ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 1997/11/28_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.358/2.1997-11-28_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 1997/11/28_Ordinaria

  • Data(s) 1997-11-28 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 71 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 28 de novembro de 1997 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vinteoito de novembro de mil novecentos noventa e sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Carmen Avendaño Otero, D. Adolfo Campos Panadeiros, D. Xosé Costa Díaz, D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, D. José Luis Fernández Lorenzo, Dona Carmen Ferro Carballo, D. Lino Fontán Mariño, Dona Ana Gandón Menduíña, D. Baltasar García García, D. Emilio González Iglesias, D. Oswaldo Lino González Pereira, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. Mario López Martínez, D. Rafael Louzán Abal, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Santiago Pazos Moreira, D. Julio Pedrosa Vicente, D. Amado Ricón Virulegio, D. Julio Sayáns Bugallo, D. Ramón Sestelo Fernández, D. Pablo Vázquez Caride, D. Roberto Vázquez Souto e D. Manuel Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten os Sres. Deputados, D. Xosé Manuel Barros González, Dona Ramona Castaño López nin D. Santiago Tirado Serén, quen excusa a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Señores Deputados, señoras, señores, comezamos o Pleno ordinario correspondente ó mes en curso. 1.4135.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día. Aprobación do borrador da acta da sesión anterior, ordinaria, do 31 de outubro de 1997. ¿Hai algunha alegación á acta?. Apróbase polo tanto por unanimidade. O Pleno acorda, por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 31 de outubro de 1997. ------ Folla: 71,72 2.4136.- DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA "ACCESO Á UNED" (PONTEVEDRA) Sr. Presidente.- Punto dous da orde do día. Declaración de utilidade pública da obra "Acceso á UNED de Pontevedra". ¿Alguien quere toma-la palabra?. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade o punto dous da orde do día, Declaración de utilidade pública da obra "Acceso á UNED de Pontevedra". Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Técnico da Zona, de 16 de setembro de 1997, en relación coa obra "Acceso á UNED (Pontevedra)", pertencente a Fondos Propios 1997, sinalando a apremiante necesidade de acometela para dotar de mellor capa de rodadura e de arcéns a un vial que, coa súa actual estructura, pon en perigo a seguridade de vehículos, alumnos e persoal docente que a diario acceden a tal centro, e promovida á Xunta de Galicia a solicitude de declaración de urxente ocupación de bens e terreos afectados, en virtude de acordo plenario de 26 de setembro do ano en curso, o Pleno de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por unanimidade, a declaración de utilidade pública da obra "Acceso á UNED (Pontevedra)", de Fondos Propios 1997, a fin de permiti-la continuidade do expediente de urxente ocupación que garinta a dispoñibilidade dos terreos precisos para executa-la referida obra, coordinadamente coa execución da "Estrada Pontevedra - Casas Novas" que acomete a Xunta de Galicia e que entronca coa mesma. ------ Folla: 72,73 3.4137.- SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DE DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN DE TERREOS E BENS AFECTADOS POLA OBRA "EP RUBIÓS - CARRASQUEIRA" (POL 1997) Sr. Presidente.- Punto tres. Solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación de terreos e bens afectados pola obra de Rubiós-Carrasqueira correspondente ó POL de 1997. Ten a palabra Dona Ana Gandón. Sra. Gandón Menduiña.- Moitas gracias. Si, só para dicir que aínda que é moi pouca a cantidade que está destinada para indemnizacións, polo cal é pouco o terreo que se vai afectar, non nos parece en absoluto razonable que se inicie o expediente de contratación a primeiros de ano, que se adxudique a obra en marzo ou abril, creo que en abril exactamente, e que agora, a finais de ano, se inicie o tema da expropiación. Nos parece que como procedemento é moi pouco presentable. Non vamos a votar a favor por este motivo. Moi pouco presentable e moi pouco lóxico dende logo e non apropiado para unha Administración Pública. Sr. Presidente.- Gracias. Ten a palabra o Sr. Juanes. Sr. Juanes Rodríguez.- Bos días. Coincidindo un pouco co plantexamento de Ana, desde logo estamos en desacordo coa cuestión procedimental, pero tamén non vamos a ser cómplices da sistematicidade con que esta Institución vai a urxente ocupación. Eu estiven vendo o expediente e en ningún lado aparece onde se fundamenta que é necesaria esa declaración de urxente ocupación. Sabemos o que nos pasou cunha estrada no Concello de Tui, que non foi aceptada esa urxente ocupación. Creo que hai que face-las cousas cun mínimo de seriedade; si realmente hai que ocupar terreos, unha vez que se fai a adxudicación se pode inicia-lo trámite de ocupación, de expropiación pola vía ordinaria e non entrar nesta sistemática de urxente ocupación, cando a Xunta sabemos que está rexeitando estes expedientes de urxente ocupación. Creo que estamos caendo na improvisación de sempre e que ó final repercute en que as obras, creo que esto é xa a cantinela de sempre, se dilaten no tempo, pagando os veciños esas consecuencias. Gracias. Vamos a votar en contra por todo iso, loxicamente. Sr. Presidente.- Gracias. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. PSOE. ¿Abstencións?. BNG. ¿Votos a favor?. Apróbase coa maioría do Partido Popular. Aprobándose inicialmente e exposto ó público o Proxecto de "EP Rubios - Carrasqueira", pertencente ó Programa Operativo Local 1997, con presuposto para coñecemento da Administración de CORENTA E CINCO MILLÓNS SETECENTAS VINTEDÚAS MIL DUASCENTAS TRINTA E NOVE PESETAS (45.722.239), desglosado en presuposto de execución por contrata por importe de CORENTA E TRES MILLÓNS SEISCENTAS MIL DUASCENTAS TRINTA E NOVE PESETAS (43.600.239), e un capítulo de indemnizacións por importe de DOUS MILLÓNS CENTO VINTEDÚAS MIL PESETAS (2.122.000), en virtude de acordo da Comisión de Goberno de 13 de marzo de 1997, resultando aprobado definitivamente, de forma automática, ó non producirse reclamacións durante o período de información pública; e adxudicándose a obra a CONSTRUCCIONES CARRO, SL., na cantidade de CORENTA E TRES MILLÓNS CENTO SESENTA E OITO MIL PESETAS (43.168.000), en virtude de acordo da Comisión de Goberno de 24-04-97, e dado que a referida obra conleva a afectación de terreos particulares, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por maioría de votos do Grupo Popular, co voto en contra do Grupo Socialista e a abstención do BNG, solicitar á Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación de terreos e bens afectados por dita obra, co que se iniciará o expediente expropiatorio da mesma. Sr. Presidente.- Logo veñen os puntos catro e cinco que se refiren practicamente ó mesmo. Se lles parece ben podémolos discutir simultaneamente e se non lles parece ben discutímolos individualmente. ¿Conxuntamente verdade?. Punto catro. Aprobación de Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para a execución da obra ensanche e acondicionamento do acceso oeste ó Grove (San Vicente do Mar-A Lanzada). Quinto. Compromiso de posta a disposición por esta Deputación en favor da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dos terreos necesarios para executa-la obra de ensanche e acondicionamento do acceso oeste ó Grove- San Vicente do Mar-A Lanzada. ¿Algunha intervención?. Ningunha intervención. Procedemos polo tanto conxuntamente á votación destes dous puntos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbanse os dous puntos por unanimidade. ------ Folla: 73,75 4.4138.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A EXECUCIÓN DA OBRA DE "ENSANCHE E ACONDICIONAMENTO DO ACCESO OESTE Ó GROVE" (SAN VICENTE DO MAR-A LANZADA) Aprobado polo Consello da Xunta de Galicia, en sesión celebrada o 9 de outubro do ano en curso, o convenio de colaboración entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, para o "Ensanche e acondicionamento do acceso Oeste ó Grove (San Vicente do Mar - Praia da Lanzada)", o Pleno acorda por unanimidade, aproba-lo referido convenio que queda redactado da seguinte maneira: CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA ACONDICIONAMENTO E MELLORA DA ESTRADA DE ACCESO Á ZONA OESTE DO GROVE E ISTMO DA LANZADA En Santiago de Compostela, a de de mil novecentos noventa e sete. REUNIDOS Dunha parte o Excmo. Sr. D. Xosé Cuiña Crespo, Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, facultado para a formalización deste convenio pola Lei 1/1983, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta e o seu Presidente. Doutra, o Ilmo. Sr. D. Manuel Abeledo López, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o art. 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. Ambos recoñécense mutuamente na calidade en que interveñen coa capacidade legal necesaria para o outorgamento deste convenio e ó efecto EXPOÑEN A Provincia de Pontevedra representa un máximo expoñente da riqueza que o sector turístico está a xerar para a nosa Comunidade. A necesidade dunhas comunicacións eficaces e seguras promove o investimento no acondicionamento e mellora daquelas estradas de Galicia que soportan un volume de tráfico relevante e que son o apoio do citado sector. Conscientes de que unha infraestructura viaria insuficiente vai en detrimento do potencial da nosa Comunidade, o menoscabo para a economía da provincia de Pontevedra faise patente de non abordarse o obxecto do presente convenio: "Acondicionamento e mellora da estrada do acceso oeste ó Grove (San Vicente do Mar - A Lanzada)" de titularidade da Deputación Provincial de Pontevedra, e da "Estrada do acceso este ó Grove (Istmo da Lanzada)" de titularidade da Comunidade Autónoma. Pola súa parte a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ten entre os seus obxectivos a mellora da rede viaria de Galicia de xeito que se proporcione ós usuarios da rede unha conducción cómoda e segura, se facilite o acceso ós distintos equipamentos e se fomente un desenvolvemento armónico de tódalas comarcas. Neste senso, a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e a Deputación Provincial de Pontevedra, conscientes da necesidade de levar a cabo as actuacións de mellora nas estradas mencionadas deciden formalizar un convenio de colaboración con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS Primeira.- A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda comprométese á elaboración dos Proxectos, contratación, dirección e execución das obras de - "Ensanche e acondicionamento do acceso Oeste ó Grove (San Vicente do Mar-A Lanzada)". - "Ensanche e acondicionamento do acceso Este ó Grove (Istmo da Lanzada)". Segunda.- O orzamento necesario para a execución das obras mencionadas anteriormente ascende á cantidade de SEISCENTOS NOVENTA E SETE MILLÓNS DE PESETAS (697.000.000) con cargo á aplicación orzamentaria 06.03.413 B 600.1 e número de proxecto 06.03.94.100000.057, e coas seguintes anualidades: 1997 1.000.000 ptas. 1998 25.000.000 ptas. 1999 200.000.000 ptas. 2000 471.000.000 ptas. As expropiacións correspondentes ó "Ensanche e acondicionamento do acceso Este ó Grove (Istmo da Lanzada)" serán asumidas pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Terceira.- A Deputación Provincial de Pontevedra, en orde a garanti-la efectividade deste Convenio e previa á formalización do mesmo aportará testemuña do acordo adoptado en Pleno, relativo ós seguintes extremos: a) Posta a disposición, libre de cargas e gravames de tódolos terreos necesarios para a normal execución das obras obxecto do presente convenio correspondentes ó proxecto de "Ensanche e acondicionamento do acceso Oeste ó Grove (San Vicente do Mar-A Lanzada)". b) Compromiso de concesión dos correspondentes permisos e autorizacións para a execución das obras. c) Compromiso de recibi-las obras realizadas correspondentes ó treito San Vicente do Mar-A Lanzada e asumi-la súa conservación e explotación. Cuarta.- A Deputación Provincial de Pontevedra, como trámite previo á adxudicación das obras, achegará a oportuna certificación de dispoñibilidade dos terreos nos termos do apartado a) da cláusula precedente. Quinta.- Para o cumprimento do presente convenio constituirase unha Comisión de Seguimento formada por un representante da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e un representante da Deputación. Tódalas incidencias que poidan xurdir na aplicación deste convenio serán presentadas a través da indicada Comisión de Seguimento, que resolverá de mutuo acordo. En todo caso, a solución das incidencias estará condicionada polas limitacións orzamentarias indicadas na cláusula segunda. O incumprimento por calquera das partes das cláusulas do presente convenio poderá dar lugar á denuncia deste, someténdose para a resolución da controversia á superior autoridade do Consello da Xunta de Galicia. Sexta.- En todo caso, a contribución financeira da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda non implicará subrogación desta a ningún dereito nin obriga que se deriven da titularidade da obra, que corresponderá á Deputación Provincial de Pontevedra no treito entre San Vicente do Mar e A Lanzada. Sétima.- Recibidas as obras pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, serán entregadas ó uso público correspondéndolle á Deputación Provincial de Pontevedra a súa conservación e explotación segundo o previsto no apartado c) da cláusula cuarta sen prexuízo das responsabilidades que correspondan ó contratista derivadas do contrato de obras e da formalización da correspondente acta de entrega. Oitava.- A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, non asumirá os aumentos que se produzan por excesos de medición, reformados, revisión de prezos ou por calquera outra causa, limitándose a súa aportación económica ó pactado no presente convenio. Novena.- A vixencia do presente convenio corresponderase co prazo de execución das obras ata a súa recepción definitiva, e en todo caso ata o 31 de decembro do 2.000. Así o outorgan no lugar e data do encabezamento, subscribindo o presente convenio por triplicado exemplar. O CONSELLEIRO DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA, Asdo. Xosé Cuiña Crespo O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, Asdo. Manuel Abeledo López Así mesmo, o Pleno acorda por unanimidade, facultar ó Ilmo. Sr. Presidente para subscribi-lo presente convenio, así como para resolver calquera incidencia derivada do desenvolvemento do expediente. ------ Folla: 75,76 5.4139.- COMPROMISO DE POSTA A DISPOSICIÓN, POR ESTA DEPUTACIÓN, EN FAVOR DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA, DOS TERREOS NECESARIOS PARA EXECUTA-LA OBRA DE "ENSANCHE E ACONDICIONAMENTO DO ACCESO OESTE Ó GROVE" (SAN VICENTE DO MAR-A LANZADA) Autorizándose polo Consello da Xunta de Galicia do pasado 9 de outubro a sinatura do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e esta Excma. Deputación Provincial, para a execución das obras de "Ensanche e acondicionamento do acceso oeste ó Grove (San Vicente do Mar-A Lanzada)", e á vista do clausulado do referido convenio, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por unanimidade: 1º.- O compromiso de posta a disposición, libres de cargas e gravames, de tódolos terreos necesarios para a normal execución da referida obra, obxecto do Convenio. 2º.- A concesión dos permisos e autorizacións que sexan necesarias, no seu caso, para a execución das obras. 3º.- A obriga de asumir, unha vez recibidas as obras, a conservación e explotación das mesmas. ------ Folla: 76 6.4140.- RENUNCIA Ó CARGO DO DEPUTADO PROVINCIAL POLO PSOE D. BALTASAR GARCÍA GARCÍA Sr. Presidente.- Punto sexto. Renuncia ó cargo do Deputado Provincial polo Partido Socialista Obrero Español D. Baltasar García García. Bueno, loxicamente, como non pode ser doutra forma, o Pleno aproba a renuncia do compañeiro do Partido Socialista D. Baltasar García. E creo que aquí podo falar en nome absolutamente de tódolos compañeiros que formamos esta Corporación. Sentimos, despois de estar con nós xa dous anos e medio, que se vaia como compañeiro. En todo caso, agradecerlle todo o que traballou nesta casa, moitas veces con distinto criterio do que está falando neste caso, pero que non cabe dúbida que calquera dos Deputados que formamos esta Corporación cando defendemos algo, aínda que con dispar criterio, defendemos o que pensamos que é mellor para a provincia de Pontevedra, e neste sentido eu non dubido de que Baltasar, en tódalas súas intervencións, incluso cando tivemos "rifi-rafes" o fin era logra-lo mellor, cada un desde o seu criterio para o ben desta provincia. Moitisimas gracias Baltasar, e repito de verdade que lamentamos que te vaias. Sr. García García.- Me ha sido grato pasar esta experiencia en la Diputación, pero ha llegado un momento en que uno toma la decisión de renunciar a ser Diputado por múltiples causas, pero les agradezco el comportamiento en líneas generales. Yo creo que siempre hemos defendido posiciones políticas, nunca posiciones personales y, como decía bien el Presidente, en el rifi-rafe a veces había cuestiones que podrían llevarnos a situaciones confusas. Pero yo creo que siempre, desde ambas partes, mantuvimos posiciones claramente políticas, diferenciadas, indiscutiblemente, como no podía ser de otra forma, ya que representamos opciones en la sociedad también distintas. La verdad es que yo nunca he sabido mucho que decir en estos casos, pero me ha sido grato conocerles a ustedes y ha sido una experiencia enriquecedora para mi. Nada más y gracias. Hasta luego. Sr. Presidente.- Bueno, pues que tengas éxitos a donde vayas. En todo caso podes seguir aí. El Sr. García García abandona su escaño y se sienta entre el público. Resultando que por D. Baltasar García García, Deputado Provincial polo Partido dos Socialistas de Galicia, Partido Socialista Obrero Español, elexido en representación do Partido Xudicial de Pontevedra nas eleccións celebradas en 1995, preséntase renuncia ó cargo de Deputado Provincial por motivos persoais. Considerando que a Xunta Electoral de Zona de Pontevedra proclamou Deputados Provinciais suplentes polo Partido Xudicial de Pontevedra a D. Emiliano Lage Rodríguez, D. Manuel Grela Betoret e Dona Mª Consuelo Besada Lores, respectivamente e pola indicada orde. Vistos os artigos 9.4 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, 73 da Lei 7/85, reguladora das Bases de Réxime Local, e 208 da Lei Electoral Xeral de 19 de xuño de 1985, así como a Instrucción da Xunta Electoral Central de 19 de xullo de 1991. Acórdase por unanimidade, acepta-la renuncia ó cargo de Deputado Provincial presentada por D. Baltasar García García, agradecéndolle a colaboración prestada, remitindo certificación acreditativa do presente acordo á Xunta Electoral Central e á Xunta Electoral Provincial, coa indicación de que, a xuízo da Corporación e á vista da acta da Xunta Electoral de Zona de Pontevedra, de data 3 de xullo de 1995, corresponde cubri-la vacante a D. Emiliano Lage Rodríguez. ------ Folla: 76,78 7.4141.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE REPRESENTACIÓNS EN ÓRGANOS COLEXIADOS Sr. Presidente.- Ben, pasamos ó punto sete. Moción da Presidencia sobre representacións en órganos colexiados. Ten a palabra o Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Como consecuencia de la renuncia de los Diputados D. Miguel Domínguez Vaz y D. José Ramón Abal Varela, la Diputación ha quedado coja en su representación en diversos organismos y entonces la Presidencia propone al Pleno la designación de las personas que los deban sustituír de la siguiente forma: D. Julio Sayáns Bugallo en el Centro de Formación Profesional "Príncipe Felipe", en la Comisión Provincial de Saneamiento y en el Comité Provincial de la Cruz Vermella; D. Roberto Vázquez Souto en el Patronato Provincial de Turismo Rías Baixas, en la Comisión Provincial de precios en Clínicas, Sanatorios y Hospitales, en la Comisión de Industria, Comercio y Turismo de la FEGAMP, en el Patronato de la Mejora de la Vivenda Rural y en el Consejo de Administración del CPAM; D. Rafael Louzán Abal en el Consejo de Administración de Xestur y en el Consejo de Administración del CPAM y D. Ramón Sestelo Fernández en el Centro de Formación Profesional "Príncipe Felipe". Esas son las propuestas de la Presidencia. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Primeiro unha pregunta, ¿hai que votar ou non hai que votar?. Hai que votar. Bueno. Eu entón lamento moito ter que manifesta-la nosa postura en contra e quero explicala. Evidentemente, no CPAM ou nunha Comisión de Deputación o Grupo Popular e o Presidente que o dirixe ten toda a capacidade para nomear a quen queira, nós aí non temos nada que dicir. Pero no resto dos organismos, tal como sucedeu xa cando se constituiu a Corporación, son representantes da Corporación, que aínda que vostedes teñen maioría, cremos, como xa dixemos no seu momento, que a Corporación é plural e a representación nalgúns sitios podía ser plural. Como eso non é así, como vostedes acaparan absolutamente todo, absolutamente ata organismos que non valen absolutamente para nada, non podemos avalar eso, independentemente da valía. Non entramos nin quen é en cada un, que quede claro, non estamos cuestionando a valía de ninguén. En certos organismos que son representacións da Corporación non se respeta esa pluralidade e o acordo neste caso vai na mesma dirección de non respeta-la pluralidade, polo tanto na liña que votamos cando foi o primeiro nomeamento, vamos a votar en contra. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias. Procedemos á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. En contra BNG. Abstención o Grupo Socialista. A favor o Grupo Popular. Apróbase por maioría. MOCIÓN DA PRESIDENCIA Os artigos 33-2 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e 70-3 do ROF, atribúen ó Pleno da Corporación a organización da Deputación. Por outra banda, o artigo 58 c) do ROF establece que o nomeamento de representantes da Corporación en órganos colexiados é competencia do Pleno. Producíndose a renuncia ó cargo de Deputados Provinciais por parte de D. Miguel Domínguez Vaz e D. José Ramón Abal Varela e o subseguinte nomeamento dos seus substitutos D. Julio Sayáns Bugallo e D. Roberto Vázquez Souto, procede, como é lóxico, realizar unha reorganización do grupo de goberno desta Deputación, o que, en parte, iniciouse no día de onte coa designación dun novo Vicepresidente e membro da Comisión de Goberno, co outorgamento de delegacións desta Presidencia e coa adscripción a Comisións Informativas dos novos Deputados, en virtude de sendas Resolucións Presidenciais. En razón do exposto no parágrafo anterior, o Pleno acorda por maioría de votos do Grupo Popular, co voto en contra do BNG e coa abstención do PSOE, a adopción do seguinte ACORDO Ante as renuncias ó cargo de Deputado Provincial de D. Miguel Domínguez Vaz e D. José Ramón Abal Varela, acórdase, a proposta da Presidencia, designar representantes da Corporación nos órganos colexiados que se indican ós Sres. Deputados que igualmente se sinalan: * D. Julio Sayáns Bugallo en: - Centro de Formación Profesional "Príncipe Felipe". - Comisión Provincial de Saneamento. - Comité Provincial da Cruz Vermella Española. * D. Roberto Vázquez Souto en: - Patronato Provincial de Turismo "Rías Baixas". - Comisión Provincial de Prezos en Clínicas, Sanatorios e Hospitais. - Comisión de Industria, Comercio e Turismo da FEGAMP. - Patronato de Mellora da Vivenda Rural. - Consello de Administración do CPAM. * D. Rafael Louzán Abal no Consello de Administración de Xestur Pontevedra. * D. Ramón Sestelo Fernández no Centro de Formación Profesional "Príncipe Felipe". ------ Folla: 78,79 8.4142.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario.- Bueno, darles cuenta de una serie de Resoluciones Presidenciales en virtud de las cuáles en la primera de ellas se nombra a D. Rafael Louzán Abal, Vicepresidente de la Diputación y al mismo tiempo miembro de la Comisión de Gobierno. Otra Resolución Presidencial por la que se designan miembros de Comisiones Informativas a los dos nuevos Diputados: D. Julio Sayáns Bugallo en la de Industria, Agricultura, Ganadería y Montes, en Cultura, en Economía e Facenda, en Sanidad, Acción Social e Muller, en Vías e Obras, en Urbanismo, Vivenda y Medio Ambiente, en Deportes, Xuventude y Turismo y en la Comisión Especial de Cuentas; D. Roberto Vázquez Souto en la de Cooperación y Mancomunidades, en la de Cultura, en la de Economía e Facenda, en la de Pesca y Cultivos Marinos, en la de Deportes, Xuventude y Turismo, en la de Vías e Obras, en la de Urbanismo, Vivienda y Medio Ambiente y en la Especial de Cuentas. A su vez, a D. Ramón Sestelo Fernández en la Comisión Informativa de Deportes, Xuventude y Turismo y en la de Sanidad, Acción Social y Muller. Y al mismo tiempo el Sr. Sestelo causa baja en la Comisión Informativa de Urbanismo, Vivienda y Medio Ambiente. También en virtud de otra Resolución Presidencial se designa Diputado-Delegado en la Ciudad Infantil "Príncipe Felipe", en el Centro de Vacaciones de la Lanzada y en el Asilo de Pontevedra a D. Ramón Sestelo Fernández por renuncia de D. José Ramón Abal Varela. Y en la Comunidad de Vecinos del Edificio Alameda y en la Comunidad de Vecinos de la Casa de San Antoniño a D. Julio Sayáns Bugallo por renuncia al cargo de Diputado Provincial del Sr. Domínguez Vaz. Y al mismo tiempo también darles cuenta del resto de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 27 de octubre y el 22 de noviembre que se ha dado traslado a todos los partidos. Así también, en virtud del acuerdo que adoptó la Comisión Informativa extraordinaria de Deportes, Xuventude y Turismo, la Presidencia, a propuesta de la misma, resuelve designar Presidente de dicha Comisión a D. Julio Sayáns Bugallo. Nada más. Sr. Presidente.- Gracias. Queda enterado o Pleno das seguintes comunicacións: A) De Resolución Presidencial pola que se nomea a D. Rafael Louzán Abal, Vicepresidente da Deputación e ó mesmo tempo membro da Comisión de Goberno. B) De Resolución Presidencial pola que se designan membros de Comisións Informativas ós dous novos Deputados. D. Julio Sayáns Bugallo, na de Industria, Agricultura, Gandería e Montes; en Cultura; en Economía e Facenda; en Sanidade, Acción Social e Muller; en Vías e Obras; en Urbanismo, Vivenda e Medio Ambiente; en Deportes, Xuventude e Turismo e na Comisión Especial de Contas. A D. Roberto Vázquez Souto, na de Cooperación e Mancomunidades; na de Cultura; na de Economía e Facenda; na de Pesca e Cultivos Mariños; na de Deportes, Xuventude e Turismo; na de Vías e Obras; na de Urbanismo, Vivenda e Medio Ambiente e na Especial de Contas.Tamén se nomea a D. Ramón Sestelo Fernández na Comisión Informativa de Deportes, Xuventude e Turismo e na de Sanidade, Acción Social e Muller; causando baixa ó mesmo tempo na Comisión Informativa de Urbanismo, Vivenda e Medio Ambiente. C) De Resolución Presidencial pola que se designa a D. Ramón Sestelo Fernández Deputado - Delegado na Cidade Infantil "Príncipe Felipe", no Centro de Vacacións da Lanzada, así como no Asilo de Pontevedra por renuncia de D. Ramón Abal Varela. E tamén se designa a D. Julio Sayáns Bugallo na Comunidade de Veciños do Edificio Alameda e na Comunidade de Veciños da Casa de San Antoniño por renuncia do Deputado Sr. Domínguez Vaz. D) De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas entre o 27 de outubro e o 22 de novembro e que foron trasladadas ós distintos grupos políticos. E) De Resolución Presidencial pola que a proposta da Comisión Informativa de Deportes, Xuventude e Turismo, a Presidencia designa Presidente da mesma a D. Julio Sayáns Bugallo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, tratáronse os seguintes asuntos: Sr. Presidente.- Fóra da orde do día traemos algúns temas. ------ Folla: 79 9.4143.- MOCIÓN DE D. BALTASAR GARCÍA GARCÍA DO PSOE SOBRE OS PLANS PROVINCIAIS Sr. Secretario.- Hay aquí una moción de Baltasar García que había propuesto la constitución de una Comisión Especial para tratar de la unificación de los planes de la Diputación, pero al no estar el Sr. García y al existir un nuevo Decreto unificando los planes parece que ya no tiene objeto. Sr. Presidente.- La pasamos a Comisión. Pase a Comisión. Acórdase que pase á Comisión Informativa correspondente a Moción presentada por D. Baltasar García García do PSOE sobre os Plans Provinciais. ------ Folla: 79 10.4144.- PARTICIPACIÓN DA Excma. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA NA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE CIDADES DA PESCA (AECIPE) Sr. Presidente.- Vamos a ver. Dar conta da participación da Excma. Deputación de Pontevedra na Asociación Española de Ciudades de Pesca (AECIPE). Esto ya pasó por Comisión. Se acuerda otorgar la Vicepresidencia primera a la Excma. Diputación de Pontevedra y el Pleno queda enterado y aprueba la autorización de participación de la Excma. Diputación. Esto no se vota. Visto o dictame da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños de data 19 de novembro de 1997, así como a acta fundacional da entidade denominada ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE CIDADES DA PESCA (AECIPE), onde se acorda outorga-la Vicepresidencia 1ª da Excma. Deputación de Pontevedra, o Pleno acorda quedar enterado e aproba a autorización de participación da Excma. Deputación en ACEIPE. ------ Folla: 79,80 11.4145.- APROBACIÓN ESTATUTOS DA FUNDACIÓN "INSTITUCIÓN FERIAL DE VIGO" (IFEVI) Sr. Presidente.- Traemos fóra da orde do día, rompendo un pouco o criterio de todos, absolutamente de todos, porque saben vostedes que non me gusta tampouco traer fóra da orde do día, o tema dos estatutos da Institución Ferial de Vigo. O motivo de traelo fóra da orde do día, en todo caso creo que estivo nas carpetas do Pleno para que o viran, foi debido a que nos chegaron tarde os Estatutos é que era urxente sometelo ó Pleno posto que a subvención que concede para este tema a Xunta de Galicia tenno que invertir ou comprometer antes de fin de ano. Por eso se trouxo fóra da orde do día. En todo caso vamos a vota-la urxencia. Vótase a urxencia. ¿Votos en contra da urxencia?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase a urxencia por unanimidade. Bueno, vamos a ver, o acordo implica os seguintes puntos: primeiro, constituirse como membro fundador da Fundación Institución Ferial de Vigo (IFEVI); segundo, apróba-los Estatutos definitivos da citada Fundación; terceiro, aportar a dita Fundación un capital de 10.000.000 de pesetas que se farán efectivos con cargo ós presupostos provinciais do 97, 98 e 99 da seguinte forma: en 1997, 100.000 pesetas; en 1998, 5.000.000 de pesetas; en 1999, 4.900.000 pesetas. ¿Algunha intervención?. Dona Ana Gandón. Sra. Gandón Menduiña.- Si, é para dicir, Sr. Presidente, que a vostede non lle gustará, pero de feito hoxe temos máis temas fóra da orde do día que dentro da orde do día. A orde do día é case ridícula no seu contido e resulta que logo chegamos antes do Pleno a ve-la carpetiña e fóra da orde do día nos vén todo o matute. Non lle gustará pero pasa, e pasa máis do que debía pasar e pasa máis ó mellor con temas que poden ter incluso máis entidade que os que veñen na orde do día. Con respecto a este, efectivamente ten tres partes. Nós naturalmente somos partidarios, parécenos ben que a Deputación forme parte desa Fundación, parécenos ben que aporte esa cantidade que ademais por outra parte é bastante cativa, pero inclúe tamén unha modificación de Estatutos e esa modificación de Estatutos non vén acompañada de ningún informe, a non ser que entendamos que un escrito dun concelleiro responsable do Concello de Vigo é un informe técnico. Evidentemente, é un escrito que mete alí sobre o tema e punto. Nós polo tema e pola importancia que ten vamos a votar a favor, pero gustaríanos haber tido tempo e que o tema viñera na orde do día para haber podido estudiar a fondo o que implica a modificación deses Estatutos e que non están absolutamente nada claras no expediente que se nos puxo a disposición. Nada máis. Sr. Presidente.- En todo caso Ana estes Estatutos foron aprobados xa por todos, absolutamente por tódolos membros, polo tanto non creo que haxa ningunha cousa importante que nos poida desfavorecer. Eu trato por tódolos medios de non traer temas fóra da orde do día, e de feito hoxe dase esta casualidade. Creo que non ten sinceramente maior relevancia, foi porque chegaron tarde, porque se non loxicamente houberámolo metido dentro da orde do día. Nos pediron de Vigo que por favor o metéramos neste Pleno como fora. Procedemos polo tanto á súa votación, dos tres puntos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?.¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade os tres puntos que anteriormente lin. Vistos os Estatutos definitivos da Fundación "Institución Ferial de Vigo" (IFEVI), integrada por un total de 41 artigos e unha Disposición Adicional, segundo os cales a Deputación Provincial de Pontevedra ten a consideración de membro fundador e á vista dos informes favorables de Secretaría e Intervención, o Pleno acorda por unanimidade o seguinte: 1º.- Constituirse como membro fundador da Fundación "Institución Ferial de Vigo" (IFEVI). 2º.- Aproba-los Estatutos definitivos da mencionada Fundación. 3º.- Aportar a dita Fundación un capital de 10.000.000 pesetas, que se farán efectivos con cargo ós Presupostos provinciais de 1997, 1998 e 1999 da seguinte forma: - En 1997, 100.000 pesetas - En 1998, 5.000.000 pesetas - En 1999, 4.900.000 pesetas ------ Folla: 80,83 12.4146.- SÉTIMO EXPEDIENTE DE SUPLEMENTOS MEDIANTE TRANSFERENCIA POR SOBRANTES DO EXERCICIO DE 1997 Sr. Presidente.- Outro tema fóra da orde do día. Sétimo expediente de suplementos de crédito mediante transferencia por sobrante do exercicio de 1997. É un expediente de suplementos de crédito que afecta a catro capítulos, un total de 21.522.118 pesetas. Procedemos á votación da urxencia. Indudablemente púdose traer antes, pero como vostedes saben esto ten que saír a exposición ó público para aprobalo definitivamente. Para que estes cartos, que son certos compromisos que ten xa a Deputación, poidan ser efectivos neste exercicio, non nos quedaba máis remedio que metelos neste Pleno. Polo tanto, ó non podelo levar no Pleno anterior, non nos quedou máis remedio que metelos neste caso no Pleno ordinario fóra da orde do día. Procedemos á votación da urxencia. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver, a min me sorprende o que acaba de dici-lo Presidente. Eu creo que se se pudo haber traído antes non ten ningún sentido que se traia agora fóra da orde do día, por moito que no punto anterior, Presidente, lamentara estas situacións. Nós vamos a votar a favor da urxencia, porque as votamos de xeito sistemático tódalas urxencias a favor, pero vamos a votar en contra do fondo da cuestión, porque votamos en contra do Presuposto e porque en realidade este tema no medio dos outros non o miramos, ou sexa, así de claro. Sr. Presidente.- Gracias Sr. González Iglesias. Procedemos á votación da urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Abstense o Bloque Nacionalista Galego e a favor os demais grupos. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- O funcionamento desta casa empeza a ser preocupante. Que veña unha modificación de crédito fóra da orde do día é preocupante. Que na orde do día non veña practicamente nada e despois nos metan fóra da orde do día todo esto é preocupante, a pesares de que o Presidente ten laminado as mocións de urxencia da oposición. Cando hai poder aplícase un criterio ou o contrario se convén. Non parece moi coherente. Pero sigue a historia; para o luns nos convocan a unha Comisión para os Presupostos; será para darnos os deberes de fin de semana. Nós aínda non temos a copia do Presuposto ou sexa que será para que a fin de semana nos dediquemos a eso para o luns, ou sexa, de hoxe para luns meten a nova estructura organizativa e cadro de persoal de toda esta Deputación, tamén será para que fagamos deberes esta fin de semana. Non parece moi serio como tampouco parece serio que agora o punto este das Cidades da Pesca non se sabe se había que vota-los Estatutos ou non, pasan os Estatutos dunha fundación na que estamos ou dunha agrupación sen votar, etc. Vén esto a colación porque témome que este funcionamento é consecuencia única e exclusivamente do que pasou hai pouco máis dun mes, en que durante o mes de outubro e parte de setembro, Sr. Presidente, dedicouse a andar diante da maquinaria da Deputación, non se fiou xa dos xefes locais do PP para que andiveran, para que venderan as obras da Deputación, dedicouse el a andar unha tras outra, e claro se se dedica a andar por aí detrás do asfalto, ou vendendo asfalto, evidentemente non ten tempo para adicarse ós asuntos da Deputación, e esto se desordena absolutamente e chegan estas consecuencias. Indo ó fondo xa da modificación en si, son 21 millóns que son aforros de intereses porque o tipo de interese está máis baixo do previsto. É pouca cantidade, efectivamente, pero ás cousas hai que chamalas polo seu nome. Gran parte da modificación non é tal modificación, é que se excederon partidas, en vez de facer recoñecemento extraxudicial de crédito e explicarnos aquí no Pleno por que se excederon as partidas, quen foi o responsable de excederse, e pode ser que esté xustificado ou non; entón se aumenta a consignación e despois vostedes por ese truco do almendruco de cando hai consignación non hai que pasar polo Pleno. Estoume referindo á partida máis gorda de todas, ó Plan de Acción Cultural, ós festexos populares. É un pouco duro de crer que de aquí ó final do ano, ou desde que se aprobe o presuposto a final de ano vaian a gastarse seis millóns porque, entre outras cousas, nesta época non hai festas. Están gastados, había campaña electoral, pasáronse nas actuacións e agora nos veñen con esto. Non é gran cantidade, efectivamente, pero non nos traian fóra da orde do día algo a colárnola porque non estamos pola labor. Ou se non explíquennolo con calma. Non é procedemento e empeza a ser preocupante o funcionamento desta casa e agardemos que se empece a arranxar porque se non volveremos outra vez a épocas que é mellor non recordar polo desagradables que foron e pola confrontación que houbo, que non tivo moito sentido. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. Mosquera non é certo, nin vamos a crear polémicas por esto; non é certo que eu andivera, non adiven nunca cunha máquina da Deputación, nunca, nunca. A min dame exactamente igual o que diga, pero neste caso eu dígolle que nunca estiven diante dunha máquina da Deputación. Outra cousa é que en campaña electoral estivese en campaña como estivo vostede e como estivemos tódolos que neste momento estamos en política. Pero endexamais estiven coas máquinas da Deputación. Esto como detalle. Non sei porque o di, porque de verdade non é certo. En todo caso non ten maior importancia. Ten a palabra Julio Pedrosa. Sr. Pedrosa Fernández.- Si, buenos días. Moi brevemente, porque considerar actuación preocupante de este equipo de gobierno traer tres asuntos fuera del orden del día como son el dar cuenta de que formamos parte y tenemos la Vicepresidencia de la Asociación de Ciudades de Pesca, el aprobar los Estatutos de Cotogrande y un expediente de modificación de créditos de 21 millones de pesetas de un presupuesto de 14.000, considerar esto preocupante es tener un criterio bastante curioso, diría yo. Pero centrándonos simplemente en el expediente y a pesar de su poca transcendencia económica, tengo que corregir al Sr. Mosquera, puesto que su finalidad no es la que usted dice. Fíjese usted, bastante más de la mitad es para atender peticiones todavía no cubiertas en Cultura, eso por importe de 4 millones; 2 millones aproximadamente para "Príncipe Felipe"; 3 millones y medio para equipamientos de centros sociales que todavía no se han realizado, con lo cuál si va sumando todas esas partidas de los 21 millones le quedan muy poquitos para lo que usted quería señalar Sr. Mosquera. Y todo eso se cubre simplemente con una rebaja en los intereses. Por eso quiero decir que no tiene ninguna transcendencia este expediente. Era necesaria su urgencia, porque como puede ver va por ejemplo el tema de Cotogrande y había que aprobarlo y meterlo dentro este año. Por eso la urgencia de este tema, aunque no su importancia. Muchas gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pedrosa. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, vamos a ver, perdón pola expresión, vostede ía antes ou despois das máquinas, ía por alí a dicirlle e a prometerlle outras cousas. Eso no vamos a discutir máis porque está aí. Indo ó fondo da cuestión, Sr. Pedrosa, eu dixen que era preocupante que nos deran os presupostos do venres para o luns, que é preocupante que no Pleno non veña nada e nos colen fóra da orde do día cousas importantes, que puideran ser importantes, relativamente importantes, e cando menos demostra certa descoordinación. A min chegoume esta convocatoria de Pleno o mércores, hai dous días; non me digan que o luns non sabían vostedes que ían facer unha modificación de créditos, non me digan que non sabían, ou que non estaba o da pesca, ou sexa, hai certa descoordinación cando menos. Por favor, non é pola gravidade dos temas, é simplemente que denota certa descoordinación. E con respecto ó dos gastos a maioría está sen facer, claro, e hai parte que está gastado e nolo cubren, eso foi o que dixen eu, aí coincidimos absolutamente. En todo caso, teñen maioría suficiente para facer estas cousas e máis que fan, polo tanto nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Mosquera. Procédese á votación do expediente de suplemento de créditos. ¿Votos en contra?. ¿Votos a favor?. ¿Abstencións?. Se opone el PSOE e o BNG. Visto o "Sétimo expediente de suplementos de crédito mediante transferencia, por sobrantes do exercicio de 1997", por importe de VINTEÚN MILLÓNS DUASCENTAS CINCUENTA E DÚAS MIL CENTO OITENTA E OITO PESETAS (21.252.188), motivado á necesidade de ter que realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, ó non existir consignación no Estado de Gastos do vixente Presuposto, que será financiado con sobrantes do exercicio de 1997, o Pleno acorda por maioría de votos do Grupo Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG, prestar aprobación a ditas modificacións presupostarias e dos recursos para o seu financiamento, presentando o seu expediente resumido por capítulos a seguinte estructura: EXPEDIENTE DE SUPLEMENTOS DE CRÉDITO Capítulo 2º.- Gastos en bens e servicios correntes 10.250.488 Capítulo 4º.- Transferencias correntes 6.551.700 Capítulo 6º.- Inversións reais 950.000 Capítulo 7º.- Transferencias de capital 3.500.000 TOTAL SUPLEMENTO DE CRÉDITO 21.252.188 Este expediente finánciase con baixas no seguinte capítulo: Capítulo 3º.- 21.252.188 TOTAL BAIXAS POR TRANSFERENCIA DE CRÉDITO 21.252.188 Estes expedientes presentan, resumidos por capítulos, a seguinte estructura: Capítulo 2º.- Gastos en bens e servicios correntes 6.750.488 Capítulo 3º.- Gastos financeiros -21.252.188 Capítulo 4º.- Transferencias correntes 6.551.700 Capítulo 6º.- Inversións reais 950.000 Capítulo 7º.- Transferencias de capital 3.500.000 TOTAL VARIACIÓNS DO PRESUPOSTO (Compensadas) 0 ------ Folla: 83 13.4147.- MOCIÓN DE D. XOÁN CARLOS CHILLÓN IGLESIAS DO BNG, SOBRE O SECTOR LÁCTEO GALEGO Sr. Presidente.- Acaba de chegar unha moción firmada por Xoán Chillón sobre o sector lácteo galego. Eu voulle da-la palabra a D. Xoán Chillón, pero acaban de criticarnos agora mesmo que por unha necesidade temporal temos que traer algo fóra do Pleno e vostedes agora presentan esta moción. ¿Por que non a entregan antes e podémola debatir?, porque eu non sabía nin que existía. Vamos a medirnos todos polo mesmo raseiro. O Sr. Chillón Iglesias ten a palabra. Sr. Chillón Iglesias.- Bos días a todos. Bueno, non era a miña intención que por parte da Presidencia se faga un "harakiri". En función da nosa coherencia como grupo, que pase a Comisión, incidindo fundamentalmente na urxencia do tema. A urxencia vén dada, como ben saben todos, polo clima de inseguridade que este sector agrario, estratéxico para este país, un ano máis está a padecer. O 40% da producción total agraria segue nese clima de inseguridade, de datos da tempada 96-97, segue nesa inseguridade, que vai pasar con esa sobreproducción, segue sen participar en ningún foro, segue con esa inseguridade das amenazas incluso de axustes en canto á cantidade, que están a repercutir no abandono paulatino de moitas explotacións. Entón que pase a Comisión. Este grupo está pola coherencia, cousa que despois, noutros puntos, traterei de reflexar que non está por parte da Presidencia. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Chillón. Pasa á Comisión Informativa de Agricultura. Acórdase que pase á Comisión Informativa correspondente Moción de D. Xoán Carlos Chillón Iglesias do BNG, sobre o Sector Lácteo Galego. ------ Folla: 83,85 14.4148.- MOCIÓN DE DONA CARMEN AVENDAÑO OTERO DO GRUPO SOCIALISTA SOBRE A PRIVATIZACIÓN DOS ESTALEIROS HIJOS DE J. BARRERA S.A. Sr. Presidente.- Outra moción urxente para que esta Excma. Corporación se pronuncie en contra del acuerdo del Gobierno del Estado y que se solicite la paralización inmediata de toda actuación tendente a privatizar los Astilleros Hijos de J. Barrera SA. Bueno, ten a palabra a Sra. Avendaño. Sra. Avendaño Otero.- Muchas gracias Sr. Presidente. En este caso la urgencia no se puede discutir dado que el pasado día 26, o sea, anteayer, el Ministerio de Industria, saca una notificación que dice que el Ministerio ha abierto un período de reflexión y de contacto con todas las partes afectadas para estudiar sendas ofertas por los Astilleros Astander y Barreras en los próximos días. Los responsables del Ministerio de Industria se reunirán tanto con los responsables de la Comunidad Autónoma como con los sindicatos para estudiar dichas ofertas y recoger sugerencias. Por lo tanto, creo que queda perfectamente justificada la urgencia dado que es una decisión ministerial de anteayer y en este momento en la ciudad de Vigo hay una gravísima inquietud por el tema precisamente de la privatización de Hijos de J. Barrera. Por lo tanto justifico la urgencia en base a decisiones ministeriales. Sr. Presidente.- Gracias Sra. Avendaño. Eu laméntoo, vamos votar a non urxencia por dúas razóns. Primeira, porque non nos dou tempo nin a estudiala; segundo, porque non é certo que exista un acordo do Ministerio de privatización de Barreras. Teño entendido que non hai acordo; o que si hai é reunións en sentido de ver ofertas de privatización, que é distinto. Non hai un acordo de privatización. Estas dúas razóns levan a entender que podía tamén pasar por algunha Comisión se che parece, e a ver se chegamos a un consenso, porque non podemos vota-la urxencia polas dúas razóns, unha repito, porque acabamos de recibila e o segundo porque a palabra acordo non é exacta, diríamos, hai negociacións pero non hai acordo sobre a privatización de Barreras aínda. Ten a palabra a Sra. Avendaño. Sra. Avendaño Otero.- Sr. Presidente, si hay un acuerdo, hay empresas que ya están solicitando la compra de los astilleros J. Barreras y por lo tanto esta Diputada y su grupo considera que es muy urgente el tema, porque ayer ya hubo pronunciamientos incluso de su propio grupo en Vigo respecto a este tema. Por lo tanto la Diputación tiene la obligación, desde mi punto de vista, de abordar un tema que va a ser muy complejo y muy difícil, que va crear una fuerte tensión no sólo en Vigo sino en toda el área de la provincia y creo que esta Excma. Diputación debe de pronunciarse porque el tema es, insisto, de carácter urgente por una decisión ministerial. Sr. Presidente.- É incidir practicamente Sra. Avendaño no mesmo e polo tanto nós vamos a rexeita-la urxencia neste sentido que acabamos de dicir e polas razóns que acabamos de dicir. En todo caso ten a palabra a Sra. Gandón. Sra. Gandón Menduiña.- É que eu creo que efectivamente hai temas que se poden buscar fórmulas de consenso e de acordo, pero ó mellor neste caso e neste tema non parece moi propicio. Eu quero intervir para apoia-la moción que presenta aquí o PSOE e para apoia-la urxencia e porque non me parecen en absoluto convincentes as razóns que acaba de dar. Porque se o que lle molesta exactamente é que aquí figure a palabra "acordo", eu estou segura que a Sra. Avendaño non tería ningún inconvinte en que en vez de a palabra "acordo" puxera "en contra das intencións do Goberno". Estou segura de que vostedes seguirían votando igual, en contra da urxencia. O tema é que non queren votar no sentido que se lle está propoñendo e entón se aplazará o tema, pero o seu voto vai se-lo mesmo. Ogallá que non, ogallá me confunda, pero a min me dá a impresión, teño toda a impresión, e creo que é con base, de que vostedes non queren tomar unha decisión nese sentido de suma-lo seu esforzo a toda aquela xente, incluídos en primeiro lugar os propios señores de Barreras, que están plantexando que non se privatice Barreras. De vez en cando tamén hai que ser valientes e dici-las cousas como son e non simplemente gañar tempo. Nese sentido nada máis para apoia-la petición de urxencia, vamos, que se aprobe a urxencia. Sr. Presidente.- Gracias Sra. Gandón. Sra. Avendaño. Sra. Avendaño Otero.- Si, Sr. Presidente, esta Corporación creo que siempre por la parte de la oposición ha tenido la estética de apoyar mociones urgentes que no tenían un carácter de urgencia y en este Pleno se acaban de dar dos situaciones por su grupo. Desde luego, si la mesa rechaza la urgencia de la propuesta que el Grupo Socialista hace nos parece una falta de ética por la línea de actuación y de apoyo que la oposición tiene cuando ustedes presentan mociones que desde luego no tienen la urgencia que tiene esta moción y está perfectamente justificada. Sr. Presidente.- Gracias Sra. Avendaño. Yo sigo prácticamente diciendo lo mismo y la prueba de que no queremos tomar una decisión en estos momentos, en la postura que ha dicho Ana Gandón, es que es fácil aprobar la urgencia y votar en contra. No queremos eso, queremos que se discuta, que non é tan urxente ó noso entender, precisamente porque non existe ese acordo, existen iniciativas e polo tanto para non rechazala, porque pode ser obxecto de estudio, propoñemos non vota-la urxencia e que pase a Comisión por esta razón. Se se plantexa nos termos de Ana Gandón entón efectivamente votámo-la urxencia e rexeitámola. Eu creo que non é positivo e vamos a discutila e a ver a onde podemos chegar. ¿De acordo?. Gracias. Procedemos á votación da urxencia. ¿Votos a favor?. O Grupo Socialista e o BNG. ¿Abstencións?. ¿Votos en contra?. O Grupo Popular. Rexéitase a urxencia polo Partido Popular. Rexéitase por maioría de votos en contra do Grupo Popular e cos votos a favor do PSOE e do BNG, a urxencia da Moción de Dona Carmen Avendaño Otero do Grupo Socialista sobre a privatización dos Estaleiros Hijos de J. Barrera, SA. ------ Folla: 85,89 15.4149.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Hai un rogo do Sr. Chillón sobre a actuación de máquinas limpa-praias nos distintos Concellos da provincia no ano 97. Esto ¿non foi unha pregunta xa contestada?. Sr. Chillón Iglesias.- Eso foi unha pregunta reiterada en dous Plenos anteriores. O balance das máquinas limpa-praias nos diferentes Concellos da provincia. En función da resposta vén ese rogo. Que quixera que se me conteste pero noutros termos. E tamén anuncio que vai ser unha serie, non un culebrón, pero se vai ser unha serie dos datos do balance deste 1997, en todas aquelas áreas que son exclusivamente da súa competencia ou cando menos así o din nas Comisións. Nas Comisións vostede non participa normalmente, e cando hai unha pregunta sobre algo deste tipo trasládase a pregunta á responsabilidade da Presidencia. Quero dicir con esto que vai ser unha serie, neste caso, o balance das adxudicacións e das subvencións concedidas no Plan de Infraestrutura Deportiva, nas subvencións do CPAM- Cultura, no CPAM-Deporte, etc., onde un ano máis, e cada ano máis esaxerado, se demostra unha certa discriminación e arbitraria ou caprichosa adxudicación dese tema. Pero que non se me conteste con que responde a criterios da Presidencia, a criterios obxectivos e baseados nas respectivas bases, valga a redundancia. Entón, por favor, eso, que serva neste caso naquelas áreas que son da súa competencia, de libre disposición, que explique ou que intente, polo menos, que haxa algún mínimo criterio obxectivo e non completamente arbitraria ou caprichosa, que sempre favorece ós mesmos e discrina tamén sempre ós mesmos. Sr. Juanes Rodríguez.- Estamos no apartado de Rogos e Preguntas. Primeira cuestión a plantexar é o tema dunha obra, unha obra que é significativa, significativa da política da trapallada, á que desgraciadamente nos ten acostumbrados esta casa. Me estou referindo á rúa Gondomar-Peitieros concretamente. Unha obra que se adxudicou en abril do 97, unha obra que o prazo de execución eran dous meses, ou sexa, que no mes de xullo, agosto, tiña que estar completamente rematada. Unha obra que durante todos estes meses, desde que se comezou a obra, alá polo mes de maio, está nun estado calamitoso, e eu me atrevería a dicir de perigosidade extrema en canto á seguridade vial desa rúa. Uns desniveis enormes en ámbolos dous marxes da calzada e co agravante de que por esa rúa circulan diariamente autocares que fan o transporte escolar no Colexio Xosé Neira Vilas de Peitieiros. Posto en contacto cos servicios técnicos desta casa, porque os veciños de Peitieiros recorreron a min que me interesara por esta obra, se me di que as obras están paradas porque non se chegou á acordo cos veciños. E esta faceta negociadora, segundo parece, a tiña o Concello, e o Concello arroxou a toalla ultimamente porque di que lle é imposible chegar a acordo cos veciños colindantes deste vial. Apróbase un proxecto dunha anchura do vial de 6 metros, non se negocia cos veciños as cesións antes de empeza-la obra, nin se deixa, porque eu mirei o expediente, nin un duro para posibles expropiacións. Entón, a miña pregunta vai por aí, ¿cales son as causas da demora? e ¿como se adxudica unha obra sen haber antes negociado cos veciños esas zonas de anchea-la estrada que non eran pertencentes á Deputación e ¿por que?, no caso de que haxa imposibilidade de negociar cos veciños. Eu creo que esa carretera se debe anchear, precisamente tamén co agravante de que circulan autobuses escolares diariamente por aí, e agora mesmo os veciños da zona están pagando estando en vilo tódolos pais dos rapaces porque por aí circulan tódolos autocares. Creo que a política de improvisación e de trapallada desta casa nos conduce a esas situacións, que obras se demoran no tempo dunha forma case ilimitada, incumprindo tódolos prazos que se lle dan nas adxudicacións ás empresas, non por culpa das empresas senón por culpa da pouca capacidade negociadora e da pouca xestión que se fai nesta casa. Me gustaría que con urxencia se lle dera solución a este tema e que expliquen as causas da demora nesta obra. Eso por un lado, porque teño outra preguntiña. Eu sigo coa miña teima. Maquinaria provincial. Por activa e por pasiva solicitamos aquí, dentro do que debe ser unha oposición responsable, unha certa labor de control, de control para que os recursos desta casa se repartan equitativamente de acordo a prioridades. Eu no último Pleno fixen unha pregunta que, a verdade non lin a última acta, non sei se literalmente di como vostedes me contestan, que eu solicito todas aquelas peticións que fan os Concellos a esta Institución para que lle deixen a maquinaria. Me dixo que a única forma que había de controlar onde estaba a maquinaria provincial era que nós indagáramos nos Concellos se esas obras se facían ou non se facían. Me pasan unha retahila de peticións de todo o ano 97. Sr. Presidente, se vostede ten vontade de que nós poidamos controlar eso, non só dea toda a retahila das duascentas peticións senón díganos cales concedeu e cales non concedeu. Esta contestación se me deu a min, a retahila esta das duascentas peticións se me deu a finais do mes pasado. O 5 de novembro eu presento no Rexistro desta casa unha petición á Presidencia dicindo que sexa completada a información relativa ás peticións feitas por Alcaldes e opcións para a realización de obras con maquinaria provincial no senso de poder saber cales foron denegadas ou cales foron concedidas. Eso presenteino eu no Rexistro o día 5 de novembro. Ou sexa, que vostedes non teñen ningunhas ganas de que nós exerzamos esa labor de control porque non interesa que aquí se sepa que vostedes fan clientelismo político e amiguismo coa maquinaria provincial, porque non nos dan en absoluto facilidades para que podamos exercer esa labor de control, Sr. Presidente. E as verdades son así de puras, duras e moitas veces desagradables, pero son así. E para min, como Deputado da oposición, é frustrante ter que chegar a estas conclusións, é frustrante. Entón, rogaría por enésima vez, e a ver se son capaz de que esto ocurra antes de que remate a lexislatura, que se me digan cales se conceden e cales non se conceden. Non me pase vostede anualmente toda a retahila de peticións de tódolos Concellos, porque sabe que eu con eso é imposible que poida exercer esa labor de control que como Deputado da oposición teño que facer. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Sr. Juanes a vostedes mandáronselle, primeiro, onde están as máquinas nos Concellos; segundo, vostede mesmo dixo que se lle mandaron as peticións, tódalas peticións que hai. Eu non lle vou a dicir nunca, porque non o sei, cando me piden unha máquina para un camiño non sei nin onde está o camiño, pero ma pide o Alcalde e leva a máquina o Alcalde e fai o camiño ou fai a pista ou fai outra cousa, e eso nin o controla o Presidente. A min, cando me fan petición de máquinas procuro, dentro das posibilidades, atender algo a todos, que non tódalas peticións están atendidas porque é imposible, porque non hai máquinas para todos, e polo tanto non insista en que lle diga a obra que fai o Alcalde, é que non o sei. Eu o que lle digo e o que lle dou é días onde están as máquinas provinciais, días, en que Concellos están. E se vostede quere saber que pista concreta ou que fixeron con elas, eso sábenno no Concello, eu non o sei, polo tanto non llo podo dar. E xa llo dixen varias veces, e polo tanto non insista, porque eu non o sei; eu teño que fiarme cando me piden para arranxar cousas os Concellos deixarlle as máquinas, pero non estou pendiente se efectivamente logo fixeron eso ou non. É imposible. Eu queríalle contestar só a última parte. Creo que pediu a palabra o Alcalde de Gondomar, afectado, previamente voulle da-la palabra. Sr. Sestelo Fernández.- Sr. Presidente moitas gracias. En primeiro lugar permítanme que me desculpe perante vostede e perante os Sres. Deputados pola miña tardanza, tardanza que é exclusiva culpa do recente falecemento do pai dun concelleiro, que ademais é funcionario desta casa e gustaríame dalgunha maneira que lle fixéramos chega-lo noso sentimento. En canto á contestación da primeira das preguntas que facía o Deputado da nosa zona, eu quería dicirlles que me dá a sensación de que algunha das súas manifestacións son producto do descoñecemento e non quero entender que sexa por outro tipo de intencións. Dicirlle que nesa carretera, carretera importante que comunica o núcleo da vila de Gondomar cunha carretera da Xunta, si existe algún problema, pero o problema fundamental, e excusamos certificalo, é derivado da inclemencia do tempo, sobre todo neste mes que está a punto de rematar, xa que parte do recheo que se ten feito na mesma e o compactado xa a choiva practicamente levou case todo. Existe algún pequeno problema, si é certo, algún tema puntual con contencións de terras nalgunha zona e sobre todo como consecuencia de necesitar algún pequeno muro. O máis pequeno dos problemas é con algún veciño cara á obtención de mellora-la sección desa carretera, na que sei seguro que estamos todos preocupados. De todas formas, a min gustaríame dicirlle ó Deputado que agradezo a súa preocupación, preocupación que ademais é compartida polos tres Deputados da zona, pero dicirlle que dalgunha maneira non comparto o estilo, digamos, e as formas, xa que entre os tres mantemos, digamos, un diálogo fluido e eu lle pediría que seguíramos mantendo o uso dese diálogo antes de producir unha serie de alarmas infundadas, sobre todo alarmas nos medios de comunicación. A min, de todas formas, gustaríame para rematar, Sr. Presidente, resaltar que si que é certo que debemos desde esta Institución e os tres Deputados da zona intentar resolver canto antes ese problema. A empresa deixou de traballar porque o que facía un día estaba desfeito ó día seguinte, pero, como lle dicía antes, intentar que en temas como este, máis que producir alarma, xa que existe ese diálogo entre os tres, intentar preocuparnos os tres do tema, intentar resolvelo. A min, todo o contrario; gustaríame nesta obra, como Alcalde-Deputado da zona, resalta-lo positivo. E o positivo é que unha estrada que comunica a vila cunha estrada da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial, desde hai moitos anos sen facer algún tipo de traballo nela como non sexan os meros traballos de mantemento, adxudicou un proxecto da mesma, proxecto que ademais foi xa en tres fases adxudicado, como lle dicía hai uns intres, e neste momento vai mellorar non só a sección da mesma senón a propia plataforma dunha estrada importante desta casa e que por unha serie de motivos ten eses problemas, pero que o fundamental redúcese ás inclemencias padecidas no tempo. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias. Ten a palabra o Sr. Chillón. Sr. Chillón Iglesias.- Ben, dúas cuestións un poco relacionadas co anterior, é dicir, non se trata agora de interferir nun debate doutro compañeiro que fixo un rogo e unha pregunta, pero en canto ó tema da adxudicación de obras, neste caso, de que esa adxudicación se fai sen estar tódolos trámites realizados, é o mesmo caso dunha pregunta sobre a estrada provincial Tomeza-Figueirido, tamén adxudicada no pasado verán e que non hai atisbos de realización. Por unha parte é comprensible que a estas alturas, coas inclemencias do tempo tamén prexudicaría a súa execución; pero non se ten feito parece ser por problemas con dous veciños e está a estrada en mal estado, con grave deterioro. Pregunto motivos polos que non se ten realizado ata agora a estrada provincial Tomeza-Figueirido nun tramo de 2.571 m. e que previsi

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición