ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 1998/01/02_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.359/1.1998-01-02_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 1998/01/02_Extraordinaria

  • Data(s) 1998-01-02 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 1,12 Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 2 de xaneiro de 1998 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as nove horas e trinta e cinco minutos do día dous de xaneiro de mil novecentos noventa e oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, D. Adolfo Campos Panadeiros, Dona Ramona Castaño López, D. Xosé Costa Díaz, D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, D. José Luis Fernández Lorenzo, Dona Carmen Ferro Carballo, D. Lino Fontán Mariño, Dona Ana Gandón Menduíña, D. Emilio González Iglesias, D. Oswaldo Lino González Pereira, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. Mario López Martínez, D. Rafael Louzán Abal, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Santiago Pazos Moreira, D. Julio Pedrosa Vicente, D. Amado Ricón Virulegio, D. Julio Sayáns Bugallo, D. Santiago Tirado Serén, D. Roberto Vázquez Souto e D. Manuel Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e non está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten os Sres./as Deputados/as, Dona Carmen Avendaño Otero, D. Xosé Manuel Barros González, D. Ramón Sestelo Fernández quen excusou a súa ausencia, e D. Pablo Vázque Caride. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma o único acordo seguinte: 1.4157.- SITUACIÓN E FUTURO DA EMPRESA "HIJOS DE J. BARRERAS" Sr. Presidente.- Comezamos o Pleno extraordinario solicitado polos grupos da oposición, Partido Socialista Obrero Español e Bloque Nacionalista Galego, co único punto da orde do día de debati-la situación e futuro da Empresa Hijos de José Barrera. Ten a palabra a representante do Bloque Nacionalista Galego, Dona Anda Gandón. Sra. Gandón Menduíña.- Moitas gracias, Sr. Presidente. Bos días. Eu, en nome do BNG, quero empezar dicindo que estamos aquí hoxe celebrando este Pleno extraordinario pola negativa do grupo maioritario na Deputación do Partido Popular de tratar, no seu día, unha moción presentada por vía de urxencia pola Sra. Avendaño. Naquel momento, a posición do Partido Popular foi votar contra a urxencia. Todo o grupo, incluído o Sr. Pedrosa, votou en contra desa urxencia. No último Pleno, aínda que se estaba a falar doutras cousas, o Sr. Pedrosa, igual que fixo no último Pleno de Vigo, insistiu en que el non votara en contra da urxencia, simplemente estivera calado. Está claro que se o Presidente da Deputación, como Presidente da Deputación e como representante do Partido Popular, di aquí que todo o Partido Popular vota en contra e o Sr. Pedrosa non di o contrario, está claro que está votando tamén en contra da urxencia e está implicándose nun tema no que é parte e ademais beneficiario, e cando menos dende o punto de vista ético pero tamén político pensamos que é un comportamento absolutamente censurable. De ter vostedes naquel día votado a favor da urxencia para que o tema fora tratado aquí, non teríamos que estar hoxe celebrando este Pleno extraordinario. Pero vostedes entenderon que, un tema que preocupa enormemente á cidade de Vigo, a toda a comarca e a todo o sur da provincia de Pontevedra, que preocupa á sociedade en xeral, ás forzas políticas e sociais, e que preocupa especialmente e con razón ós traballadores e traballadoras de Barreras, a vostedes non lles pareceu un tema urxente para ser tratado aquí e polo tanto votaron en contra. Para o BNG o proceso de privatización de Barreras é un golpe durisimo, que pode ser fatal para o futuro do sector naval vigués e para o futuro do sector naval galego, porque non estamos a falar de que se privatice unha empresa con problemas, que non funcionara, con falta de espectativas, con falta de mercado, non estamos a falar de nada deso, estamos falando da venda dunha empresa competitiva e punteira no sector, dunha empresa saneada, e saneada ademais con fondos públicos. Creo que foron máis de 7.000 millóns de pesetas os que se invertiron nos últimos anos para mellora-la capacidade productiva e tecnolóxica de Barreras, dunha plantilla que xa se viu reducida enormemente, unha plantilla que superaba as mil persoas e que hoxe está ó redor das 350, unha plantilla que está preparada e cualificada, unha empresa cunha estupenda cuota de mercado, cun traballo asegurado para varios anos e, sobre todo e hai que dicilo porque é moi importante, unha empresa que conta cuns espléndidos terreos que teñen un enorme potencial urbanístico. Con todo isto, determinados medios empresarias veñen revoloteando ó redor de Barreras cunha cobiza poucas veces disimulada. Non é de estrañar, dado o que veño de explicar, pero si que pode ser máis de estrañar ou non, depende de a onde se mire, que o Partido Popular, que o goberno español do Partido Popular teña cedido de maneira tan doada a atender esas demandas privadas e que se decidira a da-lo paso que se ten dado. Aínda que os argumentos que se esgriman sexan de carácter diferente, o certo é que o único que podemos ver é que hai uns beneficiarios, que son os compradores e os novos propietarios. E por máis que nos empeñemos en buscalos non atopamos nadie máis que se poida beneficiar de esta operación que se ten posto en marcha. Barreras, como estaleiro público, e non nos cansaremos de dicilo, é a garantía, o seguro de vida para o sector naval vigués e só dende a defensa de intereses particulares se pode ter unha visión distintas. Nos últimos seis anos Barreras tivo un volume de facturación de máis de 40.000 millóns de pesetas e superou os 1.000 millóns de beneficios; son cifras que convén ter claras sobre todo á hora de ve-las cantidades de diñeiro polas que se ten vendido. Vigo ademais ten unha experiencia clarisima e totalmente negativa, non é a primeira vez que esto nos sucede. Hai uns anos outra empresa emblemática de Vigo, o grupo de empresas Alvarez, foi tamén privatizada e de entón para aquí os traballadores e as traballadoras de Alvarez saben o que é pasar anos de incertidume, de angustia, de non saber que será, que vai pasar, de cambiar dun empresario a outro, etc., etc. Temos polo tanto a experiencia clarisima e a experiencia é absolutamente negativa e hai que aprender das experiencias e por iso os traballadores e as traballadoras de Barreras non se poden cre-lo que lle están contando. Teñen clarisima esta experiencia porque aínda a temos aí. O grupo de empresas Alvarez está aínda sofrindo ese proceso de incertidume. Ademais, todo este proceso tan rápido foi un proceso escuro, tremendamente escuro; se silenciaron, se taparon, se ocultaron que ofertas estaban sobre a mesa, que diferenciaba unhas de outras, foi un proceso polo tanto absolutamente escuro, e ademais colleuse unha data especialmente difícil, a data de Navidade, co que eso implica de desmovilización da sociedade en xeral. Escolleuse unha data estupenda, son as datas idóneas para tomar decisións que se teme que van ser contestadas. Por enriba, e con esto xa remato esta intervención, Barreras non se vende; Barreras, como din os seus traballadores e as súas traballadoras, regálase, porque con esas cifras que din antes de facturación e de beneficios se vende por 750 millóns de pesetas. É unha cifra absolutamente ridícula. A proposta de resolución que presentamos os dous grupos da oposición a esta Corporación, para que a tome en consideración e para que a aprobe, é moi sinxela e é a mesma que foi aprobada polo Pleno do Concello de Vigo a petición dos traballadores e de traballadoras de Barreras, que interviron directamente por medio do Presidente do Comité de Empresa no Pleno e esta foi a petición expresa que nos fixeron para que a aprobáramos. Así o fixemos e propoñémolo hoxe aquí esperando que corra a mesma sorte que correu en Vigo. E a proposta de resolución para alguén que non a teña lida diría nada máis que estas tres cousas: primeiro, apoiar ós traballadores de Hijos de J. Barreras nas súas xustas reivindicacións; segundo, esixi-la paralización do proceso de privatización e o mantemento de Barreras no sector público; terceiro, notifica-lo presente acordo ó Sr. Presidente do Goberno do Estado, ó Sr. Presidente da Xunta de Galicia, ó Ministro de Industria e Enerxía e ó Conselleiro de Industria e Comercio. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sra. Gandón. Ten a palabra o Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, buenos días. Vamos a ver. Presidente, eu xa non vou entrar en datos que deu Ana Gandón, senón en denunciar primeiro a actitude do Presidente e do Partido Popular porque, como se dixo antes, o Partido Socialista presentou aquí hai case un mes ou vinte días aproximadamente, unha moción de urxencia para que a Deputación se manifestara en contra da privatización de Barreras. Ben, curiosamente naquel momento o Partido Popular votou en contra da urxencia, non lle parecía que era un tema que debía tratarse naquel momento, posto que segundo palabras do Presidente había tempo para tratalo. Nós sabíamos que non había tempo e se me permite eu xa empezo a considerar unha anécdota que o Sr. Pedrosa votara en contra da urxencia naquel momento; digo unha anécdota porque xa se tratou en dous Plenos máis. De tódolos xeitos, teño que seguir pensando que é unha anécdota, porque cando o miro sentado aí enfrente entendo que vai a seguir participando na votación de hoxe, o cal me sorprende. Debe se-la primeira vez que unha persoa, co seu voto, se vaia a manifestar a favor ou en contra de cousas que lle interesan ó seu bolsillo particular ou lle poden interesar no futuro. Eso debe se-la primeira vez que se dá nunha Institución pública neste país. Pero bueno, vindo do Partido Popular tampouco a un lle estrañan moito estas cuestións. Sigo un pouco coa historia e o BNG e o Partido Socialista puxémonos de acordo para solicitar este Pleno extraordinario. Solicitámolo en tempo suficiente como para que este Pleno se fixera antes do 26 de decembro, que ó noso pensar tiña bastante máis sentido que facelo hoxe. Sen embargo, como o 26 era o día que o Consello de Ministros adoptaba algunha resolución sobre este tema, o Presidente, tamén supoño que defendendo intereses non só do seu propio grupo político senón, volvo a repetir, intereses personais e particulares dun compoñente da Corporación do seu propio grupo político, retrasa este Pleno ata o día 2 de xaneiro, é dicir, ata hoxe. Pero non só lle chega con retrasalo ata hoxe, senón que eu creo que é a primeira vez no que vai de mandato que o Pleno se celebra ás nove e media da mañá; á parte de se-lo día 2 de xaneiro, ás nove e media da mañá. Tamén debe ser por algo, e non sei se o Presidente nos pode contar algunha desculpa parecida á da gripe do Sr. Pedrosa do outro día. De tódolos xeitos, eu o que quería é chama-la "atención" a determinados Deputados, atención entre comillas, que se sentan hoxe aquí. Supoño que os Concelleiros do Partido Popular en Vigo que votaron en contra da privatización, seguirán mantendo o seu voto hoxe aquí. Supoño que os Alcaldes na comarca de Vigo que se manifestaron en contra da privatización como mancomunidade de Vigo, hoxe aquí seguirán mantendo o seu voto, por riba de que aquí sexan Deputados do Partido Popular, porque tamén son Concelleiros en Vigo e son Alcaldes nos seus propios pobos. Polo tanto, volvo a repetir, supoño que seguirán mantendo o seu posicionamento de voto e votarán en contra dos intereses do Sr. Pedrosa, en contra da teses oficial que mantén o Presidente da Deputación e que mantén o Partido Popular. Por agora nada máis. Sr. Presidente.- Ten a palabra o Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Vicente.- Moi breve, Sr. Presidente. Muchas gracias. Buenos días a todo el mundo. Por respeto a la gente que nos acompaña hoy, voy a hacer una breve historia del tema, que ya hice días pasados en el Ayuntamiento de Vigo. Es explicar un poco la historia de la privatización de esta empresa y mi participación, que se le está dando tanta importancia, en la misma. Hijos de J. Barreras es un Astillero que se construyó en Vigo hace ya más de cien años, en el siglo pasado, y que vino funcionando con regularidad hasta que en 1976, con motivo de unas grandes pérdidas por haberse metido en la construcción de dos plataformas de petróleo, se tuvo que hacer cargo del mismo el Instituto Nacional de Industria. Así se hizo público este astillero en el año 76. En ese momento el astillero contaba aproximadamente con 2.000 trabajadores. En los años 80, una parte de la plantilla de estos trabajadores, 300 en concreto, fueron trasladados a la creación de una nueva industria con capital alemán, que fue la compañía de Motores Deutch que se montó en Porriño y que desgraciadamente duró tres o cuatro años, creo recordar. El astillero sufrió todas las reconversiones navales en los últimos años hasta tal punto que, aún siendo un astillero público, pasó de 2.000 trabajadores, como decía antes, a los 355 que tiene actualmente. En 1997 se firmó entre las centrales sindicales UGT y Comisiones Obreras y el Ministerio de Industria un plan para todos los astilleros públicos que se conoce con el nombre PEC, Plan Estratégico de Competitividad, que implicaba una serie de medidas bastante fuertes. Por un lado, se determinaba la plantilla ideal de cada astillero público; se concedían una serie de ayudas para poder llegar a esa plantilla ideal, ayudas mediante prejubilaciones o jubilaciones anticipadas; se exigían aumentos de productividad; y por otra parte, se hacían inversiones en determinada maquinaria para el aumento de la productividad y se establecía un criterio radical impuesto por la Unión Europea, que es el siguiente: que ningún astillero público podía volver a tener pérdidas. De tal manera que si a partir de 1998 algún astillero público tenía pérdidas, tenía que cerrar o tenía que reducir drásticamente la plantilla. Y esto no era una norma nueva para los astilleros españoles, esto se empezó ya en otros países de la Unión Europea, como Alemania, nada menos, en que ya cerraron dos grandes astilleros y otros dos tuvieron que reducir al 50% su plantilla. Por lo tanto, a partir del 98 esto se va a producir desgraciadamente también en España. Desde el año 1976, cuando vine destinado yo a esta provincia como Abogado del Estado, el INI tenía la tradición o la costumbre de nombrar Secretarios de Consejos de Administración de las empresas públicas a Abogados del Estado. En 1978, cuando el Abogado del Estado anterior que estaba en este puesto se marchó destinado a Madrid, me nombraron a mi. Llevo trabajando en ese puesto, en Barreras, desde el año 1978, prácticamente 20 años. En 20 años he vivido con la plantilla de la empresa los momentos buenos, malos y regulares; en Barreras se han pasado sobre todo en estos últimos años momentos malos. La gran ventaja, que no tenía la empresa privada en este país, la tuvo Barreras durante esos años. Hubo muchos años que no había trabajo, muchos meses que no había nada de trabajo y el 28 o 29, como muy tarde, de cada mes, allí se cobraba religiosamente. Evidentemente, todo el mundo que sigue trabajando hoy en Barreras desea eso como es lógico, que haya o no haya trabajo le sigan pagando a fin de mes. Las personas que actualmente seguimos trabajando allí, y me incluyo entre ellos, éramos los más interesados en seguir siendo astillero público, no cabe duda, el día 29 de cada mes cobras. A raíz de la aprobación de este plan y de las correspondientes ayudas de la Unión Europea todos los que estamos allí dentro somos conscientes que eso se acabó y por lo tanto ya no es posible en el futuro. Además, se iba a producir tarde o temprano la privatización de todos los astilleros públicos. No se considera un sector estratégico y la línea de privatizaciones que había iniciado ya el Partido Socialista la continúa el Partido Popular. Estando así esta situación, la gente de dentro de Barreras evidentemente eran los más preocupados por el futuro de su puesto de trabajo. ¿Qué se hizo entonces?. Reunir a la mayor cantidad posible de empleados para buscar una oferta, que en caso de llevarse a cabo la privatización defendiese mejor el futuro de la empresa y con ello sus puestos de trabajo. Así se hizo y en un principio se unieron 50 empleados. A mi me hace gracia cuando en la prensa están hablando de este grupo como grupo de directivos. Como ustedes comprenderán, en una empresa de 350 trabajadores no hay 50 directivos; entre los 50 se incluyen directivos, personal intermedio y hasta conserjes, evidentemente allí hay de todo. Y este grupo de 50 empleados apostó por la búsqueda de los que consideraban mejores socios para ellos, para el futuro de ese astillero y de sus puestos de trabajo. Así, se consiguió convencer, en un sector tan difícil como es el sector de la construcción naval, a grupos importantes para que invirtiesen su dinero en el mismo y se convenció a la Naviera Odiel, que va a coger un 50% del astillero, que es un conglomorado de empresas, 50 o 60 empresas, con unas facturaciones superiores a los 60.000 millones de pesetas al año y que además está íntimamente relacionada y tiene contratos de colaboración con las mayores empresas navieras del mundo, con lo cuál era un buen socio para el astillero puesto que nos introducía en una serie de mercados muy importantes para el futuro del astillero. Se quiso integrar también en esa oferta a todo el ciclo productivo, clientes e industria auxiliar, y entre los clientes se eligió al mejor del astillero, el grupo Albacora, un grupo vasco, muy radicado también en nuestra provincia, el mayor grupo atunero del mundo, que había ya fabricado en Barreras, y sigue fabricando, hasta 22 grandes atuneros. Y para seguir integrando a la industria auxiliar se buscó al que en este momento es el grupo más importante de la industria auxiliar de la construcción naval de la Ría de Vigo, el grupo García Costas. Como ya dije antes, no le interesaba a ninguno de esos cincuenta la privatización, no tenían ninguna prisa lógicamente en la privatización. Lo que si se hizo constar muy claramente, tanto a los sindicatos como al Ministerio en Madrid, es que no se quería esa privatización, pero en el caso de que la privatización fuese adelante entonces si que nos interesaba presentar esa oferta. El Ministerio, les puedo asegurar, no tenía excesiva prisa en privatizar Barreras, no entraba dentro de los cálculos del Ministerio privatizar Barreras en estos momentos; pero curiosamente hubo dos o tres ofertas o preofertas moviendo mucho el tema, en concreto del dueño de los Astilleros Rodman Poliship y del dueño del Astillero Vulcano, que movió al Ministerio de Industria, a la vista de que existían ofertas, para la venta del astillero. En ese momento, el grupo de los cincuenta empleados coordinó ya toda la oferta y cuando el Ministerio de Industria encargó a un Banco de Negocios, como se hace desde que está el Partido Popular en todas las privatizaciones, la búsqueda de posibles ofertantes para la privatización de Barreras se recibieron en el Ministerio cinco o seis ofertas; de esas seis primeras ofertas fueron seleccionadas tres y al final por la que se decidió fue por la presentada precisamente por el grupo de empleados, con la colaboración de la Naviera Odiel, Naviera Albacora y el Grupo García Costas. Presentada esta oferta y seleccionada la misma, el Consejo de Privatizaciones dió su visto bueno y por el último el Consejo de Ministros autorizó esta venta. Hay que destacar dentro de esta oferta, porque se está olvidando, las características de la misma. Por un lado, se está pagando por el Astillero 750 millones de pesetas, se hace un ofrecimiento de ampliación de capital en tres meses de 450 millones más y se hace un compromiso por escrito de mantenimiento de todas las obligaciones derivadas del PEC, del Plan Estratégico de Competitividad. Hay un compromiso de mantenimiento de la plantilla íntegra; hay un compromiso de rejuvenecimientos de plantillas a medida que se vayan produciendo las prejubilaciones. Y existe un compromiso, que yo creo que tiene una gran importancia y que demuestra la finalidad con la que estos socios van a la oferta, de no repartir beneficios en un plazo de cinco años. Todos sabemos lo que supone este último compromiso. En un sector que es tan cíclico y dónde se puede saber cómo te va a ir en los próximos dos años como mucho, el decir que no repartes beneficios y que todos los beneficios que haya se van a reinvertir en la empresa supone una apuesta absolutamente clara por el futuro de este astillero. Si a ello añadimos la renuncia en esta oferta, que fue aceptada por el Ministerio e impuesta incluso para las demás ofertas, de que en la privatización no entrasen los terrenos ociosos de Barreras, que son más de 60.000 m2 repartidos entre Porriño y Vigo, se evitaba ya cualquier atisbo de especulación, operación urbanística posible, etc. Lo único que se privatiza es el Astillero, sin ningún tipo de terreno que tenga utilización urbanística. Por todo éllo, cuando ese grupo interno, formado por cincuenta personas en principio y que tienen un compromiso de ceder el 10% de las acciones al resto de los trabajadores del Astillero, me comentó la posibilidad de entrar con ellos, yo sabía que esto me iba a generar problemas, sabemos en qué tipo de sociedad nos movemos, fundamentalmente en Vigo más que en Pontevedra, y más que en esta Institución sabemos los políticos que tenemos en Vigo y sabía que me iba a crear problemas; así se lo comenté en su día al Alcalde de Vigo. Después de sopesar el tema creo, que no podía dejar de lado a los compañeros que durante 20 años estuve trabajando con ellos. No sería muy comprensible que haciendo ellos un esfuerzo personal y económico por defender sus puestos de trabajo, yo, que había trabajado con ellos durante esos últimos 20 años, quedara,al margen y no arriesgase poco o mucho de mi patrimonio. También conviene aclarar noticias de que yo ponía 250 millones de pesetas, que se ha oído alguna vez, que ya me gustaría ponerlas; otros hablaban de 17. La realidad, si ustedes hacen las cuentas, es bien clara. Si de 750 millones de pesetas en total, nosotros tenemos el 20%, son 150 millones de pesetas entre 50 personas. Salimos a un promedio de tres millones de pesetas. Como comprenderán, el poner tres millones de pesetas evidentemente supone un esfuerzo para todos, para mi también que vivo de mi trabajo y de un sueldo, pero yo preferí correr el riesgo político de las críticas que pudieran derivarse de ello y ayudar y poner mi grano de arena con el resto de los 50 trabajadores. Considerar que poner tres millones de pesetas en Barreras, como dijo su compañero el Sr. Príncipe en el Pleno de Vigo el otro día, me supone pasar de ser empleado a dueño, a mi me suena a cachondeo, como mínimo y permita que se lo diga. Si se considera que soy dueño de Barreras por poner tres millones allí, me encantaría. Esa es la historia, pequeña o grande, de la privatización de Barreras. Por último, me gustaría aclarar una cosa que se le dió aquí mucha importancia. Hoy la calificó de anécdota, menos mal. Yo creo que ya la calificó en su justo término. El hecho de que en una votación, no sobre el fondo del asunto de Barreras, sino simplemente sobre una moción presentada por ustedes en un Pleno, que, como saben, el Presidente el 99% de las mismas rechaza la urgencia y las manda pasar a Comisión; donde ni siquiera entré a debatir, ya no el fondo del asunto, sino ni siquiera si era urgente o no era urgente; donde no participó nadie del Grupo Popular en el debate, sino simplemente el Presidente les discutió que no la consideraba urgente y que se debería de pasar a Comisión, y se produjo la votación, votación que por cierto fué 19-8, o sea que mi voto ni hacía ni deshacía absolutamente nada, y considerar que eso es el tema transcendental de la votación a mi me da bastante risa, sobre todo cuando se olvida, Sr. González, que en el Ayuntamiento de Vigo un compañero de su partido, que trabaja igual que yo en Barreras, que por lo tanto tiene interés también en el tema, a favor o en contra, pero tiene un interés directo porque cobra todos los meses de Barreras, ese señor no sólo participó en las votaciones de la urgencia sino en todas las votaciones sobre el fondo del asunto. Yo participé en una, en la primera que se planteó aquí y sobre el tema de la urgencia exclusivamente. A lo mejor no debería haber participado y le puedo dar la razón. No me dió tiempo ni a reaccionar y en todo caso esa votación quedó 19-8, mi voto no fué decisivo. Si ese es el tema principal y no es la privatización o no privatización, entonces le sigo diciendo que me da bastante risa. Yo por mi parte nada más Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pedrosa. Ten a palabra o Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Sr. Pedrosa, yo entendí cuando veníamos a este Pleno, que en todo caso el Partido Popular, y usted como Portavoz, iba a defender la necesidad de la privatización de la empresa en contra de nuestra postura, que es la de mantenernos en que la empresa siga en manos públicas. Y resulta que usted en toda su intervención se dedicó a cantar las alabanzas de la oferta en la que usted forma parte, de la oferta que está alrededor del grupo Albacora, que me parece muy bien que lo haga usted en otro foro, pero aquí no puede hacerlo, como aquí no podía votar la urgencia. Es un descaro político absolutamente escandaloso que el Sr. Presidente le haya permitido que nos esté cantando las excelencias de la oferta de la que usted forma parte. Pero para nada nos habló el Partido Popular, para nada en absoluto, de por qué o en qué basaban ustedes la privatización de la empresa. Por lo tanto, yo no se si tiene usted fijación con el Sr. Príncipe, yo no se si usted traía la intervención preparada para otro tipo de debate, que posiblemente sea eso, pero le recuerdo que el Partido Socialista pidió en el Ayuntamiento de Vigo su dimisión. Aquí no hemos pedido su dimisión, aquí yo he dicho antes que usted no debe participar ni en el debate ni en la votación. Imagínense ustedes que el propietario de cualquier terreno estuviese en un Pleno de un Ayuntamiento votando por la recalificación de sus terrenos. Sería un escándalo de magnitudes increibles a nivel de todo el Estado. Bueno, pues resulta que aquí hubo un señor que forma parte de una oferta, vota en su día en contra de la urgencia y hoy nos viene a decir que aquello fue una anécdota. Lo de hoy es gravísimo, absolutamente grave. Yo no se qué opinión tiene usted de los políticos de Vigo, le entendí un poco mala; pues fíjese, tiene muy mala opinión de usted mismo, porque usted es de Vigo y es político en Vigo también. Por lo tanto, para quién tiene mala opinión de si mismo ya no quedan muchas cosas más que responderle. Me imagino que concejales del Partido Popular en el Ayuntamiento de Vigo, no usted, usted se manifestó de otra forma, que estaban en contra de la privatización, seguirán manteniendo su posición de voto, y me imagino que los Alcaldes de la Mancomunidad, el Sr. Vilar, el Sr. Ricón, que ya que la Mancomunidad de Vigo se manifestó en contra de la privatización seguirán manteniendo su sentido del voto y seguirán estando a favor de la posición de los sindicatos y de los trabajadores de Barreras en el sentido de que siga en manos públicas. Nada más Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Gracias Sr. González. Sra. Gandón Menduíña. Sra. Gandón Menduíña.- A verdade é que xa o Sr. Pedrosa me sorprendeu o outro día en Vigo, pero o de hoxe, desde logo xa non sei como chamarlle, Sr. Pedrosa. Evidentemente, o asunto non é vostede, vostede é moi pouco importante, vostede é tan pouco importante coma min, é moito máis importante o tema que estamos a tratar. Pero ¿como non vamos falar de vostede de tódalas maneiras. É que non queda outro remedio. Eu pídolle ó Presidente que nos explique, polo menos o noso grupo quere saber, se o Sr. Pedrosa intervén como Portavoz do Partido Popular neste tema ou se está intervindo como Portavoz do grupo comprador, porque se é así eu pediría que alguén do Comité de Empresa de Barreras que se suba aquí a falar, que terá o mesmo dereito que o Sr. Pedrosa. A min me parece imprensentable politicamente o que acaba de facer vostede e o que fixo o outro día en Vigo, é absolutamente imprensentable. Vén aquí a contarnos exactamente como parte dunha oferta da que vostede é. ¿Vén aquí a falarnos dela o en nome do Partido Popular?. ¿Ou será que é a mesma cousa?. A ver se é que ó final é a mesma cousa e por eso toman vostedes as decisións que toman nos sitios en que as toman, porque ó mellor estamos perante unha situación dese tipo. E por enriba, ademais de virnos a falar en nome do grupo comprador, pobre Sr. Pedrosa, que é un sacrificado, non se dan conta, de repente coma nun arrebato de solidariedade decídese a meter uns millonciños aí, polos compañeiros. Pero home, por Dios, ¿como nos vén a contar esta película aquí?. E logo por enriba se atreve a dicir cousas como que os traballadores de Barreras querían, había traballo, non había traballo e cobraban igual, é comprensible que queiran cobrar ó final do mes haxa ou non haxa traballo. Ó mellor eso é o que quere vostede. Eu estou convencida de que os traballadores e traballadoras de Barreras o que queren é que a empresa vaia ben, que siga indo ben, que haxa traballo; estou segura que queren iso, como o quere toda a cidade de Vigo e penso que quere a sociedade galega, que se da conta ou que é consciente dos problemas que está tendo este país, porque estamos falando de Barreras e estamos falando do sector naval. Barreras é unha empresa punteira no sector e cunha importancia enorme. O sector naval é un sector estratéxico para Galicia, absolutamente estratéxico, pese a toda a desfeita que se vén operando, que non a iniciaron vostedes, tamén é verdade, foi iniciada polo goberno anterior, pero vostedes se sumaron a esa política, ben pola vía da privatización ou ben pola vía da reconversión, dunha forma entusiasta. Pero estamos falando dun sector estratéxico para Galicia, estamos falando do futuro para este país, ou sexa, fíxese do que falamos cando falamos de Barreras. E vostede vén, se senta aquí, e nos empeza a falar que vostede pon pouquiño. A min non me importa se vostede pon moito ou pon pouco, Sr. Pedrosa, me trae sen coidado e ademais me parece que vostede terá o mesmo dereito que calquera cidadán a participar neso. Pero vostede non está aquí coma o Sr. Pedrosa, a título persoal, este non é un sitio onde defenda os seus asuntos privados, vostede está aquí representando a un partido nunha Institución Pública. Estamos falando de cousas totalmente distintas. E por último, vou a rematar sobre as consecuencias que esto pode ter sobre o futuro do sector. Non hai máis que le-los medios de comunicación hoxe. Eu escoiteino en varias emisoras de radio cando viña camiño daquí. Comentaban que os empresarios privados do sector naval de Vigo non estaban moi dispostos a colaborar no futuro co de Barreras. Xa sei que vostede me vai dicir que son intereses, tamén os outros son intereses, pero en todo caso son as primeiras consecuencias. Nós non queremos facer de agoreros, para nada, e ogallá a pesar de todo Barreras continue no futuro moitos anos, pero creo que elementos para ter dúbidas, para ter medo, para desconfiar e para pensar que pode sucede-lo peor están servidos en bandexa. Sr. Presidente.- Gracias Sra. Gandón. Ten a palabra o Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Vicente.- Muy breve, sólo para explicarle a que obedece mi intervención. Es que cuando soy aludido directamente y se me habla de impresentable, desfachatez y no se que, no tomé nota ya de más calificativos, evidentemente tengo todo el derecho del mundo a defenderme. Burro si, pero apaleado no. Ustedes me insultan, ustedes me citan, tengo todo el derecho del mundo a defenderme y además a defenderme en un tema que estoy absolutamente convencido de que tengo la razón y por lo tanto no me pienso callar ni aquí ni en ningún sitio. Ya estuve bastante callado por respeto a lo que se estaba negociando, pero no me pienso callar, ustedes no van a insultar impugnemente. Estoy absolutamente de acuerdo y soy el menos interesado en que esto saliese aquí y en ningún sitio, porque no me gusta el protagonismo, y lo deberían de saber porque me conocen desde hace tiempo; si tengo que salir es porque me citan ustedes. Si ustedes no saben hacer una crítica política a las privatizaciones, no tienen por qué derivar a temas personales, pero cuando derivan a temas personales si me van a encontrar y entonces yo no me callo. Y ¿por qué no saben hacer una crítica política?. Quizá porque no pueden, porque tienen que estar callados; su partido, Sr. González, tiene en su programa las privatizaciones, su partido empezó las privatizaciones, su partido hizo en la provincia una chapuza de privatizaciones que es precisamente lo que queríamos evitar ahora. Y porque queríamos evitar las chapuzas que ustedes hicieron en la provincia y que seguimos pagando las consecuencias todos, es por lo que vino esta oferta por Barreras, por hacer una privatización bien hecha. Y a Doña Ana le digo exactamente igual; cuando usted estaba en el gobierno de Vigo se privatizó el Grupo de Empresas Alvarez y usted no levantó la voz en contra, usted no levantó la voz en su momento, usted permitió la chapuza de GEA y ahora protesta porque se quiere hacer bien, Esa es la diferencia entre el Partido Socialista y el Bloque y el Partido Popular; queremos hacer las cosas bien y la política bien hecha y ese es todo el problema que tienen ustedes ahora, que, como no saben por dónde atacar una decisión política, tienen que derivarla a temas personales, tienen que sembrar dudas donde no las hay, tienen que decir falsedades como que Barreras ganó mil millones de pesetas. Usted no tiene ni idea de las cuentas de Barreras, Sra. Gandón, no tiene ni idea y están auditadas y están en los Registros. Vaya a verlas, haga el favor, y no engañe a la gente. Eso es lo que tiene que hacer, si quiere hacer crítica política hágala, pero hágala bien, no engañando a la gente. Nada más. Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Pedrosa. Hay tres que piden la palabra. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias, Sr. Presidente. Eu todo o que podo dicir é que de entrada me sorprende un pouquiño a traxectoria deste tema na Deputación, e me sorprende bastante tamén o debate que está habendo aquí. E me sorprende un pouquiño a traxectoria porque, Sr. Presidente, faltando, tampouco nos sorprende a estas alturas, á súa palabra, cando este tema veu por urxencia a finais de novembro, vostede dixo que pasara á Comisión, que se estudiara e que viría a un próximo Pleno. Eso non foi así e nos obrigou a face-la solicitude de Pleno extraordinario, que como ve estivemos demorando o máis posible, creo que foi presentada aquí o día 23 agardando que vostede cumprira coa súa palabra e non forzara a convocatoria dun Pleno extraordinario. Digo por se se lle ocurre contestar que é que non podía se-lo 26, porque a solicitude foi o 23, pudo se-lo 20, o 18 ou o 17 ou o 16, pudo ser calquera día se vostede tivera a ben cumprir co que prometera no Pleno e traelo aquí. Non o trouxo porque quería escapar dun tema conflictivo. Pero xa non nos sorprende e vou avanzando un pouquiño máis porque nese mesmo Pleno tamén ía unha moción sobre a supertaxa, que tamén dixo que ía pasar á Comisión e estamos agardando. E non é casualidade e non estou asociando os dous temas gratuitamente por meterme co Presidente gratuitamente, senón porque tanto estes dous temas coma algún máis, como Parques e Talleres en Pontevedra, etc., vostedes estiveron caladiños. Se son tan necesarios e tan bos puderon sacalo no seu momento, pero estiveron caladiños ata pasa-la campaña electoral. Unha vez que pasou a campaña electoral das eleccións galegas veñen, outra volta de torca, outra volta de palitroque ós sectores económicos deste país e podemos falar dalgún máis, agora estamos co do peixe que xa é de escándalo, nos votan porque pechan os caladeiros marroquís e a noticia é que a flota andaluza non pode pescar, que manda truco, que é certo en parte, pero a maioritaria é a galega e eso nin aparece nos medios de comunicación, ou sexa, temos outra vez os designios dos palitroques que nos están arreando por todos lados e estiveron agardando o Goberno Central en connivencia co da Xunta ou co PP galego, para deixar pasa-las eleccións e agora así en frío, en plenas vacacións de nadal, arrearnos estes palitroques. E quero referirme a algo que xa se citou, que creo que é absolutamente importante. Citáronno tanto o Sr. Pedrosa como a Sra. Gandón, que é que o sector público, dentro da UE, pode existir se o sector é estratéxico. Tanto o sector naval como o sector do leite, neste caso estamos falando do sector naval, é un sector estratéxico en Galicia, é un sector estratéxico que no seu momento non foi considerado como tal polo Goberno Español e que levou uns palitroques monumentais e nos está desmantelando sucesivamente os estaleiros, e neste caso vén vía privatización cando xa está parcialmente desmantelado. E eu acórdome, creo que foi o ano 85, 86, 84, cando foi a primeira reconversión naval, de escoitar uns cantos de sirea, no que o Sr. Pedrosa se esmerou francamente hoxe, en dicir que esto era garanti-lo futuro de Barreras, en fin, practicamente un conto de fadas, unha maravilla que se un no soupera de que vai a guerra ata resulta que o aceptaría, é dicir, que maravilla, tal como no lo conta é que é o máis mellor do mundo, pero é que o mundo xa está tan cocido de que lle conten batallas desas, porque cando foi a primeira reconversión do sector naval e a segunda sempre nos contaba que é reconvertir para despois producir con máis impulso, máis énfases, esto vai ir para adiante de maravilla, non hai máis remedio que facela e adiante. Tanta maravilla foi que pecharon uns cantos e outros non poden producir e o sector se reduciu non se sabe canto. Esa historia xa a temos como moi coñecida. O problema que estamos discutindo aquí realmente e se se vai facer dunha vez unha política, en que os sectores realmente estratéxicos de Galicia se van a considerar coma estratéxicos, ou ben vamos ter que sacrificalos en función dos intereses alleos ou de como lle conveña ó Goberno Central ou á Unión Europea. Este é o gran debate de fondo e me temo que aquí, quitando certas implicacións locais que a xente o viu máis de cerca e polo tanto pode ter comportamentos en defensa da súa zona ou do seu sector, os designios están votados. Explícome: quero dicir que quitando que en Vigo, por lavar a cara ou porque sinten o problema de cerca, o PP vigués, o Alcalde, o PP de arredores, etc., defende ou ve que neste caso non se pode seguir adiante con este proceso, moito me temo que á parte dese detalle que é de agradecer, non sei que intención hai no fondo, o que si parece claro é que eses designios están fixados hai tempo, que neste caso vén vía a privatización, pero que en xeral están fixados clarisimamente, que digamos responden a eso que se lle chama política de estado e é que os sectores fundamentais da economía galega, neste caso estaleiros pero podíamos falar do peixe, podíamos falar do agro, podíamos falar da conserva, podíamos falar doutra serie de cousas, non se consideran estratéxicos nin tan sequera importantes, están sendo usados como moneda de cambio para calquera outra cousa menos para defende-los intereses deste país. E que conste unha cousa: que non é unha postura a priori nosa en defensa do sector público; é dicir, non é un debate sector público-sector privado, polo menos nós non o plantexamos así. O que plantexamos é se é un sector estratéxico ou non é un sector estratéxico, esa é a gran cuestión. Porque evidentemente, se estamos nunha economía de mercado, un sector que non sexa estratéxico, un sector no que digamos hai unha competencia clara e que o sector funciona ben dende o sector privado, nós non nos estamos plantexando nestes momentos que teña que ser público ou todo público ou cousas así. Non é ese o debate, o problema é se é un sector estratéxico ou non é, e nós estamos convencidos que para a economía galega é un sector estratéxico, polo tanto é necesario dado como está o mercado, dado como está a propia producción e dado como están as perspectivas de futuro da Unión Europea. Nós consideramos absolutamente necesario e prioritario que se o sector público ten que desfacerse dalgún tipo de empresas, no que non sexa sector estratéxico se desfaga, pero ten que manter unha masa crítica mínima dentro dos sectores estratéxicos para que poidan tirar, para que poidan manterse, poidan ter unha perspectiva de futuro. Sr. Presidente, nós apelamos á súa responsabilidade, non nos conten contos preciosos coma o que nos contaron cando foi a primeira reconversión, que hoxe todo o mundo acepta que non foi tal reconversión, simplemente foi cepillarse pola brava o naval posiblemente máis moderno e máis competitivo de Europa que era o galego, en liñas xerais, e o menos deficitario tamén, porque así o marcaban os designios, e nos contaron tamén daquela unha batalliña preciosa, que a verdade é que se un non tiña outros datos se quedaba absolutamente helado, é dicir, pois teñen razón, non hai nada que facer. E a mitade da sociedade galega a desgracia é que o creeu, creeu que non hai nada que facer, que hai que reconvertir para poder producir e ó final a reconversión foi non producir e punto. E como xa hai esa historia, creo que hai que tela moi en conta para poder analizar ben o que é a privatización neste caso. Sr. Presidente, eu comprendo que vostede estea, ou o PP neste caso, nunha situación francamente difícil, cando o PP de Vigo por unanimidade, non estaba o Sr. Pedrosa, vota en contra da privatización. Algo querrá dicir, a ver vostedes que din agora. Como están nunha posición difícil con respecto ó do leite, porque por un lado supoño que da parroquia da que vostede é oriundo e do Concello que é oriundo moitos dos seus veciños van levar un palitroque coa supertaxa tan brutal que van ter que deixa-las explotacións, pero vostede como militante ou como cargo público do PP, primeiro, xa non quere trae-lo tema, e segundo, igual se ve na obriga de votar en contra dos intereses dos seus veciños. Póñenno a vostede nunha posición difícil, pero nas posicións difíciles é cando hai que optar e cando se ve se alguén está por defender este país ou está por defende-lo seu partido. Eu creo que a cousiña está moi clara, hai momentos difíciles en que hai que optar e vostedes verán por qué optan. Nada máis. Sr. González Iglesias.- Sr. Pedrosa, si tan mal lo hacía el Partido Socialista, si tantas chapuzas hacía el Partido Socialista y tantos errores cometió en las privatizaciones ¿por qué ustedes siguen haciéndolo?, ¿por qué lo siguen haciendo?, primera pregunta. Segundo tema, mire, Sr. Pedrosa, lo que no se puede hacer nunca es meter en el mismo saco a un trabajador de Barreras, que es Concejal de Vigo, pero que no forma parte de ninguna empresa como usted. No puede ser. Él no tiene intereses privados, y usted si los tiene. Tercer tema, a mi es que con la última frase que dijo usted me dejó absolutamente claro que es lo que está pasando aquí, y la última frase es: "para evitar la chapuza se hizo esta oferta". El Partido Socialista reconoció más de una vez y de dos que su gran error político en Vigo fué la privatización del Grupo de Empresas Alvarez, pero ya lo reconocimos. Usted concretamente lo que ahora nos dice es, y vuelvo a repetir su última frase: "para evitar la chapuza se hizo esta oferta". Aclárenos a todos si es su oferta o si es la oferta del Partido Popular y por qué en su día para evitar aquella chapuza no hicieron la misma oferta por el Grupo de Empresas Alvarez. No ve que usted, desde que empezó a intervenir en este Pleno, está defendiendo única y exclusivamente una oferta de compra. Y si el Sr. Presidente y el resto del Partido Popular no dice nada en absoluto de lo que se trata en este Pleno y le dejan hablar única y exclusivamente a usted, es que están coparticipando con usted en este tema y están a lo que dijo usted en la última frase, que hicieron esta oferta o que esta oferta se presentó, palabras textuales, para evitar la chapuza. Será la oferta del Partido Popular entonces, y entonces se acaba de desgraciar el debate en esta Institución y en todas las Instituciones que se hable del tema de Barreras. Habrá que empezar a decir que la oferta del Partido Popular es esta, según palabras del Sr. Pedrosa, a no ser que la retire. Y para terminar, hace más de cinco años, cuando los primeros rumores de venta, el Partido Socialista en Vigo se manifestó ya públicamente y claramente en contra de este tema. Por lo tanto no es de ahora. Y vuelvo a repetir, ya está bien, ya llevan ustedes dos años gobernando, dejen de hacer de oposición de la oposición, gobiernen y punto. Nada más. Sr. Presidente.- Gracias. Sra. Gandón. Sra. Gandón Menduíña.- Prométolle que é un momento. É que deixoume moi sorprendida a última parte da intervención do Sr. Pedrosa. Non sei se é falta de memoria ou se é un mentireiro, eu casi prefiro quedarme co primeiro Sr. Pedrosa, porque nos anos en que o levo coñecendo, que xa son bastantes, non pensaba que fora vostede un mentireiro, non me faga empezar a pensalo agora. Non sei por que dixo esa tontería do Grupo de Empresas Alvarez, non sei por que dixo esa tontería sobre a posición política miña e do grupo ó que pertenzo. No goberno tripartito, naquel momento, había dous grupos nacionalistas no Concello porque foi antes da integración do PSG-Esquerda Galega no Bloque Nacionalista Galego. Os dous grupos, tanto no Concello coma no Parlamento, como por activa e por pasiva, participando nas manifestacións, a posición que tivemos sobre GEA foi clarisima e se vostede non se enterou de verdade que estaba na inopia ou igual estaba de vacacións durante todo aquel proceso, porque foi clarisima. Vostede di aquí esperando que non teña moito tal, porque sabe que se o di en Vigo se mondan de risa o público en xeral e os medios de comunicación, porque saben que está dicindo unha mentira ou unha patochada impresionante que eu non me explico a santo de que vén. Eso, por se quedaba algunha dúbida, me apetecía aclaralo. Non lle dou maior importancia tampouco. Cando unha sabe que as cousas foron como foron e ademais se sabe que foron así, tampouco importa demasiado que haxa alguén que se empeñe en dicir calquera tontería ó respecto, pero digamos que prefería deixalo claro e con esto remato xa a miña intervención e tódalas intervencións, que non penso facer ningunha máis, e agardando a ver que posición de voto deciden vostedes á vista de que como Portavoz estivo falando un membro do grupo comprador de Barreras. Sr. Presidente.- Gracias, Sra. Gandón. Eu non vou a contestar absolutamente a todo o que aquí se dixo porque me parece que está máis que debatido. O Sr. Pedrosa creo que dixo moi claro que cando falaba foi por alusión persoal, pois parte do debate dedicouse a atacarlle persoalmente a este Deputado, e quérolle recordar, Sra. Gandón, que desde logo o Sr. Pedrosa é un Deputado e polo tanto pode falar sempre que pida a palabra. Dende logo, o Partido Popular non defende neste caso absolutamente ningún interese particular nin moitisimo menos; o que si está defendendo é unha política de privatizacións. Indudablemente, por coherencia política co noso partido tanto en Madrid, coma na Xunta, coma nesta Institución, non cabe dúbida que vamos a votar en contra da súa proposta, pero non estamos defendendo intereses particulares de nadie. Eu creo, Sr. González, que esto como moito pódese calificar un pouco de mala fé. Eu penso que esto é así. É certo que en Vigo votaron a favor, é certo que houbo Alcaldes que hoxe son Deputados que na Mancomunidade votaron a favor. Eu pídolle a estes Alcaldes que hoxe voten en contra e creo que non caen en contradicción absolutamente ningunha porque antes do día 26 non había o acordo do Consello de Ministros e agora si o hai e polo tanto pensen vostedes o que queiran. Dixo a Sra. Gandón que aquí se estaba xogando o futuro do país, non sei se o futuro do país galego, se o futuro do país nacional ou español, non o sei. Indudablemente a todos nos gusta ser funcionario, non sei por que, pero é a ilusión de todo español ser funcionario. Os funcionarios son necesarios, pero non todos podemos ser funcionarios e polo tanto chega o momento dunha privatización, unha privatización ben feita como se está a facer e polo tanto eu creo que aquí non hai moito que dicir. Acúsame o Sr. Mosquera que eu escapo dos temas conflictivos. Nunca escapei dos temas conflictivos e creo que o veño demostrando perfectamente ben, entre outras cousas porque non é que me gusten os conflictos, pero si os problemas, porque estamos aquí para resolvelos e creo que os estamos resolvendo aceptablemente. Conflicto é outra cousa. E polo tanto, non se preocupe, que eu non estou nunha situación difícil nin moitisimo menos. Sepa vostede que teñen un Presidente, porque creo que son un Presidente de todos, moi coherente, e estou nun partido e como o Partido Popular neste caso levaba no seu programa privatizacións, este Presidente, mentras estea neste partido, vai ser coherente e polo tanto vai defende-las privatizacións sen lugar a dúbida de ningún tipo. Polo tanto, eu creo que se debatiu bastante e pídolles a todos que voten en contra da proposta feita polos grupos da oposición, por dúas razóns fundamentais: primeira, porque temos que ser coherentes coa política do noso partido, e polo tanto vamos a ser coherentes coas privatizacións; segundo, porque neste momento é un tema decidido o día 26 polo Consello de Ministros e creo que é extemporánea, e polo tanto aqueles Alcaldes que votaron no seu momento na Mancomunidade de Vigo a favor da privatización podían ter esa razón de que non estaba aínda no Consello aprobado; neste momento está e polo tanto eu creo que é lóxico que pida a votación neste sentido ós compañeiros. Sr. González Iglesias.- Tamén moi rápido, vou ser moi breve. Sr. Pedrosa, me encanta que vostede hoxe non participe na votación, pero si participou o outro día. Supoño que se o outro día houbera a xente que hai hoxe tampouco participaría. Eso é valentía política. E Sr. Presidente, acábanos de explicar, cousa que non sabíamos, por que razón este Pleno se fixo despois do 26. Para que Alcaldes que votaron unha cousa agora se lle permitira votar outra cousa diferente. E dende logo, é certo o que dixo vostede, que posiblemente gran parte dos españois queren ser funcionarios, igual que vostede, nin máis nin menos, que é funcionario e entón é moi fácil defender posicións dese tipo desde aí. Nada máis. Sr. Presidente.- Sr. González Iglesias, como Presidente fixo o Pleno cando creo conveniente dentro da legalidade. Segundo, efectivamente eu son funcionario e hai máis funcionarios aquí, tanto no Grupo Popular coma nos grupos da oposición. Todos tivemos a mesma opción e todos pudemos ser funcionarios, uns sonno e outros non o son. Polo tanto procedemos á votación sen máis perda de tempo. Vamos a votar polo tanto os tres puntos da moción presentada polos grupos da oposición que di o seguinte: primeiro punto, apoiar ós traballadores de Hijos de Barreras SA.; segundo punto, esixi-la inmediata paralización do proceso de venta iniciado e o mantemento de Barreras no sector público; terceiro, notifica-lo presente acordo ó Sr. Presidente do Governo do Estado, Sr. Presidente da Xunta de Galicia, Sr. Ministro de Industria e Enerxía e Sr. Conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia. Procedemos polo tanto á votación. ¿Votos en contra desta proposta?. O Grupo Popular. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor desta proposta?. O Grupo Socialista e o BNG. Rexéitase a moción presentada polos grupos da oposición cos votos a favor deles. Sr. Secretario.- Quince votos en contra. Hay dieciséis asistentes del PP, han votado en contra quince. Se abstuvo de votar el Sr. Pedrosa Vicente. Sr. Presidente.- E a favor seis. Pero indudablemente o Partido Popular preocúpase polos problemas desta provincia loxicamente, como lle corresponde á Deputación Provincial, e en todo caso posto que a privatización é un feito, nós presentamos unha moción alternativa que di o seguinte: Unha vez que se decidiu a privatización do Estaleiro Barreras polo Consello de Administración da Sociedade Estatal de Participaciones Industriales, SEPE, polo Consello de Privatizacións e polo Consello de Ministros, nestes momentos o que o grupo provincial do Partido Popular desexa é que se restablezca canto antes a normalidade laboral, que permita seguir a Barreras tirando da construcción naval da ría de Vigo e rematen con acordo as negociacións entre os sindicatos e o Ministerio. Esto é a nosa intención, nestes momentos, de propoñerlle ó Pleno desta Excma. Deputación, posto que rexeitamos a anterior polas razóns que acabamos de dicir, aprobar esta segunda. ¿Quere intervir?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, por cuestións de forma legais, é un Pleno extraordinario, non se pode meter nada. Se vostede tiña unha moción, tiña que metela antes. Votado o punto acabouse o Pleno, e gárdea donde lle quepa por cuestións de forma. Non se pode tratar eso. Fágao como declaración pública se quere, e non nos tome o pelo a todos, que xa empezamos a peinar canas e a estar un pouco fartos dos vaciles que nos está metendo. Gárdea donde lle quepa e se non tratara antes como emenda ó texto que viña para votar. Votada a moción, nos vamos todos, que se acabou o Pleno que é extraordinario. E a tomarlle o pelo a quen sexa. Non hai nada que discutir. Sr. González Iglesias.- Sr. Presidente, a min me parece moi ben que vostede gastara todo o tempo en deixar que o Sr. Pedrosa defendera a súa opción de oferta e que gastara todo o tempo en face-la súa intervención. Pero acabado o punto e votado, este é un Pleno extraordinario solicitado pola oposición. Vostede se quería facer algo podía presentar emendas, pero antes da votación, agora nada. Non pode presentar absolutamente nada. Empeza-lo ano 98 tomándonos o pelo, como dicía antes o Sr. Mosquera, eso é moi fuerte. Sr. Presidente.- Gracias Sres. Portavoces, efectivamente me di o Secretario que é un erro pola miña parte meter unha moción neste sentido e polo tanto como tal moción a retiro. Non había, desde logo, na miña intención tomarlle o pelo a nadie, creo que nunca o fixen nin é o meu proceder. De tódolos casos, como intentan sacarlle punta de mala fé a todo, eu, Sr. Mosquera, de verdade, pensei que se podía poñer e por eso a puxen e indudablemente non lle trato de toma-lo pelo a nadie. De acordo, o Sr. Secretario me di que non se pode meter e punto. Polo tanto levántase a sesión, moitas gracias. Por maioría de quince votos do Grupo Popular, no que se abstivo de participar na votación o Sr. Pedrosa Vicente, contra seis votos, tres do Grupo Socialista e outros tres do BNG, rexéitouse proposta dos grupos da oposición sobre a situación e futuro da Empresa "Hijos de J. Barreras", despois dun amplio debate que consumiu a totalidade da duración do Pleno extraordinario. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta minutos do expresado día, dase por rematada a sesión e dela exténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. ------

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición