ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 1999/09/24_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.359/3.1999-09-24_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 1999/09/24_Ordinaria

  • Data(s) 1999-09-24 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 45,47 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 24 de setembro de 1999 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día vintecatro de setembro de mil novecentos noventa e nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Xosé Antonio Araújo Quintas, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Juan Manuel Corral Pérez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Fernández Rodríguez, D. Alberto García García, D. Horacio Gómez Araújo, D. Emilio González Iglesias, D. Arturo Grandal Vaqueiro, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Rafael Louzán Abal, D. Telmo Martín González, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. Juan Luis Pedrosa Fernández, D. César Augusto Pérez Ares, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Henrique Viéitez Alonso e D. Manuel Ramón Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Bos días. Vamos a comeza-lo Pleno ordinario correspondente ó mes de setembro. Antes de someter a aprobación o punto primeiro, aprobación do borrador da acta da anterior sesión extraordinaria de 10 de agosto de 1999, ten a palabra o Sr. Secretario da Deputación. Sr. Secretario.- Antes de proceder á aprobación da acta do Pleno anterior, debido a que aínda nos chegan comunicacións sobre a representación da Deputación en distintos organismos, parece oportuno someter á consideración do Pleno a rectificación ou aclaración de acta correspondente á seguintes cuestións: - Unha, representante da Deputación no Consorcio para o Servicio contra incendios e salvamento das Comarcas do Deza e Tabeirós Terra de Montes. Designárase entón a D. José Crespo Iglesias, que pola súa condición de Alcalde de Lalín xa é membro do Consorcio. Conviría designar a outro Deputado. Es corrección de acta si, designar otro Deputado, en lugar de Crespo que es Alcalde, designar otro. A Rafael Louzán. Esto es competencia del Pleno. - Segunda, por unha Resolución designárase tamén a D. Juan Manuel Corral Pérez no Consorcio da Zona Franca de Vigo e o Consorcio comunicou á Deputación que xa fora designado previamente polo Concello de Vigo e houbo unha Resolución Presidencial do día 14 de setembro, pola cal o Presidente á vista de que había unha reunión urxente, designou a D. Rafael Louzán para substituilo. Queda designado D. Rafael Louzán. - O terceiro punto, representante tamén na Xunta Rectora do Parque Natural Monte Aloia de Tui designárase a D. César Augusto Pérez Ares. Dito organismo comunícanos que se modificou a composición da súa Xunta Rectora ó producirse o traspaso de competencias en materia de conservación da natureza á Comunidade Autónoma por Decreto da Xunta de Galicia, segundo o cal a Deputación xa non está representada. Entón, eso había que eliminalo da acta. - Tamén os representantes nos Centros de Xestión Catastral e Cooperación Tributaria de Pontevedra e Vigo. Designáranse respectivamente a D. Juan Luis Pedrosa Fernández no de Pontevedra e a D. Juan Manuel Corral Pérez no de Vigo. Como ditos organismos foron susbtituídos polo Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria tanto de Pontevedra como de Vigo e estaban xa designados estes señores, habería que elimina-la mención ó Centro de Xestión Catastral e Cooperación Tributaria. - E por último, representantes en SOGARPO designáronse 3 Conselleiros, comunicándosenos que só deben ser dous. Os designados foron os Sres. Crespo, Louzán e Pedrosa. Deberán ser soamente dous dos tres. ¿A quen se elimina?. Ó último. El Sr. Pedrosa. De acuerdo. Entonces quedan designados los Sres. Crepo y Louzán. Y esas son las modificaciones de acta. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Secretario. 1.4387.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- ¿Aprobamos a acta con esta modificación?. Se hai máis cambios veñen ó próximo Pleno. ¿Pódese aproba-la acta con estas modificacións?. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Por favor non me pidan a palabra todos xuntos senón esto non hai quen o entenda. Sr. Mosquera Lorenzo.- A acta do anterior Pleno está ben, está correctamente, votámola a favor. Se temos que entrar a valora-los cambios, manteríamos o voto da vez pasada que sería a abstención. Realmente esto non é unha rectificación de acta porque a acta estaba ben como estaba, esto é unha rectificación do acordo, polo tanto non debía ir aquí, métao vostede por urxencia fóra da orde do día porque é modificar un acordo, non é a acta, a acta está ben como está. Meter como rectificación de acta unha modificación dun acordo non é correcto. Sr. Secretario.- Vale como rectificación de acta. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, acordamos rectifica-lo acordo. Sr. Secretario.- No, se rectifica el acta, al rectificar el acuerdo se rectifica el acta. Sr. Presidente.- Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Yo creo que este va a ser el Pleno de los errores -entre comillas-, porque alguno más hay. De tal forma, Sr. Presidente, el Grupo Socialista votará a favor del acta tal como está. Esto non procede a nuestro modo de ver. Hay una fórmula diferente; que haga una propuesta el Presidente, el Pleno es ordinario, puede hacerlo fuera del orden del día y se arregla este tema. Cuando decía de los errores -entre comillas-, a mi me resulta curioso que la Diputación no sepa que ya no tiene presencia en determinado organismo, que no sepa que algún organismo se cambió de nombre, etc. Parece curioso como mínimo. Vuelvo a repetir que nosotros votamos a favor del acta tal como está. Lo que viene en el orden del día es la aprobación del acta, aquí no estamos hablando de algún error de transcripción, de algo que se hubiese discutido en el Pleno pero que no fuese reflejado en el acta, estamos hablando de cambiar una propuesta y cambiar una propuesta, a nuestro modo de ver, no se puede plantear como una rectificación de acta ni en el punto de aprobación del acta. Sr. Presidente.- Ben, en todo caso, eu creo que esto é marea-la perdiz, Pero bueno, dá igual. Votamos entón a acta, tal como está, do Pleno extraordinario do 10 de agosto de 1999, sen estas correccións polo tanto. Someterémolo fóra da orden do día. De acordo. ¿Hai algún voto en contra?. ¿Abstencións?. Apróbase por unanimidade, coa abstención de Manolo Conde que non está. O Pleno acorda por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, extraordinaria, do día 10 de agosto de 1999. ------ Folla: 47,48 2.4388.- INCOACIÓN DE EXPEDIENTE DE DESAFECTACIÓN DUN TERREO DA EP PARAÑOS - PISCIFACTORÍA (COTOBADE) Sr. Presidente.- Pasamos ó punto 2. Incoación de expediente de desafectación dun terreo da EP Paraños-Piscifactoría (Cotobade). Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Só para dicir que en principio estes expedientes non debían ter ningún problema. Xa estamos afeitos a que houbera algún que era un auténtico can. Non era cambiar unha estrada, senón que era intentar legalizar accións urbanísticas, por eso nos abstivemos na Comisión. Unha vez visto o expediente e a modificación do trazado pola concentración parcelaria, nos parece ben. Polo tanto vamos votar a favor. Sr. Presidente.- Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. Solicitándose en xuño de 1999 polo Servicio Provincial de Estructuras Rurais a desafección dun terreo da antiga traza da "EP 0413 Paraños-Piscifactoría (Cotobade)", cunha superficie de 620 m2, substituída no seu día pola nova traza xurdida do proxecto de Camiños de Concentración Parcelaria na Zona Carballedo - Rebordelo, co propósito de incorporar tal superficie ás novas fincas de reemplazo; e informándose favorablemente tal desafectación polo Enxeñeiro Técnico-Xefe da Zona Norte o 19 de agosto de 1999, o Pleno acorda por unanimidade: 1.- A incoación dun expediente de desafectación dun terreo da antiga traza da "EP 0413 Paraños-Piscifactoría (Cotobade)" de 620 m2 para a súa transformación de ben de dominio público afecto ó uso público a ben patrimonial, conforme ó art. 8 do Regulamento de Bens de Entidades Locais (RD 1372/1986, de 13 de xuño) e art. 269 da Lei 5/1997, de 12 de xullo, de Administración Local de Galicia. 2.- A exposición pública, por prazo dun mes do referido expediente a efectos de posibles reclamacións, para a súa posterior resolución pola Corporación Provincial. ------ Folla: 48,53 3.4389.- APROBACIÓN DA ADDENDA Ó CONVENIO DE COOPERACIÓN SUBSCRITO ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A REALIZACIÓN DAS OBRAS DE REHABILITACIÓN E AMPLIACIÓN DO MUSEO DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Punto 3. Aprobación da addenda ó Convenio de Cooperación susbcrito entre a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e a Deputación Provincial de Pontevedra para a realización das obras de rehabilitación e ampliación do Museo de Pontevedra. ¿Algunha intervención?. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Bueno, Sr. Presidente, eu pretendía que algún Deputado do grupo de goberno nos explicara esto antes de entrar no debate, se é posible. Sr. Presidente.- Gracias Sr. González. Eu mesmo lle vou a explicar o tema. Como vostede debe saber, no ano 96, sendo Conselleiro de Cultura, D. Víctor Manuel Vázquez Portomeñe encargou o proxecto de ampliación do Museo. Entrando en conversas coa Consellería chegouse a un convenio de financialo ó 50%, 50% a Consellería, 50% a Deputación Provincial. Pedidos ó Concello os distintos trámites burocráticos necesarios para levar a cabo estas obras, polas razóns que foran retrasouse o tempo que se retrasou. Eu non as coñezo. En vista deso, cando tivemos toda a documentación en regla para poder aborda-las obras era o ano 99, e sacamos a licitación o proxecto e houbo un só licitador, un licitador que cando soupo que era adxudicatario presentouse nas oficinas de Contratación e dixo que renunciaba porque el non podía abordar por ese prezo a reforma que se plantexaba. ¿Por que non houbo licitadores?. Porque o proxecto era do ano 96 e no ano 99 houbo un aumento de prezos, non só dos materiais senón incluso de man de obra e polo tanto pensamos que esa foi a razón pola cal non houbo máis licitadores. Polo tanto, en virtude desto devolveuselle o proxecto á Consellería, porque fora a Consellería quen o encargara para que o adaptase. E adaptouse e eso supuxo un aumento en números redondos de 50 millóns de pesetas. Entón, ante esto, para podelo sacar a concurso había que incrementa-lo financiamento e chegouse ó acordo de incrementalo igual que o Convenio, ó 50%, 25 millóns aproximadamente a Consellería e 25 millóns a Deputación Provincial, e o traemos para aprobar esta addenda e poder sacar de inmediato as obras. Esta foi a historia resumida deste proxecto. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si. Yo decía en el punto primero que este era el Pleno de los errores y este era uno de ellos. Yo acepto la explicación que da usted; digamos que comparto parte de esa explicación y hay otra parte que no comparto y me explico. Es cierto que hay un proyecto del año 96 y es cierto que la Diputación en el año 98 firma el convenio con la Consellería, por el que se fija la financiación de cada Institución. La Diputación se compromete a llevar a cabo todos los trámites para sacar a concurso la obra, ejecutar la obra, etc., etc., y así pasan dos años. Al margen del tema del Ayuntamiento, que no figura en el expediente por ningún sitio y que me acabo de enterar ahora por la explicación del Presidente. En todo caso, vuelvo a repetir, el proyecto es del 96 pero el convenio es del 98. Se supone que la Diputación cuando asume el hacer las obras, el ejecutarlas, el sacar el concurso, etc., etc,. en principio debería ajustar los precios al año 98 para que no pasasen estas cosas, cosa que no se hizo. Primer error por parte de la Diputación Provincial. Y segundo tema que a mi me llama la atención poderosamente: estuve intentando aplicar el IPC, precios de construcción, y no me sale por ningún sitio. A mi no me sale por ningún sitio que en dos años la variación del precio de la obra pueda pasar de 144.000.000 a 194.000.000. Hay un incremento de más del 25% que, vuelvo a repetir, en dos años, utilícese el índice que se utilice, no sale ni de broma. Por tanto, lógicamente, el grupo socialista, por la obra que es, va a votar a favor, pero quiere dejar claro que aquí hay unas responsabilidades por parte de la Diputación. Esas responsabilidades evidentemente son de alguien; alguien cometió los errores y hay que decir de quién son los errores. Por lo tanto, dejando como denuncia esta parte que es la que no entendemos, vamos a votar a favor. Sr. Presidente.- Gracias. Eu non sei se é o 25% se é o 50%. Eu non son ningún arquitecto. Este é un tema que levou a Consellería, nós devolvémosllo á Consellería porque efectivamente os prezos estaban desfasados. A Consellería devolveulle ó autor do proxecto e o autor do proxecto supóñome que calcularía os prezos tal como tiña que ser. E polo tanto, nese sentido, eu non teño responsabilidade absolutamente ningunha neste tema dende o meu punto de vista, absolutamente ningunha. Non calculei os prezos, nin sequera o fixo un técnico da casa, foi o mesmo autor do proxecto, e en todo caso sería a Consellería, que foi o responsable de encargar o proxecto, quen tería que supervisar, posto que ten unidades de supervisión de proxectos. E que tardara ese tempo foi debido a temas burocráticos do Concello de Pontevedra, que polas razóns que foran, que eu descoñezo, non tivemos a documentación no seu momento para sabelo. E non hai outra explicación nin hai que buscarlle catro pés ó gato, esta é a realidade. Haberá que devolverllo porque ese proxecto non está ben, polas razóns que fora, neste caso por retrasarse na súa execución, e supoño que volverá o mesmo arquitecto a poñelo ó día e chámelle vostede a atención á Consellería de Cultura e dígalle vostede que subeu o 25% ou subeu o 50%, a min tenme sen coidado. Sr. González Iglesias.- Sr. Presidente, contando polos dedos, de 144 a 194 van 50, é dicir, non se trata nin de ser arquitecto nin de ser nada, simplemente contando polos dedos. Loxicamente está claro que hai unha diferencia de máis do 25%. Me sorprende que diga que non lle preocupa porque esta Institución vai poñer 22 millóns de pesetas máis dos que tiña firmado no primeiro convenio e loxicamente ten que preocuparlle como xestor desta Institución, por pura lóxica. Podo entender que me diga que ó mellor non lle preocupa o incremento da Consellería, pero o incremento da Deputación si ten que preocuparlle. E, volvo a repetir, dígame vostede se lle parece normal un incremento en dous anos de máis dun 25%. Estamos falando de prezos nada máis. E eso é o que figura no expediente, non estamos falando de ningún reformado de proxecto, ou sexa que hai unha responsabilidade absolutamente clara e entendo que o Presidente da Deputación debe estar preocupado en tanto en canto esta obra lle vai costar 22 millóns de pesetas máis. Sr. Presidente.- Repeti-lo mesmo paréceme inoportuno. Soamente dicirlle que vostede non ten por que dicirme do que estou preocupado ou deixar de estar preocupado, diga vostede o que queira. Eu dígolle que non estou preocupado porque non é a miña responsabilidade; cando é a miña responsabilidade estou preocupado. O proxecto é da Consellería, hai unha unidade de supervisión de proxectos e pídalle vostede responsabilidades á unidade de supervisión de proxectos da Consellería, pero non lle diga ó Presidente que ten algunha responsabilidade. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moi ben. Gracias Sr. Presidente. Este é un proxecto, como tódalas rehabilitacións, bastante complexo. Estivo retrasado polo Concello de Pontevedra e por Patrimonio pero basicamente polo Concello, porque é unha intervención difícil, había problemas de agravios comparativos, é dicir, que se pretende facer algo que a un privado nunca se lle deixaría facer. Nós seguimos tendo as nosas dúbidas con respecto á solución que se dá. En todo caso, creo que o obxectivo fundamental, que é que se faga, prima sobre o demais e polo tanto nós vamos a votar a favor. O problema é que o Presidente tamén se lanzaría un pouco dicindo que o problema é a revisión de prezos. Molesteime facendo as contas e é concretamente un 34% e evidentemente eso nunca pode ser unha actualización de prezos. Agora, que alguén cometeu un erro porque é unha rehabilitación complexa e polo tanto fixo mal as contas, pois seguramente sexa certo e os feitos están aí en canto que quedou deserto e non sería de extrañar incluso que na propia construcción da obra incluso teña que haber reformados e se incremente o prezo, non sería nada raro porque as rehabilitacións nunca se sabe o que se vai topar. A tramitación ofrece certas dúbidas e incluso o proxecto, pero creo que o obxectivo de amplia-lo Museo xustifica que votemos a favor. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Procedemos polo tanto á votación do punto 3. Aprobación da addenda ó Convenio de cooperación subscrito entre a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e a Deputación Provincial de Pontevedra para a realización das obras de rehabilitación e ampliación do Museo de Pontevedra. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. Visto o acordo adoptado polo Pleno da Corporación Provincial en sesión celebrada o 26-06-98 polo que se prestou aprobación ó "Convenio de Cooperación subscrito entre a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e a Deputación Provincial de Pontevedra para a realización das obras de rehabilitación e ampliación do Museo de Pontevedra" por un total de CENTO CORENTA E CATRO MILLÓNS DE PESETAS (144.000.000), aportando a Deputación SETENTA E CATRO MILLÓNS DE PESETAS (74.000.000) (34.000.000 con cargo á anualidade de 1998, e 40.000.000 con cargo á anualidade de 1999), e a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo a suma de SETENTA MILLÓNS DE PESETAS (70.000.000) (15.000.000 con cargo á anualidade de 1998 e 55.000.000 con cargo á anualidade de 1999); posteriormente a Deputación Provincial sacou as obras a concurso, que foi declarado deserto, basicamente por tratarse dun proxecto redactado en 1996 quedando os prezos por debaixo dos vixentes na actualidade; pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez revisados os prezos do proxecto, ascendendo o seu importe á suma de CENTO NOVENTA E CATRO MILLÓNS NOVECENTAS UNHA MIL CINCUENTA E UNHA PESETAS (194.901.051), redáctase unha addenda ó convenio que remite a esta Deputación para a súa aprobación, ó obxecto de realizar un reaxuste tanto das contías como das anualidades establecidas no convenio, como consecuencia do anterior, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por unanimidade prestar aprobación á Addenda ó referido convenio que a continuación se detalla: ADDENDA Ó CONVENIO DE COOPERACIÓN SUBSCRITO ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO DA XUNTA DE GALICIA E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A REALIZACIÓN DAS OBRAS DE REHABILITACIÓN E AMPLIACIÓN DO MUSEO DE PONTEVEDRA En Santiago de Compostela, a 6 de setembro de 1999. REUNIDOS Dunha parte, o Excmo. Sr. D. Jesús Pérez Varela, actuando en representación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, en virtude do seu cargo de Conselleiro, en exercicio das facultades que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, de 22 de febreiro, Reguladora da Xunta e o seu Presidente, así como o artigo 2 da Resolución de 8 de abril de 1991, pola que se fai público o acordo do Consello da Xunta de Galicia de 27 de marzo de 1991, sobre convenios de cooperación con outros entes públicos e de cooperación con particulares. E doutra parte, o Ilmo. Sr. D. Manuel Abeledo López, actuando en representación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude da súa condición de Presidente, segundo o disposto no artigo 105 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e no artigo 34 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e como Presidente do Padroado Rector do Museo Provincial de Pontevedra. Ámbalas dúas partes, no nome e representación que ostentan e coa capacidade legal para este acto MANIFESTAN PRIMEIRO.- Que con data 21 de xullo de 1998, se asinou Convenio de Cooperación entre a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para a realización das obras de rehabilitación e ampliación do Museo de Pontevedra. SEGUNDO.- No referido Convenio de Cooperación a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo aportaba para a realización das referidas obras a cantidade de SETENTA MILLÓNS DE PESETAS (70.000.000) e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra a cantidade de SETENTA E CATRO MILLÓNS DE PESETAS (74.000.000). Así mesmo, a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra a través da súa organización, responsabilizábase da xestión de tódalas actuacións precisas para levar adiante o obxecto do convenio, así realizaría tódolos trámites preceptivos de carácter administrativo e a contratación das citadas obras de ampliación e rehabilitación, encargándose tamén da supervisión e control dos traballos. TERCEIRO.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra levou a cabo tódolos trámites preceptivos estipulados na cláusula cuarta do referido convenio de cooperación e tamén se describen no apartado anterior, polo tanto procedeu a sacar a concurso a licitación das obras. Cumpridos os prazos regulamentarios de presentación de ofertas o concurso quedou deserto, basicamente por mor de que ó tratarse dun proxecto redactado en 1996, os prezos quedaron por debaixo dos vixentes na actualidade, polo tanto, procedeuse de inmediato a corrixir e actualiza-los correspondentes prezos. CUARTO.- Como consecuencia do exposto con anterioridade é necesario proceder a realizar un reaxuste tanto de contías como de anualidades establecidas no referido Convenio de Cooperación. Polo tanto e como consecuenica do anteriormente exposto, as partes comparecentes acordan levar a cabo e efecto a presente Addenda ó Convenio de Cooperación con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O obxecto da presente Addenda ó Convenio de Cooperación é realizar un reaxuste de contías e anualidades no financiamento das obras de Rehabilitación e Ampliación do Museo de Pontevedra, por mor da revisión de prezos a que se tivo que somete-lo proxecto mencionado. SEGUNDA.- Por mor da modificación do presuposto do proxecto, a contía total do mesmo elévase a CENTO NOVENTA E CATRO MILLÓNS NOVECENTAS UNHA MIL CINCUENTA E UNHA PESETAS (194.901.051). Polo tanto, o reaxuste de anualidades e de contías establecidas nun principio no Convenio de Cooperación queda substituído nesta addenda da seguinte maneira: - A aportación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo quedará reaxustada da seguinte maneira: - Anualidade 1998: 15.000.000 de pesetas (esta anualidade trasládase por imputación a créditos do exercicio corrente de 1999 pola referida cantidade). - Anualidade 1999: 15.000.000 de pesetas (esta cantidade vén orixinada polo traslado da imputación do exercicio 1998 ó exercicio corrente de 1999). - Anualidade 2000: 80.450.525 pesetas. A cantidade máxima a aportar pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo ascende a NOVENTA E CINCO MILLÓNS CATROCENTAS CINCUENTA MIL CINCOCENTAS VINTECINCO PESETAS (95.450.525). Estas cantidades imputaranse con cargo á aplicación presupostaria 010.03.352.B.760.0 de Presupostos Xerais da Comunidade Autónoma para 1999 e no que respecta á anualidade do 2000 á aplicación presupostaria correspondente. - A aportación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra quedará reaxustada da seguinte maneira: - Anualidade 1999: 99.450.526 pesetas. - Anualidade 2000: 0 pesetas. Co reaxuste que se instrumentaliza na presente Addenda, a variación que se produce é minora-la anualidade prevista no ano 1999 e trasladar esta minoración á anualidade do ano 2000, incrementándose esta anualidade coa diferencia de actualización dos prezos do presuposto das obras. Por outra parte é necesario destacar que as contías establecidas no Convenio de Cooperación para a anualidade de 1998 non sofren ningunha variación, no que respecta ó financiamento da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. TERCEIRA.- As cláusulas non afectadas no Convenio de Cooperación pola presente Addenda permanecerán vixentes na súa totalidade, e de acordo coa formulación que teñen. CUARTA.- A presente Addenda ó Convenio de Cooperación entrará en vigor ó día seguinte da súa sinatura, e rematará o 31 de outubro do 2000. QUINTA.- A presente Addenda ó Convenio de Cooperación ten natureza administrativa. Nas dúbidas que se presenten na súa interpretación e execución estarase ó disposto na cláusula undécima do referido Convenio de Cooperación. E, en proba de conformidade cos termos da presente Addenda, as partes comparecentes asinan e rubrican, por triplicado exemplar, no lugar e data expresados no encabezamento. O CONSELLEIRO DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO, Asdo. Jesús Pérez Varela O PRESIDENTE DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, Asdo. Manuel Abeledo López ------ Folla: 53,54 4.4390.- SEXTO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS PARA CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS E SUPLEMENTOS DE CRÉDITOS E MODIFICACIÓN DAS BASES DE EXECUCIÓN DO PRESUPOSTO 1999 Sr. Presidente.- Punto cuarto. Sexto expediente de modificación de créditos para créditos extraordinarios e suplementos de créditos e modificación das Bases de Execución do Presuposto 1999. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Reitera-la postura que temos sempre con respecto a estas modificacións. Esto é consecuencia duns acordos plenarios, pero basicamente é consecuencia dun orzamento aprobado, dunha filosofía e dunha xestión presupostaria que nós non compartimos e polo tanto vamos a votar en contra sen entrar a discutir. É moi pequena, case 22 millóns, pero en coherencia co que estivemos defendendo con respecto a estas modificacións ata agora vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a votar a favor puesto que en el Pleno anterior se plantearon tanto las aportaciones a los grupos como determinadas cosas que son las que se reflejan ahora mismo en este punto del orden del día. Por lo tanto vamos a votar a favor. Sr. Presidente.- Gracias. Procedemos polo tanto á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase cos votos a favor do Partido Socialista e do Partido Popular. En contra o Bloque Nacionalista Galego. Visto o Sexto expediente de modificación presupostaria de créditos extraordinarios e suplementos de crédito, por un total conxunto de VINTEÚN MILLÓNS OITOCENTAS VINTEDÚAS MIL DUASCENTAS SEIS PESETAS (21.822.206), que corresponden a créditos extraordinarios SETE MILLÓNS SETECENTAS MIL PESETAS (7.700.000) e a suplementos de créditos CATORCE MILLÓNS CENTO VINTEDÚAS MIL DUASCENTAS SEIS PESETAS (14.122.206), motivado á necesidade de ter que realizar gastos que non deben demorarse ata o exercicio seguinte, por non existir consignación no estado de gastos do vixente Presuposto, financiándose os suplementos e os créditos extraordinarios con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e cos votos en contra do BNG, prestar aprobación a dita modificación presupostaria e ós recursos para o seu financiamento, sendo o detalle do expediente, resumido por capítulos, o seguinte: CAPÍTULOS DENOMINACIÓN CRÉDITOS SUPLEMENTOS EXTRAORDINARIOS DE CRÉDITO 1º Gastos de persoal 0 4.449.134 2º Gastos en bens correntes 400.000 5.800.000 4º Transferencias correntes 7.300.000 0 6º Inversións reais 0 3.873.072 TOTAL 7.700.000 14.122.206 Este expediente presenta, resumindo por capítulos, o seguinte resultado: Capítulo 1º.- Gastos de persoal 4.449.134 Capítulo 2º.- Gastos en bens correntes 6.200.000 Capítulo 4º.- Transferencias correntes 7.300.000 Capítulo 6º.- Inversións reais 3.873.072 TOTAL expediente de modificación de créditos 21.822.206 Igualmente, vista a proposta da Presidencia sobre a Modificación das Bases de Execución do Presuposto para 1999, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e os votos en contra do BNG, prestar aprobación á proposta da Presidencia desta Deputación sobre modificación das Bases de Execución do Presuposto para 1999, en relación coas mocións sobre "Asignación de Dotación Económica ós Grupos Políticos" e sobre "Réxime de Dedicación Exclusiva de Cargos da Deputación e Indemnizacións ós seus membros", aprobadas en sesión plenaria de 10 de agosto último, e que en consecuencia afectan á Base 50 sobre retribucións e indemnizacións ós membros da Deputación, coa inclusión dunha base nova co nº 51 para recolle-la asignación de dotación económica ós Grupos Políticos, coa redacción que se inclue nos anexos I e II que se adxuntan á proposta. ------ Folla: 54,55 5.4391.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Punto quinto. Comunicacións. Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Darles cuenta de una serie de Resoluciones Presidenciales, la primera de ellas por la que se nombran ya los Presidentes de las Comisiones Informativas debido a la votación que se celebró en las mismas, de la cuál ya tienen ustedes conocimiento quienes son. Otra Resolución por la que se delega la Presidencia del Patronato de Turismo Rías Baixas en el Sr. Vilar Márquez. Otra Resolución por la cuál, en el Consorcio de la Zona Franca de Vigo en lugar de D. Juan Manuel Corral Pérez, se designa representante de la Diputación, dado que este señor ya representa al Concello de Vigo, a D. Rafael Louzán Abal. Y otra Resolución por la cuál durante la ausencia por vacaciones del Sr. Presidente le sustituyó a todos los efectos el Sr. Louzán Aval. Y por último, todas las Resoluciones Presidenciales, que fueron trasladadas a ustedes, correspondientes al período comprendido entre el 22 de junio y el 18 de setiembre de este año. Nada más. Queda enterado o Pleno das seguintes comunicacións: A) De Resolución Presidencial de data 10 de agosto de 1999, delegando as atribucións da Presidencia que sexan delegables no Vicepresidente D. Rafael Louzán Abal a partir do 11 de agosto de 1999 e ata a súa incorporación despois das súas vacacións. B) De Resolución Presidencial de data 14 de setembro de 1999, designando representante no Consorcio da Zona Franca de Vigo a D. Rafael Louzán Abal en lugar de D. Juan Manuel Corral Pérez. C) De Resolución Presidencial de data 17 de setembro de 1999, delegando a Presidencia efectiva das distintas Comisións Informativas. D) De Resolución Presidencial de data 17 de setembro de 1999, delegando a Presidencia da Xunta Rectora do Padroado Provincial de Turismo "Rías Baixas" en D. Manuel Ramón Vilar Márquez. E) De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas pola Presidencia entre os días 22 de xuño e 18 de setembro de 1999, as cales foron trasladadas ós Portavoces dos distintos grupos políticos. FÓRA DA ORDE DO DÍA tratáronse os seguintes asuntos: ------ Folla: 55,56 6.4392.- MODIFICACIÓN DE REPRESENTANTES DA DEPUTACIÓN EN DISTINTOS ORGANISMOS Sr. Presidente.- Bueno, fóra da orde do día a ver o tema ese. Sr. Secretario.- Les hablé al principio de la representación de la Diputación en distintos organismos. ¿Esto se aprueba?. Sr. Presidente.- Leu tódalas modificacións ó principio. Para non perder tempo metémola fóra da orde do día. Procedemos á súa votación. ¿Algunha intervención?. ¿Urxencia?. Votamos a urxencia. ¿Votos en contra da urxencia?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase. Procedemos xa á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por maioría do Partido Popular. Abstención dos demais grupos. 1.- Por maioría de votos desígnase representante da Deputación no Consorcio para o Servicio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes, ó Deputado D. Rafael Louzán Abal, en lugar de D. Xosé Crespo Iglesias, designado por acordo do Pleno de 10 de agosto pasado, posto que ó ser Alcalde de Lalín xa forma parte de dito Consorcio. 2.- Por maioría de votos ratifícase Resolución Presidencial de 14 de setembro do ano en curso, pola que se designou representante da Deputación no Consorcio da Zona Franca de Vigo ó Deputado D. Rafael Louzán Abal, no lugar de D. Juan Manuel Corral Pérez, que fora designado por acordo do Pleno do pasado 10 de agosto, ó ser designado previamente este como representante do Concello de Vigo. 3.- Ó modificarse por Decreto da Xunta de Galicia a composición da Xunta Rectora do Parque Natural "Monte Aloia" de Tui, queda sen efecto a designación de D. César Augusto Pérez Ares como representante da Deputación realizada por acordo do Pleno de 10 de agosto pasado. 4.- Ó integrarse os Centros de Xestión Catastral e Cooperación Tributaria de Pontevedra e Vigo nos Consellos Territoriais da Propiedade Inmobiliaria de Pontevedra e Vigo, queda sen efecto a designación de representantes da Deputación nos citados organismos, efectuada en favor de D. Juan Luis Pedrosa Fernández e D. Juan Manuel Corral Pérez respectivamente, por acordo do pasado 10 de agosto, manténdose unicamente a súa representación nos mencionados Consellos Territoriais da Propiedade Inmobiliaria de Pontevedra e Vigo. 5.- Por maioría de votos desígnanse representantes da Deputación en SOGARPO unicamente ós Deputados D. Xosé Crespo Iglesias e D. Rafael Louzán Abal, quedando sen efecto a designación tamén de D. Juan Luis Pedrosa Fernández, ó ser unicamente dous os representantes da Deputación Provincial. ------ Folla: 56,57 7.4393.- MOCIÓN PRESENTADA POR DONA CLARA MILLÁN GONZÁLEZ DO BNG, SOBRE O MANTEMENTO DA DIRECCIÓN XERAL DE PESCA NA UNIÓN EUROPEA Sr. Presidente.- Pasamos ás mocións. Unha primeira moción sobre o mantemento da Dirección Xeral de Pesca na Unión Europea presentada polo Bloque Nacionalista Galego e asinada por Dona Clara Millán González. Sra. Millán ten a palabra. Sra. Millán González.- Bueno, gracias Sr. Presidente. Vou pasar primeiro a lela e despois a defendela. Di o seguinte: A posible reestructuración da carteira de Agricultura e Pesca da Comisión Europea que podería derivar na supresión da Dirección Xeral de Pesca, está a provocar unha grande alarma no sector. Se a anterior decisión de uni-la carteira de Pesca coa de Agricultura foi un duro golpe ó sector este podería ser dobremente decisivo na súa gravidade. A grande problemática deste sector que está sen solucionar e que día a día se ve incrementada debe ser tratada con eficacia. Os recortes na propia capacidade de pesca así como na interlocución institucional e política non poden ir a máis. A importancia da pesca que representa para Galicia o 10% do seu PIB, do seu producto interior bruto, é un aspecto fundamental para a nosa economía. Por estes motivos solicítase que esta Deputación Provincial, a través da Xunta e o Goberno Central, demande de xeito firme a continuidade do Departamento da Dirección Xeral de Pesca ó considerar que a súa supresión representa unha agresión inaceptable para un sector fundamental para o noso país. Sr. Presidente.- Gracias. Procedemos á súa votación de urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase a urxencia por unanimidade. Ten a palabra a Sra. Millán. Sra. Millán González.- Bueno, eu pouco máis teño que dicir. Creo que está moi claro na moción o que pretendemos nós dende o BNG. Defender de novo un dos nosos sectores productivos máis importantes. Cremos que hai unha total inhibición por parte da Unión Europea neste tema. É posible que se me conteste que por agora non hai nada claro sobre este asunto, pero non queremos esperar ó último día como se esperou noutros temas relacionados coa pesca e que están nestes momentos a solucionarse da maneira que se está a solucionar. Polo tanto, como parece que, esperemos que non siga pasando así, Galicia non existe na Unión Europea, estásenos destartalando tódolos nosos sectores productivos e polo tanto pediríamos o voto de toda esta Corporación Provincial a favor de que non desapareza esta carteira. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias. Ten a palabra o Sr. Sotelo. Sr. Sotelo Villar.- No nome do grupo do Partido Popular teño que dicir en primeiro lugar que esta moción foi presentada o 12 de agosto e a data de 24 de setembro eu creo que as circunstancias cambiaron. Eses malos augurios parece que non son tan malos neste momento, aínda que eu estou convencido de que hai xente que se alegraría que esto non fora así. Pero estou convencido, estamos convencidos dentro do Partido Popular, de que esto non vai ser así, e ademais hai moitas posibilidades de que ese posto sexa ocupado por un galego. Somos conscientes da importancia que ten a supervivencia da Dirección Xeral de Pesca na Unión Europea para a pesca galega e por iso o Partido Popular vai votar favorablemente. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención máis?. Procedemos polo tanto á votación da moción. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. O Pleno acorda por unanimidade, aproba-la moción presentada por Dona Clara Millán González do BNG, sobre o mantemento da Dirección Xeral de Pesca na Unión Europea, sendo o texto da mesma o seguinte: "A posible reestructuración da carteira de Agricultura e Pesca da Comisión Europea, que podería derivar na supresión da Dirección Xeral de Pesca, está a provocar unha grande alarma no sector. Se á anterior decisión de unir a carteira de Pesca coa de Agricultura foi un duro golpe ó sector, este podería ser doblemente decisivo na súa gravidade. A grande problemática deste sector que está sen solucionar e que día a día se ve incrementada debe ser tratada con eficacia. Os recortes na propia capacidade de pesca, así como na interlocución institucional e política non poden ir a máis. A importancia da pesca que representa para Galicia o 10% do seu PIB é un aspecto fundamental para a nosa economía. Por estes motivos, solicítase que esta Deputación Provincial, a través da Xunta, Goberno Central, demande de xeito firme a continuidade do Departamento da Dirección Xeral de Pesca, ó considerar que a súa supresión representa unha agresión inaceptable para un sector fundamental para o noso país." ------ Folla: 57,59 8.4394.- MOCIÓN PRESENTADA POR DONA CLARA MILLÁN GONZÁLEZ DO BNG, DE SOLIDARIEDADE CO POBO DE TIMOR Sr. Presidente.- Hai outra moción da mesma Deputada sobre a solidariedade co pobo de Timor-Leste e repulsa diante da pasividade internacional. Ten a palabra a ponente. Sra. Millán González.- Moitas gracias. Paso de novo a le-la moción. Diante da pasividade das grandes potencias mundiais no conflicto de Timor Leste a que estamos a asistir impotentes dende tódolos lugares do mundo, non podemos por menos de denuncia-la situación de xenocidio colectivo a que está sendo abocado o pobo timorense. Pola súa parte Nacións Unidas rematou por ceder diante das presións aloxándose da zona e deixando totalmente desamparada á poboación. E neste sentido debemos preguntarnos para que se organizou e realizou un referéndum controlado pola ONU se agora non se garante a vontade popular. Amais en tres aspectos fundamentais temos vinculación con este tema: o noso histórico apoio e recoñecemento do dereito de independencia do pobo timorense ó longo destes 24 anos, ó ser partícipe e formar parte da mesma área lingüística galaico-luso-brasileira, e como non o grande paralelismo co proceso histórico do pobo saharaui co que temos máis fortes vinculacións de tipo histórico e socioeconómico, xa que logo ámbolos dous pobos loitan polos seus dereitos colectivos dende o mesmo ano 75. Por estes motivos, o grupo provincial do BNG solicita deste Pleno a valoración e respaldo ós seguintes puntos: Punto primeiro: Instar ás Nacións Unidas para que envie unha forza de paz que garanta o tránsito democrático e independencia do pobo de Timor - Leste respectando a vontade popular saída das urnas do recén celebrado referéndum. Segundo: Dirixirse á Xunta de Galicia e Goberno Español para que esixan ó goberno indonesio que desarme as forzas paramilitares, armas executoras do xenocidio, e retire o exército das terras ocupadas de Timor - Leste. Punto tres: Promover e participar a nivel institucional todos aqueles actos e medidas de solidariedad co pobo de Timor e de rexeitamento da desidia e pasividade internacional. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias. Procedemos á urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase a urxencia por unanimidade. Ten a palabra Dona Clara. Sra. Millán González.- Bueno, esta moción foi presentada a semana pasada, parece ser que a partir deste fin de semana, de este último fin de semana, houbo algún cambio; de todas formas dende o BNG queremos aclarar que nos parece que esto sempre se fai demasiado tarde. Cando a algunhas nacións importantes neste mundo no que vivimos lles interesa espabilar pois espabilan, pero aquí houbo unha tardanza terrible que provocou unha violación enorme dos dereitos humanos e que sigue provocando e polo tanto o único que solicito é que se vote a favor desta moción e que dunha vez por todas se regularice a situación aínda que o vexo bastante complicado. Sr. Presidente.- Gracias. Nós estamos totalmente a favor de todo o espíritu que impulsou e que aquí se fai manifesto na moción; en todo caso, como a estamos debatindo no día que estamos debatindo, eu creo que o punto primeiro debía desaparecer posto que de feito xa hai alí tropas internacionais e en todo caso aproba-los dous últimos porque creo que é o que neste momento corresponde, cunha salvedade, se estamos todos de acordo, e é que eu creo que a onde nos temos que dirixir é ó Ministerio de Asuntos Exteriores para facer chega-lo que aquí se está dicindo, porque loxicamente é o cauce, entendo eu. E polo tanto eu diría, tal e como está nestes momentos a situación, suprimi-lo número 1, o punto do apartado número 1; o apartado número 2 dirixirse ó Goberno da Nación a través do Ministerio de Asuntos Exteriores, para que esixa ó Goberno Indonesio que desarme as forzas, etc., etc., e o terceiro punto tal e como está. ¿Que lles parece?. ¿Parécelles ben?. Bueno, polo tanto, con estas salvedades votamos a moción. ¿Pediches a palabra?. ¿Alguén pediu a palabra?. Sra. Millán González.- Non, quero dicir que non, que estamos de acordo co que vostede di. Sr. Presidente.- Procedemos polo tanto á votación desta moción tal é como acabamos de corrixir. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Por unanimidade. O Pleno acorda por unanimidade, aproba-la moción presentada por Dona Clara Millán González do BNG, de solidariedade co pobo de Timor-Leste e repulsa diante da pasividade internacional, sendo o texto da mesma o seguinte: "Diante da pasividade das grandes potencias mundiais no conflicto de Timor Leste a que estamos a asistir impotentes dende tódolos lugares do mundo, non podemos por menos de denuncia-la situación de xenocidio colectivo a que está sendo abocado o pobo timorense. Pola súa parte, Nacións Unidas rematou por ceder diante das presións, alonxándose da zona e deixando totalmente desamparada á poboación. E neste sentido debemos preguntarnos para que se organizou e realizou un Referéndum controlado pola ONU, se agora non se garante a vontade popular. Amais, en tres aspectos fundamentais, temos vinculación con este tema: O noso histórico apoio e recoñecemento do dereito de independencia do pobo timorense ó longo destes 24 anos, o ser partícipe e formar parte da mesma área lingüística -galaico-luso-brasileira, e como non, o grande paralelismo co proceso histórico do pobo saharaui, con quen temos máis fortes vinculacións de tipo histórico e socio-económico, xa que logo, ámbolos dous pobos loitan polos seus dereitos colectivos dende o mesmo ano 1975. Por estes motivos, o Grupo Provincial do BNG solicita deste Pleno a valoración e respaldo ós seguintes puntos: 1.- Dirixirse á Xunta de Galicia e Goberno Español para que esixan ó Goberno Indonesio que desarme ás forzas paramilitares, armas executoras do xenocidio e retire ó exército das terras ocupadas de Timor-Leste. 2.- Promover e participar, a nivel institucional, tódolos aqueles actos e medidas de solidariedade co pobo de Timor e de rexeitamento da desidia e pasividade internacional." ------ Folla: 59 9.4395.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA SOBRE O AEROPORTO E O TRANSPORTE AÉREO NA NOSA PROVINCIA Sr. Presidente.- Hai que estudiala. Ten a palabra o Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver. A nós nos dá igual que quede para estudio na Comisión. O que pasa é que esta moción aprobouse por unanimidade no Concello de Vigo, por parte dos tres grupos presentes aquí, polo tanto non debería ter ningún problema en pasar agora mesmo. Pero bueno, se o Presidente plantexa pasala a Comisón, pasámola a Comisión. Non temos inconveniente. Sr. Presidente.- Gracias Sr. González. Votar algo que descoñezo paréceme absurdo. Non haberá problema absolutamente ningún, pero é que a descoñezo absolutamente. Debeuse entregar agora mesmo, e polo tanto eu non tiven tempo de lela, permítame que non manifeste criterio ningún posto que a descoñezo e o grupo por suposto que tamén, que non a viu. E supoño que o BNG tampouco a viu. Entón eu non sei de que se trata. Se lle parece ben votamos a urxencia, rexeitámola e pasámola por Comisión. ¿Votámola?. Ou retira e levámola para o próximo Pleno. Sr. González Iglesias.- Se o tema é vota-la urxencia e queda a moción aí, me parece que é moito máis interesante que vaia a Comisión e que se trate no próximo Pleno porque en todo caso nin se trataría. É posible que vostede non a coñeza, pero ten Deputados do seu grupo que a coñecen e a apoiaron. É unha moción sobre o aeroporto de Peinador. Volvo a repetir, como ten Deputados que a coñeceron e a apoiaron, entendo que non debe haber ningún problema por tratala agora mesmo. Agora, se a posición do Partido Popular vai se-la que anuncia o Presidente de votar en contra da urxencia, loxicamente prefiero que quede para a Comisión, que se trate en Comisión. Sr. Presidente.- Gracias. Eu non discuto que a coñezan os de Vigo, pero de Vigo aquí Deputados hai dous ou tres, e polo tanto a inmensa maioría do Grupo Popular a descoñecemos totalmente. E supóñome que o Bloque Nacionalista Galego tamén a descoñece, aínda que vote a favor da urxencia. Polo tanto, eu prefiero estudiala e non estou agora xa prexulgando que a vaia rexeitar ou que a vaia aprobar, pois posiblemente se lle deron o visto e prace en Vigo non haxa problema aquí tampouco, pero en todo caso eu non a lin. Polo tanto se lle parece retirámola ou votámola. ¿Retirámola?. De acordo. ¿Hai algunha máis?. Retírase e acórdase que pase á correspondente Comisión Informativa moción presentada polo Grupo Socialista sobre o aeroporto e o transporte aéreo na nosa provincia. ------ Folla: 59,63 10.4396.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Pasamos a Rogos e Preguntas. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, eu teño dous temas que me gustaría aquí facer un rogo e unha pregunta con respecto a eles. O primeiro é que en Pontevedra se está tramitando un documento que se chama PEPRICA no que se fan as determinacións sobre todo o referente ó Centro Histórico de Pontevedra, e dentro dese Centro Histórico está algo que é propiedade da Deputación, que é onde está o Fogar Provincial, onde estivo Ciencias Sociais, Belas Artes, etc. Hai bastante tempo se lle ten comunicado a esta Deputación por parte do Concello, que a Deputación aportara qué pretendía facer e pasarllo a Patrimonio para ver se o aceptaba ou non. Pasou o tempo, pasa o tempo, pasou o tempo tamén para o PEPRICA que non se aprobou, pero o certo é que esta Deputación nin tan sequera contestou a esta solicitude, que é máis ben unha xenerosidade por parte do Concello de Pontevedra, xenerosidade interesada porque todo o que se faga en Pontevedra redundará en beneficio pero tamén se puido ter ese trato con outros ámbitos e non o houbo, simplemente o houbo con este. Ben, nós agardamos que haxa unha grande actuación prevista no futuro ou o que sexa, pero o certo é que Patrimonio non nos permite aproba-lo PEPRICA se é que non hai unhas determinacións concretas, do que se quere facer aí. Polo tanto o rogo vai de que esta Deputación, me parece que é un tema da suficiente importancia tanto para o Centro Histórico de Pontevedra como para a Deputación como para o que se pretende facer aí, axilice e se tome en serio o asunto, ben directamente a través dos servicios técnicos de arquitectura daquí, ben en negociacións con Patrimonio, ben en negociacións con Patrimonio e co Concello de Pontevedra, á maior brevidade posible. Ou sexa, que se tome en serio xa, inmediatamente, se é que aínda non se tomou, e se manden esas determinacións para incorporar ó expediente en aras de poder aproba-lo PEPRICA que é fundamental e en aras de ter esas determinacións. Ese é o primeiro rogo. E o segundo, é sobre a moción dos colectivos que están traballando pola gratuidade da autoestrada e que presentaron aquí, e a verdade é que para a nosa sorpresa resulta que non aparece na orde do día. E como tamén sabemos da tendencia que ten o actual Presidente de que algunha moción que se presente os últimos días é non tratala, pois nos topamos que non se trata. A argumentación que "soto voce" escoitei, foi que xa está tratada. Eu creo que é un posicionamento testimonial, porque realmente é testimonial, aínda que ás veces os posicionamentos testimoniais teñen grandisima importancia, non quere dicir que por eso sexa despreciable. Como con respecto a calquera outro tema o que é de abondo non sobra, non acabo de entender que cando a maioría dos Concellos afectados as teñen aprobadas, ben por unanimidade ou ben por maioría, pero si a teñen aprobada no texto e na literalidade para non andar con redaccións alternativas e con modificacións na proposta da plataforma, pois que aquí non se trate. Non acabo de entende-las razóns porque se se tiña tomado un acordo hai certo tempo, non quere dicir que nestes momentos non se puidera volver a tratar. Non acabo de entende-las razóns e polo tanto me gustaría que me explicara o Presidente por que esta Deputación ten un comportamento diferente ó dos Concellos afectados e o do propio Grupo Popular na maioría deses Concellos. Ben é certo que non en todos, porque no de Pontevedra non a avalou, pero nos restantes Concellos si, e entón me sorprende primeiro que non se traia ó Pleno e segundo que se teña unha actitude diferente aquí que no resto dos Concellos máis afectados. Eran esas dúas as que lle quería plantexar. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera, vou a tratar de contestar as dúas. Primeiro, tema do Fogar Provincial. Efectivamente, a Deputación Provincial e neste caso o equipo de goberno ten previsto actuar no antigo Fogar Provincial onde está ubicado nestes momentos provisoriamente Ciencias Sociais. E ten previsto facer unha obra importante para cumprir dous obxectivos. Un, amplia-lo Museo Provincial, que nos está quedando, como todos saben, escaso de espacio. E dous, ampliar tamén o Arquivo Provincial, que tamén temos pequenos espacios e hai necesariamente que amplialos, sobre todo para dar cabida a unha sala importante de exposicións permanente e tamén para crear e para dotar ó Arquivo de espacios suficientes para posibles investigadores, que neste momento temos dificultades incluso para traballa-los funcionarios dado o escaso espacio físico que temos. Polo tanto é certo que aí a Deputación Provincial ten esa idea, o equipo de goberno ten esa idea. Segundo é indudable que non se trata de edificar nun monte, senón que se trata de edificar na parte monumental, diríamos, da cidade de Pontevedra e que polo tanto sabemos que ten unhas normas específicas e que loxicamente vámolas a ter en conta e para eso instei, como Presidente do Patronato do Museo, tanto ó Director Carlos Valle, como a todo o Patronato, en especial na persoa de Rafael Fontoira, pola súa especialidade como arquitecto, que diseñanse un concurso de ideas, non un proxecto, senón un concurso de ideas para un posible proxecto, dándolle o que nós máis ou menos queremos facer aí se é posible. Unha vez que teñamos este concurso de ideas, nos poñeremos en comunicación co Concello. Loxicamente como é un tema que é complicado por ser onde é, é indudable que pensamos que adxudicalo a un arquitecto en concreto non é bo; entón, que faga un concurso de ideas e cando teñamos ese diseño por suposto que o pasaremos ó Concello e empezaremos, de acordo co Concello, a proceder ó proxecto de execución. Pero neste momento estamos nesa fase e polo tanto só hai a idea, é dicir, non hai outra cousa de momento e polo tanto non podemos en absoluto mandarlle absolutamente nada ó Concello porque nada temos. Así de claro. Temos só a idea e estamos dando os primeiros pasos para facer esto. Con respecto ó tema da gratuidade, da rebaixa da peaxe da autopista, é certo que non hai tanto tempo aquí debatiuse unha moción e é certo tamén que se aprobou por unanimidade dos tres grupos políticos. E polo tanto eu creo que sencillamente insistir no mesmo, con todo o respecto Sr. Mosquera, é facer política barata. Eu pódolle dicir que hoxe mesmo, para que vexa que estou moi interesado no tema, recibo ós membros da plataforma pola tarde, curiosamente dase a casualidade, podía ser onte ou pode ser dentro dun mes, pero é hoxe, concretamente. Polo tanto, eu creo que o que tiña que dici-la Deputación xa o dixo e dende logo nós mantémonos no mesmo criterio, non hai cambios por parte do Grupo Popular e polo tanto seguimos mantendo o que dixemos naquel momento. E polo tanto como din unha paráfrasis neste sentido dos xuices, cousa xulgada non ten motivo de volver a ser xulgada, xa nos decidimos, xa o Grupo Popular e os grupos desta cámara decidiron o que pensaban sobre este tema e polo tanto eu creo que é reincidir como tal non vén ó caso. Outra cousa é que efectivamente sigamos luchando, e eu o primeiro como representante máximo desta Institución, por lograr suprimi-la peaxe se é posible e se non lograr que decreza o máximo posible tamén. E neste sentido eu estou traballando arreo e estou continuamente con este tema, e podo dicilo así publicamente, co Conselleiro de Política Territorial. Neste caso estase facendo todo o posible para que de forma selectiva, e non cabe dúbida que eu sei que o tema da ponte é algo selectivo dentro do que son as autopistas de Galicia, estase a traballar para reduci-lo máximo posible esa peaxe. E repito, hoxe mesmo vou a estar coa plataforma. Agora, traer aquí a mesma moción cando xa está debatida paréceme que é redundar en algo que non vai facer absolutamente nada. Está aprobada xa e estamos ademais todos a favor. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Con respecto ó segundo punto alégrome moitísimo escoitar as súas palabras de que non hai cambios porque o seu grupo, no que vostede está integrado, aínda que ese día non estaba no Concello de Pontevedra, votou en contra. Digo que o seu grupo votou en contra no Concello de Pontevedra, vostede non estaba ese día, pero votou en contra. Entón alégrome moitisimo escoitar que non hai cambios. Espero que sexa certo. E con respecto ó anterior, parécenos moi ben que fagan un concurso de ideas, que fagan o que queiran, pero negocien directamente con Patrimonio. Despois non metan ó Concello nun lio, non veñan a queixarse de que hai dous ou tres anos de retrasos por culpa do Concello. A nós nos están usando de mono do sopapo, ou sexa, Patrimonio por un lado di non se pode cambiar, e por outro lado a Deputación di nós queremos cambialo. Bueno, pois negocienno directamente e non nos metan polo medio. Porque resulta que ó final igual nos vamos topar co que o Concello de Pontevedra se usa por un lado e por outro para dar uns sopapos polos dous lados e ó final non temo-la solución. O que se trata é de buscar a solución. Entón, se queren facer ese concurso fáganno, pero póñanse de acordo con Patrimonio, negocienno con Patrimonio, non actuen por libre e despois Patrimonio manda ó Concello que o frene. Antes de que cheguen esas demoras, como vai haber tempo para o concurso, negocien directamente con Patrimonio. O Concello de Pontevedra inhíbese, prefiere que se resolva pola vía máis rápida, que pode ser negociando a Deputación ou o Museo directamente con Patrimonio, pero que o faga, porque Patrimonio a nós o que nos di é que eso non se debe tocar. Negocien directamente con Patrimonio e resolvemos o problema. O que queremos é que se resolva, pero que o fagan ben, por eso lle digo que o tomen en consideración con urxencia e fagan eses trámites porque se non nos vamos topar con ese lío como houbo na ampliación do Museo, que non tiñamos normativa para acollela. Nada máis. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera, estamos totalmente de acordo co que está dicindo. O que pasa é que eu entendo, non sei se ben se mal, ó sacar a concurso o proxecto de ideas ou o concurso de ideas, loxicamente o que sexa adxudicatario o primeiro que ten que facer é presentarse no Concello e de acordo con Patrimonio ver o que se pode facer, ata onde podemos chegar e ata onde non podemos chegar. Neste momento non temos nada deso; eu non vou agora sen nada a negociar con Patrimonio. Porque cremos que efectivamente é complicado, hai que negociar con Patrimonio e a ver que podemos facer ou non podemos facer. Ese sería o primeiro paso que terá que dar o que gañe o concurso de ideas. Estou totalmente de acordo con vostede, ou sexa, non quero problemas co Concello e quero face-la obra. Agora, ata onde podemos chegar, eso loxicamente serán os técnicos porque eu dende logo non entendo, non sei se vostede entende moito desto. Primeiro teño que ter esa persoa ou ese estudio por medio. Sr. González Iglesias.- Non ía intervir. Simplemente para dicir, Sr. Presidente, que non nos reediten os debates do Concello de Pontevedra aquí, xa o dixen no Pleno anterior, esto é para toda a provincia. Teñen outro foro. Sr. Presidente.- Darase, Sr. González, conta de que eu dixen que mantíñamos o que aquí se firmou e punto. E o que fixo o Concello de Pontevedra, eu non sei se estaba ou non estaba, pero dende logo non sei o que fixo. Aquí aceptamos todos a mesma moción, supoño que se está referindo á moción, ¿non?. ¿A que se refire entón?. Aclárese. Ó segundo. Vale, de acordo. ¿Algunha intervención máis?. Si. Representante do Bloque Nacionalista, Sr. Araujo. Sr. Araujo Quintas.- Gracias Sr. Presidente. Eu teño un par de preguntas e un rogo que llos paso a comentar. Vamos a ver. O 1 de setembro presentei polo Rexistro unha petición na que solicitaba que no Concello de Gondomar, na vila de Gondomar, concretamente, no Parque Móvil que ten alí a Deputación levan aproximadamente como uns seis ou sete anos convertido aquilo nunha especie de cemiterio de coches, nunha chatarrería, vulgarmente. E hai persoas e hai grupos, e en concreto o BNG, que levamos moito tempo preocupados pola imaxe da nosa vila e non temos noticias de que esto se vaia a solucionar. Polo tanto a miña pregunta, pregunta ou rogo se vostede quere, é se a Deputación pensa retirar eso dalí, e se non o pensa facer eu prégolle unha vez máis que o faga. Eso sería a primeira pregunta. Logo, a seguinte cuestión son unha serie de preguntas, dúas en concreto, que presenteinas polo Rexistro esta mesma mañá; non obstante, como me urxe un pouco a contestación, voulla facer aquí "in voce". Vouno por en antecedentes por se acaso, aínda que supoño que estará enterado vostede deste tema. Cónstame que o está. Máis ou menos a grandes rasgos, no ano 97 a Deputación elaborou un proxecto ó amparo dos complementarios POL para a construcción dunha estrada que unía á súa vez a estrada Ramallosa-Gondomar coa parroquia de Donas, incluso coa construcción dunha ponte sobre o río Miñor. Eu, unha vez que revisei o expediente, sorprendeume porque a zona pola que atravesa esta estrada, que efectivamente é necesaria como di na memoria do propio proxecto, resulta que atravesa unha zona húmida importante, algo que a calquera observador, por moi despistado que fose, non lle pasaría inadvertido. Cousa que lle pasou inadvertida ós técnicos da Deputación que no ano 99, neste mesmo ano en maio, teñen que redactar un proxecto complementario para resolve-los problemas que a construcción desa estrada por esa zona xeraba. En resume, de 35 millóns iniciais pasouse a 27 máis, é dicir, 62 millóns de pesetas, cun incremento bastante considerable que ó mellor se puido ter previsto no seu momento. Pero ese non é o motivo da miña pregunta. O caso é que esta estrada, na que a Deputación Provincial puxo bastante interese, dende o ano 97 estivo paralizado o proxecto, durmindo nalgún caixón, ata este ano 99, cando curiosamente empezan a face-la estrada. Parécenos perfecto, e de repente párase a obra. Leva a obra parada algo así como un mes, e resulta que a obra se paraliza xusto cando é máis necesaria. Porque ademais de ser necesaria para comunicar esta parroquia coa estrada esta, agora é necesaria tamén para conectar, para darlle servicio, para darlle acceso á depuradora que se está a construir, que practicamente está rematada, do saneamento integral de Gondomar. É dicir, non se vai poder inaugura-la depuradora se non hai acceso, obviamente. O que nós non entendemos é por que se paraliza esa obra; os problemas técnicos suponse que están resoltos e incluso tampouco hai problema cos terreos posto que os terreos pasan practicamente na súa totalidade por unha única propiedade, un único propietario. Polo tanto tampouco por aí debería haber problema de principio. E non hai problema porque eses terreos están cedidos polo menos ó Concello de Gondomar a través dun convenio entre ese propietario e o Concello de Gondomar. Un convenio que, eu non sei se vostede o ten, supoño que si, remata o primeiro prazo o día 13 de outubro, do mes que vén. Polo tanto entendemos que pode darse un conflicto importante se chegado o 13 de outubro non se cumpren outras estipulacións do convenio, que entón si que as obras teñen que estar paradas. O lóxico sería que se aproveitase o tempo que queda para remata-las obras, dar acceso á depuradora, e de paso que o convenio non nos pille. En resume, as preguntas son as seguintes: A primeira pregunta é: ¿cales son os motivos polos que as obras levan un mes e pico paralizadas? e a segunda pregunta sería: ¿se ten vostede coñecemento do convenio que lle acabo de dicir firmado hai un ano entre o Concello de Gondomar e este propietario?. Sr. Presidente.- Gracias. Da segunda parte por suposto que teño coñecemento do convenio, como é lóxico. Da primeira parte pois non sabía que estas obras estaban paralizadas e polo tanto, se vostede mo permite, por suposto que lle contestarei á primeira pregunta inmediatamente e por escrito. Deixeme vostede un mínimo de tempo para falar cos técnicos a ver qu

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición