ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 1999/05/28_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.359/2.1999-05-28_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 1999/05/28_Ordinaria

  • Data(s) 1999-05-28 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 122,123 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 28 de maio de 1999 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vinteoito de maio de mil novecentos noventa e nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Carmen Avendaño Otero, D. Adolfo Campos Panadeiros, Dona Ramona Castaño López, D. Xosé Costa Díaz, D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, D. José Luis Fernández Lorenzo, Dona Carmen Ferro Carballo, D. Lino Fontán Mariño, Dona Ana Gandón Menduíña, D. Emilio González Iglesias, D. Oswaldo Lino González Pereira, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. Mario López Martínez, D. Rafael Louzán Abal, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Santiago Pazos Moreira, D. Julio Pedrosa Vicente, D. Amado Ricón Virulegio, D. Julio Sayáns Bugallo, D. Ramón Sestelo Fernández, D. Santiago Tirado Serén, D. Pablo Vázquez Caride e D. Manuel Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten os Sres. Deputados D. Xosé Manuel Barros González nin D. Roberto Vázquez Souto. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.4354.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Gracias. Comezamos o Pleno ordinario correspondente ó mes en curso. Orde do día, punto primeiro, aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 30 de abril de 1999. ¿Algunha alegación que facer á acta?. Non hai alegacións, apróbase por unanimidade. O Pleno acorda por unanimidade aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 30 de abril de 1999. ------ Folla: 123,124 2.4355.- APROBACIÓN DE ACTUACIÓNS ADICIONAIS NO PROGRAMA OPERATIVO LOCAL DE 1999 [POL/1999] Sr. Presidente.- Punto dous, aprobación de actuacións adicionais no Programa Operativo Local de 1999. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias e bos días. O tema este que nos vén aquí é un axuste dentro do POL, un axuste de moi pouca cantidade, o 5% ou así, que polo novo reparto dan a esta Deputación 50 millóns máis; entón, hai que poñer 19 a Deputación para facer unhas obras, e o que vén aquí é a decisión sobre que obras facer. O outro día na Comisión se nos explicou con detalle que eran unhas obras para O Porriño, pero non se nos dou ningunha razón. O único que se nos dixo é que eran O Porriño - Torneiros e O Porriño - Mosende, que supoñemos, pero non nos consta en ningún lado, que estarán moi necesitadas, son as máis necesitadas de toda a provincia. Algún mal pensado dixo que parece que pasou esa certa diferencia, enfrentamento ou crise de relacións co Alcalde de Porriño e agora lle mandamos para alí unhas obriñas. En fin, nós o único que nos gustaría saber é cales son as razóns para facer estas obras e non outras, e non se nos conteste cos socorridos informes técnicos porque os informes técnicos estamos moi afeitos a ver que unha vez recomendan unha obra e ó día seguinte outra, ou dín que non é necesario nun sitio e o día seguinte din que si é moi necesario, segundo toque ou segundo lle mandan, entón cales son as razóns para facer estas obras e non outras. Sr. Juanes Rodríguez.- Si, gracias, bos días. Abondando un pouco no mesmo, e sen ánimo de ser reiterativo, é que creemos que cando se elixen estradas para arranxar estamos convencidos, absolutamente convencidos, de que sempre prevalecen criterios políticos por encima doutros criterios que deben ser bastante máis obxectivos. Eu, exactamente igual que dicía Mosquera, o que quero escoitar é argumentos de peso e válidos, porque eu podo dar nomes doutras estradas que están peores que esta, e sen embargo non se acomete o seu arranxo. ¿Entón, que criterios obxectivos se utilizaron para que sexan estas dúas da mesma localidade e non outras?. Creo que estamos caendo sempre, sempre, sempre, na arbitrariedade e que prevalecen máis criterios políticos e de peso específico, neste caso é político, do Alcalde, máis que doutro tipo. Gracias. Sr. Costa Díaz.- Si, bos días. Os criterios primeiros son que había que comunica-la execución das obras no prazo dun mes e medio. Estas obras dispoñían da dispoñibilidade de terreos e eran unhas obras que ademais conclúen unha grande obra, que é unha carretera que une cunha obra autonómica e en consecuencia cerra totalmente unha urbanización. E por outra parte, volvo a repetir, porque tiñámola dispoñibilidade dos terreos e ademais O Porriño, no presente exercicio, aínda non tivo ningunha obra de estradas provinciais. Sr. Presidente.- Gracias. Procedemos a súa votación. Aprobación de actuacións adicionais no Programa Operativo Local de 1999. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase coa abstención do PSOE e do BNG. Aprobada a proposta de reprogramación financeira no Comité de Seguimento do Programa Operativo Local Obxectivo 1 (1994-99), na súa reunión do pasado día 6 de abril, pola que corresponde a esta provincia un incremento da axuda FEDER por importe de 50 millóns de pesetas, o que implica unha inversión mínima de 68,97 millóns de pesetas, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e as abstencións do PSOE e do BNG, aproba-las actuacións adicionais para a súa inclusión no Programa Operativo Local de 1999, que se citan co réxime financeiro que se establece: 1.- "Mellora e urbanización EP Porriño - Torneiros" Aportación FEDER...................................................................... 18.125.000 ptas. Aportación DEPUTACIÓN........................................................... 6.875.000 ptas. TOTAL................................................................. 25.000.000 PTAS. 2.- "Mellora e urbanización EP Porriño - Mosende" Aportación FEDER................................................................ 31.875.000 ptas. Aportación DEPUTACIÓN..................................................... 12.095.000 ptas. TOTAL.............................................................. 43.970.000 PTAS. e cos indicadores físicos e de resultados, e puntos quilométricos afectados, propostos polo Enxeñeiro Técnico de Vías e Obras da Zona Sur. Seguiranse os trámites que prescribe a lexislación vixente. ------ Folla: 124,128 3.4356.- TERCEIRO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS PARA CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS E SUPLEMENTOS DE CRÉDITO Sr. Presidente.- Punto terceiro, terceiro expediente de modificación de créditos para créditos extraordinarios e suplementos de crédito. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Vamos a ver. Poñernos agora a discutir aquí sobre 71 millóns nun presuposto de 13 ou 14 mil, ou sobre as obras de antes, parece riza-lo rizo, pero é un pouco difícil saber que facer nestes casos como consecuencia de ternos vaciado de contido o Pleno mediante o traspaso das competencias á Comisión de Goberno. Temos uns Plenos nos que un non sabe se non dicir nada, porque os temas que veñen non teñen ningunha inxundia, se empezar a liala con cousas pequenas porque as que veñen son moi pequenas, ou falar doutras cousas. Case o que da gana é de poñerse a falar doutras cousas. Creo que da provincia ou das actuacións desta institución dentro da provincia hai moitas das que habería que falar e non perde-lo tempo falando destas cousas absolutamente menores. As cousas gordas aquí decídense onde se deciden, ou sexa, decídense na Presidencia, na Comisión de Goberno ou onde sexa e aquí no Pleno se nos entretén con estes xoguetes. En todo caso son 11 millóns para "Príncipe Felipe"; 18 para a Fundación Celta de Vigo, o outro día dicía alguén, que creo que era do seu grupo, con certo recochineo, que xa se nota a man de Horacio; 20 millóns nun Convenio de Cooperativa con Armadores, e 19 millóns que eran do punto anterior. En todo caso é unha cantidade sumamente pequena en comparación ó que é o presuposto da Deputación. Evidentemente, polo criterio que mantemos de sempre, que é consecuencia dun presuposto que non aprobamos, non vamos a aproba-los instrumentos que o desenvolven ou o modifican, como neste caso, porque nas decisións que hai tomadas sobre o de "Príncipe Felipe", ou darlle 18 millóns á Fundación Celta de Vigo, ou o Convenio de Cooperativa con Armadores, etc. nin tan sequera se nos explicou. As decisións tómanse noutro lado, aquí só vimos co paripé de cumprir esto porque non teñen máis remedio, se non tampouco virían. Eu creo que a súa ilusión sería suprimi-los Plenos. A verdade é que un Pleno como o de hoxe me parece que sobraba. Como ía dicindo, como non participamos nin tan sequera se nos explicou por que se tomaron estas decisións, pois a única que se nos explicou foi a do POL, pero as outras non, vamos a votar en contra. Sr. Juanes Rodríguez.- Eu creo que a política nesta institución non se coce nos Plenos, que creo que é o foro adecuado para facelo, sempre cando se queira facer política con transparencia e para que desde fóra se poida ve-lo que se fai dentro. Cando a filosofía que impregna un equipo de goberno non é esa senón "el yo me lo guiso, yo me lo como", se fai a política doutra forma e se traen aquí Plenos absolutamente ridículos, que a min, como cargo público, ata de verdade que me doe un pouquiño dicir que veño aquí case simplemente a cobrar. E non se trata diso. Simplemente vostedes non nos dan oportunidade de realmente nos Plenos face-la labor coma nós, oposición, deberíamos facer. Creo que foi algo que impregnou toda a súa concepción da política durante todo este mandato, e á parte foi increcendo, porque ó principio inda tratábamos cousas de certa importancia, pero foi increcendo a falta de importancia dos temas que traían vostedes ós Plenos. Trátase dunha modificación de 71 millóns de pesetas, é certo, é unha nimiedade comparado cos 14 mil que é o presuposto, pero ás veces se lle escapan cousas. Mire, onte, creo que foi onte ou antes de onte, non sei, Carmen Ferro o saberá, tivemos unha Comisión de Servicios Sociais e realmente o que dicíamos era a insuficiencia económica para atender tantas demandas para organizacións sen ánimo de lucro, para atender causas de necesidade imperiosa e non había cartos. Pois ben señores, agora nos veñen que o primeiro pago, supoño que para que o Sr. Gómez, D. Horacio, dera o paso para afiliarse ó Partido Popular , danlle 18 millóns de pesetas á Fundación Celta de Vigo, cando en Vigo hai moitisimas organizacións que traballan en servicios sociais que non teñen diñeiro para levar adiante a súa labor e vostedes priorizan e lle dan 18 millóns á Fundación Celta de Vigo, que eu non digo que estean mal dados, pero oxalá estiveran cubertas outras cuestións que non están, e vostedes, Sr. Presidente, Carmen o saberá perfectamente porque comentamos na última comisión a insuficiencia para servicios sociais, lle dan 18 millóns de pesetas á Fundación Celta de Vigo, que non é por outra cousa que para paga-lo fichaxe, ou para empezar a paga-la fichaxe de Horacio Gómez no Partido Popular. E en Vigo hai 50.000 asociacións que non teñen recursos para levar a súa labor humanitaria de reinserción de drogodependentes, de toxicómanos, etc., etc. que non teñen para face-la súa labor día a día e vostedes priorizan esta cuestión. Vamos a votar en contra por iso, e vamos a votar en contra porque estamos en contra da súa filosofía de facer política. Votamos en contra do presuposto e somos coherentes e non lle vamos a avalar unha modificación de créditos por moi pequena que sexa. Gracias. Sr. Pedrosa Vicente.- Buenos días. Yo, Sr. Presidente, me alegro de discrepar de los grupos de la oposición. Es muy fácil hacer demagogia y la última intervención del Sr. Juanes es absolutamente demagógica, y con todo el respecto hacia su persona, no se si será por estar en período electoral o por qué será, pero me parece, y se lo digo de corazón, absolutamente demagógica. Yo estuve presente en esa comisión. Evidentemente, todos sabemos que para asistencia social si usted pone 1.000 millones no llegan, si pone 10.000 tampoco y seguramente si pone 50.000 tampoco arreglaría todos los problemas de asistencia social de esta provincia. Se está haciendo lo que se puede, usted lo sabe, y se está trabajando bastante bien en ese campo y en otros muchos, pero en ese campo sobre todo, diría yo, y creo que la aportación que hace la Diputación en ese campo, donde prácticamente no tiene muchas competencias sino que las que tiene son residuales, es un esfuerzo importante. Por lo que se refiere a la intervención del Sr. Mosquera, yo discrepo también por otras razones. A mi también me gustaría que en todos los Plenos pudiésemos discutir temas de cientos de millones, de miles de millones, temas importantísimos; pero mire usted, la gestión del día a día es la que es. En este momento no se está hablando del presupuesto en conjunto, se está hablando de una pequeña modificación y lo que está demostrando este equipo de gobierno es que hasta el último día está gobernando y está administrando esta provincia día a día. En este momento la modificación es de 71 millones porque existen unos temas concretos, que eran urgentes, que son importantes, que había que hacerlos, que teníamos un remanente de Tesorería y que por eso se aplicaba eso. Ojalá que en otros Plenos se pueda hablar de cientos de millones. Creo que se demuestra una vez más que el grupo provincial del Partido Popular no está alterado ni altera su función y su gestión en esta Diputación y sigue actuando correctamente, y por eso presentamos esta pequeña modificación de créditos que afecta a muy distintos temas, pero todos bastante importantes. ¿Qué no se le han dado explicaciones?. Yo desgraciadamente no pude asistir a esa comisión de economía, pero creo que las explicaciones que ustedes piden, siempre se les dan. Si quiere le explico absolutamente punto a punto cada una de estas partidas, si quiere las más importantes, con las que más se ha metido. La de 18 millones de la Fundación Celta es un proyecto de convenio que ya se lleva discutiendo bastantes meses, o sea, bastante antes de que se supiese el fichaje de nadie en ninguna lista electoral. Es un tema extraordinariamente bonito e interesante puesto que pretende nada menos que llevar a los casi 180.000 alumnos que existen en esta provincia para que pasen por las instalaciones de un museo, que si no lo conoce yo se lo recomiendo porque es francamente bonito. Es un museo didáctico, con hemeroteca, con medios audiovisuales, y se pretende que todos los chavales de esta provincia tengan la oportunidad de acudir en grupos guiados por profesionales, que pasen un día entretenido a la vez que aprendan un poco o contemplen la historia de un club muy importante, no sólo en la provincia, en Galicia también, que cumple precisamente este año el 75 aniversario, y creo que pueden pasar un día muy didáctico fuera de las aulas y por eso la Diputación pretende colaborar y pone esta partida presupuestaria a disposición de la Fundación Celta para hacer ese convenio y conseguir ese fin. Nosotros consideramos que es un tema francamente importante, independientemente de quien vaya en las listas, Sr. Mosquera, y de esto bastantes meses antes se viene hablando. Si quiere alguna explicación más de alguna otra partida gustosamente se la daré. Nada más, gracias. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, vamos a ver. Primeiro, o outro día na comisión creo que non fun eu quen sacou o da lista, pero en todo caso da igual, non teño ganas de discutir aquí. O outro día na comisión non houbo ninguén que soubera ou quixera dar explicacións, entón agradézolle que dea esas explicacións, outra cousa é que me convenzan ou non. Dinos o Sr. Pedrosa que este Pleno non ten contido porque non sempre van vir partidas gordas de moitos millóns porque xa están decididas. Estarán, pero por vostedes, non por este Pleno. Dende logo á hora do gasto, segundo vostedes, ten moitisima máis competencia a opinión, e máis á hora de adxudicalo, dalgún deses que xa dixen antes, informes técnicos, que nunca se sabe en que sentido están feitos e que é a opinión deste Pleno. Explícome. Vostedes por exemplo, nas estradas provincias teñen unha partida que varía de ano en ano, 400, 800, 1.000 millóns, para o que chaman fondos propios. Nunca a este Pleno pasou que obras se ían facer con esa partida. Puideron vir ó Pleno, pero non queren, van decidindo as obras segundo ben entenden ou lles da a gana, por non falar doutras competencias que podía ter este Pleno e llas quitan. O problema de fondo non é se nestes momentos se fai unha modificación de 600 millóns ou se fai unha modificación de 700 millóns, o problema de fondo é que vostedes lle quitaron, xa viñan quitadas de antes, tódalas competencias que puideron a este Pleno, e quero recordar unha vez máis que na primeira reunión que houbo de portavoces o Sr. Presidente se comprometeu a estudia-la devolución dalgunhas das competencias orixinais a este Pleno, e van catro anos e nunca máis se lle acordou, anque si llo recordamos varias veces, tanto o portavoz do PSOE como o portavoz do BNG. Ese é o problema de fondo, que o Pleno está sen competencias e así nos saen estes Plenos absolutamente valeiros de contidos. Citou vostede o da campaña electoral. Eu tíñao para un rogo, pero xa que o cita aquí, como o Pleno tamén vai como vai, se se me permite, quería dicir que esto de que están gobernando vostedes ata o último momento sen alterarse pola campaña, pois non sei si se alteran ou non; agora teñen uns comportamentos tremendamente raros, si, de verdade. O outro día, por exemplo, me meteron a min, indirectamente, na violencia de asistir a unha reunión na que un técnico municipal, para unha cuestión técnica municipal na que a Deputación non pon nin un duro, nos ía explicar por onde ía i-lo alcantarillado na zona na que vivo, e resulta que quen estaba comprometido a ir alí, verdade, era un acto técnico, técnico, vendéronno así porque igual non lles ía ninguén, pois era o Sr. Abeledo, Presidente desta Deputación, e apareceu alí co enxeñeiro. Hai unha foto na prensa, ou sexa que non poña cara rara que hai unha foto na prensa co técnico; despois apareceu o Alcalde que en principio nos dixeron que non. Estaban alí os tres vendéndolle por un día o alcantarillado, nun acto que ó final se convirtiu nun acto do Partido Popular, ou sexa, unha cousa como se ve absolutamente correcta, ortodoxa e como se deben face-las cousas, ou sexa, se chama á xente para dicir que vamos a explicar, despois se converte nun acto do Partido Popular e aparece o Sr. Abeledo como segundo da lista de Pontevedra, cando nestes momentos non é Concelleiro e non tiña nada que pintar nun acto deste tipo, polo menos tal e como se lle vendeu ós veciños de que se ía explicar un alcantarillado onde a Deputación non pon nada, por poñer só un exemplo. Eu supoño que tamén a este Pleno non veñen máis cousas porque o Sr. Abeledo anda por aí, e non se sabe se en condición de Presidente da Deputación ou de número dous da lista de Pontevedra facendo actos deste tipo, que non é o único que fixo, e entón nos deleita con estes Plenos ó final. Nada máis. Sr. Pedrosa Vicente.- No se si estuvo hablando el Sr. Mosquera diez minutos; de la modificación de créditos debió hablar treinta segundos, pero yo creo que el Sr. Abeledo es muy libre para ir a dónde le de la gana y gracias a Dios estamos en un país en que se puede hacer eso, y yo creo que no le tiene que dar a usted ninguna explicación de a dónde va en su tiempo libre. Pero vuelvo a lo mío, que es la modificación de créditos. Me parece que citó lo de la Cooperativa de Armadores. Si quiere se la explico. Se dan 20 millones de pesetas a la Cooperativa de Armadores mediante un convenio que se firmará para lo siguiente: la Cooperativa de Armadores, con motivo de la inauguración de la nueva lonja del Berbés, en Vigo, va a aprovechar y va a hacer una inversión superior a los 200 millones de pesetas para mejorar el sistema de cajas de carga - descarga de pescado; eso es motivado por varias directivas de la Comunidad Europea relacionadas con temas de sanidad, de limpieza, de manipulación del pescado, etc., etc. Creemos que un tema que afecta a más de 7.000 pequeños, medianos y grandes empresarios, como son todos los que utilizan las lonjas de Vigo. Es suficientemente importante en esta provincia como para que la Diputación dé una, no se si calificarla de pequeña o grande, ayuda de 20 millones de pesetas, que va a suponer menos del 10% de la inversión total que hacen los interesados. Le recuerdo además que no es una línea nueva que inaugure la Diputación, puesto que a otras cofradías de pescadores más pequeñas que la de Vigo, ya en años anteriores se le han facilitado ayudas para la compra y adquisición de cajas. En este caso no sólamente es la compra de cajas sino que es un proceso mucho más complejo, con trenes de limpieza automática de las cajas, etc., etc., consideramos que es un tema suficientemente importante y por eso lo hemos incluído en esa modificación de créditos. Si quiere alguna explicación más de alguna otra partida se la daré también. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pedrosa. En todo caso, Sr. Mosquera, me parece que hay un error porque efectivamente, como persona libre, en un país libre, el Sr. Abeledo, como cualquier otra persona, pode estar onde crea conveniente, pero en todo caso se se está referindo a unha xuntanza que houbo en Marcón, para explica-lo do alcantarillado. Eu non sei se salgo na foto ou non, pero asegúrolle que eu non estiven nese acto, eu non sei se salgo na foto, ó mellor será outra foto, pero eu asegúrolle que cando tivéramos a reunión non estiven nese acto, se é que é a ese acto ó que se refire; se se refire a outros actos de pre-campaña, por suposto que ten toda a razón do mundo e seguireino facendo, iso non o dude. Vostede dixo que saíra na foto; se saíra na foto ten que ser unha foto doutro acto. Eu asegúrolle que nese acto non estiven, e compróbeo vostede, que é a súa parroquia. Sr. Mosquera Lorenzo.- Digo que metéronme na violencia porque evidentemente se vou, non sabía que ía habelo, se vou alí tiña, intentaría dicirlle, oiga, que demonio pinta aquí para explica-lo alcantarillado. Entón dixen, non vou, mellor non vou porque méteme na violencia de dicirlle, oiga, mire, faga o favor, sénteseme aquí como público, como moito, porque que demonio vén a explicar vostede. Anunciar anunciáronno, seguro, agora, eu non sei se foi ou non, xa digo que eu non fun, pero andan por aí a dicir, ía co enxeñeiro municipal a explicar, entón dixen, mellor non vou porque terei que dicirlle que é mellor que ahuece a ala, que se maten, alá eles. Sr. Presidente.- Bueno, procedemos polo tanto á votación do punto número tres, terceiro expediente de modificación de créditos para créditos extraordinarios e suplementos de crédito. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Non hai. ¿Votos a favor?. Apróbase cos votos a favor do Partido Popular e en contra dos grupos da oposición. Visto o o terceiro expediente de modificación presupostaria de créditos extraordinarios e suplementos de crédito, por un total conxunto de SETENTA E UN MILLÓNS CATROCENTAS SETENTA MIL PESETAS (71.470.000), que corresponden a créditos extraordinarios VINTETRÉS MILLÓNS CINCOCENTAS MIL PESETAS (23.500.000) e a suplementos de créditos CORENTA E SETE MILLÓNS NOVECENTAS SETENTA MIL PESETAS (47.970.000), motivado á necesidade de ter que realizar gastos que non deben demorarse ata o exercicio seguinte, por non existir consignación no estado de gastos do vixente Presuposto, financiándose os suplementos así como os créditos extraordinarios con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible, o Pleno, de conformidade co dictame favorable da Comisión de Economía e Facenda, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e os votos en contra do PSOE e do BNG, prestar aprobación a dita modificación presupostaria e os recursos para o seu financiamento, sendo o detalle do expediente, resumido por capítulos, o seguinte: CAPÍTULOS DENOMINACIÓN CRÉDITOS SUPLEMENTOS EXTRAORDINARIOS DE CRÉDITOS 4º Transferencias correntes 18.000.000 6º Inversións reais 3.500.000 29.970.000 7º Transferencias de capital 20.000.000 TOTAL................................... 23.500.000 47.970.000 Os suplementos así como os créditos extraordinarios fináncianse con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible. Este expediente presenta, resumindo por capítulos, o seguinte resultado: Capítulo 4º.- Transferencias correntes 18.000.000 Capítulo 6º.- Inversións reais 33.470.000 Capítulo 7º.- Transferencias de capital 20.000.000 TOTAL expediente de modificación de crédito 71.470.000 ------ Folla: 128,129 4.4357.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario.- Nada más que darles cuenta, como es habitual, de los extractos de las Resoluciones Presidenciales que dictó la Presidencia entre el 27 de abril y el 25 de mayo y que han sido trasladadas ya a todos los partidos políticos de la Corporación. Sr. Presidente.- Gracias. Queda enterado o Pleno da seguinte comunicación: - De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas entre o 27 de abril e o 25 de maio de 1999, as cales foron trasladadas ós Portavoces dos distintos grupos políticos. FÓRA DA ORDE DO DÍA, tratáronse os seguintes asuntos previa declaración unánime da súa urxencia: ------ Folla: 129 5.4358.- RECTIFICACIÓN ERRO MATERIAL EN PREMIOS INVESTIGACIÓN - 1998 Sr. Secretario.- Fuera del orden del día hay un asunto aquí que es corregir un error de hecho material que se produjo al aprobar la Corporación el acta de los Premios de Investigación del año 98. En las bases se establecía que el Premio de Investigación Juvenil era de 250.000 pesetas y así figura en el acta de otorgamiento de los premios, pero al trasladar ese acta al libro de actas de la Corporación se cometió el error de donde decía 250.000 poner 500.000 pesetas, entonces al haberse cometido este error es necesario rectificarlo para corregir en el acta el acuerdo de ese día. Nada más que es eso. A proposta do Servicio de Acción Social e advertido erro material na contía do Premio de Investigación Xuvenil sobre Humanidades e Ciencias Sociais-1998, concedido por acordo plenario de 26 de febreiro de 1999 a D. Álvaro Gómez Vieites, o Pleno acorda por unanimidade rectifica-lo mesmo, a teor do disposto no art. 105 da Lei 30/92 de 26-11 de Procedemento Administrativo, no sentido de que a súa contía real segundo as bases aprobadas no seu día é de DUASCENTAS CINCOENTA MIL PESETAS (250.000) e non de CINCOCENTAS MIL PESETAS (500.000) como alí figura. ------ Folla: 129,131 6.4359.- APROBACIÓN DE ESTATUTOS E PARTICIPACIÓN NO CONSORCIO PARA O SERVICIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO SALNÉS Sr. Presidente.- Fóra da orde do día saben vostedes que despois de moito tempo non traíamos absolutamente nada, pero acaba de chegarnos, pedíndonos a urxencia do tema. En concreto trátase dos Estatutos do Consorcio para o servicio contra incendios e salvamento da Comarca do Salnés. Como vostedes saben, estes Estatutos foron aprobados pola Mancomunidade do Salnés onde participan nove Concellos. En concreto tiveron unha xuntanza absolutamente tódolos Concelleiros dos distintos grupos políticos, aprobouse, segundo teño entendido, por tódolos Concelleiros do Partido Socialista, tódolos Concelleiros do Partido Popular e a abstención do Bloque Nacionalista Galego; entón, a Consellería pídenos urxentemente, se é posible, que os pasemos por cuestións presupostarias, porque do contrario podería perde-lo diñeiro correspondente que ten neste casto a Consellería de Xustiza. Este é o motivo polo cal o traemos. Repito, acaba de chegar, pero para que teñan xa unha idea do que aquí se trata, supón un financiamento ó 40% por parte da Deputación Provincial, outro 40% por parte da Xunta de Galicia e un 20% os Concellos participantes. Este 20% acordaron tódolos Concelleiros que se reparta proporcionalmente ó número de habitantes de cada Concello. Polo tanto eu pido que se aprobe a urxencia pola razón que acabo de expoñer, polo tanto vamos a votala, se lles parece. Votámola urxencia polo tanto destes Estatutos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase a urxencia por unanimidade. O Pleno acorda por unanimidade aproba-la urxencia do asunto relativo á aprobación de Estatutos e participación no Consorcio para o servicio contra incendios e salvamento da Comarca do Salnés. Sr. Presidente.- Procedemos a vota-la aprobación dos Estatutos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Sr. Chillón, ¿quere intervir?. Sr. Chillón Iglesias.- Bos días, inda que xa se iniciou a votación. Este tema que vén agora, fóra da orde do día, é tamén unha pauta do comportamento desta institución diante deses temas sociais tan necesarios. Cando por parte do noso portavoz, por parte de diferentes grupos políticos, se fixo moitas veces referencia a esta necesidade de ir dotando a nosa provincia dos diferentes parques comarcais de bombeiros, por esta institución sempre houbo unha total inhibición ou incluso obstaculización. Cando se poñía de exemplo a outras institucións, incluso provinciais, que eran motor destas iniciativas, se puxeron moitas disculpas, é dicir, unha cuestión é a económica e outra cuestión é de diseño e de planifica-la solución das necesidades dos Concellos desta provincia, cuestión que esta institución, co equipo de goberno do Partido Popular, pasou por alto en todo este tempo. Entón, sempre de rebote ó dictado do que din outras institucións ou outros organismos, pero nunca a iniciativa desta Presidencia nin desta institución. Unicamente facer fincapé neste sentido. Hai outras zonas da nosa provincia, que se ben por cuestións económicas ou ben por cuestións doutra índole non poden, non se pode todo levar adiante nin nun ano, ou en dous, ou en tres, pero si debe haber un diseño desta dotación de parques comarcais, unha planificación plurianual e incluso unha aplicación dese remanente de Tesourería, que van para calquera cousa sen ter nin criterios nin obxectivos, unicamente facer referencia a esto. Sr. Presidente.- Sr. Chillón, teño que dicir que efectivamente por parte do seu grupo se plantexou nalgún momento este tema; tamén por parte do Grupo Socialista. É falso que esta Deputación Provincial, polo menos o grupo de goberno, puxese obstáculos á creación destes parques de bombeiros. Que máis quixéramos nós que dunha atacada podelos crear en tódalas comarcas; isto é imposible, indudablemente, non só por falta de financiamento por parte da Deputación Provincial senón tamén, como é lóxico, por parte da Xunta de Galicia. Vamos a seguir creando parques comarcais en colaboración coa Xunta de Galicia e seguindo, como se seguiu no seu momento, co parque de bombeiros do Deza. Polo tanto, ¿iniciativa?. Mire vostede, o que hai aquí é unha cooperación institucional entre a Consellería de Xustiza e a Deputación Provincial, polo tanto estamos na iniciativa igual que está a Xunta de Galicia. Este é un dos que se fai agora, pero non cabe dúbida de que vamos a facelo en tódalas comarcas, e vámolo facer o antes posible. Neste sentido estamos programando unha actuación coordinada entre a Consellería de Xustiza, a Deputación Provincial de Pontevedra e as distintas comarcas. Polo tanto estese vostede tanquilo, que lonxe de poñer obstáculos á creación destes parques de bombeiros vamos a facer todo o contrario e de feito estámolo demostrando apoiando economicamente calquera iniciativa neste sentido en colaboración coa Xunta de Galicia. Pasamos polo tanto á votación para a aprobación dos Estatutos e participación no Consorcio para o servicio contra incencios e salvamento da Comarca do Salnés. Propoñemos tamén aprobar, ó mesmo tempo, a designación dos representantes da Deputación no citado Consorcio, que serán dous representantes, en concreto a proposta é D. Santiago Tirado Serén e D. Rafael Louzán Abal. Sr. Juanes Rodríguez.- Nós pensamos que se poden facer dúas votacións, non teñen porque ser conxuntas. Coa proposta de nomes nós non estamos en contra de ningún nome en concreto, nós queremos votar a favor dos Estatutos do Consorcio, pero loxicamente non vamos a avalar unha nominación de ninguén que simplemente conta co respaldo do equipo de goberno, entón nos gustaría que, por favor, se separaran as dúas votacións, os representantes por un lado e os Estatutos por outro. Sr. Presidente.- De acordo, non hai problema. Procedemos polo tanto, en primeiro lugar, á aprobación dos Estatutos e participación no Consorcio para o servicio contra incendios e salvamento da Comarca do Salnés. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbanse os Estatutos cos votos a favor do Partido Popular e Grupo Socialista e a abstención do Bloque Nacionalista Galego. Procedemos polo tanto á votación para designar ós representantes da Deputación no citado Consorcio, a D. Santiago Tirado Serén e a D. Rafael Louzán Abal. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Absténse o Partido Socialista, en contra o Bloque Nacionalista e a favor o Partido Popular. Dada conta da remisión dos Estatutos do Consorcio para o Servicio contra incendios e salvamento da Comarca do Salnés por parte do Concello de Ribadumia. Resultando que na sesión da Comisión de Goberno de data 27 de maio de 1999 emitiuse o informe ó que fai mención o artigo 140, da Lei 5/97, de 22 de xullo, o Pleno acorda vistos os informes emitidos de Secretaría e Intervención: 1.- Aprobar por maioría, cos votos a favor do Grupo Socialista e do Partido Popular e a abstención do BNG, os Estatutos do citado Consorcio e a participación da Deputación no mesmo. 2.- Designar como representantes desta Deputación no citado Consorcio, cos votos a favor do Partido Popular, os votos en contra do BNG e a abstención do Grupo Socialista, a D. Santiago Tirado Serén e a D. Rafael Louzán Abal. 3.- Consignar nos presupostos anuais da Deputación a participación correspondente á mesma equivalente ó 40% do Presuposto anual do Consorcio. ------ Folla: 131,133 7.4360.- MOCIÓN DO DEPUTADO PROVINCIAL, D. EFRÉN JUANES RODRÍGUEZ, SOBRE INSTALACIÓN DUN PARQUE DE BOMBEIROS NO VAL MIÑOR Sr. Presidente.- Fuera del orden del día, D. Efrén Juanes Rodríguez, Deputado Provincial presenta ó Pleno a seguinte moción. Sr. Juanes, procedemos á votación da urxencia desta moción. Procedemos polo tanto á votación da urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Unanimidade. O Pleno acorda por unanimidade aproba-la urxencia da moción do Deputado Provincial, D. Efrén Juanes Rodríguez, sobre instalación dun parque de bombeiros no Val Miñor. Sr. Presidente.- Sr. Juanes, ten a palabra. Sr. Juanes Rodríguez.- Si, vamos con máis bombeiros. Vamos a ver. Esta foi unha moción que eu presentei o 2 de decembro do 98, unha moción á que se lle deu curso en Secretaría para que se incluíra na seguinte comisión informativa o día 13 e loxicamente estamos a punto de remata-la lexislatura e non houbo ningún pronunciamento político desta institución con respecto á cuestión que vamos a plantexar. A cuestión que vamos a plantexar é unha necesidade imperiosa. Creo que acertar ou non acertar en política está en saber elixi-las prioridades, e a presa que ten a Comarca do Val Miñor dun parque de bombeiros. Dentro dos concellos da Mancomunidade aprobouse xa fai cerca de dous anos por unanimidade de tódolos grupos políticos, o inicia-las xestións pertinentes tanto coa institución provincial como coa Xunta de Galicia para tratar de chegar a un convenio que permitira o instalar no Miñor un parque de bombeiros. Estamos a falar dunha poboación de máis de 40 mil habitantes en calquera época do ano, que loxicamente se cuadruplica e se quintuplica nalgúns meses do ano. Estamos falando dunha Comarca na que o parque estratexicamente situado podería atender demandas de toda a Comarca do Baixo Miño, que son tamén máis de 40 mil habitantes. Non se me pode dicir que en Vigo hai un parque de bombeiros próximo porque eu creo que para evitar, e así se di na moción, que un sinistro se convirta en traxedia, a inmediatez na intervención ten que ser fundamental, e poño o caso dunha casa de Parada, que é unha parroquia de Nigrán, onde non había nadie na casa pero cando chegaron os bombeiros de Vigo a casa ardera completamente. E en Vigo tamén se están queixando de que hai unha falta de recursos humanos importantes, humanos e materiais co cal non me vale dicir que o parque de bombeiros de Vigo podería resolve-la problemática do Miñor porque non é certo. Entón do que se trata, e aquí non estamos falando de financiación neste momento, que non se me diga que non se pode aprobar por cuestión de financiación, senón simplemente da vontade política que pode ter esta institución provincial para a instalación dese parque de bombeiros, é o único que se pide. O único que se pide na moción é que se fagan as xestións oportunas, que se comecen os contactos porque eu non sei se iniciaron, oxalá sí, que se inicien as xestións oportunas coa Mancomunidade do Miñor e Xunta de Galicia co fin de chegar á firma dun convenio que posibilite a instalación dun parque de bombeiros no Miñor; ou sexa, que eu supoño que esta moción é facilmente asumible por tódolos grupos porque simplemente se trata da vontade política de chegar a acordos para a firma dese convenio. Eu dende logo non teño ningún problema, se é que a moción non se vai a aprobar porque a presente o Grupo Socialista, en que a firme calquera outro Deputado, ou que sexa iniciativa do Grupo Popular, me da igual; eu o que quero é que O Miñor conte con parque de bombeiros, entón creo que se trata simplemente de ve-la vontade política desta institución; despois, no próximo presuposto falarán ou falaremos de financiacións posibles pero dende logo iso, que se fagan as xestións oportunas para chegar a un convenio exactamente igual que o de Tabeirós, exactamente igual que este do que estamos falando agora, e bueno, creo que O Miñor o necesita imperiosamente. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Juanes, dalgunha maneira xa contestei antes a este tema. É indudable que estamos en conversacións coa Xunta de Galicia para crear outros tres da forma máis inmediatamente posible que é no Morrazo, que é no Val Miñor e que é en Paradanta; polo tanto, podo dicir que hai vontade política, porque xa estamos en conversas coa Consellería de Xustiza e eu espero que nos próximos presupostos se verán plasmados estes compromisos. Polo tanto estamos de acordo coa moción, pero non estamos de acordo coa moción sencillamente porque sexa o Val Miñor, senón outras comarcas tamén que os necesitan e trataremos de facer un esforzo nese senso para se é posible crealos incluso no próximo exercicio económico; pero dende logo vamos a seguir con esta política, estamos completamente de acordo co que acaba de dicir. Sr. Juanes Rodríguez.- Mire Sr. Abeledo, se está totalmente de acordo co que eu dixen vote a favor a moción. ¿Vai votala a favor?. Perfectamente, gracias. Sr. Presidente.- Votamos polo tanto a moción que acaba de expoñe-lo Sr. Juanes. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. O Pleno acorda, por unanimidade, aproba-la moción presentada por D. Efrén Juanes Rodríguez, Deputado Provincial Socialista, que é como segue: MOCIÓN "É unha vella reivindicación da comarca do Miñor a instalación dun parque de extinción de incendios. Fai máis dun ano, e a iniciativa do Grupo Socialista do Miñor, o Pleno da Mancomunidade aprobou por unanimidade unha moción na que se pedía a instalación dun Parque de Bombeiros na comarca. De todos é sabido que o parque de extinción de incendios de Vigo, de carácter municipal, é absolutamente insuficiente para atender sinistros que poidan producirse no Miñor. As razóns son fundamentalmente dúas, por un lado a distancia, a inmediatez na intervención é fundamental para evitar que o sinistro se convirta en traxedia, a outra razón é a escasez de medios materiais e humanos. Estamos a falar dunha poboación de máis de 40.000 habitantes en calquera época do ano, que se triplica en época estival. Este parque ubicado nun sitio estratéxico podería atender ós Concellos do Baixo Miño (Tomiño, O Rosal, A Garda, Oia e Tui), Concellos que suman máis de 45.000 habitantes. Existen xa precedentes, caso da comarca de Lalín, nos que por medio de convenios entre a Administración Provincial e Autónoma, instalouse un parque cunha inversión de 230.000.000 de pesetas, sendo o coste cero para os Concellos. Por todo iso este Deputado SOLICITA: Se fagan as xestións oportunas coa Mancomunidade do Miñor e Xunta de Galicia con fin de chegar á sinatura dun convenio que posibilite a instalación dun parque de bombeiros no Val Miñor". ------ Folla: 133,134 8.4361.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Ten a palabra D. Julio Sayáns para contestar unha pregunta que fixo no Pleno anterior o Sr. Juanes tamén sobre a infraestructura deportiva. ¿Era Chillón?. Creo que eran os dous. Sr. Sayáns, ten a palabra. Sr. Sayáns Bugallo.- Gracias Presidente. Bos días a todos. Con respecto á pregunta que facía no Pleno anterior o Sr. Chillón referente ó Convenio de Infraestructura Deportiva Xunta de Galicia-Deputación, convenio que vai dende o 97 ó 2001, informarlle que entre a Deputación e a Xunta dividiron o convenio en dous bloques, un para contratar e levar a cabo a propia Deputación, que concreta obras en 15 Concellos, e outra parte que levaría a cabo a Secretaría Xeral para o Deporte, que son 14 Concellos. As actuacións nos Concellos das obras que lle corresponderían á Deputación, dentro dos distintos Concellos, están nas seguintes fases. Dentro do Concello de Pontevedra o campo de herba sintética da Xunqueira está rematado; o pavillón polideportivo de Cabanas está en execución aínda que todos sabemos que con algúns problemas; dentro do Concello de Vilanova de Arousa, tanto o polideportivo de Baión como o de San Miguel de Deiro como o de Tremoedo, están en execución avanzada; no Concello de Cambados a reforma do pavillón polideportivo do Instituto Ramón Cabanillas, a reforma do pavillón tamén municipal de O Pombal, e o pavillón polideportivo do Colexio de EXB Santo Tomé, remátalle o prazo de licitación precisamente o día 1 do 6, do mes que entra; no Concello de A Cañiza a reforma do polideportivo está en execución; o mesmo que a ampliación e a mellora do campo de fútbol municipal en Vila de Cruces; o mesmo que o pavillón polideportivo de Beiro no Concello de Valga; o mesmo que a piscina municipal de Dena. Polo que respecta ó Concello de As Neves, a reforma do complexo das piscinas está case rematado, e as obras do Concello de O Porriño están en execución. Quedan nestes intres sen executar, uns por problemas económicos porque aínda non aprobaron a operación de créditos, outros por falta de terreos e outros porque están en fase de redacción do proxecto, as obras dos Concellos de Redondela, Silleda, Moraña e Tui. Polo que respecta ás obras que lle correspondían á Secretaría Xeral para o Deporte, en Vilagarcía de Arousa o estadio de atletismo espérase que a licitación sexa na primeira quincena de xuño; a piscina climatizada de Marín está adxudicada e nos próximos días vaise asina-la acta de comprobación de replantexo; en Moaña a obra principal está rematada; en Sanxenxo o pavillón polideportivo de Salgueira está rematado; no Grove o pavillón de deportes náuticos está a punto de ser rematado; en Covelo o pavillón polideportivo está nunha execución dun 80-90%; en Crecente a reforma do pavillón polideportivo non pudo ser posible aínda a contratación xa que non se remitiu a documentación pertinente por parte do Concello; en Cerdedo o pavillón polideportivo está rematado; en Nigrán acábanse de iniciar fai un mes as obras da piscina; en Cuntis estase supervisando o proxecto da piscina descuberta; en Barro o arranxo do pavillón polideportivo está adxudicado; en Lalín o acondicionamento das pistas polideportivas está xa rematado e en funcionamento; en Vigo o pavillón polideportivo das Travesas está rematado, a piscina cuberta de Teis está nunha execución dunha cuarta parte aproximadamente, o complexo deportivo de Samil ten tamén unha execución dun 40%, e o edificio das Federacións Deportivas estase tramitando o expediente de comprobación. E polo que respecta a Cangas, o Concello acaba de comunica-la súa aportación económica e eu creo que será unha obra contratada ó longo deste verán. Se algunha pregunta quere facer máis con respecto a este tema non hai problema ningún en contestar. Sr. Chillón Iglesias.- Bueno, agradecido inda que con bastante retraso. Presentáranse dous rogos no pasado ano 98, oficialmente, con rexistro de entrada, e por parte do delegado de deportes quedouse en dar estes datos por escrito. Inda que o fixen a toda présa seguramente me quedaron datos, como tamén aquela porcentaxe de participación neste caso dos Concellos implicados. Nese sentido pido que nos comunique a tódolos grupos esa relación de obras que acaba de indicar, así como a participación económica porcentual da Secretaría Xeral para o Deporte-Deputación e por outra parte dos Concellos implicados. Se é así, gracias, e se é simplemente isto, pois medias gracias. Sr. Presidente.- Non hai inconveniente ningún en pasar por escrito todo o que pide o Sr. Chillón, cal é a relación de obras e o estado de execución e ó mesmo tempo a participación dos concellos no financiamento. Pasaráselle por escrito esa información. Sr. Sayáns Bugallo.- O que pasa é que non se lle fixo por escrito porque son cinco folios e cada obra necesita un comentario distinto porque están nunha fase distinta, e agora non hai problema, e a aportación é a mesma para tódolos Concellos, é dicir, sen pega ningunha. Sr. Presidente.- Gracias. ¿Rogos e preguntas?. Non hai. Moitisimas gracias, levántase a sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as once horas e cincoenta e cinco minutos do expresado día, dase por rematada a sesión e dela exténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. ------

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición