ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2001/07/06_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.363/1.2001-07-06_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2001/07/06_Ordinaria

  • Data(s) 2001-07-06 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 6 de xullo de 2001 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día seis de xullo do ano dous mil un, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Xosé Antonio Araujo Quintas, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Fernández Rodríguez, D. Alberto García García, D. Emilio González Iglesias, D. Arturo Grandal Vaqueiro, D. Angel Gregores Méndez, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Rafael Louzán Abal, D. Telmo Martín González, Dona Clara Millán González, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. Juan Luis Pedrosa Fernández, D. César Augusto Pérez Ares, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Henrique Viéitez Alonso, D. Manuel Ramón Vilar Márquez e D. José Villar Pereira, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o Sr. Deputado D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Bos días a todos señoras e señores Deputados. Vamos a dar comezo ó Pleno ordinario correspondente ó mes de xuño pasado. 1.4625.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión ordinaria do 25 de maio do ano 2001. ¿Algunha alegación á acta?. Non hai. Apróbase por unanimidade. Apróbase por unanimidade a acta da anterior sesión, ordinaria, do día 25 de maio do ano 2001. ------ Folla: 2.4626.- SEGUNDO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS E SUPLEMENTOS DE CRÉDITOS Sr. Presidente.- Segundo punto da orde do día. Segundo expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de créditos. Ten a palabra o Sr. Deputado Vicepresidente de asuntos económicos. Sr. Pedrosa Fernández.- Gracias Sr. Presidente. Bos días. Es el segundo expediente de modificación de créditos extraordinarios y suplementos de crédito, al cuál corresponden de crédito extraordinario 73.796.007 pesetas y suplementos de créditos 63.711.439. El total, que son 137.507.446 pesetas, se financia con cargo a remanentes de Tesorería. De estas partidas, las más importantes serían para tres concellos de la Mancomunidad del Condado, del plan PRODER, que serían Salvatierra, Mondariz y Salceda a razón de catorce millones de pesetas cada uno, lo que supone cuarenta y dos millones de pesetas. Para la casa de cultura de Moaña treinta millones de pesetas. Para el convenio con Puertos de Galicia, Autoridad Portuaria de Vigo y Ayuntamiento de Redondela, para obras en la zona portuaria de Chapela, son otros treinta millones de pesetas. Fundación Laxeiro cuatro millones de pesetas. Para ferias y exposiciones otros cuatro millones de pesetas y para reparaciones en La Lanzada cuatro millones de pesetas. Todo el resto son pequeñas partidas de facturas presentadas con posterioridad al cierre del ejercicio del año pasado. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pedrosa. Ten a palabra o Sr. Pazos. Sr. Pazos Docampo.- Bos días. Este expediente en principio supón o desenvolvemento do orzamento xeral e nos estamos en contra do orzamento; pero tamén é certo que hai determinadas cuestións que van reflexadas nestas modificacións que non podemos estar en contra. E entón, nin podemos aprobalos porque é o desenvolvemento dun orzamento que non compartimos, pero tampouco os imos votar en contra porque hai certas cousas que si apoiaríamos, e entón ímonos abster neste punto. Sr. Presidente.- Gracias. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si. O Grupo Socialista non votou a favor do presuposto, polo tanto non vai a votar a favor deste tema tampouco, aínda que comparte parte das inversións. Polo tanto vámonos abster. Sr. Presidente.- Gracias. ¿Algunha intervención máis?. Procedemos polo tanto á votación do segundo expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de créditos tal como explicou o Sr. Vicepresidente e está no expediente correspondente do Pleno. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por maioría do PP e as abstencións dos demais partidos. Visto o segundo expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de crédito, dentro do vixente Presuposto Provincial, por un total de cento trinta e sete millóns cincocentas sete mil catrocentas corenta e seis pesetas (137.507.446), motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación no estado de gastos do Presuposto corrente, e que será financiado con cargo ó remanente de tesourería dispoñible, e sendo os gastos a financiar co expediente especificos e determinados, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por maioría de votos do Grupo Popular e coas abstencións do Grupo Socialista e do BNG, prestar aprobación ó expediente, que resumido por capítulos é o seguinte: Expediente de crédito extraordinario: Capítulo 2º.... Gastos de bens correntes e servicios...................................... 13.748.609 Capítulo 6º.... Inversións reais..............................................................................47.398 Capítulo 7º.... Transferencias de capital........................................................60.000.000 Total crédito extraordinario...........................................................................73.796.007 Expediente de suplemento de crédito: Capítulo 2º.... Gastos en bens correntes e servicios...................................... 8.161.439 Capítulo 4º.... Transferencias correntes........................................................ 8.000.000 Capítulo 6º..... Inversións reais......................................................................2.550.000 Capítulo 7º .... Transferencias de capital....................................................45.000.000 Total suplemento de crédito ......................................................................63.711.439 O expediente, resumido por capítulos, presenta a seguinte estructura: Capítulo 2º.... Gastos en bens correntes e servicios.................................... 21.910.048 Capítulo 4º..... Transferencias correntes........................................................ 8.000.000 Capítulo 6º...... Inversións reais......................................................................2.597.398 Capítulo 7º...... Transferencias de capital...................................................105.000.000 Total expediente de modificación de crédito............................................. 137.507.446 Dito expediente, será exposto ó público, a efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles. ------ Folla: 3.4627.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE CALDAS DE REIS PARA XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS Sr. Presidente.- Pasamos ó terceiro punto. Delegación do Concello de Caldas de Reis para xestión de recursos locais, que é a plusvalía. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Unanimidade. Vista a proposta que formula o ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra), de data 15 de xuño de 2001, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por unanimidade o seguinte: Aceptar, de conformidade co previsto no art. 7.2 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, a delegación que en materia de xestión, liquidación, inspección e recadación de recursos locais, realizou, seguindo o establecido nos arts. 106.3 da Lei 7/1985 de 3 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 7 da citada Lei 39/1988, na Deputación Provincial de Pontevedra - ORAL, o Concello de Caldas de Reis, no que respecta ó Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana (Plusvalía), debéndose, así mesmo, proceder á publicación no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia da presente aceptación de delegacións, tal como determina o meritado art. 7.2 "in fine". ------ Folla: 4.4628.- APROBACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR SERVICIOS DE ENSINO NA ESCOLA DE CANTEIROS Sr. Presidente.- Punto cuarto. Aprobación da ordenanza reguladora da taxa por servicios de ensino na Escola de Canteiros. A Xunta Rectora do Patronato da Escola de Canteiros, en vista de que se introduce xa como moeda oficial o euro o próximo ano, e en virtude de que se vai facer xa tamén o presuposto como é lóxico para o ano 2002 en euros, considerou importante subir un pouco a taxa de matrícula, como lle chamábamos antes, que é o que pagan os alumnos para poder recibir as ensinanzas dun curso completo. E polo tanto acordouse que a taxa, a matrícula, fora 100 euros xustos, o que significa un aumento de dúas mil pesetas e algo sobre a taxa que tiña anteriormente. Esta foi a proposta por unanimidade da Xunta Rectora e polo tanto traémolo ó Pleno para a súa aprobación. Tamén se esixe unha taxa ou unha matrícula de cen euros, non por cada asignatura pendiente de anos atrás, senón por varias asignaturas que teñan pendientes de atrás. É dicir, como se fora un curso enteiro, teña as asignaturas que teña, non son cen euros por asignatura, senón que son cen euros por asignaturas que teña retrasadas en cada curso. Esto en sínteses é o expediente e o que propoñemos ó Pleno para a súa aprobación. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. Visto o acordo da Xunta Rectora da Escola de Canteiros, adoptado en sesión celebrada o 12 de xuño de 2001, polo que se aproba o proxecto de ordenanza reguladora da taxa por servicios de ensino que se imparten na Escola de Canteiros; e visto o informe conxunto de Secretaría-Intervención, o Pleno de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por unanimidade, aproba-la Ordenanza Reguladora da taxa por servicios de ensino que se imparten na Escola de Canteiros e sendo o seu contido o seguinte: ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLOS SERVICIOS DE ENSINO QUE SE IMPARTEN NA ESCOLA DE CANTEIROS DE PONTEVEDRA Artigo 1º.- Natureza e fundamento. O Pleno da Deputación Provincial, no uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e os artigos 20 e 122 da Lei 39/88, de 28 de decembro, así como o disposto no artigo 23.5 dos Estatutos do Organismo Autónomo, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/88, de 28 de decembro, acorda a imposición e ordenación da taxa polos cursos de ensino que se imparten na Escola de Canteiros de Pontevedra. Artigo 2º. Feito impoñible. Constituen o feito impoñible da taxa, a prestación dos servicios de ensino que se imparten na Escola de Canteiros de Pontevedra con carácter oficial e permanente, orientados á obtención dos títulos de "Canteiro" ou de "Mestre Canteiro". Non están suxeitos a esta taxa os cursos ocasionais que se poidan organizar pola Escola. Nestes cursos poderanse cobrar dereitos de inscrición, dereitos que se determinarán na propia convocatoria de cada curso, previa aprobación polo órgano competente. Artigo 3º. Suxeitos pasivos. Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuintes, as persoas físicas que soliciten a matriculación en calquera dos cursos oficiais da Escola. Artigo 4º. Responsables. Serán responsables solidarios das obrigas tributarias dos suxeitos pasivos as persoas físicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria. Artigo 5º. Cuota tributaria. A cuota desta taxa será a que figura en anexo a esta ordenanza. Artigo 6º. Beneficios fiscais. Soamente se admitirán os beneficios que veñan establecidos en normas con rango de Lei ou deriven de Tratados ou Acordos Internacionais. Artigo 7º. Devengo. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir cando se inicie a prestación dos servicios ou realización das actividades, aínda que se poderá esixir en calidade de depósito previo. Artigo 8º. Liquidación. No momento de realiza-lo ingreso na entidade financeira correspondente, seguindo o sistema de autoliquidación. Artigo 9º. Ingreso. O pagamento desta taxa realizarase durante o período establecido pola Escola para a matriculación nos cursos oficiais, en todo caso, antes de iniciarse o curso. O ingreso efectuarase na conta e entidade financeira que a Escola indique. Artigo 10º. Infraccións e sancións. Nesta materia estarase ó disposto na Lei Xeral Tributaria e normativa de desenvolvemento. DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA. Cando existan os convenios de colaboración a que fai referencia o artigo 27.2 da Lei 39/88, de 28 de decembro, os procedementos de liquidación e recadación regulados nos artigos 8 e 9 desta ordenanza cederán ante a regulación prevista nos convenios. DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA. A xestión e recadación desta taxa realizarase polo organismo autónomo. Así mesmo, os ingresos que se obteñan coa aplicación desta taxa aplicaranse a financia-lo presuposto do organismo autónomo. DISPOSICIÓN FINAL. A presente ordenanza fiscal, que na súa redacción definitiva foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada na data que se expresa no anexo a esta ordenanza, entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. ANEXO Primeiro. Tarifa da taxa. 1. Por matrícula en cada un dos cursos 100 euros (16.639 ptas.) 2. Pola matrícula de asignaturas soltas por cada curso 100 euros (16.639 ptas.) Sobre estes prezos aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. Segundo. Data de aprobación. Esta ordenanza foi aprobada con carácter definitivo o día ... de ... de 2001. ------ Folla: 5.4629.- PERMUTA DUN TERREO PARTICULAR POR OUTRO DA GRANXA DE SALCEDO Sr. Presidente.- Punto quinto. Permuta dun terreo particular por outro da Granxa de Salcedo. A grandes rasgos trátase da permuta dunha parcela propiedade da Deputación Provincial de Pontevedra, cedida dende o ano 51 á Misión Biolóxica, que ten aproximadamente oitocentos metros cadrados, por unha parcela dun particular que ten aproximadamente setecentos metros cadrados. Polo tanto, é un pouco máis grande a que ten a Deputación Provincial que a que ten o dono desta finca que pretende permutar. A finca ou o trozo de terreo da Deputación Provincial ten algún arbolado e está a toxo. A finca que pretende permutar o particular está a viñedo e a labradío. Hai informes favorables tanto do CSIC, emitido polo Sr. Ordás, como da Secretaría da Deputación Provincial, cunha condición: que limpie a finca e saque uns postes que nestes momentos están ubicados na finca. A permuta cremos que favorece a un veciño e non desfavorece á Deputación Provincial, segundo tódolos informes, e polo tanto a nosa intención é levar a cabo a permuta condicionada a que eses postes os retire e limpie a finca e a deixe en perfecto estado. ¿Algunha intervención?. Sr. Araujo. Sr. Pazos Docampo.- Sr. Pazos, Presidente. Sr. Presidente.- Sr. Pazos, perdón. Sr. Pazos Docampo.- Compartindo os argumentos expresados pola Presidencia de que é unha pretensión de terceiras persoas e que segundo o expediente a Deputación non sae prexudicada, senón que sae beneficiada, a intervención é simplemente para ratifica-lo noso voto afirmativo, tendo en conta que nos abstivemos en Comisión. Imos apoia-la permuta. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pazos. ¿Algunha intervención máis?. Procedemos á votación polo tanto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. Vista a solicitude de D. Miguel Valentín Jáudenes López de Castro e Dona Isabel Dios Orozco, relativa á permuta dun terreo da súa propiedade, denominado "Villar de Matos", sito na parroquia de Salcedo, por outro terreo da Granxa de Salcedo, propiedade da Deputación Provincial de Pontevedra, cedido á Misión Biolóxica de Galicia, en virtude da cesión levada a cabo por acordo plenario da Deputación de 10 de agosto de 1951; visto o informe favorable emitido polo Director da Misión Biolóxica de Galicia o 3 de febreiro de 2000; así como o informe de 23 de abril de 2001, evacuado polo Enxeñeiro Director do Servicio Agrario, sinalando que a diferencia de valor entre os terreos a permutar é dun 19,57% do que posue valor superior, e cumpríndose os trámites previstos nos arts. 112 e 113 do Regulamento de Bens das Entidades Locais (RD 1372/1986, de 13 de xuño), o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por unanimidade, aproba-la permuta dun terreo de 700 m2 de superficie, a labradío e viñedo, sito na parroquia de Salcedo, denominado "Villar de Matos", propiedade de D. Miguel Valentín Jáudenes López de Castro e Dona Isabel Dios Orozco (como acredita a escritura de compraventa outorgada perante o Notario D. Rafael Sanmartín Losada, o 27-03-1998), valorada en 700.000 pesetas, por outro terreo de 815 m2 de superficie, a monte e arbolado, propiedade da Deputación Provincial de Pontevedra, como parte integrante da Granxa de Salcedo (escritura de compraventa outorgada o 10 de marzo de 1928), catalogada como ben patrimonial no Inventario Provincial de Bens, valorado en cincocentas sesenta e tres mil pesetas (563.000), quedando condicionada a permuta a que polos interesados se proceda á previa limpeza da súa propiedade, e ó vencemento do prazo de cesión da Granxa de Salcedo en favor da Misión Biolóxica de Galicia (10 de agosto de 2001), dado que é intención da Deputación Provincial de Pontevedra levar a cabo a prórroga da citada cesión con exclusión da parcela permutada. ------ Folla: 6.4630.- APROBACIÓN DE CONVENIO DE COLABORACIÓN COA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DA XUNTA DE GALICIA PARA SUBVENCIONA-LO CENTRO DE FP "FOGAR PROVINCIAL PRÍNCIPE FELIPE" Sr. Presidente.- Punto número seis. Aprobación de convenio de colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para subvenciona-lo Centro de Formación Profesional "Fogar Provincial Príncipe Felipe". Pode dar lugar tal como está redactado o punto 6 a unha pequena confusión cando usa a palabra subvencionado, porque parece ser que vai a subvenciona-lo centro íntegro de Formación Profesional. Non se trata deso. Se vostedes leron o borrador de convenio que se propón aquí para aprobación e autorizar ó Presidente a súa sinatura, trátase sencillamente dunha adaptación diríamos de linguaxe ás novas leis educativas, posto que ata agora falábase de que tiñamos cinco unidades concertadas, dúas de FP-2 anterior, que é agora ciclo superior de Formación Profesional, e tres de Programas de Garantía Social que era o que efectivamente estaba concertado. Ben, os concertos só se dan entre entes públicos e entes privados, é dicir, tódolos centros privados están concertados, pero posto que este centro é doutra institución ten que ser convenio, non debe ser concerto como ata agora estaba. Non sei neste momento que cláusula é a que se di expresamente que afecta ó anterior concerto no cambio da nomenclatura. En sínteses é esto, non é outra cousa, non é que vaian a subvenciona-lo Príncipe Felipe; xa quixéramos todos. Polo tanto só se trata deste fin, primeiro aprobalo e segundo autorizar ó Presidente a súa sinatura, posto que loxicamente esto non é para un ano senón que é para os sucesivos. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Polo tanto procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. Non hai. ¿Abstencións?. Tampouco. ¿Votos a favor?. Unanimidade. De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Cultura, o Pleno acorda por unanimidade, aproba-la proposta de convenio coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para subvencionar ó Centro "Fogar Provincial Príncipe Felipe" de Formación Profesional na contía equivalente ós módulos económicos que se detallan, facultando ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura, o cal é do seguinte teor: CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, en Santiago de Compostela, no día 20 de xuño de 2001, reúnese, dunha parte, o Excmo. Sr. D. Celso Currás Fernández, Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, e doutra, o Excmo. Sr. D. Manuel Abeledo López, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. MANIFESTAN Que en virtude do disposto, no artigo 10.2 da Lei Orgánica 8/1985, do 3 de xullo (BOE do 4), do Dereito á Educación (LODE), na Disposición Adicional Quinta da Lei Orgánica 9/1995, do 20 de novembro (BOE do 21), da participación, avaliación e goberno dos centros docentes (LOPAG) e na Disposición Adicional 7ª do Real Decreto 2377/1985, do 18 de decembro (BOE do 27), polo que se aproba o Regulamento de Normas Básicas sobre concertos educativos, resulta necesario o establecemento dun convenio que, no referido marco legal hoxe vixente, permita que o centro "Fogar Provincial Príncipe Felipe", de Formación Profesional, dependente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, funcione a partir do próximo curso 2001-2002 como centro público en réxime de convenio. De acordo con este fin, establecen un convenio coas seguintes CLÁUSULAS Primeira.- A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria subvencionará ó centro "Fogar Provincial Príncipe Felipe", de Formación Profesional, na contía equivalente ós módulos económicos correspondentes a 2 unidades de Programas de Garantía Social do sector industrial, 1 unidade de Programas de Garantía Social do sector de servicios e 2 unidades correspondentes ó ciclo formativo de Formación Profesional Específica de grao superior "Anatomía Patolóxica e Citoloxía" da Familia Profesional de Sanidade, de acordo coa Orde de 22 de xaneiro de 2001 (DOG do 24), pola que se dictan normas para a aplicación do réxime de concertos educativos a partir do curso académico 2000-2001. Segunda.- O centro "Fogar Provincial Príncipe Felipe", de Formación Profesional, da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, axustarase ó disposto na Disposición Adicional Quinta da Lei Orgánica 9/1995, de 20 de novembro (BOE do 21), da participación, avaliación e goberno dos centros docentes e ó disposto na Disposición Adicional 7ª do Real Decreto 2377/1985, do 18 de decembro (BOE do 27), polo que se aproba o Regulamento de Normas Básicas sobre concertos educativos. Terceira.- Para a coordinación, o seguimento e interpretación das actuacións derivadas deste acordo, crearase unha comisión mixta que estará integrada polos seguintes membros, representantes do Padroado Rector do centro: - Tres representantes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: ­ O Delegado Provincial da Consellería de Educación e O.U. ­ O Inspector de Educación responsable do centro. ­ O Director do centro. - Tres representantes da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra: ­ O Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra ou Deputado - Presidente do Padroado Rector, por delegación. ­ O Director - Xerente da Cidade Infantil "Príncipe Felipe". ­ O Interventor Delegado do Padroado Rector. A presidencia desta comisión de seguimento será desempeñada polo Excmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial ou Deputado en que delegue, ou polo Ilmo. Sr. Delegado Provincial de Educación e Ordenación Universitaria, no caso de ausencia de aqueles. Desempeñará a función de secretario/a de dita comisión, con voz e sen voto, o secretario/a do centro de formación profesional. Cuarta.- A duración do presente convenio amparase no período de vixencia que contempla a Orde do 22 de xaneiro de 2001 (DOG do 24), pola que se dictan normas para a aplicación do réxime de concertos educativos. Quinta.- Serán causas de resolución: a) O remate do prazo, con denuncia de calquera das partes. b) O incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. c) Mutuo acordo. Sexta.- Sendo o Padroado Rector do centro de Formación Profesional, o encargado de xestionar, dirixir e planifica-los servicios de funcionamento e mantemento ordinario das instalacións do centro, transferirase á conta do mesmo, con cargo á aplicación presupostaria 07.03.322T.4811 da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, o importe dos módulos económicos que se establezan anualmente para os centros concertados, segundo as unidades explicitadas na cláusula primeira. Sétima.- A contía deberá xustificarse, ademais, ante os servicios da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sen menoscabo do preceptivo trámite de aprobación a través do Consello Escolar do centro. Oitava.- Previo acordo coa Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia poderá dicta-las disposicións necesarias para o mellor desenvolvemento deste convenio. Novena.- O presente convenio adecúa a cláusula terceira do convenio de 3 de outubro de 1986 á lexislación vixente, quedando en vigor o último punto da citada cláusula que expresamente di: "Esta aportación será revisable ó varia-lo número de profesores a cargo da Excma. Deputación e dentro das dispoñibilidades económicas da Consellería de Educación. En proba de conformidade, asinan este convenio, por triplicado exemplar e a un só efecto, no lugar e data indicados no encabezamento. POLA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, Asdo. Manuel Abeledo López POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA, Asdo. Celso Currás Fernández ------ Folla: 7.4631.- COMPARECENCIA DE D. RAFAEL LOUZÁN ABAL PERANTE O Pleno A PETICIÓN DO GRUPO SOCIALISTA Sr. Presidente.- Punto número sete. Comparecencia de D. Rafael Louzán Abal perante o Pleno a petición do Grupo Socialista. Por orde de procedemento eu creo que o primeiro que ten que falar neste caso é o que pide a comparecencia, que é o Grupo Socialista. Polo tanto ten a palabra o Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, gracias Sr. Presidente. Vamos a ver. Nós, un pouco para adiantar e no mesmo acto e na mesma comunicación, solicitamos a comparecencia e fixemos as preguntas ó Sr. Louzán. Entendemos que cando está na orde do día vostedes van a dicir que si á comparecencia e en todo caso si queremos explicar, ou eu si quero explicar en nome do Grupo Socialista, cal é a razón de solicitar esta comparecencia diante do Pleno da Deputación. E empezo. Vamos a ver. En el mes de mayo se produce un hecho desgraciado y es que la policía detiene a un Alcalde, al Sr. Barral, y a su hermano Feliciano Barral, que es presidente local del Partido Popular en Ribadumia. El hecho desgraciado no es que les detengan; el hecho desgraciado es que haya ciudadanos que se dediquen al contrabando o que presuntamente se dediquen al contrabando. Cuando se produce esa detención nos encontramos con que hay tres relaciones, a nuestro modo de ver, del Sr. Louzán con los hermanos Barral. La primera relación es una relación de amistad. Lógicamente el Sr. Louzán es absolutamente libre de tener las amistades que quiera. Esto no daría lugar a solicitar su comparecencia en el Pleno de la Diputación. Hay una segunda relación que es una relación política; es decir, el Sr. Louzán es presidente provincial del Partido Popular, el Alcalde de Ribadumia, el exalcalde, pertenecía al Partido Popular y el hermano del Alcalde era el presidente local del Partido Popular, por lo tanto hay una relación política. Además se daba y se da la circunstancia de que el Sr. Louzán formaba parte de la lista electoral del Sr. Barral y no sólo formaba parte sino que yo recuerde quince días antes de presentar las listas electorales el Sr. Louzán iba a encabezar la lista; después, por la razón que sea que el podrá explicarnos algún día, la lista vuelve a encabezarla el Sr. Barral y curiosamente después de la sustitución del Sr. Barral tampoco es el Sr. Louzán el Alcalde sustituto sino que es otra persona. Bien. Y hay una tercera relación que es una relación comercial, relación comercial que en principio el Sr. Louzán desmiente en la prensa. En la prensa aparece el Sr. Louzán en una empresa relacionada con los hermanos Barral; la empresa era Automoción de Villagarcía. El Sr. Louzán lo desmiente en un principio; no sólo lo desmiente sino que además amenaza con querellas, denuncias y demás, hablo por noticias que aparecieron en prensa y es cierto que a continuación, dos días después, reconoce que efectivamente estaba en ese consejo de administración pero el dice que en ningún momento habían hablado con el, se lo habían comunicado, se lo habían dicho y no sólo lo dice sino que además aparece con un documento notarial donde se refleja lo que él había dicho. Bien. ¿Qué ocurre aquí? o ¿por qué nosotros planteamos este tema en la Diputación? . Pues miren ustedes, por una razón muy sencilla. En el año 89 el Sr. Louzán junto con el Sr. Barral y otras dos personas, montan una empresa, la empresa se llama LIMVIAL. Es decir, aquí ya no es que pasara por allí, que el no supiera, que tal, sino que hay una relación comercial clara del Sr. Louzán con estos señores. En el año 92, el 18 de diciembre concretamente del año 92, el Sr. Louzán y el Sr. Barral venden su parte en la empresa a la esposa del Sr. Louzán y a otra persona más, o aparecen estos como propietarios. Curiosamente, este dato cuatro días después aparece registrado en el Registro Mercantil, cosa que es lógica. A finales del año 96 y a principios del año 97 el Grupo Socialista denuncia en este Pleno que la empresa Limvial está recibiendo adjudicaciones de la Diputación y que según los datos del Registro Mercantil la esposa del Sr. Louzán era copropietaria de esa empresa. Por lo tanto se estaba produciendo un hecho al menos irregular en el tema. Bien, una vez más el Sr. Louzán aparece con un documento notarial fechado en el 95, justo cuando él toma posesión, y en ese documento se dice que la esposa del Sr. Louzán deja de tener relación, vende su parte en la empresa, con la empresa Limvial. Curiosamente, hay aquí una diferencia importante; es decir, cuando se produce un primer movimiento en la empresa en el año 92, en cuatro días se da cuenta al Registro Mercantil; cuando se produce ese mismo movimiento presuntamente en el año 95, se da cuenta al Registro Mercantil dos años después y después de que el Grupo Socialista haya denunciado el tema. Bien, ¿por qué nosotros planteamos este tema ahora otra vez cuatro años después?. Porque a raíz de las declaraciones del Sr. Louzán nos pusimos a ver los temas de la empresa Limvial y curiosamente la empresa Limvial deja de tener actividad no sólo con la Diputación, sino otro tipo de actividades. Podemos demostrarlo, tenemos un documento del Registro Mercantil de Pontevedra, donde dice que la empresa Limvial no ha presentado para su depósito en este Registro Mercantil las cuentas anuales correspondientes al ejercicio 98-99. Si se ven las actas y las adjudicaciones de esta casa tampoco hay ninguna adjudicación más a partir de la denuncia del Grupo Socialista. Bien, curiosamente nosotros nos preguntamos, a ver si el Sr. Louzán nos lo puede explicar o alguien nos lo puede explicar, cómo una persona paga setecientas mil pesetas por una participación en una empresa e inmediatamente después de una denuncia del Grupo Socialista esa empresa deja de tener actividad. Aquí sospechamos que esta empresa deja de tener una mano amiga que es la que le facilita contrataciones. Nadie podría entender por qué razón esta empresa deja de tener actividad, no sólo con la Diputación sino otro tipo de actividades, o en caso de que las tenga incumple la ley. Dicho esto, este tema nos lleva a hacer la primera pregunta si es que prefieren que sigamos ya haciendo las preguntas; si no que intervenga el Sr. Louzán y después hago las preguntas. La primera pregunta dice lo siguiente: Sendo vostede Deputado responsable do Parque de Maquinaria da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, este Grupo Provincial Socialista manifestou no Pleno da Corporación de data 29 de maio do 97, que a empresa Limvial, da que vostede fora socio fundador, recibía adxudicacións por parte da Comisión de Goberno da Excma. Deputación de Pontevedra da que vostede formaba e forma parte. A súa resposta naquela data foi calificar de infamias o manifestado por este Portavoz e asegurar que dende a miña toma de posesión, 19-07-95, non existe vinculación a ningunha empresa miña ou dalgún familiar directo meu, extracto literal da acta da sesión plenaria citada. Hoxe preguntámoslle: ¿mantén vostede a mesma resposta que a dada en 1997, Sr. Louzán?. Se me contesta despois, fágolle a segunda pregunta. Eu xustifico o por qué solicitamos a comparecencia, dou por feito que vostedes aceptan a comparecencia, fágolle a primeira pregunta, respóndame e despois sigo coa segunda. Sr. Louzán Abal.- Bueno, nós contestamos xa ampliamente ás primeiras afirmacións, na case totalidade falsas, excepto os datos que aporta do Rexistro, que tampouco son exactos. Sr. González, é curioso que o pasado 27 de xuño un compañeiro seu, que está aí sentado con vostede, se chama Rodrigo Santiago, decía nun Pleno celebrado no Concello de Vilanova de Arousa a preguntas do Partido Popular que el non responde a preguntas absurdas, a preguntas do Partido Popular. ¿Que pasa?. ¿Cal é a diferencia nosa?. Eu si vou a responder porque non teño nada que ocultar, xa respondín no ano 97 e vou a responder agora. O Sr. Modesto Pose, parece ser coordinador provincial, tamén lle din a oportunidade de estar comigo nun programa de radio, a posteriori, despois de facer estas afirmacións, un cara a cara, o cal non apareceu, nin tampouco quixo participar por teléfono nese medio. Eso demostra a pouca seriedade neste caso dese dirixente. Tampouco non debo dudar neste caso, ó mellor non de vostedes, pero da mala fe dalgúns dirixentes do seu partido; pero tamén quero dicirlles que tiven chamadas de compañeiros do seu propio partido nas que mostraban o apoio e solidariedade e que toda era unha montaxe dalgúns dirixentes, do cal moitos non estamos de acordo, me decían, e que este non é o camiño acertado precisamente para facer política. As eleccións gáñanse nas urnas, Sr. González, e non precisamente levantando polémicas sen fundamentos. O 28 de xuño sae nos medios de comunicación o resultado dun sondeo do seu propio partido no que lle outorga a maioría absoluta ó Partido Popular nas próximas eleccións. A verdade é que esto evidencia o nerviosismo deste partido antes as próximas eleccións. As enquisas non lle son favorables e por esto hai que saír na prensa como sexa. Eu vou a deixar ese texto que aparece despois nos libros, "véase outubro 2001". A título anecdótico o ocurrido en Ourense cun carteiro polo que o PSOE presenta unha denuncia contra el por favorecer ó Partido Popular, e resulta que o home era militante do PSOE. Ou sexa esa é un pouco a imaxe do que vostedes acostumbran a facer. Tamén dicirlles que no Concello de Ribadumia, como vostedes saben, son teniente alcalde, o PSOE non ten ningún representante a pesar de presentarse en reiteradas eleccións municipais. Polo tanto o Partido Socialista debería reflexionar sobre o labor que están a facer tanto a nivel provincial como neste concello. E no relativo ás preguntas que formula o Partido Socialista xa contestei de abondo no Pleno desta Deputación o pasado 29 de maio do 97, e xa manifestei que non tiña ningunha relación coa empresa Limvial dende o ano 89 e a miña esposa ou dona dende o ano 95, 14 de xullo para ser exacto. Pero como lle vou a dar máis datos, a verdade é que mesmo o propietario da empresa está sorprendido da popularidade que colleu esta empresa, porque sendo unha empresa pequena a verdade é que quizá necesitaba máis popularidade antes e non agora. E polo tanto, eu vou aportar documentos en contra do que vostede aporta de palabras sen fundamento e sen argumentos. O Sr. D. José Angel Dopico Alvarez, Notario de Cambados, nun documento que obra no meu poder, e que poderán ter acceso todos aqueles que queiran, di o seguinte: Que con fecha 5 de setembro do 89 constituiu con outras persoas a compañía mercantil denominada Limvial Sociedade Limitada, mediante subscripción de 50 participacións sociais. E eu para que non teñan dúbidas lles vou a dicir que eran José Ramón Serantes Vázquez, actual propietario da empresa, Feliciano Barral Martínez e máis quen lles fala. E non digan irmáns Barral, senón que cada cousa hai que puntualizala. Esas eran as tres persoas que formaron esta empresa no ano 89. Tres meses despois este que está aquí e máis Feliciano Barral venderon, e os titulares se quedan son a miña señora e máis José Ramón Serantes Vázquez, para que teña máis datos. Unha escritura de data 14 de decembro do 89 di así: "transmitió dichas participaciones sociales quedando por tanto sin participación alguna en la citada sociedad". Estamos falando hai doce anos. Y por escritura de fecha 14 de julio de 1995 su esposa Mª Teresa Cores Fernández transmitió 75 participaciones sociales de la indicada sociedad, quedando también sin participación alguna en la sociedad indicada. Todas las escrituras citadas fueron autorizadas por el Notario que firma aquí en este documento. Con data 19 de xullo toma posesión este señor que lles fala como Deputado Provincial por primeira vez, por todo iso o Notario comproba a veracidade do indicado polo comparecente, "y en el mismo acto y una vez examinado el Protocolo e instrumentos públicos compruebo como efectivamente lo indicado por el compareciente corresponde a la realidad coincidiendo las fechas y el objeto de las escrituras citadas". E máis esa é a primeira parte, agora lle vou á segunda parte. A segunda parte manifesta o seguinte: Informe de Contratación desta casa que di o seguinte: No ano 1992 esta empresa foi adxudicataria dunha cantidade impresionante, sete millóns setecentas cincuenta e cinco mil pesetas. ¿Por qué foi adxudicataria?. Por ser a única oferta presentada e polo tanto por ser a máis económica evidentemente. Eso para que o teña perfectamente claro vostede. Ano 93, catro millóns cen mil pesetas por se-la oferta máis económica das presentadas. Concurso, estamos falando sempre de concurso, non a dedo, senón concurso. Ano 95, sete millóns duascentas setenta mil pesetas por se-la oferta máis económica das presentadas en concurso non a dedo, por se-la oferta máis económica. E ano 96 aproximadamente sobre sete millóns de pesetas, por se-la oferta máis económica das presentadas. Esto quere dicir, Sr. González, que cando eu non estaba aquí, resulta que foi adjudicatario por máis importes no ano 92 que no ano 96 concretamente, á parte da legalidade que eu manifesto con este documento que está aquí e que vostede pode pedilo en Contratación. A partir de agora creo que, con esto que eu aquí lle podo aportar, está sobradamente documentado. Cando vostede aporte documentos coma estes ou varíe as datas, poderá variar vostede a contestación que conteñen estes documentos. Polo tanto, Presidente, creo que esta pregunta está máis que contestada. Sr. Presidente.- Gracias. Sr. Louzán, Sr. González. Sr. González Iglesias.- Sr. Louzán, usted aporta un documento notarial y eu aporto un documento do Rexistro Mercantil. Creo que a validez é incuestionable, absolutamente incuestionable, e este documento di que ata o ano 97 a súa esposa figuraba como copropietaria da empresa. Tamén di, é certo, que posteriormente a súa esposa aporta unha documentación notarial que di que vende a empresa no ano 95. Pero si hai un feito real, o dixen antes xa, non estou dicindo nada novo, o dixen na primeira intervención, hai un feito real, e é que aquí se producen adxudicacións nas que vostede está presente en Comisión de Goberno, cando segundo o Rexistro Mercantil a súa esposa era copropietaria da empresa. Sigo máis, porque lle vou aportar algún documento máis, non se preocupe. Pero en todo caso, Sr. Louzán, quero facer referencia a dúas ou tres cousas que vostede na contestación dicía. Me dicía vostede que non diga hermanos Barral, que hay que puntualizar. Efectivamente, un é alcalde e contrabandista outro era presidente do Partido Popular e contrabandista. Se quere puntualizar así, puntualizo, eu non quería entrar nese tipo de historias. Di vostede que é certo que non hai concelleiros do PSOE en Ribadumia. Tamén é verdade que o ex-alcalde de Ribadumia amenazou nun Pleno a un concelleiro do Partido Socialista. Palabras textuales eran: "vouche a dar unha hostia que che arranco o bigote", e o Sr. Louzán impasible el ademán, me entiende lo que le quiero decir, es decir, relacións de amistad, relacións políticas e hasta ese tipo de historias. Os resultados de sondeos e de todo o que vostede queira xa o miraremos despois das eleccións en outubro. Simplemente fixémoslle unha pregunta e vostede ratifícase na contestación. Explíqueme por que entón o domicilio social da empresa Limvial sigue sendo Figueira - Cruceiro Vello. Creo que é o domicilio da casa do seu pai, documentación tamén do Rexistro Mercantil e está aquí non me estou escondendo absolutamente de nada e estou aportando documentos. ¿Como unha persoa que en teoría compra unha empresa, esa empresa sigue tendo o mesmo domicilio social que tiña antes, que curiosamente é a casa do seu pai?. Sr. Louzán, mentiu vostede na resposta anterior, pero ata podo entender que fora un olvido e que se equivocara. Ata podo admitir eso, e entón admitindo eso tamén fágolle a segunda pregunta, e a segunda pregunta di o seguinte: A raíz de la detención e inicio del procedimiento judicial contra el Alcalde de Ribadumia José Ramón Barral Martínez e o seu irmán Feliciano Barral Martínez, daquela presidente local do Partido Popular de Ribadumia, por contrabando, vostede apareceu nos medios de comunicación ligado políticamente a estes personaxes pero tamén compartindo consellos de administración dalgunhas empresas. Apresurouse vostede a desmintir a súa relación cunha empresa de automoción de Vilagarcía da que asegurou estar totalmente ignorante, tanto de que estivera entre o accionariado como da posterior baixa do mesmo. E dixo tamén que vostede tiña participado nunha empresa con D. Feliciano Barral, Limvial, ata decembro do 89; só a efectos de transparencia nesta institución e sen ánimo de prexulgar nada queremos preguntarlle se vostede ou algún familiar directo ten intereses en algunha outra empresa e en caso afirmativo en cales. Sr. Presidente.- Si Sr. Louzán. Sr. Louzán Abal.- Gracias Sr. Presidente. Seguindo na mesma liña, a actitude do Partido Popular é esta, e non a súa ou a do seu equipo e todos eses que dalgunha forma non contestan. Nós si contestamos porque, como volvo a manifestar, non hai nada que ocultar. No referente a esa empresa concretamente, unha empresa de automoción, tamén quero en todo caso facerlle chegar copia de Notario, se é posible, se o necesita, porque parece ser que o Sr. González tamén pode necesitar, e no cal manifesto e sigo manifestando o mesmo e á parte creo que me quedou algo da primeira vez porque suelo ser moi claro nas miñas afirmacións, e vostede decía que eu uns días despois manifestaba a miña relación coa empresa anterior. Eu manifesteino no mesmo día que fun preguntado, manifesteino aquí publicamente e nos medios o mesmo día que me preguntaron se tiña algunha relación coa outra empresa. Expliquei como, cando e de que forma, e nesta concretamente tamén lles falo o mesmo. Non teño ningunha relación con esa empresa. Nada máis que teño comprado coches alí, como comprouno ata o alcalde de Vilagarcía e outros alcaldes da comarca, por exemplo. É unha empresa totalmente legal, na cal non teño participación; por eso estaba eu sorprendido de ter participación nesa empresa. Pero ademais aporto documentos nos que se di, precisamente por un Notario, ademais dase a casualidade, neste caso, bueno el cumpre evidentemente co seu traballo, que é irmán dun Deputado do Partido Socialista, que é José Antonio Cortizo Nieto, onde precisamente dá veracidade, para que vexan cal é a transparencia dos documentos que nós podemos aportar en todo eso, onde este señor, José Antonio Cortizo Nieto, actual Notario en Santiago, e Notario en Vilagarcía ata fai poucos meses, manifesta neste documento que obra no meu poder: Que D. Rafael Louzán no ha firmado en ninguna notaría de mi cargo en ningún asunto relacionado con la sociedad Autovisa; que no aceptó ante mi la elección de vocal del consejo de administración a que se refiere. Aparte deste documento hai aquí un documento de Autovisa, Ford, Vilagarcía, que di o seguinte: Javier Vázquez Vidal, en calidade de Presidente da Sociedade Mercantil Autovisa ata o ano 95, declaro bajo juramento que D. Rafael Louzán Abal con DNI 35.451.643, vecino de Ribadumia, no ha formado parte en ningún momento del consejo de administración de dicha entidad ni ha tenido ninguna relación laboral ni contractual con la citada empresa, por lo tanto a título personal como de la empresa Automoción de Villagarcía SA asumo todas las responsabilidades derivadas del error que se pudiera producir, al cuál Louzán es totalmente ajeno. Eso é por se lles quedaba algunha dúbida. De acordo. Pero bueno, de todas maneiras, a verdade é que despois de escoitar todo esto, unha vez aclarado, aclarado por segunda vez ademais, vostedes non o aclaran nin na primeira, e eu con diferencia aclaro as veces que sexa necesario. Será a última aclaración que lle faga, porque como non hai nada que ocultar pois non hai ningún problema. ¿Quería preguntar algo?. ¿Que lle contesto, que quere que lle conteste?, ¿parécelle pouco os documentos que lle aportei?. Sr. González Iglesias.- A pregunta é se vostede ou algún familiar directo teñen intereses nalgunha empresa e en caso afirmativo en cales, para que non volva a ocurrir o de hai catro anos. Simplemente a pregunta faise por esta razón. Sr. Louzán Abal.- Pero eu xa lle contestei perfectamente. ¿Parécelle pouco os documentos que lle aporto?. ¿Tenno claro ou non ten claro?. Ah, bueno. ¿Tenno claro, verdade?. Sr. Presidente.- Por favor, pidan a palabra. Sr. González. Sr. González Iglesias.- Si, Sr. Presidente. Vamos a ver Sr. Louzán, mire, antes na pregunta anterior me responde, lle digo que a ver cal é a razón, eso á marxe dos temas do Rexistro Mercantil, á marxe dos temas de Limvial, lle digo oia, pero mire que o domicilio social segue sendo a casa do seu pai e ata podo entender que eso é un erro. Podo entender que eso é un erro, pero contéstolle se ten máis intereses vostede ou algún familiar noutra empresa e me di que non. Volvemos ós papeis, Sr. Louzán. ¿Sónalle unha empresa que se chama Inverumia?. Nesa empresa figura como administrador da empresa a súa esposa e o señor que lle compra; hai dous administradores na empresa e os administradores concretos son Dona Mª Teresa Cores Fernández, que é a súa esposa, e D. José Ramón Serantes Vázquez, curiosamente a persoa que lle compra a parte en Limvial á súa esposa. É dicir, en Limvial en teoría desaparece a súa esposa da empresa pero segue mantendo unha relación de socios comerciais noutra empresa que se chama Inverumia. Pregunteille tres veces se tiñan intereses nalgunha outra empresa, contesta que non e minte, e minte outra vez máis Sr. Louzán, ou se equivoca outra vez máis, a ver se me trae outro documento notarial que di que non é certo o que estou dicindo. Sr. Louzán Abal.- Ten que acudir vostede ó Rexistro e precisamente ver que actividade ten esa empresa e dende cando ten actividade, porque eso é o que lle falta para completar eso. De todas maneiras como aquí hai documentos onde se aclara se hai algunha irregularidade, vostede manifésteme Sr. González ¿cal é a irregularidade que vostedes detectaron?, ¿donde está?, ¿donde está a irregularidade que vostedes detectaron?. ¿Cal é, cal é a irregularidade?. Conteste Sr. González. Sr. González Iglesias.- Mire, vamos a ver, hai unha irregularidade nas adxudicacións que fai a Deputación, porque no Rexistro Mercantil naquel momento a empresa figuraba a nome da súa esposa. Esa é unha irregularidade. E segundo, Sr. Louzán, hai un tema gravisimo, que vostede estivo negando ata agora, e é participación noutras empresas. Lle preguntamos en que empresas participaba; se vostede mo di, eu o único que podería dicirlle é que é certo porque teño aquí o papel do Rexistro Mercantil, e vostedes estivo dicindo que non, que non tiñan relación noutras empresas e resulta que as teñen, e eso, Sr. Louzán, demostra dúas cousas, que por un lado tiña vostede amistades perigosas, como as amistades volvo a repetir son persoais é responsabilidade de vostede. Tiña unhas relacións políticas tamén perigosas con estes señores e terceiro hai un entramado empresarial claro, absolutamente claro. O socio da súa dona na empresa Limvial, ó que a súa dona lle vende a empresa, empresa que deixa de facturar e que deixa de traballar, que tamén é curioso, tamén é curioso que alguén regale os cartos a cambio de nada, resulta que é socio da súa dona noutra empresa que está en activo. Por certo, teñen unhas débedas coa Seguridade Social, teñen que corrixilas. Sr. Louzán, eu creo que cando a un dirixente político como vostede, que é presidente provincial do Partido Popular, se lle colle en tres renuncios o que ten que facer é presenta-la dimisión polo ben da democracia deste país. Sr. Louzán Abal.- As renuncias son súas porque dalgunha forma terá que demostrar onde están as irregularidades. ¿Onde están as irregularidades?, ¿onde están as irregularidades, Sr. González?. Aínda non contestou a día de hoxe. Os casos máis graves, precisamente casos de corrupción neste país, sabe vostede cales foron, acórdanse de quen eran os máximos responsables. O único é que hai que demostrar con documentos e vostede está poñendo en dúbida un documento notarial onde realmente esa empresa se vende no ano 95 antes de tomar posesión. Claro, vostedes pensaron a ver se realmente se lle olvidou de facer esa certificación e esa venta como así foi. Esa é a única diferencia, Sr. González. Polo tanto vostedes como non teñen nada que aclarar porque non teñen documentos que o poidan facer, así lles vai e así lles irá precisamente no mes de outubro e cando lle dicimos eso "véase octubre 2001" para que dalgunha forma a xente que sabe precisamente da honestidade das persoas que neste momento estamos aquí pois demostren con documentos e non con falacia, non con falacia precisamente aclaracións que neste caso intentan, porque nós ademais hai casos onde o Partido Popular cando ten dúbidas precisamente dalgún caso destes pois acude ós xulgados, acude precisamente ós xulgados, con algún Alcalde do Partido Socialista, concretamente en dous casos neste momento. Nós non saímos evidentemente a opinión pública, bueno vamos a tirar por aí porque así de paso a ver se algo queda. Non, nós cando temos algún caso acudimos directamente a onde hai que acudir que é ó Xulgado. Esa é a diferencia, e cando vostede sexa capaz de demostrar algunha irregularidade miña traia aquí, porque nós temos a suficiente valía porque non temos nada que ocultar, non coma o que lle pasou ó Sr. Santiago, onde realmente se declarou infractor ou presuntamente infractor dunha obra ilegal do seu concello, e dixo que el a preguntas absurdas non respondía. Eu si respondo porque non teño nada que ocultar, xa llo dixen, non hai absolutamente nada que ocultar. Gracias Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Louzán. Creo que está suficientemente debatido polo tanto unha intervención ós dous señores Deputados e damos por zanxado esto. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, Sr. Presidente, creo que remato eu a intervención en todo caso, que pedín a comparecencia. Sr. Louzán, mire vostede, vir agora cos temas de hai cinco e seis e sete anos, cinco anos despois, xa non toca, xa tocou, xa pasamos polas eleccións, xa purgamos as nosas culpas nas eleccións e punto, pero non nos vamos a meter debaixo da mesa nin a deixarlle a vostedes que fagan o que queiran. Foron uns temas que fixeron uns individuos, que por certo parte deles, ou case todos, meteunos no cárcere o propio Partido Socialista, o propio goberno do Partido Socialista. Polo tanto, leccións por aí non nos van a dar ningunhas. Eu non vou a entrar nos vinte mil casos que vostedes teñen, non vou a entrar nas vinte mil historias xudiciais, voulle poñer un exemplo nada máis, que vostedes iniciaron e despois resulta que o señor era inocente, como Demetrio Madrid, é dicir, casos dese tipo vostedes xa sei que son moi aficcionados a este tipo de cuestións. Eu o que lle digo, Sr. Louzán, é o seguinte: Primeiro, hai unha irregularidade cando se producen adxudicacións no ano 96, segundo o Rexistro Mercantil. Sr. Louzán Abal.- Non confunda á xente. Non confunda á xente. Sr. González Iglesias.- Perdón, perdón, Sr. Louzán, déixeme terminar. Segundo o Rexistro Mercantil si eran donos da empresa. Segundo tema, hai faltas á verdade por parte de vostede nas contestacións hoxe aquí, faltas á verdade e o acompaño con documentos, domicilio da empresa, Inverumia, quen son os administradores, cando vostede dixo que non participaban en ningunha outra empresa. Sr. Louzán Abal.- Porque somos xente emprendedora dalgunha forma. Sr. González Iglesias.- Me parece moi ben, Sr. Louzán, todo eso me parece perfecto, pero vostede tiña que recoñecelo e dicir, mire é que participamos nesta, nesta outra e nesta outra e non hai ningún problema. Pero vostede non pode mentirlle, non pode mentirlle nin ós seus compañeiros nin a todos os cidadáns e mentiu nesta intervención. Volvo a repetir, Sr. Louzán, eu creo que o mellor que pode facer quen falta á verdade en política é presenta-la dimisión e permítame que lle diga unha cousa, mire, é vostede moi dado a poñer un ventilador a ver se cae algo, e por agora, Sr. Louzán, o que cae aquí é vostede, e eu de verdade, se vostede non dimite, espero non volver dentro de seis meses ou dun ano con máis temas, que me dá a sensación que si, pero ollo, que agora por terceira vez volve vostede a dicir que non ten intereses en máis empresas e se non é así, volvo a repetirlle Sr. Louzán, diga claramente que ten intereses en máis empresas e en cales ou que non os ten pero dígao. Dígao aquí. Estou aportando documentación, Sr. Louzán, de que si teñen intereses en algunhas empresas e intereses que están relacionados co actual propietario de Limvial que é socio da súa muller noutra empresa. Os papeis están aquí e non son declaracións notariais, son papeis do Rexistro Mercantil, Sr. Louzán, aquí están. Sr. Presidente.- Gracias. Sr. Louzán. Sr. Louzán Abal.- Gracias Sr. Presidente. Como eu aportei documentos en contra das súas afirmacións, falsedades, etc., etc., eu aportei documentos desta casa, onde evidentemente as adxudicacións son correctas, oferta máis económica. Non se olvide deso. Oferta máis económica nestes casos. E polo tanto neste sentido, se vostede tivera dignidade e ética política,dalgunha forma rectificaría ante este documento notarial, que faino o Notario, non o fago eu, faino o Notario, onde aparece a venta de todo eso antes da miña toma de posesión. Se tiveran dignidade rectificarían coa mesma ilusión que desprenderon por aí nos medios de comunicación esas afirmacións gratuitas, para ver se mezclamos todo e aproveitando que pasou o problema de Ribadumia e tal, así mezclamos todo e dalgunha forma difamamos máis. Xa o utilizaron vostedes no ano 97 e vólvenno a utilizar agora, pero fáganno como fai o Partido Popular. Cando hai algún caso se acude directamente ós órganos competentes nesta materia, que son os xulgados. O que pasa que vostedes non teñen nin documentos nin teñen probas para poder facer eso. Esa é a diferencia. Nós damos aquí a cara, que vostedes non foron capaces de dar nunca. Nos medios de comunicación está escrito e está na acta do Pleno no que se di que a preguntas absurdas non responde. Eu lle faría o mesmo a vostede. Pero sen embargo, non, estamos aquí dando a cara porque non hai nada que ocultar. Sr. Presidente.- Gracias. Creo que está suficientemente debatido e para repeti-los mesmos argumentos creo que non procede. Sr. González, por favor, creo que está absolutamente todo dito. En fin, por favor, simplemente dicir, Sr. González, que hai algo que dixo que afecta tamén a esta Institución. Eu son o máximo responsable e representante da mesma e teño que corrixilo, e neste sentido eu estou disposto a entregarlle absolutamente todo. Esa empresa levou unha adxudicación no ano 96. No ano 95 non estábamos nin o Sr. Louzán nin eu, estaba vostede efectivamente, pero estaba outra Corporación. Eu o que si digo é que se lle adxudicou á máis barata, como vimos facendo practicamente con tódolos concursos, absolutamente con todos. Eu invítoos a que miren tódolos expedientes de obras, que teñen á súa disposición, e se teñen algunha dificultade para ver algo dinmo, que eso se corrixe e díxenno moitisimas veces. Eu non podo admitir que nestas adxudicacións houbera irregularidades. Quero que esto quede moi claro, polo menos no que respecta á Corporación anterior e no que respecta a esta Corporación. Gracias. Sr. González Iglesias.- Sr. Presidente, eu si detecto unha irregularidade, lla achaco á empresa e ó Sr. Louzán, non a vostedes, ollo, que quede absolutamente claro, eu non estou dicindo que houbese contratación de forma diferente e tal, para nada. O Sr. Louzán si sabía de quen era a empresa, o Sr. Louzán participa nas adxudicacións, o Sr. Louzán era responsable de maquinaria, a responsabilidade é del e dos propietarios da empresa, non de vostedes que non o sabían. Sr. Presidente.- Bueno, o responsable da maquinaria supóñome que será das empresas que sexan, que eu non as sei; eu dende logo son o máximo responsable, igual que son o máximo responsable, por suerte ou por desgracia, de todo o que poida suceder nesta Institución. Polo tanto damos por zanxado o debate. Sr. Santiago Novas. Sr. Santiago Novas.- Hai unhas alusións persoais que a min evidentemente me gustaría te-la oportunidade de poder contestar ou polo menos comentar. Se lle parece. Sr. Presidente.- Bueno, eu creo que está suficientemente debatido e non quero abrir un segundo debate. Sr. Santiago Novas.- Non, non é o debate que está suficientemente debatido, é unha alusión persoal. Sr. Presidente.- Bueno, venga, conteste. Sr. Santiago Novas.- Si, vamos a ver, Sr. Louzán, eu evidentemente diferencio claramente sobre todo o talante persoal de cada quen, e esto no Partido Popular, coma en calquera outro grupo político, existen grandes diferencias. De todas formas, o que comentaba o compañeiro, voceiro do Grupo Socialista, tratar de esparcir para diluir un pouco a responsabilidade no caso que estamos tratando, me parece unha actuación desacertada. Sr. Presidente.- Perdoe Sr. Santiago, responda á alusión persoal, non repita o que dixo o Portavoz Sr. González. Sr. Santiago Novas.- Fago un planteamento inicial, que me interesa deixar claro, de cambio de talante en relación co Sr. Louzán, ou sexa, diferencia clara de talante do Sr. Louzán co Sr. Alcalde de Vilanova. Eu quero pensar que cando vostede di esto é que ten documentación, porque lle gusta presumir de documentación suficiente. Eu lle pregunto, ¿ vostede coñece o informe do técnico municipal no caso a que se refire?. Me imaxino que non compartirá a tese do Sr. Alcalde. Tamén me gustaría que mo aclarara, e en calquera caso dicirlle que no caso que nos ocupa neste debate, Rodrigo Santiago, a diferencia doutros e non vou a poñer nomes, si estivo dando a cara na loita contra o narcotráfico e o contrabando durante moitisimos anos como vostede ben sabe. Con eso creo que aclaro practicamente todo. Sr. Presidente.- Gracias. Sr. Louzán. Sr. Louzán Abal.- Santiago, eu só digo o que aquí aparece; ou sexa, non vou ó caso concreto. Vostede di: a preguntas absurdas non respondo, que podía se-lo mesmo que eu lle dixera ó Sr. González, pero como nós temos, o que vostede ben dicía, outro talante, eu respondo. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Louzán. Queda enterado o Pleno da comparecencia de D. Rafael Louzán Abal a petición do Grupo Socialista. ------ Folla: 8.4632.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Pasamos ó punto seguinte. Comunicacións. O Sr. Secretario ten a palabra. Sr. Secretario.- Nada más que para darles cuenta de los extractos de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 21 de mayo y el 26 de junio, que han sido trasladadas a los distintos grupos políticos. Queda enterado o Pleno de extractos de Resolucións Presidenciais dictadas entre o 21 de maio e o 26 de xuño de 2001, que foron trasladadas ós distintos grupos políticos. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia, adoptáronse os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Pasamos a mocións. ------ Folla: 9.4633.- MOCIÓN PRESIDENCIAL SOBRE DESIGNACIÓN REPRESENTANTE DEPUTACIÓN EN VARIOS ORGANISMOS Sr. Presidente.- Primeira moción presentada polo Grupo Popular que di o seguinte: Os artigos 33.2 da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 73 do ROF atribuen ó Pleno da Corporación a organización da Deputación. Por outra banda o artigo 58.c do ROF establece que o nomeamento de representantes da Corporación en órganos colexiados é competencia do Pleno. Producíndose a renuncia ó cargo do Deputado D. Horacio Gómez Araujo procede designar ó seu sustituto como representante da Deputación en diversos organismos. En razón ó exposto proponse ó Pleno a través da presente moción a adopción do seguinte acordo: Ante a renuncia ó cargo do Deputado Provincial D. Horacio Gómez Araujo acórdase a proposta da Presidencia designar ó Sr. Deputado Provincial D. José Villar Pereira, representante desta Deputación nos seguintes organismos: Padroado do Instituto Feiral de Vigo, Comisión Galega de Delimitación Territorial, Comisión Informativa de organización territorial da FEGAMP e Organismo Autónomo Municipal de Turismo do Concello de Vigo. Bueno, procedemos á votación da urxencia. Dígame. Sr. Pazos Docampo.- Está relacionado coa procedencia. É que esto non estaba no expediente. E nós sempre dicíamos que cando hai novidades con respecto á orde do día do Pleno que se nos informe. Isto non é un asunto que nós nos teñamos que manifestar en contra, pero é que non estaba cando se mirou o expediente. Entón nós agradecemos que se nos dea coñecemento de que hai un asunto que vai vir ó Pleno. Sr. Presidente.- Moi ben, pois entón, retirámola, non hai problema. Sr. Pazos Docampo.- Non, non pasa nada. Quero dicir que non costa nada que se nos informe que vai vir a Pleno unha moción, que os que non estamos no goberno descoñecemos. O asunto non ten transcendencia e nós imos apoia-la urxencia. Sr. Presidente.- En todo caso estou totalmente de acordo co que vostede di e polo tanto retíroa e non hai problema ningún, vén no Pleno seguinte. Sr. Pazos Docampo.- Apoiamos a urxencia que non hai problema ningún. Sr. Presidente.- Votamos a urxencia, polo tanto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase a urxencia. Bueno, non vou a repeti-lo mesmo e polo tanto procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. A abstención dos grupos da oposición e a favor o Partido Popular. Ante a renuncia ó cargo de Deputado Provincial de D.

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición