ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 1998/09/25_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.358/3.1998-09-25_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 1998/09/25_Ordinaria

  • Data(s) 1998-09-25 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 27 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 25 de setembro de 1998 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vintecinco de setembro de mil novecentos noventa e oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Carmen Avendaño Otero, D. Xosé Manuel Barros González, D. Adolfo Campos Panadeiros, Dona Ramona Castaño López, D. Xosé Costa Díaz, D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, D. José Luis Fernández Lorenzo, D. Lino Fontán Mariño, Dona Ana Gandón Menduíña, D. Emilio González Iglesias, D. Oswaldo Lino González Pereira, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. Mario López Martínez, D. Rafael Louzán Abal, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Santiago Pazos Moreira, D. Julio Pedrosa Vicente, D. Julio Sayáns Bugallo, D. Ramón Sestelo Fernández, D. Santiago Tirado Serén, D. Pablo Vázquez Caride, D. Roberto Vázquez Souto e D. Manuel Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten os Sres. Deputados, Dona Carmen Ferro Carballo nin D. Amado Ricón Virulegio quen excusa a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Comezamos a sesión de Pleno ordinario corresponde ó mes de setembro. 1.4262.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Orde do día, primeiro punto. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 31 de xullo de 1998. ¿Algunha alegación que facer a acta?. Non hai. Apróbase polo tanto por unanimidade. O Pleno acorda por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 31 de xullo de 1998. ------ Folla: 27,28 2.4263.- INCOACIÓN DE EXPEDIENTE DE ALTERACIÓN DA CUALIFICACIÓN XURÍDICA DUN TERREO ENTRE A ESTRADA PONTEVEDRA - VILAGARCÍA E A N-550. EXPOSICIÓN PÚBLICA Sr. Presidente.- Punto dous. Incoación de expediente de alteración da cualificación xurídica dun terreo entre a estrada Pontevedra--Vilagarcía e a N-550. Exposición pública. ¿Algunha intervención?. Sr. Juanes. Sr. Juanes Rodríguez.- Si, vamos a ver. Este é un caso máis daqueles que xa nos ten un pouco acostumbrados este equipo de goberno de que parece que hai acordo cos veciños e despois pasan uns meses e non hai. Creo que quen pagan as consecuencias deste tipo de comportamentos son os usuarios desas estradas e ocurre que esta obra, que está adxudicada o 15 de maio do 97, no expediente constaba que parecía que había absoluto acordo entre o Concello de Marín e os colindantes dese vial. ¡Ah, perdón, perdón!, ¿en cal estamos?, ¿no segundo punto?, perdón, perdón, nese non vamos intervir e votamos a favor. Perdón. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. Procedemos polo tanto á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. Solicitándose polo Ilmo. Concello de Barro, en virtude de acordo plenario de 26 de marzo de 1998, a cesión dun tramo de estrada provincial entre a C-531 (Pontevedra-Vilagarcía) e a N-550 (Vigo-A Coruña); vistos os informes emitidos polo Enxeñeiro Técnico da Zona, de data 28 de maio e 10 de setembro do ano en curso, sinalando que dito tramo de 1.040 m2 de extensión, non presta ningún servicio e só xenera gastos a este organismo provincial; e, visto así mesmo o informe emitido polo Servicio de Contratación, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por unanimidade: 1.- A incoación dun expediente de alteración da cualificación xurídica dun tramo da estrada provincial entre a C-531 (Pontevedra-Vilagarcía) e a C-550 (Vigo-A Coruña), para a súa transformación de ben de dominio público afecto a un uso público a ben patrimonial, conforme ó previsto no artigo 8 do Regulamento de Bens das Entidades Locais (RD 1372/1986, de 13 de xuño) e artigo 269 da Lei 5/1997, de 12 de xullo, de Administración Local de Galicia. 2.- A exposición ó público por prazo dun mes, do referido expediente, a efectos de posibles reclamacións, para a súa posterior resolución pola Corporación Provincial. ------ Folla: 28,30 3.4264.- SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DE DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN DE TERREOS AFECTADOS NA OBRA "EP ACCESO Á PRAIA DE LOIRA, 2ª FASE". DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA E MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto tres. Solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación de terreos afectados na obra "EP acceso á praia de Loira, 2ª fase". Declaración de utilidade pública e motivación da urxencia. Ten a palabra o Sr. Juanes. Sr. Juanes Rodríguez.- Si, gracias Sr. Presidente, pido desculpas polo lapsus e non repito xa o que dixen, senón que ó noso entender cando unha obra se adxudica todo esto debería estar xa absolutamente consensuado cos veciños. Hai uns papeliños que utilizamos moito nos Concellos, nos que se firman as cesións voluntariamente polos colindantes. Eu creo que o Concello de Marín sería o encargado de poñe-los terreos a disposición, facer esa xestión. Se non nos topamos que ocurre sempre o mesmo, que as obras se dilatan no tempo, a xente se cabrea e en vez de agradecer que as obras se arranxen resulta que o pataleo é xeneralizado. Tal é o caso alí na Comarca do Val Miñor. Ocurre coa estrada en Peitieiros, que levan máis dun ano as obras iniciadas, non se arranca, non se acaba precisamente porque non se chegou á acordos cos veciños e ese é un problema de xestión política e creo que non se están facendo ben as cousas. Nós, de todas formas, vamos a votar que si a esta declaración de urxente ocupación por que non queremos que as cousas se dilaten máis no tempo, pero por favor os expedientes de obras traiannos vostedes consensuados cos veciños e se non estamos no mesmo, as obras se dilatan e se eternizan no tempo co malestar que esto crea nos usuarios dese vial. Porque en principio debía estar arranxado para o acceso á praia de Loira e tamén din que hai transporte escolar, bueno, acabouse o verán, empeza a escola e a obra segue absolutamente igual. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Juanes. Sr. Chillón. Sr. Chillón Iglesias.- Bos días. En relación con este tema facía unha referencia ó compañeiro Sr. Juanes, e o noso posicionamento vai ser de abstención, aínda que valoramos positivamente que esta obra se leve adiante. Precisamente este grupo provincial xa se interesara no seu momento pola execución desta obra. Incluso a grande maioría dos propietarios seguen estando de acordo no sentido da súa cesión totalmente gratuita. Hai unha serie de erros e se cadra hai unha valoración, no número 7, que non se observa diferencia coas restantes. Hai outra parcela, o número 2, que neste caso conta con beirarrúas e xardiñeira e non se ten en conta. Non está clara a situación se cadra de legalidade urbanística dalgunha área que recibe compensacións, que consideramos que previamente antes desa taxación debería aclararse ese extremo. E volvendo ó principio, os veciños seguen pensando e seguen outorgando a cesión gratuita antes igual que agora e realmente a propiedade que se opuxo no seu momento, parece ser que é a única propiedade beneficiada. Polo tanto nese aspecto estamos de acordo con que se lle dea unha saída a esa cuestión, que estaba paralizada e que xa este grupo provincial se interesara pola mesma. Consideramos que hai algúns aspectos que se deberían ter mellorado e resolto doutra forma. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Chillón. Sr. Tirado. Sr. Tirado Serén.- Gracias Sr. Presidente. Trátase da segunda fase dunha obra, a primeira xa se realizou con anterioridade, de comunicación coa praia de Loira en Marín. É unha estrada provincial e por conseguinte correspondíalle a este organismo levar a cabo a obra de mellora que non afecta soamente ou beneficia a un particular, senón que supoño que ademais non será difícil de entender que beneficia a tódolos que alí teñen propiedades e que alí viven. A obra pertence ós proxectos desta casa, con cargo a fondos propios do ano 97. No seu día, é dicir, concretamente en marzo do 97 tróuxose aquí o proxecto e logo a Comisión de Goberno en maio do mesmo ano, dous meses despois, acordou a adxudicación a COVSA baseándose sempre na anuencia ou na avinza neste caso de tódolos propietarios. Cando se falou con eles, polo menos o equipo técnico así o di e os encargados desta Deputación de falar cos veciños así o constatan, había a avenencia total de tódolos propietarios. Máis tarde, concretamente a principios da primaveira deste ano, cando a empresa quería realiza-la obra apareceu un veciño que se desdixo do que antes dixera e como consecuencia trouxo que tódolos demais se enfrentasen precisamente á falta de concordancia co acordo inicial deste señor, e entón aí rompeuse a baralla e por conseguinte non houbo máis remedio que acudir á expropiación e eso é polo que se trae aquí, porque a obra está adxudicada, porque é decisión desta casa é continuar con ela. Por eso se solicita desta casa que se tomen os acordos pertinentes respecto á aprobación inicial do anexo de expropiacións, declaración de utilidade pública, acudir a vía de expropiación e a exposición pública durante o tempo que sexa necesario, a fin de que a obra se poida levar a cabo. Como digo, non beneficia a un senón que beneficia a todos en xeral. E engadindo algo máis, non se pode falar de falta de xestión desta casa porque en centos de quilómetros que esta casa realiza ó cabo do ano non se presenta problema ningún. Evidentemente nalgún sitio, nun caso concreto como este, ou noutro que se poida presentar por aí, se os veciños non acceden ou se presentan problemas, que lle vamos a facer. Dende logo, afórranselle moitisimos cartos a esta casa con este sistema de xestión e ademais tamén se evitan unha serie de problemas burocráticos que conlevaría o ter que acudir en tódolos casos á vía da expropiación previa á ocupación dos terreos. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Tirado. Procedemos polo tanto á súa votación. Punto 3. Solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación de terreos afectados na obra "EP acceso á praia de Loira, 2ª fase". Declaración de utilidade pública e motivación da urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Abstención do BNG e a favor os demais grupos. Acordando a Comisión de Goberno desta Excma. Deputación Provincial, en sesión de 20 de marzo de 1997, a aprobación do Proxecto "EP Acceso á Praia de Loira, 2ª fase (Marín)", cun presuposto de execución por contrata de DEZASEIS MILLÓNS SETECENTAS SESENTA E TRES MIL CINCOCENTAS CORENTA E DÚAS PESETAS (16.763.542), así como o correspondente expediente de contratación, adxudicándose dita obra pola Comisión de Goberno de 15-05-97, a CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, SA., na suma de QUINCE MILLÓNS DUASCENTAS SESENTA E TRES MIL CINCOCENTAS CORENTA E DÚAS PESETAS (15.263.542); visto o informe do Enxeñeiro Técnico da Zona de 11 dos correntes, sinalando a necesidade de acudir a un expediente expropiatorio en tal obra ante a oposición veciñal á cesión dos terreos inicialmente previstos; e, visto o Documento RC nº 1998011600, emitido por Intervención o 14 dos correntes, certificando a existencia de consignación presupostaria na partida 98/123.511-600.00 do vixente Presuposto Provincial, para facer frente ás expropiacións, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e coa abstención do BNG: 1.- A aprobación inicial do Anexo de Expropiacións da obra "EP ACCESO Á PRAIA DE LOIRA, 2ª Fase (MARIN)", por importe DUN MILLÓN DUASCENTAS OITENTA E NOVE MIL VINTECINCO PESETAS (1.289.025). 2.- Solicitar á Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados por tal obra. 3.- A exposición pública de dito anexo por prazo de quince días, a efectos de posibles reclamacións, transcorrido o cal sen producirse as mesmas, entenderase aprobado definitivamente de forma automática. 4.- Declara-la utilidade pública da referida obra, dado que como sinala o informe de 14 de setembro de 1998 do Enxeñeiro Técnico da Zona, a súa finalidade é mellora-las condicións de acceso a unha praia con gran afluencia de tráfico principalmente en época estival. 5.- A motivación da urxencia de tales expropiacións conforme ó informe emitido o 14 dos correntes polo Enxeñeiro Técnico da Zona, con base na urxente necesidade de ensancha-lo tramo dada a perigosidade que supón o que dificilmente poidan cruzarse os vehículos, máxime sendo unha zona de transporte regular e escolar. ------ Folla: 30,34 4.4265.- ANULACIÓN DO EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN FORZOSA DA OBRA "ACCESO Á UNED" (PONTEVEDRA) Sr. Presidente.- Punto 4. Anulación do expediente de expropiación forzosa da obra "Acceso á UNED" (Pontevedra). ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias, bos días. Home, parece que as relacións persoais e políticas entre a Deputación e o Concello de Pontevedra, entre o grupo de goberno, non sei como son; as relacións administrativas pecan dunha mala sorte ou dunha capacidade de improvisación fóra do común. Aínda está estes días en trámites outra vez a obra esa de Padre Fernando Olmedo. Se lle quixo resolver e non se resolveu e non se resolve e andamos con esto do acceso á UNED, que é o que vén hoxe aquí, que tamén é unha historia desgraciada, dado que non é o acceso á UNED senón que é o acceso a Monteporreiro. Cando se pasa a UNED, que é un tramo moi pequeno, o resto facilitaría, aliviaría un cruce moi complexo, moi estreito e moi problemático, tanto para peatóns como para os coches, coma para os vehículos, e esta obra xa veu aquí ó Pleno fai un ano, volveu a vir, estivo declarada a urxente ocupación, está adxudicada hai tempo e agora descúbrese que resulta que non era da Deputación, que non era unha estrada provincial, que é municipal e polo tanto que hai que anular todo o feito. E o Concello que faga o trámite da expropiación co pertinente retraso. Eu non sei quen ten a responsabilidade de non enterarse ou de tardar tanto en enterarse ou se lle quedan dúbidas sobre a propiedade ou do que sexa, pero non parece así como moi serio. Alguén tería que responder desta irresponsabilidade que nos supón un retraso forte nunha obra que é imprescindible. En fin, supoño que terán algunha explicación convincente aínda que eu non a vexo, é difícil, cando está adxudicada a obra e cando está declarada a urxente ocupación pola Xunta se dean conta, que non se teña feito esto como había que facelo, de alguén será a responsabilidade, daquí, do Concello de Pontevedra, de alguén será, o certo é que a obra se retrasa, por trámites burocráticos, e estamos para adiante e para atrás durante moitos meses. Realmente a obra xa fai anos que anda de adiante para atrás. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. Juanes. Sr. Juanes Rodríguez.- Creo que o Sr. Mosquera puxo xa o dedo na chaga. Aquí estamos falando de algo xusto un ano despois que debatimos aquí, no Pleno do 20 de setembro do 97, a urxente ocupación para arranxo do acceso á UNED. Decreto que por outra parte aproba a Xunta tamén o 5 de marzo, tamén con certo retraso, e as obras se adxudican en xuño, e cando vamos a empeza-las obras nos damos conta que non é nosa. Eu non sei se é erro administrativo, se haberá algún tipo de responsabilidade política, que supoño que si, tamén, e lle votamos a culpa ó servicio técnico e aquí nos lavamos todos as mans. Eu creo que se de algo valeu a "teima" -e digo teima entre comillas-, do Grupo Socialista, que era face-la catalogación das estradas provinciais, que non foi catalogación como nós queríamos, senón que foi unha mera numeración e puxémoslle nome, bautizamos as estradas provinciais, polo menos eso servirá, esa mera relación de estradas provinciais, para evitar este tipo de problemas. É absolutamente inconcebible que vaiamos a iniciar unha estrada pensando que é unha estrada da Deputación e despois nos demos conta que é do Concello. No tema anterior porque non sabemos negociar cos veciños e facemos obras sen saber que son estradas nosas. É que son un cúmulo de circunstancias que o que fan é que teñamos, como teñen vostedes, un presuposto bastante inflado para inversións e que ó final estas inversións non se poidan facer onde hai que facelas porque a xestión política súa vamos a calificala de maliña, por non dicir nefasta, maliña, porque é que son erros que non deberían ocurrir nunha Institución como a Deputación Provincial. Non saber se unha estrada é nosa ou é do Concello. Creo que aí hai unha responsabilidade. Acceso á UNED, exactamente igual, cando fai un ano, no 97, pasou por aquí o expediente de urxente expropiación e solicitando á Xunta, fai un ano, en setembro do 98 nos damos conta de que esa estrada non é nosa. Un pouquiño vergonzoso si que é. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Juanes. Sr. Tirado. Sr. Tirado Serén.- Gracias Sr. Presidente. O Sr. Juanes hoxe veunos lanzado, xa no punto anterior saltouse un punto. Vamos a ver, falábamos na sesión anterior de que esta Deputación, despois de cen anos e por primeira vez, tiña ou podíamoslle chamar aínda que non fose máis que un remedo de catálogo, algo que faltou dende sempre. Por conseguinte aínda que non fose máis que unha numeración como falábamos na sesión pasada, polo menos xa temos algo que non tivemos nunca. Precisamente da falta deste documento derívase o problema de que a Deputación se puxese a afronta-la obra de execución da mellora do acceso á UNED ou Monteporreiro, chámese como se queira, que ó fin e ó cabo tanto monta, monta tanto. O importante é que se preste o servicio e incluso sen que fose deste organismo esa vía. Consecuentemente, non se pode falar de irresponsabilidades desta casa cando asume unha obra que polo que se ve nin sequera lle correspondía. Pero non en valde, a pesares deso, está disposta ou polo menos xa o manifestou no seu día de que a quería executar. É absolutamente necesaria precisamente por todo o problema derivado de que alí existe a UNED, a cantidade de alumnos que por alí circulan e ademais os veciños de Monteporreiro tamén a necesitan, pois foi incluída dentro do plan de obras deste organismo con cargo a fondos propios xa do ano 97. Máis tarde, conforme a eso, aprobouse o proxecto, máis tarde foi adxudicada e incluso levouse a este organismo a aprobación da expropiación, da utilidade pública, estivo exposta ó público, ninguén presentou ningunha reclamación durante ese período e consecuentemente empezaron a levantarse as actas de ocupación, ese foi o momento cando se detectou que algún fallo había, precisamente no momento de levanta-las actas de ocupación. Neste momento aparece que a Deputación non tiña a competencia para expropiala, senón que aínda que anos e anos a viña reparando, esa vía como tantas outras que ata agora se viñeron facendo, e que non sucederá a partir de agora porque unha vez aprobado definitivamente o catálogo que a sesión anterior trouxemos aquí, evitáranse que problemas desta índole volvan a aparecer. Neste caso non pudo evitarse e bastante esforzo fai esta casa continuando co desexo de subvenciona-la súa execución, continuando co compromiso adquirido coa empresa de pagarlle cando a obra estea executada, pero as expropiacións tennas que leva-lo Concello. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Tirado. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- A intervención do Portavoz do Partido Popular neste caso, á parte de resaltarnos as virtudes do catálogo, quixen entender que o Concello de Pontevedra non sabía que o vial era del ou xa quixo colar á Deputación. A Deputación aceptou que ese vial era da Deputación sen contrastalo. Nos contaron que había avenencia de tódolos veciños de entrada, despois que podía haber problema con un e que efectivamente se facía o expediente de urxente ocupación e que ó final resultou que un particular atravesado a máis non poder, ata sabía que era do Concello e puxo pegas e entón descubrimos, caimos da burra e descubrimos que non era da Deputación, que era do Concello. Ou sexa, que nin a Deputación nin o Concello de Pontevedra saben a propiedade e ten que vir un particular en aras a dificulta-la expropiación porque non quere que llo fagan. Quixen entender, non sei, porque é un pouco difícil de entender, ou hai unha desidia absoluta ou é imposible, porque se non ¿como se fixo o catálogo?. Habería que recaba-la información nas administracións, aquí e no Concello respectivo. Non entendo nada, non sei se o Concello, para librarse da expropiación, llo pasou aquí e dixo non, non, eso é da Deputación e encargarse del; non sei se foi así; é que non o sei, esa é a explicación que me falta, se houbo desidia, se houbo un mal intento de desfacerse dun tema cargándollo a outro, pero realmente o tema está así. O que dixen antes; parece que o entendemento co Concello de Pontevedra non é bo, quitando o punto que nos vai vir no que respecta ó campo de golf que parece, como xa ten dito o noso Portavoz, é o único que o Alcalde de Pontevedra é capaz a poñerse ó frente, quitando eso, parece que non hai entendemento nos demais temas, xa citei antes o de Fernando Olmedo. A ver se mo volve a explicar Sr. Tirado, pero brevemente, e non me conte toda a historia porque xa a contou e non se acabou de aclarar que demonio pasou aí para que esto se retrase máis dun ano, ese é o problema de fondo. Sr. Juanes Rodríguez.- Si, gracias Sr. Presidente. Telegraficamente porque a verdade o Sr. Tirado non nos sacou absolutamente de dúbidas. Limitouse simplemente a facer unha historia do expediente e nada máis, cousa que xa sabíamos. Pero si quero facer fincapé en que parece que se apunta coma un gran tanto do grupo de goberno do Grupo Popular esa relación, ese bautismo de estradas provinciais que fixeron agora, cando, Sr. Tirado, todos os equipos de goberno desta Deputación do Partido Popular non foron capaces de facer absolutamente nada; vostedes deron o primeiro pasiño pero insuficiente, vostedes deron o primeiro pasiño pero hai unha responsabilidade política do Partido Popular de que en vinte anos non foi capaz de facer absolutamente nada, absolutamente nada. Vostedes dan agora o primeiro pasiño, pero hai unha responsabilidade política do Partido que vostedes representan. Con respecto ó acceso á UNED non me sacou absolutamente nada de dúbidas, porque sigo manténdome na mesma, que é absolutamente lamentable e bochornosa a situación. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Vamos a ver, voulle a contestar eu a ver se son capaz de aclarar máis que o Sr. Tirado. ¿Queres intervir?. Sr. Tirado Serén.- Non sei o que o Sr. Mosquera entendeu con respecto ó que el dixo. Vamos a ver. Que esta casa dentro das obras que tiña previstas no presuposto do ano 97 con cargo a fondos propios figuraba o acceso á UNED. Consecuentemente con eso, con que durante anos e anos se había reparado esta vía, e vista tamén a necesidade e incluída dentro dese paquete de obras, apareceu no momento das ocupacións que resulta que a Deputación a pesar de haberse aprobado no seu día o proxecto de expropiacións e toda a lista e incluso no momento de ir a face-la ocupación encontrouse cun problema. Pero eu non dixen nunca que houbera avenencia dos veciños, que aparecese un por alí latoso, que un quixese dar a lata, eu non dixen semejante cousa, eso é pura invención. Eu digo unicamente que é unha vía que a Deputación se atribuira a si mesma e na que ía facer obra, non podía expropiar porque non era titular da vía, nada máis, foi o que dixen. E respecto ó que di o Sr. Juanes que o Partido Popular leva moitos anos gobernando aquí, traballando aquí, nadie o pode negar, agora o que non se pode negar tampouco é que este equipo que agora hai, por primeira vez, non soamente subsanando un erro quizais que cometeran os equipos anteriores, senón un erro histórico porque nunca houbo un catálogo de carreteras tal e como vai haber agora. E entón por primeira vez habérao, será cicateiro, será escaso, será unha simple enumeración, pero por primeira vez, e ademais o compromiso de que o fixemos, xa se dixo tamén na sesión anterior que antes do mes de xuño do ano próximo haberá un catálogo con tódalas da Lei, e dicir, con tódalas características que nos catálogos teñen que figurar. Sr. Presidente.- Gracias. ¿Queda explicado ou teño que dicir algo máis?. En todo caso, resumindo, efectivamente esta obra empezou encargándose o Concello de tratar cos veciños a posible cesión dos terreos. En concreto o Sr. Portela comigo dixo que el se encargaba destas cousas. Despois dunha serie de contactos cos veciños chegouse á conclusión de que algún non cedía gratuitamente o terreo. Entón loxicamente trouxose o expediente de expropiación forzosa equivocadamente porque non somos competentes, houbo un erro, de acordo houbo un erro, e aceptamos o erro, non creo que sexa unha grande responsabilidade, pero aceptamos o erro porque eso é así. Entón, unha vez que nos demos conta deste erro loxicamente poñémonos en comunicación co Concello para que faga el os trámites de expropiación. E retrásase uns meses. Si se retrasa uns meses lamentámolo moito, recoñecemos o erro e eso Sr. Juanes pode pasar en calquera momento, incluso a pesares do nomenclator, porque hai casos, por exemplo, agora planteoume o Alcalde de Valga trozos de carreteras que abreunas non sei quen, fíxoas non sei canto, mantennas a Deputación, mantennas o Concello e todo o demais. Pois non fixo alegación ningunha cando foi o tema do nomenclator de estradas. Polo menos non vai pasar unha cousa destas, pero eso non quere dicir que sexa algo cerrado, incluso teremos que incluir algunha posiblemente. Pero non é un tema cerrado, polo tanto admitimos o erro, temos que admitilo, é lóxico, pero tampouco é para dicir un gran erro, unha grande responsabilidade, pero se vostede o cree así me parece moi ben; cremos que estes erros pódeos cometer calquera administración por moi puritana que sexa, enténdoo eu. Supóñome que nos seus Concellos teñen vostedes xente xenial que non comete un fallo. Pois mire vostede, este fallo pódeo cometer calquera Alcalde por moi bo Alcalde que sexa ou aquí a Deputación por moi intelixente que sexa e calquera partido pode cometelo tamén. ¿Quere seguir intervindo?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Quero. Pero é que é unha cousa increíble, está entendendo todo ó revés, pero é que se non fixeran este catálogo non habería este problema. E fanno e non teñen en conta que hai este problema e cando fan esto non fan os pasos para saber se é ou non é. De verdade, é que é todo ó revés, este é un mundo ó revés, de verdade. Bueno, é igual, tire para adiante, pero vamos, por favor. Sr. Presidente.- Bueno, procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Abstención dos grupos da oposición e a favor o Partido Popular. Aprobándose inicialmente e exposto ó público polo Pleno desta Excma. Deputación Provincial de 26-09-97, o proxecto de "ACCESO Á UNED, (PONTEVEDRA)", con presuposto global de QUINCE MILLÓNS NOVECENTAS MIL PESETAS (15.900.000) (execución por contrata 15.513.543 pts. e expropiacións 386.457 pts.), que resultou aprobado definitivamente, de forma automática, por ausencia de reclamacións; solicitándose á Xunta de Galicia, en virtude de acordo plenario de 20 de setembro de 1997, a declaración de urxente ocupación, que foi decretada o 5 de marzo de 1998; adxudicándose tal obra pola Comisión de Goberno de 28-06-98 a Construcciones E.C. Casas, S.L., na suma de TRECE MILLÓNS NOVECENTAS OITENTA E TRES MIL PESETAS (13.983.000); iniciándose os trámites do expediente expropiatorio correspondente; e visto o informe emitido o día 11 dos correntes polo Xefe do Servicio de Contratación, manifestando o erro na categoría provincial de tal vial, cando se confirmou á Presidencia desta Excma. Deputación Provincial a súa titularidade municipal, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSOE e do BNG, solicitar á Xunta de Galicia a anulación do expediente expropiatorio da obra "ACCESO Á UNED (PONTEVEDRA)", en aras de que a realización das expropiacións se leven a cabo pola Administración realmente titular do mencionado vial. ------ Folla: 34,35 5.4266.- IMPOSICIÓN E ORDENACIÓN DE TAXAS PROVINCIAIS Sr. Presidente.- Punto 5. Imposición e ordenación de taxas provinciais. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Bloque Nacionalista Galego. ¿Votos a favor?. PSOE e PP. Vistos os expedientes tramitados a proposta do Servicio de Intervención desta Deputación para IMPOSICIÓN E ORDENACIÓN DE TAXAS PROVINCIAIS co fin de proceder á derogación do Prezo Público, e no seu lugar acorda-la imposición e ordenación da Taxa polos Servicios que a continuación se relacionan, motivado este cambio do Prezo Público polo de Taxa pola entrada en vigor da Lei 25/98, de 13 de xullo, que modifica o concepto de taxa e prezo público que establecía a Lei 39/88, de 28 de decembro, non supoñendo dita modificación incremento ou alteración ningunha nas cantidades que actualmente están en vigor en ditas Ordenanzas; vista a Memoria da Presidencia e os informes de Intervención que se unen ós expedientes, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e a abstención do BNG, prestar aprobación á derogación do Prezo Público pola prestación dos servicios que a continuación se relacionan e á Imposición e Ordenación, no seu lugar, das Taxas Provinciais seguintes: - TAXA POR UTILIZACIÓN PRIVATIVA OU APROVEITAMENTO ESPECIAL DO DOMINIO PÚBLICO PROVINCIAL - TAXA POLA SUSCRIPCIÓN E VENTA DO BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA - TAXA POLOS SERVICIOS DE ASESORAMENTO CON DESPRAZAMENTO ÓS ENTES LOCAIS POLO CPAM - TAXA POLOS SERVICIOS QUE SE PRESTAN NA CIDADE INFANTIL "PRÍNCIPE FELIPE" - TAXA POLOS SERVICIOS QUE SE PRESTAN NO CENTRO DE VACACIÓNS "A LANZADA" - TAXA POLOS SERVICIOS QUE SE PRESTAN NO CASTELO DE SOUTOMAIOR Ditas Ordenanzas expoñeranse ó público por prazo de trinta días hábiles no Boletín Oficial da Provincia, a efectos de reclamacións, para a súa posterior aprobación polo Pleno, unha vez resoltas as reclamacións formuladas. No caso de non haber reclamacións, este acordo considerarase elevado a definitivo, e entrarán en vigor o día 1º de xaneiro de 1999. ------ Folla: 35,36 6.4267.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO Nº 1/98 DO PADROADO PROVINCIAL DE TURISMO "RÍAS BAIXAS" Sr. Presidente.- Punto 6. Expediente de suplemento de crédito nº 1/98 do Padroado Provincial de Turismo "Rías Baixas". ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Partido Socialista. ¿A favor?. Bloque Nacionalista Galego e o Partido Popular. Visto o expediente de suplemento de créditos nº 1/98 do Padroado Provincial de Turismo "Rías Baixas", por un importe de DEZASEIS MILLÓNS DE PESETAS (16.000.000) motivado á necesidade de ter que realizar diversos gastos para os que non existe crédito suficiente nas partidas correspondentes, sendo financiado o suplemento con cargo ó remanente de Tesourería procedente da Liquidación do presuposto do Padroado correspondente ó exercicio de 1997; e visto así mesmo o informe favorable de Intervención que se une ó expediente, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e a abstención do PSOE, prestar aprobación a dita modificación presupostaria e dos recursos para o seu financiamento, sendo as partidas a suplementar polas contías que se indican as seguintes: Partida Denominación Importe 98/875-751-226.23 Fomento do turismo 12.000.000 98/875-751-230.00 Axudas de custo 3.000.000 98/875-751-231.00 Gastos de locomoción 1.000.000 TOTAL EXPEDIENTE 16.000.000 ============================ ------ Folla: 36,39 7.4268.- SEGUNDO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS QUE COMPRENDE "CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS" E "SUPLEMENTOS DE CRÉDITO", DENTRO DO VIXENTE PRESUPOSTO PROVINCIAL Sr. Presidente.- Punto 7. Segundo expediente de modificación de créditos que comprende "Créditos extraordinarios" e "Suplementos de crédito", dentro do vixente Presuposto Provincial. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. É un expediente de modificación de créditos por 268.000.000, consecuencia tanto da aprobación do Presuposto como da mecánica da súa execución e como nós votamos en contra da aprobación do Presuposto, non estamos de acordo coa maneira de xestionalo por órganos e hai unha serie de destinos cos que tampouco estamos de acordo. Polo tanto vamos a votar en contra, recoñecendo que é unha figura que é lóxico que se aplique, que a contía en canto ó montante total do Presuposto é baixa. Polas razóns que dixemos vamos votar en contra. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver, aínda que a contía dentro do conxunto do Presuposto non é excesiva, estamos falando dunha cantidade pequena, nos chama a atención, cousa que por outra banda tampouco é diferente ó que está pasando nos últimos dez anos aquí. Nos chama a atención que esto se utilice única e exclusivamente para dotar partidas nas que xa se gastaron os cartos, é dicir, un expediente de modificación de crédito loxicamente se fai cunha previsión e aquí hai cuestións nas que os cartos están gastados xa. Nos temas de cultura e noutros temas máis parece que é un pouco o parche de tapar o que xa se fixo antes. Polo tanto, entre estas cuestións e o haber votado en contra dos Presupostos non nos queda máis remedio que votar en contra. De tódolos xeitos, por unha curiosidade persoal, a min gustaríame que o grupo de goberno nos dixera que eses trece millóns de pesetas de cultura en que os gastaron xa, porque como este tipo de subvencións non veñen a Pleno, despois non se pode falar delas, pero en Comisións Informativas eu asistín a unha Comisión de Cultura e me extrañou subvencións, por exemplo, a Asociacións Astrolóxicas e cousas dese tipo, e entón eu quería que alguén me explicara en que gastaron vostedes estes cartos, porque supoño que a relación de subvencións vainos vir na próxima Comisión de Cultura. De verdade, a anécdota que comentei antes me parece brutal, creo que debe se-lo primeiro organismo que hai en España que subvenciona unha Asociación Astrolóxica; eso se plantexou o outro día na Comisión de Cultura, por eso quería que me ilustrara en que gastaron estes cartos antes. Sr. Presidente.- Gracias Sr. González. Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Vicente.- Si, muy brevemente porque tampoco hubo mayor debate, yo creo que tampoco hubo críticas. Si se hace un expediente de modificación de créditos con posterioridad, evidentemente, al cabo de cierto tiempo, del transcurso del ejercicio económico, es porque antes no se puede disponer de los remanentes como saben bien. En el momento en que ya tenemos las cuentas del ejercicio anterior aprobadas y sabemos los remanentes que hay es cuando se pueden completar determinados apartados de los Presupuestos y ese es el motivo de que llevemos este segundo expediente de modificación de créditos, que ahora ya se puede disponer de estos remanentes. Por lo que se refiere a las subvenciones de Cultura, yo no se si está el Diputado Delegado de Cultura, pero de todas las maneras lo que está bien claro es que absolutamente todas las subvenciones de Cultura, al igual que todas las demás pasan, por Comisión Informativa. Yo creo que es en ese sitio donde puede usted preguntar con los expedientes allí delante cada uno de ellos. Sinceramente no le puedo contestar sobre esa subvención que usted solicita información, ni estamos en ruegos y preguntas ni estamos en la Comisión de Cultura, que es donde se aprueban con carácter informativo y se pueden dar todo tipo de explicaciones. Yo por mi nada más. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pedrosa. Sr. González si eu entendín ben, absolutamente tódalas subvencións que se dan en Cultura pasan pola Comisión, unicamente se quere que lle fagamos un resume de todo o ano porque se pode facer, para que as vexa todas, pero pasaron por Comisión. Entón eu non entendín o que quería, ou sexa, criticou unha subvención, eso sí, pero entendín que querían saber onde se gastou. Nós dámoslle absolutamente todo por se quere saber onde se gastou. Acláreme, que eu tampouco entendín. Sr. González Iglesias.- Pois fácil, non se trata deso; eu as que pasaron por Comisión xa as sei. Eu quería saber en que se gastaron estas que veñen agora ó Pleno, porque teño a convicción moral, igual que todos vostedes, que están gastadas xa e están adxudicadas; é dicir, coma outras cousas, a min nadie me pode contar que a dous meses para rematar a execución do Presuposto deste ano a alguén se lle ocurra, bueno vamos a poñer cinco millóns de pesetas máis para compra de contenedores, eso porque están gastados e adxudicados e entón claro, eso é o que quería dicir; quería dicir que xa está feito o gasto polo menos de palabra aínda que sexa, de papeliño aínda non, entón eu entendo que eso é unha falta de previsión, pero a mesma falta de previsión que hai en tódolos plans que fan vostedes. É dicir, eu o outro día por poñer unha anécdota, no Plan de Acción Municipal con gran sorpresa, mirei que a un Concello, concretamente nomeo ó Concello, ó Concello da Cañiza, se lle daba unha cantidade de cartos do Plan de Acción Municipal que eran en parte para o mantemento da piscina municipal. Claro, un xa empezaba a asustarse, é dicir, xa non son só para inversións, non son só para melloras, son tamén para mantemento, para o que ten que facer calquera Concello en plan lóxico. ¿Que pasa?, e o vimos dicindo durante moitos anos aquí, se estaban facendo inversións ó tolo igual que se están facendo moitas outras cousas e despois os Concellos non son capaces de mantelos. Solución, a Deputación habilita uns cartos para obras ou para rehabilitacións e se convirten en mantemento. Pero bueno, iso é unha fórmula de traballar que vostedes entenden que é boa e nós entendemos que non é así. Simplemente a pregunta era aquela, non era no que se fixo que xa sabemos que se fixo. Sr. Presidente.- Ben, Sr. González. Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Vicente.- Es que yo no se si el Sr. González se dió cuenta de que falta más de un trimestre todavía del año. Por lo tanto hay que completar y había remanentes y los vamos a utilizar evidentemente antes de dejarlos para el año siguiente. Si los hubiésemos dejado, seguro que iba a decir que era con fines electorales del año que viene. No señor, falta un trimestre todavía, no faltan diez días, en un trimestre por desgracia se puede necesitar mucho dinero. Sr. Presidente.- Gracias. Insistindo practicamente no mesmo, Sr. González, hai uns remanentes, e a cantidade que vai a Cultura é mínima na modificación de créditos. Hai unhas solicitudes que non pudemos atender, que non están atendidas e loxicamente necesitamos diñeiro para atendelas e témolo en base a remanentes. Non aprobamos aquí ningunha subvención, aquí aprobamos o expediente de ampliación de créditos para atender peticións que efectivamente non atendemos e que non temos diñeiro neste momento para atendelas. E ademais, eu non recordo agora exactamente, é unha cantidade irrisoria o que metemos aí, irrisoria, é para atender todo o que temos, pero non aprobamos agora subvencións. Cando as aprobemos pasarán pola Comisión correspondente. Pensamos que é unha mínima cantidade, unha cantidade irrisoria; por iso eu non entendía. Están as instancias aí, non están adxudicadas, incrementamos o presuposto en catro pesetas practicamente e unha vez que as concedamos pasarán pola Comisión e entón quedarán adxudicadas. Eu creo que non hai nada que esconder aquí. E quérolle recorda-las bases do Plan de Acción Municipal. Nestes momentos escoito ós seus Alcaldes e escoitoo a vostede tamén e escoito a tódolos Alcaldes e dinme moitisimas veces, e creo que todos estamos de acordo, si, facer; pero quen mantén. Eu non me meto nun caso concreto que agora se nomeou, pero hai que mante-los servicios non só face-los. Por iso, dalgunha maneira, e digo o conxunto dos Alcaldes, non digo nin Alcaldes do PP nin Alcaldes doutro partido, pedíronme ese cambio, é dicir, que poidan facer frente co pouco diñeiro que lle podemos dar a través deste Plan para manter servicios tamén, non só para facer. E eu lle podo dicir que estou de acordo cos Alcaldes; agora efectivamente vostede pode pensa-lo contrario. Eu creo que hai que buscar un equilibrio tamén entre ir facendo e manter. ¿Quere intervir?. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver, Sr. Presidente, yo es que ponía un nombre concreto de un municipio concreto. Y no me vale la explicación del Sr. Presidente que dice que él escucha a todos los Alcaldes. No me vale por una razón: aquí había un plan para construcción de piscinas en poblaciones de más de 20.000 habitantes, plan en el que entraba la Diputación, la Xunta y los Ayuntamientos. Pues curiosamente A Cañiza, que evidentemente no es de más de 20.000 habitantes, accede a ese plan. ¿Por qué accede a ese plan?. Porque su Alcalde era el Presidente de la Diputación en aquel momento. Y todo el mundo sabía que el Ayuntamiento de La Cañiza no tiene población, ni iba a poder mantenerla. Se comete una cacicada, se salta un plan y ahora lo mantenemos todos los ciudadanos de la provincia de Pontevedra. El capricho de un señor no es escuchar a todos los Alcaldes, no; eso es otra cosa, eso es tapar, tapar lo que se hizo mal en su momento y lo que hicieron mal ustedes. No lo hizo otro partido político gobernando en esta casa, ningún otro. Sr. Presidente, yo reconozco que la cantidad de Cultura es irrisoria, que la cantidad de contenedores es irrisoria, son cinco millones de pesetas, no es más. A mi me causa tristeza, me causa tristeza que días atrás al Presidente de la Comisión de Cultura alguna asociación le pide una banda de música concreta y la contestación es decirle "no porque no hay un puto duro", esa fué la contestación del Presidente de la Comisión. Claro, uno estaba cerca cuando oye la respuesta y le dá la risa, y le dá la risa porque sabía que había esta historia y que iba haber más dinero. Entonces una de dos, si el Presidente de la Comisión sigue manteniendo que no hay un duro es que ya está gastado esto que viene aquí, está comprometido. Y si no, pues la respuesta no podía ser no hay un duro. Pero eso es lo que suele ocurrir. A mi tampoco me asombra ni me asusta porque uno ya empieza a estar acostumbrado. Nada más. Sr. Presidente.- Procedemos entón á votación do punto número 7. Segundo expediente de modificación de créditos que comprende "créditos extraordinarios" e "suplementos de crédito", dentro do vixente Presuposto provincial. ¿Votos en contra?. Abstencións non hai. ¿Votos a favor?. Se oponen el Partido Socialista y el Bloque Nacionalista Galego. Visto o segundo expediente de modificación presupostaria de créditos extraordinarios e suplementos de crédito por un total conxunto de DOUSCENTOS SETENTA E TRES MILLÓNS CINCO MIL TRESCENTAS OITENTA E OITO PESETAS (273.005.388), que corresponden a Créditos Extraordinarios TRINTA E TRES MILLÓNS DUASCENTAS CORENTA E CATRO MIL NOVECENTAS NOVENTA PESETAS (33.244.990), e a Suplementos de Créditos DOUSCENTOS TRINTA E NOVE MILLÓNS SETECENTAS SESENTA MIL TRESCENTAS NOVENTA E OITO PESETAS (239.760.398), motivado á necesidade de ter que realizar gastos que non deben demorarse ata o exercicio seguinte, por non existir consignación no estado de gastos do vixente Presuposto, sendo financiados os devanditos suplementos con baixas no capítulo 4º por CINCO MILLÓNS DE PESETAS (5.000.000); o resto, e os créditos extraordinarios financiaranse con cargo ó Remanente de Tesourería dispoñible, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda, por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSOE e do BNG, prestar aprobación a dita modificación presupostaria e dos recursos para o seu financiamento, sendo o detalle do expediente, resumido por capítulos, o seguinte: CAPÍTULOS DENOMINACIÓN CRÉDITOS SUPLEMENTOS EXTRAORDINARIOS DE CRÉDITOS 1º Gastos de persoal 2.651.571 15.885.495 2º Gastos en bens correntes 793.419 84.950.000 4º Transferencias correntes 3.800.000 15.375.000 6º Investimentos reais 1.000.000 105.700.000 7º Transferencias de capital 25.000.000 17.849.903 TOTAL.................................... 33.244.990 239.760.398 Os suplementos fináncianse con baixas no capítulo 4º -CINCO MILLÓNS DE PESETAS (5.000.000)-; o resto, e os créditos extraordinarios fináncianse con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible. Este expediente presenta, resumido por capítulos, o seguinte resultado. - Capítulo 1º Gastos de persoal........................................................... 18.537.066 - Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servicios............................. 80.743.419 - Capítulo 4º Transferencias correntes............................................... 19.175.000 - Capítulo 6º Investimentos reais....................................................... 106.700.000 - Capítulo 7º Transferencias de capital............................................... 42.849.903 Total expediente de modificación de crédito................................. 268.005.388 ------ Folla: 39,44 8.4269.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN E A FUNDACIÓN "MONTE CASTROVE" Sr. Presidente.- Pasamos ó punto 8. Aprobación do Convenio de colaboración entre a Excma. Deputación e a Fundación "Monte Castrove". Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Primeiro, é absolutamente incorrecto o término do convenio, cando se convenia é que alguén aporta algo a cambio de que lle dean algo e non cando se aporta nada coma neste caso. A única condición é que nos anuncios, carteis ou o que sexa, figure o nome da Deputación, pero eso pasa absolutamente en tódalas subvencións; é dicir, esto non é un convenio; senón que é unha aportación incondicional da Deputación en tres prazos de 25.000.000 cada prazo. Correcto, sería así. Non hai tal convenio. Agora se lles pareceu máis oportuno sacalo na forma de convenio, xa está. Non hai máis que lelo para ver que non hai tal convenio. Bueno, en todo caso sería unha cuestión de forma que non afecta ó fondo da cuestión. Con respecto ó fondo, a nosa postura é coñecida; non nos parece nada mal, senón todo o contrario para que neste país vaia habendo instalacións de certo tipo, como pode ser esta. O que non estamos de acordo é que as Administracións Públicas sexan as que financien esto. Ó final o certo é que se financia cos cartos das Administracións Públicas e non estamos de acordo por unha sinxela razón, porque cremos que hai necesidades moito máis urxentes. Apuntábame aquí a compañeira Ana Gandón que, por exemplo, todo o que se aporta en emerxencia social, en axudas a libros de texto, todo eso sumado non chega á cifra que se vai dar agora. Pode resultar unha comparación odiosa pero é real, é absolutamente real. E o outro día en Comisión se comentou e creo que é ben sacalo á luz aquí porque ós Concellos promotores tamén terán que facer frente. Ó final practicamente digamos que haberá un número de socios que practiquen o deporte ou alquilen as instalacións, pero coa cobertura que sexa tanto para a construcción como despois o sostemento se xeneran déficit; eso non nos parece correcto nin moito menos. En todo caso, o que me sorprende, xa para rematar, é que a unha interpelación do Deputado que fala neste Pleno ó Presidente da Deputación, cando se falaba dos célebres 100 millóns, dixo que xa veremos se había un duro, pero dende logo nin 100 millóns nin a mitade ou algo así. Houbo un cambio de actitude que supoño que nos explicarán. Nós, dende logo, como mantivemos en tódolos Concellos que nos piden cartos para esto e xa non só pola cifra inicial senón pola filosofía xeral do asunto, vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra a Sra. Castaño. Sra. Castaño López.- Bos días Presidente. O Partido Socialista vai votar que si porque consideramos que é algo importante para a comarca onde se está a desenvolver debido a que como o número de parados desta comarca é moi alto e o índice de posibilidades de que a comarca teña empresas de máis de mil traballadores é moi escaso, os Concellos creo, que con bo criterio, plantexaron algo que pode se-la a cabeza do tren para tirar de algo que si temos nas nosas mans e que é o turismo. Penso que sendo público e tendo posiblidades de que acuda xente de tódolos sitios podemos te-la posibilidade de que haxa moito máis movemento a nivel turístico no inverno e levantar un pouco as costillas dunha poboación que realmente necesita esto e moito máis. Sr. Presidente.- Gracias. Simplemente dicir contestando ó Sr. Mosquera, que se trata dun campo público e que polo tanto, cremos que é unha iniciativa importante, a primeira empresa que se fai nesta provincia que é o turismo, creémolo así e polo tanto o apoiamos. En segundo lugar, eu teño que volver ás orixes de cando eu dixen eso e por que o dixen. O primeiro contacto que tiven como Presidente desta casa foi en visita duns señores que me plantexaron un tema dun campo de golf sen darme máis explicación e que estaba disposto a apoiar a Federación Española de Golf. Polo tanto eu dixen naquel momento que non metía diñeiro. Eu non os coñecía e non sabía de que ía o tema. Como é lóxico non ía a meter a esta casa nun tema dese calibre. Logo déronse uns pasos importantes que foi a constitución da Fundación Castrove, onde entraron se non me equivoco, oito Concellos. Entón se entran os Concellos, hai unha fundación, vai ser público. Eu, que pensaba que era populismo, cambiei de opinión porque xa lle vía seriedade ó proxecto, xa non eran dous señores, xa tiña outra forma, e entón foi cando dixen que dende esta casa se apoiaría este campo de golf. Houbo enfretamento con certos Alcaldes porque dixen que a Deputación vai axudar á construcción dese campo de golf pero non entra na fundación, precisamente porque aínda me seguían as dúbidas de que se autofinanciara unha vez que se fixera este campo de golf. Pero téñolle que dicir ó Sr. Mosquera que os datos que temos neste momento, reais é demostrables, é os socios que xa se apuntaron, recádase ó ano 44 millóns de pesetas, e neste momento, sen existir nin un só ollo, se autofinanciaría xa este campo de golf, aínda que nadie máis se apuntara. Eso quere dicir que efectivamente a xente o ve con bos ollos e que esperamos que haxa moitos máis socios e incluso sobre diñeiro para manter ese campo de golf. E quérolle dicir que eu ó principio non era tan optimista e a proba é que esa foi a única razón pola que eu intentei que esta Deputación non se metera na fundación, non foi outra. E con respecto ó que dixo ó principio, a fórmula podía ser convenio ou non ser convenio, podíamos darlle como subvención, pero eu creo que eso non ten maior importancia. Esto é a miña explicación, se a quere crer creálla, e se non, non. Eu, se quere, facilítolle os datos, xa pagaron os socios e se pagan sen ver un ollo é de esperar que cando vexan a realidade haxa máis tamén. Polo tanto creo que non vamos a te-lo problema do mantemento. Sr. Mosquera Lorenzo.- Dixo moitas cousas e non é cuestión de alargarnos con esto. Eu non dixen que houbera problemas de sostemento. O que dixen é que en caso de que os haxa, está estipulado que os Concellos van a pringar con eles. E por se acaso o Presidente da Deputación escapou de meterse nese asunto. Agardemos que non os haxa, é mellor e entre outras cousas pois case seguro que nos veña aquí de volta e van as arcas provinciais a volver a financiar eso. Pero aí fálase do turismo. Posiblemente non sexa o momento, pero nalgún momento haberá que facer un debate serio sobre as prioridades ou enfoque en materia de turismo que quere facer esta Deputación, porque falando de turismo é curioso que unha entidade desta casa, como é o Patronato de Turismo, leve demandando dende non sei canto tempo que se faga un plan de sinalización turística. Hai recursos preciosos, como as cataratas da Toxa e cousas polo estilo, que non teñen nin un letreiro. E parece que o Presidente da Deputación e o grupo de goberno non fora sensible a esa demanda, algo tan elemental, e lévase demandando anos, non hai cartos para sinalización, non hai cartos para non sei que, non hai. Ou outras cousas; poderíamos facer un relatorio de cantidade de cousas, incluso recursos turísticos de tipo monumental que están nun estado lamentable, etc., etc., e nunca hai cartos para facer eso. E sen embargo, curiosamente e sempre asociado á presión dalgún grupo ou alcalde do Partido Popular, hai cartos para o catamarán de Crecente, hai cartos agora para o campo de golf, que terá socios pero que eu sepa se ten socios son de aquí, ou sexa, que eu sepa, de turismo por agora nada, que é para práctica dos de aquí. Que conste que, repito, non me opoño a que se cree este campo de golf, non nos opoñemos, en absoluto, pero non venderme esto como promoción de turismo. Na memoria primeira era para achega-la práctica do golf ás clases medias baixas. Un alcalde chegou a dicir que tamén os fillos dos albañiles do seu concello tiñan dereito a practica-lo golf, por eso o admitía, ou sexa, aquí cada un di o que lle parece ben, o único que hai na práctica é que se vai financiar esto con cartos públicos, eso é o que hai, nada máis. Todos vemos as dificultades que teñen os campos de golf privados; parece que a demanda non chega para cubrir eso, e entón houbo un grupo que lle pareceu oportuno que as Administracións Públicas lle financiaran o campo e as Administracións Públicas entraron a financiarlle ese campo. Non hai máis tela que a que arde e a nós non nos parece oportuno que as Administracións Públicas financien esto. E incluso se queren discutir de turismo, discutimos de turismo; seguramente non sexa o momento porque é cruzalo, parece que estamos discutindo o que é a situación do turismo cruzándoa con esto, se as Administracións Públicas financian a construcción deste campo de golf ou como puido se-lo catamarán de Crecente naquel momento. Pero discútese de turismo porque resulta que non hai cartos para cousas superelementais en materia de turismo e despois resulta que hai cartos para outras cousas que se nos venden como turismo. Pero bueno, poñámonos de acordo dunha vez, poñámonos de acordo, e se realmente aquí esta Deputación estivera dedicando, como adica a Deputación de Zamora, por exemplo, na que o turismo é algo así como a décima parte, a décima non, non chega, debe se-la vinteava parte do que representa na de Pontevedra, ou mesmo a de Ourense, e dedícalle catro ou cinco ou seis veces máis cartos. Se estivéramos ó mellor dedicando sesenta ou setenta e cinco millóns á promoción do turismo, estivéramos dedicando cincocentos e dentro do turismo vai o campo de golf, bárbaro, pero enfocado cara ó turismo, pero non é así en realidade, non é así. Entón poñamos as cousas no seu punto. Pareceulles ben financia-lo campo de golf, que é unha iniciativa para que se practique o golf aquí, polo menos naceu así, e pareceulles ben e punto. Pero no metan no asunto o turismo, que pode ter relación, pero entón vamos a priorizalo e a poñelo no seu sitio e eso é o que non se está facendo. Simplemente, polo que sexa, pareceulles ben. Eu creo que é un erro e en todo caso emprazo ó Sr. Presidente a que nalgún momento haxa un debate serio, neste Pleno ou unha reunión de Portavoces ou no Patronato ou o que sexa sobre o que se quere facer co turismo, porque sempre pasa igual, pérdense os recados polo camiño, non se poden dedicar uns millóns a sinalización, non se poden poñer uns millóns para mellora-los recursos turísticos, non se pode non sei que, porque nunca hai cartos, sempre se necesitan para outra cousa e despois aparecen cousas destas que bueno, que noutro marco ata se cadra tiñan algo de oportunidade e ata se cadra eran correctas, pero así non, así dende logo que non, porque non naceu para eso, senón que vai en outra liña. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, mi intervención no va sobre este punto porque está hecha por Ramona. Vamos a votar a favor y seguimos manteniendo la tesis del principio. Lo que pasa es que a raíz de la intervención del Presidente a mi me asalta una duda y quería que el Presidente me aclarara sus afirmaciones porque en el punto 7 el Presidente me dice que, como los Alcaldes le demandan mantenimiento, había que mantener la piscina y lo que hiciera falta. Y hace un momento en su primera intervención dice que él mantuvo siempre que jamás esta Diputación entraría en el mantenimiento del campo de golf. O se equivoca en una afirmación o se equivoca en la otra. Sr. Presidente.- Sr. González, es totalmente distinta la función que está haciendo la piscina de A Cañiza o de cualquier otro lugar, de lo que está haciendo o de lo que puede hacer el campo de golf. Usted sabe o debiera saberlo que ás piscinas climatizadas van xentes enfermas que os médicos lle diagnostican precisamente que fagan este deporte. Ó campo de golf tamén, coma todo deporte, porque "men sana in corpore sano", tamén é importante, pero non me mezcle unha cousa con outra porque non ten nada que ver en absoluto. Ve contradiccións onde non existe contradicción de ningún tipo, pero bueno, se vostede as ve, cada un ten a intelixencia que Dios lle deu e ve contradiccións ó mellor onde non as hai, pero bueno, eso cada un é cada un. Con respecto ó que di o Sr. Mosquera, quérolle aclarar unha cousa ó Sr. Mosquera no sentido de que entendo que se podía englobar o campo de golf no turismo, pero aí está e díxenno. Pero chócame un pouco o que di con respecto ó tema de que parece que nesta casa non se lle dá importancia ó turismo. Bueno, ó mellor non lla damos ben e por aí si llo podo entender, pero que lle estamos dando importancia si. Eu quérolle recordar un dato: cando eu cheguei de Presidente a esta casa o Patronato de Turismo tiña de presuposto vintecinco millóns escasisimos. Neste momento ten setenta e cinco escasos. Creo que está vostede tamén no Patronato de Turismo. Eu dixen a principios de ano, e recórdoo perfectamente, que se o Patronato de Turismo me presentaba un plan de sinalización, estábamos dispostos a incrementalo en dez millóns de pesetas e neste momento sigo dicindo o mesmo; é dicir, plantexenno dende o Patronato de Turismo e aquí responsabilizo en concreto ó Sr. Vilar, neste caso porque é o Delegado, porque eu non asisto normalmente ó Patronato, para que se me plantexe este ano, porque eu esto díxenno ó principio do ano, un plan de sinalización de temas turísticos. Indudablemente, aínda dispoñemos de diñeiro para poder suplementar ó Patronato de Turismo nesta cantidade para levar a cabo esta sinalización. E o debate, eu creo que se temos un organismo para debatir este tema, eu invítoos tamén e cando queiran montamos o debate, aproveitamos o diñeiro que temos, se é posible incrementámolo máis; pero eu recordo perfectamente esto que dixen ó principio e que sigue en pé, pero o Patronato non me presentou absolutamente nada e eu non me volvín a recordar do tema. Esta é a pura realidade, pero estamos a tempo aínda de facelo. Sr. González, ¿quere intervir?. Procedemos polo tanto á votación do punto 8. Aprobación do Convenio de colaboración entre a Excma. Deputación e a Fundación "Monte Castrove". ¿Votos en contra?. Bloque Nacionalista. ¿Abstencións?. Non hai. ¿Votos a favor?. PSOE e PP. De conformidade co informe de Intervención e o dictame favorable da Comisión de Deportes, Xuventude e Turismo, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e co voto en contra do BNG, aproba-lo Convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Fundación "Monte Castrove", facultándose ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura, que di así: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN "MONTE CASTROVE" En Pontevedra, a ............. de .......................de mil novecentos noventa e oito, REÚNENSE O Ilmo. Sr. Don Manuel Abeledo López, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en nome e representación da mesma, de conformidade co art. 105,1,a) da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e 34.1.b) Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. E o Ilmo. Sr. Don Juan Luis Pedrosa Fernández, Alcalde-Presidente do Excmo. Concello de Pontevedra e Presidente da Fundación "Monte Castrove", en nome e representación da mesma, de conformidade cos seus Estatutos. Ámbalas dúas partes teñen plena capacidade para levar adiante o presente Convenio e MANIFESTAN I.- Que a Deputación, dentro das súas posibilidades fomenta o deporte dentro da Provincia, por iso é desexo desta axudar ó financiamento do Campo de Golf da Fundación "Monte Castrove". II.- Que a citada Fundación foi declarada de Interese Galego e inscrita no Rexistro de Fundacións con tal carácter, segundo Orde de 6 de maio de 1998, da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Por isto, ESTIPULAN Primeiro.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a entregar a cantidade de SETENTA E CINCO MILLÓNS DE PESETAS (75.000.000), á Fundación "Monte Castrove" para financia-la construcción do Campo de Golf que a citada Fundación está realizando. Segundo.- Dito financiamento levarase a cabo da seguinte maneira: - VINTECINCO MILLÓNS DE PESETAS (25.000.000), no ano mil novecentos noventa e oito. - VINTECINCO MILLÓNS DE PESETAS (25.000.000), no ano mil novecentos noventa e nove. - VINTECINCO MILLÓNS DE PESETAS (25.000.000), no ano dous mil. Terceiro.- A Fundación "Monte Castrove" comprométese pola súa banda a facer constar en toda a publicidade que xeneren as súas actividades a colaboración da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Cuarto.- O prazo de vixencia deste Convenio coincidirá coas anualidades para as que foi asignado, ata o 31 de decembro do ano 2000. O presente Convenio obriga ó cumprimento do expresamente pactado someténdose ámbalas dúas partes ó acordado en tódalas estipulacións, extendéndose o presente por triplicado exemplar no lugar e data arriba indicados. O PRESIDENTE DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, Asdo.- Manuel Abeledo López O PRESIDENTE DA FUNDACIÓN "MONTE CASTROVE", Asdo.- Juan Luis Pedrosa Fernández ------ Folla: 44,45 9.4270.- BASES DE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL PARA O ANO 1998 Sr. Presidente.- Punto 9. Bases de axudas de emerxencia social para o ano 1998. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbanse as bases por unanimidade. De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Sanidade, Acción Social e Muller, o Pleno acorda por unanimidade aproba-las Bases de Axudas de Emerxencia Social para o ano 1998, con destino a familias con problemática socio-económica, por un total de TRINTA MILLÓNS DE PESETAS (30.000.000), con cargo á partida 98/313-313-480.01, que din así: BASES DE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL PARA O ANO 1998. A Deputación Provincial sensible e preocupada polos graves problemas sociais que se dan na nosa sociedade quere contribuir un an

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición