ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2001/04/27_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.362/3.2001-04-27_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2001/04/27_Ordinaria

  • Data(s) 2001-04-27 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 27 de abril de 2001 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vintesete de abril do ano dous mil un, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Xosé Antonio Araujo Quintas, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Fernández Rodríguez, D. Alberto García García, D. Emilio González Iglesias, D. Arturo Grandal Vaqueiro, D. Angel Gregores Méndez, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Rafael Louzán Abal, D. Telmo Martín González, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. Juan Luis Pedrosa Fernández, D. César Augusto Pérez Ares, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Henrique Viéitez Alonso, D. Manuel Ramón Vilar Márquez e D. José Villar Pereira, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Bos días señoras e señores Deputados, medios de comunicación. Vamos a comeza-lo Pleno ordinario correspondente ó mes en curso. 1.4605.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto. Aprobación do borrador da acta da anterior, sesión ordinaria do día 30 de marzo do 2001. ¿Algunha alegación a acta?. Non hai alegacións. Apróbase por unanimidade polo tanto a acta do Pleno do 30 de marzo. Apróbase por unanimidade o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 30 de marzo do ano 2001. ------ Folla: 2.4606.- TOMA DE POSESIÓN DE D. JOSÉ VILLAR PEREIRA COMO DEPUTADO PROVINCIAL POR RENUNCIA Ó CARGO DE D. HORACIO GÓMEZ ARAUJO Sr. Presidente.- Punto número dous. Toma de posesión de D. José Villar Pereira como Deputado Provincial por renuncia ó cargo de D. Horacio Gómez Araujo. Ten a palabra o Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Se ha recibido de la Junta Electoral Central la credencial de Diputado Provincial a favor de D. José Villar Pereira con fecha 10 de abril y el Sr. Villar Pereira ya presentó la declaración de bienes y también la declaración de incompatibilidades por lo cuál ya no hay ningún obstáculo para que tome posesión. Se ruega entonces al Sr. Villar se persone en la mesa presidencial. Sr. Villar Pereira.- Prometo pola miña conciencia e honor cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealtade ó Rey e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Presidente.- Rógolle ó Sr. Deputado que ocupe o seu escaño. ------ Folla: 3.4607.- PRIMEIRO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS PARA SUPLEMENTOS DE CRÉDITOS Sr. Presidente.- Continuamos o desenvolvemento da orde do día. Terceiro punto da orde do día. Primeiro expediente de modificación de créditos para suplementos de créditos. Ten a palabra o Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Fernández.- Si. Buenos días. Gracias Sr. Presidente. Bien, este es el primer expediente de modificación de créditos para suplementos de créditos con cargo a remanentes de Tesorería. Supone un montante de 20.400.000 pesetas de los cuáles 8.000.000 son para gastos de personal, 8.000.000 para bienes corrientes, capítulo 2, y 4.400.000 para inversiones reales. Los 8.000.000 para gastos de personal son por dos sentencias de la Seguridad Social de dos funcionarios. 8.000.000 para promoción de empleo y mujer para los viajes de la tercera edad en convenios asistenciales. Una partida de 3.800.000 pesetas para la compra de cámaras de vídeo para la vigilancia del propio Palacio Provincial. Y una partida más de 600.000 pesetas para la compra de muebles para un despacho en Vías y Obras. El montante total asciende a esos 20.400.000 pesetas que dije. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pedrosa. ¿Algunha intervención?. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, dado que el grupo socialista votó en contra del Presupuesto y que la cantidad que se plantea aquí en los puntos 4 y 5 son cantidades pequeñas vamos a abstenernos en estos temas por no haber compartido la filosofía del Presupuesto, no por otra cosa. Sr. Presidente.- Gracias. ¿Algunha intervención máis?. Procedemos polo tanto á votación do punto 3. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. O Grupo Socialista e o BNG. ¿Votos a favor?. O Grupo Popular. Apróbase por maioría. Visto o primeiro expediente de modificación de créditos para suplementos de créditos, dentro do vixente Presuposto Provincial, por un total de vinte millóns catrocentas mil pesetas (20.400.000), motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte e non existir consignación no estado de gastos do presuposto corrente, que será financiado con cargo ó remanente de tesourería dispoñible, e sendo os gastos a financiar co expediente específicos e determinados, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión de Economía e Facenda, acorda por maioría, co voto a favor do PP e coas abstencións do PSOE e o BNG, prestar aprobación ó expediente, que resumido por capítulos é o seguinte: CAPITULOS DENOMINACIÓN SUPLEMENTOS DE CRÉDITO 1º Gastos de persoal 8.000.000 2º Gastos de bens correntes 8.000.000 3º Inversións reais 4.400.000 TOTAL.........................................20.400.000 Dito expediente exporase ó público, a efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles. ------ Folla: 4.4608.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO Nº 1/2001 DO PADROADO DE FORMACIÓN PROFESIONAL Sr. Presidente.- Cuarto punto. Expediente de suplemento de crédito nº 1/2001 do Padroado de Formación Profesional. Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Fernández.- Si. Gracias Sr. Presidente. Es, igualmente que el anterior, el primer expediente de suplemento de créditos del año 2001, también con cargo a remanentes de Tesorería, por un montante total de 1.875.695 pesetas repartido de la siguiente manera: 200.000 pesetas para dietas de personal; 300.000 pesetas para locomoción de personal y 1.375.695 pesetas para mejoras de edificios. Las dietas y locomoción son para desplazamiento de los profesores en el tema de las prácticas y la mejora de edificios que se está llevando a cabo en la actualidad. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pedrosa. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Procedemos á votación do punto número catro. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. O Grupo Socialista e o BNG. ¿Votos a favor?. O Grupo Popular. Apróbase por maioría. Visto o expediente de suplemento de crédito nº 1/2001 do Padroado de Formación Profesional, dentro do vixente Presuposto Provincial, por un total de un millón oitocentas setenta e cinco mil seiscentas noventa e cinco pesetas (1.875.695), motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte e non existir consignación no estado de gastos do presuposto corrente, que será financiado con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do presuposto do Padroado correspondente ó exercicio 2000, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión de Economía e Facenda, acorda, por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSOE e do BNG, prestar aprobación ó expediente, aplicando os gastos a financiar ás partidas e polos importes que a continuación se detallan: - 01/843-422-230.01 Axudas de custo do persoal 200.000 pts. - 01/843-422-231.01 Locomoción de persoal 300.000 pts. - 01/843-422-622.03 Mellora de edificios 1.375.695 pts. Total 1.875.695 pts. O financiamento do expediente realízase con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do presuposto do Padroado correspondente ó exercicio 2000, conlevando dito financiamento o incremento das previsións de ingreso no subconcepto - 01/843-870.01 Aplicación ó financiamento de suplementos crédito 1.875.695 pts. Dito expediente exporase ó público, a efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles. ------ Folla: 5.4609.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITOS Nº 1/2001 DO PADROADO DA ESCOLA DE CANTEIROS Sr. Presidente.- Punto cinco. Expediente de suplemento de créditos nº 1/2001 do Padroado da Escola de Canteiros. Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Fernández.- Si. Gracias Sr. Presidente. Es, igualmente que los anteriores, el primer expediente de suplemento de créditos del Patronato de la Escola de Canteiros, por un montante de 3.864.009 pesetas, todo él destinado a la partida de seguridad con el ánimo de sacar a concurso el que una empresa de seguridad vigile las instalaciones en horario de 9 de la noche a 6 de la mañana durante la semana y las veinticuatro horas los sábados, domingos y festivos. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pedrosa. Solamente a modo de información dicir ós Sres. Deputados que tivemos xa corenta e tantos intentos de roubo na Escola e que polo tanto faise imprescindible ter vixilancia as 24 horas do día; mentres hai actividade docente non hai problema, pero os fins de semana e pola noite si hai problema. De aí que veña ó Pleno este expediente de modificación de créditos precisamente para facerlle frente á seguridade da Escola de Canteiros que está en Poio. ¿Algunha intervención?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por maioría. Abstense o PSOE. Visto o expediente de suplemento de crédito nº 1/2001 do Padroado da Escola de Canteiros, dentro do vixente Presuposto Provincial, por un total de tres millóns oitocentas sesenta e catro mil nove pesetas (3.864.009), motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte e non existir consignación no estado de gastos do presuposto corrente, que será financiado con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do presuposto do Padroado correspondente ó exercicio 2000, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión de Economía e Facenda, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e coa abstención do PSOE, prestar aprobación ó expediente, aplicando os gastos a financiar á partida e polo importe que a continuación se detalla: - 01/844-422-227.01 Seguridade 3.864.009 pts. Total 3.864.009 pts. O financiamento do expediente realízase con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do presuposto do Padroado correspondente ó exercicio 2000, conlevando dito financiamento o incremento das previsións de ingreso no subconcepto. - 01/844-870.01 Aplicación ó financiamento de suplementos crédito 3.864.009 pts. Dito expediente exporase ó público, a efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles. ------ Folla: 6.4610.- INICIACIÓN DE EXPEDIENTE DE CAMBIO DE TITULARIDADE DAS ESTRADAS PO-6402 PORTODEMOUROS - VILA DE CRUCES, PO-6307 Agolada - RODEIRO (ALTO DA FRAGA) E PO-6008 LALÍN-VILA DE CRUCES Sr. Presidente.- Punto número seis. Iniciación de expediente de cambio de titularidade das estradas PO-6402 Portodemouros-Vila de Cruces, PO-6307 Agolada-Rodeiro (Alto da Fraga) e PO-6008 Lalín-Vila de Cruces. Ben, unha sencilla explicación é que as estradas Portodemouros-Vila de Cruces e Vila de Cruces-Lalín practicamente é a mesma estrada, de titularidade da Deputación. É unha estrada que estaba contemplada no plan de estradas da Xunta de Galicia e polo tanto creo que é interesante neste sentido, posto que Lalín-Vila de Cruces xa a fixo de feito a Consellería de Política Territorial, cederlle titularidade, posto que abordaría tamén o arranxo da estrada de Vila de Cruces a Portodemouros que vai á Arzúa. E logo Agolada-Rodeiro, como saben vostedes, é unha estrada importante en canto a tráfico, porque todo o que é Monforte, todo o que é Chantada, o tráfico hacia A Coruña, usa esta estrada. A estrada está dividida en dous trozos, un trozo é titular a Deputación, sobre seis quilómetros e o restante é titularidade da Consellería de Política Territorial. Ten un trazado fatal, é moi estreita e a Consellería parece que está disposta a aborda-lo arranxo e dalgunha maneira tamén pide, se queremos loxicamente, cederlle a titularidade. Eu creo que posto que temos cerca de 1.800 quilómetros de estradas provinciais e os medios financeiros para atendelos debidamente son escasos, o cambio de titularidade á Xunta de Galicia de algunhas máis importantes sería bo porque redundaría en beneficio doutras estradas provinciais. Polo tanto, empezamos con estas, pero seguiremos insistindo e pedindo que a Consellería de Política Territorial se faga cargo doutras estradas provinciais e en contraprestación poderíamos facernos cargo doutras importantes que teñen algúns concellos, por exemplo. Esta é unha pequena explicación ós Sres. Deputados. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días. Moitas gracias. Só dicirlle que estamos de acordo con esta transferencia, pero recordar que este asunto empezou máis ou menos hai seis anos; esperemos que os próximos movementos que anuncie ou que anuncie a intención cando menos, Sr. Presidente, non duren tanto, porque a este ritmo chegará o século XXII e aínda ese proceso de reordenación das competencias das estradas estará sen rematar. Digo que hai algunhas que é clarisimo que hai que transferilas, tanto os concellos á Deputación, como outras da Deputación á COTOP. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. ¿Algunha intervención máis?. Ben, procedemos polo tanto á votación da iniciación deste expediente de cambio de titularidade a favor da Consellería de Política Territorial. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Por unanimidade. Visto o escrito de 28-03-01 da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, solicitando o cambio de titularidade das estradas "PO-6402 Portodemouros-Vila de Cruces" e "PO-6307 Agolada-Rodeiro (Alto da Fraga)", dado que a Dirección Xeral de Obras Públicas redactou xa os proxectos de construcción de ámbalas dúas estradas co financiamento a cargo de fondos do Programa Operativo do FEDER 2000-2006, e con fin de facilita-la expropiación que conlevaría; visto, así mesmo, o escrito de 11-04-01 da referida Consellería, ampliando a solicitude á estrada "PO-6008 Lalín-Vila de Cruces", que xa foi acondicionada por dita Consellería a través dun convenio subscrito o 13-12-90, e emitíndose informe polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras, o 18 dos correntes, estimando procedente o cambio de titularidade toda vez que a xestión e mantemento de tales vías en bo estado desbordan a capacidade desta Deputación Provincial; e de conformidade co establecido no art. 5 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de estradas de Galicia, o Pleno acorda por unanimidade a iniciación dun expediente de cambio de titularidade, en favor da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda das estradas: - "PO-6402 Portodemouros - Vila de Cruces" - "PO-6307 Agolada - Rodeiro (Alto da Fraga)", e - "PO-6008 Lalín - Vila de Cruces". ------ Folla: 7.4611.- ACTA DO XURADO CUALIFICADOR DE PREMIOS Á INVESTIGACIÓN 2000 Sr. Presidente.- Punto número sete. Dar conta da acta do Xurado cualificador de Premios á Investigación 2000. Se os Sres. Deputados queren que a leamos aquí doulle a palabra ó Secretario da Deputación Provincial. Se non consideran que a leamos, posto que estivo no expediente e calquera Deputado ten acceso a ela, non a lemos. Non lemos. Ben. Dase polo tanto por enterado desta acta do Xurado cualificador de Premios de Investigación ós Sres. Deputados. De conformidade co disposto na base 5ª da convocatoria de Premios á Investigación 2000 e co enterado da Comisión Informativa de Cultura, o Pleno acorda aceptar nos seus propios termos e quedar enterado e conforme coa Acta do Xurado Cualificador, que é do teor seguinte: "ACTA DO XURADO CUALIFICADOR DE PREMIOS Á INVESTIGACIÓN 2000 Na Sala de Comisións desta Deputación Provincial, sendo as 10,30 horas do día 5 de abril do 2001, reúnese o Xurado Cualificador de Premios á Investigación 2000 presidido por D. Juan Luis Pedrosa Fernández, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, e os vocais: D. José Manuel Fernández Rodríguez, Deputado-Presidente da Comisión Informativa de Cultura; Dona Josefina Garrido González, Profesora da Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo; D. Enrique Valero Gutiérrez del Olmo, Director da EUET Forestal da Universidade de Vigo; D. Alberto Pena Rodríguez, Decano da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo; D. Eduardo Moreno Piquero, Director da UNED; D. Armando Ordás Pérez, Director da Misión Biolóxica de Galicia; D. Ernesto Viéitez Cortizo, Presidente da Real Academia Galega de Ciencias; D. José Carlos Valle Pérez, Director do Museo Provincial de Pontevedra e D. Miguel Pereira Figueroa, Xefe do Servicio de Arquivo Histórico desta Deputación, actuando como Secretario D. Rogelio Nicieza de la Cerra, titular desta Deputación, asistido de D. Julio Vázquez Martínez, Técnico en Actividades Culturais do Servicio de Cultura. Tendo por obxecto a reunión falla-los Premios convocados e previa deliberación e informe dos traballos por parte dos membros do Xurado, acordouse a concesión dos seguintes: AUTOR DNI LEMA TÍTULO CIENCIAS E TECNOLOXÍA: 500.000 ptas. Declarado deserto. HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS: 500.000 ptas. Rodríguez Ennes, Luis........ 32.357.976 ...... Semper Docuit ... O pensamento xurídico-social do Padre Sarmiento PROVINCIA DE PONTEVEDRA: 1.000.000 ptas. Carmen Mª Cadarso Suárez, Diego JoséCarballo Arceo, Mª Esther Carrera Machado, Indalecio De la Fuente Aguado, Javier Ocampo Hermida, Antonio Ojea de Castro, Rafael Prieto Martínez, Arturo...........................33.253.802.......Creando lazos..... Adherencia al tratamiento antirretroviral en una población de pacientes infectados por VIH-1 en la provincia de Pontevedra TESIS: CIENCIAS E TECNOLOXÍA: 150.000 ptas. Velasco Pazos, Pablo......Herencia de la resistencia del maíz dulce al ataque de los taladros TESINAS: CIENCIAS E TECNOLOXÍA: 100.000 ptas. Freire Dopazo, Montserrat.... 52.497.140...... Estudio florístico de los líquines saxícolas y arenícolas de la península de O Grove TESINAS: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS: 100.000 ptas. Barbeito Veloso, Mª Luz.... 43.520.846..... La Radio Galega en el ámbito rural. El caso del sur de Ourense PROXECTOS FIN DE CARREIRA: 100.000 ptas. Alonso Alonso, Juan..... 35.562.796...... Estudio de la calidad de las aguas en las Islas Cies INVESTIGACIÓN XUVENIL: CIENCIAS E TECNOLOXÍA: 250.000 ptas. Rodríguez Vieites, David.. 36.142.218..... Morcego Fenología y selección del hábitat del Murciélago común (P. Pipistrellus) en un parque urbano de Galicia INVESTIGACIÓN XUVENIL: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS: 250.000 ptas. García López, Eva María ... 32.675.968.... María Soliño...... Xesús Ferro Couselo e a lingua galega O Xurado acorda exclui-lo traballo presentado baixo o lema "Los artículos desconocidos de Torrente Ballester", por ser presentado anteriormente a outro Premio, incumprindo desa maneira a base segunda da convocatoria. Así mesmo o Xurado concedeu pola súa oportunidade e trascendencia, propoñendo a publicación dos traballos, as seguintes mencións especiais: TRABALLOS HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS Rodríguez Alvarez, Marina.... 34.925.686..... Neuropsicología VIH Naturaleza de la afectación neuropsicológica asociada a fases asintomáticas de la infección por VIH en una muestra de drogodependientes de la comunidad gallega. PROXECTOS FIN DE CARREIRA Casal Fernández, Nuria....36.144.777..... El Pueblo Gallego. Un hito en la historia de la prensa de Galicia. Análisis histórico y gráfico. E non habendo máis asuntos que tratar, sendo as 12,30 horas do mencionado día, remata a reunión asinando a presente tódolos asistentes, do que eu, como Secretario, dou fe." ------ Folla: 8.4612.- APROBACIÓN DAS BASES DO I CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA Sr. Presidente.- Punto número oito. Aprobación das Bases do I Certame Provincial de Bandas de Música, que se vai a celebrar no Palacio de Congresos de Pontevedra. Ben, en fin, as bases tamén pasaron a Comisión Informativa correspondente, xa se coñecen, supóñome, por tódolos Deputados e polo tanto eu non vou a tratar de explicalas. Creo que son unhas bases correctas. Se algún Deputado quere intervir para modificar ou propoñer algo novo teñen a palabra. Non hai intervencións sobre este tema. Sometémolo a votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cultura, o Pleno acorda por unanimidade aproba-las Bases do I Certame Provincial de Bandas de Música Deputación Provincial de Pontevedra, e que son do seguinte teor: BASES PRIMEIRA.- O I Certame Provincial de Bandas de Música "Deputación Provincial de Pontevedra" terá lugar os días 5, 6 e 7 de outubro, no Pazo da Cultura de Pontevedra. O Comité organizador, baixo o patrocinio da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e coa colaboración das institucións que se relacionan na súa composición é o órgano de goberno, administración e coordinación de tódolos aspectos do certame. SEGUNDA.- Dado o carácter promocional que pretende este Certame, poderán optar a participar tódalas bandas da provincia que o desexen. TERCEIRA.- Limítase o número de bandas participantes e o seu número de músicos, segundo as distintas categorías a: - Sección Primeira: 8 bandas participantes de 65 a 85 músicos. - Sección Segunda: 10 bandas participantes de 45 a 60 músicos. - Sección Terceira: 12 bandas participantes de 35 a 45 músicos. Nesta clasificación de seccións inclúese a posible colaboración en cada Banda de catro instrumentistas alleos. Ningún músico estará autorizado para actuar en dúas bandas inscritas na mesma sección. CUARTA.- Sobrepasado o número de bandas inscritas por seccións e para establece-las participantes así como a orde da súa actuación, realizarase un sorteo público ó obxecto. Cada banda interpretará unha obra obrigada, proposta polo comité organizador e unha obra de libre elección. As bandas interpretarán en primeiro lugar a obra obrigada e a continuación a obra de libre elección. (A Deputación Provincial de Pontevedra non se fai responsable das xestións legais que lles poidan afectar ás bandas polo uso das partituras das obras de libre elección). A duración da obra de libre elección será a seguinte: - Sección Primeira: 20 minutos - Sección Segunda: 15 minutos - Sección Terceira: 12 minutos Permitiráselle a cada Agrupación un tempo total de desviación de + 5 minutos. O exceso será penalizado na puntuación do Xurado. QUINTA.- O escenario e as instalacións sobre as que se desenvolva o Certame serán os mesmos para tódalas bandas participantes nunha mesma sección. A dita instalación será competencia exclusiva do Comité organizador e non se poderán introducir modificacións que non sexan efectuadas por este Comité. SEXTA.- O Xurado estará composto por cinco personalidades do mundo da música, o Presidente, que será o Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial, ou deputado en quen delegue, e un secretario, actuando o titular da institución ou funcionario en que delegue (con voz, pero sen voto). Dito Xurado devengará as indemnizacións correspondentes a gastos de axudas de custo e desprazamentos que establece o RD 236/88 e actualizacións posteriores. As asistencias devengaranse por asimilación, segundo as contías fixadas para os membros de tribunais de selección de persoal. No suposto de estar incluido algún membro que, pola súa orixe, circunstancia, motivos e/ou causas xustificadas, estea relacionado con algunha banda participante no Certame, mediante proposta da Federación Galega de Bandas de Música Populares, será eliminado do Xurado, procedendo o comité organizador a designar unha nova personalidade musical para formar parte del como vocal. Cada membro con dereito a voto poderá concederlle de 0 a 10 puntos a cada banda participante no Certame por cada un dos seguintes aspectos: afinación, sonoridade, (dinámica, planos, sonoros, equilibrios armónicos, ...) interpretación e técnica, tanto na obra obrigada coma na de libre elección. As puntuacións maior e menor que os membros do Xurado lle outorguen a cada unha das obras interpretadas, sempre que exista unha diferencia superior a tres puntos respecto á media, quedarán excluídas do cómputo total. SÉTIMA.- O fallo do Xurado darase a coñecer unha vez rematadas as actuacións de tódalas bandas de cada sección, para ser posteriormente ratificado polo órgano competente deste organismo provincial. OITAVA.- As bandas terán dereito a percibir en concepto de participación, a seguinte cantidade económica segundo a sección á que pertenzan: Sección primeira 250.000 ptas. 1.502,53 _ Sección segunda 175.000 ptas. 1.051,77 _ Sección terceira 125.000 ptas. 751,27_ NOVENA.- Concederanse os seguintes premios por sección: Sección primeira 1º Premio 1.000.000 ptas. 6.010,12_ 2º Premio 800.000 ptas. 4.808,10_ 3º Premio 650.000 ptas. 3.906,58_ Sección segunda 1º Premio 700.000 ptas. 4.207,08_ 2º Premio 500.000 ptas. 3.005,06_ 3º Premio 400.000 ptas. 2.404,05_ Sección terceira 1º Premio 450.000 ptas. 2.704,55_ 2º Premio 300.000 ptas. 1.803,04_ 3º Premio 200.000 ptas. 1.202,02_ DÉCIMA.- As bandas inscritas interpretarán como obras obrigadas as seguintes: - Sección primeira: Danzas Gulanesas (1ª, 2ª, 4ª e 5ª partes) R. Groba. - Sección segunda: A Meiga J. Guridi. - Sección terceira: Festa na tolda G. Freire. UNDÉCIMA.- O prazo de inscrición será de 30 días naturais a partir do seguinte ó da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia. As inscricións deberán formularse mediante solicitude asinada polo representante legal de cada Banda, segundo o modelo de instancia que figura ó final destas bases, presentándoa no Rexistro Xeral desta Deputación. Durante o período de inscrición, e no Servicio de Cultura, estarán a disposición das bandas, para a súa consulta, as obras obrigadas de cada sección onde poden formular igualmente calquera consulta acerca do Certame. DUODÉCIMA.- Co obxecto de determinar nas bandas participantes a orde de actuación, no Pazo provincial sede da Deputación, perante o Presidente da Corporación ou deputado en quen delegue, e os membros do comité organizador, realizarase un sorteo público para tal fin. As bandas que, unha vez admitidas e sorteadas, non participen na competición, salvo por causa grave xustificada, quedarán inhabilitadas para poder actuar no Certame por un período de tres anos consecutivos, segundo o dictame do comité organizador. DÉCIMOTERCEIRA.- O Comité organizador adoptará as medidas necesarias para informar, comunicar, enviar e recibi-lo material das bandas participantes no Certame. Comunicada a súa inclusión ás agrupacións, estas teñen 30 días naturais para remitirlle ó Servicio de Cultura da Deputación Provincial, o historial da Banda e mailo curriculum do director, así como cinco exemplares da partitura da obra de libre elección, indicando a súa duración. A non presentación das partituras no prazo indicado, significará a renuncia da banda a participar no Certame. DÉCIMOCUARTA.- Para o control dos instrumentistas das bandas participantes, establécense os seguintes puntos: 1.- Constitúese unha comisión de control que estará formada por 2 membros designados pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e por 2 funcionarios do Servicio de Cultura da Deputación Provincial. A comisión de control será a entidade competente para controlar e vixia-la composición dos instrumentistas das bandas participantes. Para estos efectos queda plenamente facultada para adoptar cantas medidas sexan oportunas para realiza-la tarefa de investigación, vixilancia e control e requerir e recaba-la documentación que estime necesaria das bandas participantes. Poderá formularlle ó Comité organizador as propostas que considere convenientes, incluídas as referentes á cancelación da inscrición provisoria e impeditivas de actuación da banda infractora así como a súa descualificación antes do fallo. 2.- Cada banda deberá comparecer cos seus propios músicos, sen reforzarse ou completarse con intérpretes doutras agrupacións musicais, salvo os alleos expresamente permitidos nestas bases. O criterio básico de adscrición dun músico a unha banda é pertencer a esta de maneira real e efectiva. Para acreditala, aplicaranse as seguintes medidas: 2.1. Para as bandas integradas no Plan Cultural 2001, os integrantes presentarán o seu DNI, corroborándoo cos datos das relacións xa presentadas nesta Deputación Provincial. 2.2. Para as bandas non integradas no Plan Cultural 2001, deberán presentar coa solicitude de inscrición, unha relación nominal certificada dos músicos (nome e DNI ou pasaporte), expedida polo secretario da banda e co visto e prace do Presidente, na que conste: - Declaración de pertenza ininterrumpida e efectiva do músico á banda durante os dous últimos anos. Lugar e data de nacemento e enderezo actual. 3.- Tódalas bandas presentaranse no lugar do día da actuación, coa antelación suficiente, conforme ós horarios que fixe a organización. A banda que no momento da súa actuación non estea presente no lugar da celebración do Certame quedará eliminada automaticamente. DÉCIMOQUINTA.- O Comité organizador tomará as medidas oportunas para asegura-lo correcto desenvolvemento do Certame. No caso de que algunha proba teña que ser aprazada ou interrompida por causa xustificada, o Comité arbitrará as medidas oportunas para o seu posterior desenlace. No desenvolvemento da actividade organizativa, o Presidente designará a persoa que o substitúa no caso de ausencia ou enfermidade. A inscrición no Certame implica a completa aceptación das súas bases. As decisións tomadas polo Comité organizador na execución e desenvolvemento das presentes bases, e todas aquelas cuestións non previstas, serán resoltas en cada caso, de maneira irrevogable polo propio comité. A sede oficial do Comité organizador do Certame será no Servicio de Cultura da Deputación Provincial de Pontevedra. Rematado o Certame, cada banda participante que o solicite poderá coñece-las actas do Xurado cos resultados obtidos e os detalles dos votos emitidos por cada membro do Xurado con respecto á súa banda. DÉCIMOSEXTA.- O Comité organizador do I Certame Provincial de Bandas de Música "Deputación Provincial de Pontevedra" estará constituído da seguinte maneira: PRESIDENTE: Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra ou Deputado en quen delegue. VOCAIS: Dous representantes da Deputación Provincial de Pontevedra. Un representante da Federación Galega de Bandas Populares. ASESOR MUSICAL: D. Rogelio Groba (Compositor). ------ Folla: 9.4613.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Sr. Secretario. Comunicacións. Sr. Secretario.- Nada más que darles cuenta de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 27 de marzo y el 23 de abril de este año, de lo cuál tienen ya conocimiento los grupos políticos. Sr. Presidente.- Gracias. Queda enterado o Pleno da seguinte: De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas pola Presidencia entre o 27 de marzo e o 23 de abril do ano 2001 e que foron trasladadas os distintos grupos políticos. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptouse o seguinte acordo: ------ Folla: 10.4614.- AUTORIZACIÓN DO GASTO RELATIVO Á CONTRATACIÓN DA "CONSULTORÍA E ASISTENCIA TÉCNICA EN MATERIA DE SEGURIDADE E SAÚDE EN OBRAS DE CONSTRUCCIÓN E CONSERVACIÓN DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA" Sr. Presidente.- Fóra da orde do día presentamos ó Pleno desta Deputación a autorización do gasto relativo á contratación da consultoría e asistencia técnica en materia de seguridade e saúde en obras de construcción e conservación da Deputación Provincial de Pontevedra. É un gasto plurianual e polo tanto entendemos que é competencia do Pleno e o que se trata é, mediante concurso público, lograr que algunha empresa nos leve todo o que é a seguridade e saúde nas obras da Deputación Provincial de Pontevedra, que ata agora, dende o 98 en que entrou en vigor o Decreto 1627/97 do 24 de outubro, veuse facendo a través de bloques de obras, contratando unha empresa para bloques que van saíndo de obras de estradas provinciais. Entendemos que sacar un concurso pode significar un aforro importante posto que van a competir empresas. Traémolo por urxencia porque teríamos que esperar ó próximo Pleno e cremos que é un tema importante contribuir na medida do posible en todo o que é a seguridade e a saúde nas obras públicas e polo tanto eu someto ó Pleno a aprobación da urxencia deste expediente. ¿Votos en contra da urxencia?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Aprobada a urxencia. Eu non teño nada máis que añadir. ¿Algún Deputado quere toma-la palabra?. Sr. Viéitez. Sr. Viéitez Alonso.- Si. Gracias. Bos días. En primeiro lugar nós pensamos que esto, por ser precisamente un contrato de carácter plurianual, debera de ir a Comisión, sobre todo polo que aquí temos observado e de que se pretende extender ata catro anos. Por outro lado, e eso é unha pregunta que fago, porque eu non estaba daquela aquí pero segundo teño entendido o Pleno desta Deputación na anterior lexislatura aprobou a retención dunha porcentaxe, que non podo cuantificar, era un cero coma algo por cento, sobre o presuposto de adxudicación e ía dirixido á saúde laboral. A maiores eu creo que todos os proxectos na súa redacción contemplan un apartado específico de saúde laboral porque esta contratación que se pretende facer é dirixida basicamente á saúde laboral, prevención de riscos e saúde laboral. Entón, a pregunta que fago é se non entra en contradicción co acordado nese Pleno, que non podo precisar porque eu daquela non estaba, pero debe de facer aproximadamente tres anos e medio, onde se retiña, insisto unha porcentaxe para a saúde laboral que retiña a propia Deputación. Entón eu creo que entra en contradicción con este tema. Sr. Presidente.- Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- A nosa discrepancia neste tema é única e exclusivamente porque tendo en conta que o informe do Sr. Interventor é do día 11 e que esto foi á Comisión de Goberno, por certo tamén fóra da orde do día, o día 17, e tendo en conta que as Comisións Informativas foron o día 18, pudo haber pasado perfectamente por Comisión. É a única discrepancia que podemos ter neste tema. Loxicamente nos parece moito mellor que se leven polo procedemento de concurso, polo que se está plantexando aquí, antes que polo procedemento que se estaba levando ata agora. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. González. En resposta ó Sr. Viéitez teño que dicirlle que o órgano competente que aprobou no seu día o que vostede di, neste momento pode aprobar outra cousa distinta e polo tanto anular o anterior. Cremos que é moito máis eficaz corrixi-lo que estabamos facendo, como dixo o Portavoz do Partido Socialista, e polo tanto é a razón pola cal o traemos agora para cambiar de método, pero nada máis. Non recordo exactamente agora o que se estaba a descontar para esto pero era o 0,5% e vamos a ver agora, en fin, o que vai pasar. Vamos a saca-lo concurso para ter xa unha empresa de man e non andar contratando continuamente para unha obra, para outra e para outra. Sr. Viéitez Alonso.- Se nós non entramos en discusión, nos parece positivo o que vostedes propoñen, pero sinceiramente en certa medida en función da súa intervención queremos que entre en contradicción precisamente porque ata agora a decisión do Pleno era a retención dese 0,5% sobre o adxudicado e a retiña a propia Deputación para seguimento desa obra en materia de saúde laboral. Con esto que estamos aprobando non estamos eliminando a retención do 0,5%, entón en certa medida estamos recorrendo un pouco no doble gasto e un pouco en contradicción co adoptado anteriormente. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Viéitez. Creo que non é así e eu voulle ceder a palabra ó Interventor, que é o que ten máis coñecemento e máis lle pode explicar. Sr. Interventor.- Efectivamente hubo un acuerdo del Pleno, se aprobó hacer una retención, que en este momento es del 0,5% y ese 0,5% es con lo que se financiaba los contratos que se hacían hasta ahora. Entonces, para el futuro, en principio no se dice nada de que no se vaya a seguir haciendo esa retención. Por lo tanto ese nuevo contrato que se propone se financiará en todo o en parte con esa retención. Lo que pasa es que aquí se pone un porcentaje que es superior a la retención que se viene haciendo y que a lo mejor no llega la retención para financiar el contrato y entonces habrá que utilizar algún crédito presupostario, pero esa retención seguirá en principio practicándose y se destinará a financiar precisamente este contrato. O que a lo mejor no llega y hay que acudir a utilizar algunos créditos del presupuesto. Esto es lo que hay. Sr. Presidente.- Gracias. Sométese polo tanto a votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. O BNG. ¿Votos a favor?. Os grupos popular e socialista. Por maioría. Tendo prevista a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da "Consultoría e asistencia técnica en materia de seguridade e saúde en obras de construcción e conservación da Deputación Provincial de Pontevedra", ó obxecto de dar cumprimento ó establecido na Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, e no RD 1627/1997, de 24 de outubro, de Disposicións Mínimas en materia de seguridade e saúde nas obras, e estimándose un importe máximo do 1,25% do presuposto de execución material das obras a executar pola Deputación Provincial de Pontevedra, aproximadamente en 1.800.000.000 de pesetas de execución por contrata para o ano 2001, e 2.000.000.000 de pesetas para cada un dos exercicios de 2002, 2003 e 2004, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e coa abstención do BNG, autoriza-lo gasto que resulte da futura adxudicación do concurso para a contratación de dita consultoría, fixando un máximo do 1,25% do presuposto de execución material das obras a executar pola Deputación Provincial de Pontevedra, estimándose en 1.800.000.000 de pesetas de execución por contrata para a anualidade de 2001, e 2.000.000.000 de pesetas para cada unha das anualidades de 2002, 2003 e 2004, fixándose como contía máxima para os catro anos de duración do contrato a suma de noventa e sete millóns cincocentas mil pesetas (97.500.000). ------ Folla: 11.4615.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos. Sr. Santiago Novas. Sr. Santiago Novas.- Si, gracias Sr. Presidente. No pasado Pleno do mes de outubro aprobouse co apoio de tódolos grupos unha moción a iniciativa do grupo socialista en canto ó nomeamento de Valle Inclán como fillo predilecto desta provincia. Transcorreron seis meses, somos conscientes de que houbera e que se facía aconsellable un aprazamento, que en principio estaba previsto para o 5 de xaneiro, da celebración do acto de entrega de distincións, por cuestións protocolarias. Eu creo que unha vez transcorridos seis meses o tempo prudencial está sobrepasado, e entón o rogo consiste en que se leve a efecto a aplicación de dito acordo nos termos establecidos. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Santiago. Logo doulle a palabra ó Deputado Delegado de Cultura pero en todo caso vostede mesmo forma parte como membro da Comisión deste tema, e aínda a min non me deron información, salvo esporádicamente, sobre o tema. Polo tanto, supóñome que non o terán aínda ultimado porque se non si o transmitirían a Presidencia da Deputación. Ten a palabra o Sr. Deputado de Cultura. Sr. Fernández Rodríguez.- Si. Gracias Sr. Presidente. Como vostede ben sabe tivemos dúas reunións a comisión nomeada ó efecto. Entrevistámonos nunha ocasión co fillo de Valle Inclán e en principio negábase a recibi-lo premio, non quería asistir aquí a esta casa a recibilo. Pero nunha segunda reunión convencémolo de que así o fixese e nos que agora, no mes de maio, vai haber "grandes novidades", palabras textuais del, e a partir de aí pois porá data. Eso é no que está. Eu, hai dous días, púxenme en contacto coa súa casa e me dixeron que están uns días de vacacións ata despois deste festivo. O mércores volverémoslle a insistir e a ver se xa definitivamente poñemos día. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Fernández. Si, Sr. Santiago. Sr. Santiago Novas.- Si, efectivamente, por eso dicía que somos conscientes de que hai dificultades. Eu dicía simplemente cuestións protocolarias para non entrar en máis detalles. De todas formas, creo que despois de seis meses dende que se tomou o acordo, esperar para que o fillo de Valle poña unha data, é un tempo prudencial. O que non podemos e estar esperando indefinidamente a que poña unha data. Eu digo que se non se fai proximamente, no próximo mes, que o Sr. Presidente tome as medidas ou dea as indicacións oportunas para que se leve igualmente a efecto o acordo. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Santiago. En todo caso, tomo nota do que me está dicindo, pero eu creo que parece normal e de sentido común que contemos coa venia da familia neste caso para fixar fechas. Eu o que pretendo é que se teña absolutamente pola parte da Comisión todo preparado en espera de que D. Carlos fixe unha data aceptable por parte del, porque me parecería que este nomeamento quedaría un pouco coxo se efectivamente non temos aquí os descendentes directos de D. Ramón María del Valle Inclán. E polo tanto non é que non estemos por non declaralo fillo adoptivo senón que, como vostede ben recoñece, temos esas dificultades. De acordo. Preguntas. Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Quería preguntarle si tienen conocimiento de la existencia de un contencioso administrativo en contra de la aprobación del Plan Especial del Puerto de Marín y si es así si tienen pensado personarse en el mismo. Sr. Presidente.- Eu como Presidente desta Institución non teño coñecemento absolutamente ningún. ¿Algunha pregunta máis?. Levántase a sesión. Moitas gracias. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as once horas e trinta minutos do expresado día, dase por rematada a sesión e dela exténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. ------

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición