ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2001/05/25_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.362/3.2001-05-25_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2001/05/25_Ordinaria

  • Data(s) 2001-05-25 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 25 de maio de 2001 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vintecinco de maio do ano dous mil un, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Xosé Antonio Araujo Quintas, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Fernández Rodríguez, D. Alberto García García, D. Emilio González Iglesias, D. Arturo Grandal Vaqueiro, D. Angel Gregores Méndez, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Rafael Louzán Abal, D. Telmo Martín González, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. Juan Luis Pedrosa Fernández, D. César Augusto Pérez Ares, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Henrique Viéitez Alonso, D. Manuel Ramón Vilar Márquez e D. José Villar Pereira, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Como vén sendo habitual cando se produce un atentado terrorista, normalmente gardamos un minuto de silencio ó comeza-lo Pleno, sexa ordinario ou extraordinario. Neste caso non vamos a gardar un minuto de silencio e invito ós Sres. Deputados á manifestación que habitualmente se fai conxuntamente cos funcionarios da Deputación Provincial na escalinata do Pazo Provincial. Como a orde do día do Pleno é corta é posible que ás doce tiñamos terminado. E polo tanto eu invítovos a acompañar ós funcionarios nesta manifestación. Se é que non termináramos antes das doce, eu propoñería suspende-lo Pleno, acompañar nesa manifestación nas escalinatas e logo seguiríamos co Pleno. Dito esto pasamos a desenvolve-la orde do día do Pleno ordinario do mes en curso. 1.4616.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Punto primeiro. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do 27 de abril do ano 2001. ¿Hai algunha alegación á acta.? Noin hai alegacións. Apróbase por unanimidade.. Apróbase por unanimidade o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 27 de abril do ano 2001. ------ Folla: 2.4617.- PROPOSTA DE PRÓRROGA DE PRAZO DE SUBVENCIÓNS PARA ASOCIACIÓNS SEN FINS DE LUCRO EN SERVICIOS SOCIAIS Sr. Presidente.- Punto número dous. Proposta de prórroga de prazo de subvencións para Asociacións sen fins de lucro en Servicios Sociais. Creo que xa se dou conta neste sentido na Comisión Informativa correspondente. Era debido esta prórroga a que o prazo remataba, se non me equivoco, o 14 de abril e o 14 de abril era sábado; á parte deso houbo polo medio os días festivos da Semana Santa, e moitas das peticións ou instancias solicitando estas subvencións entraron precisamente o luns 16. Neste sentido corríxense as bases en canto ó prazo ata o 16 de maio. É unha corrección a unhas bases que aprobou o Pleno e polo tanto calquera corrección ás bases hai que sometela ó Pleno. Se se vota en contra indudablemente non se prorrogan e quedarían excluídas moitas peticións. ¿Algunha intervención?. Procedemos polo tanto á votación deste tema. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Unanimidade. De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Promoción de Emprego e Acción Social, o Pleno acorda por unanimidade aproba-la prórroga do prazo de solicitudes de subvencións para actividades de Asociacións sen fins de lucro no ámbito dos servicios especializados fixados na Base 6ª nun mes, ata o 16 de maio de 2001, en atención ós días festivos que existiron no mes de abril que mermaron o referido prazo. ------ Folla: 3.4618.- INICIACIÓN DO EXPEDIENTE DE DESAFECTACIÓN DUN TRAMO DA EP A LAMA - PONTEVERDUGO, PARA O SEU POSTERIOR ALLEAMENTO Sr. Presidente.- Punto número tres. Iniciación do expediente de desafectación dun tramo da EP A Lama-Ponteverdugo, para o seu posterior alleamento. Mediante convenio co Concello de A Lama, o SEIEP e a Deputación Provincial contratouse o arranxo e mellora desta estrada que é da Deputación Provincial. Houbo unhas expropiacións por valor de trece millóns de pesetas. Quedaron unha serie de metros cuadrados que non teñen utilización nin serven para estrada provincial; entón iniciamos o expediente de desafectación para logo ceder tal e como aparece no expediente correspondente. ¿Hai algunha intervención?. Non hai intervencións. Procedemos á votación polo tanto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. Visto o Convenio de colaboración subscrito entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, o Concello de A Lama e a Sociedade Estatal de Infraestructuras e Equipamentos Penitenciarios SA, aprobado pola Comisión de Goberno en sesión de data 24-02-00, para a mellora da estrada de acceso ó Centro Penitenciario de A Lama. Visto o acordo de 26 de outubro de 2000 polo que a Comisión de Goberno desta Deputación Provincial aprobou a modificación da cláusula 1ª do convenio asumindo o custe das expropiacións necesarias para a execución da obra. Visto o acordo do Pleno desta Excma. Deputación Provincial de data 26 de maio de 2000, polo que se adoptou o compromiso de desafectación dun tramo da EP A Lama-Ponteverdugo situado entre o PK 0,350 e o PK 0,408, cunha extensión de 348 m2, para a súa ulterior cesión a D. José Amoedo Vázquez, o Pleno acorda por unanimidade o seguinte: a) Inicia-lo expediente de desafectación dun tramo da EP A Lama-Ponteverdugo, situado entre o PK 0,350 e o PK 0,408, cunha extensión de 348 m2, para a súa ulterior cesión a D. José Amoedo Vázquez. b) Dispoñe-la apertura dun período de información pública durante o prazo dun mes, de acordo co disposto no art. 8.2º do Regulamento de Bens das Entidades Locais. ------ Folla: 4.4619.- INICIACIÓN DO EXPEDIENTE DE DESAFECTACIÓN DUN TRAMO DA EP 2005 MEIXOEIRO - CUVI PARA A SÚA POSTERIOR CESIÓN Á UNIVERSIDADE DE VIGO Sr. Presidente.- Punto número catro. É un tema idéntico. Iniciación do expediente de desafectación dun tramo da EP 2005 Meixoeiro-CUVI para a súa posterior cesión á Universidade de Vigo. Como vostedes saben esta estrada que é de titularidade da Deputación, un tramo dela pasa polo Campus Universitario e practicamente é unha rúa, convirtiuse nunha rúa do Campus Universitario de Vigo. A Universidade pide a desafectación dese tramo e polo tanto iniciamos o expediente tal e como consta no expediente, que foi tratado na Comisión Informativa correspondente. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. Visto o escrito de 30 de marzo de 2001 do Rector da Universidade de Vigo, solicitando o desvío do vial de acceso ó Campus Universitario de As Lagoas-Marcosende, dende Puxeiros ata a Rotonda Norte; visto o informe do Enxeñeiro Director de Vías e Obras de 24 de abril de 2001 sinalando a procedencia da transferencia á Universidade de Vigo dese tramo final da EP 2005 Meixoeiro-CUVI, pois atópase dentro do anel perimetral do Campus e emitíndose así mesmo informe complementario polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur con data 9 dos correntes, detallando a lonxitude do tramo (310 m) e a anchura (10m) así como a súa ubicación (entre o pk 5,170 e 5,480), de conformidade co art. 8 do Regulamento de Bens de Entidades Locais o Pleno acorda por unanimidade: 1) Inicia-lo expediente de desafectación dun tramo da EP 2005 Meixoeiro-Cuvi, entre o pk 5,170 e o pk 5,480 cunha lonxitude de 310 metros e unha anchura de 10 metros, para a súa transformación de ben de dominio público afecto ó uso público a ben patrimonial, e a súa posterior cesión á Universidade de Vigo. 2) Expoñe-lo expediente ó público durante o prazo dun mes, de acordo co disposto no art. 8.2º do Regulamento de Bens das Entidades Locais. ------ Folla: 5.4620.- INICIACIÓN DO EXPEDIENTE DE CAMBIO DE TITULARIDADE DA EP 0501 CUNTIS - PORRÁNS Sr. Presidente.- Punto número cinco. Iniciación do expediente de cambio de titularidade da EP 501 Cuntis-Porráns. Esta é unha estrada que ten aproximadamente trece quilómetros de lonxitude, é unha estrada de titularidade da Deputación Provincial, é unha estrada que o trazado fundamentalmente é un trazado malo e a conservación necesitaba abordala de forma inmediata, é unha estrada importante dentro das estradas da Deputación polo tráfico e porque une dúas estradas nacionais. Personalmente eu e o Vicepresidente de obras Rafael Louzán fixemos xestións perante Política Territorial para que asumira o arranxo desta estrada e ó mesmo tempo asumira xa a titularidade posto que é unha estrada que une dúas estradas nacionais e que consideramos que debía asumila. As negociacións prosperaron, firmouse un protocolo de intencións no Concello de Moraña e agora iniciamos o expediente de cambio de titularidade para que non só asuma a titularidade senón que asuma de forma practicamente inmediata o arranxo desta estrada, non só do que é o firme senón tamén do trazado, que é un trazado con moitas curvas perigosas. ¿Algún Deputado quere intervir?. Non hai intervencións. Como acabo de dicir asinouse un Protocolo de Intencións, pero a continuación haberá que asinar un convenio. Polo tanto aquí apróbase inicia-lo expediente de cambio de titularidade da estrada e ó mesmo tempo autorizar a esta Presidencia para a sinatura do convenio correspondente. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. Visto o protocolo de intencións de data 28 de abril de 2001 subscrito entre o Excmo. Sr. Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia e o Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación de Pontevedra relativo á transferencia de titularidade, acondicionamento e mellora da EP 0501 Cuntis-Porráns. Visto o informe favorable emitido polo Sr. Enxeñeiro-Técnico da zona norte de data 10 de maio de 2001 e de conformidade co disposto no art. 5 da Lei 4/1994 de 14 de setembro de Estradas de Galicia, o Pleno acorda por unanimidade: a) A iniciación do expediente de cambio de titularidade da EP 0501 Cuntis - Porráns. b) Facultar ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra para a sinatura do convenio que con tal fin se elabore. ------ Folla: 6.4621.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Punto seis. Comunicacións. Ten a palabra o Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Darles cuenta como siempre de las Resoluciones Presidenciales que fueron dictadas entre el 24 de abril y el 19 de mayo, que se han trasladado a los distintos grupos políticos, así como de dos Resoluciones Presidenciales en virtud de las cuáles por una de ellas se designa Vicepresidente de la Diputación en sustitución del Sr. Gómez Araujo al Diputado D. David Raposeiras Correa. Y otra por la que se designa al nuevo Diputado D. José Villar Pereira miembro de las Comisiones Informativas de Cultura, Honores y Protocolo y Juventud y Deportes también en sustitución del Sr. Gómez Araujo. Nada más. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Secretario. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas pola Presidencia entre os días 24 de abril e 19 de maio do ano 2001, e que foron trasladadas ós voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial designando a D. José Villar Pereira membro das Comisións Informativas de Cultura, Honores e Protocolo e Xuventude e Deportes en substitución de D. Horacio Gómez Araujo. C) De Resolución Presidencial designando a D. David Raposeiras Correa Vicepresidente desta Excma. Deputación Provincial en substitución de D. Horacio Gómez Araujo e encomendándolle a área de xestión de Xuventude e Deportes. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia tratáronse os seguintes asuntos: ------ Folla: 7.4622.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA, A AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO, O CONCELLO DE REDONDELA E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Fóra da orde do día traemos un tema que a Consellería de Política Territorial quere abordar de forma inmediata, no cal nos pediu a colaboración e neste sentido, como vostedes viron no expediente, pensamos que é unha actuación importante onde vamos a participar tres entidades públicas, como son Portos de Galicia, como é a Autoridade Portuaria de Vigo e o Concello de Redondela. E neste caso pediuselle a colaboración á Deputación Provincial de Pontevedra. Procuramos na medida do posible colaborar neste caso, e sobre todo no caso da Consellería de Política Territorial porque é a única Consellería da que dalgunha maneira sempre recibimos máis compensacións, no senso en concreto destas últimas estradas, a estrada de Vila de Cruces - Portodemouros e a estrada de Porráns - Cuntis. E neste sentido, o grupo de goberno propón ó Pleno a colaboración institucional para unha obra que se vai facer en Chapela, que é adecua-lo entorno portuario da zona de Chapela e dotalo de infraestructuras e mellora-lo peirao pesqueiro. Supón unha inversión de cento sesenta millóns de pesetas e vamos a colaborar o Concello de Redondela, a Autoridade Portuaria de Vigo, Portos de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra. En concreto, en canto á cifra económica, a Autoridade Portuaria de Vigo vai a invertir nesta obra cen millóns de pesetas, Portos de Galicia trinta millóns e a Deputación trinta millóns. Esto é o que hai. Ben, procedemos á votación da urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase a urxencia. Aprobada a urxencia procedemos á votación do contenido. Sr. Araujo Quintas- Bos días. En principio nós estamos a favor deste espíritu de colaboración entre as institucións; o que lamentamos neste caso é que co argumento de facer un paseo marítimo en Chapela, en base ó proxecto que se cita na exposición de motivos deste convenio, o que se prevé é unha actuación que nós entendemos moi negativa co equilibrio da ría porque se está propoñendo facer uns espigóns que sobrepasan os cen metros de longo para intentar buscar acomodo a unha praia artificial a cincuenta metros da praia natural existente agora mesmo en Chapela. É dicir, que o Bloque está totalmente a favor de facer un paseo marítimo en Chapela a pesar de que incide negativamente na ría, o que non está de acordo é con que se fagan uns espigóns que superan os cen metros de longo para construir unha praia artificial situada a cincuenta metros donde existe unha praia natural. Que non ten sentido ningún. É dicir, que esta actuación considerámola excesivamente agresiva e polo tanto non podemos apoiar este convenio que vai ratificar unha actuación máis nun medio tan sensible a estas actuacións como é a ría de Vigo. En base a iso, ó paseo estaríamos de acordo, o que non estaríamos de acordo a que se fagan estes espigóns e esta praia artificial. Facer unha praia artificial a cincuenta metros dunha praia natural é que non ten sentido ningún, non hai por onde collelo. Eses cartos podíanse gastar na rexeneración da praia natural e deixarse de facer actuacións negativas, que nós, os de Redondela, sufrimos as consecuencias de tódalas actuacións que se fan nesta zona do estreito da ría, e as consecuencias como se pode percibir son moi negativas, por eso se o convenio é para financiar un proxecto ó que se fai alusión non imos apoiar e imos votar en contra. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Araujo. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Bueno, vamos a ver. El Grupo Socialista si va a votar a favor y va a votar a favor porque estamos ante una obra que el Ayuntamiento de Redondela lleva planteando alrededor de veinte años aproximadamente. Es una obra que se ubica en una parroquia que es Chapela, que es la más densamente poblada del municipio, tiene alrededor de 8.000 habitantes, con una franja costera de la parroquia en la que sólo hai una playa que debe tener del orden de 300 metros de longitud o 400, y efectivamente lo que se propone aquí es que esa zona densamente poblada, que no tiene ninguna posibilidad de tener una zona de esparcimiento importante más que la que va a salir de ese relleno, lógicamente entendemos que es la única posibilidad que tiene, vuelvo a repetir, y digo lo de antes, llevamos dándole vueltas años a este tema. Si la parte que se critica es la parte de la playa artificial, la playa que hay, vuelvo a repetir, es muy pequeña para la población que hay. Realmente está sobresaturada siempre. Volvemos a ganar más espacio de disfrute para los ciudadanos y lógicamente nosotros si vamos apoyar ese tipo de actuaciones. Yo, de todas formas, estoy harto de oír hablar del tema de las agresiones a la ría, etc., etc. Yo creo que cualquier tipo de planteamiento que lleve consigo una modificación del litoral natural de la costa tiene que tener detrás unos estudios de impacto medio ambiental, que me consta que en este caso están hechos; tiene que tener detrás un estudio de dinámica del litoral que también me consta que está hecho y, sinceramente, yo puedo entender las reticencias de algunas personas a este tipo de cuestiones, pero en el momento que están todos los estudios detrás y que son favorables, yo entiendo que ese tipo de reticencias es vencible por todas las partes. Después hai otro tema. A mi me extraña sobre manera que, concretamente hablando de actuaciones sobre la ría de Vigo, cuando el Ayuntamiento de Vigo, con el plan de usos del puerto, acaba de conseguir un aplazamiento, a rellenos importantes y mucho más importantes que estos, de cientos de miles de metros cuadrados, no se plantean estos problemas, cuando estamos discutiendo de diez mil metros cuadrados para libre uso y disfrute de los ciudadanos. Y vuelvo a repetir, duplicar la capacidad de playa en el litoral de Chapela me parece que es perfectamente asumible y en la zona donde se va hacer no va a crear ningún tipo de problema. Por lo tanto, vuelvo a repetir, nosotros vamos a votar a favor de este tema. Sr. Presidente.- Gracias Sr. González. Cónstame que efectivamente se fixeron tódolos estudios pertinentes para que non agreda todo o que é a Ría e o espacio natural da Ría e polo tanto o Grupo Popular vai votar a favor e autoriza-la sinatura do convenio que se presenta neste caso para a aprobación do Pleno. ¿Algunha intervención máis?. Sr. Araujo Quintas.- Si, simplemente á parte de reafirmarme nos meus argumentos, dicir que non pode constar que os estudios están feitos porque non están feitos. Os estudios constarán que están feitos cando haxa constancia, pero non a hai. Non hai estudio de dinámica de litoral, poderase facer, pero agora mesmo non hai eses estudios, polo tanto non se pode dar aquí por bo que existen uns estudios favorables cando non existen. Eu non poño en dúbida que alguén poida conseguir uns informes tanto de impacto ambiental como de dinámica do litoral que sexan favorables, non o dubido, pero o que si é certo é que a día de hoxe non están feitos. Polo tanto non se pode dar por feito algo que non existe, e eu mantéñome na defensa dos meus argumentos, de que calquera incidencia na Ría é moi perigosa e neste caso en concreto co argumento de facer un paseo marítimo éntrase cen metros na Ría para facer unha praia no litoral de 234 metros de longo a 50 metros doutra praia, que poderá haber quen a defenda. Eu non. Eu teño claro que non, que se poden facer outras actuacións e hai outras praias en Chapela pequenas tamén, que se poden rexenerar con eses cartos. Os estudios, dende logo, a día de hoxe non están feitos. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias. ¿Non hai máis que queiran facer uso da palabra?. Si, Sr. Martín González. Sr. Martín González.- Gracias Sr. Presidente. Eu quería facerlle unha pregunta ó compañeiro do Bloque. Eu descoñezo se están os estudios feitos. ¿Cando estean os estudios feitos vai apoiar, se son favorables votar a favor, e se son en contra votar en contra, se vai a facer caso ós estudios que vaian a facer?. E digo esto como Deputado e tamén como Alcalde de Sanxenxo porque estou tendo algúns problemas con algunha praia que teño no meu concello motivado ós temporais, e claro ós estudios se lle fai caso cando lle dá a gana e cando lle dá a gana votan outra cousa. Precisamente eu apoio tamén, como el dí, que o litoral galego, da costa, é moi complicado, que efectivamente hai que coida-lo medio ambiente, pero tamén eu creo que lle temos que facer caso ós estudios e cando os biólogos ou quen corresponda, os técnicos, fan os estudios tamén debemos de apoialos. Polo tanto eu quería facerlle esa pregunta, ¿se cando os estudios referentes neste caso á praia de Redondela artificial, ou outra no concello de Sanxenxo, ou na provincia de Pontevedra, se os van apoiar?. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Martín. Sr. Araujo. Sr. Araujo Quintas.- En base ós estudios pronunciarémonos. Eu non coñezo ningún estudio de impacto ambiental que diga que esto non ten ningunha parte negativa, todos son positivos, non o coñezo. Quere dicir que os estudios, todos, teñen unha parte favorable e outra desfavorable. Cando se coñezan poderemos opinar e eu a priori non opino nunca sobre un estudio futuro. No seu momento estou disposto a discutir aquí sobre a idoneidade ou non da obra. En todo caso, cando chegue o estudio aquí a esta Deputación abrimos un debate e debatimos sobre o tema. Sin problema ningún. Sr. Presidente.- Gracias. Procedemos polo tanto á votación deste punto que trouxemos fóra da orde do día. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase polo PSOE e polo Partido Popular e en contra o Bloque. O Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e co voto en contra do BNG, aproba-lo convenio de colaboración entre o ente público Portos de Galicia, a Autoridade Portuaria de Vigo, o Concello de Redondela e a Deputación de Pontevedra que é como segue: En Santiago de Compostela, a REUNIDOS Dunha parte o Ilmo. Sr. D. Emilio García Gallego, actuando na calidade de Presidente, en nome e representación do Ente Público Portos de Galicia, con domicilio a estes efectos en Praza de Europa, 5-A 6º, Área Central, Polígono de Fontiñas, 15781, Santiago de Compostela. Doutra parte o Ilmo. Sr. D. Julio Pedrosa Vicente, actuando na calidade de Presidente, en nome e representación da Autoridade Portuaria de Vigo, con domicilio a estes efectos na Praza do Porto 2, 36201 Vigo. Doutra parte o Ilmo. Sr. D. Manuel Abeledo López, actuando na calidade de Presidente, en nome e representación da Deputación de Pontevedra, con domicilio a estes efectos en Avda. Montero Rios, s/n, 36071 Pontevedra. E doutra parte o Ilmo. D. Xaime Rei Barreiro, actuando na calidade de Alcalde-Presidente, en nome e representación do Concello de Redondela, con domicilio a estes efectos en Rúa Alfonso XII, 2, 36800 Redondela. Tódalas partes, na calidade na que cada unha intervén, recoñécense reciprocamente a capacidade legal necesaria para obrigarse e outorga-lo presente convenio, e para o efecto. EXPOÑEN A Autoridade Portuaria de Vigo presentou un proxecto unitario co fin de adecua-lo entorno portuario da zona de Chapela, e deste xeito abrilo á ría de Vigo e dotalo de infraestructuras suficientes para a poboación residente no seu ámbito territorial, así como para a crecente afluencia de visitantes, ó tempo que se melloran as prestacións do peirao pesqueiro existente na zona por medio da súa ampliación, acollendo, deste xeito, as peticións dos usuarios do mesmo. Neste senso o Ente Público Portos de Galicia, así como a Deputación de Pontevedra e o Concello de Redondela, son conscientes da importancia de satisface-las necesidades dos habitantes e da poboación flotante, procurando ó mesmo tempo a máxima integración entre as infraestructuras porto-cidade permitindo o uso fundamentalmente aberto ó público, englobando abundantes zonas axardinadas e de espallamento. Por todo isto, a Autoridade Portuaria de Vigo, o Ente Público Portos de Galicia, o Concello de Redondela e a Deputación de Pontevedra, acordan levar a cabo un convenio de colaboración para regula-la súa colaboración na execución e mantemento das obras de acondicionamento da zona de Chapela, con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- Obxecto. O obxecto do presente convenio é establece-las bases de colaboración técnica e económica entre o Ente Público Portos de Galicia, a Autoridade Portuaria de Vigo, o Concello de Redondela e a Deputación de Pontevedra que permitan realiza-la obra de "Acondicionamento e mantemento da zona portuaria de Chapela", que inclúe, entre outras, as seguintes actuacións - Prolongación do actual peirao de Chapela. - Paseo marítimo e acondicionamento do vial rodado. - Construcción de dous espigóns de contención. En todo caso as obras executaranse conforme ó proxecto que se aprobe. SEGUNDA.- Compromisos da Autoridade Portuaria de Vigo. A Autoridade Portuaria de Vigo aporta o proxecto técnico que contempla as obras previstas no parágrafo anterior, que deberá ter a conformidade do Ente Público Portos de Galicia e cun presuposto máximo de CENTO SESENTA MILLÓNS DE PESETAS (160.000.000). Así mesmo a Autoridade Portuaria de Vigo comprométese a: 1.- Proporciona-la dispoñibilidade dos terreos necesarios libres de cargas e gravames e co réxime urbanístico adecuado para execución das obras á que se refiren as actuacións descritas na cláusula primeira, así como á reposición dos servicios e servidumbres afectados. Así mesmo asumirá a realización das xestións pertinentes perante os organismos que correspondan para a obtención dos permisos, licencias, autorizacións regulamentarias incluíndo, no seu caso, os correspondentes da Lei de Costas, correndo cos custes que se xeneran. 2.- Levar a cabo as actuacións de contratación, execución, dirección, control e recepción das obras descritas no proxecto e formaliza-los actos de recepción das mesmas. 3.- Contribuír a financia-la execución das obras cunha aportación económica de ata 100 millóns que se sumará as demais aportacións económicas das partes ata cubri-lo custe total das obras. 4.- Asumir, unha vez realizada-las obras e logo da comunicación do Ente Público Portos de Galicia, a conservación das mesmas, agás o mantemento das zonas públicas que non sexan de uso estrictamente portuario que correrán de cargo do Concello de Redondela. TERCEIRA.- Compromisos de Portos de Galicia. O Ente Público Portos de Galicia comprométese a contribuír a financia-la execución das obras coa aportación económica de TRINTA MILLÓNS DE PESETAS (30.000.000). CUARTA.- Compromisos da Deputación Provincial de Pontevedra. 1.- A Deputación de Pontevedra comprométese a contribuír a financia-la execución das obras coa aportación económica de TRINTA MILLÓNS DE PESETAS (30.000.000), e de non realizarse estas, devolverase a citada aportación. 2.- A Deputación limitará, en todo caso, a súa aportación económica ó pactado no presente convenio polo que non asumirá os aumentos que se produzan por reformados ou por calquera outra cousa. QUINTA.- Compromisos do Concello de Redondela. O Concello de Redondela comprométese, unha vez recibidas definitivamente as obras e previa a oportuna comunicación, a asumi-la conservación e limpeza das zonas públicas que non sexan de uso estrictamente portuario e que se indicarán na acta de comunicación que se lle notifique ó Concello de Redondela. SEXTA.- Aportacións económicas. As aportacións económicas poñeranse a disposición do órgano contratante unha vez aprobado o proxecto. SÉTIMA.- Comisión de seguimento. Para o seguimento do presente convenio constituirase unha Comisión Mixta de Seguimento, integrada por un representante do Ente Público Portos de Galicia, un representante da Autoridade Portuaria de Vigo, un representante da Deputación de Pontevedra, e un do Concello de Redondela, que resolverá as controversias que resulten da execución. OITAVA.- Interpretación e incumprimentos. 1.- As dúbidas que se presenten na súa interpretación, caso de discrepancias, serán resoltas visto o informe da Comisión de Seguimento, polo Presidente do Ente Público Portos de Galicia, poñendo así fin á vía administrativa. 2.- O incumprimento de calquera das cláusulas do presente convenio constituirá causa suficiente de rescisión do mesmo. 3.- O presente convenio ten natureza administrativa. A xurisdicción contencioso-administrativa será competente para o coñecemento de posibles cuestións litixiosas que poidan suscitarse como consecuencia do mesmo. 4.- En todo caso as contribucións financeiras pactadas non implicarán subrogación en ningún dereito nin obriga que se deriven da titularidade dos bens que comprende a obra. Toda a responsabilidade dimanante da execución das obras corresponderá á Autoridade Portuaria de Vigo. 5.- O Ente Público Portos de Galicia limitará, en todo caso, a súa aportación económica ó pactado no presente convenio polo que non asumirá os aumentos que se produzan por reformas ou por calquera outra causa. NOVENA.- Vixencia do Convenio. A vixencia deste convenio, agás o que atinxe á conservación das obras que terá carácter indefinido, manterase ata a recepción das obras. En proba de conformidade asinan este convenio no lugar e datas arriba indicados. O PRESIDENTE DE PORTOS DE GALICIA, Emilio García Gallego O PRESIDENTE DA AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO, Julio Pedrosa Vicente O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, Manuel Abeledo López O ALCALDE DE REDONDELA, Xaime Rei Barreiro ------ Folla: 8.4623.- MOCIÓN DO DEPUTADO D. XOSÉ ANTONIO ARAUJO QUINTAS, DO BNG, EN RELACIÓN CON APOIO A SINTEL Sr. Presidente.- Hai aquí unha moción que se debe acabar de presentar agora mesmo, por parte do Bloque Nacionalista Galego, presentada por D. Antonio Araujo Quintas. Sr. Mosquera Lorenzo.- Esta moción presentouse por Rexistro co ánimo de que se trate pola vía ordinaria, xa sabemos cal é o criterio. Quero dicir que non se arme agora un lío aquí pensando que estamos intentando colar nos últimos cinco minutos unha moción. Meteuse por Rexistro por eso, se non presentaríase agora en man. Sr. Presidente.- Gracias pola aclaración Sr. Mosquera. Entón propoñemos que pase a Comisión, que se debata, é un tema socialmente importante e sería conveniente que se estudiase con seriedade o que podemos facer dende este organismo. En concreto eu voulle da-la palabra en todo caso ó Sr. Araujo para que teñan coñecemento os demais grupos porque esto non o coñece nin o Grupo Socialista nin o coñece o Grupo Popular. ¿Quere dicir dúas palabras sobre o tema?. Sr. Araujo Quintas.- Gracias Sr. Presidente. Presentouse fai un momento polo Rexistro pero coa intención de que fose debatida polo conducto ordinario. Efectivamente é un tema social importante, trata dunha moción sobre o apoio ós traballadores e ás traballadoras de SINTEL. Unha loita xa longa, silenciada incluso nos medios de comunicación; se ve que non interesa moito que ese tema trascenda, e que afecta tamén en gran medida a moitas persoas, a moitas familias da nosa zona; en concreto hai máis de sesenta traballadores que son galegos. Como vai quedar para o próximo Pleno debatiríamola a fondo nese momento. A moción trata deso. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Araujo. Bueno, non procedemos á votación e pásase á Comisión. Acórdase que pase á próxima Comisión Informativa correspondente asunto relativo a moción presentada polo Sr. Araujo Quintas do BNG, en relación co posible apoio a SINTEL. ------ Folla: 9.4624.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Pasamos ó punto de rogos. Preguntas. Si. Sr. Viéitez. Sr. Viéitez Alonso.- Gracias. Bos días. É unha pregunta que fixemos por Rexistro que creo que a teñen vostedes aí. O único que pedimos é que nola contesten por escrito. Nada máis. Sr. Presidente.- Si, efectivamente temos unha pregunta do Bloque Nacionalista Galego que vamos a contestar por escrito nos próximos, como moito, quince días. E temos dúas do Grupo Socialista tamén que lle vamos a contestar tamén nos próximos quince días por escrito ás tres. Gracias. ¿Algunha pregunta máis?. Moitas gracias. Levántase a sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as once horas e trinta minutos do expresado día, dase por rematada a sesión e dela exténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. ------

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición