ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.458
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2000/01/28_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.362/1.2000-01-28_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2000/01/28_Ordinaria

  • Data(s) 2000-01-28 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 28 de xaneiro do ano 2000 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vinteoito de xaneiro do ano dous mil, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Xosé Antonio Araújo Quintas, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Juan Manuel Corral Pérez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Fernández Rodríguez, D. Alberto García García, D. Horacio Gómez Araújo, D. Emilio González Iglesias, D. Arturo Grandal Vaqueiro, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Rafael Louzán Abal, D. Telmo Martín González, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. Juan Luis Pedrosa Fernández, D. César Augusto Pérez Ares, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Henrique Viéitez Alonso, D. Manuel Ramón Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Accidental, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a comeza-lo Pleno ordinario correspondente ó mes de xaneiro. 1.4425.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, extraordinaria, do día 18 de xaneiro do 2000. ¿Hai algunha alegación á acta?. Non hai. Polo tanto apróbase. O Pleno acorda por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, extraordinaria, do día 18 de xaneiro do ano 2000. ------ Folla: 2.4426.- CONSTITUCIÓN E PRINCIPIOS QUE REXIRÁN A COMUNIDADE TERRITORIAL DE COOPERACIÓN DO VAL DO MIÑO Sr. Presidente.- Punto dous. Constitución e principios que rexirán a Comunidade Territorial de Cooperación do Val do Miño. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Se alguén por parte do grupo de goberno quere explicar antes as razóns interveño despois. Como queiran. Sr. Presidente.- De acordo. Entón digo eu dúas palabras. Bueno trátase de constituir a Comunidade Territorial de traballo de cooperación entre a provincia de Pontevedra, en concreto a Deputación de Pontevedra, a Deputación de Ourense, e o Val do Miño de Portugal. Trátase polo tanto de estudiar conxuntamente problemas transfronteirizos que afectan pois non só a infraestructuras senón tamén a temas educativos, temas medioambientais, etc., nunha palabra para presentar proxectos conxuntos en Europa e poder acceder así ós fondos da Unión Europea. Tívose unha reunión neste senso xa non só cos Alcaldes afectados da provincia de Pontevedra e tamén outra cos Alcaldes afectados de Ourense e os Presidentes das Cámaras correspondentes de Portugal do Val do Miño. En concreto tivemos esa reunión en Tomiño e acordouse, debatíronse os principios ou estatutos que neste momento se someten á aprobación do Pleno desta Deputación Provincial. Discutíronse alí polo tanto a tres bandas, Ourense, Pontevedra e Portugal, e neste momento tráese a aprobación pois aquí ó Pleno da Deputación do que alí se pactou. E isto en liñas xerais é en sínteses á parte do que en si din os Estatutos e que estiveron a disposición de tódolos Deputados. E agora Sr. Mosquera ten a palabra. Gracias. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Si é do que se trata pero con moitos matices. A razón de fondo única e exclusiva, por sorte ou por desgracia, digo porque púdose ter feito antes para outras cousas e non se fixo, é que no Programa Interreg no cal esta Deputación por ser fronteiriza con Portugal estaba acollida e se metían esas célebres estradas Cañiza-Cañiza-Cañiza-Cañiza, pois no novo período que vai abri-la Unión Europea para acollerse a eses fondos non vai a subvencionar por eso é o que aparece oficiosamente e posiblemente xa oficialmente, non vai a subvencionar ningún proxecto individual dunha parte da raia da fronteira, teñen que ser proxectos conxuntos. Visto que se podían perde-los fondos do Interreg pois supoño que houbo a reacción de constituir este organismo para non perdelos. Eso é a orixe da cuestión. Parécenos ben, parécenos ben que se fixera esto. O que non nos parece xa tan ben é que aquí hai unha definición sobre que Concellos entran e cales non entran, ou sexa, cales son as áreas nas que se pode actuar co Interreg e cales son as áreas en que non. Os que non estiveran aquí teríanno moi difícil que xa non nos parece correcto. Creo que se vai a entrar a Deputación de Pontevedra e a Deputación de Ourense pois pudo haber un acordo entre as Deputacións e a Rexión correspondente de Portugal e non definir estes Concellos, non, porque supoño que parece que as outras informacións que van reducidas, as primeiras informacións é que no Interreg ía haber moitos cartos, parece que as últimas é que se vai reducir, pero supoño que ou xa vostedes teñen os proxectos que van a meter, o cal esto é un fraude porque se fixo á medida dos proxectos, o normal é coñece-los proxectos. Ou ben están descartando de antemán que proxectos se cadra ambiciosos ou proxectos interesantes que puideran afectar a outros Concellos non se poidan acoller porque non están aquí. Entón o que non acabamos de entender moi ben, compartindo a idea de fondo, porque tal é como veñen os fondos Interreg que este ano non hai máis remedio que facer algo deste tipo, o que non acabamos de entender moi ben é por que se definiu así, por que se puxo ese ámbito xeográfico e por que se excluiron outros Concellos ou mesmamente por que non foi directamente a Deputación sen entrar a defini-los Concellos. Valería perfectamente que a Deputación de Pontevedra e a de Ourense coas de alá e quedaría aberto que proxectos tería que estudiar esta Deputación, no seu momento teríamos que estudiar. Entón o que non acabamos de entender moi ben e eso é a nosa máxima preocupación, xa digo compartindo o fondo de que hai que facer un organismo deste tipo, xa podía estar feito hai tempo, pero bueno que hai que facelo para poder acollerse ós fondos Interreg é a intención é boa, é o que hai que facer para poder acollerse, pero o que non acabamos de entender é a forma na que se fixo a definición dos Concellos que entran e a definición dos Concellos que non entran. Porque podemos estar excluíndo proxectos que terían que afectar se cadra a outros Concellos e que non poderían entrar. Entón xa posto así eu non sei se hai maneira de cambialo ou se non cando menos nós o que pediríamos, que non aparece por ningún lado, é que quedara aberto, se dera a posibilidade, ben a iniciativa do Concello que o pida, ben porque o proxecto o necesite, o proxecto que se vaia a intentar meter no proxecto Interreg, no programa Interreg, necesite ese ámbito de actuación que quedara aberto pero claramente aberto a posibilidade de que integrara a algúns Concellos por calquera das dúas vías. Ben, sempre ten que ser con vontade do Concello, pero bueno, pero ben porque o Concello o pida de motu propio ben porque se lle solicite mesmo dende este organismo porque os proxectos que se presenten van afectar a ese Concello. Eso non aparece por ningún lado que poida estar aberto, si que aparece unha definición ríxida non explicada, non explicada, porque non sei porque O Porriño está e non está o do lado, ou sexa, non se sabe moi ben, está un e outro non está. E ademais non se sabe si xa se falou de proxectos ou non e non se explica cal é o ámbito e non se dá, o que nos parece máis grave, non se dá a posibilidade de que outros Concellos poidan acollerse. Ó fin e ó cabo se aínda non están os proxectos falados, non sei se están ou non, pois igual Concellos dos que están aquí non lles vai afectar para nada, porque non hai ningún proxecto que se inclúa que afecte a ese Concello. Bueno pois, por exemplo unha vía transfronteiriza que non pasa por ese Concello e non pasa ningunha. Entón é unha definición que me parece excesiva e que á parte pecha portas, o cal nos parece preocupante. Xa digo, se houbera posibilidade de variar neste sentido ou ben se se acepta cando menos, nos parece, xa se esto está avanzado nos parecería un mal menor. Se se acepta modifica-los Estatutos no sentido que dixemos, ou sexa, que quede aberta a inclusión de novos Concellos, pero cun mecanismo áxil, con facilidade, con vontade política de facelo, non teríamos ningún inconvinte en votar a favor. Senón tal como está pois avalar esto, estamos avalando algo que non sabemos realmente o que significa, non sabemos que é o que falaron vostedes nin porque meteron uns, nin porque excluiron outros, etc., xa sería máis complicado. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver Sr. Presidente, la constitución de mancomunidades de Ayuntamientos y si atañen a más de una provincia mejor todavía, para nosotros nos parece perfecta. Lo que ya no nos parece perfecto es lo que hay detrás de este tema. Y detrás de este tema lo que parece que se hizo fue coger Ayuntamientos que estaban en el primer Interreg y agruparlos junto con Ayuntamientos de Portugal y Ayuntamientos de la provincia de Ourense. En lo que respecta a la provincia de Pontevedra, vuelvo a repetir, parece que se fotografió los Ayuntamientos que tuvieron obras en los otros Interreg y se les mete aquí. Y se les mete aquí como se dijo con un sólo fin y es que vuelvan a ser los Ayuntamientos única y exclusivamente que participen en el próximo Interreg. Argumentos para hacerlo así. Bueno, yo recuerdo que el Partido Popular cuando hace el primero nos hablaba de Ayuntamientos fronterizos. Como Ayuntamientos fronterizos, aquí hay varios Ayuntamientos que no son fronterizos, es decir, Mondaríz-Balneario no es fronterizo, Mondaríz no es fronterizo, Oia no es fronterizo, Porriño no es fronterizo. Por lo tanto, por lo tanto y teniendo en cuenta, vuelvo a repetir, que en el nuevo Interreg no tienen porque ser Ayuntamientos exclusivamente fronterizos, aquí hay un tema abierto en el que nosotros querríamos deslindar por un lado esa agrupación de municipios que nos parece perfecto, pero por otro lado si el que el Interreg no vaya a esa agrupación de municipios porque en todo caso significaría profundizar en un desequilibrio que se inició hace años ya dentro de esta provincia. Es decir, es cierto y es lógico, que en cuanto desaparecen fronteras se plantean planes desde la Comunidad Europea ... Sr. Presidente.- Silencio por favor. Sr. González Iglesias.- ... Para que esos Ayuntamientos estén preparados para esa desaparición de fronteras y tengan un tirón económico diferente por medio de esos planes. Pero bueno, ya han pasado esos planes y cuando se plantean otros nuevos nos encontramos con que de nuevo, de nuevo en esta provincia curiosamente al revés de en otras zonas del Estado, que se tomó como ámbito fronterizo más allá de los Ayuntamientos e incluso la provincia. Aquí no se hizo, aquí se vuelve a primar a unos sitios concretos y determinados. Y el Grupo Socialista no está por avalar operaciones de ese tipo. Yo no se en todo caso por qué la Diputación no lidera esa participación en el Programa Interreg. Al margen, vuelvo a repetir, de que los Ayuntamientos se unan para otros planes diferentes. Claro, aquí lo que se está viendo es que al final todo ese programa va a ir concretamente a estos Ayuntamientos. Y vuelvo a repetir, no hay ningún argumento de peso que diferencie porque unos si y otros no. Yo me pregunto de nuevo, es decir, a santo de que puede ser fronterizo Oia o puede ser fronterizo Mondaríz-Balneario, o Porriño. Salvo por el color político no veo ninguna otra razón. Y en las otras razones lógicamente entran más Ayuntamientos que esos. Es decir, por un lado el que se constituyan, vuelvo a repetir, estas comunidades territoriales perfecto, pero por otro lado el que esos fondos vayan sólo a estos Ayuntamientos no nos parece de recibo. Por lo tanto entendemos que debe haber un planteamiento diferente y que en todo caso o son obras que afecten a la frontera pero que pueden tener un ámbito superior al de estos Ayuntamientos, o sinó díganme cuál es la razón de por qué, por poner un ejemplo concreto, de por qué el Ayuntamiento por ejemplo de Vilaboa no está metido aquí, o el Ayuntamiento de Mos, porque si está el de Porriño explíquenme por qué no está el Ayuntamiento de Mos. Porque si está el de Porriño parece, podría parecer un argumento, es decir, es que es el Ayuntamiento que hace frontera más el de al lado, pues oiga, también por ahí falla el argumento. Es decir, arguméntennos por qué son estos Ayuntamientos y no otros. Si nos convence el argumento podemos cambiar de posición, pero que alguien lo tiene que argumentar. A mi no me vale decir, no es que se reunieron estos Alcaldes, única y exclusivamente estos Alcaldes. No, porque eso se puede abrir a otros Ayuntamientos y no se hizo. Si nos argumentan por qué estos si y otros no pues podemos discutir un cambio de posición sino no podemos avalar una situación de este tipo. Sr. Presidente.- Gracias Sr. González. Prácticamente coinciden los dos grupos en las críticas. Efectivamente, nesa reunión tivemos, foi quizais a discusión máis forte con respecto a quen tiña que entrar nesta comunidade de traballo ou quen non debía entrar. Por parte de tódolos alí presentes incluídos os portugueses, díxose que se se abría totalmente que deixaba de ser programa transfronteirizo, ou sexa, que o Interreg é para transfronteirizo. ¿Que podiamos entender por transfronteirizo, podiamos entender toda a provincia?. Entón despois de varias discusións chegouse á conclusión de que entraran todos aqueles Concellos que dalgunha maneira, as cuencas verteran ó río Miño. As cuencas verteran ó río Miño e o río Miño fora fronteirizo porque entón entraría Lugo tamén porque todos verten ó río Miño. Eso foi o que decidiu a liña de participación dos Concellos que agora individualmente terán que levar ó Pleno e adherirse ou non adherirse. En todo caso esto foi o que alí se dixo e o que alí logo foi reflexo co que aquí se pon. En todo caso creo, hai aquí compañeiros que estiveron presentes pódenmo dicir, creo que esto non está cerrado. É dicir, poñemos algúns Concellos que entran seguro pola razón que acabo de dicir, pero había bastantes discusións tanto por parte de Ourense como por parte daquí tamén, e por parte en concreto do Presidente da Deputación canto máis poidamos extender esto pois moito mellor. Polo tanto eu nestes momentos encóntrome nunha situación delicada neste sentido e neste tema porque eu quixera que efectivamente o Interreg atendera máis tamén e estou totalmente de acordo coas críticas que neste momento está facendo Cesáreo Mosquera e está facendo Emilio González de que se extendera ó máximo posible para que os demais Concellos teñan acceso a todo esto. Polo tanto podémolo, se se pode ou se vos parece ben, podémolo aprobar condicionado este punto a que se debata a posible ampliación a máis Concellos da provincia de Pontevedra. Ou podémolo tamén e eu estou disposto ó que aquí se aprobe a deixalo sobre a Mesa para seguir debatindo este tema. Tamén estou disposto a eso. O que pasa que quero dicilo moi claro, eu tiña previsto ter unha reunión inmediata o antes posible con tódolos Concellos afectados tanto de Portugal como de Ourense como da provincia de Pontevedra, posto que, bueno en principio eu vou a ser o que presido esto, non vai se-lo Presidente de Ourense, para delimitar xa proxectos, algúns xa temos en mente. Non hai polo tanto Sr. Mosquera ningún proxecto senón que hai, pode haber un listado, pero non hai proxectos, hai listados de necesidades que se poden facer conxuntamente e por exemplo xa se falou alí en concreto do saneamento do río Miño. Xa se falou por ambas partes do saneamento do río Miño que é unha fonte de riqueza tremenda para esa zona e polo tanto loxicamente Crecente que non está limítrofe con Portugal pero si verte tódalas augas no río Miño e vérteas en zona de fronteira, por eso entrou non porque fora limítrofe. Eu en todo caso, a présa é por aprobalo e por ter xa estas reunións formales cos Estatutos aprobados e todo o demais. Entón pois non sei se poría, aprobar e deixar pendiente este artigo no senso de darlle unha redacción para estudia-la posibilidade de que se poidan estudiar máis Concellos de que se poida ampliar, que poidan máis Concellos acollerse a esta comunidade de traballo. ¿Que opinan?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias. Vamos a ver, é que hai unhas cantas cousas por aclarar Sr. Presidente e me parece que se estivo falando. Se é porque están acollidos ó Interreg actualmente por exemplo Pontevedra está acollida ó Interreg e entón tería que estar aí. De verdade está sen aclarar se ó crear esta agrupación ou comunidade territorial de cooperación se van a seguir funcionando como ata agora funcionou neses Concellos, non no de Pontevedra, noutros deses Concellos que a aportación da administración, do órgano xestor, bueno da administración, neste caso a Deputación. Si se reparte se os Concellos van a aportar ou non van aportar. Se non van aportar esto é unha sopa boba bárbara, segue sendo. Ou sexa, poden opinar, poden intentar meter proxectos pero non aportan, ou sexa, bárbaro, non, é un mecanismo absolutamente bárbaro. Eu tamén son consciente que un Concello pequeno, por exemplo, polo que pase o río Miño, falando do proxecto que vostede citou e resulta que se mete cun saneamento que é costosisimo pois é posible que non poida aportar. Pero está todo esto sen aclarar. Entón me parece á parte unha falta de perspectiva desta Deputación porque digamos o ter, o restrinxir tanto o ámbito porque imposibilita ou obriga a tomar outras vías moi complicadas, porque poña o caso de Pontevedra ou de Vigo ou de Cangas, tería que facer unha Mancomunidade non se sabe si con Viana do Castelo, con Porto, que non hai continuidade xeográfica, unha cousa dificilisima para poder colar no Interreg, co cal nos está acoutando posibilidades e lles está acoutando ó resto dos Concellos da provincia a posibilidade de acollerse a eso. Entón bueno que sexa só a do Val do Miño para algún proxecto que afecte ó Miño, si, pero nolo está poñendo moi difícil ós demais. Non sei se me explico. Entón resulta que, bueno, que hai un criterio da Comisión Europea, démolo por inamobible, que teñen que ser proxectos conxuntos. Ben, pero que sexan proxectos conxuntos non quere dicir que sexan entre Concellos que están absolutamente pegados. E, bueno, de feito poño o exemplo que é o que mellor coñezo que é o Concello de Pontevedra que está acollido ó Interreg e así se lle están cortando as vías de facelo. Evidentemente creo que deixar aberto que sexa toda a provincia ou deixar aberto esa posibilidade, cando menos deixala aberta pero dunha maneira efectiva, pois é difícil igual, polo que sabemos é difícil. Calquera Concello se tal vai ser difícil, pero bueno, se tal, deixar aberta esa posibilidade. Tamén era difícil acollerse e bueno o anterior Alcalde conseguiu acollerse ó Interreg. Bueno, entón deixala aberta porque por aquí vai ser difícil. Non sei se me, pero se queda, é dicir, a nós nos parece ben que se constitúa esta Mancomunidade ou outra, xa o dixen antes, pero que haxa algún mecanismo áxil de facelo. É dicir se agora é un Concello, pois calquera, Cangas, pois resulta que logra un acordo de non sei que, pois facer un proxecto de non sei que, que é, digamos entra na liña de subvención, que se pode subvencionar e resulta que sería dificilisimo, tería que facer aí un encaixe legal dunha mancomunidade non se sabe como, que bueno, que cantaría moito. Entón deixar aberta esa posibilidade, pero que sexa efectiva. Se despois ninguén a logra efectivizar pois mala sorte, pero que sexa efectiva, que se poida acoller con facilidade e que poida tramitalo. Eso é, vamos na liña do que dixen antes. Sr. Presidente.- Si. Si. ¿Algunha intervención?. Sr. Conde Romero. Sr. Conde Romero.- Si. Gracias Sr. Presidente. Dalgunha maneira loxicamente a Deputación, esta casa, si vai liderar esta Mancomunidade, por canto o Presidente da Deputación vai ser á vez Presidente da parte galega. Ou sexa, que si lidera esto. Segunda, non sei se legalmente pode quedar aberto. A min paréceme tamén bo que quede aberto e que se poida incluir algún Concello máis. O único que pasa Sr. Mosquera é que o Interreg III é diferente do II e do I, diferente totalmente. Teñen que ser obras que se propoñan que favorezan ou que sexan conxuntamente boas para ambas partes. Entón, ¿que se buscou para que entren estes Concellos e outros no?. Créanme que non houbo politicamente dedo ningún que dixera este si, aquel non, porque este desta maneira ou aquel. Non. Buscáronse aqueles Concellos que están máis perto do río Miño coas súas cuencas, os seus ríos verten á cuenca do río Miño como xa falou o Presidente, e que dalgunha maneira teñen unha interrelación cos Concellos portugueses. Podo adiantarlle tamén que existen Concellos de Portugal que non é que entraran única e exclusivamente os que están limítrofes co río Miño. O Limia que é outro río portugués que é o que está a continuar paralelo ó río Miño tamén é. Non hai obra ningunha, créame, ningunha de momento que se diga vai ser esta ou vai ser a outra. Estanse facendo estudios conxuntos entre a parte portuguesa e a parte galega. E se pode quedar aberto eu penso que sería incluso bo, que quede aberto que se algún Concello pode integrarse a posteriori que se integre. Pero tamén moitos Concellos dos que aquí están aparecendo na Mancomunidade esta do Val do Miño, posiblemente nos catro anos, nos tres anos, nos seis anos que dure este programa non van ter obra conxunta ningunha. Non se trata de favorecer a uns ou favorecer a outros, vai ser no momento o que diga cal é o máis necesario. Si legalmente pode quedar aberto esto eu entendo que ata sería bo. Pero vamos non entendan os señores do BNG e os señores do PSOE de que hai man marcando Concellos. Mentira, en absoluto ningunha. Posiblemente o Concello de Redondela ó mellor ten que entrar máis adiante ou pode entrar xa, igual lle interesa ou non. ¿Quen se vai beneficiar?. Non sabemos, é que non sabemos hoxe que Concellos van saír beneficiados ou cales non, o que se trata é de buscar unha zona de influencia tanto portuguesa como galega. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver. Sr. Conde o liderazgo da Deputación non se reduce a que o Presidente da Deputación sexa o que presida a parte galega. Cando falo de liderazgo falo de que esta Institución tire dos proxectos e se involucre nos proxectos e non que só afecten a uns Concellos determinados que curiosamente son os Concellos ós que afectaron os outros Interreg. Home, aquí hai entre as dúas argumentacións do Presidente e do Sr. Conde, hai unha diferencia importante, é dicir, o Sr. Conde nos acaba de dicir que na parte portuguesa non só entran Concellos do Miño senón Concellos do río seguinte que é paralelo, é paralelo pero non conflue no Miño. Entón en Portugal se está utilizando un criterio diferente que aquí se podería utilizar tamén. Poño un caso concreto, é dicir, se vostedes me din que entran aqueles Concellos que verten no Miño entón podo entender o tema de Porriño, precisamente podo entender Porriño, e entón explíqueme por que non Mos. Claro. Explíqueme por que non Mos, é a mesma circunstancia. Por unha razón moi sencilla, porque non estaba no anterior. É dicir se trata de fotografiar o anterior e meter estes. Polo tanto e a min me parece que o camiño é un pouco o que dicía antes o Presidente, eu entendo que esto pode quedar sobre a mesa sen ningún tipo de problemas. Si os portugueses están plantexando con máis amplas miras este tema, por que non facelo nós, e, e esto para nada prexudica as xuntanzas posteriores, entre outras cousas porque xuntanzas existiron ata agora sen vir a Pleno. Eso por un lado. Por outro lado vostedes teñen garantizado e sacan este tema porque teñen maioría, e o teñen garantizado, é dicir, eu me inclinaría mellor por deixalo sobre a mesa e nun prazo o máis rápido posible que o Presidente ten facultades para facelo e para xuntarnos canto antes tratar de chegar a un acordo sobre este tema e un acordo que favoreza a toda a provincia. Volvo a repetir Sr. Conde, se as xuntanzas se fixeron ata agora sen este acordo, pódese facer unha máis e incluso antes da próxima xuntanza podemos chegar a un acordo sen ningún tipo de problemas, se realmente hai vontade de non primar a uns Concellos determinados. Se realmente hai esa vontade, non hai ningún problema porque quede sobre a mesa e por zanxalo canto antes, e nos inclinamos por esa fórmula porque senón loxicamente volvo a repetir que non podemos avalar algo porque deixalo aberto, pero deixar aberto ¿que?, ¿en base a que criterios?. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Eu vou a reiterar, pero vamos xa con exemplos concretos que non quixen extenderme antes á preocupación. É dicir segundo a información que temos incluso se van a primar máis outro tipo de actividades que infraestructuras, que as obras clásicas. Esta Deputación tradicionalmente, tradicionalmente limitouse ás obras. No último subcomité porque á parte do estado español dese Interreg que houbo pois apareceron as últimas incorporacións ó Interreg e eran cousas do seguinte tipo: Universidade Pontificia de Salamanca, como se fose Salamanca un Concello fronteirizo con Portugal, como a cento cincuenta quilómetros; Asociación de Empresarios de Mérida, etc., tiveron axuda da Deputación, ou sexa, estivo digamos colaborando en que eses proxectos, en darlle cobertura para que eses proxectos fosen financiables. Neste caso perfectamente podía haber, non quero lanzar ideas porque igual despois non son executables, pois un traballo de cooperación entre a Asociación de Empresarios de Pontevedra e a do correspondente de Portugal. E me parece que esto tal como vén ten un vicio de raíz, que é concebir o Interreg como se concibiu aquí, que só se usou para obras nos Concellos limítrofes e non limítrofes e o noso medo é que quede digamos pechado. Ou sexa, que esta Deputación que tería bastante que dicir neste aspecto pois con esto cre que xa ten cuberto o Interreg, se deixe pechado, se faga ese grupiño aí que se preocupe de xestiona-lo Interreg e non sexamos capaces, por moitos motivos, porque incluso aí non hai Concellos grandes que poidan acometer certo tipo de actuacións, etc., que deixemos e estemos perdendo as potencialidades deste programa. Entón creo que esto parte dunha concepción, ou sexa, dunha herencia dunha concepción que non explotou ó máximo as posibilidades do Interreg; e segundo ten o perigo de deixar Concellos fóra que podían entrar, meter outros que posiblemente non teñan nada que ver; e terceiro deixar fóra e posiblemente deixar fóra casi definitivamente polas dificultades que pode ter tramitalo por outra vía que non sexa a través da Deputación, deixar fóra outro tipo de actuacións que podían ser sumamente interesantes. Entón bueno o que dixo o Sr. Conde de ... a algo haberá que demostralo, soamente por facer eso, algo é, non vamos a entrar tamén aquí en polémica pero algo é. Pero a realidade é esa, entón, bueno, eu o problema é que como se reflexa legalmente digo estes Estatutos porque claro estes Estatutos estarán pasados a tódolos Concellos, algún igual xa o ratificou, igual agora hai que modificalos e volver a ratificalos. Pois crea un problema, xa ten certos vicios de raíz e despois pois o compromiso e a intención desta Deputación de servirlle de cobertura ou mesmo fomentar outro tipo de proxectos que puideran entrar. Por certo estes proxectos que acabo de dicir subvencionados cuantiosamente, moitos cartos, moitos cartos, igual máis que os que conseguiu a Deputación de Pontevedra para as vías do sur. Eran practicamente iniciativa privada ou sexa que aínda temos moita tela que cortar neste programa. O problema é que é costoso xestionalo, dificultoso en canto ás cuestións que propón e esta Deputación podería facer bastante neste aspecto. Eu témome que con esto se estea pechando as portas a esas posibilidades. Sr. Presidente.- Si. Vamos a ver. Como no fondo dalgunha maneira estamos de acordo, no que aquí se está plantexando, podríamos aínda que non habería inconvinte, refírome en este caso ós tres grupos que neste momento compoñen a cámara, se todos estamos de acordo eu faría unha proposta e é que podía se-la seguinte que solucionaría o problema quizais e poderíamolo aprobar hoxe. E é que se añada a todos estes Concellos unha frase que diga, a estes Estatutos, "queda aberto a que poidan acollerse outros posibles Concellos". Dalgunha maneira, unha redacción, en fin, entre todos. ¿Podería haber algún inconvinte?. Sr. Conde Romero.- Gracias Presidente. Vamos a ver. É que os prazos están aí, a min paréceme ben os señores do BNG e do PSOE que están na oposición que fagan oposición pero fagan unha oposición diferente, por favor. Os prazos están aí e nós non podemos demorar máis isto. Estamos correndo o risco de perder moitas subvencións. E non teñan medo, posiblemente a diferencia entre o Grupo Popular e vostedes é que nós xogamos coas cartas boca arriba, estamos dicíndolles as verdades, se non nos queren crer non crean, dubiden. Pero Sr. Mosquera, que lle quede a dúbida, que lle quede a dúbida, que lle quede a dúbida, xa levo oíndolle eso a vostede moitos anos. E non dubide tanto que nós, volvolle a repetir, xogamos coas cartas boca arriba, están aquí e estannas mirando, o tempo apremia. E ó mellor o que lle interesa a vostede é que o deixemos aí e que despois se perdan subvencións e é cando vén a dicir que o equipo de goberno desta casa quedouse dormido. Pois non é así. Eu pídolle ó Presidente que non demore máis estes Estatutos e volvo a reiterar unha vez máis, se se poden incluir máis Concellos que entren pero que non demore a aprobación. Está moi claro que Europa non está esperando a ver o que lle vamos a dicir dende aquí. Márcanos uns prazos e temos que cumprilos e dende o meu punto de vista alomenos entendo que tamén os meus compañeiros, non demore máis Presidente porque non adianta. Os señores do Bloque e do PSOE van vir dicindo sempre o mesmo. Gracias. Sr. Presidente.- Bueno. Gracias. Vamos a ver. ¿A miña proposta é aceptada ou non?. É dicir posto que está redactado así e esto pois falámolo, añadirlle unha frase "e outros Concellos que poidan acollerse". Polo cal queda aberto a posibilidade de que Pontevedra, de que Redondela, de que Lalín, ou sexa, extendelo o máximo posible. Polo menos nese sentido eu non cerraría as portas e neste caso no fondo estaría de acordo neste caso co que se propón e poñer aquí "e outros posibles Concellos que poidan acollerse". ¿Parécelles ben?. Sr. Mosquera. Si. Sr. González. Bueno en base a proxectos Sr. González eso despois haberá que presentalos. De momento estamos aprobando os Estatutos, ou sexa, non votemos o carro antes que as vacas. É dicir, que se poidan acoller a eses proxectos loxicamente a posibilidade de cantos máis Concellos mellor, vía Pleno e vía loxicamente despois plantexando aquí na Deputación dicindo que eles se queren acoller a ese Concello e entón discutiríamos e viríamos. (Fala o Sr. González pero non se escoita). En fin, eu creo que con esto poderíamolo aprobar porque efectivamente a nós, esto corre présa, corre présa se non queremos quedar fóra, e polo tanto así pois outros Concellos. Eu loitaría, neste caso podedes crerme, para que se extenda o Interreg a cantos máis Concellos mellor, porque teremos posibilidades de máis acceso. ¿Me explico?. Si, Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Pero Sr. Presidente é que eu insisto, aquí pesa a herencia de como se tramitou ata agora e non se está tramitando. Constitúan urxentemente coa Rexión Norte de Portugal unha Deputación de Pontevedra - Rexión Norte de Portugal e nos poida acoller a todos e incluso a obras da Deputación. Non limitando só a estes Concellos, ou sexa, están pensando no que foi ata agora, igual non vale para nada pero igual por aí sacamos un proxecto bárbaro pois de facer o circuito cultural comercial coas cámaras e non sei que, que nos choven cartos. Non nos pechemos aquí, constitúao tamén. Apróbolle esto, aprobámoslle esto, pero constitúa inmediatamente outra das dúas rexións que como tal poden facelo. Expliqueime. Sr. Presidente.- Non o entendo Sr. Mosquera, non o entendo. Explíqueme vostede mellor as cousas. Sr. Mosquera Lorenzo.- Vamos a ver. A provincia de Pontevedra, a Deputación de Pontevedra, ¿é limítrofe con Portugal?. ¿A Deputación de Pontevedra ou Pontevedra é limítrofe con Portugal como provincia?. Si, ¿verdade?. Sr. Presidente.- Home, eu creo que si sei, si. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si. ¿A Rexión Norte de Portugal é limítrofe co estado español?. Si. Sr. Presidente.- De momento si. Sr. Mosquera Lorenzo.- Entón eses dous organismos poden constituir un consorcio ou como sexa, ou agrupación, só eles, se quere meta tamén Portugal ou Ourense, só eles, e pode tramitar proxectos do Interreg e non o limite só a estes Concellos. Sr. Presidente.- Pero eso é o que estou dicindo eu. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, non, non, non estamos dicindo o mesmo. Sr. Presidente.- Vamos a ver. ¿Vostede quere facer outra comunidade de traballo distinta da que nestes momentos está en marcha?. ¿Quérea facer distinta?. Pero é que entón vostede xa ten a comunidade de traballo Galicia - Portugal. Claro, é que entón para que vale esto, non vale para nada. Ten o Eixo Atlántico. ¿Que quere?. Montar unha paralela exactamente igual, coas mesmas dimensións. Outra cousa é que montemos esta comunidade de traballo e abramos o máximo posible. Abramos as máximas posibilidades posibles e estou de acordo nese sentido. Se pode entrar Marín que entre Marín. ¿Por que non vai entrar Marín?. Porque podemos acceder, ó mellor non accedemos pero alomenos temos esa posibilidade de acceder. Claro e eso é o que eu intento e é o que eu entendín que se plantexaba aquí. Non plantexar outra estructura paralela ó Eixo Atlántico, que me parece que non é así. Sr. Mosquera Lorenzo.- Pois estao plantexando. Sr. Presidente.- Non señor, esta é moito máis reducida. E gracias a esta comunidade de traballo vamos ter voz, polo menos voz no Eixo Atlántico como zona concreta. Que o din os mesmos Estatutos que vostede leuno aí. Claro. Eu o que estou disposto a dicirlle é a outros posibles, é a aumentalo e aprobalo. Sr. González ¿ten algunha dificultade?. Logo xa discutiremos. Pero polo menos deixamos aberta a posibilidade a tódolos Concellos. Sr. González Iglesias.- Que afecta a Lalín y que esta Diputación avala, digo a Lalín porque no es conocido del Presidente, y que esta Diputación avala este proxecto e polo tanto pode entrar no tema. Por eso me refería a proxectos antes tamén. Si queda aberto no sentido que plantexaba o Presidente e a vía é acordo plenario e discusión na Deputación e a discusión vai ser fundamentalmente sobre os proxectos, nós adiante co tema. Sr. Presidente.- Vamos a ver. Entón o artigo 3 quedaría tal como está e a partir de Toén e outros Concellos que queiran acollerse, que queiran integrarse. E logo se o Interreg o permite pois se entra toda a provincia moito mellor. Bueno ¿algunha novidade máis?. Procedemos polo tanto á votación. ¿Alguén pediu a palabra?. Procedemos polo tanto á votación da constitución e principios que rexirán a comunidade territorial de cooperación do Val do Miño. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación, o Pleno acorda por unanimidade, aproba-la constitución da Comunidade Territorial de Cooperación do Val do Miño e os principios polos que se rexirá a mesma que son do teor literal seguinte: ACORDO CONSTITUTIVO DA COMUNIDADE TERRITORIAL DE COOPERACIÓN DO VAL DO MIÑO A Asociación de Municipios do Val do Miño (AMVM) e as Deputacións Provinciais de Pontevedra e Ourense, representadas polos seus respectivos Presidentes, e estes tamén en representación dos municipios que se indican no artigo 3º, segundo os acordos adoptados. Considerando as afinidades xeográficas, culturais, sociais, económicas e históricas existentes entre as provincias de Ourense e Pontevedra e o Val do Miño. Tendo en conta que a cooperación transfronteiriza é un dos medios máis eficaces con vista á aproximación das poboacións fronteirizas, a supresión das dificultades que implican tódalas fronteiras, a promoción do desenvolvemento económico, social e cultural destas dúas rexións. No espíritu do conxunto da obra do Consello de Europa en prol da cooperación transfronteiriza territorial e, especialmente do Convenio-Marco Europeo sobre Cooperación Transfronteiriza das Autoridades ou Colectividades Territoriais, ratificada pola República Portuguesa e polo Reino de España, así como no espíritu do Tratado Bilateral de 1977 celebrado entre ámbolos dous países. Recoñecendo a importante acción desenvolvida pola Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal e a súa contribución para o estreitamento das relacións entre as dúas rexións nos sectores económico, social, educativo, cultural e das administracións públicas e a necesidade de, a nivel local, profundizar nos lazos de cooperación transfronteiriza entre as autarquías situadas nos dous lados da fronteira. Acordan: Artigo 1º.- Constituese a Comunidade Territorial de Cooperación do Val do Miño, que se rexirá de acordo cos principios enumerados nos artigos seguintes: Artigo 2º.- A Comunidade Territorial de Cooperación ten como obxecto a promoción do desenvolvemento armonioso e sostido da rexión transfronteiriza do Val do Miño, mediante o establecemento dunha dinámica de concertación rexional, concretizada en encontros regulares entre as Provincias de Ourense e Pontevedra e o Val do Miño, para tratar asuntos do seu interese común, intercambiar informacións, coordinar iniciativas e examina-la posibilidade de solucionar problemas comúns por medio de acordos, proxectos conxuntos, de decisións tendentes a unha solución coordenada, ou de recomendacións e propostas ás autoridades competentes. O previsto neste acordo constitue un compromiso mutuo de carácter non normativo e non interfire co reparto de competencias establecido en cada territorio polos dereitos internos portugués e español. Artigo 3º.- A área territorial abranguida pola Comunidade Territorial de Cooperación do Val do Miño engloba, en Portugal, a área correspondente ós municipios de Caminha, Melgaço, Monçao, Paredes de Coura, Valença e Vilanova da Cerveira, e en España, a área correspondente ós concellos de, na provincia de Pontevedra, Arbo, A Cañiza, O Covelo, Crecente, A Guarda, As Neves, Mondaríz, Mondaríz-Balneario, Oia, Ponteareas, O Porriño, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño e Tui, e na provincia de Ourense, Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Gomesende, Leiro, Melón, Padrenda, Pontedeva, Punxín, Quintela de Leirado, Ramirás, Ribadavia, Toén e outros Concellos que queiran integrarse. A Comunidade Territorial de Cooperación ten a sede na da Asociación de Municipios do Val do Miño e na Deputación de Pontevedra. Artigo 4º.- O Consello da Comunidade Territorial de Cooperación asegura a continuidade das actividades de cooperación transfronteiriza, fixa o programa de acción da Comunidade, adopta os acordos, recomendacións e propostas da Comunidade de Cooperación e pode aprobar resolucións regulamentarias fixando normas de funcionamento e as súas modificacións. O Consello da Comunidade Territorial de Cooperación está formado polas delegacións oficiais do Val do Miño, que integrará un representante da AMVM (Asociación de Municipios do Val do Miño) e de cada unha das Cámaras Municipais súas asociadas, e da Provincia de Pontevedra e Ourense, que integrará un representante das respectivas Deputacións Provinciais e un representante de cada concello participante. Cada delegación nomeará un Presidente e un Vicepresidente. As decisións tomaranse con base na igualdade de representatividade de ámbalas dúas delegacións. Se así o decidise o Consello, poderán participar nas reunións os Coordinadores das Comisións Sectoriais que se constitúan. Participarán no Consello da Comunidade Territorial de Cooperación, os Presidentes da Comisión de Coordinación da Rexión Norte de Portugal e da Xunta de Galicia. A invitación do Presidente poderán participar nas sesións do Consello, con estatuto de invitados oficiais ou observadores, personalidades nacionais e europeas así como representantes de organismos hispano-portugueses de cooperación transfronteiriza. Así mesmo os Axentes socioeconómicos, Institucións públicas ou privadas, e as Universidades e Centros de Investigación e as institucións locais en xeral, poderán participar nas sesións do Consello, segundo unha fórmula que fixará este previa consulta con aqueles. O Consello reunirase dúas veces ó ano, alternativamente en cada país, podendo facelo en sesión extraordinaria por convocatoria do Presidente. Artigo 5º.- O Presidente da Comunidade Territorial de Cooperación, que preside o Consello, ten un mandato de dous anos. A Presidencia será exercida alternativamente polo Presidente da AMVM (Asociación de Municipios do Val do Miño) e da Deputación de Pontevedra. En caso de impedimento temporal do Presidente, será substituído durante ese período polo Vicepresidente respectivo. O Presidente representa á Comunidade Territorial de Cooperación, prepara a orde do día do Consello, trala consulta co Presidente da outra rexión membro, procede a convoca-las reunións do Consello e doutras que, pola súa importancia, así o requiran, e autoriza coa súa sinatura a acta das reunións. Artigo 6º.- A Comunidade Territorial de Cooperación poderá crear, por decisión do Consello, Comisións Sectoriais paritarias, así como, con carácter temporal e excepcional, Comisións "ad hoc", determinando as súas funcións. A Comunidade Territorial de Cooperación prestará especial atención ós desenvolvementos económico e rural, ás infraestructuras, ós transportes, ás comunicacións e ó turismo, ó medio ambiente, ás áreas protexidas e ós temas de ordenamento, á cultura, á educación e deporte e, á innovación, á agricultura e á gandería. A composición de cada Comisión Sectorial estará determinada polo acordo da súa creación, sen prexuízo de que os Coordinadores Xerais poidan introduci-las modificacións que resulten aconsellables. As Comisións Sectoriais someterán as súas propostas ó Comité Executivo. Artigo 7º.- Co fin de asegura-la coordinación xeral e permanente das actividades da Comunidade Territorial de Cooperación, cada un dos Presidentes nomeará un Coordinador Xeral para a cooperación prevista neste acordo, o que participará nas reunións do Consello. Os dous Presidentes, Vicepresidentes e Coordinadores Xerais constituirán, o Comité Executivo da Comunidade Territorial de Cooperación. Este órgano é o encargado de presenta-las propostas ó Consello para a súa consideración e decisión, de velar pola coordinación e a coherencia dos traballos das Comisións Sectoriais, polo funcionamento do Secretariado e por acada-las accións programadas; realizarán as actuacións necesarias para a elaboración dos programas de traballo, así como para determina-las prioridades da Comunidade Territorial de Cooperación. De xeito paralelo, asegurarán tamén a articulación coa Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal. O Comité Executivo reunirase por decisión do Presidente da Comunidade ou por solicitude dos dous Coordinadores Xerais. Os Coordinadores das Comisións Sectoriais poderán ser invitados a participar nas reunións do Comité Executivo. Artigo 8º.- Cada delegación soportará os gastos orixinados pola súa participación nas reunións e nas actividades da Comunidade Territorial de Cooperación. O orzamento da Comunidade Territorial de Cooperación será aprobado polo Consello, a proposta do Presidente. As cotizacións das Cámaras Municipais e dos Concellos asociados serán equivalentes. Artigo 9º.- O presente acordo poderá ser denunciado por calquera das partes contratantes, cun prazo de preaviso de cinco meses. .............................., a ....... de ........................ de 2000 O PRESIDENTE,DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA O PRESIDENTE,ASOCIACIÓN DE MUNICIPIOS DO VAL DO MIÑO ------ Folla: 3.4427.- BASES DO PLAN CULTURAL 2000 Sr. Presidente.- Pasamos ó terceiro punto da orde do día. Bases do Plan Cultural 2000. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, como estas bases son as mesmas, con pequenas modificacións ou con ningunha dende hai cinco ou dende hai non sei cantos anos e remítome á intervención doutros anos sobre todo no punto tres, Plan Cultural, este é un plan que está en crise ou polo menos xa non cumpre os obxectivos para os que foi creado hai moitos anos. Pois nós nos vamos abster. Remítome en todo caso ás intervencións por non alargar esto porque xa é a argumentación moi repetida. Sr. Presidente.- Ben. Gracias. Sr. González. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver Sr. Presidente. Como siempre todas las bases, todas las bases pueden servir para hacer un buen desarrollo de un plan o no. El problema aquí es que yo le escuché al Presidente de la Diputación en varias ocasiones y leí varias declaraciones del Presidente de la Diputación en las que manifestaba su descontento con la política cultural de la Diputación hace dos o tres años y nos hacía un planteamiento de un nuevo plan cultural y de una nueva política cultural en la Diputación. Bueno, pues siguen siendo las mismas bases y sigue siendo el mismo planteamiento político en el plan cultural, por lo tanto, mientras el Grupo Popular no nos plantee lo que parece que el Presidente quiere también o yo le oí, vuelvo a repetir, en diferentes declaraciones y en diferentes intervenciones, nosotros no vamos avalar estas bases porque, vuelvo a repetir, hasta el mismo Presidente debe estar en desacuerdo tal como se llevaba, se llevaba y se sigue llevando, porque son las mismas bases y la misma formulación, la política cultural de la Diputación. Por lo tanto no podemos avalar las bases. Sr. Presidente.- Sr. González e Sr. Mosquera o Presidente quere que calquera plan que patrocine a Deputación Provincial funcione o mellor posible. Eu pódolle dicir que efectivamente dixen que algunhas cousas con respecto ó que é o Departamento de Cultura, non o que é en concreto a este plan, é dicir, vostede está referindo as miñas palabras en concreto a este plan e eu falaba en concreto de todo o que é a Cultura que é moito máis que este plan na Deputación Provincial. Que efectivamente quería melloralo porque creo que hai que melloralo e o vamos a intentar. Pero esta é unha cousa concreta. E eu pódolle dicir que aquí tivemos miles de persoas e cando lle digo miles é que tivemos reunión con eles, miles de persoas para discutir este tema e dixeron todos, que por favor este plan seguira tal cal, na medida do posible como case en tódolos plans que se incrementase o diñeiro destinado a el. É indudable que dentro das posibilidades da Deputación aumentouse e aumentouse bastante. Aumentouse de entrada un 40% que creo que é bastante. Que era a única forma moitas veces de subsistir certos grupos gracias a estas axudas. E nós como non o tiñamos claro pois chamamos aquí a xente e houbo moitas reunións aquí nesta Deputación e nos dixeron esto e polo tanto por esa razón este plan vén neste sentido. E eso é o que teño que dicir. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver Sr. Presidente. Me di vostede que tiveron miles de persoas. Que se reuniron con montóns de representantes de grupos e que todos queren que siga o plan. Efectivamente, hai unha cousa que é lóxica, é dicir, si vostede lle está dando a calquera grupo 50.000 pesetas, cando chegue aquí o representante do grupo o que lle vai a dicir por lóxica pura, é dicir, oia mire, é insuficiente o que me dá, deme setenta e non me faga desaparece-las 50.000 pesetas. O que pasa é que hai outras fórmulas, é dicir, é posible e é unha idea que se lanza, que nós lanzamos en máis dunha ocasión. É posible e é real que estes grupos estiveron cubrindo ata agora e seguen cubrindo un déficit cultural dentro desta provincia e estiveron cubrindo cousas que tiñan que face-las Institucións, os concellos e esta Deputación. E se a estes grupos se lles plantexa que esa cobertura se vai facer vía Concellos e vía Deputacións, se vai facer con animadores culturales, e se vai facer con monitores, loxicamente os gastos deses grupos rebaixanse. Pero claro estalle ofertando, as Institucións están ofertando outra cousa diferente. Claro se a reunión é para chegar e dicir, oiga, ¿vostede quere que siga o plan?. Evidentemente, e ademais quero que mo incrementen. Non hai ningún plantexamento diferente dende esta Institución e polo tanto a resposta normal é esa. Eso por un lado. E por outro lado, home aproveitando o tema, eu plantexaríalle, plantexaríalle ó Presidente e ó grupo de goberno, que todas esas xuntanzas que fan sempre, ó mellor se antes as debatimos nas Comisións correspondentes dicindo, oiga, poñemos enriba da mesa un plantexamento dun novo plan cultural e dunha nova política cultural, poñemos enriba da mesa e vamos a discutir eso e non se plantexan unhas bases como se plantexan habitualmente, podemos todos aportar ideas e partir de supostos novos. E o de antes ese tipo de xuntanzas que non só se dan en temas culturais, o outro día déronse cos Alcaldes co PPC e con outras cousas cando os Deputados aínda non discutimos ese tema. É dicir, home me parece perfecto que vostedes teñen a maioría pero o lóxico é que os Deputados antes discutamos eses temas, antes de que fagan esas xuntanzas, entre outras cousas porque senón vai a ser sempre a resposta a mesma, é dicir, siga co plan e sígame dando máis cartos. Claro, porque por parte do grupo de goberno tampouco se plantexa unha iniciativa diferente. Entón volvo a repetir, a resposta sempre vai se-la mesma. Nós vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Gracias Sr. González. Eu creo sinceiramente, nós xuntamos á xente para dar ideas, poder cambia-lo plan doutra forma e todo o demais. O que vostede di de que podíamos, efectivamente, estame andando na idea, de que podíamos en vez de subvencionar actuacións destes grupos pois subvencionar persoas como animadores culturais, etc., nos Concellos, sería unha redundancia porque vostede sabe perfectamente como membro dunha Corporación Local que eses téñenos subvencionados pola Consellería de Familia. Esto é así e practicamente en tódolos Concellos existen e polo tanto sería redundar en algo que dalgunha maneira xa os Concellos teñen esto. En todo caso cada un pois loxicamente ten a súa maneira de pensar, neste sentido nós pensamos despois de oílos, pois que esto sería conveniente mantelo e vamos a seguir manténdoo. ¿Algunha intervención?. Procedemos polo tanto á votación das bases do Plan Cultural-2000. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase pola maioría do Partido Popular e en contra PSOE e BNG. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cultura o Pleno acorda por maioría de votos a favor do Grupo Popular e co voto en contra do PSOE e a abstención do BNG, aproba-lo Plan Cultural-2000 sendo as súas bases do seguinte teor: PLAN CULTURAL 2000 1.- A Excma. Deputación Provincial, no seu afán de impulsar e fomenta-la cultura popular nas múltiples e variadas expresións artísticas, e en colaboración cos Concellos, Agrupacións, Entidades e Asociacións Culturais retribuirá coa cantidade existente na partida 00/451.451.226.11 ós grupos activos na provincia, polas actuacións que realicen. 2.- Poderanse acoller a estas axudas as seguintes Agrupacións da Provincia: Bandas de Música Masas Corais Grupos Folclóricos Grupos de Gaitas Rondallas Ballet e Danza Música Clásica Música Tradicional Teatro Maxia e Humor etc., etc.,... 3.- Os interesados cubrirán a solicitude de inclusión neste Plan, que presentarán no Rexistro Xeral deste Organismo ata o 19 de febreiro de 2000, no modelo oficial que facilitará o Departamento de Cultura, acompañada do CIF do colectivo, curriculum e documentación prevista na base 8. As peticións farannas as Asociacións, Centros Culturais, etc., para todos aqueles grupos encadrados nelas e para os restantes, será preciso adxuntar unha acta de constitución asinada polos seus compoñentes, onde conste a designación do representante e certificación bancaria da conta aberta a nome do grupo. 4.- A selección e inclusión dos Grupos peticionarios será realizada pola Comisión Informativa de Cultura da Deputación, que poderá interesar de Técnicos e expertos en cada unha das materias, os informes e asesoramentos necesarios, propoñéndolle ó órgano competente a súa aprobación definitiva. 5.- Cada actuación será retribuída cos seguintes importes: GRUPO IMPORTE Bandas de Música Grupo A 80.000.- Grupo B 70.000.- Grupo C 60.000.- Masas Corais Grupo A 40.000.- Grupo B 35.000.- Grupo C 30.000.- Grupos Folclóricos Grupo A 40.000.- Grupo B 30.000.- Grupo C 25.000.- Música Tradicional Bandas Gaitas 35.000.- Grupos Gaitas 25.000.- Rondallas 35.000.- Folc Tradicional 40.000.- Música Clásica Grupo A 35.000.- Grupo B 30.000.- Grupo C 25.000.- Orchestras 50.000.- Grupos Varios Ballet e Danza 35.000.- Maxia e Humor 30.000.- Outros .... 30.000.- Grupos de Teatro Grupo A 75.000.- Grupo B 55.000.- Grupo C 35.000.- 6.- O pagamento das actuacións efectuarase unha vez acreditada a súa realización no modelo oficial de factura debidamente cumprimentada, e facilitada polo Departamento de Cultura, e a conformidade do Organismo, Asociación ou Entidade beneficiaria. Esta documentación presentarase no prazo máximo de 30 días. 7.- As Agrupacións seleccionadas comprométense e obrigan a executaren as actuacións que lles asigne a Deputación nos distintos Municipios e Centros Culturais da Provincia, e soamente en casos de forza maior, debidamente xustificados, quedarán exentas de dito convenio. Os adxudicatarios de cada actuación, están obrigados a facer mención da Deputación Provincial na propaganda e publicidade que confeccionen. 8.- As Agrupacións incluídas no Plan clasificaranse da seguinte maneira: 1.- BANDAS DE MÚSICA a) As que teñan un mínimo de 55 membros, 9 anos de antigüidade e Escola de Música. b) As que teñan un mínimo de 50 membros e 7 anos de antigüidade. c) As que teñan un mínimo de 30 membros e 2 anos de antigüidade. Para ser incluídas nos respectivos epígrafes, presentarán a seguinte documentación: - Relación nominal de compoñentes e DNI, e NIF da Entidade. - Relación de alumnos e profesorado da Escola de Música. - Estatutos legalizados, tratándose de Agrupacións que participan por primeira vez. 2.- MASAS CORAIS a) As que teñan un mínimo de 45 membros e 9 anos de antigüidade. b) As que teñan un mínimo de 40 membros e 7 anos de antigüidade. c) As que teñan un mínimo de 30 membros e 2 anos de antigüidade. Para ser incluídas nos respectivos epígrafes, presentarán a seguinte documentación: - Relación nominal de compoñentes co seu DNI, e NIF da Entidade. - Estatutos legalizados, tratándose de Agrupacións que participan por primeira vez. 3.- GRUPOS FOLCLÓRICOS a) Os que teñan 30 membros, 8 anos de antigüidade, Escola de Baile e acrediten documentalmente a realización de actividades de investigación, etnografía, etc. b) Os que teñan 20 membros, 6 anos de antigüidade e Escola de Baile. c) Os que teñan 16 membros e 2 anos de antigüidade. Para ser incluídos nos respectivos epígrafes, presentarán a seguinte documentación: - Relación nominal de compoñentes co seu DNI, e NIF da Entidade. - Relación de alumnos da Escola de Baile. - Estatutos legalizados, tratándose de Agrupacións que participan por primeira vez. 4.- MÚSICA CLÁSICA, MÚSICA TRADICIONAL, VARIOS E TEATRO Para ser incluídos neste epígrafe, presentarán a seguinte documentación: - Relación de compoñentes co seu DNI e o NIF da Entidade. - Programación a desenvolver. 9.- As Entidades solicitantes de Grupos Artísticos disporán dun escenario ou marco adecuado, para que estes poidan efectuar a súa actuación sen impedimento ningún. Débense poñer en contacto con eles, para coñecer as condicións e facilitarlles o concerto ou escenificación da obra. 10.- As peticións para actuacións destes Grupos solicitaranse un mes antes da data da súa celebración, non se concederá máis dun Grupo por cada acto que se vaia celebrar. 11.- O presente Plan Cultural terá vixencia durante todo o ano 2000. ------ Folla: 4.4428.- BASES DO CERTAME NOVOS VALORES - 2000 Sr. Presidente.- Pasamos ó punto catro. Bases do Certame Novos Valores-2000. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Procedemos á súa votación polo tanto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Exactamente a mesma votación que no punto anterior. Apróbanse polo tanto as bases do Certame de Novos Valores-2000. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cultura, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do Grupo Popular e co voto en contra do PSOE e a abstención do BNG, aproba-las Bases do Certame Novos Valores - 2000 que son as seguintes: CERTAME "NOVOS VALORES" 2000 BASES PRIMEIRA.- Poderán participar neste Certame tódolos artistas (pintores, escultores, fotógrafos, ceramistas, deseñadores, gravadores, etc.) naturais ou residentes na Comunidade Autónoma de Galicia. Non se considerarán Novos Valores aqueles que xa fosen premiados nalgunha das súas convocatorias. SEGUNDA.- As obras presentadas deberán ser orixinais, non admitíndose, polo tanto, as que xa participasen noutras exposicións, nin máis de dúas por cada especialidade, sen que poidan exceder dos 500 kgs. de peso, nin de 1,62 m. na súa máxima dimensión. TERCEIRA.- As obras presentaranse no Museo Provincial, Edificio "Sarmiento", persoalmente ou por calquera medio de transporte que garanta a entrega das mesmas, dende o 11 ata o 28 de abril, de martes a venres e entre as 10,00 e as 13,00 horas. Acompañarase, asemade, fotocopia do DNI e o boletín de inscripción debidamente cuberto, que será facilitado ó efecto, entregándose ó interesado xustificante do mesmo, que servirá logo para a retirada da obra. CUARTA.- A Deputación custodiará a obra recibida, se ben non se fará responsable dos sinistros de calquera clase que puidesen sobrevir durante o seu transporte, nin tampouco en caso de incendio, roubo ou calquera outro incidente que se poida producir durante o tempo da súa custodia, polo que se recomenda que tódolos envios veñan cubertos co correspondente seguro. QUINTA.- Os gastos de envio e devolución das obras son de conta do concursante e non poderán ser retiradas antes dos prazos indicados na base sétima. SEXTA.- Seleccionadas as obras que constituirán a Mostra de Novos Valores, expoñeranse durante o mes de agosto. SÉTIMA.- As obras non seleccionadas deberán ser retiradas polos seus autores dentro dos dez días seguintes ó da difusión pública dos acordos do Xurado Seleccionador. As seleccionadas, á súa vez, deberán ser recollidas, tamén polos seus autores, nos dez días seguintes ó último no que estivesen expostas. No caso contrario, entenderase que renuncian á súa propiedade, quedando a organización facultada para toma-las decisións que sobre elas estime oportunas. OITAVA.- O Xurado seleccionador será nomeado polo Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial, e estará composto polos seguintes membros: Presidente.- O titular da Corporación Provincial ou Deputado en quen delegue. Vocais.- O Deputado-Presidente da Comisión de Cultura. Cinco persoas de recoñecido prestixio nos campos da Crítica ou das Artes. Secretario.- O titular da Deputación ou funcionario en quen delegue. Este mesmo Xurado encargarase de face-la proposta de adxudicación de 5 axudas económicas, por importe de SEISCENTAS MIL PESETAS (600.000) cada unha, para ampliación de estudios artísticos en España ou no estranxeiro. NOVENA.- A presentación ó Certame supón que os participantes coñecen estas Bases e mostran absoluta conformidade con elas e coas decisións do Xurado, que queda facultado para interpretar calquera dúbida que se presente. DÉCIMA.- O boletín de inscripción e as Bases poderán ser solicitados no Servicio de Cultura da Excma. Deputación Provincial. UNDÉCIMA.- O disfrute da axuda será obxecto dun Convenio entre o adxudicatario e a Excma. Deputación Provincial no que que se concretará o seu emprego, aboándose o 50% do importe no momento do seu asinamento e o restante 50% á entrega da memoria, coa xustificación do investimento realizado, e de dúas obras orixinais e asinadas. ------ Folla: 5.4429.- PARQUE COMARCAL CONTRA INCENDIOS DO MORRAZO: PARTICIPACIÓN E NOMEAMENTO DE REPRESENTANTE NA COMISIÓN XESTORA Sr. Presidente.- Punto quinto. Parque Comarcal Contra Incendios do Morrazo: Participación e nomeamento de representante na Comisión Xestora. Loxicamente non se trata máis que, nós recibimos en este caso un estudio, perdón, un escrito da Consellería de Xustiza propoñéndonos a participación económica e polo tanto na xestión tamén do futuro Parque de Incendios da Península do Morrazo. Loxicamente, bueno, era unha postura común de tódolos grupos, non só do Morrazo senón que se pediron moitos máis, e neste caso teño que recordar que nos presupostos deste ano da Xunta de Galicia hai outro máis, hai outro máis, que estamos dispostos a cofinanciar e a participar, pero neste caso simplemente se trae pois a aprobar a participación que levará consigo participar no borrador de xestión e participar loxicamente tamén no financiamento tanto da constitución coma do mantemento. Traemos ó Pleno pois adherirnos, contestar afirmativamente neste caso ó escrito recibido da Consellería de Xustiza. Esta Presidencia propón a D. Rafael Louzán como representante na Comisión Xestora. Polo tanto se lles parece e queren algunha intervención e senón procedemos á votación da participación tanto na xestión como no financiamento e ó mesmo tempo o representante desta Deputación neste Consorcio. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Vamos a ver. Para aclarar unha cousa para abreviar. Con respecto á participación estamos a favor e no punto 5, 6 e 9, que son Resolucións Presidenciais sobre nomeamentos vámonos abster. Pero no que afecta a este punto, na participación, respecto á participación nese Parque Comarcal vamos votar a favor. Sr. Presidente.- Sr. González. Sr. González Iglesias.- Sr. Presidente, unha pregunta. ¿O Partido Popular avalaría unha actuación deste tipo nun caso hipotético de que os parques de Pontevedra e Vigo se transformaran en comarcais?. ¿Faría o mesmo plantexamento?. Sr. Presidente.- ¿Se se transformaran en comarcais?. Por suposto e así o dixemos publicamente. Sr. González Iglesias.- De acordo. Vamos a votar a favor. Votamos a favor. Sr. Presidente.- Procedemos polo tanto á votación deste punto. Participación e nomeamento de representante na Comisión Xestora. ¿Votamos polo tanto primeiro a participación?. Participación polo tanto. ¿Votos en contra?. Non hai. ¿Abstencións?. Tampouco. ¿Votos a favor?. Unanimidade. Representante D. Rafael Louzán Abal. ¿Votos en contra?. Non hai. ¿Abstencións?. Os dous grupos da oposición. ¿A favor?. O Partido Popular. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Medio Ambiente e Urbanismo

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición