Fondos
1999-02-26_Ordinaria. Acta de sesión 1999/02/26_Ordinaria
Acta de sesión 1999/02/26_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.359/2.1999-02-26_Ordinaria
Título Acta de sesión 1999/02/26_Ordinaria
Data(s) 1999-02-26 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 52 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 26 de febreiro de 1999 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vinteseis de febreiro de mil novecentos noventa e nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Carmen Avendaño Otero, D. Adolfo Campos Panadeiros, Dona Ramona Castaño López, D. Xosé Costa Díaz, D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, D. José Luis Fernández Lorenzo, D. Lino Fontán Mariño, Dona Ana Gandón Menduíña, D. Emilio González Iglesias, D. Oswaldo Lino González Pereira, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. Mario López Martínez, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Santiago Pazos Moreira, D. Julio Pedrosa Vicente, D. Amado Ricón Virulegio, D. Julio Sayáns Bugallo, D. Ramón Sestelo Fernández, D. Santiago Tirado Serén, D. Pablo Vázquez Caride e D. Manuel Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten os Sres. Deputados, D. Xosé Manuel Barros González, Dona Carmen Ferro Carballo, quen excusa a súa ausencia, D. Rafael Louzán Abal nin D. Roberto Vázquez Souto, quen tamén excusa a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a dar comezo ó Pleno ordinario correspondente ó mes en curso. 1.4320.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día. Aprobación do borrador da anterior sesión, ordinaria, do día 29 de xaneiro de 1999. ¿Hai algunha alegación?. Non hai ningunha alegación. Apróbase por unanimidade. Acórdase, por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 29 de xaneiro de 1999. ------ Folla: 52,53 2.4321.- CESIÓN Ó CONCELLO DE BARRO DUN TRAMO DA EP QUE VAI DENDE A C-531 (PONTEVEDRA - VILAGARCÍA) A N-550 (VIGO-A CORUÑA) Sr. Presidente.- Punto 2. Cesión ó Concello de Barro dun tramo da estrada provincial que vai dende a C-531 (Pontevedra-Vilagarcía) a N-550 (Vigo-A Coruña). ¿Hai algunha intervención?. Non hai intervencións. Procedemos á súa votación polo tanto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase a cesión ó Concello do tramo correspondente por unanimidade. Como queira que o Pleno desta Excma. Deputación Provincial, en sesión celebrada o 25-09-98, á vista da solicitude de cesión formulada polo Ilmo. Concello de Barro, e dos informes emitidos polo Servicio de Vías e Obras, acordou a incoación dun expediente de alteración da cualificación xurídica dun tramo da estrada provincial que vai dende a C-531 (Pontevedra - Vilagarcía) á N-550 (Vigo - A Coruña), sen que durante a súa exposición pública, dun mes, se produxeran reclamacións, como constata o oficio de 14-12-98 do Rexistro Xeral, e acordándose polo Pleno Corporativo de data 18-12-98 a resolución do mencionado expediente de alteración da cualificación xurídica, outorgando carácter patrimonial ó referido tramo de estrada provincial, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por unanimidade a cesión ó Ilmo. Concello de Barro do tramo de 1.040 m2 de extensión da estrada provincial que vai dende a C-531 (Pontevedra-Vilagarcía) á N-550 (Vigo-A Coruña), sito na parroquia de Portela, figurando o seu croquis no expediente, baixo as seguintes condicións: 1ª.- Que o seu destino de vía municipal de uso público se cumpra no prazo máximo de cinco anos, so pena de que o incumprimento de tal condición implique a reversión do ben a esta Excma. Deputación Provincial. 2ª.- Que dito destino se manteña durante os trinta anos seguintes. 3ª.- Que o Ilmo. Concello de Barro asuma as obrigas de conservación, mantemento e limpeza do referido vial. ------ Folla: 53,54 3.4322.- CESIÓN INMOBLE (PISO 2º, BLOQUE 1º, Rúa VIRXE DO CAMIÑO, Nº 7) Á ASOCIACIÓN DE ACCIÓN SOLIDARIA Sr. Presidente.- Punto 3. Cesión inmoble (piso 2º, bloque 1º, r/Virxe do Camiño) á Asociación de Acción Solidaria. ¿Algunha intervención?. Procedemos á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade a cesión do citado inmoble. Visto o expediente tramitado ó efecto a petición da Presidenta da Asociación de Acción Solidaria, solicitando a esta Deputación a cesión gratuita do piso 2º, do Bloque 1º do Edificio sito na rúa Virxe do Camiño, nº 7 de Pontevedra, co fin de dedicalo ó desenvolvemento das actividades sociais de dita Asociación, segundo resulta dos Estatutos que aporta a tal efecto. Considerando que a cesión gratuita dos bens das Entidades Locais require a previa instrucción dun expediente consonte ós requisitos establecidos no artigo 110.1 do RD 1372/86, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. Considerando que obran no expediente as certificacións e informes requeridos no anterior precepto. Considerando que corresponde a súa aprobación o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, e previa información pública por prazo non inferior a quince días, acorda por unanimidade a adopción do seguinte acordo: 1º.- Ceder gratuitamente á Asociación de Acción Solidaria o inmoble Piso 2º, bloque 1º, sito na rúa Virxe do Camiño nº 7 de Pontevedra, o cal se atopa inscripto no Rexistro da Propiedade de Pontevedra ó Tomo 541, Libro 202, de Pontevedra, folio 53, finca 1667. 2º.- O citado inmoble deberá ser destinado a casa de acollida, cedéndose por un prazo máximo de 3 anos, debendo manterse dito uso durante o citado prazo, pois en caso contrario revertirá a esta Deputación cedente. A presente cesión finalizará o 31 de decembro do ano 2002, momento no cal revertirá, en todo caso, de novo no Patrimonio desta Deputación cedente con tódalas súas pertenzas e cesións. 3º.- A cesión outórgase sen prexuízo das licencias e autorizacións que sexan necesarias no seu caso e en concreto da licencia de apertura, e así mesmo con estricto sometemento ós Estatutos da Comunidade de propietarios do inmoble. Tódolos gastos da Comunidade, así como os de electricidade, auga, teléfono, etc. e demáis gastos, correrán a cargo dos cesionarios. 4º.- Dispor que o citado expediente sexa sometido a información pública polo prazo de 15 días hábiles, mediante anuncios publicados no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de edictos, a efectos de reclamacións. No caso de que non se produxeran reclamacións quedará aprobada a cesión de forma definitiva. 5º.- Dar conta deste acordo de cesión á Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia, a efectos do seu coñecemento, por canto o valor do ben non acada o 25% dos recursos ordinarios do Presuposto Provincial. ------ Folla: 54,55 4.4323.- BASES DE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL-1999 Sr. Presidente.- Punto 4. Bases de axudas de emerxencia social para o ano 1999. ¿Hai algunha intervención sobre este punto?. Non hai intervencións. Procedemos á votación. ¿Votos en contra?. Non hai. ¿Abstencións?. Tampouco. ¿Votos a favor?. Apróbanse por unanimidade as bases de axudas de emerxencia social para 1999. De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Sanidade, Acción Social e Muller, o Pleno acorda por unanimidade aproba-las BASES DE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL-1999, que son do teor seguinte: BASES DE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL PARA O ACONDICIONAMENTO DE VIVENDAS, ANO 1999 A Deputación Provincial, sensible e preocupada polos graves problemas sociais que se dan na nosa sociedade, quere contribuir un ano máis á resolución dos mesmos, convocando con este fin axudas de emerxencia social para o acondicionamento de vivendas de acordo coas seguintes BASES 1ª. FINS. Considéranse axudas de emerxencia social aquelas destinadas a paliar situacións de persoas con fogares independentes afectadas por un estado de grave necesidade en canto a condicións de vida. Dado que aínda hai moitas familias que teñen vivendas que carecen das condicións mínimas de habitabilidade, daráselle prioridade a aquelas solicitudes orientadas á instalación de servicios conducentes á superación das mesmas, como poden se-la luz eléctrica, a auga, os servicios hixiénicos, a fosa séptica, etc. e tamén aquelas destinadas a favorece-lo autovalemento no fogar das persoas discapacitadas que os ocupan. 2ª. PRESUPOSTO. A cantidade consignada para este obxecto na partida 99/313-313-480.01, ascende a TRINTA E CINCO MILLÓNS DE PESETAS (35.000.000). 3ª. BENEFICIARIOS. Poderán ser beneficiarias das axudas aquelas familias que estean empadroadas ou teñan residencia efectiva en calquera dos Concellos da Provincia e que reúnan os seguintes requisitos: a) Que a vivenda sexa propiedade do solicitante e do seu cónxuxe ou parella, dos pais dos solicitantes cando formen unha unidade de convivencia, ou cando exista un contrato de usufructo en favor dos solicitantes da axuda. b) Carecer de ingresos suficientes para facer frente ós gastos derivados da situación de emerxencia. c) Non ter dereito a outras axudas oficiais establecidas para o mesmo fin, salvo no caso de que a Deputación as conceda como complementarias. d) Quedan excluídas aquelas solicitudes dirixidas ó pagamento de alugueres ou créditos bancarios hipotecarios da vivenda obxecto da axuda. 4ª. CONDICIÓNS E CRITERIOS. As condicións e criterios para a concesión das axudas serán as seguintes: a) Que a vivenda non reúna as condicións mínimas de habitabilidade. b) Que a unidade de convivencia careza de recursos para facer fronte ós gastos que as obras de acondicionamento da vivenda levan consigo. c) A contía das subvencións fixarase en función dos seguintes criterios: condicións da vivenda, situación económica da unidade de convivencia, nº de membros da familia, características dos mesmos, concurrencia de minusvalideces na familia, colaboración doutros organismos, asociacións veciñais, familiares, etc. tanto en material como en man de obra. En situación de igualdade darase prioridade ás familias numerosas ou con fillos menores. A contía máxima da axuda non poderá supera-las 300.000 ptas. 5ª. CONCESIÓN. As solicitudes serán valoradas pola Comisión Informativa de Sanidade, Acción Social e Muller, quen proporá á de Goberno a súa concesión ou denegación. 6ª. TRAMITACIÓN DO EXPEDIENTE E PRAZO DE SOLICITUDE: A) Os interesados presentarán a súa solicitude en modelo oficial, segundo modelo adxunto, no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra ata o día 15 de abril (engadido), adxuntando os documentos seguintes: a) Xustificación da propiedade da vivenda (ver Base 3ª, apartado a). b) Presuposto da obra para a que solicitan a axuda de acordo ás Bases. c) Declaración de ingresos por tódolos conceptos (salarios, pensións, rendas, retribucións de todo tipo) dos membros da unidade de convivencia familiar. d) Declaración de tódalas axudas percibidas para arranxo de vivenda nos dous últimos anos a través de calquera Organismo ou Administración Autónoma, Local ou Institucional. e) Calquera outro documento que a xuízo do solicitante apoie a petición. B) Unha vez estudiada a solicitude polos Servicios Sociais da Deputación e informada pola Comisión de Acción Social trasladarase á Comisión de Goberno para a resolución definitiva. C) O pagamento da axuda efectuarase previa xustificación dos gastos efectuados por parte do beneficiario, quen reintegrará a suma percibida no caso de non cumpri-lo destino ou modifica-la súa finalidade sen ter obtido autorización expresa para iso. ------ Folla: 55,61 5.4324.- BASES DE AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO CURSO 1999 - 2000 Sr. Presidente.- Punto 5. Bases de axudas para libros de texto curso 1999-2000. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Procedemos á votación. ¿Votos en contra?. Non hai. ¿Abstencións?. Tampouco. ¿Votos a favor?. Apróbanse por unanimidade as Bases de axudas para libros de texto curso 1999-2000. De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Sanidade, Acción Social e Muller, o Pleno acorda por unanimidade aproba-las BASES DE AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO CURSO 1999-2000, que son do seguinte teor: AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO-CURSO 1999-2000, CON DESTINO A FAMILIAS CON PROBLEMÁTICA SOCIO - ECONÓMICA A Deputación de Pontevedra, preocupada pola situación de emerxencia social na que se atopan moitas familias debido á grave problemática social e económica que presentan e que se fai máis patente cada ano coa posta en marcha do curso escolar, quere convocar axudas para a adquisición de Libros de Texto, curso 1999-2000, arbitrando unha fórmula de colaboración entre a Deputación e os Concellos da Provincia, que permita apoiar ás familias afectadas por este problema. Dita fórmula pretende acadar basicamente dous obxectivos: 1. Unificar criterios á hora de valora-las solicitudes e 2. Sumar esforzos a fin de incrementa-las axudas. BASES DA CONVOCATORIA 1ª.- PRESUPOSTO A cantidade consignada para este fin na partida 99/313-313-462.05 do Presuposto Ordinario da Deputación Provincial do presente ano ascende a QUINCE MILLÓNS DE PESETAS (15.000.000). 2ª.- DESTINATARIOS Os Concellos da Provincia que acorden asumi-las Bases da presente Convocatoria. 3ª.- REQUISITOS A) Dos Concellos Os Concellos interesados en beneficiarse desta Convocatoria deberán participar na mesma aportando unha cantidade equivalente á porcentaxe establecida sobre a aportación máxima da Deputación, segundo os seguintes criterios: Concellos/Nº Habit. Aport. máxima Deput. Aportc. Concello % (ptas.) De menos de 5.000 200.000 ptas. 30% = 60.000 ptas. De 5.001 a 10.000 200.000 ptas. 40% = 80.000 ptas. De 10.001 a 20.000 250.000 ptas. 50% = 125.000 ptas. De 20.001 a 50.000 400.000 ptas. 70% = 280.000 ptas. De máis de 50.001 500.000 ptas. 100%= 500.000 ptas. Nun primeiro momento resolveranse as solicitudes tendo en conta esta aportación máxima fixada pola Deputación, e no caso de que non se gastase o Presuposto total da Convocatoria, o sobrante distribuirase entre os Concellos que quixeran facer unha maior aportación (sempre será a porcentaxe establecida anteriormente sobre a aportación que faga a Deputación) e así o fixeran constar na proposta remitida á Deputación, seleccionándose aquelas solicitudes que obtiveran unha maior puntuación segundo baremo anexo 2. A contía das axudas que se aproben nos Concellos será a suma de ámbalas dúas aportacións. B) Dos beneficiarios das axudas Poderán ser beneficiarios das axudas aquelas familias que estean empadroadas ou residan nalgún Concello da Provincia e teñan fillos que realicen algún dos seguintes estudios: - Educación Infantil: Nivel A - Ensinanza Primaria: Nivel B - ESO: Nivel C C) Dos Ingresos da Unidade Familiar Para poder optar ás axudas é requisito indispensable que os ingresos económicos da unidade familiar se axusten ó seguinte baremo tendo en conta os ingresos da unidade familiar por tódolos conceptos, durante o ano 1998. No caso de que a súa situación se encontre incluída no mesmo haberá que segui-las indicacións do apartado I/, Punto 2, do Anexo 2 para avaliala. Nº membros familia Ingr. netos anuais (ingr. netos medios mensuais) Familias de 2 membros ata 696.000 (58.000 ptas/mes) Familias de 3 membros ata 831.240 (69.270 ptas/mes) Familias de 4 membros ata 951.240 (79.270 ptas/mes) Familias de 5 membros ata 1.130.880 (94.270 ptas/mes) Familias de 6 membros ata 1.371.240 (114.270 ptas/mes) Familias de 7 membros ata 1.611.240 (134.270 ptas/mes) Familias de 8 membros ata 1.851.240 (154.270 ptas/mes) Familias de 9 membros ata 2.091.240 (174.270 ptas/mes) Considérase unidade familiar á formada polo pai, nai, titor ou persoa encargada da garda e protección do menor e os fillos solteiros do solicitante menores de vinteséis anos que convivisen no domicilio familiar ata a data da publicación da presente Convocatoria e por ingresos netos os ingresos globais da unidade familiar descontando o aluguer da vivenda ou amortización da mesma, sen que estes superen 40.000 ptas. mensuais e os gastos fixos de calquera membro da mesma en razón de enfermidade ou problemática social con repercusións económicas que serán estudiadas en cada caso concreto. A efectos de valoración teranse en conta os ingresos de calquera procedencia: salarios, pensións contributivas e non contributivas, rendas, rendementos por actividades profesionais, industriais, agrarias, deportivas e artísticas, tanto de carácter fixo como eventual e outras. D) Valoración das solicitudes Tendo en conta que as axudas están destinadas a familias con grave problemática socioeconómica, as situacións que se valorarán serán as seguintes: ingresos da unidade familiar e de convivencia, número de fillos en idade escolar (terán prioridade as solicitudes para alumnos que cursen estudios en Centros Públicos), ou estudiantes e problemática social, puntuándose cada unha delas segundo baremo establecido que se fará chegar ós Traballadores Sociais dos Servicios Sociais de Atención Primaria. No caso de que o número das solicitudes que reúnan os requisitos esixidos supere o importe destinado ás mesmas, darase prioridade ás daquelas familias que obteñan unha maior puntuación no baremo establecido ó efecto. 4ª.- CONTÍA DAS AXUDAS En función do nivel de estudios a contía das axudas será a seguinte: Nivel A: Educación Infantil 8.000 ptas. Nivel B: Ensinanza Primaria 10.000 ptas. Nivel C: ESO. 16.000 ptas. 5ª.- TRAMITACIÓN DE EXPEDIENTES E PRAZOS A) Aqueles Concellos interesados en participar nesta Convocatoria terán que remitir á Deputación ata o 15 de abril, inclusive: a) Certificación do Acordo do Pleno ou Comisión de Goberno aceptando as presentes Bases e especificando a cantidade que está disposto a aporta-lo Concello, cantidade que sempre será a porcentaxe establecida no Apartado A da Base 3ª, sobre a cantidade que aporte a Deputación. b) Proxecto segundo anexo 1. B) As solicitudes presentaranse no Rexistro dos Concellos de vecindade que se adhiran ás Bases da presente Convocatoria, no prazo fixado por cada un deles e acompañadas dos documentos que cada Concello estime necesarios para cumprimenta-lo expediente. C) Os Concellos remitirán á Deputación ata o 31 de maio, como prazo máximo, a proposta de resolución de axudas aprobada polo Pleno ou Comisión de Goberno Municipal, procedendo ó propio tempo: a) Á exposición pública das axudas concedidas na que se recollerán os seguintes datos: Nome do solicitante, DNI, Nome dos nenos ós que se lle aproba a axuda, Estudios que realizan e Puntuación global obtida. b) A abrir un prazo de 10 días para reclamacións, rematado o cal deberán ser remitidas á Deputación quen resolverá sobre as mesmas. No caso de que aquelas se teñan en conta o Concello afectado deberá facer fronte ó pagamento das mesmas. D) A proposta de resolución remitida polo Concello á Deputación deberá ir acompañada dos seguintes documentos orixinais: a) Solicitude. b) Estadillo completo das solicitudes, segundo modelo anexo 4, na que deberán quedar reflexadas por orde de prioridade en canto á puntuación obtida: 1º.- As solicitudes aprobadas en base á aportación máxima da Deputación. 2º.- Para os Concellos que quixeran facer unha maior aportación: as solicitudes en lista de espera por se non se chegase a gasta-lo presuposto total da convocatoria. 3º.- As solicitudes rexeitadas especificando a súa causa. c) Informe Social individual (anexo 3) emitido pola Traballadora Social dos Servicios Sociais de Atención Primaria. E) Proposta da Comisión de Acción Social da Deputación á de Goberno para a súa resolución definitiva. 6ª.- PAGAMENTO Unha vez resoltas as propostas presentadas á Deputación polos Concellos e que estes xustifiquen que os rapaces para os que foron concedidas as axudas segundo relación remitida á Deputación teñen adquirido o material escolar, a Deputación procederá a transferir ós Concellos a cantidade aprobada para cada un deles. ANEXOS ANEXO 1.- PROXECTO MUNICIPAL PARA SOLICITAR Á DEPUTACIÓN AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, CURSO 1999-2000 CON DESTINO A FAMILIAS CON PROBLEMÁTICA SOCIO-ECONÓMICA CONCELLO: Nº DE HABITANTES: 1.- PORCENTAXE E CONTÍA QUE LLE CORRESPONDE EN RELACIÓN COA APORTACIÓN MÁXIMA DA DEPUTACIÓN. Sinalar cunha cruz a que lle corresponde no seguinte cadro: Concellos/Nº Habit. Aport. máxima Deput. Aportc. Concello % (ptas.) De menos de 5.000 200.000 ptas. 30% = 60.000 ptas. De 5.001 a 10.000 200.000 ptas. 40% = 80.000 ptas. De 10.001 a 20.000 250.000 ptas. 50% = 125.000 ptas. De 20.001 a 50.000 400.000 ptas. 70% = 280.000 ptas. De máis de 50.001 500.000 ptas. 100%= 500.000 ptas. Si o Concello estivese disposto a facer unha maior aportación pasar ó apartado seguinte. 2.- APORTACIÓN SUPERIOR DA DEPUTACIÓN E DO CONCELLO. No caso de que a Deputación poidese conceder unha cantidade superior á fixada no cadro anterior, concretar si o Concello está disposto a facer unha maior aportación que a fixada no mesmo, e en caso afirmativo concretala. Non olvidar: 1. Que estes datos deben estar recollidos no Certificado do Acordo do Pleno ou Comisión de Goberno remitido á Deputación e 2. Que a aportación do Concello sempre representará a porcentaxe que lle corresponde no cadro anterior sobre a cantidade que desexa que aporte a Deputación: FINANCIAMENTO CONCELLO: (Incluída a contía que lle corresponde segundo cadro do apartado 1) 3.- ESPECIFICAR PRAZOS DA CONVOCATORIA NO CONCELLO. ............................... a ................de ....................1999. Sinatura do/a Responsable Técnico e selo do Concello. ANEXO 2.- DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, BAREMO PARA A VALORACIÓN DAS SOLICITUDES DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, CURSO 1999-2000. I.- AVALIACIÓN DA SITUACIÓN ECONÓMICA DA UNIDADE FAMILIAR 1.- Base de cálculo. Para avalia-la situación económica tanto da unidade familiar como a da unidade de convivencia sempre se partirá do salario mínimo interprofesional vixente: 69.270 ptas., considerándose por tanto este como base de cálculo. 2.- Puntuación. A base de cálculo terá un valor constante de 50 puntos. Para efectos de contabilidade da puntuación partirase dos ingresos netos medios mensuais da unidade familiar. (Ver Base 3ª apartado C) da Convocatoria das axudas). 2.1.- Os ingresos inferiores á base de cálculo, contados a partir dela de forma consecutiva e en sentido decrecente, computaranse por tramos de 1.000 ptas. A cada tramo daráselle un valor de 2 puntos. Exemplo: Para unha familia cuns ingresos netos medios mensuais de 65.730 ptas. teremos: Base de cálculo 69.270 ptas. 50 puntos Primeiro tramo: 68.270 ptas. 2 puntos Segundo tramo: 67.270 ptas. 2 puntos Terceiro tramo: 66.270 ptas. 2 puntos Cuarto tramo: 65.270 ptas. 2 puntos A puntuación final será 58 puntos: 50 da base de cálculo e 8 polos catro tramos que lle corresponde aplicar. 2.2.- No caso de que os ingresos superen a base de cálculo daráselles unha puntuación de -1 punto por cada tramo de 2.000 ptas. Ejemplo: Para unha familia cuns ingresos netos medios mensuais de 73.357 ptas. teremos: Base de cálculo= 69.270 ptas. 50 puntos Primeiro tramo: 71.270 ptas. -1 puntos Segundo tramo: 73.270 ptas. -1 puntos A puntuación final obteríamola descontando da base de cálculo os dous puntos negativos que lle corresponden, e dicir, 50 puntos da base de cálculo menos os 2 puntos polos dous tramos de diferencia respecto á mesma: 48 puntos. II.- AVALIACIÓN ECONÓMICA DOS OUTROS MEMBROS DA UNIDADE DE CONVIVENCIA QUE NON CONSTITUEN A UNIDADE FAMILIAR. Partindo dos seus ingresos netos medios mensuais (ver base 3ª apartado C) da Convocatoria das axudas) daráselles unha puntuación decrecente por tramos de ingresos, de acordo ó seguinte cadro: Ingresos totais doutros membros Puntuación Ata 37.960 ptas. (PNC) -5 puntos De 37.281 a 69.270 ptas. -10 puntos De 69.270 a 90.000 ptas. -15 puntos De 90.001 a 105.000 ptas. -20 puntos Os ingresos superiores a 105.001 ptas. computaranse por tramos de 15.000 ptas. dándoselle a cada tramo un valor de -5 puntos. III.- AVALIACIÓN DA UNIDADE DE CONVIVENCIA. A cada membro da unidade de convivencia daráselle 1 punto positivo. A suma de todos eles será a puntuación total. IV.- AVALIACIÓN POR MEMBROS DA UNIDADE DE CONVIVENCIA QUE CURSEN ESTUDIOS. Daráselle un valor positivo a cada un dos membros da unidade de convivencia que estean escolarizados ou cursen estudios no curso 1999-2000 segundo a táboa seguinte: Nº de membros estudiantes Puntuación 1 1 punto 2 5 puntos 3 10 puntos 4 15 puntos 5 20 puntos 6 25 puntos 7 30 puntos 8 35 puntos A partir de 8 membros incrementaranse 10 puntos por cada membro estudiante. V.- AVALIACIÓN TÉCNICA DA PROBLEMÁTICA SOCIAL. Esta puntuación será a que resulte de considerar a posible concorrencia de determinadas circunstancias subxectivas dentro da unidade de convivencia, que deben ser valoradas por canto poidan incidir no grao de necesidade. Representa unha valoración adicional feita pola Traballadora Social dos Servicios Sociais de Atención Primaria que non pode sobrepasa-los 50 puntos. O baremo para valora-las circunstancias concorrentes e/ou simultáneas é o seguinte: Problemática Social Puntuación 1. Familias incluídas no Programa de Apoio de Intervención Familiar. 10 puntos 2 .Familias beneficiarias de RISGA e Axudas de Prevención e Apoio Familiar. 10 puntos 3. Familias de intervención incluídas noutros Programas de Servicios Sociais. 10 puntos 4. Ausencia de medios propios de subsistencia da unidade familiar. 5 puntos 5. Non aportación económica por parte dalgún/s membro/s da unidade de convivencia. 5 puntos 6. Familias desestructuradas. 5 puntos 7. Ausencia de ingresos fixos. 5 puntos ANEXO 3.- Inclúe modelo de informe social de avaliación das solicitudes de axuda para adquisición de libros de texto. Curso 1999 - 2000. ANEXO 4.- Inclúe modelo de estadillo de proposta de resolución de solicitudes para axudas de libros de texto por orde de prioridade. ------ Folla: 61,64 6.4325.- BASES DE SUBVENCIÓNS PARA ASOCIACIÓNS DE MULLERES 1999 Sr. Presidente.- Punto 6. Bases de subvencións para Asociacións de Mulleres 1999. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbanse por unanimidade tamén. De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Sanidade, Acción Social e Muller, o Pleno acorda por unanimidade aproba-las BASES DE SUBVENCIÓNS PARA ASOCIACIÓNS DE MULLERES-1999 que din así: BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS DESTINADAS A FINANCIA-LAS ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS POR ASOCIACIÓNS DE MULLERES SEN FINS DE LUCRO A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, consciente do papel a desenvolver pola muller na sociedade de hoxe, convoca para o ano 1999 axudas destinadas a subvencionar actividades desenvolvidas por Asociacións de Mulleres sen fins de lucro dirixidas, basicamente, á promoción laboral da muller segundo as seguintes BASES 1ª.- PRESUPOSTO. A cantidade consignada para a realización de actividades promovidas por Asociacións de Mulleres sen fins de lucro ascende a DOCE MILLÓNS DE PESETAS (12.000.000), con cargo á partida 99/313-313-480.01 do Presuposto Ordinario da Deputación Provincial. 2ª.- ACTIVIDADES A SUBVENCIONAR. Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes, soamente poderán ser financiadas as actividades que se fagan durante o ano 1999 e que estean enmarcadas nalgún dos apartados seguintes: a) De carácter formativo. b) Estudios de investigación a nivel parroquial, municipal ou comarcal sobre a situación da muller na zona de estudio, actividades desenvolvidas, recursos existentes para o desenvolvemento das mesmas, etc. c) Prestación de servicios de asesoramento específico. Quedan excluídas aquelas solicitudes dirixidas ó pagamento de locais para oficinas, mantemento e/ou equipamento das mesmas. Tamén poderán subvencionarse aquelas Asociacións que conten con departamentos ou vocalías permanentes da muller que teñan unha antigüidade superior a un ano. 3ª.- CONDICIÓNS E CRITERIOS. As condicións e criterios para a concesión das axudas serán as seguintes: a) As Asociacións desenvolverán a súa actividade na provincia e deberán estar debidamente legalizadas. b) Os proxectos que se presenten deben ter como fin o desenvolvemento de actividades que se axusten a calquera dos apartados da Base 2ª. c) No caso de que a actividade consista na celebración de cursos, os conferenciantes ou monitores que pertenzan á xunta directiva da propia Asociación non poderán percibir ningunha cantidade con cargo á subvención que se outorga. d) O importe das subvencións estará en función dos seguintes criterios: interese da actividade, número de persoas que poden participar ou beneficiarse da mesma, innovación do proxecto, actividades de perfeccionamento que supoñan ter realizada unha actividade previa de iniciación ou ter coñecementos sobre a mesma, actividades orientadas a unha formación laboral que favoreza a integración da muller no mundo laboral, relación entre o tipo de actividade e a demanda no mercado de traballo, posibilidades reais de integración no mundo laboral, presentación dun proxecto común por parte de varias Asociacións, utilización dos recursos da comunidade para o desenvolvemento do proxecto. 4ª.- CONCESIÓNS. As solicitudes serán valoradas pola Comisión de Sanidade, Acción Social e Muller, que proporá á de Goberno a súa concesión ou denegación. 5ª.- DOCUMENTACIÓN. As solicitudes, en modelo oficial adxunto, presentaranse no Rexistro da Deputación Provincial ata o 15 de abril de 1999 debidamente cumprimentadas e acompañadas dos seguintes documentos: a) Proxecto da actividade. Aqueles proxectos que teñan a súa actividade orientada á formación laboral con vistas á integración da muller no mercado laboral deberán facer referencia ás perspectivas de inserción no mesmo. b) Presuposto pormenorizado do mesmo. c) Relación de axudas públicas e/ou privadas solicitadas ou concedidas para o desenvolvemento do proxecto que se presenta. Facer constar se ten solicitadas ou recibe axudas doutros organismos para proxectos diferentes. d) Fotocopia do DNI da representante legal da Asociación e acreditación do seu cargo a través dunha certificación da secretaria da entidade ou fotocopia compulsada da acta na que se recolla a composición do órgano de dirección. e) Fotocopia do CIF da Asociación. f) Certificado no que se faga constar que a Asociación está debidamente legalizada. De non cumprirse ditos requisitos non se tomará en conta a petición, procedéndose ó seu arquivo. 6ª.- CONTÍA. As subvencións concedidas para actividades de desenvolvemento persoal ou cursiños valorados habitualmente como de manualidades, non poderán supera-las 100.000 ptas. En canto á contía dos proxectos de formación laboral para posterior integración da muller no mundo laboral e os incluídos nos apartados b) e c) da Base 2ª, fixarase tendo en conta os criterios recollidos no apartado d) da Base 3ª, fixándose o tope máximo en 500.000 ptas. En calquera caso ningunha subvención poderá supera-lo 50% do presuposto total do proxecto presentado. 7ª.- PAGAMENTOS DAS SUBVENCIÓNS. As Asociacións ás que se lle conceda unha subvención quedan obrigadas a: a) Xustificar nun prazo máximo de tres meses, e en todo caso antes do 30 de marzo do ano 2000, segundo o disposto na Base 24 de Execución do Presuposto, a realización da actividade para a que lle foi concedida a subvención, tendo que presentar unha memoria da mesma e documentación, orixinal ou compulsada, xustificativa do gasto consistente en facturas, recibos certificados etc., onde se identifique ó beneficiario ou proveedor, consignando o nome ou razón social, NIF ou CIF, domicilio, número de factura e data de expedición, sinatura e conformidade de ser pagada. b) En toda a publicidade que se elabore deberá utilizarse preferentemente o idioma galego e facer consta-la colaboración da "Área de Servicios Sociais. Deputación Provincial". 8ª.- REINTEGRO DAS SUBVENCIÓNS. No caso de non cumpri-lo obxectivo previsto, modifica-la finalidade para a que foi concedida a subvención sen ter recibido autorización expresa para iso ou incumprir algunha das Bases fixadas na presente convocatoria, a Asociación deberá reintegra-la cantidade percibida á Deputación. ------ Folla: 64,66 7.4326.- BASES DE SUBVENCIÓNS PARA ASOCIACIÓNS CON DESTINO A SERVICIOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS E MARXINACIÓN SOCIAL 1999 Sr. Presidente.- Punto 7. Bases de subvencións para asociacións con destino a servicios sociais especializados e marxinación social 1999. ¿Algunha intervención?. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbanse por unanimidade. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Sanidade, Acción Social e Muller, o Pleno acorda por unanimidade, aproba-las Bases de subvencións para asociacións con destino a servicios sociais especializados e marxinación social-1999, que son as seguintes: BASES REGULADORAS DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A FINANCIAR ACTIVIDADES DESENVOLTAS POR ASOCIACIÓNS SEN FINS DE LUCRO ENMARCADAS NO ÁMBITO DOS SERVICIOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS E POR AQUELAS, TAMÉN SEN FINS DE LUCRO, FORMADAS POR PERSOAS QUE POLAS SÚAS CARACTERÍSTICAS POIDAN SER OBXECTO DALGÚN TIPO DE MARXINACIÓN SOCIAL A Excma. Deputación de Pontevedra, preocupada polos problemas de tipo socioeducativo e formativo da poboación en xeral pero especialmente daquela máis desfavorecida, convoca para o ano 1999 axudas destinadas a subvencionar actividades promovidas por Asociacións sen fins de lucro que se enmarquen no ámbito dos Servicios Sociais Especializados (Lei 4/1993 de 14 de abril) e por aquelas, tamén sen fins de lucro, formadas por persoas que polas súas características poidan ser obxecto dalgún tipo de marxinación social, de acordo coas seguintes BASES 1ª.- PRESUPOSTO. A cantidade consignada para este fin na partida 99/313-313-480.01 do Presuposto ordinario da Deputación Provincial ascende a 17.000.000 de pesetas. 2ª.- ACTIVIDADES A SUBVENCIONAR. a) Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes, soamente poderán ser financiadas actividades de carácter socioeducativo e formativo que se desenvolvan no ano 1999 e que estean promovidas por Asociacións sen fins de lucro enmarcadas no ámbito dos Servicios Sociais especializados e por aquelas, tamén sen fins de lucro, formadas por persoas que polas súas características poidan ser obxecto dalgún tipo de marxinación social. b) Quedan excluídas aquelas Asociacións que teñan fins específicos que non figuren recollidos na Lei Galega de Servicios Sociais (Lei 4/1993 de 14 de abril) dentro da área de Servicios Sociais Especializados e todas aquelas que non estean formadas por persoas que polas súas características poidan ser obxecto de marxinación social, así como tamén aquelas solicitudes que estean dirixidas ó pagamento de locais para oficinas, o mantemento e/ou o equipamento das mesmas como fin último. 3ª.- CONDICIÓNS E CRITERIOS. As condicións e criterios para a concesión das subvencións serán os seguintes: a) As Asociacións deberán desenvolve-la súa actividade na provincia de Pontevedra, estar debidamente legalizadas e figurar inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta. b) Os proxectos que se presenten terán como fin o desenvolvemento de actividades socioeducativas ou formativas, tanto a nivel de prevención en xeral como de asistencia ou integración, dos colectivos que formen as Asociacións. c) No caso de que a actividade consista na celebración de cursos, os conferenciantes ou monitores que pertenzan á xunta directiva da propia Asociación non poderán percibir ningunha cantidade con cargo á subvención que se outorga. d) O importe das subvencións fixarase en función dos seguintes criterios: innovación do proxecto, interese do mesmo, número de persoas que poden participar no seu desenvolvemento ou beneficiarse del, actividades orientadas a unha formación laboral que favoreza a integración no mundo laboral dos colectivos ós que representan, presentación dun proxecto común por parte de varias Asociacións, utilización dos recursos da comunidade para o desenvolvemento do proxecto. 4ª.- CONCESIÓN. As solicitudes valoraranse pola Comisión de Sanidade, Acción Social e Muller, quen proporá á de Goberno a súa concesión ou denegación. 5ª.- DOCUMENTACIÓN. As solicitudes, en modelo oficial adxunto, presentaranse no Rexistro da Deputación Provincial ata o 15 de abril de 1999, debidamente cumprimentadas e acompañadas dos seguintes documentos: a) Proxecto da actividade a desenvolver. Aqueles proxectos que teñan a súa actividade orientada á formación laboral dos colectivos específicos deberán facer referencia ás posibilidades de integración no mundo laboral dos colectivos ós que vai dirixida. b) Presuposto pormenorizado do mesmo. c) Relación de axudas públicas e privadas solicitadas ou concedidas para o desenvolvemento do proxecto que se presenta. Facer constar se, ademais destas, ten solicitadas ou recibe axudas doutros organismos para proxectos diferentes. d) Fotocopia do DNI do representante legal da Asociación e acreditación do seu cargo a través dunha certificación do/a secretario/a da entidade ou fotocopia compulsada da acta na que se recolla a composición do órgano de dirección. e) Fotocopia do CIF da Asociación. f) Certificación na que se faga constar que a Asociación está debidamente legalizada. De non cumprirse ditos requisitos non se tomará en conta a petición, procedéndose ó seu arquivo. 6ª.- CONTÍA. As subvencións concedidas para campañas de sensibilización non poderán supera-las 100.000 ptas., as dirixidas a actividades de desenvolvemento persoal as 250.000 ptas. e os proxectos de formación laboral para posterior integración no mundo laboral dos colectivos afectados as 500.000 ptas. En calquera caso ningunha subvención poderá supera-lo 50% do presuposto total do proxecto presentado. 7ª.- PAGAMENTO DAS SUBVENCIÓNS.- As Asociacións ás que se lle conceda unha subvención quedan obrigadas a: a) Xustificar nun prazo máximo de tres meses, e en todo caso antes do 30 de marzo do ano 2000, segundo o disposto na Base 24 de Execución do Presuposto, a realización da actividade para a que lle foi concedida a subvención, tendo que presentar unha memoria da mesma e documentación, orixinal ou compulsada, xustificativa do gasto consistente en facturas, recibos, certificados, etc., onde se indentifique ó beneficiario ou proveedor, consignando o nome ou razón social, NIF ou CIF, domicilio, número de factura e data de expedición, sinatura e conformidade de ser pagada. b) En toda a publicidade que se elabore deberá utilizarse preferentemente o idioma galego e facer consta-la colaboración da "Área de Servicios Sociais. Deputación Provincial". 8ª.- REINTEGRO DAS SUBVENCIÓNS. No caso de non cumpri-lo obxectivo previsto, modifica-la finalidade para a que foi concedida a subvención sen ter recibido autorización expresa para iso ou incumprir algunha das Bases fixadas na presente convocatoria, a Asociación deberá reintegra-la cantidade percibida á Deputación. ------ Folla: 66,68 8.4327.- BASES DE NOVOS VALORES 1999 Sr. Presidente.- Punto 8. Bases de novos valores ano 1999. ¿Algunha intervención?. Non hai. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Abstención do BNG. ¿Votos a favor?. Apróbase cos votos a favor do PSOE e o Partido Popular. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cultura, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do Grupo Popular e do PSOE e coa a asbstención do BNG, aproba-las Bases de Novos Valores-1999, que son do seguinte teor: CERTAME "NOVOS VALORES" 1999 BASES PRIMEIRA.- Poderán participar neste certame tódolos artistas (pintores, escultores, fotógrafos, ceramistas, deseñadores, gravadores, etc.) naturais ou residentes na Comunidade Autónoma de Galicia. Non se considerarán NOVOS VALORES aqueles que xa fosen premiados nalgunha das súas convocatorias. SEGUNDA.- As obras presentadas deberán ser orixinais, non admitíndose, polo tanto, as que xa participasen noutras exposicións, nin máis de dúas por cada especialidade, sen que poidan exceder dos 500 kgs. de peso, nin de 1,62 mts. na súa máxima dimensión. TERCEIRA.- As obras presentaranse no Museo Provincial, Edificio "Sarmiento", persoalmente ou por calquera medio de transporte que garanta a entrega das mesmas, dende o 7 ata o 23 de abril, de martes a venres e entre as 10,00 e as 13,00 horas. Acompañarase, asemade, fotocopia do DNI e o boletín de inscripción debidamente cuberto, que será facilitado ó efecto, entregándose ó interesado xustificante do mesmo, que servirá logo para a retirada da obra. CUARTA.- A Deputación custodiará a obra recibida, se ben non se fará responsable dos sinistros de calquera clase que puidesen sobrevir durante o seu transporte, nin tampouco en caso de incendio, roubo ou calquera outro incidente que se poida producir durante o tempo da súa custodia, polo que se recomenda que tódolos envios veñan cubertos co correspondente seguro. QUINTA.- Os gastos de envio e devolución das obras son de conta do concursante e non poderán ser retiradas antes dos prazos indicados na base sétima. SEXTA.- Seleccionadas as obras que constituirán a Mostra de Novos Valores, expoñeranse durante o mes de agosto. SÉTIMA.- As obras non seleccionadas deberán ser retiradas polos seus autores dentro dos dez días seguintes ó da difusión pública dos acordos do Xurado Seleccionador. As seleccionadas, á súa vez, deberán ser recollidas, tamén polos seus autores, nos dez días seguintes ó último no que estivesen expostas. No caso contrario, entenderase que renuncian á súa propiedade, quedando a organización facultada para toma-las decisións que sobre elas estime oportunas. OITAVA.- O Xurado seleccionador será nomeado polo Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial, e estará composto polos seguintes membros: Presidente.- - O Titular da Corporación Provincial ou Deputado en quen delegue. Vocais.- - O Deputado-Presidente da Comisión de Cultura. - Cinco persoas de recoñecido prestixio nos campos da Crítica ou das Artes. Secretario.- - O Titular da Deputación ou funcionario en quen delegue. Este mesmo Xurado encargarase de face-la proposta de adxudicación de 5 axudas económicas, por importe de SEISCENTAS MIL PESETAS (600.000) cada unha, para ampliación de estudios artísticos en España ou no extranxeiro. NOVENA.- A presentación ó Certame supón que os participantes coñecen estas Bases e mostran absoluta conformidade con elas e coas decisións do Xurado, que queda facultado para interpretar calquera dúbida que se presente. DÉCIMA.- O boletín de inscripción e as Bases poderán ser solicitadas no Servicio de Cultura da Excma. Deputación Provincial. UNDÉCIMA.- O disfrute da axuda será obxecto dun Convenio entre o adxudicatario e a Excma. Deputación Provincial no que se concretará o seu emprego, aboándose o 50% do importe no momento do seu asinamento e o restante 50% á entrega da memoria, coa xustificación do investimento realizado, e de dúas obras orixinais e asinadas. ------ Folla: 68,69 9.4328.- BASES DE PREMIOS Á INVESTIGACIÓN 1999 Sr. Presidente.- Punto 9. Bases de Premios á Investigación 1999. Non hai intervencións. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. BNG. ¿A favor?. Partido Socialista e Partido Popular. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cultura, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do Grupo Popular e do PSOE e coa abstención do BNG, aproba-las Bases de Premios á Investigación 1999, que son do seguinte teor: CONVOCATORIA DE PREMIOS Á INVESTIGACIÓN 1999 A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, dentro das súas múltiples actividades no ámbito da Cultura, vén dando preferencia especial a quen se dedica a tarefas de investigación co fin de estimular e premiar traballos que, sen dúbida, redundarán no beneficio do progreso e benestar social. Conscente da importancia de todo isto, e seguindo a traxectoria emprendida dende fai anos, convoca os Premios á Investigación 1999, que se rexirán polas seguintes BASES Primeira.- A Convocatoria ten por obxecto concede-los seguintes premios: a) Un de 500.000 pesetas para traballos sobre Ciencias e Tecnoloxía. b) Un de 500.000 pesetas para traballos sobre Humanidades e Ciencias Sociais. c) Un de 1.000.000 de pesetas para traballos de calquera especialidade e tema libre, referidos á Provincia de Pontevedra. d) Un de 150.000 pesetas para Teses sobre Ciencias e Tecnoloxía e outro de 150.000 pesetas para Teses sobre Humanidades e Ciencias Sociais; un de 100.000 pesetas para Tesinas sobre Ciencias e Tecnoloxía e outro de 100.000 pesetas para Tesinas sobre Humanidades e Ciencias Sociais e un de 100.000 pesetas para Proxectos fin de carreira que foran defendidos no ano anterior en calquera dos Campus da Universidade de Vigo, ou noutras Universidades do Estado por Licenciados desta Institución galega, acreditándose tal circunstancia coa correspondente certificación académica. INVESTIGACIÓN XUVENIL a) Un de 250.000 pesetas para Traballos sobre Ciencias e Tecnoloxía. b) Un de 250.000 pesetas para Traballos sobre Humanidades e Ciencias Sociais. Enténdese como Investigador Xuvenil, todo concursante que, na data da conclusión do prazo desta Convocatoria, non supere a idade de 26 anos. Segunda.- Os traballos deberán ser de investigación, inéditos e redactados específicamente para a Convocatoria en calquera dos idiomas oficiais vixentes na Comunidade Galega. Realizaranse por triplicado e a máquina acompañados do currículum e méritos do autor ou autores, facendo constar expresamente que non é teses ou tesina, nin que foi presentado ou lido como tal. Un mesmo traballo non se poderá presentar a diversos epígrafes. Co gallo de garanti-la súa plena obxectividade, proporanse "baixo un lema". Terceira.- As instancias para tomar parte no concurso dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación de Pontevedra, e presentaranse no Rexistro Xeral deste organismo ata o 30 de outubro de 1999, especificando o Premio ó que se opta. Cuarta.- A selección e proposta da concesión de Premios encoméndase a un Xurado integrado polos seguintes membros: Presidente: - O Titular da Excma. Deputación ou Deputado en quen delegue. Vocais: - O Presidente da Comisión de Cultura. - Tres profesores nomeados pola Universidade de Vigo. - Un representante da UNED. - Un representante da Misión Biolóxica de Galicia. - Un representante da Real Academia Galega de Ciencias. - Dúas persoas nomeadas pola Presidencia de recoñecido prestixio no eido da investigación. Secretario: - O Titular da Corporación ou funcionario en quen delegue. Dito Xurado non poderá constituirse nin actuar sen contar coa asistencia de máis da mitade dos seus membros, resolvendo tódalas incidencias que se presenten, e sendo as súas decisións inapelables, podendo solicita-la axuda de asesores especialistas en cada materia. Quinta.- O Xurado calificará o concurso coa maior amplitude de criterios, valorando a orixinalidade, obxectivos que pretende, método seguido, resultado, conclusión e aplicación práctica e currículum do autor, dando prioridade ós temas relacionados coa Provincia e con Galicia, eliminando aqueles traballos que non poidan catalogarse como de investigación específica e propoñendo o seu veredicto ó Pleno da Corporación. Sexta.- Durante o prazo dun ano, a partires da emisión do fallo, a Deputación resérvase o dereito de publica-los traballos, transcorrido o cal e coa autorización deste Organismo, poderá facelo o autor á súa costa. A concesión do Premio non implica a perda da propiedade intelectual. Quen non foran galardoados poderán retira-los traballos no Servicio de Cultura desta Deputación, no prazo de tres meses, contados dende a resolución do concurso, pasados os cales quedará exenta da responsabilidade das devolucións non solicitadas. ------ Folla: 69,70 10.4329.- FALLO DO XURADO DE PREMIOS Á INVESTIGACIÓN 1998 Sr. Presidente.- Punto 10. Douse conta do Fallo do Xurado de Premios de Investigación 1998; como tódolos membros Deputados desta Institución tiveron ocasión de ver o Fallo procedemos á votación e dámoslle a aprobación. Non hai nada que dicir. Aprobamos polo tanto a acta do Xurado que consta no expediente. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Abstense o BNG. ¿A favor?. O Partido Popular e o Partido Socialista. O Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do Grupo Popular e do PSOE e coa abstención do BNG, aceptar nos seus propios termos a acta do Xurado de Premios á Investigación 1998, que en reunión do 16 de febreiro de 1999 concedeu os seguintes: - CIENCIAS E TECNOLOXÍA........................500.000 PTAS. .................. Declarado deserto - HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS......500.000 PTAS. Título do traballo: Autor: La regionalización administrativa en Portugal D. Alvaro José López Mira y sus relaciones con Galicia. - PROVINCIA DE PONTEVEDRA.............. 1.000.000 PTAS. Declarado deserto - INVESTIGACIÓN XUVENIL: CIENCIAS E TECNOLOXÍA:.....................250.000 PTAS. Declarado deserto - INVESTIGACIÓN XUVENIL: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS..................... 500.000 PTAS. Título do traballo: Autor Estudio del impacto de Internet a nivel D. Alvaro Gómez Vieites estratégico en las organizaciones empresariales. - TESES.................................................................................................. 300.000 PTAS. Título do traballo Autor Valoración económica del uso recreativo D. Manuel González Gómez o paisajístico de los montes: Aplicación al Parque Natural del Monte Aloia en Galicia. - TESINAS................................................................................ 200.000 PTAS. Título do traballo Autor Estudio comarcal en Tierras del Trasdeza Dona María Seijas Montero en el siglo XVIII: Importancia Económica del Priorato de Carboeiro. - PROXECTOS FIN DE CARREIRA...................................... 100.000 PTAS. Título do traballo Autor Proxecto dunha campaña de comunicación Dona Ana Belén Fernández Souto para unha empresa multinacional: Estudio de mercado a análise prospectiva de comunicación e relacións públicas para celebra-lo XXV Aniversario de Endesa en Galicia. - MENCIÓN ESPECIAL A TESES Título do traballo Autor Producción de capas finas de compostos D. Francisco J. Redondas Maseda silicio-carbono con lámpara excímera. La vida escénica en Pontevedra en la 2ª mitad del D. Francisco J. Redondas Maseda siglo XIX. Así mesmo, o Xurado acorda exclui-lo traballo presentado baixo o lema "CEIBE", por identificarse a súa autora Dona María Fernanda Do Pazo Oubiña na páxina 111 do mesmo, incumprindo con iso a base 2ª da convocatoria. ------ Folla: 70,71 11.4330.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario.- Comunicaciones. Nada más que darles cuenta de las Resoluciones de la Presidencia entre los días 27 de enero y 20 de febrero de este año que ya se han trasladado a los grupos políticos. No hay más en comunicaciones. Queda enterado o Pleno da seguinte comunicación: - De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas entre o 27 de xaneiro e o 20 de febreiro de 1999 e que foron trasladadas ós Portavoces dos distintos grupos políticos. FÓRA DA ORDE DO DÍA, tratáronse os seguintes asuntos: ------ Folla: 71,74 12.4331.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA COORDINAR ACCIÓNS DE VIXILANCIA DOS BANCOS MARISQUEIROS E MELLORA DAS EXPLOTACIÓNS DOS MESMOS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Fóra da orde do día. O Convenio que foi onte á Comisión extraordinaria de Pesca. Traemos o Convenio de colaboración entre a Consellería de Pesca e Marisqueo e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para coodinar accións de vixilancia de bancos marisqueiros e mellora de explotacións dos mesmos na provincia de Pontevedra. O Convenio é fruto dun Protocolo que se firmou coa Consellería de Pesca para estas accións en concreto, implica unha inversión por parte da Deputación de 17.650.000 pesetas e por parte da Consellería 68.000.000 de pesetas. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Procedemos polo tanto á súa votación, do Convenio de colaboración entre a Consellería de Pesca e Marisqueo e a Excma. Deputación Provincial para coordinar accións de vixilancia dos bancos marisqueiros e mellora das explotacións dos mesmos na provincia de Pontevedra, previa declaración unánime da súa urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbanse tamén por unanimidade. Vistos os informes favorables da Intervención para facer frente á aportación económica da Excma. Deputación, por importe de DEZASETE MILLÓNS SEISCENTAS CINCUENTA MIL PESETAS (17.650.000), con cargo á partida 711.711.779.02, para financiar un Convenio de colaboración coa Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Visto o informe favorable da Asesoría Xurídica desta Excma. Deputación, o dictame favorable da Comisión extraordinaria de Pesca e Cultivos Mariños de data 25 de febreiro de 1999. O Pleno da Corporación acorda por unanimidade aproba-lo referido Convenio entre ámbalas dúas Institucións sendo o seu texto o seguinte: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA E A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA COORDINAR ACCIÓNS DE VIXILANCIA DOS BANCOS MARISQUEIROS E MELLORA DA EXPLOTACIÓN DOS MESMOS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA REUNIDOS Por unha parte, o Excmo. Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, D. Amancio Landín Jaraiz, investido das facultades que se lle confiren segundo o artigo 34.10 da Lei 1/1983, de 22 de febreiro, da Xunta e do seu Presidente, actuando en nome e representación da Xunta de Galicia (DOG do 21-03-83). E, por outra, o Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, D. Manuel Abeledo López, de acordo coas competencias que se lle outorgan segundo o artigo 34.1b da Lei 7/85, de 2 de abril, de Bases de Réxime Local. INTERVEÑEN Ámbalas dúas partes no exercicio das competencias que lles están legalmente atribuídas, recoñecéndose reciprocamente capacidade e obrigándose segundo os termos que constan neste documento. MANIFESTAN Que o marisqueo sempre tivo unha grande importancia dentro do conxunto da actividade económica galega, propiciada polas excepcionais condicións naturais que concorren nas rías e augas marítimas interiores. Esta actividade, ó xerar importantes ingresos, favorece a existencia do furtivismo, problema importante de cara ó futuro do sector. Que unha das medidas destinadas á erradicación do furtivismo consiste en desenvolver, por parte da Consellería, un programa de vixilancia dos bancos marisqueiros de Galicia, labor que coordina a Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura dentro da Consellería. Que dentro deste programa englóbanse, así mesmo, accións de mellora dos mencionados bancos, tendentes a ampliar e facilita-las labores de limpeza dos mesmos e a facilita-las labores de cultivo mediante a introducción de medios mecánicos. Que para o desenvolvemento destas accións están contempladas, para a provincia de Pontevedra, axudas económicas para o pagamento do persoal que se encargue de vixilancia, para mellora de embarcacións, vehículos e maquinaria destinados a estes fins, aportando a cantidade de SESENTA E OITO MILLÓNS DE PESETAS (68.000.000), con destino ás Confrarías de Pescadores, Organizacións de Productores ou Agrupacións de Mariscadores, que posúan bancos marisqueiros. Que a Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude do disposto no artigo 36. 1d, da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, é competente en materia de fomento e administración dos intereses peculiares da provincia. En consecuencia, e coa finalidade de cooperar nas accións de vixilancia e mellora da explotación dos bancos marisqueiros da provincia de Pontevedra, así como coordina-las accións nesta materia, as dúas partes subscriben o presente Convenio, conforme coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O presente Convenio Específico, consecuencia do Convenio Marco, subscrito entre ámbalas dúas Institucións, establécese para os efectos de regula-la cooperación entre a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e maila Deputación Provincial de Pontevedra para a realización das accións de vixilancia, limpeza e mellora na explotación dos bancos marisqueiros da provincia de Pontevedra, incluídas no Programa de axudas para a "Vixilancia en praias e protección e mellora dos bancos naturais marisqueiros de Galicia". En calquera caso, a aportación da Deputación ó referido programa será en beneficio das Confrarías, Organizacións de Productores ou Agrupacións de Mariscadores da provincia de Pontevedra, sen prexuízo da contribución económica e técnica que lle corresponda á Consellería como consecuencia da execución do mencionado Programa. SEGUNDA.- A Deputación comprométese a: 1.- A cofinanciación de material de apoio á vixilancia e mellora das explotacións, por un valor de DEZASETE MILLÓNS SEISCENTAS CINCUENTA MIL PESETAS (17.650.000), financiando os investimentos de diversas Confrarías, OPP ou Agrupacións de Mariscadores, destinados a adquisición de vehículos, embarcacións e/ou reforma e mellora das mesmas, maquinaria destinada a limpeza ou maquinaria destinada a mellora da explotación, de tal maneira que a Deputación aporta o 50% da inversión total das referidas inversións. O pagamento realizarase ás Confrarías contra a presentación dos xustificantes do investimento, e con cargo á partida 711-711-779.02 do vixente Presuposto Provincial. 2.- Poñer en coñecemento da Consellería calquera incidencia que afecte ó pagamento do material reseñado. 3.- Realizar un seguimento conxunto da boa utilización das embarcacións, vehículos e maquinaria financiada. TERCEIRA.- A Consellería comprométese a: 1.- Executa-las accións previstas no Programa de axudas para a "Protección e Mellora do Medio Natural Marítimo" na provincia de Pontevedra, financiando, particularmente, os custes relativos ó persoal de vixilancia e ó material de apoio, con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.604.3, (01), proxecto denominado "Zonas Marítimas Costeiras", 12.98.13. A execución destas accións realizarase mediante a formalización de convenios de colaboración coas Confrarías ou con outras entidades asociativas do sector, ou directamente pola propia Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, mediante os procedementos contractuais legalmente establecidos. Nestes convenios específicos recolleranse os sistemas de xustificación dos correspondentes pagos. 2.- Por en coñecemento da Deputación as incidencias que lle afecten ó Programa de axudas para a "Protección e Mellora do Medio Natural Marítimo" na provincia de Pontevedra. 3.- Realizar un seguimento conxunto da boa utilización das embarcacións, vehículos e maquinaria financiada. CUARTA.- Co fin de facilita-las tarefas de seguimento, control e coordinación que permitan o cumprimento dos obxectivos do presente Convenio, constitúese unha comisión mixta Consellería-Deputación, que estará integrada polos membros seguintes: - Representando á Consellería, o Delegado Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e un funcionario de dita Consellería. - Representando á Deputación, o Xefe do Servicio Agrario e a Bióloga de Pesca e Cultivos Mariños do Servicio Agrario. QUINTA.- O presente Convenio será aplicable durante o período de vixencia do Programa de axudas para a "Protección e Mellora do Medio Natural Marítimo", o que constitúe o seu obxecto, iniciándose a mesma no momento da súa sinatura e prologándose deica o 31 de decembro do presente ano. Se, finalizado o período de cooperación, as accións obxecto deste Convenio non estivesen rematadas, o referido período de cooperación poderá ser prorrogado mediante acta complementaria, asinada por ámbalas dúas partes. SEXTA.- O incumprimento destas normas por unha das partes facultará á outra para rescindi-lo Convenio, quedando automaticamente anulados tódolos dereitos correspondentes sobre o obxecto do mesmo. Como proba de conformidade e para a debida constancia do convido, ámbalas dúas partes outorgantes subscriben este documento que se asina en Pontevedra, o día de de mil novecentos noventa e nove. O CONSELLEIRO DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA, O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, ------ Folla: 74,75 13.4332.- MOCIÓN DOS GRUPOS POLÍTICOS PROVINCIAIS DO PARTIDO POPULAR, PARTIDO SOCIALISTA OBREIRO ESPAÑOL E BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, SOBRE A CONEXIÓN DE PONTEVEDRA COA AUTOVÍA A-52 DAS RÍAS BAIXAS Sr. Presidente.- Mocións. Hai unha Moción conxunta dos tres grupos que compoñen a Deputación Provincial de Pontevedra sobre a conexión de Pontevedra coa Autovía A-52 das Rías Baixas. A Moción, se fai o favor, Sr. Secretario, leala. Sr. Secretario.- Moción dos grupos políticos provinciais do Partido Popular, Partido Socialista Obreiro Español e Bloque Nacionalista Galego sobre a conexión de Pontevedra coa Autovía A-52 das Rías Baixas. Primeiro: Solicitar ó Ministerio de Fomento a supresión da peaxe no tramo da Autovía A-9 entre Pontevedra e Puxeiros, e no seu caso e previo estudio da análise da viabilidade desta proposta, interesa-la máxima reducción no seu importe para conecta-la Comarca de Pontevedra, o Salnés e o Morrazo coa Autovía A-52 e Portugal, concretando prioritariamente a reducción na Ponte de Rande. Segundo: Instar á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e ó Ministerio de Fomento para que, coa máxima celeridade posible, se proceda á finalización da redacción dos Estudios Informativos sobre as alternativas de conexión da Área de Pontevedra coa A-52 e que, despois da aprobación dos estudios informativos, se redacten os preceptivos proxectos de construcción coa dispoñibilidade presupostaria precisa, directamente vinculados á resolución definitiva da circunvalación de Pontevedra e á saturación da Estrada Nacional N-550. Terceiro: Mostra-la disposición desta Deputación Provincial a impulsar tódolos trámites para as solucións propostas, e a participar, na medida das súas posibilidades, na súa consecución. Sr. Presidente.- Nesta Moción o texto definitivo foi pactado polos tres grupos e polo tanto apróbase por unanimidade, previa declaración tamén unánime da súa urxencia. O Pleno acorda por unanimidade e previa declaración de urxencia, aproba-la Moción dos Grupos Políticos Provinciais do Partido Popular, Partido Socialista Obreiro Español e Bloque Nacionalista Galego, sobre a conexión de Pontevedra coa Autovía A-52 das Rías Baixas, que é a seguinte: Primeiro: Solicitar ó Ministerio de Fomento a supresión da peaxe no tramo da Autovía A-9 entre Pontevedra e Puxeiros, e no seu caso e previo estudio da análise da viabilidade desta proposta, interesa-la máxima reducción no seu importe para conecta-la Comarca de Pontevedra, o Salnés e o Morrazo coa Autovía A-52 e Portugal, concretando prioritariamente a reducción na Ponte de Rande. Segundo: Instar á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e ó Ministerio de Fomento para que, coa máxima celeridade posible, se proceda á finalización da redacción dos Estudios Informativos sobre as alternativas de conexión da Área de Pontevedra coa A-52 e que, despois da aprobación dos estudios informativos, se redacten os preceptivos proxectos de construcción coa dispoñibilidade presupostaria precisa, directamente vinculados á resolución definitiva da circunvalación de Pontevedra e a saturación da Estrada Nacional N-550
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota