Fondos
2000-07-28_Ordinaria. Acta de sesión 2000/07/28_Ordinaria
Acta de sesión 2000/07/28_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.362/2.2000-07-28_Ordinaria
Título Acta de sesión 2000/07/28_Ordinaria
Data(s) 2000-07-28 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 28 de xullo do 2000 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vinteoito de xullo do ano dous mil, baixo a Presidencia do Sr. D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Xosé Antonio Araujo Quintas, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Fernández Rodríguez, D. Alberto García García, D. Horacio Gómez Araujo, D. Emilio González Iglesias, D. Arturo Grandal Vaqueiro, D. Ángel Gregores Méndez, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Telmo Martín González, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. Juan Luis Pedrosa Fernández, D. César Augusto Pérez Ares, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Manuel Ramón Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral Accidental, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten o Ilmo. Sr. Presidente, D. Manuel Abeledo López, nin os Sres. Deputados D. Manuel Ramón Conde Romero e D. Henrique Viéitez Alonso. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a comeza-la sesión do Pleno ordinario de data 28 de xullo de 2000. Antes de dar comezo ó primeiro punto da orde do día quería facer unánime, e creo que así o vamos acordar todos, o pronto restablecemento do Presidente que despois de estar convaleciente dunha operación quirúrxica pois neste caso a día de onte xa volvía á súa casa, polo tanto intentaremos que pronto estea con nós. E bueno, o que podemos facer dende aquí é pedi-la súa pronta recuperación e que estea aquí con todos nós o antes posible. Eu creo que eso é algo unánime de tódolos membros da Corporación. Polo tanto procedemos a comeza-lo Pleno de hoxe. 1. 4497.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 30 de xuño do ano 2000. Apróbase por unanimidade. Apróbase por unanimidade o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 30 de xuño do ano 2000. ------ Folla: 2.4498.- TOMA DE POSESIÓN DE D. ANGEL GREGORES MÉNDEZ DO CARGO DE DEPUTADO PROVINCIAL POR RENUNCIA Ó CARGO DE D. JUAN MANUEL CORRAL PÉREZ Sr. Presidente.- O segundo punto é a toma de posesión de D. Ángel Gregores Méndez, do cargo de Deputado Provincial por renuncia ó cargo de D. Juan Manuel Corral Pérez. Sr. Secretario.- La Junta Electoral Central remitió la credencial de D. Ángel Gregores Méndez. Sr. Presidente.- Bueno, entón pedirlle a D. Ángel Gregores, Concelleiro de Gondomar, que se acerque para tomar posesión do seu cargo. Sr. Gregores Méndez.- Prometo por mi conciencia y honor cumplir las obligaciones del cargo de Diputado Provincial con lealtad al Rey, guardar y hacer guardar la Constitución como norma fundamental del Estado. Seguidamente o Sr. Presidente procede a colocarlle o colar e insignia ó Sr. Gregores e este ocupa o seu escaño. Sr. Presidente.- Moi ben. Bueno noraboa a D. Ángel Gregores e máis neste caso á Corporación de Gondomar, ó seu Alcalde e membros que están hoxe aquí entre todos nós. ------ Folla: 3.4499.- CONVENIO MARCO PARA O ANO 2000 ENTRE A CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA E A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Punto número 3, Convenio marco para o ano 2000 entre a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Isto é un Convenio marco para distintas actuacións que vamos a realizar para o ano 2000 coa propia Consellería, polo tanto non ten máis transcendencia que nun principio este borrador de Convenio que terá unha duración de catro anos, xa vimos facendo algunha actuación conveniada coa propia Consellería. ¿Algunha intervención?. En principio apróbase por unanimidade. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Agricultura, Gandería, Montes e Industria, o Pleno acorda por unanimidade, aprobar definitivamente o Convenio marco para o ano 2000 entre a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e a Excma. Deputación de Pontevedra e que é como segue: CONVENIO MARCO ENTRE A CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA REUNIDOS Por unha parte, D. Cástor Gago Alvarez, Excmo. Sr. Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria da Xunta de Galicia, no seu nome e representación, de acordo coas atribucións que ten conferidas no artigo 34.10 da Lei 1/1983, de 1 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente. E, por outra, D. Rafael Louzán Abal, Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, no seu nome e representación, en virtude das facultades que ostenta segundo o artigo 34.10 da Lei 7/85, de 2 de abril, de Bases de Réxime Local. EXPOÑEN Que o sector agropecuario é un sector socioeconómico estratéxico para Galicia, pola súa aportación económica e máis polos postos de traballo que xera. Que por iso é de primordial importancia promove-lo seu desenvolvemento, modernización e adaptación ós cambios producidos dende a incorporación de España á Comunidade Económica Europea, e manter un modelo de desenvolvemento sostible e evita-la despoboación do hábitat rural. Que ámbalas dúas partes consideran aconsellable promove-la cooperación e colaboración das dúas institucións no desenvolvemento do sector, sen detrimento do exercicio das competencias e das disposicións de rango superior que na actualidade ou nun futuro poidan regula-las competencias que ámbalas dúas institucións teñen na materia. Que as dúas partes son conscientes de que o desenvolvemento do sector agrario debe asentarse nun desenvolvemento científico e tecnolóxico. Que ámbalas dúas institucións subscriben un Convenio Marco de Cooperación que sirva para o fomento e desenvolvemento do sector agrario. CLÁUSULAS PRIMEIRA.- É obxecto do presente Convenio a realización común de proxectos e programas referidos a algún dos seguintes aspectos: a) Aplicación de novas técnicas e modernización do proceso productivo. b) Formación das persoas que pertencen ó sector agrario. c) Fomento dos traballos de investigación d) Accións tendentes a mellora-las tecnoloxías aplicadas ó sector, así como a mellora da calidade dos diferentes productos. e) Promove-la producción integrada e loita biolóxica dos cultivos da Comunidade Autónoma. f) Incrementa-la actuación polo desenvolvemento da agricultura biolóxica, como nova alternativa da producción. g) A conservación de razas autóctonas. h) Programas de mellora xenética. i) Promove-lo apoio laboratorial, para a mellora da eficacia productiva nas explotacións. SEGUNDA.- O presente Convenio Marco será obxecto de desenvolvemento a través de Convenios Específicos, determinándose en cada un deles o programa a desenvolver, os fins propostos, os medios necesarios para a súa realización, a duración do programa e o presuposto económico. Os convenios específicos deberán constar, como mínimo, dunha breve memoria explicativa dos obxectivos da colaboración, cos anexos que se consideren necesarios e dun presuposto de gastos no que se recollerá a distribución das aportacións financeiras entre as institucións e a distribución temporal dos gastos, cando a duración sexa superior a un exercicio económico, así como o réxime de pagamentos. A Comisión Mixta estudiará as propostas de convenios específicos e informará sobre estas antes de seren sometidas ós órganos rectores de ámbalas dúas partes. TERCEIRA.- Cando dos convenios específicos deriven obrigacións de natureza económica observaranse as normas sobre a aprobación do expediente de gasto e as de intervención previa regulamentaria. CUARTA.- Os acordos que se reflicten neste Convenio Marco e nos Convenios Específicos que se poidan asinar terán sempre carácter administrativo e deles non poderán derivar, en ningún caso dereitos ou obrigacións de carácter laboral. QUINTA.- No prazo de trinta días hábiles, a partir da data da sinatura do presente Convenio Marco, constituirase unha Comisión Mixta con representantes designados polos órganos rectores de ámbalas dúas institucións en réxime de paridade. A dita Comisión será o órgano de planificación, seguimento e avaliación das accións derivadas do presente Convenio Marco. A Comisión Mixta xuntarase sempre que o solicite unha das partes, polo menos unha vez ó ano, e máis elevaranse informes e propostas ós órganos rectores de ámbalas dúas institucións. SEXTA.- Cando a sinatura dos Convenios Específicos lle correspondese ó Excmo. Sr. Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, este delegará no director Xeral a que lle afecte a natureza do acordo, que actuará en representación da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e pola parte da Deputación polo seu Presidente ou delegación nun Vicepresidente ou Deputado. SÉTIMA.- As cuestións litixiosas verbo de interpretación, modificación, resolución e máis efectos que puidesen derivar da aplicación do presente Convenio, ou dos específicos que se establezan como consecuencia do mesmo, deberá resolvelos a Comisión Mixta a que se refire a cláusula sexta, artigos 59 e 60 do Real Decreto Lexislativo 2/2000 de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas. OITAVA.- O presente Convenio empezará a produci-los seus efectos a partir da data da súa sinatura e terá unha duración de catro anos, podendo ser prorrogado por acordo das partes, acordo que debe ser formalizado con anterioridade á expiración do prazo convido. NOVENA.- O presente Convenio poderá resolverse por denuncia de calquera das partes mediante aviso previo comunicado de maneira que faga fe con, polo menos, seis meses de antelación á data de resolución proposta. No caso de existir algún Convenio específico vixente ó abeiro deste Convenio Marco, estes continuarán vixentes ata o seu remate. E como proba de conformidade asinan o presente Convenio, en tódalas súas follas, no lugar e data indicados ó principio. Santiago de Compostela, de de 2000 POLA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, Asdo. Rafael Louzán Abal POLA CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E P. AGROALIMENTARIA, Asdo. Cástor Gago Alvarez ------ Folla: 4.4500.- APROBACIÓN DE PROXECTOS DE OBRA Sr. Presidente.- Punto catro, aprobación de proxectos de obra. Bueno, este punto concretamente é algo que xa se levou á Comisión Informativa respectiva, en principio trátase da aprobación de algo que vai a implanta-la Deputación Provincial de Pontevedra que é o financiamento plurianual de tres obras de interese provincial, de melloras en estradas provinciais que é concretamente: "Ensanche e mellora de trazado da estrada provincial 2908 Arcade - Amoedo", que nos leva ó acceso directo que xa existe pero é mellora-lo acceso directo a unha ubicación que é titularidade da Deputación Provincial e que é o Castelo de Soutomaior. En principio o custo desta obra son 162.970.603 pesetas das cales 14.666.200 corresponden a expropiacións ou incluso a acordos ós que vamos intentar chegar con algúns dos afectados, financiándose a mesma, anualidade 2000, 28.304.403 pts, para as expropiacións a cantidade que mencionara anteriormente, anualidade 2001, 60.000.000 pts, e anualidade 2002 outros 60.000.000 pesetas. Segunda: "Mellora estrada provincial 3303 Tabagón- Goián" que afecta ós Concellos do Rosal e Tomiño, por un importe de 73.800.315 pts, financiándose a mesma da seguinte maneira: anualidade 2000, 23.800.315 pts, e anualidade 2001, 50.000.000 pts. E a terceira obra que se vai a mellorar é "Ensanche e Mellora da estrada provincial 9405 Barrantes- Armenteira", toda ela no municipio de Meis, por un importe de 255.349.447 pts, financiándose a mesma da seguinte maneira: anualidade 2000, 85.349.447 pts, anualidade 2001, 85.000.000 pts, e anualidade 2002 a mesma cantidade de 85.000.000 pts. En principio tal e como dicía antes son obras que cremos que son de interese da provincia polos enclaves situados nestas zonas e á parte concretamente na de Tabagón-Goián porque vai a unir a ponte internacional que se vai facer dende Tomiño ó municipio de Vilanova de Cerveira. ¿Hai algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días. Moitas gracias Sr. Presidente. En certo modo non saímos do noso asombro, todos teñen aí un plan de estradas provinciais, subteórico, nunca o coñecemos, non existe esa priorización e se nos escapa absolutamente porque estas estradas si e outras non e máis, e claro, chega sempre unha que se van a pronunciar se esa é a necesaria, e claro que é necesaria pero o que non sabemos é si esa é máis necesaria que outra ou non porque non existe ese programa de prioridades, nin tan sequera as razóns, de feito agora nos dirán, como nos din en tódolos Plenos, que hai unha prioridade dos técnicos, etc., nin no expediente consta para nada esa urxente necesidade, simplemente nolo dirán aquí por unha cuestión de oportunidade pero non consta para nada. Vostedes o decidiron pero non se nos escapan as razóns, xa digo, non é que esas non sexan necesarias, senón porque esas e outras non, e xa o que se nos escapa definitivamente é unha fórmula que esta Deputación non estivo utilizando ata agora, que me recorde, non sei se escapa algunha vez pero creo que nunca, se foi, foi moi rara vez que é a financiación plurianual, estas obras vanse facer nun principio, as dúas primeiras teñen un período de execución de oito meses e a última, a de Barrantes - Armenteira dun ano, e lle poñen financiación a tres anos, é unha fórmula que vale pero que nunca se utilizou, elixila exactamente para estas obras parece absolutamente sorprendente, polo menos se nos escapan totalmente as razóns, porque claro, se fora unha obra de moitos millóns, entre as tres non chegan ós 500.000.000 pesetas, ou sexa que tampouco estamos falando de nada doutro mundo, se fora que vamos facer aquí un vial gordo, importante, recurrimos si, houbo actuacións desta Deputación do mesmo calibre que se fixeron por fases e algunhas simplemente nun ano sen ter que recurrir a isto, entón as razóns polas que se recurre a isto se nos escapan aínda moito máis. Como as obras, estas ou otras hai que facelas, vostedes decidiron esto, tampouco hai que quedar aquí que nos opoñemos a que se faga calquera, pois vámonos a abster. Sr. Presidente.- Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver. El Grupo Socialista cuando vinieron listados de carreteras provinciales para hacer, tanto en el Plan Operativo Local como en los diferentes planes de la Diputación, viene planteando desde hace años que mientras no haya un Plan Provincial de Carreteras aprobado por esta Corporación priorizando las obras en función de la utilización, etc., etc., nosotros estuvimos siempre y ahora vamos a seguir manteniéndolo, estamos en contra de que, y así lo votamos en otras ocasiones, en contra de que aparezca un listado X que normalmente se hace en función de los compromisos políticos del grupo de gobierno y no de la utilización real de las carreteras. Vamos a seguir manteniendo esa posición de estar en contra, lo que ocurre es que, lo que se plantea en este punto es la aprobación de los proyectos de obras, nosotros no vamos a discutir del proyecto de obra más que un par de cosas que quería que nos aclarase el Presidente en funciones. Una de ellas es que en el proyecto de obras de la carretera Soutomaior - Amoedo, Arcade - Amoedo creo que es, aparecen creo que 275 metros de aceras. Bien, yo quisiera que el grupo de gobierno me contestase lo siguiente: ¿en todas las carreteras provinciales que van a seguir manteniéndose de titularidad de la Diputación, la Diputación está dispuesta a la construcción de aceras?, siempre que se pase por tramos urbanos o por tramos que podrían ser peligrosos por el trazado de la carretera, yo quiero que se me conteste a eso porque si no aquí se está cayendo en que incluso dentro de las obras que ustedes eligen, puede haber y hay discriminación de unas zonas con otras, es decir, en unas se incorporan proyectos de aceras y en otras no, y eso también habría que razonarlo, y habría que razonarlo con criterios técnicos y con criterios que sirviesen para todas las carreteras provinciales. Ya le digo, concretamente aquí hay una que si lleva aceras y las otras dos no, entonces quisiera que me contestase a esa pregunta. Vuelvo a repetir, este no es el punto de estar en contra o a favor porque en contra ya estuvimos cuando ustedes eligieron las obras, se trata del proyecto de obras y vamos a abstenernos sobre este tema, pero quisiera que me contestara a esa pregunta. Sr. Presidente.-Bueno, gracias Emilio. Para empezar xa por Emilio, con respecto como el ben dicía ademais, dicir que non é hábito desta Deputación que en ningún Concello se fagan aceras se non é vía convenio. Aquí parece ser que hai 275 metros o cal é unha cantidade practicamente insignificante, ten que haber un motivo excepcional que debe ser como se pretende un ensanche desta carretera a un centro titularidade da Deputación, pois algún motivo excepcional entendo que debe haber porque os técnicos mesmo da casa saben que a única forma de facerlles servicios ós Concellos en carreteras provinciais é vía convenio. Neste caso estes 275 metros que son cantidade insignificante nesta carretera concretamente, imaxínome que é porque algunha casa, neste caso, algunha construcción está moi próxima á carretera e será para salvagardar un pouco ós viandantes que poidan pasar nesa zona concretamente, a excepción que queremos facer aí é unha excepción 7,9, polo tanto é unha excepción bastante ampla para que os vehículos e sobre todo agora mesmo se vaia mellorando o trazado e os vehículos poidan pasar a unha velocidade normal e que non como agora que ten un trazado moi dificultoso. Iso con respecto ó que dicía Emilio. Con respecto ó que dicía o Sr. Mosquera, eu creo que xa o expliquei no día que o presentamos unha vez que foi a Comisión Informativa, que nós estas obras entendemos que son de interese provincial por varios motivos. Primeiro o interese provincial na de Arcade - Amoedo porque hai un centro titularidade da Deputación visitado por practicamente cen mil persoas ó ano e polo tanto entendemos que debemos defende-los intereses desa ubicación porque é totalmente lóxico e lícito, que xa a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda mellorou o tramo dende a carretera nacional ata o entronque coa nosa carretera, polo tanto agora o que nos queda é mellorar esta fase ata chegar ó Castelo de Soutomaior coa idea de que á maior brevidade posible esta mellora se leve a cabo ata chegar ó municipio de Pazos de Borbén, esa é a nosa idea, polo tanto de acercar incluso máis ós veciños de Pazos de Borbén tamén, pero con esta actuación vamos a chegar, probablemente, incluso sobrepasar, a actuación que sobrepasará o Castelo de Soutomaior. Con respecto á de Barrantes - Armenteira, dicir que é unha actuación que leva pedida dende hai moitos anos por parte dos propios veciños, temos un dos enclaves turísticos máis importantes da provincia e polo tanto xa levamos facendo actuacións dende que tamén a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda fixo o enlace da vía rápida de Sanxenxo con Cambados, hai un entronque que dá acceso directo á carretera do Mosteiro da Armenteira e polo tanto ese entronque xa foi mellorado pola propia Deputación e agora o que queremos facer é mellora-lo tramo que falta ata o propio Mosteiro e incluso levalo ata ó final do tramo de carretera provincial, creo que é algo moi reivindicado polos veciños dende hai moitos anos, vivo naquela zona e coñezo perfectamente cal é a petición dos veciños que nos levaban reclamando esta actuación dende fai bastante tempo, non se puido facer antes e polo tanto agora se vai facer. Con respecto á de Tabagón no municipio de Tomiño, creo que o motivo xa o dixen antes, me comentaban incluso na reunión que tiven co Concejal responsable Deputado que está aquí con nós, xa está practicamente adxudicada a ponte internacional e polo tanto con esta mellora a Deputación vai a ter coordinada que cando a ponte estea inaugurada a nosa carretera tamén vai estar mellorada e de acorde un pouco coas necesidades daquela zona, estivemos vendo incluso fai uns días a propia carretera e polo tanto creemos que é para a zona do Val Miñor, do Baixo Miño, creemos que é unha actuación moi importante. Despois a fórmula de financiamento creemos que é beneficiosa para todo o mundo porque, primeiro, terminamos tramos de carreteras completos o cal beneficia evidentemente a esa carretera e á zona en si. Segundo, incluso para os propios empresarios pois tamén é un beneficio importante porque aínda que o financiamento é en tres anos practicamente en enero do 2002 poden te-la carretera terminada e tela cobrada, polo tanto estamos falando a un período moi breve de tempo, e para a Deputación o mesmo que para os veciños é algo de interese porque con esta fórmula termina tramos de carretera provincial e así non temos que andar facendo pequenas actuacións como facemos agora mesmo, e vostede ben recoñecía ademais que é unha fórmula que vale, polo tanto manifestando o mesmo dígolle que é unha fórmula moi interesante, que vamos a aplicar de novo e que creemos que vai dar moi bo resultado, polo tanto, pola miña parte se hai algunha intervención. Si, Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, eu non sei se nos entendemos ou non, vamos a ver. Seguimos no mesmo porque as razóns que se deron, por exemplo, de que se hai unha solicitude veciñal, haina noutras moitas estradas provinciais, pero o que non entendo, vou a aclarar por exemplo é que se está previsto que vaia a Pazos de Borbén, Arcade, Amoedo e se fai un financiamento plurianual ¿por que non se fai xa ata Pazos de Borbén?, porque claro, se se recorre a un financiamento plurianual será para obras de certa entidade, non para obras de 73 millóns ou de 163, ¿por que se recorre?, ¿non hai fondos este ano ou téñennos comprometidos?, ¿onde están eses compromisos?, é que todo iso se lles escapa, ¿por que se comprometeron outros?, ¿por que están comprometidos eses cartos noutras estradas?, ¿cales foron as que se priorizaron?, etc., etc. Iso todo se lles escapa, entón di, non, é que vai ata o Castelo de Soutomaior, correcto, moi ben, ¿e por que non vai ata Pazos de Borbén se vai ese financiamento plurianual?, ¿é que o ano que vén ou para o seguinte non ten previsto meter para estradas provinciais cartos suficientes como para que non poida meterse agora e non andar a cachos?, se se recurre a esa fórmula, é que todo se nos escapa, é dicir, non nolo explicaron e dende logo aquí no Pleno tampouco parece que veñan razóns moi convincentes. De tódalas maneiras repito o mesmo, que nós non nos vamos a opoñer a que se fagan certo tipo de obras pero o que nos parece absolutamente sorprendente é a maneira como se elixen, por que se elixen, por que están comprometidos porque o que me está dicindo é que, por exemplo, para facer unha obra como a de Tabagón-Goián, 73 millóns de pesetas, non hai cartos este ano, ou sexa, quere dicir que os teñen comprometidos noutro lado ¿onde?. ¿por que?, ¿son máis prioritarias as outras e por iso esta ten que ir para o ano que vén?, agora nos di que esta é absolutamente prioritaria, ¿por que?. Tódalas cousas e o que falta por saber para ter unha composición de lugar, claro, estamos no mesmo, poñen os compromisos como queren, segundo intereses, supoño que será unha combinación dos informes técnicos que teñan e sobre todo de quen estea gobernando nese Concello ou non estea, ou a estructura que teñan alí ou lle conveña, unha vez feitos eses compromisos pois agora nos veñen con isto que é resultado de todo un proceso que nos fan definir sobre algo que se nos escapan tódalas claves, bueno, se nos escapan sendo ben pensados, mal pensados xa é evidente cales son. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. D. Emilio. Sr. González Iglesias.- Preguntas concretas, Sr. Presidente en funciones. ¿Tienen pensado elaborar un Plan Provincial de carreteras y en qué plazo?, si es así, supongo que si porque el Presidente se comprometió en varias ocasiones, quisiera que me contestase en qué plazo. Y la otra pregunta concreta es, siempre que se den las mismas circunstancias que se dan en la carretera Arcade - Amoedo para que la Diputación haga aceras, ¿van a construir esas aceras o ésta es la excepción?, digo si se dan las mismas circunstancias. Nada más. Sr. Presidente.- Gracias Emilio. Eu creo que xa está explicado perfectamente o que comentamos antes de aceras, ten que ser un motivo excepcional, ou sexa, non hai ningunha outra razón para que iso se faga así, ten que ser un motivo excepcional e un motivo técnico que realmente nos leve a facer, 200, estamos falando de 275 metros de acera, estamos falando dunha cantidade dun proxecto de 170 millóns de pesetas, probablemente de 500 a 500.000 pesetas, que ten que ser para salvagardar algunha cousa excepcional que hai nesa carretera, polo tanto eu creo que iso queda perfectamente aclarado e incluso pediremos aclaración ó técnico para que nola dea, polo tanto o que vos digo e que non houbo ningún interese nese sentido porque as pautas están marcadas moi claras, dicir que a Deputación só realiza melloras de servicios nas estradas provinciais mediante convenio ó 50%, polo tanto iso creo que quedou perfectamente claro. Con respecto á fórmula que dicía o Sr. Mosquera hai que engadir máis, como eles reivindicaron ademais aquí nun Pleno e eu así o fixera, enviamos a tódolos Alcaldes da provincia de Pontevedra unha carta onde manifestaran as súas necesidades, creo que hai Concellos que a día de hoxe aínda non a enviaron pero os que si a enviaron, e non poderán demostra-lo contrario, se cumpriron ou se van cumprindo as expectativas que eles nos pedían, e nestes momentos os criterios de actuacións nas carreteras provinciais coinciden tanto as do equipo técnico, as do equipo de goberno e as dos Concellos, as que mandan os Alcaldes, e incluso para que non exista ningunha diferencia se pediu a todo o mundo para que o mandara, hai algúns evidentemente que non o mandaron e polo tanto nós vamos a seguir adiante coas actuacións previstas. Xa dixen antes que nós, o Grupo Popular, ten moi claro que son obras, as tres están máis que xustificadas porque eu así din datos para iso, son obras de interese provincial, e creo que está perfectamente motivado, hai un enclave turístico, un dos máis importantes da provincia e sobre todo da zona do Salnés, que é o Mosteiro da Armenteira; hai outro que é un centro titularidade da propia Deputación Provincial que así o xustifica, vostede dicía, ¿por que non chegamos a Pazos de Borbén?, porque probablemente ó mellor necesitamos unha inversión tres veces superior á que está aí prevista, se facemos a primeira actuación, resolvemos un problema que é chegar ó Castelo de Soutomaior co compromiso firme de que vamos a chegar tamén ó municipio de Pazos de Borbén porque así estudiámolo proxecto e así o falamos cos técnicos e co propio Concello, que sepan os veciños de Pazos de Borbén que a maior brevidade posible vamos a chegar tamén a Pazos de Borbén. Polo tanto, eu creo que iso está perfectisimamente claro e que vamos a levar adiante este programa porque é un programa totalmente necesario, que inclue obras de interese provincial e que temos que sacalas adiante á maior brevidade, interesa á Deputación, interesa ós veciños e incluso ós propios empresarios, polo tanto a xustificación eu creo que está máis que clara. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. O PSOE e o BNG. ¿A favor?, Grupo Popular. Vistos os proxectos relativos ás obras que máis adiante se detallan, e vistos os informes favorables emitidos por Intervención relativos ó financiamento das mesmas, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por maioría de votos a favor do Partido Popular e coas abstencións do PSOE e do BNG aproba-los seguintes proxectos: 1.- "Ensanche e mellora de trazado EP 2908 Arcade- Amoedo", ascendendo o seu importe total á suma de CENTO SESENTA E DOUS MILLÓNS NOVECENTAS SETENTA MIL SEISCENTAS TRES PESETAS (162.970.603) (das que 14.666.200, corresponden a expropiacións), financiándose a mesma da seguinte maneira, e con cargo á partida 511.511-612.02: Anualidade 2000: Expropiacións 28.304.403 ptas. 14.666.200 ptas. Anualidade 2001: 60.000.000 ptas. Anualidade 2002: 60.000.000 ptas. 2.- "Mellora EP 3303 Tabagón - Goián (Rosal - Tomiño)", por un importe total de SETENTA E TRES MILLÓNS OITOCENTAS MIL TRESCENTAS QUINCE PESETAS (73.800.315), financiándose a mesma da seguinte maneira, e con cargo á partida 511.511-612-02: Anualidade 2000: 23.800.315 ptas. Anualidade 2001: 50.000.000 ptas. 3.- "Ensanche e Mellora PO-9405 Barrantes- Armenteira (Meis)", por un importe total de DOUSCENTOS CINCUENTA E CINCO MILLÓNS TRESCENTAS CORENTA E NOVE MIL CATROCENTAS CORENTA E SETE PESETAS (255.349.447), financiándose a mesma da seguinte maneira, e con cargo á partida 511.511-612.02: Anualidade 2000: 85.349.447 ptas. Anualidade 2001: 85.000.000 ptas. Anualidade 2002: 85.000.000 ptas. ------ Folla: 5.4501.- CUARTO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS E SUPLEMENTOS DE CRÉDITO E PRIMEIRO DE TRANSFERENCIA DE CRÉDITOS Sr. Presidente.- Punto 5º da orde do día, cuarto expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de crédito. Ten a palabra o Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Fernández.- Si, gracias Sr. Presidente. Decir en este punto que este propio Diputado metió una enmienda al dictamen de la Comisión de Economía celebrada la pasada semana y la enmienda viene motivada por haberse previsto la celebración en dependencias del Museo Provincial de una exposición titulada "Carlos V, la náutica y la navegación", lo que tendrá lugar del 27 de setiembre al 17 de diciembre del año en curso. La organización de esta exposición correrá a cargo de la Sociedad Estatal para la conmemoración de los Centenarios de Felipe II y Carlos V, debiendo, previa firma de un convenio, la Diputación patrocinar el evento dicho con 17.000.000 pesetas más IVA lo que supone un total de 19.720.000 pesetas, cantidad que este Diputado pide que se tenga en cuenta en este expediente de modificación de créditos que hoy traemos, para lo cual se crearía una nueva partida, en capítulo 4º, con esa cantidad de 19.720.000 pesetas con cargo a remanentes de Tesorería y supondría un aumento total, el aumento total en el estado de gastos pasaría de 119.976.000 a 139.696.000, el resto de este cuarto expediente de modificación de créditos y primera transferencia de créditos supone ese total de 139.696.738 pesetas, de los cuáles 75.000.000 irían a capítulo 2 en vías y obras, carreteras, caminos vecinales y vías públicas; reparaciones en este Palacio 800.000 pesetas; Plan Cultural, 5.000.000; Olimpiada Provincial y Fiestas de la Bicicleta y Marathones, 3.500.000; Imprenta Provincial, 2.600.000; Ferias, 5.000.000; Catálogo Fiestas Peregrina, 3.500.000; Convenio con la Asociación Alecrín, 3.500.000; Congresos, 5.000.000; Montañismo, en Cultura, Junta y Deportes, Montañismo y Unipublic, Vuelta a Galicia del 99, 4.900.000 pesetas. Después se pasaría del capítulo 7 al capítulo 6 una partida de 35.995.000 pesetas para obras del POL, con Ayuntamientos; se dotaría también de 5.000.000 para una rampa de minusválidos en este Palacio Provincial; equipos informáticos 350.000 pesetas; y para obras en el Hogar Provincial 3.300.000 pesetas, eso supone ese total de 139.696.738. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pedrosa. Dicir que se trae como unha aprobación de moción tamén a exposición de "Carlos V, la náutica y la navegación", esta Sociedad Estatal para a Conmemoración dos Centenarios de Felipe II e Carlos V elixiu a cidade de Pontevedra para celebra-la exposición "Carlos V, la náutica y la navegación" polo protagonismo que ten Pontevedra en relación coa cultura, etc., e coa navegación. Esta exposición, tal e como dicía Juan Luis, exhibirase de setembro a decembro e o custe total da exposición ascende a 150.000.000 millóns de pesetas, que a Deputación de Pontevedra xa dixo Juan Luis a cantidade que ía aportar, polo tanto quedou perfectamente claro, e bueno, tamén se plantexa dende o propio equipo de goberno a posibilidade de incentivar a que asistan o máximo de alumnos da provincia de Pontevedra xa que esta exposición vai a estar no Museo, concretamente, entón para que poidan visita-la exposición e incluír tamén a visita ó propio Museo. Tamén dicir que levamos un tempo cos técnicos traballando en relación á supresión de barreiras arquitectónicas, a rampa de acceso para minusválidos, dicir que temos un proxecto elaborado de 8.247.761 pesetas e que unha vez aprobado este expediente de modificación de créditos realizaremos esta importante obra para que os minusválidos poidan acceder a este edificio da Deputación, e que será pola parte posterior do edificio sobre todo para que non cause moito impacto xa que como todos sabemos é unha estructura moi noble a que temos aquí. Nada máis. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias. Dende logo que fixeron a exposición e demais verdadeiramente hábil, mire, ata esta exposición eran 119.000.000 millóns, co cal son uns cantos picos e 75.000.000 millóns para pichi, esa era a modificación, os 75.000.0000 millóns se esquenceron e empezaron a falar da rampa e non sei qué que é interesante e todo iso, e ó final o real é que a modificación substancial é esa. Bueno, o que dicimos sempre, como resultado dun orzamento que non estivemos de acordo e dunha xestión de orzamento que non compartimos, vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Gracias. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- A parte de los 75.000.000 millones que significa más del 50% del expediente a mi me llama la atención poderosamente que en los anteriores expedientes y en este también, se va dotando el Plan Cultural de 4.000.000 más, 5.000.000 millones más en este, en el anterior eran 4.000.000, creo recordar, y esto me lleva a pensar que hay una descoordinación entre quien lleva la política cultural de la Diputación y el Diputado que elabora los presupuestos. Hombre, puede ocurrir que en un expediente haya que dotar más una partida de este tipo, pero que en todos los expedientes siga apareciendo sistemáticamente esta partida parece que hay una falta de previsión, parece. Y vuelvo a repetir, yo creo que si este es el cuarto en tres anteriores figuraba con mayor dotación el Plan Cultural, creo que ahí hay un error en el planteamiento. Y después, yo quisiera que me aclarara el Presidente de la Comisión de Economía los 4.000.000 millones de Unipublic, Vuelta Ciclista a Galicia 99 o 2000, porque si es 2000 podría entenderlo en función de que se hayan olvidado a la hora de hacer el presupuesto, si es del 99 quisiera que nos lo explicase y después sigo interviniendo, si les parece. Sr. Presidente.- De acordo Emilio, só aclarar. Que a nós nos conste o Plan Cultural o único incremento que sufriu durante o ano 2000 da cantidade inicial prevista que eran 35.000.000 millóns de pesetas é a primeira ampliación que sufre neste momento,polo tanto non temos constancia de que, o Plan Cultural non tivo ningún incremento máis que este que levamos hoxe aquí, ou sexa que, iso que quede claro porque ademais creo que están os papeis aí que o demostran. Cedémoslle a palabra ó Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Fernández.- Si, gracias Sr. Presidente. Decir en principio que un presupuesto es una declaración de intenciones a lo largo de todo el año y que evidentemente es imposible mantener exactamente al pie de la letra por lo tanto para eso están las modificaciones presupuestarias y para eso se traen en cada Pleno, no tiene uno porque atarse exactamente ni tiene uno que haber tenido todas las previsiones a día uno de enero de cada año, por lo tanto esas variaciones es algo totalmente normal en todos los presupuestos de todos los Ayuntamientos o de todas las Corporaciones. En cuanto a lo de la vuelta ciclista se refiere a la del año 99 como reza en el expediente, como dice exactamente, son 2.900.000 pesetas exactamente, no son los 4.900.000, son 2.900.000 correspondientes al convenio firmado en el año 99 que estaba sin pagar, por lo tanto corresponden al año 99, 2.900.000 pesetas, el resto es con el Club de Montañismo. Sr. Presidente.- Si, Sr. González. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver. Sólo faltaría que estuviese pagado, está claro, tiene que estar sin pagar porque no tenía ningún encaje presupostario, lo va a tener a partir de ahora. A mi me llama la atención lo que decía antes, que se haga un presupuesto cuando hay un convenio y que no se tengan en cuenta los convenios que tiene firmados la Diputación porque lógicamente este evento deportivo ya se celebró, y en buena lógica en el momento en el que haces el presupuesto tienes que tener constancia de esto y en todo caso, en todo caso, en el primer expediente traerlo y no esperar al cuarto, eso sería lo lógico. Hombre, es posible que no sea exactamente el Plan Cultural, puede ser el tema relacionado con actividades culturales, no lo discuto, pero la argumentación es la misma, me da igual que sea el Plan Cultural o que sean actividades culturales, yo veo que en cada expediente de modificación se va dotando de más dinero la partida y ahí hay una falta de previsión bastante clara, no estoy para nada criticando los expedientes de modificación, es decir, si es lógico, están para eso, ni más ni menos, lo que pasa es que hay cuestiones que en buena lógica no deberían de venir a un expediente de modificación porque tenían que estar previstas, eso es a lo que me refería. Yo creo que si votamos en contra del Presupuesto y viendo que en este expediente hay cuestiones que ya tenían que estar antes, en todo caso, lógicamente vamos a mantener el mismo sentido del voto y vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Gracias Emilio. Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Fernández.- Simplemente para decirle que evidentemente en el Partido Popular somos humanos y bueno, pues si, habría que haber contemplado al principio del presupuesto los 2.900.000 pesetas de Unipublic, pero somos humanos las gentes del Partido Popular y a veces tenemos fallos. Sr. Presidente.- Moi ben. Eu creo que, para contestar un pouco o que dicía o Sr. Mosquera, non vamos a entrar en polémicas porque evidentemente se está en contra da aprobación do presuposto e máis do que el lle chama o pichi famoso, que bueno, con respecto a Pontevedra tamén lle saíron algunhas manifestacións dicindo que eles non querían ningún tipo de actuación en relación co tema do pichi, pero dicirlle que compañeiros seus están encantados de que lle botemos unha mán nese sentido e que colaboremos con eles dándolles aglomerado, etc., etc., así como facemos con tódolos concellos da provincia. Polo tanto é unha cantidade importante que vén a axudar un pouco a palia-las necesidades que teñen os distintos concellos da provincia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?, o Grupo Popular, na que se inclue tamén a cantidade de 17.900.000 pesetas para exposicións. Visto o cuarto expediente de modificación de créditos para créditos extraordinarios e suplementos de crédito, dentro do vixente Presuposto Provincial, por un total de CENTO SETENTA E CINCO MILLÓNS SEISCENTAS NOVENTA E UNHA MIL SETECENTAS OITENTA E CATRO PESETAS (175.691.784), sendo de dita cantidade para créditos extraordinarios 29.470.000 pesetas e para suplementos de créditos 110.226.738 pesetas, motivado á necesidade de ter que realizar gastos que non deben demorarse ata o exercicio seguinte, por non existir consignación no estado de gastos do vixente Presuposto, financiándose dito expediente con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible por importe de 139.696.738 pesetas e á primeira transferencia de crédito con baixa de 35.995.046 pesetas do Capítulo 7º do Presuposto, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por maioría, co voto a favor do Grupo Popular e os votos en contra do PSOE e do BNG, prestar aprobación a dita modificación presupostaria e ós recursos para o seu financiamento, sendo o detalle do expediente resumido por capítulos o seguinte: Os gastos que se pretenden financiar co expediente de crédito extraordinario son específicos e determinados. Este expediente presenta, resumido por capítulos, a seguinte estructura: Capítulo 4º.- Transferencias correntes 28.120.000 Capítulo 6º.- Inversións reais 350.000 Capítulo 7º.- Transferencias de capital 1.000.000 Total crédito extraordinario 29.470.000 Os gastos que se pretenden financiar co expediente de suplemento de crédito son específicos e determinados. O detalle destes gastos que se pretenden financiar con este expediente figuran a continuación: Capítulo 2º.- Gastos en bens correntes e servicios 87.351.738 Capítulo 4º.- Transferencias correntes 14.000.000 Capítulo 6º.- Inversións reais 5.575.000 Capítulo 7º.- Transferencias de capital 3.300.000 Total suplemento de crédito 110.226.738 Este expediente finánciase co remanente de Tesourería. Os gastos que se pretenden financiar co expediente de transferencia de crédito son os que se detallan no estado demostrativo do expediente. Este expediente presenta, resumido por capítulos, a seguinte estructura: Capítulo 6º.- Inversións reais 35.995.046 Total transferencias de crédito 35.995.046 Este expediente finánciase con baixas de crédito no capítulo 7º. Os expedientes presentan, resumidos por capítulos, a seguinte estructura: Capítulo 2º.- Gastos en bens correntes e servicios 107.071.738 Capítulo 4º.- Transferencias correntes 22.400.000 Capítulo 6º.- Inversións reais 41.920.046 Capítulo 7º.- Transferencias de capital -31.695.046 Total expediente de modificación de crédito.. 139.696.738 Dito expediente, de conformidade co disposto no art. 158 en relación co 150 ambos da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, exporase ó público por un período de quince días a efectos de reclamacións. ------ Folla: 6.4502.- APROBACIÓN DA CONTA XERAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO 1999, INTEGRADA POLA DA PROPIA DEPUTACIÓN E POLAS DOS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS Sr. Presidente.- Punto 6, aprobación da Conta Xeral da Deputación Provincial correspondente ó exercicio 1999, integrada pola propia da Deputación e polas dos seus organismos autónomos. ¿Algunha intervención?. Bueno, non hai intervencións, iso quere dicir que as cousas se están facendo ben, polo tanto, á parte creo que ningún dos grupos revisou as contas, se entende que hai por parte dos técnicos e do equipo de goberno da casa unha boa actuación aínda que parece ser que o Sr. Mosquera queira intervir para dicir algunha réplica. O que pasa é que agora debe estar moi ocupado e non pode vir a revisa-las contas. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Perdón Sr. Presidente, parece que vén con ánimo provocador. Sr. Presidente.- Non, nin moito menos. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, efectivamente vén con ánimo provocador, tanto no punto anterior na última intervención sacou un tema en plan bastante manipulado, quero dicir, o Concello de Pontevedra non está en contra de que a Deputación faga obras dentro do Concello nin moito menos, co que está en contra é de que ande por aí coas máquinas facendo auténticos destrozos, pide que sexa con proxecto, con proxecto e supervisado e non metendo as máquinas onde queira, a ver se queda clara a historia de barbaridades que fixo a Deputación coas súas máquinas e inda podo contar dunhas poucas. Pero con respecto a este tema, unha conta xeral de calquera Concello ou Deputación debería ser algo de absoluto trámite. Suponse que a Intervención, a Tesourería, cando pagan as facturas garanten, verdade, garanten que está todo en regra, e ese proceso se non se está violentando continuamente vai levando a que tódolos papeis, máis ou menos estén ben, máis ou menos. Iso é o normal en tódalas Administracións, houbo épocas nesta Deputación que o descontrol era tan absoluto e a impugnidade, a sensación de impugnidade tan absoluta que ou non debe aparecer anque suceda, se é que Intervención e Tesourería funcionan como deben funcionar pois aparecía nas contas o cal xa era gravisimo, entón si nos pasamos a molestia de miralo para ve-lo que aparecía. Houbo un cambio, isto nestes momentos está funcionando con certa normalidade o que non quere dicir que nas decisións previas a eses trámites non sega habendo moitisimas decisións arbitrarias e incluso cuestións que non están nada ben, agora, que as formas as coidan xa o dixemos, entón chega unha conta xeral que nestes momentos, como pasa en calquera Administración, pasa sen pena nin gloria porque é un trámite absolutamente rutinario, o que non entendo é a intervención do Presidente en plan de provocar algo que non ten nin pés nin cabeza, non ten absolutamente nin pés nin cabeza. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Emilio, xa intervés agora. Só dicirlle que eu estou falando de algo real, antes se pasaban aquí tardes completas revisando as contas, etc., etc., polo tanto non estou provocando absolutamente nada, o que lle digo é que agora ó mellor vostede como ten tarefas de goberno está moi ocupado, á parte que manifestou públicamente e así agradecémosllo, que se coidan as formas, que facemos as cousas ben o cal lle agradecemos a súa vontade de colaboración. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Yo me alegro que el Presidente hoy reconozca que antes lo hacían muy mal, el Partido Popular aquí. También es verdad que hay que reconocer que en los tiempos en que lo hacían peor todavía él no era Diputado. Yo de la misma forma que agradezco que el Presidente de la Comisión de Economía y de la Comisión de Cuentas antes haya reconocido que también se equivocan, que es normal, todos nos podemos equivocar, ahora me alegra profundamente que usted reconozca que hubo tiempos en que no lo hacían tan bien. De todas formas nosotros teníamos pensado abstenernos por una razón fundamental que es la siguiente, lógicamente no vamos a decir nada de las cuentas porque está claro que está todo perfecto, lo que si no estamos de acuerdo es con la fórmula de gestionar los presupuestos de la Diputación por el Partido Popular, y eso lógicamente nos lleva a la abstención. Y teníamos pensado hacerlo y no intervenir, lo que pasa que el Presidente en funciones hoy tiene ganas de intervenir, a lo mejor tiene más tiempo, no lo se, ya le digo, ya le digo, yo de todas formas le agradezco profundamente que reconozca que en tiempos ustedes lo hicieron bastante peor aquí. Muchas gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. González. Eu creo que xa non necesita máis polémica porque está perfectamente claro que dicides que estamos facendo unha boa xestión o cal nos compete a nós e iso é digno de agradecer ós grupos políticos da oposición. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. O PSOE e o BNG. ¿Votos a favor?, Grupo Popular. Dictaminada favorablemente pola Comisión Especial de Contas en sesión celebrada o día 19 de xullo do ano que andamos a Conta Xeral da Deputación e dos Organismos Autónomos da mesma, correspondente ó exercicio de 1999, ó non terse presentado reclamacións, reparos ou observacións contra a mesma durante o prazo regulamentario en que estivo exposta ó público dita Conta, e a teor do disposto no art. 116 da Lei 7/1985, de 2 de abril, en concordancia co art. 193-3 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, o Pleno acorda por maioría, co voto a favor do Partido Popular e coas abstencións do PSOE e do BNG, aproba-la Conta Xeral do Presuposto da Deputación do exercicio de 1999, integrada pola da propia Deputación e a dos Organismos Autónomos da mesma: Escola de Canteiros, Museo Provincial, Escola U. de Enfermería, Centro de Formación Profesional, Padroado de Turismo Rías Baixas, Caixa de Anticipos de Cooperación e ORAL, integradas polos estados de contas anuais, os anexos ós estados anuais e a xustificación dos estados e contas anuais a que se refiren as reglas 416, 425 e 415, respectivamente, da Instrucción de Contabilidade para a Administración Local, aprobada por Orde do Ministerio de Economía e Facenda de 17 de xullo de 1990. ------ Folla: 7.4503.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Punto 7 da orde do día, comunicacións. Sr. Secretario.- Dar cuenta de los extractos de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre o 26 de xuño e o 22 de xullo do ano 2000. Y luego una Resolución por la que se delegan en el Vicepresidente, D. Rafael Louzán Abal, todas las funciones de la Presidencia durante su enfermedad. Queda enterado o Pleno das seguintes comunicacións: A) De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas entre o 26 de xuño e o 22 de xullo de 2000 e que foron trasladados ós distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial pola que se nomea a D. Rafael Louzán Abal para que substitúa ó Presidente por mor da súa baixa por enfermidade a partir do 17 de xullo de 2000. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 9.4505.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA NOMEANDO A D. ANGEL GREGORES MÉNDEZ EN DISTINTOS ÓRGANOS COLEXIADOS Sr. Presidente.- Fóra da orde do día, moción da Presidencia sobre a designación do Deputado Provincial D. Ángel Gregores Méndez en distintas Comisións Informativas, Padroados e Organismos en substitución de D. Juan Manuel Corral Pérez. Sr. Secretario.- El acuerdo que propone la Presidencia al Pleno es el siguiente: Ante a renuncia ó cargo de Deputado Provincial de D. Juan Manuel Corral Pérez, acórdase, a proposta da Presidencia, designar ó Sr. Deputado Provincial D. Ángel Gregores Méndez nos seguintes órganos colexiados: Vocal nas Comisións Informativas de Cooperación e Mancomunidades; Economía e Facenda; Muller; Pesca e Cultivos Marinos; Promoción de Emprego e Acción Social; Réxime Interior; Especial de Contas. Vocal nos seguintes órganos colexiados da Deputación: Padroado Provincial de Turismo "Rías Baixas"; Consello de Administración do Centro Provincial de Asesoramento Municipal (CPAM). Representante da Deputación nos seguintes Organismos: Comisión Galega de Prevención e Loita contra a Drogodependencia; Comisión Galega Interinstitucional sobre o Menor; Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria de Vigo; Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e Consello Provincial de Servicios Sociais. Sr. Presidente.- ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Bueno, en principio votaríamola urxencia. Votamos a urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra da moción?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- É que non sei, non son especialista en tramitación, de tódalas maneiras sorpréndeme un pouco o das Comisións, eu creo que nas Comisións cada grupo político designa a quen quere e dá conta ó Pleno, outra cousa son as representacións da Deputación nos outros órganos, que non sei se ten moito sentido que vaiamos a votar aquí se o grupo do PP acorda que data pon das Comisións ou tal outras, a min paréceme que iso non o vota o Pleno. Sr. Secretario.- Si, si, se vota, no hay ningún problema. Sr. Mosquera Lorenzo.- Creo que no. Sr. Secretario.- No hay ningún problema, es en los Órganos Colegiados. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ou sexa, agora de repente o Pleno podería decidir se o noso grupo, por exemplo, quere cambiar un de Comisión ten o Pleno que decidir se acepta ou non. Sr. Presidente.- O Secretario di que nos Órganos Colexiados así o establece. En todo caso, está todo dentro na mesma moción, están Órganos Colexiados e tamén Comisións Informativas. Ante a renuncia ó cargo de Deputado Provincial de D. Juan Manuel Corral Pérez o Pleno acorda por unanimidade, e a proposta da Presidencia, designar ó Sr. Deputado Provincial D. Angel Gregores Méndez, nos seguintes órganos colexiados: - Vocal nas Comisións Informativas de: - Cooperación e Mancomunidades. - Economía e Facenda. - Muller. - Pesca e Cultivos Mariños. - Promoción de Emprego e Acción Social. - Réxime Interior. - Especial de Contas. - Vocal nos seguintes órganos colexiados da Deputación: - Padroado Provincial de Turismo "Rías Baixas". - Consello de Administración do Centro Provincial de Asesoramento Municipal (CPAM). - Representante da Deputación nos seguintes Organismos: - Comisión Galega de Prevención e Loita contra a Drogodependencia. - Comisión Galega Interinstitucional sobre o Menor. - Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria de Vigo. - Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. - Consello Provincial de Servicios Sociais. ------ Folla: 10.4506.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA NOMEANDO A D. HORACIO GÓMEZ ARAUJO REPRESENTANTE DA DEPUTACIÓN NO PADROADO DO INSTITUTO FEIRAL DE VIGO (IFEVI) Sr. Presidente.- E a outra moción, da Presidencia tamén, sobre designación de D. Horacio Gómez Araujo como representante da Deputación no Padroado do Instituto Feiral de Vigo en substitución de D. Juan Manuel Corral Pérez. Sr. Secretario.- O acordo que se propón é o seguinte: Ante a renuncia ó cargo de Deputado Provincial de D. Juan Manuel Corral Pérez acórdase, a proposta da Presidencia, designar ó Deputado Provincial D. Horacio Gómez Araujo representante desta Deputación no Padroado do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI). Sr. Presidente.- Votamos entón a urxencia desta moción. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Votamos a moción. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Ante a renuncia ó cargo de Deputado Provincial de D. Juan Manuel Corral Pérez o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP, e coas abstencións do PSOE e do BNG, e a proposta da Presidencia, designar ó Sr. Deputado Provincial D. Horacio Gómez Araujo representante desta Deputación no Padroado do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI). ------ Folla: 8.4504.- INCOACIÓN DE EXPEDIENTE DE DESAFECTACIÓN DUN TRAMO DA "EP CAÑIZA - POUSA (CRECENTE)" Sr. Presidente.- Traemos tamén fóra da orde do día para aproba-la urxencia e que xa foi no seu día á Comisión Informativa, incoación de expediente de desafectación dun tramo da "Estrada provincial Cañiza-Pousa en Crecente". Creo que xa foi no seu día debatida que é a cesión dun tramo de estrada provincial que ante unha variante nova que fixo a Deputación neste caso é ceder ó Concello de Crecente, desafectar e ceder ó Concello de Crecente un tramo de estrada provincial. ¿Votos en contra da urxencia?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- A min non me gusta darlle voltas ás cuestións de forma pero o que non sei é por que non vén na orde do día se está dictaminado pola Comisión, anque sexa por urxencia na Comisión, non entendo moi ben por que non vén na orde do día, pero bo, é unha cuestión absolutamente menor e demais. En principio isto é a desafectación, estamos no tema de sempre, un que xa leva aquí algúns anos ten visto que expedientes ou trámites que eran absolutamente ordinarios e non tiñan porque ter absolutamente ningún problema pois despois resulta que detrás sempre había cousas bastante estrañas. Eu xa comentei o outro día na Comisión, en principio nós non temos nada en contra de que nunha estrada que é provincial e que deixou de te-la súa función pois se desafecte e se ceda como un vial ó Concello, o único problema que temos, de verdade que non teño información, intentamos recabala e non a temos, cal é a motivación para facelo porque en xeral a Administración Local nunca quere un vial propio, facer como propio un vial que non o é porque lle supón custo, se quere arreglalo o arregla igual que á Administración, neste caso a Deputación non lle vai a por problema e se non pois sempre pode cargarlle á Deputación que o arranxe. Nalgúns casos ten habido razóns francamente sorprendentes, como que había unha infracción urbanística por distancias ó vial da Deputación e entón ó pasar a ser do Concello pois entón xa non había que respectar eses metros ó vial e entón o que era unha infracción deixaba de selo e demais, motivos deste tipo. E entón sobre o fondo da cuestión non nos parece mal, un trámite ordinario pero non coñecendo as motivacións e tal incluso no expediente consta que houbo conversas, supoño que algún Deputado ou Vicepresidente que seguiu as conversas saberá ou igual non, igual non llo dixeron, cales son as razóns de fondo. Porque no expediente soamente di que a queren, o Concello a quere pero non di por que nin que motivos o levan a querela, simplemente que houbo conversas e que se a quere que se tramite desta maneira. Se non hai ningunha explicación clara que nos convenza pois vámonos abster, non polo trámite en si, senón polos antecedentes de que noutros casos pois o que se estaba era encubrindo vamos algunha finalidade do tipo que dixen antes. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Bueno, dicir que si coñezo o tramo que dá acceso ó Concello de Creciente, é un pequeno casco urbano que ten Creciente, e polo tanto cremos que é xustificada esta cesión porque se pretende con esta cesión a peatonalización dun tramo, etc. Polo tanto cremos que, e ademais así o motiva o informe técnico do Enxeñeiro e creo que está perfectamente xustificado, e se o Concello neste caso quere asumir esa responsabilidade, pola nosa parte non hai ningún problema. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, pero é que eu digo que me falta algunha información pero teño outra. É dicir en Crecente hai cunha vía provincial, que eu sepa, un lio cunha construcción dun familiar do Alcalde, non é este vial. Pero eu non sei se será outro ou non é dicir que aí non teño toda a información. Por prevención vámonos abster aí. Sr. Presidente.- De acordo. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. O BNG. ¿A favor?. Partido Socialista e Grupo Popular. Solicitándose polo Exc. Concello de Crecente con data 6 de xuño de 2000 a cesión dun tramo da estrada provincial Cañiza-Pousa (entre o lugar de Piñas e o matadoiro municipal) así como dun ramal do referido tramo, segundo croquis de situación que obra no expediente; emitíndose informe do Enxeñeiro Técnico da Zona Sur, con data 12 do mesmo mes, considerando viable a cesión solicitada toda vez que o referido tramo viu reducida a súa utilidade ó tráfico de orixe ou destino ó casco urbano de Crecente pola construcción da nova variante, perdendo a súa razón de ser como vía provincial e visto o informe xurídico de 23 de xuño de 2000 emitido polo Sr. Vicesecretario, o Pleno de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e coa abstención do BNG, o seguinte: 1º.- A incoación dun expediente de desafectación dun tramo da EP Cañiza-Pousa (entre o lugar de Piñas e o matadoiro municipal) cunha lonxitude de 1.670 metros e unha anchura de 6-6,50 metros; e dun ramal do mesmo (con lonxitude de 300 metros e anchura de 2,5 - 3 metros), para a súa transformación de ben de dominio público afecto a uso público, a ben patrimonial conforme ó Art. 8 do Regulamento de Bens de Entidades Locais e Art. 269 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia; a excepción de 40 eucaliptos ubicados na confluencia de ámbolos dous viais que constan no inventario de bens provinciais, que non se engloban na mencionada desafectación. 2º.- A exposición pública do referido expediente, durante o prazo de un mes, a efectos de posibles reclamacións para a súa posterior resolución pola Corporación Provincial. ------ Folla: 11.4507.- MOCIÓN DO BNG SOBRE A LIBERALIZACIÓN DOS HORARIOS COMERCIAIS Sr. Presidente.- Bueno, agora se nos presenta unha moción sobre a liberalización de horarios comerciais que nunha reunión previa con Clara Millán antes eu xa lle comentara que é unha preocupación de todos esta nova regulación, pero o Partido Popular e concretamente o Goberno da Xunta de Galicia creo que está intentando dalgunha forma axudar a este colectivo para a súa adaptación a esta regularización, liberalización concretamente dos horarios. Polo tanto se a quere debatir aquí dicirlle que o Grupo Popular ten previsto levala a unha Comisión Informativa cando teñamos máis información das actuacións que vai a realiza-la Xunta de Galicia e que a vamos a debatir en Comisión e que unha vez debatida en Comisión se trasladará ó Pleno. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, vamos a ver. A postura que ten o PP aquí pois, polo que transmite agora e o que transmitiu antes, é evidente, é dicir, a Xunta estivo dubidando que actuar e mandou agora coller unha postura clara, pechar filas e punto. Creo que o Decreto en si que parece que non se quere criticar nestes momentos. Nalgunhas Corporacións Locais xa foi aprobada unha crítica a ese rechazo, pois creo que sería ben que vostedes se posicionaran e non nos digan que veñen da Xunta. Non sei se a coñecen, vai en tódolos aspectos este paquete, á parte da liberalización de horarios, ampliar horario e amplia-lo día de festivos e que hai medidas complementarias que abundan na mesma dirección, que son absolutamente tremendas como posibilitar a todas estas grandes superficies a que teñan gasolineras, incluso poñerlle a obriga de telas, etc., ou sexa, é un Decreto feito única e exclusivamente á medida, bueno a medida non se sabe cal sería porque igual pedían máis, non porque pedir tal, pero feito absolutamente á medida das grandes superficies comerciais e que ten unhas consecuencias tremendas para o mediano e pequeno comercio e para os traballadores de todo o sector. Nós temos unha postura moi clara con respecto a este aspecto, incluso cos costes que pode ter, porque pode haber un colectivo de usuarios que si lle pareza ben e a postura témola clarisima, creo que prexudica a un sector que fai tecido urbano, que fai tecido nas vilas, que é tremendo que pode ter unha crise, e non estou xa defendendo intereses individuais duns comerciantes ou non é que creo que é o interese xeral, o interese xeral. Ou sexa que como esto siga por aquí e empece a entrar en crise o comercio, as cidades van cambiar absolutamente de aspecto, negativamente, dunha maneira tremenda. Entón creo que é unha cuestión de posicionarse, non vale dicir, esperemos, que si axudamos, ou non sei, creo que as medidas son moi clariñas, teñen un corte moi claro e é unha cuestión de posicionarse. Se vostedes lle deron orde de pechar filas e a posición está clara do PP e tal, pois díganno claramente pero non estean dando largas dicindo que bueno, a ver si co que diga a Xunta e entón lle apoiamos concederlle axudas e máis non concederlle non sei que e tal. Díganno claramente, están de acordo, aceptan ou lle mandaron tal, pois díganno e punto. Entón me parece que é dilatar. Entón nós queremos que trate a moción, fagan o que queiran, que queden clariñas as posturas e nada máis e cada un ten o seu posicionamento e non pasa nada. Pero que quede clara e non andar dando largas nin unha indefinición que está moi definida. Sr. Presidente.- De acordo Sr. Mosquera. Sr. González. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver, en principio lo lógico hubiera sido haberle dado lectura a la moción e intervenir sobre la urgencia, me parece que el Presidente en funciones hoy pues se saltó. Sr. Presidente.- Non, é que estamos intervindo precisamente antes de vota-la urxencia. É que eu como tiven unha conversa fai quince minutos con Clara Millán sobre este aspecto, para que vamos andar a perde-lo tempo si falamos as cou
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota