Fondos
1998-10-30_Ordinaria. Acta de sesión 1998/10/30_Ordinaria
Acta de sesión 1998/10/30_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.358/3.1998-10-30_Ordinaria
Título Acta de sesión 1998/10/30_Ordinaria
Data(s) 1998-10-30 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 60 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 30 de outubro de 1998 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día trinta de outubro de mil novecentos noventa e oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Carmen Avendaño Otero, D. Adolfo Campos Panadeiros, Dona Ramona Castaño López, D. Xosé Costa Díaz, D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, D. José Luis Fernández Lorenzo, D. Lino Fontán Mariño, Dona Ana Gandón Menduíña, D. Emilio González Iglesias, D. Oswaldo Lino González Pereira, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. Mario López Martínez, D. Rafael Louzán Abal, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Santiago Pazos Moreira, D. Julio Pedrosa Vicente, D. Amado Ricón Virulegio, D. Julio Sayáns Bugallo, D. Ramón Sestelo Fernández, D. Santiago Tirado Serén, D. Pablo Vázquez Caride, D. Roberto Vázquez Souto e D. Manuel Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten os Sres. Deputados, D. Xosé Manuel Barros González nin Dona Carmen Ferro Carballo. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Comezamos a sesión do Pleno ordinario correspondente ó mes de outubro. 1.4278.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Orde do día. Primeiro punto. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 25 de setembro de 1998. ¿Algunha alegación á acta?. Non hai. Apróbase por unanimidade. O Pleno acorda por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 25 de setembro de 1998. ------ Folla: 60,62 2.4279.- MOCIÓN DO DEPUTADO PROVINCIAL DO BNG, SR. CHILLÓN IGLESIAS, SOBRE A FLOTA DO BANCO CANARIO - SAHARIANO Sr. Presidente.- Segundo punto da orde do día. Moción do Deputado Provincial do BNG, Sr. Chillón Iglesias, sobre a flota do banco canario - sahariano. Ten a palabra o autor da moción, Sr. Chillón. Sr. Chillón Iglesias.- Bos días. A iniciativa que se presenta aquí a Pleno é unha proposta que xa se ten plantexado en anteriores ocasións e que precisamente por non terse resolto na medida que se ten demandado, de novo aquí se plantexa. Hai unha circunstancia incluso engadida que cada vez que se achega a data do próximo ano 1999, remate do actual convenio do banco canario-sahariano, conleva unha maior dúbida no sector cara á súa renovación. Nese sentido, é incidir fundamentalmente nese sector económico da nosa flota pesqueira en demandar que se inste por parte da Xunta de Galicia e do Goberno do Estado Español, cara precisamente a que se plasme canto antes unha renovación deste convenio nas mellores condicións para a nosa flota e ó mesmo tempo garantir o caladoiro e eses postos de traballo. Paralelamente a esa circunstancia, hai tamén dúas cuestións que están sobre a mesa. Unha é a actuación indiscriminada e de esquilme por parte das patrulleiras marroquís, que aínda que está claro que é difícil controlar esa situación, eses dous organismos deben instar a quen corresponda para que se tomen as medidas pertinentes e corrixir esta actual situación, que vai en degradación deste caladoiro, que están a utiliza-los nosos barcos. E por último a circunstancia económica, que precisamente hai un ano e medio que se aprobaba unha iniciativa do Bloque Nacionalista Galego, publicada no Diario Oficial de Sesións do 14 de abril de 1997, onde textualmente dicía así: "O Congreso dos Deputados insta ó Goberno, en orde ó apoio ó sector pesqueiro, a demandar da Unión Europea o arbitrio de axudas económicas para as flotas españolas obrigadas a dete-la súa actividade como consecuencia de tódalas paradas biolóxicas, con especial atención á flota que faena en augas da xurisdicción marroquina e iso no sentido da mellor preservación dos recursos pesqueiros". Como aínda que no propio convenio do sector e no propio acordo se falaba dun período de descanso biolóxico, para o ben do caladoiro, houbo unha circunstancia especial, precisamente naquela primavera do pasado ano, onde se asumiu este compromiso, e así se fixo por primeira vez, se satisfixo economicamente tanto a patróns coma ós propios mariñeiros. Neste ano, aínda que era un acordo que estaba contemplado e que se podía asumir por parte da patronal, a realidade é que non se leva adiante e os mariñeiros pasan eses dous meses, setembro e outubro tanto do pasado ano coma deste ano, sen a correspondente compensación económica tan necesaria para esas familias ocupadas nese sector. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Chillón. Bueno, teño entendido, Sr. Chillón, que o texto, no comunicado final, di así: O Pleno da Corporación Provincial demanda da Xunta de Galicia e do Goberno Central o seguinte: Punto 1.- Que se tomen as medidas tendentes a garanti-la presencia dos nosos buques no caladoiro canario-sahariano a través dun acordo pesqueiro entre a Unión Europea e quen ten xurisdicción sobre esas augas. Punto 2.- Que se inste do Goberno Central o desfrute de compensacións económicas por parte dos mariñeiros e armadores afectados polo paro biolóxico, non pactado, nos meses de marzo e abril. Punto 3.- Que a Xunta de Galicia demande do Goberno Central e da Unión Europea medidas tendentes a que se protexa este litoral do esquilme ó que o someten os milleiros de polveiras marroquinas que actúan sobre el. Pontevedra a 29 de outubro do 98. Sr. Chillón. Sr. Chillón Iglesias.- Bueno, como sempre aquí, se trata de chegar a acadar un consenso na medida de que sexa un organismo máis ou unha institución a que presione para que realmente se plasme ese acordo que é o fundamento da moción. Hai un aspecto, que xa comentamos hoxe co Delegado de área, que era sobre o ámbito que abarcaba de períodos, de meses, esta compensación económica. É certo que está explícito no acordo, aínda que nós consideramos que despois non se aplica na realidade, pero para ben do consenso aceptamos esa proposta. Sr. Presidente.- Gracias. Procedemos polo tanto á votación da moción presentada polo Sr. Chillón Iglesias. O texto é o lido anteriormente. Procedemos polo tanto á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade un comunicado conxunto relativo ó presente e futuro da flota cefalopodeira galega no banco canario - sahariano. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños, o Pleno acorda por unanimidade aproba-la Moción presentada polo Sr. Chillón, sendo a súa parte dispositiva obxecto dun comunicado conxunto que di así: COMUNICADO CONXUNTO RELATIVO Ó PRESENTE E FUTURO DA FLOTA CEFALOPODEIRA GALEGA NO BANCO CANARIO - SAHARIANO O Pleno da Corporación Provincial demanda da Xunta de Galicia e do Goberno Central o seguinte: 1) Que se tomen as medidas tendentes a garanti-la presencia dos nosos buques no caladoiro canario-sahariano a través dun acordo pesqueiro entre a UE e quen ten xurisdicción desas augas. 2) Que se inste do Goberno Central o desfrute de compensacións económicas por parte dos mariñeiros e armadores afectados polo paro biolóxico, non pactado, nos meses de marzo e abril. 3) Que a Xunta de Galicia demande do Goberno Central e da UE, medidas tendentes a que se protexa este litoral do esquilme ó que o someten os milleiros de polbeiras marroquinas que actúan sobre el. ------ Folla: 62,63 3.4280.- BASES DO CONCURSO SOBRE PROTOTIPO DO DEPORTE Sr. Presidente.- Pasamos ó punto 3. Bases do concurso sobre o prototipo do Deporte. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbanse por unanimidade as bases do punto 3 do concurso sobre o prototipo do Deporte. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Deportes, Xuventude e Turismo, o Pleno acorda por unanimidade, aproba-las bases do Concurso de Ideas sobre prototipo para Trofeos Deportivos, que din o seguinte: A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, na área da súa actividade deportiva vén colaborando a través da entrega de obsequios nas múltiples probas de ámbito provincial e naqueles grandes eventos deportivos de rango nacional e internacional que na provincia se desenvolven. Conscentes da importancia de todo isto, e non olvidando a calidade e magnitude que conlevan, ó obxecto de darlle maior realce e co fin de institucionaliza-la aportación provincial seguindo a traxectoria emprendida dende fai anos, convoca o concurso de ideas para a elaboración do Prototipo para Trofeos Deportivos, que se rexirá polas seguintes B A S E S 1ª.- A convocatoria deste Concurso de Ideas ten por obxecto a elaboración dun trofeo tipo, para que en todas as facetas do Deporte Provincial sirva como prototipo dos trofeos e obsequios, que concede esta Deputación Provincial. 2ª.- O Concurso, dotado cun premio de TRESCENTAS MIL PESETAS (300.000), será de concurrencia e tema libres. 3ª.- Os traballos deberán entregarse en forma de debuxo e maqueta, sendo esta última dunhas dimensións máximas de 25 x 25 cm. 4ª.- As instancias para tomar parte no Concurso dirixiranse en modelo oficial, que facilitará o Departamento de Deportes, e presentaranse no Rexistro Xeral deste organismo ata o 30 de novembro de 1998, adxuntando necesariamente copia do DNI, e cesión expresa, no caso de ser premiado, de tódolos supostos de dereitos de Autoría e Propiedade Intelectual que contempla a Lei en vigor a favor da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sen contraprestación ou indemnización ningunha. 5ª.- A selección e proposta da concesión do premio encoméndase a un Xurado integrado polos seguintes membros: Presidente: O Titular da Excma. Deputación ou Deputado en quen delegue. Vocais. Presidente da Comisión de Deportes, Xuventude e Turismo. Un Deputado Provincial en representación do PSOE. Un Deputado Provincial en representación do BNG. Tres Profesores nomeados pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Dúas persoas, nomeadas pola Presidencia, de recoñecido prestixio no eido artístico. Secretario: O Titular da Corporación ou funcionario en quen delegue. Dito Xurado non poderá constituirse nin actuar sen contar coa asistencia de máis da mitade dos seus membros, resolvendo tódalas incidencias que se presenten e sendo as súas decisións inapelables. 6ª.- O Xurado calificará o Concurso coa maior amplitude de criterios: orixinalidade do diseño, idea representada, relación Deporte - Provincia, etc. 7ª.- Quen non foran galardoados poderán retira-los traballos no Departamento de Deportes desta Deputación, no prazo de tres meses contados dende a resolución do Concurso, pasados os cales quedará exenta a responsabilidade das devolucións non solicitadas. ------ Folla: 63 4.4281.- BECAS DA ESCOLA DE CANTEIROS Sr. Presidente.- Punto 4. Becas da Escola de Canteiros. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbanse por unanimidade. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cultura, o Pleno acorda por unanimidade acepta-la acta do Tribunal concedendo 15 becas para a Escola de Canteiros 1998 ós beneficiarios seguintes: 1.- D. Rubén Acuña Malvar 2.- D. Breogán Agulla Carballal 3.- D. Miguel Angel Fandiño Gondar 4.- Dona Ana Belén Meira Barcala 5.- D. Daniel Paredes Sequeiros 6.- D. Víctor Manuel Rodríguez Diz 7.- D. Angel Rumbo González 8.- Dona Ana Delia Santaclara Garrido 9.- D. Manuel Varela Alvarez 10.- D. Javier Vidal Lijó 11.- D. Roberto Vidal Rascado 12.- Dona Aurea Díaz Vázquez 13.- D. Benito Iglesias Meijome 14.- D. Daniel Alonso Pérez 15.- D. Mario del Río Martínez ------ Folla: 64 5.4282.- INCOACIÓN DE EXPEDIENTE DE DESAFECTACIÓN DUN TRAMO DA EP-5301 (DENDE A PO-400 Á ESTACIÓN DE POUSA). EXPOSICIÓN PÚBLICA DE TAL EXPEDIENTE Sr. Presidente.- Incoación de expediente de desafectación dun tramo da EP-5301 (Dende a PO-400 á Estación de Pousa). Exposición pública de tal expediente. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. Solicitándose polo Ilmo. Concello de Crecente, en virtude de acordo da Comisión de Goberno de 21 de agosto de 1998, a cesión no seu favor dun tramo da EP 5301, dende a PO-400 á Estación de Pousa, para a súa conversión en vía municipal; vistos os informes do Enxeñeiro Técnico da Zona, de datas 23 de setembro e 16 de outubro, estimando lóxicos os razoamentos da petición citada, e visto o informe do Servicio de Contratación, como trámite previo á cesión, o Pleno acorda por unanimidade: 1.- A incoación dun expediente de desafectación dun tramo da EP 5301 (Acceso á Estación de Pousa), dende a PO-400 á Estación de Pousa, de 635 ms. de lonxitude por 4 ms. de ancho, para a súa transformación de ben de dominio público en ben patrimonial, conforme ó art. 7 do Regulamento de Bens das Entidades Locais (RD 1372/1986, de 13 de xuño). 2.- A exposición pública de tal expediente durante un mes, a efectos de posibles reclamacións, para a súa posterior resolución pola Corporación Provincial. ------ Folla: 64,65 6.4283.- TERCEIRO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS PARA CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS E SUPLEMENTOS DE CRÉDITO Sr. Presidente.- Punto 6. Terceiro expediente de modificación de créditos para créditos extraordinarios e suplementos de crédito. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Bos días. Dada a mínima contía deste expediente de modificación en relación ó montante total do presuposto non vamos a entrar nos matices. Simplemente é un instrumento que desenvolve e axusta a execución que vostedes fixeron do orzamento as previsións que se aprobaron hai un ano, previsións coas que nós non estivemos de acordo nin tampouco estamos de acordo na maneira de executalo e polo tanto vamos votar en contra. Sr. González Iglesias.- O Grupo Socialista votou en contra dos Presupostos. Estamos perante unha modificación que supón 86 millóns de pesetas e vamos a seguir mantendo o mesmo sentido do voto. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias. Procedemos á votación entón do terceiro expediente de modificación de créditos. ¿Votos en contra?. PSOE e Bloque Nacionalista Galego. ¿Votos a favor?. O Partido Popular. Apróbase entón este terceiro expediente de modificación de créditos. Visto o Terceiro expediente de modificación presupostaria de créditos extraordinarios e suplementos de crédito por un total conxunto de OITENTA E SEIS MILLÓNS CINCOCENTAS QUINCE MIL NOVECENTAS VINTEUNHA PESETAS (86.515.921), que corresponden a Créditos Extraordinarios DEZASETE MILLÓNS NOVENTA MIL NOVECENTAS TRINTA E CINCO PESETAS (17.090.935) e a Suplementos de Créditos SESENTA E NOVE MILLÓNS CATROCENTAS VINTECATRO MIL NOVECENTAS OITENTA E SEIS PESETAS (69.424.986), motivado á necesidade de ter que realizar gastos que non deben demorarse ata o exercicio seguinte por non existir consignación no estado de gastos do vixente Presuposto, financiándose os suplementos así como os créditos extraordinarios con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por maioría de votos do Partido Popular e cos votos en contra do Grupo Socialista e do BNG, prestar aprobación a dita modificación presupostaria e dos recursos para o seu financiamento, sendo o detalle do expediente, resumido por capítulos, o seguinte: CAPÍTULOS DENOMINACIÓN CRÉDITOS SUPLEMENTOS EXTRAORDINARIOS DE CRÉDITOS 2º Gastos en bens correntes 9.222.380 4º Transferencias correntes 7.000.000 12.500.000 6º Inversións reais 10.090.935 1.600.000 7º Transferencias de capital 46.102.606 TOTAL 17.090.935 69.424.986 Este expediente presenta, resumindo por capítulos, o seguinte resultado: Capítulo 2º.- Gastos en bens correntes e servicios....................................... 9.222.380 Capítulo 4º.- Transferencias correntes......................................................... 19.500.000 Capítulo 6º.- Inversións reais....................................................................... 11.690.935 Capítulo 7º.- Transferencias de capital........................................................ 46.102.606 Total expediente de modificación de crédito.......................................... 86.515.921 ------ Folla: 65,68 7.4284.- MOCIÓN DO DEPUTADO PROVINCIAL DO BNG, D. XOÁN CARLOS CHILLÓN IGLESIAS, NA QUE PROPÓN A ANULACIÓN DO RECARGO PROVINCIAL DO IAE PARA O ANO 1999 Sr. Presidente.- Punto 7. Moción do Deputado Provincial do BNG, D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, na que propón a anulación do recargo provincial do IAE para o ano 1999. Ten a palabra o autor da moción, Sr. Chillón. Sr. Chillón Iglesias.- É un tema reiterativo pero que é necesario acometer. O mesmo argumento que serve nese caso, e que serviu na propia Comisión Informativa de Economía e Facenda para non aceptar esta proposta, penso que tamén é o mesmo argumento polo que se podía aceptar perfectamente. É certo que se está en negociación hoxe e hai un avance, unha proposta a nivel do Ministerio de Economía, negociacións coa Federación Española de Municipios e Provincias e demais, cara a elimina-lo imposto de actividades económicas e crear un novo imposto. Precisamente nesa situación, na que parece que se vai avanzar, que consideramos correcta, se plantexa de novo esta proposta. Hai dous anos se rexeitaba a proposta de elimina-lo recargo provincial do IAE ou incluso suaviza-lo, que se ben se fixera no momento do 40% ó 32%, nunha segunda fase do 32% ó 30% e incluso decíamos que se podía reducir ó 20% ou ó 17%, cara a acadar uns niveis paralelos de ingresos en relación coas anteriores cargas polo antigo imposto de licencias fiscais. Os considerandos que plantexamos son que realmente a situación financeira das arcas provinciais, como se ten a través dos medios de comunicación e incluso nas propias Comisións e nas sesións plenarias, goza dun bo estado de saúde, dun mellor estado de saúde que cando se iniciou esta lexislatura alá polo ano 1995. Este estado económico máis saúdable debe permitir poder suaviza-lo imposto, a carga impositiva a un sector económico como é o do pequeno e mediano comercio, que precisamente está a sufrir as consecuencias da implantación gradual que se está realizando de grandes áreas comerciais e que repercute notablemente nese sector. A propia contía de este imposto de actividades económicas, de su recargo provincial do 30%, o que supón ás arcas desta Institución algo máis de 800 millóns de pesetas, na actual circunstancia de mellora, a través da propia negociación crediticia que se está a levar adiante dende hai un tempo para acá e a circunstancia de que a nivel de remanentes cada ano hai un resultante importante que se aplica en inversións moi importantes ou en modificacións de crédito, como se ten feito máis veces para outros sectores. Nese sentido polo tanto de novo se plantexa antes da aprobación do Presuposto do 99, se se pode ter en conta esta consideración, eliminación do recargo provincial do IAE. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Chillón. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- No seu día o Partido Socialista plantexou varias veces a redución do recargo provincial do IAE e aínda que naquel momento non nos deran a razón, despois si o foron axustando, non ó que pedíramos nós, pero si o foron axustando. Dende logo, o que non estamos baixo ningún concepto é por plantexamentos deste tipo, que se plantexan na moción de hoxe, é dicir, nós non estamos por que desapareza o recargo provincial; podemos dubidar de que o 30% sexa o máis axeitado nestes momentos, ó mellor podía ser algo menos; pero volvo a repetir que non estamos por que desapareza. Si estaríamos por que os cartos que se recaudan co recargo provincial do IAE foran directamente ós Concellos con dúas fórmulas posibles. Unha, que a Deputación cobrara ese 40% ou 30%e o ingresara nas arcas dos diferentes Concellos da provincia. Ou outra fórmula, que a Deputación fixera un plan propio para atender cuestións como, podía se-lo tema de servicios sociais, é dicir, dende a promulgación da Lei de Servicios Sociais en Galicia os Concellos teñen asumidas as competencias por Lei pero ninguén lles pasou os cartos. A proba evidente é que a día de hoxe tódolos Servicios Sociais en tódolos Concellos da provincia son deficitarios; polo tanto se nos ocurría que podía ser unha boa fórmula de financiamento dos servicios sociais nos Concellos. Pero volvo a repetir que non estamos por apoia-lo plantexamento do BNG e solicita-la retirada do recargo provincial. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. González. Ten a palabra o Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Vicente.- Si, buenos días a todos. Nosotros coincidimos en parte, sólo en parte, con los dos grupos que me han precedido en la palabra. Con el Bloque, en cuanto que es un impuesto que el Partido Popular no defendió nunca y se mostró siempre desde hace años bastante crítico, puesto que es un impuesto que no grava la verdadera capacidad económica del sujeto pasivo sinó que se basa en otros factores, como pueden ser metros cuadrados, empleados, situación, etc., etc. Es cierto que en Madrid ya se lleva tiempo estudiando la fórmula de cambiar este impuesto y para nosotros, a nivel provincial, bienvenido sea cuando venga ese cambio. Pero lo que también es cierto, y en esto coincidimos con el representante del PSOE, es que mientras no se produzca este cambio difícilmente se puede explicar una renuncia a unos ingresos de una cuantía importante, como son no los 800 que plantean ustedes sinó más o menos los 700 millones que es la recaudación que se viene manteniendo prácticamente igual desde el año 95 en que se recaudaron 696 millones y pico hasta el año pasado que se recaudaron cerca de los 700. Hay que recordar que la Diputaciónya hizo un esfuerzo bastante importante en los últimos años, al bajar del 40% al 32% y del 32% al 30%. Y en este momento somos, con La Coruña, la Diputación que tenemos el porcentaje más bajo en el IAE de Galicia y en gran parte de España también. Y decía que no podríamos renunciar gratuitamente a unos ingresos de 700 millones de pesetas cuando estamos viendo y constatando día a día las necesidades de la provincia, ya no sólo en Servicios Sociales de los Ayuntamientos y de la propia Diputación sinó en otras obligaciones que tiene esta Institución a su cargo y que por desgracia no haría mucho bien para la misma el reducir los ingresos en 700 millones de pesetas. Hay que destacar que el IAE no afecta sólamente al pequeño comerciante, que está pasando momentos no tan delicados como en otras épocas, pero digamos que momentos de cierta dificultad. Tampoco hay que engañar a nadie creyendo que con la reducción o con la supresión del IAE el pequeño comerciante va arreglar todos sus problemas. Si usted hace un cálculo, Sr. Chillón, llegará a la conclusión de que si retira del IAE a las grandes y medianas empresas, si retira del IAE a todos los profesionales que están ahí incluídos, arquitectos, abogados, etc., la aportación del pequeño comerciante en la provincia dentro del IAE quizás, con el recargo del 30%, no llegue a las mil pesetas año. En el cálculo que hicimos nosotros está por recibo de pequeño comerciante entre 500 y 1000 pesetas año. Como comprenderá, suprimiéndole estas 500 o estas 1000 pesetas no le va a arreglar usted ninguno de sus problemas, y en cambio 700 millones de pesetas a la Diputación si nos pueden servir para arreglar otros muchos problemas. Por este motivo simplemente, nosotros vamos a mantener un año más en nuestro Presupuesto, en el momento que se presente, el recargo del IAE en este 30%. Nada más. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pedrosa. Sr. Chillón. Sr. Chillón Iglesias.- Un par de consideracións sobre os enfoques que se teñen plantexado aquí. Un tema é a filosofía deste imposto que, como vén neste caso, coincidía co Delegado da área de Facenda do Partido Popular, e outra cuestión é a capacidade de autonomía financeira dos Concellos. É certo que os Concellos requiren unha maior capacidade financeira, e nese sentido a ver se de verdade tamén esto pode ir adiante. A actual contía da PIE, da participación nos impostos do Estado cara ós Concellos, elevouse neste pasado ano a un billón trinta e cinco mil millóns de pesetas, tanto para Concellos coma para Deputacións e outras institucións locais. Hai unha demanda de que se debe subir deste un billón a un billón e medio, e nese sentido debemos, coma en outros países da Unión Europea, aspirar a ese maior incremento da capacidade financeira dos Concellos. Está claro que o Estado terá que articular ese financiamento. Tamén houbo unha crítica moi grande porque incluso púdose ou pódese aproveitar a reforma da fiscalidade das pequenas e medianas empresas e do propio IRPF para acometer un cambio en profundidade no propio imposto de actividades económicas. É dicir, que nesas circunstancias de autonomía financeira e maior capacidade financeira dos Concellos por suposto que estamos de acordo e debemos ir nese sentido. Como se está avanzando nese sentido, non se trata de reduci-la capacidade financeira dos Concellos se ese recargo provincial se queda nas arcas dos Concellos benvido sexa no sentido de que se trata dunha maior aportación económica. Pero que se teña en conta que esa maior capacidade financeira dos Concellos debe ir a través dunhas transferencias máis elevadas a partir doutros sistemas de recadación. Sr. Pedrosa Vicente.- Como filosofía podemos estar de acuerdo y eso se está discutiendo ya no sólo a nivel nacional sinó a nivel gallego en la Comisión de Cooperación Local para el Pacto Local. Es lógico, los Ayuntamientos tienen cada vez más competencias y necesitan más servicios financieros. Ahora, suprimir un ingreso de la Diputación en este momento no creo yo ni que incremente eso ni que incremente la solidaridad entre Ayuntamientos importantes y poco importantes. Tenga en cuenta que el 90% de la recaudación de este impuesto se produce sólo en Vigo y en Pontevedra. Si lo quiere limitar y que esos ingresos pasen sólamente a esos dos Ayuntamientos, se habría mermado seguramente la posibilidad de que la Diputación pueda actuar en otros Ayuntamientos más pequeños. Son temas bastante complejos, que exceden del campo del IAE y que se están discutiendo en otros ámbitos en este momento. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pedrosa. Procedemos polo tanto á votación da Moción do Deputado Provincial do BNG, D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, na que propón a anulación do recargo provincial do IAE para o ano 1999. ¿Votos en contra da moción?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Bueno rexéitase a moción cos votos en contra do PP, a abstención do PSOE e a favor o BNG. Vista a Moción presentada polo Deputado Provincial do Grupo do BNG, D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, na que propón a anulación do Recargo Provincial do IAE (Imposto de Actividades Económicas) para o ano de 1999, o Pleno, de conformidade co dictame desfavorable da Comisión de Economía, acorda por maioría de votos do Grupo Popular, coa abstención do Grupo Socialista e o voto en contra do BNG, rexeitar dita Moción, motivado a que hai fins urxentes para inverti-los ingresos procedentes de dito Recargo Provincial. ------ Folla: 68,77 8.4285.- SOLICITUDE DE COMPATIBILIDADE DE FUNCIONARIOS PROVINCIAIS Sr. Presidente.- Punto 8. Solicitude de compatibilidade de funcionarios provinciais. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Vemos aquí a solicitude de compatibilidade de sete funcionarios provinciais e vamos a separar. E verdadeiramente sorprende que veñan tantas xuntas, pero neste caso é máis que sorprendente. E digo vamos a separar, porque hai dúas que en principio nos vamos opoñer pola simple e contundente razón de que estamos en contra de que alguén, que é un funcionario e que se debe a esta casa e que tivo a sorte e a valía, supoñemos, de poder ser funcionario, estea ocupando posto de traballo no sector privado en campos, tanto nun coma noutro, nos que hai unha abundancia tremenda de oferta e de man de obra e onde hai moita xente agardando poder traballar. Pero dito esto e con respecto a eses dous funcionarios, un administrativo e outro xefe de brigada, vamos co tema gordo e especial que non é unha compatibilidade calquera, e permítaseme que fale un pouquiño da situación do que ocurreu e do que ocurre. Estoume referindo ós técnicos de Vías e Obras, que son todos os que piden a compatibilidade. Todos eles, creo que todos eles, polo menos a inmensa maioría, non piden compatibilidade; simplemente están traballando xa noutros sectores, e tal como foron pasando as cousas agora piden a compatibilidade. Agora non, xa fai certo tempo e quedou sobre a mesa para informe e contrainforme e agora volver outra vez. En concreto, están dende o 5 de novembro do 97 estas solicitudes. E inclusive, tanto estaban desenvolvendo esa función que un deles, na súa solicitude, xa di que é para compatibilizar o que está realizando; pero non o está realizando de calquera maneira, estao realizando cos Concellos, na inmensa maioría dos casos cos Concellos e hai abondosisima documentación. Algún destes técnicos traballa para o Concello e despois informa aquí a mesma obra que fixo no Concello, incluso actúa no dobre papel de técnico do Concello e de técnico da Deputación nun mesmo acto ou nun mesmo informe. Eso é grave, foi grave e está sendo grave; eso é unha responsabilidade derivada e o grupo de goberno transixe e nunca intentou depurar estas responsabilidades. É máis, podo dicir que certas obras que se pediron nesta casa, é histórico, podemos falar xa de hai bastantes anos, sufriron presións por parte dalgún destes señores, ou digamos interrupcións, molestias e dificultades á hora de visarlle aquí os proxectos se non llo facían eles. Hai aquí Alcaldes que poden corrobora-lo que estou dicindo porque a maioría deles están facendo os seus proxectos e os proxectos que piden á Deputación con estes técnicos. Esta é a situación. ¿Por que se permitiu esto?. ¿Por que se permite algo que está prohibido tallantemente pola lei, por que se estivo permitindo?. Por exemplo, un funcionario en Pontevedra foi sancionado de emprego e soldo por algo, por uns feitos demostrados, que en comparación con esto son un verdadeiro chiste, son cuestións absolutamente mínimas en comparación ó que estivo sucedendo e está a suceder con estes señores. ¿Por que os sucesivos Presidentes, incluído o actual, tiveron tal manga ancha con esta situación?. A explicación douna claramente o actual Presidente da Deputación nun Pleno de hai uns meses, en que dixo que todo o que firmaba viña avalado polos técnicos, e aquí está o no georgiano, aquí está a clave de toda esta situación de profundo deterioro que eu non sei se me atrevería a calificar de mafiosa. Se a alguén lle molesta moito retíroo, póñolle outro adxectivo que é o mesmo. O grupo de goberno transixe unhas prácticas que lle dan uns ingresos moi suculentos a estes técnicos e a cambio lle firman todo. Entre o que firman, e así llo teño comunicado verbalmente ó Sr. Presidente, certifican que hai obras feitas que non están feitas. Esta Deputación paga estas obras porque hai certificado de que están feitas e as obras non están feitas. Ou sexa, certifica todo, todo, e neste sentido son o brazo armado do funcionamento de Vías e Obras, do funcionamento que leva directamente o Presidente e que supón este tipo de cambalaches, que son terriblemente graves. Cando estivemos coas Contas Xerais do Presuposto, vostedes estaban relativamente tranquilos por dous motivos. Porque os que eran antigos xa deixaron pasar para que prescribiran e as que eran máis actuais xa tiñan garantía de que estaban firmadas, e como están firmadas por algún técnico, vostedes están tranquilos. Pero claro, eso ten un prezo; que os técnicos firmen todo o que lle voten ten un prezo e o prezo é face-la vista gorda en que estean traballando para os Concellos, e á súa vez firmen os proxectos e teñan eses ingresos. Esa é unha práctica que saben perfectamente que é incompatible. Se houbera vontade política de rematar con esa situación, se remataba inmediatamente porque é público e notorio. Está documentado ademais, non hai nada que investigar, hai que ter vontade, non hai nada que investigar, hai que ter vontade e mirar catro papeis e xa está. E, repito, se fai a vista gorda para que estes señores teñan uns ingresos a maiores elevadisimos e a cambio firmen todo o que lle voten. E non é só que firmen todo o que lle voten, senón que son un auténtico poder fáctico dentro desta casa. Eu xa o dixen neste Pleno e reitero que aquí é onde se ve onde hai poder de decisión é onde vai a xente a pedir algo. E aquí, nesta casa, hai colas ás veces accidentais en momentos puntuais, unha vez ó ano ou dúas ou unha vez cada dous anos, para presentar as instancias, para presentarse en oposicións no Rexistro. Quitando eso, aquí hai colas no despacho do Presidente ou do Vicepresidente para ver se se pide, a ver se se logra algunha obra ou servicio, ou abaixo, no Servicio de Vías e Obras, que teñen que vi-los paisanos a rezarlle ós técnicos a ver se lle vota o asfalto máis para arriba ou máis para abaixo. Esta situación, que xa temos denunciado hai moitos anos neste Pleno, estaba así ata que por parte da oposición, e nomeadamente da compañeira Ana Gandón, se pide a lista de funcionarios que teñen compatibilidade. Exactamente tardan vostedes un ano en dar esa relación. ¿Por que?. Pois por encubrir a estes, que todo o mundo sabe que están traballando e non no sector privado, no sector público, con Concellos, que traballan a súa vez con esta Deputación. Todo mundo o sabía e vostedes, por encubrir esa situación clamorosa, tardan nin máis nin menos que un ano ou ano e pico. Cando lle dan a relación é cando estes señores piden a compatibilidade. Eses son os feitos e aquí non é o problema xenérico, de que as compatibilidades deben restrinxirse ó máximo, que é o que di a Lei; pero, aínda que sexan legais, en certos casos deben restrinxirse ó máximo e nós estamos en contra de que se dea practicamente ningunha. É un problema de como funciona esta casa. Esta casa segue funcionando exactamente igual que hai dez anos ou oito, a única diferencia é que agora se firman os papeis e que antes había algúns que estaban descubertos, non se firmaban. E se firman os papeis a cambio desto, e vostedes son os responsables desta situación. E non só non fixeron nada, senón que os premian agora cunha compatibilidade cando teñen documentación de sobra. Saben de sobra e se non pregúntelle a algún Alcalde que haxa por aquí, que non teña enxeñeiro propio no Concello, a ver con quen fai os proxectos, a ver con quen os fai. Faraos na zona norte co Xefe da Zona Norte e na zona sur co Xefe da Zona Sur e noutros casos co Xefe Supremo e noutros casos co Xefe colateral. Pregúntenlle e verán como cada un ten a carteira de pedidos xa de cada Concello e cada Concello non fai proxectos que non sexa cun deles. Esto é gravisimo, esto é motivo de inhabilitación e vostedes están facendo a vista gorda polo que dixen antes. É un tema gravisimo, xa denunciado. Apliquen a Lei con todo o rigor. A Lei con todo o rigor seguramente sería inhabilitalos a todos, porque se se inhabilitou ó de Pontevedra por feitos que tiñan a súa gravidade, estos son miles de veces máis graves. En vez de poñerlle algunha cortapisa, os premian para que poidan seguir cometendo as ilegalidades a través dalgún despacho que se chama "Cinosa". Eso é o que están vostedes a facer e non o fan inocentemente, reitero, fanno porque a cambio lle firman todo, e tamén algunha obra firmaron, entre outras moitas, porque teño aquí os papeis, que non está feita e que vostedes pagaron porque firmaron. Hai tódolos feitos que queira. Sr. Presidente, dende logo, se esto vai adiante como está e se segue sen cortar nada con respecto a esto, demostrará que nesta casa non cambiou nada. Nós estamos convencidos, pero unha cousa é o convencimento e outra cousa é a demostración palpable, e demostrará clarisimamente que nesta casa non cambiou nada, absolutamente nada. Lles vén moi ben este tinglado político funcionarial, con eses funcionarios e non con todos, e que non se dea ninguén por ofendido ou por aludido. É que lle vai bárbaro, a vostede lle cubre as espaldas para face-las maiores falcatruadas por aí en obras e coas palas e demais e a estes funcionarios lle vai bárbaro porque teñen uns ingresos estupendos á conta do erario público, dun lado ou doutro, aquí como funcionarios e nos Concellos facéndolles os proxectos, que practicamente é monopolio porque ninguén se pode meter aí porque eles mesmos despois controlan aquí. Nada máis por agora. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra o Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Hai que recoñecer que este debe ser dos puntos máis difíciles de intervir porque é difícil intervir con liberdade neste punto concreto. Dígoo con toda a claridade do mundo. Eu recoñezo que formei parte durante bastantes anos dun grupo de goberno, e espero volver a formar parte, en pouco tempo, e podo dicir con toda a claridade do mundo que dos grupos de goberno dos que formei parte nunca se lle encargou ningún proxecto a ningún técnico da Deputación, nunca. Polo tanto, teño bastante máis liberdade para falar deste tema. Digo esto como preámbulo para dicirlle que loxicamente nós vamos a votar en contra desta solicitude de compatibilidade. Tamén temos claro que hai diferencias, que uns poden tela por unhas cousas e outros por outras, pero o Partido Socialista no ano 84 aprobou no Parlamento unha Lei de Incompatibilidades, que naquel momento había xente que dicía que era moi blanda e había xente que dicía que era moi dura. Non era tan blanda, pero fanse interpretacións dela que parece que en realidade non incompatibiliza a ninguén. Se me permite o Presidente quero resaltar fundamentalmente a parte que atañe ó Director do Servicio de Vías e Obras, Sr. Llano de la Concha. Digo que quero resaltalo porque se tódolos técnicos da Deputación fan proxectos utilizando os seus cargos, xa é o "summun" que o Director do Servicio tamén os faga; non só que tamén os faga senón que vaia máis alá que ninguén nestes temas. O Grupo Socialista, hai dous anos, mediante unha pregunta feita por Carmen Avendaño, denunciou que o Sr. Llano de la Concha estaba facendo proxectos concretamente para o Concello de Mos. Aportou unhas facturas de pago dese Concello. Bueno, pois non pasou nada, segundo parece, segundo interpretación do grupo de goberno, eso pódese facer. E o artigo 11 da Lei 53/1984 permite o exercicio de actividades privadas sempre que as mesmas non poidan comprometer a imparcialidade e a independencia do funcionario. Se estamos falando de técnicos desta Deputación que fan proxectos que eles mesmos van a informar e van a controlar, porque estamos falando de proxectos que forman parte do Plan de Obras e Servicios, do PAE, do PAM, xa me contará o Sr. Presidente, xa me contará o grupo de goberno, cal pode ser a independencia ou a imparcialidade que pode ter un funcionario. E se por encima o Director do Servicio é o que fai eses proxectos, xa me contará, porque dirán, non, é que non informa el, informa outro compañeiro. Bueno, pois resulta que os compañeiros que dependen del a ver como informan eses proxectos. Supoño que nunca informarían mal pola conta que lles tiña, supoño. O Decreto 598/1995 de 30 de abril, artigo 9, di: No será posible el reconocimiento de compatibilidad con actividades privadas incluídas las de carácter profesional cuyo contenido se relacione directamente con los asuntos sometidos a informe, decisión, ayuda financiera o control en el departamento, organismo, ente o empresas públicas a las que el interesado esté adscrito a prestar su servicio. Non sei quen pode interpretar outra cousa. Dende logo, nós interpretamos que clarisimamente os técnicos da Deputación non se lles pode compatibilizar con estas actividades privadas. E volvo a repetir que me vou a centrar nunha persoa concreta, no Director do Servicio. O Director do Servicio que entra nesta casa a presta-los seus servicios pola porta falsa, da man do Partido Popular. Non hai que olvidar que é militante do Partido Popular, tamén hai que dicilo. E este señor é copropietario dunha empresa, con datos do Rexistro Mercantil, copropietario dunha empresa que se chama NORAY SL. Esta empresa, entre os seus cometidos está o de realizar proxectos técnicos para Concellos, para privados, etc., etc., pero fundamentalmente fainos para Concellos. E lle podo poñer casos concretos, dicíalle antes o de Mos, pódolle dici-lo de Redondela e pódolle dicir bastantes máis nesta provincia. Non só é copropietario da empresa, senón que loxicamente dende o seu posto capta obras para esa empresa. E non só capta obras, senón que eu, contradicindo as manifestacións do Presidente que nun momento determinado comprometeuse a vixiar que non se fixeran traballos en horas de xornada desta Deputación, pode dicirlle que ese señor, en días de mañá, estaba facendo traballos de campo para proxectos en Concellos desta provincia, con testigos ademais. Do mesmo xeito que eu fun ó Rexistro Mercantil a mirar que este señor era copropietario dunha empresa, podía facelo tamén o Sr. Presidente da Deputación, pero non lle interesa polo que lle dicía antes. É unha persoa da súa confianza, é militante do seu partido político e se permite que gane bastante máis diñeiro en situacións de crisis, en situacións de paro, que ganan outros profesionais coa mesma titulación pero que por riba lle fan competencia desleal. Os outros profesionais estarán pagando os seus impostos, teñen que traballarse o seu mercado día a día, e estes señores, dende os seus postos de traballo, son os que están captando esas obras. Se este tipo de actuacións se fixera a partir de que vostedes hoxe lle dean a compatibilidade, non quedaría máis remedio que patelear, pero estamos falando de feitos que levan producíndose dous anos sen que tiveran esa compatibilidade, porque non a tiñan, tráenna hoxe a recoñecer, e levan dous anos traballando sistematicamente na privada. E non só eso; podo, Sr. Presidente, dicirlle que nun Concello que ten Alcalde do Partido Popular, nos seus arquivos figura unha carta de hai un ano do Sr. Llano de la Concha, recoñecendo por escrito que prestaba os seus servicios na empresa NORAY SL, á parte de ser copropietario da empresa. E se dubida do que eu estou dicindo, tenno moi sencillo. No Concello de Redondela figura nun expediente unha carta firmada polo Sr. Llano de la Concha recoñecendo esta situación, posto que había informes dos funcionarios municipais nos que dubidan da compatibilidade deste señor para facer estes traballos. Pois ben, este señor presenta unha carta por Rexistro no Concello e está alí e figura nun expediente. Ante esto, Sr. Presidente, se vostedes lles aproban a compatibilidade ós técnicos da Deputación, eu creo que lle están dando a razón ós temores que temos todos de que se están utilizando os cargos para captar obras e algo máis ó mellor. Eu creo que á vista destas cousas procede ou procedería que deixen este tema sobre a mesa, que abran unha investigación na que participemos tódolos grupos políticos e nós, dende logo, estamos dispostos a facilitarlle toda a información que temos. Agora, se vostede segue xurando e prometendo que se vai a encargar de que en horas de traballo nesta Deputación non van a estar facendo estas cousas, e segue apoiando este tipo de prácticas, dende logo, non estamos para nada pola labor de avalar este tipo de situacións. Loxicamente vamos a votar en contra, e volvo a repetir que nos encantaría que quedara sobre a mesa, que se abrira unha comisión de investigación e participar nela. Sr. Presidente.- Gracias. Muy bien. Vamos a ver. Despois de oírlles vou a contestar moi someramente ós dous grupos. En primeiro lugar, acepto e admito que houbo unha laxitude, diríamos, neste tempo, posiblemente demasiado tempo, non o discuto, e polo tanto teño que recoñecelo que é así. En segundo lugar, Sr. Mosquera, vostede pode pensar o que queira cando eu digo que non firmo un papel sen que veña avalado polos técnicos, e cando falo de técnicos non me refiro só ós enxeñeiros, me refiro a tódolos técnicos da casa, enténdase xefes de servicio ou Cuerpos Nacionales. Loxicamente, é posible. Eu creo que se vostede o sabe había que denunciar ó funcionario en concreto. Eu non podo ver absolutamente todo o que lle certifican os funcionarios que para eso están. Eu procuro non firmar absolutamente nada que non me veña avalado pola firma. Outra cousa é que os técnicos firman calquera cousa en virtude dos privilexios do Presidente. Vostede pode pensar o que queira, pero sabe perfectamente que esto non é así. Agora, se o quere pensar, pense vostede o que queira. Indudablemente, o falar e o pensar diríamos non teñen límites. De verdade, parece mentira que vostede teña tan mal concepto desta persoa. Pero repito, pense vostede o que queira e invítoo a que se coñece ese caso en concreto, este Presidente non se quedará corto se efectivamente vostede demostra que un funcionario certificou algo en falso. Estou disposto a ir ás últimas consecuencias; se o sabe dígaoo, denúncieo. E dende logo, se teño que ver personalmente todo o que me certifican, como pode vostede supoñer estame pedindo cousas imposibles que non hai nadie que as poida facer. E entrando xa no tema concreto da compatibilidade, eu creo, e aquí contesto ós dous, que se nós non lle déramos a compatibilidade, indudablemente estaríamos incurrindo nunha ilegalidade absoluta, está claro. A compatibilidade que se lles pode conceder a estes señores impídelles efectivamente certificar, etc., etc., obras que efectivamente a Deputación tivese algo que ver con elas. Eu non estou negando que non se estivera facendo; eu eso non o neguei. Houbo unha laxitude neste sentido e o que é realidade admítese, pero vámoslle a poñer coto, como lle estamos poñendo coto a moitas cousas neste momento. E polo tanto, a compatibilidade que se lle acaba de conceder a estes funcionarios implica todo o que dixo o Sr. González que non poden facer, é dicir, non lle damos compatibilidade para que faga proxectos de Concellos que despois paga a Deputación, proxectos de Concellos que ten que supervisa-lo mesmo enxeñeiro. Non, porque entón estaríamos vulnerando a Lei de Incompatibilidades e o Decreto do ano 96, que me parece que está moi claro neste caso e me parece que se equivocou de artigo, me parece que é o artigo 29 se non me equivoco. É igual, sabemos cal é o espíritu. A compatibilidade e para que fagan o que queiran fóra do horario de traballo, por suposto. E se algún día, quen sexa, algún enxeñeiro desta casa, vostede se entera que está facendo un traballo en horas de traballo para el propio e non para esta casa fáganmo saber porque ó mellor estanno facendo e non me entero. Denúncienno, denúncienno e entón tomaranse as medidas oportunas. En resume, que a compatibilidade que se lles concede non leva consigo o que vostede dixo, Sr. González, eso por suposto que non o poden facer. Non o poden facer, nós non podemos ir contra unha Lei. E dito esto eu non teño nada máis que dicir. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, escoitando dá a sensación de que vostede non sabe, está disposto e demais. A pena é que escoita o que lle parece ben e esquence o que lle parece mal. Sr. Presidente, vostede sabe de sobra que estes técnicos traballan para os Concellos e ten recoñecido que non se metía con eles porque non se sabe que. Sábeo de sobra e se non buscamos aquí toda a información, preguntámoslle ós Alcaldes que hai aquí, e sabe de sobra que eso é ilegal, e non fixo nada. Chámelle laxitude se quere. Sabe de sobra que en horas daquí estiveron traballando noutros lados, sabe de sobra que hai obras que están sen facer e que houbo quen certificou que estaban feitas, así mo recoñeceu a min. Se lle falla a memoria, deixese de xogar con malabarismos e vamos a deixarnos de que se se dixo ou se escoitou. Se lle falla tanto a memoria tenno moi fácil; estamos aportando datos máis que suficientes para que nun prazo de quince días poida vostede ter tódolos papeis. Se quere xa lle damos hoxe algúns, pero buscamos máis e llos damos. E entón vamos a aceptar esta hipóteses de que vostede non sabe que están traballando para outros Concellos, pero non só o xefe do servicio, que polo tanto ten máis responsabilidade, senón tódolos demais. Témoslle os papeliños aquí de que traballan. E entón, se vostede quere esa transparencia, faga algunha fórmula do tipo de abrir un expediente informativo, de crear unha comisión de investigación ou o que queira. Agora, non nos faga trampas. Se nós lle dicimos a vostede que é o máximo responsable, estamos absolutamente convencidos e o sabemos e manteño as palabras que dixen antes unha por unha, por moito que o Sr. Presidente se ofenda. Esa simbiosis mafiosa político - funcionarial é histórica nesta Deputación, vostede herdouna e mantívoa, chámese laxitude, pero mantívoa, e está funcionando así. Se quere realmente cortala, demóstreo, deixe esto sobre a mesa, abrimos unha comisión de investigación ou o que queira e terá tódolos datos que queira. Se nos metemos con vostede, di que son os técnicos. Non somos nós os que temos que meternos cos técnicos, Sr. Presidente. É vostede o xefe de persoal, é vostede o encargado deso e é vostede o que saca os beneficios deste funcionamento. Non somos nós, nin temos esa responsabilidade. Nós temos a responsabilidade de denuncialo aquí e xa o dixemos, e xa o advertimos, aquí en Pleno e incluso fóra do Pleno e incluso de palabra, digamos informalmente. Xa llo dixemos, xa llo dixemos cantas veces quixo escoitalo aquí e fóra daquí, esa é a nosa responsabilidade e a responsabilidade súa é actuar e non actúa, e se non actúa non é por casualidade, é que lle vai ben así e deixémonos de bromas. Actúe, tenno fácil, llo estamos dicindo. Non nos estamos aquí xogando o noso prestixio ou a nosa palabra afirmando esas cousas, ou sexa, que en principio se o dicimos nun Pleno hai que supoñer que están ben documentadas e esa é a nosa responsabilidade, dicir aquí as cousas e dicir o que está funcionando mal e dicilas con seriedade, documentadas. A súa responsabilidade como xefe desta Deputación, como xefe de persoal é actuar e non o está facendo e leva anos sen facelo, e non é casualidade. Se vostede quere demostrar que é casualidade, que non se enterou, acláreo. Crea unha comisión de investigación e llo aclaramos rapidamente e a ver quen está engañándoos ou non, é facilisimo. Agora, se vostede nestes momentos dá a compatibilidade, sae dicindo non sei que, o que está clarisimo é que vostede os estivo avalando, o está demostrando. Nós estamos convencidos de que o estivo facendo, pero supoñamos que esteamos engañados; demóstreo, demóstreo que estamos engañados, demóstreo. E Sr. Presidente, vostede está implicado ata as orellas cando non contesta; lle pedimos relación de funcionarios que teñan compatibilidade. ¿Sabe por que lla pedimos?. Nós si, e vostede tamén; precisamente por estes funcionarios, porque sabíamos que estaban traballando para os Concellos, e vostede tamén o sabía e tardou un ano en dala, e nos vén ó Pleno a dicir que hai certa información que se dá pero cando nós queremos. ¿Por que cando nós queremos?. Resulta que a información coincide cando piden esta compatibilidade. ¿Por que?. Vostede non sabe nada, pero aquí no Pleno pon a cara por eles. A información se pode dar en dúas horas e leva un ano, e se recochinea dicindo que a damos cando nos convén, bárbaro, eso é o que consta nas actas, ben, foi un desliz, un recurso dialéctico para saír do paso. A única maneira de demostrar que vostede non está absolutamente en connivencia é dicindo si señor, se esto é certo vamos investigar e se non vostede está aceptando este tipo de funcionamento. Vostede foi o culpable, pero directamente, non indirectamente, directisimamente. Mire, Sr. Presidente, aquí sabemos todos cales son as empresas. ¿Pero sabe por que o sabemos?. Porque está firmado. En CINOSA está, por exemplo, Baltasar Pujales. Datas, as que queira, do 97, do 96, do 95, do 94, do 93, do 98, do 90, do 85. Todos, todos. Esto sempre funcionou así, o sabe todo o mundo. E incluso hai Concellos que, por exemplo, igual están gobernados por unha forza política distinta e seguen funcionando por medo a represalias, non vaia a ser que se non o fago con fulanito ou con menganito, á hora de informar me dá a lata e me retrasa a obra. Esa é a realidade dende hai moitos anos e a actual; non me diga que non a coñece. Eso é gravisimo. Gravisimo que apareza un funcionario aceptando a obra pola Deputación e máis sendo Director polo Concello. Eso está pasando e tamén lle traio os papeliños que queira. E se quere chamar ós Concellos pedindo expedientes pode inundar esta Deputación porque é masivo e son rarisimas as excepcións. Lle estamos poñendo papeis, os que queira, os exemplos que queira. E vostede di que non pasa nada, que foi laxitude e xa está, e estamos denunciando algo que supón feitos graves por parte dos funcionarios. E vostede sábeo e sabíao e non se quere dar por enterado. Esa ignorancia dicindo que foi laxitude, home, non. Nós aquí podemos supoñe-la boa fe, ata certo punto, pero chuparnos o dedo non. E creo que non o chupa ninguén, todo o mundo o sabe. Entón, se vostede quere demostrar esa seriedade demóstreo con feitos. Ata agora non fixo nada. Todo o que fixo foi eso, ter oculta a información das incompatibilidades, non facer nada. E agora quere intentar liquida-la situación dicindo que houbo laxitude. Vamos aprobalo segundo a Lei, e a vivir que son dous días e esta xente a engorda-lo bolsillo, que tamén son dous días, e a firmar, que é a súa función, todo o que lle voten. Sr. González Iglesias.- Si, Sr. Presidente, non me equivoquei. Real Decreto 598/1995 de 30 de abril, artigo 9, vólvollo a ler: No será posible el reconocimiento de compatibilidad con entidades privadas, incluídas las de carácter profesional, cuyo contenido se relacione directamente con los asuntos sometidos a informe, decisión, ayuda financiera o control en el departamento, organismo, ente o empresas públicas a las que el interesado esté adscrito a prestar sus servicios. Estamos denunciando que esto, ata o día de hoxe, se estivo conculcando aínda por riba sen te-la compatibilidade. É o que estamos denunciando, non estamos dicindo que a partir de hoxe haxa que poñer estes límites, non, é que non os tiñan e os estaban conculcando, non tiñan esa compatibilidade. Polo tanto, Sr. Presidente, vostede non pode seguir dicindo que vostede é inocente; eso é demostrar un grado de cinismo absoluto, pero absoluto. Dice, denúncielas. Estámolas denunciando. A certificación do Rexistro Mercantil de 22 de abril de 1998 pediuna o Grupo Socialista, e como a pide o Grupo Socialista pódea pedir o Grupo Popular e pódea pedi-lo Presidente. E aquí se di claramente que este personaxe é copropietario dunha empresa, nun 30%, e que foi administrador único desta empresa ata o día 22 de maio do 96, é dicir, cando xa levaba un ano traballando aquí. E se esto tampouco é unha denuncia, dígame o Sr. Presidente que é unha denuncia para el. E se lle estou dicindo que se fixeron proxectos do Plan de Obras e Servicios, casos concretos, ano 97 e ano 98 do Concello de Redondela, por unha empresa que se chama NORAY, da que ten o 30% o Sr. Llano de la Concha, tamén ó mesmo tempo Director do Servicio na Deputación e que pide hoxe a compatibilidade, ¿eso non é unha denuncia?, ¿como quere que lla diga entón?. Esto non é certa laxitude, esto é connivencia e ademais a denuncia afecta, e volvo a repetilo, a un militante do seu partido, porque é militante do Partido Popular. Se esto non é unha denuncia clara, absolutamente clara e diáfana, dígame como quere que lla faga. Dígamo. Eu dáballe unha fórmula moito máis fácil e a fórmula volvo a repetila: comisión de investigación na que participemos tódolos grupos políticos e que se lle pidan os expedientes. Eu xa non digo que ninguén teña que declarar nada, senón simplemente pedi-los proxectos de obras dos diferentes concellos da provincia dos últimos cinco anos, ou nos últimos dous anos, me dá igual, solicitar eses expedientes, mirar quen firma eses proxectos e mirar se teñen algunha relación con esta casa ou non e se eses proxectos son de obras coparticipadas economicamente pola Deputación ou non. Máis suavidade imposible. Agora, se non aceptan ningunha cuestión deste tipo, vostede participa desas prácticas mafiosas, está en connivencia con elas e estivo ata hoxe, e hoxe vai a santificalas, nin máis nin menos, porque se lle está denunciando e non di nada, non fai nada, recoñece que se estivo facendo ata agora e vai a bendecir que o sigan facendo a partir de agora. Si, si, porque, volvo a repetir, se estiveron facendo ata agora, ¿é certo ou non?. ¿O coñece ou non que se estiveron facendo ata agora?. ¿É certo ou non que hai dous anos, mediante unha pregunta, denunciamos que había unha persoa, técnico desta casa, firmando proxectos no Concello de Mos?. Alí xa se enterou, non fixo nada. Hai dous anos, non é de hoxe a denuncia. Curiosamente, este asunto hai catro meses que se retirou do Pleno en espera dalgún informe. Houbo que chegar a algún acordo, pregunto, ¿houbo que esperar a chegar a algún acordo do Sr. Abeledo con algún militante do seu partido político?. Porque ó mellor era eso. Nada máis. Sr. Presidente.- Practicamente teño que repeti-lo mesmo. Chámenlle como queiran, houbo unha pequena laxitude nese sentido. Dende que se plantexou este tema, nos demos conta, polo menos este Presidente douse conta, de que había que tomar medidas. Trouxenno ó Pleno a compatibilidade, non o tiñamos claro e pedimos ese informe. Témolo aí e eu o que digo é que dende logo vamos a solucionar este tema, vamos a impedir que sigan adiante. Se xurde algo desto, pido a colaboración de todos para evitalo. E nese sentido eu vou se-lo primeiro. Pero, Sr. Mosquera e Sr. González, hai moi pouco tempo que eu me dei conta de que se estaba facendo esto e que incurría en incompatibilidade, así de claro, e vámolo a corrixir. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- ¿Quere máis información?. Non, non a quere porque non quere actuar, e entón non a quere, pero aínda así, como estamos nun Pleno e teño a palabra, voulla a dicir. Creo que hai un ou dous funcionarios no servicio, ou dúas, que non entran no tinglado que vou dicir a continuación. Pois Administrativos que cobran máis por pasa-las memorias dos proxectos que fan os técnicos para os Concellos, que despois visan eles e teñen que pasar por aí, ás veces nesta mesma casa traballando. O que os técnicos daquí se encargan de facerlle os proxectos ós Concellos, despois supervísanno eles mesmos. Os Delineantes, Topógrafos, Administrativos, veñen ás tardes aquí, ou se non noutros despachos, e se levantan máis do que ganan aquí, ás veces traballando aquí, outras veces fóra, non todos, cónstame que hai algunha excepción que non quere entrar nese asunto. Nesta casa sábeo todo o mundo. Hai aquí uns cantos funcionarios, pregúntelle a algún a ver se o sabe ou non, ou sexa, que o sabe todo mundo, me parece que é vostede o único que non o sabe. Ou sexa, que son todos incompatibles, son todos, están todos facendo esas funcións de incompatibilidade. Para que se fagan unha idea cabal da cantidade de cartos que se move, dígolle que algún Auxiliar Administrativo ou Administrativo ou Delineante ingresa máis, bastante máis por estas funcións do que cobra como funcionario. Se os axudantes cobran máis, imaxínese o que serán os xefes. Para que se faga unha idea do tamaño e volume da carcoma que hai neste sentido. Deixo constancia aquí no Pleno para que quede clariño e despois non aleguen ignorancia, entende, e ningún deles, case ningún, ten a compatibilidade concedida. E tamén xa llo dixen privadamente, pero llo digo aquí porque pode sufrir amnesia. Pódolle explicar que o anterior Presidente intentou cortar eso e non puido con eles, rematou pactando, quitoulles o específico, é igual, rematou pactando, e vostede está facendo o mesmo, alegando ignorancia, pero na práctica funcionando como funciona. E se estou dicindo algunha mentira documéntoo. Xa levo anos nesta casa e é das primeiras cousas que me enterei. É curioso, vostede entra de Presidente e non se entera. Esto é a carcoma. O que me sorprende moitisimo, por exemplo, é que un Colexio Profesional non diga nada, porque practicamente teñen vetado o traballo nesta provincia. Os Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas teñen vetado, en canto non poden traballar para os Concellos porque se encargan ben eles de que non traballen, que traballan só eles, a ver que demonio poden facer. Eso xa me sorprende moitisimo, pero igual é que resulta que tamén controlan o Colexio. E vostede quere saldar unha situación deste tipo con esto. Mire, se quere sígolle dando datos, todos os que queira. Agora, se todo o que estamos dicindo, para o seu criterio ético funcionarial resulta que non é suficientemente grave como para cando menos documentarse, só está demostrando unha cousa, que o sabe de sobra e quere facela do xordo, simplemente. Porque a vostede lle din esto, cando estaba de Inspector de Educación, por exemplo dun mestre que está traballando na escola dando clases particulares, levantando trescentas ó mes, e non fai oídos xordos. Vostede ten certo criterio do que é a función pública, sabe ben o que é. Se nestes momentos está facendo xordo a todo o que está escoitando, non é por ignorancia ou porque non sepa como funciona a Administración ou porque non crea que sexa gravisimo. Simplemente é porque o sabe e ten tomadas as súas decisións de seguir para adiante. A razón xa lla expliquei antes e lle pareceu moi mal; agora me está dando absolutamente a razón, Sr. Presidente, e está xogando con nós no sentido de dicir denuncien vostedes. Nós estamos denunciando. ¿Que quere que faga?. Nós estamos denunciando. Eu non teño que denunciar nada, é vostede o que ten a responsabilidade de actuar, non eu, é vostede o que ten a responsabilidade de actuar con respecto a esto e non quere actuar, non quere, está clarisimo que non quere actuar, está demostrando con esta actuación no Pleno, como xa demostrou fai moitisimo tempo, porque ten tomada a decisión, tenna tomada. Agora, é gravisimo, o que está facendo é gravisimo. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. González. Sr. González Iglesias.- Simplemente, Presidente, a min me asombra que se poida por un lado recoñecer, como di vostede, certa laxitude, e por outro dicir que se entera agora. No seu mesmo descurso está recoñecendo que mintiu antes. Recoñece que mentiu antes e que está obrando cun cinismo absoluto hoxe no Pleno. Eu, para rematar, pediríalle un favor: cambien o enunciado do punto da orde do día; onde pon "Solicitude de compatibilidade de funcionarios provinciais", poña "30 de outubro, primeiro día de amnistía do Sr. Abeledo das cousas que se están facendo mal na Deputación". Está plantexando unha amnistía, así de claro, de simple e de llano. Cando non se quere mirar o que se estivo facendo ata agora, e se vai a propiciar darlle certo amparo legal ás prácticas que estiveron facendo ata agora, se está promulgando unha amnistía, a do Sr. Abeledo. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González. Sr. Mosquera, dirá vostede o que di sempre, que son o último en enterarme. Dende logo, o que me dixo non só dos enxeñeiros senón de administrativos, preocúpame gravemente. A verd
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota