Fondos
1999-07-13_Extraordinaria. Acta de sesión 1999/07/13_Extraordinaria
Acta de sesión 1999/07/13_Extraordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.359/3.1999-07-13_Extraordinaria
Título Acta de sesión 1999/07/13_Extraordinaria
Data(s) 1999-07-13 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 1,2 Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 13 de xullo de 1999 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día trece de xullo de mil novecentos noventa e nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Carmen Avendaño Otero, Dona Ramona Castaño López, D. Xosé Costa Díaz, D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, D. José Luis Fernández Lorenzo, Dona Carmen Ferro Carballo, D. Lino Fontán Mariño, D. Emilio González Iglesias, D. Oswaldo Lino González Pereira, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. Mario López Martínez, D. Rafael Louzán Abal, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Santiago Pazos Moreira, D. Julio Pedrosa Vicente, D. Julio Sayáns Bugallo, D. Ramón Sestelo Fernández, D. Santiago Tirado Serén, D. Pablo Vázquez Caride, D. Roberto Vázquez Souto e D. Manuel Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten os/as Sres./as. Deputados/as, D. Xosé Manuel Barros González, D. Adolfo Campos Panadeiros, Dona Ana Gandón Menduíña nin D. Amado Ricón Virulegio. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a comeza-lo Pleno extraordinario, que será o penúltimo desta lexislatura posto que teremos outro para aproba-las actas canto antes. 1.4368.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Punto primeiro da orde do día. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 25 de xuño de 1999. ¿Hai algunha alegación á acta?. Non hai alegacións. Apróbase por unanimidade. Apróbase por unanimidade, o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 25 de xuño de 1999. ------ Folla: 2,3 2.4369.- RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓN PRESENTADA DURANTE A EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PROXECTO DE "EP 5106 COVELO - BARCIADEMERA, VARIANTE DE REDONDO". APROBACIÓN DEFINITIVA DO CITADO PROXECTO Sr. Presidente.- Punto 2. Resolución de alegación presentada durante a exposición pública do proxecto de "EP PO-5106 Covelo-Barciademera, variante de Redondo". Aprobación definitiva do citado proxecto. ¿Algunha intervención?. Procedemos polo tanto á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase polo Partido Popular e a abstención dos demais grupos. Aprobándose inicialmente polo Pleno Corporativo desta Excma. Deputación Provincial de 30 de abril de 1999, o Proxecto de "EP PO-5106 Covelo-Barciademera, variante de Redondo" (Fondos Propios 1999), con presuposto para coñecemento da Administración de TRINTA E UN MILLÓNS DUASCENTAS VINTETRÉS MIL CATROCENTAS OITENTA E SEIS PESETAS (31.223.486), e expoñéndose ó público por edicto no Boletín Oficial da Provincia de 7 de xuño de 1999, á vista da alegación formulada por Dona Elvira Concha Fernández, e do informe de 28 do mesmo mes, emitido polo Enxeñeiro Técnico - Xefe da Zona Sur, sinalando que os terreos excavados con motivo de tal obra serán dotados dun talude suficiente que garinta a súa estabilidade e manifestando a conveniencia de adopta-lo compromiso de construir cerramentos nas fincas propiedade da alegante, dado que actualmente contan cos mesmos, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda, por maioría de votos a favor do Grupo Popular e coas abstencións do PSOE e do BNG, o seguinte: 1.- A resolución da alegación formulada por Dona Elvira Concha Fernández, propietaria das fincas nº 53, 63, 98 e 114, afectadas pola obra "EP PO-5106 Covelo-Barciademera, variante de Redondo" (Fondos Propios 1999), adoptándose o compromiso de construir un cerramento nas mencionadas fincas, nas condicións sinaladas no informe de 28 de xuño de 1999 do Enxeñeiro Técnico-Xefe da Zona Sur (50 cm. de bloque de cemento sobre soleira de formigón e 1 metro de tela metálica plastificada). 2.- A aprobación definitiva do Proxecto de "EP PO-5106 Covelo - Barciademera, variante de Redondo" (Fondos Propios 1999), cun presuposto para coñecemento da Administración de TRINTA E UN MILLÓNS DUASCENTAS VINTETRÉS MIL CATROCENTAS OITENTA E SEIS PESETAS (31.223.486), desglosado en presuposto de execución por contrata por importe de VINTETRÉS MILLÓNS CATROCENTAS SESENTA E SEIS MIL OITOCENTAS PESETAS (23.466.800) e capítulo de expropiacións por importe de SETE MILLÓNS SETECENTAS CINCUENTA E SEIS MIL SEISCENTAS OITENTA E SEIS PESETAS (7.756.686). ------ Folla: 3,4 3.4370.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS Sr. Presidente.- Punto terceiro. Expediente de modificación de créditos. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Bos días. É unha pequena modificación de 159.000.000, que, sen entrar en grandes partidas como con estas cantidades non se pode entrar, resulta que ten as características típicas das modificacións de período electoral ou postelectoral. A maioría vanse para os excesos de actividades culturais e para vías e obras. A partida máis gorda se vai para vías e obras, á parte para gastos correntes, ou sexa, para chapapote, 50.000.000. Dito esto, recorda-lo noso posicionamento con respecto a estas modificacións, e que son consecuencia dun orzamento co que non estivemos de acordo e dun tipo de xestión que tampouco avalamos e polo tanto vamos votar en contra. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, buenos días. Evidentemente a cantidade é mínima con respecto ó Presuposto. Loxicamente, se estivemos en contra do Presuposto temos que estar en contra desta modificación, porque a modificación forma parte da filosofía real do Presuposto. Nada máis. Vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Gracias Sr. González. Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Vicente.- Bos días. Con la brevedad de las intervenciones anteriores, simplemente comentar que me hace gracia decir que es una modificación postelectoral. Las anteriores a las elecciones eran electorales, ahora tiene que ser postelectoral, está claro. Pero también llamarle modificación postelectoral cuando las partidas más importantes son para las obras del Museo 25.000.000, para carreteras 50.000.000 y para la Caja de Anticipos 25.000.000, no deja de tener gracia el calificativo de postelectoral. Bueno, postelectoral es todo lo que sucede después de las elecciones y por lo tanto lo admito. Admitimos también lógicamente que, dado el voto en contra de los otros grupos al Presupuesto, voten en contra también de estas modificaciones aunque el grupo de gobierno considera estas modificaciones muy importantes, que incluyen otras de menor cuantía pero en todo caso absolutamente necesarias para llevar a cabo determinadas actividades u obras que consideramos de estricta prioridad y que por eso consideramos que es mucho mejor no retrasarlas. Por todo ello, este grupo propone al Pleno la aprobación de este quinto expediente de modificación de créditos por importe de 159.000.000 de pesetas. Nada más. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pedrosa. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Yo, sinceramente, no quería entrar en lo que acaba de entrar el Sr. Pedrosa. Mire, Sr. Pedrosa, yo puedo ponerle ejemplos concretos, por ejemplo hay una partida de ayudas recreativas a Ayuntamientos de 5.000.000 de pesetas. Yo se donde está gastado un millón, gastado, se donde está gastado ya. Y si seguimos con los 50.000.000 pues seguro que los 50 están gastados ya también. Yo me refería a la filosofía del Presupuesto cuando hablaba de estas cosas. Y si habla de 10.000.000 en actividades culturales, usted sabe que están gastadas también y muchas de ellas transgrediendo las normas que ustedes mismos se inventaron. Los otros 7.500.000, más de lo mismo; perdón, los 10.000.000 no, pero los 7.500.000 si. Sr. Pedrosa Vicente.- Simplemente decir que es una manifestación absolutamente gratuita. De estas cantidades no está gastado absolutamente nada. Esa es una afirmación demagógica, sin pruebas y falsa además, no está gastado absolutamente nada y se lo demostraremos cuando quieran. No vale hablar por hablar, hay que decir verdades y papeliños por delante. Sr. Presidente.- Procedemos polo tanto á votación do punto número 3, Expediente de modificación de créditos. ¿Votos en contra?. Abstencións non hai?. ¿Votos a favor?. Apróbase polo Partido Popular e en contra os demais grupos. Visto o quinto expediente de modificación presupostaria de créditos extraordinarios e suplementos de crédito, por un total conxunto de CENTO CINCUENTA E NOVE MILLÓNS NOVENTA E SEIS MIL SETECENTAS CINCUENTA E CATRO PESETAS (159.096.754), que corresponden a créditos extraordinarios VINTEDOUS MILLÓNS CENTO NOVENTA E SEIS MIL DUASCENTAS VINTEOITO PESETAS (22.196.228) e a suplementos de créditos CENTO TRINTA E SEIS MILLÓNS NOVECENTAS MIL CINCOCENTAS VINTESEIS PESETAS (136.900.526), motivado á necesidade de ter que realizar gastos que non deben demorarse ata o exercicio seguinte, por non existir consignación no estado de gastos do vixente Presuposto, financiándose os suplementos e os créditos extraordinarios con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda, por maioría de votos a favor do Grupo Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG, prestar aprobación a dita modificación presupostaria e ós recursos para o seu financiamento, sendo o detalle do expediente resumido por capítulos o seguinte: CAPÍTULOS DENOMINACIÓN CRÉDITOS SUPLEMENTOS EXTRAORDINARIOS DE CRÉDITOS 2º Gastos en bens correntes 19.544.028 60.000.000 4º Transferencias correntes 2.600.000 16.450.000 6º Inversións reais 52.200 25.450.526 7º Transferencias de capital 0 35.000.000 TOTAL 22.196.228 136.900.526 Este expediente presenta, resumindo por capítulos, o seguinte resultado: Capítulo 2º.-Gastos en bens correntes e servicios 79.544.028 Capítulo 4º.-Transferencias correntes 19.050.000 Capítulo 6º.-Inversións reais 25.502.726 Capítulo 7º.-Transferencias de capital 35.000.000 Total expediente de modificación de créditos 159.096.754 ------ Folla: 4,9 4.4371.- APROBACIÓN DA CONTA XERAL DO PRESUPOSTO DO EXERCICIO DE 1998 Sr. Presidente.- Punto 4 e último. Aprobación da Conta Xeral do Presuposto do Exercicio de 1998. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Voume a permitir con respecto á Conta facer unha comparación que pode dicir que ten pouco que ver e si ten que ver. Hai algunhas batallas e guerras que polo de agora non teñen trazas de que se poidan gañar ou de que teñan solución, a solución correcta dentro do marco no que nos movemos. Unha delas é nominal, nós non somos lexisladores, polo tanto temos un mandato, e xa empezou o Pleno dicindo que era unha lexislatura. Esa é unha guerra perdida parece ser, xa todo o mundo empeza a asumir que se lle chama lexislatura, cando eso é dos Parlamentos, e non mandato que é o que corresponde ó noso período como cargos aquí. E, tamén leva trazas de ser unha guerra perdida, que o é, que aquí, nesta casa, a oposición conte cos mínimos medios para poder exerce-la súa función. Levamos catro anos cunha promesa pendente. Evidentemente non é tal promesa, senón que xa é unha realidade reiterada de que o Pleno ten as mínimas competencias posibles e agora aínda vai ter menos coa nova modificación da Lei e que os grupos dispoñan ou dispoñamos de certas posibilidades para poder exerce-la nosa función, salvo traballos heroicos, cando se poden, de algúns Deputados ou Deputadas que sen medios e sen tempo, pois ás veces o sacan de onde poden, fan ese tipo de traballo, de fiscalización, que nos corresponde e nos compete e é a nosa obriga como Deputados. Pero unha cousa é que sexa obriga e outra cousa é que poidamos realizala. O grupo de goberno se encarga moi moito de que non poidamos realizalo en absoluto. Esta Conta Xeral foi exposta ó público nun período no que a actividade, tanto profesional como política, de tódolos Deputados era tremenda. É algo que non se pode ver nunha hora ou en media hora, senón que hai que dedicarlle moitas horas, e moi moito se encargaron de facelo nunha época na que practicamente constaba que non se podía facer. O ano pasado se encargaron de poñer moitas xuntas para que fora imposible por volumen, ou sexa, esto xa é un feito reitarado. Entón, teño que recoñecer que neste marco este grupo non tivo posibilidades reais, e polo tanto non o fixo, de examinar esa Conta. Supoño que o grupo de goberno estará moi feliz porque era o que pretendía e nesta ocasión logrouno. Creo que para desgracia da Institución, e non me doen prendas en recoñecer, que como outras veces se cadra clase e clase, exame a exame, podía dedicarlle un tempo a miralas, nunhas condicións infernais, pero si se fixo, esta vez lograron vostedes o seu obxectivo e poden estar contentos en canto á perversidade do procedemento e do intento. Neste sentido é algo triste para a Institución porque anularon vostedes xa con tódalas medidas, non só neste período de agora senón con tódalas medidas que tomaron anteriormente, que os grupos non teñamos medios para poder traballar ou persoas que poidan ter tempo. Todo vai logrando que estes impedimentos elimine, nos imposibilite, nos inviabilite a realiza-la función de fiscalización e control que nos compete e que nos obriga a Lei. Vostedes nese aspecto están retorcendo ata que ó final sexa imposible face-las funcións. Dito esto o único que podemos dicir é que as Contas son examinar como se executaron as posibles irregularidades ou non, a súa corrección, eu non podo prexulgar. Creo que é moi importante porque estamos falando de cartos públicos, e en todo caso son a execución dun orzamento e dunha maneira de gobernar que levaron vostedes, que nós non compartimos como xa dixemos no debate dos orzamentos para o 98, ou sexa á finais do 97, que é o que estamos aquí examinando, e polo tanto vamos a votar en contra. Pero o máis relevante neste caso non é votar en contra ou a favor da Conta Xeral, que evidentemente vamos votar en contra, senón deixar constancia de que seguen vostedes pervertindo as funcións de cada quen, a democracia, no fondo, desta Institución, e dende logo estar moi tristes porque neste caso o lograron. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra o Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Explicado el tema de las fechas, que lógicamente no eran las más adecuadas, en esta casa nunca son las más adecuadas, o siempre son las más adecuadas al grupo de gobierno. Nosotros, en todo caso, vamos a votar en contra, fundamentalmente por desconfianza hacia el grupo de gobierno, hacia la forma de actuar del grupo de gobierno, desconfianza de la que nos dieron pruebas durante los cuatro años de mandato, y simplemente felicitar al Presidente, y ya debe ser difícil felicitar al Presidente en un punto de aprobación de cuentas, porque hay que reconocer que en su mandato, el Partido Popular en la provincia de Pontevedra o en esta Diputación aprendió a vestir el santo. Hay que reconocer que las barbaridades que se hacían hace cinco años no se hacen ahora. Ahora hacen las mismas barbaridades pero visten el santo. Las cifras son al menos presentables, por eso le felicitamos. Vamos a votar en contra. Nada más. Sr. Presidente.- Gracias Sr. González Iglesias. Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Vicente.- Asumimos parte de lo que han dicho los Portavoces de la oposición, pero no asumimos otras cosas. El asumir nosotros la culpa de que los grupos de la oposición no cumplan con su obligación no la podemos asumir. Sr. Mosquera, las cuentas de este año estuvieron expuestas, que me corrija el Sr. Interventor, creo recordar, así como dos meses, porque el plazo legal establecido de quince días hubo que prorrogarlo, porque hubo que repetir con una semana de diferencia la primera de las Comisiones en que se aprobaba inicialmente, más después la fecha que teníamos prevista de publicación en el Boletín de la Provincia se retrasó otra semana, o sea, que debieron estar muy cerca de los dos meses expuestas. Que en dos meses no hayan tenido tiempo de acercarse a ver las cuentas, a mi me parece bien, pero no nos eche la culpa a nosotros, tendrá todas las disculpas que quiera pero no tendremos nosotros la culpa. Allá usted y su grupo lo que hayan hecho en esos dos meses, seguramente actividades más interesantes e importantes. Pero no tenemos nosotros la culpa. Tampoco tenemos la culpa de las fechas en que se aprueban estas cuentas y las fechas de aprobación inicial y de exposición al público. Se ha cumplido el plazo y el tiempo establecido en la Ley. Que este año haya coincidido con período electoral tampoco es nuestra culpa, hemos cumplido la Ley. Hemos cumplido asimismo este grupo de gobierno uno de los compromisos, quizá de los más importantes que asumimos al tomar posesión, que era el de la aprobación de todas las cuentas. Ustedes saben, como Diputados veteranos, incluso con bastante más veteranía que la mía en esta casa, que tuvimos que aprobar bastantes años anteriores, tuvimos que presentar todo, prepararlas y presentar todo. Se ha cumplido. Hoy dejamos en este penúltimo Pleno aprobadas las cuentas que nos corresponden, las del ejercicio de 1998 y le puedo asegurar que las cuentas están bastante bien hechas y bastante bien realizado todo el trabajo. Quiero aprovechar esto para felicitar a todo el equipo técnico económico de esta casa, puesto que en los últimos dos-tres años ha hecho un esfuerzo bastante superior al ordinario para que hoy estemos aprobando ya las últimas cuentas que nos corresponden a nosotros. Como ustedes dicen, las cuentas no es más que la programación del resultado de la ejecución presupuestaria. Si ustedes tienen la molestia de leer todos los informes finales de las cuentas, no sólo de la Diputación, sino de todos los organismos autónomos, se habrán fijado el grado elevadísimo de ejecución de presupuestos, de cumplimiento de todas las previsiones de ingresos y gastos y de reducción, yo diría que importante y radical, de la deuda de esta casa. Por todo ello, nosotros nos felicitamos a nosotros mismos por la presentación de estas cuentas y nuestro grupo propone por lo tanto su aprobación. Nada más. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pedrosa. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias. É, como era aquilo de im-presionante, dúas palabras, exactamente im-presionante. Vamos a ver, ó final estiveron dous meses, sete semanas ou seis semanas, e dígame que actividades tiñamos nós nesa época, primeira cuestión. Segunda, digo que, tamén para que se sepa, non temos nin papel timbrado, nin papel grabado, nin fax, nin ningunha persoa que poidan da-los recados, ou sexa, non temos nada. E terceira cuestión, mira-las Contas; como vostede sabe, para que realmente, tal é como se expoñen agora, teña algunha solvencia, teña algunha fiabilidade, algunha representatividade, leva unhas cuantas ducias de horas, ou sexa, non é pasar un ratico; pasar un rato eso si se podería facer pero non vale absolutamente para nada. Entón ó final sexa por h, por b, por z, o certo é o paquete de medidas que vostedes están tomando con respecto ás posibilidades dos grupos da oposición, de recursos humanos e materiais, para realiza-las súas funcións. A vez pasada nos expoñen cinco Contas xuntas e agora expoñen nunhas datas electorales. O curioso, Sr. Pedrosa, é cando na Comisión se dixo, que casualidade cae en campaña electoral, a carcajada foi xeral; á parte de que a argumentación fora máis oportuna e as datas legais, unha vez é polas datas legais outra vez é porque traen un informe xurídico que di que pasando polo Guadiana e volvendo polo Guadalquivir resulta que poden expoñerse así xuntas, outras veces é porque non sei que, e ó final o efecto consíguenno, eso é o certo. Entón, esa é a realidade. En todo caso quero dicir que como é unha cousa que vamos arrastrando catro anos, neste último Pleno a verdade é que xa parece unha pelexa un pouquiño desfasada e en todo caso haberá que retomala con novos brios para o próximo mandato e intentar que non pase o mesmo. Agardemos que así sexa. Nada máis. Creo que está moi claro. Sempre é o mesmo tipo de muro, é dicir, se se vai por alí o efecto é ese, entón contéstase por outro lado e efectivamente expuxéronno vostedes en prazo legal, bárbaro, felicitámolos, pero curioso, sempre pasa o mesmo, ó final o efecto consíguenno, sempre polo que sexa e da forma que sexa o efecto consíguenno. Antes dixo Emilio, con moita sorna, o de vesti-lo santo. Eu tiven nesta casa a experiencia de que me contestaran verbalmente, incluso por escrito, que non podía ve-la Conta. Agora non, agora expóñenna pero expóñenna de maneira que non se poida ver; antes podíase ver, entendíase á primeira e se axustaban tódalas contas e se vían moi ben as cousas. Agora non, agora desordenaron todo pero deixannas ver, antes non as deixaban ver. Non estaban vostedes pero era igual, non a deixaban ver, non a deixaban ver literalmente pero poñíanna ben; agora póñenna mal, deixanna ver, pero é igual, ó final o efecto consíguenno de tódalas maneiras. Ou sexa vostedes teñen claro que efecto queren conseguir e usan todo para que se consiga, e a desgracia é que o consiguen. Argumente o que queira, pero a realidade é esa. Nada máis. Sr. González Iglesias.- Sr. Pedrosa, viendo la documentación a mi me ha asaltado una duda. ¿No cree usted que la cantidad de deudores de dudoso cobro es muy alta?. ¿Podría decirme cuánto es en porcentaje?. Yo se la cantidad. Son 1.433.000.000, pero el porcentaje no lo se. ¿Podría decírmelo?. No. Es que como usted había visto todas las cuentas. Muchas gracias. No, no, muchas gracias, muchas gracias, 21%, vale, pues entonces yo vi otro expediente. No, era simplemente para ver que el Sr. Pedrosa había trabajado intensamente en las Cuentas. Nada más que eso. Sr. Pedrosa Vicente.- El Sr. Mosquera no dijo nada en esta nueva intervención, simplemente dijo que tenemos nosotros la culpa cuando no se exponían, porque no se exponían, y ahora cuando se exponen, porque se exponen. Mírese usted dentro y diga otra disculpa. Si no las vio no las vio; estaría haciendo campaña electoral o estaría tomando el sol, no lo sé ni me importa. Pero tuvo dos meses para verla, una oficina a su disposición, un ordenador personal con toda la documentación dentro y no han pisado esa oficina. No le eche la culpa a nadie. Que por otro lado lo entiendo, porque usted sabe que se están haciendo las cosas bien y sabe que examinando las cuentas no va a encontrar nada que pueda vender ni puede hacer ningún titular de prensa y por lo tanto no pierde el tiempo en eso, pero diga la verdad y no eche la culpa a los demás de lo que usted no hace o no quiere hacer. En cuanto al Sr. Iglesias, yo no alardeo de tener memoria ni de fijarme en los números ni de tener todos en la cabeza, ni muchísimo menos, pues yo no los tengo ni aquí, o sea, están en el expediente. Si quiere hablamos de los números que usted quiera, pero me parece una infantilidad absoluta decir "y sabe cuántas pesetitas debe no se quien". Mire usted, no lo sé ni me importa, ni quiero saberlo, hemos hecho las Cuentas, están ahí expuestas, han tenido dos meses para preguntarnos las dudas que hubiesen querido, han tenido quince días para presentar alegaciones sobre todo y no hicieron nada, no presentaron ni una alegación, no han hecho nada, no juegue ahora a infantilismos Sr. Iglesias, no juegue a eso, hombre, vote lo que quiera pero no haga el tonto, hombre. Nada más. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pedrosa. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Sr. Pedrosa, le invito a usted y a quien quiera a que pase a la sala del Grupo Socialista a ver si hay el ordenador personal ese que dice usted, que yo allí no lo veo por ningún sitio, a ver si se lo quedó usted también. Aquí quién está alardeando desde el principio de su intervención es usted, y se puede alardear de presentar unas Cuentas; lo que no se puede alardear, como está haciendo usted desde que empieza la intervención, es de su trabajo político en esta casa con el tema de las cuentas, porque los grupos de la oposición no las hemos visto por fechas, porque la campaña electoral es la campaña electoral. Yo entiendo que usted lo hiciera porque no se presentaba a las elecciones, pero las fechas reconocerá conmigo que no son las más adecuadas. Lo que acaba de decir del ordenador personal sabe usted una vez más que está mintiendo, y le invito a que suba a la sala del Grupo Socialista a ver si está o no está ese ordenador. Y tercer tema, las Cuentas las han hecho los funcionarios, y usted aquí puede venderlas, y puede venderlas políticamente que es su obligación y es lo que tiene que hacer. Pero lo que no puede hacer es tratar de masacrar a los Diputados de la oposición diciendo que no las vieron porque usted fue el primero que no las vio y fue lo único que traté de demostrarle con mi intervención anterior. Simplemente eso. Sr. Pedrosa Vicente.- El Sr. Iglesias entiende lo que quiere. Cuando dije que tenían un ordenador a su disposición con todos los programas de las Cuentas dentro no miento. Está en una oficina, no dije en la suya, a ver si se entera, yo no dije en el Grupo Socialista, en la Intervención, al lado del despacho del Interventor hay una oficina con un ordenador personal sólo para eso, estuvo los dos meses, para que se utilizase en eso, a ver si me entiende, hombre. Yo no miento. Sr. Presidente.- Gracias. Procedemos á votación do punto número 4. Aprobación da Conta Xeral do Presuposto do Exercicio de 1998. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Non hai. ¿Votos a favor?. Apróbase cos votos a favor do Grupo Popular e en contra os demais grupos. Pleno extraordinario, non hai rogos y preguntas. Moitas gracias a todos. Levántase a sesión. Teremos o outro o antes posible. Dictaminada favorablemente pola Comisión Especial de Contas en sesión celebrada o día 9 de xullo do ano actual, a Conta Xeral da Deputación do exercicio de 1998, ó non ter presentado reclamacións, reparos ou observacións contra a mesma durante o prazo regulamentario en que estivo exposta ó público dita Conta, e a teor do disposto no art. 116 da Lei 7/1985, de 2 de abril, en concordancia co art. 193-3 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Especial de Contas, acorda por maioría de votos a favor do Grupo Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG, aproba-la Conta xeral do Presuposto da Deputación do exercicio de 1998, integrada pola da propia Deputación e a dos Organismos Autónomos da mesma: Escola de Canteiros, Museo Provincial, Escola U. de Enfermería, Centro de Formación Profesional, Padroado de Turismo Rías Baixas, Caixa de Anticipos de Cooperación e Oral, compostas polos Estados e Contas anuais, os Anexos ós Estados anuais e a xustificación dos Estados e Contas anuais a que se refiren as regras 416, 425 e 415, respectivamente, da Instrucción de Contabilidade para a Administración Local, aprobada por Orden do Ministerio de Economía e Facenda de 17 de xullo de 1990. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as once horas e trinta minutos do expresado día, dase por rematada a sesión e dela exténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe.
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota