreto que o prohibiu. A enxeñería financeira nesta casa sempre foi unha catástrofe, e non posiblemente polos técnicos senón por decisións políticas. Agora parece que non están os termos tan desastrosos pero tampouco é boa, estrictamente por esa cláusula que se puxo a última hora con descoñecemento das consecuencias que podía ter cara a propia refinanciación. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra D. Emilio. Sr. González Iglesias.- Sr. Pedrosa, operaciones de tesorería a diez años no se pueden hacer. Mire, la operación de tesorería se hace en un momento puntual por una tensión de tesorería en la Institución, en un momento puntual, a seis meses, a un año. Ustedes, si lo hacen con ese fin que usted anuncia están planteando una operación de tesorería a diez años vista. El trasladar los ocho trimestres en el tiempo significa que este crédito no es a diez años, puede ser a doce años. Por lo tanto, toda la operación de ahorro desaparece como tal. Eso es a lo que me refería. Y además, si es por eso pueden retirarlo, podían haberlo hecho, que fue nuestro planteamiento en las bases, se acordará, de retirar los ocho trimestres; pudieron hacerlo en aquel momento porque si el tema era de operaciones de tesorería lo tenían muy sencillo. Cualquier operación de tesorería se hace a ese mismo interés o ligeramente más bajo. Una de estos días, bastante más pequeñita, y de un Ayuntamiento pequeño, de 50 millones de pesetas, a 7,15, igual. Sr. Presidente.- Gracias D. Emilio. Procedemos á votación do punto número 3, adxudicación do concurso de refinanciación da débeda provincial. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Queda aprobada polo tanto a adxudicación correspondente coa abstención do PSOE e do BNG. Visto o expediente tramitado ó efecto para a adxudicación do concurso para refinancia-la débeda provincial, mediante unha operación de crédito (préstamo a longo prazo); vista a proposta da Mesa de Contratación e o informe de Secretaría e Intervención desta Deputación, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, acorda por maioría de votos do Grupo Popular, e as abstencións do PSOE e do BNG, aproba-lo seguinte: A adxudicación do concurso á opción A da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, por se-la máis vantaxosa para esta Deputación e cumprir coas condicións esixidas nos pregos de condicións, que oferta: - Ó MIBOR máis un diferencial de 0,15 puntos e unha comisión de apertura do 0,05% en tódalas alternativas, e demais condicións que constan no expediente. Así mesmo, acórdase que a cantidade definitiva para refinanciar esta operación queda fixada na cantidade de QUINCE MIL CINCOCENTOS SETENTA MILLÓNS OITOCENTAS CORENTA E DÚAS MIL SETECENTAS OITENTA E UNHA PESETAS (15.570.842.781), de acordo co informe de Secretaría-Intervención que se une ó expediente, que pode ser modificada polas posibles amortizacións que se produzan ata a data da sinatura do contrato. Así mesmo, acorda facultar ó Ilmo. Sr. Presidente desta Deputación, para levar a cabo as actuacións que sexan precisas para concerta-la expresada operación de crédito. ------ Folla: 9,12 4.3962.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS Nº2/96 Sr. Presidente.- Pasamos ó cuarto punto da orde do día. Expediente de modificación de créditos número 2/96. ¿Algunha intervención?. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Estamos no segundo expediente de modificación de crédito, son 32.700.000 de créditos extraordinarios, partidas que non existían que se abriron, aínda que aquí está así, se podía interpretar como suplementos, é igual. É 1.047.000.000 de suplementos de crédito, fináncianse de baixas, dos aforros de intereses e de remanentes, sobre todo de remanentes de Tesorería do ano pasado. As partidas máis gordas a onde vai son Acción Comunitaria 8.000.000, o PAM 1.000.000.000, aportacións dos Concellos ó programa LEADER 9.000.000; ou sexa, partidas todas que en principio son absolutamente discrecionais o seu reparto, a súa decisión, incluso supón decisións tomadas que nós non participamos en absoluto nelas. Se vai ampliar Acción Comunitaria, se vai amplia-lo PAM, ou se a Deputación vai a suplir ós Concellos nas obrigas que teñen de aporta-la súa parte proporcional do que consiguen do LEADER, xa sona un pouquiño a coña. Ou sexa que os Concellos favorecidos por un programa aínda por riba a Deputación os favoreza máis. E despois hai cousas rechamantes e que son prácticas que non acaban de desaparecer nesta Deputación como é que haxa excesos en certas partidas, que haxa que suplementar e se fai como suplemento. Explícome: que eu sepa, a partir de novembro, por exemplo, ás bandas de música ninguén as chama para actuar ou moi pouquiño e aparecen 2.000.000 máis para actuacións concertadas. ¿Por que?. Pois porque alguén, o responsable, se excedeu, se pasou de crédito e agora hai que recoñecelo. Son prácticas que non se axustan á legalidade presupostaria e deberían desaparecer dunha vez. Se unha partida se quere aumentar se aumenta, se decide o aumento; por esta vía, que non é a ordinaria, se está tirando do gasto por encima da partida sen ter antes modificado esa partida. Bueno, en relación ó que pasou noutras épocas, esto é pequeniño pero é así. Esto, xunto con que nós non estivemos de acordo co Presuposto, polas razóns que expuxemos no seu momento, e porque non estamos de acordo na maneira de tramitación. Hai decisións tomadas nas que esta Corporación non participou en absoluto senón que as tomou o Presidente ou quen fose e xunto con que a propia tramitación e reparto posterior destas partidas vaise facer cunhas bases de execución que son así, deben se-las peores no sentido de menos, non sei se democráticas, non, pero menos participativas nas máis presidencialistas ou con menos competencia do Pleno, deben se-las bases de execución peores neste sentido que hay, pois lévannos a votar claramente en contra deste expediente. Nada máis e moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra D. Emilio. Sr. González Iglesias.- Si, Presidente en otros tiempos al menos se tenía la delicadeza o se guardaban las formas un poco más en esta casa y los puntos 4º y 5º de este Pleno iban a Plenos diferentes. Digo esto porque, mire, el expediente de modificación de créditos final, el fondo de esta historia, son los 1.000.000.000 de pesetas del punto 5º, del Plan de Acción Municipal, y son los 1.000.000.000 de pesetas de la campaña electoral del Partido Popular, que va a repartir el Sr. Presidente a sus amigos como bien el quiera. Y por supuesto, no vamos aprobar nunca una historia de este tipo. Sr. Presidente.- Perdone D. Emilio, ese es el punto siguiente. Espere usted un momento. Hable usted en el punto siguiente y luego critique todo lo que quiera, pero de momento, a mi entender, estamos en el punto 4º, expediente de modificación de créditos. Si quiere seguir siga. Sr. González Iglesias.- Ya había acabado, Presidente. Le estaba diciendo que al menos en otras épocas lo diferenciaban; aquí ya viene a continuación. Por lo tanto, Presidente, vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Gracias D. Emilio. Ten a palabra D. Julio Pedrosa. Sr. Pedrosa Vicente.- Gracias. Con respecto a D. Emilio será contestado en el siguiente punto porque el reparto de eso se verá en el siguiente. Con respecto a los comentarios de D. Cesáreo, también muy breve. Por un lado decir que se trata del 2º expediente de modificación de créditos en lo que va de año. Si cogemos el ejemplo de muchos Ayuntamientos, desgraciadamente tienen que hacer bastantes más, con lo cuál se demuestra que el Presupuesto no estaba tan mal hecho. Si tenemos en cuenta además que de los mil setenta y tantos millones de pesetas de que se trata el expediente, mil van para una partida concreta, y de los otros setenta y tantos, si vemos las partidas principales, nos encontramos que dieciocho son para temas de personal, diez para arreglos en Soutomaior, diecisiete para carreteras, nueve INTERREG, cinco para pago de facturas y tres para Asilos. Lo que se demuestra que el resto que queda es para defectos del Presupuesto, puede ser, pero estamos hablando de una cantidad del 0,000 no se cuentos del Presupuesto, creo que es muy poco. Y por último, en cuanto a los 1.000.000.000 a mi sí me gustaría destacar la importancia que esto tiene porque hace unos meses, cuando el Presidente anunció que se iban a dedicar 1.000.000.000 para ayuda a los Ayuntamientos, para el PAM en concreto, la oposición lo puso francamente en duda y hubo hasta carcajadas. Haber de donde los sacábamos. Pues aquí están, mire usted, se ha conseguido, hemos cumplido y lo que había prometido el Presidente se está presentando en este momento al Pleno. Aquí están los 1.000.000.000 de pesetas para el PAM, de este Presupuesto. Con lo cuál, el equipo de gobierno, yo considero, Sr. Presidente, que ha cumplido y aquí están, por lo tanto vamos a votar a favor de esta modificación de créditos. Nada más. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pedrosa. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Mire, eu o que dixen era que eran cousas pequenas, ou sexa, non estamos dicindo o mesmo. Agora, tamén dixen que a maioría, incluído os 1.000.000.000, van para partidas discrecionais, ou sexa, non comprometidas en plans obxectivados, polo menos que sepamos ata agora. Eso me parece un déficit gordo. Con respecto a se ían ser 1.000.000.000 e demais, pola nosa parte, que eu sepa, non dixemos nada deso. Non, non dixemos nada deso, deso nada, se non mire as actas ou mire incluso a prensa, nós non dixemos nada deso. Ou sexa, que vai haber 1.000.000.000; agora que hai dúbidas de se van ser este ano, se se van cargar o ano que vén, etc., etc., pode habelas en canto non coñecemos as contas reais desta Deputación, coñécennas vostedes, e de vez en cando, cando teñen que traer un expediente nos enteramos, pero non dixemos nada deso. Vostedes saben as contas e anuncian que van poñer 1.000.000.000; bueno, serán para o ano que vén, tampouco se puxeron prazos, puxeron vostedes un prazo que lles daba antes do verán, tráenno agora. De feito, en principio tamén pensaron meter máis, mil este ano e non sei canto o ano que vén, ó final queda en 1.400. Esas contas vanse facendo día a día. Nós non dixemos nada deso. O que si criticamos e volvemos a criticar é que o POS, por exemplo, da Deputación manteña a aportación máis baixa do que é habitual, para dedicalo a plans deste tipo sen ningunha planificación. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra D. Emilio. Sr. González Iglesias.- Me decía el Presidente y me decía el Sr. Pedrosa que yo estaba hablando del punto siguiente, pues mire, es que el punto siguiente se financia en este, o sea, he estado hablando por algo, Sr. Pedrosa. Yo fui de los que puse en duda ese plan de los 1.000.000.000 de pesetas, y lo hice por una razón, con la misma razón que lo puse en duda, hoy me asaltan temores; esta debe ser la única Institución de este país que utiliza todos los remanentes del año anterior, cosa que se hizo ya el año anterior. Y todos sabemos que hay remanentes que son reales y hay otros dudosos. Esta es la única Institución que los utiliza todos. Los riesgos de utilizar estos remanentes se ven al cabo de dos o de tres años. Simplemente la pregunta es ¿por qué esta es la única que los utiliza todos?. Simplemente esa. Sr. Presidente.- Gracias D. Emilio. Ten a palabra o Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Vicente.- Para D. Cesáreo. Cuando dejó aparte los mil, me pareció bien. Yo dije que la oposición se había hasta carcajeado, a lo mejor tenía que precisar; puede que hubiese sido sólamente el PSOE y que hubiese puesto en duda eso, retiro entonces lo del Bloque, perfecto. En cuanto a que el resto de las partidas son no objetivables, yo no se qué entiende usted por no objetivables cuando estamos hablando de complementos de personal que están fijados, cuando estamos hablando de obras en Soutomaior, cuando estamos hablando de un plan INTERREG y cuando estamos hablando de Asilos y de facturas. El 90% de esos 72.000.000 que quedan, a mi me parece bastante objetivable eso, pero es una opinión personal. Contestando a D. Emilio, que dice: ¿por qué esta Diputación utiliza todos los remanentes?. Evidentemente, es una decisión política, está clarísimo. Nosotros queremos que todos los remanentes se apliquen en beneficio de esta provincia, D. Emilio. No queremos tener remanentes contables. Cuando nos comprometemos a todos los remanentes meterlos en obras, evidentemente es que el dinero tiene que estar ahí; usted no le puede decir a un Alcalde que tiene 15.000.000 para una obra y después decirle que es un artificio contable, tiene que estar el dinero, y lo queremos expresamente dedicar a obras en la provincia, en beneficio de esta provincia, que para eso estamos aquí. Esa es la contestación. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pedrosa. Simplemente completarle a D. Emilio que todavía no se han utilizado todos los remanentes, posiblemente vendrán a otro Pleno, todavía no se han utilizado todos los remanentes. Si no liquidó el Presupuesto Madrid, usted lo sabe, non temos liquidado o Presuposto, logo non podemos utilizalo hoxe porque efectivamente aínda non se fixo a transferencia correspondente nin se liquidou o Presuposto do ano 95 no Ministerio. Sr. González Iglesias.- Mire, vamos a ver. En el expediente se hace referencia a que se utilizan todos los remanentes del año 95 de esta Diputación. Por lo tanto, se están utilizando todos. Se están contradiciendo entre el Sr. Pedrosa y el Sr. Presidente. El Sr. Pedrosa dice que es decisión política utilizar todos los remanentes y el Sr. Presidente dice que aún quedan algunos, que se utilizarán. Y mire, si no se hiciesen operaciones de este tipo, esta casa no sufriría las tensiones de tesorería que sufre porque lógicamente hay que pagarles no sólo a los Alcaldes, sino a las Asociaciones y le puedo decir que hay más de una, de diez y de cien, que llevan más de un año con subvenciones concedidas sin cobrar, y eso se produce por estas historias, y se lo demuestro cuando quiera con Resoluciones Presidenciales concediendo subvenciones que a día de hoy no han cobrado. Sr. Presidente.- D. Emilio, me sorprende lo último que usted acaba de decir. Indudablemente, me confirma el Interventor, que tengo a mi izquierda, que pode haber algunha asociación que non cobrou; que o xustifique, cando o xustifique cobrará, mentras non o xustifique por suposto que non vai cobrar. Está aquí o técnico e está dicindo que non hai problema de ningún tipo neste sentido. Ten a palabra o Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Vicente.- Muy breve, sólo para un punto. Yo creo que es importante que los medios de comunicación lo recojan porque no ha existido en todo este año ningún problema de tesorería en esta casa y esperamos que no exista. Se han reducido considerablemente los plazos de pago a todos los proveedores y a todas la subvenciones pendientes. Que quede eso muy claro porque es importante, porque nos jugamos en ello mucho en cuanto a coste de futuras operaciones; o sea, no han existido en todo el año problemas de tesorería ninguno, y repito lo que dijo el Presidente, si hay alguna asociación que no ha cobrado son por problemas de los mismos, que no han presentado todos los documentos que se le han exigido. Y si queda alguna despistada, que presente todo y se pagará. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pedrosa. Procedemos polo tanto á votación do punto número 4, expediente de modificación de créditos nº 2/96. ¿Votos en contra?. ¿A favor?. Apróbase por maioría do PP. En contra o resto dos grupos. Vista a memoria da Presidencia de 10 de outubro de 1996, en relación coa proposta para aprobación do expediente de crédito extraordinario nº 2/96 por importe de TRINTA E DOUS MILLÓNS SEISCENTAS NOVENTA E NOVE MIL OITOCENTAS OITENTA E SETE PESETAS (32.699.887); o expediente de suplemento de crédito nº 2/96 por OITOCENTOS VINTEDOUS MILLÓNS CENTO OITENTA E TRES MIL SEISCENTAS NOVENTA E NOVE PESETAS (822.183.699); e o expediente de transferencia de crédito nº 1/96 por DOUSCENTOS VINTECATRO MILLÓNS SETECENTAS SESENTA E UNHA MIL CORENTA E CINCO PESETAS (224.761.045), que se financian: o primeiro con baixas no capítulo 1º por 18.099.887 pesetas e no capítulo 3º por 14.600.000 pesetas; o segundo co remanente de Tesourería; e o citado en terceiro lugar de transferencia, finánciase con baixas no capítulo 3º; todos eles para acometer finalidades que se detallan nos anexos adxuntos e co fin da necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte; e visto así mesmo o informe emitido polo Sr. Interventor de data 10 do actual, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, acorda por maioría de votos do Grupo Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG, o seguinte: Aprobar ditos expedientes de modificación presupostaria, segundo o seguinte detalle: 1)Expediente de Crédito Extraordinario 2/96, por 32.699.887 pts. 2)Expediente de Suplemento de Crédito nº 2/96 por 822.183.699 pts. 3)Expediente de Transferencia de Crédito nº 1/96 por 224.761.045 pts. Ditos expedientes serán expostos ó público durante o prazo de quince días hábiles tal e como dispón o artigo 158 e concordantes da Lei 39/1988, de 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais. ------ Folla: 12,21 5.3963.- APROBACIÓN DE BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL PARA O BIENIO 1996-97 [PAM 1996 - 1997] Sr. Presidente.- Pasamos al punto quinto del orden del día y último punto: aprobación de Bases reguladoras do Programa de Acción Municipal para o bienio 1996-1997. Ten a palabra o Sr. Costa. Sr. Costa Díaz.- Bueno, en primeiro lugar, ter en conta o esforzo que a Deputación de Pontevedra, como Concello de Concellos, fai para levar adiante este importante plan. Importante plan polo seu volume, 1.400.000.000 de pesetas. Importante plan polo momento en que se leva a cabo posto que os Concellos da provincia están atravesando un momento crítico para as súas infraestructuras, que teñen deficiencias, e ademais ás veces para subministros importantes que teñen necesidade de facer. Importante plan tamén porque vai ó 100% e os Concellos están pasando nas súas arcas un momento crítico e é un desafogo que se poida acadar este plan tan importante sen que os Concellos teñan que aportar nada. Importante tamén porque se poden acadar obras que non se poden acadar noutros plans e incluso se poden comprar subministros. Teñan en conta que nestes momentos fan falta en moitos Concellos. E tamén como Alcalde, por suposto, a satisfacción deste plan e como Deputado apoialo totalmente nas Bases que neste momento se someten a aprobación. Nada máis e gracias, Presidente. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Costa. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Bueno, despois de escoitar estas loas e panexíricos do Presidente da Comisión, podía parecer como irrespetuoso o poñer algunha obxección a estas Bases. A realidade é absolutamente diferente, incluso en técnica de tratamento plenario. Nós, o outro día, detectando que estas Bases teñen graves erros tanto técnicos, de propia estructuración interna, como de transparencia, presentamos unha serie de emendas que anunciamos como voto particular e a técnica do Pleno levaría que antes de nada habería que discuti-lo voto particular destas emendas que nós presentamos. Paso ás emendas, e como o outro día na Comisión non houbo posibilidade de discutilas porque o Presidente simplemente dixo que as propuxera e que xa veríamos, propóñoas agora no Pleno e a ver que resultado teñen. Lamento que teñan que vir así ó Pleno; o normal é que estiveran antes tratadas, pero a causa foi que na Comisión pasouse a vota-las Bases tal como estaban, sen entrar a discuti-las emendas que agora paso a relacionar. Na base V hai unha novidade. Pon: "os Concellos e Entidades Locais Menores interesadas". Nós pensamos que unha de dúas, ou non se poñen as Entidades Locais Menores ou se concreta dalgunha maneira que relación vai haber cos Concellos, porque se non pode haber duplicidades, pode haber Concellos que saian absolutamente premiados ou podemos chegar, agardemos que non, e agárdome non darlle a idea, a situacións que pasaron nesta casa, nas que un Concello con 9.000 habitantes ou 8.000 levou nun plan destas 500.000 pesetas ou 1.000.000 e unha Entidade Local Menor con 400 habitantes se levou tres ou catro millóns. Entón, ou ben se suprimen as Entidades Locais Menores ou ben hai algún criterio de reparto para que nos saia primado un Concello por ter axuda tanto o Concello coma a Entidade Local Menor ou se produzan casos coma os que dixen antes que pasaran nesta casa. Na base V tamén, no último parágrafo, onde pon "Resolución ou certificación de acordo do órgano competente do Concello", nós propoñemos que sexa o Pleno. É unha técnica que incluso a Administración Central a esixe sempre, esixe que sexa o Pleno quen as aprobe e non é difícil de entender, xa que pode haber incluso problemas, porque o órgano competente, segundo como estea a delegación, pode suceder que sexa o Alcalde ou a Comisión de Goberno, e indudablemente se nós lle vamos dar cartos ten que haber un compromiso do órgano soberano, do órgano supremo, para que despois non poida haber problemas. É algo que se está facendo en tódolos ámbitos, faino a Administración Central coas Deputacións, esixe que sexa o Pleno, e á parte creo que se a Deputación dá cartos para unha obra tamén é interesante que vaia por Pleno e non quede nun órgano que non sexa público como pode ser a Comisión de Goberno ou o Presidente. Que se sepa publicamente que o Concello, a través do seu Pleno, elixe unha obra para este plan que ademais financia a Deputación. Con respecto á Base VI aquí hai algo que é profundamente discutible; no segundo parágrafo di que o 20% o reserva o Presidente para dalo fóra dos prazos. As Bases en si xa reservan que o Presidente o faga como queira, pero esta en concreto reserva o 20% para Concellos que igual nin presentan a documentación a tempo. Evidentemente parece que pode servir para premiar ós incumpridores, que non cumpran prazos nin nada. Pódese obxectar que pode ser por se hai un temporal. Non creo que poidamos facer unhas bases dun plan pensando se vai haber un temporal ou non, eso son situacións excepcionais que xa se arreglarán como sexa, entre outras cousas porque tamén pode haber baixas, pode haber anulacións, pode haber outras partidas que dean eses créditos ou pode haber, segundo se cita aí nunha cláusula, aportacións da Xunta que podían servir para este fin. En principio é unha cláusula extremadamente perigosa. Non parece moi serio abrir unha espita e que esto sexa premiar discrecionalmente ós incumpridores. Polo tanto a nosa proposta é suprimir o segundo parágrafo desa Base VI. Na Base VII trae unha serie de criterios para o reparto que en realidade se resumen nun, ou sexa, como e cando queira o órgano decisorio, neste caso o Presidente. Non nos parece serio que se faga algo deste tipo. Estes criterios non son nada obxectivos e entón propoñemos engadir ó final da base VII un apartado c) que diría o seguinte: 1) Elaborarase un reparto en base a criterios obxectivos que pasará por Comisión Informativa; e 2) Este reparto aproximado comunicarase ós Concellos antes do 15 de novembro. Nos parecen moi importantes as dúas cousas; unha, que haxa criterios obxectivos, e outra, tan importante ou máis, que os Concellos sepan a unha data fixa con canto van poder dispoñer para eso e non esa indefinición que pode levar ó que xa ten pasado, porque a historia está aí, de que igual a final de ano un Concello aínda non sabía canto lle podía dar. Os Concellos que o fan seriamente terán que elabora-los seus presupostos, terannos que aprobar antes de final de ano ou sobre esas datas e polo tanto deben saber con canto poden contar. Eu agardo que esta emenda sexa aprobada igual que as outras, que me parecen absolutamente mínimas e realistas. Na VI di que o prazo para pedi-las obras é o 31 de xaneiro do 97. O que se propón é que os Concellos sepan máis ou menos o que vai tocar, piden as obras antes do 31 de xaneiro do 97 e o que se propón aquí para a Base IX, despois do parágrafo un, que haxa un prazo para que os Concellos teñan concedidas esas subvencións. Ou sexa, que o procedemento sería, antes do 15 de novembro se lle comunica máis ou menos canto van a recibir, antes do 31 do xaneiro envían as súas solicitudes e proxectos e o que se propón aquí é que o prazo para a resolución da concesión sexa o 28 de febreiro do 97. Ou sexa, despois a Deputación ten un mes para comunicarllo e os Concellos a partir de aí xa poderían votar andar a súa maquinaria, contrata-la obra, etc. E xa para rematar coas emendas que se presentaban, na Base décimosegunda poñer unha condición máis. Actualmente pon que as obras deberán estar executadas e xustificadas antes do 31 de outubro do 98. O que se propón é que se lle poña un prazo de adxudicación, entre outras cousas para evitar as tomaduras de pelo habituales de que chegue un Concello e un mes antes de que acabe o prazo de xustificación pida o cambio de aplicación e cousas destas. Entón o que se propón é que a décimosegunda quede redactada da seguinte maneira: As obras que se acollan a este programa deberán estar adxudicadas antes do 31 de setembro do 97 e executadas e xustificadas antes do 31 de outubro do 98. O incumprimento de calquera destes prazos supón a anulación da axuda. Que quede redactado desa forma para que haxa uns prazos e evitar despois o que ten pasado, que o Concello pide alegremente tal, despois ó final cando queda un mes para xustificala resulta que tal, se non a ten adxudicada en tempo e forma que o pense e que cambie a obra canto antes para evitar estes problemas. Estas son emendas en forma de voto particular, polo tanto hai que votalas por separado ou por xunto antes de vota-las Bases no seu conxunto, pois son emendas que presenta o BNG e que agardo que sexan aceptadas. En todo caso é o que hai que votar primeiro e que se posicionen os restantes grupos. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra D. Emilio. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver. Una vez más aparecen las Bases de distribución del Plan de Acción Municipal, que substancialmente son las mismas de siempre, es decir, se varían un par de cosas pero al final incluso se repite lo que aquí se dice que la asignación de subvenciones a las distintas obras se hará en función de los siguientes criterios, estos son los mismos de siempre, obras de carácter hidráulico, acceso a núcleos de población, pavimentación de vías públicas, alumbrado público, etc., etc. Esto bien, si a continuación hubiese otra cláusula que nos dijese cuáles son los criterios de reparto. Volvemos a la canción de siempre; es decir, no se pueden poner 1.400.000.000 en manos de nadie, de ninguna persona, Sr. Presidente, se lo digo con toda la claridad del mundo, yo me fio de todo el mundo pero nadie, nadie, en esta Institución puede ser el responsable y tener la capacidad de decidir a quién le da los 1.400.000.000 de pesetas y como se los da, porque nunca nos dice qué criterios utiliza. Nunca nos dice si a Ayuntamientos más grandes les da más, si a Ayuntamientos más pequeños les da menos, si a los de más población les da más y a los de menos población les da menos. Por lo tanto, esto es lo que tiene que figurar en unas bases, unos criterios objetivos. Y esto no aparece por aquí y esto al final es el caballo de batalla de siempre. Incluso vemos cuestiones curiosas, como que el Presidente se reserve el 20% del crédito destinado en este programa fuera del plazo anteriormente señalado. Que más da. Digo que más da porque aquí en otras ocasiones el plazo se ha saltado por todas partes y no pasa nada. Ustedes lo hacen como quieran hacerlo. A uno lo que le extraña es que cuando ustedes tienen la mayoría absoluta que tienen, más que suficiente para aprobar los criterios de reparto que quieran, traíganlos al Pleno y dígannos a todos nosotros y díganle a todos los ciudadanos de la provincia de Pontevedra en qué criterios de reparto objetivo se basan, porque eso es algo que nunca supimos en esta casa y estoy viendo que vamos a seguir durante mucho tiempo sin saber. A uno le duele hacer estas intervenciones y le duele porque uno, más o menos, confía en las personas y se cree lo que le dicen, al menos de entrada, y uno recuerda una conversación con el Presidente donde hablaba de posibilidades de alcanzar acuerdos, etc., etc., y montones de cosas. Bueno, pues nunca hubo acuerdos aquí, ni siquiera se propició desde la Presidencia el que hubiese acuerdos, ni en el Reglamento Orgánico de Funcionamiento, ni en los criterios de planes, ni en el reparto de planes, para nada, en ninguno, ni siquiera llamar a los Portavoces para preguntarle su opinión, ni siquiera eso. ¿Qué ocurre con esto?. Que esto es lo que nos lleva en esta Institución a estar siempre diciendo las mismas cosas, o parece que siempre estamos diciendo las mismas cosas. Le voy a decir ahora lo siguiente: tuvimos una reunión con alcaldes del Partido Socialista en la provincia, y estos alcaldes lo primero que nos planteaban, y así está en un escrito que se metió por Registro ayer, era la posibilidad de llegar a un consenso en la distribución de fondos de la Diputación, un consenso entre los tres grupos políticos presentes. Tanto el Partido Popular, como el Partido Socialista y el BNG tienen diferentes alcaldes, tienen responsabilidades municipales en diferentes sitios y por lo tanto no debe ser muy difícil, si se quiere, propiciar un acuerdo, alcanzar ese acuerdo. Y la segunda cuestión que nos planteaban, aparte de esa reunión de Portavoces o incluso de alcaldes con el Presidente de la Diputación para tratar de llegar a ese acuerdo, era que esos criterios de reparto fuesen medibles y objetivables, es decir, que fuesen superficie o población o mezclándolos o déficit de infraestructuras, puestos escolares, yo qué se, se pueden objetivar entre todos. También se hablaba de que hubiese una cantidad fija por Ayuntamiento y de que desapareciesen las Entidades Locales Menores porque no tiene demasiado sentido en un plan que en principio se ha hecho para Ayuntamientos que estén apareciendo Entidades Locales Menores salvo que sea otra cuestión que yo me temo, pero que no voy a decir en estos momentos. Entiende el Grupo Socialista que lo que se debería hacer con este plan, con estas bases, es dejarlas sobre la mesa, y lo solicitamos formalmente, que queden sobre la mesa y que se abra un período para tratar de consensuar unas bases del Plan de Acción Municipal. Tiempo hay, no es una cuestión con tanta premura de tiempo y es lo que planteamos ahora mismo. Si no es así entraríamos a decir nuestra opinión de las enmiendas del BNG y sobre el plan concreto. Sr. Presidente.- Gracias D. Emilio. O procedemento parece ser que é votar en primeiro lugar as emendas presentadas como voto particular polo BNG e polo tanto se me permiten, eu contestarei ás propostas e logo procedemos á votación. Vamos a ver, Base V. Me parece que propón o BNG que se retire o tema das Entidades Locais Menores e que o órgano competente sexa o Pleno. Ben, con respecto á Base V que dicir que as Entidades Locais Menores van seguir estando, outra cousa é que efectivamente á hora de distribuir o diñeiro se teña en conta que nalgún Concello, como pode ser Gondomar que ten dúas entidades menores, se teña en conta á hora de distribuir ós Concellos. É dicir, que efectivamente non leve por unha parte a Entidade Local Menor x cantidade de diñeiro e por outra parte non se lle teña en conta que ese diñeiro xa se invirte tamén no Concello. Neste senso eu teño que d
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota