ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2001/11/30_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.363/1.2001-11-30_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2001/11/30_Ordinaria

  • Data(s) 2001-11-30 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 30 de novembro de 2001 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día trinta de novembro do ano dous mil un, baixo a Presidencia do Sr. Vicepresidente D. Xosé Enrique Sotelo Villar, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Xosé Antonio Araujo Quintas, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Jesús María Fernández Portela, D. Alberto García García, D. Emilio González Iglesias, D. Angel Gregores Méndez, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Telmo Martín González, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. Juan Luis Pedrosa Fernández, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Manuel Rivera Domínguez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. Henrique Viéitez Alonso, D. Manuel Ramón Vilar Márquez e D. José Villar Pereira, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten o Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López nin os Sres. Deputados, D. Ramón Alonso Fernández, quen excusa a súa ausencia, D. Xosé Crespo Iglesias nin D. Rafael Louzán Abal. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Comezamos o Pleno ordinario do mes de novembro. 1.4674.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Punto primeiro. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 26 de outubro do ano 2001. Intervencións sobre este punto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade dos presentes. Apróbase por unanimidade o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 26 de outubro do ano 2001. ------ Folla: 2.4675.- TOMA DE POSESIÓN DE D. JESÚS MARÍA FERNÁNDEZ PORTELA E D. MANUEL RIVERA DOMÍNGUEZ EN SUBSTITUCIÓN DE D. JOSÉ MANUEL FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ E D. ARTURO GRANDAL VAQUEIRO, RESPECTIVAMENTE Sr. Presidente.- Punto número dous. Toma de posesión de D. Jesús María Fernández Portela e D. Manuel Rivera Domínguez en substitución de D. José Manuel Fernández Rodríguez e D. Arturo Grandal Vaqueiro, respectivamente. Dámoslle a palabra ó Secretario. Sr. Secretario.- Se han recibido de la Junta Electoral Central las credenciales de Diputados Provinciales a favor de D. Jesús Mª Fernández Portela y D. Manuel Rivera Domínguez con fecha 8 de noviembre pasado y ambos acaban de presentar esta mañana ante mi las declaraciones de bienes y también la declaración de compatibilidades, por lo cuál no hay obstáculo alguno para que tomen hoy posesión en este acto. Por lo tanto rogamos al Sr. Fernández Portela se presente ante la mesa para el juramento o promesa y desempeño del cargo. Sr. Fernández Portela.- Xuro pola miña conciencia e honor cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealtade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Sr. Rivera Domínguez, por favor. Sr. Rivera Domínguez.- Xuro pola miña conciencia e honor cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealtade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Presidente.- Les ruego ocupen sus escaños. ------ Folla: 3.4676.- CAMBIO DE APLICACIÓN DA OBRA Nº 35, PERTENCENTE Ó CONCELLO DE CALDAS DE REIS, INCLUÍDA NO PPC/2001 Sr. Presidente.- Pasamos ó terceiro punto da orde do día. Cambio de aplicación da obra nº 35, pertencente ó Concello de Caldas de Reis, incluída no PPC/01. A petición do Concello de Caldas de Reis proponse ó Pleno da Corporación Provincial o cambio de aplicación da obra nº 35 incluída no PPC do ano 2001, denominada "Plaza de abastos de Caldas de Reis" por un importe de 14.912.151 pesetas, pola actuación complementaria nº 25 denominada "Biblioteca municipal de Caldas de Reis", co mesmo financiamento que a anterior. ¿Algunha intervención neste punto?. Sometemos a votación o punto terceiro. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade dos presentes. O Pleno de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades acorda por unanimidade aproba-la petición do Concello de Caldas de Reis de cambio de aplicación da obra nº 35, incluída no PPC/01, denominada "Praza de Abastos de Caldas de Reis", por un importe de 14.912.151 ptas., pola actuación complementaria nº 25, denominada "Biblioteca Municipal de Caldas de Reis", co mesmo financiamento que a anterior e detallada a continuación: Aportación do Estado (MAP) 5.964.860 pts. Aportación de Deputación 4.473.645 pts. Aportación do Concello 4.473.646 pts. TOTAL 14.912.151 pts. ------ Folla: 4.4677.- DAR CONTA DE ACORDOS DO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DO ORAL EN RELACIÓN COA ADHESIÓN DOS CONCELLOS DE VILABOA E TOMIÑO Ó CONVENIO DE XESTIÓN CATASTRAL SUBSCRITO ENTRE A DIRECCIÓN XERAL DO CATASTRO E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA (ORAL) Sr. Presidente.- Punto número catro. Dar conta de acordos do Consello de Administración do ORAL en relación coa adhesión dos Concellos de Vilaboa e Tomiño ó Convenio de Xestión Catastral subscrito entre a Dirección Xeral do Catastro e a Deputación de Pontevedra (ORAL). ¿Algunha intervención neste punto?. Procedemos a votar. Consiste, como antes dicía, en dar conta dos acordos do Consello de Administración do ORAL onde se aprobou por unanimidade a solicitude tanto do Concello de Vilaboa como do Concello de Tomiño. Hai que dar conformidade. Sometemos a votación o punto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. Visto o acordo adoptado polo Consello de Administración do ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais) da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión celebrada o 21 de setembro de 2000, que segundo consta en certificación do Secretario de dito organismo di: "Aprobouse por unanimidade a solicitude do Concello de Vilaboa, segundo acordo do Pleno de dita Corporación de data 28 de xuño pasado, de adhesión ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral a estipular entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e o ORAL" Visto o acordo adoptado polo Consello de Administración do ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais) da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión celebrada o 15 de novembro de 2001, que segundo consta en certificación do Secretario de dito organismo, di: "Dada conta do acordo do Pleno do Concello de Tomiño de data 27 de outubro pasado, acordouse por unanimidade prestar conformidade a súa petición de incorporación ou adhesión ó Convenio de Xestión Catastral subscrito entre a Dirección Xeral do Catastro e a Deputación de Pontevedra (ORAL), dándose conta do presente acordo á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para o seu coñecemento e ratificación." O Pleno queda enterado do contido dos mesmos e acorda a súa aceptación. ------ Folla: 5.4678.- SUPRESIÓN DA PEAXE NO TRAMO VIGO - O MORRAZO DA AUTOPISTA A-9 Sr. Presidente.- Punto número cinco. Supresión da peaxe no tramo Vigo-O Morrazo da autopista A-9. Vamos a propoñer á Corporación Provincial a aprobación tanto do proxecto do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e a Deputación de Pontevedra, como o convenio de colaboración entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Deputación e unha entidade colaboradora, así como o proxecto de Decreto para a supresión da peaxe na Ponte de Rande e así mesmo facultar ó Presidente para a firma destes convenios. Intervencións neste punto. Si, Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moi bos días. Moitas gracias Sr. Presidente. Antes de nada quería dicir algo digamos de orde, porque resultan moi sorprendentes unhas chamadas dicindo que se íamos asistir ou non. Parece que vostedes tiñan algún problema de números, se arregla doutra maneira e non vindo un aquí. Estes movementos numéricos me parece que eso tíñao que referir ó Sr. Presidente titular, e como non está vouno a deixar, pero é así un pouco estraño. Vamos co punto da orde do día, que como o seu propio nome indica é unha falacia. Me parece que chamarlle supresión da peaxe a unha peaxe que non se suprime en absoluto, en absoluto, é cando menos un intento de engaño semántico. Que se sepa, a peaxe vai seguir existindo exactamente igual. As demandas de liberalización-supresión da peaxe na ponte de Rande non se atenden en absoluto, a peaxe segue existindo e xa non se fai nin referencia á rebaixa do resto do tramo como fora o acordo do ano 2000. En concreto, xa é coñecido pero eu creo que é interesante recordar que entre a Deputación, e a COTOP van aportar de maneira tentativa, veremos despois as cifras reais en que saen, 292 millóns cada unha. Ou sexa, algo que é competencia única e exclusiva do Ministerio de Fomento, da Administración Central, vostedes nin se dirixen polo menos a COTOP e intentan negociar, que negocie coa concesionaria, que force á concesionaria a chegar a un arreglo para libera-la peaxe de Rande, e o que facemos é poñer 292 millóns cada institución, que, como sabemos, as institucións locais galegas, a Xunta, non teño os datos, pero as institucións locais galegas son as peores financiadas de todo o Estado, para subvencionar ou intentar facer un parche, algo que tiña que facer a Administración Central. Eu creo que todos os cidadáns da provincia, incluídos os do Morrazo, teñen necesidades de abondo como para que foran necesarios, moi necesarios, eses 292 millóns. Por se eso fora pouco, a argumentación que se dá en toda a documentación que vén, quizá hai demasiados papeis e normalmente cando hai demasiados papeis e mal traballados se cae en contradiccións moi evidentes, pois se dá como argumentación para esa subvención parcial que a estrada 550, entre Vilaboa e Vigo, está ó borde da saturación, por exemplo. Pola mesma razón supoño que se está ó borde da saturación para uns cidadáns estará para todos; entón, os cidadáns que vaian pola antiga estrada, pola nacional 550, terán o mesmo problema de saturación. E en canto á cuestión digamos numérica e a que colectivos pode chegar esa subvención, resulta moi curioso, por exemplo, que se poña entre 10 e 80 viaxes; non sei cales son as razóns, non se explicita. Supoño que será, digo eu, que se baixa de 10 pois o impacto económico é menor e se sube de 80 supoño que se está afeito a pagar moitas e con quitarlle unhas poucas xa chega. Pola mesma razón supoño que alguén que ingrese dez millóns ó ano lle dará igual paga-la peaxe, faga 10 viaxes, 15 ou 50, e alguén que teña uns ingresos moi baixos supoño que lle resultará gravoso facer 9 ou 8 ou 7, ¿non?. Eso non se contempla para nada e é un criterio numérico que non se sabe moi ben de onde sae, pero que se recolle no convenio. E tanto é así que non é unha gratuidade nin nada que se lle pareza, senón que é unha subvención con moitisimas condicións, que caen noutra contradicción; primeiro, nun erro conceptual, non se lle pode chamar gratuidade libre e universal cando se poñen unhas condicións bastante drásticas, e incluso á hora de concretalas vostedes caen nunhas contradiccións bastante fortes como esixir estar empadroado en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra. É unha restricción que non sabemos se vai en contra da libre circulación de cidadáns. Ter enderezo fiscal do IRPF, ser titular do vehículo e estar ó corrente coas súas obrigas tributarias coa Administración estatal, autonómica, local e da Seguridade Social póñeno como obriga; sen embargo á hora de esixir documentación non esixen a documentación de que estea ó corrente das obrigas tributarias coa Administración estatal, autonómica e local. Só poñen coa Seguridade Social. Miren o borrador do Decreto, por exemplo, páxina tres, e na mesma páxina nun lado poñen unhas obrigas que despois non se certifican, cousa curiosa e contradicción flagrante. Supoño que será porque se deron conta de que limitaba moito ou non sei exactamente cal é a razón. Ben, nós cremos que esto é única e exclusivamente un intento de lavado de cara para desactivar un movemento, que recolle unha necesidade xa histórica da Ponte de Rande, primeiro de que se construira e despois de que fora gratuita, e que como non se atreven a levalo pola vía que hai que levalo, que é esixir, negociar, forzar a que a Administración Central o solucione liberalizando a peaxe de Rande, nin se atreven, nin tan sequera o plantexan seriamente, entón o levan por unha vía que é manter claramente, asumir claramente que a pexaxe se vai a soster, vai a seguir en vigor en Rande, non se vai rebaixar ó resto do tramo e fan esto para ver se así mantemos o estatus dunha ponte que está amortizada de sobra e que habería que ter absolutamente liberalizado, xa non agora, senón hai anos seguramente. O fondo da cuestión evidentemente estamos frontalmente en contra. Nós o que queremos é que se suprima a peaxe. Ou sexa, o que poñen vostedes como título non é a realidade, a cruda realidade; só se subvenciona ós que pasa, ou sexa a peaxe non é que se suprima, nin se toca, todo o contrario, podíamos entender que é o mecanismo inverso, se se subvenciona os ingresos da concesionaria van aumentar. Podería suceder eso facilmente, ou sexa que a peaxe nin se toca, fan vostedes uns xogos de palabras, insisten e se cadra cren que unha mentira repitida moitas veces chega a calar. Por sorte ou por desgracia, máis ben por desgracia, todos temos que pasar por esa peaxe, e a pagamos e entón todos saberemos que non está suprimida por moito que insistan en chamarlle supresión. Non se suprime para nada e en todo caso se esto fora, dada a situación na que se topan certos sectores do Morrazo, ós sectores que o puideran necesitar. Pero ese sería un plantexamento totalmente distinto, total e absolutamente distinto. Repito e remato que non estamos perante un tema plantexado seriamente, ante o que se plantexou sempre e creo que dunha maneira moi realista e concreta sen chegar a extremos de dicir gratuidade total, ala, todo gratis, non, foi un plantexamento moi realista no seu momento que respondía ás demandas; foi un acordo practicamente unánime desta Corporación, de supresión da peaxe de Rande, ou sexa, elimina-la peaxe, que non haxa que pagar a peaxe e abaratar no que se poida o resto. En principio poñíase unha cifra do 50%, despois sufriu un abaratamento, bueno, sería a negociar. Non estamos ante ese plantexamento, é unha volta atrás; ou sexa, esta Corporación hoxe vaise desdicir dun acordo plenario que tomamos aquí por unanimidade, vaise desdicir. E, o que están vostedes facendo é subvencionando a perpetuación da peaxe, do mantemento da peaxe. Polo tanto vamos a votar en contra. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, buenos días. Señores esta es la tercera vez que este tema viene, se trata en algún órgano colegiado, la tercera o la cuarta. En algún órgano colegiado de esta Diputación. Curiosamente hay diferencias lógicamente entre el primer planteamiento que hacían ustedes y el planteamiento que traen ahora. Diferencias en el número de afectados. El primer planteamiento de ustedes era que los ciudadanos que podrían beneficiarse de este bono serían los de Vigo, Cangas, Moaña y Bueu, creo recordar. En la segunda ocasión lo incrementan con algún ayuntamiento más, creo recordar que era Redondela y Marín me parece también. Y ahora mismo nos están hablando de todos los usuarios de los diferentes ayuntamientos de la provincia. Bien, se da la circunstancia de que la primera vez que ustedes hacen este planteamiento hablaban de una aportación de la Diputación de unos trescientos millones de pesetas aproximadamente. Hoy en día estamos hablando de la misma aportación de la Diputación. Me da la sensación que las cuentas o están mal ahora o estaban mal antes y si estaban bien antes no va a llegar esta cantidad, por lo tanto algo tendrán que ajustar ahí. Esto que estoy diciendo es importante, entre otras cosas, porque lo que se trae hoy a Pleno viene con una coletilla que dice lógicamente que siempre y cuando haya consignación presupuestaria. Podría darse la circunstancia, vuelvo a repetir, que si el primer planteamiento de ustedes de hace casi un año es el de verdad pues que esta cantidad no llegase. Les decía también hace un momento que no sólo es en este tema donde está mal negociado este bono. Porque a mi me quedan lagunas importantes además, es decir, ustedes en lo que hoy nos traen a aprobación hablan de unas posibles entidades colaboradoras a las que se les autoriza a cobrar una cuota por la expedición y por la renovación de la tarjeta. Y en diferentes textos, tanto del convenio como del decreto, se habla, de que el importe que tendrían que satisfacer Diputación y Xunta sería el importe del peaje. Yo me imagino que aquí debe de haber un error también, porque resulta que un usuario normal de una tarjeta de autopistas si hace ida y vuelta en el mismo día tiene derecho a una deducción del 25%, si hace, vuelvo a repetir, ida y vuelta en el mismo día laborable. Esto yo no lo veo por ningún sitio. Yo me imagino que ustedes lo tendrían en cuenta y lo tendrán negociado también. Por lo tanto, ahí también podrían abaratar este tema si es que de verdad lo tuvieron en cuenta. Bueno, vengo repitiendo que aquí estamos tratando de un bono, de un bono auto en todo caso podríamos llamarle. En diferentes ayuntamientos, en grandes poblaciones hay un bono bus que los Ayuntamientos y el Estado están pagando esa diferencia a las empresas del transporte. Aquí sería un bono auto, vuelvo a repetir, porque está dedicado a una parte muy concreta de la población, a una parte que tiene que cubrir ese tramo entre 10 y 80 viajes al mes. Es cierto, está mal el enunciado del punto, no puede ser la supresión, aquí no hay supresión, aquí hay otra historia. Cuando uno empieza a ver datos de la propia empresa de autopistas, empieza a ver datos de Audasa donde dice que la facturación, los ingresos por tarifa de Audasa en el año 98 eran de cerca de diez mil millones de pesetas y en el año 2000 fueron de cerca de trece mil millones de pesetas, o sea, que ha incrementado sus ingresos por tarifa en un 30%, a uno se le ocurre que aquí alguien no negocia y cuando digo alguien digo el Ministerio de Fomento. Y alguien no negocia porque yo creo que tiene claro que en todo caso para qué, si realmente el dinero que haya que aportar lo van a poner la Diputación de Pontevedra y la Xunta de Galicia. ¿Para qué negociar, para qué presionar a la empresa, para qué obligar a la empresa desde el Ministerio de Fomento?. Y una vez más estamos con un planteamiento diferente al que se hace en otras zonas del Estado. En otras zonas del Estado en un momento determinado, no hace más de un año, se liberaron tramos de peaje a cargo de la empresa de autopistas y del Ministerio de Fomento. Aquí curiosamente no se hace así. Vuelvo a repetir, yo creo que porque el Ministerio de Fomento tiene muy claro que tanto la Diputación como el gobierno gallego iban a aportar esa cantidad. No es la primera vez desgraciadamente que ocurre eso, está ocurriendo con otras infraestructuras también, es decir, hablemos del tren y de otras cuestiones donde una vez más los ciudadanos de Galicia ponemos dinero que los ciudadanos de otras partes del Estado no ponen. ¿Qué es lo que estaría dispuesto a apoyar en esta historia el Partido Socialista?. Pues algo tan gráfico que fuese lo siguiente. El tramo Pontevedra-Vigo, Vigo-Pontevedra, ahora mismo cuesta 350 pesetas. El tramo del Puente de Rande cuesta 105 pesetas. Nosotros estaríamos dispuestos ahora mismo a apoyar algo que significase que el tramo Pontevedra-Vigo pasase a costar 245 pesetas. Lo demás no se corresponde con el epígrafe del punto del orden del día y lo demás no se corresponde con el tratamiento que se está dando a todos los ciudadanos del Estado español. Por lo tanto, nosotros vamos a votar en contra y podía insistir en más temas del convenio, más temas concretos por los que yo creo que está mal negociado, pero creo que no vale mucho la pena insistir porque nos dirán que ustedes lo hicieron de cine y lo negociaron muy bien. Vuelvo a repetir, es la tercera vez que viene y la tercera vez que viene con cambios en el tema. Yo espero que a no tardar mucho habrá una cuarta vez y la cuarta vez ya será en condiciones iguales para todos los ciudadanos. De todas formas yo quería que me contestasen a dos preguntas. Una, ¿que tiempo preveen ustedes de duración de estos convenios?. La pregunta la hago simplemente porque leo el informe del Interventor que tendrían un límite de cuatro años de acuerdo con la Ley de Régimen Local. Si ustedes preveen ampliaciones que me imagino que si, ¿cuánto tiempo preveen ustedes de convenio?, es decir, hasta los cincuenta años que le queda a la empresa, veinticinco, diez, quince. A partir de lo que me contesten pues puedo seguir interviniendo. Nada más por ahora. Sr. Presidente.- Ben. En primeiro lugar eu quixera dicirlle ó Sr. Mosquera que o Presidente non está evidentemente, aínda que é grande non só na estatura senón tamén no seu corazón, teño que dicir que non está porque non ten o don da ubicuidade. O Presidente se ten que ausentar por estar presente neste momento noutro acto. Falaba vostede tamén por que entre dez e oitenta viaxes. Eu creo que a cuestión é ben clara, polo menos ó meu entender; esa é a media das viaxes que fan os cidadáns que habitualmente pasan a Ponte de Rande. Tamén daba vostede a entender que pasa cunha persoa que só vai, por exemplo, sete veces. Sete veces multiplicado por cento cinco saen setecentas trinta e cinco, que é pouco máis ou menos que catro cafés. Esa persoa deberá pagar eses sete viaxes. Tamén facía vostede referencia ás condicións. A Deputación está ben claro que non pode dar subvencións a cidadáns doutras provincias. A Deputación, tal é como se pon no seu título, vai a subvencionar ós pontevedreses de toda a provincia, de toda a provincia, que quede ben claro. Despois, dicirlle tamén ó Sr. González que é a terceira vez, pero como di o refrán á terceira vai a vencida e todo na vida é mellorable, e eu creo que neste caso tamén melloramos dende o primeiro documento ó terceiro ó cal vostede fai referencia. Falaba de bonobus, bonoauto. Eu o que teño que dicirlle é que non coñezo ningún bono que sexa gratis total coma este. Se vostede o coñece diránolo. Podemos discutir señores o que queiran, pero o que é certo é que os cidadáns da provincia de Pontevedra van, ó meu entender, a efectua-lo tránsito da Ponte de Rande gratis, e eso, vístanno como o queiran vestir vostedes, é supresión. Os cidadáns da provincia de Pontevedra van a efectua-lo tránsito da Ponte de Rande gratis. Pode haber axustes técnicos, evidentemente, seguramente ten que haber axustes técnicos. Hai algunhas lagoas, eu teño tamén algunhas dúbidas e o recoñezo, temos todos algunhas dúbidas. Pero permítame que lle diga que eso son cuestións técnicas e ás cales hai que darlle solucións técnicas e para eso están os técnicos, tanto da Consellería de Política Territorial coma da Deputación de Pontevedra. Eses axustes téñennos, insisto, que face-los técnicos. E neste caso, eu creo que neste acto hoxe o que estamos facendo non é nin máis nin menos que cumprir co compromiso de que antes de que rematara o ano este asunto pasaría a mellor vida. E eso é o que estamos a facer hoxe. Nadie pode poñer en dúbida a vontade política, nin da Consellería de Política Territorial nin da Deputación de Pontevedra. Eu podo entender que existan persoas que estean preocupadas por este feito, podo entendelo, porque eu creo que moitos dos seus argumentos políticos caen dende hoxe, podo entender que estean preocupados; pero eu tamén quero deixar claro hoxe aquí que a maior parte dos pontevedreses, nos cales me inclúo, consideramos que hoxe vai a ser un día histórico para a provincia de Pontevedra porque entendemos que é nin máis nin menos que o principio do fin da peaxe da Ponte de Rande. E eso enténdano vostedes como o queiran entender. ¿Algunha intervención máis?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Postos grandilocuentes haberá que votar man da historia e falar doutras cousas que antes non falei. O ridículo que lle fixeron facer con este tema, se queres cito nomes e apelidos, a moitos deputados dos que están aquí e ó PP desta provincia é absolutamente espectacular. Por exemplo, declaracións do Sr. Cuiña non hai tanto tempo, podémolo contar en anos ou en meses, en decenas de meses, "a supresión da peaxe de Rande é absolutamente imposible"; declaracións do Vicepresidente desta Deputación actual "se a peaxe de Rande se suprime a peaxe se colapsaría, Rande se colapsaría, é imposible" . Está aí nas hemerotecas. ¿Por que?. Porque en Madrid lle din non vai haber supresión, vaian vostedes e digan o que teñen que dicir, e alá van a dicilo. Seguimos, hai un acordo coa Deputación, un acordo cos alcaldes, etc., en que se chega a unha proposta que durmeu o limbo dos xustos, quedou aí para durmila e cremos que é a única realista e sensata e que demanda a cidadanía. Pero bueno, podíamos discutir todo o que se queira sobre eso que é suprimi-la peaxe de Rande e abarata-lo resto. Apróbanno vostedes. Despois vén a proposta de que só vai afectar a certos municipios do Morrazo. Excluíndo por exemplo Vilaboa que é quen sofre que a autoestrada lle pase polo seu concello. Declaracións do Sr. Cuiña "Vilaboa non se acollerá ó acordo nin por riba do meu cadávere, nin pasando por riba do meu cadávere", están aí nas hemerotecas. Despois chega o Sr. Mariano Rajoy, á sazón Vicepresidente do Goberno, eleccións xerais do 2000, "prometo que se suprimirá a peaxe de Rande". Se suprimirá a peaxe de Rande, non se subvencionará a certos colectivos a peaxe de Rande, ano 2000; suponse que un Vicepresidente do Goberno ten capacidade para que a Administración Central suprima a peaxe de Rande. Nada de nada. Solución que lle dan: subvencionar ós usuarios con cartos públicos das administracións galegas. Esa é a crúa realidade, e non me diga que é o inicio do fin da peaxe ou de ter que pagar aí, porque caso de ser certo neste convenio a Administración Central asinaría transitoriamente para certos colectivos, que sería outro plantexamento que poderíamos miralo. A realidade é que Rande é o máis rendible de toda a autoestrada e que está sendo usado para compensar déficits noutro, para amplia-la autoestrada, e que estamos pagando esas ampliacións e estamos pagando a concesionaria ter beneficios e non se suprime a peaxe. O papelón que lle fixeron xogar é espectacular; agora como consideran moito máis importante cubrirlle as espaldas ó Ministro e cubrirlle as espaldas á Administración Central, e nin tan sequera pola resposta que deu o Ministerio de Fomento a unha pregunta dun parlamentario, nin tan sequera tiveron por escrito encima da mesa a solicitude formal e moito menos negociacións serias sobre a supresión, pois saenos agora con esto. Non lance as campanas ó voo dicindo que é inicio do fin porque para que fora inicio de fin firmaría a Administración Central poñéndolle prazos para esa supresión. E que eu sepa, ou que sepamos, e por escrito e oficialmente non hai nada de nada, todo o contrario, esto é unha subvención para cubrirlle as espaldas ó Goberno Central, para cubrirlle as espaldas en concreto a unha promesa grandilocuente do cabeza de lista e Vicepresidente do Goberno, Mariano Rajoy. As cousas van absolutamente por dirección contraria. Non nos veña con milongas de que é a supresión, non hai tal supresión, a empresa vai seguir cobrando, a peaxe suprímese cando non existe, cando non se cobra, non cando se cobra e outra institución a subvenciona, esta é unha subvención ós usuarios pola peaxe de Rande. Nada máis. Técnicamente é así, é exactamente o xusto. Pode haber xente que saia beneficiada, que estea moi contenta, evidentemente é unha demanda, non se satisface pero pode haber sectores que entendan que pode ser un avance polo menos individual para algún colectivo. Certo, pero non resolve o problema colectivo e ten uns costes bestiais. Imaxínese o que sería invertirlle 292 millóns cada ano nesa zona; debe ser practicamente o presuposto de investimentos que teñen os tres concellos do Morrazo xuntos. Se o arranxara o Goberno Central fíxense vostedes o que se significaría. Non o arranxa o Goberno Central, que é quen ten que arranxalo, e vostedes aquí o que están é cubríndolle as espaldas. Sr. Presidente.- Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Yo es que para seguir interviniendo, Sr. Presidente en funciones, querría que me contestase a la pregunta que le hice. ¿Cuántos años preveen ustedes de duración de los convenios?, porque serán varios. Si me contesta a esa pregunta sigo con mi intervención. Sr. Presidente.- Se non lle importa contesto todo ó final. Sr. González Iglesias.- É que fixen a pregunta na primeira intervención precisamente para que a contestara. De tódolos xeitos non me estraña, non me estraña que vostede me conteste así por unha razón, porque se vostede confesa que despois dun ano de estar dándolle voltas a este tema seguen tendo dúbidas, pois loxicamente non me estraña que non conteste a pregunta ou que se garde non sei que para o final. Simplemente dúas cousas; unha, di vostede que a Deputación só podo subvencionar ós cidadáns da provincia, e a Xunta ós cidadáns de Galicia, co cal sería bastante fácil arranxar este tema. Facíalle a pregunta polo seguinte, imaxínese, estamos falando de 600 millóns entre as dúas administracións, que lle poñemos o límite, os 50 anos que quedan, 40, ¿cantos quere?, multiplique 600 polos anos que queiran vostedes e ó mellor lle sae unha ponte nova para conectar coa autovía ou coa vía rápida do Morrazo, á marxe que esta é gratuita para todo o mundo, ó mellor. Pero claro, tería que contestarnos vostedes ata canto tempo están dispostos a manter este tema e a outra pregunta: ¿se en tres anos, por exemplo, por poñer un caso concreto, a Deputación e a Xunta non poden asumir este tema, volve a pagar todo o mundo?. Todos estes temas xa dicía vostede que tiñan tantas voltas e plantexaban incluso algunhas dúbidas. Non nos engañemos nadie. Esto plantéxase así por unha razón única e exclusivamente. Se poñen trabas para que menos xente poida acollerse a estas axudas. Porque aquí se di que hai que estar ó corrente de pagos en diferentes cousas, etc., etc., e cada ano haberá que presentar toda a documentación completa se supón. De verdade, habería fórmulas bastante máis sinxelas que esta se se queren face-las cousas de verdade. E a fundamental de todas, e eu dicíallo antes, é dicir: denos o mesmo tratamento, xa que tanto no convenio coma no Decreto fálase dunha área metropolitana moi clara, denos o mesmo tratamento que ós demais. Nin máis nin menos, ou é que detrás desta historia, que tamén podería ser, estamos falando dunha empresa pública que en calquera momento, e anunciado está, privatízase. Loxicamente, se segue mantendo esto a empresa vale máis cartos. Se o tema é que esta empresa, antes de saír á privatización, ten que deduci-lo custe da ponte de Rande, da supresión que suporía para tódolos usuarios a peaxe de Rande, pois loxicamente valería menos. Se ese é o tema tamén díganno. E non nolo fagan pagar indirectamente ós demais porque realmente o que é certo é que segue cobrando a empresa Audasa e pagamos máis. Eu de verdade quixera que me contestara a previsión que teñen vostedes para manter este tema, en anos, porque volvo a repetir, entendo que habería fórmulas diferentes. Sr. Presidente.- En primeiro lugar contestación ás afirmacións do Sr. Mosquera. Eu teño que dicirlle que das hemerotecas podemos falar todos. Vostede non cre na palabra do Sr. Cuiña. Hai unha gran parte da poboación, non só de Pontevedra, senón da nosa Comunidade Autónoma, que si cre na palabra do Sr. Cuiña. Eu si creo na palabra do Sr. Cuiña, e o Sr. Cuiña lembrarlle que dixo que antes de que rematara o ano 2001 a peaxe da ponte de Rande pasaría á historia e eso é o que estamos a debatir hoxe aquí e é palabra do Sr. Cuiña. Se vostede cre ou non cre, alá vostede. Como antes lle dicía hai moitos cidadáns da Comunidade Autónoma de Galicia que si cren. Cubrirlle as espaldas ó Sr. Rajoy, ó Sr. Cuiña, eu entendo que é cubrirlle as espaldas ós pontevedreses. E como o Sr. Cuiña e o Sr. Rajoy presumen de ser pontevedreses, tamén a eles entendo que lle cubrimos as espaldas. E en canto ás afirmacións de D. Emilio González teño que dicirlle, en canto ó tema da duración do convenio, que eu non son adivino, non lle podo dicir se van a ser dous, catro ou corenta anos. Sería ilóxico que eu lle fixera esa afirmación aquí, e non lla vou a facer, pero o que si lle podo asegurar é que vai ser por un longo tempo. Dixen na miña primeira intervención que é evidente que hai problemas técnicos e que son os técnicos quen os teñen que solucionar, nin máis nin menos; e estou seguro que haberá novos problemas, que salirán novos problemas que os teremos que solucionar, os técnicos e tamén os técnicos ó mellor dos distintos concellos. E parece que a única preocupación que ten é dos anos que lle quedan de concesión. Ou sexa, que se son corenta, eu, D. Emilio González, o único que lle teño que dicir é que refresquen a memoria, e eu creo que todos temos parte da culpa de que queden 20, 30 ou 40, non me lembro os anos que quedan. Todos temos parte da culpa; a diferencia é que uns temos máis e outros menos, e cuns fai non moito tempo a peaxe de Rande costaba o que costaba, creo recordar que fai anos costaba 155 pesetas, e con outros neste momento costa 105 pesetas, nin máis nin menos. E eu teño que insistir, para rematar a miña intervención, que podemos discutir o que vostedes queiran, pero estamos dando o primeiro paso, o paso definitivo para que os cidadáns da provincia de Pontevedra fagan o tránsito da ponte de Rande de forma gratuita. O demais pódese vestir mellor ou peor pero esa é a realidade. Ben, sometemos, se non hai máis intervencións, este tema a votación. ¿Votos en contra?. PSOE e BNG. ¿Votos a favor?. Partido Popular. Visto o escrito da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ó que se adxuntan proxecto de convenio de colaboración entre dita Consellería e a Deputación Provincial de Pontevedra para a supresión da peaxe na ponte de Rande para os residentes da provincia de Pontevedra; proxecto de convenio de colaboración entre a CPTOPV, a Deputación Provincial de Pontevedra e unha entidade colaboradora para a posta en marcha do sistema de supresión da peaxe; e proxecto de Decreto para a supresión da peaxe na ponte de Rande, para que pola Deputación se preste conformidade e aprobación ós borradores de ditos textos, que obran no expediente como Anexo I, Anexo II e Anexo III, e se certifique a correspondente consignación presupostaria a que se fai referencia no texto dos mencionados documentos; e, visto o informe emitido por Intervención relativo a que na partida 01/511.511.450.00obra no expediente como Anexo III. Así mesmo, faise constar que na partida 01/511.511-450.00 do vixente presuposto provincial existe consignación por importe de 12.000.000 de pesetas, da que se fixo a correspondente retención de crédito mediante RC con nº de operación 2001106437, correspondente á achega da Deputación para o exercicio 2001. ANEXO I CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA DA XUNTA DE GALICIA E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA O FINANCIAMENTO E ARTICULACIÓN DA SUPRESIÓN DA PEAXE NO TREITO O MORRAZO-VIGO DA AUTOESTRADA A-9 PARA OS RESIDENTES NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA En Pontevedra, ... de ... de dous mil un. REUNIDOS Dunha parte, o Excmo. Sr. D. Xosé Cuiña Crespo, Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, facultado para a formalización deste convenio pola Lei 1/1983, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente. Doutra parte, o Ilmo. Sr. D. Manuel Abeledo López, na súa condición de Presidente da Deputación de Pontevedra, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 34.1 b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Tódalas partes recoñécense mutuamente na calidade en que interveñen con capacidade legal necesaria e EXPOÑEN O día 10 de febreiro de 2000 a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial da Coruña, a Deputación Provincial de Pontevedra e os concellos de A Coruña, Arteixo, Pontevedra, Marín, Bueu, Cangas do Morrazo, Moaña e Vigo fixeron público o seu posicionamento respecto ás peaxes da A-9 e A-55. Neste posicionamento institucional maniféstase que os tráficos existentes entre A Barcala-A Coruña, O Morrazo-Vigo e Arteixo-A Coruña teñen unha natureza eminentemente metropolitana, de forte impacto social (actividade industrial, asistencia sanitaria, comercio, educación, etc.) e condicionada pola peaxe. A situación agrávase pola existencia dunha alternativa de comunicación saturada e que ademais está fortemente condicionada polo seu trazado urbano. Esta situación é aínda máis acentuada no caso da ría de Vigo pola súa morfoloxía, para os residentes en ámbalas dúas marxes. A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e a Deputación de Pontevedra conscientes das dificultades que isto supón e da necesidade de mante-lo equilibrio económico e financeiro das empresas concesionarias, estudiaron fórmulas que permitan acada-los obxectivos do mencionado acordo institucional. O día 8 de xaneiro de 2001 ambas administracións asinaron un protocolo de intencións no que mostraban a súa vontade de buscar fórmulas que permitisen acada-lo mencionado obxectivo, para o que prevían asumi-lo 50% cada unha do custe da supresión da peaxe. Mediante o presente documento establécense as bases dunha colaboración entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e a Deputación de Pontevedra para a supresión da peaxe no treito O Morrazo-Vigo da autoestrada A-9 para os residentes na provincia de Pontevedra, e para tal efecto establecen o presente convenio consonte ás seguintes: CLÁUSULAS PRIMEIRA O obxecto do presente convenio é establece-lo mecanismo polo que se levará a cabo a supresión da peaxe no treito Morrazo-Vigo da A-9 para os residentes na provincia de Pontevedra e o sistema de financiamento do mesmo por parte da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra. SEGUNDA A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e a Deputación de Pontevedra están de acordo en articula-lo seguinte sistema, que será expresamente regulado mediante Decreto da Xunta de Galicia: 1º.- Ós residentes nos concellos da provincia de Pontevedra que o soliciten emitiránselle tarxetas de débito por parte das entidades financeiras colaboradoras. Os solicitantes deberán acreditar ter residencia nalgún dos concellos da provincia, ter residencia fiscal a tódolos efectos e paga-lo imposto de vehículos de tracción mecánica nalgún destes concellos, así como estar ó corrente das súas obrigas tributarias e sociais. 2º.- Subvencionaranse totalmente ata un máximo de 80 viaxes ó mes e a partir dun mínimo de 10 viaxes. 3º.- O custe da peaxe cargarase na conta correspondente da tarxeta de débito. A empresa concesionaria liquidará á entidade colaboradora por meses vencidos a cantidade obxecto da subvención. A Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra transferirán a cantidade que lle corresponda a cada unha delas durante os 15 días seguintes á recepción da documentación por parte da entidade colaboradora. 4º.- Só se subvencionarán os traxectos Vigo-O Morrazo e O Morrazo-Vigo. Unha vez asinado o presente convenio a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra conveniarán cunha ou varias entidades financeiras a articulación e posta en marcha deste sistema, que será regulado mediante o correspondente Decreto. TERCEIRA A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, asumirá o 50% do custe deste sistema de subvención para a supresión da peaxe no treito O Morrazo-Vigo, para o que consignou a cantidade de doce millóns de pesetas (12.000.000) con cargo ás partidas orzamentarias 06.03.413B 470 e 06.03.413B 480 dos orzamentos da Consellería para 2001. A Deputación de Pontevedra asumirá o 50% restante, para o que se incluiu no seu orzamento unha cantidade de doce millóns de pesetas (12.000.000) nos orzamentos da Deputación para 2001. Ambas administracións comprométense a facer fronte exclusivamente a súa parte do financiamento, podendo incrementa-la partida consignada para este fin se fose necesario, non asumindo en ningún caso a parte de financiamento correspondente á outra administración. Cada administración librará os fondos por separado, desvinculando así as obrigas que corresponde a cada unha delas do grao de execución da outra. A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda elaborará e publicará un decreto no que se regule a concesión da subvención e que será asumido por ambas partes para a xestión da mesma. CUARTA Crearase unha Comisión de Seguimento formada por un representante de cada unha das dúas administracións que asinan o presente convenio. Tódalas incidencias que poidan xurdir na aplicación deste convenio serán presentadas a través da indicada Comisión de Seguimento, que resolverá de mutuo acordo. QUINTA O presente convenio ten natureza administrativa. A xurisdicción contencioso-administrativa será competente para o coñecemento de posibles cuestións litixiosas que poidan suscitarse como consecuencia do mesmo. SEXTA Os efectos económicos do presente convenio teñen vixencia durante o ano 2001. Para a articulación do financiamento en anos posteriores asinaranse as correspondentes addendas entre ambas administracións onde se fixarán as anualidades e as partidas que se destinen para este fin. De acordo con tales addendas dictarase unha orde anual da Consellería onde se recolla o financiamento pactado. E en proba de conformidade asinan o presente convenio por triplicado exemplar. O CONSELLEIRO DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA,Asdo. Xosé Cuiña Crespo O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA,Asdo. Manuel Abeledo López ANEXO II CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA DA XUNTA DE GALICIA, A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ENTIDADE ...................................... En Santiago de Compostela, a ... de ... de dous mil un. REUNIDOS Dunha parte o Excmo. Sr. D. Xosé Cuiña Crespo, Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, facultado para a formalización deste convenio pola Lei 1/1983, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente. Doutra parte, o Excmo. Sr. Don Manuel Abeledo López, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 34.1 b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Doutra parte, o Sr. D. ............................................, Director Xeral de ...................... segundo se acredita con poder bastante ó efecto. Tódalas partes recoñécense mutuamente na calidade en que interveñen con capacidade legal necesaria para o outorgamento deste convenio e para o efecto. EXPOÑEN I.- Co fin de reduci-los custos que soportan os residentes da provincia de Pontevedra que utilizan nos seus desprazamentos o treito O Morrazo - Vigo da autoestrada A-9, a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e a Deputación de Pontevedra decidiron subvenciona-la peaxe que satisfacen os mesmos, en base ó disposto no Decreto .............. do ................. e coas condicións que a continuación se establecen. II.- Que de acordo co citado Decreto ...................., a xestión das axudas previstas realizarase a través de Entidades Colaboradoras. III.- Que en consecuencia, tódalas partes conveñen en colaborar ó efecto levando a cabo o presente convenio de colaboración consonte ás seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- A entidade .................................... dentro do marco do presente convenio comprométese a deseñar e poñer en funcionamento o sistema que, tendo como soporte unha tarxeta, permita a xestión das axudas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e da Deputación de Pontevedra ós usuarios da autoestrada A-9, residentes nos concellos da provincia de Pontevedra de acordo co recollido no Decreto . SEGUNDA.- De acordo co artigo 2 do citado Decreto, as axudas con cargo a cada tarxeta serán do 100% do custo da peaxe (IVE engadido) ata o número máximo de 80 viaxes por mes e a partir dun mínimo de 10, exclusivamente nos itinerarios Vigo-O Morrazo e O Morrazo-Vigo. TERCEIRA.- Os solicitantes da subvención deberán ter unha conta soporte de tarxeta. Para a súa obtención deberán acredita-las seguintes condicións: 1) Estar empadroado en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra. 2) Te-lo enderezo fiscal a efectos da declaración do IRPF ou imposto de sociedades na demarcación dalgún destes concellos. Así mesmo poderán ser beneficiarios as persoas exentas, non obrigadas a presentar declaración ou non suxeitas a estes impostos que así o acrediten. 3) Ser titular dun vehículo que pague o imposto sobre vehículos de tracción mecánica en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra. 4) Estar ó corrente das súas obrigas tributarias coa administración estatal, autonómica, local e da seguridade social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa administración pública da Comunidade Autónoma. A tal efecto os solicitantes deberán presenta-la seguinte documentación: - Certificación do enderezo fiscal do solicitante a efectos da declaración do IRPF ou do imposto de sociedades ou ben certificado da exención, non obrigación a presentar declaración ou non suxeición ós mesmos. - Certificación de estar ó corrente do pago das cotas da Seguridade Social dos traballadores da empresa; así como de alta na mutua de accidentes correspondente. - Certificado expedido polo órgano competente que acredite o empadroamento en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra. - Copia cotexada do último recibo xustificante do pago do imposto de vehículos de tracción mecánica. CUARTA.- Expedirase unha tarxeta por cada persoa física ou xurídica salvo as seguintes excepcións: 1. As persoas titulares de máis dun vehículo poderán obter igual número de tarxetas que vehículos matriculados consten ó seu nome, con enderezo nos concellos da provincia de Pontevedra, na Xefatura Provincial de Tráfico. 2. As empresas transportistas poderán obter un número igual de tarxetas que autorizacións de transporte concedidas pola Xunta de Galicia, segundo a certificación emitida polo órgano competente da Comunidade Autónoma. A tarxeta soporte da subvención pode ser unha das que xa existen, aceptadas pola concesionaria, para o pago da autoestrada. QUINTA.- A entidade ................... cobrará ós solicitantes da tarxeta unha cota de ........... euros, tanto no caso de emisión como de renovación, mediante cargo na conta soporte no momento da súa entrega. SEXTA.- Unha vez que a empresa concesionaria da autoestrada liquide as cantidades correspondentes a cada tarxeta por meses vencidos, e unha vez comprobado pola entidade colaboradora que se cumpren as condicións para outorga-la subvención, esta aboará a cantidade correspondente á empresa concesionaria, sen repercuti-lo gasto nos beneficiarios da subvención. Todo esto sen prexuízo das relacións entre a entidade colaboradora e a empresa concesionaria derivadas do uso da tarxeta non amparado polo sistema deseñado no presente convenio. A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e a Deputación de Pontevedra resolverán sobre a procedencia do aboo a executar e transferirán á entidade ........................, dentro dos quince días seguintes á recepción da documentación por parte da entidade colaboradora, na conta que esta sinale, as cantidades obxecto de subvención que esta xa adiantou, de tal maneira que os beneficiarios que teñan cumprido coas condicións establecidas non terán que realizar pagos polos conceptos subvencionados. Así mesmo será necesario que a empresa concesionaria da autoestrada teña entregado a información necesaria que será un resume do acontecido no mes anterior, recollendo a información seguinte: - Período de facturación. - Nome e apelidos do titular. - DNI ou CIF. - Enderezo ou razón social. - Número de tarxeta. - Número de viaxes realizadas. - Importe total das viaxes. Cada usuario deberá conserva-los comprobantes de paso se quere cotexa-lo contido da liquidación do aboo, na cal constará a citada información. SÉTIMA.- A difusión do contido entre os potenciais beneficiarios do mesmo efectuarase conforme ó seguinte procedemento: a) A entidade ................... editará folletos explicativos simples onde se indicará o seguinte: - Utilización da tarxeta. - Beneficiarios. - Condicións. - Sistema de subvencións. - Proceso de liquidación. - Necesidade de conserva-los recibos periódicos para comproba-la liquidación de aboo mensual. b) Insertaranse anuncios nos xornais de maior tirada de Pontevedra. Os gastos de impresión dos folletos publicitarios sinalados no punto a) e os de inserción de anuncios sinalados no punto b) serán satisfeitos pola entidade OITAVA.- A entidade ...................... facilitará á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e á Deputación Provincial de Pontevedra mensualmente, en soporte informático e antes do seu aboo: 1) Un listado cos seguintes datos: - Número de tarxeta. - Nome e apelido do titular. - DNI ou CIF. - Enderezo ou razón social. - Número de viaxes realizadas. - Importe total das viaxes. - Importe do aboo subvencionable. 2) Toda a información recibida da empresa concesionaria sobre o uso da autoestrada. NOVENA.- O uso fraudulento da tarxeta ou o incumprimento das condicións esixibles para o seu outorgamento dará lugar á cancelación da tarxeta ou tarxetas das que sexa titular un beneficiario. DÉCIMA.- A entidade .............. deberá cumprir coas obrigas recollidas na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no Decreto 287/2000, no referente ás obrigas das entidades colaboradoras. UNDÉCIMA.- Cantas cuestións poida plantexa-la interpretación e o cumprimento do presente convenio serán resoltas de común acordo entre as partes. A tal efecto, constituirase unha Comisión Paritaria de Seguimento integrada por un representante do departamento de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, un representante da Deputación de Pontevedra e un representante da entidade ................... . DUODÉCIMA.- O presente convenio ten natureza administrativa. A xurisdicción contencioso-administrativa será competente para o coñecemento de posibles cuestións litixiosas que poidan suscitarse como consecuencia do mesmo. DÉCIMO TERCEIRA.- O presente convenio ten vixencia indefinida, renovándose por anualidades naturais completas, sempre e cando non sexa denunciado por calquera das partes con dous meses de antelación á finalización do período correspondente e previa existencia de consignación orzamentaria, e manterase en tanto persista a peaxe nese treito da autoestrada A-9. Non obstante seguirá surtindo efectos en tanto en canto non se liquiden as obrigas que poideran quedar pendentes. Así o outorgan no lugar e data do encabezamento, subscribindo o presente convenio por cuadriplicado exemplar. O CONSELLEIRO DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA, Asdo. Xosé Cuiña Crespo O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, Asdo. Manuel Abeledo López O DIRECTOR XERAL DA ENTIDADE, ANEXO III DECRETO ......../2001, DO ...... DE ............................ , SOBRE AXUDAS ÓS USUARIOS DA A-9 ENTRE VIGO E O MORRAZO RESIDENTES NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA O día 10 de febreiro de 2001 a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de A Coruña, a Deputación Provincial de Pontevedra e os concellos de A Coruña, Arteixo, Pontevedra, Marín, Bueu, Cangas do Morrazo, Moaña e Vigo fixeron público o seu posicionamento respecto ás peaxes da A-9 e A-55. Neste posicionamento institucional maniféstase, entre outras, que os tráficos existentes entre O Morrazo-Vigo teñen unha natureza eminentemente metropolitana, de forte impacto social (actividade industrial, asistencia sanitaria, comercio, educación, etc.) e condicionada pola peaxe. A situación agrávase no caso da ría de Vigo pola súa morfoloxía, para os residentes en ámbalas dúas marxes. Co fin de elimina-los custes que soportan determinados usuarios que utilizan o tramo Vigo-O Morrazo da A-9, a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e a Deputación de Pontevedra consideran de interese social establecer axudas que minimicen o impacto que esta situación xera. Ambas administracións están de acordo en articular un sistema que subvencione ós usuarios da A-9 entre Vigo e O Morrazo residentes na provincia de Pontevedra no pago da peaxe que estes satisfán á concesionaria. Con este obxectivo asinaron o ... de ... de 2001 un convenio de colaboración no que regulan a achega das partes para financia-lo modelo que vén a establece-lo presente decreto. A concesionaria, polo tanto, percibirá integramente o importe das peaxes correspondentes, conforme ó disposto no contrato de concesión da construcción, conservación e explotación da autoestrada do Atlántico (A-9), formalizado co Ministerio de Fomento. Nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2001 existen as partidas orzamentarias 06.03.413B470, transferencias correntes a familias, e 06.03.413B 480, transferencias correntes a empresas, por importe de doce millóns de pesetas (12.000.000) - (72.121,45 euros) para facer fronte a este gasto. Así mesmo a Deputación de Pontevedra certificou a inclusión nos seus orzamentos dunha partida específica polo mesmo importe e co mesmo fin. O presente decreto adáptase ó réxime xurídico das subvencións regulado por Lei 8/1999, do 30 de decembro, e que modifica as disposicións do Decreto Lexislativo 1/1999, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e polo Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia. O presente decreto desenvolverase mediante ordes anuais que determinarán a contía dos recursos. En virtude do anterior, por proposta do Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día ... de ... de 2001. DISPOÑO: Artigo 1º.- Obxecto. A presente disposición ten por obxecto elimina-lo custe da peaxe na autoestrada A-9 entre Vigo e O Morrazo para os residentes na provincia de Pontevedra, mediante subvencións directas ós particulares nas condicións que a continuación se establecen. En todo caso condicionase o outorgamento da axuda á existencia de crédito orzamentario axeitado e suficiente. Artigo 2º.- Bonificacións. Bonificaranse ata oitenta viaxes ó mes e a partir dun mínimo de dez por usuario e vehículo. A bonificación efectuarase tendo en conta o importe total da peaxe, IVE engadido, e afectará exclusivamente ós itinerarios Vigo-O Morrazo e O Morrazo-Vigo. O dereito a percibi-la subvención nace unha vez realizada a viaxe nas condicións establecidas. Artigo 3º.- Beneficiarios. Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas físicas ou xurídicas que acrediten as seguintes condicións: 1) Estar empadroado en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra. 2) Te-lo enderezo fiscal a efectos da declaración do IRPF ou imposto de sociedades na demarcación destes concellos. Así mesmo poderán ser beneficiarios as persoas exentas, non obrigadas a presentar declaración ou non suxeitas a estes impostos que así o acrediten. 3) Ser titular dun vehículo que pague o imposto sobre vehículos de tracción mecánica nos mencionados concellos. 4) Estar ó corrente das súas obrigas tributarias coa administración estatal, autonómica, local e da seguridade social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Os solicitantes das axudas deberán ter unha conta soporte de tarxeta na que deberán facerse os cargos e aboos correspondentes ó sistema. A tal efecto e para a obtención da tarxeta os solicitantes deberán presentar perante a entidade colaboradora a seguinte documentación: ­ Certificación do enderezo fiscal do solicitante a efectos da declaración do IRPF ou do imposto de sociedades ou ben certificado da exención, non obrigación a presentar declaración ou non suxeición ós mesmos. ­ Certificación de estar ó corrente do pago das cotas da Seguridade Social dos traballadores da empresa, así como de alta na mutua de accidentes correspondente. ­ Certificado expedido polo órgano competente que acredite o empadroamento en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra. ­ Copia cotexada do último recibo xustificante do pago do imposto de vehículos de tracción mecánica. Expedirase unha tarxeta por cada persoa física ou xurídica, agás: 1) As persoas titulares de máis dun vehículo poderán obter igual número de tarxetas que vehículos consten ó seu nome na Xefatura Provincial de Tráfico. 2) As empresas transportistas poderán obter un número igual de tarxetas que autorizacións de transporte concedidas pola Xunta de Galicia, segundo certificación emitida polo órgano competente da Comunidade Autónoma. A entidade financeira colaboradora cobrará ós solicitantes da tarxeta unha cota, que se concretará no correspondente convenio, tanto no caso de emisión como de renovación, mediante cargo na conta soporte no intre da súa entrega en concepto de gasto de expedición da tarxeta. Artigo 4º.- Xestión. A xestión das axudas previstas realizarase a través da entidade ou entidades colaboradoras, que será unha entidade financeira, que a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra acorden en función dunha mellor operatividade, interese social, solvencia, implantación xeográfica e de acordo coa empresa concesionaria da autoestrada. A solicitude da tarxeta, que implicará a da subvención, presentarase perante as entidades colaboradoras en calquera intre a partir da entrada en vigor deste Decreto. Liquidada pola empresa concesionaria á entidade colaboradora por meses vencidos as cantidades correspondentes a cada tarxeta e unha vez comprobado que se cumpren as condicións para outorga-la subvención, a entidade colaboradora aboará a cantidade correspondente á empresa concesionaria. A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e a Deputación de Pontevedra resolverán sobre a procedencia do aboo a efectuar e transferirán á entidade colaboradora mensualmente, durante ós 15 días seguintes á recepción da documentación por parte da entidade colaboradora, na conta que esta sinale, o importe do mesmo, de tal maneira que os beneficiarios que teñan cumprido coas condicións establecidas non terán que realizar pagos polos conceptos subvencionados. A entidade colaboradora facilitará á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e á Deputación de Pontevedra, mensualmente, en soporte informático e antes do seu aboo. 1) Un listado cos seguintes datos: - Número de tarxeta. - Nome e apelidos do titular. - DNI ou CIF. - Enderezo ou razón social. - Número de viaxes realizadas. - Importe total das viaxes. - Importe do aboo subvencionable. 2) Toda a información recibida da empresa concesionaria sobre o uso da autoestrada. Artigo 5º.- Aboo. A operación de aboo ós beneficiarios efectuarase por meses vencidos e recollerá a información seguinte: ­ Período de facturación. ­ Nome e apelidos do titular. ­ Número da tarxeta. ­ Número de viaxes realizadas. ­ Importe total das viaxes. ­ Importe total da subvención. Cada usuario deberá conserva-los comprobantes de paso se quere cotexa-lo contido da liquidación do aboo, no cal constará a citada información. Unha vez cumpridas as condicións para recibi-la subvención, a entidade colaboradora pagará directamente á empresa concesionaria a cantidade correspondente e posteriormente a Consellería e a Deputación farán o mesmo a favor da entidade colaboradora, polo que os beneficiarios non precisarán realizar pagos máis que polos conceptos que queden á marxe da subvención. Artigo 6º.- Incumprimentos. A entidade colaboradora informará á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e á Deputación de Pontevedra sobre o uso fraudulento da tarxeta ou do incumprimento das condicións esixibles para o seu outorgamento, resolvendo expresamente cada administración de acordo á normativa vixente. O órgano competente para dicta-la resolución denegatoria por parte da administración autonómica será o Director Xeral de Obras Públicas. Contra a resolución denegatoria da Consellería poderá interpoñerse recurso de alzada perante o Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da notificación. Artigo 7º.- Facultade de inspección. Tanto a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda como a Deputación de Pontevedra poderán realizar tódalas inspeccións ou comprobacións que se consideren oportunas para verifica-la exactitude dos datos achegados e a realización do obxecto da subvención. Artigo 8º.- Garantías. O incumprimento das condicións establecidas para o outorgamento da subvención suporá, ademais das sancións que puideran corresponder, a obriga de reintegro da axuda percibida, incrementada co xuro legal correspondente dende o seu aboamento. Os beneficiarios quedan obrigados a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas ou o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas. Artigo 9º.- Compatibilidade. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas para o mesmo fin outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión. Artigo 10º.- Entidades colaboradoras. As entidades colaboradoras seleccionadas, que deberán ser entidades financeiras con probada solvencia, deberán cumprir coas esixencias recollidas para as mesmas na Lei 8/1999, do 30 de decembro, que modifica as disposicións do Decreto Lexislativo 1/1999, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia. DISPOSICIÓN DERRADEIRA O presente Decreto entrará en vigor o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia e terá vixencia indefinida. Non obstante, as axudas previstas neste Decreto surtirán efectos económicos durante o ano 2001, para o que existen consignadas as correspondentes partidas orzamentarias na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e na Deputación de Pontevedra. En anos sucesivos dictarans

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición