Fondos
1998-04-24_Ordinaria. Acta de sesión 1998/04/24_Ordinaria
Acta de sesión 1998/04/24_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.359/1.1998-04-24_Ordinaria
Título Acta de sesión 1998/04/24_Ordinaria
Data(s) 1998-04-24 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 144 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 24 de abril de 1998 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vintecatro de abril de mil novecentos noventa e oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Carmen Avendaño Otero, D. Xosé Manuel Barros González, D. Adolfo Campos Panadeiros, Dona Ramona Castaño López, D. Xosé Costa Díaz, D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, D. José Luis Fernández Lorenzo, D. Lino Fontán Mariño, Dona Ana Gandón Menduíña, D. Emilio González Iglesias, D. Oswaldo Lino González Pereira, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. Mario López Martínez, D. Rafael Louzán Abal, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Santiago Pazos Moreira, D. Julio Pedrosa Vicente, D. Amado Ricón Virulegio, D. Julio Sayáns Bugallo, D. Ramón Sestelo Fernández, D. Santiago Tirado Serén, D. Pablo Vázquez Caride, D. Roberto Vázquez Souto e D. Manuel Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste a Sra. Deputada Dona Carmen Ferro Carballo. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.4206.- ACTAS ANTERIORES Sr. Presidente.- Punto primeiro da orde do día. Aprobación dos borradores das actas das anteriores sesións, ordinarias, dos días 27 de febreiro e 27 de marzo, ámbalas dúas de 1998. ¿Algunha alegación ás actas?. Apróbanse por unanimidade. O Pleno acorda por unanimidade aproba-los borradores das actas das anteriores sesións, ordinarias, dos días 27 de febreiro e 27 de marzo, ámbalas dúas de 1998. ------ Folla: 144,146 2.4207.- APROBACIÓN DE BASES DE SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS DE MULLERES SEN FINS DE LUCRO 1998 Sr. Presidente.- Punto 2. Aprobación de bases de subvencións a asociacións de mulleres sen fins de lucro para o ano 1998. ¿Algunha intervención?. Vamos aprobar estas bases cunha emenda pactada polos tres grupos que di o seguinte. Sr. Secretario.- Dice dicha enmienda lo siguiente: "También podrán beneficiarse de subvenciones aquellas asociaciones que cuenten con departamentos o vocalías permanentes de muller". Y va en la base segunda, "Actividades a subvencionar". Sr. Presidente.- Sra. Gandón Menduíña. ¿Pediches a palabra?. Non. Procedemos polo tanto á súa votación. ¿Votos en contra?. Non hai. ¿Abstencións?. Non hai. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade as bases coa modificación que acabamos de ler. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Sanidade, Acción Social e Muller, o Pleno acorda por unanimidade, aproba-la Convocatoria e Bases de subvencións a Asociacións de Mulleres sen fins de lucro-1998, que se transcriben a continuación: BASES REGULADORAS DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A FINANCIAR ACTIVIDADES DESENVOLTAS POR ASOCIACIÓNS DE MULLERES SEN FINS DE LUCRO A Excma. Deputación Provincial, consciente do papel a desenvolver pola muller na sociedade actual, convoca para o ano 1998 axudas destinadas a subvencionar actividades desenvoltas por Asociacións de Mulleres sen fins de lucro dirixidas, basicamente, á promoción laboral da muller de acordo ás seguintes B A S E S 1ª.- PRESUPOSTO.- A cantidade consignada para a realización de actividades promovidas por Asociacións de Mulleres sen fins de lucro ascende a 12.000.000 pesetas, con cargo á partida 98/313.313.480.01 do Presuposto ordinario da Deputación Provincial. 2ª.- ACTIVIDADES A SUBVENCIONAR.- Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes, soamente poderán ser financiadas as actividades que se realicen durante o ano 1998 que estean enmarcadas nalgún dos apartados seguintes: a) De carácter formativo. b) Estudios de investigación a nivel parroquial, municipal ou comarcal sobre a situación da muller na zona de estudio, actividades desenvoltas, recursos existentes para o desenvolvemento das mesmas, etc. c) Prestación de servicios de asesoramento específico. Quedan excluídas aquelas solicitudes dirixidas ó pagamento de locais para oficinas, mantemento e/ou equipamento das mesmas. Tamén poderán subvencionarse aquelas asociacións que conten con departamentos ou vocalías permanentes de muller. 3ª.- CONDICIÓNS.- As condicións e criterios para a concesión das axudas serán as seguintes: a) As Asociacións desenvolverán a súa actividade na provincia e deberán estar debidamente legalizadas. b) Os proxectos que se presenten deben ter como fin o desenvolvemento de actividades que se axusten a calquera dos apartados da Base 2ª. c) O importe das subvencións estará en función dos seguintes criterios: interese da actividade, número de persoas que poidan participar ou beneficiarse da mesma, innovación do proxecto, utilización de recursos xa establecidos para o desenvolvemento do mesmo, actividades de perfeccionamento que supoñan ter realizado unha actividade previa de iniciación ou ter coñecementos sobre a mesma, actividades orientadas a unha formación laboral que favoreza a integración da muller no mundo laboral, relación entre o tipo de actividade e a demanda no mercado de traballo, posibilidades reais de integración no mundo laboral, presentación dun proxecto común por parte de varias Asociacións. 4ª.- CONCESIÓN.- As solicitudes serán valoradas pola Comisión de Sanidade, Acción Social e Muller, quen proporá á de Goberno a súa concesión ou denegación. 5ª.- DOCUMENTACIÓN.- As solicitudes, en modelo oficial adxunto, presentaranse no Rexistro da Deputación Provincial ata o 30 de xuño de 1998 debidamente cumprimentadas e acompañadas dos seguintes documentos: a) Proxecto da actividade. Aqueles proxectos que teñan a súa actividade orientada á formación laboral con vistas á integración da muller no mercado laboral deberán facer referencia ás perspectivas previstas de inserción no mesmo. b) Presuposto pormenorizado do mesmo. c) Relación de axudas públicas e privadas solicitadas ou concedidas para o desenvolvemento do proxecto que se presenta. Facer constar se ten solicitadas ou recibe axudas doutros organismos para proxectos diferentes. d) Fotocopia do DNI. da representante legal da Asociación e acreditación do seu cargo a través dunha certificación da secretaria da entidade ou fotocopia compulsada da acta na que se recolla a composición do órgano de dirección. e) Fotocopia do CIF. da Asociación. f) Certificado no que se faga constar que a Asociación está debidamente legalizada. De non cumprirse ditos requisitos non se tomará en conta a petición, procedéndose ó seu arquivo. 6ª.- CONTÍA.- As subvencións concedidas para actividades de desenvolvemento persoal ou cursiños valorados habitualmente como de manualidades non poderán supera-las 100.000 pesetas. En canto á contía dos proxectos de formación laboral para posterior integración da muller no mundo laboral e os incluídos nos apartados b) e c) da Base 2ª, fixarase tendo en conta os criterios recollidos no apartado c) da Base 3ª, fixándose o tope máximo en 500.000 pesetas. En calquera caso ningunha subvención poderá supera-lo 50% do presuposto total do proxecto presentado. 7ª.- PAGAMENTO DAS SUBVENCIÓNS.- As Asociacións ás que se lle conceda unha subvención quedan obrigadas a: a) Xustificar nun prazo máximo de tres meses, e en todo caso antes do 30 de marzo do ano 1999, segundo o disposto na Base 24 de Execución do Presuposto, a realización da actividade para a que lle foi concedida a subvención, tendo que presentar unha memoria da mesma e documentación, orixinal ou compulsada, xustificativa do gasto consistente en facturas, recibos, certificados, etc., onde se identifique ó beneficiario ou proveedor, consignando o nome ou razón social, N.I.F. ou C.I.F., domicilio, número de factura e data de expedición, sinatura e conformidade de ser pagada. b) En toda a publicidade que se elabore deberá utilizarse preferentemente o idioma galego e facer consta-la colaboración da "Área de Servicios Sociais. Deputación Provincial". 8ª.- REINTEGRO DAS SUBVENCIÓNS.- No caso de non cumpri-lo obxectivo previsto, modifica-la finalidade para a que foi concedida a subvención sen ter recibido autorización expresa para iso ou incumprir algunha das Bases fixadas na presente convocatoria, a Asociación deberá reintegra-la cantidade percibida á Deputación. ------ Folla: 146,148 3.4208.- APROBACIÓN DE BASES DE SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS SEN FINS DE LUCRO EN SERVICIOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS Sr. Presidente.- Punto 3º. Aprobación de bases de subvencións a asociacións sen fins de lucro en servicios sociais especializados. ¿Algunha intervención?. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. Non hai. ¿Abstencións?. Non hai. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Sanidade, Acción Social e Muller, o Pleno acorda por unanimidade, aproba-la Convocatoria e Bases de subvencións para actividades de Asociacións sen fins de lucro no ámbito de Servicios Sociais Especializados-1998, que se detallan a continuación: BASES REGULADORAS DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A FINANCIAR ACTIVIDADES DESENVOLTAS POR ASOCIACIÓNS SEN FINS DE LUCRO ENMARCADAS NO ÁMBITO DOS SERVICIOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS A Excma. Deputación Provincial preocupada polos problemas de tipo socioeducativo e formativo da poboación en xeral, pero especialmente daquela máis desfavorecida, convoca para o ano 1998 axudas destinadas a subvencionar actividades promovidas por Asociacións sen fins de lucro, que se enmarquen no ámbito dos Servicios Sociais (Lei 4/1993 de 14 de abril), de acordo coas seguintes: B A S E S 1ª.- PRESUPOSTO.- A cantidade consignada para este obxecto na partida 97/313.313.480.01 do Presuposto ordinario da Deputación Provincial ascende a 17.000.000 pesetas. 2ª.- ACTIVIDADES A SUBVENCIONAR.- a) Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes, soamente poderán ser financiadas actividades de carácter socioeducativo e formativo que se desenvolvan no ano 1998 e que estean promovidas por Asociacións sen fins de lucro, enmarcadas no ámbito dos Servicios Sociais especializados. Ditas Asociacións deben estar formadas por persoas que, en base á súa problemática diferenciada, poidan ser obxecto dalgún tipo de marxinación social ou polos familiares destes colectivos. b) Quedan excluídas aquelas Asociacións que teñan fins específicos que non figuren recollidos na Lei Galega de Servicios Sociais (Lei 4/1993 de 14 de abril) dentro da área de Servicios Sociais Especializados, así como tamén aquelas solicitudes dirixidas ó pagamento de locais para oficinas, o mantemento e/ou o equipamento das mesmas como fin último. 3ª.- CONDICIÓNS E CRITERIOS.- As condicións e criterios para a concesión das subvencións serán os seguintes: a) As Asociacións deberán desenvolve-la súa actividade na Provincia de Pontevedra, estar debidamente legalizadas e figurar inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta. b) Os proxectos que se presenten terán como fin o desenvolvemento de actividades socioeducativas ou formativas, tanto a nivel de prevención en xeral como de asistencia ou integración dos colectivos que formen as Asociacións. c) O importe das subvencións fixarase en función dos seguintes criterios: innovación do proxecto, interese do mesmo, número de persoas que poidan participar no seu desenvolvemento ou beneficiarse del, utilización dos recursos da comunidade, actividades orientadas a unha formación laboral que favoreza a integración no mundo laboral dos colectivos ós que representan, presentación dun proxecto común por parte de varias Asociacións. 4ª.- CONCESIÓN.- As solicitudes valoraranse pola Comisión Informativa de Sanidade, Acción Social e Muller, quen proporá á de Goberno a súa concesión ou denegación. 5ª.- DOCUMENTACIÓN.- As solicitudes, en modelo oficial adxunto, presentaranse no Rexistro da Deputación Provincial ata o 30 de xuño de 1998, debidamente cumprimentadas e acompañadas dos seguintes documentos: a) Proxecto da actividade a desenvolver. Aqueles proxectos que teñan a súa actividade orientada á formación laboral de colectivos específicos deberán facer referencia ás expectativas previstas en canto a posibilidades de integración no mundo laboral dos colectivos ós que vai dirixida. b) Presuposto pormenorizado do mesmo. c) Relación de axudas públicas e privadas, solicitadas ou concedidas para o desenvolvemento do proxecto que se presenta. Facer constar se, ademais destas, ten solicitadas ou recibe axudas doutros organismos para proxectos diferentes. d) Fotocopia do DNI. da representante legal da Asociación e acreditación do seu cargo a través dunha certificación da secretaria da Entidade ou fotocopia compulsada da acta na que se recolla a composición do órgano de dirección. e) Fotocopia do C.I.F. da Asociación. f) Certificación na que se faga constar que a Asociación está debidamente legalizada. De non cumprirse ditos requisitos non se tomará en conta a petición, procedéndose ó seu arquivo. 6ª.- CONTÍA.- As subvencións concedidas para campañas de sensibilización non poderán supera-las 100.000 ptas.; as dirixidas a actividades de desenvolvemento persoal as 250.000 ptas.; e os proxectos de formación laboral para posterior integración no mundo laboral dos colectivos afectados as 500.000 ptas. En calquera caso ningunha subvención poderá supera-lo 50% do presuposto total do proxecto presentado. 7ª.- PAGAMENTO DAS SUBVENCIÓNS.- As Asociacións ás que se lle conceda unha subvención quedan obrigadas a: a) Xustificar nun prazo máximo de tres meses, e en todo caso antes do 30 de marzo do ano 1999, segundo o disposto na Base 24 de Execución do Presuposto, a realización da actividade para a que lle foi concedida a subvención, tendo que presentar unha memoria da mesma e documentación, orixinal ou compulsada, xustificativa do gasto consistente en facturas, recibos, certificados, etc., onde se identifique ó beneficiario ou proveedor, consignando o nome ou razón social, NIF. ou CIF., domicilio, número de factura e data de expedición, sinatura e conformidade de ser pagada. b) En toda a publicidade que se elabore deberá utilizarse preferentemente o idioma galego e facer consta-la colaboración da "Área de Acción Social - Deputación Provincial". 8ª.- REINTEGRO DAS SUBVENCIÓNS.- No caso de non cumpri-lo obxectivo previsto, modifica-la finalidade para a que foi concedida a subvención sen ter recibido autorización expresa para iso ou incumprir algunha das Bases fixadas na presente convocatoria, a Asociación deberá reintegra-la cantidade percibida á Deputación. ------ Folla: 148,149 4.4209.- PROPOSTA DE APOIO A GLOBALMARCH - MARCHA MUNDIAL CONTRA A EXPLOTACIÓN LABORAL DA INFANCIA Sr. Presidente.- Punto 4. Proposta de apoio a GLOBALMARCH - Marcha Mundial contra a Explotación Laboral da Infancia. ¿Algunha intervención?. Procedemos á votación do apoio. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Tampouco. ¿Votos a favor?. Apróbase o apoio a esta marcha por unanimidade. De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Cultura, o Pleno acorda por unanimidade apoiar e divulga-la proposta do Coordinador de GLOBALMARCH-MARCHA MUNDIAL CONTRA A EXPLOTACIÓN LABORAL DA INFANCIA, que entrará en Vigo o día 4 de maio próximo, en atención á gravidade do problema, aprobándose a seguinte Moción conxunta de tódolos grupos políticos: MOCIÓN EN CONTRA DA EXPLOTACIÓN LABORAL DA INFANCIA Os partidos integrantes da Deputación Provincial de Pontevedra Conscientes da grave situación que atravesan os máis de 250 millóns de nenos e nenas que traballan en todo o mundo, Preocupados polo incumprimento constante do artículo 32.1 da Convención de Nacións Unidas sobre os Dereitos do Neno (onde "Os Estados membros recoñecen o dereito do neno a estar protexido contra a explotación económica e contra o desempeño de calquera traballo que poida ser perigoso ou que poida poñer atrancos á súa educación, ou que sexa nocivo para a súa saúde ou para o seu desenvolvemento físico, mental, espiritual, moral ou social"), Informados do paso pola provincia de Pontevedra da Marcha Mundial contra a Explotación Laboral da Infancia, na que van participar máis de 97 países, e que ten como misión arrecadar esforzos en todo o mundo para protexer e promove-los dereitos de tódolos nenos e nenas, DECIDIMOS - Recoñecer que o grave problema da explotación laboral da infancia afecta a tódolos/as como cidadáns/ás dun mundo interrelacionado, e por iso obríganos a actuar con responsabilidade e empúxanos a recabar tódolos esforzos posibles. - Manifesta-lo noso apoio á MARCHA MUNDIAL CONTRA A EXPLOTACIÓN LABORAL DA INFANCIA, como pulo de sensibilización e mentalización arredor deste problema. - Comprometernos a dar a coñecer e achegar ós cidadáns a realidade da infancia explotada, ofrecendo para iso o apoio institucional e organizativo desta Deputación para botar a andar e facer seguimento das actividades que se programen por mor do paso da Marcha pola nosa provincia. - Instar ó Goberno español para que poña en marcha as medidas propostas a este respecto na Conferencia de Oslo (outubro de 1997) e que son reivindicadas polas entidades involucradas na Marcha, referidas a: - Educación. - Loita contra a pobreza. - Mellora das condicións laborais e económicas das familias dos nenos e nenas traballadores. - Ratificación e o cumprimento das normativas internacionais. Pontevedra, abril de 1998. ------ Folla: 151,153 6.4211.- MOCIÓN DO BNG E PSOE SOBRE A OPOSICIÓN Á POSIBLE CONSTRUCCIÓN DO ENCORO DE SELA NO RÍO MIÑO Sr. Presidente.- Punto 6. Moción do BNG e PSOE sobre a oposición á posible construcción do encoro de Sela no río Miño. ¿Algunha intervención?. Sr. Juanes Rodríguez. Sr. Juanes Rodríguez.- Si. Vamos a ver. Moitas gracias e bos días. En principio, como consta aí no expediente, o BNG e o PSOE presentáramos dúas mocións distintas, distintas na forma pero que practicamente o contido era exactamente igual. Como Ana era quen a asinaba e a presentou tres días antes, chegamos ó acordo de mante-lo texto da moción do BNG porque practicamente é coincidente coa nosa e que sexa presentada conxuntamente polos dous grupos. Eu creo que en canto ó fondo da moción pouco hai que dicir, porque de todos son coñecidas as consecuencias que, ó noso entender, tanto no eido industrial, turístico, económico, como o propio impacto medioambiental, que crearía un microclima novo nese lugar onde se faría este encoro, alteraría totalmente o desenvolvemento agropecuario da zona, desaparecerían especies tan apreciadas como a lamprea, o salmón, etc., e se destruirían fermosas paisaxes nas marxes do Miño, desaparecerían catrocentas oitenta hectáreas aproximadamente de cultivo agrícola, que na súa meirande parte son de viñedo condado e albariño. Eu case incluso lle cedería a miña palabra ó Alcalde das Neves, que coñece perfectisimamente os inconvintes que podería crear este encoro nesa zona e o propio Concello das Neves aprobou unha moción por unanimidade en contra deste encoro. Creo que el é moito mellor coñecedor da cuestión que nós, e nós nos facemos solidarios cos veciños da Comarca do Condado, por suposto. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias. Sr. González Pereira, quere intervir. Sr. González Pereira.- Non hai ningún problema. Efectivamente, o que acaba de dici-lo Sr. Juanes obedece a parte da realidade, non a toda pero a parte. De todas formas estamos en contra do salto. Pero hei de dicir que esas hectáreas que colle de cultivos, non é así. Na zona de Portugal é posible; na zona de Galicia non, por canto a cota de abnegación non chega á vía do tren e as fincas que hai debaixo da vía do tren non son ningunhas ou case ningunhas. De todas formas, como estamos de acordo todos na moción non fai falta dar ningunha explicación máis, está dada. Sr. Presidente.- Gracias. ¿Algunha intervención máis?. Procedemos polo tanto á votación da Moción, sobre á oposición á posible construcción do encoro de Sela no río Miño tal como está redactada. ¿Votos en contra?. Non hai. ¿Abstencións?. Non hai. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Urbanismo, Vivenda e Medio Ambiente, o Pleno acorda por unanimidade aproba-la moción conxunta do BNG e PSOE que textualmente di: MOCIÓN DO BNG E PSOE SOBRE A OPOSICIÓN Á POSIBLE CONSTRUCCIÓN DO ENCORO DE SELA NO RÍO MIÑO "A construcción do encoro de Sela, no río Miño, é un vello proxecto acordado no seu día polos gobernos español e portugués. A súa paralización durante décadas levou á poboación á crencia xeneralizada de que fora abandonado. Os Concellos portugueses máis directamente afectados teñen expresado claramente a súa oposición a que o proxecto se faga realidade por consideralo lesivo. O informe realizado pola "Asociación Portuguesa de Biólogos", ademais de destacar deficiencias e incongruencias xerais no estudio de impacto ambiental realizado por Fenosa e Eléctrica de Portugal, sinala o impacto negativo que tería o encoro sobre a producción do viño Albariño e sobre a pesca fluvial. A propia ministra portuguesa de Medio Ambiente, en declaracións ós medios de comunicación, vén de admitir a posibilidade de renunciar ó proxecto. No que respecta a Galicia, os concellos de Salvaterra e Arbo teñen manifestado tamén a súa oposición baseada en motivos de carácter socioeconómico, ecolóxico, e de conservación do patrimonio histórico; a alteración das condicións climáticas, as variacións bruscas do nivel de augas, a modificación da temperatura das mesmas, a disminución do caudal, etc., afectarían moi negativamente tanto á producción vinícola (estragando deste xeito o esforzo modernizador e tendente á especialización realizada nos últimos anos), como ós recursos pesqueiros. A construcción do encoro suporía ademais a desaparición dun importante patrimonio histórico e cultural formado polos centos de pesqueiras ó longo das dúas beiras do Miño entre Arbo e Salvaterra. Polo exposto, propoñemos a adopción dos seguintes acordos: 1.- Manifesta-la oposición do Pleno da Deputación á posible construcción do encoro de Sela, no río Miño, por considerar que provocaría a perda dun importante patrimonio histórico e graves prexuízos económicos e medioambientais, tal como se sinala nos acordos plenarios da práctica totalidade dos concellos galegos e portugueses afectados. 2.- Remitir copia do anterior acordo ós concellos afectados, á Xunta de Galicia e ós gobernos español e portugués". ------ Folla: 153,155 7.4212.- MOCIÓN DO DEPUTADO-VOCEIRO DO GRUPO DO PSOE, D. EMILIO GONZÁLEZ IGLESIAS, Ó OBXECTO DE SUBSCRIBIR UN CONVENIO CO CONCELLO DE REDONDELA PARA A URBANIZACIÓN DA AVENIDA DE SAN TELMO Sr. Presidente.- Sétimo punto, Moción do Deputado-Voceiro do Grupo do PSOE, D. Emilio González Iglesias, ó obxecto de subscribir un convenio co Concello de Redondela para a urbanización da Avda. de San Telmo. Ten a palabra o Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver, bos días. En todo caso, aínda que pareza un feito atípico, porque eu non suelo presentar este tipo de mocións, dadas as especiais circunstancias que concurren no Concello de Redondela entendín que a mellor fórmula para conseguir que unha estrada provincial, que discorre por un tramo urbano na súa totalidade, que hoxe non ten sentido que sega sendo unha estrada provincial, era que este Deputado, como Concellerio de Redondela, presentase unha moción no Pleno de Redondela no sentido de que do mesmo xeito que se fixo noutros Concellos, concretamente en Nigrán e nalgún outro, a Deputación e o Concello firmaran un convenio polo que se comprometían as dúas Institucións a face-la urbanización e pagala ó 50%. Volvo a repetir, do mesmo xeito que se fixo noutros Concellos, e paga-lo 50% e acabada esa urbanización, que esta obra pasara a depender totalmente do Concello de Redondela. Ben, eu presentei unha moción no Concello de Redondela o día 9 de xaneiro; queda aclarada a data polo que vou dicir máis adiante. O día 9 de xaneiro esta moción foi a un Pleno do Concello de Redondela o día 24 de marzo, ou 23, e aprobouse cunhas correccións que o grupo de goberno en Redondela plantexou, ou parte do grupo de goberno plantexou. Unha, que a obra a financiara integramente a Deputación, o cal loxicamente a calquera dos Concelleiros de Redondela lles parece moi ben, supoño que os demais cidadáns da nosa provincia non tanto, e outra parte do grupo de goberno, concretamente o Portavoz do Partido Popular, e figura así na certificación da acta que está en este Pleno, aducía que estaban negociando coa Deputación o que a Deputación pagara o 100% da obra. Ben, pero o que si estaban de acordo era no fondo de entrar no convenio coa Deputación e de que pasase a depender do Concello de Redondela. Eu o que fixen foi pedir no Concello de Redondela unha certificación da acta e con esa certificación presentar unha moción aquí, porque me imaxinaba que dada a velocidade con que se fan os temas en determinados Concellos ía a tardar moito máis. E presentada aquí a moción, volvo a repetir, acompañándoa coa certificación do Concello de Redondela, esto viña fóra da orde do día no último Pleno e eu díxenlle que non é un tema que correra présa, díxenllo ó Presidente ou o Secretario, e que podía perfectamente pasar a Comisión Informativa e vir a un Pleno como punto normal e así é como ben. Pero celebrouse a Comisión Informativa a semana pasada e o susto que me meteu o Presidente da Comisión, o Sr. Tirado, naquela Comisión, aínda non mo saquei de enriba, porque me dixo que o Grupo Popular ía a votar en contra da moción, e así o fixo na Comisión, aducindo dúas cousas, a primeira é que eles xa chegaran a un acordo no mes de xaneiro co Sr. Ricón, co Alcalde de Redondela. Eu volvo a repetir, a data onde presento a moción no Concello de Redondela é do 9 de xaneiro. Ó mellor é posible, quero crer ó Sr. Tirado, que eles discutiran o día de Reis deste tema. E segundo tema, é que hai unha contradicción absoluta que se pon de manifesto na certificación da acta do Concello de Redondela e é que o Voceiro do Partido Popular no mes de marzo dicía que estaban a negociar coa Deputación, se a Deputación pagaba toda a obra ou non, esto o dicía no mes de marzo. O Sr. Tirado, na Comisión, dicía que chegaran a un acordo no mes de xaneiro e é que a Deputación pagaba o 50% e o Concello de Redondela outro 50% e que a obra se ía a facer nun plan bianual, en dous anos. Sinceiramente, ou minte un Concelleiro de Redondela ou minte o Sr. Tirado, un dos dous minte, e a min me gustaría que alguén me aclarara quen minte dos dous, e de tódolos xeitos, sinceiramente, non me importa en absoluto que voten vostedes en contra deste tema se de verdade manteñen o que dixeron na Comisión, que é que van a face-la urbanización, que van face-la obra en dous anos. É unha contradicción absoluta e enorme que se plantexe, que segundo o Presidente da Comisión están de acordo no tema, pero resulta que van a votar en contra porque o plantexa o Grupo Socialista. É curioso, pero nesta casa esas cousas poden darse. Que o Sr. Tirado nos diga en que data chegaron a un acordo, ou nos diga que minte o Concello de Redondela ou que mentiu el, pero un dos dous aquí minte, entón que mo aclare, polo menos. Sr. Presidente.- Gracias. Sr. Tirado. Sr. Tirado Serén.- Bos días e gracias, Sr. Presidente. Nós vamos a mante-la mesma opinión que tiñamos cando o levamos á Comisión Informativa. En primeiro lugar, porque nos parece unha moción oportunista e extemporánea. ¿Por que oportunista e extemporánea?. Porque sabendo, como sabe, o Sr. González Iglesias que esta moción xa foi tratada polo Pleno do propio Concello o lóxico é que o traslade aquí, é polo menos ser un pouco leal cos seus compañeiros. Eu nunca falei do mes de xaneiro, falei do mes de febreiro, é dicir, vostede sempre intentando arrima-la ascua á súa sardiña tira tódolos meses para atrás. Bo é que non se lle ocurriu dicir que eso xa o estudiaron vostedes no mes de outubro. Eso tratámolo no mes de febreiro; eu incluso participei tamén nesa reunión onde máis ou menos se viron as demandas que había de convenios. Dixemos que convenios semellantes ós que se fixeran no seu día con Nigrán, ou con Cangas ou con Cambados ou con Vigo, e sempre foi ó 50%, e non íbamos a variar nesta ocasión unha forma de proceder que tiña precedentes suficientes. Por conseguinte, nós consideramos, e ademais así o temos neste momento acordado, financiar ó 50% esa obra, pero como non se podía pasa-la cantidade de 15.000.000 de pesetas, porque se puxo esa cifra tope e como o importe supera os 15.000.000 de pesetas de aportación da Deputación, por eso hai que facelo en dous anos. E pouco máis podo dicir, salvo que vamos votar en contra porque vostede sabía cando se presentou esta moción, ou tiña que saber que xa se presentara o proxecto aquí nesta Deputación, ou debía sabelo, porque o seu Concello foi o que presentou o proxecto da obra. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Tirado. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Evidentemente, este tema se tratou no Concello de Redondela; se é este Deputado Concelleiro en Redondela quen presenta a moción, é lóxico que se trate no Concello de Redondela. Resulta que curiosamente eu presento a moción o 9 de xaneiro no Concello de Redondela e trátase en Pleno no mes de marzo. ¿Quen é o desleal?. Se eu son o que presenta a moción, ¿quen é o desleal neste tema?. Eu, na moción que presento no Concello de Redondela, solicito, e leo textualmente, que o Concello de Redondela negocie un convenio coa Deputación de Pontevedra para acomete-las obras de urbanización financiadas ó 50% por cada unha destas Institucións. Eso é a moción que plantexo eu no Concello de Redondela e que entra no Rexistro o 9 de xaneiro. Di vostede agora, porque na Comisión dixo xaneiro, que no mes de febreiro tiñan o proxecto e o acordo feito. Entón léolle unha certificación da acta do Concello de Redondela, e leo, "intervención do Voceiro do Partido Popular", ante a petición de que se pagase o 50% o Voceiro do Partido Popular di "concedida a palabra pola Presidencia o Concelleiro Sr. Soto Virulegio, por este maniféstase que se está en negociacións coa Deputación Provincial de Pontevedra para que pola mesma se financie totalmente as obras de referencia, pero que en tanto non se consiga que a Deputación financie totalmente estas obras, se retire a moción nese apartado ou se indique que o financiamento desa Corporación sexa no porcentaxe mínimo posible". Sr. Tirado, vostede a min acusoume de desleal e eu agora a vostede acúsoo de mentiroso. Dinlle unha oportunidade na primeira parte para que rectificara. Dedicouse a acusarme de desleal e fundamentaba esa acusación en que cando xa tiñan un acordo en febreiro, como tiña eu a osadía de presentar aquí a moción. Bueno, pois mire, resulta que en marzo, segundo esta certificación, non había acordo aínda. A min sinceiramente o que me interesa é que se faga a obra, e me interesa que declaren que van facela en dúas anualidades, se pode ser que nos digan en que anualidades, é dicir, no 98-99 ou no 99-2000, me dá exactamente igual pero que o digan. E pode vostede seguir mentindo o que queira, pero os papeis están aquí. Sr. Presidente.- Sr. Tirado. Sr. Tirado Serén.- Que a moción do Sr. González se presentase en xaneiro ou en febreiro ou en marzo aquí é irrelevante. Nós estamos neste organismo e este organismo é a Deputación, e na Deputación a súa moción presentouse en marzo. Despois, o que pasou en Redondela de se o Concelleiro dixo ou non dixo, eso non engade nada ó que estamos falando nós aquí. Eu non estou no Concello de Redondela e por conseguinte o que vostedes traten alí a min impórtame tres pitos; o que me importa en realidade é que o que lle digo eu é a auténtica verdade. Vostede non me demostra nada con ter un papel do Concello de Redondela; dime o que pasou alí, pero non sabe o que pasou aquí. Nada máis, Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Gracias. Eu creo que está o tema suficientemente debatido. Sr. González. Sr. González Iglesias.- Aclaración. É que eu, cando presento aquí a moción, presento a certificación da acta de Redondela, é dicir, non é que a traia aquí agora, presentoa coa moción, precisamente para que o Sr. Tirado tivera información de primeira man e dende o principio, nada máis. Sr. Presidente.- Bueno. Vamos a ver. Gracias. En fin, para cerra-lo debate, eu pódolle dicir que na data que di o Sr. Tirado, efectivamente están decididos tódolos convenios que vamos facer, que son bastantes, superan os cento e pico millóns de pesetas en tódolos Concellos, e que esa obra, que é o que máis lle interesa a vostede, se vai facer en dúas anualidades, e esas dúas anualidades son 98 e 99, e que no 98 leva 30.000.000 de pesetas e o resto no ano 99, porque temos o criterio que todos coñecen de nos convenios non supera-los 15.000.000 de pesetas por cada entidade. Polo tanto, aclarado esto, procedemos á votación. ¿Votos en contra da moción pola explicación que dou o Sr. Tirado?. O Grupo Popular. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. O Grupo Socialista e o BNG. Rexéitase a moción por extemporánea, que foi o que veu a dicir ó final o Sr. Tirado, cos votos en contra dos demais. Vista a moción formulada polo Deputado-Portavoz do Grupo do PSOE, na que expón que formulou unha moción no Concello de Redondela, tratada no Pleno celebrado o 10 de marzo do ano en curso, na que se solicitaba a sinatura dun convenio entre a Deputación e dito Concello polo que a E.P. de acceso á praia de Arealonga, en Chapela (Avda. de San Telmo), fora urbanizada repartindo os custes ó 50% entre ámbalas dúas Administracións, pasando posteriormente a Avda. de San Telmo a depender do Concello de Redondela, e na que propón ó Pleno da Deputación que adopte o seguinte acordo: Autorizar ó Presidente da Deputación Provincial á sinatura dun convenio co Alcalde de Redondela, onde se reflexe a urbanización da Avda. de San Telmo e a transferencia desta ó Concello, e que o financiamento da obra correrá a cargo da Deputación, ou, no caso de non ser posible, ó cincuenta por cento, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por maioría de votos do Grupo Popular e cos votos en contra do Grupo Socialista e BNG, rexeita-la referida moción por considerala extemporánea. ------ Folla: 155,156 8.4213.- ACORDO DE ADHESIÓN DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Á FUNDACIÓN "OBSERVATORIO URBANO EIXO ATLÁNTICO" Sr. Presidente.- Punto oitavo. Acordo de adhesión da Deputación Provincial de Pontevedra á Fundación "Observatorio Urbano Eixo Atlántico". ¿Algunha intervención?. Non hai. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Bloque Nacionalista Galego. ¿Votos a favor?. Partido Socialista e Partido Popular. Vista a escritura de constitución da "Fundación Observatorio Urbano Eixo Atlántico", outorgada perante o Notario o día 2 dos correntes, así como os Estatutos de dita Fundación, na que se inclúe á Deputación Provincial de Pontevedra cunha aportación de SEIS MILLÓNS SEISCENTAS NOVENTA E OITO MIL OITOCENTAS OITENTA PESETAS (6.698.880), a constituir durante os anos 1998 e 1999; visto o informe do Sr. Secretario Xeral no que se pon de manifesto que na documentación remitida non se observa ningún reparo legal que opoñer, se ben debería figurar no expediente informe de Intervención sobre existencia de consignación presupostaria para facer frente, no seu momento, á aportación asignada á Deputación; e visto o informe emitido por Intervención, no que se pon de manifesto que na partida 98/911.911.467.02 do vixente Presuposto Provincial figura unha dotación de TRES MILLÓNS DE PESETAS (3.000.000) con destino ó Eixo Atlántico-Observatorio Urbano; o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por maioría de votos dos Grupos Popular e Socialista e coa abstención do BNG, a adhesión da Deputación Provincial de Pontevedra á "Fundación Observatorio Urbano Eixo Atlántico" cunha aportación de SEIS MILLÓNS SEISCENTAS NOVENTA E OITO MIL OITOCENTAS OITENTA PESETAS (6.698.880), das que 3.000.000 de pesetas serán abonadas con cargo á partida 98/911.911.467.02 do vixente Presuposto Provincial, e os 3.698.880 pesetas restantes incluiranse no Presuposto Provincial de 1.999. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para posteriores actuacións derivadas do expediente. ------ Folla: 156,157 9.4214.- APROBACIÓN DA SOLICITUDE DE COMPENSACIÓN DO RECARGO DO IAE POR PARADAS TÉCNICAS NA CENTRAL DE PORTODEMOUROS (VILA DE CRUCES) Sr. Presidente.- Punto noveno. Aprobación da solicitude de compensación do recargo do IAE por paradas técnicas na Central de Portodemouros en Vila de Cruces. ¿Algunha intervención?. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. Vista a solicitude formulada polo Sr. Director-Tesoureiro do Organismo Autónomo Provincial de Recursos Locais da Deputación de Pontevedra (ORAL), dirixida á Dirección Xeral de Coordinación coas Facendas Territoriais, na que se pide a axuda compensatoria a que a Deputación Provincial de Pontevedra ten dereito por descontos no IAE, por paradas na Central Hidroeléctrica de Portodemouros (Vila de Cruces), producidos nos Exercicios de 1993, 1995 e 1996, por importe de TRESCENTAS NOVENTA MIL DUASCENTAS TRINTA E CINCO PESETAS (390.235), DOUS MILLÓNS SEISCENTAS SESENTA E DÚAS MIL TRESCENTAS OITENTA E SEIS PESETAS (2.662.386) E DOUS MILLÓNS DUASCENTAS VINTESETE MIL OITOCENTAS TRECE PESETAS (2.227.813), respectivamente, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por unanimidade adopta-lo compromiso da cesión de crédito, a favor da Facenda do Estado, do importe que esta Deputación, en canto partícipe da Central de Portodemouros, puidera percibir, ben no suposto de que fosen obxecto de comprobación e de rectificación resolucións que non houbesen adquirido firmeza respecto ás reduccións da cuota do IAE que gravan a producción de enerxía eléctrica, levadas a cabo no seu día, de conformidade co RD 1589/1992, de 23 de decembro, ben no cumprimento de sentencias dos Tribunais de Xustiza ou de resolucións en vía contencioso-administrativa, como consecuencia da existencia de reclamacións non resoltas á data da firmeza das sentencias da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo de 15 de xuño de 1996, en virtude das cales se declarou nulo o citado Real Decreto. O presente acordo notificarase ó Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación de Pontevedra, a efectos de cumprimento e co fin de que, no caso de producirse algún dos supostos sinalados, se comunique á Dirección Xeral de Coordinación coas Facendas Territoriais as incidencias na xestión e liquidación das correspondentes débedas, sendo os seus productos recadatorios obxecto de cesión, para que pola mesma se precise e promova a forma en que, en cada caso, deberá darse cumprimento ó acordo adoptado, en interese da Facenda do Estado. ------ Folla: 157,164 10.4215.- RATIFICACIÓN DE ACORDO DA COMISIÓN DE GOBERNO DE DATA 2 DE ABRIL DE 1998 SOBRE DESIGNACIÓN DE REPRESENTANTES DA DEPUTACIÓN NA CAIXA DE AFORROS PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Punto décimo. Ratificación de acordo da Comisión de Goberno de data 2 de abril de 1998 sobre designación de representantes da Deputación na Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días. Moitas gracias, Sr. Presidente. Estamos nun tema que cada dous anos temos que volver a dici-lo mesmo, por desgracia, e temos que seguir explicando o que está a pasar e o que sigue a pasar cando menos con este acordo. Neste caso, cun agravante, empezo por aí, que é a cuestión formal. Vostedes reciben a comunicación o 6 de marzo, teñen un mes para acordar polo órgano competente, que é este Pleno, a quen se designan como representantes da Deputación na Caixa, deixan pasa-lo Pleno de 27 de marzo, tres semanas, deixanno pasar e fanno por acordo da Comisión de Goberno, que agora nos traen a ratificar. Gustaríame saber que pasaría se non se ratificaba hoxe. Tiveron tempo de sobra para traelo ó Pleno anterior. A sensación desto é que non se trata de ningunha decisión deste Pleno, senón que é cocida noutros órganos, supoño que na executiva do PP ou algo semellante. Creo que é evidente o propio feito de facelo por vía Comisión de Goberno, cando tiveron tempo de sobra para traelo ó Pleno. Pero dito esto, vamos ó fondo da cuestión, que de verdade xa é un pouco aburrido. Aínda que foi hai dous anos, estiven lendo a acta e é moi longa, e eu non tiña gana de facer outra acta moi longa, porque repetir sempre o mesmo contra oídos xordos é o equivalente a perde-lo tempo. Eu non sei que interese pode te-lo Partido Popular en ter un control tan absoluto, tan abasallante, tan desproporcionado, dunha Institución como a Caixa de Pontevedra. Aínda que os dez que vai nomear hoxe, vai ratificar este Pleno, non fosen ningún do Partido Popular, vostedes seguirían tendo maioría absolutisima dentro da Caixa. De verdade que non sei que interese hai nese control tan absoluto. Nestes momentos está tamén o tema no Concello de Pontevedra; hai un acordo plenario do Concello de Pontevedra, non me gusta a min referirme a cousas de Concellos concretos aquí pero creo que neste caso é exemplarizante, hai un acordo de que vai haber un de cada grupo. Agora tocaba automaticamente cambia-los representantes; entrar un do PSOE e un do BNG, e nos consta que se está intentando modificar ese acordo plenario, por orde de arriba, para que siga tendo tres representantes o PP e o BNG non entre. Non é cuestión agora de facerse a víctima co BNG, é cuestión de que os feitos son así. Non sei como sairá. A vez pasada saiu como saiu. O Concello de Pontevedra modificouno e non deixou entrar. Eu, a verdade, reitero, non entendo, salvo que haxa un interese desmesurado, que si o hai, e nos consta que o hai nas posibilidades de fiscaliza-lo funcionamento na parte en que pode controlar o PP dentro da Caixa, é dicir, digamos certos créditos, créditos preferenciais, etc., incluso política sindical, política laboral, etc.. E desde logo, non creo que estean vostedes facendo absolutamente ningún favor á Institución Caixa Pontevedra con tal desembarco, con tal control absoluto e asfixiante e inducindo na propia Institución un comportamento de persecución aberta do nacionalismo, e dígoo con tódalas letras, e de control absoluto ou minimización absoluta de toda oposición, sexa nacionalista ou non. Non creo que lle estean facendo ningún favor. Eu díxenno publicamente, polo tanto vouno reiterar neste Pleno, que creo que unha Institución como Caixa Pontevedra, ou calquera outra Caixa, é lesivo para os intereses de Pontevedra e a súa zona que poidamos entrar en guerra aberta coa súa política. Vostedes están propiciando que Caixa Pontevedra apareza como a Caixa do PP, única e exclusivamente, e vostedes en Pontevedra e na súa zona non teñen nin o 50% dos votos; ou sexa, que bastante máis da mitade, en Pontevedra en concreto o 58% o 59% dos votantes, resulta que estarían traballando ou se lles está pedindo que traballen cunha Caixa que controla absolutamente o PP dunha maneira absolutamente descarada, desmesurada e á parte impresentable. Repito, por responsabilidade, nos queremos ese dano minimizalo, por eso non entramos nunha guerra absolutamente aberta e frontal coa Institución, porque nos parece que a Institución debe estar, aínda que nestes momentos non o está, porque a controlan vostedes absolutamente, por riba das súas maneobras e dos seus intentos de control. Nestes momentos a pluralidade en Caixa Pontevedra é absolutamente mínima e cunha persecución absoluta de todo o que supoña oposición, todo o que supoña que non sexa a liña que marca o PP, e nos parece tremendamente dañina. Esa é a situación real. Vostedes hoxe se van a comportar, ou xa se comportaron na Comisión de Goberno, exactamente nesa liña e non nos veñan co conto de que se nos Concellos hai representantes, non hai representantes, ou cousas dese tipo. Os Concellos elixen os seus representantes dunha maneira correcta porque para os Concellos si está fixado que ten que haber algún que non sexa grupo de goberno se hai máis dun; se hai un só pois é do grupo de goberno. Non me veñan con ese conto, a realidade é esa, son vostedes uns gamberros, uns gamberros con esta Institución dende o momento en que a intentan monopolizar, de tal maneira que calquera observador un pouco imparcial ve perfectamente que a Caixa de Pontevedra se convirte na Caixa controlada total e absolutamente, ata extremos impresentables e de dominio absoluto, de eliminación de todo control e toda pluralidade desa Institución. Son vostedes uns gamberros. Alá vostedes coa súa responsabilidade. Nin tan sequera quero facer referencia ás promesas que se fixeron a vez pasada. Xa estamos fartos de que nos fagan promesas aquí, que nos conten o conto de "Carrapuchiña vermella" e nos conten contos dese tipo para saír do paso e despois nunca se cumpren. Esto é o totalitarismo aplicado a unha Institución que debía ser plural, é o totalitarismo total e absoluto. Eu pódolle dicir, Sr. Presidente, que esto non é unha pataleta por non ter representante nin nada parecido. Esto está unido a feitos da seguinte teor: unha central sindical, por exemplo, quere montar unha lista en Caixa Pontevedra e evidentemente se ten que presentar 21, ten unha serie de afiliados, e para suplentes e enche-la lista sempre se busca xente máis ou menos afín. A Institución se encargou de ir falar un por un, para que non fose na lista, con ameazas e coaccións. Eso sucedeu, está aí, é público e é notorio. E esa central sindical era a CIGA. O único que nos vincula é que é nacionalista, nada máis e que quede claro. Eso e ese comportamento non o fai unha Institución plural, faino unha Institución controlada dunha maneira totalitaria polo Partido Popular e non sei que beneficios sacan vostedes. Vostedes o saberán cando se empeñan en manter este tipo de funcionamento e este tipo de control. Alá vostedes coa súa responsabilidade. Me parece que non lle están facendo ningún favor á Institución. Están vostedes sesgando absolutamente o que debe ser unha Institución plural e que debería ter representación das Institucións en función do número de cidadáns que votaron a cada forza política e non en función das conveniencias da forza política maioritaria, que lle interesa manter ese control absolutamente desmesurado e negativo para a Institución. Nada máis por agora. Sr. Presidente.- Gracias. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Una vez más me imagino que la contestación del Presidente va a ser aquella de que tienen la mayoría y que como tienen la mayoría la utilizan para este tipo de cosas, lo aprueban y punto. Nada más. Lo que pasa es que es tremendamente curioso que de 19 representantes que tiene esta Institución, resulta que los 19 no es que los nombre el Partido Popular, es que la inmensa mayoría son miembros del Partido Popular también. Yo recuerdo en ocasiones, y no hace mucho, decir que se podría discutir el nombrar a personas por su especialidad profesional, sin que fuesen cercanas a ningún grupo político. Esto no es el caso, el caso es que aquí el mérito prioritario para que le nombren a uno es ser Alcalde, ser Concejal del Partido Popular, ese es el más importante. Me imagino que lo que están haciendo son transaciones en clave de partido, en clave de poder del Partido dentro de la provincia. No cabe duda que también detrás de eso se esconden más cosas; es decir, detrás de eso se esconden la paralización de ejecución de determinados créditos, la concesión de determinados créditos, etc., etc., pero eso es algo sistemático en la Caja de Pontevedra desde que el Partido Popular la ocupó de forma realmente abusiva. Como decía antes al principio de su intervención el Sr. Mosquera, ya ni las formas se guardan, porque si esto es un acuerdo de Pleno, Sr. Presidente, lo normal es que se pase por el Pleno en condiciones, no que venga al Pleno después de que ustedes en Comisión de Gobierno lo aprueben y más sobre todo cuando le sobra mayoría en el Pleno para hacerlo. El Partido Popular, yo recuerdo, hace unos años ponía el grito en el cielo porque el Partido Socialista en algunas Cajas empezó a hacer lo mismo que después se hizo aquí de forma sistemática. Curiosamente, el Partido Socialista fue cambiando la fórmula y dejando entrar a todo el mundo, pero ustedes, que tanto la criticaban, resulta que la siguieron aplicando de forma sistemática. Ya me dirá el Presidente, ya lo se, que tiene mayoría, puede hacerlo y va a hacerlo. Se me ocurre preguntar al Sr. Costa, por ejemplo, ¿cuántas veces intervino para paralizar la ejecución de algún crédito?. ¿Esas intervenciones se darían cuando el ciudadano del crédito es un ciudadano normal y corriente?. Por supuesto que no. Y ¿por qué se dan cuando son créditos pertenecientes a gentes cercanas al Partido Popular?. Curioso. Es decir, estamos ante una política de utilización de las Instituciones, de esta Institución y de la Caja Provincial. Alguien, creo que era el Portavoz del BNG, en la Comisión preguntó el otro día, ¿cuáles son los méritos de las personas que se nominan ahora mismo?, no ahora mismo, que nombró la Comisión de Gobierno para ser más exactos, ¿cuáles son?, porque a lo mejor son méritos profesionales y resulta que yo soy un mal pensado. A lo mejor, si nos dicen los méritos, uno tiene que callarse. Yo creo que son el pertenecer el Partido Popular, el ser Concejales, Alcaldes, o estar muy cercanos al Partido Popular, creo que son esos, porque ni en la Comisión lo explicaron y aquí me imagino que el Sr. Presidente tampoco lo va a explicar porque no lo hace nunca. Va a seguir diciendo que tiene mayoría, lo aplica y punto, perfecto, legalmente puede hacerlo, obviamente. A nosotros no nos queda más que decir que no estamos de acuerdo, ni con la forma que utiliza ni con la ocupación de las Instituciones tal como lo están haciendo. Nada más. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Barros. Sr. Barros González.- Ben, gracias, Sr. Presidente. Non pensaba intervir neste punto, pero me vexo obrigado a intervir dadas as auténticas barbaridades que os compañeiros da oposición dixeron aquí. Permítanme que teña que calificalas desta maneira as súas palabras porque realmente son moi graves, e interveño fundamentalmente non só como Deputado, senón tamén por ser Vicepresidente da Caixa de Aforros de Pontevedra, e non precisamente en representación da Deputación senón en representación dun Concello da provincia de Pontevedra onde está instalada a Caixa de Aforros da nosa provincia. As primeiras normas, as normas máis elementais dunha sociedade na democracia é respetar precisamente as leis democráticas, e aquí se dixeron auténticas barbaridades que de ningunha maneira podo consentir, porque se está falando como se a Deputación ou os membros do Partido Popular que forman parte do goberno da Deputación democraticamente estemos controlando a Caixa de Aforros de Pontevedra. Estase sembrando, sobre todo por parte do Sr. Mosquera, que sempre fan así os señores do Bloque, non sei por que, con tódolos meus respetos, pero sempre sembran o desprestixio, como primeira intervención, como primeira medida, despois o que veña detrás. Pero é que dicir que controlamos a Caixa de Aforros de Pontevedra dende a Deputación, cando temos unha representación mínima en toda a Institución, é dicir cousas que non se axustan en nada á realidade. A Caixa de Aforros de Pontevedra está composta por unha serie de órganos que empezan pola Comisión de Control, a Comisión Executiva, o Consello de Administración e despois a Asamblea Xeral, que é o órgano que menos intervén pero que é o que toma a decisión final e que se reune como mínimo dúas veces ó ano, e en ningún deses órganos temos maioría a Deputación. Temos unha representación mínima e coa nova Lei de Caixas de Aforros de hai uns anos aínda moito menos, a pesares de ser o órgano fundador da Caixa de Aforros de Pontevedra. No Consello de Administración, que somos dezasete ou dezanove membros, só hai catro representantes; na Comisión Executiva, de sete membros, só estamos dous, e na Comisión de Control igual; na Asamblea, de cento vinteún somos bastantes menos do 50%, bastantes menos. Entón, dicir que estamos controlando e que facemos o que queremos dende a Deputación na Caixa, paréceme unha barbaridade; dicir que controlamos créditos ou que facemos ou que damos, esa é unha auténtica mentira, non é así. A Caixa de Aforros de Pontevedra afortunadamente funciona con outros parámetros, e nestes últimos anos está funcionando perfectamente ben e dunha maneira exemplar, gracias á dirección que ten e cos seus membros e nós apoiámola dende o Consello ou dende a Comisión Executiva ou dende a Comisión de Control ou dende a Asamblea, pero está rexida exclusivamente por profesionais e por xente responsable que está ó frente da mesma nos seus cargos e como funcionarios da mesma, pero nunca polos políticos. Os políticos temos unha capacidade de intervención e decisión nalgunhas cousas, pero votando democraticamente, nunca dominando como se di aquí. Ademais se di con despecho, con desprestixio. É unha ofensa que nos facedes. Hai que respetar ós compañeiros ou as xentes que temos, cando menos, as mesmas vontades que teñen vostedes para poder face-las cousas ben ou polo menos intentar face-las cousas ben. Eu creo que é moi bo pensar que ogallá poidésemos estar todos representados; pero é o mesmo que se nos piden que despois dunhas eleccións democrácticas, onde temos unha maioría bastante significativa, nos digan que o deixemos, que o perdamos e que saquemos Deputados dos nosos e que poñamos Deputados do PSOE ou do Bloque ou doutros partidos que non saíron tan sequera representados aquí para facer un equilibrio. Hai que respeta-la decisión final dos votantes democraticamente e agora no caso da Caixa de Aforros a quen lle toca elixir ou nomear ós representantes é o grupo de goberno da Deputación e neste caso é o Partido Popular, como nalgún momento podía ser o PSOE ou podía ser o Bloque. Somos quen temos que nomear esas persoas, que nós cremos convenientes, gústelle ou non lle guste a vostedes, e eso é o primeiro que teñen que respetar, e non digo nada máis. Gracias, Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Gracias. Un momento por favor. Eu tamén teño que intervir como persoa máxima responsable como autor da proposta á Comisión de Goberno, ó Pleno, dos nomeamentos dos representantes desta entidade na Caixa de Aforros. Sr. Mosquera, a min paréceme moi ben que vostede, dende o punto de vista teórico, defenda o que lle interesa nestes momentos como é que se propuxese tamén representantes dos grupos da oposición. Eu enténdoo perfectamente mentres non sexan certos calificativos, entendo perfectamente a súa filosofía, pero hai unha lexislación que supóñome que vostede é coñecedor perfectamente dela. E precisamente é unha lexislación que non promulgou nin aprobou o Partido Popular, nin no Estado nin en Galicia, porque curiosamente as disposicións legais, enténdase LOFCA ou enténdase o Decreto do goberno tripartito, é o que legalmente fundamenta a designación dos representantes. E á parte deste corpo legal, vostede coñece, porque eu sei que o sabe perfectamente, por eso se meteu en plan político-teórico-filosófico pero non se meteu no plan legal, porque sabe que aí non ten nada que facer, hai sentencias incluso do Tribunal Supremo onde non só di que se aplique a maioría, polo tanto o grupo maioritario pode nomear ou propoñer a quen queira, di algo máis, fai prever que incluso a designación debe ser monocolor. Lea vostede a sentencia do Tribunal Supremo. Repito, entendo a súa filosofía como grupo da oposición, pero baixe vostede ó terreo legal e atáquenos se é que vostede ten armas para dicir que o estamos facendo ilegalmente, que estamos cometendo unha ilegalidade, ou pida vostede que lle propoñamos algún e nós dirémoslle ou si ou non, sería xa un puro voluntarismo por parte do grupo de goberno, pero en todo caso nós estamos cumprindo perfectamente a Lei, unha Lei promulgada ou aprobada no seu momento polo Partido Socialista en Galicia e no Estado. Polo tanto, non hai ningunha persecución nin ó nacionalismo nin a ningunha forza política dende esta Institución. Vostede pode pensar o que queira pensar. Di que somos gamberros, que non temos responsabilidade. Eu creo sinceiramente que se somos gamberros por cumpri-la Lei e se non é así dígame vostede en que non a cumprimos; os que non a cumpren eses son os que non son gamberros; non temos responsabilidade porque nos atemos ó que está escrito e mandado, eso non é responsabilidade. Eso parece ser que é o seu concepto de responsabilidade e é o achaque que nos fai o Partido Popular, neste momento, de gamberros, porque precisamente aplicamos a Lei, a Lei básica da LOFCA, porque aplicamos o Decreto 153/1989 da Xunta de Galicia, promulgado polo Presidente González Laxe, sendo Conselleiro o Sr. Salgado, e porque aplicamos a interpretación que fai perante conflictos deste tipo o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Eu creo que con dicir esto, o seu calificativo de gamberros non merece máis explicacións. Fala de pluralidade; aquí había que dicir que o Partido Popular, sendo Presidente o Sr. Albor, presentou un recurso de inconstitucionalidade precisamente contra a LOFCA, e recórdollo se quere, que o teño aquí escrito. O 1007/85 que resolveu o Tribunal Constitucional o 22-03-1988, onde vén a dicir: "entendiendo por nombramiento directo el que se lleva a cabo por los fundadores sin que pueda mediar una normativa estatal o autonómica que imponga condiciones de forma de proceder a este nombramiento". El Partido Popular quiso corregir esta Ley socialista y le ha dicho el Tribunal Constitucional que no tenía razón ninguna, por lo tanto la estamos aplicando; una Ley que no es del Partido Popular. Y si dentro de la Institución hay lo que usted dice o no lo hay, esa é unha cousa de réxime interno, un tema de réxime interno que nós non temos que dicir absolutamente nada a este respecto, porque entre outras cousas este Presidente non sabe absolutamente nada dese tema. Con respecto ó Sr. González, eu creo que xa lle dixen bastante tamén, contesteille bastante. Sr. González, hai que ser un pouco coherente; eu só pido neste caso ó Partido Socialista coherencia. Sigo dicindo que me parece moi ben e todos podemos pensar que sería mellor outra cousa a título persoal, pero nós non facemos máis que aplicar as disposicións que promulgou o Partido Socialista en Madrid e a disposición que promulgou o Partido Socialista en Galicia. Polo tanto, tódalas acusacións, máis lle valera estar calado porque son como un "boomerang" que se revolve en contra de vostedes. Eu creo que non teño que contestarlle absolutamente máis. Insistir en que somos puritanos no sentido de cumpri-la Lei. E vou ler tres sentencias sobre o mesmo: "Los órganos rectores de las Cajas de Ahorros representan intereses de las Corporaciones Locales, impositores, fundadores y empleados, esto es los sociales y colectivos del ámbito de actuación, resultando indivisible el interés de la Corporación Local, el que ostenta sus representantes, y por ende no pueden fraccionarse el interés de la mayoría y de la minoría, ya que una tal exigencia sería contraria a la unidad de la persona jurídica pública de la Corporación, al modo de adoptarse sus acuerdos, a la interpretación de la Ley 31/85, que no impone tal condicionamiento y, en fin, a la objetividad de la Administración consagrada en el artículo 103 de la Constitución". A parte de lo que acabo de leer y decir, el pluralismo ademais está garantizado dende o momento en que hai Concellos de distinta cor política e nomean ós representantes e que eu sepa non hai ningún Concello que sexa PSOE ou que sexa BNG, que nomease a ningunha persoa que non tivera que ver co seu partido. Quero insistir lamentando sinceiramente o calificativo de gamberros. Eu creo que o Sr. Mosquera, se o pensara ben, non o repitiría, porque seríamos gamberros os que nos apartamos dunha ilegalidade. A min non se me pode chamar gamberro porque voluntariamente podo facer unha cousa ou outra, senón pódeseme chamar gamberro se efectivamente eu incumpro unha ilegalidade e esta ilegalidade non só a cumpro, senón que eu creo que a cumprimos incluso no espíritu segundo a interpretación do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. E eu diríalle ó Sr. Mosquera que quedaríamos, como Partido Popular, encantados de que a palabra gamberros a retirase do seu vocabulario neste caso. En todo caso alá a súa conciencia, Sr. Mosquera. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias, Sr. Presidente. Acaba de darnos unha lección de como se pode manipular o que é legal, o que é lexítimo e o que é xusto. Non quero entrar neses termos porque non son avogado nin son especialista en dereito constitucional, nin civil, nin penal, nin administrativo, nin internacional, nin matrimonial; entón, non quero entrar neso. Pero si teño claro algúns conceptos e voullo explicar cun exempliño. Digo porque o carrete que nos trae preparado con sentencias que non son sobre casos concretos, son sobre a Lei, mezclando todo e demais, me parece magnífico que llo prepararan ou que preparara vostede ese carrete, pero non ten nada que ver coa realidade, é unha manipulación burda. Se vostede ten dous fillos, por exemplo de 25 anos, vostede a un pódelle comprar un coche de dez millóns, de quince, de vinte, de cinco ou de tres, do que lle pareza ben, e ó outro non mercarlle nada. É legal. Un pode ó cabo do ano darlle para os seus gastos cincuenta millóns de pesetas se os ten e ó outro darlle para que sobreviva malamente ou nada porque xa pasou da maioría legal, e é legal que o faga. Agora, todo o mundo entende que é absolutamente ilexítimo, é absolutamente inxusto e é unha gamberrada, enténdeo todo o mundo. Non é a cuestión se a Lei o permite ou non. A Lei permitiríalle facer eso como lle permitiría a un fillo levalo moi ben vestido e ó outro levalo mal vestido. Permitiríallo a Lei e todo o mundo entendería que é inxusto, discriminatorio e o que queira. Entendeo perfectamente todo o mundo e non vou entrar en máis disquisicións sobre o que é a Lei. Ninguén lle fixo referencia a que fose ilegal o acordo que van tomar vostedes aquí, pero porque non sexa ilegal non quere dicir que non sexa unha gamberrada e remítome ó exemplo dos fillos, non é ilegal a un darlle cincuenta veces máis que ó outro, pero si é ilexítimo e é unha gamberrada. Ese é o problema, se o quere poñer nos seus xustos termos. Vostede é Presidente desta Institución, pero é Vicepresidente Provincial do PP e neste caso actúa como Vicepresidente Provincial do PP. E o Sr. Barros nos vén cun conto de que a Deputación non controla a Caixa. Nunca dixen tal cousa, dixen que o PP controla de maneira totalitaria a Caixa, non citei tan sequera á Deputación, dixen que esto é consecuencia dunha decisión do PP de controla-la Caixa. Agora eu poñeríalle o polo contrario: ¿cantos hai no Consello de Administración, na Asamblea Xeral, que non sexan do PP, cantos hai?. Sr. Barros González.- Haberá que pedir a afiliación a cada un. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, exactamente. Agora eu pódolle dicir que sendo a segunda forza política no Partido Xudicial de Pontevedra, nas municipais, é dicir, hai tres anos, e sendo a segunda forza nas autonómicas, ¿cantos hai do BNG na Asamblea Xeral?. Nin un. Vostedes se encargan de que non entre nin
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota