Fondos
1999-10-29_Ordinaria. Acta de sesión 1999/10/29_Ordinaria
Acta de sesión 1999/10/29_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.359/3.1999-10-29_Ordinaria
Título Acta de sesión 1999/10/29_Ordinaria
Data(s) 1999-10-29 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 64 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 29 de outubro de 1999 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día vintenove de outubro de mil novecentos noventa e nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Xosé Antonio Araújo Quintas, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Juan Manuel Corral Pérez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Fernández Rodríguez, D. Alberto García García, D. Horacio Gómez Araújo, D. Emilio González Iglesias, D. Arturo Grandal Vaqueiro, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Rafael Louzán Abal, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. Juan Luis Pedrosa Fernández, D. César Augusto Pérez Ares, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Henrique Viéitez Alonso e D. Manuel Ramón Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Viceinterventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Sr. Deputado D. Telmo Martín González, quen excusa a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a comeza-lo Pleno ordinario correspondente ó mes en curso. 1.4397.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 24 de setembro de 1999. ¿Algunha alegación a acta?. Non hai alegacións. Apróbase por unanimidade. O Pleno acorda por unanimidade aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 24 de setembro de 1999. ------ Folla: 64,66 2.4398.- PROPOSTA DE OBRAS A INCLUIR NO PROGRAMA INTERREG II Sr. Presidente.- Punto dous. Proposta de obras a incluir no Programa Interreg II. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Hola, bos días. Moitas gracias Sr. Presidente. Bueno, este é o célebre plan Cañiza-Cañiza-Cañiza-Cañiza-Cañiza-Cañiza. Agora hai uns remanentes polo cambio da paridade da moeda que son en total vinteún millóns, e no seu momento votáramos en contra do plan polas razóns que acabo de explicar, e tampouco vemos suficientemente xustificados, polo menos a nós ninguén no lo xustificou, por que estas obras son as oportunas. Máis ben parecen pequenas e non corresponden demasiado ó plan. Polo tanto vamos votar en contra. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Lo que figura en el orden del día es hacer dos carreteras provinciales, una en las Nieves y otra en Arbo y el dinero, por lo que figura en el expediente, sale de una nueva interpretación del fondo de desarrollo europeo en el sentido de que la parte por honorarios de proyectos y por replanteos de obras, no debe estar incluídas en el proyecto. Por lo tanto esto produce un ahorro. Parece sorprendente que del expediente se deduzca que a día de hoy la Diputación no sepa cuál puede ser el ahorro, y después que aparezcan valoradas las obras. Algún papel debe faltar en el medio y alguna cifra baila en ese medio. ¿Que ocurre?. Pues ocurre algo que el Partido Socialista viene denunciando desde hace años. Y es que nos encontramos fundamentalmente con la falta de un documento por parte de la Diputación, de un documento que nosotros entendemos que es imprescindible, y es el Plan Provincial de Carreteras. Parece que el Presidente de esta Institución desde hace varios años viene anunciando la realización del Plan Provincial de Carreteras. Ahora mismo al menos hay un catálogo, antes no había nada. Yo reconozco que hay un catálogo de carreteras provinciales, pero de ese catálogo no se desprenden criterios objetivos, a nuestro modo de ver, es decir, de este catálogo no se desprende que estas carreteras sean las dos más necesarias por mayor frecuencia de tráfico, no se desprende que sean las más deficitarias en comunicación, etc., etc. Mientras eso no se haga, el Grupo Socialista, sin entrar en el fondo de la cuestión de si son necesarias e importantes estas dos carreteras o no, vamos a abstenernos hasta el día que en esta Diputación tengamos todos claro mediante criterios objetivos qué carreteras provinciales hay que hacer y cuáles no, cuáles son prioritarias. Vuelvo a repetir que como no lo tenemos claro porque ese documento no lo tiene la Diputación hecho y parece que el grupo de gobierno no tiene demasiado interés en tenerlo, nosotros vamos a abstenernos en este tema. Sr. Presidente.- Sr. Conde Romero. Sr. Conde Romero.- Gracias Presidente. Sólamente es para decirle al Sr. González que no me meto en si las carreteras son las más necesarias o no. Lo que si le quiero decir es de donde procede el dinero y por qué ahora mismo se hace de esta manera. Procede de las tasas, como lo hemos dicho ya en la Comisión, y de los honorarios de los proyectos. Tampoco se sabe la cantidad justa porque en estos momentos es imposible saber la cantidad justa por cuanto esto se sabe en el momento de la certificación de la obra. Lo que pasa es que el tiempo apremia e para non quedar fóra, para que non se perdan estes cartos esta Comisión de Cooperación propón esto. Non me meto, como lle dixen antes, se son estas as carreteras que se debían de acometer ou non. Gracias. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver. Sr. Conde, mire, primer tema. Eu lin o expediente e sei de onde saen os cartos e dixen de onde saían os cartos. Creo que vostede refírese ou quería referirse á intervención doutra persoa non á miña. Segundo tema, eu simplemente limiteime a dicir o que está no expediente; é dicir, no expediente por un lado se di o que di vostede de que non se pode saber a día de hoxe que cartos son e por outro lado se valora a aportación deses cartos en dúas obras. Simplemente eso, non digo que estea ben valorada ou mal valorada, que polo que di vostede polo menos está valorada de forma moi atrevida, é dicir, se está xogando á futuroloxía polo que di vostede; é dicir, se non se teñen os datos ¿por que se valora unha cantidade e non outra?. Sr. Presidente.- Sr. González, eu non sei se poderei aclarar un pouco máis o tema. Está claro que as obras do INTERREG veñen do 94-99, as obras están sen certificar, sabémolas taxas cando as certifiquen; polo tanto, mentres non teñamos tódalas certificacións, como é lóxico, e o período das certificacións termina no ano 2000, loxicamente non podemos saber exactamente o número ou a cantidade exacta. Algunha maneira sacamos estas obras con fondos propios, pero para non perder ese diñeiro porque detrairíamos diñeiro dos fondos propios unha vez que teñamos as taxas. Eu non sei se así expliquei un pouco mellor as cousas. ¿De acordo?. Bueno, procedemos polo tanto á súa votación ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase pola maioría do Partido Popular, a abstención do Partido Socialista e en contra do BNG. Como consecuencia do escrito 5437, de data 2 de agosto pasado, polo que a Dirección Xeral de Análises e Programación Presupostaria nos comunica que con ocasión dos controis efectuados por institucións comunitarias, tivo base legal a decisión da Comisión 97/327/CE de 23 de abril de 1997 sobre criterios de subvencionabilidade dos gastos, esta Deputación, ante a imposibilidade de coñecer a priori, por non estar totalmente certificadas as obras, a totalidade dos remanentes producidos polas rectificacións pertinentes nas declaracións de gastos, así como polas posibles axudas FEDER non comprometidas por outras provincias, e ó obxecto de ter garantía dos prazos establecidos no Programa, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación, acorda por maioría de votos a favor do Grupo Popular, co voto en contra do BNG e coa abstención do PSOE, propoñe-las obras seguintes con indicación das aportacións de cada Administración, aínda que estas estean suxeitas a posibles axustes a posteriori, que xa se atopan en fase de execución: - EP PO-4204 As Neves - Estación (As Neves): Aportación FEDER 10.553.159 ptas. Aportación Deputación 3.517.719 ptas. TOTAL 14.070.878 ptas. - EP PO-5201 Cabeiras - Barcela (Arbo): Aportación FEDER 10.462.500 ptas. Aportación Deputación 3.487.500 ptas. TOTAL 13.950.000 ptas. ------ Folla: 66,68 3.4399.- PROPOSTA DE OBRAS A INCLUIR NO PROGRAMA OPERATIVO LOCAL Sr. Presidente.- Punto número tres. Proposta de obras a incluir no Programa Operativo Local. É o mesmo tema. Se queren a palabra, é exactamente o mesmo. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, é o mesmo pero non é o mesmo. O programa operativo local non foi un plan coma o Interreg no seu momento, de favoritismo descarado, senón que houbo uns criterios de repartos, non exactamente os que nós quixéramos, pero si houbo uns criterios de repartos, houbo certa igualdade a diferencia do anterior POL, polo tanto a base de partida é diferente. O da estrada é algo máis dubidoso, pero o da Escola de Canteiros é unha necesidade. Polo tanto vamos votar a favor. Sr. González Iglesias.- Ó revés do que se nos dixo en Comisión este non é un plan de pouquiños cartos e para obras pequeniñas, dígoo porque na Comisión Informativa se nos dixo outra cousa. Estamos falando en todo caso dun plan que podería chamárselle plan adicional, porque estamos falando de 196 millóns de pesetas, e 196 millóns de pesetas dos que a Deputación pon unha parte e o Centro de Desarrollo Europeo pon 144. O Grupo Socialista o que plantexou na Comisión foi o seguinte: con estes 144 millóns de pesetas fágase un plan adicional no que entren os Concellos nos que se fixeron as obras do Plan Operativo Local nos dous últimos anos. No ano 98 e 99. ¿Por que dicíamos esto?. Pois por unha razón fundamental, o Plan Operativo Local, como ben se dixo antes, empeza no ano 94. ¿Que ocurre?. Que os Concellos que tiveron as obras no ano 98 e 99 realmente perderon cartos con respecto ós Concellos que tiveron as obras no ano 94, 95 e 96. Polo tanto, como compensación a eses Concellos nós plantexábamos na Comisión ese tema e se nos respondeu por parte do Grupo Popular dicindo que é unha cantidade ridícula, que eran moi poucos cartos e que loxicamente como as obras do Plan Operativo Local teñen que ser dun mínimo de dez millóns de pesetas, ós Concellos non lle compensaría. Pois mire, votando as contas por riba, podemos dedicarlle sete millóns de pesetas a catorce Concellos, a cada un de catorce Concellos, que poñendo eles tres fan unha obra máis. E se o facemos, volvo a repetir, nos Concellos que perderon diñeiro e o perderon polo que dicía antes, é dicir, se no ano 94, no momento da aprobación do plan, o Concello mete unha obra para facer no 98 ou 99, a mete valorada con cartos do 94, no momento que se adxudica, no ano 99, ese Concello perdeu cartos con respecto ós Concellos dos primeiros anos. Nós dixemos xa máis dunha vez que había que compensar a eses Concellos e entendemos que esta é unha boa oportunidade e que realmente si hai tempo, non como se dixo na Comisión que non había tempo. Hai tempo porque na comunicación do Ministerio fálase de que este tema debería estar xustificado a final do exercicio económico. Polo tanto seguimos mantendo a proposta que facíamos en Comisión, xa que agora non existen os dous condicionantes que plantexaba o Partido Popular para que non fora así; é dicir, son bastantes cartos, non son tan poucos cartos, por un lado, e por outro lado hai tempo suficiente. Mantemos esa proposta como tal proposta e se non votaremos en contra. Sr. Conde Romero.- Gracias Presidente. Sr. González, tal como le habíamos comentado en la Comisión, las obras son obligatorias superiores a diez millones de pesetas, pero es que además el plazo, que es fundamental, finaliza ya, el plazo nos lo han impuesto en el Ministerio, no es una cosa que aquí en esta casa se ponga. En este momento tampoco estamos diciendo que sea esta la cantidad justa, es una previsión de lo que puede pasar, puede ser más, puede ser menos, pero no nos gusta que nos quedemos sin lo que nos corresponde y esta es una de las razones, los plazos están ahí y estos son inamovibles y entendemos que no va a dar tiempo a hacer lo que usted nos está solicitando. Otra cosa es que posiblemente, y eso será un tema a debatir, y el Presidente es el que tiene la última palabra, en el Presupuesto del año que viene, pues a lo mejor se contempla una fórmula para que no salgan perjudicados estos Concellos. Gracias Presidente.- Sr. Presidente.- Gracias. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Só insistir que, á parte das contas que se poden facer cos Concellos, creo que das cousas que esta Deputación, que seguramente non tivera que ser competencia pero que si o leva, que é a Escola de Canteiros, que está de prestado onde está, no Mosteiro de Poio, creo que si xustifica de sobra que unha modificación deste tipo se poida meter para rematar esa obra, unha vez que teña unha ubicación digna, porque a función que está facendo é moi digna, entón xustifica-lo noso voto favorable. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Todos podemos ser conscientes da necesidade da urbanización da Escola de Canteiros, pero realmente estamos falando de algo que é da Deputación, que depende da Deputación e que a Deputación ten plans suficientes para acometelo por outro lado sen detraerlle os cartos ós Concellos, que é o que nós pensamos que está ocurrindo. E Sr. Conde, simplemente facer dúas precisións. Primeira precisión: do mesmo xeito que dende o 15 de outubro ata hoxe, se fai unha proposta de obras pola Deputación, eu estou seguro, que se vostede consulta cos quince ou vinte Concellos que tiveron obras nestes dous últimos anos tamén farían esa proposta de obras e terían o mesmo tempo para realiza-la obra que vai te-la Deputación. Polo tanto, como desculpa a nós realmente non nos vale o que plantexa o Sr. Conde. Outra cousa moi diferente e que parece que abre unha sensibilidade nova por parte do grupo de goberno hacia os Concellos é a última parte da intervención do Sr. Conde, que a min me gustaría realmente que fora así e que no Presuposto do ano que vén a Deputación compensara ós Concellos que tiveron as obras os dous últimos anos no Plan Operativo Local e me gustaría realmente que fora así, e recordareino no Presuposto. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. González. Procedemos polo tanto á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Non hai. ¿A favor?. Apróbase cos votos a favor do PP e do BNG e en contra o Partido Socialista. Como consecuencia das misións de control que durante o ano 1997 foron efectuadas polo Tribunal de Contas Europeo, así como na efectuada recentemente nesta Deputación pola Intervención Xeral da Administración do Estado (a través da Intervención Territorial), a proxectos cofinanciados polo FEDER no Programa Operativo Local Obxectivo 1 (1994-1999), púxose de manifesto a non elixibilidade de gastos certificados en concepto de taxas, timbres ou honorarios técnicos. As cantidades correspondentes a gastos da natureza anteriormente descrita serán eliminados dos importes certificados, se foran computados como "gastos elixibles" das actuacións que se atopan en execución ou foron executadas dentro do Programa Operativo Local Obxectivo 1 (1994-1999). Iso non conleva o reintegro de ningunha cantidade dos fondos comunitarios percibidos, debendo afectarse as cantidades así liberadas ó financiamento de novos proxectos. Posto que para a adxudicación dos remanentes se sinala en escrito do Ministerio de Administracións Públicas o prazo do 15 de novembro de 1999 (nº 2673 de 08.04.99), e tendo en conta a dificultade de coñecer antes de liquidar o actual exercicio a totalidade dos remanentes producidos por estes conceptos, así como as posibles axudas FEDER non comprometidas por outras provincias, e co obxecto de ter garantía do cumprimento dos prazos establecidos no Programa, a efectos do seu financiamento, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e co voto en contra do PSOE, propoñe-las obras seguintes con indicación das aportacións de cada Administración, aínda que estas estean suxeitas a posibles axustes a posteriori, que xa se atopan en fase de execución: - Urbanización e obras varias da Escola de Canteiros de Pontevedra, (Poio): Aportación FEDER (Admón. Local) 128.271.644 ptas. Aportación Deputación 48.654.761 ptas. TOTAL 176.926.405 ptas. - EP PO-5205 Lomba-Albeos (Arbo): Aportación FEDER )(Admón. Local) 15.224.274 ptas. Aportación Deputación 5.774.724 ptas. TOTAL 20.998.998 ptas. Estes proxectos xa foron aprobados como adicionais polo MAP mediante escrito 99/323/1.3 de 30-06-99. ------ Folla: 68,70 4.4400.- ESCRITO DO CONCELLO DE PONTEVEDRA SOLICITANDO O LIBRAMENTO DE 10.000.000 DE PESETAS EN CONCEPTO DE SUBVENCIÓN PARA O PAZO DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS. ADHESIÓN E DESIGNACIÓN DE VOCAL Sr. Presidente.- Punto catro. Escrito do Concello de Pontevedra solicitando un libramento de 10.000.000 de pesetas en concepto de subvención para o Pazo de Congresos e Exposicións. Adhesión e designación de Vocal. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Este é un trámite que estaba sen facer; había un compromiso desa aportación e parece que é necesario este trámite de formalizar a adhesión para poder pagar eses 10.000.000. Evidentemente estamos a favor, vamos a votar a favor desa adhesión. O que nos sorprende, e nos vamos cando menos abster, é na designación de Vocal, non porque teña nada en contra do Deputado José Manuel Fernández Rodríguez, xa coñecido do mandato 91-95, pero é que, xa pasara anteriormente e volve a pasar, parece un pouco absurdo que para o Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra se designe un Vocal que nin coñece a área, o día a día. Non parece así como moi razonable. Sr. González Iglesias.- Eu realmente quixera saber se os expedientes están completos sempre ou se falta algo nos expedientes e digo por que. Eu, que deste tema non coñezo máis que o expediente, me resulta curioso que hoxe esteamos aprobando aquí unha aportación de 10 millóns de pesetas, á parte da designación do Vocal, porque, no seu día, o Vocal que designou a Deputación obtivo un compromiso de 10 millóns de pesetas. Non nos parece mal ese compromiso, en absoluto, estaríamos de acordo en ese compromiso extendendo a aquelas fundacións e demais nas que está presente a Deputación, pero eu solicitaríalle ó Presidente que os Delegados que nomee que non teñan compromisos que despois non figuren no Presuposto da Deputación. ¿Qué é o que nos atopamos no expediente?. Atopámonos cunha carta do Alcalde de Pontevedra solicitando que se lle dean eses 10 millóns de pesetas, tal como figura nunha acta que fora proposta do representante da Deputación naquel momento, que era o Sr. Amado Ricón. E parece bastante curioso que se fixera a proposta e que despois esa proposta non se recollera no Presuposto da Deputación. Nós vámonos abster por como se plantexou todo o trámite e é probable que non só estemos de acordo nos 10 millóns senón, volvo a repetilo, en extendelo a máis cuestións parecidas a estas. Pero dígalle vostede ós seus representantes que se obteñen un compromiso, loxicamente ese compromiso despois hai que plasmalo no Presuposto da Deputación. Cousa que non está feita así, e de feito, no punto seguinte, me parece que na modificación de crédito van eses dez millóns de pesetas. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias. Con respecto ó Sr. Mosquera dicir que está prexulgando o labor dun compañeiro que penso eu que non ten ningunha dificultade para cumprir co seu cometido como Delegado da Deputación Provincial neste Organismo. Polo tanto, espero non facer máis comentarios. Con respecto ó que di o Sr. González Iglesias teño que dicirlle que cando se presentaron os Presupostos non había aínda este compromiso. Foi un compromiso posterior e polo tanto non se puido poñer en Presuposto como loxicamente o faríamos se tivéramos o compromiso previamente adquirido, nin máis nin menos; pero creo que non merece máis discusión este tema. Procedemos polo tanto á votación. A primeira parte, libramento de dez millóns de pesetas en concepto de subvención e adhesión ó Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Abstense o Partido Socialista. Designación de Vocal a D. José Fernández Rodríguez. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Os demais grupos abstéñense e a favor o Partido Popular. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cultura, o Pleno acorda o seguinte: 1.- Por maioría dos votos favorables do Grupo Popular e do BNG, e coa abstención do Grupo Socialista, a adhesión da Deputación Provincial ó organismo autónomo do Concello de Pontevedra "Pazo de Congresos e Exposicións", hoxe denominado "Pazo da Cultura", así como a conformidade ós seus Estatutos e ó pagamento de DEZ MILLÓNS DE PESETAS (10.000.000) en concepto de subvención. 2º.- Por maioría de votos do Grupo Popular e coa abstención do Grupo Socialista e do BNG, designar vocal representante da Deputación no Consello de Goberno do devandito organismo, conforme ó artigo 7º dos seus Estatutos, ó Deputado Provincial e Presidente da Comisión de Cultura D. José Manuel Fernández Rodríguez, en substitución de D. Amado Ricón Virulegio, que fora designado por acordo do Pleno de 25 de setembro de 1998 e cesou como Deputado Provincial. ------ Folla: 70 5.4401.- BECAS DA ESCOLA DE CANTEIROS Sr. Presidente.- Punto número cinco. Becas da Escola de Canteiros. ¿Algunha intervención?. Procedemos á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. A favor PSOE e PP. Abstención o Bloque Nacionalista Galego. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cultura, o Pleno acorda por maioría de votos dos Grupos Popular e Socialista e coa abstención do BNG, aceptar nos seus propios termos a acta do Tribunal de 6 de outubro de 1999, concedendo 15 becas para a Escola de Canteiros, ratificada pola Xunta Rectora do Padroado o 11 do mesmo mes e ano, ós seguintes beneficiarios: PRÓRROGA - D. Roberto Vidal Rascado. - D. Javier Vidal Lijó. - D. Angel Rumbo González. - D. Víctor Manuel Rodríguez Diz. - D. Miguel Angel Fandiño Gondar. - Dona Aurea Díaz Vázquez. - D. Daniel Alonso Pérez. - D. Mario del Río Martínez. - D. Benito Iglesias Meijome. - D. Breogán Agulla Carballal. NOVA CONCESIÓN - D. Antonio Miguélez Arias. - D. Luis Vázquez Gómez. - D. Manuel Varela Portela. - D. Óscar Vázquez Cores. - D. Pedro de la Fuente González. ------ Folla: 70,75 6.4402.- MOCIÓN DO PSOE SOBRE O AEROPORTO E TRANSPORTE AÉREO Sr. Presidente.- Punto seis. Moción do PSOE sobre o aeroporto e transporte aéreo. Ten a palabra o ponente. Sr. González Iglesias.- Eu creo que é de todos coñecido que esta Institución, dende hai anos, implicouse fortemente en poñer a funcionar e a andar as cousas dentro do aeroporto de Vigo, incluso liñas. A Deputación, no seu momento, incluso garantizaba que parte desas liñas puideran funcionar, xunto co Concello de Vigo, e ata fai uns anos houbo sempre unha implicación moi importante da Deputación neste tema. Ó día de hoxe, nós entendemos, e de feito no Concello de Vigo presentamos a mesma moción, que o Concello de Vigo ten que implicarse moi directamente no tema do aeroporto, pero tamén a Deputación ten que facer esa implicación, tanto como Institución Provincial como porque tamén afecta a dous Concellos máis á parte do de Vigo que son o Concello de Mos e o Concello de Redondela. Nesta moción plantexamos unha serie de medidas que si se aproba a bondade das mesmas haberá que iniciar un proceso de negociación tanto co aeroporto como coas demais institucións para potenciar ese aeroporto. Pero eu quería resaltar cuestións nas que a Deputación de Pontevedra entendo que debe ter unha incidencia importante. E debe ter incidencia, á parte de participar non só como se di aquí na exposición pública do Plan Director do Aeroporto senón que incluso dentro dun proceso de negociación co mesmo aeroporto e cos tres Concellos. Por outro lado hai outros dous temas importantes para nós, que é a comunicación do aeroporto tanto coa autovía a Vigo e coa autopista, que é unha comunicación á que lle falta un treito moi pequeno, como a comunicación de Redondela co aeroporto. A de Redondela-aeroporto é unha estrada absolutamente infernal que non ten practicamente ningún sentido ó día de hoxe, e nós coñecemos que o Ministerio de Fomento está intentando facer unha actuación aí de gastar máis cartos nesa estrada, que parece que non ten ningún tipo de saída. Loxicamente, ó mellor, había que empezar a falar dunha estrada alternativa que servira tanto para Redondela, como para Mos, como para Porriño, de cara ó aeroporto. E por outro lado a comunicación do aeroporto coa autovía e coa autopista, que é moi cercana, agora mesmo debe estar en liña recta a 300 m., pero que resulta que en eses 300 m. hai que perder da orde de media hora para chegar ó aeroporto. Non queremos dicir con esto que a Deputación teña que facer inversións nesas zonas, pero si que colabore nos estudios, nas saídas posibles a ese tema, e despois fálase de máis cousas, de ampliación de horarios do aeroporto e de novas frecuencias de liñas do aeroporto. Somos conscientes de que a Deputación pode facer moi pouco máis que negociar, que apoiar, pero ó mellor pode implicarse en facer viables algunhas liñas diferentes. É unha cuestión, como dicía antes, de negociación e de apoio da Deputación a estes temas. Ás veces non vai a ser moito máis que esto. Nada máis por agora. Sr. Viéitez Alonso.- Bos días. Gracias. A presencia desta moción nos permite facer un debate que nós cremos interesante e oportuno, aínda que relativamente vén un pouco atrasado porque recentemente, é dicir, fai dous tres meses, houbo unha serie de problemas no aeroporto de Vigo que transcenderon ó propio aeroporto como tal e que tiveron un relativo eco en toda a sociedade, como foi a cancelación de vos, atrasos de vos, desvíos de vos, etc., etc. Por eso é oportuno este debate. Nós cremos que a Deputación aquí ten moito que dicir. Entre outras cousas xa se fixo mención ó respecto, alá polos anos 80 apoiando determinados vos, mediante un aval, 50% Concello de Vigo, 50% Deputación. Hoxe o aeroporto de Vigo ten uns accesos que dende logo non son os adecuados para o papel que debe de cumprir este aeroporto. Teñámolo presente en primeiro lugar, que nós o que estamos contemplando é o aeroporto de Vigo como un complemento a unha rexión como é Galicia - Norte de Portugal. Unha parte importante do tráfico aéreo estase desviando, sobre todo de pasaxeiros, ó propio aeroporto de Porto, debido sobre todo á cativa oferta do propio aeroporto de Vigo. Nestes momentos se está elaborando o Plan Director do Aeroporto, que entre outras cousas contempla a reforma dos accesos a este propio aeroporto. É necesario dotalo dunhas infraestructuras para que non obrigue ó que ten obrigado durante moitisimo tempo. Hai que ter en conta que o aeroporto de Vigo está sitúado nun lugar relativamente especial falando climatoloxicamente, onde unha parte importante do ano está cuberto de néboas moi mestas que impide polo tanto a súa aterraxe e polo tanto o seu desvío ó aeroporto de Compostela coas correspondentes molestias que ocasiona ós viaxeiros. Nese sentido sería preciso tamén apoiar dende aquí e face-las xestións oportunas para que se dotara ó propio aeroporto de Vigo de "Categoría 2" que contempla unha serie de infraestructuras mínimas e necesarias para que se poida aterrar inclusive nas condicións climatolóxicas máis adversas. E ó mesmo tempo demandamos dende a propia Deputación que se fagan as xestións oportunas para que as compañías que en este momento operan, que son dúas, aínda que unha foi absorbida, teñan unha política de maior transparencia e maior información, porque moitas veces se ocultan as causas do propio retraso como tal e ás veces nin tan sequera se dá información de ningún tipo. Nós cremos que o aeroporto, como outros, debe de ter unha política clara transparente, unha política informativa, que non xenere ou en todo caso que palie no seu momento as molestias que ocasiona. E por eso hai unha demanda, unha demanda importante, como dixen anteriormente, porque hai un desvío do tráfico de viaxeiros ó aeroporto de Porto, debido sobre todo en primeiro lugar ás tarifas que se teñen neste aeroporto que son superiores ás do aeroporto de Porto en Portugal, e por outra é necesario unha maior diversificación e unha maior oferta de liñas, liñas directas, como poden ser a Londres e a outros lugares do propio Estado, que hai unha grande demanda e que insisto non se dan no propio aeroporto de Vigo. Polo tanto, é tremendamente oportuno este debate e a Deputación se deberá implicar, en primeiro lugar avalando liñas e por outro apoiando aqueles estudios que complementen ese relanzamento do aeroporto de Vigo. Gracias. Sr. Corral Pérez.- Ben. Eu quería intervir para dicir que nós apoiamos esta iniciativa, que xa foi obxecto dun Pleno extraordinario no Concello de Vigo, e eu quixera deixar constancia en primeiro lugar, aínda que non represento á cidade de Vigo, pero si a unha parte dela, dos seus electores, que penso que estarán todos de acordo comigo de que a cidade de Vigo lle está moi agradecida a esta Deputación polos esforzos que ó longo da historia vén facendo pola potenciación do noso aeroporto. E dicir tamén que espero que este apoio se vaia a producir no futuro. Hai un Plan Director en redacción. O Sr. Presidente xa está el e a Corporación implicada porque hai, como aquí se está comentando, aspectos nos que hai que incidir que é as comunicacións que nos achegan ó aeroporto e que como este Plan Director. Tamén estou de acordo que este debate é oportuno. Todos os Concellos e esta Corporación, Institucións, etc., doutro carácter, van a te-la oportunidade de da-las súas opinións. Temos que lograr o que supón de complementariedade dos aeroportos galegos o de Porto, etc., que o poidamos ter en Galicia, que somos unha poboación de dous millóns setecentos mil habitantes, máis pistas que ten Baraxas, por exemplo. Polo tanto, eu propoño unha votación unánime, que non é máis que o principio da participación nos esforzos de todos, do propio Ministerio de Fomento, os Concellos afectados e demais Institucións para que o aeroporto de Vigo teña a calidade e se potencie como merecemos. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Corral. Efectivamente, nós vamos apoia-la moción cunha salvidade, que quero que quede moi clara tamén, de todo o que aquí se dixo. En primeiro lugar, as comunicacións. Evidentemente é necesario que a autopista comunique co aeroporto o antes posible. Segundo, sei perfectamente porque estou no tema xa e xa tiven a primeira reunión co Director do aeroporto Sr. Estévez, que nestes momentos a terminal do aeroporto de Vigo é suficiente posto que ten un entorno de seiscentos mil habitantes máis ou menos, e ó mesmo tempo a rendabilidade, dentro do que é Galicia, ten unha boa rendabilidade, polo tanto de momento para uns cantos anos a terminal sería suficiente. O que si é certo tamén e que, á parte das comunicacións, hai suspensións de vos que se desvían a Santiago. Na primeira entrevista eu lle dixen que se dotara de ILS, do sistema ILS nunha cabeceira que non teñen, unha cabeceira que moitas veces supón o desvío precisamente cando hai néboa ou outros accidentes climáticos. Tamén se lle dixo unha cousa que vostedes non dixeron. Estamos no tema da terminal de carga. O pescado fresco hoxe vén de Vitoria cando se pode poñer perfectamente en Galicia, e en Vigo en concreto, dende Sudáfrica ou dende Irlanda a un baixo prezo se é que efectivamente os empresarios están de acordo e poden fletar avións. E non hai terminal practicamente de carga. Polo tanto, estamos totalmente de acordo co que aquí se plantexou, excepto, se eu lle entendín ben Sr. Viéitez, que subvencionemos liñas, se é eso o que quixo dicir. Non, non, bueno, entón non hai problema absolutamente ningún para apoialo, pero dende logo non vai subvencionar as liñas que teñen que ser rentables indudablemente. Eu as tarifas descoñezo se son moito máis baratas ou moito máis caras que en Oporto, non o sei, pero en todo caso é un tema que eu xa estou en contactos. Repito, xa tiven a primeira entrevista co Sr. Director do aeroporto e seguirei manténdoa, e ese dato para min é moi importante porque eu descoñecíao. Polo tanto apoiamos; se non se quixo dicir que subvencionáramos liñas apoiamos totalmente a Moción presentada polo Partido Socialista. Sr. González. Sr. González Iglesias.- Presidente, eu non me referín a terminal de carga porque non estaba na moción. É certo o que vostede di no tema do peixe e eu onte estiven nunha xuntanza no aeroporto de Vigo, e o digo un pouco como Concelleiro de Redondela pero para que sirva de información, e o Concello de Redondela e o Concello de Mos están en principio dispostos a facer, a planificar unha zona industrial nas inmediacións do aeroporto para que sirva de complemento a esa terminal de carga, é dicir, para que toda a loxística desa terminal de carga se poida facer alí. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. González Iglesias. E a Deputación Provincial, polo menos polo seu Presidente, está disposta a face-los accesos a ese parque posible industrial de pescado. Tamén quero que o sepa porque foi unha das cousas que se me comentou e estamos dispostos a facer. Procedemos polo tanto á votación tal como se expuxo polo Partido Socialista sobre o aeroporto e transporte aéreo. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Promoción de Emprego e Acción Social, o Pleno acorda por unanimidade aproba-la seguinte Moción presentada polo Grupo Socialista: "1.- EXPOSICIÓN DE MOTIVOS O Grupo Provincial Socialista veu mostrando a súa preocupación polo futuro do aeroporto e a calidade do servicio aéreo que se oferta en Vigo e a súa área de influencia. O Goberno tería que ter presentado antes do 30 de xuño o Plan Director do aeroporto de Vigo. Este compromiso recolleuse na Comisión de Presupostos do Senado, cando compareceu perante ela o Presidente de AENA para defende-los presupostos de 1999. A degradación da calidade de servicios de transporte aéreo nos meses do ano en curso foi unha realidade, a pesares dos esforzos e a dedicación do persoal dependente de AENA no aeroporto de Vigo e os traballadores e traballadoras das compañías e empresas que operan e prestan os seus servicios no noso aeroporto. Dende a Deputación de Pontevedra debemos asumir como un obxectivo estratéxico a necesidade de defende-la mellora e ampliación das instalacións e servicios de AENA, así como mellora-los servicios de transporte aéreo da nosa cidade. 2.- PROPOSTAS PARA A SÚA VOTACIÓN a) A Deputación de Pontevedra manifesta publicamente o agradecemento a tódolos traballadores de AENA e de tódalas compañías e empresas que alí desempeñan o seu labor, pola súa dedicación, que en moitos casos permitiu subsanar e corrixi-los defectos e erros imputables á Administración ou ás compañías aéreas. b) A Deputación de Pontevedra considera que o Plan Director do aeroporto é un documento estratéxico, porque del depende unha parte do desenvolvemento da nosa provincia, e por esa razón a Deputación, en nome da provincia, persoarase no proceso de exposición ó público de dito documento. A Deputación buscará o maior consenso con tódolos sectores cidadáns para que as alegacións que se presenten no seu día ó Plan Director recollan o interese xeral da provincia. c) A Deputación de Pontevedra traballará para conseguir que o aeroporto de Vigo obteña a categoría 2 de acordo coa normativa elaborada vixente (similar á da Federal Aviation). Esto implica que o aeroporto non quede descolgado do proceso que xa se iniciou en relación ó aeroporto de Santiago de Compostela. Consegui-la categoría 2 implica dotar ó noso aeroporto dun ILS categoría 2, e permitirá aumenta-las marxes de operatividade do aeroporto da nosa provincia, e así reduci-las veces en que causas meteorolóxicas provoquen desvíos de vos. d) A Deputación de Pontevedra considera que se lle debe plantexar a AENA a progresiva ampliación do horario de funcionamento. Na actualidade, é de 07 horas a 23 horas, no ben entendido de que a abnegación do persoal permite prolonga-lo horario habitual para rendir un mellor servicio ós vigueses. Sería desexable no medio prazo conseguir 18 horas de servicio, dende as 06 ás 24 horas. e) A Deputación de Pontevedra demandará de AENA a ampliación do edificio terminal, que no seu momento foi proxectado e construído de forma modular, de tal modo que se dote de máis fingers e portas de embarque nun prazo razoable de tempo. f) A Deputación de Pontevedra plantexará perante AENA e o Goberno a necesidade de amplia-la pista de aterrizaxe e a pista de rodadura. A tal fin deberán establecerse os acordos pertinentes cos Concellos de Mos e Redondela. O horizonte é acercarnos ós 3.000 metros para ter unha marxe maior para que poidan operar máis tipos de aeronave no noso aeroporto. g) A Deputación de Pontevedra plantexará, con carácter inmediato perante o Ministerio de Fomento, un proxecto de conexión entre Rande-Puxeiros e o aeroporto modelo autovía, pois a estrada local que hoxe se utiliza é insuficiente. h) A Deputación de Pontevedra estudiará a posibilidade, para que a estrada Redondela-Aeroporto e a Avenida do Aeroporto poidan conectarse adecuadamente co tramo Rande-Puxeiros da segunda circunvalación de Vigo. i) A Deputación esixirá, de acordo co Concello de Mos, a completa urbanización da estrada que una a nacional 120 co aeroporto. j) A Deputación de Pontevedra plantexará ó Concello de Redondela a posibilidade dun acordo para mellora-lo acceso ó aeroporto. k) A Deputación de Pontevedra adoptará os acordos oportunos e realizará as xestións pertinentes para aumenta-lo tráfico aéreo de carga no noso aeroporto na perspectiva de crear unha ZAL (Zona de Actuación Loxística) que englobaría a estación Transfer de Liñairiños, a saída Sur do ferrocarril e o propio aeroporto. l) A Deputación de Pontevedra, solicitando a colaboración financeira do Concello de Vigo, fomentará a implantación de novas liñas aéreas e novas compañías co obxectivo de internacionaliza-lo aeroporto e prestar novos servicios regulares con zonas do territorio español que hoxe non están atendidas, como Canarias, Andalucía ou Levante." ------ Folla: 75 7.4403.- DESIGNACIÓN DE REPRESENTANTE DA DEPUTACIÓN NO PADROADO E NO COMITÉ EXECUTIVO DO INSTITUTO FEIRAL DE VIGO (IFEVI) Sr. Presidente.- Punto siete. Designación de representante da Deputación no Padroado e no Comité Executivo do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI). ¿Algunha intervención?. Saben que se propón a D. Juan Corral Pérez, como está no expediente. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. A favor Partido Popular e abstención os demais grupos. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Réxime Interior, o Pleno acorda por maioría de votos do Grupo Popular e coa abstención do Grupo Socialista e do BNG, ratifica-la seguinte Resolución Presidencial: "Convocándose sesión do Comité Executivo do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) para o vindeiro venres, día 22 deste mes, no que a Deputación Provincial estaba representada por D. Julio Pedrosa Vicente, segundo acordo plenario de 26 de marzo de 1999, e cesando o Sr. Pedrosa como consecuencia das pasadas eleccións locais, RESOLVO propoñer que o substitúa, tanto diante do citado Comité Executivo como no Padroado do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) o Deputado Provincial D. Juan Manuel Corral Pérez, dándose conta da presente resolución no próximo Pleno que se celebre, para a súa aprobación definitiva.". ------ Folla: 75,77 8.4404.- BORRADOR CONVENIO ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE SOBRE APROVEITAMENTO DA FINCA DE LOURIZÁN Sr. Presidente.- Punto oitavo. Borrador de Convenio entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Consellería de Medio Ambiente sobre aproveitamento da Finca de Lourizán. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. Visto o informe emitido polo Enxeñeiro Director do Servicio Agrario, así como os informes da Secretaría Xeral e da Intervención, o Pleno acorda por unanimidade, aproba-lo borrador do Convenio entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Consellería de Medio Ambiente sobre aproveitamento da Finca de Lourizán. BORRADOR DE CONVENIO ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE SOBRE APROVEITAMENTO DA FINCA DE LOURIZÁN Dunha parte o Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, D. .............................................................................................................................................................., e doutra o Excmo. Sr. Conselleiro de Medio Ambiente, D. ................................................................., os cales interveñen na representación que legalmente ostentan para outorga-lo presente convenio consonte ás seguintes CLÁUSULAS Primeira.- Finalidade do Convenio. O presente convenio supón unha adaptación do convenio asinado en 1990 á nova realidade orgánica da Xunta de Galicia, así como ó novo enfoque que se pretende para o Centro de Investigacións existente na finca. Segunda.- Aportación da Deputación Provincial. a) Autorizar obras de nova planta así como todas aquelas actuacións da Consellería de Medio Ambiente orientadas a desenvolver un modelo de xestión que combine as funcións educativas e a investigación especializadas e de divulgación de temas medioambientais. b) Posta a disposición da Consellería de Medio Ambiente, para o proxecto de xestión integral do parque e finca de Lourizán como centro de referencia na divulgación medioambiental e espacio público de carácter temático, da totalidade da finca con excepción da superficie ocupada pola actual Escola de Capacitación Forestal e terreos aledaños (aparcamentos) tamén cedidos á Xunta de Galicia e adscritos na actualidade á Consellería de Agricultura. c) Aportar un fondo único anual de 5.000.000 de pesetas que se librará á Consellería de Medio Ambiente para formación de becarios, cantidade revisada cada 2 anos no mes de setembro. Terceira.- Aportación da Consellería de Medio Ambiente. a) Desenvolver na finca un proxecto ambiental que inclúa a investigación da xestión sostible do monte, un proxecto museístico dinámico e un espacio público asociado aberto ó paseo e á divulgación dos valores do entorno, abrindo o Pazo e a finca á sociedade no seu conxunto e a Pontevedra en particular. b) Efectuar obras de conservación necesarias na zona noble, respetando o actual conxunto. c) Permiti-la utilización eventual do Pazo e xardín para actos protocolarios da Excma. Deputación Provincial. Cuarta.- Órgano de seguimento do convenio. Para velar polo cumprimento deste convenio créase unha comisión de seguimento sendo a súa composición a seguinte: Presidente: -O Presidente da Deputación Provincial ou persoa que o substitúa. Vicepresidente: -O Conselleiro de Medio Ambiente ou persoa que o substitúa. Vocais: -O Delegado Provincial de Medio Ambiente. -O Director do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán. -O Deputado Provincial Delegado. -Un Deputado Provincial en representación dos Grupos da oposición. -O Xefe do Servicio Agrario da Deputación Provincial. Secretario: -O Secretario Provincial da Delegación de Medio Ambiente que actuará ademais como Secretario permanente. Quinta.- Duración do Convenio. Mantense a duración do Convenio asinado en 1990 no que se cedeu á Xunta de Galicia a totalidade da finca dado que na actualidade son dúas as Consellerías que teñen adscritas partes da mesma. En consecuencia a duración da cesión é por 30 anos a contar dende a sinatura do Convenio de 1990. O convenio quedará prorrogado automaticamente salvo denuncia das partes cun ano de antelación ó vencemento do prazo inicial. Ó remata-lo Convenio, revertirá á Deputación Provincial a finca e todo o construído nela, edificado ou plantado, salvo o material e mobiliario científico inventariado, que será retirado pola Consellería á que figure adscrito. Sexta.- Cláusula adicional. A Xunta de Galicia e a Deputación Provincial acordan remitir ó Ministerio de Educación proposta de derogación das ordes ministeriais de 25-02-1943 e 07-05-1975. Queda sen efecto o Convenio de 7 de maio de 1975, Deputación-INIA, ó asumi-las funcións en materia de investigación a Xunta de Galicia e terse transferido os medios humanos e materiais á mesma por Real Decreto (Boletín Oficial do Estado de 11-02-1984). ------ Folla: 77,78 9.4405.- SÉTIMO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS PARA CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS E SUPLEMENTOS DE CRÉDITO Sr. Presidente.- Punto noveno. Sétimo expediente de modificación de créditos para créditos extraordinarios e suplementos de crédito. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Vamos a absternos, normalmente non nos parecen mal as modificacións de crédito, pois son un instrumento presupostario razonable que hai que facer, e en xeral, cando non hai algún tema relevante ou xustificado, como é consecuencia dun orzamento que nós non avalamos normalmente votamos en contra. Neste caso hai un par de temas que están xustificados porque xurdiron durante o exercicio presupostario, como é os dez millóns para o Instituto Feiral e Congresos de Pontevedra e a Fundación Cidade Universitaria de Vigo. Entón, sen entrar en máis disquisicións, como hai unhas partidas que se crian que non eran previsibles e coas que estamos de acordo vámonos abster. Sr. Presidente.- Procedemos polo tanto á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase coa abstención dos grupos da oposición, BNG e PSOE. Visto o sétimo expediente de modificación presupostaria de créditos extraordinarios e suplementos de crédito, por un total conxunto de CORENTA E NOVE MILLÓNS SETECENTAS CINCUENTA E CATRO MIL PESETAS (49.754.000), que corresponden a Créditos Extraordinarios DEZ MILLÓNS CINCOCENTAS MIL PESETAS (10.500.000) e a Suplementos de Créditos TRINTA E NOVE MILLÓNS DUASCENTAS CINCUENTA E CATRO MIL PESETAS (39.254.000), motivado á necesidade de ter que realizar gastos que non deben demorarse ata o exercicio seguinte, por non existir consignación no estado de gastos do vixente Presuposto, financiándose os suplementos e créditos extraordinarios con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por maioría de votos do Grupo Popular e coas abstencións do Grupo Socialista e do BNG, prestar aprobación a dita modificación presupostaria e ós recursos para o seu financiamento, sendo o detalle do expediente resumido por capítulos o seguinte: CAPÍTULOS DENOMINACIÓN CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS SUPLEMENTOS DE CRÉDITOS 1º.............Gastos de persoal..................................................................................... 2.900.000 2º.............Gastos en bens correntes..........................................................................10.000.000 4º.............Transferencias correntes................10.000.000 ...................................4.000.000 6º.............Inversións reais....................................500.000 ...................................2.000.000 7º............Transferencias de capital............................................................................16.100.000 8º........... Activos financeiros.........................................................................................4.254.000 TOTAL..............................................................10.500.000 ..................................39.254.000 Este expediente presenta, resumido por capítulos, o seguinte resultado: Capítulo 1º.-.... .Gastos de persoal............................................................2.900.000 ptas. Capítulo 2º.-.... .Gastos en bens correntes e servicios.............................10.000.000 ptas. Capítulo 4º.-.... ..Transferencias correntes................................................14.000.000 ptas. Capítulo 6º.-... ...Inversións reais.................................................................2.500.000 ptas. Capítulo 7º.-.... .Transferencias de capital.................................................16.100.000 ptas. Capítulo 8º.-......Activos financeiros.............................................................4.254.000 ptas. Total expediente de modificación de créditos................................... 49.754.000 ptas. ------ Folla: 78 10.4406.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO Nº 2/99 DO PADROADO PROVINCIAL DE TURISMO "RÍAS BAIXAS" Sr. Presidente.- Punto número dez. Expediente de suplemento de crédito nº 2/99 do Padroado Provincial de Turismo "Rías Baixas". ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. A favor PSOE e PP. Abstención o BNG. Visto o expediente de suplemento de créditos nº 2/99 do Padroado Provincial de Turismo "Rías Baixas", por un importe de OITO MILLÓNS SEISCENTAS MIL PESETAS (8.600.000), motivado á necesidade de ter que realizar diversos gastos para os que non existe crédito suficiente nas partidas correspondentes, sendo financiado o seu suplemento con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do presuposto do Padroado correspondente ó exercicio de 1998, así como coa diminución NUN MILLÓN DE PESETAS (1.000.000) da partida 99/875.751.762.00 "Subvencións a Concellos". Dito financiamento conleva o incremento das previsións de ingreso no subconcepto 99/875.870.01 con cargo ó remanente de Tesourería por un importe de SETE MILLÓNS SEISCENTAS MIL PESETAS (7.600.000); e visto así mesmo o informe favorable de Intervención que se une ó expediente, o Pleno, de conformidade co dictame favorable da Comisión de Economía e Facenda, acorda por maioría de votos dos Grupos Popular e Socialista e coa abstención do BNG, prestar aprobación a dita modificación presupostaria e dos recursos para o seu financiamento, sendo as partidas a suplementar polas contías que se indican as seguintes: PARTIDA DENOMINACIÓN IMPORTE 99/875.751-226.23 Fomento do Turismo 5.000.000 99/875.751.230.00 Dietas de cargos electos 800.000 99/875.751.231.00 Locomoción cargos electos 800.000 99/875-751-626.00 Adquisición Equipos 2.000.000 TOTAL EXPEDIENTE 8.600.000 ------ Folla: 78,79 11.4407.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario.- Darles cuenta, como siempre, de algunas Resoluciones de la Presidencia, en concreto la designación de Doña Isaura Abelairas Rodríguez como vocal representante de la Diputación en la Comisión Autonómica de la Muller, que nos lo urgió estos días la Consellería correspondiente para una reunión que parece ser que va haber inmediatamente. Luego también darles cuenta de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 20 de setiembre y el 25 de octubre. Otra Resolución Presidencial delegando en el Sr. D. Rafael Louzán Abal la representación en la Asociación Española de la Carretera. También en D. Telmo Martín González, representante ante el Asilo de Cambados, que nos hizo la petición la Congregación de las Hermanitas de los Ancianos Desamparados que querían tener una representación de la Diputación; y la mencionada Resolución que urgió también IFEVI para designar representante de la Diputación tanto en el Comité Ejecutivo como en el Patronato a D. Juan Manuel Corral Pérez, que acaba de mencionarse ahora mismo. Y no hay nada más. Queda enterado o Pleno das seguintes comunicacións: A) De extracto de Resolucións Presidenciais dictadas entre o 20 de setembro e o 25 de outubro de 1999, e que foron trasladados ós distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial de data 29-09-99, delegando a representación da Presidencia na Asociación Española de la Carretera no Vicepresidente D. Rafael Louzán Abal. C) De Resolución Presidencial de data 05-10-99, delegando a representación da Presidencia e designando Deputado - Delegado no Asilo de Cambados ó Deputado Provincial D. Telmo Martín González. D) De Resolución Presidencial de data 19-10-99, nomeando novo representante no Padroado do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) así como no Comité Executivo do mesmo ó Deputado Provincial D. Juan Manuel Corral Pérez, que como consecuencia das pasadas eleccións locais susbtitúe a D. Julio Pedrosa Vicente. E) De Resolución Presidencial de data 26-10-99, designando a Dona Isaura Abelairas Rodríguez como Vocal representante desta Deputación na "Comisión Autonómica da Muller". FÓRA DA ORDE DO DÍA tratáronse os seguintes asuntos: ------ Folla: 79,80 12.4408.- PÉSAME DA CORPORACIÓN POLO FALECEMENTO DO PINTOR D. MANUEL COLMEIRO GUIMARÁS Sr. Presidente.- Fóra da orde do día quería facer unha proposta referida ó Pintor Colmeiro, posto que é a primeira vez que se reúne a Corporación despois do seu falecemento. Polo tanto vou ler a proposta que fai a Presidencia, se estamos todos de acordo. "Celebramos hoxe o primeiro Pleno dende que se produceu o pasamento de D. Manuel Colmeiro. En atención ás especiais circunstancias que concorriron na súa vida e na súa obra, foi sen discusión un dos artistas galegos máis importantes do presente século. E á vista tamén da súa estreita relación coa Deputación Provincial de Pontevedra, foi bolseiro entre 1929 e 1931 na época na que presidiu a Corporación Daniel de la Sota. Téndoselle dedicado no marco da bienal de 1985 unha importante exposición antolóxica pido dos Deputados presentes a adhesión á proposta de que conste en Acta o pesar da Corporación pola súa morte e que se transmita tal sentimento ós seus familiares". ¿Estamos de acordo?. Ben. O Pleno acorda por unanimidade aceptar proposta da Presidencia e que conste en Acta o pesar da Corporación polo falecemento do Pintor D. Manuel Colmeiro Guimarás. ------ Folla: 80 13.4409.- PÉSAME DA CORPORACIÓN POLO FALECEMENTO DO POETA D. RAFAEL ALBERTI Sr. Presidente.- Posto que onte faleceu D. Rafael Alberti, creendo que a Corporación Provincial é sensible á dor que neste momento ten toda a familia literaria, teño aquí unhas palabras que se apoian poden constar en Acta. "O Pleno desta Corporación súmase á dor que representa o pasamento de D. Rafael Alberti, insigne poeta e último representante da Generación do 1927. Que conste en Acta tamén se todos estamos de acordo. Todos estamos de acordo. O Pleno acorda por unanimidade que conste en Acta o pesar polo falecemento do Poeta D. Rafael Alberti, insigne poeta e último representante da Generación do 27. ------ Folla: 80,82 14.4410.- MOCIÓN PRESENTADA POLO DEPUTADO PROVINCIAL D. ANTONIO ARAÚJO QUINTAS, DO BNG, SOBRE O RÉXIME TRIBUTARIO DAS COMUNIDADES DE MONTES EN MAN COMÚN Sr. Presidente.- Pasamos entón a Mocións. Primeira moción presentada por Antonio Araújo Quintas na súa condición de Deputado Provincial e membro provincial do BNG. Ten a palabra polo tanto. Procedemos á votación da urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase a urxencia por unanimidade. Ten a palabra o poñente. Sr. Araújo Quintas.- Moitas gracias. Ben, as dúas mocións en realidade teñen que ver coas Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, que supoño que son órganos ben coñecidos nesta Institución por varios motivos, porque son Institucións ou son entidades veciñais que ó longo destes anos levan paliado moitas deficiencias, moitas carencias, nas nosas parroquias, e que cónstame tamén que en moitas ocasións teñen traballado en proxectos conxuntamente coa propia Deputación, Concellos, etc. Polo tanto creo que este é un lugar apropiado para falar dos temas que lles afectan, insisto, a estes organismos veciñais. Vou dar lectura á primeira moción e logo pois se acaso explicareina algo máis. Esta moción ten que ver coa nova Lei de Fiscalidade que se lle aplica a estes montes e que ó entender do BNG non é máis que unha medida exclusivamente recadatoria e que ademais para nós deriva nunha visión exclusivamente productivista do monte. Algo que nos parece grave, posto que o monte ten como todo o mundo sabe, ademais do que poida producir, unha clara función social, ecolóxica, etc. Ademais, para o BNG, os Montes Comunais son os únicos organismos que dalgunha maneira lle dan unha certa cobertura ou existencia legal ás nosas parroquias. E ademais esta Lei, por último, sería unha especie de fenda que se mete nun elemento que é claro, un distintivo claro da nosa identidade como país, como son as parroquias. Ben, vou dar lectura á moción. "A importancia social das Comunidades de Montes de Galicia é indubidable, esta función social vai dende o propio mantemento e conservación dos montes ata a utilización de parte dos seus beneficios na realización de obras sociais e públicas que complementan e mesmo suplen a acción ou inacción das diferentes administracións. A partires do ano 99 a Axencia Tributaria considera á efectos fiscais as Comunidades de Montes como suxeitos do Imposto de Sociedades estando obrigados a tributar cun tipo impostivo dun 25% dentro dunha franxa que vai do 0 ó 33%, equiparándoas coas mutuas de seguros ou Colexios profesionais, mentras outras figuras como por exemplo as fundacións tributan só un 10%. Pola súa natureza xurídica, os seus antecedentes históricos, a súa conformación normativa e o seu interese social, as Comunidades de Montes requiren un Réxime Tributario especial que reduza a súa tributación a traveso do IRPF a aqueles beneficios que sexan repartidos entre os comuneiros. Polo anterior propón ó Pleno desta Corporación Provincial a adopción dos seguintes acordos: 1º.- Dirixirse ó Ministerio de Economía e Facenda solicitando o artellamento dun Réxime Tributario específico para as Comunidades de Montes que contemple: a) As rendas e incrementos de patrimonio de calquera clase obtidas polas Comunidades de Montes en Man Común non estean suxeitas ó imposto de sociedades. b) As rendas das Comunidades de Montes que sexan reinvestidas no propio monte ou en obras ou en actuacións de interese social estean exentas de tributación no IRPF. c) As rendas obtidas polas referidas Comunidades de Montes que se distribúan entre os comuneiros estarán suxeitas ó IRPF no réxime de tributación de rendas. 2º.- Dirixirse á Xunta de Galicia e ó Parlamento Galego solicitándolle que se aprobe unha proposición de lei que contemple un réxime tributario para as Comunidades de Montes baseado no exposto nos puntos nº 1 apartados a),b) e c). Esta é a moción. Se acaso aclarar que neste segundo punto, se ben é certo que a Xunta de Galicia, o Parlamento Galego, o Goberno Galego, non ten competencias neste tema, tamén é certo que o feito de declarar ou de toma-lo acordo desta proposición de lei obrigaría automaticamente ó seu debate no Parlamento do Estado e polo tanto a poder ser defendida convenientemente os intereses das Comunidades de Montes no Parlamento. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Araújo. Mire, vamos a ver, esta moción en concreto foi debatida xa o ano pasado a proposta dun compañeiro seu, que era Xoán Chillón. Practicamente é exactamente a mesma proposta. Naquel momento o Grupo Popular votou en contra por extemporánea, se recordan vostedes o debate. En todo caso, nós estamos de acordo co que aquí se di en liñas xerais. Quizais a Lei de Acompañamento dos Presupostos do Estado do ano pasado facía referencia xa ó primeiro punto. Non había retencións os tres primeiros anos, para obrigar a invertir ese diñeiro en obras sociais. No demais estamos totalmente de acordo. Eu creo que tampouco se trata aquí de incrementa-lo patrimonio constante das Comunidades de Montes, senón que o diñeiro que recadan as Comunidades de Montes o invirtan en obras sociais. Salvo este pequeno detalle nós non temos nada que dicir en contra do que aquí se di, e polo tanto votámola a favor. Non hai problema ningún, pero que conste que xa estivo debatida aquí no Pleno de xuño, se non me equivoco. Procedemos polo tanto á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. O Pleno acorda por unanimidade aproba-la moción presentada polo Deputado Provincial D. Antonio Araújo Quintas, do BNG, sobre o Réxime Tributario das Comunidades de Montes en Man Común, que é como segue: "EXPOSICIÓN DE MOTIVOS A importancia social das Comunidades de Montes en Galicia é indubidable. Esa función social vai dende o propio mantemento e conservación dos montes, ata a utilización de parte dos beneficios na realización de obras sociais e públicas que complementan e mesmo suplen a acción (ou inacción) das diferentes administracións. A partires do ano 1999 a Axencia Tributaria considera, a efectos fiscais, ás Comunidades de Montes como suxeitos do imposto de sociedades, estando obrigadas a tributar cun tipo impositivo dun 25% dentro da franxa que vai do 0 ó 33%, equiparándoas coas Mutuas de Seguros ou Colexios Profesionais, mentres outras figuras, como por exemplo as Fundacións, tributan un 10%. Pola súa natureza xurídica, os seus antecedentes históricos, a súa conformación normativa e o seu interese social, as Comunidades de Montes requiren un Réxime Tributario Especial que reduza a súa tributación, a traverso do IRPF, a aqueles beneficios que sexan repartidos entre os comuneiros. Polo anterior, propón ó Pleno desta Corporación Provincial a adopción dos seguintes ACORDOS: 1º.- Dirixirse ó Ministerio de Economía e Facenda, solicitando o artellamento dun réxime tributario específico para as Comunidades de Montes que contemple: a) As rendas e incrementos de patrimonio de calqueira clase obtidos polas Comunidades de Montes en Man Común que non estean suxeitas ó imposto de sociedades. b) As rendas das Comunidades de Montes que sexan reinvestidas no propio monte ou en obras, ou en actuacións de interese social, que estean exentas de tributación no IRPF. c) As rendas obtidas polas referidas Comunidades de Montes que se distribúan entre os comuneiros estarán suxeitas ó IRPF no réxime de atribución de rendas. 2º.- Dirixirse á Xunta de Galicia e ó Parlamento Galego solicitándolles que se aprobe unha Proposición de Lei que contemple un Réxime Tributario para as CC.MM. baseado no exposto no punto nº 1, apartados a), b), e c)." ------ Folla: 82,84 15.4411.- MOCIÓN PRESENTADA POLO DEPUTADO PROVINCIAL D. ANTONIO ARAÚJO QUINTAS, DO BNG, SOBRE OBRAS DE MELLORA NA ESTRADA PINZÁS - SABARÍS (BAIONA) Sr. Presidente.- Hai unha segunda moción presentada tamén polo Sr. Araújo. Ben, Sr. Araújo, o que aquí se di, nós non coñecemos neste momento as reivindicacións. Eu, se quere, deixolla expoñer, pero prefiro que pase a Comisión porque non sabemos cales son as reivindicacións dos paisanos e indudablemente querémollas coñecer e na medida do posible atendelas. ¿Quere vostede expoñela de todas formas?. Bueno. Sr. Araújo Quintas.- Ben, eu dicía ó principio a relación que existe entre esta Institución e as Comunidades de Montes. Esto é unha proba do que acabo de dicir. Aquí hai unha estrada importante que vai de Pinzás, Concello de Tomiño, a Sabarís-Baiona, que neste momento está nun treito bastante considerable paralizada porque atravesa unha importan
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota