Fondos
2002-01-08_Extraordinaria. Acta de sesión 2002/01/08_Extraordinaria
Acta de sesión 2002/01/08_Extraordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.363/2.2002-01-08_Extraordinaria
Título Acta de sesión 2002/01/08_Extraordinaria
Data(s) 2002-01-08 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: Da sesión extraordinaria urxente en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 8 de xaneiro de 2002 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día oito de xaneiro do ano dous mil dous, baixo a Presidencia do Sr. Vicepresidente D. Juan Luis Pedrosa Fernández, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Ramón Alonso Fernández, D. Xosé Antonio Araujo Quintas, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Jesús María Fernández Portela, D. Alberto García García, D. Emilio González Iglesias, D. Angel Gregores Méndez, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Rafael Louzán Abal, D. Telmo Martín González, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Manuel Rivera Domínguez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Henrique Viéitez Alonso, D. Manuel Ramón Vilar Márquez e D. José Villar Pereira, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria urxente da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López nin o Sr. Deputado D. Manuel Ramón Conde Romero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Comezamos o Pleno. Sesión extraordinaria e urxente do Pleno da Deputación de data 8 de xaneiro do 2002, coa seguinte orde do día. 1.4682.- PRONUNCIAMENTO DO Pleno SOBRE A URXENCIA DA SÚA CONVOCATORIA Sr. Presidente.- Primeiro, "Pronunciamento do Pleno sobre a urxencia da súa convocatoria". Ben, a urxencia vén dada polas datas nas que estamos. Aprobar definitivamente o Presuposto canto antes e que sexa operativo. Polo tanto procedemos en primeira instancia á votación da urxencia. ¿Votos en contra?. Ningún. ¿Abstencións?. Ningunha. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. Apróbase por unanimidade a urxencia da convocatoria do Pleno do día de hoxe. ------ Folla: 2.4683.- RESOLUCIÓN DE RECLAMACIÓNS E APROBACIÓN DEFINITIVA DO PRESUPOSTO DA DEPUTACIÓN PARA O ANO 2002 Sr. Presidente.- Segundo punto da orde do día. Resolución de reclamacións e aprobación definitiva do Presuposto da Deputación para o ano 2002. Ben, dicir que se presentaron alegacións por parte do sindicato Comisións Obreiras. Alegacións que en principio ningunha delas cumpre os requisitos do artigo 151 da Lei 39/98, polo cal deberían de ser reclamacións, non alegacións, e estar nalgún dos seguintes apartados: No primeiro, non haberse axustado na súa elaboración e aprobación ós trámites establecidos nesta Lei. No segundo, por omitir o crédito necesario para o cumprimento de obrigas esixibles á entidade local en virtud de precepto legal ou de calquera outro título lexítimo. En terceiro lugar, por ser de manifesta insuficiencia os ingresos con relación ós gastos orzamentados ou ben destes respecto ás necesidades para as que estea previsto. Ningunha destas alegacións presentadas por Comisións Obreiras cumpre ou encaixa en ningún destes supostos. Nembargantes vamos a explicar cada unha delas. A primeira delas é unha serie de alegacións ó Servicio de Vías e Obras e ó Parque Central de Maquinaria, onde di "comprar unha pinza para acoplar ó camión grúa". Segunda, o arranxo dunha pala para destinar ó Parque Comarcal de Codeseda. Terceira, a compra dun camión regador. A cuarta, arranxo dos Parques Comarcais de Botos, Codeseda, Ponteareas e Gondomar. E a quinta, no taller do Parque Central de Maquinaria que se fai necesaria a colocación dunha grúa ponte. Ben, dicir que algunha destas que aquí figura xa se contempla nos presupostos deste organismo, que se acometerá, e que outras verase se realmente a necesidade é certa e poderá acometerse con cargo a remanentes de Tesourería. Despois hai unha serie de alegacións que son de temas de persoal. A primeira delas refírese á creación de prazas do ano 2002, que se teñan en conta tódolos grupos de clasificación e provisión de prazas polo sistema de promoción interna. A este respecto pódese sinalar que dita consideración non debe de incluirse no que é o Presuposto, nin na plantilla, nin na relación de postos de traballo, onde figura unicamente e exclusivamente as características da praza e non o seu sistema de provisión; en todo caso, esto determinarase posteriormente unha vez que sexa aprobada a oferta pública de emprego. Na segunda das alegacións en materia de persoal propoñen a creación das seguintes prazas: un Delineante, un Auxiliar Administrativo na Estación Fitopatolóxica, un Técnico Superior de Laboratorio de Bioloxía Molecular, un Técnico Medio ou Superior de Laboratorio Microbiolóxico, un Técnico Informático e un Peón de Campo. Ben, a creación de ditas prazas para o Servicio Agrario non se estima necesaria na negociación do Presuposto 2002, por canto que ditos traballos se desenvolven de momento con carácter esporádico e discontinuo e atópasen cubertos con persoal contratado a través de convenios. En canto á creación da praza de Delineante para o Servicio de Vías e Obras entendemos que co persoal de plantilla están perfectamente atendidas as necesidades e que mesmo non se formulou esa petición por parte do Xefe de Servicio. Na terceira das alegacións en materia de persoal prevén que se leve a cabo un plan de emprego na Imprenta Provincial para optimizar a utilización dos seus recursos humanos. Dicir neste sentido que en cumprimento do IV Acordo Regulador-Convenio Colectivo do 8 de xaneiro de 2001, para persoal funcionario e laboral desta Deputación, estase a realizar un estudio e unha análise dos postos de traballo e o sistema retributivo do persoal adscrito á Imprenta facendo equiparar as súas retribucións ó persoal funcionario e establece-las titulacións adecuadas ós grupos de clasificación. Polo tanto, mentres non estea ese estudio finalizado non se vai atender dita reclamación. No que se refire ó importe do complemento específico dos operarios é preciso destacar que a diferencia vén determinada polas funcións que desempeñan cada un deles, o cal xa xustifica o aumento de dito importe nun só posto en base á especial dificultade técnica dese posto. Na cuarta das alegacións interesan que se efectue dotación presupostaria para cubri-las vacantes que se produzan por xubilación ou enfermidade no Servicio de Vías e Obras e no Parque Central de Maquinaria. No propio Anexo II do Presuposto aprobado inicialmente xa se inclue consignación, entendemos que suficiente, para afrontar ditas situacións. Na quinta das alegacións poñen de manifesto que a plantilla debe contempla-lo sistema de provisión de prazas de Peóns, Conductores - Maquinistas, Capataces e Vixiantes, como xa se sinalou no apartado primeiro. Esta circunstancia non se específica na plantilla e serán negociadas con posterioridade cando se acorde a convocatoria da oferta pública de emprego. Na sexta das alegacións solicitan a revisión da nocturnidade dos Porteiros-Vixiantes do Pazo Provincial. Dicir que este asunto xa foi tratado na Mesa de Negociación, onde se considerou que por iso son retribuídos dentro do que é xa o complemento específico en concepto de dedicación. E finalmente hai dúas alegacións máis, unha delas que se realicen obras para vestiarios no Laboratorio de Mouriscade. E outra, que no orzamento correspondente ó Arquivo Provincial terase que recolle-la cantidade de diñeiro necesaria para trasladalo e adecualo, ou mercar un local, para poder realizar esas actividades. Ben, dicir que o Arquivo forma parte das instalacións do Edificio Sarmiento, que está o concurso en marcha do que será o novo Museo, a nova ampliación, e non está aínda decidido onde irá definitivamente o Arquivo Provincial, e polo tanto contemplarase esa partida o día que definitivamente se sepa cales son as súas novas instalacións, e non de momento. Por todo iso o Partido Popular propón rexeitar ditas alegacións e pedi-la aprobación a este Pleno, a aprobación definitiva do Presuposto Xeral para o ano 2002. Teñen a palabra. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días. Moitas gracias. Creo que hoxe é un gran día para as novas formas de entende-la sociedade. Levantámonos lendo que vai haber albariño sen alcohol; seguimos cunha firma dunha supresión da peaxe que vai a mantela e reforzala; seguimos cun Presidente que non preside e seguimos cun Pleno cunhas alegacións que non son tales alegacións. Un pouco de realidade virtual. Ben, imos a mante-lo mesmo voto de cando foi o debate dos orzamentos e polo tanto vamos a votar en contra dos orzamentos. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. González, ten a palabra. Sr. González Iglesias.- Yo creo que tendremos todos que coincidir con los servicios técnicos de la Diputación, que realmente esto no son alegaciones al Presupuesto. Por lo tanto, en todo caso, serían reivindicaciones de algún sindicato, que yo creo que sería otro el momento para discutir estas reclamaciones de los sindicatos. Nada más que mantener el voto, el mismo voto de la aprobación inicial del Presupuesto y cuando se planteen este tipo de reclamaciones pues hablaremos de otros temas. Nada más. Sr. Presidente.- Muy bien, muchas gracias. Sr. González, bien, por lo tanto se propone a este Pleno la desestimación de las alegaciones, (reclamaciones), así como la aprobación definitiva del Presupuesto General de la Diputación Provincial para el ejercicio 2002, que comprende o Presuposto da Deputación por importe de 103.127.626,00 euros, o Presuposto dos Organismos Autónomos, é dicir, Escola de Canteiros, Museo Provincial, Escola Universitaria de Enfermería, Centro de Formación Profesional "Fogar Provincial", Padroado de Turismo "Rías Baixas", Caixa de Anticipos de Cooperación, ORAL, o Presuposto xeral consolidado, as Bases de Execución do Presuposto Xeral da Deputación e específicas dos Organismos Autónomos, as plantillas de funcionarios, a relación de postos de traballo e os cadros de persoal laboral da Deputación e dos seus Organismos Autónomos e o Anexo de inversións para o exercicio 2002. Por tanto, procedemos á votación. ¿Votos en contra?. Bloque e PSOE. ¿Abstencións?. Ningunha. ¿Votos a favor?. O Grupo Popular. Apróbase por maioría. Levántase a sesión. Moitas gracias. De conformidade co dictame conxunto das Comisións Informativas de Economía e Facenda e de Réxime Interior, o Pleno acorda, por maioría de votos a favor do Grupo Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG, adopta-lo seguinte acordo: 1º.- Desestima-las alegacións presentadas ó Presuposto para o exercicio 2002 pola Sección Sindical de CC.OO., número 171 de Rexistro de Entrada desta Deputación, de data 3 de xaneiro do ano actual, considerando que as súas reclamacións non se axustan á legalidade vixente aplicable na materia e non se fundamentan en ningunha das causas sinaladas no artigo 151.2 da Lei 39/88 Reguladora das Facendas Locais e art. 22.2 do RD 500/1990, de 20 de abril, polo que se desenvolve o capítulo primeiro do título VI da Lei 39/88. 2º.- Aprobar definitivamente o Presuposto Xeral da Deputación para 2002, que comprende: - O Presuposto da Deputación, por importe de 103.127.626 euros. - O Presuposto dos OO.AA. e polos importes que se sinalan: - Escola de Canteiros 550.956,00 euros - Museo Provincial 1.820.164,00 euros - Escola Universitaria de Enfermería 368.091,00 euros - C.F.P. "Fogar Provincial" 800.446,00 euros - Padroado de Turismo "Rías Baixas" 761.252,00 euros - Caixa de Anticipos de Cooperación 1.307.204,00 euros - ORAL 3.535.000,00 euros - O Presuposto Xeral consolidado, por importe de: - En Ingresos 107.595.464,00 euros - En Gastos 107.595.464,00 euros 3º.- Apróbanse así mesmo as Bases de Execución do Presuposto Xeral da Deputación e as específicas dos seus Organismos Autónomos, o Cadro de Persoal funcionario, as Relacións de postos de traballo e os Cadros de persoal laboral, así como o Anexo de inversións para o 2002. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as once horas e quince minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela estendese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. ------
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota