ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 1999/06/25_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.359/2.1999-06-25_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 1999/06/25_Ordinaria

  • Data(s) 1999-06-25 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 135 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 25 de xuño de 1999 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vintecinco de xuño de mil novecentos noventa e nove, baixo a Presidencia do Sr. Vicepresidente D. Xosé Manuel Barros González, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Carmen Avendaño Otero, D. Xosé Costa Díaz, D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, D. José Luis Fernández Lorenzo, Dona Carmen Ferro Carballo, D. Lino Fontán Mariño, Dona Ana Gandón Menduíña, D. Oswaldo Lino González Pereira, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. Mario López Martínez, D. Rafael Louzán Abal, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Santiago Pazos Moreira, D. Julio Pedrosa Vicente, D. Amado Ricón Virulegio, D. Julio Sayáns Bugallo, D. Ramón Sestelo Fernández, D. Santiago Tirado Serén, D. Pablo Vázquez Caride, D. Roberto Vázquez Souto e D. Manuel Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten o Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López nin os/as Sres/as Deputados/as D. Adolfo Campos Panadeiros, Dona Ramona Castaño López e D. Emilio González Iglesias. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Debo pedirlles disculpas pola non asistencia do Presidente, en primeiro lugar, por non atoparse neste momento aquí. Despois das últimas batallas e enfrentamentos electorais penso que este Pleno vai ser un Pleno cortiño, que non vamos a ter ningún tipo de problemas e polo tanto vamos a empeza-la orde do día. 1.4362.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiramente, aprobación do borrador da acta da sesión anterior do pasado 28 de maio. ¿Hai algunha obxección a esa acta?. ¿Pódese entender que a aprobamos por unanimidade?. Queda aprobada por unanimidade. Apróbase por unanimidade, o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 28 de maio de 1999. ------ Folla: 135,136 2.4363.- RESOLUCIÓN DE EXPEDIENTE DE DESAFECTACIÓN DUN TRAMO DA EP PO-5501 E CESIÓN DO MESMO A XESTUR PONTEVEDRA EN REPRESENTACIÓN DO IGVS Sr. Presidente.- Pasamos ó punto dous. Resolución de expediente de desafectación dun tramo da EP PO-5501 e cesión do mesmo a Xestur Pontevedra en representación do IGVS. ¿Hai algunha intervención a este punto da orde do día?. ¿Votos a favor da proposta?. Votamos por unanimidade. Vale, moitas gracias. Solicitándose en febreiro do ano en curso por Xestur Pontevedra, en representación do Instituto Galego de Vivenda e Solo, a desafectación dos terreos correspondentes ó trazado da antiga estrada PO-5501, ó seu paso polo Parque Empresarial de Castiñeiras (Bueu); e acordándose polo Pleno desta Excma. Corporación Provincial, en sesión de 26 de marzo de 1999, a incoación dun expediente de alteración da cualificación xurídica de tal tramo, sen que se produciran reclamacións durante o período de exposición pública de dito expediente, como constata o oficio de 31 de maio de 1999 do Xefe de Negociado do Rexistro Xeral desta Excma. Deputación Provincial, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por unanimidade: 1.- A resolución do expediente de alteración da cualificación xurídica de tal tramo da EP PO-5501 ó seu paso polo Parque Empresarial de Castiñeiras (Bueu), dándolle carácter de patrimonial. 2.- A súa incorporación ó Inventario de Bens Provinciais con tal carácter patrimonial. 3.- A cesión a Xestur Pontevedra, en representación do Instituto Galego de Vivenda e Solo, do mencionado tramo do antigo trazado da EP PO-5501, figurando o seu croquis no expediente, baixo as seguintes condicións: A) Que dito destino se manteña durante os trinta anos seguintes, revertindo á Excma. Deputación o referido tramo en caso de non cumprirse este requisito. B) Que o referido Parque Empresarial asuma as obrigas de conservación, limpeza e mantemento do citado vial. ------ Folla: 136,138 3.4364.- CUARTO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS Sr. Presidente.- Pasamos ó punto tres. Cuarto expediente de modificación de créditos. Vamos darlle a palabra en primeiro lugar ó compañeiro de Corporación e responsable de Facenda, Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Vicente.- Es para explicar el expediente de modificación de créditos. El expediente de modificación de créditos es muy pequeño, son poco más de 50 millones de pesetas de los que 35 son para incrementar la partida de expropiaciones. Pero, queríamos hacer una enmienda "in voce" por un error material de cambio de capítulo de una de las partidas que vienen, que son siete millones de pesetas con destino a Universidades, como estaba previsto en el expediente de modificación. Después de haberlo estudiado con detenimiento, el Interventor nos señala que es más apropiado incluirlo en otra partida, en concreto, Sr. Secretario, cambiaría para el capítulo 8, a la partida 121.422.853. Es un cambio que proponemos sobre la marcha y por lo tanto lo que se someterá a aprobación es con esta rectificación de partidas sin cambiar el importe. Sr. Presidente.- Bien. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Bos días. Repeti-lo que sempre dicimos nestes casos. Un expediente de crédito é consecuencia dunha xestión que fan vostedes sen consultar con nós, en base a uns presupostos que aprobaron vostedes sen contar con ninguén. Polo tanto, como instrumento derivado deste funcionamento e deste suposto vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Gracias. Sr. Juanes. Sr. Juanes Rodríguez.- Simplemente para explicación de voto, reiterar o que sempre dicimos destas cuestións. Nós estamos en contra da filosofía política deste equipo de goberno, que eso loxicamente está impregnado nos presupostos que aprobaron vostedes sós, co cal non vamos avalar esta modificación por pequeniña que sexa. Gracias. Sr. Presidente.- Vale, moitas gracias. Eu entendo que en tódolos presupostos sempre hai modificacións e por moi ben que se fagan sempre é necesario facer modificacións e neste caso loxicamente é responsabilidade do grupo de goberno e aceptamos esa responsabilidade e vamos a votar a favor para aprobala. Así que visto esto vamos a votar. ¿A favor?. O Grupo Popular. ¿En contra?. Os demais. Queda pois aprobado este punto da orde do día. Gracias. Visto o Cuarto expediente de modificación presupostaria de créditos extraordinarios e suplementos de crédito, por un total conxunto de CINCUENTA E UN MILLÓNS CINCOCENTAS OITO MIL NOVECENTAS SETENTA E CINCO PESETAS (51.508.975), que corresponden a créditos extraordinarios DOUS MILLÓNS SETECENTAS MIL PESETAS (2.700.000) e a suplementos de créditos CORENTA E OITO MILLÓNS OITOCENTAS OITO MIL NOVECENTAS SETENTA E CINCO PESETAS (48.808.975), motivado á necesidade de ter que realizar gastos que non deben demorarse ata o exercicio seguinte, por non existir consignación no estado de gastos do vixente Presuposto, financiándose os seus créditos extraordinarios con baixas no capítulo 4º por DOUS MILLÓNS CINCOCENTAS MIL PESETAS (2.500.000); o resto e os suplementos de crédito, que suman CINCUENTA E UN MILLÓNS CINCOCENTAS OITO MIL NOVECENTAS SETENTA E CINCO PESETAS (51.508.975), fináncianse con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por maioría, co voto a favor do Grupo Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG, prestar aprobación a dita modificación presupostaria e ós recursos para o seu financiamento, así como á emenda "in voce" do Sr. Pedrosa Vicente en relación coa aportación de SETE MILLÓNS DE PESETAS (7.000.000) á Fundación Cidade Universitaria, que pasa da partida 99/451.451.454.02 á partida 99/121.422.853.02, sendo o detalle do expediente, resumido por capítulos o seguinte: CAPÍTULOS DENOMINACIÓN CRÉDITOS SUPLEMENTOS EXTRAORDINARIOS DE CRÉDITOS 2º Gastos en bens correntes.................................................. 3.000.000 4º Transferencias correntes.................................................. - 2.500.000 6º Inversións reais..........................200.000......................... 35.000.000 7º Transferencias de capital....... 2.500.000........................... 6.308.975 8º Activos financeiros................. 7.000.000 TOTAL.......................................9.700.000.......................... 41.808.975 Os créditos extraordinarios fináncianse con baixas no capítulo 4º por DOUS MILLÓNS CINCOCENTAS MIL PESETAS (2.500.000); o resto e os suplementos de crédito, que suman CINCUENTA E UN MILLÓNS CINCOCENTAS OITO MIL NOVECENTAS SETENTA E CINCO PESETAS (51.508.975), fináncianse con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible. Este expediente presenta resumindo por capítulos o seguinte resultado: Capítulo 2º.- Gastos en bens correntes........................ 3.000.000 Capítulo 4º.- Transferencias correntes......................... - 2.500.000 Capítulo 6º.- Inversións reais...................................... 35.200.000 Capítulo 7º.- Transferencias de capital .......................... 8.808.975 Capítulo 8º.- Activos financeiros.................................... 7.000.000 Total expediente de modificación de crédito..............51.508.975 ------ Folla: 138 4.4365.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO Nº 1/1999 DO PADROADO DE TURISMO "RÍAS BAIXAS" Sr. Presidente.- Pasamos ó punto número 4. Expediente de suplemento de crédito nº 1 do 99 do Padroado de Turismo "Rías Baixas". Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Vicente.- Si, también muy brevemente, es un pequeño expediente de modificación de crédito que nos remite el Patronato de Turismo, para incrementar dos partidas, una en 8.980.000 pesetas dado el incremento del número de solicitudes para realizar material turístico, con lo cuál esa partida pasa a alcanzar practicamente los 19.000.000. Y la otra modificación es el incremento de 4.700.000 pesetas, dado también el incremento del número de solicitudes para realizar prácticas en las oficinas de turismo, lo que conocemos como los becarios de turismo, con lo cuál esta partida en conjunto pasará a 12.700.000 pesetas. Ambos incrementos son con cargo a remanentes del propio organismo y por tanto el grupo de gobierno propone su aprobación. Nada más. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pedrosa. ¿Algunha intervención?. Se non hai intervencións pasamos á votación. ¿A favor?. Tódolos grupos. Apróbase por unanimidade. Visto o Expediente de suplemento de créditos nº 1/1998 do Padroado Provincial de Turismo "Rías Baixas", por un importe de TRECE MILLÓNS SEISCENTAS OITENTA MIL PESETAS (13.680.000), motivado á necesidade de ter que realizar diversos gastos para os que non existe crédito suficiente nas partidas correspondentes, sendo financiado o seu suplemento con cargo ó remanente de Tesourería procedente da Liquidación do presuposto do Padroado correspondente ó exercicio de 1998; e visto así mesmo o informe favorable de Intervención que se une ó expediente, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por unanimidade prestar aprobación a dita modificación presupostaria e ós recursos para o seu financiamento, sendo as partidas a suplementar polas contías que se indican as seguintes: PARTIDA DENOMINACIÓN IMPORTE 99/875-751-462.02...... Subv. para realización material turístico............ 8.980.000 99/875-751-462.02........Subv. para Becas.............................................. 4.700.000 TOTAL.................................................................................................. 13.680.000 ------ Folla: 138 5.4366.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Punto cinco. Comunicacións. Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Nada más que darles cuenta del envío de los extractos de Resoluciones Presidenciales que dictó la Presidencia entre el 26 de mayo y el 21 de junio del corriente año y que fueron enviadas ya, como digo, a todos los grupos políticos. Queda enterado o Pleno da seguinte comunicación: - De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas entre o 26 de maio e o 21 de xuño de 1999, as cales foron trasladadas ós Portavoces dos distintos grupos políticos. Sr. Presidente.- Bien, gracias. ¿Hai algunha proposta fóra da orde do día Sr. Secretario?. Non hai ningunha. ------ Folla: 139 6.4367.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Pasamos a rogos e preguntas. ¿Había algunhas realizadas de antemán?. Non hai. ¿Hai algunha in voce?. Non hai. Bueno, pois entón moitisimas gracias e levántase a sesión. Gracias. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as once horas e quince minutos do expresado día, dase por rematada a sesión e dela exténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. ------

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición