ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 1997/06/27_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.358/1.1997-06-27_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 1997/06/27_Ordinaria

  • Data(s) 1997-06-27 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 237 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 27 de xuño de 1997 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e quince minutos do día vintesete de xuño de mil novecentos noventa e sete, baixo a Presidencia do Sr. Vicepresidente D. Julio Pedrosa Vicente, reuníronse os Sres./as Deputados/as, D. Xosé Ramón Abal Varela, Dona Carmen Avendaño Otero, D. Adolfo Campos Panadeiros, Dona Ramona Castaño López, D. Xosé Costa Díaz, D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, D. Miguel Domínguez Vaz, D. José Luis Fernández Lorenzo, Dona Carmen Ferro Carballo, D. Lino Fontán Mariño, Dona Ana Gandón Menduíña, D. Baltasar García García, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. Mario López Martínez, D. Rafael Louzán Abal, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Santiago Pazos Moreira, D. Amado Ricón Virulegio, D. Ramón Sestelo Fernández, D. Santiago Tirado Serén, D. Pablo Vázquez Caride e D. Manuel Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten o Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López nin os Sres. Deputados D. Xosé Manuel Barros González e D. Oswaldo Lino González Pereira, excusando todos eles a súa inasistencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Con un poco de retraso comenzamos este Pleno. En primer lugar quiero disculpar la ausencia del Presidente, Sr. Abeledo, por importantes motivos familiares que le impiden estar con nosotros. Estrenamos la megafonía; no se si se oirá mejor que antes, esperemos que si porque está a prueba y si da resultado se mantendría. 1.4089.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- El punto 1º, "Aprobación del acta de la anterior sesión del 29 de mayo del 97" que se ha remitido a todos los Diputados. ¿Tienen alguna alegación a la misma?. Si no procedemos a su votación. ¿Votos en contra del acta?. No hay. ¿Abstenciones?. Tampoco. Votamos todos a favor. O Pleno acorda, por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 29 de maio de 1997. ------ Folla: 237,241 2.4090.- ABONO DE EXPROPIACIÓNS DA "CIRCUNVALACIÓN DE ARBO" E RECTIFICACIÓN DO ACORDO PLENARIO DE 31-01-1978 Sr. Presidente.- El 2º punto, "Abono de expropiacións da circunvalación de Arbo e rectificación de acordo plenario de 31 de xaneiro de 1978". ¿Alguna intervención?. Por el Bloque, D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Eu creo que se vai aprobar algo que ten practicamente vinte anos, rectificar un acordo de data 31 de xaneiro do 1978, hai dezanove anos larguisimos. Creo que cando menos habería que explicalo e creo que habería que tamén sacar consecuencias. Segundo consta no expediente, o asunto é que no Plan da Comarca de Acción Especial do 77 ía unha obra que era "Circunvalación de Arbo"; que en principio o Concello comprometíase a poñer a disposición os terreos e esta Deputación facía a obra. Como o Concello non logrou poñer a disposición os terreos, esta Deputación tomou o acordo en xaneiro do 78 de inicia-lo expediente expropiatorio e a partir de aí esquenceuse do tema e despois houbo sentencias que condenan por aquel acordo que non se sabe moi ben por que se tomou. E non sei se quedará, si que queda, hai funcionarios dos que informaron daquela que aínda están nesta casa. E quedou parado con indefensión absoluta dos expropiados e con deixadez e prepotencia desta casa por non cumprir ben os trámites. E agora nos vén unha sentencia do Supremo de que temos que cumprir ben os trámites e temos que pagar o que se acorde despois de cumprir ese trámite. Esa é a historia e agora a Deputación decide que hai que aplicarlle ben os trámites a todo o mundo e que hai que pagarlle a todo o mundo. O total se nos vai a 56 millóns e medio, vinte anos despois. Eu creo que cando menos aquí ten que haber responsabilidades de alguén, ben individuais, ben da Administración, dalgunhas Administracións actuantes. E eso non aparece por ningún lado, nin aparece ningún informe xurídico serio sobre se temos que, sen ir ós Tribunais, pagar estas expropiacións dos restantes. Da propietaria que reclamou evidentemente temos que pagalas. Ou se tamén ó Concello de Arbo, por meternos este puro de rebote, se lle van a desquitar esta cantidade de cartos ou parte en forma de quitarllos nalgún plan no que participe, sexa no Plan de Acción Municipal ou nestes miles de plans que hai na Deputación. Eu creo que había que facer algo neste sentido e non se fai, non se fai en absoluto. Polo tanto, nós non podemos, a pesar de que é unha historia que vén de antes das primeiras eleccións municipais, antes de que esta Corporación estivera elixida polo procedemento novo, en función dos concelleiros elixidos directamente etc., etc. En fin, tampouco vamos a remontarnos á historia, pero o que si creo é que a actuación debía vir con informe xurídico de si realmente temos que pagar ou non, temos que adiantarnos xa á sentencia ou non, e de responsabilidades ben administrativas, ben individuais, de quen fixo unha chapuza de tal calibre, porque é moi simpático que o Concello de Arbo, cando lle presenta unha reclamación aplica o silencio administrativo e non vai comigo, cando tiña a responsabilidade o Concello de poñer a disposición os terreos. Aquí hai un cúmulo de irregularidades e un cúmulo de desidias, etc., que ó final nos vén en forma de case 57 millóns a esta Deputación. Tal como vai o expediente nós non o vamos avalar. Sr. Presidente.- Gracias D. Cesáreo. Por el PSOE D. Emilio González tiene la palabra. Sr. González Iglesias.- Los pormenores ya los explicó Cesáreo y un poco la historia de este tema. Simplemente esto va a suponer que la Diputación va a pagar ahora mismo 56 millones de pesetas de algo que procede del año de 1978 y aquí hay una sentencia del Supremo sobre el recurso de una persona. Se entiende que, de hecho ya lo han hecho, van a recurrir todos los demás, con lo cuál habrá que pagar esta cantidad, y hasta ahí perfecto. Lo que ocurre es que esto nace, como decía Cesáreo, de una obligación que en principio debería tener el Ayuntamiento de Arbo y si ahora la condenada es la Diputación, lo lógico es que aquí se pidan responsabilidades y se aclare de quién son esas responsabilidades. No es muy normal que se paguen los 56 millones de pesetas y correr un túpido velo sobre el tema. El tema tiene 20 años; están ahí todos los papeles y debe verse quién tiene responsabilidades, independientemente que, por sentencia judicial y por las reclamaciones que se van a producir, tengamos que pagarlo. Como esto no es lo que se plantea aquí, nosotros vamos a abstenernos en principio. Sr. Presidente.- Gracias. Por el Grupo Popular D. Santiago Tirado. Sr. Tirado Serén.- Ben, este é un proceso que ten unha longa historia, tal como veu declarando o Sr. Mosquera e corroborou o Sr. González, onde se demostra que ó longo de practicamente 20 anos leva dando voltas un proceso. Trátase da construcción dunha vía de circunvalación a Arbo, unha vía pertencente á CAE, á Comarca de Acción Especial daquela época, que o Concello delegou a asunción da tramitación das expropiacións, visto que inicialmente non conseguiu adquirilos con avinza cos propietarios. Entón, a Deputación asumiu esa expropiación. Como en tódolos procesos, houbo quen asumiu desde principio e chegaron a acordo coa Deputación; houbo quen por desidia ou por abandono ou porque non vivían alí ou pola razón que fose, que eu non a chego a saber, non interviu para nada; e houbo tamén ó final quen, visto que os prezos que se lle asignaban non eran os que consideraba convenientes, acudiu ós Tribunais. En resume, primeiro demandou da Deputación e máis do Concello que lle pagasen o que ela consideraba. O Concello dalgún xeito dou a calada por resposta, e entón ela recurriu contra o silencio administrativo das dúas administracións. Posteriormente, alá no ano 63, hai unha resolución primeiro do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e posteriormente a apelación tamén fallada no mesmo senso de que a Deputación, por se-lo órgano que iniciou o expediente, é a que se ve obrigada a facer frente a estas expropiacións, independentemente de que o Concello no seu día se responsabilizase de asumir a posta a disposición dos terreos. O evidente neste momento é que a Deputación ten que asumir esto e por conseguinte non queda máis remedio que facerse cargo deso. Dentro dos posibles afectados ou atinxidos hai de tres tipos: hai o caso desa señora que xa cobrou; hainos que, agora, ó ver que esa señora cobrou, eles recurren, presentan unha cascada de recursos diante desta Deputación e á Deputación non lle queda máis remedio que asumilos. A sentencia esta é tan clara e tan paladina que non lle queda máis remedio que recoñecela, que así ten que ser, ten que facerse cargo. Despois hai aqueles que non recurriron para nada, que teñen o mesmo dereito, aínda que non sexa máis que por un principio de equidade e de xustiza. E despois hai aqueles outros, que é outro cuarto grupo que podíamos chamar, que no seu día chegaron a un acordo coa Deputación e firmaron, ou sexa, houbo a avinza co organismo expropiante. Pero claro, a estes non sería tampouco xusto, polo feito de que no seu día chegaron a un acordo con esta casa, que agora se deixasen de banda. Por conseguinte, non nos queda máis remedio que, por un principio de xustiza e un principio de equidade, pagarlles a estes. En total, unha operación que en principio podía costar algo menos de 30 millóns de pesetas, agora como hai intereses de demora, a cousa vai a cincuenta e seis millóns catrocentas mil e pico de pesetas. Eso é o que queda, hai que pagar e nada máis. Polos partidos da oposición apúntase que houbo chapuzas, que houbo responsabilidades. Eu non entendo moi ben que tipo de responsabilidades se lle pode esixir; esta casa en cada ocasión foi seguindo o trámite que a Lei lle marcaba, no momento en que a Lei determina que así ten que ser asúmeo e acabouse, é dicir, aquí non hai ningún tipo de responsabilidade e a chapuza non sei quen a cometería, desde logo esta casa non. Sr. Presidente.- Gracias. Por el Bloque D. Cesáreo Mosquera en réplica. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. É que o tema non parece que sexa transcendente; sen embargo eu creo que si o é, aínda que poida ser enfarragoso, eso é outra cousa. Si o é e afecta a varias cousas. Primeiro, fundamentalmente á maneira de facer e tramita-los expedientes esta casa, que por certo aínda sigue sendo unha práctica habitual. Acaba de recoñece-lo, Sr. Tirado, que algo que podía costar menos de 30 millóns agora costa o doble. Que haxa unha sentencia firme en contra desta Deputación supón que algo fixemos mal, supón que algo se faría mal porque se non non tiña por que haber esa sentencia. É evidente que se fixo mal. Iniciouse o trámite expropiatorio sen seguir despois os trámites, soamente se iniciou, sen segui-los trámites necesarios para que a expropiación chegara a bo fin. Fíxose un depósito e punto, non se fixo nada máis a partir de aí, non se seguiron os trámites habituais. Pero hai máis cousas, hai a falsidade habitual que segue sendo hoxe, séguese aplicando hoxe, que é que un Concello cando solicita unha obra di que ten a disposición os terreos e resulta que nos ten. Segue sendo que un Concello, que daquela estaba na Comarca de Acción Especial, e que segue estando e polo tanto sae profundamente beneficiado, asume que ten os terreos para poñer a disposición e que se compromete a poñelos a disposición e despois lle rebota a esta Deputación e leva a obra máis os terreos, máis lle cubren a falsidade de dicir que os ía poñer, máis non sei cantas cousas. Segue sendo absolutamente certo e incluso segue sendo unha práctica que se segue usando nesta Deputación ou que se usaba ata fai moi pouco. Entón, creo que se nesta casa non se quere entrar nas responsabilidades de quen non tramitou o expediente correctamente, xa non nos parece tan ben, e se a maiores resulta que un compromiso do Concello de Arbo, que non cumpre e aínda por riba non se preocupa do expediente senón que lle rebota a esta casa as expropiacións cando o Concello se comprometera e era condición para face-la obra poñer a disposición os terreos, esto xa pasa de castaño oscuro. Por eso digo que se resulta que ó Concello de Arbo lle presentan unhas reclamacións, non lle fai nin puñetero caso, alá que se maten coa Deputación cando era aquel Concello o que tiña que poñer a disposición os terreos, non nos parecería ben. É unha chapuza exemplarizante do que sucede con certos Concellos, sucedeu, sucede e agardemos que non sucederá, pero moito nos tememos que sucederá, porque se un Concello ten que poñe-los terreos a disposición, pois que os poña e se non os pon, non se lle fai a obra. Ou que pague a expropiación. Se o Concello non ten capacidade para tramita-la expropiación, tramitámoslla nós, pero tramitámola ben, cousa que non fixemos, e que pague, e se non que faga outra obra, pero o que non pode ser é que leve todo, que leve os osos, os cornos, a carne e máis a piel, non pode levarse todo, que é o que está pasando con certos Concellos. Esto non é tan simple como dicir "é unha sentencia", pero a sentencia é consecuencia do que é e ten por debaixo. Nós, desde logo, se a Deputación vai asumir eso sen rebotar ningunha responsabilidade económica, xa non digo xurídica, vinte anos despois, aínda que sexa parcialmente, sobre quen foi o responsable do incumprimento, que foi o Concello de Arbo, vámolo votar en contra, evidentemente que vamos votar en contra. Sr. Presidente.- Gracias. Quiere intervenir D. Santiago Tirado. Sr. Tirado Serén.- Bueno, antes de nada, quizá pola premura de ter que defender un punto, olvideime ou esquecinme de pedirvos perdón polo retraso que foi totalmente involuntario. Un pequeno incidente de carretera motivou que perdese un cuarto de hora e e impidiume chegar aquí, por eso pídovos perdón por adiantado. E agora cinguíndonos ó punto, tal como di Mosquera, non se pode dicir que este fora un proceso totalmente regular; agora, a nós o que nos corresponde o día de hoxe é defender esta casa. E esta casa neste momento atópase cun problema, e o problema é derivado dunha sentencia que hai que cumprir. Logo, posteriormente, os pasos que haxa que dar xa se darán, pero neste momento o que hai que facer é cumpri-la sentencia e nada máis. E nadie lle pode negar á Deputación o dereito a defender, incluso cando o Xurado de Expropiación determina uns xustiprezos, ninguén lle nega á Deputación que mentras a sentencia non sexa firme teña que pagarlle, e a sentencia non foi firme ata recente. Apúntame Mosquera a posible irregularidade ou falsidade cometida polo Concello de Arbo cando no seu día puxo a disposición desta casa os terreos para poder incluir dentro do Plan da Comarca de Acción Especial esa obra. Nin eso é imputable totalmente ó Concello de Arbo nin a ningún, porque se todos seguimos esa norma non se faría absolutamente nada. É un problema xeral de funcionamento da Administración, pero non desta Administración senón de tódalas Administracións. É dicir, calquera dos que están aí que son Alcaldes, e penso que incluso moitos de vostedes que ás veces presentan unha factura pagada e non a pagaron, fixemos algunha, todos o fixemos algunha vez, tamén estamos cometendo falsidade pero a Administración é así. Moitas veces obríganos a dicir cousas que non hai. Indudablemente, se o Concello de Arbo nese momento non presenta unha certificación dicindo que dispón dos terreos, seguro que esa obra non lle entra e por conseguinte houbese perdido a subvención. Por eso é disculpable que moitas veces hai que facer cousas aínda que non lle gusten a un, a vida é así. Dito así, un pouco a grandes rasgos, é máis ou menos o que tiña que dicir respecto a esto. Sr. Presidente.- Gracias. Por el PSOE, D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Cambia substancialmente la primera intervención del Sr. Tirado de la segunda. En la primera intervención nos dice que nos obliga la sentencia y nada más, y en la segunda empieza a reconocer un procedimiento irregular en todo este proceso. Un procedimiento irregular que estábamos diciendo en nuestras primeras intervenciones todos, excepto el grupo de gobierno y el Sr. Tirado. Lógicamente, cuando hay una diferencia, y juego con sus cifras, de 26 millones de pesetas algo ha pasado. Y alguien tiene que explicar por qué ha pasado eso. Yo no estoy diciendo que lo tenga que explicar esta Corporación o que lo tenga que explicar el Sr. Tirado. Pero esta Corporación tiene el deber de buscar por qué ha pasado esto y si tiene nombres y apellidos ponerlos encima. Y si es de un Ayuntamiento también, aunque lo gobierne el Partido Popular. Lo más sorprendente para mi es que el Sr. Tirado nos diga ahora que en este acto vamos a dar cumplimiento a la sentencia, y los pasos que se tengan que dar ya se darán. Para nada que este es el acto donde hay que decir que tendremos que pagar porque hay una sentencia que nos obliga, pero al mismo tiempo se reabre este tema, a ver que es lo que ha pasado, y se toma el acuerdo en el mismo acto. Eso es cuando se quiere hacer una cosa de verdad. Y cuando no se quiere hacer se hace el planteamiento del Sr. Tirado, que es ahora pagamos y los pasos que haya que dar ya se darán. No señor. Y el reconocimiento implícito que está haciendo de absolutas irregularidades me parece brutal. Yo si no pagué una factura no puedo decir que la pagué, yo persona, pero institución mucho menos, porque delante de un acto de una institución hay unos asesores jurídicos que tienen la obligación de decir esto no fue así y esto no puede ser así. Y ese Ayuntamiento los tiene también y alguien tiene que advertir que se están haciendo una serie de cosas contrarias a la Ley. Pero no vale decir, oiga, mire, es que no se qué, una factura, que resulta que la doy como pagada y no la pagué, no, mire esto nada tiene que ver con el caso de la factura. Por lo tanto mantengo el mismo sentido del voto en el sentido de la abstención, salvo que el Grupo Popular se plantee ver lo que ha pasado con este tema, pero que se lo plantee en acuerdo, no decir que los pasos que haya que dar se darán más adelante. Sr. Presidente.- Gracias. Eu soamente, se me permites Santiago, como resumen de la postura del equipo de gobierno, decirles qué es lo que nos llevó a cumplir en este momento esta sentencia. Mire usted, los terrenos particulares se ocuparon en su día, las obras se realizaron, los Tribunales tardaron más de 15 años en determinar quién era la entidad que tenía que pagar, desgraciadamente para nosotros señaló que era la Diputación como ente expropiante, y por lo tanto ahora vamos a pagar. No existe ningún perjuicio económico, puesto que se está pagando sólamente el principal más intereses de demora y, como saben bien, los intereses de demora no es ninguna sanción, simplemente es el coste del dinero, no es lo mismo las pesetas del año 80 que las pesetas del año 97. Esto es lo que se ha planteado el equipo de gobierno en este momento, cumplir fielmente la sentencia y por lo tanto proceder al pago a esos particulares que bastante llevan sin cobrar. No quería reabrir debate, simplemente exponer nuestra postura. Pasamos a votación. ¿Votos en contra?. BNG. ¿Abstencións?. PSOE. El resto votamos a favor. Sendo condenada esta Excma. Deputación Provincial, por sentencia 3026/1990 do Tribunal Supremo, confirmatoria da sentencia 802/1989 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, relativa ó recurso contencioso-administrativo interposto por Dona Milagros Vázquez Rodríguez, propietaria das fincas números 12 e 13 afectadas pola "Estrada de circunvalación de Arbo", ó inicio e tramitación dos expedientes de xustiprezo de tales fincas e ó seu abono, así como dos correspondentes intereses de demora, en base a considerar como Administración expropiante a esta Excma. Deputación Provincial, toda vez que adoptou o acordo plenario de 31 de xaneiro de 1978, de iniciación do expediente expropiatorio da "Estrada de circunvalación de Arbo", abonándose á referida titular o xustiprezo e intereses de demora, resultantes da Resolución do Xurado Provincial de Expropiación de 14 de setembro de 1983, e como queira que se presentaron en cascada as reclamacións dos restantes propietarios afectados por tal estrada, solicitando o abono dos xustiprezos correspondentes, procedeuse a efectua-lo cálculo dos mesmos e dos intereses de demora, con base no informe emitido polo Sr. Vicesecretario desta Excma. Deputación Provincial, partindo dos prezos fixados polo Xurado Provincial de Expropiación, que gozan de presunción de veracidade segundo reiterada Xurisprudencia e da regra que para determinación de intereses de demora establece o Art. 56 da Lei de Expropiación Forzosa, polo total de 49 fincas, das cales 39 propietarios efectuaron a súa reclamación, e outras 10 incluíronse no mencionado cálculo, pese a non promovelas, por razóns de xustiza e equidade, ascendendo a suma total de ditas expropiacións a CINCUENTA E SEIS MILLÓNS CATROCENTAS OITENTA E UNHA MIL CORENTA E NOVE PESETAS (56.481.049), segundo informe da Intervención adxunto, por todo o cal o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por maioría de votos do Grupo Popular, coa abstención do Grupo Socialista e os tres votos en contra do BNG, aproba-lo expediente de xustiprezos e intereses de demora da "Estrada de Circunvalación de Arbo", para o seu abono ós propietarios afectados por tal vial. ------ Folla: 241,243 3.4091.- MODIFICACIÓN DE TRAZADO DA "EP CAÑIZA - CRECENTE" DO INTERREG II Sr. Presidente.- Pasamos al punto 3º. Modificación del trazado Cañiza - Crecente del Interreg II. Por el Bloque, D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias, Sr. Presidente. Non quero reabrir o debate anterior e pido permiso para unha licencia. Nós non estamos en contra de que se cumpra a sentencia, pero quen sacou beneficios e se comprometeu foi o Concello de Arbo, polo tanto aí había que actuar e non se actúa. Gustaríame ver, se o Concello fora doutra cor política, como se actuaba. Sr. Presidente.- Explíqueselo al Tribunal que dictó la sentencia que nos condenó a nosotros y no al Concello. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non se me quere entender. A Deputación paga, pero a Deputación ten nas suas mans a ferramenta para repercutilo en quen realmente tiña a responsabilidade. Se non se quere facer que non se faga. Manteño o que dixen antes. Estamos coa modificación do trazado Cañiza-Crecente e estamos con máis do mesmo; ou sexa, unha obra estaba adxudicada e resulta que unha vez que está adxudicada se descubre que cambiando o trazado sae moito mellor a obra. ¿Como non se descubreu antes?. Houbo quen fixo o proxecto e se lle pagou por eso, hai técnicos desta casa que deberían estudiar se o proxecto era o máis axeitado para soluciona-lo problema. E resulta que no, se adxudica a obra e unha vez adxudicada se descubre que había un trazado moito mellor do inicial. E ninguén ten responsabilidade nin pasa nada. Faise unha chapuza sobre a marcha; nós non dubidamos que realmente sexa mellor trazado, non vamos entrar neso, pero ¿como nos vamos a fiar do seguinte proxecto que veña por aquí?. Ó mellor é un proxecto magnífico, e despois os mesmos que din que é un proxecto magnífico, ó cabo de 15 días din non, non é magnífico, había outro moito mellor. Non é serio cando á parte se cobran as cifras que se cobran por estes proxectos. Non é serio e chove sobre mollado. Aquí xa tivemos que cambiar un proxecto que resulta que se tragaba un rio, non o contemplaba, é un acceso a un núcleo de poboación. E uns señores que fixeron un proxecto e que cobraron por el unhas cifras verdadeiramente substanciosas, e nunca pasa nada, nunca pasa nada, é que é francamente tomarnos de coña. E esto porque é unha modificación substancial que leva a expropiación, porque modificacións hai tódolos días en tódalas obras a pesar de paga-lo proxecto relixiosamente, pagalo a prezo de ouro, porque normalmente son bastante caros, e despois, sobre a marcha, se modifican e nin nos enteramos. Aquí nos enteramos porque resulta que hai expropiacións e entón ten que vir polo Pleno. Non vamos avalar este tipo de funcionamento, de ningunha maneira o vamos avalar. Esixan responsabilidades a quen fai estas cousas, se pagamos temos dereito a esixir e cando encargamos o proxecto que sexa o mellor posible, que o estudien con calma e non que o fagan sobre un plano. Nós non somos competentes para saber se é mellor ou non, aceptamos que sexa mellor a modificación. Pero non é serio facer unha modificación dese tipo unha vez que está adxudicado xa o proxecto. Esto non é unha ampliación de obra, é unha modificación, viola parte dos principios de adxudicación, viola todo, é un tipo de funcionamento que non se pode avalar de ningunha maneira. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Mosquera. Por el PSOE, Sr. Juanes. Sr. Juanes Rodríguez.- Gracias, Sr. Presidente. Aquí en Galicia hai un dito que di que as estradas se trazan, ou sexa, hai un burro fariñeiro diante e o enxeñeiro detrás marca segundo a traxectoria que vaia o burro. Ese dito parece que ás veces desgraciadamente se convirte en realidade. É realmente inconcebible, eu creo que ese é o calificativo que hai que darlle, que un proxecto que se aproba fai aproximadamente seis meses, porque é do Interreg, deste ano non, e que cando se vai face-lo replantexamento da obra se vexa alí sobre o terreo que o proxecto está mal feito. Eu creo que é absolutamente inconcebible, que aí hai unha responsabilidade do técnico e hai unha responsabilidade política de cales son os criterios que se utilizan para adxudicar este tipo de proxectos e o equipo de goberno terá que dicir algo. Eu penso que hai que empezar a vetar, eu descoñezo o nome do enxeñeiro, e por ética aínda que o soupera tampouco o ía a dicir, certos consultings ou certos enxeñeiros que están facendo traballos para esta casa, porque realmente estanlle causando un prexuízo, á parte do ridícula que é esta situación, están causando un prexuízo porque eso agora se vai demorar no tempo, queiramos ou non, ten que haber outro expediente de expropiación forzosa. Creo que hai unha responsabilidade política clara por parte deste equipo de goberno e quixera saber que tipo de criterios se utilizan para seleccionar este tipo de consultings e de enxeñeiros que fan os proxectos e para evitar este tipo de actuacións hai que empezar a utilizar criterios serios e empezar a vetar certos enxeñeiros e certos técnicos que traballan para esta casa porque é absolutamente inconcebible este tipo de situacións. Nós vamos a absternos, independentemente de que seguramente o novo trazado é mellor, pero nos vamos a abster por unha cuestión de procedemento. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias. Por parte del grupo de gobierno D. Santiago Tirado. Sr. Tirado Serén.- Gracias, Sr. Presidente. Agora parece ser que é frecuentisimo que en tódalas intervencións fálese sempre de responsabilidades. Eu creo que debíamos baixar un pouco o tono porque ¿responsabilidades de que?, ¿que tipo de responsabilidades?. Estamos todos de acordo, porque ademais todos vimos o novo trazado, en que é moitisimo mellor. Unha curva que era pechadisima ou que era bastante pechada convírtese en moito máis circulable e incluso un nivel máis uniforme en canto á cota é o novo trazado, que ademais significa un pequeno movemento na obra, que ó mellor pódese saca-la conclusión de que é un desbaraxuste. É un pequeno movemento nada máis, que ademais non significa nin perda de tempo. Apuntábase que hai prexuízo e non hai prexuízo porque resulta que os afectados practicamente son os mesmos, que hai avinza con eles, que non se vai demorar para nada a construcción. A única cuestión que teñen é que aparece alí unha señora que quere que lle expropien a casa tamén; ese é o único problema que hai en todo este novo trazado; hai unha señora a quen se lle expropia un cacho de horta e quere que lle expropien a casa tamén porque na opinión dela tenna demasiado cerca da nova vía ou do novo trazado da vía. Evidentemente, a parte técnica di que non é necesario, vese afectada igual que calquera outra vivenda que estea próxima a unha estrada, por eso non se lle vai expropiar. Resulta que non hai demora de tempo, non hai prexuízo, hai unha mellora sensible de trazado e resulta que aquí ó parecer hai responsabilidades. É moi frecuente que en tódalas obras, cando se van a replantear, se produzan modificacións e esta modificación é completamente racional ou completamente xustificable; eu non vexo tanta negatividade como se ve desde os bancos da oposición. Paréceme que o que debemos facer é apoialo porque debemos buscar un mellor trazado, moito máis seguro. Non significa en ningún sentido, nin perda de tempo, nin sequera maior coste de expropiación nin nada de nada. Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Tirado. Pasamos a votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Bloque e PSOE. El resto votamos a favor. No proxecto de "E.P. Cañiza-Crecente" pertencente ó Programa Operativo Interreg II, España-Portugal, preveíase un trazado que afectaba a uns eucaliptos centenarios, propiedade desta Deputación, e a dúas instalacións próximas ós mesmos (piscinas municipais e o parque inaugurado recentemente), pero efectuado o replantexo sobre o terreo observouse, como constata o informe do Enxeñeiro Director de Vías e Obras, que unha pequena modificación da traza melloraría enormemente a calidade da estrada, dotándoa dun perfil menos sinuoso e con mantemento dos metros cadrados de expropiacións-ocupacións, mantemento do saldo de terras sobre as que se levará a cabo o desmonte e terraplén, e do presuposto da obra. Dita variación de trazado suporá a alteración na titularidade das fincas a expropiar, polo cal, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por maioría de votos do Grupo Popular e coa abstención do Grupo Socialista e do BNG, aproba-la variación do trazado da "EP Cañiza-Crecente" do Interreg II e solicitar á Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos novos terreos e bens afectados, conforme á nova planimetría e relación de propietarios que se adxunta ó expediente. ------ Folla: 243,247 4.4092.- MOCIÓN DO DEPUTADO PROVINCIAL DO GRUPO DO BNG, D. XOÁN CARLOS CHILLÓN IGLESIAS SOBRE GRATUIDADE DO PASO POLA PONTE DE RANDE ENTRE O MORRAZO E VIGO Sr. Presidente.- Pasamos al punto 4. Moción del Diputado Provincial del Grupo del BNG, D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, sobre gratuidade do paso pola Ponte de Rande entre o Morrazo e Vigo. Sr. Chillón Iglesias.- Bos días. Esta moción enmárcase dentro dun doble aspecto que quixéramos reseñar. Por unha parte, a filosofía do noso grupo político cara á vertebración viaria e de servicio público de toda a rede viaria do noso país, e por outra parte tamén dentro da infraestructura necesaria que a Comarca do Morrazo e a vinculación con Vigo require desde tódolos puntos de vista de infraestructuras e a nivel de infraestructura, o tema do gaseoducto, que o temos aí pendente, como dos diferentes medios de comunicación e de transporte: transporte marítimo que tamén estamos cunha problemática, ferrocarril que parece que está dando pasos, e agora o tema viario. Cando alá polo ano 1982 se inaugura a Ponte de Rande, Ponte e infraestructura viaria financiada fundamentalmente polos fondos estatais, se concede o servicio á Dirección Xeral de Autopistas, neste caso do Atlántico. Xa daquelas hai quince anos, demandáramos a propia gratuidade deste paso. Unha ponte que viña a unir fundamentalmente Vigo e a nosa Comarca do Morrazo, cun aforro moi importante de quilometraxe e de tempo. O Morrazo e Vigo están fortemente vinculados desde moitos puntos de vista. Pola propia área sanitaria, aínda que na propia Comarca do Morrazo reivindicamos tamén un servicio sanitario propio, e polo propio mapa sanitario estamos vinculados, é dicir, día a día teñen os enfermos e familiares de enfermos que desplazarse a POVISA porque Cangas e Moaña pertencen a esa área sanitaria. Desde o punto de vista socioeconómico e laboral hai moitisima xente vinculada dunha parte da ría e da outra. Desde o punto de vista académico estudiantil, a nivel de estudios no CUVI, no Colexio Universitario, e noutro tipo de estudios medios e superiores. Desde o punto de vista de enlace intermodal das nosas infraestructuras, dependemos da estación de ferrocarril que enlaza en Vigo, do aeroporto e incluso con outros medios. E despois cara ó propio desenvolvemento socioeconómico da nosa Comarca e desta vinculación con Vigo e con toda a Comarca, tamén agora debido á inminente, perdón, a anunciadisima pero retrasada inauguración das propias autovías, neste caso da autovía das Rías Baixas, abrésenos un novo camiño para unir a nosa comarca coas autovías das Rías Baixas. Un motivo máis de oportunidade para reivindicar o que xa plantexamos hai quince anos. Xustificadamente penso que está amortizado ese coste; hai varios estudios desde aquelas datas ata a actualidade do número de vehículos por esa zona, que sempre veñen arredor dun 40, 42, 45 por cento, de que no tramo Pontevedra-Vigo o corenta e tantos por cento pois pertencen á vinculación Morrazo con Vigo. Por eses motivos, nunha primeira intervención demandamos que era xa o momento e plantexamos eso cara a nivel institucional nos diferentes organismos, concellos, mancomunidades, de Vigo e todo a súa mancomunidade territorial, plantexar tamén diante do Parlamento Autonómico de Galicia, diante do Parlamento do Estado e tamén o debate social entre tódolos colectivos e sectores sociais e económicos implicados nesta cuestión. Por estes motivos, presentamos esta proposta aquí para que a Institución Provincial tampouco quede allea neste debate social e nesta reivindicación e así o faga transmitir ós diferentes organismos dos que depende este tema. Sr. Presidente.- Gracias. Por el Bloque Doña Carmen Avendaño. Sra. Avendaño Otero.- Por el Partido Socialista. Vamos apoyar la Moción del Bloque Nacionalista Gallego por tres razones primordiales. Primero, porque efectivamente el área de todo el Morrazo tiene una fuerte vinculación con Vigo, tanto en el trabajo como en el estudio, como en los servicios sanitarios, que dependen del área sanitaria también de nuestra zona y consideramos que es imprescindible el servicio de autopista, un servicio cotidiano de necesidad no sólo para la zona del Morrazo sinó también para la zona de Redondela, donde efectivamente se produce la misma circunstancia. Hay cantidad de gente de Redondela que trabaja en Vigo y tiene grandes dificultades para ir por carretera, desgraciadamente por las entradas muy deficientes que tenemos en Vigo, con grandes aglomeraciones viarias, y lo que hace la autopista, y son 125 ptas. ida y vuelta, es agilizar entrada y salida, y creemos que es imprescindible que efectivamente se deje de pagar por este servicio. Por otro lado, el servicio marítimo de Cangas es en este momento y desde hace años poco estable, tiene una fuerte inestabilidad, está en precario y en muchas ocasiones los propios usuarios no lo pueden utilizar. Y después, la última justificación por nuestro grupo es que el peaje a estas dos salidas, tanto de Redondela como de Cangas, se justificó en su momento por el costo del Puente de Rande, un costo elevado, zona de ría muy fangosa que efectivamente fue una inversión de ingeniería importantísima y con un costo elevado, pero desde tantos años estimamos que ese puente está amortizado y no hay razón de que se mantenga el peaje. Por estas tres razones el Grupo Socialista va a votar a favor de la propuesta. Sr. Presidente.- Gracias, Doña Carmen. Por el Grupo Popular D. Santiago Tirado. Sr. Tirado Serén.- Bo é que neste caso non se nos impute responsabilidade tamén como en tódolos demais. O que pasa é que como estamos en precampaña electoral aparece por tódolos lados xente disposta a descubri-lo Mediterráneo. Eu o que entendo moi ben é que cada un pida o que queira. E digo eu, fálase do Morrazo, o Morrazo tamén é Marín, e entón bonificar ós de Marín, e ¿os de Pontevedra que dirán?, porque ¿que diferencia, digo eu, hai entre os de Pontevedra cos de Vilaboa, que son colindantes, ¿por que para os de Marín si e para os de Pontevedra non?, digo eu. E igualmente podíamos dicir, ¿e os de Poio?, que tamén quedan aí ó lado. ¿Uns son fillos de Dios e outros non?. E cando se fala de que sexa nun sentido, o Morrazo-Vigo e viceversa, quere dicir que ¿para os de Vigo cando atravesan a Ponte de Rande si, pero en cambio os de Nigrán, os de Porriño, os de Mos, os de Baiona, que quedan por alí tamén, para eses non, para uns si e para outros non?. Eu penso que debemos ser lóxicos. Postos a pedir por que non pedimos para todos. Porque supoño que tamén os de Cambados de vez en cando imos por alí, e os de Vilagarcía, e os de Sanxenxo, tamén todos imos por alí e por que para uns si e para outros non. E me estraña un pouco a postura do PSOE porque di que apoia a Moción, e paréceme ben que a apoie, e máis non soamente a apoie, senón a amplía a Redondela; por fin alguén tamén sae beneficiado desta solicitude. Pero, digo eu, postos a pedir, que non levan a ninguén preso por pedir, por que non pedimos que sexan tódalas autopistas gratuitas. Porque, por exemplo, eu viaxei por unha en Andalucía, a autopista que vai de Sevilla a Huelva, construída durante unha época en que un goberno que agora xa non ten tantas responsabilidades levouno a cabo, porque non se pide que sexa gratuita en Galicia igual como esa autopista en Andalucía. Porque se todos somos iguais, un criterio de equidade e de xustiza obligaríanos a todos a disfrutar das mesmas vantaxas, non uns si e outros non. E ademais pensemos que o PSOE, durante unha época, tivo na súa man o poder solucionar ese problema e non o solucionou, ou sexa, que agora hai que solucionalo porque o PSOE xa non ten nas súas mans a solución. Hai que ser un pouco consecuentes. Sr. Presidente.- Gracias. Yo le añadiría otra cosa más a esa última coletilla, y es que yo puedo entender que el Bloque Nacionalista, que no tuvo nunca posibilidad de gobierno a nivel de España, pueda pedir porque no tiene que cuadrar ninguna cuenta y entonces puede pedir la gratuidad de lo que sea; pero que el PSOE, que tuvo esa oportunidad y que curiosamente hace menos de tres años con su partido en el Gobierno ha prorrogado la concesión a Autopistas del Atlántico durante 25 años sin ninguna contrapartida, me parece ahora bastante, no se cómo calificarlo, pedir ahora esa gratuidad cuando hace tres años se ha prorrogado esa concesión por el gobierno del PSOE a Autopistas del Atlántico. Sr. Chillón Iglesias.- Non vamos entrar en polémicas de a quen lle corresponde o das responsabilidades; antes o propio defensor da anterior iniciativa non consideraba lóxico pedir responsabilidades, e agora en cambio se fai un alegato das responsabilidades históricas. Non queremos entrar neso. Hai unha acusación electoralista que se fixo na Comisión, que penso que non se corresponde en absoluto, como fixemos ver na Comisión e agora o imos repetir, é dicir, unha vella reivindicación como era o tema de Rande - Puxeiros, que nesta Corporación foi presentada pola compañeira Ana, aquí e noutras institucións, e que o propio Partido Popular denegou e agora parece que está dando pasos atrás e vai confirmar esa situación. Dicir unha cousa e desdecirse dentro duns meses, simplemente por oportunismo e polo protagonismo, eso si que é electoralismo. Pero volvendo ó tema do Morrazo, por suposto que aquí entra a propia filosofía da vertebración e do deseño viario e, por suposto, o noso grupo político está por autovías e non por autoestradas de peaxe. Pero non vamos a entrar agora na reivindicación de todo o Estado ou doutras áreas. Hai poucos anos realizouse a construcción da ponte da Illa de Arousa e nese caso non hai peaxe, lóxico, evidentemente lóxico. Buscábase outro novo enlace da Illa co continente, co interior, e fíxose esa construcción e é lóxico que dá un servicio e non é de peaxe. Polas propias circunstancias e motivacións que xa expresamos, e que foron reforzadas por Carmen, para nós é fundamental; para Pontevedra tamén ten as súas vantaxas, pero para o Morrazo é fundamental. Entón, pedimos e insistimos nesa demanda; que non empece a haber unha polémica agora entre responsabilidades históricas e grupos, senón vamos a reducirnos e a concretarnos nesta proposta en si, que penso que está xustificada desde o punto de vista de necesidade e tamén desde o punto de vista económico amortizada. Sr. Presidente.- Doña Carmen Avendaño. Sra. Avendaño Otero.- Es curioso, el Sr. Tirado, cada vez que hay una propuesta de la oposición siempre son propuestas electoralistas, eso es muy curioso. Las que se hacen del lado de allá son necesidades. Es muy curioso. Pues mire, le voy a decir una cosa, Sr. Tirado, si hablamos de electoralismo. Cuando su grupo se pronuncia en contra de la gratuidad de las autopistas, viene el Presidente del Gobierno, el Sr. Manuel Fraga y dice que Rande-Puxeiros va a ser gratuita, fíjese que casualidad. Después, también decirle que está poco informado de los viales porque desde Nigrán a Vigo y desde la zona de Baiona no se usa autopista, se usa carretera y no hay peaje. Y en tercer lugar decirle que se informe más geográficamente porque Sevilla-Huelva no es autopista, que es autovía; la que es autopista es Sevilla-Cádiz, con peaje; Sevilla-Huelva es sin peaje y es autovía. Por lo tanto volvemos a ratificarnos en la propuesta. Nos parece que es una propuesta seria de necesidades reales de población con una dependencia del núcleo de Vigo y por lo tanto creemos que es un servicio que va a beneficar enormemente y no a gravar precisamente economías no demasidado brillantes de alguna gente de las zonas del Morrazo, de las zonas de Redondela, y por lo tanto va a ser darle una oportunidad de mejor servicio y más barato. Por lo tanto nuestro grupo mantiene que va a votar a favor, y no de forma demagógica sinó con argumentos realmente de más solidaridad y más igualdad. Sr. Presidente.- D. Santiago Tirado. Sr. Tirado Serén.- Cando falamos de responsabilidades históricas e queremos sairnos un pouco delas, eu creo que hai algúns grupos que falando de responsabilidades históricas relacionadas coa autopista debían tentarse un pouquiño, penso eu, porque todos nos acordamos daquelas pintadas que había "Autopistas non", todos nos acordamos de cando se falaba que a autopista significaba unha navallada para Galicia, que nos tivo durante dez anos como mínimo paralizada unha obra que a inmensa maioría do pobo galego consideraba necesaria e hoxe todos disfrutamos dela. Por conseguinte, eu penso que o das responsabilidades históricas debíamolo deixar un pouquiño de lado. E apúntase que a Illa ten unha ponte que une co continente e que o seu paso é gratuito. Evidentemente, eso fíxoo un organismo que se chamaba Xunta, que no seu momento, cos seus propios cartos, sen acudir á financiación externa, fixo a obra e considerou no seu día poñela gratuita como tamén no seu día púdose poñe-la Ponte de Rande. Efectivamente, pero o sistema de financiación foi distinto e acudindo ás vías comerciais durante un tempo houbo que pagar, non sei se está pagado ou non; pero, tal como apuntaba fai un momento a Presidencia, prorrogouse a peaxe. Eso quere dicir que ou non se pagou ou aínda se lle quere sacar rendabilidade e non é responsabilidade do Partido Popular. Apunta a Sra. Avendaño que non ando moi ben de xeografía, pero aquí, señora, estamos tratando unha moción que fala da peaxe da Ponte de Rande, non estamos falando do acceso a Vigo, estamos falando da peaxe da Ponte de Rande. E os de Nigrán e os de Baiona, e os de Gondomar e os de Porriño e os de Mos, se atravesan a Ponte de Rande teñen que pagar igual como pagan os de Cangas, como pagan os de Cambados, como pagan os de Pontevedra; por eso dicimos que para ser lóxicos hai que ser lóxicos en tódolos casos. Sr. Presidente.- Gracias. Sr. Chillón le ruego muy breve la tercera intervención. Sr. Chillón Iglesias.- Moi breve. Non quero entrar xa na polémica histórica, aínda que o Sr. Tirado cando se pincha un pouco revólvese rápido, pero non vou entrar no vello debate porque penso que foi aclarado, na última sesión plenaria, polo noso Portavoz, a nosa filosofía sobre a autoestrada e sobre o deseño de redes viarias do noso país. Hai unha cuestión que aquí si que hai unha referencia. Non vou a cuestiona-los seus coñecementos de xeografía, pero si recalcar e reincidir sobre a xeografía do Morrazo cara Vigo. Nós non somos unha illa, evidentemente é a outra parte da Ría de Vigo. Noutras localidades tamén podería evidentemente estudiarse porque estamos en contra da peaxe; pero outras localidades, como o propio tramo Pontevedra-Vigo, ou Nigrán-Vigo ou incluso Redondela, teñen outras condicións xeográficas moi diferentes ó Morrazo. Neste caso, aínda que non somos illa, representa a nivel de tempo máis de media hora e a nivel de quilometraxe de 60 a 20 e poucos quilómetros. É dicir, non cuestiono os coñecementos de xeografía do noso país e da nosa provincia porque seguro que os ten, pero é moi diferente para o Morrazo o que supón neste caso Vigo-Morrazo e Morrazo-Vigo, o que supón a Ponte de Rande. Fóra das vinculacións que xa lle comentamos antes. Non é o mesmo, non, en absoluto. Sr. Presidente.- Gracias. Pasamos a la votación. ¿Votos a favor?. PSOE y Bloque. ¿Abstenciones?. No hay. El resto votamos en contra. O Sr. Deputado Provincial D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, do Grupo Provincial do BNG, presenta unha moción en relación coa gratuidade do paso pola ponte de Rande entre o Morrazo e Vigo na que propón que o Pleno adopte o seguinte acordo: 1.- Solicitar do Ministerio de Fomento o paso gratuito pola ponte de Rande, especialmente o percorrido entre o Morrazo e Vigo, e viceversa. 2.- Remiti-lo texto da moción e o acordo ós Concellos do Morrazo: Cangas, Bueu, Marín e Vilaboa, e da Comarca de Vigo e a súa área de influencia, en especial Vigo, Mos, Baiona, Gondomar, O Porriño e Redondela, para o seu pronunciamento e apoio, así como á Mancomunidade do Morrazo e asociacións e organismos de todo tipo da península do Morrazo. 3.- Solicita-lo pronunciamento e apoio do Parlamento Galego e Parlamento do Estado. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por maioría de votos do Grupo Popular e cos votos en contra do Grupo Socialista e do BNG, desestima-la devandita moción. ------ Folla: 247,248 5.4093.- SOLICITUDE DE COMPATIBILIDADE DE FUNCIONARIA PROVINCIAL PARA O EXERCICIO DE ACTIVIDADES NO SECTOR PRIVADO Sr. Presidente.- Pasamos al punto 5. Solicitude de compatibilidade de funcionaria provincial para o exercicio de actividades no sector privado. ¿Por el Bloque va a intervenir alguien?. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Creo que non é cuestión de reiterar. En contra polos motivos que temos expostos xa cada vez que vén unha solicitude deste tipo. Sr. Presidente.- Por parte del PSOE D. Baltasar García. Sr. García García.- Este es un tema que ya ha venido otras veces a Pleno y que lógicamente la argumentación es la misma, o sea, la Ley le concede un derecho legal a un funcionario y por lo tanto políticamente no le puedes negar lo que la Ley le concede. Lo que pasa es que tampoco le podemos dar los Socialistas el apoyo a esta persona por una razón muy simple. En un momento que hay un 23% de paro, un 22%, y que además se está hablando del reparto del empleo, favorecer el pluriempleo nos parece improcedente. Pero lo que si es cierto es una cosa, que la Ley le concede la posibilidad de que la persona pida la compatibilidad y en función de eso se acoge a la Ley. No parecería adecuado que políticamente dijéramos no, porque estaríamos cometiendo una ilegalidad, pero no puede contar con los votos del Partido Socialista para la compatibilidad que exige esta funcionaria. Por lo tanto nos vamos a abstener. Sr. Presidente.- Bien. Muchas gracias. Yo creo que no es preciso intervenciones. Usted dijo la clave del asunto. Si es legal está en su derecho solicitarlo; el equipo de gobierno no tiene ningún motivo ni fuerza jurídica ni moral para denegárselo, por lo tanto nosotros vamos a apoyar. Pasamos a la votación. ¿Votos en contra?. Bloque. ¿Abstenciones?. PSOE. El resto votamos a favor. Gracias. Vista a petición formulada por Dona Mª Jesús Figueroa Boullosa, funcionaria da Deputación Provincial, coa categoría de Auxiliar de Administración Xeral adscrita ó Servicio de Acción Social, interesando a compatibilidade do seu posto de traballo coa realización de actividades no sector privado como profesional en Protocolo e Ceremonial do Estado e Internacional, de conformidade co previsto nos artigos 14 e 16.4 da Lei 53/84, de Incompatibilidades do Persoal ó Servicio das Administracións Públicas e demais concordantes do Real Decreto 598/85, de 30 de abril, o Pleno de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Réxime Interior acorda por maioría de votos do Grupo Popular, coa abstención do Grupo Socialista e os votos en contra do BNG, acceder ó solicitado e declarar compatible o desempeño do seu posto de traballo na Deputación como Auxiliar de Administración Xeral, co do exercicio no sector privado como profesional en Protocolo e Ceremonial do Estado, sempre e cando esta actividade se exerza fóra do horario de traballo establecido e non menoscabe e repercuta no seu rendemento funcional. ------ Folla: 248 6.4094.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Pasamos al punto 6. Comunicaciones. Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Se trata de darles cuenta de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 26 de mayo y el 23 de junio que el pasado día 24 fueron trasladadas a los Portavoces de todos los Grupos Políticos. Así como de dos Resoluciones Presidenciales, en virtud de las cuales, por una de ellas, el Presidente delega todas las atribuciones que sean legalmente delegables, como es lógico, en el Vicepresidente de la Corporación D. Julio Pedrosa Vicente desde el día 27, o sea desde hoy, hasta el próximo lunes ambos inclusive, por motivo, como dijo el Sr. Presidente antes, de una grave enfermedad de un familiar. Y luego otra Resolución por la cuál también el Sr. Presidente delega su representación ante la Comisión Provincial de Vivienda en el Diputado Provincial D. Santiago Pazos Moreira. Nada más. Sr. Presidente.- Gracias. Queda enterado o Pleno das seguintes comunicacións: A) De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas entre o 26 de maio e o 23 de xuño de 1997, e remitidas ós Portavoces dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial delegando as súas atribucións no Vicepresidente D. Julio Pedrosa Vicente, entre os días 27 e 30 de xuño, ámbolos dous inclusive. C) De Resolución Presidencial delegando a representación da Deputación na Comisión Provincial de Vivenda no Deputado D. Santiago Pazos Moreira. FÓRA DA ORDE DO DÍA, tratáronse os seguintes asuntos: Sr. Presidente.- Pasamos a las mociones presentadas. ------ Folla: 248,249 7.4095.- MOCIÓN PRESENTADA POR D. BALTASAR GARCÍA GARCÍA, DO PSOE, SOBRE OS RETRATOS DOS PRESIDENTES DE DEPUTACIÓN DURANTE A II REPÚBLICA Sr. Presidente.- La primera por el PSOE, aparece como firmante D. Baltasar García. ¿Si quiere justificar la urgencia antes de entrar en el fondo?. Sr. García García.- Si me permite, a la vez que justifico la urgencia enuncio un poquito la moción porque en el fondo es lo mismo. Es urgente en base a que no queremos establecer un debate en la sociedad sobre este tema. Creemos que es un tema que debe de ser superado y que no procedería discutirlo porque parece lógico que si están todos los Presidentes de los distintos períodos de la democracia, la dictadura del General Franco, etc., etc., y faltan los de la República, sólamente representados por una persona, esté también el retrato de los Presidentes que estuvieron en la República. Es de justicia y si se plantea de forma urgente es por el hecho de no querer plantear un debate en la sociedad, pues si planteas una moción con anterioridad al propio Pleno, se puede ir generando una discusión que no es buena, porque yo creo que ya hemos superado la gran mayoría de la sociedad determinadas cuestiones que se han dado en la historia de España. Por lo tanto, esa es la urgencia y a la vez es la justificación de aprobar y decir que si a los retratos de los distintos Presidentes. Y nada más. Sr. Presidente.- Gracias. Yo creo que en la urgencia estamos todos los grupos de acuerdo, no hace falta una votación expresa, y en cuanto al fondo del asunto me parece que también. Personalmente desconocía que faltase algún retrato de Presidentes y esta mañana, cuando me llegó la moción, me preocupé de ver el libro que tenemos sobre la historia de la Diputación y vienen expresamente allí los Presidentes que hubo durante la II República, que por curiosidad se los voy a leer. Son D. Bibiano Fernández Osorio-Tafall, D. Amancio Camaño Cimadevila, D. Valentín García Temes, D. Joaquín Maquieira Fernández, D. José Viñas Delmonte, D. Ramón Domínguez Ferradás, D. Luis Fontaiña Serrapio, D. José Adrio Barreiro y D. Maximiliano Pérez Prego. Como se ve, en pocos años ha habido mucho cambio de Presidente en aquella época, duraban menos que ahora. Me cuentan los antiguos de la casa que creen que había retratos de todas estas personas y cuando se desmontó la Sala de ahí al lado se deterioraron bastantes de ellos y muchos ni siquiera pudieron recuperarse. Yo creo que estamos todos los grupos de acuerdo en continuar con la historia de esta casa. Incluso a lo mejor me decían que podría haber alguno en el Museo. Que se haga un estudio a fondo de donde están y los que no existan que se solicite, que se hagan las gestiones oportunas para conseguir esos retratos. La historia es la historia. Estoy de acuerdo con D. Baltasar que hay que mantenerla y asumirla también. Si estamos todos de acuerdo votamos por unanimidad entonces la moción. Queda aprobada por unanimidad. Apróbase por unanimidade a Moción presentada por D. Baltasar García García, Deputado do PSOE, que di asi: "Estanse celebrando os vinte anos dende as primeiras Eleccións Democráticas despois da dictadura do Xeneral Franco. Vinte anos que significan o período democrático máis largo da historia de España. Entre os valores que cabe destacar neste período está -quizáis o máis importante- a superación da división entre as dúas Españas. Pero si esta superación está na conciencia e o comportamento dos cidadáns, as institucións móvense con lentitude para recupera-la historia e situar no posto que lles corresponde, sen exclusións, con normalidade, a aquelas persoas que estiveron ocupando un posto institucional nos organismos correspondentes, como é o caso dos Presidentes desta Deputación Provincial na época da II República, non figurando os retratos na Sala de Comisións onde están os de tódolos Presidentes menos os da II República. Na conmemoración dos 20 anos dende as primeiras Eleccións Democráticas despois da dictadura, esta Deputación ten que recuperar simbolicamente ese período da historia poñendo os retratos de tódolos Presidentes que dirixiron esta Institución durante ese período. En base ó exposto, formúlase a seguinte PROPOSTA DE ACORDO 1.- Poñe-los retratos de tódolos Presidentes da Deputación durante a II República conxuntamente co resto dos Presidentes. 2.- Mandatar ó Presidente da Deputación para que realice as xestións que considere oportunas, con obxecto de que no prazo máis breve posible se faga efectiva a proposta plantexada no primeiro punto." ------ Folla: 249,251 8.4096.- MOCIÓN PRESENTADA POR D. EFRÉN JUANES RODRÍGUEZ, DO PSOE, SOBRE VIOLENCIA EN OBRAS DA AUTOESTRADA PUXEIROS - VALMIÑOR Sr. Presidente.- Y pasamos a la siguiente. ¿Cuál es Sr. Secretario?. Sr. Secretario.- Es una de D. Efrén Juanes sobre la autoestrada Puxeiros-Val Miñor. Sr. Presidente.- D. Efrén, por el Grupo Socialista, presenta también una moción. ¿Si quiere defender la urgencia o la urgencia y el fondo conjuntamente?. Sr. Juanes Rodríguez.- Eu creo que neste caso a urxencia está xustificadisima. Todos sabemos que fai uns días escomezaron as obras da autoestrada Puxeiros-Val Miñor e que estas obras están creando certo malestar, certo confusionismo que levou a que ocurriran casos de violencia contra a maquinaria das empresas que están facendo a autoestrada. E quero manifestar tamén no nome do meu grupo, e supoño que será compartido polo resto dos grupos, a absoluta condena a este tipo de aptitudes violentas, e que as obras se poidan realizar con certa normalidade. Ese é o fondo da moción. Sr. Presidente.- Gracias. Votamos entonces la urgencia. ¿Votos en contra?. No hay. ¿Abstenciones?. Tampoco. Todos a favor. Interviene por el fondo. Sr. Juanes Rodríguez.- Eu creo que as Institucións non debemos estar á marxe, independentemente de que as obras estean adxudicadas e que agora é unha responsabilidade da empresa o levalas a cabo, etc., etc. Estas obras, o Grupo Socialista non lle gusta como as empresas adxudicatarias as están levando a cabo, porque realmente foi entrar, como se di vulgarmente, a saco nos terreos; agora mesmo están recoñecendo eles mesmos que hai pequenas variacións por malas interpretacións dos proxectos, incluso nos trazados. A xente está moi sensibilizada porque lles dá a impresión de que non se van a respetar as presas, fontes e manantiais, como se di na moción, para os regadíos. Hai moita desconfianza de que non se respeten pasos, tanto pasos de pé como pasos de carro que existiron sempre. Eu estou absolutamente convencido, como dicimos na moción, de que contribuirían a que a autoestrada se humanizara un pouco e apartara un pouco ese aspecto agresivo que ten de seu o propio trazado dunha autoestrada. Éstas, creo que son obras menores que a propia empresa podería asumir, e de feito o responsable de Autoestradas en declaracións públicas así o dixo, e no fondo da moción o que se solicita é que o Pleno desta Corporación dea o seu apoio a estas comisións veciñais auspiciadas polos Concellos, que é importante dicilo. Creo que os Concellos están comprometidos a dar absolutamente todo o apoio a estas comisións para que haxa unha vía de diálogo entre as empresas adxudicatarias e os veciños para que as obras se fagan con normalidade. E o que se pide é que se lle comunique esta decisión á Xunta de Galicia como promotora da obra e ás empresas adxudicatarias e darlle o apoio deste Pleno a esas comisións veciñais que, como digo, son auspiciadas polos propios Concellos da comarca. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Juanes. ¿Por el Bloque interviene alguien?. No hace falta. Por el Partido Popular tampoco. Estamos todos de acuerdo con lo mismo, con el contenido final. Yo creo que el diálogo lo tenemos que defender todos, y la existencia de estas comisiones que están auspiciadas por los Concellos tiene que dar los frutos que todos esperamos. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, para explicación de voto. Nós o que lamentamos é que esto non se tivera feito antes e que o trazado da autovía fose diferente para evitar estes problemas. En canto non estamos de acordo co trazado da autovía, que cremos que debía ser outro menos lesivo, nos parece ben que se negocie cos veciños, que serían estas comisións; pero a negociación agora é cambiar pequenas cousas sen ataca-lo problema de fondo. Polo tanto, nos parece ben que se negocie cos veciños, nos parece mal que fora adiante sen ter negociado antes e feito un trazado alternativo e polo tanto imos absternos. Sr. Presidente.- Gracias. También parece mentira que no conozca a nuestros paisanos; después de estar algún mes en exposición pública cualquier proyecto, cuando se enteran es posteriormente. Pero no es tarde de todas las maneras, estas comisiones ya se están reuniendo en cada parroquia y con los Ayuntamientos respectivos y por lo tanto están dando su resultado y es lo que esperamos todos. Pasamos a votación. ¿Votos en contra?. No hay. ¿Abstenciones?. Bloque. El resto votamos a favor. Gracias. Por maioría de votos dos Grupos Popular e Socialista e coa abstención do BNG, apróbase por maioría a Moción presentada por D. Efrén Juanes Rodríguez, Deputado do PSOE, que di así: "Fai uns días comezaron as obras da Autoestrada Puxeiros-Val Miñor, de todos é sabido o malestar que está creando en moitos veciños da Comarca a forma en que estas obras se están executando. Denúncianse pequenos cambios no trazado que non figuran no proxecto, non se respetan fontes, manantiais e presas que son utilizados para o regadío das fincas, falta de sensibilidade na conservación dos pasos peatonais e de carro, etc. ... No grupo socialista pensamos que para que as obras poidan continuar con normalidade é preciso abrir unha vía de diálogo entre a Xunta de Galicia, empresas adxudicatarias e veciños. Este último sector, apoiado polos concellos da comarca, están creando comisións de seguimento para negociar coas empresas adxudicatarias esas obras menores que contribuirán a unha mellor execución do proxecto como poden ser: - Respeto ás fontes, manantiais e presas que se utilizan para o regadío, conservación dos pasos existentes impedindo que a autoestrada se convirta nunha barreira infranqueable para os veciños, en fin, todas aquelas obras que se poidan facer encamiñadas a humaniza-lo trazado da autoestrada, tan agresivo de seu. Por todo iso, este deputado SOLICITA: - Que se lle transmita á Xunta de Galicia e ás empresas adxudicatarias da construcción da Autoestrada Puxeiros-Val Miñor, o apoio do Pleno desta Corporación a esas comisións veciñais auspiciadas polos propios Concellos, de seguimento para que sirvan como elementos de diálogo e contribúan a que as obras da autoestrada se realicen con normalidade evitando así calquera atisbo de violencia." ------ Folla: 251,252 9.4097.- MOCIÓN PRESENTADA POR D. XOÁN CARLOS CHILLÓN IGLESIAS, DO BNG, SOBRE APOIO ÓS MARIÑEIROS DA COSTA SOAVELA Sr. Presidente.- ¿Hay alguna más Sr. Secretario?. Sr. Secretario.- Si. Otra del Bloque en apoio ós mariñeiros da Costa Soavela. Sr. Presidente.- Sr. Chillón, quiere justificarnos la urgencia, brevemente por favor. Sr. Chillón Iglesias.- Este rogo ou proposta de pronunciamento desta Institución Provincial, como ben sabe a Presidencia, a intención deste grupo era incluso que se plantexara desde o punto de vista de pronunciamento institucional e non de grupo. Este vindeiro xoves, día 3 de xullo, vaise realizar en Vigo un xuízo a 38 persoas encausadas nun proceso, neste caso de acusación, de sedición e de coacción por uns feitos acaecidos alá en 1993, porque unha draga, Iria Flavia, extraía area da costa Soavela, da costa da Vela, que está entre as Illas Cies e Ons, na parroquia de Hío, do Concello de Cangas. Este feito de extracción de area foi denunciado repetidamente na Dirección Provincial de Mariña Mercante. Non se fixo caso e obrigou a que tódalas confrarías da nosa provincia fixeran unha concentración de embarcacións e despois rematara cunha pequena abordaxe a esta draga para evitar que seguira extraendo area cos conseguintes prexuízos económicos para o sector de baixura e marisqueiro. ¿Que pasou?. Pois eso, a Garda Civil actuou e tomou o nome de 38 persoas, e neste caso hai acusacións moi graves que se van a levar a xuízo o próximo día 3, cando poucos días máis tarde a propia Dirección Xeral de Marina Mercante denegou o permiso de extracción. Autorecoñeceuse o erro e as consecuencias negativas que tivera para o sector, e desde ese punto de vista traíamos este caso para pronunciamento institucional desta Institución Provincial a unha proposta da Federación de Confrarías da nosa Provincia, firmada por todas, parece que hai excepción dunha abstención, pero por tódalas confrarías da nosa provincia e nese caso pedindo o apoio de solidariedade cos compañeiros implicados neste xuízo a celebrar, xa digo, o 3 de xullo. Sr. Presidente.- Gracias. Por el PSOE Doña Carmen Avendaño. Sra. Avendaño Otero.- ¿Se va a votar la urgencia o está votada?. Sr. Presidente.- Por parte del Grupo Popular le adelanto ya que nuestra votación va a ser negativa a la urgencia en este tema y no precisamente por ningún motivo partidista, en este caso concreto, puesto que, como sabe bien todo el mundo, estas sanciones fueron puestas a los marineros en el año 93, y en el año 93 el Partido Popular no gobernaba, ni en el Gobierno Civil ni en el Gobierno de la Nación, y por lo tanto no nos corresponde a nosotros defender eso. Pero vamos a votar en contra de la urgencia porque esta moción fué presentada hace muy pocos minutos, no conocemos el contenido del escrito que se pretende apoyar y por un principio de racionalidad preferimos estudiarlo primero. Por otra parte, aunque el juicio se celebre el día 3, todos sabemos lo que tarda la Justicia en emitir una sentencia, y por lo tanto nosotros lo pasaremos a la Comisión de Pesca para su discusión y examen en la misma. Por lo tanto nosotros la urgencia la vamos a votar en contra. Sr. Chillón Iglesias.- Como xa se tivo coa Presidencia ese pequeno intercambio previo á sesión plenaria, non quixera reitera-los mesmos argumentos. Evidentemente a sentencia do xuízo será posterior, pero é moi importante para este colectivo de mariñeiros e para tódalas confrarías de pescadores desta provincia, que por outra parte penso que teñen bastantes boas relacións con esta Institución Provincial, que desde esta Institución se faga un pronunciamento de apoio. Por eso xa digo, hai total unanimidade diante daquela situación de inxusticia. Sr. Presidente.- Le voy a proponer, si me permite le interrumpo, una cosa, que a lo mejor podemos llegar todos a un acuerdo. Yo le rogaría al Presidente de la Comisión de Pesca que la convoque con bastante urgencia, que nos de tiempo al menos de estudiar ese escrito y se puede emitir cualquier comunicado después de esa Comisión. Sr. Chillón Iglesias.- Esa era a liña un pouco da Moción, ou sexa, que se acepta. Sr. Presidente.- Entonces denegamos la urgencia o se retira la moción y se pasa a Comisión ¿como prefiera?. Sr. Chillón Iglesias.- Aceptamos esa propuesta. Sr. Presidente.- Con esa propuesta, por supuesto. Bien. Muchas gracias. ¿Alguna moción más, Sr. Secretario?. No hay. Retírase Moción presentada por D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, do BNG, sobre apoio ós mariñeiros da Costa Soavela, e acórdase que pase a próxima Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños. ------ Folla: 252,254 10.4098.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Ruegos y preguntas. Por el Bloque. Sr. Chillón Iglesias.- Si, neste mesmo sentido e relacionado tamén coa problemática do sector pesqueiro, tamén solicitar, aínda que somos conscientes que nin esta Institución Provincial nin a propia Xunta de Galicia teñen competencias pesqueiras, hai un problema que estivo aprazado durante un determinado tempo, pero que agora, transcorrido mes e medio do acontecido, o propio colectivo, neste caso das mulleres dos propios mariñeiros, están plantexando nas diferentes Institucións. O pasado 13 de maio era apresado pola Armada Arxentina o barco "Arpón", que conta con 25 tripulantes e que fundamentalmente son da Comarca do Morrazo e incluso de Cangas en concreto; me parece que son 22 mariñeiros de Cangas, 2 de Bueu e 1 de Noia. A acusación foi faenar dentro das 200 millas que correspondían á zona económica e exclusiva da Arxentina, cando a propia defensa dos mariñeiros e do propio barco, o "Arpón", di que estaba faenando fóra. Están alá na Arxentina e non se realiza o xuízo sobre esta cuestión. Partiran a faenar xa en xaneiro, levan seis meses, e as familias destes mariñeiros están preocupadas porque non volven para terra e porque alí a súa situación non está nada clarificada. Entón demandar que por parte da Presidencia se fagan as xestións oportunas, neste caso diante da embaixada e de onde corresponda, e na propia Xunta, para coñecer esa situación, transmiti-la nosa preocupación e demandar unha solución xusta a este problema. Sr. Presidente.- Muchas gracias. Por las noticias que tengo las gestiones van bastante avanzadas. Parece ser que va haber una solución en muy pocos días o en muy pocas horas. Ojalá sea así; yo de todas maneras le transmitiré al Presidente ese ruego para que haga todo lo posible de acuerdo con su línea de petición. Gracias. Por parte del PSOE. Sra. Castaño López.- Quería facer unha pregunta relativa a un tema que é unha finca dunha persoa, Ramón Domínguez Rodríguez. A finca está na estrada de Noalla a Caldas e parece ser que existen uns problemas relativos a que outro propietario elevou o terreo polas razóns que foran e na carretera os desagues quedan fatal e incluso hai veciños ós que lle prexudican bastante. A pregunta é: ¿cal foi a solución que a Deputación e o Servicio de Vías e Obras lle dou a este tema?. Sr. Presidente.- Muchas gracias Doña Ramona. Espero que se le pueda contestar en breve. El Sr. Juanes tiene otro ruego. Sr. Juanes Rodríguez.- No último Pleno aprobamos unha moción do Grupo Socialista na que se pedía unha convocatoria urxente da Comisión de Medio Ambiente para tratar de abrir unha liña de axudas para os vertedeiros, en vista que o Plan Sogama se pode demorar bastante no tempo e é necesario unha axuda urxente por parte desta Institución ós Concellos. O rogo é convoca-la Comisión de Medio Ambiente antes do Pleno e que no próximo Pleno podamos xa votar e aprobar as Bases de Axudas, que eu creo que é un tema interesante que en principio levábamos todo consensuado e moi ben e sería o mellor. Está claro que non estaría ben demoralo demasidado no tempo. Entón, que nos creemos aquí o compromiso de trae-las bases xa ó próximo Pleno coa convocatoria pertinente de Comisión de Medio Ambiente. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias. Se toma nota del ruego. Yo, por las noticias que tengo, salvo que el Presidente de la Comisión me corrija, creo que se estaban ya analizando las propuestas presentadas por el Bloque Nacionalista y que precisamente no se aceleró más porque se había hablado de que el PSOE a lo mejor también aportaba alguna alegación. Por parte del Bloque hay dos ruegos y preguntas más. Doña Ana Gandón. Sra. Gandón Menduiña.- Alá polo mes de decembro, non recordo exactamente a data, pero creo que foi un pouquiño antes ou un pouquiño despois das Navidades, presentaron unha pregunta aquí a propósito dunhas obras dun Concello, e lembreino varias veces no Pleno e o Presidente sempre me dicía "nós sempre contestamos as preguntas", "tranquilidade que vai chegar e tal". Finalmente chegou catro meses despois, pero esa contestación, catro meses despois, o que dicía era que era un pouco complicado contestarme a todo aquilo e que cando quixera estaban os expedientes á miña disposición. Catro meses para esa contestación. Neses catro meses, como eran expedientes que se referían a obras do 95, algunhas xa estaban liquidadas. Cando quixen ve-los expedientes, que teoricamente estaban á miña disposición, tampouco pudo ser posible porque estaban arquivados, non na Deputación senón en non sei onde. Co cal levamos case seis meses e non conseguín aínda ve-los expedientes de marras. ¿Por que conto todo este preámbulo?. Pois porque agora teño aquí na man unha pregunta moito máis sinxeliña que presentei en abril, o 16 de abril, e estamos rematando o mes de xuño, e sigo sen ter ningunha resposta. A min me parece, non me quero enfadar, un pouquiño de falta de respeto hacia os membros da oposición que facemos preguntas como estas, sencillas, clariñas, por escrito, correctamente presentadas e neste caso dirixidas ó Presidente da Deputación e en galego. En concreto é relativa a relación, só pedimos que se nos diga relación, de funcionarios, e funcionarias desta Institución claro, que teñan recoñecida a compatibilidade e dende que data. Facilisima de contestar, facilisima, bueno, pois dous meses. Eu digo esto tamén reclamando esta resposta e tamén como chama de atención. E por outra parte, non estaría mal que o Presidente da Deputación, ou quen neste momento ten a Presidencia, dea a orde, por se acaso a cousa non está suficientemente clara, que teño a impresión de que non o está, a tódolos departamentos desta Institución, que tódolos expedientes que hai na Deputación, somos membros da Corporación, representantes elixidos e elixidos democraticamente e temos que ter acceso fácil, directo e cómodo a eles e non convertir nun calvario o ter acceso a unha documentación a que temos Pleno dereito como membros que somos desta Institución. Sr. Presidente.- Muchas gracias. Yo creo que de eso somos conscientes todos los miembros de esta casa. Yo le transmitiré al Presidente su ruego y que le envíe la contestación cuanto antes. Se que aún ayer salieron otra relación de preguntas contestadas, no se si esa va incluída. Bien, si no hay ningún asunto más damos por finalizado el Pleno. Muchas gracias a todos. Perdón, les recuerdo que el próximo Pleno será el día 24 de julio por ser festivo el día que estaba previsto para éllo. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as doce horas e trinta e cinco minutos do expresado día, dase por rematada a sesión e dela exténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. ------

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición