ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2000/12/29_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.362/2.2000-12-29_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2000/12/29_Extraordinaria

  • Data(s) 2000-12-29 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 1.4554.- IV ACORDO REGULADOR - CONVENIO COLECTIVO PARA FUNCIONARIOS E PERSOAL LABORAL DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA [Pás. 2-32] Sr. Presidente.- Comezamos polo tanto co primeiro punto da orde do día: IV Acordo Regulador-Convenio Colectivo para funcionarios e persoal laboral da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Ten a palabra o Sr. Vilar. Sr. Vilar Márquez.- Moitas gracias Sr. Presidente e boas tardes a todos. Vamos a presentar aquí para aprobación o IV Acordo Regulador-Convenio Colectivo para o persoal funcionario e laboral da Deputación de Pontevedra. Este IV Convenio Regulador vén en principio a suplir ó III Acordo, xa que foi denunciado mediante un escrito presentado no Rexistro por parte do Sindicato Comisións Obreiras. Tras esta denuncia formouse unha mesa xeral de negociación integrada paritariamente pola Corporación Provincial, representantes da Corporación, do equipo de goberno, e os sindicatos, a Xunta de Persoal e o Comité de Empresa. Concluída esta negociación elaborouse un documento único para o persoal funcionario e laboral que constitúe o IV Acordo Regulador-Convenio Colectivo desta Deputación e que foi asinado o pasado día 21 de decembro por parte de tódolos sindicatos con representación na Deputación e por parte do Presidente da Deputación en nome da Corporación Provincial. Este Convenio ten un ámbito de aplicación e vixencia dende o 1 de xaneiro do ano 2001 ata o 31 do 12 do ano 2004, polo tanto catro anos de vixencia que poden ser prorrogados se ámbalas partes están de acordo. Á parte deso, para o seguimento e desenvolvemento deste novo Convenio Regulador vai existir tamén a Comisión Paritaria Mixta, representada en partes iguais pola Corporación Provincial e polos Sindicatos, coa novidade de que os sindicatos esta vez van a estar representados proporcionalmente ó resultado que obtiveran as forzas sindicais nas eleccións sindicais. Este Convenio Colectivo contempla unha regulación da xornada e horario e vacacións do persoal funcionario, ascenso e promoción e mobilidade de todo este persoal, mantén a oferta de emprego público por medio de procedimento de selección que marca a lei tanto para o persoal funcionario como para o persoal laboral; así como tódolos temas de mobilidade, situacións administrativas, etc. As condicións económicas deste Convenio Regulador buscan equiparar sempre ó persoal laboral co persoal funcionario como un dos obxectivos primordiais. Por outra parte, poderíamos destacar como novidades importantes os incentivos que para a xubilación anticipada se van a contemplar, xa que supón dous millóns e medio de pesetas para aqueles que teñan sesenta anos e cincocentas mil pesetas para os que teñan sesenta e catro anos. Así coma un premio de xubilación de cento cincuenta mil pesetas máis vinte mil pesetas por cada ano de servicios a partires dos vinte anos de servicios á Deputación. Hai un plan de pensións, que tamén é outra das novidades importantes, no que a Deputación aporta como mínimo cinco mil pesetas e outras cinco mil pesetas son aportadas por parte do funcionario, como mínimo, xa que pode incluso aumentar esta cantidade se o estima conveniente. Tamén hai outra novidade: un seguro de accidentes de cinco millóns de pesetas en caso de morte ou invalidez ou sete millóns de pesetas en caso de invalidez absoluta. É certo que no anterior convenio tamén existía este seguro de accidentes, pero antes estaba limitado á cantidade dun millón de pesetas de media aproximadamente. Este Convenio Regulador que foi asinado por tódalas partes sindicais é o que se vai someter agora á aprobación deste Pleno. Esto supón un aumento duns noventa e un millóns de pesetas con relación ó convenio anterior; é unha cantidade asumible e polo tanto esto é o que se vai a someter á aprobación desta Corporación. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Vilar. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Boas tardes. Sr. Presidente, moitas gracias. Estamos ante o IV Acordo Regulador desta Deputación e despois da experiencia dos tres primeiros e incluso da competitividade, ás veces tremenda, que os rodeara, tanto por cesións que incluso nalgúns momentos foron recorridas e gañadas, como o da xornada, coma pola conflictividade que xeneraron eses convenios, que xa son historia, parece que serviron de experiencia para chegar a un novo acordo, que nós todo o que temos que dicir é, primeiro, que non participamos nin fomos tan sequera informados absolutamente para nada ata que estivo aprobado. Segundo, que parece que conta coa bendición tanto do grupo de goberno que o trae aquí coma de tódalas forzas sindicais. Pero, como non tivemos ocasión de coñecer se houbo outros posicionamentos ou non houbo, non podemos entrar no miúdo nin nas alternativas que poden supoñer. Hai dúas cuestións que para nós son decisivas e que nos van a inclinar a votar a favor deste convenio. A primeira e que está sacado por unanimidade, cousa que nos parece positiva, e a segunda e fundamental é por unha cuestión de coherencia. Nós temos criticado acidamente que non se pode estar recortando o poder adquisitivo dos funcionarios en base a políticas absolutamente monetaristas, cuns obxectivos de cifras non de benestar, o célebre déficit cero, e se eso criticamos cando o Goberno sacou os Presupostos do Estado e a Lei de acompañamento dos Presupostos, todo o que vai na liña que nos defendíamos para os funcionarios neses presupostos, ou sexa, que non perderan nivel adquisitivo, que non se logra con esto nin moito menos, ó fin é o cabo é unha cifra computada que despois veremos se é real ou é menor. Noventa millóns ou noventa e un sobre unha masa salarial de case tres mil millóns é unha cifra moi pequena, ou sexa que non compensa en absoluto, por desgracia, a perda do poder adquisitivo. Como esto é un paso moi pequeno e vai nesa liña de mante-lo poder adquisitivo dos funcionarios, que é unha política que nós defendemos, vamos a votar a favor. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Muchas gracias. En primer lugar vaya por delante mi más sincera felicitación a los sindicatos y funcionarios y trabajadores de esta casa por el convenio alcanzado. Sin embargo, por razones de coherencia, tengo que criticar la actuación del gobierno provincial, que no dió participación alguna al resto de miembros de la Corporación. El delegado del área acaba de hacer la presentación como negociación entre sindicatos y corporación. Eso es falso, es una negociación entre sindicatos y gobierno provincial. Y decir y criticar la alegría con la que ustedes han negociado este convenio que parece un convenio-acuerdo de un mundo feliz. Los sindicatos fueron muy hábiles y si se lee con detenimiento todo el acuerdo no es ni más ni menos que una relación de derechos de los funcionarios y trabajadores y ninguna obligación. Ustedes no han sabido negociar y defender el interés general al no conseguir obligaciones por parte de los trabajadores.Tengo mis dudas de que este híbrido jurídicamente tenga algunos visos de prosperar. Son situaciones jurídicas completamente distintas la de los laborales y la de los funcionarios y ustedes hacen un "totum revolutum" en un único documento, que insisto que no tiene encaje jurídico en ninguna normativa que yo conozca. Creo que vulnera la alegría de la negociación lo que se refiere a permisos. Por lo que yo se hay una normativa básica y aquí se incrementa sustancialmente todo lo que se refiere a permisos por nacimiento de hijos. Si la normativa básica determina dos, ustedes cinco; si la enfermedad de segundo grado son dos días, aquí incluso pueden llegar hasta quince; el traslado de domicilio de un día a dos y así. Luego, los anticipos, lo dice el informe de Intervención, vulnera la normativa básica que determina que son dos mensualidades de retribuciones líquidas básicas; aquí llegan hasta setecientas mil pesetas. Préstamos: son ustedes una entidad de crédito realmente ruinosa. O sea, la Diputación pide sus créditos pagando intereses y aquí a los funcionarios se le da un millón de pesetas sin interés alguno. Una bolsa de estudios, y aquí es donde hay una incoherencia importante, o sea, veinticinco millones se determinan para becas, etc., que lo estudiará una Comisión Paritaria, cuando a familias con problemática social se les está exigiendo que no superen las sesenta mil pesetas y así escalonadamente para unidades familiares de dos miembros. Un plan de pensiones. Que yo sepa la Diputación cubre ya su obligación de cotizar lo correspondiente; no entiendo por que se entra a un plan de pensiones alternativo. Premio de jubilación, aceptable. La jubilación anticipada sigo sin entenderla; la entendería si esta fuese una administración con una plantilla que hubiese que reducir. Si hubiese que reducir parece razonable que hubiese una incitación a la jubilación anticipada. En este caso no la hay. Pólizas de seguros. Que yo sepa habrá la correspondiente cotización a la mutua patronal a la que corresponda. Pero la que se lleva la palma es la productividad lineal. Una productividad lineal que empieza este año con setenta mil pesetas en dos pagas anuales, para todos y cada uno de los trabajadores, lo que eleva un montante de setenta y siete millones este año, que acabará en ciento diez millones en el año 2004. Aquí hay indicios muy racionales de prevaricación. Lo digo al hilo de lo que dice el informe de Intervención, que dice que la regulación de una productividad lineal contradice el precepto legal para este complemento. Se lo dice el informe. Ustedes están aprobando una cuantía que para este primer año supone setenta y siete millones con el informe en contra de Intervención. El cálculo aproximado de todas las cuantías fijadas en los setenta y siete millones para la productividad lineal, los veinticinco del fondo más el plan de pensiones que se eleva a treinta y tres millones, a mi ya me da un total de ciento veinticinco millones. Yo quisiera que el delegado de personal me dijese cuál es la cantidad exacta que supone este convenio. La alegría con la que ustedes gastan el dinero contrasta mucho con el discurso que a nivel nacional está haciendo el PP de rigor y control del gasto. Por eso nuestro grupo va a votar en contra, fundamentalmente, insisto, por los indicios de prevaricación en que se puede incurrir a la hora de votar favorablemente este convenio. Y mi felicitación más sincera a los sindicatos y espero que aquellos señores que están gobernando en otros Ayuntamientos, cuando le presenten este documento, por un principio de coherencia lo voten favorablemente también. Nada más. Sr. Presidente.- Sr. Vilar. Sr. Vilar Márquez.- Si. Sr. Presidente, moitas gracias. En primeiro lugar eu descoñezo que existan informes tan alarmistas coma o que di o portavoz do PSOE. Entendemos que este é un convenio que é similar ós anteriores que estiveron aplicándose nesta Deputación, e que dalgún xeito fixeron que as relacións entre os traballadores e a propia Deputación foran moi positivas ó longo destes catro anos anteriores, e polo tanto creo que nesa liña foi na que se mantivo esta Corporación provincial. Ben é certo que a lei suxire que deban ser dous convenios, un para persoal laboral e outro para os funcionarios, se ben é certo que precisamente este acordo regulador, porque así se denomina, trata de unificar ambos corpos, tanto os funcionarios coma os laborais, igual que na maior parte das Deputacións e de Concellos en que existe un só instrumento xurídico. En canto á intervención que fixo o portavoz do PSOE sobre a incentivación da xubilación anticipada, estivemos analizando este tema en profundidade e creemos que dalgunha maneira é unha fórmula de crear emprego, á parte de rexuvenece-la plantilla, cousa que tamén é moi loable en calquera administración pública, e á vez tamén lle recordamos que noutros organismos da categoría desta Deputación, como poden ser o Concello de Santiago ou de Vigo, que non están gobernados precisamente polo Partido Popular, contemplan tamén esta incentivación á xubilación anticipada nunhas contías moi superiores ás que presentamos hoxe aquí. En canto ó plan de pensións, loxicamente para eso se fai un convenio, para que os funcionarios, os traballadores desta casa non vexan mermados os seus ingresos unha vez que se xubilen. Todos sabemos que por desgracia cando unha persoa entra na xubilación sofre unha merma importante no seu poder adquisitivo e se se chega a facer un plan de pensións eso sempre é positivo e para eso están os convenios, para regular todos estes temas. En canto á intervención que fixo sobre préstamos e bolsas de estudios, creo que aquí existe unha Comisión Paritaria Mixta moi rigurosa e que dalgunha maneira esixe a tódolos funcionarios desta casa que en calquera préstamo que se lle faga ou en calquera bolsa de estudios estean suxeitos a uns criterios moi rigurosos. Polo tanto, creo que nese sentido pouco hai que criticar a este convenio, polo menos así o deducimos das intervencións dos diferentes portavoces e agradecemos o voto a favor da maioría deles, xa que cremos que é bo para os traballadores e para as relacións laborais entre os funcionarios e a propia Corporación Provincial. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Vilar. Eu quería completar dalgunha forma a información que dou o Sr. Vilar porque cando se fala hai que le-lo convenio anterior tamén e comparar. É indudable que esta paga lineal da que estamos falando estaba no convenio anterior. Neste momento a paga lineal, segundo o convenio anterior, que foi impugnado e o Tribunal non se meteu para nada neste tema e polo tanto non teña dúbidas nese tema, está xa en sesenta e un mil pesetas. Non creo que o convenio sexa unha cousa de tira-lo diñeiro pola ventá nin moitisimo menos, porque se está nestes momentos en sesenta e unha segundo o convenio anterior, en catro anos vamos chegar a cen mil. Non é ningunha esaxeración. Se existen dous convenios ou non eu creo que o explicou suficientemente o Sr. Vilar. Pero insistirlle tamén en que cando recorreron o anterior convenio colectivo, o Tribunal non se meteu en absoluto neste tema, co cal quere dicir que neste momento a Deputación Provincial de Pontevedra ten un único convenio tanto para laborales como para funcionarios, e non foi motivo por parte do Tribunal de tirar abaixo, por así dicilo, o convenio anterior. Polo tanto, a novidade está practicamente no plan de pensións e no que explicou o Sr. Vilar con respecto á xubilación anticipada. A xubilación anticipada poucos nola van a pedir, moi poucos, se non ó tempo. E en todo caso, á parte do que dixo o responsable da área, eu teño que engadir que incluso aforraría diñeiro a Deputación porque loxicamente se se vai un de sesenta e cinco anos e entra un de vinte os trienios non se pagan. Eso está en moitos convenios e non ten repercusión importante no que é a Deputación Provincial. Moitos dos temas que vostede sacou aquí están contemplados xa no anterior convenio. E polo tanto o que se fixo foi mellorar porque non estamos facendo un convenio para hoxe, estamos facendo un convenio para catro anos. Hai que ter en conta os temas do aumento da vida, o aumento dos costes sociais, sanitarios, educativos, etc. Neste momento pode parecer abrir moito a man, pero é que eso vai a estar en vigor durante catro anos, e polo tanto eu tamén teño que alaba-la función dos sindicatos porque foron coherentes e á parte deso cederon moito do que se plantexou ó principio. Cando hai un acordo é que todos temos que ceder. Hai temas que vostede plantexou como ilegais e como temos a experiencia e a sentencia do anterior convenio colectivo que non se meteu o Tribunal neses temas, pensamos que neste caso non debe haber ningún problema. E en todo caso, teño que dicir que no convenio colectivo deste ano hai dous capítulos con respecto ó tema de persoal, dous capítulos distintos, un que afecta ó persoal funcionario e outro que afecta ó traballador laboral fixo. Dentro do mesmo convenio único distinguimos tamén en canto a retribucións e en canto a grados, porque unha cousa é a Lei 30/84 e outra cousa é o grupo 1, grupo 2, grupo 3, grupo 4, de funcionarios laborais. E eso distinguímolo no convenio. Polo tanto, Sr. Muradas, eu creo que non hai razóns dende o momento en que hai un acordo para que o partido que vostede representa se opoña, sinceiramente non o creo. E con respecto a que este convenio o levan polos Concellos, penso que os sindicatos, en liñas xerais, son xente seria, e eu pódolle dicir que esto saiu nas conversas e nas discusións que tivemos, que foron bastantes, nesta casa sobre eses temas e que esto é extrapolable ós Concellos. A algúns si porque teñen medios para poder abordalo, pero son conscientes de que outros non. Os sindicatos saben onde se pode esixir un pouco máis e onde non se pode esixir tanto. E neste sentido eu creo que non hai que desconfiar en principio da boa vontade dos representantes sindicais. E nada máis. Eu non sei se lle aclarei algo para tratar de que se aprobe por unanimidade, que sería o ideal, posto que se trata dun convenio que creo que non ten en principio maiores dificultades legais. E en todo caso, se as ten, nolas terá que dicir a Subdelegación do Goberno a través do Avogado do Estado ou impugna-las algún particular. Pero temos a experiencia, repito, do convenio anterior onde existía esa paga lineal e non se entrou a valorala por parte do Tribunal, existía un convenio único e non se entrou a valorar. E polo tanto eu creo que non son motivos suficientes ó meu modesto entender, para non votar a favor o convenio. Si, Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Está distinguido, si, pero sigo insistiendo que es un documento único, en cualquier caso eso sería circunstancial. Con respecto a la merma de ingresos, esta política de camuflar a través de prestaciones sociales lo que puedan ser las retribuciones, me parece un poco de otros tiempos. O sea, lo razonable es que si ustedes están tan convencidos, y felicito más a los sindicatos en este momento porque veo que además de traerlo están convencidos, aplíquenle ustedes ese dinero a través de sus retribuciones. Y no hay merma. Hoy en el Régimen General de la Seguridad Social aquel señor que se jubile con treinta y cinco años de servicios se jubila con el cien por cien de su haber regulador. Se jubilan mejor ahora que cuando estaban en la Munpal. Por eso digo que en este momento el plan de pensiones no tiene sentido. Al Sr. Vilar decirle que me justifique la jubilación anticipada. Siendo del Partido Popular, que fueron precisamente ustedes los que abrieron la caja de los truenos con jubilaciones hasta los setenta años, es una contradicción. Y usted lo ve desde el lado de crear empleo; yo lo puedo ver desde el lado de crear jubilados. Sigue sin convencerme su razonamiento. Lo que si me preocupa es que me diga usted en este Pleno que desconoce el informe de Intervención. El informe está en el expediente y en lo que se refiere al artículo 42 dice: "A regulación dunha productividade lineal contradice o precepto legal que para este complemento establece a Ley 30". Eso se lo dice el informe de Intervención. Usted puede estar muy convencido de que es legal, pero quien determina la posibilidad de una prevaricación o no es el informe de los técnicos que obra en el expediente. Y el informe del técnico responsable determina que está contradiciendo la legalidad esa productividad lineal. Por eso le digo que hay visos más que razonables de que se pueda incurrir en prevaricación. Y eso es así porque así está escrito. Nada más. Sr. Presidente.- Ben. Con respecto ó plan de pensións é indudable que discrepamos. Nós pensamos que desta maneira fomentamos o aforro. É voluntario, a nadie se lle obriga a acollerse a este plan de pensións, é unha mellora indudable que vai a ter ó final da súa vida laboral e é un tema no cal eu non entrei a discutir nin sequera cos sindicatos porque creo que é unha actitude e unha acción importante para tódolos funcionarios. Con respecto á paga lineal, xa vén do convenio anterior, non a inventamos neste convenio e pasou a criba do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Non se meteron a valorar ese tema. Se é tan grave, ¿por que non se meteu o Tribunal de Xustiza a dicir que eso era ilegal?. Porque se efectivamente eso fora así, teña moi claro que dende logo nas discusións eu automaticamente diría "síntoo moito, eu como Manuel Abeledo podería acceder a iso, pero dende logo é imposible". E parece que eso non é así, e esa é a razón, non hai outra. Ben, ¿algunha intervención máis?. Procedemos polo tanto á súa votación. IV Acordo Regulador - Convenio Colectivo para os funcionarios e persoal laboral da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase polo BNG e o Partido Popular. En contra o Partido Socialista. Ó abeiro do establecido no artigo 49.a) da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local, na súa redacción dada pola Lei 11/99, do 21 de abril, o Pleno, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e co voto en contra do PSOE, aproba-lo IV Acordo Regulador-Convenio Colectivo para funcionarios e persoal laboral desta Excma. Deputación Provincial, que consta de 58 páxinas asinadas polo Presidente da Corporación Provincial e os representantes sindicais de: CCOO, SITAP-USO e CIG, así como o representante do Comité de Empresa, e que contén 9 títulos, 91 artigos, 5 disposicións transitorias, 4 disposicións adicionais e 1 disposición derrogatoria. IV ACORDO REGULADOR?CONVENIO COLECTIVO PARA PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA TÍTULO PRELIMINAR A negociación do presente Acordo Regulador?Convenio Colectivo efectuouse de forma única e global. En consecuencia, a pesar de que por razóns procesais se diferencia un convenio colectivo laboral e un acordo regulador de condicións de traballo para funcionarios públicos, a interpretación de ambos efectuarase de forma integrada. CAPÍTULO I ÁMBITO DE APLICACIÓN E VIXENCIA Artigo 1.? Consideracións xerais Este documento constitúe o IV Acordo Regulador para o persoal funcionario e laboral da Deputación Provincial de Pontevedra no cal se regulan as relacións, condicións de traballo, dereitos e obrigacións pactados entre a Deputación e mailos sindicatos con representación na Xunta de Persoal e no Comité de Empresa, ó abeiro do establecido na Lei 9/87, do 12 de xuño, de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das Administracións públicas, modificada pola Lei 7/90, do 19 de xullo, Lei orgánica de liberdade sindical 11/85, do 2 de agosto, Real Decreto Lexislativo 1/95, do 24 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, así como todas aquelas outras disposicións que as desenvolven. Artigo 2.? Ámbito de aplicación 1) O presente Acordo Regulador?Convenio Colectivo aféctalle única e exclusivamente ó persoal dependente da Deputación Provincial de Pontevedra que a continuación se relaciona: a) Funcionarios de carreira incluídos no cadro de persoal presupostario da Deputación, calquera que sexa a súa categoría ou posto de traballo que ocupen ou centro onde o desempeñen. b) Os que, sen teren a condición de funcionarios públicos de carreira, posúan nomeamentos interinos para cubrir prazas vacantes ata que se efectue a súa oportuna provisión, excepto naqueles puntos que non lles sexa de aplicación. c) O persoal que se rexe pola lexislación laboral, sen prexuízo do sinalado na Disposición Adicional cuarta. 2) Quedan expresamente excluídos deste Acordo Regulador?Convenio Colectivo: a) O persoal eventual que desempeñe un posto de traballo de confianza ou asesoramento especial. b) Os que fosen autorizados para realizar prácticas en centros dependentes desta Deputación Provincial con carácter voluntario e gratuito. c) Os que teñan unha bolsa de formación posgradual, de investigación ou docencia en centros dependentes desta Deputación Provincial. d) O persoal de alta dirección, de acordo co artigo 2.1.a) do Estatuto dos Traballadores e demais normas legais de concordante aplicación. e) O persoal funcionario que fose transferido á Comunidade Autónoma de Galicia. f) O persoal propio dos organismos autónomos. Artigo 3.? Vixencia e denuncia do Acordo Regulador?Convenio Colectivo O Acordo Regulador?Convenio Colectivo entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, salvo as condicións económicas, que rexerán desde o 1 de xaneiro de 2001. A duración deste Acordo Regulador?Convenio Colectivo estenderase ata o 31 de decembro de 2004, podendo prorrogarse tacitamente a partir desta data por períodos anuais, de forma automática, salvo que fose denunciado por escrito por calquera das partes con tres meses de antelación á data de vencemento do período inicial ou de calquera das prórrogas. En tal caso a mesa de negociación deberá reunirse dentro dos 15 días hábiles seguintes á presentación da denuncia no Rexistro Xeral da Deputación. Denunciado o IV Acordo Regulador?Convenio Colectivo permanecerá vixente o contido normativo ata tanto sexa substituído por un novo acordo regulador. Artigo 4 .? Obxecto Este Acordo Regulador?Convenio Colectivo ten por obxecto regular e establece?las normas que han de desenvolve?las condicións de traballo dos funcionarios públicos e do persoal laboral da Deputación de Pontevedra, modificando, substituíndo ou renovando aquelas materias nas que se producisen alteracións no marco da lexislación do Estado e da Comunidade Autónoma. Esta normativización lévase a cabo suxeitándose ó ordenamento xurídico e de conformidade cos principios de legalidade e eficacia. Artigo 5 .? Carácter O Acordo Regulador?Convenio Colectivo ten un carácter mínimo, necesario e indivisible a tódolos efectos, no sentido de que as condicións nel pactadas constitúen un todo orgánico unitario, e serán consideradas global e conxuntamente vinculado á totalidade. As normas nel establecidas considéranse máis beneficiosas para os funcionarios e laborais cas contidas nas disposicións legais de aplicación xeral actualmente vixentes. De producirse algunha alteración nestas disposicións que modificase a situación legal, no sentido de incrementa?las retribucións ou mellora?las condicións sociais ou de emprego pactadas no presente convenio, procederase a revisa?lo que nel se estipula, aplicando de inmediato as condicións máis favorables para os funcionarios e traballadores desta Deputación. Artigo 6 .? Aplicación preferente As disposicións que contén este Acordo Regulador?Convenio Colectivo aplicaranse con preferencia a calquera outra. Como dereito supletorio e para o non previsto neste Acordo Regulador?Convenio Colectivo estarase ó previsto na lexislación local, na Lei da Función Pública de Galicia, nas normas administrativas reguladoras do réxime funcionarial estatal, no Estatuto dos Traballadores para o persoal laboral e nas demais leis de concordante e pertinente aplicación a cada un destes dous colectivos. CAPÍTULO II SEGUIMENTO E DESENVOLVEMENTO Artigo 7.? Comisión Paritaria Mixta Dentro dos quince días seguintes á data da firma deste Acordo Regulador?Convenio Colectivo, constituirase a Comisión Paritaria Mixta, de interpretación, vixilancia, estudio e aplicación daquel. Esta Comisión estará composta por dez membros, cinco designados pola Corporación Provincial e cinco polos sindicatos, en proporción á representación que teñan na Xunta de Persoal e no Comité de Empresa. Ambas partes designarán titulares e suplentes. A Comisión reunirase con carácter ordinario unha vez cada dous meses, e con carácter extraordinario sempre que o estime preciso algunha das partes para analizar temas concretos. A Deputación Provincial comprométese a facilita?los medios persoais e materiais para que a Comisión poida desenvolve?lo seu traballo. Na sesión constitutiva procederase á elección do Presidente e do Secretario, podendo as partes en calquera das súas reunións estar asistidos por asesores. As partes tamén poderán poñer en coñecemento da Comisión Paritaria cantos conflictos, irregularidades e discrepancias poidan suscitarse na interpretación e aplicación do IV Acordo Regulador?Convenio Colectivo, a fin de que a Comisión emita o seu dictame sobre o particular e, consecuentemente, poida utiliza?las accións ou os medios ós que fai referencia o título V da Lei orgánica de liberdade sindical. Os acordos adoptaranse por unanimidade entre as dúas representacións, serán recollidos en acta e daráselles publicidade no taboleiro de edictos e nos sindicais. Cando se considere necesario debido á súa transcendencia e incidencia publicaranse no Boletín Oficial da Provincia. Estes acordos interpretativos vinculan ás partes e incorporaranse nel como Anexo. Correspóndelle á Comisión, especificamente, as seguintes funcións: a) A interpretación da totalidade do articulado ou cláusulas do Acordo Regulador?Convenio Colectivo. b) A análise ou estudio das denuncias por incumprimento do Acordo Regulador?Convenio Colectivo. c) A vixilancia do pactado, tanto a nivel individual coma colectivo. d) A facultade de conciliación previa naquelas cuestións que lle sexan sometidas de común acordo polas partes. Denunciado este Acordo Regulador?Convenio Colectivo e ata a entrada en vigor dun novo, a Comisión Paritaria Mixta continuará exercendo as súas funcións. A Comisión Paritaria Mixta, a través da Presidencia da Deputación, poderá solicitar toda clase de información relacionada coas cuestións da súa competencia, que lle será facilitada pola Deputación. TÍTULO I PERMANENCIA E ASISTENCIA Ó TRABALLO CAPÍTULO I XORNADA E HORARIO Artigo 8.? Xornada A xornada laboral común será de 37 horas e media semanais, distribuídas de luns a venres, de 7:45 a 15:15 horas, permitíndose unha flexibilidade de quince minutos á entrada e á saída. Todo o persoal estará sometido ó sistema de control de horario e asistencia, mediante o reloxo ficheiro situado en cada centro de traballo. A Deputación está obrigada a facilitarlle trimestralmente listados xenéricos de control de horario á Comisión Paritaria Mixta para a súa avaliación. O Rexistro Xeral e aquelas outras dependencias nas que así sexa preciso deberán estar abertas os días hábiles, caso no cal a atención será rotatoria e compensada mediante acordo cos representantes do persoal. Nos centros nos que non se poida poñer en práctica o horario xeral adoptaranse as quendas de traballo que se fixen, previa negociación do Presidente da Deputación coa Xunta de Persoal e o Comité de Empresa. Calquera modificación da xornada laboral ou das quendas de traballo levarase a cabo previa negociación na Comisión Paritaria Mixta, dándoselles conta desto á Xunta de Persoal e ó Comité de Empresa. Sen prexuízo de acordo en sentido contrario, as quendas diurnas terán unha duración de sete horas e media e as nocturnas de dez. En todo caso, o persoal que realice a súa xornada de traballo en réxime de quendas terá, como mínimo, dereito a descansar fins de semana alternos. O tempo de traballo computarase de modo que, tanto ó comezo coma ó final da xornada diaria, o funcionario ou traballador se encontre no seu posto de traballo, considerándose como traballo efectivo aquel que sexa imprescindible para recoller, ordenar, gardar roupa, materiais, útiles de traballo. A mesma consideración terá o tempo utilizado para cumpri?las normas de saúde laboral. Para o persoal que desenvolve a súa actividade en lugares de traballo non fixos ou itinerantes, o cómputo da xornada normal de traballo empezará a partir do lugar de recollida, reunión ou centro de control tanto á entrada como á saída do traballo. Calquera que sexa o réxime de organización de traballo, entre o remate dunha xornada e o comezo da seguinte mediará un mínimo de 12 horas e, no caso de xornada nocturna, de 31 horas, sen prexuízo do descanso semanal. Artigo 9.? Pausa durante a xornada O persoal incluído no ámbito de aplicación deste Convenio terá dereito a unha pausa de 30 minutos durante a xornada de traballo, computable como de traballo efectivo. Esta interrupción terá lugar preferentemente entre as 9:30 e 12:30 horas en quenda de mañá, entre as 16:30 e as 19:30 en quenda de tarde e entre as 0:30 e as 5:30 en quenda de noite, salvo que as necesidades do servicio non permitan estes horarios. Artigo 10.? Xornada de verán Durante o período comprendido entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, ambos inclusive, a xornada laboral reducirase nunha hora, salvo naqueles centros nos que as circunstancias e maila organización do traballo non llelo permitan, caso no que o persoal afectado terá dereito a acumula?la dita reducción e disfrute e aproveitala en xornadas laborais completas. Artigo 11.? Traballo nocturno Considérase traballo nocturno o efectuado entre as 10:00 da noite e as 08:00 da mañá. Estes realizaranse en días alternos. O persoal que preste servicios en réxime de turnicidade terá dereito ó descanso correspondente unha xornada laboral diurna por cada sete noites de traballo realizadas. Co condicionante de que a reorganización do traballo e a remodelación das quendas non implique un incremento do cadro de persoal, a realización dos traballos en quenda de noite terá carácter voluntario para todo o persoal, unha vez que estes cumpran 55 anos de idade, para o cal deberán manifesta?la súa opción, polo menos con dous meses de antelación e terán que permanecer nesta situación por un tempo mínimo dun ano. Artigo 12.? Absentismo A Deputación Provincial potenciará os instrumentos de control e de reducción do absentismo laboral a través, entre outras, de adopción de medidas de mellora dos sistemas de medición do absentismo laboral e do seu seguimento, realizando os estudios necesarios sobre as súas causas, que deberá debater a Comisión Paritaria Mixta, por se fose necesario acollerse ás medidas tendentes á súa reducción, e adoptando, caso de que haxa lugar, as medidas procedentes para a súa reducción. Artigo 13.? Comunicación de ausencias As ausencias e as faltas de puntualidade, de permanencia do persoal en que se aleguen causas de enfermidade, incapacidade temporal e outras de forza maior, requirirán avisar, o antes posible, ó responsable do servicio ou do centro no que figure adscrito, así como a súa ulterior xustificación acreditativa se procede, que se presentará ante o órgano competente en materia de persoal. CAPÍTULO II VACACIÓNS Artigo 14.? Vacacións 1) As vacacións anuais retribuídas serán dun mes natural por cada ano completo de servicio, ou o proporcional ó tempo de servicios efectivos, e o persoal colleraas de forma obrigatoria dentro do ano natural, preferentemente entre os meses de xuño e setembro, ambos inclusive, salvo que se solicite expresamente collelos fóra deste período, caso no que quedará sometido o seu disfrute ás necesidades do servicio, así como á cobertura do seu posto de traballo. As vacacións poderán collerse en meses naturais completos ou ben desde os días 16 a 15 de meses sucesivos. Poderán así mesmo fraccionarse en dous períodos de quince días ou en períodos mínimos de sete días naturais consecutivos, sempre que a natureza do servicio o permita. 2) Nos servicios ou centros nos que poida producirse colisión de intereses respecto ó disfrute das vacacións organizaranse as quendas de forma rotatoria. 3) A duración do período vacacional do persoal que non alcance un ano de servicio activo será proporcional ó tempo transcorrido desde a data de ingreso ata o 31 de decembro do mesmo ano, redondeando o resultado en días completos por exceso. 4) Antes do día 1 de abril de cada ano tódolos servicios e centros dependentes da Deputación Provincial elaborarán o seu cadro de vacacións, que se lle deberá remitir ó Servicio de Recursos Humanos para que o aprobe a Presidencia da Deputación. Calquera variación do cadro deberá serlle comunicada cun mes de antelación, excepto os casos de urxencia excepcionais. O cadro de vacacións exporase en cada un dos servicios e centros. En todo caso, o persoal poderá coñecer con, polo menos dous meses de antelación, a data das súas vacacións. No suposto de que esto resulte imposible a causa das quendas ou das necesidades do servicio debidamente acreditadas e xustificadas saberano cunha antelación mínima de 1 mes, co obxecto de que poidan organiza?lo exercicio deste dereito. 5) O período vacacional poderá interromperse a instancia do interesado cando se presente unha baixa médica por enfermidade ou accidente durante o dito período; tamén no suposto de que a baixa sobreviñese con anterioridade ó inicio das vacacións e subsistise o día sinalado para o seu comezo suspenderase o seu disfrute previo informe e baixo o control do Servicio Médico da Deputación. En ambos supostos, de producirse unha colisión de intereses entre o funcionario ou traballador que se encontraba afectado pola enfermidade ou accidente, e aqueles outros do mesmo servicio que xa as teñen programadas, terán estes últimos preferencia sobre aqueles, pero, en todo caso, haberá de supeditarse ás necesidades do servicio. 6) As vacacións non poderán ser compensadas en metálico, nin en todo nin en parte, excepto cando durante o transcurso do ano se produza a extinción da relación funcionarial ou laboral, sexa declarado en situación de excedencia ou de suspensión de funcións e aínda non disfrutase ou completase na súa totalidade o disfrute do período de vacacións. 7) O período de disfrute das vacacións poderá ser interrompido voluntariamente se as necesidades do servicio así o esixisen cando mediasen circunstancias de carácter extraordinario. En tal caso, o afectado, unha vez restablecida a situación, conservará o seu dereito a completa?lo seu disfrute aínda que teña rematado o ano natural a que correspondan. 8) A funcionaria ou traballadora embarazada terá dereito a escolle?la data das súas vacacións regulamentarias, sempre e cando as una, sen solución de continuidade, á baixa por maternidade. CAPÍTULO III PERMISOS E LICENCIAS Artigo 15.? Permisos 1) Sen prexuízo do disposto na lexislación vixente en cada momento, establécese o seguinte réxime de permisos: a) Por nacemento dun fillo ou adopción dun menor de 6 anos ou maior de 6 anos discapacitado ou minusválido, cinco días laborables, computables desde a data de nacemento ou chegada do adoptado ó fogar. b) Por enfermidade grave, accidente ou hospitalización de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, ou daqueles que, sen estaren comprendidos en tal graduación, constitúan a unidade familiar de convivencia previamente acreditada e debidamente apreciada pola Presidencia ou o deputado delegado de Persoal, poderanse conceder permisos desde o mínimo legalmente establecido (2 días) ata o máximo de 15 días. c) Por falecemento de parentes do primeiro e segundo grao de consanguinidade ou afinidade, 3 días naturais, ampliables a 5 días cando o sepelio se leve a cabo fóra da Comunidade Autónoma. d) Por falecemento de parentes ata o terceiro grao de consanguinidade ou afinidade 1 día. Os permisos por enfermidade grave e falecemento de parentes faranse extensibles ás persoas e fillos de quen, sen ser cónxuxe, convivan co titular do dereito e o acrediten por calquera medio válido en dereito. e) Por traslado do domicilio habitual, 2 días naturais. Este permiso non se poderá disfrutar máis de unha vez ó ano. f) Para a realizar exames prenatais e/ou técnicas de preparación ó parto que deban realizarse dentro da xornada laboral, o tempo indispensable. g) Para concorrer a exames finais e demais probas de aptitude e avaliación definitivas en centros oficiais, durante os días da súa celebración, previa solicitude con 72 horas de antelación, debendo presentar un xustificante ó respecto. Este permiso entenderase para participar en exames e probas en centros oficiais. h) Para cumprir deberes inescusables de carácter público e persoal, o tempo que resulte indispensable, debendo acreditar documentalmente o motivo e o tempo investido. Para tal efecto considéranse deberes de inescusable carácter público e persoal os seguintes: ? Expedición ou renovación do DNI, pasaporte, carné de conducir e demais xestións ante organismos oficiais. ?Citacións de Xulgados, Comisarías, Subdelegación do Goberno, Concellos, etc. ? O exercicio do cargo efectivo de concelleiro, deputado, conselleiro, parlamentario autonómico, estatal ou europeo. ? As consultas, tratamentos ou exploracións durante a xornada de traballo, sempre que estas asistencias estean debidamente xustificadas. Este permiso será extensivo ó acompañamento do cónxuxe, fillos, pais e daqueles outros que, sen estaren comprendidos en tal graduación, constitúan a unidade familiar de convivencia previamente acreditada e apreciada pola Presidencia ou o deputado delegado de Persoal, e terá a duración precisa para que o funcionario ou traballador sexa atendido debidamente, sempre que non se poida acudir fóra do horario de traballo. i) Pola lactancia dun fillo menor de nove meses, unha hora de ausencia na súa xornada de traballo, podendo este reducirse nunha hora ou dividirse en dúas as fraccións de media hora ó inicio e ó final dela. Este permiso poderá ser disfrutado indistintamente pola nai ou polo pai no suposto de que ambos traballen por conta allea e concederáselles con plenitude de dereitos económicos. No suposto de adopción ou acollida se o menor ten menos de nove meses, a funcionaria ou traballadora disfrutará dos mesmos dereitos recollidos no parágrafo anterior, a partir da súa acollida no seo familiar. j) Por asuntos particulares, ata 9 días, non recuperables, sen xustificación e respectando sempre as necesidades do servicio. Estes días solicitaranse formalmente e poderán engadirse ós días de descanso de fin de semana. Cando non sexa posible disfrutar do referido permiso antes de finalizar o mes de decembro do ano en curso, poderán concederse no mes de xaneiro do ano seguinte. En caso de coincidir días de vacacións ou días de descanso semanal con días de asuntos propios, terá preferencia o persoal que dispoña de días de vacacións ou de descanso semanal pendentes. A solicitude deste permiso por asuntos propios seguirá o procedemento establecido con carácter xeral para os permisos regulados neste artigo, salvo que afecte ó persoal das Brigadas, caso no que a conformidade lle corresponde ó capataz da Brigada. k) Por matrimonio de pais, irmáns e fillos concederase permiso o día no que se celebre. 2) Os permisos solicitaranse en impreso oficial coa conformidade do xefe do servicio ou centro, e presentaranse a través do Rexistro Xeral da Deputación Provincial con polo menos 72 horas de antelación, excepto nos casos de urxencia. Estas solicitudes deberán resolverse con polo menos 24 horas de antelación ó día solicitado. Transcorrido este prazo sen que se dictase resolución expresa entenderase que o permiso foi concedido. Artigo 16.? Licencias 1.? Licencia por enfermidade As enfermidades que impidan un normal desempeño das funcións públicas darán lugar a licencias de ata seis meses de duración con plenitude de dereitos económicos. Unha vez transcorridos os seis meses de baixa por enfermidade e ata o prazo máximo de 18 meses, o funcionario ou traballador afectado percibirá o 80% das súas retribucións, se ben estas se desglosarán no 100% do soldo consolidado íntegro e as diferencias resultantes ata alcanza?lo 80% dos seus emolumentos descontaranse das retribucións complementarias. Excepcionalmente e por causas debidamente acreditadas de carácter social, a Comisión Paritaria Mixta, previos os informes médicos que se considere pertinentes, poderá propoñerlle ó Presidente da Corporación a concesión de prórroga da licencia con plenitude de dereitos económicos ata o prazo máximo de duración de 18 meses desde que se iniciou a incapacidade temporal. Os partes médicos de baixa, confirmación de baixa e de alta médica estenderanse en modelo oficial inmediatamente despois de realizarse o recoñecemento do funcionario ou traballador polo facultativo que o formule, sendo distinto o procedemento que se ha de seguir segundo se trate de funcionarios integrados ou non no réxime xeral da Seguridade Social, para efectos de incapacidade temporal e asistencia sanitaria. Os funcionarios non integrados, anteriores ó 31 de marzo de 1993, deberán presenta?lo parte de baixa no Servicio de Recursos Humanos no prazo máximo de tres días desde a súa expedición. Os partes de confirmación de baixa presentaranse cada 15 días, contados a partir da data da baixa no Servicio de Recursos Humanos e os partes de alta entregaranse no mesmo Servicio dentro das 24 horas seguintes á súa expedición. Polo contrario, os funcionarios de novo ingreso integrados no réxime xeral da Seguridade Social, posteriores ó 1 de abril de 1993, e o persoal laboral rexeranse pola normativa específica que desenvolve a xestión e o control das prestacións económicas da Seguridade Social por incapacidade temporal. En caso de baixa por enfermidade profesional ou accidente laboral, a Deputación Provincial acreditará a todo o persoal incluído neste Acordo Regulador?Convenio Colectivo o 100% das retribucións, ata a súa total recuperación, salvo coexistencia de seguros complementarios de igual carácter subscritos pola Deputación que garantan o dito importe; de non ser así este organismo provincial asumirá a diferencia. Os partes de baixa e alta derivados de accidente de traballo ou enfermidade profesional expediranse en modelo oficial e dentro dos prazos establecidos regulamentariamente. A Presidencia poderá efectua?la comprobación de baixas por enfermidade de calquera funcionario ou traballador cando o considere oportuno a través da Inspección Médica desta Deputación Provincial. As baixas por enfermidade de duración inferior a catro días deberán xustificarse, en calquera caso, documentalmente ante o xefe respectivo e o Servicio de Recursos Humanos. 2.? Licencia por asuntos propios Conforme o previsto no artigo 142 do Real Decreto Lexislativo 781/86, do 18 de abril, e artigo 68.3 da Lei da Función Pública de Galicia e demais disposicións concordantes, a licencia por asuntos propios será concedida automaticamente pola Presidencia da Deputación, previo informe do xefe do servicio correspondente. A concesión da dita licencia estará supeditada ás necesidades do servicio e a súa duración acumulada non poderá exceder de 3 meses cada dous anos. A petición cursarase con, polo menos, un mes de antelación á data prevista para o seu disfrute e a denegación no seu caso deberá ser motivada e resolta no prazo de 20 días desde a súa recepción no Servicio de Recursos Humanos. Transcorrido o dito prazo sen resolución denegatoria entenderase estimada. Ó persoal interino e contratados laborais eventuais non lles será de aplicación a licencia sen soldo dado o carácter da súa relación. O tempo de disfrute desta licencia computarase para efectos de antigüidade. 3.? Licencia por garda legal Os funcionarios de carreira e laborais fixos que por razóns de garda legal teñan ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou diminuído físico, psíquico ou ancián, que non desempeñe actividade retribuída ou non perciba ingresos superiores ó salario mínimo interprofesional, terá dereito a unha diminución da xornada laboral nun tercio ou nun medio coa reducción proporcional das retribucións. 4.? Licencia por parto ou adopción de menores de seis anos e maiores de seis anos discapacitados ou minusválidos. A maternidade da funcionaria ou traballadora terá unha duración máxima de 16 semanas ininterrompidas, ampliables no suposto do parto múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo. O período de suspensión distribuirase a opción da interesada sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto. En caso de falecemento da nai, o pai poderá facer uso da totalidade ou, no seu caso, da parte que reste do período de suspensión. Non obstante o anterior, no suposto de que o pai e a nai traballen, esta, ó iniciarse o período por descanso de maternidade, poderá optar por que o pai disfrute dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ó parto, ben de forma simultánea ou sucesiva co da nai, salvo que no momento da súa efectividade a incorporación ó traballo da nai supoña un risco para a súa saúde. Nos casos de adopción e acollemento, tanto pre?adoptivo como permanente de menores de ata seis anos, a suspensión terá unha duración de ata 16 semanas ininterrompidas, ampliables no suposto de adopción ou acollemento múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo, contados a elección da funcionaria ou traballadora, ben a partir da decisión xudicial ou administrativa de acollemento, ben a partir da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción. A duración da suspensión será así mesmo de 16 semanas nos supostos de adopción ou acollemento de menores maiores de seis anos de idade, cando se trate de menores discapacitados ou minusválidos, ou que polas súas circunstancias e experiencias persoais ou por viren do estranxeiro, teñan especiais dificultades de inserción social e familiar debidamente acreditadas. No caso de que o pai e a nai traballen, o período de suspensión distribuirase segundo a opción dos interesados, que poderán disfrutalo de forma simultánea ou sucesiva, sempre con períodos ininterrompidos e cos límites sinalados. Nos supostos de disfrute simultáneo de períodos de descanso a suma destes non poderá exceder das 16 semanas previstas nos apartados anteriores, ou das que regulamentariamente se determinan en caso de parto múltiple. 5.? Licencia por matrimonio Por razón de matrimonio o persoal terá dereito a unha licencia de vinte días naturais de duración, que poderá disfrutar con anterioridade ou posterioridade ó día que teña lugar, incluído este, podendo tamén disfrutala sen solución de continuidade coas vacacións anuais regulamentarias. Esta licencia concederase con plenitude de dereitos económicos. 6.? Licencia por estudios a) Poderá concederse licencia para realizar estudios ou cursos sobre materias directamente relacionadas co posto de traballo ou coas súas posibilidades de promoción profesional, previa solicitude presentada no Rexistro Xeral e con fundamento na xustificación da súa asistencia, variedade de cursos ós que asistiu o interesado e á necesidade ou non para o servicio que preste o funcionario ou traballador. A súa autorización correspóndelle á Comisión de Goberno da Corporación e, no caso de concederse, o funcionario ou traballador terá dereito a percibir toda a súa remuneración e a indemnización prevista na lexislación aplicable. A duración desta licencia terá un límite de 60 horas, que poderá ser ampliado polo Presidente. Daráselle conta á Comisión Paritaria Mixta de tódolos permisos e axudas económicas que se tramitasen a través da Comisión de Goberno e esixirase dictame previo da Comisión Paritaria Mixta para a tramitación de todos aqueles cursos cunha duración que exceda das 60 horas. Tamén poderán concederse permisos para realizar másters que se encontren directamente relacionados co contido do posto de traballo sen dereito a ningún tipo de axuda económica nin indemnización. b) Igualmente poderá concederse permiso para asistir a cursos de formación ou perfeccionamento relacionados co contido do posto de traballo por un tempo máximo de ata seis meses, sen dereito a percibi?las retribucións correspondentes. O tempo transcorrido en tal situación computarase para efectos de antigüidade e durante ese período o funcionario ou traballador permanecerá de alta no réxime xeral da Seguridade Social e terá dereito a que lle reserven o posto de traballo. 7.? Estas licencias solicitaranse por escrito en modelo oficial, co conforme do xefe do servicio ou do centro onde o traballador preste servicios. CAPÍTULO IV REINCORPORACIÓN E RECUPERACIÓN Artigo 17.? Reincorporación a quendas despois dunha situación de baixa por enfermidade Todo o persoal que cause baixa por accidente laboral ou enfermidade profesional manterá o dereito de incorporación ó servicio e nas súas quendas correspondentes, sen merma dos días de descanso establecidos neles, transcorrido o período de baixa. Nos restantes casos de baixa por enfermidade ou accidente non laboral, cando o funcionario ou traballador presente a alta reincorporarase ó servicio e na súa quenda correspondente, disfrutando na semana da súa reincorporación a parte do descanso semanal que puidera corresponderlle, como consecuencia do tempo traballado con anterioridade á situación de baixa. TÍTULO II ACCESO, PROMOCIÓN E PROVISIÓN CAPÍTULO I INGRESO Artigo 18 .? Oferta de emprego público As necesidades de persoal que non poidan ser cubertas cos efectivos existentes e a provisión das cales se entenda necesaria por razóns de organización, incluiranse na oferta de emprego público do ano correspondente. A Deputación Provincial, previa negociación cos representantes sindicais, aprobará e publicará anualmente dentro do prazo de 1 mes desde a aprobación do presuposto a oferta de emprego público, axustándose ós límites que estableza a lexislación básica do Estado sobre función pública e ós criterios que regulamentariamente se sinalen en desenvolvemento da normativa básica estatal para a súa debida coordinación coas ofertas de emprego do resto das administracións públicas. En todo caso, a Corporación haberá de reservar na oferta de emprego público o número de prazas que a lexislación prevé para minusválidos cumprindo desta forma o preceptuado na Lei 13/82, do 7 de abril, de integración social de minusválidos, e art. 5 apartados 1 e 2 do Real Decreto 152/85, do 6 de febreiro. Con tal fin farase constar na oferta o número, a denominación e as características das prazas de que se traten. Coa finalidade de fomenta?la calidade e a estabilidade no emprego, a Deputación convocará anualmente polo menos o 50 % das prazas incluídas na oferta de emprego público dese ano. Artigo 19 .- Sistema de selección Toda selección do persoal funcionario e do persoal laboral fixo desta Deputación Provincial deberá realizarse conforme á oferta de emprego público, mediante convocatoria pública, e a través dos sistemas de concurso, oposición ou concurso-oposición, nos que se garantan os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade de acordo coa lexislación vixente. O acceso á función pública será a través do sistema de oposición, salvo que pola natureza das funcións que se han desempeñar resulte máis adecuada a utilización do concurso-oposición e, excepcionalmente, do concurso. Os procedementos de selección coidarán especialmente a conexión entre o tipo de probas que se terán que superar e a adecuación ás prazas ou postos de traballo laborais que se vaian desempeñar, incluíndo para tal efecto as probas prácticas que sexan precisas. En ningún caso, o desempeño dun posto de traballo reservado a persoal eventual constituirá mérito para o acceso á función pública ou á promoción interna. .../... ------ Folla: .../... 1.4554.- IV ACORDO REGULADOR - CONVENIO COLECTIVO PARA FUNCIONARIOS E PERSOAL LABORAL DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (páx. 32-70) Artigo 20 .- Órganos de selección Son órganos de selección os tribunais e as comisións permanentes de selección. Como norma xeral a selección será efectuada por tribunais cunha composición que será determinada na oportuna convocatoria. En todo caso, haberá de terse en conta que o seu número de membros non poderá ser inferior a sete e estarán integrados por un presidente, un secretario, dous deputados provinciais, un como representante do grupo de Goberno e outro en representación dos demais grupos políticos, un representante da Xunta de Galicia, proposto pola Consellería competente; un representante da Universidade, escolas ou colexios profesionais ou un experto na materia, designado polo Presidente, e un representante designado pola Xunta de Persoal ou o Comité de Empresa, segundo os casos, que terá voz e voto. A súa composición será predominantemente técnica e tódolos vocais deberán posuír unha titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso ás prazas convocadas. Excepcionalmente, cando polo elevado número de aspirantes e o nivel de titulación e especialización esixido así o aconsellen, serán nomeadas comisións permanentes de selección. Artigo 21.- Persoal interino Cando a prestación dun servicio sexa de recoñecida e inaprazable urxencia e non poida ser desempeñada por persoal funcionario de carreira, procederase á selección e o nomeamento de persoal funcionario interino. A selección e o nomeamento efectuaranse baixo os principios de publicidade, mérito e capacidade, e, en todo caso, os aspirantes deberán reuni?los requisitos xerais de titulación e as demais condicións esixidas para participaren nas probas de acceso ós correspondentes corpos ou escalas como funcionarios de carreira. Artigo 22.? Persoal laboral temporal As necesidades non permanentes de persoal laboral atenderanse mediante a contratación de persoal temporal a través da modalidade máis adecuada para a duración e carácter das tarefas que se van desempeñar. A selección do persoal temporal efectuarase en función da urxencia e a duración do contrato. Así, recorrerase ós Servicios Públicos de Emprego (INEM ou Servicio Galego de Colocación) para as contratacións previsibles polo seu carácter estacional e sempre que as características das tarefas que se han desempeñar así o aconsellen. Corresponderalles ós Servicios Públicos de Emprego preselecciona?los candidatos de acordo cos perfís definidos polo órgano convocante. Para tal efecto, coa finalidade de garantir unha maior transparencia e obxectividade, constituirase unha comisión, da que formará parte un representante do Comité de Empresa, para que efectúe a selección do candidato máis idóneo entre aqueles que fosen preseleccionados polo INEM ou polo Servicio Galego de Colocación. Igualmente poderán utilizarse os procesos selectivos previstos para o persoal laboral de carácter fixo, procedendo a unha simplificación do procedemento que posibilite unha cobertura máis áxil das necesidades. Artigo 23 .? Período de proba das contratacións laborais O persoal laboral de novo ingreso estará sometido a un período de proba no que non se computará o tempo de incapacidade temporal, a duración do cal será de tres meses para os grupos profesionais 1 e 2 e de un mes para os traballadores encadrados nos demais grupos. Transcorrido este período de proba, quedará automaticamente formalizada a admisión e computaráselle ó traballador este período para tódolos efectos. Durante este período tanto a Deputación coma o traballador poderán poñer fin á relación laboral, sen que ningunha das partes teña por eso dereito a ningunha indemnización. O traballador terá os dereitos e as obrigacións correspondentes ó seu grupo profesional e ó posto de traballo que desempeña, como se pertencese ó cadro de persoal. Da extinción das relacións laborais reguladas neste artigo informaráselles ós representantes dos traballadores. Será nulo o pacto que estableza un período de proba cando o traballador xa desempeñase as mesmas funcións con anterioridade, baixo calquera modalidade de contratación, dentro do ámbito de aplicación do presente convenio. Artigo 24. Promoción interna A promoción interna supón a posibilidade dos funcionarios ou traballadores de ascender dun grupo inferior ó inmediato superior mediante a superación de probas determinadas establecidas para eso. En todo caso, os funcionarios que participen nas referidas probas deberán ter unha antigüidade de polo menos dous anos no corpo ou escala á que pertenzan, e posuí?la titulación e o resto dos requisitos establecidos con carácter xeral para o acceso ó grupo ou escala no que aspiren ingresar. Estas condicións esixiranse tamén para a promoción interna do persoal laboral. A Corporación deberá fomenta?lo ascenso dos seus funcionarios e traballadores, para o cal se compromete a convocar mediante este sistema a porcentaxe proposta pola Comisión Paritaria Mixta, sempre e cando se axuste ós límites establecidos legalmente. A promoción realizarase a través do sistema de concurso?oposición, sen prexuízo de que se limite o número de temas previstos regulamentariamente en función dos coñecementos esixidos para o acceso á praza ou ó posto de traballo de orixe. CAPÍTULO II PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO Artigo 25.? O dereito ó cargo Asegúraselles ós funcionarios da Deputación o dereito ó cargo sen prexuízo da súa adscrición a uns ou outros postos de traballo efectuado dentro das súas competencias polos distintos órganos da Deputación Provincial en materia de persoal, de conformidade co regulado neste capítulo e a lexislación vixente. Artigo 26.? Procedemento de provisión Os postos de traballo vacantes proveranse de acordo cos procedementos de concurso ou de libre designación, de conformidade co que determinen as relacións de postos de traballo en atención á natureza das súas funcións. A convocatoria será aprobada anualmente polo Presidente da Corporación Provincial e nela incluiranse tódolos postos de traballo vacantes non cubertos con carácter definitivo. Nestas convocatorias só poderán participar os funcionarios de carreira desta Deputación Provincial que se encontren en servicio activo e permanecerán un mínimo de dous anos no seu posto de traballo de destino definitivo. As solicitudes para tomar parte nestas convocatorias dirixiranse ó Presidente da Corporación Provincial e, no suposto de ser varios os postos solicitados, deberán especifica?la orde de preferencia para a súa adxudicación. O prazo de presentación de instancias será de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios desta Deputación. Finalizado o prazo de presentación de instancias, publicarase no taboleiro de anuncios deste organismo provincial a Resolución Presidencial pola que se aproba a lista de aspirantes admitidos e excluídos, cos motivos da exclusión, a composición da Comisión de Valoración e a data e maila hora de constitución de dito órgano, co fin de que, nun prazo de cinco días hábiles, os interesados poidan efectua?las reclamacións que estimen oportunas, que serán resoltas por Resolución Presidencial no mesmo prazo de cinco días hábiles. A Comisión de Valoración constituirana un mínimo de catro membros designados polo Presidente da Corporación, da que tamén formará parte un representante da Xunta de Persoal. Tódolos membros deberán pertencer a grupos de titulación igual ou superior ó esixido para os postos convocados. Na provisión de postos polo sistema de concurso, a Comisión de Valoración proporá o candidato que obteña a maior puntuación. O prazo para resolve?las convocatorias polo sistema de concurso será de dous meses e polo sistema de libre designación dun mes, contados en ambos supostos a partir do día seguinte á finalización do prazo de presentación de solicitudes, salvo que a propia convocatoria estableza outro distinto. Nos procedementos de provisión polo sistema de concurso valoraranse os méritos específicos adecuados ás características de cada posto de traballo, segundo o seguinte baremo: a) Antigüidade. Por anos de servicio, computándose os recoñecidos, prestados con anterioridade á adquisición da condición de funcionario de carreira. b) Cursos de formación e perfeccionamento relacionados co contido do posto de traballo obxecto de provisión. c) Titulacións académicas superiores distintas á esixida para o ingreso, ou outras homologadas por organismos oficiais, relacionadas coas funcións propias do posto de traballo. d) Coñecemento do idioma galego. A puntuación de cada un dos conceptos enunciados nos apartados anteriores non poderá exceder en ning

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición