ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 1999/03/26_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.359/2.1999-03-26_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 1999/03/26_Ordinaria

  • Data(s) 1999-03-26 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 77,78 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 26 de marzo de 1999 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vinteseis de marzo de mil novecentos noventa e nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Carmen Avendaño Otero, D. Adolfo Campos Panadeiros, D. Xosé Costa Díaz, D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, D. José Luis Fernández Lorenzo, Dona Carmen Ferro Carballo, D. Lino Fontán Mariño, Dona Ana Gandón Menduíña, D. Oswaldo Lino González Pereira, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. Mario López Martínez, D. Rafael Louzán Abal, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Santiago Pazos Moreira, D. Julio Pedrosa Vicente, D. Julio Sayáns Bugallo, D. Ramón Sestelo Fernández, D. Santiago Tirado Serén, D. Roberto Vázquez Souto e D. Manuel Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten os Sres. Deputados, D. Xosé Manuel Barros González, D. Amado Ricón Virulegio e D. Pablo Vázquez Caride, quen excusan a súa ausencia. Tampoco asisten os Sres. Deputados Dona Ramona Castaño López nin D. Emilio González Iglesias. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Comezamos o Pleno ordinario correspondente ó mes en curso. Sr. Juanes. Sr. Juanes Rodríguez.- Bos días e moitas gracias Sr. Presidente. Simplemente manifesta-la nosa protesta. O Sr. Ricón, Alcalde de Redondela e Deputado Provincial, sabendo que os Plenos da Deputación son tódolos últimos venres de mes ás once da mañá, convoca un Pleno no seu Concello hoxe practicamente á mesma hora, polo cal é imposible que o noso Portavoz estea hoxe no Pleno, que non sei se a razón é que non estivera aquí ou alí. Eu creo que a prioridade era estar alí, e que é unha falta de respecto hacia esta Institución o facer coincidir no mesmo horario o Pleno. Nada máis. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias. Seguimos coa orde do día. 1.4336.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Punto primeiro. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 26 de febreiro de 1999. ¿Hai algunha alegación que facer á acta?. Non hai alegacións. Apróbase por unanimidade. O Pleno acorda por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 26 de febreiro de 1999. ------ Folla: 78,80 2.4337.- MOCIÓN DO DEPUTADO PROVINCIAL DO BNG, D. XOÁN CARLOS CHILLÓN IGLESIAS, SOBRE O ACORDO PESQUEIRO UNIÓN EUROPEA - MARROCOS Sr. Presidente.- Segundo punto da orde do día. Moción presentada polo Deputado Provincial do Bloque Nacionalista Galego, D. Xoán Chillón Iglesias, sobre o acordo pesqueiro Unión Europea e Marrocos. No seu momento esta moción foi presentada polo Deputado D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, acordamos que se discutira en Comisión e teño entendido, segundo me informaron, que na Comisión Informativa correspondente pactouse polos tres grupos un texto. Polo tanto dase lectura a ese texto. Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Comunicado sobre o acordo pesqueiro Unión Europea-Marrocos. O primeiro de decembro de 1999 remata o acordo pesqueiro vixente entre a Unión Europea e o reino de Marrocos, que imposibilita que unha parte importante do noso sector pesqueiro faene no banco canario-sahariano. A posibilidade que se abre nestes momentos de non renova-lo acordo pesqueiro entre a Unión Europea e Marrocos está a causar unha lóxica incerteza e preocupación no sector pesqueiro galego. Existen arredor de 3.000 postos de traballo directos, moitos máis inducidos e un bo número de buques e empresas de titularidade galega pendentes deste acordo, que, de non renovarse, repercutiría de maneira importante nas Comarcas do Morrazo, Barbanza e Baixo Miño, aínda que o problema afectaría ó tecido económico do país. Débese ter presente que a Unión Europea mantén unhas importantes relacións económicas e comerciais con Marrocos e nese contexto sería posible a renegociación dun novo acordo pesqueiro, apoiando dende o conxunto da sociedade, así como dende as súas institucións representativas, para que a pesca galega non sexa moeda de cambio na política comunitaria. Por todo isto, o Pleno desta Deputación Provincial adopta o seguinte acordo: Primeiro.- Instar á Xunta de Galicia a que manteña a súa posición activa diante do Goberno Español e a Unión Europea co obxecto de que se asine un acordo pesqueiro con Marrocos que implique: Manter, na maior medida posible, a flota pesqueira galega no banco canario sahariano. Posibilitar que o maior número dos nosos buques obteñan licencia con dereitos de pesca, conservando o pavillón do Estado Español. Crear condicións de cumprimento recíproco de acordo, tanto no tocante ás medidas de rexeneración do caladoiro como á inspección de buques, garantindo sempre a seguridade xurídica das nosas embarcacións e tripulantes. Segundo.- A Deputación adoptará as medidas necesarias tendentes a defender e propicia-la consecución do establecido no punto anterior. Terceiro.- Dar traslado á Xunta de Galicia, Goberno Español e á Unión Europea do presente acordo plenario, e solicita-la maior axilidade no pagamento das axudas económicas destinadas ás tripulacións e ós empresarios. Sr. Presidente.- Procedemos polo tanto a votar esta moción que acaba de le-lo Sr. Secretario. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. De conformidade co dictame da Comision Informativa de Pesca e Cultivos Mariños, o Pleno acorda por unanimidade aproba-lo texto consensuado polos partidos políticos con representación nesta Deputación, seguinte: COMUNICADO SOBRE O ACORDO PESQUEIRO UE - MARROCOS O 1 de decembro de 1999 remata o acordo pesqueiro vixente entre a Unión Europea e o Reino de Marrocos, que posibilita que unha parte importante da nosa flota pesqueira faene no banco Canario-Sahariano. A posibilidade que se abre nestes momentos de non renova-lo acordo pesqueiro entre a UE e Marrocos está a causar unha lóxica incerteza e preocupación no sector pesqueiro galego. Existen arredor de 3.000 postos de traballo directos, moitos máis inducidos, e un bo número de buques e empresas de titularidade galega pendentes deste acordo, que de non renovarse repercutiría de maneira importante nas comarcas do Morrazo, Barbanza e Baixo Miño, aínda que o problema afectaría ó tecido económico do país. Débese ter presente que a Unión Europea mantén unhas importantes relacións económicas e comerciais con Marrocos, e nese contexto sería posible a renegociación dun novo acordo pesqueiro, apoiando dende o conxunto da sociedade, así como dende as súas Institucións representativas, para que a pesca galega non sexa moeda de cambio na política comunitaria. Por todo isto, o Pleno desta Deputación Provincial adopta o seguinte acordo: 1) Instar á Xunta de Galicia a que manteña a súa posición activa diante do Goberno Español e a Unión Europea co obxecto de que se asine un acordo pesqueiro con Marrocos, que implique: - Manter, na maior medida posible, a flota pesqueira galega no banco Canario - Sahariano. - Posibilitar que o maior número dos nosos buques obteñan licencia con dereitos de pesca, conservando o pavillón do estado español. - Crear condicións de cumprimento recíproco de acordo, tanto no tocante ás medidas de rexeneración do caladoiro como á inspección de buques, garantindo sempre a seguridade xurídica das nosas embarcacións e tripulantes. 2) A Deputación adoptará as medidas necesarias tendentes a defender e propicia-la consecución do establecido no punto anterior. 3) Dar traslado á Xunta de Galicia, Goberno Español e Unión Europea do presente acordo plenario, e solicita-la maior axilidade no pagamento das axudas económicas destinadas ás tripulacións e empresarios. ------ Folla: 80,82 3.4338.- PROPOSTA DE CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL E A CONFEDERACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE PONTEVEDRA. ANEXO III Sr. Presidente.- Terceiro punto da orde do día. Proposta de Convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial e a Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra. Anexo III. Como ben saben vostedes, alá polo ano 97 asinamos un Convenio coa Confederación de Empresarios de Pontevedra e anualmente se está a facer un anexo onde se estipulan o traballo a realizar pola Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra e a axuda económica que para este traballo presta a Deputación Provincial. Este é o terceiro ano en que se engade este anexo, que consiste en establecer un teléfono medioambiental diríamos, para os empresarios e ó mesmo tempo incidir na cultura medioambiental de todo o que é o tecido empresarial de Pontevedra. En resume, esto é o que traemos á aprobación do Pleno, e que se autorice ó Presidente para firmalo. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Vista a experiencia doutros anos deste Convenio e visto que o obxectivo non se concreta por ningún lado, e os resultados que tivo da outra vez, vámonos abster. Sr. Presidente.- Gracias. ¿Algunha intervención máis?. Procedemos á votación polo tanto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Abstencións Partido Socialista e Bloque Nacionalista Galego. ¿A favor?. Partido Popular. Apróbase polo tanto cos votos a favor do Partido Popular e coa abstención dos dous grupos da oposición. Visto o informe do Enxeñeiro Director do Servicio Agrario, onde informa que dito Convenio se vén realizando dende fai anos, e que para o ano 1999 se trata de realiza-las seguintes accións: "LIÑA VERDE DE INFORMACIÓN E GUÍA PRÁCTICA SOBRE XESTIÓN MEDIOAMBIENTAL", visto así mesmo o informe de Intervención onde se informa da existencia de retención de crédito por importe de TRES MILLÓNS CINCOCENTAS MIL PESETAS (3.500.000) para atende-lo gasto. Debéndose modifica-la cláusula QUINTA, no referente ó pagamento do financiamento de ambas accións, debéndose redactar "... o 50% do importe de ambas farase efectivo á Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra ...". Tamén relacionado coa xustificación redactarase da mesma forma: "... concluídas as actuacións remitirase certificación da súa realización e memoria no seu caso, así como as facturas xustificativas do gasto ...". De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Agricultura, Gandería, Montes e Industria, o Pleno, unha vez modificado, acorda, por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSOE e do BNG, aproba-lo Convenio e facultar ó Sr. Presidente para a sinatura do mesmo no seu día. PROPOSTA DE CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL E A CONFEDERACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE PONTEVEDRA. ANEXO III. LIÑA VERDE DE INFORMACIÓN E GUÍA PRÁCTICA MEDIOAMBIENTAL A Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra (CEP) e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de acordo co establecido nas cláusulas normativas segunda e terceira do convenio marco de colaboración asinado por ámbalas dúas Institucións, establecen as seguintes, CLÁUSULAS PRIMEIRA.- As accións, ás que se refire o presente ANEXO, atópanse incluídas no marco xeral da parte expositiva do convenio marco de colaboración, asinado por ámbalas dúas Institucións o pasado 2 de abril de 1997, e desenvolveranse durante o exercicio de 1999. SEGUNDA.- A Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra e a Excma. Deputación de Pontevedra consideran necesario dotar ás empresas de canles de información adecuados en materia medioambiental. TERCEIRA.- Tendo en conta o exposto, a Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra levará a cabo durante 1999, no contexto do presente ANEXO, as seguintes ACCIÓNS: 1ª.- Establecemento dunha "LIÑA VERDE DE INFORMACIÓN": A CEP porá a disposición de tódalas empresas da provincia de Pontevedra un teléfono directo de información sobre temas medioambientais (resíduos industriais, resíduos tóxicos e perigosos, ruidos, envases, e lexislación en xeral, certificacións medioambientais, elaboración de guías, efectos da actividade empresarial sobre o medio, etc.). As consultas que se canalicen a través da "Liña Verde de Información" serán atendidas por un especialista na materia con titulación suficiente. 2ª.- "GUÍA PRÁCTICA SOBRE XESTIÓN MEDIOAMBIENTAL": A CEP elaborará e distribuirá unha guía práctica sobre xestión medioambiental, de fácil manexo, que inclúa os principais conceptos e unha síntese comentada da lexislación básica sobre a materia. CUARTA.- A Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra comprométese a responsabilizarse da execución das accións, así como a proporciona-lo equipo de técnicos necesarios (xa ben sexan externos ou propios). QUINTA.- Co fin de financia-las actuacións descritas, a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra establece un compromiso de gasto, con cargo á partida 99/121.622.471.02 do seu presuposto de 1999, por un valor de TRES MILLÓNS CINCOCENTAS MIL PESETAS (3.500.000), sendo o seu desglose o seguinte: 2.000.000 de pesetas destinadas a financia-la primeira acción (segundo cláusula terceira) e 1.500.000 pesetas destinadas á acción segunda. O 50% do importe de ámbalas dúas farase efectivo á Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, unha vez sexa remitida certificación de comezo de execución de accións e o índice da guía práctica referida. Rematadas as actuacións remitirase certificación da súa realización e memoria no seu caso así como as facturas xustificativas do gasto. Se por algunha causa non puideran levarse a cabo as actuacións, procederase ben á devolución do importe da aportación da Excma. Deputación, ben a propoñe-lo seu destino para outras actuacións. SEXTA.- O presuposto da ACCIÓN Nº 1 (Liña Verde de Información) poderase destinar a: contratación de especialista, elaboración de folletos divulgativos e "mailing" de difusión, contratación e funcionamento de liña, adquisición de material de consulta (fundamentalmente lexislación) e material funxible. SÉTIMA.- Nas programacións impresas e en toda referencia en calquera medio de difusión, ás accións contempladas e ós logros conseguidos, mencionarase á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra como promotora. Pontevedra, ... de .... de 1999 POLA CONFEDERACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE PONTEVEDRA,PRESIDENTE. Asdo: Guillermo Alonso Jáudenes POLA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA,PRESIDENTEAsdo: Manuel Abeledo López ------ Folla: 82,84 4.4339.- BORRADOR DE CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA E A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CENTRO EXPERIMENTAL DE VITICULTURA E ENOLOXÍA Sr. Presidente.- Punto 4. Borrador de Convenio entre a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e a Excma. Deputación de Pontevedra e o Centro Experimental de Viticultura e Enoloxía. Supóñome que foi visto absolutamente por todos, trátase de poñer en marcha o Centro Enolóxico de Ribadumia, que se leva construíndo xa hai algún tempo e a finalidade non é máis que investigar todo o que ten relación coa uva do Consello Regulador Rías Baixas. Esto implica poñelo en marcha, implica que por parte da Deputación Provincial de Pontevedra se creen unhas becas para un Enxeñeiro Agrónomo ou Técnico de Grado Medio Agrónomo e un Peón Agrario, e todo o demais correría a cargo da Consellería de Agricultura e Política Agroalimentaria. En síntese este é o Convenio que traemos aquí á aprobación do Pleno, se alguén quere intervir concédolle a palabra. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Procedemos polo tanto á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. Visto o informe do Enxeñeiro Director do Servicio Agrario, así como os informes favorables da Asesoría Xurídica e da Intervención, onde se amplía o informe emitido con anterioridade e que para atende-lo gasto se incluirá no expediente de modificación de crédito que se tramita para a próxima sesión do Pleno, acórdase por unanimidade aproba-lo borrador do Convenio de colaboración entre a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e a Excma. Deputación de Pontevedra e o Centro Experimental de Viticultura e Enoloxía, e facultar ó Presidente á sinatura do Convenio definitivo a efectuar no seu día. CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA DA XUNTA DE GALICIA, A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CENTRO EXPERIMENTAL DE VITICULTURA DE RIBADUMIA A Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, consciente do interese que para a provincia de Pontevedra ten o sector vitivinícola, programou a construcción do Centro Experimental de Viticultura de Ribadumia para estudia-las peculiaridades que presentan os viños pontevedreses. Iniciado o estudio da ubicación máis axeitada, optouse por acepta-la cesión dos terreos ofertados polo Concello de Ribadumia na paraxe de Monte do Castro, parroquia de Leiro (San Xoán), xa que presentaban unha boa localización para as instalacións do Centro, así como para situa-los campos de ensaio correspondentes. A selección xenética das variedades máis idóneas para a denominación de orixe "Rías Baixas", a investigación de novas formas de conducción das vides, e a mellora das técnicas de producción, serán os obxectivos desta nova finca experimental. Das ditas inquedanzas participa a Excma. Deputación de Pontevedra e por iso está interesada na colaboración institucional no sector vitivinícola que xustifica o presente Convenio. Polos motivos anteriormente expostos, parece conveniente que se estableza un convenio de colaboración no que se recolla a participación das partes interesadas na tarefa de mellora e potencia-la calidade dos viños da provincia de Pontevedra, e a tal fin reúnense: Dunha parte o Excmo. Sr. Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, D. Castor Gago Alvarez. Doutra o Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Manuel Abeledo López. Ámbolos dous interveñen coa representación que legalmente ostentan para outorga-lo presente convenio con arranxo ás seguintes CLÁUSULAS Primeira: Finalidade do Convenio. A Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e a Deputación Provincial, cooperarán en materia de experimentación e divulgación vitivinícola e enolóxica mediante as aportacións que se establezan no presente convenio. Segunda: Aportación da Consellería. A Consellería de Agricultura pon a disposición do Consello Regulador e da Excma. Deputación de Pontevedra as súas instalacións en Ribadumia, nos aspectos seguintes: 1.- A sala de conferencias e reunións estará dispoñible para calquera acto de divulgación vitivinícola que queiran efectuar ámbalas dúas entidades e, igualmente, para os ensaios vitícolas que se realicen na finca do Centro experimental. 2.- Os ensaios financiaranse, fundamentalmente, con aportacións económicas da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria. Tódalas publicacións do Centro Experimental levarán impresa a colaboración entre os dous organismos. A Consellería de Agricultura facilitará a formación dos bolseiros e persoal sufragados pola Excma. Deputación Provincial. Terceira: Aportación da Deputación. 1.- A Excma. Deputación Provincial financiará, por períodos dun ano, a formación dun bolseiro que realizará as súas tarefas de aprendizaxe no Centro Experimental. O bolseiro será titulado de Enxeñería Agronómica, Enxeñería Técnica Agrícola ou Bioloxía. A selección do bolseiro correspóndelle á Excma. Deputación Provincial. 2.- Dotará un posto de peón agrario especializado. 3.- Poderá propoñer aqueles traballos de experimentación que considere de interese para a vitivinicultura provincial e igualmente poderá financialos, sempre que as súas dispoñibilidades presupostarias o permitan. 4.- En función das súas dispoñibilidades, aportará unha cantidade anual, previa proposta do Comité de seguemento, para dotación de material funxible do Centro. Cuarta: Comité de seguemento. Para velar polo cumprimento deste convenio, créase un Comité de Seguemento composto polo Ilmo. Sr. Delegado Provincial de Agricultura de Pontevedra, o Xefe do Servicio de Extensión e Capacitación Agraria de Pontevedra, un técnico especializado en viticultura dos que traballan na Axencia de Extensión Agraria de Vilagarcía, o Xefe do Servicio Agrario e un técnico agrario da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e un do Consello Regular da Denominación de Orixe. O dito comité celebrará, ó menos, unha reunión anual da que se levantará acta e na que estudiarán as propostas de ensaio que propoñan a Deputación e a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, así como o resto das actividades de formación e divulgación que os dous organismos propoñan. Quinta: Vixencia do Convenio. O presente convenio de colaboración terá unha vixencia anual e prorrogarase tacitamente agás denuncia dalgunha das partes. ------ Folla: 84,85 5.4340.- DESIGNACIÓN DE REPRESENTANTE DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA NO PADROADO E NO COMITÉ EXECUTIVO DO "INSTITUTO FERIAL DE VIGO" Sr. Presidente.- Punto número 5. Designación de representante da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra no Padroado e no Comité Executivo do Instituto Ferial de Vigo. Esta Presidencia propón a un Deputado do Concello de Vigo, que neste caso recaería sobre o Vicepresidente económico da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Julio Pedrosa. ¿Algunha intervención?. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Abstéñense os dous grupos da oposición, BNG e Partido Socialista. ¿Votos a favor?. Queda designado polo tanto representante da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra no Padroado e no Comité Executivo do Instituto Feiral de Vigo, D. Julio Pedrosa. Visto o informe do Secretario da Comisión Informativa de Agricultura, Gandería, Montes e Industria, así como o expediente do asunto a tratar referente á designación de representante da Deputación no Padroado e no Comité Executivo, onde se deduce que dita designación corresponde ó Pleno da Excma. Deputación a proposta do Sr. Presidente, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Agricultura, Gandería, Montes e Industria, acorda, por maioría de votos a favor do Grupo Popular e coas abstencións do PSOE e do BNG, designar ó Sr. Deputado D. Julio Pedrosa Vicente, representante no Padroado e o Comité Executivo da Fundación "Instituto Ferial de Vigo" (IFEVI). ------ Folla: 85,90 6.4341.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A MELLORA DOS SERVICIOS LABORATORIAIS DE ATENCIÓN ÁS EXPLOTACIÓNS GANDEIRAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Punto 6. Convenio de colaboración entre a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para a mellora dos servicios laboratoriais de atención ás explotacións gandeiras da provincia de Pontevedra. Esto vén sendo un Convenio que vimos ano a ano traendo á aprobación do Pleno, e implica por parte da Consellería de Agricultura unha aportación económica de 18.000.000 millóns de pesetas para os laboratorios que pertencen a esta Excma. Deputación, que están ubicados na finca de Mouriscade, para análises de grasas, de queixos, de abonos, etc., etc.; en definitiva, de apoio a todo o que é o sector gandeiro e agrícola, sobre todo na Comarca do Deza que é onde está a producción agropecuaria máis importante. Repito, é un Convenio que se vén repetindo tódolos anos, e tráese un ano máis a aprobación por parte deste Pleno. ¿Algunha intervención?. Sometémolo polo tanto á súa aprobación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbanse por unanimidade. Visto o informe do Secretario da Comisión Informativa de Agricultura, Gandería, Montes e Industria, así como os informes favorables da Asesoría Xurídica e da Intervención, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Agricultura, Gandería, Montes e Industria, acorda por unanimidade aproba-la sinatura do Convenio de colaboración entre a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para a mellora dos servicios laboratoriais de atención ás explotacións gandeiras da provincia de Pontevedra, como en anos anteriores, para o ano 1999, tendo en conta que este ano se amplía a dotación presupostaria para o pagamento dos servicios que efectue a Excma. Deputación, aportando a Consellería DEZAOITO MILLÓNS DE PESETAS (18.000.000), e facultar ó Sr. Presidente para a sinatura do mesmo. CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A MELLORA DOS SERVICIOS LABORATORIAIS DE ATENCIÓN ÁS EXPLOTACIÓNS GANDEIRAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA En Santiago de Compostela a de febreiro de mil novecentos noventa e nove. REUNIDOS Por unha banda, o Excmo. Sr. Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, D. Castor Gago Alvarez, en representación da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria da Xunta de Galicia e, doutra banda, o Excmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra representada polo seu presidente D. Manuel Abeledo López. MANIFESTAN Que ámbalas dúas institucións consideran convinte colaborar no apoio ás explotacións gandeiras mediante o impulso dos traballos do laboratorio sito en Mouriscade - Lalín. O apoio que dende a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria se está a facer ó establecemento do servicio de prevención de enfermidades do gando, mellora da alimentación e mellora na realización de tratamentos sanitarios sistemáticos, debe estar respaldado por unha estructura laboratorial adecuada. Unha das principais premisas que deben te-los laboratorios de apoio é a súa imparcialidade. Por outra banda, é fundamental a proximidade do laboratorio ós técnicos das agrupacións de gandeiros e a estes mesmos, para desenvolver con éxito programas coma os de control da mamite. A Deputación Provincial de Pontevedra dispón duns laboratorios adecuados en Mouriscade (Lalín) para a realización desta labor de apoio ás agrupacións de gandeiros da provincia de Pontevedra. A zona de influencia de Lalín abarca toda a área gandeira da provincia polo que o emprazamento en Mouriscade é o que mellor respostará ás necesidades gandeiras da provincia. Por outra banda, e en consonancia co apuntado anteriormente, as agrupacións de gandeiros que colaboran coa Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria para realizar programas de apoio para a mellora da eficacia dos sistemas productivos agrarios, terían bo servicio dende Mouriscade. Por estes motivos, a cooperación estreita entre a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, a Deputación Provincial de Pontevedra e as agrupacións de gandeiros é fundamental para a mellora e o éxito dos servicios de apoio á gandería. Trátase de iniciar unhas primeiras cooperacións que poden se-lo inicio doutras máis amplas, ben polas partes contratantes ou ben incluíndo outras entidades relacionadas co sector, sempre dentro das actuacións relacionadas co Plan Integral de Mellora Xenética sen que esas cooperacións supoñan divisións de accións xa en funcionamento. O Estatuto de Autonomía de Galicia, no seu artigo 30.1.3, atribúe á Comunidade Autónoma Galega a competencia exclusiva en materia de agricultura e gandería de acordo coas bases, a ordenación económica xeral e a política económica do Estado. No exercicio da devandita competencia, a Consellería de Agricultura considera prioritario afrontar un plan de mellora nas prestacións de servicios que necesitan as explotacións gandeiras de vacún para a mellora da súa productividade, sendo este o senso a que responden as actuacións contidas no presente Convenio. CLÁUSULAS PRIMEIRA.- OBXECTO E RÉXIME XURÍDICO. A Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e a Deputación Provincial de Pontevedra impulsarán no ámbito da provincia a realización de servicios gandeiros nas agrupacións de gandeiros de vacún de Pontevedra. Estes Servicios teñen como finalidade acadar unha mellora da eficacia dos sistemas productivos, tratando por unha banda de diminui-los costes de producción e por outra aumenta-lo seu valor engadido. Dada a gran repercusión de alimentación nos custos finais de producción, cómpre concentrar esforzos na optimización da utilización das materias primas da explotación e o equilibrado das racións. No referente ás calidades do leite, estas deben axustarse ó disposto no RD 1679/1994 de 22 de xullo, polo que se establecen as condicións sanitarias aplicables á producción e comercialización de leite crú, leite tratado termicamente e productos lácteos. Nas dúas liñas de actuación é imprescindible que o gandeiro dispoña de asesoramento técnico axeitado, e que estes últimos conten cun apoio laboratorial independente e áxil. As actuacións de cooperación entre as dúas partes asinantes do Convenio rexiranse polo disposto en: a) Artigo 112.2.2ª do RD Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, texto refundido en materia de réxime local. b) Acordo coa Xunta de Galicia, de 21 de marzo de 1991 sobre Convenios de cooperación con entes públicos. c) Polas bases do Convenio. d) Polas demais normas que se lle poidan aplicar. SEGUNDA.- CONTIDO E ÁMBITO E APLICACIÓN. Concretarase nos seguintes servicios: I.- Apoio laboratorial a programas de control da mamite. II.- Apoio laboratorial a programas de control da alimentación. III.- Apoio á utilización agrícola - gandeira da finca de Mouriscade. As características destas actuacións contéñense nos anexos deste Convenio. TERCEIRA.- OBRIGAS DAS PARTES. A CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA COMPROMÉTESE A: - Financia-la adquisición dos equipamentos de laboratorio necesarios para a realización das análises de alimentos para o gando, na contía máxima reflexada no ANEXO III, correspondente á estimación económica. - Financia-los custes de realización e as análises facturadas polo laboratorio, na contía máxima indicada para estes conceptos no anexo III. - A manter un fato de 50-60 femias xóvenes destas razas ata o final da xestación e a financia-los custes derivados da utilización agrícola - gandeira da finca de Mouriscade. - O financiamento farase con cargo á partida presupostaria 09.03.613-A.760.0 (Programas Sanitarios Especiais), presupostándose unha cantidade de DEZAOITO MILLÓNS DE PESETAS (18.000.000). A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA COMPROMÉTESE A: - Aporta-las instalacións, equipamentos e persoal actualmente existentes na finca de Mouriscade. - Financia-los gastos fixos que orixine a infraestructura capaz de albergar un fato duns 50-60 animais e aporta-lo persoal que permita o manexo do mesmo. - Manterá en funcionamento o laboratorio para dar servicio ós programas desenvolvidos. - Cubrirá os gastos de funcionamento normal do laboratorio. - Traballará no aillamento e identificación de xérmenes de mostras de leite, de acordo cos protocolos de calidade establecidos polo Laboratorio de Sanidade e Producción Animal de Lugo. - Respecto á información xerada, pasará á Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria ó obxecto de avalia-la eficacia dos programas realizados, ademais de axudar a coñece-la situación dun sector tan sensible nestes intres para planificalas liñas de actuación sobre o mesmo. Ó remate do período de vixencia deste Convenio, os técnicos da Deputación realizarán un informe completo sobre a realización das actuacións a que se refire este Convenio. Este laboratorio deberá cooperar estreitamente co Laboratorio de Sanidade e Producción Animal de Lugo, así coma co Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Mabegondo, ó obxecto de manter un elevado nivel técnico e unha unidade de criterios. CUARTA.- SEGUIMENTO DO CONVENIO. A Comisión de seguimento estará formada por dous representantes da Consellería e outros dous da Deputación. QUINTA.- CAUSAS DE RESOLUCIÓN. As causas de resolución do presente convenio serán: a) O incumprimento total ou parcial das súas cláusulas. b) As modificacións das directrices sen contar coa autorización previa por escrito da Consellería. c) O transcorrer do tempo estipulado sen que se levara a cabo o obxecto do mesmo. SEXTA.- VIXENCIA, PRÓRROGA, DENUNCIA E XURISDICCIÓN COMPETENTE DO CONVENIO. a) Este Convenio terá unha vixencia dende a sinatura do mesmo ata o 30 de novembro de 1999, debendo xustificarse inversións e as realizacións das análises realizadas antes do 30 de novembro de 1999. b) Calquera das dúas partes contratantes poderá denunciar este Convenio debendo, en calquera caso, ser atendidos os compromisos económicos orixinados ata o momento da denuncia. Serán motivos de denuncia o incumprimento das condicións fixadas no presente Convenio e/ou a imposibilidade do seu desenvolvemento. c) As cuestións litixiosas que poidan xurdir referidas ás estipulacións deste Convenio serán resoltas pola Xurisdicción contencioso - administrativa. En proba de conformidade, ámbalas dúas partes asínnano por duplicado na data e lugar indicados no encabezamento. O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, Asdo: Manuel Abeledo López O CONSELLEIRO DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA - AGROALIMENTARIA, Asdo: Castor Gago Alvarez ANEXO I.- Características dos servicios que se acometerán: I.- Apoio laboratorial e programas de control da mamite. As actuacións neste campo deben ser dirixidas cara ós programas de prevención e control da mamite buscando os seguintes obxectivos: a).- Diminución dos custos de producción. a.1.- Por reducción das necesidades de reposición de animais e diminución da perda de producción láctea orixinada pola mamite. a.2.- Reducción de gastos en medicamentos e servicios veterinarios. b).- Incremento dos ingresos por venda de leite, producindo leite de maior calidade microbiolóxica e exenta de resíduos antibióticos, e con menores recontos de células somáticas. Para o desenvolvemento deste tipo de programas faise imprescindible o traballar en estreita colaboración con técnicos a pé de campo (nas agrupacións de gandeiros). A realización de antibiogramas para o tratamento de mamites clínicas non deberá ocupar unha parte moi significativa da actividade deste programa. II.- Apoio laboratorial a programas de control de alimentación. Este programa podería estar orientado fundamentalmente á avaliación dos alimentos dispoñibles na propia explotación, ó obxecto de: a).- Mellora-la calidade. b).- Complementalos ó menor custo posible. Para o desenvolvemento deste programa é imprescindible traballar en íntima colaboración con técnicos a pé de campo. Como característica común a todos estes programas cabe resaltar que pese a consistir fundamentalmente en análises laboratoriais, son totalmente inviables sen a estreita cooperación de técnicos a pé de establo que á súa vez estean implicados na realización de programas globais para a mellora da producción. Polo tanto, a planificación do traballo debe de partir dos diferentes programas de mellora que realicen agrupacións de gandeiros. O conxunto destes programas, en cada liña de traballo, xerará unha necesidade de analítica laboratorial que constituirá o programa de actuación nesa materia específica do Laboratorio de Mouriscade. ANEXO II.- Apoio á utilización agrícola - gandeira da Finca de Mouriscade. As razas vacunas autóctonas galegas, tronco xenérico das Morenas do Noroeste, constitúen un patrimonio de inestimable valor tanto dende o punto de vista cultural e de identidade do País Galego, coma dende o punto de vista de reserva de material xenético único. Esta gran importancia unida á irreparabilidade das perdas que poideran producirse fai necesario que o fato que se situe en Mouriscade siga en todo momento as directrices do Plan de Recuperación de Razas Bovinas Autóctonas que a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria ten en funcionamento nestes momentos. A Excma. Deputación aportará as instalacións, equipamentos e persoal dispoñible actualmente na finca de Mouriscade e o financiamento dos gastos fixos que orixine esta infraestructura, de forma que se poida albergar un fato duns 50 - 60 animais e persoal que permita efectua-las diferentes labouras para o manexo do mesmo. A Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria comprométese a: - Manter un fato de 50-60 femias xóvenes destas razas ata o final da xestación. ANEXO III.- 1.- INVESTIMENTOS - Completa-las necesidades en equipos de laboratorio para o desenvolvemento dos programas. 500.000 ptas. 2.- CUSTOS DE REALIZACIÓN DAS ANÁLISES TIPO DE ANÁLISES Nº UNIDADES PTAS/UNIDADE FINANCIAMENTO Mamite 15.000 350 5.250.000 ptas. Penso (Vía húmida) 975 2.000 1.950.000 ptas. Silos 3.500 800 2.800.000 ptas. TOTAL REALIZACIÓN DE ANÁLISES 10. 000.000 ptas. 3.- CONTRATACIÓN DE ASISTENCIA TÉCNICA Garanti-las capacidades de traballo do laboratorio 3.000.000 ptas. 4.- PROGRAMA DE RAZAS AUTÓCTONAS Segundo as cabezas aloxadas 4.500.000 ptas. TOTAL CONVENIO: 18.000.000 PTAS. (DEZAOITO MILLÓNS DE PESETAS) ------ Folla: 91 7.4342.- MOCIÓN DO DEPUTADO PROVINCIAL DO BNG, D. XOÁN CARLOS CHILLÓN IGLESIAS, SOBRE PREMIO NOBEL A D. XOSÉ LUIS MÉNDEZ FERRÍN Sr. Presidente.- Punto número 7. Moción do Deputado Provincial do BNG, proposta polo seu Deputado D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, sobre Premio Nobel a D. Xosé Luis Méndez Ferrín. Como vostedes saben, no último Pleno pensamos que se debía aportar unha xustificación á proposta de D. Xoán Carlos Chillón Iglesias para o Premio Nobel a D. Luis Méndez Ferrín. Discutiuse na Comisión Informativa correspondente, en base a que entre outras cousas ben proposta pola FEGAMP e por outras entidades, e como ademais trátase dun escritor en lingua galega, consideramos que efectivamente é acertada esta proposta. Creo que se debatiu suficientemente na Comisión Informativa correspondente e non houbo ningunha pega para aprobala por unanimidade. Sr. Chillón Iglesias.- Unicamente indicar que me tomei a liberdade de incorporar na carpeta do tema, como comentamos tamén na Comisión Informativa, un pequeno curriculum sobre a súa obra, tanto a nivel poético como narrativo. Sr. Presidente.- Gracias. Procedemos entón á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade propoñer ó escritor D. Xosé Luis Méndez Ferrín ó Premio Nobel por parte desta Institución. De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Cultura, o Pleno acorda por unanimidade aproba-la proposta do Deputado do BNG, D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, no sentido de solicita-la concesión do Premio Nobel de Literatura para o escritor D. Xosé Luis Méndez Ferrín, trasladando este acordo á Asociación de Escritores en Lingua Galega ós efectos que procedan. ------ Folla: 91,92 8.4343.- DESAFECTACIÓN DUN TRAMO DA EP PO-5501 PARA A SÚA POSTERIOR CESIÓN Ó INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO E ACEPTACIÓN DO NOVO VIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE BUEU Sr. Presidente.- Pasamos ó punto oitavo. Desafectación dun tramo da estrada provincial PO-5501 para a súa posterior cesión ó Instituto Galego da Vivenda e Solo e aceptación do novo vial do Parque Empresarial de Bueu. Creo que no expediente se explica perfectamente o tema. Está aí un croquis ou plano do que se trata. En todo caso, se alguén quere intervir neste tema ten a palabra. Non hai intervencións. Procedemos polo tanto á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. Solicitándose en 1996 por XESTUR PONTEVEDRA, SA., o cambio de trazado da estrada provincial PO-5501 ó seu paso polo Parque Empresarial de Bueu, en conformidade co Proxecto de Urbanización de dito Parque, aprobado en 1993 e sendo executadas ditas obras polo Instituto Galego de Vivenda e Solo; aprobándose polo Pleno desta Excma. Deputación Provincial, en sesión de 29-03-96, o referido cambio de trazado, con base no informe do Enxeñeiro Director de Vías e Obras, que estimaba como positiva tal modificación ó eliminar varias curvas existentes e permiti-la mellora da sección da estrada; e, como queira que se remataron as obras do novo vial, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por unanimidade: 1º.- A incoación dun expediente de desafectación dun tramo do antigo trazado da EP PO-5501, para a súa transformación de ben de dominio público afecto ó uso público a ben patrimonial, conforme ó previsto no art. 8 do Regulamento de Bens das Entidades Locais (RD 1372/1986 de 13 de xuño) e art. 269 da Lei 5/1997, de 12 de xullo, de Administración Local de Galicia. 2º.- A exposición ó público, por prazo dun mes, do referido expediente a efectos de posibles reclamacións, para a súa posterior resolución pola Corporación Provincial. 3º.- A aceptación da cesión, en favor desta Excma. Deputación Provincial, do novo vial executado no Parque Empresarial de Bueu, cunha extensión de 7.035 m2, adxuntándose o plano de planta xeral ó expediente. ------ Folla: 92,94 9.4344.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS Sr. Presidente.- Punto número 9. Expediente de modificación de créditos. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias. Trátase dun expediente por un total de 459 millóns. Os expedientes de modificacións de créditos son consecuencia dunha xestión que aplica o grupo de goberno sobre a base do presuposto aprobado para o ano. Como non estamos de acordo nin cunha liña nin con outra, mentras non cambie o noso posicionamento sobre o orzamento do ano que corresponda, o lóxico é votar en contra. Pero a maiores, este expediente de modificación introduce dúas cuestións que parece que non son absolutamente de recibo. A primeira é que se aumenta en 20 millóns a partida de publicidade e propaganda, consecuencia directisima de estar en ano electoral; e a segunda que se aumenta en 75 millóns a partida de chapapote, consecuencia tamén directisima de estar en ano electoral. Non parece moi lóxico que se faga esto así cando non houbo nada extraordinario. Se podería subir, por exemplo, se sufriramos un inverno moi inclemente, que houbera deteriorado especialmente os camiños, pistas e corredoiras desta provincia. Pero non sucedeu así, non sucedeu nada, non se ve ningunha razón nin ningún motivo para facer estas modificacións. Non vamos a entrar en que se pon adquisición do parque móvil, se hai coches moi vellos, se hai que cambialos ou non hai que cambialos, en todo caso habería que falar que pasa co coche que non é vello e que anda o Sr. Barros, que non aparece pola Deputación e o ten ó seu exclusivo servicio. Creo que eses dous temas son suficientes aínda que acabo de facer referencia a ese. Xa sei que nos van a dicir que o tema estrela aquí son os 228 millóns para a Escola de Canteiros. Correcto, estamos de acordo en que se complete a Escola de Canteiros da mellor maneira posible, pero baixo este epígrafe, baixo esta obra, non se nos pode intentar cola-lo resto. E hai unha, hai un último tema ó cal non nos opoñemos pero que si vamos esixir e queremos que conste e polo tanto queremos centra-la atención sobre el, que é Convenio entre a Xunta, a Deputación e o Concello de Marín para a compra da finca de Briz. Son 150 millóns e poría 50 millóns cada administración actuante. Nos parece absolutamente correcto, sempre e cando a partir de agora, cando haxa unha cuestión deste tipo, esta Deputación actúe exactamente igual que fai co Concello de Marín. Parece unha grande función e das poucas lexítimas que pode cumprir nestes momentos esta casa. Cando hai que facer unha inversión extraordinaria, por exemplo en patrimonio, en fincas similares ou algo deste tipo, que a Deputación se implique, e á parte neste caso se implica dunha maneira forte, exactamente coa mesma contía que as outras administracións, se implique nese tipo de actuacións que son absolutamente fundamentais, que estiveron moi abandonadas, as nosas vilas e as nosas cidades, sen equipamentos, sen espacios libres ou sen parques. Me parece absolutamente correcto, pero que quede claro que se aplique a todo o mundo, cousa que non se está facendo. Agardemos que de agora en diante si se faga, porque se non esto ten un nome que é favoritismo. Ou sexa, que se mañá aparece o Concello I propoñendo que quere comprar ou quere facer unha actuación nunha finca de moito interese ou comprar un inmobel ou o que sexa, esta Deputación se implique exactamente igual que como fai no caso de Marín. Houbo precedentes aquí; por exemplo, cando fora a urbanización de Nigrán, esta Deputación se metera a paga-la urbanización nun tramo urbano dunha estrada provincial para deixarlla ó Concello, e a partir de aí me parece que non se aplicou co mesmo criterio nin coa mesma cantidade, pero se abreu unha vía. Agardemos que neste caso tamén sexa así, se non estaremos nós aquí para recordarlle, para sacarlle os colores se é que non o fai. En resume, comentadas xa as partidas máis gordas, algunhas máis interesantes e positivas, outras francamente non son de recibo, volvemos ó principio, é dicir, como esto é consecuencia da xestión que fai o grupo de goberno co cal non estamos de acordo, e salvando que hai algúns temas dos que están incluídos que nos parece ben, a Escola de Canteiros ou a compra da finca de Briz sempre e cando ese mesmo criterio se aplique a outro tipo de operacións semellantes, vamos a votar en contra, con todas esas matizacións, que creo que foron suficientes. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra o Sr. Juanes. Sr. Juanes Rodríguez.- Si, gracias. Sen ánimo de reiterar plantexamentos que xa expuxo o Sr. Mosquera, pola mesma razón, porque votamos no seu momento en contra do orzamento, en contra da filosofía política e do norte político deste equipo de goberno, loxicamente non vamos a avalar o que é unha modificación puntual dese orzamento. Si, dende logo, criticar que cando fai dous meses escasos que aprobamos o Presuposto que aparezan agora 75 millóns de pesetas para eso, que lle chama Mosquera chapapotes, non é facilmente entendible, e 20 millóns a estas alturas cando levamos dous meses de Presuposto para publicidade e propaganda tampouco é entendible. Queremos deixar claro que somos uns fervientes e totales e absolutos defensores desa nova instalación que vai a se-la Escola de Canteiros, co cal si avalamos esa proposta, pero non loxicamente coa forma en que vai; por pura lóxica, se estamos en contra do orzamento, non vamos avalar unha modificación puntual. E tamén estamos de acordo coa compra desa finca e coa forma en que parece que se está levando que esperemos que se faga así en posteriores ocasións. Creo que está absolutamente claro e o tema non dá para moito máis. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Juanes. Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Vicente.- Si, buenos días, muy breve. Yo comprendo que por práctica, no se si llamarla parlamentaria, si se vota en contra de un Presupuesto parece bastante sensato seguir votando en contra las distintas modificaciones que se puedan hacer a ese Presupuesto, si siguen, como sería lógico y en este caso lo es, la misma línea. Yo entiendo por lo tanto el voto en contra de los partidos de la oposición, pero en el fondo quiero destacar un tema que me parece importante, y es que, con las cifras en la mano, dan su conformidad al 80% de la modificación de crédito que se plantea hoy, puesto que si están de acuerdo con los más de 200 millones destinados a la Escola de Canteiros y a los 50 del tema de Marín, estamos bastante de acuerdo entonces en que existe una aproximación de los tres grupos en un 80% en un expediente de modificación de créditos. Creemos que vamos por el buen camino. En cuanto al Sr. Juanes, contestarle que el tema del chapapote, de los 75 millones de pesetas, no es que sólo hayan transcurrido dos meses y ya se hubiese agotado. No, como saben, el Presupuesto se hizo antes de estar liquidado y de haber remanentes del Presupuesto anterior. Ya habíamos avisado que una gran parte de lo que nos sobrase, de los remanentes, se iba a destinar a las carreteras provinciales y locales. Por lo tanto, ahora van 75, pero tenga la seguridad que cuando podamos hacer otro y con cargo a remanentes también irá bastante más dinero y todo será poco desgraciadamente para el arreglo de nuestras carreteras, por lo tanto seguiremos metiendo todo lo que podamos en ellas. Ese es nuestro criterio. Nada más Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pedrosa. ¿Algunha intervención máis?. Non hai intervencións. Procedemos polo tanto á votación do punto número 9, expediente de modificación de créditos. ¿Votos en contra?. Partido Socialista e Bloque Nacionalista Galego. ¿Abstencións?. Non hai. ¿Votos a favor?. O Partido Popular. Apróbase polo tanto esta modificación de créditos cos votos exclusivos do Partido Popular. Visto o primeiro expediente de modificación presupostaria de créditos extraordinarios e suplementos de crédito, por un total conxunto de CATROCENTOS CINCUENTA E NOVE MILLÓNS CINCOCENTAS ONCE MIL DUASCENTAS SETENTA E DÚAS PESETAS (459.511.272), que corresponden a créditos extraordinarios DOUSCENTOS NOVENTA MILLÓNS TRESCENTAS CINCO MIL CENTO NOVENTA E UNHA PESETAS (290.305.191) e a suplementos de créditos CENTO SESENTA E NOVE MILLÓNS DUASCENTAS SEIS MIL OITENTA E UNHA PESETAS (169.206.081), motivado á necesidade de ter que realizar gastos que non deben demorarse ata o exercicio seguinte, por non existir consignación no estado de gastos do vixente Presuposto, financiándose os suplementos e os créditos extraordinarios con cargo a parte do remanente de Tesourería dispoñible, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda, por maioría de votos a favor do Grupo Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG, prestar aprobación a dita modificación presupostaria e dos recursos para o seu financiamento, sendo o detalle do expediente resumido por capítulos o seguinte: CAPÍTULOS DENOMINACIÓN CRÉDITOS SUPLEMENTOS EXTRAORDINARIOS DE CRÉDITOS 1º GASTOS DE PERSOAL 4.066.236 2º GASTOS EN BENS CORRENTES 21.655.191 100.351.525 4º TRANSFERENCIAS CORRENTES 9.500.000 11.088.320 6º INVERSIÓNS REAIS 257.150.000 3.700.000 7º TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 2.000.000 50.000.000 TOTAL 290.305.191 169.206.081 Este expediente presenta, resumindo por capítulos, o seguinte resultado: Capítulo 1º.- Gastos de persoal ................................................................... 4.066.236 Capítulo 2º.- Gastos en bens correntes e servicios...................................... 122.006.716 Capítulo 4º.- Transferencias correntes........................................................ 20.588.320 Capítulo 6º.- Inversións reais........................................................................ 260.850.000 Capítulo 7º.- Transferencias de capital........................................................ 52.000.000 Total expediente de modificación de crédito.............................................. 459.511.272 ------ Folla: 94,95 10.4345.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario.- Nada más que darles cuenta de los extractos de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 22 de febrero y el 22 de este mes de marzo, que han sido remitidas a los distintos grupos políticos. Queda enterado o Pleno da seguinte comunicación: - De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas entre o 22 de febreiro e o 22 de marzo de 1999, que foron remitidas ós distintos grupos políticos. ------ Folla: 95,106 11.4346.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Punto 11. Rogos e preguntas. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias. Teño tres, os tres creo que de bastante enxundia, polo tanto vounos a plantexar por separado. O primeiro é sobre a fusión das Caixas, pero centrado no aspecto da actuación desta Deputación. Esta Deputación é a entidade fundadora da Caixa de Aforros de Pontevedra, e elixe trinta representantes na súa Asamblea Xeral e a súa Presidencia é de entre os elixidos por esta Deputación e o Consello de Administración en gran parte tamén está constituído por persoas nomeadas por esta Institución. Dase o proceso da fusión e a actuación, que se sepa, desta Institución foi presta-los seus locais para ter unha reunión entre o Presidente provincial do Partido Popular, Conselleiro ou non se sabe a título de que veu a esa reunión, e representantes no Consello de Administración. Cremos que algo tería que facer, cando menos en canto a falar de que obxectivos, por que se fixo esa fusión, e cal é o posicionamento desta Deputación. Creo que algo habería que dicir. Creo na sospeita de que tal como se fixo a fusión houbo unha intervención fortisima do Partido Popular; de feito, a información que chega era que se alguén non estaba de acordo ou simplemente plantexaba algún problema técnico por reticencias de carácter financeiro, a resposta que se lle daba nesa reunión que houbo nesta Deputación era que se queres algunha resposta máis pregúntalle a D. Manuel; esa polo menos é a miña información. Parece así como un papel un pouco lánguido desta institución, que foi a institución fundadora, pero, claro, corrían os anos que corrían. Nesa fundación da Caixa de Aforros de Pontevedra participou na elaboración dos Estatutos Alexandre Bóveda, etc., estivera de Presidente Daniel de la Sota, bueno, eran outros tempos. E nestes momentos parece ou estamos convencidos de que fixo un papel extrañamente lánguido. Cando menos, creo que se merecía que houbera unha comisión, unha reunión de Portavoces ou algo dese tipo; que houbera algún informe no que participara esta Deputación como entidade fundadora e así nos dábamos por enterados de cales foron os obxectivos desa fusión, que beneficios vai traer ou que prexuízos pode traer. Os prexuízos laborais en principio van ser evidentes. Nós sempre dixemos o mesmo: nin estamos a favor nin estamos en contra da fusión, senón que se se demostra que tal como se fai e os obxectivos que se persiguen son mellores, pois adiante coa fusión, pero nunca nos pareceu ben que fora unha intervención política así tan brava. De verdade, votamos moi en falta que esta institución, como entidade fundadora, dixera algo ou cando menos nos comunicara algo ou participara en algo, e agardo que neste Pleno o Sr. Presidente nos dea algunha explicación razonable, porque se non a sospeita, máis que sospeita, por desgracia é convencemento, de que a elección que se fixo dos representantes desta institución na Asamblea Xeral non foi feita por esta institución, senón que foi un mandato directo do Partido Popular. Esa é unha sospeita que máis ben é convecimento. Seguindo co fio, parece que esta Institución máis que preocuparse polos intereses xerais da provincia o que se interesa é por se-lo aparato, axudar e se-lo aparato electoral do PP. Supoño que o Sr. Presidente está moi ocupado en percorre-las parroquias da provincia explicando as maravillas que fai o PP e igual por eso non lle deu tempo a preocuparse de que esta institución tivera unha participación ou cando menos información e saber un pouco o que estaba pasando e ter certo posicionamento nun tema tan transcendente. Digamos que se non hai unha explicación convincente, que moito nos tememos que non haxa, as nosas sospeitas e o noso convencimento se ratificaría nesa liña e nos parece francamente grave que unha institución como esta, polo menos mentras siga existindo, estea xogando o papel que está xogando. Esa é a primeira cuestión que me gustaría que me respondera e despois teño un par delas máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. Mosquera, vai ser moi difícil que eu poida explicar neste momento, pormenorizadamente, todo o proceso por dúas razóns. Unha, porque non teño unha capacidade nin unha formación específica nestes temas, co cal sempre é unha dificultade. E dúas, porque como vin dicindo publicamente ata o último momento, todo o tema da fusión das tres Caixas galegas estivo nas mans dos técnicos. Non houbo para nada intervencionismo, senón que nesa reunión non só estaba o Conselleiro de Política Territorial senón que tamén estaba o Conselleiro de Economía, e eu mesmo estaba cun gran número dos representantes no Consello de Administración da Caixa de Pontevedra. O único que fixemos foi dalgunha maneira tratar de acerca-las posturas técnicas sen nunca interferir nese proceso, entre outras cousas porque creo que non estaría capacitado para meterme en profundidades posto que non domino este tema. En todo caso, a fusión plantexouse nun entorno concreto, e o entorno podíase definir en que cada día, e esto é evidente incluso para os que menos sabe destes temas, as marxes de intermediación das Caixas é bastante máis escaso. A esto unimos que cada día hai máis competencia. Cada día vemos que non só nas cidades senón incluso en importantes villas se están introducindo máis sucursais bancarias, etc. Está claro que as entidades pequenas tenden, ó longo do tempo dadas estas circunstancias, a non crecer e polo tanto a perder negocio e a correr un riesgo. Este é o entorno en que se moveu, ó meu entender en liñas xerais, e dentro, repito, do que eu podo entender, a fusión das Caixas. Esto leva consigo, segundo expuxeron os técnicos, que as Caixas deben desplazar o negocio hacia novos productos, hacia novos servicios, e esto implica novas tecnoloxías para adaptala ás novas tendencias e esto implica ter recursos propios suficientes que unha Caixa pequena non os vai ter. Este é o entorno en que se plantexou a fusión. ¿Que permite polo tanto esa fusión?. Está claro que en primeiro lugar máis economías. Máis economías ¿por que?. Porque indudablemente unha Caixa superior vai a producir máis por empregado e vai a producir máis por sucursal e esto é indiscutible. Por eso en principio non houbo voces discordantes, en absoluto, porque parece que esto está moi claro. Segundo. Van a dispoñer de máis recursos propios. Esto é evidente. ¿E esto que vai a permitir?. Pois vai a permitir, entre outras cousas, acometer proxectos de maior envergadura que unha Caixa pequena nunca podería acometer. E pensen vostedes o que esto pode significar para as empresas de Pontevedra e indudablemente para as empresas de Galicia. Polo tanto, a Caixa de Pontevedra vai a procurar abri-lo abanico, son complementarias practicamente as tres Caixas. Caixa Pontevedra, en concreto, capta recursos, pero capta recursos que logo invirte fundamentalmente en temas hipotecarios. Caixavigo, sen embargo, capta menos e invirte moito máis en temas empresariais e Caixavigo sen embargo capta máis do que en realidade logo presta. Parece ser que dada a situación destas tres Caixas, se complementan perfectisimamente para dar estes créditos. Polo tanto, esta fusión ¿vai permitir un acceso a máis productos e servicios financeiros, vai ter unha maior capacidade de beneficios e esto vai a repercutir, e así está no protocolo, en máis financiamento para temas sociais. En concreto, no que se refire a Pontevedra está garantizado xa un 15% máis para temas sociais e culturais, entre outras cousas. E logo, me parece que se salvan absolutamente no protocolo tódolos temas que afectan a Caixa de Pontevedra, tanto no tema de persoal coma no tema da súa representación. De feito, aínda que se vai a incorporar un ano despois, se vai deseñar xa antes do 30 de xuño deste ano o organigrama funcional da nova Caixa, que non se vai a poñer en práctica ata que se incorpore a Caixa de Pontevedra. Non se vai tocar para nada ás sucursais das tres Caixas mentras non se incorpore a Caixa de Pontevedra. E non se vai tocar en absoluto a temas de persoal ata que se incorpore a Caixa de Pontevedra. Polo tanto, en liñas xerais, parece claro que a fusión é importante non só para Galicia senón tamén para as empresas, para as entidades, que van a ter moitas máis posibilidades de financiamento e unha Caixa fuerte a quen poder recurrir. ¿Que cuestións negativas pode ter?. En principio, se, tal como está, o protocolo se leva a cabo non debe haber problemas, absolutamente ningún, porque todo o que é o tema de persoal, todo o tema de sucursais tense que facer por consenso. Por aí anduvo dicíndose que Caixavigo tiña a maioría, etc., que ó final ía facer o que quixera. Non, sabe vostede que hai tres grupos de traballo, hai uns grupos de traballo, un comité técnico e un comité superior de integración. Cando cheguen tódolos temas ó comité de integración, teñen que vir pactados e se non terán que ser devoltos ós órganos inferiores que acabo de nombrar. Polo tanto, non se trata de que Vigo impoña absolutamente nada a Pontevedra, senón que se ten que facer absolutamente por consenso. En todo caso, se quere unhas explicacións máis concretas, estou disposto a darllas por escrito e sistematizadas. Pero creo que en liñas xerais lle contestei ó que vostede me preguntaba. Sr. Mosquera Lorenzo.- Despois da resposta, Sr. Presidente, é evidente que esta Deputación ou esta Presidencia non pintou nada no proceso, que era o que moito nos temíamos, e efectivamente, hai técnicos, pero é que a min o que me sorprende é que hai tres, catro ou cinco meses, os técnicos de Caixa Pontevedra digan que no, que é moi boiante a situación, e que agora vostede nos diga o contrario, ou que o Sr. Presidente, que foi nomeado por esta casa, diga que foi a decisión máis difícil da súa vida, e que Pontevedra tiña futuro, outros din que non, etc.; ou sexa, que está claro que esto se coceu onde se coceu e punto. Vamos ó seguinte tema, porque estamos con rogos e preguntas e polo tanto non cabe debate. No mes pasado, despois de demoralo un mes, se aprobou unha moción por unanimidade, con respecto á conexión da área de Pontevedra, entendida como área de Pontevedra incluso o Salnés e o Morrazo, coas autovías da Meseta e de Portugal, e como primeiro paso solicitouse a gratuidade da autoestrada mentres non se construe outra alternativa, etc. A pregunta é ¿que xestións concretas se teñen feito por parte desa Presidencia ou por parte desta casa?. A cuestión concreta é que xestións se teñen feito por parte da Presidencia e por parte do resto dos Deputados do goberno e por parte dos servicios técnicos, que conversas ten habido, que perspectivas hai ou en que situación ou en que trámite están as negociacións, as solicitudes ou as conversas en relación á acadar o obxectivo que se plantexaba naquela moción. A experiencia é que as mocións que se aproban por unanimidade, porque non hai máis remedio, ó final nunca se tramitan ou se tramitan moi mal, pero agardemos que un tema tan transcendente se estea tramitando, porque parece un pouco de broma que despois dun acordo deste tipo, non vaian nesa dirección, senón que os feitos vaian na dirección contraria. A pregunta é saber que trámites se teñen feito e con que resultados, con respecto á moción que aprobamos o mes pasado da gratuidade da autoestrada e maila conexión de Pontevedra e a súa área coas autovías da Meseta e de Portugal, Sr. Presidente.- Evidentemente aquí aprobouse a moción, creo que foi no Pleno pasado, e aí adquirimos uns compromisos, que foi enviar á Xunta de Galicia e ó Ministerio de Fomento a moción aprobada polos t

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición