Fondos
1999-01-29_Ordinaria. Acta de sesión 1999/01/29_Ordinaria
Acta de sesión 1999/01/29_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.359/2.1999-01-29_Ordinaria
Título Acta de sesión 1999/01/29_Ordinaria
Data(s) 1999-01-29 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 1,2 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día 29 de xaneiro de 1999 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vintenove de xaneiro de mil novecentos noventa e nove, baixo a Presidencia do Sr. Vicepresidente D. Julio Pedrosa Vicente, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Carmen Avendaño Otero, D. Adolfo Campos Panadeiros, Dona Ramona Castaño López, D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, D. José Luis Fernández Lorenzo, Dona Carmen Ferro Carballo, D. Lino Fontán Mariño, Dona Ana Gandón Menduíña, D. Emilio González Iglesias, D. Oswaldo Lino González Pereira, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. Mario López Martínez, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Santiago Pazos Moreira, D. Amado Ricón Virulegio, D. Julio Sayáns Bugallo, D. Ramón Sestelo Fernández, D. Santiago Tirado Serén, D. Pablo Vázquez Caride e D. Roberto Vázquez Souto, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Vicesecretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Viceinterventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten o Ilmo. Sr. Presidente, D. Manuel Abeledo López nin os Sres. Deputados, D. Xosé Manuel Barros González, D. José Costa Díaz, D. Rafael Louzán Abal e D. Manuel Vilar Márquez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- ... disculpar la ausencia, esta vez de bastantes Diputados sobre todo del Partido Popular, por su presencia en Madrid en dos actos que consideramos importantes, uno es la Feria Internacional de Turismo, y otro, aunque de carácter partidista, el Congreso Nacional, creo que es importante cualquier Congreso Nacional y de cualquier partido. Y ya comenzando el Pleno y haciéndome eco del sentir de todos los grupos políticos, queremos hacer constar expresamente y en acta, nuestro pesar por el fallecimiento de un gallego ilustre, de un insigne escritor, D. Gonzalo Torrente Ballester, con una gran vinculación en esta provincia puesto que fue declarado Hijo Adoptivo, al menos que yo conozca de dos Concellos, Pontevedra y Nigrán, pero que todos conocemos su enorme vinculación a la provincia, especialmente en el Valle Miñor, en zonas del Morrazo también, y en general en toda la provincia. Descanse en paz el Sr. Torrente Ballester. 1.4293.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Empezamos con el orden del día, el primer punto la aprobación del acta. ¿Alguna intervención?. Pasamos a votarla, ¿votos en contra?, ¿abstenciones?. Todos a favor entonces, gracias. O Pleno, acorda por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, extraordinaria, do día 18 de decembro de 1998. ------ Folla: 2,7 2.4294.- BASES DO PLAN CULTURAL 1999 Sr. Presidente.- Y a continuación tenemos hoy un Pleno que podría alargarse mucho y que de acuerdo con los portavoces de todos los partidos vamos a intentar que no sea así puesto que sería además bastante dificultoso de entender porque se presentan hoy todas las bases o prácticamente todas las bases del año y vamos a intentar agruparlas de alguna manera. Si están de acuerdo todos los grupos podemos unir, se me ocurre, el dos, el tres, el cuatro y el cinco puesto que dependen todos del departamento de Cultura, aunque están en Cultura y Deportes, y podemos hacer las intervenciones conjuntas de las mismas y después seguiremos agrupando las demás por departamentos. Están de acuerdo y podemos pasar entonces a discutir los puntos dos, tres, cuatro y cinco. ¿Alguna intervención?. Tiene la palabra el Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días e moitas gracias. Non, se por agrupar case podíamos agrupar todos, e podíamos agrupar todos porque, primeiro, hai tal fárrago de plans e demais que vai ser un pouco difícil non perderse á hora de discutir un por un. Din así os versados na letra miúda da Deputación, que calquera que sexa funcionario, periodista ou deputado que se coñeza tódolos plans xa pode presumir de ser un experto na Deputación porque iso é unha tarefa tremendamente complexa e tremendamente difícil, máis ou menos os que levamos algún tempo nos preoucamos e máis ou menos os vamos coñecendo. Pero non é esa a razón pola que se poden agrupar e pola que se pode dicir que esto ten relativamente, ten moita relevancia pero no fondo o que vamos a discutir aquí, neste Pleno, a situación digamos da oportunidade na que están pois réstalle bastante ou cando menos da lugar a certo cansancio e aburrimento. É moi evidente, era evidente ó final do mandato pasado e sigue sendo evidente catro anos despois e moito máis, que moitisimos destes plans, moitisimas destas actuacións, moitisimas destas liñas están absolutamente agotadas, teñen un enfoque que non corresponde en absoluto ás necesidades actuais, aquí cando se crea un plan alguén ten a idea e se cadra, pois, afortunada nese momento e que corresponde a cubrir certas necesidades ou que cumpre unha función ou pode cumprir unha función positiva, automaticamente ese plan queda de por vida enquistado aquí nesta casa e en todo caso se lle recortarán máis ou menos millóns ou se lle porán máis ou menos e queda aí sen que haxa nunca unha análise da función que está cumprindo, de se é un plan agotado, se hai que cambiar por outro tipo de actuacións ou se hai que impulsalo ou se realmente está cumprindo os obxectivos polos que foi, para os que naceu. Dentro destes que estamos falando, por exemplo, o Plan Cultural, o Plan Cultural chegou a ter na práctica 200 millóns nalgún momento, bueno, quizais cumpriu no seu momento, eu non estaba nesta institución, quizais cumpriu un aspecto positivo, hai dez, doce anos, dado que fomentou as bandas de música, fomentou os grupos de música tradicional, fomentou a posibilidade de que grupos e danzas que había, para que non morreran, digamos, ese tipo de actividades tan tradicionais no noso país, pois lle deu a posibilidade de sobrevivir, de nacer, de ampliarse a través de subvencionarlle actuacións, bueno, pois agora que hai moitisimos máis grupos pois resulta que se dedican 25 millóns, e así poderíamos seguir cos outros plans. Subvencións para Actividades Culturais, 40 millóns que despois resulta que unhas van con destino máis ou menos loable, pero outras, en fin, xa temos discutido moitas veces que si se subvencionan actividades como desfiles de modelos ou se subvencionan APAS ou non se subvencionan, e non está mal subvencionalas, o problema é que entón 40 millones non chegan a nada etc., etc. Este é o gran problema, creo que incluso por non alargar casi con respecto á maioría das bases aínda que haxa algunha que teña algunha relevancia especial, algunha característica especial que podíamos resaltar, estamos a final de mandato, non se cambiou absolutamente nada, sigue exactamente a mesma rutina, os mesmos vicios, non sei se algunha virtude tamén, pero non houbo en ningún momento ningunha análise de por que siguen ou non siguen, siguen aí, ninguén quere, ninguén, practicamente no fondo todos son, esta institución é terriblemente presidencialista e ó final todo é o Presidente o que fai e desfai, non se cambia nada e nós dende logo non podemos, independentemente de que algún destes estivera cumprindo algunha función positiva, pois non podemos avalar este tipo de funcionamento, pero bueno, estamos acabando o mandato e o único que se pode dicir é que a rutina é absoluta, a reiteración é absoluta, non hai ningún impulso nen ningunha análise para actuar con certa seriedade, simplemente pura rutina, pura rutina e en moitos casos bastantes cacicadillas, vamos, despois á hora do seu reparto. Non dan moito máis de si porque poñerse a discutir aquí base por base cando a maioría son as mesmas que hai sete anos, que hai seis, que hai cinco, que hai catro, que hai tres, que hai dous, que hai un, o único que cambia é a cifra e algún matiz, pois non tería ningún sentido máis que castigarnos todos aquí con debates eternos. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias. Por el PSOE Doña Ramona Castaño. Srª. Castaño López.- Bos días Presidente. Bueno, con relación ó Plan Cultural eu o primeiro que teño que dicir é que me parecen actividades extraescolares. Primeiro porque non me parece nin medianamente serio que a agrupacións con 55 membros e 9 anos de antigüidade se lle dean 75.000 pesetas, o que supón 1.400 pesetas por persoa sen conta-lo autobus que os ten que levar pois a onde sexan as actuacións, co cal eu supoño que estas persoas deberanlle pagar á asociación cultural á que pertenzan ou á banda de música, algo para poder paga-lo autobus. Iso xa demostra un pouco o calibre da idea deste proxecto. Se continúo coas masas corais pois unha persoa, unha coral de 45 membros e 9 anos de antigüidade son 35.000 pesetas o que cobran, en teoría suponse que se estes cartos foran para os membros serían 7.000 pesetas por actuación, bueno, creo que sigue sendo unha tomadura de pelo. Creo que unha vez máis demostra que non se está traballando pola cultura, se ben as actividades extraescolares comprendemos que é un tema moi interesante e que si se consideran como actividades extraescolares a Deputación está facendo unha boa labor na canteira, pero o resto da cultura non se limita soamente ás actividades extraescolares, hai outro tipo de actividades que habería que entender. É imposible completamente que un grupo poida, un grupo estable poida sobrevivir con esta cantidade de diñeiro, home, a min paréceme de entrada, se teño que sintetizalo, unha tomadura de pelo, ... un desastre, de feito para mostra un botón. Fai pouco acaba de saír na prensa que a Xunta de Galicia vai traer aquí a Pontevedra a Elton Jhon, eso si é cultura. O que si noto en falta tamén nestas actividades, neste tipo de servicio de cultura e deportes, en cultura noto a falta dun animador e un programador socio-cultural, ben entendido que os técnicos que están nesta Deputación fan o seu traballo o mellor que poden pero reitero que deben levar como 20 anos facendo o mesmo, entón penso que lle viría moi ben un aire novo á Deputación si se tivese en conta a existencia dunha profesión que se chama animador ou programador socio-cultural. Con relación ás bases de concesión de subvencións de actividades culturais para entidades e asociacións e agrupacións sen fins de lucro, teño que volver a dici-lo mesmo, é simplemente un caixón desastre e sinto ter que volver a repetirme, pero bueno, creo que na repetición tamén está o poso que queda da repetición e volvo a repetir que aquí aparecen concursos literarios onde se dan 200.000 pesetas e á feira do grelo ou do cabalo ou do que sexa pois cae a cantidade de diñeiro que sexa e non pasa absolutamente nada. Despois preocúpame unha cousa que eu pensei que só ocurría na sociedade e que eran as parellas de feito. Agora xa aparecen ata na cultura as agrupacións de feito, me chamou, me impactou, me impactou saber que en cultura había agrupacións de feito e creo entender que serán tres persoas ou catro que se xuntan pola definición así lineal deste grupo de feito, digamos, que supoño que será que se xuntan tres ou catro personas e solicitan algo. Ó mellor son dúas sóas, pero faime gracia ver, unha, cando solicitan axudas por agrupacións de feito, lle puxen tres interrogacións e de verdade que eran ben grandes, porque ata o das parellas de feito eu había chegado pero a agrupacións de feito aínda non fun capaz de chegar. Quería continuar tamén con outra, coas bases de actividades deportivas promovidas por asociacións e entidades e agrupacións sen fins de lucro na provincia de Pontevedra. E teño que dicir que me fixo moita gracia o exemplo que se puxo na Comisión porque se falou do Granada - Dakar, e teño que dicir que ese exemplo se ben se utilizou para xustificar actividades que non figuren subvencionadas no Convenio Deputación-Xunta de Galicia e actividades deportivas ou que aínda figurando sexa para un evento fóra da actividade normal do clube, que é o que poñen as bases. Faime gracia porque o París-Dakar concretamente está subvencionado por toda canta empresa hai, polo deporte e por todo, e é máis as persoas que participan no París-Dakar, normalmente viven durante todo o ano traballando para o París-Dakar. Co cal me parece un exemplo moi pouco válido aínda que se poida reducir ó interese provincial. Non ten sentido xa este exemplo para nada e mentras tanto cando se poñen estes exemplos tan importantes aquí, mentras tanto os Concellos están sobrevivindo pois dende os Patronatos dos Deportes cos cartos que teñen os propios Concellos e con algunha subvención así que pode caer, que son subvencións deslabazadas e que non teñen sentido, que non son rigurosas no sentido de potencia-la actividade deportiva, senón que son ailladas e en todo caso responden sempre a un interese persoal do grupo que estea gobernando no momento. E volvo a insistir tamén neste apartado de subvencións a actividades de agrupacións sen fins de lucro, volven a aparece-las agrupacións de feito, e claro quedo mosqueadisima, a verdade non podo evitar, despois hai cousas tan graciosas como que se contradice un apartado con outro, nun fálase de que a cantidade de diñeiro non pode supera-los dous millóns de pesetas e noutra fálase de que as subvencións poderán acadar ata o 50% do custe da totalidade da actividade. Eu se presento unha actividade de sete millóns de pesetas por exemplo, pois teño que recoñecer que sen ningún outro apartado no que diga que a exclusión é única e exclusivamente en base a dous millóns de pesetas, pois aquí poderíase solicitar ata que lle dese a gana a un. Se ben hai outra das bases en que si figura o feito de que o máximo que se pode pedir son dous millóns de pesetas, noutra das bases que se presentan hoxe a Pleno. E no da Olimpiada Provincial 1999, eu propoñeríalle á Deputación que propuxera actividades escolares, extraescolares 1999. E como non teño máis que dicir pois moitas gracias. ¡Ah!, por certo nós vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Muchas gracias. Por parte de nuestro grupo no voy añadir prácticamente nada. Estoy de acuerdo con D. Cesáreo en que son unas bases que siguen la línea de los últimos años, creemos que estuvieron funcionando bien, y en cuanto al dinero es el que hay. Evidentemente a todos nos gustaría también duplicarlo o triplicarlo pero hay que ajustarse a lo que tenemos, se ha incrementado en parte, cinco millones sobre el presupuesto del 97, y las aportaciones a los grupos, el incremento es de cinco mil pesetas por grupo, podría ser más pero repito que es el que es. También estoy convencido de que si hubiésemos cambiado mucho las bases y hubiésemos aumentado mucho el dinero en este momento nos estarían acusando muy probablemente de electoralistas. Como las mantuvimos más o menos igual por lo menos hoy no se oyó eso. Algo hemos conseguido. Por lo que se refiere a Doña Ramona yo simplemente le aclararía dos temas, "agrupaciones de feito" no es ningún término extraño, sino simplemente aquellas agrupaciones de personas que no estén constituídas como asociación legalmente. Cualquiera grupo de personas que quiera celebrar una actividad cultural puede tener acceso a eso, pero eso no es nuevo de este año, en las bases de los años anteriores estaba también, no sé por que le extraña este año, es de otros años. Es decir, como curiosidad en el París-Dakar, que no es París-Dakar que es Granada-Dakar, fué el último año, no confunda los grandes grupos empresariales con presupuestos multimillonarios con los aficcionados que van, en este caso concreto la ayuda era a un aficcionado de la provincia, con coche matrícula de Pontevedra y que curiosamente salió, por lo menos yo lo vi en tres reportajes nacionales que estaba financiado por la Diputación, que era un privado y que llegó además hasta la meta curiosamente, o sea, que encima hizo un buen papel y la ayuda yo no recuerdo, setecientas mil pesetas, tampoco arruinó el presupuesto de deportes para eso y salió en todos los medios nacionales, televisión incluída más de una vez. Sra. Castaño. Sra. Castaño López.- Home, eu que as agrupacións de feito eran eso, case o daba por entendido, porque eu no meu vocabulario case aparece escrito. Pero chámame a atención porque hai uns mecanismos oficiais para dirixirse a todos eses organismos e existen e aquí na Deputación, son asociacións, son Concellos, incluso figuras como agrupacións veciñais que si existen como tales, pero eu que se xunten tres persoas e que fagan unha agrupación de feito, de verdade que non teño, nestes catro anos que levo e tres tardei en aprender e un agora en espabilar, pois sigo sen entendelo. Non ten sentido que tres persoas existindo outros mecanismos de acceso ás institucións que fagan pola súa conta pois actividades como por exemplo, sen ir máis lonxe, no Concello de Vilagarcía apareceu un día unha instalación eléctrica nun barrio e non funcionaba, e chaman ó Concello e o Concello non se había enterado da existencia desa actividade porque fora feita por estas agrupacións de feito e coa Deputación. Home, se eso é normal pois entón o entendo perfectamente porque ademais teño unha capacidade moi grande de comprensión, agora que me pareza lóxico e sexa defendible, eu se estivera aí sentada costaríame poder defendelo porque para defender unha cousa teño que crer nela. Sr. Presidente.- Muchas gracias. Si no tiene, ni estamos defendiendo una cosa, si nos da lo mismo, lo que pasa que por que va a limitar que se reunen una serie de vecinos y quieren hacer una actividad cultural por que le va a limitar el posible acceso a una subvención. No lo entiendo, aparte que se dan muy pocos casos, pero si alguno se da por que se lo vamos a limitar. Dependerá de la actividad cultural que quieran hacer, esa es otra cosa y ahí si que podríamos hablar, y que sea interesante y que sea buena, ahora negárselo de entrada, nosotros lo vamos a mantener. Sra. Castaño López.- Lo que está claro es que la mayoría es suya, o sea, ahí si que no voy a entrar, pero que tres personas puedan dirigirse a un organismo oficial existiendo mecanismos por los que llegar me parece del todo ridículo, pero ya digo, en todo caso el Partido Popular tiene la mayoría absoluta y esta es una opinión de un grupo que está en la oposición que es el Partido Socialista. Nada más. Sr. Presidente.- Muy respetable por otro lado, si señora. Pasamos a votación entonces. Votamos los puntos 2, 3, 4 y 5. ¿Votos en contra?. El PSOE y el Bloque. Abstenciones no hai. El resto votamos a favor. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cultura, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do Grupo Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG, aproba-las Bases do Plan Cultural de Actuacións-1999, e que son as seguintes: PLAN CULTURAL 1999 B A S E S 1.- A Excma. Deputación Provinical, no seu afán de impulsar e fomenta-la cultura popular nas múltiples e variadas expresións artísticas, e en colaboración cos Concellos, Agrupacións, Entidades e Asociacións Culturais retribuirá coa cantidade existente na partida 99/451.451.226.11 ós grupos activos na provincia, polas actuacións que realicen. 2.- Poderanse acoller a estas axudas as seguintes Agrupacións da Provincia: - Bandas de Música. - Masas Corais. - Grupos Folclóricos. - Grupos de Gaitas. - Rondallas. - Ballet e Danza. - Música Clásica. - Música Tradicional. - Teatro. - Maxia e Humor. - etc., etc., ... 3.- Os interesados farán a solicitude de inclusión neste Plan, que presentarán no Rexistro Xeral deste Organismo ata o 20 de febreiro de 1999, no modelo oficial que facilitará o Departamento de Cultura, acompañada do CIF do colectivo, curriculum e documentación prevista na base 8. As peticións faranse polas Asociacións, Centros Culturais, etc., para todos aqueles grupos encadrados nelas e para os restantes, será preciso adxuntar unha acta de constitución asinada polos seus compoñentes, onde conste a designación do representante e certificación bancaria da conta aberta a nome do grupo. 4.- A selección e inclusión dos Grupos peticionarios farase pola Comisión Informativa de Cultura da Deputación, que poderá interesar de Técnicos e expertos en cada unha das materias, os informes e asesoramentos necesarios, propoñendo ó órgano competente a súa aprobación definitiva. 5.- Cada actuación será retribuída cos seguintes importes: GRUPO IMPORTE BANDAS DE MÚSICA Grupo A 75.000 ptas. Grupo B 65.000 ptas. Grupo C 55.000 ptas. MASAS CORAIS Grupo A 35.000 ptas. Grupo B 30.000 ptas. Grupo C 25.000 ptas. GRUPOS FOLCLÓRICOS Grupo A 35.000 ptas. Grupo B 25.000 ptas. Grupo C 20.000 ptas. MÚSICA TRADICIONAL Bandas de Gaitas 30.000 ptas. Grupos Gaitas 20.000 ptas. Rondallas 30.000 ptas. Folc Tradicional 35.000 ptas. MÚSICA CLÁSICA Grupo A 30.000 ptas. Grupo B 25.000 ptas. Grupo C 20.000 ptas. Orquestras 45.000 ptas. GRUPOS VARIOS Ballet e Danza 30.000 ptas. Maxia e Humor 25.000 ptas. Outros ... 25.000 ptas. GRUPOS DE TEATRO Grupo A 70.000 ptas. Grupo B 50.000 ptas. Grupo C 30.000 ptas. 6.- O pagamento das actuacións efectuarase unha vez acreditada a súa realización no modelo oficial de factura debidamente cumprimentada, e facilitada polo Departamento de Cultura, e a conformidade do Organismo, Asociación ou Entidade beneficiaria. Esta documentación será presentada no prazo máximo de 30 días. 7.- As agrupacións seleccionadas comprométense e obrigan a executa-las actuacións que lle asigne a Deputación nos distintos Municipios e Centros Culturais da Provincia, e soamente en casos de forza maior, debidamente xustificados, quedarán exentas de dito convenio. As Bandas de Música e Conxuntos Musicais non poderán actuar en Festas ou Conmemoracións Populares programadas por particulares ou Comisións Patronais, excepto en Concertos. Os adxudicatarios de cada actuación, están obrigados a facer mención da Deputación Provincial na propaganda e publicidade que confeccionen. 8.- As Agrupacións incluídas no Plan clasificaranse da seguinte maneira: 1.- BANDAS DE MÚSICA a) As que teñan un mínimo de 55 membros, 9 anos de antigüidade e Escola de Música. b) As que teñan un mínimo de 50 membros e 7 anos de antigüidade. c) As que teñan un mínimo de 30 membros e 2 anos de antigüidade. Para ser incluídas nos respectivos epígrafes, presentarán a seguinte documentación: - Relación nominal de compoñentes e DNI e NIF da Entidade. - Relación de alumnos e profesorado da Escola de Música. - Estatutos legalizados, tratándose de Agrupacións que participan por primeira vez. 2.- MASAS CORAIS a) As que teñan un mínimo de 45 membros e 9 anos de antigüidade. b) As que teñan un mínimo de 40 membros e 7 anos de antigüidade. c) As que teñan un mínimo de 30 membros e 2 anos de antigüidade. Para ser incluídas nos respectivos epígrafes, presentarán a seguinte documentación: - Relación nominal de compoñentes co seu DNI e o NIF da Entidade. - Estatutos legalizados, tratándose de Agrupacións que participan por primeira vez. 3.- GRUPOS FOLCLÓRICOS a) Os que teñan 30 membros, 8 anos de antigüidade, Escola de Baile e acrediten documentalmente a realización de actividades de investigacións, etnografía, etc. ... b) Os que teñan 20 membros, 6 anos de antigüidade e Escola de Baile. c) Os que teñan 16 membros e 2 anos de antigüidade. Para ser incluídos nos respectivos epígrafes, presentarán a seguinte documentación: - Relación nominal de compoñentes co seu DNI e o NIF da Entidade. - Relación de alumnos da Escola de Baile. - Estatutos legalizados, tratándose de Agrupacións que participan por primeira vez. 4.- MÚSICA CLÁSICA, MÚSICA TRADICIONAL, VARIOS E TEATRO Para ser incluídos neste epígrafe, presentarán a seguinte documentación: - Relación de compoñentes co seu DNI e o NIF da Entidade. - Programación a desenvolver. 9.- As Entidades solicitantes de Grupos Artísticos disporán dun escenario ou marco axeitado, para que éstes poidan efectuar a súa actuación sen ningún impedimento. Débense poñer en contacto con eles, para coñece-las condicións e facilitarlles o concerto ou escenificación da obra. 10.- As peticións para actuacións destes Grupos solicitaranse un mes antes da data da súa celebración, non concedéndose máis dun Grupo por cada acto a celebrar. 11- O presente Plan Cultural terá vixencia durante todo o ano 1999. ------ Folla: 8,9 3.4295.- BASES DE SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES CULTURAIS 1999 De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cultura, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do Grupo Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG, aproba-las Bases de Subvencións para Actividades Culturais promovidas por Entidades, Asociacións e Agrupacións Culturais sen fins de lucro-1999, e que son as seguintes: BASES DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES CULTURAIS PROMOVIDAS POR ENTIDADES, ASOCIACIÓNS E AGRUPACIÓNS SEN FINS DE LUCRO 1.- A Deputación Provincial de Pontevedra, no seu Orzamento ordinario de 1999, inclúe un crédito destinado para axudar economicamente a Entidades, Asociacións e Agrupacións sen fin de lucro desta provincia, coa finalidade de colaborar nas actividades culturais que estas organicen, con cargo á partida 99/451.451.489.05. 2.- Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes, só se poderán financia-las que se realicen no ano 1999 e sexan esencialmente culturais, tales como: concursos literarios, periodísticos, actos folclóricos e musicais, congresos, cursos, conferencias, etc. En ningún caso se atenderán as relativas a obras e reparacións de centros ou locais. 3.- O importe da subvención graduarase en función dos seguintes criterios: interese xeral da actividade, número de persoas que poidan participar ou disfrutar da mesma, custe en función da capacidade económica da Entidade e porcentaxe que solicite como subvención, fomento e conservación dos valores culturais, artísticos, folclóricos e históricos da localidade que resalten aspectos importantes da Comunidade Autónoma. 4.- As peticións formularanse no modelo oficial que facilitará o Departamento de Cultura e presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación ata o 30 de xuño de 1999, adxuntando necesariamente copia do CIF ou DNI dos responsables das Asociacións, Entidades e Agrupacións de feito sen personalidade xurídica, facendo constar expresamente que se responsabilizan solidariamente de emprega-las axudas na actividade solicitada, así como de devolvelas no suposto que deban reintegrarse. Cada Entidade poderá pedir para varias actividades, e a subvención de cada unha non será superior ás 500.000 ptas.; A totalidade máxima, por beneficiario será a de 2.000.000 de pesetas. Cando se soliciten axudas por Agrupacións de feito, deberán aportar acta de constitución firmada por tódolos seus compoñentes, onde fagan constar a designación do seu representante, e certificación bancaria da conta aberta a nome daqueles. 5.- As subvencións poderán chegar ata o 50% do custe da actividade, sen supera-lo límite fixado na base anterior, autorizándose como pago anticipado ata a mitade do seu importe, sempre que se pida e expoñan os motivos e razóns que o xustifiquen, ademais da expresa autorización da Intervención mediante informe positivo. 6.- Os beneficiarios das subvencións deberán xustifica-la súa inversión no prazo de 3 meses a partires da súa realización e en todo caso antes do 30 de marzo do ano 2000, segundo o disposto na Base 24 de Execución do Presuposto. A tal fin, remitirán documentación orixinal ou compulsada, consistente en facturas, recibos, certificados, etc., onde se identifique ó beneficiario ou proveedor, consignando nome ou razón social, NIF ou CIF, domicilio, número de factura e data de expedición, sinatura e conformidade de ser pagada. De non cumprirse ditos requisitos, a subvención quedará automaticamente anulada. 7.- As cantidades concedidas deberán ser reintegradas nos seguintes supostos: a) Obtelas sen reuni-las condicións esixidas. b) Incumpri-las condicións expostas ou a finalidade da axuda. c) Cando o importe recibido supere o que corresponda en función da porcentaxe en relación ó custe da actividade. d) Infrinxi-lo resto das condicións fixadas nestas bases. 8.- As subvencións a conceder serán informadas e propostas pola Comisión Informativa de Cultura ou órgano correspondente para a súa aprobación definitiva. ------ Folla: 9,10 4.4296.- BASES DE SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS 1999 De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Deportes, Xuventude e Turismo, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do Grupo Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG, aproba-las Bases de subvencións para Actividades Deportivas promovidas por Entidades, Asociacións e Agrupacións sen fins de lucro-1999, e que son as seguintes: BASES DE SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS PROMOVIDAS POR ASOCIACIÓNS, ENTIDADES E AGRUPACIÓNS SEN FINS DE LUCRO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 1.- Teñen por obxecto conceder axudas económicas a Asociacións e outras Entidades ou Agrupacións, sen fins de lucro, que non figuren subvencionadas no Convenio Deputación-Xunta de Galicia de actividades deportivas ou aínda que figurando, sexa para un evento fóra da actividade normal do Club e que desenvolvan actividades na provincia de Pontevedra, para colaborar á organización das mesmas, con cargo á partida 99/451.452.48904 do Orzamento ordinario de 1999. Excepcionalmente poderán concederse subvencións a persoas físicas que participen nunha actividade deportiva, mínimo de interese provincial, sen ánimo de lucro e que non pertenzan a ningún club ou entidade deportiva, debendo incluirse dotación presupostaria para isto. 2.- Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes, só poderán financiarse as que se realicen dentro do ano 1999, tales como concursos, probas, campionatos, torneos, exhibicións, etc., ..., que teñan o carácter de abertas ó público en xeral. 3.- A concesión, e no seu caso o importe da subvención, graduarase en función dos seguintes criterios: interese xeral da actividade; número de persoas que poidan participar ou disfrutar da mesma; o seu custe en relación coa capacidade económica das entidades, e porcentaxe deste que se solicite como subvención; fomento da cultura física, da práctica dos deportes e a formación da xuventude. 4- As peticións formularanse no modelo oficial, adxuntando necesariamente copia do CIF ou DNI dos responsables das Asociacións, Entidades ou Agrupacións de feito sen personalidade xurídica, facendo constar expresamente que se responsabilizan solidariamente de emprega-las axudas na actividade solicitada, así como de devolvelas no suposto que deban reintegrarse. Cada Asociación, Entidade ou Agrupación poderá solicitar cantas desexe, dende a publicación destas normas, presentándoas no Rexistro Xeral da Deputación ata o 30 de xuño de 1999, se ben en ningún caso a subvención para cada actividade poderá exceder dos dous millóns de pesetas (2.000.000). Cando se soliciten axudas por Agrupacións de feito, deberán aportar acta de constitución asinada por tódolos seus compoñentes, onde fagan constar a designación do seu representante e certificación bancaria da conta, aberta ó nome daqueles. 5.- As subvencións poderán acadar ata o 50% do custe total da actividade que se concede, debendo xustifica-lo seu investimento mediante documento que acredite que se celebrou o acto ou actividade subvencionada, á que se unirá relación de gastos realizados e facturas ou recibos onde figuren o NIF ou CIF, domicilio, data de expedición, número de factura e conformidade de ser pagada, segundo o disposto na base 24 de Execución do Presuposto. 6.- O pagamento realizarase unha vez que se xustifique o importe total subvencionado, sendo posible un anticipo do 50% da subvención, nos casos en que, previa solicitude do beneficiario, así o autorice a Deputación Provincial, previo informe da Intervención. 7.- As subvencións deberán estar xustificadas dentro dos tres meses seguintes á realización da actividade e en todo caso, antes do 30 de marzo do 2000, data na que serán anuladas automaticamente as que poidan existir pendentes de xustificación. 8.- As cantidades concedidas deberán reintegrarse nos seguintes casos: a) Non xustificarse no prazo establecido. b) Conseguilas sen reuni-las condicións solicitadas. c) Incumpri-las condicións sinaladas ou destinadas a finalidades distintas, sen previa autorización. d) Cando o importe recibido supere o que corresponda en función da porcentaxe, en relación ó custe da actividade. 9.- As subvencións a conceder, serán informadas e propostas pola Comisión Informativa de Deportes, Xuventude e Turismo ó órgano correspondente para a súa aprobación definitiva. ------ Folla: 10,11 5.4297.- BASES DA OLIMPIADA PROVINCIAL 1999 De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Deportes, Xuventude e Turismo, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do Grupo Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG, aproba-las Bases da Olimpiada Provincial 1999 e que son as seguintes: OLIMPIADA PROVINCIAL 1999 Esta Deputación Provincial de Pontevedra, no seu afán de fomenta-lo deporte popular, vén celebrando en colaboración cos Concellos, actividades deportivas dirixidas ó público en xeral, que polo éxito acadado en anos anteriores, considera convinte conservar. A súa programación rexírase polas seguintes B A S E S 1.- MARCHAS POPULARES Consisten na realización de carreiras pedestres por tramos urbáns ou rurais nos Concellos, de conformidade cos seguintes requisitos: a) Poderán participar tódalas persoas maiores de 10 anos en categorías masculina e feminina, correndo a cargo da Deputación os gastos, premios, organización e control das probas. b) O Concello sinalará a data idónea e o percorrido, encargándose igualmente de mante-la orde coa Policía Municipal. 2.- FESTAS DA BICICLETA Teñen por obxecto realizar marchas ciclistas populares de percorrido non superior a 10 km., podendo participar quen o desexe sen límite de idade, e conforme ós seguintes requisitos: a) A Deputación Provincial sufragará os gastos, organización, carteis anunciadores, concesión de premios e organización e control das probas. b) O Concello sinalará a data para a súa celebración, e o percorrido a efectuar (indicando lugar de concentración para a saída e de chegada), encargándose da orde coa Policía Municipal. 3.- Os Concellos interesados, solicitarán soamente unha das probas fixadas anteriormente, mediante escrito presentado no Rexistro Xeral desta Deputación, ata o 30 de xuño de 1999, adxuntando compromiso formal de que no suposto de ser favorecidos con algunha delas, cumprirán e garantizarán o sinalado nestas bases. 4.- A fin de garantizar e evitar calquera percance que poidan sufri-los participantes, concertarase a correspondente póliza de seguros. 5.- A concesión das probas ós peticionarios, encoméndase á Comisión de Goberno, previa selección efectuada pola Comisión Informativa de Deportes, Xuventude e Turismo, ata agota-la consignación presupostaria. ------ Folla: 11,15 6.4298.- APROBACIÓN DO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVICIOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL E ESTRADAS DE 1999 [ PPC/1999] Sr. Presidente.- Y si les parece correcto podemos agrupar el 6, 7, 8, 9 y 10. ¿Les parece correcto?. ¿Alguna intervención sobre estos puntos?. Sr. Mosquera por el Bloque. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, bueno, nós pedimos que se agrupen agora a intervención, falar de todos brevemente, pero despois á hora da votación non. De todas maneiras aquí xa, antes estabamos falando de 113.000.000, aquí estamos falando xa duns picos un pouquiño máis gordos, estamos falando, se se incluira o total que xa estaba aprobado do de Acción Municipal, pois se cadra estamos falando de 3.500 millóns ou algo dese tipo que xa é algo moito máis substancial. En todo caso o tema tamén está absolutamente desgastado, ben porque é absolutamente repetitivo ou ben porque no caso do POL que está aprobado hai cinco anos e non hai ningunha variación simplemente hai que ratifica-la aprobación para o 99 e nada máis. E chega ó extremo de que incluso queixas que houbo reiteradamente neste Pleno, que o Presidente, o Presidente titular, o Sr. Abeledo, nos ten deleitado con razoamentos de que era a última vez, pois volve a se-la última vez que nolo fan, por este ano por exemplo que no Plan que antes se chamaba POS e Rede Viaria Local que agora se chama Plan Provincial de Cooperación das Obras e Servicios, etc., etc., pois os criterios se lle comunican ós Concellos, se lle fai o Plan e despois se nos trae aquí, nós como membros desta Corporación e Deputados nos enteramos os últimos. Pois tamén volve outra vez e será tamén o último ano supoño, por este ano, para o ano que vén volverá a pasa-lo mesmo, porque xa levamos anos e anos. É sempre o mesmo, volta outra vez, dalle, incluso se sube o mínimo de cada Concello de 4.000.000 creando un desaxuste tremendo ou agravando o desaxuste que había na relación diríamos poboación ou extensión de cada Concello, primando tremendamente ós Concellos pequenos que xa existía e se agrava, pero bueno, en todo caso máis do mesmo, máis do mesmo, máis exactamente do mesmo. En canto ó Programa de Acción Comunitaria sigue sen haber un control serio por parte do Concello, incluso son obras en principio de competencia municipal, se declara así nas bases, pero despois se di que compete ó solicitante te-los permisos oportunos pero incluso na solicitude non se lle pide ese permiso, que poderán conseguir cando lle pareza, e despois á hora de entrega-la obra que sexa pois o Concello, non se obriga ós solicitantes a que o Concello lle dea o visto bo, e reciba esa obra ou a coñeza cando menos, non. Seguimos no mesmo, esto máis que Programa de Acción Comunitaria é o programa de pequenas obras para vender electoralmente os axentes electorais do PP e pois eso si que non é, aínda que sexa xa reiterado eso non é rutina, eso nos parece bastante grave. Acción Municipal subiu 250 millóns, tampouco hai ningún cambio, de mil millóns que hai este ano pasarlle a 1.250 coas mesmas bases, ou sexa, que todo bastante repetitivo, todo cos mesmos defectos cos que naceron e seguen erre que erre, non queren renunciar ó instrumento este de caciqueo que se chama Programa de Acción Comunitaria. Sr. Presidente.- Gracias. Por el PSOE, Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Bueno, vamos a ver. Para empezar estes son os plans en principio, o primeiro deles, o primeiro e o segundo, o que era Plan de Obras e Servicios e o Plan Operativo Local. No primeiro a un resúltalle "gracioso", que se nos estea dicindo que home, que recibimos máis cartos que en anos anteriores, e é certo se só falamos deste Plan, digo cartos do Ministerio, do Ministerio de Administracións Públicas. E é certo se só falamos deste Plan pero claro non é certo se contemplamos o conxunto e contempla-lo conxunto quere dicir que hai un plan que xa desapareceu porque en teoría cumpriu os obxectivos que eran os Plans de Acción Especial. E dende logo a nós nos gustaría, nos gustaría que houbera un debate nesta casa que podía ser hoxe o día dese debate para ver se os obxectivos que marcaban o Plan de Acción Especial, o que rematou o ano pasado se conseguiron ou non se conseguiron. Este debate non vai existir do mesmo xeito que durante anos, incluso cando se empezou co Plan de Acción Especial nós sistematicamente estabamos pedindo a enquisa de infraestructuras para ver se os Concellos que estaban nese plan realmente tiñan que estar ou non e nunca se nos facilitou por parte do grupo de goberno, ou sexa, rematou aquel plan e esa enquisa nunca se facilitou, volvo a repetir nunca se saberá se eses obxectivos que se perseguían con aquel plan se conseguiron ou non. E hoxe, falamos do Plan de Obras e Servicios no que aparece unha aportación do Ministerio de Administracións Públicas de 434 millóns de pesetas para esta provincia e no que se fai un reparto que o Grupo Socialista sempre criticou, o que pasa é que hoxe podemos apoia-la nosa crítica en algo máis, é dicir, nós hai anos que levamos dicindo que o sistema de reparto que se sigue aquí é un sistema que prima a uns Concellos e vou a poñer un caso concreto, neste plan, un caso concreto para que nos entendamos todos. Neste plan correspóndenlle ó Concello da Estrada 17 millóns de pesetas, correspóndenlle ó Concello de Pontevedra 12 millóns de pesetas. ¿Como se consigue esto, chegar a estas cifras?. Pois dun xeito moi fácil para o Partido Popular que é o seguinte: asígnanselle 4.000.000 fixos para tódolos Concellos e despois faise unha proporción co índice medio deducido do número de habitantes de dereito e extensión territorial. Deducindo os de máis de 20.000 habitantes a poboación de casco urbano. Pois ben, nós hai anos que levamos dicindo que habería que introducir, que habería que introducir máis cousas en estes criterios e falábamos do esforzo fiscal dos Concellos e falábamos dos núcleos de poboación e esto dicíamolo por unha razón que é a seguinte. A extensión é un argumento importante pero non pode se-lo máis importante porque os plans diríxense a servicios básicos da poboación e a poboación reside en núcleos. A contestación sistemática do Partido Popular foi sempre a mesma, é dicir, era absolutamente imposible, imposible, utiliza-los núcleos de poboación porque nin se sabía cantos había en cada Concello. E é curioso que a FEGAMP hai tres meses dirixiuse a tódolos Concellos desta provincia para que se manifestaran, manifestaran a súa opinión no sentido de que os cartos que reciben os Concellos do Fondo de Compensación, de Madrid, para ser máis exactos, que se introduxeran entre outros elementos os núcleos de poboación dos Concellos. É dicir, que o Partido Popular alí onde non lle interesa di que os núcleos de poboación non hai quen sepa cantos son e cales son, pero onde si lle interesa para opter máis recursos pois entón si fala de que hai que apoiar como criterio os núcleos de poboación para ese reparto. Ben, a realidade é que esto dá o reparto que dá e dá un reparto que favorece sempre fundamentalmente a Concellos nos que vostedes historicamente sempre obtiveron bos resultados e que tiveron incluso noutros plans para darlle máis cartos aínda e que ademais deso tamén se lles prima polo mesmo concepto no Plan de Acción Municipal, co cal fan os cidadáns de primeira que lle chamamos algúns dalgúns municipios da provincia de Pontevedra. E bueno, despois para realizar este plan que fan pois comunicarlle ós Concellos que lles corresponde tal cantidade e que pidan obras de acordo cos servicios básicos municipais contidos no artigo 26 da Lei 7/1985. E un ponse a mirar eses servicios municipais e resulta que eu non topo por ningún lado, por ningún, que cementerios privados firmen parte dos servicios básicos municipais como aparecen neste plan. Porque se me din cementerios municipais de acordo, pero cementerios parroquias non son municipais, son privados, e non deben entrar neste plan e aparecen algúns. ¿Que Escolas Taller aparecen dentro deste plan?. Home, teñen vostedes moitos outros plans para facelas, sen embargo tamén neste. É dicir, que hai unha serie de circunstancias que nos levan a dicir que loxicamente é certo o que dicía o Presidente en funcións, que se podían refundir. Non só se poden refundi-los diferentes puntos da discusión senón que ademais incluso podemos aforrarnos a discusión, é dicir, podemos coller calquera debate de hai catro anos e estaríamos falando do mesmo, é dicir, hoxe, a día de hoxe o hipódromo de Covelo, chámase empedrado do adro dunha capela, que é un servicio básico municipal, pero sigue sendo o mesmo, sigue sendo o tratar de gasta-los cartos á marxe da lei e retirándollos realmente a Concellos que non teñen cubertos eses servicios básicos para darlles a outros. Con respecto ó Plan Operativo Local é certo que é un plan que se aprobou o 17 de setembro de 1994, e no que aparecía un reparto de cartos para tódolos Concellos e unha serie de obras. Tamén é certo que curiosamente naquel momento o Grupo Socialista plantexaba que Administración, que Institución iba a compensar ós Concellos que ían a te-las obras nos últimos anos. Esa pregunta quedou sen resposta naquel momento e segue quedando sen resposta hoxe. ¿Por que razón?. Póñolles un exemplo moi concreto, un Concello que puxo no ano 94 para facer unha obra valorada en cen millóns de pesetas e que a terceira fase desa obra entra no 99, resulta que cando lle deberían corresponder 34 millóns de pesetas para facer pois por exemplo un quilómetro de carretera a día de hoxe ese mesmo quilómetro vale 50 millóns de pesetas. É dicir, ese Concello perdeu, con respecto ós outros Concellos, perdeu financiamento porque se lle extendeu no tempo. Curiosamente tamén maioritariamente aqueles Concellos naquel momento gobernados polo PSOE pasaron a te-las obras no ano 99, é curioso, mira-lo listado e salvo un, salvo un, tódolos demáis, dos que estaban gobernados polo PSOE, volvo a repetir, están nesa data. E tamén é certo, é dicir, que desgracia deben ter determinados cidadáns de vivir nun Concello e por vivir nese Concello concreto e determinado tocarlles menos. Mala sorte sería unha vez, cando é de xeito sistemático non é mala sorte, eso chámase doutro xeito. Como esta agrupación é así un pouco grande, home, a min ocurréseme, ocurréseme, que cando vostedes no punto 10 modifican a base do Plan de Acción Municipal para introduci-los 250 millóns de pesetas amáis do Plan de Acción Municipal que se vai a repartir este ano, a min só me queda dicir, home é que esto é un absurdo, dixémolo no Pleno dos Presupostos, non é que sexan 250 millóns de pesetas máis, hai 250 millóns de pesetas, é dicir, nas previsións, nas peticións do que vostedes querían darlle no plan do ano pasado e que lle deron a tódolos Concellos resulta que hai compromisos amáis por parte de vostedes de 250 millóns de pesetas e entón bueno agora visten o santo e aparece aquí, pero sigue tendo os mesmos defectos que tiña o plan no seu conxunto. E para rematar no tema de aprobación das bases reguladoras de mellora e conservación de instalacións deportivas para o exercicio do 99. Mire, Sr. Presidente, un exemplo moi concreto, e o dixen aquí en máis dunha ocasión, é dicir, dende logo o Grupo Socialista non vai a estar baixo ningún concepto por apoiar plans que ó final non polo que din as bases senón pola utilización que fan vostedes das bases chegue como se chegou no ano pasado a que un Concello determinado, o Concello da Cañiza, reciba deste plan catro millóns de pesetas para o mantemento dun servicio municipal, concretamente para o mantemento da piscina municipal. Para este tipo de cousas nós non vamos a apoiar ningún plan. Unha cousa é facer reformas, facer conservación e o que queiran, pero xa chegar ó extremo de pagarlle os gastos ós Concellos, os gastos que teñen que xera-los propios usuarios, nós non estamos por apoiar este tipo de plans. Polo tanto se quere non temos ningún inconvinte en votar en bloque e en votar en contra, se me permite é que como fixo a fusión, pero a fusión foi moi grande e entón me queda unha cousa, mire, o Plan de Acción Comunitaria. No Plan de Acción Comunitaria que é onde cabe absolutamente todo, é dicir, as agrupacións de feito ás que se refería Ramona antes, é dicir, se reunen tres persoas, teñen que ter unha condición, dúas condicións básicas, unha que sexan máis de dous, para ser agrupacións, e a segunda condición básica é que sexan militantes do Partido Popular. Despois depende en función de en que Concello se faga o tema, é dicir, se é nun Concello no que vostedes están gobernando pois vai a través do Concello, se é nun Concello no que vostedes están na oposición faise a través desas agrupacións de feito e danse situacións tan curiosas como a seguinte: Plan do ano 1997, tiña que estar xustificado antes do 20 de decembro de 1998 e o digo porque o comentei en Comisión e pedín os datos. Bueno pois mes e medio despois de ter que estar xustificados resulta que aínda hai obras sen facer. Dous anos despois da concesión hai obras sen facer e parece que agora algúns están pedindo prórroga, bueno, non sei se a prórroga vai ser de catro anos máis, de cinco anos máis ou de canto vai a ser, pero dende logo cando se produce esto este tipo de plans non funciona, non funciona para facer obras, funciona para facer clientelismo que parece que a vostedes gústalle moito e lle dá bos resultados. Loxicamente nós para nada podemos apoiar este tipo de cuestións e me dá igual se quere a votación conxunta ou por separado. Ó mellor se o fai por separado nos abstemos en algo, se a fai conxunta votamos a todo en contra e nos quedamos moi a gusto, incluso máis a gusto que facela por separado, que quere que lle diga. Nada máis. Sr. Presidente.- Muchas gracias. Por nuestra parte muy brevemente. En lo que se refiere al PPC, Plan Provincial de Cooperación de Obras y Servicios dicir simplemente que pasan de los mil millones de pesetas que son mil veintinueve millones de pesetas, de los que el Estado aporta 434 millones y la Diputación 355 por 240 de los Concellos. Este plan como saben sustituye al POS y la Red Viaria y tiene una parte importante que yo es lo que quería destacar que 236 millones van destinados a las carreteras provinciales dentro de este plan. Por lo que se refiere al POL ya lo avanzaron ustedes, es el último año, con lo cual a ver si ganamos entre todos la reducción de la sopa de siglas y podemos suprimir uno y quedar encuadrado dentro del anterior. Aunque las obras dentro del POL estaban fijadas ya desde hace seis años, no intervino este equipo de gobierno en ellas, lo que si es cierto como saben también ustedes es que los Concellos las pudieron cambiar, por lo tanto, no se dió el problema que usted plantea. Por lo que se refiere al Plan del Programa de Acción Comunitaria ya sabemos que los dos grupos de la oposición mantienen desde que lo pusimos en marcha su oposición radical al mismo, y nosotros cada día estamos más convencidos de que funciona mejor, cada vez más, la pena fué no poder incrementar las partidas destinadas al mismo. Como dato les diré que en el año 98 hubo peticiones de subvenciones dentro de este programa por importe de 1.500 millones de pesetas. Están en el departamento correspondiente todos los expedientes para quién lo quiera ver, por lo tanto es un plan que seguiremos apoyando y si es posible y la siguiente Corporación lo estima oportuno que incremente todavía más las aportaciones al mismo. Por último teníamos el Programa de Infraestructuras Deportivas que son 35 millones y se mantiene lo del año pasado y yo creo que usted D. Emilio está confundiendo este Programa con el derivado del CPAM, puesto que la ayuda para Piscinas fué a través del CPAM directamente a los Ayuntamientos no a este Programa. Y en cuanto al Programa de Acción Municipal yo creo que la aportación que se hace este año es importante, no es para pagar compromisos, como comprenderán. El año pasado se hizo para dos años, para 98 y 99, se aportaban en el 98 470 millones y se hizo el esfuerzo de aportar 1.000 millones del año 99, porque en este año en los Presupuestos no sólo se mantiene, como no podía ser de otra manera, los mil millones de pesetas sino que se incrementa en 250 millones ya directamente e incluso espero que tengamos la posibilidad de con los remanentes del Presupuesto incrementar todavía más esta cantidad. Por nuestra parte nada más si quieren pasamos a votación separada, no nos lleva mucho tiempo. Punto 6, el Plan Provincial de Cooperación de Obras y Servicios. ¿Votos en contra?. PSOE. ¿Abstenciones?. Bloque. El PP vota a favor. Punto 7, el Programa Operativo Local, objetivo 1 1999. ¿Votos en contra?. No hay. ¿Abstenciones?. Bloque y PSOE. El resto votamos a favor. Punto 8, aprobación de bases reguladoras de Acción Comunitaria. ¿Votos en contra?. PSOE y Bloque. Abstenciones no hay. El resto votamos a favor. Punto 9, bases reguladoras do Programa de Mellora de Instalacións Deportivas. ¿Votos en contra?. Bloque y PSOE. Abstenciones no hay. El resto votamos a favor. Punto 10, modificación da base primeira do Programa de Acción Municipal. ¿Votos en contra?. PSOE. ¿Abstencións?. Bloque. El resto votamos a favor. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do Grupo Popular e co voto en contra do PSOE e a abstención do BNG, aproba-lo Plan Provincial de Cooperación 1999, seguindo o RD 1328/1997, de 1 de agosto, polo que se regula a cooperación económica do Estado ás inversións das Entidades Locais, conforme ás seguintes estipulacións: 1) O Plan Provincial de Cooperación para 1999, afectará a tódolos Concellos da Provincia. 2) As obras incluídas no Plan seleccionáronse en base ás propostas formuladas polos Concellos, dedicadas fundamentalmente a cubri- los servicios básicos municipais, conforme prevé o artigo 26 a), da Lei 7/1985, e as normas do Ministerio de Administracións Públicas. 3) A cantidade que aporta o MAP ascende a CATROCENTOS TRINTA E TRES MILLÓNS NOVECENTAS NOVENTA E NOVE MIL NOVECENTAS VINTEOITO PESETAS (433.999.928). 4) A distribución municipal cífrase en base a un módulo fixo e igual para tódolos Concellos de CATRO MILLÓNS DE PESETAS (4.000.000), e outro proporcional por aplicación do índice medio deducido do número de habitantes de dereito e extensión territorial de cada término municipal. Como elemento corrector ós municipios de poboación igual ou superior a 20.000 habitantes dedúceselles a poboación da capitalidade. A cantidade así obtida, co fin de que a aportación do Estado non supere o 40%, repártese de tal sorte que sumadas as aportacións da Deputación e o Estado fosen igual ó 70%. A parte destinada a rede viaria provincial increméntase cunha cantidade igual por parte da Deputación, a fin de que as obras se financien ó 50%, tal como establece o Real Decreto. 5) Desta maneira o financiamento total queda como segue: Aportación do Estado 433.999.928 ptas. Aportación da Deputación 355.090.842 ptas. Aportación dos Concellos 240.034.523 ptas. TOTAL 1.029.125.293 ptas. As obras incluídas no Plan contémplanse no listado de ordenador adxunto. 6) Proponse así mesmo o Plan de Actuacións Complementarias, facultándose á Presidencia para a súa selección e proposta ó MAP, por anulacións de proxectos ou aplicación de remanentes por baixas. 7) A Deputación delega nos Concellos a contratación, seguimento e xustificación das obras incluídas no Plan. Se por calquera causa algún Concello non aceptara esta delegación, deberá ingresar na Tesourería Provincial a parte do financiamento que lle corresponda, no momento de serlle notificada a aprobación definitiva. 8) Este Programa considerarase definitivamente aprobado, se trala análise efectuada polo MAP non se fixeran observacións ó mesmo. 9) Seguiranse os trámites que prescribe a lexislación vixente en canto ás normas de exposición pública e participación ás Administracións interesadas. ------ Folla: 15,16 7.4299.- APROBACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO LOCAL, OBXECTIVO 1 DE 1999 [ POL/1999] Como consecuencia dos acordos plenarios de 15-09-94 e 13-12-94, polos que se aprobou o Programa Operativo Local 1994-1999 e o cambio de financiamento notificado polo MAP no seu escrito 5533 de 17 de setembro de 1994, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación, acorda por maioría de votos a favor do Grupo Popular e coas abstencións do PSOE e do BNG, aproba-lo Programa Operativo Local 1999, que se financiará como segue: Administración Central (FEDER) 159.915.072 ptas. Administración Local (FEDER) 728.502.064 ptas. Administración Central 60.657.430 ptas. Deputación 175.188.173 ptas. Concellos 120.557.556 ptas. TOTAL 1.244.820.295 ptas. Redondéanse as porcentaxes na obra nº 452. Adxúntase listado mecanizado de ordenador co financiamento por proxectos e totalizado. Como actuacións complementarias proponse as obras das que así mesmo se acompaña listado de ordenador, facultándose á Presidencia para selecciona-los proxectos en que inverti-los remanentes. A Deputación delega nos Concellos a contratación, seguimento e xustificación das obras incluídas no Programa. Se por calquera causa algún Concello non aceptara esta delegación, deberá ingresar na Tesourería Provincial a parte do financiamento que lle corresponde no momento que lle sexa notificada a aprobación definitiva do Programa. Este Programa considerarase definitivamente aprobado se trala análise efectuada polo MAP non se fixeran observacións ó mesmo. Seguiranse os trámites que prescribe a lexislación vixente. ------ Folla: 16,19 8.4300.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA PARA O EXERCICIO DE 1999 [PAC/1999] De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do Grupo Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG, aproba-las Bases Reguladoras do Programa de Acción Comunitaria para o exercicio de 1999, e que son as seguintes: BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA PARA O EXERCICIO DE 1999 PRIMEIRA.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra no uso das facultades que lle confiren os artigos 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e o 30 do RDL 781/86, de 18 de abril, acorda establecer e facer público o seguinte Plan de ACCIÓN COMUNITARIA. O seu financiamento e réxime acomodaranse ó determinado nestas bases. Dito programa financiarase con cargo ó crédito da partida 99/911.514-789.07 consignada a tal efecto no Presuposto de 1999 que ascende a 100.000.000 de pesetas e que poderá incrementarse mediante suplementación de créditos. SEGUNDA.- Os obxectivos das obras que se financiarán con cargo a este programa serán os seguintes: a) A mellora do medio rural e barriadas urbanas mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles, que permita ós seus habitantes unhas adecuadas condicións de vida. b) O desenvolvemento das Agrupacións veciñais ó obxecto de aumenta-la súa capacidade para resolve-los seus problemas. Dita solución requerirá a unión de recursos, esforzos e vontades. TERCEIRA.- As actuacións comunitarias caracterízanse pola concorrencia dos seguintes requisitos: a) Libre determinación dos veciños na elección das obras que desexan executar. b) Voluntariedade na participación e liberdade de ditos veciños sobre a forma de organizarse. CUARTA.- Dado o carácter municipal das actuacións a realizar en réxime de acción comunitaria, incumbe ás Agrupacións Veciñais obte-las licencias necesarias para acomete-las obras solicitadas, consonte ó disposto no art. 1º e seguintes do RD 2187/78, de 23 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Disciplina Urbanística. QUINTA.- Decidida pola Agrupación de veciños a realización da obra a executar con cargo a este programa, poden estes solicitala directamente á Deputación, axustándose ó modelo anexo a estas Bases. A dita solicitude acompañaranse os seguintes documentos: a) Proxecto ou Memoria descriptiva e valorada (ou presuposto), con expresión dos seguintes datos: - Unidades de obra e prezo unitario das mesmas. - Número de xornais a realizar por prestación persoal e de transporte, e valor dos mesmos (non podendo supera-lo valor que lle corresponde ó salario mínimo interprofesional). b) Conxunto dos acordos adoptados polos veciños para a realización das obras en réxime de Acción Comunitaria, asinada polos participantes ou os seus representantes, con expresión do número do DNI, sinalando expresamente o compromiso de completa-lo financiamento da obra mediante a aportación do traballo, transporte ou metálico, así como de asumi-los riscos que puideran xurdir con ocasión da prestación antes citada. c) Declaración responsable na que conste se a Agrupación de Veciños obtivo ou solicitou calquera outra axuda ou subvención para a mesma obra. d) Acta de constitución da Agrupación Veciñal, no seu caso. SEXTA.- O importe total das subvencións públicas destinadas a financiar obras en réxime de Acción Comunitaria non poderá supera-lo 50% do custe real das mesmas. Así mesmo, o importe total da subvención, que no seu caso, conceda esta Deputación non poderá exceder de 1.500.000 ptas. SÉTIMA.- A asignación de subvencións ás distintas obras farase en función dos seguintes criterios: a) Obras que teñan por obxecto a mellora do medio rural ou barriadas urbanas que supoñan un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles que permitan ós habitantes mellora-las súas condicións de vida. b) Obras que permitan o desenvolvemento das Agrupacións Veciñais e que supoñan un aumento na súa capacidade para resolve-los seus problemas, e que a solución requira a unión de recursos, esforzos e vontades. c) Obras que permitan a prestación íntegra e ordenada en todo o territorio provincial dos servicios de competencia municipal citados nos artigos 25 e 26 da Lei 7/85, de 2 de abril que a continuación se citan; coa excepción da compra de terreos: 1º Abastecemento domiciliario de auga potable. 2º Acceso ós núcleos de poboación e explotacións de interese económico. 3º Iluminación pública. 4º Pavimentación das vías públicas. 5º Outras obras de interese para a Agrupación, incluídas nos citados artigos 25 e 26. d) Se coa aplicación das normas antes citadas houbese solicitudes de obra que os cumpran por igual, aplicaranse os criterios seguintes: 1º Número de veciños beneficiarios da obra para a que se solicita a subvención. 2º A potencialidade económica da Agrupación Veciñal que solicita a realización de obras con cargo a este programa de Acción Comunitaria. 3º A necesidade das obras apreciada en razón da súa urxencia, estado material e condicións de uso. 4º Outras circunstancias globais de interese socioeconómico, que a xuízo do órgano competente se deban considerar. OITAVA.- Corresponde ó Presidente a concesión destas subvencións, previo informe da Comisión Informativa de Cooperación que se abonarán unha vez sexa xustificado o importe da obra realizada previa presentación dos seguintes documentos: 1.- Certificación técnica cos requisitos previstos na Base Décima se a obra se realizou por contrata, e se non é posible: a) Facturas orixinais ou duplicados, conformadas polo Presidente da Agrupación Veciñal. b) Certificación asinada polo Presidente da Agrupación Veciñal da prestación persoal e do transporte cos requisitos esixidos na Base Décima. 2.- Informe dos Técnicos provinciais correspondente ó obxecto de comproba-la realidade da inversión e que a obra executada se axusta ó previsto no proxecto ou presuposto, ou no seu caso, memoria valorada. O aboamento da subvención practicarase directamente á Agrupación Veciñal. NOVENA.- A xustificación destas obras farase mediante a emisión da correspondente certificación técnica, sempre que a obra sexa por contrata, e noutro caso, con informe dos técnicos provinciais da súa execución. Tanto unha como outro deben cumpri-los requisitos legais esixibles. A prestación persoal e o transporte deberá acreditarse mediante certificación na que se sinalen os datos identificativos dos veciños que traballaron na mesma e os xornais devengados por cada un deles, e se non é posible, os realizados en conxunto, e o valor unitario e total de ditos xornais. Os subministros e servicios contratados xustificaranse con factura orixinal ou duplicado, non se admitirán facturas fotocopiadas, ben sexan ou non autentificadas, cos requisitos que as fagan válidas a efectos legais. Deberán xustificar alomenos o dobre da cantidade subvencionada pola Deputación. DÉCIMA.- A documentación a que se refire a base anterior debe reflexa-la realidade da obra executada, sendo imprescindible que a obra realizada sexa a subvencionada. Non se admitirá o cambio de aplicación desta subvención a non ser que existan razóns excepcionais x
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota