ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.811
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 1997/04/04_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.358/1.1997-04-04_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 1997/04/04_Ordinaria

  • Data(s) 1997-04-04 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 139,140 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 4 de abril de 1997 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día catro de abril de mil novecentos noventa e sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse os Sres./as Deputados/as, D. Xosé Ramón Abal Varela, Dona Carmen Avendaño Otero, D. Xosé Manuel Barros González, D. Adolfo Campos Panadeiros, Dona Ramona Castaño López, D. Xosé Costa Díaz, D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, D. Miguel Domínguez Vaz, D. José Luis Fernández Lorenzo, Dona Carmen Ferro Carballo, D. Lino Fontán Mariño, Dona Ana Gandón Menduíña, D. Baltasar García García, D. Emilio González Iglesias, D. Oswaldo Lino González Pereira, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. Mario López Martínez, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Santiago Pazos Moreira, D. Julio Pedrosa Vicente, D. Amado Ricón Virulegio, D. Ramón Sestelo Fernández, D. Santiago Tirado Serén, D. Pablo Vázquez Caride e D. Manuel Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o Sr. Deputado D. Rafael Louzán Abal. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Comezamos o Pleno ordinario correspondente ó mes pasado, ó mes de marzo. 1.4051.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión ordinaria do día 28 de febreiro de 1997. ¿Algunha alegación á acta?. Non hai alegacións. Apróbase por unanimidade. O Pleno, acorda por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 28 de febreiro de 1997. ------ Folla: 140 2.4052.- SOLICITUDE DO CONCELLO DO GROVE, PARA CAMBIO DE APLICACIÓN DE SUBVENCIÓNS DA OBRA Nº 28, INCLUÍDA NO POS/1997 Sr. Presidente.- Punto dous. Solicitude do Concello do Grove para cambio de aplicación de subvencións da obra nº 28 incluída no POS/97. ¿Algunha intervención?. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Abstense o Bloque Nacionalista Galego e a favor ó PSOE e o PP. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación, o Pleno acorda por maioría de votos dos Grupos Popular e Socialista e coa abstención do BNG, aproba-la solicitude do Concello do GROVE, pola que interesa cambia-la aplicación das subvencións da obra nº 28: "Saneamento de Cuchiño a Senriña", incluída no POS/97, á obra: "Saneamento en Ardía" mantendo integramente o presuposto que ascende a NOVE MILLÓNS CINCOCENTAS TRECE MIL CATROCENTAS OITENTA E OITO PESETAS (9.513.488), e o mesmo financiamento para as Administracións afectadas. Seguiranse os trámites que sinala a lexislación vixente, considerándose definitivo este acordo cando o Ministerio de Administraciones Públicas o informe favorablemente. ------ Folla: 140,142 3.4053. Solicitude do Concello de PONTEAREAS, pola cambio de aplicación de subvencións da obra nº 266: "Pavimentacións camiños de Val, Igrexa, etc.", incluída no POL/1997, á obra "Infraestructura para parque público e outros", Sr. Presidente.- Punto número tres. Slicitude do Concello de Ponteareas para cambio de aplicación de subvención da obra nº 226, "Pavimentación Camiños de Val, Igrexa, etc.", incluídas no POL/1997 á obra "Infraestructura para parque público e outros". Ten a palabra o sr.Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días e moitas gracias Sr. Presidente. Estes dous puntos igual que o resto que vamos a tratar é exactamente un mundo ó revés. Estamos nunha situación institucional na que resulta que os temas máis importantes que pode facer esta Deputación, como poden ser o Plan de Infraestruturas Deportivas, como poden ser tódolos anuncios que estamos vendo na prensa sobre as aportacións da Deputación a unha suposta anel da Eiriña, ou onde se invisten os centos de millóns que hai para a pala, que non sabemos onde anda, ou onde se invisten os centos de millóns que hai para o Parque, para as estradas provinciais, o Pleno non se entera absolutamente de nada. Se algún Deputado se encarga de investigar, con moitisimas dificultades pode enterarse de algo. Deciden noutros lados, e a cambio nos deleitan con estes puntos substanciosos, serios, rigurosos, no que o destino da provincia practicamente se xoga no que decidamos nestes puntos. E esta é unha auténtica tomadura de pelo. ¿Cando se tomará en serio o das competencias do Pleno que están sisadas a maioría polo acordo de delegación, aquel terrorífico que se fixo no seu momento?. Tómese en serio. Mentres tanto padeceremos este tipo de bromas pesadas. Porque en fin, non sei se ten algunha relevancia, aínda que queremos facer referencia a iso, o que os Concellos metan obras en plans e despois a través do PIEL, da Xunta, ou a través doutros, nos dous casos e a través da Xunta, pois fan as obras, ou sexa, parece que lles gusta máis face-las obras a conta dos fondos da Xunta que da Deputación. Ou sexa, pídenno aquí, se lle mete nun Plan e despois na Xunta, no PIEL que poden decidir exactamente para onde o mandan, fan as que teñen pedidas aquí que é máis difícil cambialo aquí que alí. É así un pouquiño extraño. Pero bueno, me parece que dentro do contexto xeral, dado o volume das obras e que o fin e ó cabo a Deputación aporta cartos e os mete nun plan para unha obra ou outra que é no fondo irrelevante, as obras non son irrelevantes, pero que sexa para unha ou outra en canto a decisión desta Deputación si, porque a Deputación se limita a recolle-lo que piden os Concellos, pois parece de pouco peso e incluso, repito, de pouca seriedade tamén por parte dos Concellos. Vámonos abster nos dous. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, buenos días. Vamos a ver. O Grupo Socialista, ata agora, sempre os cambios de aplicación de plans dentro do mesmo ano estaba votando a favor e de feito fixémolo no punto anterior tamén. Ocurre que aquí se dá unha circunstancia diferente, é dicir, estamos falando dunha obra incluída no Plan Operativo Local. O Plan Operativo Local, como todos sabemos, as obras teñen que estar como mínimo adxudicadas antes do 1 de outubro. Tal como advirte o funcionario no expediente, esto vai leva-la mesma tramitación que o Plan, posto que esta obra que propón o Concello de Ponteareas non é unha obra incluída dentro do Plan. Polo tanto pode haber un risco de que ó final non se poida facer este cambio de aplicación e se perdan eses cartos. Esto, que xa de por si é bastante grave, cando un mira o expediente é máis que grave estraño. É dicir, é estraño porque resulta que o Concello de Ponteareas voluntariamente solicita esta obra nun programa da Xunta, no programa PIEL. Ben, a solicitude á Xunta e o cambio de aplicación á Xunta é un cambio de aplicación que se fai cun papel, bastante máis fácil que este cambio de aplicación e loxicamente non se corre ningún risco de perde-los cartos. Polo tanto un non entende moi ben nin que o Concello de Ponteareas faga esta petición nin que a Deputación acceda a esta petición sen propoñerlle antes ó Concello de Ponteareas que faga o cambio no programa PIEL que é bastante máis fácil. Salvo o que se está temendo un, que esta obra estea feita xa, estea feita xa e sen financiar e loxicamente é bastante máis fácil metela polo programa PIEL por parte do Concello de Ponteareas e así paga-la obra a quen lla fixera, que é o máis lóxico. É dicir, o programa PIEL, como saben todos vostedes, é menos controlable, se paga e punto, se mira que a obra está feita, se paga e punto. E creo que ninguén entendería este cambio de aplicación se non fora así. Polo tanto, aínda que é deste ano, aínda que normalmente nós votamos a favor dos cambios de aplicación dentro do mesmo ano, neste tema vamos absternos. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias D. Emilio. Ten a palabra o Sr. Costa. Sr. Costa Díaz.- Simplemente dicir que estes dous puntos veñen ó Pleno porque son obras que non estaban contempladas como suplementarias dentro do plan xa aprobado e non había máis necesidade que traelas a Pleno. Por eso está esa información. En canto a que se a obra está feita ou non, eu creo que o Concello de Ponteareas ten unha oposición que eu estou seguro que fiscalizará toda esta actuación. Teño a total certeza de que o Concello cando pide que a obra se cambie aquí é porque entende que é o mellor para o Concello e con respecto a esto non teño nada máis que aclarar. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si. Mire, igual lle dá demasiada importancia a un tema que non a ten, que o importante é o vacío que está o Pleno, pero é que entón o cachondeo dos Concellos é moito maior. Resulta que pídennos unha obra, se lle mete no plan, e resulta que agora nola pretenden cambiar por outra que nin tan sequera tiñan previsto facer e non a pediron nin como complementaria. Ou sexa que esto é a anarquía pura e dura. Mándeme os cartos e xa farei con eles o que me dea a gana e en todo caso cos plans da Deputación, que os da Xunta como xa reiteramos antes son máis fáciles de cambiar, pois non os cambia e non se sabe por que, ou sexa, é un pouquiño de broma. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase coa abstención dos grupos da oposición. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación, o Pleno acorda por maioría de votos do Grupo Popular e coas abstencións do Grupo Socialista e do BNG, aproba-la solicitude do Concello de PONTEAREAS, pola que interesa cambio de aplicación das subvencións da obra nº 266: "Pavimentacións camiños de Val, Igrexa, etc.", incluída no POL/97, á obra "Infraestructura para parque público e outros", mantendo integramente o presuposto que ascende a DEZ MILLÓNS CATROCENTAS SETENTA MIL DUASCENTAS SETENTA E CINCO PESETAS (10.470.275), e o mesmo financiamento para as Administracións afectadas. Seguiranse os trámites que sinala a lexislación vixente, considerándose definitivo este acordo cando o Ministerio de Administracións Públicas o informe favorablemente. ------ Folla: 142,145 4.4054.- COMPROMISO DE POSTA A DISPOSICIÓN POLA DEPUTACIÓN EN FAVOR DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA, DOS TERREOS PRECISOS PARA EXECUTA-LAS OBRAS DE ENLACE DA ESTRADA "ESTRADA - FORCAREI COA PO-541, TRAMO CERDEDO - PORTELA" Sr. Presidente.- Pasamos ó punto catro. Compromiso de posta a disposición pola Deputación en favor da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dos terreos precisos para executa-las obras de enlace da estrada Estrada-Forcarei, coa Pontevedra 541, tramo Cerdedo - Portela. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, mirando o expediente quedoume unha dúbida. No expediente dise que é que está previsto firmar un convenio entre a Deputación e a COTOP para que a COTOP faga as obras e a Deputación faga o proxecto e o compromiso de posta a disposición dos terreos, ¿non é así?. Bueno, entón xa mo explicará. Eso está textualmente no expediente. Contésteme a unha pregunta porque no expediente aparece que está previsto firmar un convenio para a construcción desta estrada. ¿O convenio está previsto, non está feito?. ¿Eso é certo?. Si. Bueno. Entón, aquí a este Pleno non se nos trae o convenio. Claro. E entón estamos dando pasos para cumplir un convenio que este Pleno non aprobou, é así. Vale, moi ben. Eso é exactamente o que deducín do expediente, pero claro, un xa se pode levar sorpresas incluso máis raras, ou sexa que polo menos debía vir paralelamente, digo eu. Ou sexa, está previsto. Conto toda a historia desde o principio. Firmaron un convenio coa COTOP para que realice esta estrada que vai desde a Estrada a Forcarei, que segundo as declaracións da prensa xa estivo feita, xa tivo varias datas de inicio, ou sexa, é unha promesa electoral destas eternas. Por trescentos cincuenta millóns de pesetas, un tramo dela, no que a COTOP pon cincuenta millóns no 97 e trescentos millóns no 98, coma sempre para os anos sucesivos. E no que a Deputación comprometerase no seu momento, cando firme o convenio, a elabora-lo proxecto, a poñer a disposición, a comprometerse a poñer a disposición os terreos e eso é o que se vai a comprometer a Deputación. E hoxe aquí vennos, reitero dun convenio que está sen aprobar e que este Pleno non ten coñecemento del, ou sexa, nin o aprobou nin o deixou de aprobar, unha parte dese compromiso dese suposto convenio que veremos aprobar no seu momento. En principio non parece así como moi serio, como é todo nestes temas, non é moi serio. E este compromiso, segundo o informe técnico, pódese cumprir unha vez que se realicen as expropiacións, que están sen realizar, que se contemplan nun proxecto que está sen aprobar, pero bueno, comprometerémonos a todas estas cousas de todo un futuro. ¿Non é un pouquiño todo o revés?. O normal era trae-lo convenio, polo menos paralelamente, digo eu. Ou sexa que vostedes xa dan por suposto o convenio sen pasa-lo Pleno e están facendo da capa un sallo. Supoño que serán as présas para facer que se fai neste tema, que, xa digo, é unha promesa electoral xa reiterada de hai catro anos e creo que de hai oito, de hai catro seguro e incluso con prazos de inicio. Ó final non se fixo nin naquela época, nin agora, nin tal como van os trámites creo que se dea feito neste ano. Nada máis por agora. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver, dous temas neste punto. Primeiro, que segundo se desprende do texto do posible convenio que figura aí, digamos que a Deputación agora mesmo o que fai é dar o seu compromiso de poñe-los terreos a disposición da Xunta para face-la obra, comprometerse a recibi-la obra e a conservala e tamén comprometerse dalgún xeito, ou polo menos non é que se faga neste acto, porque eu entendo que neste acto o único que se fai é o compromiso de poñer a disposición os terreos. Pero nese texto do convenio o que si figura, me parece que a última cláusula, é que se hai algún reformado, revisión de obra, etc., etc., será a cargo da Deputación posto que o que di claramente é que non é a cargo da Consellería. E esto, en principio, non nos sona moi ben fundamentalmente por unha razón. Se unha administración vai adxudicar unha obra e vai face-lo seguimento desa obra, o normal é que se faga cargo tamén dos reformados que poida haber na obra, digo eu, porque pode darse a circunstancia que ó final esta Institución, que en principio non vai poñer nada, segundo se nos di, pois acabe poñendo cincuenta ou cen millóns de pesetas. Porque nunha obra de trescentos millóns de pesetas, reformados dese estilo nesta casa viñeron algúns. Entón pode darse esa circunstancia. Xa que se nos di que o convenio non está feito, nós rogaríamoslle ó Presidente que tratara de cambiar esa cláusula para que do reformado se fixera cargo a Administración Autonómica. E no mesmo sentido de cambiar compromisos, a nós nos parecería perfecto que o compromiso da Deputación neste Pleno fora diferente, é dicir, non o de poñe-los terreos a disposición, senón o compromiso de paga-lo que costen os terreos para face-la obra, única e exclusivamente. E a partir de aí creo que nos libraríamos de problemas no futuro. Posto que loxicamente se hai que acudir a unha urxente expropiación vai haber que facelo vía Comunidade Autónoma co cal vamos a prolonga-los prazos. Entón nós proporíamos que se fixera ó revés, é dicir, o compromiso da Deputación de aporta-los cartos necesarios para poñe-los terreos a disposición, pero tamén o tema dos terreos a disposición que o tramite a Xunta de Galicia. E constatar tamén, á marxe deste tema que nós con estes cambios votaríamos a favor sen ningún problema, pero tamén que curiosamente desde hai un ano para acá todas as actividades que propoñen as diferentes Consellerías, e fundamentalmente esta Consellería, son en función de poñer cincuenta millóns de pesetas este ano e douscentos cincuenta o ano que vén, trescentos o ano que vén, quiñentos o ano que vén, é dicir, ir dilatando cousas. Esto máis ben soa a conto que a realidade. Pero bueno, esperemos que sexa real ó final, pero xa digo, de entrada soa a conto. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias D. Emilio. ¿Algunha intervención?. Bueno, ten a palabra o Sr. Tirado. Sr. Tirado Serén.- Ben, como o tema tampouco non dá para moita discusión, por exemplo fala Mosquera de que está previsto no proxecto, efectivamente o proxecto está feito e entregado, a nosa participación vai nese sentido. De momento a Deputación pon a disposición o que dispón, que é o trazado actual, máis despois unha vez que se fagan as expropiacións, faraas no seu día. E respecto ó que di Emilio, os reformados refírese ós reformados que sexan propostos pola Deputación, que sexan fóra de proxecto. Se os reformados son propostos pola propia Xunta non ten sentido que nós nos fagamos cargo del. Sr. Presidente.- Gracias D. Santiago. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Pero vamos a ver, ¿entón o convenio a que vén?. O normal será que, se vamos a coller uns compromisos, o convenio veña antes. Non hai tal convenio, nin se aprobou tal convenio e se están adoptando medidas en función dese convenio que non se aprobou. Entón ¿por que no queren pasar polo Pleno?. É inintelixible, de verdade, é inintelixible poñer todo ó revés, primeira cuestión. Segunda. Nós vamos adquirir un compromiso que, segundo o que consta no expediente, supón unhas expropiacións en función do proxecto. Eso é un compromiso económico, non é só poñe-lo trazado actual, é un compromiso que ten repercusións económicas, sen cuantificar por outro lado. E se hai un proxecto, hai unhas expropiacións, supoño que estará cuantificado. No expediente non aparece para nada esa cuantificación. Ou sexa, é unha auténtica chapuza. Se lle foi das mans, non tiveron a suficiente previsión, non firmaron primeiro o convenio, non fixeron as contas, non nos poden dicir aquí ou no expediente, bueno aquí dame igual que o digan ou non, no expediente, canto van costar as expropiacións porque consta que si vai haber expropiacións, porque no proxecto contempla expropiacións. Recoñézanno que é unha fuga de última hora, en ano electoral, e moi ben, pois recoñézanno. Pero non veñan a dicir que se posta a disposición, non, non, pon todo o trazado dos terreos e os terreos parte son expropiación e eso supón unha repercusión económica sen cuantificar. Mire, esto é unha chapucilla feita coas présas electorais, por compromisos do tipo que sexa; desde logo tampouco temos demasiada fe en que esto se vai facer con seriedade ó final ou polo menos nos prazos que se pretenden. De todas maneiras, hai motivo de sobra tal como vén o expediente para opoñernos, pero non nos vamos a opoñer, non nos van a acusar de que non queremos que se faga. É responsabilidade súa o facelo, fáganno, pero nós desde logo tampouco vamos a votar, vámonos abster porque esto é unha chapuza soberana. Nada máis. Sr. Presidente.- Ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Sobre a última parte da intervención do Presidente da Comisión. Nos está dicindo o Sr. Tirado que loxicamente a Comunidade Autónoma non se vai facer cargo de reformados propostos pola Deputación. Ata aí estaríamos de acordo. Ocurre aquí que o que di a última cláusula é outra cousa. Di que non se fará cargo de ningún reformado, revisión de prezo, aumento de prezo, etc., etc., que se desprenda da obra. É dicir, non di que a propoña a Deputación ou a Xunta. Di que non se fará cargo. Se é así como di o Sr. Tirado e consta así na acta e vai constar así no documento non teño ningún inconvinte en estar a favor, pero volvo a repetir se é así como di el. Que do que eu lin no expediente non é así. Sr. Presidente.- Gracias D. Emilio. Ten a palabra o Sr. Tirado. Sr. Tirado Serén.- Ben, nótase que como o contido do Pleno non é demasiado denso, entón temos que sacarlle punta ós temas menores. Á Deputación interésalle moito que esta obra se leve a cabo, serve para comunicar dúas vías importantes e como consecuencia pois interésalle que se leve a cabo. A Deputación atópase sempre co tema eterno. Cando se vai expropiar ¿sábese xustamente de antemán o que vai supoñer o valor das expropiacións?. Non se sabe nunca. Por conseguinte nunca pode ser un tema pechado, sempre ten que ser un tema aberto porque ó longo da execución da obra sempre aparecen pequenos problemas e ó final solventaranse como se viñeron solventando ata agora. E con respecto ó que dicía Emilio, non deixa de ser unha interpretación. Desde logo a miña interpretación é esa, que a Deputación farase cargo no caso de que a propia Deputación, que é a autora do proxecto, elabore ou demande algunha modificación que terá que ser á súa costa, cando a demanda sexa doutro orde cada un pechará coa súa parte. Sr. Presidente.- Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Estamos de acordo nunha cousa, que o Pleno non ten nada, estamos de acordo; pero eu lamento que estés tocando na orella, falando en prata. Porque no expediente, se hai expropiacións, haberá que haber unha previsión, que se pode variar, pero non a hai ningunha, nin un millón, nin dez, nin sete, nin vintecatro, nin corenta. Non hai ningunha cifra nin hai informe de Intervención se hai consignación para esas hipotéticas cifras. Non hai nada. Entón, non saia dicindo que despois nas expropiacións van variar, claro que van variar, pero non hai ningunha previsión, ningunha, nin informe de Intervención, non hai nada. Non a liemos, fixestes unha chapuza e xa está. Dalle coa chapuza para adiante. Sr. Presidente.- Ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, Sr. Tirado, quen vaciou de contido o Pleno foron vostedes, este e os outros. De tódolos xeitos, a min non me vale a súa interpretación, nin supoño que a vostede lle vale a miña. Aí hai un texto dun convenio e o que solicito é que o Presidente e o Secretario da Institución nos digan cal é a interpretación que fan dese tema. E se é a que aí figura, nós o que estamos plantexando é que se cambie, que se fale de novo coa Administración Autonómica dicíndolle, mire vostede, se son vostedes quen van adxudica-la obra e quen van face-lo seguimento da obra, mentres se está facendo o normal é que pechen cos reformados que haxa ou coas revisións, sempre que non os propoña a Deputación. Simplemente estou constatando eso e me parece que non é ningunha barbaridade. Volvo a repeti-lo mesmo; se eso é tal como eu entendo que figura aí, pode pasar que esta Institución acabe pagando cen millóns de pesetas onde non pagaba nada, ou cincuenta, dá igual. Simplemente eso. Supoño que o Presidente, que me imaxino que foi quen tratou de negociar este convenio ou este posible convenio, nos poderá dar luz sobre cal é a interpretación real. Sr. Presidente.- Gracias D. Emilio. Vamos a ver. Di o Sr. Mosquera que é unha chapuza e que é electoralista e que é todo o que queira. Ben, o que teño que dicir, Sr. Mosquera, é que aquí non se trae o convenio, traese o compromiso de poñer a disposición da COTOP os terreos, paso indispensable para plasmar no convenio para que poida pasa-la Consellería de Política Territorial e nós aquí, uns ó Consello da Xunta e outros ó Pleno. Polo tanto non se trata doutra cousa. Logo, non é esixible nin proxecto nin é esixible neste momento en absoluto nada do que vostede está dicindo. Fala de expropiacións, efectivamente están contempladas no proxecto. No seu momento, cando queira ver eso o ve. Non é un tema tampouco que nos preocupe a esta Deputación porque está clarisimo na primeira cláusula xa do que traemos aquí, que di que correrán a cargo da Consellería de Política Territorial e o di clarisimamente. Polo tanto, D. Emilio, ¿que pode haber reformados?. Pois pode haber reformados e pode non facerse a obra. Indudablemente, a Consellería acepta aquí un reto que é pagalo absolutamente todo, está claro, creo que non hai dúbida ningunha. Polo tanto é lóxico que se plantean algúns reformados, serán eles quen o terán que pagar ou en último caso antes de aprobar un reformado terán que contar con esta Institución e eso non o vamos a permitir. Así de claro. Eu quería deixar esto clarisimamente. Polo tanto non se pode ter, nin é necesario ter, ningunha consignación presupostaria. ¿Por que?. Porque non implica ningún gasto para esta Casa. Así de claro. Eu non sei se aclarei o que querían aclarar. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. A favor o PP e PSOE. Abstención o Bloque Nacionalista Galego. Co obxecto de levar a término o Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e a Deputación Provincial para a construcción do enlace da estrada de A Estrada - Forcarei coa PO-541 a través de Cerdedo, no que unicamente se esixe á Deputación a redacción do proxecto, de acordo coa cláusula sexta do Convenio, e visto o dictame favorable da Comisión Informativa de Vías e Obras, o Pleno acorda por maioría de votos dos Grupos Popular e Socialista e a abstención do BNG, o seguinte: 1º.- Poñer a disposición, libre de cargas e gravames, tódolos terreos necesarios para a normal execución das obras obxecto do Convenio. 2º.- Concede-los correspondentes permisos e autorizacións precisos, se é o caso, para a execución das obras. 3º.- Obrigarse a asumir, unha vez realizada-las obras e despois da comunicación da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, a explotación e conservación das citadas obras. ------ Folla: 145,147 5.4055.- SOLICITUDE DE COMPATIBILIDADE DE FUNCIONARIO PROVINCIAL PARA O EXERCICIO DE ACTIVIDADES NO SECTOR PÚBLICO Sr. Presidente.- Punto quinto. Solicitude de compatibilidade de funcionario provincial para o exercicio de actividades no sector público. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Nós por norma temos o de opoñernos a toda compatibilidade dos funcionarios desta casa e así o temos manifestado e votado en tódolos Plenos en que teñen aparecido temas relativos a estas compatibilidades. E neste caso trátase dunha excepción no sentido de que é algo moi pequeno en canto á contía do traballo, que é dar clase na Universidade, en concreto na Facultade de Ciencias de Ourense como Profesor Asociado. Se dos altos cargos da Administración non poden saír, coma dunha empresa privada ou doutros sitios, os Profesores Asociados, dificilmente vai habelos en ningún lado. A contía que cobra da Universidade esta persoa son 54.000 pesetas ó mes, ou sexa, que non é nada relevante. E en función de que o outro día na Comisión se nos dixo que había compatibilidade horaria, na Comisión votamos a favor. Pero se nos dixo, no expediente non consta en ningún lado e á parte é algo que vén tarde; esto sucede dende outubro e a solicitude é deste ano e polo tanto debía constar en algún lado que hai esa compatibilidade horaria. Segundo os nosos datos non a hai, a pesar de que na Comisión se nos dixo que si a había. Non hai esa compatibilidade horaria. No expediente di que se lle concede a compatibilidade, sempre e cando non interfira no horario normal que ten como traballadora da finca Mouriscade, pero eso debe constar nalgún lado, porque xa está sucedendo incluso. Entón, nós o que queremos saber é: ¿alguén sabe ou nos garantiza que hai esa compatibilidade horaria?. Nese caso votamos a favor, se non aquí alguén está mentindo e evidentemente non vamos a votar a favor. O horario na Universidade está fixado a principio de curso e o horario daquí xa o coñecemos, será de oito menos cuarto a tres e cuarto. ¿Alguén coñece, sabe e nos garantiza que eso sucede?. Porque na Comisión o outro día se nos dixo que si, no expediente non consta, non consta que haxa esa compatibilidade horaria. ¿Alguén nos garantiza que exista?. ¿E se ninguén o garantiza, os demais están dispostos a votar a favor sobre algo que é falso?. Ese é o problema de fondo porque se houbera compatibilidade horaria o tema non merecía máis discusión. Quero que se me conteste esa pregunta e en función deso actuaremos. Sr. García García.- Bueno, aquí hay una cuestión previa. Yo creo que todo el mundo queremos una Universidad científica y no hay cosa mejor para una Universidad científica que estén en la Universidad dando clase las personas que están investigando diariamente aquellos temas que van enseñar, porque si no podríamos tener una Universidad totalmente teórica, alejada de la propia realidad. El eco de que una investigadora de esta casa, de Mouriscade, sea profesora de Universidad nos parece positivo. Por lo tanto, desde ahí hay que decir que si y no voy a plantear situaciones de fantasmas, de que si los horarios tal o cual, por una razón muy simple, porque se pueden dar infinidad de hipótesis, y lo que si espero y lo que si creo es que los que tengan que controlar los horarios correspondientes, que serán por un lado los políticos y por otro los Jefes de Servicio, se ajustarán a lo que es el horario correspondiente. El Partido Socialista va a votar que si a la compatibilidad, y lo he dicho al principio, porque queremos que las personas que investigan puedan dar clase, porque eso es enriquecedor para la Universidad y por lo tanto desde este punto de vista nosotros lo vamos a votar afirmativamente. Y el hecho en si de que después se controle el horario es una responsabilidad del Presidente de esta casa, que esperemos lo cumpla en función de lo que es la Ley. O sea, yo creo que hay una legislación, se va a cumplir esa legislación y punto. Y no tengo nada más que decir. Sr. Presidente.- Me congratula enormemente coincidir con Baltasar en este tema, aínda que deixou algo que eu incluiría tamén e é o prestixio, á parte da Universidade, que lle dá a esta casa ter funcionarios desa categoría que son reclamados, foi neste caso, pola Facultade de Ciencias de Ourense. Polo tanto, creo que aí estamos de acordo. Dalgunha maneira tamén o Sr. Mosquera está na mesma liña. Eu o que podo garantir como Presidente neste caso é que efectivamente ten razón o Sr. Mosquera cando di que non consta o horario que desempeña na Facultade. Eu neste momento tampouco o sei. Os informes que teño é que efectivamente non é durante o horario de traballo, non sei se vostede sabe o contrario. O que si lle garantizo é que se lle concedeu, como ben dixo, sempre e cando non interferise no traballo laboral e non lle afectase á súa eficacia no seu traballo tamén. Entendemos que á eficacia non ten porque afectarlle senón todo o contrario e desde logo eu espero que as horas de clase non coincidan neste caso co horario laboral. Se é así automaticamente se lle negará a compatibilidade. Polo tanto eu responsabilízome persoalmente deste tema, farei os controles oportunos e pódolle garantir, Sr. Mosquera, para que o voto sexa favorable. Outra cousa é que vostede considere que o vou a cumprir ou non, pero ese é un tema xa suxetivo que vostede decide. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, eu alégrome de que adquira estes compromisos e alegraríame máis de que os cumprira. Pero saltouse dous datos do que eu dixen e do que consta no expediente. Primeiro, que hai un horario desde outubro na Universidade, que non consta en ningún lado. E que a solicitude foi feita en xaneiro. E que non se aportou ese horario. E que evidentemente, calquera funcionario que leve ese expediente aquí o paso elemental e sinxelo é comunicarlle á solicitante que aporte eses datos. En vez deso, o expediente está feito de tal maneira que ninguén se quere pilla-los dedos e di, se lle concede sempre e cando, pero sempre e cando sería cara o futuro pero non cara o pasado, xa está pasando. ¿Por que ninguén se preocupou de mirar ese horario?. Non fai falta ser moi avisados para ver que sucede esto. Eu, en todo caso, propóñolle ó Sr. Presidente outra solución, que como é algo que vén pasando dende hai seis meses, e agardemos que pase incluso para o ano que vén no sentido de que esta señora cumpre moi ben na Universidade e seguen querendo que estea alí de Profesora de Laboratorio, que o deixe para o mes que vén e que solicite ese horario. Dígoo incluso para que vostede non estea aquí comprometéndose a algo que despois dificilmente igual non vai poder cumprir. Porque leva seis meses facéndoo, ¿que facemos agora?. Dicímoslle que non o faga cando xa o fixo, ou que cambie o horario a Universidade e quedan alumnos sen clase ou que facemos. Eu creo que sería mellor deixalo un mes, porque non creo que vaia poder cumprilo salvo armar un lio que puidera ser máis prexudicial que completa-lo expediente como hai que completalo. Tomar un acordo plenario así, medio en falso, non sei eu se será unha boa solución. E caso de que haxa esa compatibilidade, que conte neste caso co noso voto favorable. Eu propóñolle eso, creo que é unha solución moi digna que non nos fai tomar unha decisión sobre un futurible cando estamos sobre unha realidade. Creo que este Pleno non debía tomar decisións nestas condicións. Votamos agora a favor dunha compatibilidade cando non nos consta, e si lle pode constar a calquera por aí fóra de que efectivamente é falso o que estamos votando, ou sexa, que non están cumprindo. Será mellor deixalo, agora faga vostede o que queira. Sr. Presidente.- Gracias. É lóxico que diga o que acaba de decir porque desconfía do meu compromiso e a min paréceme ben. Como eu non dubido do que digo e ademais vouno a cumprir, vaise aprobar a compatibilidade nestes termos. Eu sigo mantendo o compromiso, e se efectivamente é incompatible tomarase a resolución contraria de non concederlla e punto. Creo que non merece máis discusión. Procedemos polo tanto á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Abstense o BNG. Vista a solicitude presentada por Dona María Hermida Ferro, funcionaria interina da Deputación Provincial así como o expediente respectivo para compatibiliza-lo desempeño do seu actual posto de traballo nesta Excma. Deputación Provincial de Técnico Superior Analista Xefe de Laboratorio na Finca Mouriscade, dependente do Servicio Agrario, co de Profesor Asociado na Universidade de Vigo, considerando que o Rector da Universidade informou favorablemnete a súa petición e non supera a limitación retributiva prevista legalmente, de conformidade co establecido no art. 4 da Lei 53/84 e no art. 3 do RD 598/95, así coma no art. 9 da citada Lei e art. 70.9 do RD 2568/86, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Réxime Interior, acorda por maioría de votos dos Grupos Popular e Socialista e a abstención do BNG, declarar compatible o seu actual posto de traballo co de Profesora Asociada na Universidade de Vigo, sempre e cando esta actividade se desenvolva fóra do horario de traballo da Deputación e non menoscabe nin repercuta no seu rendemento funcionarial. ------ Folla: 147,150 6.4056.- MOCIÓN DO GRUPO POPULAR SOBRE ANO EUROPEO (1997) CONTRA O RACISMO E A XENOFOBIA Sr. Presidente.- Pasamos ó seguinte punto da orde do día. Moción do Grupo Popular sobre Ano Europeo contra o Racismo e a Xenofobia. Supóñome que viron o expediente, polo tanto vamos olvidarnos de ler toda a parte non dispositiva, para entendernos, e entón leo a resolución que propoñemos para a súa aprobación que é: 1º.- Adherirse a Corporación Provincial de Pontevedra á celebración do ano 1997 do Ano Europeo contra o Racismo e a Xenofobia tal e como foi declarado pola Resolución do Consello da Unión Europea antes citada. 2º.- Apoia-lo programa de medidas e accións encamiñadas a cumpri-los obxectivos contidos en dita Resolución tanto a escala comunitaria como nacional. 3º.- Delegar na Deputada de Servicios Sociais a iniciativa para impulsa-las actividades e elabora-los programas que axuden á difusión dos actos de carácter político, actos deportivos e cultarais, campañas de información e comunicación, así como o intercambio de experiencia na promoción desta clase de proxectos a nivel provincial. 4º.- Trasladar estes acordos ó Comité Español para o Ano Europeo contra o Racismo encargado de promover e coordina-las accións axeitadas ós obxectivos establecidos para a súa celebración. 5º.- Trasladárllelos así mesmo ó Presidente do Goberno da Comunidade Autónoma, ó Conselleiro de Servicios Sociais, á Federación Española de Municipios e Provincias, á Federación Galega de Municipios e Provincias, á Secretaría Xeral de Asuntos Sociais do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. ¿Algunha intervención?. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Algo que está aprobado polo Consello da Unión Europea, ou sexa por tódolos Presidentes dos Gobernos, non parece así como moi elegante que non sexa unha declaración institucional e si sexa unha moción partidista. Pero vamos a obvialo absolutamente porque quen a presentaron foron vostedes e vamos a aceptalo que a presentaron. Con respecto ó contido da moción en si, estamos absolutamente de acordo e polo tanto votamos a favor na Comisión e vamos a votar a favor agora. Pero o que si quixéramos deixar constancia aquí publicamente no Pleno, é que nos parece absolutamente incompleta. Efectivamente o racismo, a xenofobia, é algo que temos que combatir. As actitudes que poidan nacer en certos sectores da cidadanía, afortunadamente en Galicia parece que con moi pouquiña virulencia e agardemos que sexa así, hai que combatilas e hai que facer todo o posible na sociedad para evitalas cando existen ou para previr que poidan existir. Nese sentido vai a moción, vai a resolución do Consello de Europa e polo tanto estamos totalmente de acordo. Pero eu creo que tanto na resolución do Consello da Unión Europea como a que se transcribe aquí penso que falta algo, e falta algo que é facer referencia a que esas actitudes nacen moito máis facilmente en determinada situación que noutras situacións. E a esas situacións habería que facer referencia. Desde logo, habería moitisimo menos perigo de que sectores da cidadanía caeran no racismo, no antisemitismo, se non houbera un paro feroz en toda Europa. E eso é consecuencia de determinado tipo de política que se aplica. Evidentemente, non é algo chovido do ceo. Ou se o nivel de cobertura social fora outro, etc., etc., e non se fai absolutamente ningunha referencia. Parece que o problema do racismo é que hai unha xente na sociedade que ten así os cables cruzados e será por ser racista. Efectivamente, hai xente que cae nesa tentación e hai que evitala, pero tamén hai unha orixe, a historia está aí, é dicir, a crise en determinado país pode dar determinados tipos de comportamentos, e desde logo a política que se está impulsando desde ese mesmo Consello da Unión Europea, do mesmo Tratado de Mastrich non contempla en absoluto ningún tipo de criterio de converxencia en relación ó paro, en relación á cobertura social, en absoluto o contempla. Contempla outros tipos, é máis, as medidas do outro paquete, digamos, que hai que cumprir no fondo son estructuralmente xeneradoras de paro. Evidentemente, algo terá que ver. Creo que hai algo de catón que todos entendemos, que se non existe crise socio-laboral o racismo ten moitisimo menos onde implantarse. Eso é o que lle votamos de menos. Agora, como a parte que ten absolutamente correcta é coincidente cos nosos plantexamentos vamos a votar a favor, pero queríamos deixar constancia de que o fenómeno do racismo e demais non é algo chovido do ceo, senón que pode ser alentado, impulsado ou favorecido por certo tipo de políticas, que as que se están aplicando nestes momentos non son precisamente as máis favorecedoras para evitar que xurdan ou proliferen estes fenómenos tan indesexables que son a negación incluso da propia categoría do ser humano. O ser racista ou o ser xenófobo é a negación da categoría do ser humano. Pero insisto, hai caldos de cultivo e queríamos deixar constancia. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra Ramona Castaño. Sra. Castaño López.- Bos días Presidente. O Partido Socialista, dende que se formou, leva na súa política a solidariedade e a solidariedade ten moito que ver co racismo e coa xenofobia e nós consideramos que esta moción é válida, é unha moción importante, pero votamos en falta un pequeno detalle. Quizáis poida se-lo feito de que nós poidamos participar coa Deputada de Servicios Sociais na decisión o apoio ós programas que ela presente. Entón, dende ese punto de vista e se nos ten en conta, nós votaremos toda a carne no asador para apoiar algo que nos parece impresionante e que é o solucionar e informar e ter á xente segura de que se evitamos todo esto a convivencia vai ser moitisimo mellor. Vamos a apoia-la moción e estamos superfelices de que se poida levar adiante con actividades e con programas. Sr. Presidente.- Gracias. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Sanidade, Acción Social e Muller, o Pleno acorda por unanimidade, aproba-la moción presentada polo portavoz do Grupo Popular, D. Manuel Abeledo López, adheríndose á celebración do Ano Europeo contra o Racismo e a Xenofobia 1997, declarado polo Consello da Unión Europea e comunica-la decisión ós Organismos citados no punto 5º da mesma. MOCIÓN DE SOLIDARIEDADE COA CELEBRACIÓN DO ANO EUROPEO CONTRA O RACISMO E A XENOFOBIA - 1997 "As institucións europeas afirmaron repetidamente o seu compromiso a prol da defensa dos dereitos humanos e das liberdades fundamentais que condenaron a intolerancia, o racismo, a xenofobia e mailo antisemitismo. Xa en xuño de 1986, o Parlamento europeo, o Consello, os representantes dos estados membros reunidos no seo do Consello e a Comisión adoptaron unha declaración común contra o racismo e a xenofobia que subliña, entre outras cousas, "a importancia dunha información axeitada e dunha sensibilización de tódolos cidadáns ante os perigos do racismo e a xenofobia". Neste sentido, o Consello da Unión Europea e os representantes dos gobernos dos Estados membros reunidos no seo do Consello, adoptaron, a proposta da Comisión, o 23 de xuño de 1996, unha resolución declarando 1997 "ano europeo contra o racismo" e fixando os seguintes obxectivos e medidas que hai que tomar para o seu desenvolvemento: 1.- Subliña-la ameaza que constiue o racismo, a xenofobia e o antisemitismo para o respecto dos dereitos fundamentais e a cohesión económica e social da Comunidade. 2.- Fomenta-la reflexión e o debate sobre as medidas necesarias para loitar contra o racismo, a xenofobia e o antisemitismo en Europa. 3.- Promove-lo intercambio de experiencias no que respecta ás prácticas axeitadas e ós plans eficaces elaborados a nivel local, nacional e europeo para loitar contra o racismo, a xenofobia e o antisemitismo. 4.- Difundi-la información sobre tales prácticas e plans entre aqueles interlocutores que militen contra o racismo, a xenofobia e o antisemitismo, para aumenta-la eficacia da súa actuación neste terreo. 5.- Dar a coñece-las vantaxes da política de integración, dirixidas a nivel nacional, en particular nos ámbitos do emprego, a educación, a formación e a vivenda. 6.- Sacar proveito, cando sexa posible, da experiencia das persoas afectadas ou que puidesen estalo, polo racismo, a xenofobia, o antisemitismo ou a intolerancia, e fomenta-la súa participación na vida social. Valorando especialmente o contido e a finalidade desta Resolución propónselle ó Pleno da Deputación provincial a adopción dos seguintes acordos: Primeiro.- Adherirse a Corporación Provincial de Pontevedra á celebración en 1997 do "Ano Europeo contra o Racismo e a Xenofobia", tal e como foi declarado pola Resolución do Consello da Unión Europea antes citada. Segundo.- Apoia-lo programa de medidas e accións encamiñadas a cumpri-los obxectivos contidos na dita resolución, tanto a escala comunitaria coma nacional. Terceiro.- Delegar na deputada de Servicios Sociais a iniciativa para impulsa-las actividades e elabora-los programas que axuden á difusión dos actos de carácter político, actos deportivos e culturais, campañas de información e comunicación, así como ó intercambio de experiencias na promoción desta clase de proxectos a nivel provincial. Cuarto.- Trasladar estes acordos ó Comité español para o Ano Europeo contra o Racismo, encargado de promover e coordina-las accións axeitadas ós obxectivos establecidos para a súa celebración. Quinto.- Trasladárllelos, así mesmo, ó Presidente do Goberno da Comunidade Autónoma, ó Conselleiro de Servicios Sociais, á Federación Española de Municipios e Provincias, á Federación Galega de Municipios e Provincias, e á Secretaría Xeral de Asuntos Sociais do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais." ------ Folla: 150,152 7.4057.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE PETICIÓN Ó GOBERNO CENTRAL PARA QUE SE MANTEÑA NA CIDADE DE PONTEVEDRA A UNIDADE DE APOIO LOXÍSTICO DO PARQUE MÓBIL DE TALLERES E AUTOMOCIÓN, DEPENDENTE DO MINISTERIO DE DEFENSA Sr. Presidente.- Punto sétimo. Moción da Presidencia sobre petición ó Goberno Central para que se manteña na cidade de Pontevedra a Unidade de Apoio Loxístico do Parque Móbil de Talleres e Automoción, dependente do Ministerio de Defensa. Eu teño que explicar aquí que recibín ó Sindicato Comisións Obreiras e planteoume persoalmente, como Presidente desta casa, a necesidade e a conveniencia de levar unha moción ó Pleno neste senso. Hai probabilidade, non digo certeza, pero hai probabilidade de que o taller, que neste momento está atendendo fundamentalmente a tódolos vehículos da BRILAT, poida desaparecer de Pontevedra. E aínda que estou enterado de que efectivamente non se perderían postos de traballo, que serían recolocados os obreiros que aí hai, indudablemente Pontevedra sentiríao dunha forma especial posto que non só son os postos de traballo directos, senón a riqueza e o entorno, porque loxicamente hai que facer compras e os traballadores están aquí e loxicamente consumen aquí. Neste censo, eu ofrecín a miña colaboración, xa non só en presentar esta moción, senón incluso en facer xestións dentro da miña posibilidade perante o Ministro Mariano Rajoy para que, como pontevedrés, deféndese este tema tamén perante o Ministro de Defensa e sei que se fixeron estas negociacións tamén, sei que de momento, polo menos non se vai cerrar. Espero que no futuro tampouco se cerre e neste contexto presento esta moción. É certo tamén, e teño que dicilo aquí, que Comisións Obreiras onte mesmo fíxome chegar un telegrama onde me pedía tamén que prestásemos o apoio, non sei se é a palabra exacta que me poñía, á manifestación que se vai celebrar moi proximamente, me parece que é o día 17. E xa pasara por Comisión esta moción e ademais, teño que dicilo, aínda que non pasara, apoio á manifestación pódese facer de moitas maneiras, indo nela ou non indo nela, pero pensando que pode ser positiva ou pensando que pode ser negativa. Esto non cabe dúbida. Eu sigo en contacto co Ministro Rajoy porque sinceramente creo que é un tema importante e polo tanto, mentres hai negociacións, eu persoalmente non vou estar en ningunha manifestación, xa din exemplo deso, e eu non quero dicir que as manifestacións non teñan a súa importancia, que a teñen moitisimas veces, pero hai unhas negociacións polo medio e, polo tanto, mentres haxa negociacións, desde logo eu coa miña presencia non vou apoiar. Enténdase o que estou dicindo, coa miña presencia non vou apoiar esta manifestación. Polo tanto, a moción vén e preséntase tal cal pasou pola Comisión e é a que todos coñecen e vou dar lectura agora a ela. "Instar ó Goberno Central a que se manteña na cidade de Pontevedra a Unidade de Apoio Loxístico 1361 ó estimar que o seu traslado supón unha perda importante para a provincia de Pontevedra e que existen razóns obxectivas suficientes que a avalen para que siga funcionando nesta provincia." ¿Algunha intervención?. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Que se sepa, hai unha orde que decreta o peche desta Unidade, está publicada e está en vigor. Entón, creo que é hora de falar claramente de que vai pasar con esto. Se vostede me di que Rajoy asegura que el Parque de Talleres de la BRILAT seguirá en Pontevedra un año, pois claro, é que o que está previsto é que peche a final de ano. Vale, gran compromiso. Ou vostede me di que de momento non se pecha, pois claro, é que non está previsto pechalo de momento, está previsto pechalo a final de ano, a final do 97, ou sexa que non avanzamos nada. A cousa estaba mal porque ía pechar a finales deste ano, non estaba peor que eso. Entón, a cuestión é se dou marcha atrás nesta orde e non se vai pechar ou simplemente está mareando a perdiz deixando que pase o tempo e que chegue o prazo e se peche. Ese é o gran problema, porque o demais é exactamente darlle voltas á noria sempre na mesma situación. E non é que exista posibilidade de peche, é que está decidido o peche. Por desgracia está decidido o peche. Evidentemente, nós xa preguntamos no Parlamento do Estado polo tema e vamos a votar a favor da moción e agardemos que realmente se cumpra, e agardemos que no próximo Pleno, por exemplo, o Presidente nos de conta aquí de si realmente se dou marcha atrás a esa orde ou non se dou marcha atrás. Simplemente vamos a dicir que de momento seguro que non se pecha ata final de ano cando menos, eso seguro, sabémolo todos. Agora se vai haber realmente algún avance concreto ou simplemente vai ser dar largas e asegurar que neste ano non se peche. Asegurar que este ano non se peche non é dicir nada, porque é exactamente o que está previsto, non pechalo neste ano, pechalo a final de ano. Nada máis, e a ver se realmente este tipo de apoios e de presións logran que non se peche. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra D. Baltasar García. Sr. García García.- Bien, en primer lugar no me gustaría que esto fuera un brindis al sol, a veces uno tiene la sensación de que se hace oposición desde el gobierno y entonces es complicadísimo. Lo digo por el hecho en si de que el Presidente nos traiga una moción aquí para reclamar un tema que viene siendo reclamado ya desde hace tiempo por las fuerzas políticas y por los sindicatos de Pontevedra. Lo lógico es que nos trajera a este Pleno una solución de la negociación hecha con el Ministerio de Defensa o con el Gobierno del Estado en la medida en que están en sintonía. Son del mismo partido y por lo tanto lógicamente es más fácil el diálogo y más fácil la solución, teóricamente, después no se. Por eso tengo la sensación de que puede ser esto un brindis al sol más que un hecho real que después vaya a concretarse en algo. Los compañeros de UGT que están en el Intercentro en Madrid están negociando este tema; la información que me han dado es que el Sr. Fraga directamente ha hablado con el Ministro para que esto se retrase hasta después de las elecciones porque no quiere tener elementos distorsionadores en la ciudad de Pontevedra que de alguna forma le hagan perder votos. Y también está en la misma sintonía lo que creo que es esta actuación en este Pleno. El Partido Popular no quiere dejar ningún frente abierto en un período preelectoral y nos trae esta moción en este momento y ahora a este Pleno. Un Pleno además que no tiene ningún contenido. Los contenidos reales de la Diputación los discutimos casi siempre en la prensa o nos enteramos por la prensa y de alguna forma no aparecen nunca a ser discutidos en los Plenos, que es donde se deben de discutir. De todas formas hay un hecho, el hecho en si de que nos manifestemos todos en favor del mantenimiento de Parques y Talleres es positivo y en esa medida lógicamente los sindicatos y las fuerzas políticas hemos estado ya manifestándonos reiteradamente y que venga a este Pleno es bueno, pero la realidad es que ya está firmado, en este momento está firmado por el responsable de Defensa, está decretado y publicado. Además hay una respuesta de un Diputado del Partido Popular en el Parlamento donde se le dice lo que va a ocurrir. Por lo tanto, a veces a mi me molesta, me siento casi instrumentalizado cuando se me plantea un tema de estos desde el Gobierno, o sea, desde el Partido del Gobierno, y desde el Gobierno se me quiere de alguna forma torear planteando este brindis al sol. Esto ya es molesto y es cabreante, pero como todos queremos que Parques y Talleres se mantenga en Pontevedra y no se cierre, vamos a votar afirmativamente la moción y vamos a pedir también a este Pleno que apoye la manifestación del día 17. Que el Pleno en si, esté presente el Presidente o no esté presente el Presidente, haga un apoio manifiesto a la manifestación del día 17 y una invitación a los ciudadanos para que acudan a ella. Y nada más. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Vexo que teñen moitisima información. El Sr. Fraga yo no se si llamó o no llamó o si llamó de esta forma o llamó de otra forma, no lo se. Vostede saberao eu non o sei. Eu o único que dixen, e me comprometín perante os representanes sindicais, é de traer esta moción e de facer xestións e creo que fixen e seguirei facendo en este orde, e a información que teño é que esta orde efectivamente está firmada, pero está en suspenso, e que non se publicou. Vostede sabe que mentres non se publique a orde é papel mollado. Vostede dixo que se publicara. A verdade é que no vin, non sei se está publicada ou non. A min dixéronme que non estaba publicada. E polo tanto, calquera orde, mentres non estea no Boletín Oficial do Estado, é papel mollado en principio. A miña actuación neste caso foi sencillamente esta e nada máis. A moción que se presenta vai ir tal cal, voten vostedes en contra ou voten vostedes a favor, pero a moción vai ir tal cal. E non vamos a facer apoio á manifestación, nin en contra nin a favor da manifestación. Non vamos a introducir ningunha modificación. Esto é o único que teño que dicir, porque non fixen outra cousa e esto é o que hai. Sr. García García.- Yo he hecho una proposición, que es añadida de alguna forma a la moción. Primero se vota la moción y a continuación se votaría el hecho en si de apoio a la manifestación del día 17, porque de alguna forma es una propuesta. Sr. Presidente.- De acuerdo. Procedemos entón á votación da moción. Moción do Presidente sobre petición ó Goberno Central para que se manteña na cidade de Pontevedra a Unidade de Apoio Loxístico do Parque Móbil de Talleres e Automoción. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. Procedemos á votación entón da proposta de D. Baltasar García, de apoio deste Pleno. ¿Votos en contra?. O PP. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. A favor o PSOE e o BNG. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Réxime Interior, o Pleno acorda por unanimidade, aproba-la seguinte Moción da Presidencia: "Na cidade de Pontevedra está ubicada a denominada Unidade de Apoio Loxístico dependente do Ministerio de Defensa, coñecido co nome do Parque Móbil de Talleres e Automoción que realiza actividades relativas á conservación e mantemento de todo o parque automobilístico do exército, así como a inspección técnica de vehículos do Parque Móbil da Armada. Ó parecer, e segundo se vén denunciando polos traballadores deste centro, así como polas diversas Centrales Sindicales, das que se fixeron eco os distintos medios de comunicación, e da información que lle foi facilitada a esta Presidencia, existe a posibilidade do peche, por parte do Ministerio de Defensa, desta Unidade de Apoio. De ser así, indiscutiblemente, supón un prexuízo económico para Pontevedra capital e o seu entorno, posto que non só se verían afectados os máis de cen traballadores directos que alí prestan os seus servicios, senón tamén os postos de traballo indirectos. Todo iso supón unha perda importante para a provincia de Pontevedra, en xeral, e de forma máis concreta para a súa capital, con repercusións negativas non só no sector de prestación de servicios senón tamén no comercio local. Por todo o exposto e en defensa de consolida-los servicios que os distintos Organismos Públicos prestan na cidade de Pontevedra como capital da provincia, e tendo presente que existen razóns obxectivas que abogan polo mantemento desta Unidade de Apoio Loxístico ó ter ubicado en Figueirido os efectivos da BRILAT cun volume importante tanto de material loxístico como humano, é polo que se propón ó Pleno adopte o seguinte acordo: Instar ó Goberno Central a que se manteña na cidade de Pontevedra a Unidade de Apoio Loxístico XIII-61, ó estimar que o seu traslado supón unha perda importante para a provincia de Pontevedra, e que existen razóns obxectivas suficientes que a avalan para que siga funcionando nesta Provincia." ------ Folla: 152,154 8.4058.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Punto oitavo. Comunicacións. Sr. Secretario.- Darles cuenta de la propuesta del Jurado Calificador de los Premios de Investigación que levantó acta el pasado día 3 de marzo y declaró desiertos los Premios de Ciencias y Tecnología y de Investigación Juvenil en esta misma rama. Adjudicó el Premio de Humanidades y Ciencias Sociales a Doña Luisa Blanco Rodríguez por su trabajo "Los errores más frecuentes en la publicidad institucional de Galicia". Concedió el Premio Provincia de Pontevedra a Don Carlos Aurelio López Piñeiro por su trabajo "O nacimento dunha cidade". Otorgó una mención especial en este epígrafe a D. Alberto José Pasío Labrador y José Manuel Santos Solla por su trabajo "Pontevedra, xeografía social dun espacio urbano"; y a D. Antonio Baamonde Liste y D. Patricio Sánchez Bello, por su trabajo "Estudio Estadístico sobre la consideración de las valoraciones de los Comités de Cuantificación de la denominación de origen Rías Baixas". Y por último concedió el premio de Investigación Juvenil, Humanidades y Ciencias Sociales a D. Alejandro Amoedo Martínez por su trabajo "Pagar con la misma moneda, estudio del proceso de introducción de una moneda única en Europa. Maio de 1966". Y por último, también darles cuenta de las Resoluciones Presidenciales comprendidas entre el 25 de febrero y el 29 de marzo que ya fueron trasladadas a los Portavoces de los distintos grupos políticos. Nada más. Queda enterado o Pleno das seguintes comunicacións: A) Queda enterado da proposta do Xurado Calificador dos Premios de Investigación que levantou acta o pasado día 3 de marzo e acordou o seguinte: 1.- Declarar deserto o Premio de Ciencias e Tecnoloxía, dotado con 500.000 ptas. e o de Investigación Xuvenil -Ciencias e Tecnoloxía-, dotado con 250.000 ptas. 2.- Adxudica-lo Premio de Humanidades e Ciencias Sociais, de 500.000 ptas. a Dona Luisa Blanco Rodríguez polo seu traballo "Los errores más frecuentes en la publicidad institucional de Galicia". 3.- Concede-lo Premio Provincia de Pontevedra, de 1.000.000 de ptas., a D. Carlos Aurelio López Piñeiro, polo seu traballo "O nacemento dunha cidade (A implantación do cine en Pontevedra)" Outorgar Mención Especial, dentro deste epígrafe, a D. Alberto José Pasío Labrador e D. José Manuel Santos Solla, polo seu traballo "Pontevedra, Xeografía social dun espacio urbano" e a D. Antonio Vaamonde Liste e D. Patricio Sánchez Bello, polo seu traballo "Estudio estadístico sobre a consistencia das valoracións dos comités de cuantificacións de denominación de orixe Rías Baixas". 4.- Concede-lo Premio de Investigación Xuvenil -Humanidades e Ciencias Sociais-, de 250.000 ptas., a D. Alejandro Amoedo Martínez, polo seu traballo "Pagar con la misma moneda. Estudio del proceso de introducción de una moneda única en Europa. Mayo 1996". B) De extractos de Resolucións Presidenciais comprendidas entre o 25 de febreiro e o 29 de marzo de 1997, e que xa foron trasladadas ós Portavoces dos distintos grupos políticos. Sr. Presidente.- Gracias. Non hai temas fóra da orde do día. Sr. Secretario.- Si, si, han presentado a última hora unas mociones. Sr. Presidente.- Mociones. FÓRA DA ORDE DO DÍA, tratáronse os seguintes asuntos: Sr. Presidente.- Vamos a ver esas Mociones. Sr. García García.- Las entregué, bueno, las puse en la carpeta que hay para esto a primera hora de la mañana, a las nueve de la mañana. Son dos mociones que presento por el procedimiento de urgencia, una es referente a las playas y de alguna forma la utilización que se está haciendo de la maquinaria de la Diputación y pretende de alguna forma que no exista discriminación en la utilización de la maquinaria de la Diputación. Que yo, la verdad, no voy a valorar en qué medida se está en este momento distribuyendo. Simplemente lo que planteo es que el turismo es un tema importante para nuestras costas y que la playa es el elemento más atractivo para los turistas. Por lo tanto deberemos tener las mejores condiciones posibles. Y en función de esa lógica, la Diputación y los Ayuntamientos tendrían, el día que empezara la temporada de verano, que tener todas las playas en perfecto estado de limpieza, de colocación de las papeleras, duchas, etc., infraestructuras básicas que tiene que tener una playa para recibir adecuadamente el turismo. Y en ese sentido está la moción, creemos que urge, urge además emprender ya la distribución y el objetivo es muy claro, es de alguna forma que se haga un calendario riguroso de las máquinas de limpieza de playas. Que conjuntamente con los Alcaldes se haga un calendario y que se sepa con antelación dónde van a estar, cómo van a estar y que cada Alcalde ya disponga con su maquinaria si también la tiene, los días adecuados para que esté todo perfectamente. Esa es una de las cosas. Otra de las cosas, que se repongan las papeleras. Creo que este año se prevé una partida de 20 millones para infraestructuras básicas de las playas y por lo tanto las papeleras deberían estar repuestas y perfectamente instaladas, lo mismo que las duchas que existen en muchas de las playas porque son necesarias. Yo creo que es fundamental el esfuerzo que tiene que hacer la Diputación en este capítulo, en colaboración con los Ayuntamientos, porque el turismo es una de las industrias que económicamente más aporta hoy día a muchas familias gallegas y muchas familias de la costa. Y en ese sentido pediría que se aprobara la moción y que se estableciera con el Presidente y los Alcaldes el mecanismo para que las máquinas de la Diputación y los Ayuntamientos tuvieran en perfecto estado las playas en el momento que fuera necesario utilizarlas por los turistas. Yo creo que está ahí a vuelta de la esquina, hemos tenido unos días de sol excepcional pero probablemente entremos nuevamente en un período de lluvias y antes de que empiece otra vez de nuevo la temporada de playas que estén éstas en perfecto estado. Primera moción. La segunda moción, yo creo que pueden ser votadas indistintamente, es que el Ministro de Fomento, recientemente en el Parlamento, ha dicho que se van a retrasar las autovías de Galicia. Creemos que uno de los elementos de las infraestructuras más importantes para Galicia es las autovías y creemos que además debe de agilizarse lo más posible la realización y fundamentalmente la autovía que a la provincia de Pontevedra interesa es la A-52. Los Presupuestos ya preveían que finalizarían en 1999 y si aún de ese retraso presupuestario que se nos planteó en 1997, si además de eso se retrasa más nos podemos encontrar que las autovías estarán después del año 2000 y Galicia no se puede seguir permitiendo el lujo de estar con unas comunicaciones no adecuadas a la demanda económica, que fundamentalmente es el efecto más positivo que tendrá sobre nuestra Comunidad, el efecto económico sobre el turismo, sobre las propias industrias. Por lo tanto, lo que pedimos es que este Pleno de la Diputación manifieste su rechazo a las declaraciones del Ministro y reclame que se cumplan los plazos inicialmente previstos para la finalización de las autovías o de la autovía A-52, que es lo que a nosotros de alguna forma nos correspondería en la medida de que es la autovía que circula por la provincia de Pontevedra, bueno, su trazado está en parte por la provincia de Pontevedra. Y en función de eso lo que estamos pidiendo es que este Pleno se pronuncie abiertamente para que se cumplan los plazos inicialmente previstos y así se le haga saber al Ministro del Estado español. Nada más. Sr. Presidente.- Muchas gracias. Felicitarle por las mociones presentadas, son importantes las dos. Podíamos debatirlas, sobre todo la primera, que eu tamén tería moito que dicir. Pero loxicamente eu non estou disposto neste momento a entrar en debate dunha moción que nin sequera tiven tempo de ler. Polo tanto procedemos á súa votación de urxencia. Vamos a rexeitalas por esa razón. Que pasen por Comisión, sobre todo a primeira, pódese debatir alí. A segunda todos sabemos o que é tamén. Entón procedemos á súa votación individual ou colectiva. Individuales. A primeira sobre limpeza de praias. Procedemos á votación de urxencia. ¿Votos en contra?. O PP. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. O PSOE e o BNG. A segunda. Sobre rechazo a las declaraciones del Ministro del Gobierno Español y reclama que se cumplan los plazos inicialmente previstos para la financiación de la autovía. Procedemos á votación de urxencia. ¿Votos en contra?. O PP. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O PSOE e o BNG. Perfecto. Pasalas por Comisión. ------ Folla: 154,155 9.4059.- MOCIÓN PRESENTADA POR D. BALTASAR GARCÍA GARCÍA DO PSOE, EN RELACIÓN COA LIMPEZA DAS PRAIAS O Pleno acorda, por maioría de votos en contra do Grupo Popular, e cos votos a favor do PSOE e BNG, rexeita-la urxencia da Moción presentada por D. Baltasar García García do PSOE, en relación coa limpeza das praias, e que pase a Comisión Informativa. ------ Folla: 155 10.4060.- MOCIÓN PRESENTADA POR D. BALTASAR GARCÍA GARCÍA DO PSOE, EN RELACIÓN CO RETRASO NAS OBRAS DA AUTOVÍA A-52 O Pleno acorda, por maioría de votos en contra do Grupo Popular, e cos votos a favor do PSOE e BNG, rexeita-la urxencia da Moción presentada por D. Baltasar García García do PSOE, en relación co retraso nas obras da Autovía A-52, e que pase a Comisión Informativa. ------ Folla: 155,159 11.4061.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e preguntas. Ten a palabra D. Baltasar García. Sr. García García.- Yo le voy hacer un ruego a este Pleno y al Sr. Presidente, sobre todo. Le voy hacer el ruego de que tenga por lo menos respeto por las opiniones, por las mociones y por lo que planteamos los Diputados que somos minoría, pero que intentamos que la provincia de Pontevedra y que esta casa tenga cuando menos una actuación adecuada. Me ha parecido francamente desafortunado o humillante el tratamiento que el Presidente ha dado a dos propuestas del Grupo Socialista, de este Diputado, que pretenden dos cosas. Primero: que tengamos conciencia de que tenemos que luchar por lo que es nuestro; competir seriamente con otros lugares que se preocupan de sus playas y las instituciones aportan lo que es necesario; y que otras Comunidades, que si se preocupan por reclamarle al Gobierno, a veces por encima de sus posibilidades, como es el Gobierno Vasco, que está exigiendo un cupo en el cuál el resto tendremos que aportar dinero para la Comunidad Vasca, mientras en la Comunidad Gallega los que gobiernan son impasibles y lo único que hacen es mantener una actitud irracional, una actitud chulesca en las mociones que los Diputados que somos minoría presentamos en las distintas instituciones. Y nada más. Sr. Presidente.- D. Baltasar, yo no le falté al respeto. Le he dicho que la primera era importante. Lo que pasa que ahí hay mucho que discutir. Díxenlle que era un tema importante pero non entraba no debate porque se acaban de presentar agora e terei que lelas. E a segunda dixen que era importante tamén. Polo tanto, eu non sei por que interpretou vostede que eu estou despreciando unha moción. E dixen ademais que se pasara por Comisión. ¿Como non vai ser importante o tema de praias para Galicia?. Claro que é importante. A min non me diga vostede que sen lela empece agora a discutila. A Deputación estao facendo o mellor posible neste caso, pero ten que te-la colaboración dos Concellos e vostede ten que saber tamén que hai Concellos que teñen o limpa-praias tirado na area e que non o coidan e entón ten que ir a Deputación. Por eso deixeina para debatir despois. Pero claro que é importante e a min estrañame que diga que non lle tomo importancia. Neste caso díxenno expresamente. Agora, se quere que entremos en debate polo menos deme a oportunidade de lelas. Así que lamento que interpretara que eu despreciei o que vostede propuxo, cando expresamente lle estou recoñecendo que a primeira é importante e a segunda é importante tamén, pero sobre todo a primeira é importante neste caso para min, para a Deputación e díxenno expresamente. Agora acabasma de presentar, eu pensei que non había absolutamente nada aí. Discutámolas e a ver o que podemos facer, pero non só a Deputación ten que facer neste caso, tamén os Concellos teñen que facer. Así que síntoo se o interpretou así, non foi a miña intención, e díxenno expresamente. Vale. Estamos en Rogos e preguntas. Vamos a ver, o Sr. Chillón ten aquí unha pendente, un rogo, que lle vou mandar por escrito con tódalas obras que se fixeron con respecto ó Convenio Xunta Deputación. Mandareilla o antes posible. Sr. Secretario.- Otra también del Sr. Chillón de las modificaciones de las cantidades en el PAM/97. Sr. Presidente.- Si. Do PAM/97 efectivamente están saíndo cantidades distintas, como sairán precisamente para o seu Concello. O que pasa que aínda non saiu a Resolución. Lle vou a doblar, en vez de levar sete vai levar dezaoito ou dezaseis, me parece. Estou distribuíndo dalgunha maneira para obras concretas e temas concretos que me plantean os Alcaldes os 280 millóns de pesetas, que segundo as Bases do Presuposto o Presidente ten esa prerrogativa, boa ou mala, pero está aí e votámolos e aprobouse. Pero eu adelántolle que para o seu Concello voulle dobla-lo presuposto tamén. Ese é un compromiso que teño co Sr. Alcalde. Tamén verá, en fin, que vou dando para obras concretas e seguirán saíndo así; sairon as primeiras, coincidiulle a uns Concellos ou a outros pero seguirán saíndo obras. En todo caso van a ter coñecemento de todas elas. Sr. Secretario.- Un ruego también del Sr. Chillón sobre criterios objetivos en la aplicación de subvenciones a entidades locales en programas de actividades deportivas y culturales y en el programa de infraestructura deportiva. Unas preguntas de D. Baltasar sobre el CPAM. Sr. Presidente.- Bueno, eso se contestará todo por escrito. Sr. Secretario.- Otro sobre derribo de depósito de agua en el barrio de Sta. Margarita de Pontevedra. Sr. Presidente.- Estas xa as coñezo, están pendentes de contestar. É que claro algunha podíase contestar, D. Baltasar, por exemplo, o do depósito de auga. Primeiro hai que saber se é noso ou non, porque vostede sabe que eso foi desafectado, compraron as vivendas os antigos funcionarios e loxicamente eu supóñome que todo iría. É mellor contestar por escrito. Primeiro terei que saber se é noso. E temos dúbidas e aquí están os xuristas, porque parece ser que non é noso pero puede ser una información errónea. Sr. Secretario.- Y otra sobre obras en carreteras provinciales. Sr. Presidente.- Si, bueno, esa se contestará por escrito. ¿Algunha intervención?. D. Efrén Juanes. Sr. Juanes Rodríguez.- Con respecto á contestación que lle deu ó compañeiro Chillón, a como vai a execución do Convenio Xunta-Deputación para cuestións deportivas, lle agradecería encarecidamente que fixera unha copia para min tamén. Fai catro meses, catro meses, que lle pedín esa información. E tamén lle pedín o do Plan de Infraestruturas Deportivas do ano pasado, do 96, tamén llo pedín, de como estaba a execución do PID do 96, tampouco mo fixo chegar. Fai catro meses. Lle agradecería encarecidamente que por favor, agora aproveitando de que llo pediu o amigo Chillón, pois mire se me pode facer unha copia. Gracias. Sra. Gandón Menduíña.- Era para lembrarlle que aínda sigo agardando, está aquí o Presidente da Comisión para que tome nota, que sigo agardando pola resposta a unhas preguntas que presentei no Nadal, non me acordo exactamente, pero pode ser que fora a principios de xaneiro, sobre o Concello do Rosal, e cada vez que o digo me di na seguinte e na Comisión tamén ía a ser, pero xa pasou non sei canto tempo e sigo agardando. Creo que case catro meses xa vai chegando para contestar. De verdade que non eran tan complicadas as preguntas, non pedía eu alí unha tese doctoral nin nada semellante. Sr. Presidente.- Paréceme ben e ademais estounas contestando, non coma algún Presidente que foi do seu grupo, xa sabe a quen me refiro. Perdón, non era do seu grupo, perdón, pero estaba no goberno. Esa pregunta está contestada, se non a recibiu está contestada, polo menos firmeina, seguro. Sr. Chillón. Sr. Chillón Iglesias.- Brevemente tres cousiñas. Unha, alegrámonos que nos facilite a información do Convenio Xunta Deporte 94-97. Realmente, neste caso, vostede como Presidente cando se incorpora está a metade do Convenio levado adiante. O que si é certo é que ese Convenio Xunta Deporte de Infraestructura Deportiva do Plan Plurianual de catro anos foi un misterio e o anterior foi outro misterio. No propio Convenio hai dúas cláusulas, a tres e a décima, que son ben claras e explícitas, onde se manifesta concretamente que a Deputación ten unha representación paritaria de dúas persoas nesa Comisión, de elaboración, de estudio e de control. Esa Comisión está claro que non existiu nin existe e entón cara ó futuro, cando se plantexe un novo Convenio Xunta-Deputación, que neste caso vostede como Presidente desta Institución terá esa responsabilidade, polo menos que se constitúa e que exista e que realmente haxa un control inmediato e de seguimento puntual en cada instante. Despois, en canto ó tema do PID 96 e do CPAM, é dicir, cando se plantexaron as bases e incluso en anteriores Comisións, sempre estaba incidindo que aínda que son pequenas cantidades a repartir que houbese un criterio máis ou menos armónico coa propia infraestructura, coa poboación, ou que houbera certos criterios obxectivos. Realmente estamos a falar no Plan de Infraestrutura Deportiva de cantidades mínimas, cantidades que oscilan entre as 500.000 e o 1.200.000 ptas. Pero é que cando hai variacións, xa digo que son cantidades mínimas, curiosamente son para Concellos de determinada cor política, que non se corresponde con criterios obxectivos. E o mesmo pasa, cando se plantexa o criterio a distribuir a nivel de CPAM para actividades deportivas e culturais, aínda que tamén existe un criterio máis ou menos común en función da poboación, que máis ou menos tamén se cumpre, paradoxicamente tamén sempre hai matices que non se corresponden. E por último, no aspecto do PAM 96-97 a observación que se lle facía era que antes de aplica-los famosos 280 millóns do 20% que tiña vostede como Presidente de aplicar en función de obras, ou de catastrofes ou de urxencias ou de que considerase oportuno, é que houbo unha variación na propia distribución que se tiña previsto en novembro, cando se fai pública e efectiva a través dos requerimentos polos descubertos que temos na Caixa de Anticipos, e hai unhas variacións mínimas pero nalgúns casos algo substanciais e que curiosamente tamén benefician a determinados Concellos. Pero non estou a falar da aplicación dos 280 millóns, do 20% que lle correspondería a vostede, como Presidente, senón que é anterior. Na propia distribución dos 1.120 millóns hai unha variación da inicial proposta de novembro, que así se lle fai saber na cuestión. Non é agora nesta aplicación do 20%, é na inicial. Hai variacións respecto do plantexado en novembro do 96 ó real e efectivo de febreiro do 97. Sr. Presidente.- Mire, Sr. Chillón, con respecto ó tema do CPAM, de Cultura, estráñame que precisamente vostede que é do Concello de Cangas, onde hai bastante actividade cultural, levou bastante máis que moitos Concellos da mesma categoría porque efectivamente fixo máis cousas. E estráñame que vostede precisamente diga eso e vostede sábeo perfectamente que foi un dos Concellos que levou en Cultura bastante diñeiro porque efectivamente hai unha actividade cultural importante. Hai algún Concello que non ten actividade e non se lle dá practicamente nada. Ou sexa, estou xustificando eso. Como tal Concello ten actividades importantes e por eso digo que me estraña, porque hai Concellos do PP que non levaron practicamente nada. E con respecto ó segundo tema, eu desde logo estou disposto a corrixir se pasou eso. Se vostede descubriu algo que eu descoñezo dígamo, non fai falta nin que me mande un escrito, dígamo persoalmente, aquí houbo unha discriminación neste sentido e corríxoa mañá mesmo, porque non teño conciencia de facer ningunha discriminación neste sentido. Miren vostedes, quero dicir unha cousa que creo que estou practicando. Hai certas prerrogativas do grupo de goberno, que tamén ten que tomar decisións neste caso. Tratamos, polo menos desde a Presidencia, de ser o máis equitativos posible. A xustiza distributiva non é darlle a todos igual, a xustiza distributiva é darlle nun momento determinado a quen o necesita para resolver un tema, e eso fágoo e véñoo facendo normalmente con tódolos Alcaldes. E curiosamente, neste caso, curiosamente porque é Cangas tamén. Estiven co Sr. Alcalde e tamén lle dixen, se é un tema importante faise e fíxose, e hai que doblar o PAC, pois dóblase, con cargo ós 280 millóns. Así de claro. Agora, indudablemente nunca se vai gobernar a gusto de todos e loxicamente menos a gusto da oposición, pero se hai algún caso coma o que me está plantexando, dígamo a ver onde está a discriminación e corrixímola. Ten a palabra D. Baltasar García. Sr. García García.- Vamos a ver, yo le rogaría una cosa al Sr. Presidente. Es que por los medios de comunicación estamos cada poco viendo algunos proyectos, que va hacer esta casa, que nos parecen algunos positivos, o sea, no queremos en absoluto plantear ninguna cuestión extraña. Lo que si planteamos es que esos proyectos que se dan a los medios de comunicación se nos presenten también en las Comisiones. Ejemplo: el Museo de Pontevedra. Creo que estaría bien que la Comisión de Cultura nos llevara los planos y el proyecto y alguien nos explique hasta donde alcanza el proyecto ese y qué se va hacer en su totalidad. Que no lo leamos sólamente por los medios de comunicación. Leo por los medios de comunicación que hay un proyecto sobre el Museo de Pontevedra para de alguna forma, bueno, modificar, esto es lo que leo yo en los medios de comunicación. Lo mismo el proyecto sobre el cubrimiento de la vía del tren. Esos proyectos que se anuncia en los medios de comunicación y que son temas importantes, que se lleven a las Comisiones para informarnos de cómo son, cómo se van hacer, cuánto cuestan, etc., para que estemos debidamente informados de lo que se va hacer. Queremos estar informados de qué se va hacer en el Museo de Pontevedra, hasta donde llegan las obras que se pretenden realizar y qué proyectos tiene; lo mismo que cubrir la vía del tren que también es interesante saber cómo se va hacer y qué proyecto y de qué forma se va hacer. Y nada más. Ese es el ruego. Sr. Presidente.- D. Baltasar, yo no se si apareció o no apareció en los medios de comunicación un proyecto de lo que va a ser el Museo una vez que abandone Ciencias Sociais el edificio. Ten que entender que sólo existe aquí, en mi mente en este caso, porque el fin y al cabo soy el que tengo dedicación exclusiva aquí y el que tengo la responsabilidad de esta casa. Está aquí en mi mente y muchas veces están ahí los medios de prensa y les comento lo que pienso que debería ser. Pero bueno, yo no he visto en ningún sitio que hubiese proyecto de eso, sino una intención, y por supuesto se ha encargado ya un proyecto. Se ha encargado un proyecto porque si se van en el 98 yo tengo que tener previsto lo que vamos hacer ahí y por lo tanto no puedo esperar a que se marche. Yo puedo llevar a la Comisión una cosa que tiene visos de realidad, como estamos llevando los temas, pero no voy llevar las ideas que yo tengo porque la mitad de ellas fracasan, porque son irrealizables o no se pueden llevar por falta de medios. Yo eso no lo puedo llevar, como puede entender usted, ni lo lleva nadie. Si usted lo sabe por la prensa preocúpese también de verlo porque yo no tengo ni el preproyecto todavía, lo tiene Renfe. Usted me está pidiendo casi lo imposible. Es que me está pidiendo cosas imposibles, creo yo. En este momento es una idea, pero con fundamento en la realidad. ¿Sabe lo que quiere decir eso?. Que es un futuro y un futuro muy próximo. Ten a palabra D. Miguel Domínguez. Sr. Domínguez Vaz.- Como aclaración a lo que dijo el Sr. Chillón sobre el Convenio de Infraestructuras Deportivas. Nosotros no participamos en la elaboración, este equipo de gobierno, si participó la Diputación. Porque es un Convenio 94-97 y no estábamos todavía formando parte del equipo de gobierno. Pero desde que formamos parte del equipo de gobierno hay dos miembros de esta Diputación que forman parte de esa Comisión, que somos el Presidente y yo por parte de la Diputación y otros dos por parte de la Secretaría, que es D. Ramón Brigos y el Secretario Xeral para o Deporte, y estamos llevando el control de la ejecución. Para aclaración nada más porque decía que no había Comisión. Sr. Chillón Iglesias.- Con tódolos debidos respectos, entón faltou información durante eses dous anos, porque ese tema témolo plantexado aquí en sesión plenaria varias veces. Sr. Domínguez Vaz.- Hay una pregunta hecha por el Bloque, firmada por usted, con respecto a lo que pasaba con las pistas de Cangas. No se contestó porque se entendió que estaba arreglado el problema. El Alcalde de Cangas se presentó en la Secretaría Xeral y llegaron a un acuerdo perfectamente claro de cuál iba a ser la evolución de ese tema. El problema no es problema ni de la Secretaría Xeral ni de la Diputación. El problema es que en este Convenio la primera obligación es poner los terrenos a disposición de la Xunta, a disposición del Ayuntamiento. Y estos terrenos el Ayuntamiento no los consiguió hasta febrero de este mismo año; naturalmente es imposible la realización de las pistas cuando no se dispone de los terrenos. No es un problema en ningún caso ni de la Secretaría ni de la Diputación, es un problema del Ayuntamiento de Cangas. En cualquier caso en las conversaciones que hemos tenido entre la Secretaría y nosotros y entre la Secretaría y el Ayuntamiento de Cangas se llegó ya a la conclusión de que será una obra prioritaria en el próximo Convenio, si se firma el próximo Convenio. Sr. Chillón Iglesias.- Por suposto, neste caso hai información e despois había neste caso a crítica a esa Comisión inexistente ou existente. Miguel fixo unha alusión nese caso a que si existe, entón se existía faltou a segunda parte que foi a información. Eso é evidente. En canto a esa cuestión hai moito que contar aí. Non nas pistas en si, senón en calquera obra que queira. Se está neste caso, é en función de cómo se leva calquera tipo de Convenio, é dicir, se está planificado ese Convenio plurianual cunha serie de obras concretas e a consignación económica. Evidentemente ese requisito previo de poñer a disposición os terreos de calquera tipo de instalación, como pasa me parece no caso das pistas de atletismo de Vilagarcía, tamén noutros casos, é un requisito previo, pero se é un plan plurianual e hai un desglose de cantidades en teoría pois non rematou o Convenio e en caso de que, por esa circunstancia de non ofrece-los terreos, a esa obra que no seu día está contemplada e que se vendeu publicamente, que si que estaba garantizada, pasaría a remanente ou o que fose; sería se cadra un proceso lóxico dun Convenio. Se non é así, se van variando e van introducindo en función doutros criterios, e pasa o que pasa, pero non é así tan claro, polo menos desde o meu punto de vista. Sr. Domínguez Vaz.- El problema sería efectivamente así si las partidas fuesen consideradas como partidas finalistas. Las partidas no son partidas finalistas, ni la Xunta ni la Diputación pueden estar a expensas de que al final de una legislatura cualquiera de los Ayuntamientos fracase en sus acciones y quedaría mucho dinero sin ejecutar. El presupuesto está ejecutado al 100% precisamente porque tenemos eso previsto en el Convenio. Las partidas no son finalistas. Si en el plazo prudencial no se presentan los terrenos a disposición de los Ayuntamientos y por lo tanto a disposición de la Xunta, no se pueden realizar las obras y se cogen obras en reserva porque siempre se contemplan más obras de las que se pueden ejecutar. Sr. Presidente.- El lunes tuvimos una reunión Miguel e eu mesmo sobre este tema para face-lo último seguimento ó tema das obras. Na relación que che vou mandar verás que é exactamente coincidente ca que me deron a min, cando cheguei a esta Deputación, das obras planificadas. Eu pedinlle explicacións a Eduardo Lamas por que non estaban todas contratadas. E efectivamente, porque puxeron unha serie de obras de reserva para en caso de non dispoñer de terreos abordar estas obras e deixa-las outras prioritarias tamén para acometer inmediatamente. Non sei se me explico. E se non me equivoco, corríxeme Miguel, de tódalas obras planificadas, que eu recorde neste momento está Cangas e está Cerdedo, que é o único Concello que aínda non ten ningún pavillón tamén, e non recordo ningunha máis. Estaban todas, as que estaban programadas e as de reserva se había algunha dificultade. Practicamente quedan seis ou sete, que loxicamente estaban fóra do presuposto, estaban planificadas a maiores, e esas son prioritarias, este ano se hai posibilidade, e senón indudablemente para o ano 98, pero nunca foi por razóns de non querelo levar a cabo, senón porque houbo dificultades de terreos e algunha dificultade administrativa. É por complementa-lo que dixo Miguel Domínguez. En todo caso, na relación que vou mandar, e que lle vou mandar a Efrén, veredes polo menos os datos que me deron a min, exactamente desde que empezou o Convenio ata o 97. Eran as obras que eu tiña aí sobre a mesa, e que en concreto cando me pediu un día Ramona Castaño, son os mesmos papeis e están aí. Ademais vou especificar cales están en fase de construcción porque son as últimas, e cales son as que non están e quedan pendentes, para que teñades a información completa. ¿Algunha cousa máis?. Gracias. Levantamos a sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as doce horas e cincuenta minutos do expresado día, dase por rematada a sesión e dela exténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición