Fondos
1999-07-23_Constitutiva. Acta de sesión 1999/07/23_Constitutiva
Acta de sesión 1999/07/23_Constitutiva
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.359/3.1999-07-23_Constitutiva
Título Acta de sesión 1999/07/23_Constitutiva
Data(s) 1999-07-23 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 11,12 Da Sesión de Constitución da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra 23 de xullo de 1999 Sr. Secretario.- Sendo as doce horas do día da data vaise a proceder á constitución da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de conformidade cos artigos 204 a 209 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral, de 19 de xuño de 1985, e co artigo 57 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, de 28 de novembro de 1986, e segundo as proclamacións de Deputados Provinciais efectuadas polas sete Xuntas Electorais de Zona da Provincia, que acreditan coas súas certificacións a proclamación dos seguintes Sres./Sras. Deputados e Deputadas: .- Polo Partido Xudicial de Pontevedra: D. Manuel Abeledo López, D. Juan Luis Pedrosa Fernández, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Alberto García García, D. Constante Juan Muradás Ramos, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo. .- Polo Partido Xudicial de Cambados: D. Rafael Louzán Abal, D. Telmo Martín González e D. Rodrigo Santiago Novas. .- Polo Partido Xudicial da Estrada: D. David Raposeiras Correa. .- Polo Partido Xudicial de Lalín: D. Xosé Crespo Iglesias e D. Xesús Otero Varela. .- Polo Partido Xudicial de Ponteareas: D. Arturo Grandal Vaqueiro e D. Juan Reboreda Enríquez. .- Polo Partido Xudicial de Tui: D. José Manuel Fernández Rodríguez e D. César Pérez Ares. .- Polo Partido Xudicial de Vigo: D. Horacio Gómez Araújo, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Juan Manuel Corral Pérez , D. Manuel Ramón Vilar Márquez, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Emilio González Iglesias, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Xosé Antonio Araújo Quintas, D. Xosé Carlos Pazos Docampo e D. Henrique Viéitez Alonso. 1.4373.- CONSTITUCIÓN DA MESA DE IDADE Sr. Secretario.- Corresponde agora pois, constituí-la Mesa de Idade que haberán de integrala o Deputado electo de maior idade, D. Juan Manuel Corral Pérez, e o de menor idade, D. Rafael Louzán Abal, ós que rogo que, previo xuramento ou promesa do cargo, ocupen o seu lugar na Presidencia. D. Juan Manuel Corral Pérez. Sr. Corral Pérez.- Xuro pola miña conciencia e honra cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Moitas gracias. D. Rafael Louzán Abal. Sr. Louzán Abal.- Xuro pola miña conciencia e honra cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. ------ Folla: 12 2.4374.- COMPROBACIÓN DE CREDENCIAIS Sr. Corral Pérez.- Atópanse sobre a Mesa, en poder do Sr. Secretario Xeral, as credenciais acreditativas das eleccións dos Sres./Sras. Deputados/as, recibidas e cotexadas por Secretaría Xeral, así como as respectivas declaracións de ingresos e actividades efectuadas nos modelos vixentes nesta Corporación. ------ Folla: 12,15 3.4375.- XURAMENTO OU PROMESA DOS/AS SRES./AS DEPUTADOS/AS PROVINCIAIS Sr. Corral Pérez.- Seguidamente chamarase polo Sr. Secretario Xeral ó resto dos/as Sres./Sras. Deputados/as para formular xuramento ou promesa individualmente e por orde alfabético de apelidos, conforme á formula establecida no Real Decreto 707/79, de 5 de abril, rogando pasen seguidamente a ocupa-los seus escanos. Sr. Secretario.- D. Manuel Abeledo López. Sr. Abeledo López.- Xuro pola miña conciencia e honra cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Dona Isaura Abelairas Rodríguez. Srª. Abelairas Rodríguez.- Prometo pola miña conciencia e honra cumpri-las obrigas do cargo de Deputada Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Xosé Antonio Araújo Quintas. Sr. Araújo Quintas.- Prometo pola miña conciencia e honra cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Manuel Ramón Conde Romero. Sr. Conde Romero.- Xuro pola miña conciencia e honra cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Xosé Crespo Iglesias. Sr. Crespo Iglesias.- Xuro pola miña conciencia e honra cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. José Manuel Fernández Rodríguez. Sr. Fernández Rodríguez.- Xuro pola miña conciencia e honra cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Alberto García García. Sr. García García.- Prometo pola miña conciencia e honra cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Horacio Gómez Araújo. Sr. Gómez Araújo.- Xuro pola miña conciencia e honra cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Emilio González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Prometo pola miña conciencia e honra cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Arturo Grandal Vaqueiro. Sr. Grandal Vaqueiro.- Xuro pola miña conciencia e honra cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Emilio Iglesias Álvarez. Sr. Iglesias Álvarez.- Prometo pola miña conciencia e honra cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Telmo Martín González. Sr. Martín González.- Xuro pola miña conciencia e honra cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Dona Clara Millán González. Srª. Millán González.- Prometo pola miña conciencia e honra cumpri-las obrigas do cargo de Deputada Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Prometo pola miña conciencia e honra cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Constante Juan Muradas Ramos. Sr. Muradas Ramos.- Prometo pola miña conciencia e honra cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Xesús Otero Varela. Sr. Otero Varela.- Xuro pola miña conciencia e honra cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Xosé Carlos Pazos Docampo. Sr. Pazos Docampo.- Prometo pola miña conciencia e honra cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Juan Luis Pedrosa Fernández. Sr. Pedrosa Fernández.- Juro por mi conciencia y honor cumplir las obligaciones del cargo de Diputado Provincial con lealtad al Rey y guardar y hacer guardar la Constitución como norma fundamental del Estado. Sr. Secretario.- D. César Augusto Pérez Ares. Sr. Pérez Ares.- Xuro pola miña conciencia e honra cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. David Raposeiras Correa. Sr. Raposeiras Correa.- Xuro pola miña conciencia e honra cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Juan Reboreda Enríquez. Sr. Reboreda Enríquez.- Xuro pola miña conciencia e honra cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Rodrigo Santiago Novas. Sr. Santiago Novas.- Xuro e prometo pola miña conciencia e honra cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. José Enrique Sotelo Villar. Sr. Sotelo Villar.- Xuro pola miña conciencia e honra cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Henrique Viéitez Alonso. Sr. Viéitez Alonso.- Prometo pola miña conciencia e honra cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado e defende-los intereses de Galicia. Sr. Secretario.- D. Manuel Ramón Vilar Márquez. Sr. Vilar Márquez.- Xuro pola miña conciencia e honra cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Faise constar en acta que os Sres. Deputados do BNG rexeitaron a imposición do colar e a entrega da insignia que ofreceu a todos o Sr. Presidente da Mesa de Idade. ------ Folla: 15,16 4.4376.- DECLARACIÓN DE CONSTITUCIÓN DA CORPORACIÓN Sr. Corral Pérez.- Declárase constituída a Deputación Provincial de Pontevedra composta polos/as Sres/Sras. Deputados/as, que se relacionan agrupados nos seguintes Partidos Políticos: PARTIDO POPULAR D. Manuel Abeledo López, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Juan Manuel Corral Pérez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Manuel Fernández Rodríguez, D. Horacio Gómez Araújo, D. Arturo Grandal Vaqueiro, D. Rafael Louzán Abal, D. Telmo Martín González, D. Xesús Otero Varela, D. Juan Luis Pedrosa Fernández, D. César Augusto Pérez Ares, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Manuel Ramón Vilar Márquez. PARTIDO SOCIALISTA OBRERO ESPAÑOL Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Alberto García García, D. Emilio González Iglesias, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Constante Juan Muradas Ramos e D. Rodrigo Santiago Novas. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO D. Xosé Antonio Araújo Quintas, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo e D. Henrique Viéitez Alonso. A continuación o Sr. Presidente da Mesa de Idade concedeu a palabra ós portavoces-candidatos dos tres grupos políticos representados na Corporación para que nun prazo non superior a catro minutos expuxeran o que considerasen oportuno como candidatos á Presidencia, comezando o Sr. Mosquera Lorenzo, portavoz do BNG, cunha crítica sobre a función da institución provincial, manifestando que eles, aínda que eran partidarios da desaparición das Deputacións, concebían a Deputación como un instrumento que debería favorece-la comarcalización, a articulación do territorio, e colaborar en base á equidade comarcal, así como afronta-la realización de certas obras e servicios na provincia, e que, sen embargo, a historia facíalles ser pesimistas pois a institución non estivo cumprindo estas funcións, senón que foi utilizada como instrumento partidista, inclusive como elemento para elimina-las competencias de certos Concellos, violando claramente a lealdade e as relacións institucionais. Recordou que os Deputados non se elixen directamente polo pobo, calificando á institución provincial como estraña e anómala, postulando que fora empregada como instrumento favorecedor da comarcalización. Non obstante, indicou que debería investir en obras e servicios que poidan resolver grandes problemas existentes na provincia, apuntando que debería colaborar en condicións de equidade cos Concellos e Comarcas pontevedresas. Pola súa parte, o Sr. González Iglesias, portavoz do PSOE, comezou dicindo que os socialistas constitúen o primeiro grupo da oposición e que exercerían o seu papel de fiscalización e control do grupo de goberno, reclamando a realización de convenios singulares para canaliza-las inversións da Deputación en Pontevedra e Vigo, reivindicando tamén un plan para os municipios de máis de 20.000 habitantes, que afectaría a Redondela, Marín, Cangas, A Estrada e Lalín, centrándose o Plan Provincial de Cooperación nos municipios pequenos a fin de garanti-la igualdade de dereitos e servicios entre os habitantes dos distintos Concellos pontevedreses. Engadiu que había que acabar dunha vez coa fórmula de arranxa-las estradas en función da cor política do Concello, tras reivindica-la finalización do plan viario da rede provincial, constituída por uns 1.800 quilómetros. Indicou tamén que desexaba que a gran renovación experimentada na composición da Deputación se traducira en novos modos e nas formas, finalizando ó dicir que os socialistas aspiraban a que as Deputacións atopen o seu verdadeiro papel entre as institucións do país. Seguidamente fixo uso da palabra o Sr. Abeledo López, portavoz e candidato do PP que agradeceu ós asistentes a súa presencia, contribuíndo así ó realce do valor democrático do acto, para dicir a continuación que o Partido Popular obtivo unha grande maioría de Concelleiros nas pasadas eleccións do 13 de xuño, das que resultou gañador sen ningunha dúbida e que ó se-la Deputación fiel reflexo do resultado desas eleccións correspondíalle ó PP o goberno da provincia, razón pola que pedía a tódolos Deputados electos o apoio a súa candidatura á Presidencia da Deputación Provincial de Pontevedra. ------ Folla: 16,17 5.4377.- ELECCIÓN DE PRESIDENTE Sr. Corral Pérez.- A continuación vaise a proceder á elección do Presidente da Deputación entre os seus membros, conforme ó artigo 207 da Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral, polo que o Sr. Secretario Xeral irá chamando ós/ás Sres./Sras. Deputados/as por orde alfabético para que depositen a súa papeleta de voto na urna existente. Sr. Secretario.- D. Manuel Abeledo López. Sr. Secretario.- Dona Isaura Abelairas Rodríguez. Sr. Secretario.- D. Xosé Antonio Araújo Quintas. Sr. Secretario.- D. Manuel Ramón Conde Romero. Sr. Secretario.- D. Juan Manuel Corral Pérez. Sr. Secretario.- D. Xosé Crespo Iglesias. Sr. Secretario.- D. José Manuel Fernández Rodríguez. Sr. Secretario.- D. Alberto García García. Sr. Secretario.- D. Horacio Gómez Araújo. Sr. Secretario.- D. Emilio González Iglesias. Sr. Secretario.- D. Arturo Grandal Vaqueiro. Sr. Secretario.- D. Emilio Iglesias Álvarez. Sr. Secretario.- D. Rafael Louzán Abal. Sr. Secretario.- D. Telmo Martín González. Sr. Secretario.- Dona Clara Millán González. Sr. Secretario.- D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo. Sr. Secretario.- D. Constante Juan Muradas Ramos. Sr. Secretario.- D. Xesús Otero Varela. Sr. Secretario.- D. Xosé Carlos Pazos Docampo. Sr. Secretario.- D. Juan Luis Pedrosa Fernández. Sr. Secretario.- D. César Augusto Pérez Ares. Sr. Secretario.- D. David Raposeiras Correa. Sr. Secretario.- D. Juan Reboreda Enríquez. Sr. Secretario.- D. Rodrígo Santiago Novas. Sr. Secretario.- D. José Enrique Sotelo Villar. Sr. Secretario.- D. Henrique Viéitez Alonso. Sr. Secretario.- D. Manuel Ramón Vilar Márquez. Sr. Corral Pérez.- Imos proceder ó escrutinio. Sr. D. Manuel Abeledo López; Sr. D. Cesáreo Mosquera Lorenzo; Sr. D. Manuel Abeledo López; Sr. D. Manuel Abeledo López; Sr. D. Manuel Abeledo López; Sr. D. Manuel Abeledo López; Sr. D. Manuel Abeledo López; Sr. D. Manuel Abeledo López; Sr. D. Cesáreo Mosquera Lorenzo; Sr. D. Emilio González Iglesias; Sr. D. Cesáreo Mosquera Lorenzo; Sr. D. Manuel Abeledo López; Sr. D. Emilio González Iglesias; Sr. D. Manuel Abeledo López; Sr. D. Cesáreo Mosquera Lorenzo; Sr. D. Manuel Abeledo López; Sr. D. Cesáreo Mosquera Lorenzo; Sr. D. Emilio González Iglesias; Sr. D. Manuel Abeledo López; Sr. D. Manuel Abeledo López; Sr. D. Manuel Abeledo López; Sr. D. Emilio González Iglesias; Sr. D. Manuel Abeledo López; Sr. D. Emilio González Iglesias; Sr. D. Emilio González Iglesias; Sr. D. Manuel Abeledo López; Sr. D. Manuel Abeledo López. Feito o escrutinio, arroxa o seguinte resultado: D. Manuel Abeledo López, dezaseis votos; D. Emilio González Iglesias, seis votos; D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, cinco votos. Queda pois proclamado Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, D. Manuel Abeledo López, que tivo a maioría absoluta legal esixida na primeira votación. ------ Folla: 17,21 6.4378.- XURAMENTO OU PROMESA DO PRESIDENTE E TOMA DE POSESIÓN Sr. Corral Pérez.- Rogo ó Ilustrisimo Sr. Presidente electo que acuda perante esta Mesa de Idade para prestar xuramento ou promesa do cargo para a súa toma de posesión. Sr. Abeledo López.- Xuro pola miña conciencia e honra cumpri-las obrigas do cargo de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Presidente.- Excmas. e Ilmas. Autoridades, donas e cabaleiros, amigos todos: O 19 de xullo de 1995, con toda sinceridade e plena responsabilidade, xuraba "Pola miña conciencia e honra cumpri-las obrigas de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado"; este mesmo luns cumpríanse 4 anos dende que, neste salón e ante os cidadáns da provincia representados polos seus Alcaldes e Concelleiros membros desta Deputación, formulaba o devandito compromiso de servicio e dedicación. Remato de renova-lo xuramento e de reverdecer e fortalecer este compromiso de continuar co labor do servicio ó cidadán que sempre presidiu o meu traballo, sendo norte e horizonte da acción política e de goberno desta Deputación. As miñas primeiras verbas quero que sexan de agradecemento, de sincero e emocionado agradecemento a todos aqueles Deputados que me acompañaron neste mandato que xa remata, pola inestimable axuda que sempre me prestaron e polo desinteresado sacrificio, esforzo e dedicación con que colaboraron nas tarefas de goberno; sen eles o camiño percorrido sería sinxelamente imposible; por eso, a todos e cada ún deles: moitas gracias. Agradecemento tamén ós compañeiros Concelleiros do Partido Popular de todos e cada un dos Concellos pola xenerosidade que demostraron cando elixiron ós Deputados que hoxe ocupan os seus escanos neste Pazo, renunciando ás súas persoais e lexítimas aspiracións. No discurso de toma de posesión en 1995 eu establecía as liñas mestras do que sería o meu labor de goberno nos catro anos que comezaban; hoxe preséntome diante da cidadanía e diante de todos vostedes coa enorme satisfacción do deber cumprido. O camiño percorrido foi longo e non sempre sinxelo; os medios cos que partiámos non eran os máis axeitados para o traballo de servicio e modernización social que tiñámos por diante. Así, dende o que chamamos acción externa de goberno podemos destacar: a implantación e mellora dos servicios ós cidadáns da provincia, a especial atención ó mundo da cultura, a diminución das desigualdades territoriais, a mellora das infraestructuras, a modernización das comunicacións, a renovación do parque de maquinaria, a potenciación do deporte de base, a especial atención e dedicación ós temas sociais, a decidida aposta polo desenvolvemento dos campus universitarios da nosa provincia, a aplicación de políticas de promoción do emprego e outras moitas sempre baixo o prisma de servicio e xestión; e dende o que poderíamos chamar acción interna de goberno, destacaremos a mellora e racionalización do cadro de persoal e a importantisima reducción da débeda desta Deputación, sen que esta drástica reducción implicase unha diminución na calidade dos servicios. Dentro do capítulo de agradecementos quero destacar, dun xeito moi especial, a profesionalidade de todos e cada un dos funcionarios e persoal desta Deputación, que son os artífices da posta en práctica e execución das decisións políticas de goberno. Finalmente agradecer tamén o comportamento dos membros da Xunta de Persoal, que en todo momento demostraron unha profesionalidade sen tacha e foron capaces de conxuga-la firmeza das súas propostas coa necesaria flexibilidade no seu traballo negociador. Nestes catro anos realizáronse importantisimos investimentos, dos que a modo de exemplo poderiámos destacar: - Dentro dunha decidida política de colaboración e cooperación con tódolos Concellos da provincia ó través de oito clases distintas de Plans Anuais, xestionáronse e transferíronse ós nosos Concellos 13.504 millóns de pesetas. A) Na mellora e mantemento da Rede Viaria Provincial un total de 5.425 millóns de pesetas. B) Na apertura e mellora de pistas: 2.500 millóns de pesetas. C) No ámbito cultural: 923 millóns de pesetas. D) No campo deportivo: 2.359 millóns de pesetas. E) No apartado de servicios sociais: 570 millóns de pesetas. F) No capítulo de educación e universidade a cantidade superou os 2.700 millóns de pesetas destacando moi especialmente a construcción da nova Escola de Canteiros, a Escola de Hostelería e a ampliación do Museo. Esta é a liña a seguir, estes son os piares básicos dunha política seria de servicio ós cidadáns e unha xestión eficaz dos cartos públicos; nembargantes os tempos cambian, a sociedade modernízase por momentos, os nosos concidadáns demandan a mellora e modernización dos servicios, a uniformidade e paridade na prestación dos mesmos, é dicir: a tendencia ó equilibrio territorial, a desaparición das desigualdades, a potenciación dos mecanismos de creación do emprego. En resumo, a mellora da calidade de vida. Nembargantes, e de forma moi especial, a política que vai levar a cabo esta Deputación Provincial asentarase nos piares da seriedade e austeridade na xestión económica, a potenciación e mellora do tecido industrial, gandeiro, comercial e de servicios da provincia na súa totalidade, compaxinándoo co absoluto respecto e protección do medio ambiente natural e inspirándonos nos valores culturais e tradicionais dos nosos ancestros. Somos galegos e iso tradúcese nunha especial forma de vivir, de sentir, de ama-la terra e as súas xentes, en definitiva ser galego é te-la alma libre, espírito de servicio e traballo e conciencia de pertencer a unha sociedade xenerosa e con forte vocación de progreso en liberdade. Somos plenamente conscientes dos retos que a sociedade do novo milenio nos propón, somos coñecedores das demandas que xurden en cada recuncho dos lugares e núcleos de poboación da nosa provincia; nós compartimos esta filosofía da vida e buscamos os mesmos obxectivos de servicio e progreso en liberdade. O desafío que nos agarda é apaixonante: nin máis nin menos que moderniza-la totalidade dos Concellos da provincia, mellora-la calidade de vida dos nosos concidadáns e metelos de cheo no novo milenio; a tarefa merece todo o esforzo, sacrificio e dedicación da que sexamos capaces; non podemos facer política de contención ou de mantemento; debemos asumi-lo reto de loitar cóbado con cóbado, todos e cada un dos Deputados, polo progreso e modernización da provincia. Reitero hoxe dende esta tribuna o meu ofrecemento sincero e leal de colaborar e dialogar con tódolos Deputados, sen distinción de partidos políticos; todos fomos elixidos polos cidadáns para servir a Pleno rendemento ós supremos intereses da colectividade. Quero que se entenda este ofrecemento de diálogo e colaboración no seu xusto sentido: o Partido Popular goza nesta Deputación dunha maioría suficiente para exercer en solitario a tarefa de goberno, nembargantes, dende sempre, a nosa política seguiu as pautas de integración, de sumar esforzos, ideas e propostas, de mellorar aunando proxectos, pero sempre dende a liña programática que os cidadáns apoiaron maioritariamente nas pasadas eleccións municipais, xa que somos fieis ás ideas e programas cos que nos presentamos. Para executa-la liña política marcada e sen perder de vista a tarefa realizada, os obxectivos básicos da nosa vindeira acción de goberno podemos estructuralos nos seguintes cinco piares: I) Potenciación da política de cooperación cos Concellos desta Provincia sen exclusións, a través do novo Plan Provincial de Cooperación (PPC), e co Plan de Acción Municipal (PAM); seguiremos con estas actuacións para mellora-las infraestructuras e servicios básicos dos devanditos Concellos. II) Potencia-las actividades culturais e participar, dentro das dispoñibilidades económicas e presupostarias, na consolidación e mellora da nosa universidade e os seus dous campus de Vigo e Pontevedra; reforza-las liñas de fomento e promoción de eventos culturais e educativos, entendendo que son o verdadeiro xerme dunha sociedade próspera e dinámica. Prepararemos Programas de Promoción do Turismo na nosa fermosa provincia como medio para a creación de riqueza e promoción da nosa terra; faremos Plans específicos para a xuventude, tanto dende o punto de vista de proxección de movementos culturais xoves como de mecanismo de integración destes na sociedade dos adultos. III) Potencia-las liñas de promoción laboral, como verdadeiro eixo vertebrador dun profundo e sostido progreso económico que, sen dúbida, redunda na mellora da prestación de servicios e calidade de vida dos cidadáns, ademais de aminora-lo desemprego e como canle de integración da muller á vida laboral. A todo esto chegarase mediante a firma de convenios có INEM e a preparación de programas e proxectos de colaboración cos Concellos no fomento do emprego. Imos promocionar e potenciar en colaboración con outras Administracións Públicas a actividade industrial, conxugándoa cos máis modernos e eficaces mecanismos de protección do medio ambiente, tema co que nos comprometemos de forma moi especial establecendo canles de colaboración neste campo; a mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns é sinónimo de mellora do medio ambiente no que vivimos, non é posible calidade de vida nun espacio medioambiental estragado. IV) Proseguir coa liña de austeridade no gasto, mellora da xestión económica e profundizando en aspectos de contención compatibles cunha decidida política de investimento neste mandato que nace. V) Continuar coa decidida política de mellora da nosa rede viaria provincial á que dedicaremos unha importantisima parte dos nosos orzamentos anuais e recabaremos a concorrencia de fondos da Xunta de Galicia, do Goberno Central e da Unión Europea, así como unha mellor distribución dos fondos estructurais e de cohesión. Para rematar, quero manifesta-la miña satisfacción polo meu nomeamento á fronte desta Deputación que, entendo, é o recoñecemento do labor de todo un equipo de Deputados, Alcaldes, Concelleiros e funcionarios e persoal desta casa que senten coma nós o amor pola súa terra e a lexítima aspiración de construír unha provincia e unha Galicia máis próspera e máis igualitaria en liberdade e tolerancia. A todos vós e especialmente ós Alcaldes e Concelleiros de tódolos partidos políticos, como supremos representantes da cidadanía, pídovos que traballemos arreo todos xuntos tendo como fin a construcción dunha Pontevedra máis galega dentro dunha Galicia cada día máis próspera, potenciando e respectando os seus singulares sinais de identidade. Moitas gracias a todos e estade seguros de que Pontevedra e Galicia van ter todo o noso esforzo, agarimo e dedicación. Finalmente, o Sr. Secretario Xeral dará conta do Balance de Situación e Acta de Arqueo Extraordinaria ó día de hoxe. Sr. Secretario.- Conforme ó artigo 56 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, o Balance de Situación a 23 de xullo de 1999 presenta o seguinte resultado no seu Activo e Pasivo: SETENTA E SEIS MIL SEISCENTOS SETENTA E UN MILLÓNS CENTO TRINTA E CINCO MIL CINCOCENTAS SETENTA PESETAS (76.671.135.570) e a Acta de Arqueo Extraordinaria ó día de hoxe presenta unha existencia en Caixa de CATRO MIL DOUSCENTOS SESENTA E OITO MILLÓNS CINCOCENTAS CORENTA E NOVE MIL CINCOCENTAS TRINTA E SETE PESETAS (4.268.549.537). E non sendo outro o obxecto desta Sesión de Constitución da Corporación, polo Presidente, sendo as trece horas do expresado día deuse por rematada a mesma e dela exténdese a presente acta que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. ------
Ãrea de notas
Nota