ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 1997/01/31_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.358/1.1997-01-31_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 1997/01/31_Ordinaria

  • Data(s) 1997-01-31 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 1,2 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 31 de xaneiro de 1997 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e nove minutos do día trinta e un de xaneiro de mil novecentos novenda e sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Vicepresidente D. Julio Pedrosa Vicente, reuníronse os Sres./as Deputados/as, D. Xosé Ramón Abal Varela, Dona Carmen Avendaño Otero, D. Adolfo Campos Panadeiros, Dona Ramona Castaño López, D. Xosé Costa Díaz, D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, D. Miguel Domínguez Vaz, D. José Luis Fernández Lorenzo, Dona Carmen Ferro Carballo, D. Lino Fontán Mariño, Dona Ana Gandón Menduíña, D. Baltasar García García, D. Emilio González Iglesias, D. Oswaldo Lino González Pereira, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. Mario López Martínez, D. Rafael Louzán Abal, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Santiago Pazos Moreira, D. Julio Pedrosa Vicente, D. Amado Ricón Virulegio, D. Ramón Sestelo Fernández, D. Santiago Tirado Serén e D. Pablo Vázquez Caride, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Vicesecretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten o Ilmo. Sr. Presidente, D. Manuel Abeledo López nin os Sres. Deputados D. Xosé Manuel Barros González, nin D. Manuel Vilar Márquez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a empeza-lo Pleno ordinario do mes de xaneiro. En primeiro lugar disculpar la ausencia del Sr. Presidente que como casi todos ustedes saben se encuentra en Madrid, en la Feria Internacional de Turismo, representando a esta Institución y representando por lo tanto a la provincia. 1.3999.- ACTAS ANTERIORES Sr. Presidente.- Comenzamos, con el permiso de todos ustedes, con la aprobación de las actas. ¿Alguna intervención?. Las damos por aprobadas entonces las actas. O Pleno acorda por unanimidade, aproba-los borradores das actas das anteriores sesións, ordinaria do día 29 de novembro e extraordinaria do día 27 de decembro, ámbalas dúas de 1996. ------ Folla: 2,10 2.4000.- BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA PARA O EXERCICIO DE 1997 Sr. Presidente.- Pasamos al punto segundo. Bases reguladoras del Programa de Acción Comunitaria para el ejercicio de 1997. ¿Alguna intervención?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Bos días. Eu antes de nada lamentar que o Presidente non estea porque practicamente ou parte das intervencións estaban destinadas a analizar a través dos puntos, das decisións que se van tomar hoxe, a política que se está a facer. Vou a seguir na mesma liña a pesares de que non estea o Presidente. Preferiría que estivera pero xa acaba de explica-lo Presidente en funcións. Bueno, estamos perante un Programa de Acción Comunitaria, e que este ano vai con cen millóns de pesetas. É un Programa xa coñecido, moi vello nesta casa, do caciqueo puro e duro a través das asociacións ou grupos veciñais que en gran parte dos casos non son máis que as xuntas parroquiais do PP disfrazadas con outro nome ou parcialmente agrupadas en función dos intereses dalgunha obra que sendo máis ou menos necesaria se utiliza dunha maneira clara, aberta e decidida en función de criterios políticos e intereses electorais do propio Partido Popular. É curioso que cando, e xa o outro día na Comisión se debatiu bastante, cando é un plan no que vai haber máis cartos se relaxan os mecanismos de control. En concreto ata agora había un mecanismo de control malo, que era que o proxecto tiña que vir asinado por un técnico. Estamos de acordo en que se suprima. Pero non se quixo admitir a proposta deste grupo que tivera que vir asinada por outro técnico, polo técnico municipal. Case sempre son obras de competencia municipal e polo tanto o Concello á parte de concede-la licencia pois debería, os técnicos do Concello correspondente, certificar ó final que a obra está feita e enterarse de que está feita e asumila ou ter coñecemento de como está no seu resultado final. Entón, non se aceptou esto, agardemos que aínda se acepte, porque nos parece que repartir cen millóns directamente a través da maquinaria da Deputación cando son obras municipais e evitando todo control municipal unha vez que concedeu o permiso non ten moito sentido. O que si se aceptou é que pola concesión, as solicitudes desas concesións pasen por Comisión para que a oposición se entere de como está funcionando, a quen van esas subvencións ou como van ser concedidas. Bueno, vostedes teñen maioría absoluta nas Comisións, é un dereito formal que nos parece positivo, pero que non, desde logo non subsana en absoluto os problemas de fondo e situacións que están sucedendo ano tras ano con este plan. Xa no Presuposto se discutiu esto. Creo que sería moi reiterativo volver a dar incluso tódolos exemplos habidos e por haber, pero estamos nunha situación na que volvemos ó ano 89. Volvemos ó ano 89 en canto ó funcionamento desta Deputación. Explícome. Estamos en ano de eleccións autonómicas, polo tanto se engorda moitisimo o Plan de Acción Municipal, se engorda moitisimo o Plan de Acción Comunitaria en puro estilo do Presidente daqueles momentos que parece que a súa política está sendo seguida por esta Institución nestes momentos ó pé da letra, exactamente ó pé da letra. E, temos que constatar con alarma, con alarma, que desde que tomou posesión a nova Corporación houbo un período no que o Presidente, Sr. Abeledo, que hoxe non está, intentou máis ou menos, en colaboración co equipo económico do Sr. Pedrosa, etc., intentou máis ou menos pois facer unha política autónoma nesta Deputación chegando a ter un comportamento relativamente obxectivo en canto ó trato que lle foi dando ós Concellos en función da cor política, máis ben centrándose nas necesidades obxectivas que se ían vendo e non estrictamente intereses partidarios, pero esa situación cambiou drasticamente desde hai uns meses para acá, podíamos por o punto inflexión no nomeamento como Deputado en exclusiva a D. Rafael Louzán. E desde ese momento estamos asistindo a un período no que todas, absolutamente tódalas peticións que pasan por esta Deputación, tanto do Plan de Acción Comunitaria como a Rede de Estradas Provinciais, como asfalto, como subvencións de calquera outro tipo, todas pasan polo filtro da comisaría política, todas, absolutamente todas. É absolutamente escandaloso que cando un Alcalde, unha Asociación calquera vén por aquí a pedir algo o seguinte paso, se acaso o recibe, é que quen fai de filtro político, neste caso o Sr. Louzán ou non sei se o Presidente ás veces, chame directamente ó xefe local do movimento, ou sexa, ó responsable do PP da localidade e todo vaia a través deses mecanismos. Neste momento a Deputación está convertida nun instrumento directisimo, directisimo das directrices do Partido Popular e da estructura do Partido Popular, das directrices ata certo punto podería ser incluso razonable porque politicamente quen goberna é o Partido Popular, agora, da estructura do Partido Popular desta maneira tan descarada de estar saboteando abertamente as asociacións, os colectivos ou os gobernos que non son do Partido Popular ponteando absolutamente sempre as súas peticións en vez de mirar se obxectivamente son necesarias ou non o son, digamos, prioritarias ou non, senón vai en función da chamada telefónica para saber que opina o xefe do PP a cal está afecto. O Plan de Acción Comunitaria do ano pasado, o Programa de Acción Comunitaria foi repartido estrictamente segundo eses criterios ou segundo ese tipo de funcionamento e xa puxen exemplos neste Pleno, se quere reitérollos. Incluso chega ó extremo de que algunha asociación que quixo pedir se cadra que lle mandaran asfalto e unha pala, lle comunican, porque ten alguén que lle quere ben aquí, lle din, mire, que veña co aval de fulanito e ese fulanito é o xefe da xunta parroquial do PP, senón non hai esa axuda. E bueno neste contexto un dos feitos máis graves precisamente é o propio Programa de Acción Comunitaria e sobre todo, sobre todo, a maneira en que vostedes están manexando. Xa sei, e se me dirá que vai esta vez, polo menos hai o compromiso se cadra de pasar por Comisión, exactamente igual que no 89, exactamente igual. Os detalles formais se coidan, coidamos os detalles formais, pasa por Comisión, pero despois resulta que o reparto, vostedes teñen a maioría, e o reparto fanno en función deses criterios, fannos absolutamente en función do informe, do filtro político que se poña a través da estructura do PP. E supoño que remataremos tamén na mesma situación, agardo que non, porque entón habería que poñerse xa noutros termos, na situación que vivíamos no 89, na que as palas da Deputación se repartían nas sedes locais do PP. Se ían pedir alí que xa había pala en función de quen a pedira. Pediríalles, pediríalles que reconsideren o plantexamento deste Plan e xa que está incluído no Presuposto, desde logo a nós nos parece aberrante que exista, pero caso de que manteñan a idea de que exista pois fagan, reconsideren o Plan e que se faga en base a algúns criterios obxectivos e obxectivables, non en función desa estructura do PP. Miren vostedes, tan pouca razón hai para manter este Programa que hoxe vamos a discutir dez, dez plans, dez, quedan os de Acción Social que deben ser un par deles e quedan os cinco do Goberno Central, ou sexa, hai dezasete plans nesta Deputación, dezasete, dezasete. Ben, pois é inexplicable por que estes cen millóns non se meteron no PAM ou non se meteron, e queda o PAM, dezaoito, e lle podíamos seguir sumando, seguramente cheguemos, bueno, son innúmeros, ou sexa, a min gustaríame preguntarnos a tódolos Deputados e seguro que ningún de nós era capaz a relacionar todos. Seguro que se lle esquencía algún, seguro. E, un chegaría a sete, outro a oito, outro a sete, outro a nove, outro a dez, outro a doce, bueno segundo o afinado que estivera, o inspirado que estivera nese momento, pero seguro que ningún era capaz a dicilos todos a menos que tivera a chuleta dunha hora antes. ¿Por que este Plan non se pasa polos Concellos?. É dicir se son obras municipais e á parte se recoñece nas bases que son de carácter municipal, ¿por que ese traballo comunitario non se fai a través dos Concellos?. Acabábamos con esto e tal. A razón está clara, ano electoral, partida para mover a través da estructura do PP. Desde logo vamos a votar en contra das bases, á parte decididamente en contra, e vamos a facer todo o posible, todo o posible, para que o mangoneo político que se fai con este plan habitualmente non chegue ós extremos habituais, e non me digan que os pediron, ¿como é a cantinela?, -é que houbo mil millóns o que implica que hai moitisimas necesidades polo tanto é un plan moi operativo que é moi necesario este ano e que son cen millóns, vai haber máis peticións porque as ...-, etc., etc., etc. Claro, claro, e puxemos axudas para libros de textos e nos pediron cincuenta mil millóns e nos pediron máis axudas, claro, claro, claro que piden, claro, claro que piden, vale, pero asegúrolles que se esto non tivera unha finalidade electoral vostedes o suprimen porque o traballo que lle daría facelo con criterios obxectivos, con criterios obxectivos e non a través das, da estructura do PP, esto sería antirrentable. Preferían darlle ós Concellos, que se mataran, que se arreglaran coas Asociacións, que foran cubrindo as súas necesidades e punto. Claro que hai solicitudes pero eso non demostra en absoluto nada, demostra que hai necesidades. O que estamos discutindo non é que haxa necesidades é que haxa Asociacións que o pidan porque eso xa sabemos que vai habelas. O que estamos discutindo é cal é a mellor vía para repartilos e a mellor vía desde logo non é esta que sempre foi, este Plan de Acción Comunitaria sempre foi así, sempre, e lle podía poñer uns cantos exemplos que rozan os delitos e de xustificar subvencións para obras que nunca se fixeron ou se fixeron barbaridades en vez de face-la obra, traídas de augas que ó final nunca se viu esa auga, etc., etc., e podíamos, este plan sempre funcionou así, sempre funcionou así, francamente mal e sempre sesgado a través da estructura do PP. Polo tanto vamos a votar en contra e lles pediríamos que reconsideraran o que van a facer porque é francamente conflictivo. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Le rogaría -perdone un momento D. Emilio-, a todos los Portavoces de los grupos que debido a la extensión del orden del día que tenemos hoy, la mayor brevedad posible, aún comprendiendo que hay temas importantes y que necesitan ser debatidos en profundidad. Dentro de esa idea les pido la mayor brevedad. Tiene la palabra D. Emilio González del PSOE. Sr. González Iglesias.- Gracias. Bueno estamos de nuevo ante el Plan de Acción Comunitaria. Es básicamente con la misma normativa de otras épocas, de otros años pero introdujeron un par de variantes ustedes en el tema. Un par de variantes que se pueden traducir en dos cosas, es decir, hay un incremento económico como corresponde a un año electoral, importante además, más del doble del que había el año pasado, y por otro lado, por si había algún problema digamos que se dulcifican los niveles de control. Niveles de control que a día de hoy con estas bases, si es que se aprueban y se van aprobar desaparece prácticamente. Y me explico, es decir, hace dos días en Comisión nos decían ustedes y nos decía el Presidente titular concretamente, que hombre, desaparecían cosas como que por ejemplo para la justificación firmase un técnico privado o técnico municipal. Porque claro si era un técnico privado igual le cobraba 50.000 ptas. a los perceptores de la subvención y era dinero que dejaban de percibir. Y del técnico municipal no daba ninguna explicación, simplemente se dedicó a decir que esto ya certificarían en su día los técnicos provinciales que la obra estaba hecha. Claro que, ahí en medio se produce una laguna, es decir, en que condiciones se hace la obra nadie lo va a saber nunca a pesar de que los diferentes grupos de la oposición manteníamos en la Comisión el otro día que lógicamente los Ayuntamientos deberían llevar un control de estas obras que a fin de cuenta son obras de carácter municipal y para servicios municipales y que van a revertir en los Ayuntamientos siempre. Bueno, ante eso no hubo ningún tipo de explicación sino simplemente la de que los técnicos provinciales firmarían que se había hecho la obra. Bien, ¿qué ocurre con este tema?. Bueno, o que se les ha escapado algo y es que resulta que se da la paradoja curiosa de que no se exige la firma de un técnico, siempre y cuando la obra no se haga por contrata, para justificar la subvención, pero si se va a exigir de forma indirecta y se exige de hecho para la solicitud de subvención. Es decir, la base 5ª dice claramente que los vecinos deberán presentar un proyecto técnico o una memoria valorada. Pues bien, un proyecto técnico lo hace un técnico y una memoria valorada también. Es decir, para acceder a una posible subvención que a lo mejor al final no se la dan, es decir decían que el año pasado habían solicitado por valor de mil millones de pesetas los vecinos, obras. Pues bueno, para eso si se va a exigir la firma de un técnico tanto en el proyecto como en la memoria valorada, en cualquiera de las dos fórmulas que se utilicen, pero para la justificación no. Entonces a uno empieza a saltarle la duda de que no es por ahorrar las 50.000 ptas. del vecino sino simplemente es para justificar lo injustificable. Este fue un plan, creo recordar también, el que produjo mayores problemas en esta Institución a la hora de justificaciones. Yo recuerdo a algún técnico de esta casa decir en un momento determinado, porque este plan hubo momentos en los que desapareció. Y como justificación y además lógica un técnico de esta casa decía que era absolutamente imposible, absolutamente imposible controlar estos planes. Y ponía un ejemplo muy curioso, decía, miren en cualquier petición, es decir, coja usted cinco peticiones, en ninguna de las cinco la bolsa de cemento va a costar lo mismo, en ninguna de las cinco peticiones. Por lo tanto estamos ante otra historia. Estamos ante la historia de tratar de controlar determinada parte de la sociedad civil o de tratar de tener en manos a determinados agentes electorales. Y eso es el tema de fondo y real. Lógicamente uno tiene o podía tener sospechas de que esto era así pero no tener la certeza, pero claro cuando ve las dimensiones económicas del plan la certeza es absoluta. Es decir, en una provincia que tiene un problema, el más importante de resíduos sólidos, se dedican veinte millones de pesetas. En una provincia con una zona costera con grandes deficiencias se dedican veinte millones de pesetas y figura pues en otros puntos del orden del día de este Pleno. Sin embargo en esa misma provincia se dedican cien millones de pesetas a un Plan de Acción Comunitaria que curiosamente es el tercer o el cuarto plan de este tipo que se desarrolla cada año en esta provincia. Y no hay que olvidarse que la Consellería de Presidencia o la Consellería de Agricultura tiene planes parecidos. También es curioso que sean lógicamente dependientes de un gobierno del Partido Popular. Es decir, ustedes emplean la misma fórmula allá donde gobiernan, gobiernen en Gobierno Autónomo, gobiernen en una Institución Provincial o gobiernen en un Ayuntamiento. Es una fórmula real al final de tratar de controlar a la población. Lógicamente nosotros no estamos de acuerdo con este tipo de planes, es una tesis que venimos manteniendo desde siempre y vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Muchas gracias. Tiene la palabra el Sr. Costa. Sr. Costa Díaz.- Gracias Presidente. Bueno, con referencia ás manifestacións do Sr. Mosquera, na Comisión Informativa foron debatidos todos estes temas en profundidade máis que nada debido a que o Presidente sabendo que hoxe non podía estar presente pois quixo presidi-la Comisión para que houbera o debate máis enriquecedor posible e que se chegaran a acordos posibles para que as bases saíran o mellor para todos. En relación a esto, como vostede sabe, pois incluso se tivo en conta unha proposta súa en relación a que pasaran pola Comisión Informativa antes de, tódalas peticións que se ían a conceder, antes de que foran concedidas polo Presidente. Respecto a que se quere indicar que porque é un ano electoral pois pode haber unha distribución. Eu estou seguro e o está demostrando o equipo de goberno e o Presidente, coas facultades que ten, nos temas que ten esta facultade, de que está facendo un reparto totalmente equitativo e que ademais a axuda do Sr. Louzán estamos todos convencidos de que é unha axuda dun apoio de traballo ó Presidente, un apoio importante e que todos estamos convencidos de que está facendo unha gran labor neste sentido. Respecto ás manifestacións tamén en canto a que se debe asinar un técnico municipal, bueno, con respecto ó que dixo D. Emilio, a pedir, para face-la petición é lóxico que teña que ser un técnico o que a faga posto que os veciños moitas veces pois non teñen as condicións para que esa petición veña dunha forma axeitada. Pero unha vez esto se presente o lóxico é que por unha banda van os técnicos da Deputación a revisa-las obras, por outra parte estas obras están sometidas a que teñan un permiso municipal e o mesmo Concello pode facer un seguimento, posto que cando dá un permiso dunha obra quédase co expediente de solicitude e se ten interese en face-lo seguimento o mesmo Concello pode face-lo seguimento. Pero despois tamén pois hai moitos Concellos que non teñen un técnico municipal fixo, propio, e entón aí é de onde vén que cando sexa para certifica-la obra fai falta un técnico, normalmente eso fai un custe de diñeiro que ás veces pode ser case unha cantidade. Se hai unha subvención de duascentas mil pesetas e o técnico lle cobra cincuenta pois en definitiva case a cuarta parte da subvención vai neste tema burocrático de papeleo. A intención de facelo é para evitar estes gastos, estamos seguros que as obras van ter un seguimento, como antes dicía, que o pode face-lo propio Concello se quere facer ese seguimento e por outra banda estou seguro que os técnicos da Deputación se certifican é porque as obras están feitas adecuadamente tal como se fixo no expediente. Nada máis. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Yo le rogaría la máxima brevedad. Es un tema debatido ya en los dos Plenos de los Presupuestos y en Comisión, ya tuvimos un primer turno de intervenciones. Por favor, muy brevemente. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Prométolle que nos restantes plans vamos ser absolutamente breves. Non se preocupe. O problema máis gordo é este. Miren vostedes, primeiro, non é que esteamos supoñendo que como ano electoral vai haber un reparto en función de criterios políticos. Non. É que temos demostrado que sempre que houbo este plan foi repartido en función de criterios políticos, que é diferente. Ou sexa, o único que podíamos agardar é que este ano non se fixera así, non que se fixera, primeira cuestión. Segunda cuestión. Eu cóllolle o reparto e resulta, ano 95, ano 96, resulta que no ranking, dos 61 Concellos, dos 62 agora, só se lle deu a asociacións de 32 Concellos e deses 32 curiosamente están todos, todos, arriba no ranking, ou sexa, levaron as asociacións deses Concellos máis cartos, todos gobernados polo BNG e o PSOE ou o PSOE e o BNG, todos, todos, ¡oh casualidade!, ¡oh casualidade!, que casualidade, verdade, debe ser porque hai máis necesidades neses Concellos. Ou sexa, en Poio mentres gobernaba o PP non había necesidades e unha vez que goberna o PSOE-BNG hai necesidades desas asociacións, ¡oh casualidade!. Aquí teño os datos oficiais, non estou invendando nada. ¡Oh casualidade!. Ben, entón mire vostede, a técnica esta é moi vella, ou sexa, nos plans que van ós Concellos dáselle máis ós que goberna o PP e nos outros dáselle ós afins ó PP, á parte de que se lle dea a algún máis. Esto é moi vello nesta casa, polo menos tan vello desde que eu estou aquí é así e é exactamente así. Sigue resultando absolutamente curioso, non dixen nada, que as asociacións non teñen porque estar legalmente constituídas. Con que firmen tres veciños e eso si para consegui-la subvención un deles ten que ser moi amigo ou o xefe local do movemento directamente, chega, chega. E non me faga repetirlle casos no que un colectivo de 70 veciños cunha obra inmensa non leva nada e ó lado tres que se poñen de acordo e teñen man no PP consiguen cartos. Non me faga porque lle podo poñer tódolos exemplos, con colle-la relación, tódolos que queira, exactamente tódolos que queira, e eso xa pasou, non é que esteamos sospeitando, xa pasou. E con respecto ó dos técnicos municipais, mire, esto é tal cachondeo que con cartos públicos se están facendo cousas que nin a propia administración sabe o que pasou. Eu rétolle a que me digan se saben, se podían certificar por exemplo as traídas de augas por onde pasan polas estradas provinciais. Non o saben. ¿Por que?. Porque se fan estas obras sen ningún control, se fan sen ningún control. Entón o normal é que un Concello o faga desa, certifique ó final o técnico e se un Concello non ten técnico, eu non sei canto lle cobra o técnico, eu asegúrolle que por ir certificar esas obras para o Concello, desde logo se lle cobra 50.000 ptas. cambie de técnico que os hai máis baratos, moito máis baratos. E en todo caso non sería o problema. Creo que se gañan cousas coma que o Concello sepa que obra e cal se fixo, primeira cuestión; e segunda, que se é unha obra de competencia municipal, se solucionou con duascentas, polo menos foron catrocentas, pois aínda que o Concello poña as cincuenta non lle pasa nada porque lle aforraron catrocentas da obra. Non pasa absolutamente nada. O problema non é ese, non a liemos por aí, o problema é que este plan, igual que a pala, as dúas cousas, tanto a pala coma o plan abusan directisimamente a través da estructura do PP e non é de recibo. É gravisimo que a estas alturas se segan mantendo estas prácticas e francamente nós estamos decepcionados do xiro que está levando este goberno da Deputación. Está caendo absolutamente nas peores mañas das peores épocas desta casa, exactamente así, así é de claro e de cru, pero é que así é a realidade. Aínda están a tempo de rectificar, que empezaron desde logo bastante menos mal do que están facendo agora. Están caendo nas peores mañas dos peores momentos desta casa. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si. Vamos a ver, Sr. Deputado, pode intentalo da forma que queira, desde logo non me vai a convencer para nada, para nada, que resulta que se o ano 96 tiveron peticións por máis de mil millóns de pesetas e esas peticións teñen que vir acompañadas polo informe técnico, á hora de xustifica-la obra feita para pagar pois o que era por corenta millóns que foron o que deron ó final deses mil millóns que se pediron, que non podían paga-lo técnico municipal, é dicir, é un absurdo. Resulta que se lle está facendo contratar a un técnico privado a calquera grupo de veciños para pedi-la subvención e despois para a xustificación non. Mire, penso que o aforro non está por ningún sitio. Volvo a reptir, ou sexa, este plan multiplicouse por dúas veces e medio o do ano pasado, por dúas veces e medio, e ningún plan desta casa tivo ese incremento. Loxicamente por algo será e non é esta a xustificación das peticións de mil millóns do ano pasado, non, a xustificación é que este é un ano electoral. E mire, xa para terminar, non me fale vostede das facultades que ten o Presidente para facer xusticia porque me estaba dando a sensación de que me quería falar de facultades divinas ou algo así. E facultades dese tipo o Sr. Presidente ningunha, ningunha, porque mire, xa por citar tres cousas nada máis. Non coñecemos o reparto do Plan de Acción Municipal do ano 95 e 96 que lle pedimos, eso é porque é un home moi aberto e facilita toda a información. Non coñecemos o convenio de Instalacións Deportivas, firmado coa Xunta, en que instalacións e con que anualidades se gastaron os cartos, porque tampouco non o deron. Ou por exemplo no tema das palas que se nos deron dúas relacións de todo o ano 96, dúas, unha do mes de maio e outra do mes de outubro, me parece que era. Polo tanto, mire, de transparencias, de facultades divinas e demais, nada de nada, esta é outra historia totalmente diferente. Esta é unha forma de facer política que teñen vostedes en todas partes, nin máis nin menos. E volvo a repetir, é dicir, agora mesmo con este é o terceiro Plan de Acción Comunitaria que está funcionando pola provincia. Curiosamente lle están pedindo vostedes ós veciños que fagan unha declaración xurada en conforme ou non recibiron subvencións ou a subvención que recibiron. Tódalas declaracións xuradas din o mesmo, que non recibiron subvencións, cando vostedes teñen moi fácil, se queren controlar ese tema con poñerse de acordo simplemente con dúas Consellerías, teñen o tema controlado e saben quen recibe as subvencións e quen non. Porque hai outra parte, é dicir, quen vostedes queren non só se lle paga a obra senón que se lle dá máis cartos dos que vale a obra. E este é un tema que xa foi obxecto de debate e de faltas de xustificación nesta casa historicamente, ou sexa, non é novo. Polo tanto é que non ten sentido no ano 1997 manter plans deste tipo. Simplemente con, xustificando con que o ano electoral co que son os cen millóns de pesetas e de que por aí se trata de controlar xente. Nada máis. Nin máis nin menos. Sr. Presidente.- Gracias. Simplemente para terminar el debate. Quedó muy claro ya hace tiempo cuál es la posición política de los tres grupos con respecto a este plan, el Partido Popular ha dejado también muy claro su apoyo a todo este tipo de pequeñas asociaciones o agrupaciones de vecinos, los está apoyando dentro de sus posibilidades incrementando el presupuesto y no por ser precisamente año electoral sino porque hemos visto las necesidades que surgieron y los resultados obtenidos en el año 96. Y simplemente por aclarar un último tema, decir que todas estas obras requieren licencia municipal y por lo tanto será una responsabilidad del Ayuntamiento y del Alcalde respectivo hacer un seguimiento y un control de estas obras. Por eso no se le exige además otros técnicos ni quedan al margen de los Ayuntamientos respectivos. Si el Ayuntamiento le concede licencia para estas obras que siga la ejecución de las mismas y exija el cumplimiento estricto de las condiciones de la licencia. Nada más. Pasamos a votación. ¿Votos en contra?. Bloque y PSOE. D. Emilio, como Portavoz, votación. ¿En contra?. En contra el PSOE y el Bloque. Abstenciones no hay. El resto votamos a favor. Gracias. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación, acorda por maioría de votos do Grupo Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG, aproba-las Bases Reguladoras do Programa de Acción Comunitaria para o exercicio de 1997, que son como segue: PRIMEIRA.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra no uso das facultades que lle confiren os artigos 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e o 30 do RDL 781/86, de 18 de abril, acorda establecer e facer público o seguinte Plan de ACCIÓN COMUNITARIA. O seu financiamento e réxime acomodaranse ó determinado nestas BASES. Dito programa financiarase con cargo ó crédito da partida 97/911.514-789.07 consignada a tal efecto no Presuposto de 1997, que poderá incrementarse mediante suplementación de créditos. SEGUNDA.- Os obxectivos das obras que se financiarán con cargo a este programa serán os seguintes: a) A mellora do medio rural e barriadas urbanas mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles, que permita ós seus habitantes unhas adecuadas condicións de vida. b) O desenvolvemento das Agrupacións veciñais ó obxecto de aumenta-la súa capacidade para resolve-los seus problemas. Dita solución requerirá a unión de recursos, esforzos e vontades. TERCEIRA.- As actuacións comunitarias caracterízanse pola concorrencia dos seguintes requisitos: a) Libre determinación dos veciños na elección das obras que desexan executar. b) Voluntariedade na participación e liberdade de ditos veciños sobre a forma de organizarse. CUARTA.- Dado o carácter municipal das actuacións a realizar en réxime de acción comunitaria, incumbe ás Agrupacións Veciñais obte-las licenzas necesarias para acomete-las obras solicitadas. QUINTA.- Decidida pola Agrupación de veciños a realización da obra a executar con cargo a este programa, poden estes solicitala directamente á Deputación, axustándose ó modelo anexo a estas Bases. A dita solicitude acompañaranse os seguintes documentos: a) Proxecto ou Memoria descriptiva e valorada (ou presuposto), con expresión dos seguintes datos: - Unidades de obra e prezo unitario das mesmas. - Número de xornais a realizar por prestación persoal e de transporte, e valor dos mesmos (non podendo supera-lo valor que lle corresponde ó salario mínimo interprofesional). b) Conxunto dos acordos adoptados polos veciños para a realización das obras en réxime de Acción Comunitaria, asinada polos participantes ou os seus representantes, con expresión do número do DNI, sinalando expresamente o compromiso de completa-lo financiamento da obra mediante a aportación do traballo, transporte ou metálico, así como de asumi-los riscos que puideran xurdir con ocasión da prestación antes citada. c) Declaración responsable na que conste se a Agrupación de veciños obtivo ou solicitou calquera outra axuda ou subvención para a mesma obra. d) Acta de constitución da Agrupación Veciñal. SEXTA.- O importe total das subvencións públicas destinadas a financiar obras en réxime de Acción Comunitaria non poderá supera-lo 50% do custo real das mesmas. Así mesmo, o importe total da subvención, que no seu caso, conceda esta Deputación non poderá exceder de 1.500.000 pesetas. SÉTIMA.- A asignación de subvencións ás distintas obras farase en función dos seguintes criterios: a) Obras que teñan por obxecto a mellora do medio rural ou barriadas urbanas que supoñan un mellor aproveitamento de recursos dispoñibles que permitan ós habitantes mellora-las súas condicións de vida. b) Obras que permitan o desenvolvemento das Agrupacións veciñais e que supoñan un aumento na súa capacidade para resolve-los seus problemas, e que a solución requira a unión de recursos, esforzos e vontades. c) Obras que permitan a prestación íntegra e ordenada en todo o territorio provincial dos servicios de competencia municipal citados nos artigos 25 e 26 da Lei 7/85, de 2 de abril que a continuación se citan; coa excepción da compra de terreos: 1º. Abastecemento domiciliario de auga potable. 2º. Acceso ós núcleos de poboación e explotacións de interese económico. 3º. iluminación pública. 4º. Pavimentación das vías públicas. 5º. Outras obras de interese para a Agrupación, incluídas nos citados artigos 25 e 26. d) Se coa aplicación das normas antes citadas houbese solicitudes de obra que os cumpran por igual, aplicaranse os criterios seguintes: 1º. Número de veciños beneficiarios da obra para a que se solicita a subvención. 2º. A potencialidade económica da Agrupación Veciñal que solicita a realización de obras con cargo a este programa de Acción Comunitaria. 3º. As necesidades das obras apreciada en razón da súa urxencia, estado material e condicións de uso. 4º. Outras circunstancias globais de interese socioeconómico, que a xuízo do órgano competente se deban considerar. OITAVA.- Corresponde ó Presidente a concesión destas subvencións, previo informe da Comisión Informativa de Cooperación que se abonarán unha vez sexa xustificado o importe da obra realizada previa presentación dos seguintes documentos: 1.- Certificación técnica cos requisitos previstos na Base Décima se a obra se realizou por contrata, e se non é posible: a) Facturas orixinais ou duplicados, conformadas polo Presidente da Agrupación Veciñal. b) Certificación asinada polo Presidente da Agrupación Veciñal da prestación persoal e do transporte cos requisitos esixidos na Base Décima. 2.- Informe dos Técnicos provinciais correspondentes ó obxecto de comproba-la realidade da inversión e que a obra executada se axusta ó previsto no proxecto ou presuposto, ou no seu caso, memoria valorada. O abono da subvención practicarase directamente á Agrupación Veciñal. NOVENA.- A xustificación destas obras farase mediante a emisión da correspondente certificación técnica, sempre que a obra sexa por contrata, e noutro caso, con informe dos técnicos provinciais da súa execución. Tanto unha como outro deben cumpri-los requisitos legais esixibles. A prestación persoal e o transporte deberá acreditarse mediante certificación na que se sinalen os datos identificativos dos veciños que traballaron na mesma e os xornais devengados por cada un deles, e se non é posible, os realizados en conxunto, e o valor unitario e total de ditos xornais. Os subministros e servicios contratados xustificaranse con factura orixinal ou duplicado, non se admitirán facturas fotocopiadas, ben sexan ou non autentificadas, cos requisitos que as fagan válidas a efectos legais. Deberá xustificar alomenos o dobre da cantidade subvencionada pola Deputación. DÉCIMA.- A documentación a que se refire a base anterior debe reflexa-la realidade da obra executada, sendo imprescindible que a obra realizada sexa a subvencionada. Non se admitirá o cambio de aplicación desta subvención, a non ser que existan razóns excepcionais xustificadas, e así o decida o órgano concedente destas subvencións, sempre e cando se poida realiza-la nova obra, no prazo de execución que se establece, para as que se acollan a este programa. Se por calquera circunstancia o valor da obra executada resulta inferior ó dobre da cantidade concedida, a subvención da Deputación experimentará a reducción proporcional correspondente. DÉCIMOPRIMEIRA.- As subvencións para as obras que se acollan a este programa deberanse solicitar dende o momento da publicación destas Bases no BOP e ata o 30 de abril vindeiro, e estar executadas e xustificadas antes do 31 de outubro de 1998. Se neste prazo non fose a obra xustificada, procederase á anulación do contraído na contabilidade provincial. Non obstante poderá prorrogarse o prazo de execución cando existan razóns excepcionais debidamente acreditadas polo Concello e así o decida o órgano concedente. Co fin de atender imprevistos ou accións que non admitan demora, a Presidencia poderá dispor de ata un 20% do crédito destinado a este Programa fóra do prazo de solicitude sinalado. O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable, poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. RECLAMACIÓNS.- Dentro dos quince días seguintes ó da publicación no "Boletín Oficial" da Provincia, poderanse interpoñer reclamacións contra as BASES. NOTA ACLARATORIA.- Acórdase, que con arreglo ó disposto no artigo 1º e seguintes do RD 2187/78, de 23 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Disciplina Urbanística, calquera obra suxeita ó Programa de Acción Comunitaria haberá de contar coa licencia Municipal. ------ Folla: 10,16 3.4001.- BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE INFRAESTRUCTURA DEPORTIVA PARA O EXERCICIO DE 1997 Sr. Presidente.- Las Bases reguladoras del Programa de Infraestructura Deportiva para el ejercicio de 1997. ¿Alguna intervención?. Por parte del Bloque D. Cesáreo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Eu aquí, polo menos o que vamos facer é para 3, 4, 5, 6 e 7, vou facer unha intervención común e punto. E á parte unha votación común, bueno, despois se se votan por separado, xa veremos, vamos a ver, Programa de Infraestructura Deportiva, Actividades Culturais, Actividades Deportivas, Plan Cultural, Entidades, tal. Despois, Olimpiada Provincial, bueno esa podía quedar á parte. Subvencións a Entidades Locais, subvencións a Entidades Locais. ¿Para cando, para cando se vai a facer algún tipo de racionalización en todo este disparate de plans e máis plans e máis plans. ¿Para cando?. É absolutamente de coña, de coña, que se lle transmita ó Ministro de Administracións Públicas con grandes declaracións e titulares pedir unha subpetición de que reduza o número de plans do Estado e de que se racionalice eso e despois a Deputación nos deleite con este rosario de plans nos que como mínimo se poderían reducir pois a tres, dous, catro, os que fose. ¿Para cando se vai a facer esto?. Non nos parece que esto sexa, á parte que a mitade deles son moi pouco operativos, moi pouco operativos, repartir 30 millóns, 20 millóns, 40 millóns, 35 millóns, entre miles de solicitudes para darlle 100.000, 50.000, 25.000, a un, a outro, non sei que, sen ningunha prioridade, sen ningún criterio, sen ningunha eliminación previa das, digamos, de en que sectores vamos a incidir, non vamos a incidir, que obxectivos se pretenden, que obxectivos non se pretenden, é un auténtico dislate administrativo e seguramente no fondo tamén un despilfarro de cartos porque non hai ningún seguimento de que fins se cumpriron cos programas. Algúns deles incluso rozan problemas aínda que eso sería xa despois no 14 e no 15, pero aquí rozaría o 3, rozan problemas de falta de planificación. Evidentemente habendo tantos plans é moi difícil que haxa planificación. Rozan problemas de que os Concellos teñen os presupostos aprobados, agora de repente sáenlle unhas subvencións para unha obra que teñen que poñer como mínimo o 50%, non saben se vai se-lo 50 ou non, alá a mitade de ano o saberán se cadra con sorte. E entón créanse problemas presupostarios, créanse problemas dunha desorganización e falta de previsión que é evidente, claro, tal cantidade de plans e tal cantidade o que demostra é que bueno, cada un vén coa súa idea feliz ou vén no seu momento e dixo, bueno, vamos a meter cartos porque aquí non sei quen os demanda. Ala, en vez de metelos dentro dun paquete, eso quedou aí historicamente, segue habendo ese plan e hai outro, e hai outro, e cada un crea o seguinte e esto parece unha auténtica colección de chiringos, non, cada un ten o seu chiringuiño, ten os seus millonciños, máis ou menos, en función de como logre presionar na elaboración do presuposto e ó final esto é un auténtico disparate. Pedímolo hai moitas veces e creemos que deberían de considerar o de elaborar, fixar unhas prioridades claras e facer unha limpeza en toda esta maraña de plans que non ten nin pés nin cabeza. Nada máis. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias. Por parte del PSOE, D. Baltasar. Sr. García García.- La realización de Infraestructuras Deportivas en principio no parece descabellado en la medida de que los Ayuntamientos no tienen financiación suficiente para ir reparando las instalaciones que tienen. Desde ese punto de vista es asumible, o sea, es decir, ahí los Ayuntamientos requieren el mantenimiento de instalaciones, unas instalaciones costosas y no tienen liquidez para hacerlos y por lo tanto es bueno que la Diputación vaya apoyando. Hasta ahí estamos de acuerdo. Lo que pasa es que creemos que este plan es insuficiente, no es un plan que conduzca a unos resultados positivos, se va a repartir poco dinero, se van a reparar prácticamente obras menores y sin embargo los Ayuntamientos a veces se encuentran con la necesidad de hacer inversiones para el mantenimiento de sus infraestructuras deportivas. Hacer inversiones significativas. Y sin embargo la Diputación está haciendo un hecho, está trasladando a la Xunta cientos de millones para las competencias que son puramente de la Xunta. La construcción de infraestructura deportiva en los distintos Ayuntamientos de la provincia que corresponde a la Xunta su ejecución. La Diputación traslada ahí cientos de millones, los Ayuntamientos están en la miseria manteniendo unas instalaciones que a veces se ven y desean para su mantenimiento. Parecería lógico que existiera un sólo Plan de Infraestrutura Deportiva en el cual se contemplara la reparación y si es posible algunas obras o algunas infraestructuras deportivas que demandaran los Ayuntamientos y que fueran de poco costo, que no acometiera la Xunta. Pero lo que y el hecho aquí complicado y complejo es cómo la Diputación está trasladando dineros a la Xunta, financiando a la Xunta con dinero de la Administración Local y sin embargo cuando tiene que financiar obras de los propios Ayuntamientos no tiene dinero. Aporta 50 millones y a penas con 61 Ayuntamientos, 62 que hay ahora, al final van a tocar pues a menos de un millón de pesetas en el supuesto de que se hiciera un reparto, ... Es indiscutible que es poco dinero y aún con la promesa que nos hizo el otro día el Presidente de que la Xunta podría aportar 75 millones sigue siendo insuficiente. Lo lógico es que se hiciera un Plan de Infraestruturas Deportivas de la Diputación financiado por la Diputación y a lo mejor ahí habría que también solicitar, no a lo mejor, debería ser solicitada financiación también de la Xunta para que completara ese plan. Pero no que sea al revés, que sea la Diputación la que desvía los fondos a la Xunta y por lo tanto ella se encuentra incapacitada para hacer frente a las demandas de los Ayuntamientos. Indiscutiblemente este es un plan que no podemos decir que no, no podemos decir que no porque los Ayuntamientos están demandando de la Diputación o de las Instituciones en líneas generales que les echen una mano en el tema de Infraestructura Deportiva, pero tampoco podemos apoyarlo por el hecho en si de que la Diputación, contemplar un plan adecuado a las necesidades reales del Ayuntamiento, viendo cuáles son las necesidades y en cuántos años se pueden acometer esas necesidades, para ir paliando las necesidades que tienen esos Ayuntamientos. Por lo tanto nuestro voto en este tema va a ser abstención. Sr. Presidente.- Por parte del Partido Popular en primer término toma la palabra el Vicepresidente Sr. Domínguez. Sr. Domínguez Vaz.- Sr. Mosquera, usted es el fiel reflejo del interés que su partido tiene en el deporte. Cuando hablamos de un problema deportivo usted nos habla de la filosofía de los planes pero no entra en el problema deportivo. Entonces yo no tengo nada que decirle a usted, nada más que es el fiel reflejo del interés que su partido tiene en el deporte. D. Baltasar, no estoy totalmente en desacuerdo con usted, no estoy totalmente en desacuerdo con usted. No hay más dinero. El deporte en la Diputación Provincial para Infraestructuras Deportivas se divide en dos grandes grupos: un grupo que va dedicado a las grandes obras y otro grupo que pretendemos incrementar, que va destinado a la reparación de obras menores. El Presidente se lo dijo en la Comisión y es cierto que estamos intentando una colaboración de la Xunta que incremente en más del 100% el dinero que nosotros dedicamos y puede que esto también sea insuficiente. Pero también estamos trabajando cara al próximo convenio que tenemos que hacer con la Xunta de Galicia en Infraestructuras Deportivas para que una parte de ese dinero vaya destinado también a pequeñas reparaciones o más importantes reparaciones. Pero bueno, no me hable usted de un plan estrictamente matizado desde un principio porque como usted sabe las reparaciones se necesitan hoy y no sabemos si ayer se necesitaban. No son fáciles de poder programar. Hay un dinero que va a priorizar a los Ayuntamientos y a el se va a destinar. Nada más Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Gracias. Una aclaración a D. Baltasar. O le entendí yo mal o usted dejó caer que este era un plan de la Xunta al que nosotros nos estábamos adhiriendo. Este es un plan nuestro. El plan con la Xunta de infraestructuras grandes es otro al que se refería el Sr. Domínguez. Simplemente era aclararle esto. Después le doy su turno. Representante del Bloque, por favor. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Si, o plan da Xunta dezanove, creo, na relación. Mire, antes o Presidente díxonos, creo que con bo criterio, que temas que son xa coñecidos ou que en fin, ... abreviar. Mire Sr. Domínguez, se quere entramos a falar punto por punto e rematamos ás cinco da tarde, se lle parece rematamos ás cinco da tarde, eu non sei que variación substancial hai neste plan con respecto a outros anos, máis ou menos o mesmo, non, entón non sei porque hai que darlle un debate específico porque aproveitan para facer unha descalificación porque non entramos, precisamente non entramos para non ter, digamos, uns debates reiterados, absolutamente reiterados, sobre o que sempre é o mesmo, se quere entramos. Non entrei nas bases, se quere entramos, desde logo se aproveita unha actitude deste grupo de intentar que estes puntos vaian o máis áxil posible respondendo á invitación do Presidente e aproveita eso para soltar un zapatazo dese tipo, cousa que non se fixo na nosa intervención, en absoluto, pois vamos a entrar, entramos ó zapatazo se quere, prefiro non facelo, prefiro conterme e non facelo, entón empezamos con intervencións de media hora, sacamos o divino e o humano, falamos de que o Pisuerga pasa por Valladolid, falamos de que o pavillón de non sei onde ten unha uralita rota e eso custa non sei canto e polo tanto a ver se chega este plan para facelo, e falamos do que queira. Se quere facémolo, entón póñanse de acordo os dous a ver se vamos nos puntos a discutir cousas que á parte xa están discutidas ou vamos a ser breves. Como queira, pero non aproveite a indefinición esa que teñen entre os dous para atacarnos porque nos parece absolutamente fóra de lugar. Parece que ultimamente que o Sr. Domínguez que goza dun carácter afable, parece que ten así como unha especie de berrinche co BNG que non perde a ocasión de pegar así zapatazos, moi fóra de lugar, como é neste caso. Bueno, nada máis. Sr. Presidente.- Gracias. Por parte del PSOE, D. Baltasar. Sr. García García.- Bueno, en primer lugar Sr. Pedrosa mire, yo no he dicho eso, yo he dicho simplemente así, que el dinero de la Diputación vaya a los Ayuntamientos, que no vaya a la Xunta, que el Programa de Infraestructura Deportiva en el cual hay un convenio con la Xunta, en el cual va dinero de la Diputación, no vaya ahí, vaya a los Ayuntamientos. Eso es lo que he dicho, y digo que este plan tiene una parte positiva, el problema, este plan es propio de la Diputación, tiene una parte positiva, pero tiene poco dinero porque la mayor parte del dinero se desvía a la Xunta, y al final estamos financiando los déficits de la Xunta, hay que ser claros. Y las grandes obras indiscutiblemente ... las debe hacer la Xunta, que es su competencia, y pregúntele a los Alcaldes de su partido o de cualquier Alcalde y sabrá con antelación cuáles son las obras de reparación que tiene que hacer en las infraestructuras deportivas que le debería hacer la Xunta, y que en muchos casos ha hecho y es probable que se pueda hacer una previsión suficiente, o por lo menos una media anual de qué gastos se necesitan, qué partida presupuestaria necesita la Diputación para acometer las obras de reparación de las infraestructuras deportivas que hoy tienen los Ayuntamientos. Sr. Presidente.- Gracias. Yo simples datos, poco dinero o mucho, todo es relativo, son 50 millones de pesetas en principio con la posibilidad de que sean 75 más, en el plan anterior eran 100 y parecía una auténtica burrada, ahora quizás con 125 sea muy poco, todo es relativo, todo depende de cómo se vea. Pero en segundo lugar le aclaro que en este caso concreto estos 50 millones de pesetas no van ninguno para la Xunta, estos son para los Concellos, léase las bases, por favor, no tienen nada que ver con el otro convenio de infraestructuras, estos 50 van a los Concellos íntegramente. Sr. García García.- Hablo claro, voy a decirlo más claro, pero más claro yo no se. Este plan es un plan de la Diputación insuficiente, la Diputación está bien que comprenda esos planes para reparaciones de infraestructuras deportivas de los Ayuntamientos, está correcto, pero esta Diputación está desviando a la Xunta fondos importantes para otros planes, pero para infraestructura deportiva y por lo tanto tenían que servir para engrosar este plan y hacer un plan como Dios manda, es lo que estoy diciendo, no me trasgiverse las cosas, bueno, yo creo que hablo claro. Sr. Presidente.- Aclarado. Muy brevemente por favor. Sr. Domínguez Vaz.- Sr. Mosquera, no tengo ninguna animosidad especial contra el Bloque Nacionalista Galego, en absoluto, no sé por qué me dice usted eso, le aseguro que no, le aseguro que no, las discrepancias indudables que tenemos en política deportiva no son más que eso, discrepancias de política deportiva, pero nada más. Efectivamente si usted no tiene nada que decir se calla, yo me callo también y pasamos al siguiente punto del orden del día, pero no deje dudas en el aire, porque si usted va a dejar dudas en el aire yo estoy dispuesto a discutir punto por punto. Sr. González, Baltasar, García, mire usted, se lo he dicho muchas veces, hemos coincidido en debate no sólamente en la Diputación sino también en el Ayuntamiento. Ha habido una nula, nula inversión del Consejo Superior de Deportes durante muchos años en Galicia y en la provincia de Pontevedra, y nos hemos visto obligados a buscar financiación para acometer las infraestructuras deportivas indispensables que debe de tener cada Municipio, por eso hemos firmado un pacto, un convenio con la Xunta de Galicia, que tanto da que nosotros hayamos puesto el dinero allí o éllos lo hayan puesto aquí, es lo mismo, no se si es antes el huevo o la gallina, la realidad es que Galicia ha pasado en infraestructuras deportivas de ser una de las últimas en el vagón de cola de toda España a estar ahora mismo en los primeros lugares. Esta es la auténtica realidad, por eso yo le entiendo perfectamente cuando habla usted de las infraestructuras deportivas de gran envergadura pero en el momento que discutimos sobre el punto tres, sobre las infraestructuras pequeñas, bueno, pues hemos aumentado el presupuesto este año. Nosotros tenemos en este momento un cuatro y pico por ciento en nuestro presupuesto dedicado al deporte, en los países comunitarios, en las comunidades más avanzadas se le dedica al deporte aproximadamente un 6,5%, no es un mal presupuesto, hay que ser solidarios con otras necesidades que tiene la provincia, no es un mal presupuesto. Por lo tanto demos tiempo al tiempo y a medida que podamos iremos incrementando nuestro dinero para el deporte. Muchas gracias. Sr. Presidente.- Gracias. Pasamos a la votación. Votamos individualmente cada punto y así nos evitamos problemas. Punto tercero, ¿votos en contra?, ¿abstenciones?, Bloque y PSOE, el resto votamos a favor. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación acorda por maioría de votos do Grupo Popular e coas abstencións do PSOE e do BNG, aproba-las Bases Reguladoras do Programa de Infraestructura Deportiva para o exercicio de 1997, que son como segue: PRIMEIRA.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra no uso das facultades que lle confiren os artigos 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e o 30 do RDL 781/86, de 18 de abril, acorda establecer e facer público o seguinte Plan de Infraestrutura DEPORTIVA. O seu financiamento e réxime acomodaranse ó determinado nestas BASES. Dito Plan financiarase con cargo ó crédito da partida 97/911.452-762.44 consignada a tal efecto no Presuposto de 1997, que poderá incrementarse mediante suplementación de créditos, tendo en conta que as economías producidas polas baixas de contratación utilizaranse para subvencionar novas obras. A Xunta de Galicia poderá participar no desenvolvemento deste Plan colaborando no financiamento de todas ou parte das obras que resulten seleccionadas, segundo os termos que se establezan no Convenio de Cooperación entre a Xunta e esta Deputación. SEGUNDA.- O obxectivo das obras que se acollan ás subvencións deste programa de Instalacións Deportivas será colaborar cos distintos Concellos da provincia, para que poidan dispoñer dunha infraestructura adecuada de instalacións deportivas básicas en orde de dar cumprimento á obriga dos poderes públicos de fomenta-la educación sanitaria, física e de deporte, conforme se dispón nos artigos 9.2 e 43.3 da Constitución. TERCEIRA.- Dado o carácter esencialmente municipal das obras que se acollan ás subvencións deste programa, incumbe ós Concellos: .-Solicita-las obras que desexan realizar en réxime de acción municipal de instalacións deportivas. .-A tramitación dos respectivos expedientes de contratación. .-A aportación da parte do custe da obra que non sexa subvencionada. .-A recepción e conservación das obras cando estas sexan municipais. Cando se trate de obras en parroquias ou comunidades veciñais, unha vez efectuada a recepción definitiva das mesmas polos respectivos Concellos, entregaranse, no seu caso, ás respectivas parroquias ou comunidades veciñais para que as integren no patrimonio e asuman a responsabilidade de conservación e reparación. CUARTA.- Poderán solicita-las subvencións deste programa tódolos Concellos da provincia, xa sexa para executar obras municipais, parroquiais ou de comunidades veciñais, para acondicionamento e mellora de instalacións deportivas. Os Concellos interesados presentarán solicitude expresa para cada unha das obras que pretenden executar acolléndose ó Programa. A dita solicitude acompañaranse os seguintes documentos: - Instancia subscrita polo Sr. Alcalde. - Proxecto ou memoria descriptiva e valorada. - Informe do Sr. Alcalde no que conste se se obtivo ou solicitou calquera outra axuda ou subvención para a mesma obra. - Resolución ou Certificación do Acordo do órgano competente do Concello, polo que se determine a obra e solicite a subvención para a súa realización. QUINTA.- As subvencións suxeitas á presente convocatoria, poderán solicitarse desde o momento da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia ata o 30 de abril vindeiro. Ditas solicitudes axustaranse ó modelo que se adxunta a estas Bases. Co fin de atender imprevistos ou accións que non admitan demora, a Presidencia poderá dispor de ata un 20% do crédito destinado a este Programa fóra do prazo anteriormente sinalado. As peticións xa presentadas precisan de nova solicitude debendo reuni-los requisitos sinalados nas presentes Bases. SEXTA.- A asignación de subvencións ás distintas obras farase en función dos seguintes criterios: a) Obras que pola importancia para os núcleos de poboación onde se ubiquen, repercutan en maior medida no seu uso e utilización por parte dun maior número de usuarios. b) A necesidade da obra apreciada en razón da súa urxencia, estado material e condicións de uso. SÉTIMA.- O importe total das subvencións públicas destinadas ás obras que se acollan a este programa, non poderá supera-lo 50% do custo real da obra. OITAVA.- En canto á competencia para a concesión destas subvencións, estarase ó disposto nas bases de Execución do Presuposto Provincial, previo informe da Comisión Informativa de Cooperación. Unha vez dictado o acordo ou resolución de concesión da subvención, o pagamento da mesma efectuarase, previa acreditación de estar ó corrente das obrigacións fiscais con esta Deputación e previa xustificación da inversión realizada nos termos que se establecen na base seguinte, directamente ó Concello. NOVENA.- A xustificación da execución das obras que se acollan á subvención deste Plan, realizarase previa presentación dos seguintes documentos e cumprimento dos requisitos que a continuación se sinalan: A) Se a obra se fai por contrata: - Certificación da obra debidamente dilixenciada. - Acordo de aprobación da mesma. - Acordo de adxudicación e contrato, se se trata da primeira certificación. - Acta de recepción provisoria, debidamente cumprimentada, se se trata da última certificación. - Informe dos Técnicos Provinciais correspondente ó obxecto de comproba-la realidade da inversión e que a obra executada se axusta ó previsto no Proxecto ou Presuposto. B) Se a obra se fai por administración: B1) Certificación de obra realizada. A certificación da obra realizada expresará o número de unidades de obra e o seu valor unitario, o número de xornais do persoal laboral, e o seu valor unitario. Así mesmo dita certificación cumprimentarase en tódolos seus aspectos, de conformidade co disposto na normativa vixente, coa única excepción da sinatura do contratista que será substituída pola do técnico ou funcionario municipal encargado da obra. Á primeira certificación unirase acordo no que se decida a realización da obra por Administración. Na última certificación, esixirase o informe dos Técnicos Provinciais acreditativa da realidade da inversión e de que a obra realizada se axusta ó Proxecto ou Presuposto. B2) Custe de Persoal. Persoal laboral: - Copia autenticada das nóminas do persoal laboral empregado na obra. - Certificación do Técnico Director acreditativa de que o persoal que se cita no apartado anterior foi empregado na obra. - Copia autenticada do TC1 e TC2 do persoal laboral empregado na obra. B3) Subministros e servicios: A xustificación dos subministros e servicios que sexan necesarios na execución da obra farase mediante factura orixinal ou duplicado (non se admitirán facturas fotocopiadas) cos requisitos que lle dan validez. Cando se contrate parte da obra, en lugar de factura esixirase a certificación correspondente. En todo caso, tanto na factura como na certificación figurará o recibido e conforme do técnico ou funcionario municipal encargado. DÉCIMA.- A documentación a que se refire a base anterior debe reflexa-la realidade da obra executada, sendo imprescindible que a obra realizada sexa a subvencionada. Non se admitirá o cambio de aplicación desta subvención, a non ser que existan razóns excepcionais de forza maior xustificadas, sempre e cando se poida realiza-la nova obra, no prazo de execución que se establece para as obras que se acollan a este programa, e a Presidencia expresamente autorice. Se por calquera circunstancia o valor da obra executada resulta inferior ó importe da solicitude, a subvención da Deputación experimentará a reducción proporcional correspondente. Xustificarase alomenos o dobre da subvención concedida. As obras contrataranse na súa totalidade presupostaria nun só acto e a un só adxudicatario, sen que proceda a súa división en fases. DÉCIMOPRIMEIRA.- As obras que se acollan a este programa deberán estar executadas e xustificadas antes do 31 de outubro de 1998. Se neste prazo non fose a obra xustificada, procederase á anulación do contraído na contabilidade provincial. Non obstante poderá prorrogarse o prazo de execución cando existan razóns excepcionais de forza maior, debidamente acreditadas polo Concello e así o decida o órgano concedente destas subvencións. DÉCIMOSEGUNDA.- O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable, poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. RECLAMACIÓNS.- Dentro dos quince días seguintes ó da publicación no "Boletín Oficial" da Provincia, poderanse interpoñer reclamacións contra as BASES. ------ Folla: 16,18 4.4002.- BASES PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ACTIVIDADES CULTURAIS PROMOVIDAS POR ENTIDADES LOCAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Pasamos al punto cuatro, "Bases para concesión de subvenciones destinadas a actividades culturales promovidas por Entidades Locales de la Provincia de Pontevedra". ¿Alguna intervención por parte del Bloque?. Ya no va a intervenir más no. Entonces por parte del PSOE. Sr. Juanes Rodríguez.- Si, gracias Sr. Presidente. Eu voume facer solidario coa súa petición de se-lo máis sintético posible nas intervencións. Vamos a ver, estamos falando de reparto para actividades culturais desta Institución ós Concellos por unha cantidade de 45 millóns de pesetas. Que realmente estamos no de sempre, nunha macromultitude de plans e que realmente é unha falta de planificación total e absoluta. Nós xa presentamos entrando no fondo da cuestión unha emenda ás bases de execución dos Presupostos dicindo que estes cartos que son para actividades culturais dalgunha forma pasaran pola Comisión que teñen que pasar que é a Comisión de Cultura. Realmente estes 45 millóns non pasan nin pola Comisión de Cultura nin pola Comisión de Cooperación sequera, senón que son 45 millóns de libre disposición da Presidencia. Nós non vamos a ser cómplices desta política presidencialista, en absoluto, co cal tampouco queremos que aproveiten o noso voto para dicir que estamos en contra de que se subvencionen actividades culturais dos Concellos e logo que é unha abstención moi crítica, moi crítica, porque realmente aquí é cuestión de vontade política. Vostedes non teñen a vontade política de deixarnos participar nas propostas da oposición. É frustrante aquí ser Deputado na oposición pero tamén e creo que é reitera-lo que dixen xa o ano pasado, tamén é frustrante ser do equipo de goberno, e que realmente o Deputado neste caso Presidente da Comisión de Cultura que non se entere ou se se entera é unha política de pasillos, onde van estas subvencións para actividades culturais puras e duras. Entón unha abstención desde logo crítica á forma de entender a política desta Institución. Non creen na transparencia e non creen na participación. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias. Tampoco vamos a entrar en debate puesto que está suficientemente debatido en otros momentos el tema. Pasamos directamente a la votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Los del PSOE. El resto votamos a favor. O Pleno de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación, acorda por maioría de votos do Grupo Popular e coas abstencións do PSOE e do BNG, aproba-las Bases para a concesión de subvencións destinadas a Actividades Culturais promovidas por Entidades Locais da provincia de Pontevedra, que son como segue: 1ª.- A Deputación de Pontevedra no seu Presuposto ordinario de 1997, incluiu un crédito de CORENTA E CINCO MILLÓNS DE PESETAS (45.000.000) na partida 97/551-451-462.00, destinado a conceder axudas económicas ás Entidades Locais da provincia, coa finalidade de colaborar nas actividades culturais que elas organicen. As subvencións concederanse por Resolución da Presidencia, conforme ás presentes bases. 2ª.- Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes, só poderán financiar actividades que se realicen dentro do ano 1997, tales como concursos literarios, periodísticos, festexos tradicionais, folclóricos, semanas culturais, musicais, e outras semellantes, organizadas pola Entidade Local. Non se admitirán peticións de carácter xeral, nas que non se detalle a finalidade concreta a que se destinará a subvención, nin o traspaso incondicionado da mesma a outras persoas ou entidades. 3ª.- A concesión e no seu caso o importe da subvención graduarase en función dos seguintes criterios: interese xeral da actividade, número de persoas que poidan participar ou disfrutar da mesma, o seu custe en relación coa capacidade económica da Entidade Local e porcentaxe deste que se solicite como subvención, fomento dos valores culturais, artísticos, turísticos, folclóricos e históricos da localidade, especialmente os que resulten da súa pertenza á Comunidade Autónoma. 4ª.- As peticións formularanse no modelo adxunto, presentándose no Rexistro Xeral da Deputación, normalmente desde a publicación destas Bases ata o 30 de abril vindeiro, e cada Concello, Mancomunidade ou Entidade Local Menor poderá realizar cantas desexe nun só impreso de solicitude, indicando a orde de prelación para o caso de que non lle foran concedidas todas. 5ª.- No mesmo modelo e condicións, a Presidencia poderá admitir solicitudes con posterioridade ó prazo sinalado, cando se trate de actividades que non puideran preverse con antelación. 6ª.- A suma de tódalas subvencións concedidas ó amparo destas Bases a cada Concello, non poderá exceder de DOUS MILLÓNS DE PESETAS (2.000.000). As concedidas a unha Mancomunidade imputaranse por partes iguais ós Concellos que a formen, a efectos do tope sinalado no parágrafo anterior. 7ª.- As subvencións poderán acadar ata o 100% do custe da actividade para a que se conceden e en todo caso, xustificaranse acreditando a realización da actividade subvencionada e presentando conta dos gastos realizados acompañada dos documentos e facturas orixinais, con tódolos requisitos necesarios para a súa validez, ou copias certificadas polo Secretario da Entidade indicando onde obra o orixinal. Excepcionalmente, cando exista algún gasto que o importe non exceda de VINTECINCO MIL PESETAS (25.000) e do que sexa imposible ou difícil a obtención de xustificante, poderá suplirse certificando o responsable da subvención que aquela cantidade se invirtiu na finalidade indicada na conta presentada. 8ª.- O pagamento realizarase, en xeral, unha vez que se xustifique o importe total subvencionado, sendo posible un anticipo de ata o 50% da subvención nos casos en que, previa solicitude da Entidade adxudicataria, así o autorice a Presidencia. 9ª.- Ningunha Entidade Local adxudicataria dalgunha destas subvencións poderá percibila mentras sexa deudora por calquera concepto á Facenda Provincial. (Base 24.9 das do Presuposto Provincial). Transcorridos seis meses sen que poidera efectuarse o pagamento por este motivo, a subvención será aplicada a compensar no posible a débeda existente. 10ª.- As subvencións deberán xustificarse normalmente dentro dos tres meses seguintes á realización da actividade subvencionada e, en todo caso, antes do 30-03-98, data na que serán anuladas automaticamente as que poidan existir pendentes de xustificación. 11ª.- As subvencións só poderán empregarse na actividade para que foron concedidas. Se por algún motivo imprevisible ó solicitala esta non puidera realizarse, a entidade beneficiaria poderá interesa-lo cambio de aplicación perante a Presidencia, que resolverá o que estime adecuado. ------ Folla: 18,19 5.4003.- BASES PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ACTIVIDADES DEPORTIVAS PROMOVIDAS POR ENTIDADES LOCAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Pasamos al punto 5. Bases para concesión de subvencións destinadas a actividades deportivas promovidas por Entidades Locais da provincia de Pontevedra. ¿Alguna intervención?. Perdón. Gracias. Pasamos entonces a la votación. ¿Votos en contra?. No hay. ¿Abstencións?. Bloque y PSOE. El resto votamos a favor. O Pleno de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación, acorda por maioría de votos do Grupo Popular e coas abstencións do PSOE e do BNG, aproba-las Bases para a concesión de subvencións destinadas a Actividades Deportivas promovidas por Entidades Locais da Provincia de Pontevedra, que son como segue: 1ª.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra no seu Presuposto Ordinario de 1997, incluiu un crédito de TRINTA MILLÓNS DE PESETAS (30.000.000) na partida 97/551-452-462.00, destinado a conceder axudas económicas ás Entidades Locais da Provincia, coa finalidade de colaborar nas actividades deportivas que elas organicen. As subvencións concederanse por Resolución da Presidencia, conforme ás presentes bases. 2ª.- Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes, só poderán financiarse actuacións que se realicen dentro do ano 1997, tales como concursos, probas, campionatos, torneos, exhibicións e outras semellantes, organizadas pola Entidade Local, así como pequenos equipamentos. Non se admitirán peticións de carácter xeral, nas que non se detalle a finalidade concreta a que se destinará a subvención, nin o traspaso incondicionado da mesma a outras persoas ou entidades. 3ª.- A concesión e no seu caso o importe da subvención graduarase en función dos seguintes criterios: .- O interese xeral da actividade. .- O número de persoas que poidan participar ou disfrutar da mesma. .- O seu custe en relación coa capacidade económica da Entidade Local e porcentaxe deste que se solicite como subvención. .- O fomento da cultura física, da práctica dos deportes e a formación da xuventude. 4ª.- As peticións formularanse no modelo adxunto, presentándose no Rexistro Xeral da Deputación, normalmente desde a publicación destas Bases ata o 30 de abril vindeiro, e cada Concello, Mancomunidade ou Entidade Local Menor poderá realizar cantas desexe, nun só impreso de solicitude, indicando a orde de prelación para o caso de que non lle foran concedidas todas. 5ª.- No mesmo modelo e condicións, a Presidencia poderá admitir solicitudes con posterioridade ó prazo sinalado, cando se trate de actividades que non puideran preverse con antelación. 6ª.- A suma de tódalas subvencións concedidas ó amparo destas Bases a cada Entidade Local, non poderá exceder de DOUS MILLÓNS DE PESETAS (2.000.000). As concedidas a unha Mancomunidade imputaranse por partes iguais ós Concellos que a formen, a efectos do tope sinalado no parágrafo anterior. 7ª.- As subvencións poderán acadar ata o 100% do custe da actividade para a que se conceden e en todo caso, xustificaranse acreditando a realización da actividade subvencionada e presentando conta dos gastos realizados acompañada dos documentos e facturas orixinais, con tódolos requisitos necesarios para a súa validez, ou copias certificadas polo Secretario da Entidade indicando onde obra o orixinal. Excepcionalmente, cando exista algún gasto do que o seu importe non exceda de VINTECINCO MIL PESETAS (25.000), e do que sexa imposible ou moi difícil a obtención de xustificante, poderá suplirse certificando o responsable da subvención que dita cantidade se invirtiu na finalidade indicada na conta presentada. 8ª.- O pagamento realizarase en xeral unha vez que se xustifique o importe total subvencionado, sendo posible un anticipo do 50% da subvención nos casos en que, previa solicitude da Entidade adxudicataria, así o autorice a Presidencia. 9ª.- Ningunha Entidade Local adxudicataria dalgunha destas subvencións poderá percibila, mentras sexa debedora por calquera concepto á Facenda Provincial. (Base 24.9 das do Presuposto Provincial). Transcorridos seis meses sen que puidera efectuarse o pagamento por este motivo, a subvención aplicarase a compensar no posible a débeda existente. 10ª.- As subvencións deberán xustificarse normalmente dentro dos tres meses seguintes á realización da actividade subvencionada e, en todo caso, antes do 30-03-98, data na que serán anuladas automaticamente as que poidan existir pendentes de xustificación. 11ª.- As subvencións só poderán empregarse na actividade para a que foron concedidas. Se por algún motivo imprevisible ó solicitala esta non puidera realizarse, o beneficiario poderá interesa-lo cambio de aplicación perante a Presidencia, que resolverá o que estime adecuado. ------ Folla: 19,22 6.4004.- BASES DO PLAN CULTURAL 1997 Sr. Presidente.- El punto 6. Bases del Plan Cultural 1997. ¿Alguna intervención?. Por parte del PSOE, D. Efrén. Sr. Juanes Rodríguez.- Gracias. Vamos a ver. Estamos falando dun Plan Cultural ó cal van destinados 20.000.000 de pesetas. Estamos na mesma. Cantidade absolutamente escasa para os centos de grupos que hai nesta provincia. Eu aquí se ve tamén claramente a falta de xestión política ou do equipo de goberno desta Institución. Desde logo non se foi capaz, así como bueno, en deportes é quizais das áreas que non facéndoo absolutamente ben quizais máis se salva da queima, non. Pero digo que está falto de xestión política porque a Xunta de Galicia ten un plan, loxicamente con moitos máis cartos cós desta Deputación, pero ten un plan. E nós temos un planciño con 20.000.000 de pesetas no cal tratamos de contentar a todo o mundo e non contentamos absolutamente a nadie. E digo esa falta de xestión política porque aquí se vota de menos, se vota de menos, un plan concertado Xunta-Deputación para os grupos da provincia. Se vota de menos. Eso é xestión política Sr. Presidente da Comisión de Cultura. Entrando no fondo deste Plan Cultural desde logo as actuacións están moi mal pagadas, é dicir, son cantidades absolutamente ridículas e poño exemplos dunha banda de música por exemplo con 70 membros e que lle vamos a pagar 70.000 ptas. que non lle dá nin para o autobús, ou un grupo folclórico ou unha masa coral, ou o que sexa, ou sexa que se trata de contentar a todo o mundo e realmente non se contenta absolutamente a nadie. Cando estes plans culturais debían servir para promociona-los grupos o que estamos facendo é que bueno que ese plan cultural sexa unha forma de consolidar ós grupos xa existentes, porque entrando no fondo das bases, realmente para bandas de música, para masas corais e para grupos folclóricos, que son a maior parte dos grupos que existen na provincia realmente se lle pide a todos unha antigüidade mínima de dous anos para entrar neste plan. Co cal aqueles grupos noveles que empezan e que son os que realmente necesitan ese tipo de actuacións para que se motiven e bueno dalgunha forma ter algún tipo de ingresos non se contempla para nada. Ou sexa que nin no grupo A, nin no grupo E, nin no grupo C, porque se pide, no grupo C, que é o máis baixo, un mínimo de antigüidade de dous anos. Pero bueno, eso serían pequeniñas cousas. Desde logo que o fondo da cuestión é a falta de xestión política desta Institución, concretamente na, neste caso na Comisión de Cultura, como absolutamente en case tódalas áreas, excepción feita da que nomei ó principio, de ter un plan concertado coa Xunta de Galicia e deixarnos destes planciños, que son planciños, que queremos contentar a todo o mundo e se queda todo o mundo cun cabreo pero gordo. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias. Procedemos a la votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Bloque y el PSOE. El resto votamos a favor. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cultura, acorda por maioría de votos do Grupo Popular e coas abstencións do PSOE e do BNG, aproba-las Bases do Plan Cultural 1997 seguintes: PLAN CULTURAL 1997 B A S E S 1.- A Excma. Deputación Provincial, no seu afán de impulsar e fomenta-la cultura popular, nas múltiples e variadas actividades artísticas, en colaboración cos Concellos, Agrupacións, Entidades e Asociacións Culturais retribuirá ós Grupos existentes na provincia, polas actuacións que realicen, coa cantidade existente na partida 97/451.451.226.11. 2.- Poden acollerse a estas axudas as seguintes Agrupacións da Provincia: - Bandas de Música - Masas Corais - Grupos Folclóricos - Grupos de Gaitas - Rondallas - Ballet e Danza - Música clásica - Folc Tradicional - Teatro - Maxia e Humor - etc., etc. 3.- Os interesados, presentarán a solicitude de inclusión neste Plan, no Rexistro Xeral desde Organismo ata o 22 de febreiro 1997, no modelo oficial que se facilitará no Departamento de Cultura, acompañando curriculum e documentación prevista na base 8. 4.- A selección e inclusión dos Grupos peticionarios farase pola Comisión Informativa de Cultura da Deputación, que poderá interesar de técnicos e expertos en cada materia, os informes e asesoramentos necesarios, propoñendo ó organo competente a aprobación definitiva. 5.- Cada actuación será retribuída cos seguintes importes: GRUPO IMPORTE -Bandas de Música: Grupo A 70.000 ptas. Grupo B 60.000 ptas. Grupo C 50.000 ptas. - Masas Corais: Grupo A 30.000 ptas. Grupo B 25.000 ptas. Grupo C 20.000 ptas. - Grupos Folclóricos: Grupo A 30.000 ptas. Grupo B 20.000 ptas. Grupo C 15.000 ptas. - Música clásica: Grupo A 25.000 ptas. Grupo B 20.000 ptas. Grupo C 15.000 ptas. Orquestras 40.000 ptas. - Grupos varios: Grupos de Gaitas 15.000 ptas. Rondallas 20.000 ptas. Ballet e Danza 20.000 ptas. Folc Tradicional 25.000 ptas. Maxia e Humor 15.000 ptas. Outros... 15.000 ptas. - Grupo de Teatro: Grupo A 70.000 ptas. Grupo B 50.000 ptas. Grupo C 30.000 ptas. 6.- O máximo de actuacións para cada Agrupación será de catro e o pago efectuarase unha vez acreditada a súa realización con modelo de factura que se facilitará no Departamento de Cultura, e conformidade do Organismo, Asociación ou Entidade beneficiaria, que deberá presentarse no prazo máximo de 30 días. 7.- As Agrupacións seleccionadas comprométense e obrigan a executa-las actuacións que lle asigne a Deputación nos distintos Municipios e Centros Culturais da Provincia, e soamente en casos de forza maior debidamente xustificados, quedarán exentas de dito compromiso. As Bandas de Música e Conxuntos Musicais non poderán actuar en Festas ou Conmemoracións Populares programadas por particulares e Comisións Patronais, excepto as que se traten de concertos. Os adxudicatarios de cada actuación, obríganse a facer mención na propaganda e publicidade que confeccionen, que figura patrocinada pola Deputación Provincial. 8.- As Agrupacións incluídas no Plan, clasificaranse da seguinte maneira: 1.- BANDAS DE MÚSICA a) As que teñan un mínimo de 55 membros, 9 anos de antigüidade e Escola de Música. b) As que teñan un mínimo de 50 membros e 7 anos de antigüidade. c) As que teñan un mínimo de 30 membros e 2 anos de antigüidade. Para seren incluídas nos respectivos epígrafes, presentarán a seguinte documentación: - Relación nominal de compoñentes e DNI, e NIF da Entidade. - Relación de alumnos e profesorado da Escola de Música. - Estatutos legalizados, tratándose de Agrupacións que participan por primeira vez. 2.- MASAS CORAIS a) As que teñan un mínimo de 45 membros e 9 anos de antigüidade. b) As que teñan un mínimo de 40 membros e 7 anos de antigüidade. c) As que teñan un mínimo de 30 membros e 2 anos de antigüidade. Para seren incluídas nos respectivos epígrafes, presentarán a seguinte documentación: - Relación nominal de compoñentes e DNI e NIF da Entidade. - Estatutos legalizados, tratándose de Agrupacións que participan por primeira vez. 3.- GRUPOS FOLCLÓRICOS a) Os que teñan 30 membros, 8 anos de antigüidade, Escola de Baile e acrediten documentalmente a realización de actividades de investigación, etnografía, etc. ... b) Os que teñan 20 membros, 6 anos de antigüidade e Escola de Baile. c) Os que teñan 16 membros e 2 anos de antigüidade. Para ser incluídos nos respectivos epígrafes, presentarán a seguinte documentación: - Relación nominal de compoñentes e DNI e NIF da Entidade. - Relación de alumnos da Escola de Baile. - Estatutos legalizados, tratándose de Agrupacións que participan por primeira vez. 4.- MÚSICA CLÁSICA, VARIOS E TEATRO Para ser incluídos neste epígrafe, presentarán a seguinte documentación: - Relación de compoñentes e DNI, e NIF da Entidade. - Programación a desenvolver. 9.- As Entidades solicitantes de Grupos Artísticos, disporán dun escenario ou marco axeitado, para que estes poidan efectua-la súa actuación sen impedimento ningún, poñéndose en contacto con estes, para coñece-las condicións e facilita-lo concerto ou escenificación da obra. 10.- As peticións de actuacións de Grupos solicitaranse un mes antes da data da súa celebración, non concedéndose máis dun Grupo por cada acto a conmemorar. 11.- O presente Plan Cultural entrará en vigor o día da súa aprobación polo Pleno da Deputación e concluirá o 31 de decembro de 1997. ------ Folla: 22,27 7.4005.- BASES DE SUBVENCIÓNS CULTURAIS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO 1997 Sr. Presidente.- Pasamos al punto 7. Bases de subvencións culturais a entidades sen fins de lucro 1997. Por parte del Bloque tiene la palabra el Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moi brevemente Sr. Presidente. Habería que falar tamén no 6 máis pero xa dixen antes que íamos intentar non facelo. Nestas vamos a posicionarnos en contra porque se segue entendendo a cultura como se segue entendendo. Calquera pode pedir unha subvención cultural e tal e así co extremo de que no ano pasado se subvencionou un desfile de modas, con cultura, que non entramos se hai que subvencionalo ou non, pero a través de cultura pois non. Entón nestes momentos a cultura é o gran machacado desta Deputación, é o caixón desastre no que se mete todo o que non ten cabida noutro lado, e o que é planificación cultural ou intención de facer algún plan que responda a incentiva-la cultura nun sentido máis xenuino e máis estricto pois non existe. Por exemplo un club de fútbol que organiza unha conferencia pódese subvencionar por cultura e unha asociación cultural que organice un partido de fútbol non se lle pode subvencionar por deportes. Ou sexa, cultura é neste aspecto o caixón desastre e polo tanto non vamos a vota-las bases porque xa as bases o recollen. Noutro caso pois haberá despois problemas en como se reparten pero as bases en si en principio non son boas pero non son as culpables senón é despois como se apliquen. Neste caso xa as propias bases son as culpables. É unha reflexión tamén sobre a política cultural aínda que non ten que ver estrictamente co punto. É que a política cultural desta Deputación está sendo desastrosa en tódolos aspectos, desastrosa. Xa o temos dito outras veces e o reiteramos, absolutamente desastrosa. Tanto nesto coma por exemplo, por poñer un exemplo, publicacións. A maioría dos libros teñen relativamente pouco interese. Pero se chega ó extremo de que se publica un libro sobre billar. O libro non ten ningún interese. O billar, creo que unha Deputación non debe subvencionar eso. O que ten interese é que un factótum do PP é quen o publica. Entón é unha cousa errática, pero se dixéramos, bueno é que foi un libro escapado, pero é que están todos, todos en fila son bastante floxos, algúns podían salvarse pero é que o tono medio é desastroso. Podíamos seguir cos exemplos, no, no, repito, se lle parece mal a alguén, a min me dá igual, me dá exactamente igual que lle pareza mal a alguén, algún dos autores me dá exactamente igual, porque esto se convirte nun refuxio do que ten enchufe para publicar. Exactamente así, é así, non se preocupe Sr. Pedrosa que asumo as competencias das miñas palabras, non se preocupe. E xa chega ó extremo e tal. Entón non estou criticando a quen intenta publicar o libro que non ten quen llo publique, ó fin e ó cabo se o escribiu o intenta, senón a esta casa que neste aspecto ten unha política absolutamente desastrosa como ten unha política desastrosa en xeral en cultura. Vamos votar en contra. Sr. Presidente.- Simplemente manifestar. Para contestar el tema sólamente este de los libros. Creo que no es bueno desprestigiar a ningún autor. En este caso concreto creo que tienen una línea de dignidad muy aceptable la totalidad de los libros que se han imprimido en esta Diputación. Que a usted determinados temas a lo mejor no le interesen puede ser. Pero tiene que admitir que puede haber sectores de población muy interesados en aspectos a lo mejor muy concretos y que no interesan al resto. Es esa una de las funciones precisamente de esta Diputación. Por el PSOE tiene la palabra el Sr. Juanes. Sr. Juanes Rodríguez.- Gracias Sr. Presidente. Vamos a ver, coincidindo na análise feita antes por Mosquera, no cal xa non vou a reincidir, pero eu creo que dentro do caixón desastre que son esta Comisión de Cultura, 40 millóns, son, como sempre estamos dicindo, absolutamente insuficientes. Pero eu creo que con todo o mal que o poden facer, eu creo que da experiencia hai que sacar un mínimo de conclusións e tratar de corrixir aquelo que durante un ano miramos que en certas cuestións non funciona. Pero é que nin sequera esa mala experiencia. Recoñecen que bueno, que estas bases é necesario modificalas nalgún aspecto. Sr. Ricón vostede sabe que durante este ano pasado aquí se subvencionaron actividades organizadas pola Cofradía do Nazareno de non sei onde, a Irmandade del Niño Jesús de non sei onde. Subvencionaronse desfiles de modas organizados por casas comerciais cun claro fin de venda comercial. Eso todo entre outras moitas cousas pasou pola Comisión de Cultura. Se houbera absolutamente cartos para todo pois eu non lle diría absolutamente nada, bueno, e o criticaría tamén, pero bueno, en principio como sobraron cartos ata eso se pode subvencionar. Pero se quedaron supoño que decenas, decenas de solicitudes de organizacións culturais ás cales non lle chegaron esas 50 mil, 100 mil, 80 mil pesetas que se reparten na Comisión de Cultura, co cal eu xa presentei na Comisión dúas emendas, porque polo menos me queda a conciencia tranquila. Digo, non me fan caso, pero polo menos cumpro co que creo que debo facer. Entón como é necesario por coto a ese caixón desastre que é esta Comisión de Cultura dotada insuficientemente con 40 millóns de pesetas plantexei xa na Comisión e volvo a plantexar agora no Pleno dúas emendas que poderían dalgunha forma enriquecer un pouquiño estas bases. E no punto 1, onde se fala de asociacións sen fins de lucro desta provincia, eu engadiría que o seu fin principal sexa a promoción e difusión da cultura, quedando exceptuadas aquelas de carácter relixioso, e pódenlle por tamén ou de carácter político, etc., etc., esa por un lado. Tamén sabe que subvencionamos moitas viaxes, viaxes ou, bueno, de todo tipo, de todo tipo. E creo que tamén hai que por coto a eso. Porque algúns terán un fin cultural e outros quizais non tanto. Entón no punto 2 onde fala de todas aquelas actividades que se poidan subvencionar, cursos, conferencias, etc., exceptuaranse as subvencións para viaxes sexan do tipo que sexan. Creo que con este carácter restrictivo, restrictivo pero dalgunha forma tratando de que aquelas asociacións puramente que organicen actividades culturais, que están pola promoción e difusión da cultura, teñan algo neste reparto desta "miseria", moitas delas se quedaron fóra, e realmente se subvencionaron estas outras xa digo de carácter relixioso puro e duro, e se subvencionaron estes desfiles de moda, etc., etc. Entón co ánimo de que polo menos esas asociacións culturais non se queden fóra deste reparto presento estas dúas emendas e con esto que fago é simplemente pois bueno darlle a razón ó Sr. Presidente da Comisión cando dicía, "non, é que a esto témoslle que por dalgunha forma remedio", pois bueno, pois poñámoslle remedio se hai vontade de porllo. Se queremos que sega sendo un caixón desastre esa Comisión de Cultura onde quepa absolutamente todo para seguir facendo amiguismos pois votemos en contra das emendas. Gracias. Sr. Ricón Virulegio.- Bos días. Quixera en primeiro lugar contestarlle ó Sr. Mosquera dicíndolle que dende que eu estou como Presidente da Comisión de Cultura, naturalmente vostedes teñen que facer oposición, home, lóxico, senón non estarían sentados aí, estarían noutro lugar, non sei onde, ó mellor caciqueando, pero aquí non estarían, non. Entón o que lle quero dicir ó Sr. Mosquera é que se vostede pensa que esta Institución non ten o Plan Cultural que a provincia se merece, ¿por que non presenta vostede outra alternativa?. Porque desde que eu estou dirixindo esta Comisión vostede non se acercou a min nin me presentou un plan por escrito alternativo que eu estou disposto a discutir coa oposición. Así que non me veña vostede coa historia de que esto é repetitivo, repetitivo, e que facemos o que nos dá a gana. Eu penso Sr. Mosquera que vostede fala moito pero actúa pouco e pídolle por favor que actue nesta área, que nos presente un plan alternativo. Sr. Juanes, o que vostede acaba de dicir xo dixo en Comisión. E cando se discutiu esto en Comisión xa se lle explicou cal era a razón. Por que as súas emendas non eran aceptadas e non van a ser aceptadas agora aquí tampouco. Pero non por capricho nin tampouco por despecho senón utilizando a razón que vostedes no nos queren dar. E comprendo tamén que non nos queira da-la razón. Xa lle digo vostedes tamén, os socialistas están aí na oposición e teñen que facer oposición, senón sabe Dios onde estarían. Por conseguinte Sr. Juanes o que lle quero dicir é que tódalas alegacións que vostede fai me parecen fóra de sitio porque sabemos que cultura é todo, xo discutimos na Comisión. E cando vostede fala de viaxes subvencionados parcialmente pola Deputación, é verdade que foron subvencionados parcialmente pola Deputación. Pero ¿por que?. Porque eran viaxes culturais, tiñan un contido cultural. Eu non sei se vostede viaxou, supoño que si, pero o que viaxa aprende e o que aprende adquire cultura, eso é un feito. Fala dunha cofradía, ¿cal foi o acto que celebrou a cofradía?. ¿Sabe vostede cal foi?. Pois foi un acto cultural dentro dunha Institución chamada cofradía, pero o acto a celebrar foi o acto cultural e vostedes tiveron a oportunidade de opoñerse ou polo menos poñe-los seus votos cando pasou a Comisión. E se o fixeron non deron a explicación que debían de dar para convencernos. Así que, representantes do Bloque e representantes do Partido Socialista, vostedes teñen que seguir facendo oposición, non teñen máis remedio porque senón non estarían nestes escaños. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias. Por parte del Bloque D. Cesáreo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Como sempre o señor, que neste caso exerce de Portavoz do PP e Presidente da Comisión de Cultura, fai unhas declaracións absolutamente desafortunadas. E empeza a ser altamente preocupante porque a verdade é que non fai ningunha, porque se fora algunha vez, pero é sempre. Home, que eu sepa nós estamos aquí, tanto os do PSOE e os do BNG polos votos, que eu sepa, e non por ningún outro motivo como están vostedes. Polo tanto toda disquisición sobre eso non sei a que vén pero vaiamos ó que dixo. Que temos que facer oposición. Efectivamente. Pero temos que facer oposición en función dos nosos criterios. E vostede quere acusarnos de que nos opoñemos por sistema. Fíxese vostede estase columpiando de tal calibre, e aquí hai Deputados do seu propio grupo que o saben, que nesa Comisión e neste plan en concreto houbo dous anos nos que practicamente todo saiu por unanimidade e estabamos este Deputado en concreto. Fíxese vostede. Vale. Terá que ver algo coa política que está aplicando vostede. Terá que ver algo coa política que está aplicando vostede que é neste aspecto o máis cacicón, e dígoo con tódalas letras, o máis cacicón que hai aquí. É así, é así. Porque cousas coma as que fixo, tivo cabreados ós seus propios compañeiros, de meter actuacións concertadas en Redondela fóra de presuposto e fóra do número que estaba nas bases, etc., etc. Todo o que estivo vostede facendo que é algo espectacular e son prácticas que nesta Deputación non se estaban facendo, non se estaban facendo. Con respecto a dar alternativas non é que o BNG dera alternativas, que si as deu, senón que eran as alternativas que se acordaran na anterior Comisión na anterior Corporación, na anterior Comisión, presidida por un Vicepresidente, Sr. Martínez-Herrera, no que se chegou ó acordo unánime de que estes plans tal como estaban, estaban agotados e que había que fixarlle prioridades. Cando se constituiu a nova Corporación na Comisión este Deputado transmitiu cales eran os acordos da anterior que coincidían cos criterios do BNG. Por exemplo, e dígame se é certo ou non que eso se dixo. Por exemplo non podemos subvencionar viaxes ou subvencionalas todas. Hai que poñer unha norma, porque senón con 20 millóns se subvencionamos tódalas viaxes de Colexios e 3ª Idade, etc., etc., non hai maneira, co cal teremos que fixar unhas prioridades. ¿Que fai vostede a cambio?. Non se subvencionan a inmensa maioría das viaxes excepto dúas ou tres ou catro dos de sempre, moi amigos, con presión nesta casa, ou amigos directos seus do PP. Eso é exactamente o que fai. E non veña dicindo que estamos en contra das viaxes. Estamos en contra é que unha se subvencionen polos motivos que dixen e a inmensa maioría, o 29%, non se subvencionen. Eso é o que estamos de acordo. Por exemplo, díxose que as APAS non se poderían subvencionar. ¿Por que?. Porque hai moitisimas. Non coincidían co volumen que ten o plan. Seguen subvencionando a algunha que lle convén e á inmensa maioría non as subvenciona. Sígolle cos exemplos. E todo esto este Deputado o dixo na Comisión, o dixo na Comisión, o dixo na Comisión. Non nos acuse deso e díxoo antes e despois e como se dixo antes e pareceu razonable e con aportacións á parte tanto do PSOE como do PP na anterior Comisión, se chegou practicamente a un acordo de como diseñar este plan. Houbo promesas do Presidente que acaba de falar dicindo que para o ano que vén como xa eran compromisos do ano pasado, do 95, para o 96 xa se cambiaría, pero a peor, efectivamente cambiouno pero a peor, a peor, exactamente a peor. D. Amado, reconsidere se quere, eu de verdade por desgracia teño dúbidas de que teña esa capacidade de reconsiderar porque se lle ten dito miles de veces ou centos, ou duceas de veces na Comisión estas cousas que estou dicindo aquí e nunca, nunca, nunca fixo caso, sempre ten o mesmo latiguillo -é que tamén é cultura, porque un desfile de modas é cultura, entón nós entendemos que é cultura e polo tanto votamos a favor-, e punto, e punto, agora cando se lle quere sacar o tema de discutir criterios ou discutir por que se dá unha subvención a súa resposta sempre é a mesma, nós entendemos que o tema é cultura, a oposición ten a outra visión e polo tanto vostedes fan oposición e xa están e non hai maneira de sacalo de aí porque vostede o que quere facer con este plan é facer da capa un sallo e que sexa un auténtico caciqueo que por certo, que por certo houbo épocas que non era e funcionaba moito mellor que agora, tanto en cartos coma na distribución deses cartos. A realidade é moi dura e lamento moito que incluso un compañeiro seu, quero dicir, o propio Partido Popular antes neste asunto chegara as conclusións que chegaron e á parte o estivo facendo francamente mellor. E como o fixo mellor se deu conta de que había que cambiar certas cousas, vostede non as quere cambiar senón que incluso quere volver atrás. En fin, non se aprende dos erros e lamento que unha persoa que pasa por ter certa cultura a verdade é que maltrate a cultura desa maneira e lle prime o seu espíritu sectario e de favoritismo e de preferencia, lle prime sobre o que debe ser un plan cultural serio e cuns criterios obxectivos como se expuxo na Comisión reiteradas veces en contra do que acaba de dicir falseando a realidade o Presidente da Comisión. Nada máis nesta parte. Non, viña a seguinte parte con desprestixiar ós autores. Non, eu non estou desprestixiando ós autores que publican aquí, están vostedes desprestixiando a tódolos restantes. Porque si realmente o nivel de ... Sr. Presidente.- Sr. Mosquera estamos dentro de una réplica, lleva más de diez minutos de réplica, por favor termine pronto. Por parte del PSOE el Sr. Juanes. Sr. Juanes Rodríguez.- Sr. Ricón, ás veces realmente un en política co silencio gana puntos, como é o seu caso, polo menos na última intervención. Vostede fala de oposición que bueno, que vostedes a súa labor é facer oposición, supoño que, á parte dixo así oposición en plan peiorativo, supoño que quere dicir opoñerse por opoñerse. Eu non sei se se acorda de cal foi o noso voto ás bases de reparto de subvencións a entidades culturais o ano pasado. Non sei se se acorda. En principio actuando con toda a boa vontade votamos a favor desas bases no ánimo de que a cuestión funcionara medianamente ben. Realmente ese voto a favor noso serviu para que se seguiran subvencionando viaxes a Covadonga como se subvencionaron este ano, viaxes a Fátima, desfiles de modelos como dixeches antes cun claro espíritu comercial, non cultural, comercial, de vender roupa, por moito que me diga vostede que la moda también es cultura. Claro que es. Pero esos señores lo que querían vender eran los modelitos. E nós fomos cómplices desa campaña comercial desas tendas que fixeron eses desfiles de modelos como levamos a xente a Covadonga, á Virgen de Covadonga ou a la Virgen de Fátima pagados con cartos desta Institución. Vostede entra en contradicións permanentes Sr. Ricón, D. Amado. Contradicións permanentes. Vostede reiterou cincuenta e unha mil veces nos debates das comisións que realmente que había que porlle dalgunha forma coto a todo eso. Ten oportunidade de rectificalo e non rectifica. E non me diga que non dixo eso nas Comisións porque bueno aínda que as actas das Comisións son demasiado sintéticas quizais creo que tódolos que pertencemos á Comisión estamos aquí para dar fe diso, de que realmente as bases había que reformalas algo para que realmente non se convertiran nese caixón desastre. Vostede Sr. Ricón tivo a oportunidade, xa que fala tanto de facer novos plans e toda esa cuestión, vostede non innovou nada nesta casa, absolutamente nada, creo que é tan novo coma min nesta casa, é a primeira lexislatura. Pero realmente todo esto vén heredado xa de antes. ¿Que innovou vostede aquí?. Absolutamente nada. Ou sexa, que vostede que está no equipo de goberno non innova nada e nos pide que innovemos a oposición. Sr. Ricón, creo que a cousa está suficientemente clara. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias. Procedemos a la votación. ¿Votos en contra?. Ah, perdón, perdón, hay las enmiendas presentadas por el PSOE que reglamentariamente tienen que votarse antes que el fondo del asunto. Votamos las dos enmiendas en conjunto si les parece correcto. ¿Votos a favor de las enmiendas?. El PSOE y el BNG. Abstenciones no hay. El resto votamos en contra. Quedan rechazadas. Entramos ahora en el fondo del asunto. ¿Votos en contra?. El PSOE y el Bloque. ¿Abstenciones?. No hay. El resto votamos a favor. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cultura, acorda por maioría de votos do Grupo Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG, aproba-las Bases de concesión de subvencións para actividades culturais promovidas por Entidades e Asociacións sen fins de lucro 1997, seguintes: 1.- A Deputación Provincial de Pontevedra, no seu Orzamento ordinario de 1997, incluiu un crédito destinado para axudas económicas a Entidades e Asociacións sen fins de lucro desta provincia, coa finalidade de colaborar nas actividades culturais que estas organizan, na partida 97/451.451.489.05. 2.- Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes, só poderán financiarse as que se realicen en 1997, que sexan esencialmente culturais, tales como concursos literarios, periodísticos, actos folclóricos e musicais, congresos, cursos, conferencias, etc. En ningún caso se atenderán as relativas a obras e reparacións de centros ou locais. 3.- O importe da subvención graduarase en función dos seguintes criterios: interese xeral da actividade; número de persoas que poidan participar ou disfrutar da mesma; custo en función da capacidade económica da Entidade e porcentaxe que solicite como subvención; fomento e conservación dos valores culturais, artísticos, folclóricos e históricos da localidade e que resalten aspectos importantes da Comunidade Autónoma. 4.- As peticións formularanse no modelo oficial que facilitará o Departamento de Cultura e presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación ata o 30 de xuño de 1997, adxuntando necesariamente copia do CIF ou DNI dos responsables das Asociacións, Comisións ou Organizacións de feito sen personalidade xurídica, facendo constar expresamente que se responsabilizan mancomunada e solidariamente de emprega-las axudas na actividade solicitada, así como de devolvelas no suposto que deban reintegrarse, podendo cada Entidade pedir para varias actividades, sen que a subvención para cada unha poida superar 500.000 ptas., nin a totalidade por beneficiario 2.000.000 de ptas. 5.- As subvencións poderán chegar ata o 50% do custo da actividade, sen supera-lo límite fixado na base anterior e autorízase como pago anticipado ata a metade do seu importe, sempre que se pida expoñendo os motivos e razóns que o xustifiquen e se autorice expresamente mediante informe positivo de Intervención. 6.- Os beneficiarios de subvencións, deberán xustifica-la súa inversión no prazo de 3 meses a partir da súa realización e en supostos de forza maior debidamente acreditada, antes do 30 de decembro de 1997. A tal fin, remitirán documentación orixinal ou compulsada, consistente en facturas, recibos, certificados, etc., ... onde se identifique ó beneficiario ou proveedor, consignando nome ou razón social, NIF ou CIF, domicilio, nº de factura e data de expedición; sinatura e conformidade de ser pagada. De non cumprirse ditos requisitos, a subvención quedará automaticamente anulada. 7.- As cantidades concedidas deberán ser reintegradas nos seguintes supostos: a) Obtelas sen reuni-las condicións esixidas; b) Incumpri-las condicións expostas ou a finalidade da axuda; c) Cando o importe recibido supere o que corresponde en función da porcentaxe en relación ó custo da actividade; e d) Infrinxi-lo resto de condicións fixadas nestas bases. 8.- As subvencións a conceder, serán informadas e propostas pola Comisión Informativa de Cultura ou órgano correspondente para a súa aprobación definitiva. ------ Folla: 27,36 8.4006.- CONVENIO ENTRE CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, DEPUTACIÓN PROVINCIAL, CONCELLO DE VIGO E UNIVERSIDADE DE VIGO PARA CENTRO DE DEREITO ECONÓMICO EN VIGO Sr. Presidente.- Pasamos al punto 8. Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Deputación Provincial, Concello de Vigo e Universidade de Vigo para construcción do Centro Docente de Dereito Económico en Vigo. Y podemos incluir el 9 en el mismo, son los dos sobre Vigo. El 9 es el Convenio entre Consellería de Educación, Deputación Provincial, Concello de Vigo e Universidade de Vigo para ampliación de Escolas Universitarias de Enxeñería Industrial e Técnica. ¿Alguna intervención?. Por parte del Bloque Dona Ana Gandón tiene la palabra. Sra. Gandón Menduíña.- Si, vamos a ver. É curioso non, porque vimos de tratar unha serie de puntos, de plans, que se referían a plans, e o meu compañeiro César vén de falar dun sen número de plans que hai aquí, eu non lembro, non me tomei o chollo de contalos primeiro creo que falou de dezasete, pode ser que se lle escapara algún máis, pero dá igual, dá o mesmo que sexan dezasete, como vinteún, como dezaseis, sen número de plans, calquera diría que hai unha obsesión pola planificación nesta Deputación, que son vostedes case uns obsesos da planificación. Pasa que claro, agora entramos noutro punto, noutro tema, que é o tema dos convenios para construcción desos dous Centros Universitarios en Vigo e tamén a continuación o de Ciencias Sociais en Pontevedra, e aí nos damos conta de que non teñen vostedes ningunha obsesión pola planificación e por eso precisamente fan tantos plans aquí, e precisamente por iso Galicia non conta cun plan de financiación das Universidades Galegas como loxicamente tería que contar. E é razonable porque parece cada vez máis claro e se ve a través da experiencia desta Deputación senón que desplanificar fai vintesete plans ou non fagas o plan que necesita o país e fai uns cantos convenios. Está claro que parece ser que a única planificación que a vostedes lles interesa é aquela que depende do calendario electoral ou ben a que se axusta ós seus intereses políticos partidarios máis estreitos, sen ter en conta, naturalmente, nin as necesidades, nin os criterios obxectivos, nin como no caso que nos ocupa, o caso dos convenios para estes Centros Universitarios, nin os desequilibrios que realmente existen nas tres Universidades galegas. ¿Por que plantexamos nós a necesidade deste plan?, bueno, plantexámolo nós, plantéxanno tódalas Universidades galegas, plantéxanno os Rectores e plantéxanno os diferentes sectores da comunidade universitaria, polo tanto non é só o BNG, só vostedes o Partido Popular, non entenden ou non queren entender, porque entender sí que entenden, que é mellor para os seus intereses non facer ese plan que contemple de forma global cal é a situación de tódalas Universidades galegas, que contemple cales son as súas necesidades e que planifique, e periodice, e priorice os investimentos que fan falta para soluciona-los problemas, para dotalas das infraestructuras que necesitan, etc., etc. Facer un plan, inda que sexa un mal plan, un plan xeral destas características con carácter plurianual e atendendo as necesidades globais de tódalas Universidades galegas implica planificación, inda que sexa cativa, inda que sexa escasa, e implica compromisos a longo prazo, e implica polo menos unha certa obxectividade, doutro xeito, do xeito que ten escollido a Xunta de Galicia neste momento para resolver estes problemas pendentes desde hai tantos anos nas Universidades galegas, e máis concretamente nos Campus de Vigo, Ourense e Pontevedra, que son os que veñen agora aquí, bueno, o de Ourense non vén, o de Vigo e Pontevedra que é no que imos entrar agora, pois o que fai é optar por un sistema no que se toma unha decisión puntual, a Xunta queda coa liberdade de decidir asino un convenio, non asino un convenio, ou asino para este obxectivo, non o asino para ningún, o fago con esta Universidade, non o fago con aquela, ou sexa, á Xunta quédanlle as mans totalmente libres para caciquear, a fin de contas é do que se trata, e digo para caciquear porque naturalmente non é só no tema da Universidade, senón porque curiosamente en Galicia si había un plan de financiación, si o houbo do 90-96. Houbo un plan global, non das características, ou non de tódalas características que a nós gustaría pero houbo un plan co que todo se implicaba, e ese plan rematou fai moi pouquiño, era 90-96 a súa duración, e ó remate dese plan a Xunta decide non facer un novo plan, porque claro como dicía antes eso implica planificación, criterios obxectivos, implica compromisos a longo prazo, e como ademais estamos nun ano electoral, como ademais estamos nun ano electoral facer ese novo plan implicaba poñer sobre a mesa os 8.000 millóns polo menos de pesetas que a Xunta deixou de investir estes anos nas Universidades e ademais volver a dotar ese plan cos investimentos necesarios para os anos futuros. Claro, eso nun ano electoral para o Partido Popular é tremendo. É preferible coller e dicir ¿cales son as asignaturas pendentes, máis pendentes e máis atrasadas?, esta, esta e esta; onde ademais hai máis conflictos que non nos interesa moito que salten en época electoral os conflictos, determinado tipo de conflictos en época electoral pois pode ser problemático. Entón vamos a ver se conseguimos solucionar eses conflictos, aprobar esas asignaturas pendientes. Pero ademais como estamos nun ano electoral e todo canto diñeiro, canto dente se lle meta ós orzamentos da Xunta para poder discrecionalmente distribuilos neste momento neste momento preelectoral, entón a Xunta o que fai, opta por esta vía de convenios e ademais trata de que entidades que non teñen nin politicamente nin legalmente obrigación de facelo asuman parte desa débeda que teñen coa Universidade. E en concreto pois non hai problema, aquí as Deputacións vanme arreglar unha parte do problema e o que non consigamos que nos arreglen as Deputacións, para algo temos os Concellos. Claro, entón agora, resulta, por eso voume ceñir agora ó caso concreto dos dous convenios que veñen aquí para firmar, que fan referencia á construcción de dous centros en Vigo. O Concello de Vigo aporta casi 200 millóns de pesetas para construir, para conseguir que a Xunta constrúa dous edificios que tiñan que estar en funcionamento xa hai anos. Un dos centros que se vai construir están xa no terceiro curso, cada ano tiveron que cambiar de emplazamento e este ano mesmo teñen o decanato nun sitio, as aulas noutro, a delegación de alumnado noutro, por suposto non teñen biblioteca. E o outro pois hai uns barracóns, uns barracóns que levan, eu non recordo cantos anos pero máis de dez desde logo, que se fixeron provisionalmente e seguen estando alí. Entón son compromisos moi anteriores que se a Xunta tivera investido eses 8.000 millóns de pesetas que tiña que haber investido non estaríamos falando aquí de ningún dos tres Convenios, nin de Ciencias Sociais nin o de Enxeñería Técnica e Industrial nin o de Dereito Económico. Son asignaturas pendientes, son débedas que a Xunta de Galicia tiña co campus de Vigo e co campus de Pontevedra. Pero agora resulta que se lles ocurre esa nova vía, moi na liña do Partido Popular en ano electoral e implican á Deputación e implican que aínda é moito máis grave, porque aínda ten menos sentido, ós Concellos e concretamente ó Concello de Vigo. Dende o noso punto de vista é bo que a Deputación contribúa, que colabore coa Universidade e é bo que os Concellos onde hai campus ou onde hai algún centro universitario é bo que colaboren para a Universidade. Pero deben facelo nos aspectos e nas cuestións que lles corresponde. Porque claro mentres vamos a cubrir e a tapa-los buracos que a Xunta de Galicia deixa sen cumprir e que obrigatoriamente tería que cumprir, xa digo, legalmente e politicamente, porque hai compromisos, hai plans e hai acordos parlamentarios, hai acordos do Parlamento de Galicia nese sentido, pois non só facemos eso senón que vamos correndo a poñer diñeiro e por outra parte ó mellor poñemos moi pouco diñeiro e aquí ó final vén algún convenio, por exemplo, ó final de todo veñen convenios doutro tipo coa Universidade que ó mellor terían que estar mellor dotados do que están porque ó mellor esa si que é unha orientación máis competencia da Deputación. E no caso do Concello de Vigo pois é evidente que o Concello que ten feito historicamente unha inversión enorme na Universidade, moi por riba dos 1.000 millóns de pesetas, en cesións de terreos, en expropiación para cesión de terreos, en viais, en saneamento, en abastecemento, etc., un esforzo que eu non teño cuantificado agora pero sei que supera con moito os 1.000 millóns de pesetas, agora resulta que tamén ten que construi-los centros. Ó mellor chega un día que resulta que tamén temos que construi-los hospitais, os institutos e non sabemos a que vai dedica-la Xunta de Galicia ou o Partido Popular ese diñeiro, bueno, ¿non o sabemos?, sabémolo tan ben como vostede. Entón a nós nos parece que esto non ten ningún sentido. Cremos que esta Deputación ademais desde o noso punto de vista comete un erro, comete un erro ó facer unha distribución tan desigual entre a aportación para o Centro de Ciencias Sociais en Pontevedra como os que fai para o de Vigo. E esto non o digo dende ningunha óptica localista, que quede claro, entre outras cousas porque aínda que os centros se ubiquen nunha ou outra cidade a Universidade ou o Centro non é desa cidade, está claro, e o servicio que plantexa é para unha Comunidade moito máis ampla que a propia cidade. Non van por aí os tiros. Por onde van os tiros, polo que eu falo de que é un erro, é que con erros deste tipo se fomentan malos entendidos, se dá lugar a interpretacións diferentes, e dá lugar para que haxa ó mellor xente e voces que se levanten e que entendan que pode haber agravios comparativos e nós cremos que non é bo facer eso. Non me vou a extender máis, vou a rematar, pero vou a rematar concluíndo que dende o noso punto de vista substituir o que debía ser a planificación plurianual contemplada globalmente para as Universidades Galegas pola firma de convenios puntuais e discrecionais polo tanto con cada Universidade e dende o noso punto de vista, primeiro, atenta contra a autonomía universitaria, á partir de agora vamos a ter Rectores que en vez de Rectores terán que exercer de mendigos. Van ter que facer cola diante da Consellería, -fírmeme vostede este convenio, home, non sexa malo-, porque non vai haber marco de referencia, non vai haber un plan onde se poida dicir estas son as necesidades, estes son os prazos, estes son os criterios, este é o diñeiro, non, non, dependerá de que o Rector sexa máis ou menos amigo, teña máis ou menos paciencia para facer cola e dependerá de que o Partido Popular teña máis ou menos interese en facer ese convenio, esa obra concreta. Polo tanto, nós entendemos que atenta contra a autonomía universitaria, que implica que a Xunta reduza o seu compromiso coa Universidade e na reducción dese compromiso, ollo, a Universidade de Vigo, os tres Campus que a compoñen, non van a ser precisamente os beneficiados nin moitisimo menos, porque optar por esta vía de convenios vai a implicar que eses desequilibrios que xa existen entre as tres Universidades Galegas no cal a nosa ten as de perder de momento, vanse acentuar, vanse acentuar, non só non se van a corrixir senón que se van acentuar. Se a Xunta fai deixación das súas responsabilidades políticas e legais incluso, incluso dos seus compromisos publicados, reiterados, en época electoral sobre todo. E pretende que esas obrigacións as descarga sobre outro tipo de entidades e institucións que non terían obrigación de contribuir económicamente a esa creación de infraestructuras ó mellor si a outra cousa. E por último dicir que a nosa posición é que é bo que tódalas administracións se comprometan coa Universidade, pero cada pau ten que aguanta-la súa vela e cada unha en función do que son as súas competencias e as súas obrigas e os servicios que ten que prestar. Polo tanto a nosa posición sería que non se asinara estes convenios, que se reclamara á Xunta de Galicia tal como reclaman tódalas Universidades Galegas un novo plan de financiamento das Universidades, plurianual, e por último reclamar da Xunta de Galicia que cumpra as súas obrigas e os seus compromisos na creación deses centros que como dicía ó principio son asignaturas pendientes polas que levamos agardando tanto en Vigo coma en Pontevedra moitos anos. Nada máis e moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias. Por el PSOE Dona Carmen Avendaño. Sra. Avendaño Otero.- Si. Buenos días. Bueno, un poco la intervención que pretendía hacer la hizo mi compañera que precedió en el uso de la palabra. Pero yo creo que en este tema hay un motivo importante que tenemos que resaltar que es el hecho de la falta de compromiso de política universitaria de la Xunta de Galicia. Esa falta de compromiso, esa consignación que tenían prevista de 12.000 millones de pesetas se queda tremendamente reducida y para ello tenemos que recurrir a convenios puntuales, yo me atrevo a decir que incluso un poco chapuceros de manera que otras instituciones cubran la designación presupuestaria que corresponde al Gobierno Autonómico tener. Por ello, ante esa voluntad de política universitaria por parte de la Xunta se llega a un convenio por esta Excma. Diputación, que bueno, que es un organismo que debe de contribuir también pero desde luego con unos objetivos claros y no cubriendo en ningún momento la parte que le correspondería al Gobierno Autonómico. Y si a eso añadimos que en los convenios hay una clara discriminación, no sabemos tampoco ni con que criterios, pues la sensación que se tiene es de que concretamente la Universidad de Vigo es una Universidad dejada, más dejada que otras Universidades incluso de Galicia, y que el Ayuntamiento de Vigo ha hecho como ha dicho mi compañera un gran esfuerzo durante muchos años y de nuevo con este convenio vuelve a tener que hacer otro gran esfuerzo teniendo que dotar para el año 97, 98 y 99 de un presupuesto de 181 millones. Ante eso nuestro grupo solicita que los convenios de las Universidades del Centro de Derecho Económico y de Ingeniería Técnica se retiren, se estudien, se doten de más medios más adecuados, y que se traiga a este Pleno para que pueda ser aprobado por todos los grupos políticos por unanimidad. Ese es el planteamiento que hace mi partido respecto a los dos convenios de Vigo y creo que además es bastante razonable, creo que es bastante razonable, e incluso creo que por lo menos parte de ustedes entendieron que efectivamente no es un convenio que beneficie en absoluto ni a la Universidad, bueno a la Universidad le beneficiaría, pero desde luego carga y muy gravosamente en el Ayuntamiento con una parte económica que consideramos que tampoco es ni justo ni equitativo. Sr. Presidente.- Gracias. Muy brevemente. En primer lugar a Doña Ana Gandón. Nos habla de qué habría que hacer. Bueno, en primer lugar le diré que no se si se dará cuenta que estamos en la Diputación Provincial, porque el 80% de su tiempo lo empleó como si estuviese en el Parlamento Gallego y el otro 20% como si estuviese en el Ayuntamiento de Vigo. Pero bueno, en definitiva nos da lo mismo y el caso es que llegue a la prensa y están ahí delante. El problema que usted plantea, dice que la Xunta debe hacer una planificación global, evidentemente eso lo deseamos todos. ¿Pero usted se da cuenta las dificultades que eso entraña?. Simplemente y por desgracia nuestra Universidad, en la Universidad de Vigo, estamos viendo y aún ayer fué la votación, no se ponen de acuerdo el Rectorado y el Consello Económico Social y se ha retirado y se ha votado en contra de una programación plurianual. Si esto no se consigue en una Universidad imagínese en todas las de Galicia. Por eso el Partido Popular si es coherente con sus criterios. Y mientras no se consiga esta planificación global lo que si queremos es resolver los conflictos. Y si la forma de resolverlos es con convenios puntuales, estamos haciendo los convenios puntuales. Por lo tanto yo creo que este es un buen sistema de ir resolviendo los conflictos en la Universidad. No por el hecho de intentar una solución maravillosa, perfecta, vamos a estar de brazos cruzados diez años. Porque seguramente estaríamos ese tiempo. En cuanto a la participación del Ayuntamiento y de la Diputación en este tipo de convenios, también le doy nuestra opinión. Mire usted en este caso concreto de un 100% del importe de las inversiones la Xunta de Galicia va a poner el 80%. Le corresponde al resto de las instituciones menos, en concreto menos de un 20%. ¿Qué a lo mejor no deberían de poner nada?. Puede ser, si, a lo mejor hasta le doy la razón, puede ser que no deberían de poner esas instituciones nada. Pero mire, perdón, tengo la garganta mal por haber dejado de fumar, si por haber puesto este 20% el Ayuntamiento y la Diputación se hacen esos edificios bienvenidos sean. Explíquele usted a las familias que tienen hijos en edad de la Universidad que el dinero viene en una parte de la Xunta, en otra de la Diputación, en otra de no se que. Mire usted, lo que quieren es que se haga el edificio, y si gracias a ese pequeño esfuerzo de la Diputación y del Ayuntamiento se hacen las obras, bienvenido sea. Este es nuestro criterio y nuestra opinión. Por lo que se refiere a la intervención de Doña Carmen Avendaño. En términos muy parecidos le contesto, no repito porque su intervención fue similar, ya dijo que pues era practicamente copia de la anterior. Simplemente le diré en cuanto que tenemos que votar su petición de retirada, no se la vamos a votar, creemos que es un tema urgente, que cuanto antes se ponga en marcha antes estarán los edificios y antes funcionarán las nuevas aulas y por lo tanto no vamos a retirarlos, estamos convencidos de que son buenos convenios. Por ello, le rogaría ya que pasáramos a la votación. Intervención. Brevemente por favor. Sra. Gandón Menduíña.- Eu non sei se falo coma se estivera no Parlamento ou no Concello, en todo caso falo como a min me parece. ... guste é outro cantar. Falo como a min me parece. E ó mellor vostede cando di eso é que aínda non se dá conta de que a Universidade, tanto a de Vigo coma calquera Universidade, é un problema de toda Galicia. Vostedes como xogan a enfrentar unhas universidades con outras, vostedes como xogan a actuar diferentemente, vostedes o Partido Popular, segundo o caso, segundo o Rectorado, segundo a cidade, segundo a circunstancia, segundo o momento electoral, non se dan conta de que é un problema que afecta a toda Galicia este. Nós non facemos intervencións de carácter localista. Non é o noso. Afecta a toda Galicia, o temos claro. E ó mellor a vostede lle parece que como falo de Galicia vostede, do Parlamento, pero non, se pode facer para ben de Galicia dende o máis pequeno curruncho deste país. É certo que entre os distintos sectores da Universidade, normalmente claro que hai discrepancias, home, só faltaría, só faltaría, ou sexa, son persoas diferentes e as discrepancias veñen dende moitos sitios, dende posicións políticas, dende intereses distintos, dende que se ocupan lugares distintos na Universidade, etc., pero vostedes alimentan esas discrepancias todo o que poden. E a mellor forma de alimentalas no futuro é non facer ese plan e facer convenios concretos. Entón acabaremos a bofetadas cada campus con cada campus do lado, cada cidade con cada cidade e cada Universidade con cada Universidade, pero claro eso é o que queren vostedes, está clarisimo. Vostedes queren eso e lles interesa eso e logo por enriba venden como favor algo que non é máis que cumprir coas súas obrigas. A creación destes centros, dos dous que estou defendendo agora, dos que estamos falando agora e do que vai vir a continuación non son ningún regalo nin para Vigo nin para Pontevedra, a ver se nos aclaramos. Non é que un día se levantara o Presidente da Xunta, o Conselleiro de Educación ou toda a plana maior do Partido Popular dicindo vamos a poñer en marcha estes centros. Non é que a tensión que había por ese incumprimento da Xunta era demasiado importante como para deixalo sen solucionar, é un problema electoral, porque levamos anos agardando eso. Entón a Xunta pon o 80, tiña que poñe-lo 100, pero non só tiña que poñe-lo 100 para cumprir esto que xa tiña que estar feito fai 4, 5 ou 6 anos. E ademais tiña que poñer moito diñeiro máis para o futuro. Así que non nos vendan esto como regalo. E despois dende o punto de vista do Concello de Vigo o Sr. Pedrosa, dende o punto de vista do Concello, Sr. Pedrosa, vostede o sabe perfectamente. Vostede en Vigo xa procurou que nadie se enterara de que os outros Concellos non poñían nada. Vostede ben se encargou e estaba nerviosisimo e procurou que nadie soubera que o Concello de Vigo era o único que poñía. Entón é un cachondeo, polo menos o único que poñía nunha cantidade importante. E eu non falo dende o punto de vista de Vigo, Sr. Pedrosa, falo dende o punto de vista da Universidade. Porque ¿sabe unha cousa?. Se o Concello de Vigo pon 181 millóns que tiña que poñe-la Xunta, eso sabe o que quere dicir?, que a Universidade de Vigo perde 181 millóns, pérdeo, non os gana. Pérdeos, pérdeos. Porque ese diñeiro tiña que ser aplicado a solucionar outros problemas dos centros de Vigo, non da cidade de Vigo, como son o transporte colectivo ou como son as deficiencias noutro tipo de cuestións que están sin solucionar. Tiña que meter ese diñeiro pero para outros fins e non para lavarlle a cara ó Partido Popular e á Xunta de Galicia, que é o que estamos. E esa é a nosa oposición. O BNG non se opón nunca en ningunha institución a que se colabore coa Universidade, nunca, todo o contrario. Pero ten que colaborar cada Administración cumprindo coas súas obrigas en primeiro lugar, en primeiro lugar. Así que non nos venda esto como solución de ningún problema, non no lo venda así porque non é ningún regalo e presénteo como que a Xunta vén incumprindo e agora vostedes se prestan a lavarlle a cara dende calquera Institución. E nada máis. Sr. Presidente.- Gracias. No se me enfade, Doña Ana. Lo que pasa es que tampoco diga cosas que yo no dije. Yo no hablé de regalos. Pero por eso mismo no se me enfade el día que presido el Pleno. Primero, no hablé de regalos en ningún caso. Y segundo, usted ayer estuvo en el Pleno de Vigo, no se como dice que yo oculté, que otros Concellos no, incluso expliqué por qué Pontevedra no ponía echándole la culpa a ustedes. Porque el Grupo Popular del Ayuntamiento de Pontevedra quiso participar ahí y no tuvo los votos suficientes porque no le votaron los otros grupos. O sea, no sólo no negué eso sino que lo explique. O sea, fíjese usted como andamos. Pero bueno, no voy a entrar porque el resto fue repetición de lo que dijo. Por parte del PSOE. Sra. Avendaño Otero.- Si Sr. Pedrosa. Justamente es que ayer en la intervención, que en su contestación no tuve la oportunidad de estar, pero en mi intervención efectivamente yo no hablé en ningún momento de grupo político, hablé de criterios y usted habló de grupos políticos. Eso nos viene a reafirmar que esto no es un Convenio con una voluntad de mejorar la Universidad sino que es un Convenio con voluntad para lavar la cara al gobierno del PP. Eso lo sacó usted no lo sacamos nosotros, en primer lugar. Por otro lado Sr. Pedrosa dice usted: en las intervenciones hablan ustedes de la Xunta, de los Ayuntamientos, es que los Diputados, en mi opinión y soy una novel, tenemos derecho a hablar también de nuestras ciudades y tenemos derecho a hacer un análisis también de política autonómica, ¿o no?, ¿o no?. Supongo que si. En cuanto a los tantos por cien, no me venga con tantos por cien, porque llevando usted Economía como lleva pues de ceros tantos por cien a veintitantos tantos por cien de unos Ayuntamientos a otro no se puede justificar. Y por otro lado respecto a la petición de retirada sabemos que urge el tema, queremos que salga el tema, somos conscientes de que es urgente. Pero mire, si hay una voluntad como usted ayer me comentaba, no precisamente en el Pleno sino después, pues se hace la modificación pertinente al Convenio y se trae con carácter urgente a esta Diputación y se aprueba. Por lo tanto insisto en que si hay voluntad por parte del Partido Popular de enmendar lo mal hecho, insisto, quiero, pido y solicito que este Pleno se pronuncie respecto a la retirada para hacer las modificaciones equitativas y justas necesarias y traerlo con carácter urgente este mismo mes a un Pleno. Insisto en mi petición Sr. Pedrosa. Muchas gracias. Sr. Presidente.- Gracias. El Partido Popular lo que quiere es resolver los problemas concretos que existen sin perjuicio que también nos encantaría una Universidad idílica. Pasamos a votación la petición de retirada de Doña Carmen Avendaño. ¿Votos a favor?. PSOE y Bloque. Abstenciones no hay. El resto votamos en contra. Sobre el fondo del asunto votamos conjuntamente los puntos 8 y 9, da cuenta el Secretario. ¿Votos en contra?. PSOE y Bloque. Abstenciones no hay. El resto votamos a favor. Si, me imagino que si. Doña Carmen Avendaño, ¿la petición de retirada y la consiguiente votación era para los dos puntos en conjunto, también, no?. Gracias. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cultura, acorda por maioría de votos do Grupo Popular, e cos votos en contra do PSOE e do BNG, aproba-lo Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Deputación Provincial, Concello de Vigo e Universidade de Vigo para construcción do Centro Docente de Dereito Económico en Vigo, habilitando á Presidencia para a súa sinatura. Dito Convenio é o seguinte: En Santiago de Compostela, a ....... de ................ de 199 .... REUNIDOS Dunha parte, o Excmo. Sr. D. Celso Ramón Currás Fernández, Conselleiro de Educación e O.U. Doutra, os seguintes señores: o Excmo. Sr. Rector Magnífico da Universidade de Vigo, D. José Antonio Rodríguez Vázquez; o Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Manuel Abeledo López, o Ilmo. Alcalde de Vigo, D. Manuel Pérez Alvarez. As partes intervintes actuan no exercicio dos seus propios cargos e coa representación que ostentan, e se recoñecen recíprocamente capacidade para contratar e obrigarse nos termos deste documento. EXPOÑEN Que rematado o período de vixencia do Plan de financiamento das Universidades galegas para o período 1990-96, (aprobado pola Comisión de Economía, Facenda e Presupostos, de conformidade coa Disposición adicional cuarta da Lei 11/1989, do 20 de xullo, de Ordenación do sistema universitario de Galicia), estímase conveniente establecer un marco de colaboración institucional coas administracións locais e provinciais coa finalidade de atende-las necesidades priorizadas pola Universidade de Vigo para a construcción e equipamentos nos seus campus. Que o Plan de financiamento do sistema universitario de Galicia foi aplicado como unha estructura económica orientada a corrixi-los desequilibrios entre as nosas universidades, garantindo un nivel de calidade razoable de xeito tal que segundo a súa propia definición, cada unha das universidades do noso sistema poida crear e transmitir coñecemento, espallar cultura e dar pulo ó desenvolvemento de Galicia. Que o Estatuto da Universidade de Vigo determina en harmonía co artigo 3.2 da Lei Orgánica 11/1983, do 25 de agosto, -de reforma universitaria- como atribucións propias da mesma a creación de estructuras específicas que actuen como soporte do estudio, da docencia e da investigación, así como calquera outra competencia necesaria para o axeitado cumprimento dos obxectivos sinalados no artigo 1 da citada Lei orgánica. Que, a Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, establece as competencias das entidades locais territoriais, determinando no seu artigo 36 que as Deputacións provinciais teñen como atribucións propias a prestación de servizos públicos de carácter supramunicipal, e, en xeral, o fomento dos intereses peculiares da provincia. Que a Consellería de Educación e O.U. é o órgano da administración da Comunidade Autónoma de Galicia ó que corresponden as competencias e funcións en materia de coordinación do sistema universitario e o fomento da investigación, de conformidade co artigo 1 do Decreto 346/1996, do 13 de setembro, pola que se establece a estructura orgánica dese departamento. Conscientes as partes intervintes da urxente necesidade da infraestructura referida no campus de Vigo da Universidade de Vigo, así como das limitacións presupostarias da Consellería de Educación e O.U. e da Universidade de Vigo para financiar totalmente as obras que se teñen priorizado, estiman oportuno xunta-los esforzos económicos de todas elas coa finalidade de acada-la construcción e equipamento do edificio destinado a Dereito Económico, no antedito campus. Por todo iso, de acordo co principio de colaboración para o mellor servicio dos fins públicos que lle son propios ás diferentes administracións intervintes, de conformidade co respeto mutuo ós ámbitos competenciais que lle corresponden a cada unha das partes segundo o ordenamento xurídico vixente, e actuando no marco do disposto no artigo 3.c), da Lei 13/1995, do 18 de maio (BOE do 19 de maio), de Contratos das Administracións Públicas aproban este convenio de colaboración que se rexerá polas seguintes CLÁUSULAS Primeira.- O presente convenio ten por obxecto fixa-las bases de colaboración entre as institucións asinantes para a licitación e execución das obras de construcción e equipamento do edificio do centro universitario "Dereito Económico de Vigo", en virtude e concreción do acordo de colaboración asinado o día 15 de novembro de 1996 pola Consellería de Educación e O.U., a Universidade de Vigo, as Deputacións Provinciais de Ourense e Pontevedra e os Concellos de Ourense e Vigo, para a mellora das infraestructuras nos seus campus universitarios. Segunda.- O custo máximo total, das actuacións contempladas no presente convenio valóranse en cincocentos oito millóns de pesetas (508.000.000) e o seu financiamento correrá a cargo da Consellería de Educación e O.U., da Deputación Provincial de Pontevedra e do Concello de Vigo, de acordo coas aportacións e anualidades que de seguido se indican: Institución Anualidade Anualidade Anualidade Apl. Presup. Consellería 80.000.000 159.000.000 160.000.000 07.01.322C.741.0 Deputación 5.000.000 8.000.000 8.000.000 Concello 18.000.000 35.000.000 35.000.000 Terceira.- A Universidade de Vigo comprométese a tramita-lo expediente de contratación, con suxeición ós tipos e prezos sinalados neste convenio, sendo preceptiva a autorización previa da Comisión de seguimento para realizar calquera modificación e sendo do seu cargo as que supoñan incremento do prezo de adxudicación. Cuarta.- Os proxectos técnicos correspondentes, serán elaborados pola Consellería de Educación e O.U., e aprobados polo órgano competente da institución tramitadora do expediente de contratación, logo do visto e prace da Comisión de Seguimento do convenio. Este trámite tamén deberá cumprirse, para a aprobación dos correspondentes Pregos de Condicións. Quinta.- As baixas que poideran producirse na adxudicación das obras, serán destinadas -en primeiro lugar e ata un importe máximo de cento cincuenta millóns de pesetas- á adquisición de equipamento do edificio do centro universitario de referencia, e a cantidade restante, de se-lo caso, empregaranse en investimentos de equipamento para o campus de Vigo. De non teren lugar tales baixas, ou de non seren dabondo para cubri-lo citado importe, o custo necesario para o equipamento do edificio para Dereito Económico de Vigo, (ou a cantidade que falte ata acada-lo expresado importe), será financiado mediante formalización doutro novo convenio de colaboración. A contratación da subministración do equipamento realizarase pola Universidade de Vigo, logo da pertinente autorización pola Comisión de seguimento e consonte coa Lei 13/1995 de Contratos das Administracións Públicas. Ó acto de recepción de equipamento asistirá un funcionario designado pola Consellería, que deberá asina-la correspondente acta. Sexta.- A Consellería de Educación e O.U. proporcionará o asesoramento axeitado a través dun ou dous técnicos, coa cualificación necesaria para levar a cabo a codirección das obras, que será comunicada á empresa adxudicataria e que serán os que asinen as certificacións da obra realizada. Sétima.- O pagamento das aportacións económicas correspondentes ás partes asinantes deste documento, farase contra certificación de obra realmente realizada, e na parte proporcional que nela corresponde. A certificación será presentada pola Universidade de Vigo e subscrita polos dous técnicos codirectores das obras. Os seus importes acumulados en cada un dos trimestres non superarán o 25% do total anual previsto, e sen prexuízo dos axustes necesarios que os aportantes poidan realizar ó longo do exercicio e garantindo sempre a anualidade prevista na cláusula segunda. Estas cantidades proporcionais serán ingresadas na conta bancaria que a tal fin, e ó seu nome, abrirá a Universidade de Vigo e coa obriga de comunicalo ás partes. Oitava.- A Universidade de Vigo, como institución encargada da contratación, será a responsable a tódolos efectos dos pagos derivados dela, así como de satisfacer calquera outra obriga que exceda dos compromisos económicos contemplados neste convenio. Por iso, de producirse liquidacións finais, que sobrepasen as aportacións totais ás que se comprometeron as partes, éstas correrán por conta da institución encargada da contratación, que deberá dar conta á Comisión de seguimento, das correspondentes liquidacións finais. Así mesmo será responsabilidade exclusiva da institución contratante, calquera tipo de indemnización de danos e prexuízos por responsabilidades civís, penais ou administrativas que poideran derivarse da relación contractual. Novena.- Durante o tempo de execución das obras contempladas no presente convenio, deberá colocarse en lugar visible un cartel anunciador da obra, no que figurarán as denominacións e logotipos das partes financiadoras do proxecto. Décima.- O prazo máximo de vixencia deste convenio será ata 31 de decembro do 1999 ou ata a total conclusión da súa finalidade, no suposto de producirse isto antes de remata-lo devandito prazo. Asemade, por acordo expreso das partes asinantes este convenio poderá ser prorrogado. Undécima.- A titularidade das infraestructuras obxecto deste convenio, corresponderá á Universidade de Vigo, que se obriga a destinalas ós fins universitarios previstos, quedando á marxe deste convenio os custos de dotación de persoal e de funcionamento do centro universitario que é competencia da súa autonomía universitaria. No suposto de que non fose destinado o edificio ós fins indicados, o conxunto das instalacións reverterá na Xunta de Galicia. Duodécima.- Son causas de resolución do convenio: a) O mutuo acordo das partes. b) A aplicación das cantidades aportadas, a fins distintos dos previstos neste convenio. c) O incumprimento dalgunha das cláusulas deste convenio, ou calquera outra causa contraria á súa finalidade. Décimoterceira.- Para o control da execución deste convenio e a solución das posibles controversias na súa aplicación, así como para a interpretación do mesmo, créase unha Comisión de seguimento composta polos seguintes membros: A) O Conselleiro de Educación e O.U. B) O Rector da Universidade de Vigo. C) O Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra. D) O Secretario Xeral da Consellería de Educación e O.U. E) O Director Xeral de Universidades e Investigación da Consellería de Educación e O.U. F) Un Secretario, con voz pero sen voto, designado pola Universidade de Vigo, de entre os seus funcionarios. As persoas previstas como membros da Comisión, agás a do apartado f), poderán delegar, de forma expresa, noutra persoa pertencente á administración que representan coa categoría non inferior a Xefaturas de Servicio. O Presidente da Comisión será o titular da Consellería de Educación e O.U., ou persoa en quen delegue, que terá voto dirimente. Décimocuarta.- A resolución do convenio dará lugar -no seu caso- ó reintegro das axudas aportadas e mailos intereses legais por demora, consonte co establecido no artigo 78 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de Réxime Financeiro e Presupostario de Galicia. A resolución do convenio, iniciarase por denuncia expresa dalgunha das partes, e precisará sempre do trámite de audiencia para alegacións, así como dos dictames e informes, de se-lo caso, preceptivos. Décimoquinta.- As cuestións xurisdiccionais que poideran derivarse deste convenio, dada a súa natureza administrativa, deberán someterse á xurisdicción contencioso-administrativa. En proba de conformidade asinan este documento, por cuadriplicado exemplar, en unidade de acto e a un só efecto, en Santiago de Compostela a .... de .................. de 199 .... POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA- Celso Ramón Currás Fernández POLA UNIVERSIDADE DE VIGO- José Antonio Rodríguez Vázquez - POLA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA- Manuel Abeledo López - POLO CONCELLO DE VIGO- Manuel Pérez Alvarez - ------ Folla: 36,39 9.4007.- CONVENIO ENTRE CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, DEPUTACIÓN PROVINCIAL, CONCELLO DE VIGO E UNIVERSIDADE DE VIGO PARA AMPLIACIÓN DE ESCOLAS UNIVERSITARIAS DE ENXEÑERÍA INDUSTRIAL E TÉCNICA O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cultura, acorda por maioría de votos do Grupo Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG, aproba-lo Convenio entre a Consellería de Educación, Deputación Provincial, Concello de Vigo e Universidade de Vigo para ampliación das Escolas Universitarias de Enxeñería Técnica e Industrial en Vigo, habilitando á Presidencia para a súa sinatura. Dito Convenio é o seguinte: En Santiago de Compostela, a ........ de .................. de 199..... REUNIDOS Dunha parte, o Excmo. Sr. D. Celso Ramón Currás Fernández, Conselleiro de Educación e O.U. Doutra, os seguintes señores: o Excmo. Sr. Rector Magnífico da Universidade de Vigo, D. José Antonio Rodríguez Vázquez; o Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Manuel Abeledo López, o Ilmo. Alcalde de Vigo, D. Manuel Pérez Alvarez. As partes intervintes actuan no exercicio dos seus propios cargos e coa representación que ostentan, e se recoñecen reciprocamente capacidade para contratar e obrigarse nos termos deste documento. EXPOÑEN Que rematado o período de vixencia do Plan de financiamento das Universidades galegas para o período 1990-96, (aprobado pola Comisión de Economía, Facenda e Presupostos, de conformidade coa Disposición adicional cuarta da Lei 11/1989, do 20 de xullo, de Ordenación do sistema universitario de Galicia), estímase conveniente establecer un marco de colaboración institucional coas administracións locais e provinciais coa finalidade de atende-las necesidades priorizadas pola Universidade de Vigo para a construcción e equipamentos nos seus campus. Que o Plan de financiamento do sistema universitario de Galicia foi aplicado como unha estructura económica orientada a corrixi-los desequilibrios entre as nosas universidades, garantindo un nivel de calidade razoable de xeito tal que segundo a súa propia definición, cada unha das universidades do noso sistema poida crear e transmitir coñecemento, espallar cultura e dar pulo ó desenvolvemento de Galicia. Que o Estatuto da Universidade de Vigo determina en harmonía co artigo 3.2 da Lei Orgánica 11/1983, do 25 de agosto, -de reforma universitaria- como atribucións propias da mesma a creación de estructuras específicas que actuen como soporte do estudio, da docencia e da investigación, así como calquera outra competencia necesaria para o axeitado cumprimento dos obxectivos sinalados no artigo 1 da citada Lei orgánica. Que, a Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, establece as competencias das entidades locais territoriais, determinando no seu artigo 36 que as Deputacións provinciais teñen como atribucións propias a prestación de servizos públicos de carácter supramunicipal, e, en xeral, o fomento dos intereses peculiares da provincia. Que a Consellería de Educación e O.U. é o órgano da administración da Comunidade Autónoma de Galicia ó que corresponden as competencias e funcións en materia de coordinación do sistema universitario e o fomento da investigación, de conformidade co artigo 1 do Decreto 346/1996, do 13 de setembro, pola que se establece a estructura orgánica dese departamento. Conscientes as partes intervintes da urxente necesidade da infraestructura referida no campus de Vigo da Universidade de Vigo, así como das limitacións presupostarias da Consellería de Educación e O.U. e da Universidade de Vigo para financiar totalmente as obras que se teñen priorizado, estiman oportuno xunta-los esforzos económicos de todas elas coa finalidade de acada-la construcción e equipamento do edificio destinado a Ampliación das Escolas Universitarias de Enxeñería Técnica e Industrial e de Empresariais, no antedito campus. Por todo iso, de acordo co principio de colaboración para o mellor servicio dos fins públicos que lle son propios ás diferentes administracións intervintes, de conformidade co respeto mutuo ós ámbitos competenciais que lle corresponden a cada unha das partes segundo o ordenamento xurídico vixente, e actuando no marco do disposto no artigo 3.c), da Lei 13/1995, do 18 de maio (BOE do 19 de maio), de Contratos das Administracións Públicas aproban este convenio de colaboración que se rexerá polas seguintes CLÁUSULAS Primeira.- O presente convenio ten por obxecto fixa-las bases de colaboración entre as institucións asinantes para a licitación e execución das obras de construcción e equipamento do edificio do centro universitario "Ampliación das Escolas Universitarias de Enxeñería Técnica e Industrial de Vigo", en virtude e concreción do acordo de colaboración asinado o día 15 de novembro de 1996 pola Consellería de Educación e O.U., a Universidade de Vigo, as Deputacións Provinciais de Ourense e Pontevedra e os Concellos de Ourense e Vigo, para a mellora das infraestructuras nos seus campus universitarios. Segunda.- O custo máximo total, das actuacións contempladas no presente convenio valóranse en cincocentos trinta e cinco millóns de pesetas (535.000.000) e o seu financiamento correrá a cargo da Consellería de Educación e O.U., da Deputación Provincial de Pontevedra e do Concello de Vigo, de acordo coas aportacións e anualidades que de seguido se indican: Institución Anualidade Anualidade Anualidade Apl. Presup. Consellería 85.000.000 168.000.000 168.000.000 07.01.322C.741.0 Deputación 5.000.000 8.000.000 8.000.000 Concello 19.000.000 37.000.000 37.000.000 Terceira.- A Universidade de Vigo comprométese a tramita-lo expediente de contratación, con suxeición ós tipos e prezos sinalados neste convenio, sendo preceptiva a autorización previa da Comisión de seguimento para realizar calquera modificación e sendo do seu cargo as que supoñan incremento do prezo de adxudicación. Cuarta.- Os proxectos técnicos correspondentes, serán elaborados pola Consellería de Educación e O.U., e aprobados polo órgano competente da institución tramitadora do expediente de contratación, logo do visto e prace da Comisión de Seguimento do convenio. Este trámite tamén deberá cumprirse, para a aprobación dos correspondentes Pregos de Condicións. Quinta.- As baixas que poideran producirse na adxudicación das obras, serán destinadas -en primeiro lugar e ata un importe máximo de cento cincuenta millóns de pesetas- á adquisición de equipamento do edificio do centro universitario de referencia, e a cantidade restante, de se-lo caso, empregaranse en investimentos de equipamento para o campus de Vigo. De non teren lugar tales baixas, ou de non seren dabondo para cubri-lo citado importe, o custo necesario para o equipamento do edificio para a Ampliación das Escolas Universitarias de Enxeñería Técnica e Industrial de Vigo, (ou a cantidade que falte ata acada-lo expresado importe), será financiado mediante formalización doutro novo convenio de colaboración. A contratación da subministración do equipamento realizarase pola Universidade de Vigo, logo da pertinente autorización pola Comisión de seguimento e consonte coa Lei 13/1995 de Contratos das Administracións Públicas. Ó acto de recepción de equipamento asistirá un funcionario designado pola Consellería, que deberá asina-la correspondente acta. Sexta.- A Consellería de Educación e O.U. proporcionará o asesoramento axeitado a través dun ou dous técnicos, coa cualificación necesaria para levar a cabo a codirección das obras, que será comunicada a empresa adxudicataria e que serán os que asinen as certificacións da obra realizada. Sétima.- O pagamento das aportacións económicas correspondentes ás partes asinantes deste documento, farase contra certificación de obra realmente realizada, e na parte proporcional que nela corresponde. A certificación será presentada pola Universidade de Vigo e subscrita polos dous técnicos codirectores das obras. Os seus importes acumulados en cada un dos trimestres non superarán o 25% do total anual previsto, e sen prexuízo dos axustes necesarios que os aportantes poidan realizar ó longo do exercicio e garantindo sempre a anualidade prevista na cláusula segunda. Estas cantidades proporcionais serán ingresadas na conta bancaria que a tal fin, e ó seu nome, abrirá a Universidade de Vigo e coa obriga de comunicalo ás partes. Oitava.- A Universidade de Vigo, como institución encargada da contratación, será a responsable a tódolos efectos dos pagos derivados dela, así como de satisfacer calquera outra obriga que exceda dos compromisos económicos contemplados neste convenio. Por iso, de producirse liquidacións finais, que sobrepasen as aportacións totais ás que se comprometeron as partes, éstas correrán por conta da institución encargada da contratación, que deberá dar conta á Comisión de seguimento, das correspondentes liquidacións finais. Así mesmo será responsabilidade exclusiva da institución contratante, calquera tipo de indemnización de danos e prexuízos por responsabilidades civís, penais ou administrativas que poideran derivarse da relación contractual. Novena.- Durante o tempo de execución das obras contempladas no presente convenio, deberá colocarse en lugar visible un cartel anunciador da obra, no que figurarán as denominacións e logotipos das partes financiadoras do proxecto. Décima.- O prazo máximo de vixencia deste convenio será ata 31 de decembro do 1999 ou ata a total conclusión da súa finalidade, no suposto de producirse isto antes de remata-lo devandito prazo. Asemade, por acordo expreso das partes asinantes este convenio poderá ser prorrogado. Undécima.- A titularidade das infraestructuras obxecto deste convenio, corresponderá á Universidade de Vigo, que se obriga a destinalas ós fins universitarios previstos, quedando á marxe deste convenio os custos de dotación de persoal e de funcionamento do centro universitario que é competencia da súa autonomía universitaria. No suposto de que non fose destinado o edificio ós fins indicados, o conxunto das instalacións reverterá na Xunta de Galicia. Duodécima.- Son causas de resolución do convenio: a) O mutuo acordo das partes. b) A aplicación das cantidades aportadas, a fins distintos dos previstos neste convenio. c) O incumprimento dalgunha das cláusulas deste convenio, ou calquera outra causa contraria á súa finalidade. Décimoterceira.- Para o control da execución deste convenio e a solución das posibles controversias na súa aplicación, así como para a interpretación do mesmo, créase unha Comisión de seguimento composta polos seguintes membros: A) O Conselleiro de Educación e O.U. B) O Rector da Universidade de Vigo. C) O Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra. D) O Secretario Xeral da Consellería de Educación e O.U. E) O Director Xeral de Universidades e Investigación da Consellería de Educación e O.U. F) Un Secretario, con voz pero sen voto, designado pola Universidade de Vigo, de entre os seus funcionarios. As persoas previstas como membros da Comisión, agás a do apartado f), poderán delegar, de forma expresa, noutra persoa pertencente á administración que representan coa categoría non inferior a Xefaturas de Servicio. O Presidente da Comisión será o titular da Consellería de Educación e O.U., ou persoa en quen delegue, que terá voto dirimente. Décimocuarta.- A resolución do convenio dará lugar -no seu caso- ó reintegro das axudas aportadas e mailos intereses legais por demora, consonte co establecido no artigo 78 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de Réxime Financeiro e Presupostario de Galicia. A resolución do convenio, iniciarase por denuncia expresa dalgunha das partes, e precisará sempre do trámite de audiencia para alegacións, así como dos dictames e informes, de se-lo caso, preceptivos. Décimoquinta.- As cuestións xurisdiccionais que poideran derivarse deste convenio, dada a súa natureza administrativa, deberán someterse á xurisdicción contencioso-administrativa. En proba de conformidade asinan este documento, por cuadriplicado exemplar, en unidade de acto e a un só efecto, en Santiago de Compostela a .... de .................. de 199 .... POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA- Celso Ramón Currás Fernández - POLA UNIVERSIDADE DE VIGO- José Antonio Rodríguez Vázquez - POLA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA- Manuel Abeledo López - POLO CONCELLO DE VIGO- Manuel Pérez Alvarez - ------ Folla: 39,46 10.4008.- CONVENIO ENTRE CONSELLERIA DE EDUCACIÓN, DEPUTACIÓN PROVINCIAL E UNIVERSIDADE DE VIGO PARA CENTRO DE CIENCIAS SOCIAIS EN PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Pasamos al punto 10. Convenio entre la Consellería de Educación, Deputación Provincial y Universidad de Vigo para Centro de Ciencias Sociales en Pontevedra. ¿Alguna intervención?. Por parte del Bloque D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Estamos perante un tema que xa está debatido en parte na intervención anterior, pero aquí hai algunhas variantes que son coñecidas e que vou a relatar brevemente. En primeiro lugar, este centro foi obxecto dun acordo parlamentario unánime no que a Xunta, o Parlamento instaba á Xunta a que estivese construído este centro para o curso 96-97. Evidentemente esto non se cumpriu en absoluto, un acordo unánime do Parlamento Galego. Entón neste marco, neste marco, vostedes saben, houbo unha gran manifestación en Pontevedra precisamente reclamando que se aprobase, que se acordase, que se executase ese acordo do Parlamento, ou sexa da vontade popular, por unanimidade. Ben, non veñan agora como se intentou facer no anterior punto a inverti-la relación. Esta é unha chapuza para resolver un incumprimento flagrante do goberno da Xunta. Un incumprimento absolutamente flagrante. E hai cousas que son difíciles de entender. Se agora pasados os prazos a Xunta en varias anualidades ten cartos para poñe-lo 80% é absolutamente inexplicable por que non o fixo antes, é absolutamente inexplicable. Seguramente haxa que darlle a razón ós que pensan que non había vontade de facer nada e perante os conflictos que se estaban xenerando hai que ir facendo algunha chapuciña. En relación á aportación do Concello de Pontevedra Sr. Pedrosa é absolutamente sorprendente a versión que se nos conta aquí. É absolutamente sorprendente. Un goberno que nunca tivo problemas, nunca, para sacar adiante os temas que quixo levar, que incluso os dous independentes que tiña están integrados no goberno, un como primeiro teniente de Alcalde e outro como apoio exterior, que tiñan os trece votos e resulta que agora o Alcalde quería, era moi bo, pero os demais non querían, eran malos. Mire vostede, todo o que houbo con respecto a eso, absolutamente todo o que houbo con respecto a eso, oficial, público e notorio e non as motos que se venda cada un como queira, foi unha reunión de Portavoces na que coa escoitada opinión de todos o Alcalde dixo, pois aquí non poñemos un duro, ese tamén é o criterio do Partido Popular. Exactamente é todo o oficial que hai. Despois como lle conten as batallas é absolutamente inexplicable porque terían maioría para sacalo doutra maneira sen ningún problema, como tivo maioría para sacar algo bastante peor que despois falaremos del como foi o recinto feiral. Ou sexa, que, non, é unha maneira de vende-las cousas absolutamente inexplicable. O Concello de Pontevedra, o Grupo de Goberno, non puxo os cartos, cremos que con absoluta corrección, cremos que con absoluta corrección, porque se hai que poñer cartos haberá que poñelos onde é competencia municipal e non noutros lados porque senón os Concellos se quedan sen un duro. Os Concellos están francamente mal financiados e é absolutamente contradictorio a versión que están contando con despois esas xornadas de municipalismo e esas declaracións de municipalismo onde din que os Concellos están moi mal financiados, que non dan nin cuberto as súas competencias e despois lle queren esixir que cumpran as outras. O fondo da cuestión xa se tratou, pero eu me gustaría recordarlle e supoño que xa o lería, unha noticia que sae hoxe mesmo na prensa. Los Rectores de A Coruña y Santiago piden un Programa de financiación plurianual para as tres Universidades. Ou sexa, pídeo todo o mundo e non creo que o Rector da Coruña sexa sospeitoso de ser do Bloque. Non creo que sexa sospeitoso de ser do Bloque, en absoluto. ¿O problema cal é?. O problema é que vostedes estiveron acusando, estiveron acusando ó anterior goberno do Estado de intentar controlar tódolos poderes e se houbo eses intentos de control foron de principiantes en relación co que fan vostedes. A Universidade neste momento está absolutamente vendida por falta de financiación da Xunta e por falta dese plan plurianual en cada momento, xa o dixo a compañeira, non vou a reincidir, en cada momento teñen que estar negociando e mendicando o que sexa sen saber con canto van contar para o ano seguinte. E ogallá houbera ese plan Sr. Pedrosa, ogallá o houbera, pero dicir aquí na Deputación que ogallá sexa ese plan cando na Xunta se dixo abertamente que non vai a habelo de ningunha maneira, non vai a habelo de ningunha maneira é absolutamente contradictorio, non vai a habelo polo menos nalgún tempo porque ó Partido Popular non lle interesa que haxa, digamos, ese plan aprobado unha vez e que despois dá unha marxe de maneobras ás Universidades independentemente do control que a Xunta exerza a través de arrearlle os cartos ou non arrearlles. Mire, nós, creo que o tema está suficientemente debatido, está absolutamente, o de Pontevedra é algo absolutamente reiterado na cidade e polo tanto non creo que valga a pena darlle máis voltas, neste caso como o Concello tivo unha actuación bastante, neste aspecto bastante correcta, nós vámonos abster e porque a cousa é extraordinariamente urxente, porque hai que facelo e se nos abstemos é polo retraso e fundamentalmente porque a Deputación podería dedicar eses cartos, que si cremos que dedicar ó Campus de Pontevedra ou a toda Universidade, neste caso ó Campus de Pontevedra, a outros equipamentos complementarios que son absolutamente imprescindibles. Aquí temos unha historia previa, por exemplo, que xa foi o do Cuartel de San Fernando, curiosamente vólvese a repeti-la mesma historia, estamos en eleccións autonómicas, a Xunta resulta que os cartos os necesita para vender que vai facer miles de obras, pois para tres, das tres mil para tres pero polo menos ten que facer esas tres, a Universidade non é un obxectivo prioritario, entón tódalas Administracións teñen que estar colaborando coa Xunta en ano electoral. Estou seguro que esto o ano pasado ou hai dous anos, que non había eleccións autonómicas, non se plantexaría, estamos seguros, e a Deputación tería que dedicar eses cartos ó Campus de Pontevedra para outras cousas. Xa dixen antes, cada un que aguante coa súa vela, pero o tema é tan urxente e á parte o Concello non con cartos, que non vamos a opoñernos neste caso, vamos a absternos polos motivos que xa dixen. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias. Por parte del PSOE, D. Baltasar. Sr. García García.- Voy a hacer un primer inciso, el Grupo Socialista nunca se ha opuesto a que el Ayuntamiento pusiera dinero en la financiación de la Universidad, indiscutiblemente decimos que lo tiene que poner la Xunta, pero el Alcalde de Pontevedra es una persona que funciona por impulsos, impulsos muy especiales, y cuando las cosas le salen mal procura meter a todos en el mismo saco. El Alcalde de Pontevedra no ha sabido actuar en este tema y por lo tanto después se vió obligado a participar en una manifestación que en principio le costó bastante dentro de su grupo político, pero eso es una anécdota, yo voy a remitirme al hecho concreto del convenio que nos viene. El acuerdo parlamentario al que se refería Mosquera tenía que haber permitido que la Universidad de Ciencias Sociales funcionara en el curso 96-97, actualmente debería estar funcionando, ese acuerdo se incumplió y como consecuencia de ese incumplimiento hubo una protesta de todos los ciudadanos de Pontevedra, lo suficientemente significativa, para que el rostro amable del Presidente de la Diputación intentara enmendar el tema, el rostro amable de la Diputación era consciente de que había que parar el movimiento, la protesta de los vecinos, y se comprometió a que la Diputación participaría en la financiación de la Universidad de Ciencias Sociales, de la Facultad de Ciencias Sociales. Respondía también al criterio de la Xunta que no estaba dispuesta a asumir lo que es realmente la clave del tema. Finalizaba el convenio de financiación plurianual de 1990-1996, realizado por el gobierno tripartito, y necesitaba, terminado ese convenio, la prorrogación de otro convenio que nos llevara al año 2000. Y por lo tanto de lo que se trataba era de revendar ese Convenio. Ese es el objetivo básico del rostro amable del Sr. Presidente, el rostro amable del Sr. Presidente que llevó y nos está llevando al hecho en si de que hoy la Universidad carece de un plan financiero para cometer los planes. En Vigo, los compañeros de Vigo han protestado seriamente. Y la ciudad de Vigo estará indignada por el hecho en si de cómo se ha tratado este tema. Porque la realidad es que el plan financiero planteado por el Rectorado que no fue aprobado por el Consejo Económico y Social donde tiene mayoría el Partido Popular y por lo tanto lo reventó el Partido Popular preveía, indiscutiblemente, ese plan plurianual, a Pontevedra la discriminaba de alguna forma y habría que corregirlo. Pero eso es un problema de corregir las cifras internas. Pero el hecho en si del plan financiero es fundamental para saber qué tipo de Universidad vamos a tener de aquí al año 2000, qué facultades se van a construir y como se van a dotar de medios. La realidad es que ese plan preveía para las ciudades de Pontevedra y Vigo 15.282 millones de pesetas. Y hoy nos despachan con 2.385 millones entre las dos ciudades. Fijaos la diferencia que hay entre 15.282, que podría plantearse la financiación con cierto rigor de la Universidad hasta el año 2000, y sin embargo lo que nos traen es 2.382 de la cuál 1.149 es para financiar el campus en la Facultad de Ciencias Sociais de Pontevedra que ya era un incumplimiento del año 1986. Yo creo que las cosas hay que tenerlas claras porque los números son muy tozudos. Los números nos llevan a conclusiones muy claras y que además no admiten duda, 15.282 millones que preveía el plan y que el Partido Popular, mayoritario en el Consejo Económico y Social, reventó y los convenios que nos trae aquí a ratificar y el Convenio de Pontevedra que nos trae a ratificar de 2.382. Esa es la realidad y esa realidad la tenemos que enfrentar hasta el año 2000 y no es algo que me invente yo, en el preámbulo, en el Convenio cuando dice exponen, el mismo Convenio lo dice, "rematado el período del plan de financiación de la Universidad Gallega de 1990-1996 estímase conveniente establecer un marco de colaboración institucional coas administracións locais, provinciais, coa finalidade de atender a necesidades prioritarias da Universidade de Vigo para construir equipamentos dos seus campus". O sea, hasta el año 2000, hasta 1991, en este mismo Convenio dice que se van a establecer convenios como éste, de momento tenemos éste. Y voy a centrarme en el campus, en la Facultad de Ciencias Sociais. Es una necesidad básica para Pontevedra. La hemos reclamado durante varias veces, se ha hecho una manifestación, los ciudadanos respondieron masivamente. Indiscutiblemente este Diputado y el Grupo Socialista no podemos darle la espalda a la respuesta de los ciudadanos. Los ciudadanos exigieron, nos pidieron, masivamente que apoyáramos la construcción de esta Universidad y nosotros lo vamos hacer. Pero, no nos podemos sentir identificados con este proyecto. Quiero que quede rotundamente claro que indiscutiblemente si fuera aisladamente podríamos hasta negarnos a firmar un Convenio que sabemos, que somos conscientes de que es pan para hoy y hambre para mañana, de que no va a atender las demandas reales de la Universidad, del ... del Sur de Galicia, que es lo que realmente le compite a la Xunta, es la responsabilidad de la Xunta y que la Xunta tendría obligación de asumir ya fuera a través de un plan plurianual o a través de plantear en sus propios presupuestos partidas presupuestarias anualmente para la ejecución de las obras que nos llevan a un buen campus universitario. Yo creo que lo que hay que plantearse claramente es, primero, que la Xunta ha dado la espalda, ha engañado a los ciudadanos del sur de Pontevedra, Pontevedra y Vigo. Y por lo tanto a los estudiantes que van estudiar en esas universidades, en esas facultades, la Universidad Sur. La ha engañado el Sr. Presidente con su rostro amable diciendo que tal y poniendo calderilla, porque en el fondo esto es calderilla sobre lo que significa un plan de financiación de una Universidad. No nos podemos sentir satisfechos aunque somos conscientes de que la Diputación no debería poner un duro, que es responsabilidad exclusiva de la Xunta de Galicia. Y para eso recibe los fondos del Estado, para que acometa las obras correspondientes en infraestructuras de carácter universitario si es que queremos tener una Universidad. Quizá a lo mejor lo que no existe es voluntad política de tener una Universidad de calidad en Galicia. Abeledo engañó a la población de Pontevedra, engañó a la ciudad de la provincia, el Sr. Conselleiro engañó también, eso, y por extensión el Sr. Fraga está engañando también a los ciudadanos de Pontevedra, y eso hay que decirlo porque el Sr. Fraga es el Presidente de la Xunta. Se nos está hablando, el otro día leía en los medios de comunicación, ampliación de titulaciones. Termino enseguida, no se preocupe. Estadística, podríamos empezar a hablar de muchas, Estadística, Diseño Industrial, Sonido e Imagen, Marketing, muchas, pero cualquiera de esas titulaciones es simplemente lanzar un brindis al sol porque no hay un plan financiero que los lleve adelante. No hay las pesetas necesarias para hacer efectivo lo que se propone como facultades a ejecutar en Pontevedra. Y concretamente en la Facultad de Ciencias Sociales que terminará en el año 2000, comenzará a funcionar el curso 1999-2000, para el año 1997 tiene un 20% de su presupuesto, o sea, se va a ejecutar un 20% del presupuesto de acuerdo con un plan plurianual. En el siguiente año un 40% y en el último año, 1999 otro 40%, a no ser que ustedes, práctica muy habitual del Sr. Cuiña y otros del Partido Popular, lo que hagan es endosar en certificaciones para que pague el que venga detrás y tener totalmente entrampada a la Xunta de tal forma que no habría forma de ejecutar nada porque ya está todo comprometido y además comprometido en ejecuciones no deseadas por cualquier gobierno serio. Voy a terminar diciendo que el Grupo Socialista va a apoyar este plan porque los ciudadanos de Pontevedra masivamente salieron a la calle diciéndonos que querían la Facultad de Ciencias Sociales. Querían que se invirtiera en el Campus de Pontevedra. Y somos exclavos de alguna forma de ese mandato del pueblo de Pontevedra. Pero que quede claro que no nos engañan, ustedes lo que intentan es escatimarle a la Universidad los fondos necesarios para que esta pueda ser una Universidad de calidad. No tengo más que decir. Sr. Presidente.- Gracias. De tanto reiterar los argumentos vamos a terminar echando hasta a los periodistas de aquí. Vamos a ver. Muy brevemente, mire, las hemerotecas están ahí para ver que pasó en su momento y por qué el Ayuntamiento de Pontevedra no intervino en el tema. También están ahí para saber la actuación, ¿como dijo?, de la cara amable del Presidente -a lo mejor le gusta y todo ese nombre- ... no creo que le guste, déjelo en cara amable, que es mejor, del Presidente. Pero también están ahí las hemerotecas para saber su actuación en este punto, el haber "obligado" a todas las partes a reunirse en Santiago y a no levantarse de una mesa hasta que consiguieron esto, que se arreglen estos problemas y que se hagan estos edificios y que se ponga el dinero encima de la mesa. Eso si que es nuestro criterio y nuestra forma de actuar. Nada más. Pasamos a votar el tema. Llevamos media hora hablando del mismo tema y es igual que el anterior. Un minuto. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, un minuto. Non, simplemente aclarar que pensen ben o que se está facendo porque cando fora o de San Fernando nos plantamos nunha obra de 2.000 millóns e a Deputación tivo unha grande participación, daquela nós opuxerámonos e resulta que hoxe todo o mundo está de acordo que é unha barbaridade. Cando o Campus de Pontevedra lle pida a Biblioteca, o Comedor e non sei que, os 231 millóns que se van meter agora posiblemente os vamos votar de falta ou senón nos van acusar de estar metendo os cartos onde non deben. Alá vostedes coa súa responsabilidade, nós dende logo non vamos avalar algo deste tipo. Sr. Presidente.- Bien, nuestra idea si que es arreglar esos problemas. Cuando vayan surgiendo otros los intentaremos arreglar también. ¿Votos en contra?. No, ya está suficientemente debatido. Esto me recuerda al juego de los niños pequeños, yo el último, yo el último. El gobierno es el que tiene que cerrar en todos los debates, hombre, no entremos en ese juego. ¿A que no va a ser algo nuevo?. ¿Apostamos?. Sr. García García.- Mire señor, perdón Sr. Pedrosa o Presidente en este momento. Los socialistas en el Ayuntamiento de Pontevedra actuamos con mucha coherencia y el Sr. Pedrosa la mayoría de las veces no sabe ni por donde anda. Lo triste del hecho es que cuando no sabe él por donde anda nos echa la culpa a los demás. Y otra cosa el rostro amable del Presidente, pero engañoso y nada más. Sr. Presidente.- Es usted el último. Ganó, vale. Pasamos a la votación a ver a cuantos convenció. ¿Votos en contra?. ¿Abstenciones?. El resto votamos a favor. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cultura, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE, e a abstención do BNG, aproba-lo Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Deputación Provincial e Universidade de Vigo para construcción do Centro de Ciencias Sociais en Pontevedra, habilitando á Presidencia para a súa sinatura. Dito Convenio é o seguinte: En Santiago de Compostela, a ........ de .................. de 199..... REUNIDOS Dunha parte, o Excmo. Sr. D. Celso Ramón Currás Fernández, Conselleiro de Educación e O.U. Doutra, os seguintes señores: o Excmo. Sr. Rector Magnífico da Universidade de Vigo, D. José Antonio Rodríguez Vázquez; o Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Manuel Abeledo López. As partes intervintes actuan no exercicio dos seus propios cargos e coa representación que ostentan, e se recoñecen reciprocamente capacidade para contratar e obrigarse nos termos deste documento. EXPOÑEN Que rematado o período de vixencia do Plan de financiamento das Universidades galegas para o período 1990-96, (aprobado pola Comisión de Economía, Facenda e Presupostos, de conformidade coa Disposición adicional cuarta da Lei 11/1989, do 20 de xullo, de Ordenación do sistema universitario de Galicia), estímase conveniente establecer un marco de colaboración institucional coas administracións locais e provinciais coa finalidade de atende-las necesidades priorizadas pola Universidade de Vigo para a construcción e equipamentos nos seus campus. Que o Plan de financiamento do sistema universitario de Galicia foi aplicado como unha estructura económica orientada a corrixi-los desequilibrios entre as nosas universidades, garantindo un nivel de calidade razoable de xeito tal que segundo a súa propia definición, cada unha das universidades do noso sistema poida crear e transmitir coñecemento, espallar cultura e dar pulo ó desenvolvemento de Galicia. Que o Estatuto da Universidade de Vigo determina en harmonía co artigo 3.2 da Lei Orgánica 11/1983, do 25 de agosto, -de reforma universitaria- como atribucións propias da mesma a creación de estructuras específicas que actuen como soporte do estudio, da docencia e da investigación, así como calquera outra competencia necesaria para o axeitado cumprimento dos obxectivos sinalados no artigo 1 da citada Lei orgánica. Que, a Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, establece as competencias das entidades locais territoriais, determinando no seu artigo 36 que as Deputacións provinciais teñen como atribucións propias a prestación de servizos públicos de carácter supramunicipal, e, en xeral, o fomento dos intereses peculiares da provincia. Que a Consellería de Educación e O.U. é o órgano da administración da Comunidade Autónoma de Galicia ó que corresponden as competencias e funcións en materia de coordinación do sistema universitario e o fomento da investigación, de conformidade co artigo 1 do Decreto 346/1996, do 13 de setembro, pola que se establece a estructura orgánica dese departamento. Conscientes as partes intervintes da urxente necesidade da infraestructura referida no campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, así como das limitacións presupostarias da Consellería de Educación e O.U. e da Universidade de Vigo para financiar totalmente as obras que se teñen priorizado, estiman oportuno xunta-los esforzos económicos de todas elas coa finalidade de acada-la construcción e equipamento do edificio destinado a Ciencias Sociais, no antedito campus. Por todo iso, de acordo co principio de colaboración para o mellor servicio dos fins públicos que lle son propios ás diferentes administracións intervintes, de conformidade co respeto mutuo ós ámbitos competenciais que lle corresponden a cada unha das partes segundo o ordenamento xurídico vixente, e actuando no marco do disposto no artigo 3.c), da Lei 13/1995, do 18 de maio (BOE do 19 de maio), de Contratos das Administracións Públicas aproban este convenio de colaboración que se rexerá polas seguintes CLÁUSULAS Primeira.- O presente convenio ten por obxecto fixa-las bases de colaboración entre as institucións asinantes para a licitación e execución das obras de construcción e equipamento do edificio do centro universitario "Ciencias Sociais de Pontevedra", en virtude e concreción do acordo de colaboración asinado o día 15 de novembro de 1996 pola Consellería de Educación e O.U., a Universidade de Vigo, as Deputacións Provinciais de Ourense e Pontevedra e os Concellos de Ourense e Vigo, para a mellora das infraestructuras nos seus campus universitarios. Segunda.- O custo máximo total, das actuacións contempladas no presente convenio valóranse en mil cento corenta e dous millóns de pesetas (1.142.000.000) e o seu financiamento correrá a cargo da Consellería de Educación e O.U., da Deputación Provincial de Pontevedra e da Universidade de Vigo, de acordo coas aportacións e anualidades que de seguido se indican: Institución Anualidade Anualidade Anualidade Apl. Presup. Consellería 164.000.000 328.000.000 328.000.000 07.01.322C.741.0 Deputación 47.000.000 92.000.000 92.000.000 Universidade 19.000.000 36.000.000 36.000.000 Terceira.- A Universidade de Vigo comprométese a tramita-lo expediente de contratación, con suxeición ós tipos e prezos sinalados neste convenio, sendo preceptiva a autorización previa da Comisión de seguimento para realizar calquera modificación e sendo do seu cargo as que supoñan incremento do prezo de adxudicación. Cuarta.- Os proxectos técnicos correspondentes, serán elaborados pola Consellería de Educación e O.U., e aprobados polo órgano competente da institución tramitadora do expediente de contratación, logo do visto e prace da Comisión de Seguimento do convenio. Este trámite tamén deberá cumprirse, para a aprobación dos correspondentes Pregos de Condicións. Quinta.- As baixas que poideran producirse na adxudicación das obras, serán destinadas -en primeiro lugar e ata un importe máximo de cento cincuenta millóns de pesetas- á adquisición de equipamento do edificio do centro universitario de referencia, e a cantidade restante, de se-lo caso, empregarase en investimentos de equipamento para o campus de Pontevedra. De non teren lugar tales baixas, ou de non seren dabondo para cubri-lo citado importe, o custo necesario para o Equipamento do edificio para Ciencias Sociais de Pontevedra, (ou a cantidade que falte ata acada-lo expresado importe), será financiado mediante formalización doutro novo convenio de colaboración. A contratación da subministración do equipamento realizarase pola Universidade de Vigo, logo da pertinente autorización pola Comisión de seguimento e consonte coa Lei 13/1995 de Contratos das Administracións Públicas. Ó acto de recepción de equipamento asistirá un funcionario designado pola Consellería, que deberá asina-la correspondente acta. Sexta.- A Consellería de Educación e O.U. proporcionará o asesoramento axeitado a través dun ou dous técnicos, coa cualificación necesaria para levar a cabo a codirección das obras, que será comunicada a empresa adxudicataria e que serán os que asinen as certificacións da obra realizada. Sétima.- O pagamento das aportacións económicas correspondentes ás partes asinantes deste documento, farase contra certificación de obra realmente realizada, e na parte proporcional que nela corresponde. A certificación será presentada pola Universidade de Vigo e subscrita polos dous técnicos codirectores das obras. Os seus importes acumulados en cada un dos trimestres non superarán o 25% do total anual previsto, e sen prexuízo dos axustes necesarios que os aportantes poidan realizar ó longo do exercicio e garantindo sempre a anualidade prevista na cláusula segunda. Estas cantidades proporcionais serán ingresadas na conta bancaria que a tal fin, e ó seu nome, abrirá a Universidade de Vigo e coa obriga de comunicalo ás partes. Oitava.- A Universidade de Vigo, como institución encargada da contratación, será a responsable a tódolos efectos dos pagos derivados dela, así como de satisfacer calquera outra obriga que exceda dos compromisos económicos contemplados neste convenio. Por iso, de producirse liquidacións finais, que sobrepasen as aportacións totais ás que se comprometeron as partes, éstas correrán por conta da institución encargada da contratación, que deberá dar conta á Comisión de seguimento, das correspondentes liquidacións finais. Así mesmo será responsabilidade exclusiva da institución contratante, calquera tipo de indemnización de danos e prexuízos por responsabilidades civís, penais ou administrativas que poideran derivarse da relación contractual. Novena.- Durante o tempo de execución das obras contempladas no presente convenio, deberá colocarse en lugar visible un cartel anunciador da obra, no que figurarán as denominacións e logotipos das partes financiadoras do proxecto. Décima.- O prazo máximo de vixencia deste convenio será ata 31 de decembro do 1999 ou ata a total conclusión da súa finalidade, no suposto de producirse isto antes de remata-lo devandito prazo. Asemade, por acordo expreso das partes asinantes este convenio poderá ser prorrogado. Undécima.- A titularidade das infraestructuras obxecto deste convenio, corresponderá á Universidade de Vigo, que se obriga a destinalas ós fins universitarios previstos, quedando á marxe deste convenio os custos de dotación de persoal e de funcionamento do centro universitario que é competencia da súa autonomía universitaria. No suposto de que non fose destinado o edificio ós fins indicados, o conxunto das instalacións reverterá na Xunta de Galicia. Duodécima.- Son causas de resolución do convenio: a) O mutuo acordo das partes. b) A aplicación das cantidades aportadas, a fins distintos dos previstos neste convenio. c) O incumprimento dalgunha das cláusulas deste convenio, ou calquera outra causa contraria á súa finalidade. Décimoterceira.- Para o control da execución deste convenio e a solución das posibles controversias na súa aplicación, así como para a interpretación do mesmo, créase unha Comisión de seguimento composta polos seguintes membros: A) O Conselleiro de Educación e O.U. B) O Rector da Universidade de Vigo. C) O Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra. D) O Secretario Xeral da Consellería de Educación e O.U. E) O Director Xeral de Universidades e Investigación da Consellería de Educación e O.U. F) Un Secretario, con voz pero sen voto, designado pola Universidade de Vigo, de entre os seus funcionarios. As persoas previstas como membros da Comisión, agás a do apartado f), poderán delegar, de forma expresa, noutra persoa pertencente á administración que representan coa categoría non inferior a Xefaturas de Servicio. O Presidente da Comisión será o titular da Consellería de Educación e O.U., ou persoa en quen delegue, que terá voto dirimente. Décimocuarta.- A resolución do convenio dará lugar -no seu caso- ó reintegro das axudas aportadas e mailos intereses legais por demora, consonte co establecido no artigo 78 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de Réxime Financeiro e Presupostario de Galicia. A resolución do convenio, iniciarase por denuncia expresa dalgunha das partes, e precisará sempre do trámite de audiencia para alegacións, así como dos dictames e informes, de se-lo caso, preceptivos. Décimoquinta.- As cuestións xurisdiccionais que poideran derivarse deste convenio, dada a súa natureza administrativa, deberán someterse á xurisdicción contencioso-administrativa. En proba de conformidade asinan este documento, por cuadriplicado exemplar, en unidade de acto e a un só efecto, en Santiago de Compostela a .... de .................. de 199 .... POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA- Celso Ramón Currás Fernández - POLA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA - Manuel Abeledo López - POLA UNIVERSIDADE DE VIGO - José Antonio Rodríguez Vázquez - ------ Folla: 46,56 11.4009.- CONVENIO ENTRE CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL [COTOP], DEPUTACIÓN PROVINCIAL E CONCELLO DE PONTEVEDRA PARA PAZO DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS E PAVILLÓN FEIRAL EN PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Pasamos al punto siguiente. Convenio entre Consellería de Política Territorial, Deputación Provincial e Concello de Pontevedra para Pazo de Congresos e Exposicións e Pavillón Feiral en Pontevedra. Intervenciones por parte del Bloque, D. Cesáreo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Estamos posiblemente xunto co primeiro punto e estes que acaban de vir ante o tema máis importante que se trata neste longuisimo Pleno. Para empezar creo que non hai máis remedio que referirse ó espectáculo que se deu a través dun medio de comunicación no que o Conselleiro da COTOP, antes, anunciou que a Deputación ía poñer cartos para realizar esto cando o Presidente da Deputación nos presupostos que acababa de aprobar non metera nada e polo tanto non sabía nada. Todos sabemos que esta Deputación nas grandes decisións funciona a través da entrevista ou do móvil co Sr. Cuiña, todos sabemos, é vox populi, pero xa facelo abertamente a través dos medios de comunicación parece absolutamente arrogante e prepotente, debía agredir, a dignidade de quen ostenta o goberno nesta Deputación e a toda a Corporación. Evidentemente parece que esas prácticas privadas habituais xa se dan por aceptadas incluso publicamente e non pudemos por menos que asistir así como abochornados a ese espectáculo. Que nun ano electoral coma este se acepte certas medidas, esta Deputación acepte certas medidas impostas pola Xunta ben sendo práctica habitual. O que pasa que neste caso non é nin eso. É unha operación de compra-venda que o Pavillón Feiral vai a cambio dunha integración nun goberno e como eso para o Partido Popular é máis importante que as formas pois se anuncia tranquilamente, se anuncia tranquilamente que a Deputación vai poñer por que á Xunta non lle chegan os cartos sen maior rubor. Utilización máis aberta e descarada desta Institución en función de intereses directamente partidistas do Partido Popular só no primeiro punto de Acción Comunitaria, o que fan coas asociacións, se poden topar, é algo absolutamente bochornoso en canto a imaxe pública pero alá vostedes. En canto ó fondo da cuestión despois duns pequenos detalles, porque esto é absolutamente curioso que un, algo, o Convenio que realmente vai para un Pazo de Congresos e Exposicións e un Pavillón Feiral, realmente a Deputación é para un Pavillón Feiral nada máis que para eso, se di que é para o desenvolvemento cultural volvemos a atoparnos outra vez cun concepto de cultura francamente amplo, cun Pavillón de Exposicións Cultural, é francamente amplo. É algo irrelevante en relación ó fondo da cuestión. Esto xa foi debatido no Concello de Pontevedra e esto é o mundo ó revés. Non se coñece ningunha cidade ou ningún pobo que teña feito un Pavillón Feiral no centro da cidade. Non hai ningún en Galicia, ningún, ningún. Vaian vostedes a Vigo, Silleda, Ferrol, Santiago, a onde queiran. Non hai ningún. Bueno, pois en Pontevedra unha nave, eso si, nos din que é de diseño, de diseño non é unha nave, resulta que no la calcan no centro da cidade, cando o lóxico, o natural sería poñela fóra. Por un motivo moi elemental, porque o centro da cidade en tódalas cidades está moi saturado, se necesita para outras cousas e un Pavillón que se vai utilizar x días ó ano que é relativamente poucos, o normal é que estea fóra porque á parte é unha cousa especializada e se vai para alá. ¿E por que se fai no centro da cidade?. Pois faise por un motivo de pura cabezonaría, de puro capricho e arbitrio do Conselleiro da COTOP cos seus acólitos que lle aplauden as gracias. Aí se fixo, no Plan de Urbanismo de Pontevedra se fixo, había unha pasarela peatonal, nunca houbo a ponte, bueno, pois se emperrenchou na ponte. O auditorio, se emperrenchou no auditorio, cando en Pontevedra había alternativas máis baratas e moito mellores para a cidade e non aí ó lado do río o auditorio e tal. E agora para completalo coma ó auditorio todo o mundo lle tiña pánico, para sostelo, agora poñemos un pavillón feiral que aínda mete máis medo soster todo eso. E en total nos podemos aproximar, urbanizando a zona, etc., a catro mil millóns, a catro mil millóns, que non é unha coña, nunha obra, nun conxunto de obras que a ponte é inútil, e o auditorio e o pavillón feiral, o auditorio é inútil, porque había alternativas moito máis baratas e o pavillón feiral debía ir noutro lado. Ou sexa, que con moitisimos menos cartos, con moitisimos menos podíamos ter ese pavillón feiral e resolto o problema do auditorio sen facer esa barbaridade aí no centro, esa barbaridade e inútil aí no centro da cidade. Desde logo que é algo absolutamente disparatado e que roza o que debe ser esta propia Institución. Miren vostedes, ¿saben canto adica esta Institución para o presuposto 97 en todo o que se pode entender promoción económica?, ou sexa, agricultura, pesca, turismo, etc.. ¿Saben canto adica?. O que se pode entender por promoción económica, promoción económica, ¿saben canto adica?. Non chega ós 200 millóns de pesetas ou anda por aí. E agora para un capricho, porque este é un capricho tal como se fixo e onde está porque nolo mandan metemos 300 millóns de pesetas para unha actuación puntual que está todo o mundo cos pelos de punta a ver quen sostén eso. Porque eso telo aberto só pode pasar ou pode achegarse ós 100 millóns ó ano. Só por un capricho de alguén e por unhas negociacións para montar, para estabilizar un goberno que ó final un dos, o Presidente da Cámara de Comercio entrou nese goberno. Esto é exactamente o mundo ó revés en canto ás obras que se fixeron da ponte e do auditorio, en canto á ubicación dese pavillón feiral o cal non nos opoñemos a que se faga pero non desde logo onde está, e sobre todo en canto ó que debe ser a política desta Institución. Con eses cartos da Xunta, que son cartos públicos todos, con eses cartos eu creo que algún posto de traballo se podería crear, eu creo que algún posto de traballo se podía crear, se podía promociona-la actividade económica, creo que si se podía promocionar. Se podían facer unha serie de cousas, sexa promociona-lo turismo, agricultura, a pesca, o que sexa, se podía facer algo, máis que un auditorio que vai ser un auténtico adorno, que estivo aí parado, é o faime rir de Pontevedra, e unha ponte que non vale para nada e un pavillón aí no centro que tampouco ten demasiado sentido. Era mellor que fora fóra e non de tanto diseño. Esto repito é un mundo ó revés, a verdade é que tales extremos de falta de planificación e de submisión ós caprichos do que manda na Xunta, a verdade é que eu non nos agardaba nesta Deputación. Xa dixen antes que houbo un cambio drástico de política, desde hai uns meses e este é un feito máis dese cambio drástico de política. Ou sexa, control absoluto e o que manden e o que é a política autónoma, autónoma dentro dos seus límites, dentro dos límites que ten esta Institución, pero cuns obxectivos claros de potenciación económica ou cultural, ou que sexa desta provincia, desapareceron por completo. E creo que esto é un bo exemplo, este Convenio, ou sexa, esta inversión de 300 millóns da Deputación en algo deste tipo creo que non é aforrar cartos nin é investilos onde é máis prioritario nin nada, nin nada que se lle pareza. E se se trata de que a Deputación meta cartos en promoción económica, haberá que entendelo así, ou crear ese ...desde logo habería moitisimos máis sitios onde metelos con moitisima máis eficacia. O que non se pode é meter para este capricho, e repito non é capricho a construcción en si do pavillón senón onde se fai e con todo o que vai asociado. Para este capricho desde logo é un auténtico disparate meter esta cantidade de cartos e facer este tipo de política. Nada máis e moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias. Por el PSOE D. Baltasar. Sr. García García.- Bueno este es un acto, estamos en un acto de propaganda del Sr. Cuiña, estamos en año electoral, podemos acabar todos esquizofrénicos si cada poco reclama de la Diputación dinero para sus veleidades propagandísticas, podemos acabar realmente esquizofrénicos. ¿Por qué digo esto?. Porque como bien apuntaba César Mosquera, el presupuesto estaba aprobado, anuncian por los medios de comunicación que la Diputación tenía que poner 300 millones, la Diputación sumisa responde a la llamada del Sr. Cuiña, que es quien la dirige, y yo quisiera simplemente hacer una reflexión, habrá que tener cuidado porque muchos temas pequeños y puntuales nos pueden conducir a la quiebra de esta casa, al plan financiero que tienen ustedes montado y que puede considerarse positivo, puede irse al traste, y puede irse al traste porque un año electoral el Sr. Cuiña tiene que tirar el dinero de millares de sitios donde pueda, y si él fue el que en su día dejó en quiebra esta Diputación hoy la puede seguir dejando en quiebra en este año electoral. Por lo tanto hay que tener cuidado con las actuaciones del Sr. Cuiña y que no nos condicione tanto. Dicho esto, a mi me gustaría saber una cosa, porque es que necesariamente si los socialistas queremos votar si, aunque no estemos de acuerdo en la ubicación, que sea una machada, que realmente poner un galpón en el medio de la ciudad, un galpón de diseño o como se quiera, en el medio de la ciudad, con el problema que existe de tráfico y todo es una verdadera aberración, es simplemente como el Sr. Alcalde se enreda en situaciones que no conducen a ninguna parte y yo no se si realmente el pago a los dos estos independientes que han fichado recientemente por el PP. No lo se, la verdad que no entendemos, pero bueno, la ubicación es para nosotros discutible, no en si el pabellón ferial para Pontevedra y lo que en este momento nos preocupa, o por lo menos nos preocupa a los socialistas es saber, primero, si existe partida presupuestaria para llevar adelante este proyecto, ¿si existe o no?. ¿Cuanto es lo que se va a invertir anualmente por la Diputación?. Porque yo leo aquí que va intervenir 300 millones pero no se en cuánto y cómo en cada anualidad. Leo a los medios de comunicación una cosa pero yo quiero verlo en el Convenio, quiero saber en el Convenio cuánto le corresponde cada año, si hay partida presupuestaria, y quiero que me lo conteste. Me gustaría que el Sr. Interventor como de alguna forma es el que sabe de estos temas nos pudiera decir. Y después otra cosa, si los Diputados incurrimos en ilegalidad, si estamos incurriendo en ilegalidad al aprobar algo que según creo, y por lo menos por el informe que he leído no existe partida presupuestaria. A mi me preocupa saber que vamos a cometer una ilegalidad, que podríamos entrar en el proceso de cometer una ilegalidad porque el Sr. Cuiña no está dispuesto a esperar dos meses a que se aclare de dónde van a salir las partidas presupuestarias. Lo quiere hacer ahora porque le conviene el acto electoral en este momento. Y eso me gustaría que se me aclarara antes de fijar la posición del Grupo Socialista. Observo también en el Convenio una serie de cosas, bueno esto como es de la Xunta yo creo que lo tendrían que tener fijado también. O sea, en el año 1997 van a intervenirse cuarenta y dos millones. Van a intervenir para el recinto ferial. Otra cosa es la lata esta de anchoas que parece que tiene, no perdón de anchoas no, aceitunas que tiene ahí puesto el Sr. Cuiña a la salida de Pontevedra, con un puente que no conduce a ninguna parte, pero eso ya es otra guerra. Lo que es el recinto ferial, para lo que realmente participa la Diputación, la COTOP participa con 42 millones en 1997, en 1998, 265 sin que exista partida presupuestaria en los presupuestos de la Xunta, porque ya he envíado a ver si existía esa partida en los planes plurianuales de la Xunta. No existe partida presupuestaria y ya lo que no nos dicen es lo que va a invertir en 1999, eso está en blanco. Me gustaría que me dijeran cuánto se va a invertir en 1999 porque un presupuesto, por lo menos las técnicas prespuestarias dicen que hay que poner la partida que corresponde a cada año. En 1999 no nos lo dicen. Este galpón de diseño estaría terminado parece ser para el año 2000. Bueno, ya lo, por lo visto todas las cosas que ahora se convenian las tendremos que hacer los socialistas cuando gobernemos la Xunta en su mayor parte, la mayor parte de inversión la haremos nosotros, ahora meten calderilla y firman el convenio y salen en la foto. Yo lo que si quiero y lo reitero es una cosa saber si hay partida presupuestaria, primero. Segundo, cual es lo que corresponde a cada año y si incurrimos o no incurrimos en ilegalidad, en ilegalidad al votar afirmativamente un convenio que aunque no estamos de acuerdo en la ubicación consideramos que Pontevedra debe contar con un recinto ferial. Sr. Presidente.- Están entendidas las preguntas. Se las contestaré yo mismo no se preocupe. Una pequeña intervención me solicita el Sr. Domínguez. Brevemente por favor. Sr. Domínguez Vaz.- Por alusiones. Me siento aludido sin que me hayan nombrado como Concejal de Pontevedra no como Diputado. Mire usted, yo nunca olvido mi responsabilidad como representante de este Organismo Provincial. No lo olvido nunca y allí donde tengo responsabilidad directa procuro actuar con criterios de máximo rigor. No soy partidista en absoluto. Pero me extraña mucho que Pontevedra que no entra en ningún plan de los que ustedes tanto critican, el PAM, el POL y todos esos, que tiene un problema puntual, un problema puntual, que puede ser importante para el futuro inmediato de la ciudad. Que la Diputación de Pontevedra ha decidido invertir cerca de 500 millones de pesetas en esta ciudad y que ustedes pongan en peligro esta inversión me parece y al menos a mi me está hiriendo la sensibilidad y puede herir la sensibilidad de otros ciudadanos de Pontevedra también, que además han depositado en ustedes la confianza para que defiendan sus intereses. Sólo le quiero decir que con amigos como ustedes Pontevedra no necesita enemigos. Sr. Presidente.- Gracias. Por otra parte a mi me gustaría antes y quizá como contestación a sus respuestas, decirle que el Partido Popular va a presentar en este punto una enmienda "in voce", y la presenta en este momento, en el sentido de que se acuerde el inicio de expediente de modificación de crédito, con cargo, evidentemente para el año 1997, y por un importe de 100 millones de pesetas y con cargo a las partidas señaladas en el informe de la Intervención. Pues en su momento votaremos. Con eso le queda cubierta, yo creo que responde a sus preguntas, al aprobarse la enmienda queda incluída el expediente de modificación de crédito, tiene partida prespuestaria correspondiente y por lo tanto desde mi punto de vista no incurrirá en ninguna ilegalidad, de todas maneras si quiere que le conteste el Sr. Secretario. Antes de entrar en eso me gustaría añadir, en cuanto al Sr. Mosquera, yo creo que intereses de publicidad del Sr. Cuiña, mire usted pues si coinciden con los intereses de Pontevedra y de los pontevedreses bienvenidos sean. Usted mismo habló de una inversión de alrededor de 4.000 millones de pesetas. Ojalá sea cierto, los 4000 millones ojalá se apliquen y se hagan todas las obras pronto. Y estamos igual que en los convenios para la Universidad, si para ello fue necesario este pequeño esfuerzo de la Diputación de poner 300 millones de pesetas, por cierto en tres años como sabe bien, por lo tanto no mezcle una partida del presupuesto anual como la que dijo de pesca de 200 millones, con una que es plurianual, pues, este pequeño esfuerzo de 100 millones de pesetas en este año por parte de la Diputación mueve una inversión de cuatro mil, creo que es una inversión de esta casa muy rentable. Por lo tanto no considero, y también respondo a las palabras de D. Baltasar, que ni la Diputación haya adoptado en este caso una posición sumisa ni existe el más mínimo peligro de una quiebra por poner 100 millones de pesetas para esta operación. Y, por lo tanto nosotros defendemos que para la ciudad de Pontevedra, y lo que es bueno para la ciudad no olvidemos que lo puede ser y lo es para toda la provincia, creemos que con este convenio se va a conseguir el rematar y terminar unas obras que le vendrán muy bien para el desarrollo futuro social y empresarial de esta ciudad. Brevemente por favor, que llevamos mucho tiempo discutiendo lo mismo D. Cesáreo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si home, pero perdoe Sr. Pedrosa, pero estamos sempre na mesma mecánica, na mesma, exactamente na mesma. Ou sexa, cando se di home é que van vir cartos, ben, e á parte teñen vostedes toda a facilidade de vendelas, pero non abusen, teñen toda a facilidade de vendela, á xente se lle din que se vai facer algo pois con que se faga algo ata pode vendelo moi ben. Ben, pero é a nosa responsabilidade e á parte comprenda que nos pon nunha situación bastante difícil é dicir o que realmente sucede cuns criterios e outros. Mire vostede, mire vostede, cando foi o Cuartel de San Fernando o único grupo que se posicionou en contra foi o BNG. Ó cabo de dous anos todo o mundo dicía, ¡que animalada!, pero se con eses cartos se facían tres Facultades, podíamos te-lo campus arreglado. É moito máis fácil dicir ¡ah, veñen cartos para Pontevedra!, alegría, ala, o que faga falta. Vale, moi ben, entón véndanno vostedes como queiran pero hai uns datos obxectivos que eu puxen antes encima da mesa, estando vostede, e que son irrefutables, son irrefutables. Vostede ten a favor a simplificación, auga en Pontevedra, ala, alegría, téñennos a favor, pero a razón non a teñen, como quere que lle diga, non a teñen en absoluto. Porque claro como se vai transmitir que se se gastan 4.000 millóns nunha obra que a maioría é inútil, a ponte, o auditorio tal como está que había outras alternativas máis baratas. Non vamos a discutir aquí en Pontevedra se pechou Malvar, se temos o Principal infrautilizado, etc., etc., porque non ten sentido. Vale. Pero había outras alternativas e a nave ou o galpón podía ir para outro lado que é o sitio máis racional de ubicalo e non diante de cinco colexios. Bueno, non vamos a discutir eso. Ben. Pero non me diga que veñen 4.000 millóns cando Pontevedra, eso se puido facer moito máis barato, e Pontevedra segue sen ter, digo cousas da Xunta, segue sen ter o Anel da Eiriña do 54 sen terminar, soamente ten un cacho feito; non ten ningunha circunvalación seria, houbo unha que fixo, houbo un arranxo de Bora, do nudo do Pino que fixo o tripartito pero que é claramente insuficiente, á parte non vai nin tan sequera pola traxectoria que vai. Hai un vial aquí que era da Xunta que resulta que hai que facelo por iniciativa privada porque a Xunta non mete os cartos. Houbo un convenio do Concello de Pontevedra o ano pasado coa COTOP para poñerlle 100 millóns máis 71 e ó final puxo 71 e os 100 non viñeron. Eran para obras necesarias. E nós con cartos públicos comprenderá que non vamos a dicir que porque veñan 4.000 para Pontevedra pois alegría e aleluia se se están gastando mal e se responden a un capricho. E non nos opoñemos a que se faga o pavillón feiral, que quede claro, á parte se vai no noso programa electoral e á parte o solicitamos. O que non estamos de acordo é que se faga onde se faga. E non me mezcle cifras. Eu dixen que son 300 millóns en tres anos e o outro é anual. Pero é que resulta que para unha cuestión que se pode interpretar como promoción económica se mete nunha acción puntual bastante máis do que se gasta nun ano, en toda a provincia e para tódolos sectores. Eso está aí e é absolutamente indiscutible. Miren, mandaronlle aprobalo, apróbenno e desde logo non traten de vender que nós nos opoñemos ou que a Deputación poña en Pontevedra 500 millóns. Home, é que bueno, é que, bueno, non merece resposta. Sr. Presidente.- Gracias. Usted dijo al principio que le ponemos en posición difícil. Yo estuve en la oposición cuatro años y se que es difícil, pero cuando hay un proyecto bueno también lo sabíamos apoyar. Y al final todo su problema parece ser, se reduce a que no le gusta el sitio donde se va a ubicar el Pavillón Feiral. Bueno, mire usted, eso es un problema del Ayuntamiento de Pontevedra y usted es concejal de allí, dígalo allí. Aquí estamos hablando de otro tema, o sea, aquí no estamos haciendo la política urbanística del Ayuntamiento de Pontevedra. Estamos hablando de una colaboración en un proyecto determinado. Al final dice que si quiere el pabellón, que ya lo decían en su programa y no se que, y todo el problema viene porque no le gusta el sitio. Bueno, de acuerdo. Por parte del PSOE. Sr. García García.- Vamos a ver, en primer lugar Sr. Domínguez no me retuerza las cosas. O sea, vamos a ver, no planteemos una dialéctica de malos y buenos. Buenos los que están de acuerdo con nosotros y malos los que no están de acuerdo y malos indiscutiblemente con la ciudad, no es así. Las cosas tienen muchos matices, o sea, estamos de acuerdo con el compromiso de la Diputación con la ciudad de Pontevedra, con la inversión de los 300 millones. La fórmula utilizada ha sido nefasta, o sea, me parece de mal gusto por parte del Conselleiro decirle por la prensa al Presidente de la Diputación que tiene que meter 300 millones del presupuesto. Me parece de mal gusto y además una falta de respeto a un compañero de su propio partido. Eso es un problema entre ustedes, yo ahí no entro, simplemente constato el hecho. Estamos de acuerdo en el hecho de que se haga la inversión, lo que nos preocupa a la hora de votar es una cosa y no me la ha contestado el Sr. Pedrosa, es lo que nos preocupa, porque no me gusta cometer ilegalidades, no quiero estar en el Juzgado mañana porque he cometido una ilegalidad con mi voto y no quiero que mis compañeros influenciados por mi vayan también al banquillo por mi voto, por la influencia, por los votos que emitamos aquí. Yo quiero saber si existe partida presupuestaria. Yo creo que me han dicho que no existe, porque además el informe del Interventor nos dice que no existe. Y lo que me preocupa, les digo sinceramente, es dos cosas, primero, ¿qué corresponde cada año?. Que no me lo ha dicho, cuáles son las cantidades cada año, en primer lugar. Y en segundo lugar, me tiene que decir si cometemos una ilegalidad o no cometemos una ilegalidad al votar. Porque yo puedo decir una cosa, mira, esto es buenas intenciones, es buenas intenciones del Partido Popular el querer hacer. Yo digo, bueno, como buenas intenciones lo apoyo pero como esto es un acuerdo quiero saber si vamos a cometer el grupo socialista una ilegalidad o no la vamos a cometer. Si usted me dice a mi que no voy a cometer ninguna ilegalidad, mejor dicho, los fedatarios de este hecho me van a decir que no, yo voy a decirle que si, le voy apoyar esto, pero no voy a cometer ninguna ilegalidad. Sr. Presidente.- Gracias. Yo, o me explico muy mal o usted me entiende muy poco. O sea, yo creí que le había contestado bastante expresamente a eso. Le dije, primero, se va a incluir, ya la he incluído, una enmienda in voce, con lo cual vamos a iniciar el expediente de transferencia de crédito con cargo a las partidas presupuestarias y de acuerdo con el informe de la Intervención, punto primero. Por lo tanto, no, no, se va ahí con eso y se inicia a la vez y la enmienda lo incluye, por lo cual en ese lado ya va incluída la partida. Segundo, creo que ya le contesté a usted y también a D. Cesáreo que se iban a 100 millones anuales, 100 millones en el 97, en el 98 y en el 99. Ahora usted no se fie de lo que le diga yo evidentemente sobre la legalidad, no debería, tenemos un Secretario que es el garante de la legalidad, que nos conteste el y así queda usted más tranquilo evidentemente. Sr. Secretario.- Con la enmienda introducida, lógicamente el acuerdo está condicionado a la existencia de crédito. No hay ilegalidad en ningún tipo de votación. Sr. García García.- Pagar a nuestros asesores jurídicos que nos asesoren en estos temas, andamos navegando aveces. Vamos a ver, por lo que usted me dice, con la enmienda actual el acuerdo se ejecutará en el momento que exista consignación presupuestaria, ¿no es eso?. Bien, entonces eso significa que el acuerdo se va a ejecutar cuando nos traigan aquí, y será firme en el momento que nos traiga aquí de donde existe la consignación presupuestaria, ¿no es eso?. Sr. Presidente.- Un momento por favor, Sr. Secretario, vamos a ver, ¿el Pleno no es competente para adoptar acuerdos aunque no haya partida presupuestaria?. Si, pues no hay ilegalidad. Sr. García García.- ¿Es legal?. Yo quiero decir que conste en acta que nos han dicho que es legal. O sea, vamos a ver, a mi si me dicen que es legal, es que ese es el problema Sr. Presidente, el problema está en que queremos emitir un voto favorable, pero queremos hacerlo desde la legalidad. Y a mi si me dicen tanto el Interventor como el Secretario que es legal votamos que si. Sr. Interventor.- Bien, de los acuerdos son responsables los que los hayan votado, eso lo dice la Ley, pero de todos. El órgano colegiado que actúa dentro de sus competencias de esos acuerdos no puede derivarse responsabilidad si el acuerdo se adopta dentro de la competencia que tiene atribuída el órgano y yo creo y lo digo en el informe, que para adquirir compromisos cuando no hay crédito en el presupuesto el único órgano competente para ello es el Pleno, en este caso de la Diputación. Aquí efectivamente se han traído varios expedientes para levantar la suspensión que le daba el informe de la Intervención porque no había crédito en aquel momento y esto lo dice expresamente la Ley. Precisamente ese artículo yo no lo mencioné en mi informe. Es el 198 de la Ley de Haciendas Locales que no aparece reflejado ahí, pero entiendo que efectivamente el Pleno es el órgano competente en este caso para adoptar y adquirir este compromiso aunque no hubiese acuerdo. Entonces, es decir, los Diputados que adoptan el acuerdo emitiendo su voto favorable, el órgano actúa dentro de su competencia, entiendo que de ahí no puede derivarse responsabilidad, no debe derivarse responsabilidad. Así lo entiendo yo. Sr. Presidente.- El Derecho usted sabe que no es matemática, le pueden dar una opinión jurídica. Si el Interventor y el Secretario le dicen que desde su punto de vista es una operación que se puede realizar sin ningún riesgo de ilegalidad, el resto ya es rizar el rizo. Y en todo caso si no quiere no vote, se abstiene o vota en contra. O sea, ya está. Perfecto. Gracias. Está claro que los motivos de oposición de los dos grupos son tremendamente importantes, uno es la ubicación y el otro la forma. Pasamos a votar primero la enmienda. No, más no, está suficientemente debatido, no. Hubo duplica a réplica y otra réplica. Pasamos a votar. ¿Votos en contra de la enmienda?. El Bloque y el PSOE. La enmienda in voce que he presentado en el sentido de iniciar paralelamente el expediente de modificación de crédito con cargo a las partidas y de acuerdo con el informe de Intervención. Coja el reglamento y es perfectamente planteable el presentar una enmienda in voce. Usted vote como quiera y como le parezca oportuno y estamos en votación. La enmienda ya la presenté hace más de media hora. ¿Votos en contra?. Bloque y PSOE. ¿Abstencións?. No hay. El resto votamos a favor. En cuanto al fondo del asunto, propiamente el Convenio. ¿Votos en contra?. Bloque. ¿Abstenciones?. PSOE. El resto votamos a favor. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cultura, acorda por maioría de votos do Grupo Popular, co voto en contra do BNG e a abstención do PSOE, aproba-lo Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Deputación Provincial e Concello de Pontevedra para construcción dun Pazo de Congresos e Exposicións e dun Pavillón Feiral en Pontevedra, así como emenda presentada polo Partido Popular "in voce", no sentido de iniciar expediente de modificación de crédito con cargo ó presuposto de 1997, por un importe de CEN MILLÓNS DE PESETAS (100.000.000) e con cargo as seguintes partidas presupostarias 97/432.422.754.02, por 33.000.000 de pesetas, 97/911.223.767.01, por 10.780.000 pesetas e 97/611.011.310.00, por 56.220.000 pesetas, habilitando á Presidencia para a súa sinatura. Dito Convenio é o seguinte: En Pontevedra, a REUNIDOS Por unha banda, o Excmo. Sr. D. José Cuiña Crespo, Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia. Doutra banda, o Excmo. Sr. D. Manuel Abeledo López, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra. E por outra, o Ilmo. Sr. D. Juan Luis Pedrosa Fernández, Alcalde-Presidente do Concello de Pontevedra. Tódalas partes recoñécense mutuamente, na calidade na que interveñen, con capacidade e competencia suficiente para o outorgamento do presente convenio de colaboración, e ó efecto, EXPOÑEN I.- Que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, vén desenvolvendo, dentro das súas accións de goberno, un programa de EQUIPAMENTOS URBANOS que ten como un dos seus obxectivos máis relevantes conquerir, a través da ubicación destes equipamentos sociais, a potenciación dos núcleos urbanos de primeira orde cara á súa promoción como enclaves de atracción e relación social e mellora-la calidade do medio urbano favorecendo ó tempo a exaltación da súa personalidade e características diferenciais, na procura da definición dunha identidade propia e dun rol específico no conxunto cultural e social galego. II.- No marco deste programa de equipamentos urbanos foi asinado o convenio entre a Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra para a construcción do Pazo de Congresos e Exposicións da cidade de Pontevedra, no que a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda asumiu o financiamento, contratación, dirección e xestión da construcción das obras, convocou un concurso público para a redacción dos proxectos e, posteriormente, contratou as obras de construcción, atopándose na actualidade en avanzado estado de execución. III.- Por outra banda, o Concello de Pontevedra, en consecuencia co seu compromiso de desenvolvemento cultural, económico e social da cidade, considera prioritario afronta-la reordenación do entorno do Pazo de Congresos e Exposicións coa realización dun Pavillón Feiral e a urbanización do espacio urbano inmediato, integrando estas actuacións nun conxunto harmónico. A este compromiso de desenvolvemento cultural súmase a Deputación Provincial de Pontevedra na súa liña de cooperación no esforzo encamiñado á consecución dos equipamentos públicos de carácter e transcendencia supramunicipal. Por todo esto, considérase necesario coordina-las actuacións das Administracións Públicas intervintes coa finalidade de integra-las instalacións do Pazo de Congresos e Exposicións e do Pavillón Feiral nun conxunto unitario e harmónico, e urbaniza-lo entorno en idóneas condicións de calidade ambiental e en consonancia coas características da edificación, facilitando a súa accesibilidade e os servicios e aparcamentos necesarios para os usos previstos, permitindo a xestión e a explotación conxunta das instalacións con menor custe e maior rendabilidade. Por todo o que, se subscribe o presente convenio de colaboración con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS CLÁUSULA PRIMEIRA.- Obxecto. É obxecto deste convenio establece-las condicións básicas para a colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Pontevedra no financiamento, construcción e xestión do Pazo de Congresos e Exposicións e do Pavillón Feiral da cidade de Pontevedra, así como a urbanización do entorno das citadas instalacións. CLÁUSULA SEGUNDA.- Actuacións contempladas no presente convenio. As actuacións previstas están dirixidas á realización e integración do Pazo de Congresos e Exposicións, do Pavillón Feiral, así como da urbanización do entorno, que se abordan como un conxunto integrado e deseñado segundo os proxectos redactados en base ós concursos públicos convocados pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e o Concello de Pontevedra, respectivamente. As actuacións proxectadas desenvolveranse nas seguintes fases: PRIMEIRA FASE: remate das obras de construcción do Pazo de Congresos e Exposicións nas condicións en que foron contratadas pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. SEGUNDA FASE: instalacións especiais e acondicionamento interior do Pazo de Congresos e Exposicións, así como os seus accesos definidos no proxecto básico de Recinto Feiral e urbanización da parcela que resultou do concurso público convocado polo Concello, consistentes nas rampas e plataformas que en dirección paralela á rúa Rafael Areses conducen á entrada principal do Pazo de Congresos e Exposicións. TERCEIRA FASE: construcción do Pavillón Feiral, a praza, o aparcamento e o resto da urbanización da parcela, segundo o proxecto básico anteriormente referido, con exclusión das zonas de acceso ó Pazo de Congresos e Exposicións que forman parte da segunda fase, como quedou indicado no parágrafo anterior. CLÁUSULA TERCEIRA.- Financiamento. - Primeira fase: A conta da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, nas condicións en que foi contratada e sen prexuízo dos reaxustes de anualidades procedentes para o seu remate no ano 1997. - Segunda fase: O financiamento das actuacións que para esta fase se definen na cláusula segunda correrá a cargo da mesma Consellería que destinará a este fin as seguintes partidas presupostarias: - A conta do presuposto de 1997: 565 millóns de pesetas. - A conta do presuposto de 1998: 300 millóns de pesetas. - Terceira fase: As actuacións previstas para esta terceira fase, definidas na cláusula segunda, serán financiadas polas Administracións intervintes do seguinte xeito: a) A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda asumirá unha parte do financiamento, destinado ás seguintes partidas presupostarias: A conta do presuposto de 1997: Capítulo VI: 35 millóns. Capítulo VII: 7 millóns destinados a financia-los honorarios de redacción do proxecto de execución. A conta do presuposto de 1998: 265 millóns de pesetas. A conta do presuposto de 1999: millóns de pesetas destinados á urbanización da parcela. b) A Deputación Provincial de Pontevedra asumirá outra parte do financiamento, destinando a cantidade de 300 millóns de pesetas, distribuídas en tres anualidades. c) O Concello de Pontevedra asumirá o custe da redacción e tramitación do proxecto de modificación do Plan Xeral de Ordenación Urbana destinando a cantidade necesaria a conta dos presupostos de 1997. CLÁUSULA CUARTA.- Requisitos das actuacións. 1. As actuacións previstas para a primeira fase suxeitaranse ás cláusulas do convenio subscrito para o efecto entre a Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra, coas especificacións establecidas na cláusula terceira do presente convenio. 2. As actuacións previstas para a segunda fase, descritas na cláusula segunda, serán realizadas pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda que se encargará do seu financiamento, da redacción do proxecto técnico e da contratación, dirección, execución e recepción das obras. O Concello de Pontevedra, para a segunda fase, obrígase a: a) Poñer a disposición da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, libres de cargas e gravames, tódolos terreos necesarios e coa calificación urbanística axeitada para a normal execución das obras correspondentes a esta fase, así como os permisos, autorizacións e licenzas necesarias para levalas a cabo. b) Eximir á Administración autonómica de calquera tipo de taxas, tributos e exaccións municipais con motivo das obras, por canto que as instalacións quedarán incorporadas ó dominio público municipal. c) Asumi-la explotación, mantemento e conservación das obras, unha vez que pola Consellería se proceda á súa entrega, correndo a partir da mesma tódolos gastos pola exclusiva conta do Concello. 3. As actuacións previstas na terceira fase, descritas na cláusula segunda deste convenio serán financiadas pola Deputación Provincial de Pontevedra e pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Corresponderá á Consellería o financiamento, do proxecto de execución, mediante transferencia ó Concello unha vez que se cumprimente o apartado 3.b) desta cláusula, así como a contratación, dirección, execución e recepción das obras. O Concello de Pontevedra, nesta terceira fase, contrae as seguintes obrigas: a) Dado que a actuación correspondente a esta terceira fase se pretende realizar sobre terreos actualmente destinados a sistema xeral de zonas verdes e espacios libres, o Concello formulará e tramitará ata a súa aprobación definitiva a pertinente modificación puntual do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana de Pontevedra, para facer viable a actuación pretendida. b) Encarga-lo proxecto de execución das obras correspondentes a esta fase e entregalo á Consellería en condicións de obte-lo informe de conformidade da oficina de supervisión de proxectos que para os efectos estableza a Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo. c) Poñer a disposición da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, libres de cargas e gravames, tódolos terreos necesarios, en condicións urbanísticas axeitadas, para a normal execución das obras. d) Eximir á Administración autonómica de calquera tipo de taxas, tributos e exaccións municipais con motivo das obras, por canto que as edificacións e instalacións quedarán incorporadas ó dominio público municipal. e) Asumi-la explotación, mantemento e conservación das obras, instalacións e urbanización unha vez que pola Consellería se procede á súa entrega, correndo a partir da mesma tódolos gastos pola exclusiva conta do Concello. f) Reserva-lo uso das súas instalacións para a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial, na forma e condicións que sexan acordadas por tódalas Administracións intervintes mediante a aprobación dun plan de usos do Pavillón Feiral no que se establecerán as reservas de datas de utilización do mesmo pola Xunta de Galicia e pola Deputación que, en todo caso, poderán dispoñer e utilizar cada unha as instalacións sen cargo ningún ata tres días en cada mes, podendo acumularse por semestres naturais. CLÁUSULA QUINTA.- Comisión de seguimento. Constituirase unha Comisión de seguimento deste convenio formada por dous representantes de cada unha das Administracións intervintes, que deberá reunirse alomenos unha vez ó ano. As súas funcións serán: a) Impulsar e evalua-lo cumprimento do presente convenio, propoñendo ás respectivas Administracións as actuacións que se consideren precisas. b) Interpretar, en caso de dúbida, o contido do presente convenio. CLÁUSULA SEXTA.- Natureza do convenio. O presente convenio ten natureza administrativa, rexendo na súa interpretación e desenvolvemento o ordenamento xurídico administrativo, con expresa submisión das partes á xurisdicción contencioso-administrativa. CLÁUSULA SÉTIMA.- Vixencia do convenio. O presente convenio surtirá efectos a partires da súa sinatura polas tres Administracións intervintes e manterá a súa vixencia durante o tempo necesario para a completa realización das actuacións contempladas no propio convenio. CLÁUSULA OITAVA.- Causas de extinción. O presente convenio extinguirase por calquera das seguintes causas: a) Polo cumprimento íntegro do seu obxecto. b) Por resultar inviable a realización das obras obxecto deste convenio. c) Por incumprimento de calquera das cláusulas do presente convenio. E para que así conste, en proba de conformidade coas cláusulas deste convenio, asinan as partes o presente documento, por triplicado exemplar, no lugar e data consignados no encabezamento. POLO CONCELLO DE PONTEVEDRAO ALCALDE-PRESIDENTE,- Juan Luis Pedrosa Fernández - POLA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRAO PRESIDENTE, - Manuel Abeledo López - POLA XUNTA DE GALICIA O CONSELLEIRO DE POLÍTICA TERRITORIAL OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA - José Cuiña Crespo - ------ Folla: 56,58 12.4010.- BASES DE SUBVENCIÓNS DEPORTIVAS A ASOCIACIÓNS E ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO 1997 Sr. Presidente.- Pasamos al punto siguiente. Bases de subvencións deportivas a Asociacións e Entidades sen fins de lucro 1997. Dos intervenciones por el Bloque. Ah, perdón. No se preocupe. D. Cesáreo tiene la palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Vamos a ver. Eu creo que se queremos leva-lo Pleno con calma, Sr. Presidente, digo sen polémicas formais, déixese de meter coletillas fóra de lugar porque non teñen ningún sentido e rapidamente podemos cambiar de tocata. En canto ás bases 12 e 13, vamos a votar a favor por un motivo, porque salvo tanto a propia redacción das bases coma o comportamento que houbo na Comisión pois non nos poden levar a votar doutra maneira dado que quitando o motivo de fondo da pluralidade de plans e todo o follón que hai de falta de planificación. Pois bueno na Olimpiada Provincial, na Festa da Bicicleta pasaron por Comisión. En principio que nós non detectamos ningunha irregularidade e non temos nada que obxectarlle. Ós dous puntos xa. Sr. Presidente.- Gracias. Por parte del PSOE D. Baltasar. Sr. García García.- Si. También nosotros los dos puntos, el 12 y el 13 lo vamos a votar afirmativamente. Hay una cosa que nos preocupa, o sea, la introducción esta de las federaciones, de la posibilidad de que federaciones y tal. No quisiéramos, sinceramente vamos a comprobar durante el año, que fuera una forma de meter por ahí una financiación extra a algunas federaciones o a federaciones muy elitistas, que entonces nos preocuparía. Vamos a fiarnos de lo que ha sido el comportamiento del año pasado en la Comisión esta y vamos a votar afirmativamente estos dos temas. Sr. Presidente.- Muchas gracias. Simplemente al Sr. Mosquera, lo que usted llama coletillas finales, que no le gustan, es el derecho que tiene el equipo de gobierno, el ponente a terminar el debate, simplemente. Ya se que lo que le voy a decir no le convence y es un tema que lo va a votar en contra pero es un derecho del equipo de gobierno, yo lo siento que no le guste pero es así. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Pedrosa, vamos a ver, o dereito do grupo maioritario ou de quen presida a face-la última intervención ninguén llo discute, pero se vostede quere un Pleno cun talante, digamos sen asperezas formais, a última intervención debe ser de resume de sínteses, non meter elementos novos nin descalificacións porque pode provocar. Nós tamén temos dereito a explicación de voto e todo eso, e pídolle a palabra e explicación de voto e cada un por separado. Se cambia, pois bueno cambiámolo se fai falta para seguir batendo, ou alguén que non interviu, se pode, entón a compañeira non interviu, entón podemos alargala. Entón digo polo ben, non ten moito sentido que o faga, aquí houbo experiencia larga dun Presidente que tivo ese insán costume de facelo e os Plenos remataban en alborotos máis que en Plenos, agora, alá vostede. Sr. Presidente.- No quiero tomárselo como amenaza pero no me siento amenazado en absoluto. Pasamos a votación. ¿Votamos conjuntamente entonces los números 12 y 13?. ¿Votos en contra?. ¿Abstenciones?. Todos a favor. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Deportes, Xuventude e Turismo, acorda por unanimidade, aproba-las Bases de subvencións para actividades deportivas promovidas por Asociacións e Entidades sen fins de lucro-1997, seguintes: 1.- Teñen por obxecto conceder axudas económicas a Asociacións e outras Entidades, sen fins de lucro, que non figuren subvencionadas no Convenio Deputación-Xunta de Galicia de actividades deportivas, e que desenvolvan actividades na provincia de Pontevedra, para colaborar á organización das mesmas, con cargo á partida 97/451.452.489.04 do Orzamento ordinario de 1997. 2.- Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes, só poderán financiarse as que se realicen dentro do ano 1997, tales como concursos, probas, campionatos, torneos, exhibicións, etc., que teñan o carácter de abertas ó público en xeral. 3.- A concesión, e no seu caso o importe da subvención, graduarase en función dos seguintes criterios: interese xeral da actividade; número de persoas que poidan participar ou disfrutar da mesma; o seu custo en relación coa capacidade económica das entidades, e porcentaxe deste que se solicite como subvención; fomento da cultura física, da práctica dos deportes e a formación da xuventude. 4.- As peticións formularanse no modelo oficial, adxuntando necesariamente copia do CIF ou DNI dos responsables das Asociacións, Comisións ou Organizacións de feito sen personalidade xurídica, facendo constar expresamente que se responsabilizan mancomunada e solidariamente de emprega-las axudas na actividade solicitada, así como de devolvelas no suposto que deban reintegrarse. Cada Asociación ou Entidade poderá solicitar cantas desexe, dende a publicación destas normas, presentándoas no Rexistro Xeral da Deputación ata o 30 de xuño de 1997, se ben en ningún caso a subvención para cada actividade poderá exceder dos DOUS MILLÓNS DE PESETAS (2.000.000). 5.- As subvencións poderán acadar ata o 50% do custo total da actividade que se concede, debendo xustifica-lo seu investimento mediante documento que acredite que se celebrou o acto ou actividade subvencionada, á que se unirá relación de gastos realizados e facturas ou recibos onde figuren o NIF ou CIF, domicilio, data de expedición, número de factura e conformidade de ser pagada. 6.- O pagamento realizarase unha vez que se xustifique o importe total subvencionado, sendo posible un anticipo do 50% da subvención, nos casos en que, previa solicitude do beneficiario, así o autorice a Deputación Provincial, previo informe da Intervención. 7.- As subvencións deberán estar xustificadas dentro dos tres meses seguintes á realización da actividade e nos casos de forza maior (previamente xustificados), antes do 30 de decembro de 1997, data na que serán anuladas automaticamente as que poidan existir pendentes de xustificación. 8.- As cantidades concedidas deberán reintegrarse nos seguintes casos: a) Non xustificarse no prazo establecido; b) Conseguilas sen reuni-las condicións solicitadas; c) Incumpri-las condicións sinaladas ou destinadas a finalidades distintas, sen previa autorización; e d) Cando o importe recibido supere o que corresponda en función da porcentaxe, en relación ó custo da actividade. 9.- As subvencións a conceder, serán informadas e propostas pola Comisión Informativa de Deportes, Xuventude e Turismo ó organo correspondente para a súa aprobación definitiva. ------ Folla: 58 13.4011.- BASES DA OLIMPIADA PROVINCIAL 1997 O Pleno de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Deportes, Xuventude e Turismo, acorda por unanimidade, aproba-las Bases da Olimpiada Provincial-1997 seguintes: OLIMPIADA PROVINCIAL 1997 Esta Deputación Provincial de Pontevedra, no seu afán de fomenta-lo deporte popular, vén celebrando en colaboración cos Concellos, actividades deportivas dirixidas ó público en xeral, que polo éxito acadado en anos anteriores, considera convinte conservar. A súa programación rexirase polas seguintes BASES 1.- MARCHAS POPULARES Consisten na realización de carreiras pedestres por tramos urbanos ou rurais nos Concellos, de conformidade cos seguintes requisitos: a) Poderán participar tódalas persoas maiores de 10 anos en categorías masculina e feminina, correndo a cargo da Deputación os gastos, premios, organización e control das probas. b) O Concello sinalará a data idónea e o percorrido, encargándose igualmente de mante-la orde coa Policía Municipal. 2.- FESTAS DA BICICLETA Teñen por obxecto realizar marchas ciclistas populares de percorrido non superior a 10 Km., podendo participar quen o desexe sen límite de idade, e conforme ós seguintes requisitos: a) A Deputación Provincial sufragará os gastos, organización, carteis anunciadores, concesión de premios e organización e control das probas. b) O Concello sinalará a data para a súa celebración, e o percorrido a efectuar (indicando lugar de concentración para a saída e de chegada), encargándose da orde coa Policía Municipal. 3.- Os Concellos interesados, solicitarán soamente unha das probas fixadas anteriormente, mediante escrito presentado no Rexistro Xeral desta Deputación, ata o 30 de xuño de 1997, adxuntando compromiso formal de que no suposto de ser favorecidos con algunha delas, cumprirán e garantirán o sinalado nestas bases. 4.- A fin de garantir e evitar calquera percance que poidan sufri-los participantes, concertarase a correspondente póliza de seguros. 5.- A concesión das probas ós peticionarios, encoméndase á Comisión de Goberno, previa selección efectuada pola Comisión Informativa de Deportes, Xuventude e Turismo, ata agota-la consignación presupostaria. ------ Folla: 58,64 14.4012.- BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS A ENTIDADES LOCAIS EN MATERIA DE XESTIÓN DE RESÍDUOS SÓLIDOS URBANOS Sr. Presidente.- Pasamos al punto 14. Bases reguladoras das subvencións a Entidades Locais en materia de xestión de resíduos sólidos urbanos. ¿Alguna intervención?. Por parte del Bloque, de menor a maior. Nadie. Por el PSOE. D. Efrén. Sr. Juanes Rodríguez.- Vamos a ver. Eu creo que aquí tamén ó facer unha orde do día tan amplia había que po-los temas importantes ó principio e despois deixar como en baloncesto os minutos da basura. Porque realmente en política tamén hai estratexia tamén que é o agotamento e creo que estamos todos xa bastante cascados. Vamos a ver. A min se me permite a Presidencia quixera face-la intervención unindo os dous puntos 14 e 15. Porque bueno todos teñen que ver que é a partida medio ambiental. E bueno, creo que nestes dous puntos se ve claramente que, á parte é o peor que lle pode pasar a un equipo de goberno. Eu creo que o equipo de goberno desta Institución está absolutamente desnortado. E creo que un cando se fai cargo dunha institución sexa do tipo que sexa ten que ter claro a onde vai, a onde vai. Aquí realmente neste tema se crearon unhas falsas espectativas, porque ó final foron falsas espectativas, o ano pasado se dotaron para medio ambiente, para resíduos sólidos e para axudas a servicios básicos de praias 120 millóns. É tan pouco o que cre o Partido Popular na cuestión medio ambiental que este ano dos 120 millóns nos quedamos en 20 millóns para o tema dos resíduos sólidos e 20 millóns para servicios básicos a praias. Nós habíamos presentado unha emenda ós presupostos no tema dos resíduos sólidos de que en principio como este ano, e vostedes segundo parece ó mellor lle están dando a razón a xente que é moi excéptica a que a Xunta de Galicia co famoso Plan Sogama o leve adiante que realmente nós nesa emenda diciamos que se deixara unha partida presupostaria para axuda de precintados de vertedoiros que teñen os Concellos. Ustedes teñen sintonía absoluta co Partido Popular da Xunta de Galicia. Se ve entón que ese plan de resíduos sólidos non vai adiante porque realmente non prevén que os Concellos nos poidan pedir axudas para o precintado, na emenda falabamos de proxectos, simplemente para axudarlle a face-lo proxecto de precintado de vertedoiros. Está claro que non hai sintonía entre o PP da Deputación e o PP da Xunta. Porque se realmente o Plan Sogama vai adiante ós Concellos lle van facer falta moitos cartos para o precintado dos vertedoiros actuais, e sen embargo deixan os 20 millóns exactamente igual que o ano pasado. Sen embargo, e me refiro a esa falta de planificación que non é soamente nesta área, porque realmente nos 870 millóns que deixan para carreteras tampouco saben onde van a ir. Non hai un Plan Cultural. Suben os 60 millóns do Plan de Acción Comunitaria sen tampouco demasiado sentido. E na política medio ambiental tamén absolutamente desnortados e non saben por onde van. Por facer un pouco de historia, eso crea frustración, crea frustración en nós que estamos nesta casa e crea frustración na xente que está vendo o que nós facemos. O ano pasado nós votamos aquí a favor, en canto ós servicios básicos a praias, dunhas bases de 100 millóns de pesetas. Realmente se fan tan mal, tan mal as cousas nesta casa, sin absoluta previsión que é realmente lóxico, 100 millóns de pesetas, os Concellos non deixaran nos presupostos partida ningunha para iso e nos topamos co que nos topamos, que claro, que as subvencións que se concederon sairon as bases no mes de abril. Absolutamente mal feito, unha subvención para servicios básicos de praias no mes de abril, que bueno, que digamos que hai que planificalo no mes de xaneiro, febreiro, en febreiro podían estar perfectamente feitas esas bases. Saen no mes de abril, moi tarde. A Comisión non se reune absolutamente para face-lo reparto desas propostas senón que nos vén por Resolucións Presidenciais as concesións das subvencións e dos 30 Concellos que pediron, pois bueno, soamente xustifican a subvención, porque realmente, bueno, polo que fora, pero non tiñan partida presupostaria para eso. O compromiso era de que a Comisión Informativa fixera as propostas de subvención. A Comisión Informativa non nos pasou, nin sequera se nos pasou, salvo o que tiven que pedir eu no Servicio Agrario, dar conta de como se repartiran esas subvencións. É imposible que os Concellos, porque eu sei de moitos, ou polo menos dalgúns, que este ano fixeron esa previsión para servicios básicos a praias, con toda a súa boa responsabilidade, e se topan, claro, de que os bandazos desta casa, o ano pasado había 100 millóns e este ano se quedan con 20. Que non vai a dar, os que o ano pasado levaron 10 ou 11 millóns de pesetas pois este ano ó mellor levan 300 mil e os que o ano pasado pediron unha cantidade pequena, porque realmente o seu presuposto non llo permitía e este ano deixaron unha consignación suficiente pois bueno, a política da improvisación desta casa pois deixa soamente 20 millóns de pesetas. Eu creo que resumindo, resumindo, falta de planificación absoluta. Un equipo de goberno absolutamente desnortado, que está dando bandazos, ou sexa que con esto realmente sigo co que dixen ó principio, o peor que lle pode pasar a un equipo de goberno e non saber realmente a onde vai. E creo que este equipo de goberno non sabe, non sabe a onde vai, e lle está creando uns prexuízos enormes ós Concellos e ós Concellos neste caso do litoral, que ó mellor, que ó mellor é porque a maior parte dos Concellos do litoral non están controlados polo Partido Popular, estou pensando no caso de Nigrán, estou pensando no caso dos Concellos da Comarca do Morrazo, estou pensando no caso de Vilagarcía, no caso de Catoira, no caso de Sanxenxo, bueno e ó mellor se trata de primar outros Concellos que controla o Partido Popular, porque senón esto non ten absolutamente lóxica ningunha, lóxica ningunha. Ou sexa que, en definitiva a esta casa non lle importa en absoluto algo que bueno, que creo que é unha responsabilidade e que agora mesmo está á parte bueno digamos na sociedade tan enraizado como é o tema medio ambiental, a esta casa non lle preocupa en absoluto e baixa de 120 millóns que había para política medio ambiental o ano pasado a 40 millóns. Desde logo que me parece, bueno non sei, cada un que lle dea o calificativo que queira. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias. Sr. Pazos Moreira.- Gracias Sr. Presidente. Moi brevemente. Se eu non me engaño e eu denoto no comportamento de certos grupos da oposición unha seudo incoherencia á hora de plantexa-la súa forma de pensar. Por un lado como ocurriu noutros puntos e en concreto no terceiro, obsérvase unha crítica dura no senso de que a Deputación Provincial coopera ou aporta cantidades excesivamente esaxeradas e a plans que se entende que son competencia da Xunta de Galicia. Por outro lado coma neste caso, falando do medio ambiente, que é un caso similar, critícase en senso contrario, é dicir, aquí parece pouca cantidade a que se aporta a colaborar neses plans que son á súa vez competencia da Xunta de Galicia, unha incoherencia total. Pero bueno, entendo que dende o punto de vista da oposición algo se ten que dicir, son filosofías totalmente, son diferentes e cada un ten a súa forma de pensar e a súa forma de atalla-los problemas. E o equipo de goberno desta Deputación entende que o plan preestablecido é o adecuado. Habida conta de que as habas son contadas e hai que tratar todos estes temas dentro do concepto xeral da dispoñibilidade económica desta entidade e por suposto dende o punto de vista persoal a min gustaríame dispor de maior cantidade da que realmente se asigna a estas áreas, como lle ocorre tamén ó resto dos compañeiros que teñen responsabilidades ou son delegados ou responsables de área. Todo o diñeiro que se destine a cumprir cos distintos plantexamentos sempre serán escasos e nós en eso estamos de acordo. Pero ten que haber unha liña, un parámetro que coordine todo o que son os plans de inversión, de financiación desta Deputación. O problema que se plantexa ou que plantexan no senso de que os Concellos ó non dispor de datos con tempo ou a tempo, elaboran os seus presupostos sen contempla-las partidas presupostarias que complementen ou suplementen a parte que lles toca en ditos plans. Eso non é un impedimento total para poder levalos a cabo porque todos sabemos que hai figuras administrativas que en cada momento poden habilitar partida suficiente senón en toda a súa dimensión si polo menos simbólica esperando a hora de que se determinen o importe das subvencións para poder afrontar con éxito as obras ou as actuacións que demanden os distintos concellos. Por suposto lle digo sinceramente sobor de todo no punto primeiro, no de resíduos urbáns, persoalmente a min gustaríame que esta cantidade que se asigna fose cero cantidade, porque eso suporía que o comportamento en xeral dos veciños e o comportamento dos concellos na vixiancia, na persecución e na corrección e en cada momento onde alí se dan verquidos incontrolados, porque esto vai fundamentalmente destinado a corrixir este tipo de deficiencias, eso se fora cero teríamos que alegrarnos todos de que non existise precisamente cantidade algunha para aportar a este plan. Nembargantes desde o punto de vista da Deputación entende que con esta cantidade de 20 millóns de pesetas pódense atender puntualmente unha serie de problemas que queira Dios que sexan poucos e moi reducidos para loitar contra esta actuación anómala e que estamos todos convencidos e decididos a colaborar na súa reivindicación. Xa os selados de verquidos ou os selados de vertedoiros tipo xa case case industrial, non, de grandes dimensións, eso son palabras maiores e non é competencia, volvo a repetir, da Deputación o afrontar ... e semejante política. O que si, instarase á Xunta de Galicia para que as súas inversións sexan o máis importantes posibles para acabar por todas con este tema. E non teño nada máis que dicir. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pazos. Por el Bloque D. Cesáreo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, non, é que non, creín que se ía falar do punto 14 só, creo que é mellor xa falar dos dous. Entón sobre todo referido ó 15, falamos dos dous e despois pasamos á votación para abreviar. Esta casa é algo absolutamente espectacular, de verdade, eu non, é difícil, dificilisimo topar algún sitio onde se poida ver outros exemplos que se poidan comparar. As cousas nacen e distorsionanse, evoluen, desaparecen e en todo ese proceso nunca se sabe cal é o fio de continuidade. Este plan, sobre todo o do 15, naceu nun momento determinado que algúns Deputados que están aquí o saben porque estaban e supoño que os que cubren cos medios de comunicación a maioría tamén estaban. ¿Cando houbo o problema do PAE?. Do PAE quedaron fóra parte dos Concellos, os do Deza e entón fíxose un plan transitorio para eles e como os costeiros sempre quedaron fóra entón compromiso do Presidente mete-los municipios costeiros nun plan. E ese plan non se fixo, pero si se fixo xa máis tarde, quedou esa idea e entón estaba de Deputado, de Presidente da Comisión, o Sr. Chapela e conseguiu meter eses 100 millóns de pesetas, os outros 20, despois meteu 20 tamén, para limpeza de vertedoiros incontrolados e cousas deste tipo, era para praias de municipios costeiros. Entón é unha cousa moi curiosa que empeza, as prioridades para da-las subvencións eran: importancia turística do Municipio, número de usuarios das praias e praias candidatas para obteren a bandeira azul da CEE. Ó final resulta que xa non eran os costeiros, os do interior tamén e algúns que incluso estaban no PAE e na Comarca de Acción Especial, resulta que tamén levaron para as súas praias. Ó final xa non é eso, ó final se reduce a 20 millóns e xa non se sabe exactamente para o que é. E ó final pois aleluia aquí paz e despois gloria. Miren, creo que esto é un tema suficientemente serio e que pudo ter sido enfocado con suficiente entidade e seriedade para que servise dunha maneira clara e aprendendo dos erros para facer un plan serio e con certo tempo. Os plans serios fanse plurianuais, con previsión, apróbanse antes de final do exercicio para que os Concellos sepan canto lle corresponde e sábese exactamente porque se pretende etc. Ben, o ano pasado se fixo así, non se fixo así, non se fixo ben pero se fixo e entón nos topamos con toda unha manada de problemas. Primeiro, os Concellos querían facer unha obra e resulta que afectaba a Costas, Costas non lle daba permiso ou lle daba permiso ou tiña previsto facer algo. Segundo, os Concellos non tiñan financiación, tiñan que poñer ó 50% e entón demoran o aprazamento, etc., etc. Bueno, pois ata podemos aceptar e como non, que bueno que por falta de experiencia pois se acometan eses fallos no plan. Pero unha vez que temos eses fallos en vez de corrixilo, en vez de ir traballando para lograr que ese plan, que nos pode poñer as praias, que son unha fonte de riqueza e de benestar impresionante, en boas condicións, de repente o plan practicamente se liquida e se pasa de 100 a 20 millóns sen ningunha previsión, ou sexa, mantendo exactamente tódolos erros, quitando que non se poden facer obras para ..., porque tampouco se podían facer con estas cantidades, vamos, e deixando tódolos erros do primeiro ano de funcionamento, liquidando practicamente na cantidade e mantendo tódolos erros, tódolos fallos que se detectaron no primeiro ano que estivo en práctica. Esto é a casa de tócame Roque. Eu agradezo a boa intención do actual Presidente da Comisión, pero a realidade é así de clariña e de crúa. Agardemos que para o ano que vén pois tome nota porque aquí resulta que a oposición nunca di nada, nunca di nada, pero a oposición lle di esto e esto non son ideas, é colle-lo plan, mirar se se fai a dous ou tres anos, procurar a ver que cartos se vai facer, esto non son ideas, sempre a oposición, non, non, é que a oposición se opón outras veces porque ten outro proxecto, ten outro proxecto e ten outra maneira de ve-las cousas e é comprensiva cando non lle demos, non nos dedicamos a darlle caña porque resulta que houbo problemas coas licenzas, con Costas, bueno foi algo imprevisible ou previsible, pero bueno, a falta de experiencia pode levar a eso. Bueno, pois non pasa nada. Pero unha vez que xa a experiencia demostrou, primeiro, que o plan era moi necesario; segundo, que podía ser tremendamente beneficioso; e terceiro, que había que corrixir unha serie de cousas como era planificalo con tempo, para que os proxectos tiveran o visto e prace de Costas, para que os Concellos poideran facer consignación etc., etc., unha vez que se acepta eso, ó contrario faise todo ó revés. Home, eso non o podemos avalar, a verdade é que de ningunha maneira o podemos avalar, vámoslle votar en contra, pero non por opoñernos, que se este ano nos meteran de 100 millóns con previsión e demais asegúrolle que íbamos votar a favor e encantados. Nada máis e moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias. Por parte del PSOE el señor, no. Muchas gracias. Pasamos a votar entonces. ¿Votamos los dos juntos, 14 y 15?. ¿Votos en contra?. ¿Abstenciones?. El resto votamos a favor. O Pleno de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Urbanismo, Vivenda e Medio Ambiente, acorda por maioría de votos do Grupo Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG, aproba-las Bases reguladoras das subvencións a Entidades Locais en materia de xestión de resíduos sólidos urbanos, seguintes: 1. Obxecto da convocatoria. 1.1.- A Deputación Provincial de Pontevedra, consciente das dificultades dos municipios para afrontaren os problemas dos resíduos e, vista a cantidade de solicitudes que se presentaron o ano pasado, abre esta nova convocatoria, que ten por obxecto conceder axudas en materia de xestión de resíduos sólidos urbanos. 1.2.- As mencionadas axudas poderán ser de dous tipos: - De carácter económico, a través das subvencións que se outorguen, de acordo coa consignación correspondente, con cargo á partida presupostaria 711-442-762.82 do Presuposto vixente, cun crédito inicial de VINTE MILLÓNS DE PESETAS (20.000.000). - De carácter técnico, mediante a asistencia que preste o servicio da Deputación Provincial que corresponda. 2. Actuacións susceptibles de axudas e contía da subvención. 2.1. Poderán ser obxecto das axudas previstas nestas bases os investimentos que se realicen na limpeza e selado de vertedoiros incontrolados. 2.2. A contía da subvención será de ata un máximo do 50% do presuposto total; o Sr. Presidente ou o órgano competente desta Deputación Provincial queda facultado para a súa concesión, dándolle conta da mesma á Comisión Informativa que corresponda. 3. Beneficiarios. Poderá solicita-las axudas calquera municipio ou mancomunidade da provincia que inclúa entre os seus obxectivos a correcta xestión dos resíduos sólidos urbanos. Non poderán ser obxecto de axuda os concellos que non presentasen a documentación xustificativa que corresponda á subvención concedida o ano 1996, no período de prórroga establecido para tal fin. 4. Formalización das solicitudes. As solicitudes asinadas polo alcalde do concello solicitante dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, achegándolle a documentación seguinte: a) Memoria técnica descriptiva e proxecto de execución das obras que se realizarán coa xustificación dos investimentos necesarios, así como a idoneidade e viabilidade técnica e máis económica da actuación. Xunto coa memoria débese entregar un mapa da situación dos vertedoiros incontrolados que existen no municipio, así como o volume de lixos a eliminar e o destino que se lles buscou ós mesmos. Este documento deberá asinalo o técnico municipal. b) Presuposto desglosado das actividades a desenvolver e para as que se solicita a subvención. c) Certificación do acordo adoptado polo que a corporación se acolle á subvención e se compromete a realiza-la actuación. 5. Mellora das solicitudes. O Servicio Agrario da Deputación Provincial poderá solicitar que lle aclaren ou amplíen información, así como propor que se condicione a concesión a acepta-las modificacións que se establezan sobre a actuación proposta. 6. Prazo para presenta-las solicitudes. Unha vez que esta Deputación Provincial aprobe as presentes bases, publicaranse no Boletín Oficial da Provincia. Os concellos que estean interesados disporán dun prazo de 30 días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, para presenta-las que se citan no punto 4 no Rexistro Xeral da Deputación Provincial. 7. Condicións e selección de solicitudes. 7.1. Á hora de se concederen as subvencións teranse en conta os criterios seguintes: - A gravidade do problema ambiental ou sanitario que se pretenda resolver. - A viabilidade técnica e económica das actuacións, así como a adecuación das medidas que se adoptarán para evita-la contaminación no desenvolvemento da actividade. - Adecua-la actuación ós programas que formule a Xunta de Galicia en materia de resíduos sólidos urbanos, ás recomendacións da Unión Europea sobre xestións de resíduos, así como ó Plan Nacional de resíduos. - A traxectoria, continuidade, estabilidade e dedicación que demostre a Corporación solicitante en materia de medio ambiente. 7.2. A Sección de Medio Ambiente do Servicio Agrario examinará as peticións que presenten os concellos e trasladará a proposta coas solicitudes seleccionadas para as aprobaren o órgano competente. 7.3. Os concellos beneficiarios deberán facer consta-la colaboración da Deputación Provincial en tódalas actividades que realicen. 8. Xustificación e aboamento das subvencións. 8.1. Para recibi-las subvencións que se conceden de acordo con estas bases cómpre presentar directamente na Deputación Provincial os seguintes documentos: - Memoria detallada da actividade que se realizou, á que se lle achegará a certificación das obras asinada polo técnico municipal. - Escrito asinado polo alcalde, que se dirixirá ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación para solicitar que se efectue o pagamento da subvención, indicando a contía e mailo concepto subvencionado, así como o número de conta corrente á que se lle teña que efectua-la transferencia. - Facturas orixinais, ou fotocopias compulsadas, e o certificado acreditativo expedido polo secretario, de que as facturas que se presentan como xustificante as aprobou o órgano de decisión correspondente. 8.2. A documentación xustificativa á que fai referencia o punto anterior presentarase antes da fin do exercicio do ano 97. 8.3. Estar ó corrente nas obrigas económicas coa Deputación. 9. Control e seguimento das subvencións. Os servicios técnicos do Servicio Agrario da Deputación Provincial velarán porque se cumpran as condicións que se esixen para a concesión das subvencións e máis para que se realicen correctamente os investimentos previstos, podendo, para eso, face-las inspeccións e comprobacións oportunas, así como solicita-la información que se considere necesaria dos beneficiarios das tales axudas. No suposto de falsidade, inexactitude ou omisión nos datos que se subministran para a solicitude de subvencións, ou no caso de incumpri-las condicións que se impoñen na concesión, perderase a axuda. ------ Folla: 64,65 15.4013.- BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS A ENTIDADES LOCAIS PARA A DOTACIÓN DE SERVICIOS BÁSICOS A PRAIAS O Pleno de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Urbanismo, Vivenda e Medio Ambiente, acorda por maioría de votos do Grupo Popular, e cos votos en contra do PSOE e do BNG, aproba-las Bases reguladoras das subvencións a Entidades Locais para a dotación de servizos básicos a praias, seguintes: 1. Principios xerais. A Deputación de Pontevedra, para mante-las praias da provincia e os seus arredores nas debidas condicións de limpeza e seguridade, vai continuar coas axudas que se iniciaron o ano pasado para dota-las praias dos servicios básicos. 2. Obxectivo da convocatoria. Constitue o obxecto das presentes bases defini-lo conxunto de condicións e mailo proceso a seguir para concede-las subvencións que outorga a Deputación Provincial de Pontevedra, de acordo coas consignacións dispoñibles para tal fin na partida presupostaria 711-442-762.82, para dota-las praias e os seus arredores dos servicios básicos cun crédito inicial de VINTE MILLÓNS DE PESETAS (20.000.000). 3. Actuacións susceptibles de axudas e contía da subvención 3.1. Serán obxecto de axudas os investimentos que se fagan en equipamentos para mante-las praias nas debidas condicións de hixiene e seguridade: duchas, puntos de auga potable, torres de vixiancia, megafonía para advertir de posibles perigos, balizaxes para separa-las zonas de baño, sinalización adecuada de servizos básicos e accesos e demais equipamentos necesarios para ese fin que non se atopen aquí especificados. Debido ás limitacións presupostarias e para poder atende-las demandas do maior número de solicitantes non se subvencionarán os investimentos en maquinaria de limpeza. 3.2. A contía da subvención será de ata un máximo do 50% do presuposto; o Sr. Presidente ou o órgano competente desta Deputación Provincial queda facultado para a súa concesión, dándolle conta da mesma á Comisión Informativa que corresponda. 4. Beneficiarios. Poderá solicita-la subvención calquera municipio que teña unhas praias que se frecuentan habitualmente en época estival e que carezan, ben dos servicios que se especifican no punto anterior, ben que desexen melloralos. Non poderán ser obxecto de axuda os concellos que non presentasen a documentación xustificativa que corresponda á subvención concedida o ano 1996, no período de prórroga establecido para tal fin. 5.- Formalización das solicitudes. 5.1. As solicitudes asinadas polo alcalde do concello solicitante dirixiranxe ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, achegándolle a seguinte documentación: a) Memoria explicativa e detallada dos equipamentos que se adquirirán. Na memoria debe figura-lo nome e maila extensión das praias obxecto da actuación e, no caso de que sexa posible, co plano correspondente. b) Especificacións técnicas dos equipos dos que se prevexa a adquisición. c) Presuposto desglosado dos equipos para os que se solicita a subvención. d) Certificado do acordo polo cal a Corporación se acolle á subvención e se compromete a realiza-la actuación. 5.2. O Servicio Agrario da Deputación Provincial poderá solicitar aclaracións ou ampliacións de información, así como propor que se condicione a concesión da subvención a acepta-las modificacións que se establezan sobre a actuación proposta. 6. Prazo de presentación de solicitudes. Os concellos que estean interesados disporán do prazo de 30 días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, para presentaren as solicitudes ás que se fai referencia no punto 5.1, no Rexistro Xeral da Deputación Provincial. 7. Condicións e selección de solicitudes. 7.1. Na presentación de solicitudes teranse en conta os seguintes criterios: - Importancia turística do Municipio. - Número de usuarios das praias. - Praias candidatas para obteren a bandeira azul da CEE. 7.2. A Sección de Medio Ambiente do Servicio Agrario examinará as peticións que presenten os Concellos, valorando a necesidade e viabilidade das axudas solicitadas e trasladaralle a proposta, para a súa aprobación, ó órgano competente. 7.3. Os concellos beneficiarios deberán facer consta-la colaboración da Deputación Provincial en tódalas actividades que realicen. 8. Xustificación e aboamento das subvencións. 8.1. Para recibi-las subvencións concedidas, de acordo con estas bases, cómpre presentar, directamente na Deputación Provincial, os seguintes documentos: - Memoria detallada da actuación. - Escrito asinado polo alcalde que se dirixirá ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación solicitando que se efectue o pagamento da subvención e indicando a contía e mailo concepto subvencionado, así como o número da conta corrente á que se lle teña que envía-la transferencia. - Facturas orixinais, ou fotocopia compulsada, e certificado acreditativo, expedido polo secretario, de que as facturas que se presentan como xustificante as aprobou o órgano de decisión correspondente. 8.2. A documentación xustificativa á que se fai referencia no punto anterior presentarase antes da fin do exercicio do ano 97. 8.3. Estar ó corrente nas obrigas económicas coa Deputación. 9. Control e seguimento das subvencións. Os servicios técnicos do Servicio Agrario da Deputación Provincial velarán porque se cumpran as condicións que se esixen para a concesión das subvencións e para que se realicen correctamente os investimentos previstos, podendo para eso realiza-las inspeccións e comprobacións oportunas, así como solicita-la información que se considere necesaria sobre os beneficiarios das tales axudas. ------ Folla: 65,66 16.4014.- DELEGACIÓN DOS CONCELLOS DE CATOIRA E MOS Á DEPUTACIÓN EN MATERIA DE XESTIÓN, LIQUIDACIÓN, INSPECCIÓN E RECADACIÓN DE RECURSOS LOCAIS [ORAL] Sr. Presidente.- Pasamos al punto 16. Delegación dos Concellos de Catoira e Mos á Deputación en materia de xestión, liquidación, inspección e recadación de recursos locais. ¿Alguna intervención?. Pasamos a votación. ¿Votos en contra?. Non hai. ¿Abstencións?. Tampouco. Todos a favor. De acordo co establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e 7 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, e de conformidade co acordo do Pleno da Excma. Deputación Provincial, de data 29 de xullo de 1992, polo que aprobaron as Bases para a prestación do Servicio Provincial de Xestión e Recadación Directa, polo que se regula a xestión e recadación dos tributos de dereito público e locais, bases actualmente asumidas polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais, recibironse acordos plenarios dos concellos que seguidamente se relacionan polos que amplían delegacións xa efectuadas na Deputación en materia de xestión, liquidación, inspección e recadación de recursos locais. CONCELLO DE CATOIRA Delega expresamente na Deputación Provincial as facultades de xestión, liquidación e recadación das taxas municipais de rede de sumidoiros, abastecemento de auga e recollida de lixo, así como a recadación executiva de tódolos tributos municipais. (Acordo Pleno 27-07-96). CONCELLO DE MOS Delega expresamente na Deputación Provincial as facultades de xestión, liquidación e recadación executiva dos seguintes recursos (Acordo Pleno 20-12-96): A- Imposto de Construccións, Instalacións e Obras. B- Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica. C- Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana. D- Taxa por Licencia de Apertura de Establecementos. E- Taxa por Matadeiro Municipal. F- Taxa por Recollida de Lixo. G- Taxa por Servicios de Rede de Sumidoiros. H- Infraccións Urbanísticas. Considérase que o Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais dispón dos medios materiais e persoais suficientes para levar a cabo satisfactoriamente as facultades que os concellos relacionados delegan na Deputación Provincial. Por todo iso, a teor da proposta transcrita, o Pleno acorda por unanimidade, a adopción do seguinte acordo: Aceptar, de conformidade co previsto no art. 7.2 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, as delegacións que en materia de xestión, liquidación, inspección e recadación de recursos locais, realizaron, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 3 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e 7 da citada Lei 39/1988, na Deputación Provincial de Pontevedra os concellos da provincia anteriormente relacionados. Delegacións que se levarán a cabo pola Deputación a través do seu Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais. Debéndose, así mesmo, proceder á publicación no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia da presente aceptación de delegacións, tal como determina o meritado art. 7.2 "in fine". ------ Folla: 66,67 17.4015.- OPERACIÓN DE TESOURERÍA DO ORAL PARA ANTICIPOS A CONCELLOS EN 1997 Sr. Presidente.- Punto 17. Operación de Tesourería do ORAL para anticipos a Concellos en 1997. ¿Alguna intervención?. No la hay. ¿Votos en contra?. ¿Abstenciones?. Bloque. El resto votamos a favor. Visto o expediente tramitado polo Organismo Autónomo de Xestión de Recursos Locais (ORAL), así como certificación pola que se acredita que o Consello de Administración de dito Organismo Autónomo, en reunión celebrada o día 23 de decembro de 1996, acordou por unanimidade concertar unha Operación de Tesourería por importe de MIL CINCOCENTOS MILLÓNS DE PESETAS (1.500.000.000), para facer frente ós anticipos ós Concellos asociados, durante o exercicio de 1997. Visto así mesmo o informe de Intervención, unido ó expediente, de data 19-12-1996, que estima como máis beneficiosa das ofertas presentadas, a formulada polo Banco Bilbao Vizcaya, cun tipo de interese variable MIBOR a tres meses máis 0,025, sen gastos nin comisións. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e a abstención do BNG, aprobar e autorizar ó ORAL para concertar dita Operación de Tesourería co Banco Bilbao Vizcaya, nas condicións antes expresadas, por se-la máis vantaxosa das ofertas presentadas. Así mesmo acórdase facultar ó Iltmo. Sr. Presidente para a formalización deste acordo. ------ Folla: 67,69 18.4016.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE ESTATUTOS DO CONSORCIO PARA O SERVICIO CONTRAINCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO DEZA - TABEIRÓS Sr. Presidente.- Número 18. Aprobación do proxecto de Estatutos do Consorcio para o Servicio Contraincendios e Salvamento da Comarca do Deza-Tabeirós. Tiene la palabra por el Bloque D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, vamos a ver. Trátase de que primeiro se construiu un Parque Contraincendios e Salvamento, xa veu aquí, había aquel Convenio que poñía cartos a Xunta, a Deputación, etc., e agora temos que firmar ou bueno constituir un Consorcio para manter en funcionamento ese servicio. Ese servicio vai supoñer 18 millóns anuais á Deputación, 18 millóns á Consellería e 9 millóns ós Concellos afectados. ¿Estamos de acordo?. Bueno, non entramos nas cifras, nas coñecemos, non sabemos exactamente se podía ser doutra maneira, pero en principio en xeral podíamos estar de acordo. E polo tanto pois non teríamos moito que dicir. Pero é que hai unha segunda parte, que á parte a vivimos directamente os Concellos de Pontevedra, Cangas, Vigo, etc., que é que o Concello de Pontevedra por exemplo está pagando todo o coste do servicio de incendios cando cubre toda a zona. E nin os Concellos do lado poñen nada, nin a Deputación lle pon nada para que cubra ós Concellos do lado, xa sei que por Lei a partir dos 25.000 habitantes teñen que ter servicio, de acordo, pero os Concellos do lado sírvense del sen poñer nada, nada absolutamente nada. Entón, se esto é un paso para que esta Deputación na parte que lle corresponda, digamos ós Concellos limítrofes, a Pontevedra, Cangas, Vigo, e Vilagarcía creo que tamén, para soster ese servicio, absolutamente de acordo. Se esto é porque no Deza fan as cousas de determinada maneira ou teñen a capacidade que teñen e os demais vamos ter que estar soportando uns servicios en precario e á parte pagados absolutamente polos Concellos é un problema gravisimo como vostedes saben e houbo incluso casos de que porque un Concello non pagara o servicio se lle negou, non foi aquí, pero si sucedeu, creo que en Salamanca. Porque claro o Concello de Pontevedra está sostendo o servicio e despois tenno que prestar, ten que ir a todos lados, despois páganlle ou non lle pagan, unha verdadeira ruina ou ó Concello de Vigo ou outro polo estilo. Repito se este é un paso para que esta Deputación colabore en que haxa un servicio deste tipo en toda a provincia, creándoo novo neste caso, ou ben consorciando cos actuais, de acordo, absolutamente de acordo. Se esto é unha excepción soamente para o Deza a verdade é que en fin nos gusta bastante menos e entón nese caso nos absteríamos. Sr. Presidente.- Gracias, le puedo asegurar que al menos mientras esté este grupo de gobierno en esta casa cualquier proyecto de características similares y con el interés social que tiene, este será apoyado también por nuestro grupo. Por parte del PSOE. Sr. González Iglesias.- Si, Sr. Presidente la frase le quedó muy bien, pero la frase para pronunciarla y para que sea creíble hai que empezar a predicar con el ejemplo. Es decir, ahora mismo en esta provincia hay dos Parques de Bomberos que son Vigo y Pontevedra. Y que yo recuerde las colaboraciones hasta ahora de esta Institución fueron una escalera especial en el de Vigo, algo más en el de Pontevedra y, bueno, como en un momento determinado en esta casa se hizo un estudio sobre necesidades de parques de bomberos en la provincia, salían cuatro, creo recordar, salían cuatro parques y la colaboración con los bomberos portugueses y con eso se cubría toda la provincia. Bueno, el estudio se hizo, quedó en un cajón y ahí está. Nace este Parque, el Parque del Deza-Tabeirós, en función de ayudas de la Comunidad Europea, con participación del Ministerio de Administraciones Públicas, de la Diputación, de la Xunta, y de nadie más porque los Ayuntamientos, determinados Ayuntamientos en estas cosas prácticamente no ponen nada nunca. Yo mantengo una teoría personal y es que lo mejor que le podría ocurrir a la provincia de Pontevedra es que subdividiese en dos provincias, la del Deza, provincia aparte, quinta provincia de Galicia y el resto de la provincia. Porque eso nos llevaría a tener unos beneficios tremendos, tremendos, de verdad se lo digo, al resto de los ciudadanos de Pontevedra. Hombre, no es una anécdota, en el tema de playas del año pasado había 3.000.000 en Lalín. También hubo Lago de los Enamorados, etc., etc., o sea, de todo, de todo. Por eso soy cada día de los más convencidos de que lo mejor que le podría pasar a esta provincia es otra cosa. Pero bueno, ya entrando en el tema concreto. Hombre, yo, que la Diputación ponga 18 millones de pesetas cada año en este tema, la Xunta otros 18 millones y el resto de los Ayuntamientos que participan en el proyecto ponen 9 millones, cuando veo la composición del órgano rector, pues la verdad es que me extraña mucho. Es decir, porque la Diputación pone 18 millones y tiene dos representantes. Los Ayuntamientos que ponen entre todos 9 millones, cada Ayuntamiento tiene un representante. Bueno, pues ya me explicarán ustedes como va a ser el control de esa historia, porque claro si quién más pone es quién menos votos tiene al final dentro, resulta que cada año, porque este es el primer año, y el primer año son 18 millones de pesetas. Pero si el año que viene, hombre, de las necesidades del servicio, porque normalmente en este país quién no pone nada siempre pide mucho más. Y resulta que los que menos ponen van a decir que las necesidades son mayores, tienen más votos en el Consejo Rector, del órgano rector, por lo tanto, va haber más necesidades. Es decir, los 18 millones que en diez años son 180, es decir, estamos hablando de cantidades muy serias. Hombre, no parece muy lógico, a nosotros no nos parece muy lógico que ese sea el procedimiento a seguir. Y por otra parte lo que si nos parece lógico es desempolvar ese estudio que está en esta casa o volver a hacer otro, si da igual. Ver las necesidades reales de esta provincia y teniendo en cuenta que el 40% de la población de la provincia reside en municipios de menos de 20.000 habitantes que son los que tienen, vamos los mayores de 20.000 son los que tienen la obligación de tener el Parque y no lo tienen. Bueno, pues la Diputación que corra con parte de esos costes en toda la provincia, de esos cuatro o cinco parques que tendría que tener esta provincia y cada Ayuntamiento en función del número de habitantes con una parte. Y a partir de ahí yo me puedo creer la frase del Presidente, a partir de ahí. Pero yo no me puedo creer la frase del Presidente, que colaborará la Diputación, cuando en realidad como está ocurriendo aquí ahora sólo se va a colaborar en un sitio concreto y determinado, es decir, en el Deza con 18 millones. Hombre, miren, yo creo que si ustedes le plantean al Ayuntamiento de Pontevedra y al Ayuntamiento de Vigo, y hoy los gobierna el Partido Popular, con lo cuál ya no tendrán los problemas que tuvieron en tiempos para no dar subvenciones ni dinero, creo que estarían encantados esos Ayuntamientos. Yo creo que es que al final no es que estén encantados es que es lo lógico, hacer un proyecto provincial de este tema y no así. Desde luego nosotros en estas condiciones vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Si le hace caso a un compañero suyo de partido tendría que pedir tres provincias y no dos, porque Leri también quiere otra para Vigo sólo. Desde aquí de la Diputación, al menos este grupo de gobierno, como le dije antes, le repito, apoyará cualquier proyecto que se plantee en este sentido. Lo que no va hacer es encabezar esos proyectos o tomar la iniciativa cuando no es competencia directa de la misma. Pero le aseguro que si se presenta un nuevo proyecto será tenido en consideración. Y ya se habló de ello además. Pasamos a votación entonces del punto 18. ¿Votos en contra?. El PSOE. ¿Abstenciones?. El Bloque. El resto votamos a favor. Visto o "Proxecto de Estatutos do Consorcio para o Servicio Contraincendios e Salvamento da Comarca do Deza - Tabeirós", aprobado polo Consello da Xunta de Galicia en sesión celebrada o 26-12-96; e, visto o Documento RC emitido polo Servicio de Intervención, polo que se certifica que na partida 97/911.223-467.01 existe consignación por importe de DEZAOITO MILLÓNS DE PESETAS (18.000.000) para facer frente ó gasto, o Pleno acorda por maioría de votos do Grupo Popular, co voto en contra do PSOE e a abstención do BNG, aprobar ditos estatutos e autoriza-la participación desta Deputación no referido Consorcio cunha aportación de 18.000.000 de pesetas, facultando ó Ilmo. Sr. Presidente para posteriores actuacións no expediente. ------ Folla: 69,72 19.4017.- APROBACIÓN DO ACORDO DE INDEMNIZACIÓN A FAVOR DO ARRENDATARIO DO LOCAL BAR RIANXO NO BAIXO DO EDIFICIO DA RÚA PASANTERÍA Nº 4 DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Número 19. Aprobación do acordo de indemnización a favor do arrendatario do local bar Rianxo no baixo do edificio da rúa Pasantería nº 4 de Pontevedra. Por el Bloque interviene el Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Bueno, trátase de que no inmoble nº 4 da rúa Pasantería comprado por esta Deputación en maio do 91, posteriormente comprou o número 2, co cal xa ten toda a mazán. Pois neste nº 4 xa na escritura de compra aparece, hai un bar que está, vamos ten dereitos de alquiler, porque foi comprado á parte así, consta na escritura de compra desta Deputación, escritura que ten un montante de 30 millóns. O Edificio ese, nº 4, comprouse por 30 millóns no seu momento. Pois este bar ten uns dereitos de alquiler e agora o Patronato do Museo decide, parece ser, que se saque do medio a ese bar, se indemnice, hai que indemnizar e negocia-la indemnización, e polo tanto pagarlle que se vaia. A indemnización fixada son 18 millóns de pesetas que terá que pagar esta Deputación porque se vaia ese bar restaurante dese sitio. Nós non vamos a entrar nas valoracións, se esa cifra é alta ou é baixa, supoño que moi baixa non é, pero o que si vamos a entrar é noutro tema que nos parece máis de fondo e que afecta tamén á política dese Patronato do Museo que para esta Deputación é unha especie de arcano gardado con 50 chaves na que non nos enteramos absolutamente de nada e sempre nos veñen as cousas cocidas e non sabendo moi ben, non sabendo moi ben exactamente en razón de que se adoptaron eses acordos. Independentemente de que o Museo funcione mellor ou menos ben. Pero as decisións, nós pagamo-los cartos, asumimos as súas decisións e ó final pois sae o que sae. Nós ó tema de fondo. É dicir, un Museo que ten toda unha mazán, ten a tendencia e creo que é bo que haxa algún tipo de servicio dentro dese complexo, non hai ningún problema en que ese bar siga existindo aí. Todo o contrario creo que completaría o servicio do Museo dado que senón se crea un espacio moi desabrido sen que á parte está todo pechado, creo que é ben que teña certa vida, á parte do propio servicio do Museo que estea alí no medio ese bar. En todo caso se corta o baixo porque para unir co seguinte pois podía quedar só cunha entrada a unha rúa, que non pasaría absolutamente nada, se negociaba que os propietarios preferían quedar aí e tódolos que son clientes en Pontevedra pois tamén preferían porque xa coñecen onde está o bar, e está nunha ubicación privilexiada por estar dentro do Museo, etc. Ben, por aí nos vamos topar coa sorpresa de que dentro dun tempo suprimimos este bar, nos costa 18 millóns quitalo e despois nos topamos coa sorpresa de que dentro do Museo nos poñen unha maquinita de coca-cola e máis unha maquinita que expende sanwichs deses de plástico, porque hai que poñer algún servicio deste tipo. Entón non alcanzamos a entender as razóns para tomar esta decisión á parte tan costosa. Porque incluso na propia remodelación o propio propietario do bar, estaría disposto digamos a remodela-lo seu, ou sexa, que o Concello se quedaba sen ese espacio, se quedaba cun servicio anexo ó Museo pero se aforraba os cartos desa remodelación. Ou sexa se aforraba 18 millóns máis a remodelación. E non só nos parece a nós, e aquí é onde está o sorprendente, o absolutamente sorprendente, leo textualmente: Museo de Pontevedra. Informe sobre a necesidade de adquisición para el Museo Provincial del inmueble situado en el nº 4 de la calle Pasantería. No ha parecido oportuno a los integrantes del Patronato del Museo plantear la desaparición del bar que ocupa la planta baja de la construcción cuya adquisición se hace. Dos argumentos avalan esta postura. Las especiales características que concurren en este local, sin duda uno de los de más prestigio de Pontevedra, su desalojo podría repercutir ... O único informe que consta do Patronato do Museo é este, que eu vira, se cadra hai outro, agora este si consta. Quere dicirse que o Patronato do Museo creo que como calquera que teña sentido común nesta cidade e teña sentido común do que é o Museo, e lle aseguro que me asesorei con xente, non estou falando de memoria, falei con xente especialista en Museos e destas cousas, é absolutamente, non é que sexa prexudicial a presencia dun servicio destes senón que é absolutamente oportuna e beneficiosa. E de repente despois deste informe do propio Patronato do Museo nos aparecen agora que nos din teñen que, 18 millóns en votar ó do bar máis despois o que costa a rehabilitación dese baixo, cando non poderíamos gastar nada, nos quedabamos co servicio e o propio bar se encargaba da súa rehabilitación. É absolutamente sorprendente e a min que mo expliquen por algún lado porque eu non o dou entendido. E dende o outro día da Comisión me preocupei de falar co propietario do bar, me preocupei de falar con xente entendida nesto e a verdade é que non houbo ninguén que me dera explicado como demonio se pode plantexar esto cando estaba decidido precisamente todo o contrario polo propio Museo. E de repente o propio Museo cambia de criterio ou o técnico ou alguén que me explique que criterio ten o Museo, se cambia dun ano para catro, ou sexa, se hai catro anos resulta que era oportuno porque había moita actividade, agora que resulta que hai máis actividade xa non é oportuno. A min que mo expliquen porque razóns técnicas non hai. Se pode conectar deixando só unha cara sen ningún problema, se pode conectar por arriba, bueno tecnicamente hai miles de solucións. ¿Saben canto ocupa o bar?. ¿Cantos metros cadrados ocupa?. Menos de 100 reales. Fíxense vostedes vai a danar o conxunto xenérico do Museo por 100 metros. Que queda unha instalación absolutamente preciosa, un bar de prestixio á parte que ogallás siga sendo sempre alí dentro do complexo do Museo que non lle fai absolutamente ningún mal, todo o contrario, beneficia, como o propio informe do Museo di de que todos os Museos teñen este tipo de servizos precisamente para ser máis humanizados, que non sexan as cousas tan frías, tan distantes, tan fóra da vida cidadana normal. Esto é o informe. A verdade é que nós pediríamoslle que reconsideraran a decisión e senón votamos en contra. Sr. Presidente.- Gracias. Por parte del PSOE. D. Baltasar. Sr. García García.- Aquí hay dos temas a tratar. Uno es que sería bueno que los Diputados conociéramos el proyecto en su totalidad porque a veces conociendo el proyecto en su totalidad tenemos más elementos de juicio para emitir nuestro voto. Y el otro es el mantenimiento del bar Rianxo o el no mantenimiento del bar Rianxo. El proyecto presentado, por lo menos por la información que yo tengo, en líneas generales es bastante bueno, no justifica el mantenimiento del bar Rianxo y si es indiscutible que es una reliquia dentro de Pontevedra y que haría bonito, pero dentro de la armonía del Museo no es adecuado. Por lo menos así me lo han asegurado algunos técnicos con los cuales he hablado, arquitectos y profesionales del tema, en base a que después el bar, este bar se va a colocar en la Plaza de la Leña, yo creo allí a 18 metros justo de la entrada del Museo. Por lo tanto el que el Museo lo tenga dentro o lo tenga a 18 metros un bar o una cafetería creo que no es significativo, no justifica en absoluto el mantenimiento de un bar que si, que significa, que tiene una historia, tiene un cariño para Pontevedra y que podemos sentir que desaparezca pero lo que está claro es que si queremos un Museo, un Museo moderno, un Museo que responda a unas nuevas necesidades, tenemos que hacer algunos planteamientos en ese sentido. Nos parece excesivo los 18 millones que le dan, bueno pero claro, al arrendatario, porque tampoco es el propietario, sino al arrendatario del inmueble, pero en conjunto el Museo necesita ese espacio y necesita entenderlo como un todo y no como una rotura ahí en el medio por muy romántica que sea la idea que tenemos del bar Rianxo. El Partido Socialista aún al parecerle excesivo el dinero y reclamando el proyecto en su totalidad porque no, aunque nos tenemos que fiar de técnicos que nos asesoran, lo lógico es que veamos el proyecto y vamos a votar que si al tema. Sr. Presidente.- Gracias. Agradezco la posición del Grupo Socialista en este punto que compartimos o comparte nuestro criterio total y absolutamente. A mi me asombra la posición del Bloque, se lo digo con todo el cariño del mundo, en un tema que yo desde hace días, desde que sabía que venía este punto en el orden del día y como formo parte de ese Patronato también, pues me preocupé, yo creí que toda la problemática que se iba a plantear aquí, si la indemnización a pagar a este señor fuese elevada o no. Viene muy preparada, con una serie de números, justificando por qué, podemos tener cada uno su opinión, hay una serie de reglas o de procedimientos para determinar una indemnización de este tipo y al final ... Resulta que todo el problema que ya se había planteado en la Comisión evidentemente, es que es bueno mantener el Rianxo dentro del Museo. De verdad que me rompen ya los esquemas, claro después nos empieza a hablar de, a comparar con el ... de New York o con el Museo del Louvre que tienen que tener una cafetería dentro o un restaurante enxebre. Yo ya no se si a continuación habrá que poner una pulpeira en cada sala, pues sería más enxebre a lo mejor. Creo que nuestra idea no va por ahí por lo que veo y me alegro la del PSOE tampoco. Por lo tanto nosotros, ¿quiere intervenir?. Yo ya terminé, gracias. Sr. Mosquera Lorenzo.- Mire, vamos a ver. ¿Como vamos a discutir de cifras cando estamos falando de aforrarlle a esta casa 25 millóns?. Me dá igual que lle poñan 12, que lle poñan 10, que lle poñan 7, que lle poñan 25, primeira cuestión. Entón non me veña con que non discutimos de cifras, claro que non discutimos de cifras. En segundo lugar o que lin antes é un informe do Museo, do Patronato do Museo, está aí no expediente, está aí no expediente e di textualmente, e repítolle a ver, claro porque me di que o Bloque ten postura, repito e perdón pola repetición. Sr. Presidente.- Le ruego que no repita, ya lo leyó antes. Y además es que me olvidé de contestarle eso. Si quiere le contesto y después le vuelvo a dejar hablar. Mire, usted sabe como yo que las verdades a medias son muchas veces una mayor mentira. Usted sabe que ese informe del Patronato y si vió el expediente lo sabe, fue modificado posteriormente. A medida que evolucionó eso y tiene más de cuatro años ese informe del Patronato. Usted lo sabe, por lo tanto dígalo también. El Patronato desde hace cuatro años ha tenido muchas más reuniones, ha habido muchos más proyectos, ha presentado ese proyecto y el Patronato ahora ha cambiado radicalmente esa cuestión, no ahora, hace ya casi tres años, vamos, no de ahora, incluso antes de que entrásemos nosotros aquí, ya había cambiado esa posición. Pero es que además tiene informes técnicos de todo tipo, o sea, ya no sólo el Patronato que ha cambiado hace ya tres años, sino el Arquitecto Provincial nos dice que por motivos de coherencia, de capacidade, de tratamiento uniforme y hasta de seguridad, no es bueno que esté ese bar allí. Es querer plantear ya, es querer oponerse por oponerse, pero bueno, allá ustedes. Sr. Mosquera Lorenzo.- Exactamente opoñémonos igual que o Patronato hai catro anos. Dixen que era de hai catro anos, díxenno, ou sexa, que non lle ocultei nada. Tal como acontece nos grandes museos o propio bar restaurante, repito, podemos aforrar bastantes cartos e ter todos eses problemas que se din aí non hai ningún, ningún que resista a máis mínima crítica, ningún. O falamos o outro día na Comisión e se quere o repetimos, 100 metros cadrados se poden unir nunha sóa rúa, se queren blindaos, como queira, é igual de segura unha parede de fóra que unha de dentro, non hai exactamente para nada ese problema. Tomaron esa decisión e vostede estaba no Patronato, alegraríame, alegraríame, desde logo, agradecería moitisimo que de vez en cando informaran porque nós non sabemos absolutamente nada, alá cociñan, o traxinan, hai catro anos era fundamental para ter un Museo grande ou te-lo propio bar restaurante, agora xa é calamitoso para ter un Museo que será máis grande que hai catro anos e que co tempo que pasou vai a favor desto, pero bueno, pois parece que é calamitoso deixa-lo bar restaurante aí, co cal pois, nos aforraríamos un bo pico de millóns, nos aforraríamos un bo pico de millóns. Eu creo que está clarisimo. Nada máis. Sr. Presidente.- Pasamos a votar. ¿Votos en contra?. Bloque. ¿Abstenciones?. No hay. Resto, votamos a favor. Gracias. Visto o expediente tramitado ó efecto, en relación coa proposta de acordo entre o Museo de Pontevedra e D. Ramón Agrelo Figueira, arrendatario do baixo do Edificio nº 4 na rúa Pasantería de Pontevedra, tendo instalado en dito local e é propietario do "BAR RIANXO", para que dito arrendatario poida abandonar e deixar expedito o baixo do citado inmoble, previa indemnización a dito arrendatario da cantidade de DEZAOITO MILLÓNS DE PESETAS (18.000.000), co fin de que o Museo de Pontevedra poida aumentar unha planta máis a súa capacidade, sendo o acordo e outros anteriores ratificado polo Patronato de dito Museo, por unanimidade, en reunión extraordinaria celebrada o día 7 de novembro de 1996, segundo escrito de data 8/11/1996 que se une ó expediente. Vistos así mesmo: o informe favorable do Sr. Arquitecto desta Deputación de data 26/12/1996; o Documento RC expedido por Intervención da rentación de crédito por DEZAOITO MILLÓNS DE PESETAS (18.000.000) para atender ó aboo de dita cantidade; e por último, visto o informe favorable emitido polo Sr. Vicesecretario Xeral desta Deputación, de data 21 de xaneiro do ano en curso, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión de Economía, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e co voto en contra do BNG: - Aproba-la proposta de acordo entre o Museo de Pontevedra e D. Ramón Agrelo Figueira, arrendatario do local no baixo do edificio nº 4 da r/Pasantería de Pontevedra, tendo instalado no local e sendo propietario do BAR RIANXO, para poder deixar libre e expedito dito local a favor do Museo de Pontevedra, previa a indemnización ó arrendatario da cantidade de DEZAOITO MILLÓNS DE PESETAS (18.000.000), e que o baixo "abandonaría e deixaría expedito no prazo de quince días seguintes ó efectivo pagamento da cantidade indicada", nos termos que figuran en dito acordo unido ó expediente. - Así mesmo, acórdase que o crédito de 18.000.000 de pesetas, (Documento RC expedido por Intervención), que figura na partida 96/432.451.632.03, sexa incorporado ó exercicio de 1997. - Por último, facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente desta Deputación, para levar a cabo cantos trámites posteriores sexan necesarios, para a formalización do presente acordo. ------ Folla: 72 20.4018.- SOLICITUDE DE COMPATIBILIDADE DE FUNCIONARIO PÚBLICO PARA O EXERCICIO DE ACTIVIDADES NO SECTOR PRIVADO Sr. Presidente.- Punto 20. Solicitude de compatibilidade de funcionario público para o exercicio de actividades no sector privado. ¿Hay intervencións?. Pasamos a votar. ¿Votos en contra?. Bloque. ¿Abstencións?. La solicitude de compatibilidad. ¿En contra?. En contra Bloque y PSOE. El resto votamos a favor. Visto o escrito presentado no Rexistro Xeral desta Excma. Deputación Provincial pola funcionaria Dona Belén Núñez Portela, Auxiliar de Admón. Xeral adscrita a Vías e Obras, interesando a compatibilidade do seu posto de traballo coa realización de actividades no sector privado como Auxiliar Administrativo, con fundamento no art. 4 do RD 861/86 de 25 de abril e art. 126.3 e 4 do RD 781/86 de 18 de abril, o Pleno acorda por maioría de votos do Grupo Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG, acceder ó solicitado e declarar compatible o desempeño do seu posto de traballo coa prestación de servizos no sector privado, tendo en conta que esta actividade poderá exercela fóra do horario de traballo ó que está sometida, sempre e cando non menoscabe nin repercuta no seu rendemento funcional. ------ Folla: 72,74 21.4019.- CONVENIO DE COLABORACIÓN INEM-DEPUTACIÓN PROVINCIAL 1997 DESTINADO Ó PLAN DE ORGANIZACIÓN DE ARQUIVOS MUNICIPAIS Sr. Presidente.- Punto 21. Convenio de colaboración INEM-Deputación Provincial 1997 destinado ó plan de organización de Arquivos Municipais. Por el Bloque. ¿Alguna intervención?. No hay. Por el PSOE. Sr. González Iglesias.- Si, bueno, vamos a ver, incluso para anunciar que vamos a cambiar en el sentido del voto tal como hicimos en Comisión. Y explico el por qué. Vamos a ver desde hace, creo recordar desde el año 81-82, la Diputación empezó a asumir la tarea de poner al día los Archivos Municipales de los diferentes Ayuntamientos de la Provincia, Archivos que llevaban pues toda la vida sin tocarle para nada. A partir del año 86, me parece que fue, se siguió este trabajo con convenios con el INEM, convenios en los que el INEM ponía pues prácticamente todo, igual que ponen en el que aparece de aquí, o sea, este son 12 millones y pico de pesetas que pone el INEM, paga al 100% todo y la Diputación paga el desplazamiento a los Ayuntamientos de las personas, que son 450.000 pesetas el coste de la Diputación en total. Bien, y hasta ahí no tendríamos nada más que decir, seguiríamos votando a favor como en otras ocasiones, pero resulta que viendo el expediente lo que ocurre es que se vuelve a ir, se vuelve a iniciar la ronda de volver a los Ayuntamientos en los que ya se estuvo poniendo los Archivos al día. Y eso ni es la labor fundamental de la Diputación a nuestro entender, si el de colaborar pero no el de hacer el trabajo, ni es la función principal de los convenios con el Instituto Nacional de Empleo. Es decir los convenios con el Instituto Nacional de Empleo son para dar salidas profesionales pero que al mismo tiempo tengan una continuidad en el trabajo ya con contratos fijos o con una espectativa de creación de puestos de trabajo. Al volver a repetir a los mismos Ayuntamientos, lo que se hace es que la Diputación hurta la parte principal, la parte más importante de los convenios con el INEM y sigue haciendo un trabajo que los Ayuntamientos están dejando de hacer pues porque es mucho más cómodo, porque hay otra institución que lo haga. Nosotros no vamos avalar con nuestro voto esta fórmula, para nada. Y lo que si planteamos y ya hemos planteado en otros años también es que la Diputación haga otros convenios diferentes con el INEM. Ahora esto creemos que es un trabajo cuya labor principal que era poner al día los últimos 50 años de los diferentes Archivos, está hecha, se puso al día, y a partir de aquí cada Ayuntamiento que mantenga su Archivo. Y si hay algún Ayuntamiento que no pueda, hombre, pues se le puede dar una subvención o no se que. Pero seguir haciendo el trabajo constantemente y continuamente, nosotros entendemos que no es la labor de la Diputación, por lo tanto, votamos en contra. Sr. Presidente.- Gracias. Recordarle simplemente que este convenio tiene más partes, no sólo organización de Archivos Municipales de una serie de Concellos, organización de fondos documentales de Juzgados de Paz, incluso la colaboración en informatización en materias similares. Sr. González Iglesias.- Lo dice claramente, lo de los Juzgados de Paz allí donde de tiempo. Es decir la parte principal son Archivos Municipales y es el título del convenio además. Sr. Presidente.- Pasamos a votar. ¿Votos en contra?. PSOE. ¿Abstenciones?. El resto votamos a favor. Bloque a favor. Resultando que no expediente tramitado a proposta do Sr. Arquiveiro - Bibliotecario desta Excma. Deputación Provincial, promóvese a formalización dun Convenio de Colaboración entre o INEM e este Organismo Provincial, destinado ó Plan de Organización de Arquivos Municipais 1997, coa finalidade de contratar laboral e temporalmente por tempo de cinco meses a nove Licenciados en Letras con experiencia en arquivística e catro Auxiliares Administrativos para a elaboración mecanográfica de invendarios e catálogos, fixándose como data da iniciación 01-01-97. Resultando que de conformidade coa Orde do 02-03-94, corrección de erros BOE 29-03-94 e RD 2225/93 do 17 de decembro, o INEM subvencionará os salarios totais da obra ou servicio (soldo e parte proporcional das pagas extras), incluída a cuota empresarial da Seguridade Social, consonte ó establecido no Convenio Colectivo ou norma sectorial de aplicación (Oficinas e Despachos) cuantificados en DOCE MILLÓNS OITENTA E CINCO MIL SETENTA E CINCO PESETAS (12.085.075). Considerando que o resto dos conceptos retributivos, como plus de transporte, financiaranse pola Corporación Local, o Sr. Arquiveiro Bibliotecario calcula os gastos de desprazamento do persoal ós diferentes Concellos da provincia en CATROCENTAS CINCUENTA MIL PESETAS (450.000). Considerando todo o expresado, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e o voto en contra do PSOE, aproba-lo expediente de referencia nos termos sinalados, debéndose remitir certificación deste acordo ó INEM para o seu debido coñecemento e efectos. De prospera-lo presente Convenio a selección de Persoal levarase a cabo polo INEM, quen examinada a documentación presentada polos interesados proporá a esta Excma. Deputación Provincial a formalización co Ilmo. Sr. Presidente dos citados contratos laborais para obra ou servicio determinado. Queda facultada a Presidencia para tramita-la formalización dos contratos e executar este acordo destinado á ordenación dos arquivos municipais seguindo a proposta do Sr. Arquiveiro Provincial. Por último, tamén se acorda que o Sr. Arquiveiro Bibliotecario se encargue de dirixi-lo persoal contratado, coordina-los traballos dos arquivos municipais e supervisa-las actividades, sen prexuízo das superiores atribucións que, como Xefe Superior de todo o persoal corresponde ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial. ------ Folla: 74,75 22.4020.- APROBACIÓN DA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 1997 Sr. Presidente.- Punto 22. Aprobación da oferta de emprego público 1997. Por el Bloque no hay intervenciones. Por el PSOE, D. Baltasar. Sr. García García.- Simplemente para anunciar nuestro voto negativo a la oferta de empleo público y bueno, no es realmente que haya una ampliación de partida, simplemente es que se va a confirmar en el puesto de trabajo a aquellos que están trabajando ya. Espero que se haga por un sistema de oposición libre o concurso oposición libre, que no sea por un concurso. Pero nosotros vamos a votar en contra de esta oferta de empleo público porque no ... Sr. Presidente.- Gracias. Como sabe la oferta de empleo público es una obligación legal que tienen todas las Administraciones de presentar dentro del mes siguiente a la aprobación de los presupuestos y es simplemente la relación de las vacantes dotadas presupuestariamente. Pasamos a votar. ¿Votos en contra?. PSOE y Bloque. ¿Abstenciones?. No hay. El resto votamos a favor. Aprobado o Presuposto Provincial 1997 polo Pleno da Corporación Provincial celebrado o 12-12-96, en cumprimento do disposto no art. 128 do TRRL e de conformidade co establecido no art. 70.5 do ROF, art. 9 e 33 do LBRL, así como Lei 12/96 de 30 de decembro e art. 18 de LRFP, o Pleno acorda por maioría de votos do Grupo Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG, aproba-la oferta de emprego público 1997 coas seguintes prazas e postos de traballo. OFERTA EMPREGO PÚBLICO 1997 A) FUNCIONARIOS DE CARREIRA GRUPO ART. 25 L 30/84 CLASIFICACIÓN NÚMERO DENOMINACIÓN D Escala Admón. Xeral. Subescala Admón Xeral. Clase Auxiliar. 1 Aux. Admón. Xeral E Escala Admón. EspecialSubescala Servicios Especiais. Clase Persoal de Oficios. 1 Axudante Puericultor E Escala Admón. Especial. Subescala Servicios Especiais. Clase Persoal de Oficios. 1 Operario B) PERSOAL LABORAL NIVEL TITULACIÓN DENOMINACIÓN POSTO NUMERO VACANTES Licenciado Xeografía e Historia Licenciados Arquivos Municipais 2 Licenciado Ciencias Biolóxicas Biólogo 2 Enxeñeiro Técnico Agrícola Perito Agrícola 1 FP-2 Laboratorio Rama Química Analista Laboratorio 2 FP-2 Laboratorio Rama Sanitaria Analista Laboratorio 1 ------ Folla: 75,77 23.4021.- CONVENIO EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA- FUNDACIÓN EMPRESA UNIVERSIDADE GALEGA. PROXECTO: DESENVOLVEMENTO E POSTA A PUNTO DE TÉCNICAS NIR PARA ANÁLISE DE ALIMENTOS E FORRAXES Sr. Presidente.- Punto 23. Convenio Deputación-FEUGA. Proxecto de desenvolvemento e posta a punto de técnicas NIR para análise de alimentos e forraxes. ¿Alguna intervención?. Pasamos a votar. ¿Votos en contra?. ¿Abstenciones?. No hay. Todos a favor. Visto o informe do Enxeñeiro Director do Servicio Agrario, o informe emitido pola Intervención, así como o dictame favorable da Comisión Informativa de Agricultura, Gandería, Montes e Industria, o Pleno acorda por unanimidade, aproba-lo Convenio Excma. Deputación de Pontevedra-Fundación Empresa Universidade Galega. Proxecto: Desenvolvemento e posta a punto de técnicas NIR para análise de alimentos e forraxes, (2ª parte), que é o seguinte: "Pontevedra, 1 xaneiro de 1997 REUNIDOS Por unha parte, D. Manuel Abeledo López, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, asistido polo Secretario Xeral, en nome e representación da mesma. Por outra parte, D. Darío Villanueva Prieto, Rector Magnífico da Universidade de Santiago de Compostela, deica en diante USC. Por outra parte, D. Manuel Balseiro González, Director Xeral da Fundación Empresa Universidade Galega, de aquí en diante FEUGA, con domicilio social na rúa da Conga, Casa da Concha, Santiago de Compostela. EXPOÑEN PRIMEIRO.- Que a USC é unha entidade que desenvolve actividades de investigación, docencia e máis desenvolvemento científico e tecnolóxico. SEGUNDO.- Que FEUGA ten como fins primordiais que se recollen nos estatutos os de canalizar recursos destinados á investigación e á docencia dende e cara á Universidade. TERCEIRO.- Que a Deputación Provincial de Pontevedra está interesada na colaboración da USC para a realización do proxecto "DESENVOLVEMENTO E POSTA A PUNTO DE TÉCNICAS NIR PARA ANÁLISES DE ALIMENTOS E FORRAXES" (2ª parte). ESTIPULACIÓNS PRIMEIRA.- O obxecto do presente contrato consiste en regula-la colaboración entre a USC e maila Deputación de Pontevedra para realiza-los traballos que figuran no ANEXO e que se refiren ó DESENVOLVEMENTO E POSTA A PUNTO DE TÉCNICAS NIR PARA ANÁLISE DE ALIMENTOS E FORRAXES (2ª parte). SEGUNDA.- A USC acepta realizar estes traballos de acordo co plan de traballo, o persoal e o presuposto de gastos. TERCEIRA.- FEUGA acepta participar como xestor económico, segundo os termos que se especifican no presente contrato. CUARTA.- Como contraprestación para realizar este traballo, a Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a aboarlle a FEUGA a contía dun millón trescentas oitenta mil (1.380.000) pesetas/ano, impostos incluídos, e que se porán a disposición de FEUGA da maneira seguinte: - Ano 1997: trescentas corenta e cinco mil (345.000) pesetas cada trimestre do ano. - Ano 1998: trescentas corenta e cinco mil (345.000) pesetas cada trimestre do ano. QUINTA.- O proxecto desenvolverase baixo a dirección do profesor D. José Luis Rodríguez Otero, do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía da USC, quedando claramente definidas as responsabilidades mailo plan de traballo na memoria que se inclúe no ANEXO. SEXTA.- O proxecto durará dous anos. SÉTIMA.- A investigación do presente contrato poderá interromperse polas causas seguintes. a) Por mutuo acordo das partes contratantes, ben porque se consideren os traballos rematados antes do período que se indica, ben por calquera outra causa. b) Se os resultados ou expectativas de resultados non son boas, a Deputación Provincial de Pontevedra poderá interrompe-lo acordo unilateralmente. c) Cando o impagamento do prezo por parte da Deputación Provincial de Pontevedra dea conformidade ó prescrito na cláusula cuarta deste documento. En calquera caso, a USC entregaralle á Deputación Provincial de Pontevedra un informe dos resultados obtidos ata que se interrompan os traballos. OITAVA.- Ámbalas partes recoñecen que a propiedade industrial dos resultados da investigación e da asesoría técnica deste proxecto lle corresponderá á Deputación Provincial de Pontevedra. NOVENA.- A propiedade intelectual dos resultados da investigación e do asesoramento técnico corresponderalles ós investigadores e ós técnicos que interviñesen directamente no programa específico de investigación ou de asesoría técnica, polo que reservan o dereito de publicación dos traballos realizados. DÉCIMA.- No caso de que a Deputación Provincial de Pontevedra non manifeste interese polos resultados patentables que se orixinaron no proxecto nos seis meses seguintes á data de obtención dos mesmos, a USC disporá deles e decidirá se protexe ou fai explota-los ditos resultados. DÉCIMOPRIMEIRA.- O incumprimento de calquera das obrigacións contraídas polo presente Convenio por unha das partes facultará á outra parte a rescindi-lo mesmo, quedando automaticamente anulados tódolos dereitos correspondentes sobre o obxecto de investigación. DÉCIMOSEGUNDA.- A Deputación Provincial de Pontevedra declara coñece-lo carácter de Entidade de Dereito Público que posúe a USC, e, en consecuencia, a aplicabilidade das normas do Procedemento Administrativo á mesma. No seu caso, as partes contratantes someterán as diverxencias que se puidesen presentar en orde á interpretación ou cumprimento do presente contrato á xurisdicción contencioso-administrativa. DÉCIMOTERCEIRA.- Este documento poderá elevarse a escritura pública a petición de calquera das partes contratantes pola súa conta, ou cando o esixa así a lexislación vixente. Tendo lido o presente acordo por sí mesmo e estando conformes, asínano por triplicado e a un só efecto. Pontevedra, 1 de xaneiro de 1997 Deputación Provincial USC FEUGA de Pontevedra M. Abeledo López D. Villanueva M. Balseiro ------ Folla: 77,79 24.4022.- CONVENIO ASISTENCIA TÉCNICA ENTRE O SERVICIO AGRARIO A TRAVÉS DA ESTACIÓN DE FITOPATOLOXÍA DE AREEIRO DA EXCMA. DEPUTACIÓN E A EMPRESA NACIONAL DE CELULOSAS, S.A. [ENCE] Sr. Presidente.- Punto 24. Convenio asistencia técnica entre o Servicio Agrario a través da Estación de Areeiro da Deputación e Celulosas. ¿Intervenciones?. No hay. ¿Votos en contra?. No hay. ¿Abstenciones?. Bloque y PSOE. El resto votamos a favor. Visto o informe do Enxeñeiro Director do Servicio Agrario, así como o dictame favorable da Comisión Informativa de Agricultura, Gandeiría, Montes e Industria, o Pleno acorda por maioría de votos do Grupo Popular e coas asbtencións do PSOE e do BNG, aproba-lo Convenio de Asistencia Técnica entre o Servicio Agrario a través da Estación de Fitopatoloxía de Areeiro da Excma. Deputación de Pontevedra e a Empresa Nacional de Celulosas, SA., que é como segue: Pontevedra, de xaneiro de 1997 REUNIDOS Por unha parte D. MANUEL ABELEDO LÓPEZ, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra. Por outra parte D. GABRIEL TOVAL HERNÁNDEZ, con DNI nº 24.705.074, Director de Investigación da Empresa Nacional de Celulosas, S.A. (en diante ENCE), con sede social en Madrid, Avda. de Burgos nº 8 bis, con CIF A-28212264, en representación da mesma, en virtude das facultades outorgadas polo Consello de Administración de ENCE de 20 de setembro de 1995 e elevado a público perante o notario de Madrid, D. Antonio Linage Conde, o 28 de novembro de 1995, co nº 2467 do seu protocolo e inscrito no Rexistro Mercantil de Madrid o 11 de xaneiro de 1996, co nº 466. Ámbalas partes recoñécense mutuamente capacidade xurídica suficiente para subscribiren no nome das súas respectivas entidades o presente documento e para o efecto. EXPOÑEN PRIMEIRO.- Que, constatada a presencia de Gonipterus scutellatus en diversas zonas de Galicia e tendo en conta que a Estación Fitopatolóxica do Areeiro dispón das técnicas e elementos necesarios para a loita biolóxica contra o referido insecto, durante o ano pasado 1996 mantívose un convenio entre a devandita Estación e Norte Forestal, S.A. (en diante NORFOR), empresa filial de ENCE. SEGUNDO.- Que ámbalas partes consideran necesario prosegui-las actuacións de expansión do parásito Gonipterus scutellatus, Anaphes nitens, dentro das masas de Eucaliptus de Galicia, co fin de facer efectivo o labor iniciado. TERCEIRO.- Que dado que Phoracantha Semipunctata acada niveis de praga en montes de Eucaliptus nas rexións áridas e semiáridas de Península Ibérica e que é posible desenvolve-la loita biolóxica co seu parásito específico Avetianella longoi, con técnicas semellantes ó caso de Gonipterus, considérase necesario levar a cabo un proxecto de investigación para poñer a punto tódalas técnicas referentes á loita biolóxica. CUARTO.- Que ENCE está interesada en expandi-la loita biolóxica de ámbalas especies fóra do ámbito de Galicia, especialmente no S.O. español, para o que é necesario formar a persoal propio nas devanditas técnicas, asi como dispor de instalacións adecuadas en Huelva. QUINTO.- Que ENCE iniciou os trámites perante o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) dun proxecto de investigación concertado sobre "Loita biolóxica de insectos que atacan ó eucalipto en España", co obxecto de obter financiamento para o mesmo. Por todo iso, ACORDAN Subscribi-lo presente Convenio que se rexerá de acordo coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- Obxecto do Convenio O obxecto do presente Convenio é desenvolve-las técnicas necesarias para criar, multiplicar, comproba-la eficacia como parásito e dispo-los medios necesarios para, ó remate do proxecto, poder estar en condicións de producir de forma masiva Anaphes nitens e máis Avetianella longoi, parásitos de Gonypterus scutellatus e Phoracantha semipunctata, respectivamente, tanto en Galicia coma no S.O. español. SEGUNDA.- Duración do Convenio A duración do presente convenio é de TRES ANOS, contados a partir do 1 de xaneiro de 1997. TERCEIRA.- Aportación da Estación Fitopatolóxica do Areeiro Mentres dure o Convenio, a Estación Fitopatolóxica do Areeiro comprométese a: a) Subministrarlle a ENCE as ootecas que cumpra de Anaphes nitens para consegui-la expansión do parásito e o control efectivo de Gonipterus scutellatus en Galicia. Nunha primeira estimación considérase que son necesarios un mínimo de 1.250 ootecas por ano. b) Seguir e controla-los niveis de parasitación de Gonipterus en Galicia e en base a este determina-las cantidades exactas de ootecas de Anaphes que hai que producir cada ano. c) Segui-lo avance do insecto dentro das masas de eucalipto da Península Ibérica, e, en base ós datos que se recaben, deseña-los plans de actuación da loita biolóxica a nivel do territorio español. d) Pór a punto as técnicas necesarias para a cría en catividade de Phoracanta semipunctata, e, unha vez que se determinen estas, tentar acadar un nivel óptimo, e, asemade, desenvolve-las mesmas técnicas para o parásito Avetianella longoi e proceder á producción de ootecas parasitadas para espallalas polos montes afectados. e) Capacitar ó persoal de ENCE para desenvolve-las técnicas da secuencia completa que permite obte-los parásitos das dúas especies obxecto deste Convenio. f) Subministrarlle a ENCE as especificacións que cumpra para construíren as instalacións adecuadas para produci-los parásitos a grande escala co fin de desenvolve-la loita biolóxica nas masas de eucalipto do S.O. español. CUARTA.- Aportacións de Ence Mentres dure o Convenio ENCE comprométese a: a) Destinar dous empregados da súa filial NORFOR ás dependencias da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, durante tres anos, co horario de traballo do dito Centro e baixo as ordes do director da Estación para colaboraren nos labores obxecto do presente Convenio. Os gastos das devanditas persoas (soldo, seguros sociais, etc.) correrán por conta de ENCE. b) Ingresar na conta correspondente da Deputación de Pontevedra a contía de dous millóns duascentas cincuenta mil (2.250.000) pesetas, en tres anualidades de oitocentas cincuenta mil pesetas (850.000) cada unha, para cubri-los gastos do funcionamento, o material funxible e mailos desprazamentos que deriven dos traballos que se citaron na cláusula TERCEIRA. c) Ingresar durante o primeiro ano e dunha sóa vez na conta que corresponda da Deputación de Pontevedra a cantidade de catro millóns (4.000.000) de pesetas para o material invendariable destinado á cría de insectos na Estación Fitopatolóxica do Areeiro. d) Colaborar, a través do persoal do Centro de investigación así como do da súa filial forestal NORFOR, para segui-lo avance de Gonipterus nos traballos de campo, necesario para controla-las taxas de parasitismo no subministro de insectos adultos de Phoracanta e de Gonipterus, no subministro de trozas de madeira de eucalipto que cumpra para a cría de insectos, para segui-la distribución dos parásitos polos montes e máis en todos aqueles labores que se consideren, de maneira conxunta, necesarios para o desenvolvemento e fin do proxecto. QUINTA.- Ámbalas partes sométense á xurisdicción dos Xulgados e Tribunais de Pontevedra para as posibles diverxencias que puidesen xurdir como consecuencia deste Convenio. E, como proba de conformidade, ámbalas partes asinan o presente documento por duplicado e para un só efecto no lugar e na data que figuran ó principio. POLA EMPRESA NACIONAL POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE DE CELULOSAS, S.A. PONTEVEDRA D. Gabriel Toval Hernández D. Manuel Abeledo López ------ Folla: 79,82 25.4023.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Punto 25. Comunicaciones. Sr. Secretario.- Resolución delegando en el Vicepresidente D. Julio Pedrosa Vicente la presidencia del Pleno como consecuencia de la asistencia del Presidente a FITUR. Resolución de que durante la ausencia de los días 11 al 22 del mes de xaneiro, delegar en el Vicepresidente D. Miguel Domínguez Vaz, la substitución en sus funciones. Extractos de Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 23 de diciembre del 96 y el 25 de xaneiro del 97. Y extractos de Resoluciones Presidenciales también desde el 25 de noviembre al 21 de diciembre. Sr. Presidente.- Gracias. Queda enterado o Pleno das seguintes comunicacións: - De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas entre o 25 de novembro de 1996 e o 25 de xaneiro de 1997. - De Resolución Presidencial designando a D. Miguel Domínguez Vaz substituto da Presidencia, con motivo da viaxe oficial do Presidente á República Arxentina, entre os días 11 ó 22 de xaneiro de 1997. - De Resolución Presidencial delegando en D. Julio Pedrosa Vicente as atribucións e Presidencia deste Pleno ordinario, por ter que asisti-lo Presidente en Madrid ós actos do "Día de Galicia", con ocasión da celebración de FITUR-97. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia, tratáronse os seguintes asuntos: Sr. Presidente.- Mociones. La moción del BNG firmada por Dona Ana Gandón. La defiende. Queda pendiente. Perfecto. Se agradece. De acuerdo. Existen dos mociones más. Una del Grupo Popular y otra del PSOE. Como está presentada antes la del Grupo Popular doy lectura a la misma. ¿Estaba en la carpeta?. Pero si da lo mismo, pero si no hay ningún problema. Si mi intención es sacar una conjunta entre todos los grupos, yo creo que es lo que interesa. Propondría eso a ser posible. Por eso la nuestra es de lo más ética posible, teniendo en cuenta que tiene el tema de que se trata, el conflicto entre los transportistas de Pontevedra y la empresa TAFISA. En este sentido el grupo provincial del Partido Popular propone al Pleno la siguiente moción: En relación con los sucesos acontecidos en los últimos días entre los trabajadores transportistas autónomos y la empresa TAFISA, el Grupo Popular quiere manifestar su total preocupación por los hechos derivados del conflicto existente entre las partes enfrentadas. Este grupo provincial tiene conocimiento que en el día de la fecha el Subdirector General de Transportes de la Xunta de Galicia se desplazará a Pontevedra para intentar llegar a un acercamiento entre las partes en conflicto por lo que este Grupo Popular quiere prestar su apoyo a los posibles acuerdos que se adopten una vez mantenidas esas conversaciones. Por lo que este Grupo Popular propone al Pleno de la Corporación se tome un acuerdo para hacer un llamamiento tanto a los transportistas autónomos como a los directivos de la empresa TAFISA para que a través del diálogo alcancen con la mayor celeridad posible un acuerdo que satisfaga las pretensiones de las partes implicadas. Yo si ustedes quieren podemos consensuar este texto, como podemos pasarlo a votación directamente. Por parte del Bloque. Sr. Mosquera Lorenzo.- Vamos a ver Sr. Pedrosa, Partido Popular. Vamos a ver. Sacar unha moción nestes momentos que non faga referencia ás intencións de pecha-la fábrica TAFISA, que non faga referencia á paulatina da fábrica que no sostemento que está baixo mínimos e neste caso de intentar desfacerse dos transportistas, e que non faga referencia á violencia utilizada polas forzas de orde público, e que se quede unha preocupación, preocupación, estamos todos moi preocupados, pero oia eso non di nada, eso non di absolutamente nada, e non o poden facer por un motivo, porque primeiro vostedes estiveron negociando, e aí están as hemerotecas, estiveron negociando o peche da fábrica. En segundo lugar, e como onte se demostrou no Pleno de Pontevedra, non están dispostos a utilizar a fondo os instrumentos que teñen na man, neste caso instrumentos urbanísticos, a empresa o único que pretende é negociar cuns terreos moi ben ubicados, nestes momentos están catalogados que valen nada e entón a través deso se podía presionar á fábrica dunha maneira moi clara. Pois parece non descafeinado senón, como dixen onte tamén no Pleno de Pontevedra, é leite sen café, nin tan sequera con café descafeinado. É evidente que se vostedes estiveron negociando coa fábrica o seu desmantelamento, a todo esto unha fábrica que é rentabel, que é rentabel, o que pasa que é máis rentabel seguir sacándolle beneficio á fábrica noutro lado e especular cos terreos, unha fábrica que é rentabel. Vostedes estiveron negociando o seu desmantelamento e vostedes foron os que mandaron ás forzas de orde público a dar leña que é a manifestación dos camioneiros, era absolutamente pacífica, estaba nunha acera, porque se podía entender se tiveran pinchando rodas, se tiveran facendo cousas dese tipo, non estaban facendo nada deso, absolutamente nada deso. Pois queren agora saír ó paso, inverti-la situación, lava-la cara, cunha manifestación de que están preocupados. Oian, garden un pouquiño as formas, esto desde logo é unha tomadura de pelo a toda a cidadanía de Pontevedra en canto que non fai nada en relación á fábrica e moito máis ó colectivo de camioneiros que onte sofriron unha tunda coma destas que non se recordan hai tempo. Mire vostede, desde logo non estamos dispostos a ... neses termos. Se o faláramos antes, é moi tarde, se quere falámolo pero entón haberá que cambiarlle os termos pero bastante drasticamente, bastante drasticamente, vamos. Se queren que intentemos negociar un texto alternativo non temos ningún problema, pero desde logo eso de manifesta-la preocupación, ya estamos en el tema, non, xa estiveron antes, xa estiveron antes cando sae na prensa que se a cambio deso un parquecito ou non sei que, a cambio da fábrica, ou cando estiveron antes, cando mandaron as forzas de orde público a dar leña. Estiveron antes, ou sexa que o tema, xa estiveron antes, agora non trate de salva-la cara. Desde logo se queren facer algo, algo serio, estamos dispostos. Desde logo sobre esa base, neses termos, vamos, alá vostedes o coman e o guisen, vamos, esa é unha tomadura de pelo. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias. Por parte del PSOE, D. Baltasar. Sr. García García.- Nosotros hemos presentado una moción en el mismo tono, o sea en el mismo, no en el mismo tono, en absoluto. Sr. Presidente.- Defiéndala y después votamos. Hacemos las dos votaciones seguidas. Sr. García García.- A nosotros nos preocupa el tema, pero hay mucho más, es más complejo este tema de preocuparse, es, son muchos puestos de trabajo y mucho lo que hay detrás. Pero el Grupo Socialista no ha planteado la moción sólamente pensando en los puestos de trabajo. Ha pensado en la paliza que le ha propinado la policía masiva a 30 trabajadores y ha pensado también en la protección que esos funcionarios públicos están prestando a una empresa privada durante los tres días que ha estado el conflicto y seguramente que la policía de forma masiva está prestando protección como si los 30 o 70 que puedan ser, pero que el día de la paliza eran 30 los que estaban allí, estuvieran, fueran delincuentes. No saben lo que significa enfrentarse a un piquete realmente tal. Yo recuerdo, cuando los vi el otro día, porque los tuve que ver, me recordó unos tiempos que ya parecían olvidados para mi. Y la paliza fue brutal, pero a mi me parece mucho más brutal la instrumentalización de toda la policía nacional para ponerla al servicio de una empresa privada, de un transportista, Pérez Torres, que me gustaría saber quién es esa persona, qué enlaces políticos tiene con el Partido Socialista, perdón, con el Partido Popular, para que el Gobernador Civil les preste esa dotación policial. Se necesita tener muchas amarras para que eso ocurra. Yo voy a leerles o voy a hacerles mención de algunos aspectos de la moción para que tal. La concentración pacífica frente a TAFISA de los transportistas que venían prestando servicios en dicha empresa fueron violentamente disueltos por parte de la policía sin causa que lo justifique. 30 trabajadores pidiendo el mantenimiento de su puesto de trabajo, el derecho al trabajo, no justifica una masiva presencia de la policía repeliendo violentamente a estos trabajadores. Sólo desde posiciones de extrema derecha se puede entender que el Gobernador Civil diera la orden de cargar tan violentamente como se hizo contra los transportistas que pedían pacíficamente el mantenimiento de su puesto de trabajo. Sólo se pone una dotación policial tan importante al servicio de un particular si se tiene una concepción represiva o si por encima del derecho se entiende que la policía está para defender los intereses de un poderoso y reprimir los derechos de los trabajadores. Creíamos que esta forma de entender el ejercicio del poder que supone dirigir la policía se realizaba en los países bananeros, creíamos que esta práctica estaba desterrada en nuestro país, que sólo quedaba en las películas de la España negra donde el poder político dirigía políticamente la policía contra el pueblo porque este amenazaba la tranquilidad del señorito. No es comprensible que existan personas con la mentalidad de extrema derecha que tanto daño ha hecho a la convivencia de los españoles y menos aún que ostenten cargos políticos como el de representar el Gobierno de España en la Provincia y el de ser Jefe de la Policía. Desde el pesar que significa tener que escribir esta moción exigimos para ser tomado como acuerdo el siguiente: Primero, que el Presidente de la Diputación medie en la empresa para salvar los puestos de trabajo de los transportistas que residen en Pontevedra, pagan sus impuestos en esta ciudad, consumen en la misma y son una pieza más en la economía de la ciudad. Segundo, que esta Corporación en Pleno se dirija al Gobierno del Estado para solicitar la destitución del actual Gobernador Civil, pues no se puede mantener como Jefe de la Policía a una persona con una mentalidad de extrema derecha pues desde la indignación, pero fundamentalmente desde la razón el Gobernador Civil debe ser destituído como representante del Gobierno Español. No podemos asumir los demócratas que represente al Gobierno en la provincia de Pontevedra un hombre de una concepción represiva, con una concepción de extrema derecha en el mando político de la policía. Pues el mantenimiento de este personaje no sólo denigra al Gobierno sinó a todos los demócratas. ¿Hemos retrocedido tanto en tan poco tiempo?. Es la pregunta que nos hacemos los Socialistas y nos preocupa saber que podemos retroceder hasta límites de servir a un particular con una dotación de funcionarios públicos tan numerosa frente a 30 pacíficos trabajadores. Queremos que se apruebe y que se reclame del Gobierno del Estado la destitución del Gobernador Civil por las causas que he dicho. Sr. Presidente.- Vale. Gracias. Dando por entendido que aprobamos la urgencia de las dos mociones, por unanimidad. Da lo mismo votar una primero que otra. ¿La suya primero, quiere?. Pasamos a votar el fondo de la moción presentada por el Partido Socialista. ¿Votos a favor?. PSOE y Bloque. El resto votamos en contra. Queda rechazada. La moción presentada por el Partido Popular. ¿Votos en contra?. Bloque y PSOE. El resto votamos a favor. Queda aprobada. ------ Folla: 82 26.4024.- MOCIÓN PRESENTADA POR D. BALTASAR GARCÍA GARCÍA, DO PSOE, EN RELACIÓN CON FEITOS ACONTECIDOS EN TAFISA O Pleno acorda por maioría, co voto en contra da moción do Grupo Popular e os votos a favor do PSOE e do BNG, rexeita-la moción presentada por D. Baltasar García García, do PSOE, en relación con feitos acontecidos en TAFISA. ------ Folla: 82 27.4025.- MOCIÓN DO PARTIDO POPULAR EN RELACIÓN CON SUCESOS ACONTECIDOS EN TAFISA O Pleno acorda por maioría do Grupo Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG, aproba-la moción do Partido Popular en relación con sucesos acontecidos en TAFISA, que di o seguinte: "En relación cos sucesos acontecidos nos últimos días entre os traballadores (transportistas autónomos) e a empresa TAFISA, o grupo popular quere manifesta-la súa total preocupación polos feitos derivados do conflicto existente entre as partes enfrentadas. Este grupo provincial ten coñecemento que no día da data o Subdirector Xeral de Transportes da Xunta de Galicia desplazarase a Pontevedra para intentar chegar a un acercamento entre as partes en conflicto polo que este Grupo Popular quere presta-lo seu apoio ós posibles acordos que se adopten unha vez mantidas esas conversacións. Polo que este Grupo Popular propón ó Pleno da Corporación que se tome un acordo para facer un chamamento tanto ós transportistas autónomos como ós directivos da empresa TAFISA para que a través do diálogo acaden coa maior celeridade posible un acordo que satisfaga as pretensións das partes implicadas." ------ Folla: 82,83 28.4026.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Pasamos al último punto. Ruegos y Preguntas. Sr. Secretario.- Hay un ruego del Bloque en relación con demandar a la Xunta el incremento de la consignación para Conservatorios de Música e formalización da partida presupostaria da Deputación Provincial para o mesmo fin. Sr. Presidente.- Si quieren voy contestando eso. Habíamos quedado ya en su momento en que había que esperar a los remanentes presupuestarios, ... en marzo o abril entonces para dotar esa partida. Sr. Secretario.- Una pregunta del Bloque en relación con el grave incumplimiento de la Lei de Normalización Lingüística. La firma el Sr. Chillón. Sr. Presidente.- Estas preguntas serán contestadas por escrito. Sr. Secretario.- Otra pregunta del Bloque en relación con los motivos en una actuación en obras adxudicadas na Rede Provincial de Estradas no Concello de Cangas. Una pregunta del Bloque también en relación con varias obras no Concello do Rosal. Y luego varias preguntas de D. Baltasar García en relación con una propuesta, lo de 300 millones del Recinto Ferial. Sr. Presidente.- Como siempre si quieren se les contestará por escrito a las preguntas y remitida a cada grupo. Si no tienen nada más levantamos la sesión. Muchas gracias a todos. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as quince horas do expresado día, dase por rematada a sesión e dela exténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. ------

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición