Fondos
1998-07-31_Ordinaria. Acta de sesión 1998/07/31_Ordinaria
Acta de sesión 1998/07/31_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.358/3.1998-07-31_Ordinaria
Título Acta de sesión 1998/07/31_Ordinaria
Data(s) 1998-07-31 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 1,2 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día 31 de xullo de 1998 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e sete minutos do día trinta e un de xullo de mil novecentos noventa e oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Carmen Avendaño Otero, D. Adolfo Campos Panadeiros, Dona Ramona Castaño López, D. Xosé Costa Díaz, D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, D. José Luis Fernández Lorenzo, D. Lino Fontán Mariño, Dona Ana Gandón Menduíña, D. Emilio González Iglesias, D. Oswaldo Lino González Pereira, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. Mario López Martínez, D. Rafael Louzán Abal, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Santiago Pazos Moreira, D. Julio Pedrosa Vicente, D. Amado Ricón Virulegio, D. Julio Sayáns Bugallo, D. Ramón Sestelo Fernández, D. Santiago Tirado Serén, D. Pablo Vázquez Caride, D. Roberto Vázquez Souto e D. Manuel Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Vicesecretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o Sr. Deputado D. Xosé Manuel Barros González, quen excusa a súa ausencia. Tampouco asisten a Sra. Deputada Dona Carmen Ferro Carballo nin o Sr. Deputado D. Emiliano Lage Rodríguez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a comeza-lo Pleno ordinario correspondente ó mes en curso. 1.4253.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do 26 de xuño de 1998. ¿Hai algunha alegación á acta?. Apróbase polo tanto por unanimidade. O Pleno, acorda por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 26 de xuño de 1998. ------ Folla: 2,3 2.4254.- SOLICITUDE DO CONCELLO DE PONTEAREAS DE CAMBIO DE APLICACIÓN DAS OBRAS Nº 227 E 233 DO CAE/1998, POLAS NOVAS ACTUACIÓNS: "PAVIMENTACIÓN CAMINO VIVERO A ENTRADA DE CILLARGA, RIBADETEA", "PAVIMENTACIÓN CAMINO DE BARRONCA, RIBADETEA" E "ASFALTADO PISTA DE SOUTO, SAN LOURENZO" Sr. Presidente.- Punto número dous. Solicitude do Concello de Ponteareas de cambio de aplicación das obras nº 227 e 233 do PAE/98, polas novas actuacións: "Pavimentación camino Vivero a entrada de Cillarga, Ribadetea", "Pavimentación camino de Barronca, Ribadetea" e "Asfalto pista de Souto, San Lorenzo". Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días e moitas gracias. Que un Concello pida o cambio dunha obra pois é un procedemento excepcional pero en principio non habería porque ter demasiados reparos sempre e cando fora dunha maneira xustificada e excepcional. Pero é que o Concello de Ponteareas fai exactamente o que lle dá a real gana, nos está cambiando sempre tódalas obras sen ningunha xustificación e bueno se dentro do seu Concello lle permiten ou actúa desa maneira pois mal pero se aínda por riba arrastra ás outras Institucións a terlle que estar pasando continuamente a imprevisión e os caprichos, porque o de Ponteareas cambeas todas cando lle dá a gana e como lle dá a gana e cando lle dá a gana, pois non me parece de recibo e xa o temos avisado moitas veces que nalgún momento non ibamos a pasalo e creo que xa chegou ese momento. Nós dende logo vamos a votar en contra e en fin, lle pediría incluso que reflexionara o grupo de goberno porque esto á parte de traer uns problemas administrativos tremendos supón tomarse esta Institución a absoluto cachondeo e non nesta sóa vez, senón que é continuamente, porque, repito, se fora dunha vez, por un problema concreto, excepcional, pois todos estaríamos de acordo, pero este Concello de Ponteareas é todas seguidas sen xustificación e tomando de coña toda a Administración, sen ningunha previsión, despois cambia porque está afeito a facer o que lle dá a gana sen ningún respeto por ningunha norma. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, home eu creo que as razóns xa as dixo o Sr. Mosquera hai un momento, pero é que se miramos ano tras ano en tódolos plans o Concello de Ponteareas vén cambiando as obras tódolos anos e as xustificacións que vén dando normalmente son ou que a obra xa lla fixo a Xunta de Galicia ou que xa lla fixo outra Administración. Entendemos que esto non é de recibo e menos que a estas alturas, a finais, practicamente no mes de agosto, se plantexen cambios nas obras, polo tanto vamos votar en contra. Sr. Presidente.- Gracias. Ten a palabra o Sr. Costa Díaz. Sr. Costa Díaz.- Simplemente dicir que estas obras xa viñan nunha primeira relación o que é que sobrepasaba a cantidade que lle correspondía ó Concello e estimou agora cambialas, pero bueno, na primeira relación viñan o que é é que sobrepasaban. Nada máis, gracias. Sr. Presidente.- Gracias. Procedemos á votación entón do punto este solicitando o cambio de aplicación das obras que xa enumerei. Entón ¿votos en contra?. ¿Abstencións?. Non hai. ¿Votos a favor?. Apróbase, Partido Popular. En contra Partido Socialista e BNG. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do Grupo Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG, aproba-lo seguinte acordo: A solicitude do Concello de PONTEAREAS apróbase o cambio de aplicación das obras números 227 e 233 do PAE/98, denominadas "Apertura e pavimentación camino Bahiana a Granxiña e Pavimentación Pista Picouto a Ramallal", respectivamente, polas novas que se propoñen seguintes e co financiamento que se sinala: "Pavimentación camino Vivero a entrada Cillarga, Ribadetea", cun presuposto de: Aportación do Estado 2.287.406 Aportación da Deputación 1.671.757 Aportación do Concello 1.029.387 TOTAL 4.988.550 "Pavimentación camino Barronca, Ribadetea", cun presuposto de: Aportación do Estado 1.928.384 Aportación da Deputación 1.409.364 Aportación do Concello 867.820 TOTAL 4.205.568 "Asfaltado Pista de Souto, San Lorenzo", cun presuposto de: Aportación do Estado 1.387.727 Aportación da Deputación 1.014.224 Aportación do Concello 624.509 TOTAL 3.026.460 Este acordo deberá ser exposto ó público e sometido ós informes do Subdelegado do Goberno e Presidente da Comisión Provincial de Colaboración do Estado coas Corporacións Locais, e á aprobación do Ministerio de Administracións Públicas. ------ Folla: 3,4 3.4255.- ADHESIÓN Á "FUNDACIÓN LAXEIRO" Sr. Presidente.- Punto tres. Adhesión á Fundación Laxeiro e designación do representante da Corporación Provincial na correspondente Fundación Laxeiro. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Esta é unha historia un pouquiño rara. Que haxa unha Fundación adicada a un pintor da categoría de Laxeiro é algo do que todos nos debiamos congratular, pero a historia é así un pouquiño rara, reitero, porque xa unha Fundación estraña, porque agora se vén a tramitar dunha maneira así a toda présa e ratificar agora en certo modo porque xa pasou pola Comisión de Goberno. No expediente que eu vira non estaban nin os Estatutos desa Fundación e adherirnos porque alguén acordou que a Deputación debe adherirse. Eu penso que esta Deputación non debe só adherirse agora, senón que xunto que é o de Vigo neste caso que está digamos levando adiante esto pois debía implicarse dunha maneira máis directa. E eu pediría o compromiso deste Pleno de que cando menos, cando menos, a pesar de que reitero non nos gusta nada como foi tramitado todo o da Fundación, e que cando menos se comprometese a aportar a esta Fundación tanto, peseta por peseta senón máis, do que aportou á Fundación Camilo José Cela. Porque adherirnos sen poñer un duro, porque xa digo esa Fundación que neste momento non se sabe, ou nós non sabemos moi ben, a compañeira que está no Concello de Vigo coñéceo algo mellor, pois é un bonito e tramitado dunha maneira bastante estraña, por non dicir doutra maneira. En fin, vostedes dirán. Nada máis. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera, a tramitación, vostede veu o expediente, indudablemente aí fálase no expediente, hai dúas cartas do Alcalde de Vigo, onde se nos pide sencillamente a adhesión a esta Fundación. Consideramos e vostede considérao tamén, que é positivo adherirnos. De momento, só se nos pide que nos adhiramos e que nomeemos un representante, e neste caso a proposta é o Delegado de Cultura, o Deputado Delegado de Cultura, e no futuro indudablemente se nos piden colaboración, colaboración económica me refiro, non vamos ter inconvinte en aportar aquelo que consideramos oportuno. Pero se no escrito do Alcalde de Vigo non se nos pide máis que a adhesión formal pois é o que traemos ó Pleno. Pero eu adquiro o compromiso de que efectivamente se no futuro esto implica unha aportación económica de apoiala tamén economicamente. Procedemos polo tanto á votación da adhesión e a designación de D. Amado Ricón Virulegio como representante da Deputación na Fundación Laxeiro. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Votos a favor Partido Socialista e Partido Popular e abstención o BNG. O Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e coa abstención do BNG, ratificar en tódolos seus termos o acordo da Comisión de Goberno do 9 de xullo de 1998, adheríndose á Constitución da Fundación Laxeiro promovida polo Concello de Vigo para fomentar, divulgar, prestixiar e defende-la obra artística do pintor, e a designación do Deputado Delegado de Cultura D. Amado Ricón Virulegio como representante desta Corporación no Padroado. ------ Folla: 4,5 4.4256.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA EN RELACIÓN COA MODIFICACIÓN DA COMPOSICIÓN DA XUNTA RECTORA DA ESCOLA DE CANTEIROS Sr. Presidente.- Pasamos ó punto catro. Moción da Presidencia en relación coa modificación da composición da Xunta Rectora da Escola de Canteiros. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Trátase de que a Xunta Rectora da Escola de Canteiros, un organismo por outra parte absolutamente eficaz, brillante, que se reune con fluidez e que marca as liñas moi polo miúdo, exactamente reúnese unha vez ó ano cando hai sorte e demáis, pero bueno, pois trátase neste caso de non sei exactamente cales son as razóns, na Comisión díxosenos que quería a Xunta de Montes de incorporar, suponse que de por vida e como Vocal membro dese Patronato, desa Xunta Rectora, a un membro da Xunta de Montes da parroquia de San Salvador de Poio en base a que cedeu os terreos para construi-lo novo edificio da Escola de Canteiros. Home, queda claro, queda claro, que hai que agradecer a esta Xunta de Montes que teña cedido os terreos e consta aquí o noso agradecemento público, e queda claro que se pode facer e se debe facer algún tipo de compensación e de agradecemento a esta Xunta de Montes. Pero o que resulta moi estraño é que ese agradecemento sexa incorporar a unha Escola, a unha Institución Docente a unha Xunta de Montes que non ten nos seus fins para nada e que en canto cedeu a parcela non vai ter absolutamente ningunha participación directa nin indirecta nesa Escola. O Mosteiro de Poio estaba antes por un motivo elemental, porque estabamos usando as súas instalacións, en canto estamos usando as súas instalacións pode haber roces de convivencia, pode haber roces de dotacións, hai que repara-las instalacións e tiña a súa lóxica, ata aí creo que estamos todos de acordo, pero é unha cousa absolutamente diferente que alguén ceda os terreos, que as instalacións son propias da Escola de Canteiros, polo tanto xa non ten ningunha participación e que á parte non ten absolutamente ningunha especialización nin ningunha participación nin creo moito que opinar sobre o funcionamento da Escola esta Xunta de Montes. Eu creo que o agradecemento á Xunta de Montes debe ir por outra vía, debía ir pola vía pois dalgún equipamento, dalgunha dotación, dalgunha mellora na parroquia, pero nunca por esta vía, nós estamos convencidos de que se trata de que apareza a Xunta de Montes controlada polo PP como representante e non aparezan outras Institucións educativas do Concello ou o propio Concello, e figurando nesa Xunta Rectora que insisto creo que non vai pintar absolutamente nada, primeiro polo propio funcionamento da Xunta Rectora e segundo porque non é unha Institución para facer eso. É malo de entender, de verdade que é malo de entender, se chega a ser logo un señor ou unha señora, unha familia privada a que nos cede os terreos pois tamén o teriamos que meter, como nos cede os terreos o temos que meter e temos no Patronato pois alguén suponse que moi especializado, ou sexa que non sabe absolutamente nada de educación por ese feito. Home eu creo que se están columpiando aquí. De todas maneiras e tal como fixemos na Comisión cremos que hai que agradecerllo, nos parece que é un procedemento absolutamente inoportuno, cun trasfondo absolutamente absurdo, repito, eu creo que o trasfondo é doutro tipo, incluso o Sr. Presidente tivo certos problemas con esta Xunta de Montes en canto que quería, o Concello de Poio moi correctamente intentou, porque había denuncias para a construcción, intentou negociar con esta Deputación que se pedira licencia para te-las espaldas cubertas ante as denuncias e a Xunta de Montes esta intentando chuzar, intentando votar contra o Concello cando o Concello tivo unha actitude de colaboración en todo o momento. Eu creo que aí o trasfondo é ese, é un trasfondo absolutamente irracional, non ten nin pés nin cabeza e en fin, de tódalas maneiras como a Xunta de Montes esta se portou ben independentemente que poida haber algún elemento dentro dela que pretende andar enzarillando con cuestións así en fin partidistas, polo miúdo, así de curtas miras, pero a Xunta globalmente se portou moi ben. Pois se vostedes quérenlle dar esta gratificación nós non nos opoñemos, vamos absternos, agora lle pediríamos que o reconsideraran. Creo que non é a compensación oportuna, creo que hai outras moito máis razonables para unha Xunta de Montes, como é o que dixen antes, algún tipo de equipamento, mellora do equipamento na parroquia e non meterse nunha Xunta Rectora dunha Institución educativa na que en principio non ten ningunha funcionalidade esa Xunta de Montes. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Bueno, o que acaba de espoñer, o seu criterio, loxicamente poderíaselle agradecer de moitas formas, é á Comunidade de Montes. Pero en todo caso vostede mesmo recoñece que cedeu aí unha cantidade de metros cadrados importante e o que si tamén quero dicir e agradecer publicamente e a colaboración do Concello. Eu non tiven ningún problema nin co Concello de Poio neste sentido nin coa Comunidade de Montes, houbo unha colaboración perfecta, se nalgún momento tiveron algún problema dende logo a min non me chegou, sei que houbo por parte do Concello de Poio tódalas facilidades posibles e polo tanto, bueno, vostede entende que non debía estar aquí e eu añadiría un motivo máis para telos aí, saben que no compromiso da cesión de montes vai acompañado tamén en que a Comunidade de Montes se compromete a dotar á Escola de oito becas, oito becas para estudiantes, e bueno, vostede entende que non debíamos dalgunha maneira pois telos aí, é un criterio que eu respeto pero nós consideramos que efectivamente despois da cesión importante que fixeron, das becas que están dispostos a pagar e todo o demais pois creo que bueno, é un pequeno recoñecemento e nada máis. Procedemos polo tanto á súa votación no sentido de modifica-los Estatutos para dar entrada a un representante desta Comunidade de Montes. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase cos votos a favor do PP e PSOE e abstención do Bloque Nacionalista Galego. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Réxime Interior, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e coa abstención do BNG, aproba-la Moción da Presidencia en relación coa modificación da composición da Xunta Rectora da Escola de Canteiros, que é como segue: A Escola de Canteiros de Pontevedra pronto terá unha nova sede en terreos da Comunidade de Montes de San Salvador de Poio. Este novo emprazamento foi posible gracias ás facilidades dadas por dita Comunidade ó cede-los terreos necesarios para iso, polo que parece lóxico que un membro da mesma forme parte da Xunta Rectora da Escola, para o que procede modifica-los Estatutos do citado organismo autónomo e por iso, é polo que se propón ó Pleno a adopción do seguinte acordo: "Aprobar inicialmente a modificación dos Estatutos da "Escola de Canterios de Pontevedra" no sentido de incluir na composición da Xunta Rectora (art. 7) a un representante da Comunidade de Montes de San Salvador de Poio". ------ Folla: 18,21 6.4258.- APROBACIÓN INICIAL DO CATÁLOGO DE ESTRADAS PROVINCIAIS Sr. Presidente.- Pasamos ó punto sexto. Aprobación inicial do catálogo de estradas provinciais e exposición ó público de quince días para alegacións. ¿Algunha intervención?. Sr. Juanes Rodríguez. Sr. Juanes Rodríguez.- Si. Gracias Sr. Presidente. Home, eu penso que despois de tres anos e pico, creo que incluso ponse na orde do día o 6º punto, Catálogo de estradas provinciais, creo que incluso non está ben senón que sería identificación das estradas provinciais. Un catálogo se entende que hai outros criterios, o catálogo pois marca categorías de estradas provinciais. En principio non poñemos en dúbida a vontade da Comisión de Goberno desta Deputación de facer un catálogo de estradas provinciais, pois este é o primeiro pasiño o primeiro pasiño para chegar a eso porque o único que hai aí é simplemente a identificación da estrada e os metros desa estrada, simplemente. Eu creo que nun catálogo de estradas provinciais pois ten que haber eso, sección da estrada, densidade de tráfico, precisamente para a posibilidade de que haberá administracións locais que se queiran facer con estradas, administracións autonómicas que se queiran facer coa estrada e a Deputación se quedará coa rede de estradas provinciais que se quede. Pero bueno, identificación, agora mesmo, señores, pois bueno temos as estradas con nome, este é o catálogo que nos presenta o equipo de goberno da Deputación, identificamos as estradas pero creo que sería bo correxi-la orde do día e dicir "Aprobación inicial da identificación das estradas provinciais", porque antes nin as coñecíamos, agora coñecémolas pero non temos máis datos delas, soamente sabemos saen daquí e chega aquí, primeiro pasiño. O Grupo Socialista se vai abster porque non pon en dúbida a boa vontade do equipo de goberno o que si pon en dúbida e anula a capacidade de xestión que ten este equipo de goberno. Ten boa vontade pero a capacidade de xestión absolutamente nula, este non é un catálogo de estradas provinciais é unha identificación, porque antes non sabíamos nin como se chamaban, agora sabemos polo menos como se chaman. Pero nada máis. Pero bueno, nos vamos abster porque a boa vontade está aí, a xestión absolutamente nula. Gracias. Sr. Mosquera Lorenzo.- Tres anos para facer esto a verdade é que supón moito utilizar moita ciencia no asunto este, eu creo que bueno, é un pasiño, non hai ningún interese realmente en te-las cousas perfectamente definidas, actuase onde se actúa, e bueno, pois polo menos temos un documento que nos di, nos identifica as estradas. Eu resístome a crer que ata agora non houbera, digamos, non se soupera máis ou menos salvo algún tramiño cales eran, pero bueno, polo menos agora están grafadas e demais, pero bueno, tres anos parece así como moi excesivo, e demostra que non hai gran vontade, eu aí discrepo de D. Efrén, non hai que ter moita capacidade de xestión, case ningunha dende logo para facer eso non fan falta tres anos nin dous nin un. Pero bueno, agardemos que esa segunda fase que nos dixeron o outro día na Comisión de que agora con este soporte de ter grafadas as estradas pois o seguinte paso sería realmente catalogalas e demais agardemos que non tarde outros tres ou cinco anos, agardemos. Nada máis. Sr. Presidente.- Ten a palabra o Sr. Tirado. Sr. Tirado Serén.- Gracias Sr. Presidente. Bueno aquí nós pretenderemos coa venia e con consentimento da oposición non facer como María que dá un pasiño para adiante e outro para atrás, nós procuraremos que tódolos pasos que deamos sexan para adiante e este é o primeiro pese o que lle pese á oposición é o primeiro despois de cen anos de estradas provinciais pertencentes á Deputación, é a primeira vez que a Deputación ten un catálogo. Será pobriño, será modesto, será o que sexa, pero é o primeiro. ¿Que pretendemos facer con esto?. Pois en primeiro lugar, é dicir, o Sr. Juanes poñía en tela de xuízo se se lle debía de chamar catálogo de identificación, pois chámelle como queira, nós dende logo vámoslle chamar catálogo e así o faremos e así consta no expediente. ¿Por que catálogo?. Pois porque aínda que non cataloga, porque como dicía tamén e así se lle explicou na Comisión Informativa ó Sr. Mosquera e ós demais, pois é un primeiro paso, dalgunha forma se tiña que empezar, entón empeza nomeando en primeiro lugar con catro díxitos e ademais perfectamente identificables cada unha das estradas provinciais. O primerio díxito, é dicir, baseándose ademais no mapa comarcal de Galicia, o primeiro díxito corresponde á comarca. Como se dá a circunstancia de que esta provincia ten 10 comarcas a primeira empeza por un cero, a seguinte, ou a primeira que é Pontevedra como capital ten un cero, a seguinte que é a zona do Morrazo pois ten un un, a seguinte un dous, tres, catro, cinco, seis, sete, oito, nove, e rematando no Salnés que é un nove. Despois o segundo corresponde ó Concello. A terceira e a cuarta é o número que lle corresponde á estrada dentro de cada Concello. Entón a partir de aí despois está a identificación co nome que lle corresponde á vía de acordo con aqueles criterios que tamén esta Corporación sinalou no seu día e ademais tamén tendo en conta as indicacións que fixeron cada un dos Alcaldes das distintas localidades polas que circulan estas vías que se reuniron precisamente nesta sala, se reuniron con este Deputado e ademais démoslle as instruccións respecto ó que pretendíamos e entón a colaboración deles pensamos que hoxe pois dispoñemos dun primeiro paso de catálogo, primeiro paso nada máis. Agora o seguinte paso pois será xa a de coñecer ademais da lonxitude que xa figura, coñece-la anchura, coñece-las condicións, saber se ten ou non cunetas, é dicir, o número de pasos de auga ou de tixeiras que dispón, etc., etc. Eu non vexo frente a vostedes que din que por falta de xestión, pois efectivamente se ó mellor estiveran vostedes aquí pois seguro seguro que habería moitisimo máis feito, pero bueno, vostedes contan coas persoas que hai e co que fan, agora o que lle digo eu é que é un primeiro paso despois de cen anos, eso si. Sr. Presidente.- Gracias. Sr. Juanes Rodríguez. Sr. Juanes Rodríguez.- Si. Aínda que a miña intervención foi corta o Sr. Tirado parece que trata de minimiza-la importancia que ten este tema. Eu creo que bueno, son moitisimos millóns o que invirte esta Institución na Rede Viaria Provincial, moitisimos millóns. O Grupo Socialista non dende que estou nesta Corporación senón na anterior e na anterior pois vén reclamando ese Catálogo de estradas provinciais precisamente para rentabiliza-las inversións e que se fagan naquelas estradas que realmente sexan prioritarias. Non trate de minimizar dicindo que bueno, que este é o primeiro pasiño, porque si despois de tres anos se vostedes non foron capaces de cataloga-las estradas provinciais sendo a maior inversión que fan, que son moitos centos de millóns os que anualmente se gastan en mante-la Rede Viaria Provincial, eso é absolutamente imprescindible para xestionar ben esta casa. E despois de anos e anos e anos nos veñen cunha identificación, bautizamos, bautizamos as estradas provinciais, agora teñen nome, pero seguimos sen ve-la posibilidade de prioriza-las inversións porque con esta identificación como prioriza vostede as inversións. Porque lle gusta máis un nome que o outro. Entón non trate de minimizar, aínda que a miña intervención foi curta, creo que a intensidade está aí e a maior inversión que fai esta casa é en estradas provinciais e vostedes, e vostedes, por eso digo que é nula a súa capacidade de xestión, porque realmente non son capaces de prioriza-las inversións e fan os arranxos cachiño a cachiño, 200 m. nesta estrada, 200 m. na outra, unha, vamos creo que é absolutamente irresponsable ese tipo de actuacións. Por eso digo que xestión absolutamente nula, a vontade vexo que a teñen, pero bueno, capacidade brilla pola súa ausencia. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, home o Portavoz do PP o Sr. Tirado nos di que hai 100 anos. Home, eu non quería remitirme tan atrás, pero, pois si, si, claro, hai 100 anos ou máis que esta casa vén facendo o que lle dá a gana e parece que os gobernos, polo menos os últimos os outros non coñezo, non son un historiador desta casa. Pero tanto lle preocupaba ter catalogado esto e demais, ou sexa, nada, non lle preocupaba nada, porque como facía o que lle daba a real gana, pois non pasaba, eso era incluso un atranco telo e por eso nunca houbo vontade de facelo. ¿E que quero dicir con esto?. Que cando a Deputación pon a súa maquinaria de obras públicas a funcionar ás veces dunha maneira bastante tétrica, pois historicamente polo menos dígoo nestes últimos anos, nunca se preocupou de se era unha estrada provincial, se non era provincial, se era pública e incluso se era privada. O asunto é vende-lo favor ou facer o que alguén influente neste casa ou dentro do grupo de goberno pedise. Entón por eso non lles preocupou demasiado e por eso pois consideran un inmenso éxito o ter numerada, cambiarlle a numeración porque numeradas xa estaban, cambiarlle a numeración e poñerlle nomes e apelidos ás estradas provinciais e por eso demoran de tódalas maneiras pois medidas realmente que definisen dunha maneira clara o campo de xogo, ou sexa, ¿que estradas provinciais son máis importantes?, ¿cales son menos importantes?. Se a Deputación se vai adicar basicamente ás estradas provinciais e se a Deputación vai seguir por aí coa súa maquinaria utilizándoa pois en asfaltar moitas veces camiños privados, entón ou dubidosos ou de todo tipo, eso é o que estivo pasando e o que nós vimos demandando que deixe de pasar. Realmente este catálogo, este relatorio, este listado de estradas e cambio de numeración e demais pois se servise para ir definindo un campo de xogo claro e que a Administración funcionase, esta Administración, con criterios de racionalidade, pois se fose ese o primeiro paso benvido sexa, pero bueno, a historia previa, o tempo que tardou e a falta de definición posterior e non haber nin prazos para que posteriormente se vaian definindo outras cousas moito nos dá que sospeitar que non haxa esa vontade xunto con actuacións que sigue habendo cotidianamente de que as máquinas da Deputación se dedican a asfaltar ou arranxar pois estradas ou camiños que non son asuntos prioritarios cando non, reiterio, son privados ou de dúas titularidades. Ou sexa, se a esta Deputación nunca lle preocupou preguntar tan sequera se un camiño un Concello o consideraba público ou non, sobre todo se non ten o goberno dese Concello, vai e actúa en función de quen llo pide ou da xunta local do PP ou dalgún amigote e sen preguntar, pois moito menos lle preocupa en que estado están ou cales son as estradas provinciais, esa é a realidade e entón, bueno, pois facernos un libraco así máis ou menos bonito catalogando pois bueno está moi mono e demais pero como non haxa outra vontade política de cambia-lo funcionamento desta casa nese aspecto pois en fin, un bonito, un bonito que tampouco nos vamos opoñer a el pero un bonito non deixa de ser eso. Sr. Tirado Serén.- Gracias Sr. Presidente. Polo menos ó Sr. Juanes na intervención hai que recoñecerlle, mostrarlle polo menos a nosa gratitude porque á súa vez el recoñece e vaia a redundancia de que este organismo inviste centos de millóns de pesetas en estradas. Ben, pero será todo anarquicamente pero inviste, ó fin e ó cabo a obra queda feita, deixámoslle a que cada un xulgue segundo o seu criterio. Agora, o que tamén a súa vez imos recoñecerlle é que non ten moito coñecemento da documentación que obra e da documentación que se aproba neste organismo porque el sabe que non hai moito neste mesmo organismo do que vostede forma parte aprobouse o catálogo, non só o catálogo senón a cualificación das vías dentro do regulamento das vías, das vías provinciais, clasificándoas en de primeiro e de segundo, ou sexa, vías prioritarias ou vías de primeiro orde e vías de segundo. Evidentemente cando se entende por prioritarias enténdese por prioritarias en tódolos sentidos incluso na do investimento, entón ¿en cales se vai a poñer principal atención cando sexa de face-los investimentos que haxa que facer?. Evidentemente, antes nas prioritarias que nas secundarias. Respecto ó que dicía o Sr. Mosquera que, bueno que a despreocupación de anos e anos e anos, eu non quero construir unha frase pero de todas formas temos que recoñecer que os que estamos agora aquí e particularmente este Deputado non é responsable da historia, a historia foi a que foi. Agora, polo menos tamén lle teño que agradecer que demostre ou polo menos que manifeste que neste momento hai preocupación e esta preocupación haina senón pois continuaríamos igual como estabamos. E preocupación haina porque non sei se vostede o sabe pero os meus compañeiros si o saben que este Deputado está recorrendo tódalas, tódalas, tódalas vías da Deputación, é dicir, dende que, non sei ... afortunadamente ou que está algo liberado de tempo e entón está recorrendo todas, todas, tódalas vías da Deputación. Entón paréceme que é un segundo pasiño despois de que ademais saibamos como se denominan tamén que as coñezamos e este Deputado está dándose unha voltiña por todas. É o que lle podo dicir, e esto é nada máis que o que dicíamos antes, é un pasiño nada máis. Agora, o segundo paso, virá e o que eu lle podo prometer é que mentras este organismo ou polo menos esta delegación sexa competencia miña vai seguir traballando co compromiso de que en xuño do ano próximo teñamos xa o catálogo completo. Este é un primeiro paso pero en xuño do ano próximo, do ano 1999, xa poidamos dispoñer do catálogo completo respecto a tódalas condicións das vías e ó coñecemento detallado de cada unha das súas partes, das partes que o integran. Entón ese é un compromiso e nese campo estamos traballando. Non se fai da noite para a mañá porque estamos traballando en ó redor de 1.800 km2 e non son tan fáciles de recorrer e de coñecer e de detallar. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Tirado. Procedemos polo tanto á votación da aprobación inicial do Catálogo de Estradas Provinciais, exposición ó público de quince días como é lóxico. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase polo Partido Popular. Abstención BNG e PSOE. Remitíndose polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras, ó Servicio de Contratación, o 21 de xullo de 1998, o catálogo de estradas provinciais, dotado de memoria e planimetría, detallado por comarcas, para unha máis adecuada identificación e catalogación das mesmas, e someténdose tal catálogo ó dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSOE e do BNG: 1.- A aprobación inicial do catálogo de estradas provinciais, e a súa exposición ó público por prazo de 15 días, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, en caso de non producirse reclamacións durante tal período. ------ Folla: 21,26 7.4259.- APROBACIÓN DA CONTA XERAL DO PRESUPOSTO DA DEPUTACIÓN E A DOS ORGANISMOS AUTÓNOMOS DA MESMA, CORRESPONDENTES Ó EXERCICIO DE 1997 Sr. Presidente.- Pasamos ó punto sétimo. Aprobación da conta xeral do Presuposto da Deputación e dos Organismos Autónomos da mesma correspondentes ó exercicio de 1997. ¿Algunha intervención?. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si. Vamos a ver, durante o prazo de exposición pública o Grupo Socialista presentou un escrito, un escrito no que facíamos referencia a unha serie de cuestións diferentes, digamos que algunhas poderían parecernos anecdóticas, anecdóticas se non se tratara de diñeiro público; outras podían parecernos curiosas; outras nos poderían parecer un exceso de celo; e en outras había unha clara ilegalidade ó meu modo de ver. Se me permiten vou a empezar polas de exceso de celo. Resulta que nós mirando expedientes topámonos con que había e hai un expediente que fai referencia ó que, bueno a unha contratación por parte da Deputación, concretamente do Presidente, a unha contratación de menos de dous millóns de pesetas e nos pareceu curioso ou con exceso de celo como lle dicía polo seguinte. Recoñecendo que se é un contrato menor con que estivese alí única e exclusivamente a factura podía chegar, resulta que curiosamente topámonos, topámonos con tres presupostos dentro do expediente, tres presupostos pedidos seis meses antes, e que mirando os presupostos resulta que os tres estaban interelacionados entre si, é dicir, que a primeira e a terceira empresa tiñan a mesma dirección e que a primeira e a segunda empresa tiñan o mesmo teléfono. Entón volvo a repetir, si só chega ou só basta cunha factura, por que razón, e supoño que o Presidente me dará unha explicación convincente, por que razón aparecían alí tres presupostos e por riba tres presupostos que no fondo eran a mesma empresa ou empresas interelacionadas entre si. Á marxe e xa é anecdótico que sexan empresas de Lalín, eso é á marxe. Home, nós podíamos chegar á conclusión, a outra conclusión e dende logo chegamos a outra conclusión que é a seguinte. Vimos dicindo dende hai tempo que curiosamente nas contratacións da Deputación, en contratacións grandes, por exemplo en estradas provinciais, en esta casa fanse lotes, divídense os lotes e curiosamente todas as empresas que se presentan, todas, levan algunha adxudicación, todas. E non digo que esto sexa ilegal, digo única e exclusivamente que é moi curioso, tremendamente curioso que tódalas empresas que se presentan levan algunha parte da obra e non hai máis empresas que se presenten, son esas única e exclusivamente. E claro, un pode entender que aquí se están vestindo os santos, se están vestindo os expedientes, e cando hai orde de vesti-los expedientes pode que algún funcionario teña un exceso de celo e apareza incluso metendo presupostos onde non farían falta os presupostos. E entendemos que ese é o caso que está pasando e o caso que pasou nesta contratación concreta. Despois e me vou a referir ó que lle poderíamos chamar cuestións anecdóticas e estou falando dunha parte do cobro das dietas dos Deputados, home cuestión anecdótica podería supoñer ou sería, volvo a repetir sempre que non se tratara de cartos públicos que é o caso, pero sería que un Deputado, o Sr. Ricón concretamente, que foi invitado como Alcalde á inauguración dunha fábrica, resulta que vai a esa inauguración e lle pasa unha dieta á Deputación Provincial, non sei se tamén foi invitado como Deputado, pero como Alcalde seguro que si, seguro que si, me consta ademais. Bueno, supoño que no Concello non se pagan dietas, por eso foi ó Concello do lado inaugurar unha fábrica, aquí parece ser que si, ou polo menos el cobrouna. Anecdótico tamén podería ser que o Sr. Fontán entregue Trofeos de Deportes na súa propia cidade. Home se fora o Deputado de Deportes eu o podería entender, podería entender que tivera que desplazarse e entregar trofeos. Pero sendo Concelleiro de Vigo, vivindo en Vigo e entregando trofeos en Vigo tampouco entendendo tampouco entendendo como pode estar cobrando dietas, e pois fala concretamente de entrega de trofesos de vela, de asistir ó campionato de vela de España, porque por asistir a un evento deportivo se cobra unha dieta que baixe Dios e o mire. Digo, estou dicindo escrupulosamente o que figura nos expedientes. Home, de categoría de anécdota algo máis, pasa o Sr. Pedrosa, digo algo máis porque eu supoño que sendo Concelleiro de Vigo, supoño pois que ten a invitación do Concello de Vigo ou do seu Alcalde para asistir ó día da Reconquista, o día 25 de marzo ou para asistir o día 26 de marzo a un acto na Plaza da Independencia, estamos falando creo eu do mesmo acto, de actos relacionados coa reconquista, e bueno, e por eso, e por eso sendo Concelleiro de Vigo cobra unha dieta na Deputación, ou dúas, unha cada día. Por non falar de asistir ós actos da Muller Traballadora, o que xa, se me permite Sr. Pedrosa para min raia no ridículo que estea pasando vostede unha dieta ou cobrando unha dieta de 8.600 pesetas por asistir a actos da Muller Traballadora ou por asistir en Vigo á Feira da Construcción ou o que xa é de coña e permítame a expresión polo que supón para moita xente en Vigo, o que xa é de coña e pasar unha dieta para asistir ó Pregón do Cristo da Victoria. Digo que polo que supón para moita xente en Vigo me parece vergonzoso que un Concelleiro de Vigo e ademais Deputado Provincial cobre unha dieta na Deputación por este tema e me parece discutible en todo caso porque o seu domicilio que eu sepa sigue sendo en Vigo, polo tanto dieta de desprazamento non a miro por ningún sitio. E xa hai dúas cuestións que nós entendemos que son ilegais ou que polo menos non se amparan absolutamente en nada en nada para cobralas e son as dietas que cobra D. Rafael Louzán e que cobra o Sr. Abeledo, Presidente da Deputación. ¿Por que digo esto?. Bueno, digo esto porque se me permite Sr. Presidente cando o Pleno acorda a dedicación exclusiva de vostede o acordo di textualmente, se me permiten leo esta parte, "A Presidencia ó ter recoñecido o desempeño de cargo en réxime de dedicación exclusiva non poderá percibir asistencias pola concurrencia efectiva a sesións dos órganos colexiados de que forme parte de conformidade co disposto no artigo 13.6 do Real Decreo 2568/86 de 28 de novembro. Así mesmo e por aplicación do disposto nos artigos 75 da Lei 785 de 2 de abril e 135 do Real Decreto 2568/86 de 28 de novembro a Deputación aboará os gastos de vivenda e calquera outros ocasionados polo exercicio do cargo cando sexan efectivos e previa xustificación documental", cando sexan efectivos. E claro a min terá que explicarme o Sr. Presidente que hai de efectivo, bueno, tamén podería ser, tamén podería ser que me digan que o está facendo en base á base 47 das bases de execución do Presuposto que fala das retribucións e indemnizacións e que no capítulo 3º que se titula indemnización por gastos de desprazamento, textualmente, di: "por cada dieta sin pernotar en la provincia excluídos los viajes motivados por asistencias a Plenos, Comisiones o Delegaciones de Centros, 8.800 pesetas". Esto é o deste ano, estou falando do do ano pasado que eran 8.600. Ben, o título é absolutamente claro, indemnización por gastos de desprazamento. Eu entendo que o Sr. Presidente desprázase en coche oficial. Se ten que asistir a algunha comida ou ten que invitar a alguén esa factura pásase á Deputación e polo tanto non entraría neste apartado. E entón eu non miro por ningún sitio que os gastos sexan efectivos, absolutamente por ningún, e por outro lado volvo a repetirlle o acordo plenario di textualmente, tamén fala textualmente de gastos efectivos. Entón a min sinceiramente que vostede acompañe ó Sr. Fraga a mira-las casas de turismo rural pola provincia non me parece que sexa para cobrar unha dieta. Ou que vostede asista aínda que figura como actos oficiais á festa dos Dolores de Lalín non me parece que teña que percibir por eso ningunha dieta. Que vostede firme un convenio cun Alcalde, concretamente co Alcalde de Vigo, non me parece que teña que recibir unha dieta por eso porque vostede cobra nesta Deputación e cobra con dedicación exclusiva ademais do tema da casa e outras historias. Polo tanto, outras historias non estrañas, que quede claro, digo en especies, cobra unha parte en especies e outra parte en efectivo. Polo tanto eu entendo ou nós entendemos que o seu salario cubre este tipo de cuestións e fundamentalmente cuestións como a que acaba de dicir ou como a que acabou de dicir de firmar un convenio cun Alcalde da provincia ou de reunirse cos Alcaldes do Paradanta, por exemplo. Polo tanto por aí non miro por ningún lado absolutamente por ningún en que se ampara vostede para cobrar esas dietas, por non falar do caso de D. Rafael Louzán que me parece xa bastante máis grave que se pasen dietas por visitas a obras provinciais, por visitas a obras provinciais, é dicir, se se están facendo obras dentro da provincia en estradas provinciais ou non, dá igual, e este señor ten dedicación exclusiva e utiliza medios da Deputación para o seu desprazamento, senón entra o control das obras provinciais ou a visita das obras provinciais dentro do seu salario, díganme, explíquenme que é o que entra, que é o que entra, por non dicir, por non chegar máis alá e falar de que se cobre por visitar obras municipais. Por eso xa no entendo, eso xa se me escapa das miñas entendedeiras. Polo tanto, e sen dubidar evidentemente, sen dubidar que as contas cadran para nada, eso non o podo dubidar, indudablemente o Grupo Socialista presenta este escrito e o Grupo Socialista vai votar en contra da aprobación das contas xerais do Presuposto. E por agora nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. González. Ten a palabra o Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Vicente.- ¿No intervienen por el Bloque?. Bien, buenos días. Después de esta brillantisima intervención de gran calado político que hizo D. Emilio y que yo creo que prestigia al que la hizo y al grupo que le apoya y que tiene y tendrá una gran repercusión y un gran trasfondo político y va a conseguir muchos votos con intervenciones tan importantes como la que acaba de hacer a mi me daban ganas Presidente de ni contestarle, y decirle amén y que le den dos duros que se dice, lo que pasa que por un respeto un poco al resto de los Diputados y a los medios que tenemos delante voy a intentar contestar lo que no merece que le contesten. Los temas tan importantes que tocó D. Emilio siguiendo el orden. Por un lado una contratación de unas pantallas de cristal, creo recordar, para los focos del Castillo de Soutomaior donde hasta termina echando la culpa a los funcionarios diciendo que en los funcionarios hubo hasta exceso de celo. O sea, un tema que no hacía falta ni tres presupuestos ni dos, que se podía adjudicar directamente a dedo, porque haya tres estén o no relacionados, porque yo por supuesto ni conozco las empresas, que eso lo considere como un tema de intervención en un Pleno está bien, es importante. Yo creo Presidente que por lo menos conseguimos algo del Partido Socialista. Que esta vez aunque poco, porque vinieron dos días, una hora cada día a ver las cuentas, pero aunque poco vinieron, es que la otra vez ni siquiera habían visto las cuentas ni un sólo día. Por lo menos ya hemos conseguido algo, que se sienten a ver las cuentas. La pena es que con ese poco tiempo que le dedican a eso pues evidentemente van a los temas que a ellos les gusta, deben ser los que se encuentran muy a gusto. Donde creen que como ellos patinan siempre en esos temas, que van a cazar a los demás en esos patinazos y entonces lo único que hacen es perder el tiempo miserablemente. Además del famoso exceso de celo con las pantallas de cristal hace referencia como segundo tema importantisimo a dietas por desplazamientos que hemos cobrado Presidente, Vicepresidentes y algún Diputado. A este señor le preocupa que los Diputados del equipo de gobierno representen a la Diputación en distintos actos y le preocupa que cobren una dieta que está prevista en el Estatuto por la asistencia a esos actos. Esa es toda la preocupación de este señor. Yo de verdad es que no lo entiendo, no entiendo, porque mira que podrían discutir que si gestionamos bien, si gestionamos mal, podrían discutir que si nos estamos pasando en determinadas actuaciones o nos quedamos cortos en otras, ahora pero discutir que por representar a la Diputación de acuerdo con las bases de unos Presupuestos que no se han modificado en los últimos, iba a decir 20 años, que yo sepa no se han modificado prácticamente nunca, con una aplicación exhaustiva de los controles por parte de la Intervención y por parte de la Secretaría, intentar escarvar en ese tema creyendo encontrar algo, ya no ilegal, porque yo creo que no se atrevió a decir ilegal, dice por un lado irregular, por otro lado no se que. Son ganas de marear la perdiz, D. Emilio, de verdad que me da pena que todo el debate político de unas cuentas generales de todo un año se limiten a decir si yo tengo derecho a cobrar ocho mil pesetas o no por representar a la Diputación en no se donde. A mi me da pena D. Emilio, demuestra su auténtica bajeza de moral y además lo va a decir usted que no tiene ni profesión conocida ni nada de nada y que ha vivido muchos años de la política, yo no se entonces de que vivía, no se como cobraba usted, porque según usted si es tan malo cobrar por representar al Ayuntamiento o por representar a la Diputación en este caso, la verdad es que al no tener usted ni profesión conocida no se de que vivía entonces. Eso será mucho peor si investigasen por ahí D. Emilio. Yo por mi parte prefiero no seguir hablando Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pedrosa. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si. Vamos a ver. Sr. Presidente la primera parte del tono de la intervención del Sr. Pedrosa hasta me hacía gracia. Iba a empezar diciendo que era una intervención irónica, etc., etc. La última parte se explica por si sóla. En todo caso le voy a dar la razón en una cosa, el tono de mi intervención no iba a ser el que fue, mi intervención iba a empezar diciendo otra cosa y voy a decirla ahora, no la dije por respeto a mis compañeros que me pidieron que no la dijera. Pero para que se sepa con cada quién nos jugamos los cuartos en esta casa y la categoría moral de cada quién y ética de cada quién. Mire Sr. Pedrosa usted es un mal correo, digo que es un mal correo porque el día de la Comisión, yo es que llegué tarde, acabó demasiado rápido la Comisión, el día de la Comisión tuvo la inmoralidad de decirle a mis compañeros de grupo que el Presidente estaba muy cabreado por este tema y que si seguíamos por este camino iban a sacar los dossieres que tenían. Eso lo dijo usted hace una semana en esta casa. Y yo le voy a pedir Sr. Pedrosa que saquen los dossieres que tengan, que los saquen, porque si el dossier que tienen es la última parte de su intervención se la voy a contestar. Es curioso, es curioso que el Partido Popular tanto en Redondela como aquí esté utilizando desde hace unos días la misma técnica. Mire, este Diputado que le habla entre el año 76 y el año 79 trabajó en una empresa determinada. Entre el año 79 y el año 84 este Diputado que le habla también, fue propietario de un negocio ubicado en Vigo, le puedo decir la calle, la dirección y a lo que me dedicaba. En el año 83 paso a ser Diputado Provincial y tengo y tengo desde un año antes responsabilidades de gobierno en Redondela, por lo tanto, por lo tanto decido apartarme de ese negocio y cuando deje la política volveré a el, es lo que tengo no tengo ninguna otra cosa. Eso por la profesión conocida. Desde luego este Diputado no utiliza su cargo como el Sr. Pedrosa para participar en compras de astilleros, etc., etc., y desde luego este Diputado no sirve de correo para amenazar a los demás Diputados. Eso no la hace este Diputado, al menos por ahora. Y eso es la catadura moral del Sr. Pedrosa, esa, no es otra, es esa. Por otra parte no me extraña, no me extraña por decir que representaba a quién decía, que espero, que espero que diga ahora si es cierto lo de los dossieres o no es cierto lo de los dossieres, no que lo diga sinó que lo exponga encima de la mesa. Curiosamente, curiosamente todos mis problemas, todos mis problemas de orden judicial vienen precedidos por actuaciones de militantes del Partido Popular y le explico, le voy a explicar, mire, primera actuación: este Diputado en una campaña electoral dice que tiene constancia de que una persona del Partido Popular digamos por decirlo suave consiguió dinero de forma no demasiado lícita de una persona. Bien, pues la persona aludida por mi me denuncia en el Juzgado y pierde en el Juzgado de Redondela y pierde en la Audiencia Provincial y le condenan a pagar las costas también. Esa es una. Y la otra, la otra es que un empresario con una obra paralizada después de dos años no se le ocurre otra cosa que decir justo el día de la moción de censura en Redondela, justo ese día, que es que tenía la obra paralizada porque yo le había pedido dinero. Y este Diputado al día siguiente va al Juzgado y denuncia a este señor. ¿Sabe cuál es la contestación de este señor?. No, no, no, fue a mi abogado, ¿sabe quién es su abogado?, un exconcejal del Partido Popular en Vigo, ni más ni menos. Y le voy a decir más, han pasado dos años y esa obra sigue paralizada, no se quién tenía razón, no se si la tenía yo que sostenía que era ilegal e ilegalizable o si la tenían ustedes que se dejaron comprar o que intentaron comprar a alguien en una moción de censura y al final no fueron capaces de dar una licencia porque saben que es ilegal y que el día que la den y que el día que la den, no se preocupe yo estaré en el Juzgado a denunciarlo también. Y le digo más en todo ese proceso resulta que hay dos Alcaldes del Partido Popular, Diputados Provinciales, que intentan parar una moción de censura en Redondela hablando conmigo, dos, y pidiéndome la legalización de esa obra también. Y eso son mis dossieres, ya los digo yo antes de que los digan ustedes, pero desde luego no he utilizado mi cargo político ni aquí ni en Redondela para nada. Y mire, después de quince años de estar en un grupo de gobierno sólamente le establezco un reto, presénteme usted una sóla dieta que haya cobrado yo como Alcalde en funciones o como concejal de un grupo de gobierno, por asistir a una inauguración en el pueblo donde estaba, concretamente en Redondela, presénteme una, una. Y mucho menos de actos, yo he asistido a actos invitado por el Ayuntamiento y por la Diputación, busque por ahí a ver si hay una, busque a ver si hay una, ni una. Y esa es la diferencia de catadura moral entre usted y yo. Ya le digo, usted es un mal correo incluso. Y yo vuelvo a repetir iba a empezar mi intervención denunciando, denunciando que usted nos estuvo amenazando hace unos días con unas historias extrañas para que no siguiésemos por este camino, usted, y eso es lo que sabe usted utilizar en política, la amenaza y el chantaje. Mire, lo siento mucho, lo siento mucho, cada vez que vaya por ese camino le voy a contestar y le voy a contestar por una razón, porque si llevo en cargos públicos desde el año 79 será sometiéndome a las elecciones cada cuatro años, no de otra forma, y curiosamente no me he encontrado con determinados personajes hasta no hace mucho tiempo y esos personajes como usted cada vez que intenten callarme me van hacer contestar más porque en quince años no he perdido para nada ningún tipo de independencia, para nada, para poder decir lo que quiera decir, lo que creo que está bien y que está mal. No tengo que ir por los pasillos amenazando a nadie con dossieres, usted si, esa es su catadura moral, usted si. Nada más. Sr. Presidente.- Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Vicente.- Si, muy brevemente, simplemente para decirle a D. Emilio que es una pena, que es una pena que cuando se encuentre con gente como yo que no intente aprender un poco, simplemente, es una pena. Porque yo creo que le iría mucho mejor en la vida. Nada más. Sr. Presidente.- Muchas gracias a todos. Procedemos á votación. Aprobación da conta xeral do Presuposto da Deputación e dos Organismos Autónomos da mesma correspondentes ó exercicio de 1997. ¿Votos en contra?. Abstencións non hai. ¿Votos a favor?. Apróbanse polo Partido Popular. Votos en contra da oposición. Sr. Mosquera Lorenzo.- Evidentemente había, a explicación de voto é un mecanismo moi breve ou moi simple, pero bueno pídolle perdón se me extendo algo porque vou procurar ser moi breve. Vamos a ver é que a conta xeral é onde aparecen tódolos papeis e demais e a conta xeral desta Deputación púxose digamos sobre o tapete nunha época na que había unhas disonancias graves no funcionamento e que aparecían digamos reflexados nesas contas. Digamos que este Deputado se foi a mirar as contas porque non lle deron outra documentación e porque sabía que había esas disonancias. A conta xeral é unha consecuencia da execución do Presuposto. Cando un está en contra do Presuposto evidentemente non vai aproba-la conta xeral, pero neste caso o que si é certo é que, xa o dixo o propio D. Emilio, é que os papeis están mellor arreglados, non é o momento de discutilo, eu estou absolutamente convencido que o funcionamento non cambiou, pero que simplemente os papeis que aparecen na conta xeral que só son papeis e polo tanto non vai ó fondo da cuestión, pois non, están mellor adornados, mellor casados, non hai discrepancias serias, nin hai como había antes. Eu estou absolutamente convencido que o funcionamento sigue sendo o mesmo, pero non é cuestión deste debate, estamos debatindo a conta xeral, a documentación que aparece aí e como xa vin a do 96 e xa vimos a do 96 e vimos a tendencia desta casa de non cambiar, vamos de que non apareza, que xa empezaron no 93 por outro lado, de que non aparezan nos papeis eses, os capítulos, agora son papeis, esas disonancias graves que aparecían antes, aínda que repito, estamos convencidos de que siguen existindo pero moito mellor maquiñadas, nos papeis en si, pois non aparecen ou se aparecen son dunha maneira moi puntual. O resto dos debates con respecto á conta xeral eu creo que é un debate importante, pero que se podía dar en calquera outro momento, quero dicir que en principio, a pesar das restriccións que hai do grupo de goberno ás veces á información, quero dicir que en principio a información sobre o que cobrou cada quen de dietas, comisións ou o que sexa se podía sacar noutro momento. Tamén este é un momento oportuno, pero digo, é unha cuestión técnica pero eu creo que é ben explicala, non é, este pode se-lo momento pero podía ser outro calquera. Entón o que estamos referindo son a documentación se está ben casada ou non nas contas e a filosofía que inspirou, a documentación está ben casada, a filosofía que inspirou non estamos de acordo e estamos que o funcionamento que hai de fondo segue sendo o mesmo que hai uns anos pero digamos que os papeis moito mellor arranxados é un debate que non queremos entrar agora. Xa votamos en contra e nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Dictaminada favorablemente pola Comisión Especial de Contas en sesión celebrada o día 22 de xullo do corrente ano, e desestimando así mesmo o escrito de alegacións presentado polo Grupo Socialista (nº 12647 de Rexistro de Entrada, de data 08.07.98), formulado á Conta Xeral da Deputación do exercicio de 1997 durante o prazo regulamentario en que estivo exposta ó público dita Conta, e a teor do disposto no art. 116 da Lei 7/1985, de 2 de abril, en concordancia co art. 193-3 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSOE e do BNG: 1º.- Desestima-lo escrito presentado polo Grupo Socialista á Conta Xeral da Deputación correspondente ó exercicio de 1997. 2º.- Aproba-la Conta Xeral do Presuposto da Deputación do exercicio de 1997, integrada pola da propia Deputación e as dos Organismos Autónomos da mesma: Escola de Canteiros, Museo Provincial, Escola U. de Enfermería, Centro de Formación Profesional, Padroado de Turismo Rías Baixas, Caixa de Anticipos de Cooperación e ORAL, integradas polos Estados e Contas anuais, os Anexos ós Estados anuais e a xustificación dos Estados e Contas anuais a que se refiren as regras 416, 425 e 415, respectivamente, da Instrucción de Contabilidade para a Administración Local, aprobada por Orde do Ministerio de Economía e Facenda de 17 de xullo de 1990. ------ Folla: 26 8.4260.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario.- Extractos de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 23 de xuño e o 24 de xullo de 1998. Sr. Presidente.- Gracias. Queda enterado o Pleno da seguinte comunicación: - De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas pola Presidencia entre o 23 de xuño e 24 de xullo de 1998, e que foron trasladadas ós Portavoces dos Grupos Políticos. ------ Folla: 26 9.4261.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e Preguntas. Sr. Chillón, por favor, acábanme de facer chegar un rogo, logo fareiche chega-la contestación se che parece, porque o acabo de ver agora. ¿De acordo?. Para meditalo mellor. Moitas gracias pola oportunidade. ¿Algo máis?. Levántase a sesión. Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as doce horas e trinta e cinco minutos do expresado día, dase por rematada a sesión e dela exténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. ------ Folla: 6,17 5.4257.- RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS Á EXPOSICIÓN PÚBLICA DA RELACIÓN DE AFECTADOS POLO PROXECTO DE "ENSANCHE E ACONDICIONAMENTO DO ACCESO OESTE Ó GROVE", RESOLUCIÓN SOBRE A NECESIDADE DE OCUPACIÓN. Sr. Presidente.- Punto número cinco. Resolución de alegacións á exposición pública da relación de afectados polo proxecto de: "Ensanche e acondicionamento do acceso oeste ó Grove". Resolución sobre a necesidade da ocupación ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, este é un tema que xa veu a este Pleno dúas veces polo menos. É que estamos nun problema por desgracia moi reiterado, vaise a facer, a Xunta fai o proxecto e a obra, é unha estrada provincial, a Deputación ten que aporta-los terreos, por ser unha vía provincial. Se ben recordo unha das veces que veu dixéramos que era máis razonable que a Xunta se encargara das expropiacións e dos terreos polos problemas que podían traer. Nesta e nalgunha outra que hai por aí sempre foi o noso criterio dado que o ten moito máis áxil e moito máis fácil pois facer a urxente ocupación. Neste caso coma noutros pois parecía que non había problema, vén unha vez, vén outra, non hai problema pero ten que vir outra, e agardemos que sexa a última. E non vamos a entrar no proxecto técnico, fíxoo a Xunta de Galicia, bueno, supoñamos que sexa o mellor ou o menos malo, cando menos que cumpra cos requisitos de non ser un mal proxecto. Pero hai un problema de fondo que á parte afecta a moitas das alegacións, hai moitos afectados e as alegacións no fondo porque se endemonian, porque aquí hai recursos e contrarecursos e veremos esto ó final en canto vai saír, aínda que se decrete a urxente ocupación, aínda que se faga a ocupación, xa veremos en canto vai saír esto despois de recursos e máis recursos. E é un problema que é histórico e que é o seguinte, que está pasando nesa e en moitas outras estradas provinciais, que hai algún que máis ou menos respeta as márxenes, os lindes, as distancias das estradas, e hai outros, que non sei se son maioría ou non pero son moitos, que non se sabe por que procedemento acadan face-los peches, construir, facer uns muros costosos sen ese respeto, esa distancia á estrada. E despois cando hai que facer un proxecto como se vai polo máis barato pois non se lle tocan esas obras absolutamente irregulares, feitas non se sabe como e que nunca pasou nada con ellas, e se lle vai a tocar ó outro que non fixo a obra ou que a fixo dunha maneira digamos correcta. Claro, eso endemonia as cousas, fai que a xente recurra e máis recurra e contrarecurra e orixina uns problemas tremendos, problemas que aquí sempre se di que non vai haber e que cando toca digamos en zonas poboadas ou en zonas en que o terreo ten moito valor ou está moi repartido pois aparecen, claro que aparecen e aparecen unha vez si e outra tamén e bueno podía citar casos, por exemplo os accesos a Monteporreiro, podía citar bastantes casos. Eu pensei que non ía haber problemas e despois hainos e na maioría dos casos os problemas teñen esta orixe. Nós votamos a favor as outras veces, parécenos unha boa obra, pero non somos responsables da historia das estradas provinciais, da tolerancia e permisividade por non falar outras cousas ás veces, que hai con respecto a como se está construíndo ou se están construíndo valos, cando menos peches ó redor das estradas provinciais, nin somos responsables das hipotéticas negociacións que sempre se di que houbo e despois en gran parte dos casos se as houbo non foron a bo fin, que se poidan facer cos propietarios correspondentes. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Juanes Rodríguez. Sr. Juanes Rodríguez.- Sí, bos días. Vamos a ver, o Grupo Socialista sen por en dúbida a necesidade de facer este ensanche e acondicionamento do acceso oeste ó Grove, si queremos en principio o das alegacións que parece ser unha cuestión técnica e nós vemos o expediente e non temos porque por en dúbida eses criterios técnicos. Pero si é certo, e abundando un pouco no que decía Mosquera de que neste caso ós afectados polo trazado deste ensanche se lle pode dar lugar a confusionismo e é algo que bueno, que desgraciadamente se dá moi a menudo nesta casa, dende fai certo tempo. Neste caso nós Deputación poñemos os terreos a disposición e a Xunta de Galicia é quen executa o proxecto e eu me imaxino, me imaxino que esto dá lugar a confusión e nalgúns casos a indefensión incluso por parte dos propios afectados por esa expropiación, porque aí se ve no expediente de que hai multitude de alegacións que non se contestan simplemente porque se di, bueno, que o proxecto é da Xunta de Galicia. Entón a nosa pregunta vai nese sentido, para evitar esa indefensión que nós creemos que neste momento sinten os afectados precisamente polo descoñecemento, loxicamente expropia a Deputación, cren que é un proxecto da Deputación e presentan as alegacións ó trazado pensando que é a Deputación quen fai o proxecto. Entón a pregunta é ¿se a Xunta de Galicia está contestando a esas alegacións sobre o trazado?, ou simplemente se contesta dicindo dende aquí que o trazado é un proxecto da Xunta de Galicia e se contesta co silencio total e absoluto e entón eso creo que crea indefensión neste caso por parte do administrado e ó Grupo Socialista é algo que lle preocupa. Entón se é posible, se é posible técnicamente, trasladar esas emendas no que respecta ó trazado, no caso de que non foran trasladadas á Xunta de Galicia, que se trasladen e que sexa a Xunta de Galicia como redactora do proxecto a que conteste a esas alegacións, porque me dá a impresión de que neste caso estamos cunha indefensión, penso eu neste caso, por falta de coñecemento de quen fai o proxecto por parte dos afectados no trazado deste ensanche. E xa digo que non poñemos en dúbida senón que pensamos que é moi necesario este ensanche, esta obra, pero creo que o administrado hai que darlle absolutamente toda a información e me dá a impresión de que as alegacións nos chegan aquí e aquí non lle contestamos porque dicimos que o proxecto non é noso e entón a pregunta vai por aí. Gracias. Sr. Presidente.- Sr. Tirado. Sr. Tirado Serén.- Gracias Sr. Presidente. Bueno, parécenos indudable que esta obra é absolutamente necesaria en primeiro lugar pola mesma potencialidade turística non soamente da zona senón do Grove en si. Actualmente pois non
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota