Fondos
1999-04-30_Ordinaria. Acta de sesión 1999/04/30_Ordinaria
Acta de sesión 1999/04/30_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.359/2.1999-04-30_Ordinaria
Título Acta de sesión 1999/04/30_Ordinaria
Data(s) 1999-04-30 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 106,107 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 30 de abril de 1999 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día trinta de abril de mil novecentos noventa e nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Carmen Avendaño Otero, D. Adolfo Campos Panadeiros, Dona Ramona Castaño López, D. Xosé Costa Díaz, D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, D. José Luis Fernández Lorenzo, Dona Carmen Ferro Carballo, Dona Ana Gandón Menduíña, D. Emilio González Iglesias, D. Oswaldo Lino González Pereira, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. Mario López Martínez, D. Rafael Louzán Abal, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Santiago Pazos Moreira, D. Julio Pedrosa Vicente, D. Amado Ricón Virulegio, D. Julio Sayáns Bugallo, D. Ramón Sestelo Fernández, D. Santiago Tirado Serén, D. Pablo Vázquez Caride, D. Roberto Vázquez Souto e D. Manuel Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Vicesecretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten os Sres. Deputados, D. Xosé Manuel Barros González, D. Lino Fontán Mariño nin D. Emiliano Lage Rodríguez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a comeza-lo Pleno ordinario correspondente ó mes en curso. 1.4347.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Punto primeiro. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 26 de marzo de 1999. ¿Hai algunha alegación que facer á acta? Non hai ningunha, apróbase. Si. Sr. Chillón Iglesias.- Bos días. É unha cuestión, que na páxina 28, no último renglón, cando me estaba a referir á moción da candidatura para Premio Nobel de Méndez Ferrín, sae na acta a palabra "político", di "tanto no plano político como narrativo", e era "tanto a nivel poético como narrativo". Non utilicei a palabra, non sei se foi na transcrición ou na propia fonética coma hoxe que estou un pouco acatarrado. Pero era "tanto a nivel poético como narrativo" e aí pon "tanto a nivel político como narrativo". Non fixen referencia ó plano político. ¿Non me entendeches?. En vez de político poético, eu dixen que "tanto a nivel poético como narrativo" non "a nivel político". Sr. Presidente.- Gracias Sr. Chillón. Corríxese a acta co vocabulario en concreto. Con esta corrección non hai ningún problema máis, polo tanto procédase a corrección dese termo e aprobada a acta. O Pleno acorda por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 26 de marzo de 1999. ------ Folla: 107 2.4348.- CAMBIO DE APLICACIÓN DAS SUBVENCIÓNS NO PPC/1999 DO CONCELLO DE VILABOA Sr. Presidente.- Punto dous. Cambio de aplicación das subvencións no PPC 99 do Concello de Vilaboa. ¿Hai algunha intervención?. Non hai intervencións. Polo tanto procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Abstense o Bloque Nacionalista Galego e a favor o resto. Advertido erro na proposta a favor do Concello de Vilaboa, no Plan Provincial de Cooperación ás obras e servicios de competencia municipal para o exercicio de 1999, ó haber planificado a mesma obra no Programa Operativo Local, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e coa abstención do BNG, aproba-lo cambio da mesma pola realmente solicitada polo Concello, denominada "Accesos ós núcleos de Coto, Laredo e outros (Vilaboa)" co mesmo orzamento, debendo seguirse os trámites previstos na lexislación vixente. ------ Folla: 107,109 3.4349.- SEGUNDO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN PRESUPOSTARIA DE "CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS" E "SUPLEMENTOS DE CRÉDITOS" Sr. Presidente.- Punto tres. Segundo expediente de modificación presupostaria de "Créditos extraordinarios" e "Suplementos de créditos". Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Como sempre sen entrar, porque neste caso non hai motivo, entre outras cousas no fondo pois dado que esto é un instrumento de desenvolvemento do Presuposto co cal non estivemos de acordo, pois vamos a votar en contra. E en todo caso o único novidoso que hai é que xa é o segundo expediente a altura de abril, o que demostra unha axilidade extraordinaria en gasta-los cartos e movelos, supoñemos que será para, en fin polos tempos que, o período electoral que xogamos. En todo caso eso, é dicir, que é unha consecuencia do orzamento e vamos a votar en contra. Sr. González Iglesias.- Si, buenos días, vamos a ver, la cantidad son 321 millones de pesetas, no es una cantidad significativa en el total del Presupuesto y lógicamente si votamos en contra de los Presupuestos vamos a votar en contra de ese tema, aparte que se nos unifiquen determinadas cosas que aparecen aí como curiosas que a estas alturas se den cuenta que hai que dedicarles 50 millones de pesetas más a los ayuntamientos es como mínimo curioso. De todas formas una recomendación, dense prisa porque sino no llegan. Tienen que estar quince días de exposición pública y tal, y si hay alguna reclamación ya no les llega para las elecciones. Nada más. Vamos a votar en contra. Sr. Pedrosa Vicente.- Bos días. Moi brevemente para contestar estas intervencións. Tildar la modificación de crédito de electoralista cuando más de la tercera parte es una partida destinada al ORAL, si ni siquiera se va a pagar ahora, sino que es para cubrir el crédito de la informatización del ORAL, no entiendo yo ese calificativo electoralista. Y en cuanto a la otra de destino a los Ayuntamientos creo que se refiere a la famosa de Conde Bugallal, o sea que también de electoralista poco puede tener. Pero bueno, yo comprendo como en todas las demás modificaciones de crédito que al haber votado en contra del Presupuesto haya que votar en contra de las modificaciones. Aunque no sería obligatorio y son lógicas como estas, pero bueno. En todo caso es con cargo a remanentes esta modificación de crédito y evidentemente esta Diputación seguirá aplicando los mismos a medida que las necesidades vayan surgiendo y existan remanentes como en este caso para aplicar a las mismas. Nada más. Muchas gracias. Sr. Presidente.- Gracias. Insistindo no que acaba de dicir o Sr. Pedrosa pois se quixéramos facer electoralismo eu dígolles que quedan aínda trescentos e pico millóns máis, sen embargo pois non os levamos neste momento. E teño que dicirlle tamén que o que lle poden chamar a atención ó mellor os cincuenta millóns que van para o Parque e para as brigadas en concreto, para substituir un coche nunha brigada que ten trinta anos e que non pasa a ITV e comprar uns rodillos para as brigadas, nin sequera para o Parque. Polo tanto, eu entendo que teñan que dicir eso pero dende logo neste caso non teñen absolutamente razón ningunha, pero bueno, é igual. Procedemos polo tanto á súa votación. Punto terceiro. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Non hai. ¿Votos a favor?. En contra Partido Socialista e o Bloque Nacionalista. A favor o Partido Popular. Visto o segundo expediente de modificación presupostaria de créditos extraordinarios e suplementos de crédito, por un total conxunto de TRESCENTOS VINTEÚN MILLÓNS DÚASCENTAS NOVENTA E SETE MIL CINCOCENTAS PESETAS (321.297.500), que corresponden a Créditos Extraordinarios OITENTA E TRES MILLÓNS CENTO CINCUENTA MIL PESETAS (83.150.000) e a Suplementos de Créditos DOUSCENTOS TRINTA E OITO MILLÓNS CENTO CORENTA E SETE MIL CINCOCENTAS PESETAS (238.147.500), motivado á necesidade de ter que realizar gastos que non deben demorarse ata o exercicio seguinte, por non existir consignación no estado de gastos do vixente Presuposto, financiándose os suplementos e os créditos extraordinarios con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSOE e do BNG, prestar aprobación a dita modificación presupostaria e ós recursos para o seu financiamento, sendo o detalle do expediente resumido por capítulos o seguinte: CAPÍTULO DENOMINACIÓN CRÉDITOS SUPLEMENTOS EXTRAORDINARIOS DE CRÉDITO 2º Gastos en bens correntes 8.150.000 3.997.500 4º Transferencias correntes 5.000.000 6º Inversións reais 66.150.000 7º Transferencias de capital 75.000.000 163.000.000 TOTAL.............................................. 83.150.000 238.147.500 Os suplementos así como os créditos extraordinarios fináncianse con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible. Este expediente presenta, resumindo por capítulos o seguinte resultado: Capítulo 2º.- Gastos en bens correntes e servicios 12.147.500 Capítulo 4º.- Transferencias correntes 5.000.000 Capítulo 6º.- Inversións reais 66.150.000 Capítulo 7º.- Transferencias de capital 238.000.000 TOTAL EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITO.................... 321.297.500 ------ Folla: 109,110 4.4350.- DELEGACIÓN DA XESTIÓN DE RECURSOS DOS CONCELLOS DE MEIS E RIBADUMIA NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL (ORAL), DA RECADACIÓN VOLUNTARIA E EXECUTIVA DA TAXA POR RECOLLIDA DE LIXO Sr. Presidente.- Punto catro. Delegación da xestión de recursos dos Concellos de Meis e Ribadumia na Deputación Provincial (ORAL), da Recadación voluntaria e executiva da taxa por recollida de lixo. ¿Algunha intervención?. Procedemos á súa votación polo tanto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Abstense o Bloque Nacionalista e a favor o Partido Popular e o Partido Socialista. De acordo co establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e 7 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, e de conformidade co acordo do Pleno da Excma. Deputación Provincial, de data 29 de xullo de 1992, polo que se aprobaron as Bases para a prestación do Servicio Provincial de Xestión e Recadación Directa, que regula a xestión e recadación dos tributos de dereito público e locais, bases actualmente asumidas polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais, así como de conformidade coa ordenanza reguladora da taxa por prestación de servicios polo ORAL, aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 29-11-96, recibíronse acordos dos concellos que seguidamente se relacionan polos que se delegan na Deputación facultades en materia de recadación de recursos locais. CONCELLO DE MEIS Delega expresamente na Deputación Provincial as facultades de recadación voluntaria e executiva do seguinte recurso: (Acordo Pleno 14-12-98) - Taxa por recollida de lixo. CONCELLO DE RIBADUMIA Delega expresamente na Deputación Provincial as facultades de recadación voluntaria e executiva do seguinte recurso: (Acordo Pleno 27-11-98) - Taxa por recollida de lixo. Considérase que o Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais dispón dos medios materiais e persoais suficientes para levar a cabo satisfactoriamente as facultades que os concellos relacionados delegan na Deputación Provincial. Por todo iso, a teor da proposta transcrita, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por maioría de votos a favor do PP e do PSOE e coa abstención do BNG, aceptar, de conformidade co previsto no art. 7.2 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, as delegacións que en materia de recadación de recursos locais, realizaron, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 3 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e 7 da citada Lei 39/1988, na Deputación Provincial de Pontevedra os Concellos da provincia anteriormente relacionados. Delegación que se levará a cabo pola Deputación a través do seu Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais. Debéndose, así mesmo, proceder á publicación no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia da presente aceptación de delegacións, tal como determina o meritado art. 7.2 "in fine". ------ Folla: 110,113 5.4351.- APROBACIÓN INICIAL E EXPOSICIÓN PÚBLICA DOS PROXECTOS DE "EP PO-2908 TABAGÓN - ROSAL, VARIANTE DE MORÁN" E "EP PO-5106 COVELO - BARCIADEMERA, VARIANTE DE REDONDO". DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DAS CITADAS OBRAS. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DE DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN DOS BENS AFECTADOS POR TALES OBRAS. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto quinto. Aprobación inicial e exposición pública dos proxectos de "EP PO-2908 Tabagón-Rosal, variante de Morán" e "EP PO-5106 Covelo-Barciademera, variante de Redondo". Declaración de utilidade pública das citadas obras. Solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación dos bens afectados por tales obras. Motivación da urxencia. Intervencións. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Se eu lle dixera ou se dixera aquí de entrada que este punto igual que outros que viñeron a outros Plenos é unha auténtica tomadura de pelo, pero unha auténtica tomadura de pelo e sinverguenzada, dirame este non, ¿que mosca lle picou?. Explícome. Vostedes teñen un plan, un suposto plan de fondos propios que o comen, que o guisan, non pasa por este Pleno. Reparten os cartos como lle dá a gana, cando e como lle dá a gana e de feito nin existe ese plan, ou sexa, van facendo as obras segundo lle van aparecendo. Segundo, adxudican as obras, fan as que lle parecen ben, fan os proxectos, apróbannos, fan os que lle parecen ben, etc., etc., verdade, non pasa por este Pleno nin nos deixan opinar e enterarnos malamente se andamos por aí buscando papeis e nunca é fácil saber que obras van facer e cando e como. Despois un se entera pola Resolución adxudicándoa ou pola Comisión de Goberno. E cando, cando, se o plan vai a seiscentos millóns, oitocentos, depende dos anos, cando resulta que segundo vostedes se topan que hai un propietario que non lle cede, ou hai perigo de que non lle ceda, entón nos veñen aquí ó Pleno porque non teñen máis remedio, porque a Lei o obriga, é dicir, avalan vostedes que nós pidamos que hai que expropiar para unha obra que non lle consultamos nin opinaron nun plan que non lle consultamos nin opinamos. Esta é a situación real. É así, é así. Entón que quere que lle diga, pois que se maten coa obra que decidiron facer e máis co plan que decidiron executar. E claro despois nos topamos cos Plenos que nos topamos, como lle teñen sisado tódalas competencias ó Pleno, tódalas que puideron, pois resulta que nos topamos con estes Plenos gloriosos nos que practicamente tódalas cuestións quitando as modificacións de créditos, e neste caso incluso é bastante irrelevante, sería máis lóxico que viñeran a Pleno e os temas gordos e que afectan ó ben estar da cidadanía, as actuacións desta Institución á hora de facer e tal, facer estradas ou facer outras, non veñen ó Pleno, e claro nos topamos con estes Plenos en que non hai absolutamente nada. Xa estamos a final de mandato xa o recordamos cincuenta veces ou as que foran de que había que volver a replantexa-las competencias do Pleno se non queríamos, primeiro que pasen estas contradiccións tan brutais como a que estou dicindo, temos que opinar agora sobre un flequillo de todo un plan dunha obra de todo un plan de moitas obras. É absurdo cando non nos deixaron opinar sobre o plan nin sobre as obras e nos topamos con estes Plenos absolutamente carentes de contido e en fin, estamos ó final de mandato, non tivo a ben o Sr. Presidente a pesares de que o prometera algunha vez, reconsiderar e mirar que competencias podía te-lo Pleno. Agora a nós esto pois mire vostede se non nos deixa opinar sobre o fondo da cuestión nin vén a Pleno o plan nin veñen as obras nin vén a adxudicación, nin vén nada, pois mire, alá o coman, alá o guisen e punto. Vámonos abster. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. Tirado. Sr. Tirado Serén.- Ben. Gracias Sr. Presidente. En realidade moi pouco que contestar neste punto. O que pasa é que se fan unha serie de afirmacións gratuitas que creo que se deben contestar. En primeiro lugar dise que por parte da Deputación que non hai plan, que se gastan os cartos así de maneira aleatoria ou moi alegre. Non se dixo así textualmente pero máis ou menos déixase indicado. Eu entendo que o Sr. Deputado debe saber que dende o principio de ano, cando se elabora o presuposto, antes estudianse as necesidades de investimento e entón nese momento faise unha relación de vías, no que afecta, é dicir, nos outros plans supoñamos o que é o POL ou o que é o PPC, pois xa veñen a través de Cooperación, pero no que afecta ó da Rede Viaria Local, pois destínase unha partida en función das necesidades e dende principio de ano se sabe, ou polo menos se alguén ten a curiosidade de consultalo, sábese previa aprobación do presuposto en que se vai investir ese diñeiro. Evidentemente esta Deputación ó longo do ano fai así como cento oitenta intervencións en distintas vías, é dicir, actúa así como en cento oitenta estradas cada ano aproximadamente. Que agora teñan que vir dúas polo feito que haxa que expropiar pois paréceme o máis normal, eu non vexo razón ningunha a criticar, o que denota é que hai moita xestión, proba deso é que nas cento setenta e oito restantes chegouse á acordo cos veciños, ou a través da propia xestión dos Alcaldes facilitoulle a labor desta casa, en resume, que, claro que este Pleno está bastante vacío de contido e no sentido de que non é denso coma noutras ocasións e entón pois claro, hai que dicir algo, pois algo dicimos todos. Gracias Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Tirado. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- É que é tal diálogo de xordos que eu non sei se vale tan sequera a pena dicir nada. Vamos a ver, terán vostedes unha relación de obras, terán, terán, supoño que hai uns Enxeñeiros que xa temos falado noutros Plenos deles, que terán uns informes, terán máis ou menos informes das estradas e demais. Pero digo terán porque é que ó Pleno non veñen. Nin á Comisión tan sequera e entón non nos enteramos e nós temos algo que opinar dalgunha desas múltiples obras que gracias á súa brillante xestión se están facendo todo de seguido e teñen a provincia feita unha maravilla, cando hai algún propietario que di non, non, eu non cedo e que me expropien, e no resto non temos nada que opinar nin que enterarnos. Terán, terán, terán, bueno é o que estou dicindo, terán, terán. Agora, de tódalas maneiras debe haber un plan tan sólido e tan serio que ás veces se fan arranxos ata 10 m., xa están batendo vostedes récords, ou sexa, fan intervencións nas estradas provinciais, antes facíannas de 300 m., 400, 100, ás veces un quilómetro que era un exceso brutal, xa se están batendo récords, xa se están facendo arranxos de metros, nun plan sólido e solvente. Supoño que algún día nos traerán unha aquí a ver se nos dez metros algún non quixo e tal e nos deixan. Creo que está clarisimo, me parece que estamos falando de cousas distintas, eu sei perfectamente a que me refiro e nada máis. Sr. Presidente.- Gracias. Votamos. Punto quinto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase coa abstención dos grupos da oposición. Á vista dos proxectos de "EP PO-2908 Tabagón-Rosal, variante de Morán" e "EP 5106 Covelo-Barciademera, variante de Redondo", pertencentes a Fondos Propios 1999, con presuposto para coñecemento da Administración de VINTE MILLÓNS CINCOCENTAS CINCUENTA MIL CINCOCENTAS TRINTA PESETAS (20.550.530) e TRINTA E UN MILLÓNS DUASCENTAS VINTETRÉS MIL CATROCENTAS OITENTA E SEIS PESETAS (31.223.486), respectivamente; á vista dos Documentos RC nº 19990022835, 1999002836, 1999002832 e 1999002833, emitidos por Intervención o 18-03-99, nos que se certifica a existencia de crédito dispoñible para facer frente ó gasto ocasionado polos referidos proxectos; e, con base no informe, de 16 dos correntes, emitido polo Enxeñeiro Técnico, Xefe da Zona Sur, sinalando a imperiosa necesidade de acometer con urxencia as mencionadas obras, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSOE e do BNG: 1.- A aprobación inicial dos proxectos de "EP PO-2908 Tabagón - Rosal, variante de Morán" e "EP 5106 Covelo - Barciademera, variante de Redondo", por importe de VINTE MILLÓNS CINCOCENTAS CINCUENTA MIL CINCOCENTAS TRINTA PESETAS (20.550.530) execución por contrata DEZASETE MILLÓNS DUASCENTAS CINCUENTA E CINCO MIL PESETAS (17.255.000) e expropiacións TRES MILLÓNS DUASCENTAS NOVENTA E CINCO MIL CINCOCENTAS TRINTA PESETAS (3.295.530), e por importe de TRINTA E UN MILLÓNS DUASCENTAS VINTETRÉS MIL CATROCENTAS OITENTA E SEIS PESETAS (31.223.486) (execución por contrata 23.466.800 pesetas, e expropiacións 7.756.686 pesetas), respectivamente. 2.- A exposición pública dos referidos proxectos por prazo de 15 días, a efectos de posibles reclamacións, o que de non producirse dará lugar á súa aprobación definitiva, de forma automática. 3.- A declaración de utilidade pública de ditas obras, dado que, como sinala o informe de 16-04-99, emitido polo Enxeñeiro Técnico, Xefe da Zona Sur, a súa finalidade é xerar unhas variantes que permitan evita-lo índice de siniestralidade rexistrado nos actuais trazados, por causa da súa gran sinuosidade. 4.- Solicitar á Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados por tales obras. 5.- A motivación da urxencia que se pretende dar a tales expropiacións, con base no informe emitido polo Enxeñeiro Técnico, Xefe da Zona Sur, sinalando a perigosidade que revisten os actuais trazados, que xeneraron a estimación dos dous viais en cuestión, como dous dos puntos negros da rede provincial. ------ Folla: 113 6.4352.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario.- Si. Tenemos las Resoluciones Presidenciales dictadas entre o 24 de marzo e o 26 de abril do 99. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Secretario. Queda enterado o Pleno da seguinte comunicación: - De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas entre o 24 de marzo e o 26 de abril de 1999, as cales foron trasladadas ós Portavoces dos distintos grupos políticos. ------ Folla: 113,122 7.4353.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e Preguntas. Sr. Juanes. Sr. Juanes Rodríguez.- Si, gracias e bos días. Son dous rogos. O que rogaría é que bueno, que me permita facer unha argumentación do rogo se é posible aínda que me extenda van a ser uns minutiños escasos, suelo ser bastante telegráfico nas miñas intervencións. Vamos a ver, o primeiro rogo se refiere a algo que plantexara aquí xa no anterior Pleno, que é referente ó seguimento, calificación e instrucción que fai este equipo de goberno sobre as ilegalidades nas estradas provinciais. A verdade é que só vin os expedientes ou parte deles, porque realmente é imposible, home, non temos dedicación exclusiva á Deputación Provincial e é absolutamente imposible porque soamente se pode vir polas mañás, e entón vin os expedientes ou parte deles do 99 e do 98, que no propio servicio me din que é a partir de cando se leva a cousa cun mínimo de control, cun mínimo de control, eu cualifícoo ata agora, e xa digo que quero eximir de calquera responsabilidade ós funcionarios do servicio, eximilos, porque realmente os medios materiais cos que contan son limitadisimos e dende logo me imaxino as presións que recibirán dos políticos á hora de facer unha ou outra cualificación. Creo que aquí a responsabilidade de todo esto sempre a leva a parte política e tamén quero dicir que o comportamento dos funcionarios do Servicio para facilitarme esa información foi absolutamente exemplar, tamén hai que dicilo así. Cualificación de como está funcionando eso, 98 e 99 que din que é cando funciona. Bueno, eu cualificaríao de absoluto desastre e un caos, un caos, e me explico, hai dúas cousas que chaman a atención, por un lado a propia cualificación do feito en si, da infracción en si, e por outro o posterior seguimento do expediente. Eu creo que podería nomear moitos casos pero eu creo que é significativo e vou poñer un par de exemplos que nos poden dar unha idea de como funciona ou de como este equipo de goberno da Deputación leva esta cuestión. Un exemplo: unha señora nunha estrada provincial coloca uns postes de madeira e alambre, na foto aparece incluso, son ramas de pino e alambre, pois bueno, por parte da Deputación se lle abre un expediente sancionador e se lle cualifica de falta grave co cal pode ter unha multa de ata un millón de pesetas por colocar uns alambres de pico e uns postes de madeira. Bueno, un se vai á ordenanza e realmente a ordenanza é interpretable pero nunca, nunca para chegar ata eses extremos. Despois seguín vendo expedientes e unha casa na estrada Rodeiro- Hío, unha boa casa, a un metro trinta da arista, cando a alineación pois debe ser a sete ou nove segundo sexan de primeira ou de segunda categoría as estradas provinciais. En principio se cualifica a infracción como moi grave, a sanción pode ser ata de vintecinco millóns de pesetas, pero é que aquí no expediente aparece un informe do Alcalde que di que se está a facer, que se está a facer un plan de ordenación urbana que pretende declara-lo lugar de Leboiro como núcleo rural. Pois señores, a proposta en principio de sanción despois deste informe deste Alcalde, di que se pretende facer un plan de ordenación urbana, que todo eso pois terá que ter aprobación plenaria, terá que ter exposición pública, non se sabe absolutamente como vai quedar, non aparece ningunha resolución do Concello no expediente pois queda nunha sanción de 50.000 pesetas, de 50.000 pesetas, ese é o expediente que hai. Outra empresa na rúa Vila de Cruces-Lalín, perdón, un bloque de vivendas de 50x10, ou sexa, unha casiña de nada, baixo e tres pisos, sen permiso, se abre o expediente e se pecha, plas, aí queda. Unha nave de 2.000 metros a catro metros da arista tamén é sanción moi grave porque non é legalizable. A mesma proposta que a señora dos postes, é o mesmo, facer unha nave de 2.000 metros que pór uns postes cuns alambres, exactamente. Creo que é significativo dun comportamento absolutamente neglixente e de pouca equidade e que realmente pois estamos fomentando, estamos fomentando que aqueles cidadáns que normalmente cumpren coa normativa, que eu sei que son a inmensa maioría, a inmensa maioría, en vez de educalos en positivo o que estamos facendo é que pensen que realmente os que fan irregularidades, os que fan ilegalidades lles vai mellor, en vez de cundi-lo exemplo que nós debemos predicar dende aquí pois pode cundi-lo exemplo absolutamente contrario. Seguimento dos expedientes. Eso ya es la coña patatera, total, total. E eu lle quixera facer unha pregunta só Presidente. En faltas graves e moi graves sempre é necesario restitui-la legalidade. A min non me gusta falar de derribos, non lle vamos a tirar nada a nadie, restitui-la legalidade. ¿Sabe o Sr. Presidente cantas veces se restituiu a legalidade nesta casa?. Cero. ¿Que fixo a Deputación para que esto se cumpra?. O outro día no último Pleno falaba o Sr. Presidente de que bueno, se era necesario ir ó Xulgado, non sei que. ¿Sabe cantas veces foi a Deputación ó Xulgado para restitui-la legalidade unha vez e para eso non rematou o expediente?. Tratou, intentou e se quedou aí. Ou sexa que a Deputación non fai absolutamente nada por restitui-la legalidade. ¿Sabe que porcentaxe de infractores pagan as sancións?. Cando se abre un expediente, se incoa un expediente, hai unha proposta de resolución, e depois hai unha resolución que a firma vostede na maior parte ou tamén hai algunhas que ten competencia o Sr. Deputado - Delegado de Vías e Obras. ¿Saben aproximadamente cantos infractores pagan as sancións que impón a Deputación?. Pode ser un 20 ou un 30 por cento, o resto, o 70% se queda todo en aguas de borrallas. Os infractores non pagan as sancións, eso tamén é o exemplo que cunde para a meirande parte dos cidadáns desta provincia que cumpren relixiosamente, que cumpren relixiosamente coa normativa. ¿Sabe que cantidade de expedientes quedan sen resolver porque a Deputación non contesta ó administrado e caducan nunha palabra?. Máis da mitade. Quedan sen resolver por falta de medios ou eso din no Servicio e que non se poden contesta-los expedientes e quedan sen resolver. Bueno, Sr. Presidente, eu creo que estes comportamentos é vostede o máximo responsable, crean un agravio comporativo con respecto xa digo á maior parte dos cidadáns que cumpren relixiosamente coa normativa vixente. Tamén se me ocurre pensar dúas cousas Sr. Presidente, dúas cousas. Que vostedes son uns neglixentes; que hai unha deixadez de funcións, eso é neglixencia, unha deixadez de funcións; ou outra que vostedes teñen trato de favor hacia os infractores das ordenanzas provinciais. Son as únicas dúas cousas que se me ocurren. Ou neglixencia por un lado, que é grave, que os veciños deben saber, que o equipo de goberno fai deixadez de funcións en algo importante como mante-las nosas estradas provinciais que permitan un estado de seguridad, porque é do que se trata, canto máis se reduza a exención dunha estrada máis perigosa é. Temos as estradas co índice de siniestralidade máis alto da provincia, as estradas provinciais onde se producen máis accidentes. Ou outra cuestión Sr. Presidente é porque vostedes permiten tratos de favor hacia infractores das ordenanzas provinciais. E agora fago o rogo. E o rogo non é outro Sr. Presidente, porque aquí podíamos falar de comisión de investigación, un por cada grupo, que nós estamos dispostos e facer un seguimento dos expedientes, pero bueno, como tampouco quero caer no de que as Comisións se montan e despois non serven para nada, tampouco vou propor agora facer unha comisión de seguimento. Pero si lle rogo que cumpra vostede coa ordenanza Sr. Presidente, con equidade e xustiza, e dende logo e dende logo por parte do noso grupo, mentras que estemos aquí ou polo menos ata que remate a lexislatura, esperemos que os compañeiros que veñan despois se preocupen exactamente igual, vamos a facer un seguimento exhaustivo de todo esto, porque precisamente se unha Institución pública debe ser exemplar de algo é de tratar a tódolos administrados exactamente con igualdade e equidade cousa que me dá a impresión que vostedes non fan. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Juanes. Eu supóñome que vostede como Concelleiro de Vías e Obras que foi nun Concello ata hai moi poucos meses ou moi poucos días, gustaríame saber se efectivamente predica co exemplo tanto como aquí quere dicir que o Presidente non cumpre. Gustaríame dende logo e vouno tratar de saber porque indudablemente supóñome que onde vostede tivo esta responsabilidade directa tamén, supóñome que non habería ningunha irregularidade, e se a houbo supoño que se tomarían as medidas oportunas porque tamén teñen, estas medidas tamén as teñen que cumprir de acordo coas ordenanzas dos Concellos e de acordo coa Lei de Estradas de Galicia e tamén se mete coas estradas locais, supóñome que cumpriría todo a raxatabla. Eu non o dubido, pero gustaríame sabelo e intentareino saber tamén. Pero en todo caso con respecto ó que vostede está dicindo teño que dicirlle o seguinte. Primeiro, vostede sabe que esto arrancou fundamentalmente da Lei de Estradas do ano 94. Debe saber en segundo lugar que esta Corporación precisamente en base a esa Lei do 94, no ano 96 aprobamos as ordenanzas reguladoras das estradas provinciais, en base precisamente á Lei de Estradas de Galicia. Loxicamente púxose en marcha un sistema novo, que naqueles tempos, tan pouco tempo, e indudablemente cando se promulga diríamos unha Lei un Decreto ou unhas Ordenanzas, hai que poñelo en marcha e ó principio encerra as súas dificultades. Eu estou totalmente de acordo en que ó principio ó mellor pois non estaba esto suficientemente atendido, pero estanse dando pasos neste sentido moi importantes. Recórdolle que no ano pasado, na aprobación do Presuposto do ano 97, aprobouse unha plantilla de funcionarios onde se creou unha praza de técnico precisamente para estes temas, que ata agora non tivo, e é certo, nin a había antes. Quérolle dicir tamén que o que se cobrou diríamos en período voluntario de sancións no ano 97 foron 825.000 pesetas, no ano 98 duplicou xa o millón e pico e no ano 99 en catro meses levamos 880.000 pesetas. E o que vostede non sabe precisamente ou é posible que non sepa, é que a inmensa maioría, por non dicir todas, porque efectivamente eu non podo estar pendiente do último detalle, están en vía executiva moitisimas, moitisimas desas sancións que non se pagaron en voluntaria. Terceiro, quérolle dicir que a Deputación non pode saír cunha metralleta á rúa para aquel señor que bueno, que efectivamente pon unhas polas, ou pon uns alambres, ou pon uns postes, outra cousa é se efectivamente fai caso ou cousas polo estilo. Eso non quere dicir que non estemos perseguindo estas situacións. É indudable que as estamos perseguindo na medida das nosas posibilidades, eso está claro. E saberá vostede que a Deputación Provincial non pode, porque non se contempla nin sequera nas ordenanzas, nin sequera na Lei de Estradas de Galicia non se contempla claramente o derribo senón que eso é a través loxicamente do Xulgado, pero si se contemplan multas coercitivas, é dicir, seguir multando e seguir multando e seguir multando, cunha porcentaxe por reincidente e por non obedecer. E eso estase a facer vía executiva, e posiblemente vostede non foi ó ORAL a ve-las sancións que neste sentido están para cobrar por vía executiva, e entre esas hai empresas importantes, empresas importantes como Fenosa por exemplo, recordo agora este detalle. Polo tanto estase a poñer nestes últimos dous anos, non me quero meter na historia, nestes últimos dous anos, e vostede mesmo o recoñeceu que se está poñendo en marcha todo este servicio que aprobamos no 96, e tratos de favor aquí non hai absolutamente para nada, e este Presidente non fai tratos de favor neste sentido nin recibe presións absolutamente de nada nin de nadie. E polo tanto xa lle digo, infraccións moi graves que pode ser efectivamente a construcción dunha casa, a construcción dun galpón, non os cerres, porque moitas veces vostede sabe perfectamente porque o sabe, que hai un solar, sobre todo nos núcleos urbanos onde os cerres están todos aliñados e efectivamente a Lei dime métao vostede pois a 30 m., a 5 m., a 7 m., ó que digan as normas. Pero loxicamente non é unha cuestión grave se efectivamente están de antigo os cerres nun límite pois o outro 10 m. máis alá. Aí ó mellor pois facemos un pouco diríamos a vista gorda, vamos a dicilo así porque realmente non lle causa ningún problema ás estradas provinciais, sobre todo, sobre todo, repito, cando se trata de cerres non sólidos, é dicir, non de pedra, non de bloques, senón cerres que pasan bastante de alambradas por exemplo ou de ... Polo tanto xa lle digo, efectivamente estase poñendo, e estamos poñendo e estou dicindo o que estamos a facer neste sentido, pero en todo caso, a min gustaríame saber tamén o que vostede como responsable pudo facer no seu Concello con respecto a esto. E vouno a saber, cantas sancións vostede como responsable, no seu Concello fixo ou levou a cabo ou instruiu ou a ver se no Concello de Nigrán non houbo con respecto as estradas locais ningunha sanción nin ningunha infracción, que é posible Sr. Juanes, é posible, ó mellor é así, pero tamén o vou a saber e a ver o que fixo, e sen embargo nós estámoslle dicindo os pasos que estamos a dar. E entérese vostede, entérese vostede das sancións que neste momento e por estas razóns están en vía executiva, no Oral, entérese, e as que se están mandando continuamente, e logo fale. Sr. Juanes Rodríguez.- Si, gracias. Realmente non me contestou absolutamente nada, simplemente utiliza aquelo de a mellor defensa un bo ataque, pero eu creo que unha, que non sabe nin como funcionan as Institucións locais, digo Concellos, porque eu son responsable de Vías e Obras pero nós poñemos en coñecemento e funcionábamos en equipo así e se abriron moitos expedientes que o encargado, o encargado de levar a cabo todas esas posibles infraccións que se fagan no Concello pois é o Alcalde. Loxicamente moi mal o debeu face-lo Alcalde con quen eu compartía goberno cando vostedes o levan de cabeza lista no Partido Popular. Moi mal non o debemos facer nin en Vías e Obras nin noutras cousas porque agora é o seu compañeiro e é o seu candidato e dende logo os expedientes que nos abrimos en Vías e Obras están á súa disposición, á disposición da prensa, e creo que fomos absolutamente exemplares no seguimento das ilegalidades urbanísticas en Nigrán en moitos expedientes e se vai a restitui-la legalidade en varios porque están a punto de conclui-los prazos legais e non deixamos pasar nin un só prazo para que un expediente quedara caduco como aquí si ocurre. Me fala vostede de tratos de favor. Home, a min se me ocurre pensar agora no irmán do Alcalde de Crecente, ese non é trato de favor. Non quería saca-lo tema, pero xa que vostede pois, bueno, me saca a paseo pois bueno, salamos os dous. Eso non é trato de favor, o tratar de pasarlle unha estrada provincial a un Concello para tratar de dar visos legais a algo que é absolutamente ilegal e que había aquí unha casa con tres expedientes sancionadores con tódalas sancións moi graves. Non é trato de favor e bueno que lle dixen que bueno, que vale moito máis un exemplo que cincuenta mil teorías que podamos facer aquí, o da señora dos postes do alambre, Sr. Presidente, ten a cualificación de falta grave co cal se lle pode sancionar ata un millón de pesetas. O señor que fai unha casa e trae un informe do Alcalde dicindo que se está, que se vai elaborar, se está elaborando un Plan de Ordenación Urbana en Rodeiro, que aquelo será núcleo rural, pois non, se queda sen sanción, non 50.000 pesetas, non, a sanción sabemos o que ocurren pero se queda en 50.000 pesetas porque se está facendo un plan de ordenación urbana, que bueno, que ten que haber un acordo plenario, que ten que haber unha exposición pública, que non se sabe como quedará eso, sen embargo cérrase o expediente con esa cuestión. Eso non é trato de favor. Bueno creo que coa súa argumentación de que me vai vostede investigar a min creo que vai dar absolutamente a razón de que o funcionamento desta casa é un absoluto caos. Vostede mesmo se desacredita Sr. Presidente. Gracias. Sr. Presidente.- Vostede confunde os termos porque non ten as ideas claras. Eu non lle falei de infraccións urbanísticas, faleille de infraccións nos camiños e estradas provinciais, das que vostede era o delegado, non lle falei de infraccións urbanísticas, ese é outro tema. Unha cousa é a infracción urbanística e outra cousa e, vostede fálame de infraccións urbanísticas eu a vostede non o critiquei se hai ou non hai nin vostede era o responsable das infraccións urbanísticas, estou falando de temas de vías municipais. En todo caso, vostede como é lóxico, ten que dicir que esto é un caos, que aquí non se fai nada, que aquí non se fixo nada, que aquí todo se fai por recomendación, en fin tódolos cualificativos que vostede queira. Vostede sabe perfectamente, porque o sabe, porque dixen feitos concretos de que estamos a que este servicio funcione como ten que funcionar perfectamente, e gracias a este grupo de goberno todo se está poñendo neste sentido en marcha. E xa lle dixen por que. Primeiro, porque si estamos funcionando xa, non digo perfectamente, estamos funcionando ben, estamos sancionando indudablemente a tódolas denuncias que temos, estamos cando non é por vía voluntaria levando ó ORAL por vía executiva, e vamos a seguir neste caso con sancións coercitivas, sobre todo naqueles casos de infraccións moi graves, pero tamén que sepan moi claro que nos núcleos onde hai unha alineación consolidada, por exemplo en temas de cerres que non sexan diríamos sólidos, é dicir, con cerres de pedra, con cerres de ladrillo, con cerres que non sexa alambrada en concreto, vamos a ser diríamos flexibles. Neste sentido que o teña vostede moi claro. Sr. Chillón Iglesias.- Bos días. Esperemos que sexa máis breve, a cuestión é que se atenda de mellor forma e de mellor todo. En abril do pasado ano presentaba un rogo en relación co convenio para infraestructuras deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte que ten con esta Institución Provincial. No convenio plurianual 1998-2002. Dende que entráramos nesta Corporación tamén fixera reiterada demanda xunto co compañeiro Efrén nesta teima e ben avanzado o mes de abril do 1997 respondérame nese sentido do plan plurianual 94-97. Insisto que levo varias veces reiterando esta demanda a nivel de Pleno, a nivel de comisión e quixera sabe-lo estado actual do convenio plurianual de infraestructuras deportivas Secretaría Xeral para o Deporte-Deputación Provincial, que obras están executadas, cal foi a cofinanciación das mesmas, das diferentes institucións, cales están xa en proxecto ou están en vías de execución e cales están en proxecto. A ver se antes polo menos cara ó traspaso de poderes no remate desta lexislatura se se fai un informe e podemos enterarnos. Sr. Presidente.- Sr. Chillón, vamos a ver. Eu agora mesmo, eu estou disposto agora mesmo Sr. Chillón a terminar o Pleno e darlle toda a información de todo o que teño agora na mesa, de como están as obras, de cales son as obras previstas, etc., etc., ou sexa, non hai problema ningún. ¿É eso o que pide?. Sr. Chillón Iglesias.- Que eso xa o pedín en dous rogos por escrito no pasado ano xa. E pedinno tamén neste ano 99. Sr. Presidente.- O Delegado de Deportes por favor. Sr. Sayáns. Sr. Sayáns Bugallo.- Gracias Sr. Presidente. Na última Comisión Informativa de Deportes o Deputado Sr. Chillón pediu un informe de toda a infraestructura deportiva o que lle será entregado na próxima Comisión Informativa de Deportes do mes de maio. Nada máis que dicirlle eso, porque se necesita desbrozar porque quere saber o estado de cada un dos proxectos, as obras que estamos levando nós dende a Deputación e as que leva a propia Secretaría Xeral para o deporte. No resto do ano que eu saiba non fixo ningunha intervención neste sentido. Sr. Presidente.- Eu en todo caso Sr. Chillón independentemente xa do que di o Sr. Delegado de Deportes, en todo caso eu non teño inconvinte en que agora mesmo vaia porque teño os datos sobre a mesa de informalo absolutamente todo fehacientemente, pero en todo caso se quere información por escrito pois facémoslla por escrito, non hai problema absolutamente ningún. E eu non tiña coñecemento de que houbera pedido nada por escrito neste senso, porque creo que salvo unha pregunta ou un rogo que tiña presentada a Sra. Gandón neste senso que se lle contestou por escrito, que se lle pediron informes a Zeltia, pediuselle informes ós Enxeñeiros e todo o demais, mandámoslla por escrito, eu creo que non teño absolutamente nada pendiente de contestar. Pero en todo caso é unha información que eu teño reciente aí na mesa e se quere agora mesmo á saída eu doulla e en todo caso dáselle por escrito na próxima Comisión. Gracias. Sr. Juanes. Sr. Juanes Rodríguez.- Si gracias. É outro rogo, vamos a ver con respecto a unha obra que están executando vostedes en fondos propios da estrada Mondaríz e Meirol, pois bueno, é unha estrada que deixaron un tramo así como de 300, 400 metros sen facer. Ou sexa, fan o tramo, se saltan eses 300 metros e despois comezan outra vez no tramo seguinte que non entraba dentro do proxecto de adxudicación primeira senón que é outro que está, ou se adxudicou nestes días ou está pendiente de adxudicarse. O motivo é que eses 300 metros son da Comunidade de Montes da parroquia esta de Mondaríz e coa cal vostedes non falaron nin falou a Deputación nin falou o Concello de Mondaríz. E o grave de todo esto é que se trata de buscar aquí malos en toda esta película simplemente porque o Presidente da Comunidade de Montes pois non é da corda ideolóxica do Partido Popular e estas cousas hai que dicilas así, hai que dicilas así. Vostedes pecan de tal improvisación que se poñen a face-los arranxos das estradas sen falar cos colindantes. Vostede supoño que coñece, bueno práctica administrativa si que ten, xa leva uns aniños metidos aquí, que unha asociación como é unha Comunidade de Montes, o propio Presidente non pode dar el a título persoal unha autorización. Bueno, vostedes nin falaron con el a título persoal nin sequera por escrito lle pediron a solicitude da cesión deses terreos, co cal agora e seguimos co mesmo, os veciños están pagando as consecuencias de que ese tramo de estrada siga sen estar arranxado. Hai unha deixadez de funcións, unha deixadez de funcións por parte da Deputación Provincial e por parte do Concello de Mondaríz que tamén debería colaborar para pór eses terreos a disposición e dende logo se alguén aquí non ten ningunha copia e eso é o que están en Mondaríz vostedes fomentando, "esto no se arregla porque el Presidente de la Comunidad de Montes no deja". Mentira cochina. Nin por parte da Deputación nin por parte do Concello, se remitiu ningún escrito solicitando para que o Presidente o poida levar á Asamblea de comuneros, solicitando a cesión deses terreos. E aquí se hai un culpable dende logo non é a Comunidade de Montes senón que son as dúas Institucións implicadas na cuestión e o rogo, o rogo, e pido que se cumpra é que por favor se lle remita un escrito á Comunidade de Montes solicitando a cesión deses terreos para que o poidan levar á asamblea pertinente e se poida levar a cabo o arranxo desa estrada porque é vergonzoso, eu estiven alí véndoa, e queda ese tramo sen facer, se pasa o seguinte e dicir que os malos da Comunidade de Montes que non ceden. E simplemente por vendetas políticas pois ocurren estas cuestións e son vendetas políticas porque o señor da Comunidade de Montes non é do aparato do Partido Popular nin comulga co aparato do Partido Popular. Gracias. Sr. Presidente.- Ten a palabra Sr. Tirado. Sr. Tirado Serén.- Gracias Sr. Presidente. Eu pedira intervir no punto de antes, pero bueno, houbo unha confusión, despois entrou Chillón, e en realidade D. Efrén hoxe sorpréndenos cunha serie de casos sacados puntualmente, a casuística pode ser inmensa, nunha trama de aproximadamente 1.800 quilómetros. E antes, é dicir, puntualizando un pouco o referido ó rogo anterior pois fálanos de que a unha velliña se lle mandou a pobriña unha denuncia referida a que puxo uns alambriños a pobriña cuns pauciños, e alí mándaselle un millón de pesetas de sanción. Ben, porque é o que a Lei di, e aquí fanse e os papeis sácanse co que corresponda. Segundo, dise que a outro señor que fai unha casa alá o home que ese si que é un potentado e monta unha casa inmensa e resulta que a ese señor pois só se lle sanciona con 50.000 pesetas. Mire, en primeiro lugar, é dicir, cada caso é cada caso e vostede debe saber que estudiando o Regulamento que neste momento xestiona as estradas da provincia pois hai zonas que son, que están afectadas por núcleo rural de poboación, hai zonas que teñen un planeamento determinado e entón hai que adaptarse a el e entón dende aquí da nosa casa pois non estamos, é imposible que estemos ó tanto do planeamento de cada municipio en concreto -espera un momentiño-, que estemos ó tanto do planeamento de cada municipio en cada momento e entón dende aquí elabórase un informe, en función dese proponse unha sanción, despois o cidadán ten ocasión de contestar e ó mesmo tempo tamén por parte do Concello se aportará a documentación que corresponda. Eu sei que todo é perceptible, que nesto, é dicir se vostedes, Sr. Mosquera, Sr. Mosquera, é dicir, eu sei por exemplo que o Presidente é condescendiente e consintiu tamén unha contestación ó rogo que non está, que eso tampouco non é regulamentario. Ben, pois se aquí se fai algo fóra da orde os demais tamén temos dereito a facer, bueno, de todas formas vou pasar dese punto porque se fala tamén, sácase a colación o caso do irmán do alcalde de Crecente, que demais sácase ultimamente en tódolos Plenos e non se dá conta de que o que se pretende dende esta Deputación é que como norma xeral a tódalas peticións que se lle fan a esta casa demandando a cesión de tramos que neste momento pois non forman, podíamos dicirlle quedan un pouco en desuso, como é o caso de Pousa, pois o carácter xeral da Deputación, pois olvidémonos de cales foron as circunstancias que motivaron a petición do Concello que esa é cousa deles. Pero esta casa pretende onde é posible eliminar gastos e entón calquera Concello que lle pida que se lle ceda un tramo que xa non forma parte do viario xeral cederáselle. Pero bueno, deixemos eso, vamos ó punto, vamos ó rogo concreto, ben, vamos ó rogo, a este último, pero é dicir, como eu tiña gardada na recámara pois é dicir non me cabe o pan no corpo ás veces. Quérolle dicir respecto a esto que nos sorprende, é dicir, enterarémonos, dende logo nin eu, os políticos desta casa, nin coñecemos ó Presidente da Comunidade de Montes, nótase que vostede como é do sitio, vostede coñece, que vostede tivo relación con el. Nós nin idea temos de quen é este señor, é dicir, polo menos vostede cando falaba, non, non, vostede coñeceríao a semana pasada eu non o coñezo nin teño ... idea de quen é ese señor. É dicir, o que podemos dicir, o que podemos dicir, vostede vainos sorprendendo, é dicir, nós enterarémonos, vainos sorprendo, xa lle digo, nós neste momento estamos xestionando ó redor de 1.800 quilómetros de estradas e entón que no medio deses 1.800 quilómetros pois que un día pase algo ou eu que sei pois se cometa, como di vostede, nós enterarémonos de todas formas quen é ese señor, enterarémonos cales son as súas pretensións, e se de verdade o que di vostede é certo, que se pavimentou o tramo anterior e o tramo posterior, e ese tramo quedou no medio sen pavimentar, pois bueno, pois supoño que non haberá inconveniente ningún en incluilo no futuro. Pero o que temos primeiro é que enterarnos porque dende logo sorpréndenos vostede con algo que para nós é absolutamente novo. Sr. Juanes Rodríguez.- Si, vamos a ver. Sr. Presidente, realmente a defensa que fixo vostede do que eu plantexaba moi mala debeu ser cando sae o Sr. Tirado de valedor seu. Mire Sr. Tirado, mire eu non vou a casos puntuais, vostede si que debe ter coñecemento das cuestións. Eu non sei se é unha velliña ou non é unha velliña, dixen que é unha señora, se ve que é unha velliña, ou sexa que vostede coñece perfectamente a cuestión, debe ser unha velliña. A outra casa non sei se é unha grande mansión, me imaxino que polas dimensións si, pero vostede xa me está dicindo que é dun potentado, pois bueno, pois ben, pois máis ó meu favor, máis ó meu favor. Do tema do Alcalde de Crecente, non me digan que non coñecían a cuestión porque cando foi a exposición pública houbo alegacións ó respecto que poñían de manifesto esas ilegalidades que había por parte do señor irmán do Alcalde de Crecente, non me diga que non o coñecían cando o fixeron porque aí estaban no expediente e nós mirámolas, esas alegacións, son moitas cousas. Mire, o Presidente da Comunidade de Montes que eu non o coñecera, que o coñeza, claro que podía ser estraño, pero que non o coñeza vostede sendo Deputado Delegado de Vías e Obras e que descoñeza que hai 300 metros ou 400 dunha estrada que vostede é o máximo, ou bueno, o seguinte do máximo, responsable deso, que non o coñeza é grave, eso é que me está dando a razón, eso é deixadez de funcións Sr. Tirado, eso é deixadez de funcións, porque vostede, polo menos que non fora alí pero si tiña que estar enterado desto. Eso me congratula porque debe ser que a miña labor de oposición polo menos está sendo eficaz. Estouno poñendo en antecedentes que vostede que é o máximo responsable da cuestión descoñece como descoñece todas estas cousas que non son casos puntuais, casos puntuais pode haber un, pero tantos, tantos, tantos como lle nomeei eu, home non é que sexa a xeneralidade, pero son tantas, tantas, as excepcións que xa nos dá que desconfiar, esto non funciona e creo que non funciona. E por favor, porque a min me gusta, bueno, non só quedarme no debate político senón chegar a conclusións, que se lle faga o rogo á Comunidade de Montes para que poida levar á súa asamblea a cesión, porque eles están e disposición en principio de ceder, para que ó final os veciños desta provincia que son os que nos interesan, non saian prexudicados polo seu comportamento neglixente. Por favor que se lle mande ese escrito canto antes para que se poidan arranxar eses 400 metros de estrada que é o final o importante deste tema. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Juanes. Vamos a ver porque xa me parece a min que aquí se están dicindo cousas graves e creo que hai que poñer os puntos sobre as ies. Primeiro: o feito concreto que aquí se está discutindo eu descoñézoo, primeiro, punto un. Punto dous: entendo que os funcionarios neste caso e o Enxeñeiro é o responsable, enténdoo, enténdoo, que é imposible, é imposible que non se puidera poñer en comunicación co Presidente da Comunidade de Montes para que na asamblea xeral se cedesen os terreos e se deixasen eses 300 metros precisamente, e aquí está o que eu non lle admito, por presións políticas porque non é da nosa tendencia e entón para jorobar e dicir que non é da nosa tendencia deixamos 300 metros no medio. Mire, eso non llo admito, que haxa, que non o quixeran deixar e teñen todo o seu dereito a non ceder, pero que non se fixeran as xestións e por non ser da tendencia política se deixaran 300 metros dunha estrada no medio, é imposible, é imposible. Pois que conste en acta que me parece que é pura demagoxia do que está abusando o Sr. Juanes cando afirma que esos 300 metros deixáronse precisamente para demostrar que a Comunidade de Montes quere, vai en contra dos veciños e en virtude desto non deixou pasar por aí e non cedeu os terreos. Así de claro. Perdón, perdón, de acordo, de acordo. Que conste en acta a demagoxia supina que supón o que está dicindo o Sr. Deputado Sr. Juanes neste sentido. Bueno, pois que conste en acta tamén, por se acaso. Pero que conste en acta, o que di o Sr. Juanes, que as palabras consten en acta e que conste na mesma acta o que di o Presidente. Ben, ¿algunha cousa máis?. Sr. Chillón ¿pediras a palabra?. Sr. Chillón Iglesias.- Bueno, estamos eso, de vísperas por dicir. Vamos a ver, tema Rande - Puxeiros. Hai dous meses no Pleno de febreiro aprobárase unha moción conxunta dos diferentes grupos cara a estudia-la eliminación da peaxe Pontevedra-Vigo. Tamén se comentaba evidentemente de Rande-Puxeiros na súa saída e incorporación á autovía das Rías Baixas. Hai un mes, no pasado Pleno, o noso Portavoz, César, facía unha referencia que se nesa xestión que había unha cuestión que era que se falaba dunha rebaixa dun 7% e que ía un pouco en contra desta, vamos, ía un pouco non un todo en contra desta proposta, non. Agora é do seu coñecemento que o tramo Rande-Puxeiros presenta unha dobre cuestión, ou sexa, que está a punto outra vez de entrar en funcionamento e que se están instalando unhas casetas para peaxe e que non vai tampouco nesta liña que estamos a comentar, á parte dunha cuestión que tamén xa foi demandada no Congreso, en diferprobou e enviouse onde se tiña que enviar e non fixo outras xestións, ou sexa, en absoluto, non fixo outras xestións máis que apoiar esa moción e seguir insistindo na posibilidade, nesa posibilidade de que se suprima a peaxe e dende logo eu como usuario igual que vostede desexaría tamén que as autopistas foran gratuitas, pero a realidade é que se queremos servicios hai que pagalos, e entón eu neste momento non sei se están facendo casetas para a peaxe ou para outro tema. Imaxínome que se é de peaxe pois serán casetas para a peaxe. A responsabilidade miña como Presidente desta Corporación, ¿como?, perdón non escoito. Sr. Chillón Iglesias.- Digo que a responsabilidade de momento é do Ministerio de Fomento, aínda está sen adxudicar a AUDASA ou a quen sexa, é dicir, aínda está sen adxudicar, haberá que demandar ó Ministerio de Fomento, haberá que demandar no Ministerio de Fomento as nosas opinións particulares ou coma usuarios, pois bueno, son moi valorables. Pero estamos a falar que de momento o Ministerio de Fomento é quen é o promotor dese tramo e haberá que falar con el, é dicir, a nivel de Institución demandar ó Ministerio de Fomento e incidir nese plantexamento. Sr. Presidente.- Creo que dixen claramente que efectivamente esta Institución apoiou a moción no seu momento que presentou precisamente o Bloque Nacionalista Galego, chegouse a un pacto nesa moción, e enviouse a quen tiña que enviarse. O que está claro é que non vou ir eu agora cunha pistola a Madrid a dicir que nos poñan a peaxe gratis. Esa non é a miña función. Por suposto, por suposto, reincidirase ou sexa reinciderei neste caso na necesidade sobre todo neste caso, non, practicamente pois é unha circunvalación de Vigo, practicamente é unha circunvalación, pois en fin, incidiremos e seguiremos solicitando como estamos a facer de que non exista peaxe o ó menos que esa peaxe sexa a mínima posible. Neso estamos e creo que ademais hai declaracións miñas, de onte, precisamente, algo referentes a este tema, contradicindo en concreto pois o que moitas veces se di en Madrid. ¿Máis intervencións?. Moitas gracias. Levántase a sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as doce horas e dez minutos do expresado día, dase por rematada a sesión e dela exténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. ------
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno (cinta 1) Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno (cinta 2)
Ãrea de notas
Nota