ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 1997/09/12_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.358/2.1997-09-12_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 1997/09/12_Extraordinaria

  • Data(s) 1997-09-12 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 35 Da sesión extraordinaria urxente en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día 12 de setembro de 1997 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as trece horas e cinco minutos do día doce de setembro de mil novecentos noventa e sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse os Sres./as Deputados/as, D. Xosé Ramón Abal Varela, Dona Carmen Avendaño Otero, D. Xosé Costa Díaz, D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, D. José Luis Fernández Lorenzo, Dona Carmen Ferro Carballo, D. Lino Fontán Mariño, Dona Ana Gandón Menduíña, D. Baltasar García García, D. Emilio González Iglesias, D. Oswaldo Lino González Pereira, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. Mario López Martínez, D. Rafael Louzán Abal, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Santiago Pazos Moreira, D. Julio Pedrosa Vicente, D. Amado Ricón Virulegio, D. Ramón Sestelo Fernández, D. Santiago Tirado Serén, D. Pablo Vázquez Caride e D. Manuel Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria urxente da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten os Sres. Deputados, D. José Manuel Barros González, D. Adolfo Campos Panadeiros, Dona Ramona Castaño López e D. Miguel Domínguez Vaz. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a dar comezo ó Pleno extraordinario urxente do día de hoxe. 1.4110.- PRONUNCIAMENTO DO Pleno SOBRE A URXENCIA DA SÚA CONVOCATORIA Sr. Presidente.- Punto primeiro da orde do día. Pronunciamento do Pleno sobre a urxencia da súa convocatoria. ¿Algunha intervención?. Procedemos entón á votación da urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Vótase a favor a urxencia por unanimidade. ------ Folla: 35,36 2.4111.- RENUNCIA Ó CARGO DE DEPUTADO PROVINCIAL DE D. MIGUEL DOMÍNGUEZ VAZ Sr. Presidente.- Punto dous. Renuncia ó cargo de Deputado Provincial de D. Miguel Domínguez Vaz. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Eu antes preguntaba se tiñamos que votar a favor ou non. Se un Deputado quere renunciar é problema del, e neste caso é forzado pola normativa. Simplemente apuntar dúas cousas. Primeiro, que a Xunta creo que debe pensar no futuro que normativa nos saca porque aquí resulta que os Alcaldes e Deputados Provinciais se equiparan ós proscritos pola Lei á hora de elixir. O normal é que foran incompatibles pero non inelixibles. Parece un disparate esta consecuencia desa normativa que se sacou no seu momento que non ten nin pés nin cabeza. E o segundo, me parece que este Pleno funciona un pouco a golpe de corneta, a necesidades internas dos problemas ou decisións de última hora que pode te-lo partido gobernante nesta Institución á hora de elabora-las listas. Eu creo que esto tivo bastante tempo para facelo e non facelo desta maneira. Sr. Presidente.- Procedemos á votación do punto número dous. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Unanimidade. Hai que acepta-la renuncia. Para terminar eu quería agradecerlle a D. Miguel Domínguez toda a labor que fixo nesta Deputación na súa responsabilidade do Deporte. Creo que foi unha actuación loable. A proba é que case tódolos temas que pasaron pola Comisión de Deportes incluso a oposición, a inmensa maioría, votou por unanimidade. E desexarlle a este Deputado, se é que o é, os maiores éxitos no Parlamento Galego en pro da provincia de Pontevedra e en pro tamén da cidade de Pontevedra. E eu non teño nada máis que dicir. Levántase a sesión. Moitas gracias. Resultando que por D. Miguel Domínguez Vaz, Deputado Provincial polo Partido Popular, elixido en representación do Partido Xudicial de Pontevedra nas eleccións celebradas en 1995, preséntase renuncia ó cargo de Deputado Provincial para poder concurrir ás eleccións ó Parlamento Galego. Considerando que a Xunta Electoral de Zona de Pontevedra proclamou Deputados Provinciais suplentes polo Partido Xudicial de Pontevedra a D. Santiago Pazos Moreira, D. Julio Sayáns Bugallo e D. Roberto Vázquez Souto, respectivamente e pola indicada orde, e que D. Santiago Pazos Moreira xa foi designado Deputado Provincial ó cubri-la vacante por renuncia de D. José Manuel Chapela Seijo. Vistos os artigos 9.4 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, 73 da Lei 7/85 reguladora das Bases de Réxime Local, e 208 da Lei Electoral Xeral de 19 de xuño de 1985, así como a Instrucción da Xunta Electoral Central de 19 de xullo de 1991. Acórdase por unanimidade acepta-la renuncia ó cargo de Deputado Provincial presentada por D. Miguel Domínguez Vaz, agradecéndolle a colaboración prestada, remitindo certificación acreditativa do presente acordo á Xunta Electoral de Zona de Pontevedra, coa indicación de que, a xuízo da Corporación e á vista da acta da mesma Xunta Electoral de Zona de Pontevedra, de data 3 de xullo de 1995, corresponde cubri-la vacante a D. Julio Sayáns Bugallo ou no seu defecto a D. Roberto Vázquez Souto. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as trece horas e dez minutos do expresado día, dase por rematada a sesión e dela exténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. ------

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición