ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 1999/07/20_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.359/3.1999-07-20_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 1999/07/20_Ordinaria

  • Data(s) 1999-07-20 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 9,11 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 20 de xullo de 1999 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as trece horas e vinte minutos do día vinte de xullo de mil novecentos noventa e nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Carmen Avendaño Otero, D. Xosé Manuel Barros González, Dona Ramona Castaño López, D. Xosé Costa Díaz, D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, D. José Luis Fernández Lorenzo, Dona Carmen Ferro Carballo, D. Lino Fontán Mariño, Dona Ana Gandón Menduíña, D. Emilio González Iglesias, D. Oswaldo Lino González Pereira, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. Mario López Martínez, D. Rafael Louzán Abal, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Santiago Pazos Moreira, D. Julio Pedrosa Vicente, D. Amado Ricón Virulegio, D. Julio Sayáns Bugallo, D. Santiago Tirado Serén, D. Pablo Vázquez Caride, D. Roberto Vázquez Souto e D. Manuel Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten os Sres. Deputados D. Adolfo Campos Panadeiros nin D. Ramón Sestelo Fernández. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Comezamos o Pleno ordinario cun único punto da orde do día. 1.4372.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, extraordinaria, do día 13 de xullo de 1999. ¿Algo que alegar?. Apróbase a acta do último Pleno, da sesión extraordinaria do 13 de xullo de 1999. ¿Alguén quere toma-la palabra? Sra. Avendaño. Sra. Avendaño Otero.- Buenos días, compañeros/as, Deputados/as. El Grupo Socialista se despide de toda la Corporación. Es una experiencia para la mayoría de nosotros. Del grupo sólo va a repetir uno, pero es una experiencia nueva y yo creo que positiva. Por lo tanto, nos despedimos contentos y deseando que la Diputación funcione y corrija muchas cosas que todavía hay que corregir. No puedo obviar en este momento el lamentar que por primera vez en la Diputación de Pontevedra cuatro mujeres éramos representantes, y que en este momento, de esas cuatro mujeres, sólo quedan dos y desgraciadamente por el Grupo Popular ninguna. Yo se que puede haber buena voluntad por parte de los hombres para llevar temas como puede ser el de mujer, pero desde luego estoy segura que por mucha buena voluntad que haya no va a ser lo mismo. Lamentar y desear que el Sr. Presidente corrija ese defecto político que desde mi punto de vista lamento profundamente, y que para la próxima legislatura en esta Corporación seamos bastantes más mujeres que las que estamos actualmente. Muchas gracias. Sr. Presidente.- ¿Alguén máis quere falar?. Bueno, pois en todo caso correspóndeme a min dici-las últimas palabras, creo eu de despedida deste mandato, posto que é o último Pleno, e eu quixera nestes momentos agradecer moi sinceiramente a tódolos Deputados, absolutamente a todos, o seu apoio, uns dende as tarefas de goberno e outros dende as tarefas da oposición. Eu estou totalmente convencido que con este apoio as cousas, como dixo Carmen, unhas fixéronse ben, outras faríanse regular, e outras posiblemente mal, pues todos nos equivocamos. En todo caso, eu quería agradecervos a todos e a cada un de vós, o apoio que tiven, repito, uns colaborando no goberno e outros colaborando na oposición, que moitas veces as súas críticas fannos pensar e meditar, e iso é moi importante, e corrixir. En fin, sempre que alguén se despide rompe con algo, e sempre calquera rotura, aínda que sexa para mellor, é unha etapa máis que se queima, e polo tanto, nestes momentos, eu sinceiramente sinto un pouco de morriña, se mo permiten, de tódolos compañeiros. Repetimos moi pouquiños e eu espero que entre todos melloremos o funcionamento desta casa, e entre todos polo menos haxa respeto, posto que cada un ten as súas ideas, pero cada un ten detrás unha parte do pobo que nos votou. Eu en tódolos momentos desta lexislatura tiven sempre en conta a quen representaba cada un e que non era ningún señor o que representaba a sí mesmo senón que representaba a unha parte da sociedade; sempre o tiven en conta. Tamén teño que dicir, e díxenno no seu momento, que en todo caso a responsabilidade de goberno para ben ou para mal é do Partido Popular. Polo tanto, gracias a todos e eu creo que tamén teño que da-las gracias especialmente a algúns, que tiveron unha colaboración máis estreita comigo, que á hora de tomar decisións esta Presidencia dalgunha maneira alimentáronme cos seus consellos, sempre prudentes e sempre sanos. E nada máis, e lamento de verdade que non puidéramos seguir todos porque creo que todos fixemos o mellor posible para que esto cumprise cos seus obxectivos. Eu espero que no próximo mandato, despois da corrección que me fixo Mosquera moi sabiamente, que non é lexislatura, teñamos, en fin, unha Corporación con respeto, posto que somos representantes de algo moi importante que é o pobo e polo tanto podemos discutir todo o que sexa pero respetándonos. Nada máis. Moitisimas gracias a todos e suerte ós que non repiten nos outros ámbitos. Apróbase por unanimidade, o borrador da acta da anterior sesión, extraordinaria, do día 13 de xullo de 1999. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as trece horas e vintecinco minutos do expresado día, dase por rematada a sesión e dela exténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. ------

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición