Fondos
2002-02-22_Ordinaria. Acta de sesión 2002/02/22_Ordinaria
Acta de sesión 2002/02/22_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.363/2.2002-02-22_Ordinaria
Título Acta de sesión 2002/02/22_Ordinaria
Data(s) 2002-02-22 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 22 de febreiro de 2002 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día vintedous de febreiro do ano dous mil dous, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Ramón Alonso Fernández, D. Xosé Antonio Araujo Quintas, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Jesús María Fernández Portela, D. Alberto García García, D. Emilio González Iglesias, D. Angel Gregores Méndez, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Rafael Louzán Abal, D. Telmo Martín González, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Manuel Rivera Domínguez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Henrique Viéitez Alonso, D. Manuel Ramón Vilar Márquez e D. José Villar Pereira, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o Sr. Deputado D. Juan Luis Pedrosa Fernández. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.4696.- ACTA ANTERIOR Apróbase por unanimidade o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 24 de xaneiro de 2002. ------ Folla: 2.4697.- BASES DE SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES CULTURAIS 2002 Sr. Presidente.- Punto dous. Bases de subvencións para actividades culturais. Ten a palabra o Sr. Fernández Portela. Sr. Fernández Portela.- Gracias Sr. Presidente. Bos días. Estas bases son para actividades culturais que organizan as persoas xurídicas sen fins de lucro. Están cunha partida de 300.507 euros e o prazo de presentación é ata o 29 de xuño de 2002. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bos días a todos. Ben, estamos co Pleno de tódalas bases e empezamos polas actividades culturais. A cantidade que vai xa a dixo o Presidente da Comisión, pero seguimos detectando os mesmos fallos nas bases que outros anos e, se non agravados, fundamentalmente dous. O primeiro é que os beneficiarios poden ser calquera, non estrictamente ningunha asociación cultural ou grupo relacionado con eso, como pode ser comisión de festas, xunta de montes, club deportivo ou agrupación, ou incluso agrupacións que non teñan ningún carácter xurídico como tres ou catro persoas que se xunten e poden pedilo para eso. E en segundo lugar, non están ben definidas as actividades que se poden financiar. Eso estivo dando lugar continuamente a que esta partida non sexa para actividades culturais, senón que sexa para actividades culturais máis para todo o que se perde pola Deputación que non hai por onde encaixalo. Eu remito a exemplos moi coñecidos, como que con esta partida, en principio destinada á promoción da cultura, se teñen financiado desfiles de moda e cousas semellantes. Tal e como están as bases collen. Entón, é unha demanda que temos feito moitas veces, como outras partidas. Creo que o concepto de cultura, aínda que é moi amplio, ten certos límites, e tal como se definen estas bases non están fixados de ningunha maneira, e o concepto de quen promociona a cultura tamén pode ser moi amplio, pero non tan amplio como para que entren ata agrupacións de feito ou calquera tipo de entidade privada sen fin de lucro que queira pedilo, porque normalmente son entidades que teñen como fin outras actividades. Eu repito, non nos gusta nada que esta partida de cultura, que creo que é algo moi importante, estas bases o deixen de forma que se convirta no caixón de tódolos obxectos perdidos da Deputación. Calquera actividade que non se sabe onde meter se mete aquí. Queremos que se defina ben e que realmente sirva para os fins, incluso por dignidade, incluso polo propio nome, xa non é porque lle quiten cartos, senón para que no que é cultura se dignifique o propio nome. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, buenos días. En estas bases hay dos cuestiones que a nosotros nos impiden votarlas favorablemente. La primera de las cuestiones hasta puede ser anecdótica pero está ahí, y es que se dice en las bases que los gastos gastronómicos no deben superar el 50%. Nosotros entendemos que esto sobra, es decir, no debe de haber ni un sólo duro en gastos gastronómicos en una subvención para actividades culturales. Por lo tanto, si esto desapareciese podríamos replantearnos el voto. Entendemos que hay que primar lógicamente a asociaciones culturales con una trayectoria de trabajo detrás, con unos programas anuales, con un trabajo durante muchos años o desde hace poco, pero que tengan personalidad jurídica y no ponerle a su mismo nivel agrupaciones de hecho, es decir, a dos o tres personas que se juntan un buen día para hacer un acto cultural. Entendemos que promover el asociacionismo es la primera parte, es decir, asociaciones con entidad jurídica y no agrupaciones de hecho. Si se retiran estos dos temas nosotros votaríamos a favor de estas bases. Sr. Presidente.- Gracias Sr. González. Sr. Fernández Portela. Sr. Fernández Portela.- Si, gracias Sr. Presidente. Referente ó Sr. Mosquera e ó Sr. González tamén, comentaban ou critican as asociacións de feito. As asociacións de feito teñen cabida nestas bases por varias razóns, entre outras, porque primeiro se se celebra un evento cultural ou deportivo puntual, para un caso determinado nunha época do ano, non ten por que necesariamente haber unha asociación cultural e deportiva que o organice, senón que pode ser feito en comisión, unha comisión creada especialmente para ese evento, co cal se non se fai así quedaría fóra efectivamente de subvención. Por outra parte quedarían tamén excluídas as zonas, que no rural ás veces hai certos barrios ou parroquias que non teñen ningunha asociación cultural, que queren organizar algún acto deportivo e cultural, e que non teñen posibilidades por non ter ningunha asociación constituída. E esto tamén se pode comentar, temos asociacións que non están constituídas legalmente; por suposto, non terían opción tampouco á subvención. Referente ó que comentaba o Sr. González Iglesias dos gastos gastronómicos, acéptase só o 50% porque o 50% é precisamente para cubrir certos actos que necesariamente teñen gastos gastronómicos. Limítase ó 50% porque todos sabemos que hai certos actos culturais e deportivos que por compromisos e por desprazamentos de grupos teñen que darlle ó menos un bocadillo. E hai casos que o require obrigatoriamente como pode ser a participación dunha banda, dun grupo folclórico fóra da nosa rexión. Vai a Valencia unha banda, ou un grupo folclórico vai a outra comunidade autonómica, e ten gastos de desprazamento, ten gastos de estancia, pero evidentemente tamén ten gastos de comidas. E aí acéptase o 50% deses gastos. E eu creo que eso fai necesario que se inclúan, tanto os gastos gastronómicos como estas asociacións de feito, nestas bases culturais porque se non quedaría gran parte da nosa sociedade sen ter opción de subvención para eventos culturais e deportivos. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Fernández Portela. Si Sr. González. Sr. González Iglesias.- Con el mismo argumento primero que empleaba el Sr. Diputado nunca se constituirán asociaciones; es decir, si usted permite siempre, sistemáticamente, que se den subvenciones a agrupaciones de hecho, en esos barrios o parroquias nunca habrá asociaciones porque es más fácil juntarse para un tema puntual y no tener un trabajo, una trayectoria de trabajo durante todo el año. Eso es lo que nosotros queremos evitar, justamente eso, por eso planteamos que se den a asociaciones con personalidad jurídica. Es decir, se trata fundamentalmente de promover ese asociacionismo y de que la gente esté trabajando con unos programas y no para hechos puntuales en un momento determinado nada más. Y en el tema gastronómico, se pueden considerar siempre excepciones; aquí no se consideran excepciones, aquí se abre para todo el mundo que no pueda superar el 50% el gasto gastronómico del acto cultural. Es decir, para entendernos todos, si para una obra de teatro damos 200.000 pesetas estamos permitiendo que a la asociación que se las damos nos presente una factura de comidas de 100.000 para justificar ese coste de la obra de teatro. Y eso es lo que queremos evitar. Otra cosa muy diferente es la excepción que se puede dar, pues en una banda de música que va a no sé que sitio sería una excepción. Aquí se abre el abanico para todo el mundo y este es un tema político, es decir, ustedes en las bases ponen el 50% y entonces hasta el 50% se admite, si ponen el 25 pues hasta el 25 y si ponen nada, pues es nada. Nada más. Sr. Presidente.- Gracias Sr. González. Sr. Fernández Portela. Sr. Fernández Portela.- Con estas bases o que se pretende é que a cultura e os deportes cheguen a tódolos recunchos de Galicia e para eso hai que darlle facilidades, para que a xente non teña trabas á hora de conseguir unha subvención e se atope cun montón de burocracia, cando é moito máis sinxelo asociarse en puntos concretos, en actos concretos, para conseguir unha pequena subvención que tampouco é a salvación de nadie. Sr. Presidente.- Bueno. Gracias. Eu creo, Sr. González Iglesias, que non se fixou no que din as bases concretamente. Cando fala de gastos gastronómicos di que sempre, se non é literalmente o que estou dicindo é practicamente literal, sempre que o acto o esixa, é dicir, que unha obra de teatro en Pontevedra, unha obra de teatro en Vigo, sempre e cando o grupo non sexa de fóra, se é de fóra non se subvenciona, non hai, non se lle tolera, non se lle xustifican gastos gastronómicos, sempre que o acto o esixa, sempre que o acto o esixa. Dinno as bases. E loxicamente se se despraza un grupo, se se despraza unha banda a un certame internacional ou a un certame nacional, bueno, pois que se lle poida dar unha axuda, só vai neses casos, só e exclusivamente neses casos. E din as bases sempre que o acto o xustifique. Eso en primeiro lugar. E, en segundo lugar, con respecto ó primeiro tema que lle impide ó Grupo Socialista votar a favor das bases, eu creo que o explicou clarisimamente o Portavoz de Cultura. Outra cousa é que se comparta ou non, pero está claro que hai zonas deprimidas na provincia onde non hai asociacionismo e efectivamente haberá que fomentalo, pero é indudable que nós temos que resolve-los problemas e intentámolo desta forma, ou sexa, que se agrupen. Pero pódolle dicir por experiencia, se vostedes repasan por exemplo tódalas subvencións que se deron o ano pasado e anos anteriores verán que en rarisimos casos se produce eso. Normalmente son asociacións legalmente constituídas, agora ben, pódese dar algún caso e non queremos deixalo fóra. Si, Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Vamos a reproducir un debate que se ten dado moitas veces. Está claro que vostedes seguen erre que erre no seu posicionamento. Non o vou a repetir, soamente é algo que non se contestou en absoluto. Que é que as bases, por exemplo deportivas, soamente se lle dan a clubs deportivos ou agrupacións a ese fin. Se lle dan a ese etc. e non coma neste caso que calquera agrupación poida entrar cuns límites moi difusos nesta cuestión. Explícome. Por exemplo, vostedes mesmos tiveron un problema porque todos os actos que organizan as APAS lle pedían nesta partida. Tiveron que rematar dicindo que a ningunha porque se non lle levaban toda a partida. Entón abren tanto o abanico, que me parece moi digno que así o fixeran, e incluso as solicitudes das APAS eran bastante máis correctas que moitas que deron. Abren tanto o abanico que aquí pode entrar todo o mundo. Ou sexa, asociacións de montes, xuntas de montes, comisións de festas, clubs de xubilados, APAS e incluso catro que se xuntan. E incluso cuns fins tan determinados que din promoción da cultura, pois ó final aquí teñen entrado bailes de xubilados. Teñen entrado nestas subvencións cousas deste tipo, que me parece moi ben que teñan subvención pero non en cultura, non en cultura. Eso é o que quero dicir, e non queren cambialo, queren esta partida que me parece unha indignidade cara o que significa cultura e cara a xente que está traballando na cultura dunha maneira metódica. Parece unha indignidade. Ou parece serio, pero seguen erre que erre, pero porque non fan outras, porque poñen actividades deportivas ou similares e métenno aí, ou actividades sociais ou similares, ou actividades da Presidencia, fomentadas pola Presidencia ou similares e meten aí todo. Pero non, ¿por que o meten en cultura? E lévanno facendo un ano tras outro, eso é así, le as bases e le as resolucións e verá que eso é un caixón desastre onde meten todo o que se perde por aquí que non hai partida onde asignalo e a min me parece unha falta de respecto para o que podemos chamar cultura e incluso entendido en sentido todo o amplio que se queira. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera, vostede mesmo recoñece que poñer límites á cultura é moi complicado. Podemos falar dunha cultura de élite e entón estamos falando xa de seminarios específicos, conferencias específicas, etc., etc., e podemos falar dunha cultura cósmica, que vostede sabe que se fala así, non sei por que se ri, porque son termos clásicos e que se usan en calquera libro de texto, polo tanto non sei a que ben rirse, ó mellor á ignorancia. Pero en todo caso, é moi difícil nunhas bases dicir esto, esto, esto e esto, e pode ser que entendida así a cultura se lle puidera dar subvención efectivamente a un desfile de modelos, pudo ser. ¿Non é cultura en sentido amplio?. Outra cousa é que vostede pense que non se lle debera dar e a min paréceme moi ben que vostede defenda que non se lle debe dar a eses señores, paréceme ben neste caso. Agora, encerra-la cultura, e vostede sábeo perfectamente, en epígrafes é tremendamente complicado e difícil á hora de resolver. Repase as resolucións, verá que pode haber algunha excepción que a vostede lle chame a atención, pero en liñas xerais van dedicadas a temas culturais e esto é así. Agora, se non o queren entender é outro tema; nós demos a explicación que cremos conveniente, non lle pedimos que pensen como nós, poden pensar como queiran. Sr. Mosquera Lorenzo.- Pero con ese concepto tamén hai a cultura gastronómica, a cultura do corte de pelo, a cultura circulatoria. Sr. Presidente.- Bueno, a cultura circulatoria eu entendo que é o aparato circulatorio. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, non, do tráfico rodado, do tráfico rodado. Hai un tipo de comportamento, ou sexa a cultura é todo. É un debate que xa reproducimos, doutros anos, e a nós non nos parece ben que se meta coma un caixón de sastre aquí todo o que se perde, porque deporte tamén é cultura, é unha cultura deportiva e métaa aí tamén, e entón metemos todo, facemos unha grande partida de cultura e listo. Todo é cultura. Non é así, vostede sabe perfectamente ó que me estou referindo e eu sei ó que se refire vostede, e é funcional, ter unha partida que é un caixón de sastre para meter todo o que se perde por aquí, que non hai onde casalo, e a nós non nos parece mal que se faga esto. Nada máis. As posturas son irreductibles e punto, non creo que faga falta darlle moitas máis voltas. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- No para temas del debate porque no tengo derecho a ningún turno, simplemente, al hilo de la respuesta anterior del Presidente, plantearle algo que venimos solicitando sistemáticamente y es que, como usted en su intervención nos dice que podemos ver las que se conceden para que van, nosotros también querríamos ver, y lo venimos diciendo sistemáticamente, las que no se conceden por que no se conceden. Y si ustedes tienen a bien llevar a comisión las que se conceden por un lado, y por otro lado las que se deniegan y motivando la denegación, pues todos contentos porque la labor de control que tenemos que realizar, que es nuestra obligación en todo caso, podríamos realizarla más fácilmente. Nada más. Sr. Presidente.- Gracias Sr. González Iglesias. Non creo que o despacho do Servicio de Cultura lle estea cerrado para que vexa vostede todo o que queira, pero dende logo o que non lle vou eu é a leva-los expedientes alí, cóllaos vostede que para eso está. Ni lo pensamos hacer por unha sinxela razón, porque non chega a dotación económica para atender tódolas solicitudes. Procedemos á votación polo tanto do punto dous. Bases de subvencións para actividades culturais 2002. ¿Votos en contra?. O Grupo Socialista e o BNG. ¿Abstencións?. Non hai. ¿Votos a favor?. O Grupo Popular. Apróbase por maioría. De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Cultura, o Pleno acorda, por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSOE e do BNG, aproba-las Bases de subvencións para actividades culturais 2002, que son as seguintes: BASES DE SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES CULTURAIS ANO 2002 Establecendo o art.44 da Constitución Española que os poderes públicos promoverán e tutelarán o acceso á cultura, á que todos teñen dereito, esta Deputación establece as Bases reguladoras de concesión de axudas e subvencións públicas destinadas a fomentar este tipo de actos, segundo os principios de obxectividade, concorrencia, publicidade e transparencia, e que son do seguinte teor: PRIMEIRA.- Obxecto.- A Deputación Provincial de Pontevedra concederá axudas económicas para promover, fomentar e difundir aquelas actividades culturais que organicen as persoas xurídicas sen fin de lucro no seu ámbito territorial e, excepcionalmente fóra deste, cando teñan relevancia para os intereses provinciais, durante o exercicio actual, e que se financiarán con cargo á Partida 2002/451.451.489.05 do seu presuposto, co límite de 300.507,00 _, fixado nela, que poderá ser ampliado en función das dispoñibilidades. A concesión das subvencións estará suxeita á dispoñibilidade presupostaria. Entenderanse como tales os concursos literarios, periodísticos, actos folclóricos e musicais, intercambios culturais, seminarios, certames, conferencias, etc., desestimándose as que poidan referirse a obras, adquisición de materiais inventariables ou reparación de centros e locais. SEGUNDA.- Beneficiarios.- Poderán solicitar estas axudas as persoas que reúnan os seguintes requisitos: A).- Persoas xurídicas: 1) Fotocopia da tarxeta de identificación fiscal. 2) Certificado da conta bancaria ó seu nome. 3) Documento acreditativo da representación ou poder do representante para actuar no seu nome e representación. B).- Agrupacións de feito: 1) Xustificante do DNI do representante ou representantes. 2) Acta de constitución da agrupación asinada por tódolos membros e copias dos seus DNI, designando ó representante, e na que se responsabilicen solidariamente de emprega-las axudas na actividade solicitada e devolvelas no caso de ter que reintegralas, segundo o modelo. 3) Certificado de conta bancaria a nome da agrupación. TERCEIRA.- Solicitudes e documentación.- As solicitudes formalizaranse no modelo de instancia que se facilitará no Servicio de Cultura, Xuventude e Deportes e presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación ata o 29 de xuño de 2002, achegando ademais o seguinte: - Breve memoria explicativa da actividade e presuposto, asinados polo solicitante. - Tarxeta de identificación fiscal (CIF) e certificación da conta bancaria ó seu nome. - Achegarase, no seu caso, a documentación prevista na Base II. Sen embargo, tamén poderán ser atendidas peticións que non puideron presentarse antes do 29 de xuño por causas debidamente xustificadas. Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art.70 da Lei 30/92 de 26/11 de Procedemento Administrativo, requerirase ó interesado para que nun prazo de 10 días hábiles emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, con indicación de que, se non o fixera , terase por desistido, arquivándose sen máis trámites. CUARTA.- Valoración e concesión.- Para adxudica-las axudas teranse en conta os criterios de: interese xeral da actividade, número de persoas que participen ou disfruten dela, custo e porcentaxe solicitada, fomento e conservación dos valores culturais, artísticos, folclóricos, pictóricos, etc..., correspondéndolle informalas á Comisión de Cultura. Non obstante, o órgano competente poderá resolver aquelas solicitudes de caracter urxente e excepcional. Transcorridos seis meses sen que os interesados obteñan resposta expresa, entenderase desestimada a solicitude, podendo interpoñe-los recursos de reposición ou contencioso-administrativo segundo a forma prevista nas leis. O conxunto das axudas recibidas en ningún caso poderán supera-lo 100% do custo da actividade que vaia a desenvolve-lo beneficiario. QUINTA.- Xustificación e pagamento.- Os beneficiarios deberán xustifica-la realización da actividade con facturas, recibos e demais documentos fidedignos, que reúnan os requisitos legais, a efectos do IVE e de carácter xeral , no prazo de tres meses a partir da celebración da actividade, e en todo caso antes do 31 de marzo do 2003, quedando anulada a subvención unha vez transcorrido o prazo. En todo caso non se pagará máis có importe xustificado co límite da subvención concedida. O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor. Os gastos de aloxamento, gastronómicos e desprazamentos admitiranse soamente cando garden relación directa coa actividade e sexan necesarios para esta. Os gastos gastronómicos non superarán o 50% da subvención concedida, obrigándose os beneficiarios a explicalos detalladamente. SEXTA.- Devolución e reintegro.- As axudas concedidas deberán devolvelas ou reintegralas nos seguintes casos: a) Por obtelas falseando as condicións requiridas. b) Por non aplica-los fins para os que foi concedida. c) Por incumpri-lo beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases. ------ Folla: 3.4698.- BASES DE PREMIOS Á INVESTIGACIÓN 2002 Sr. Presidente.- Punto número tres. Bases de Premios de Investigación 2002. ¿Algunha intervención?. Sr. Fernández Portela. Sr. Fernández Portela.- Preséntanse as bases para Premios á Investigación 2002, e con premios de 3.000 euros para o traballo de ciencia e tecnoloxía, 3.000 euros para o traballo de humanidades, 6.000 euros para calquera tema libre referido á provincia de Pontevedra. 1.200 euros para teses de doutoramento e ciencias e tecnoloxía, outros 1.200 euros para teses de doutoramento en humanidades, 900 euros para proxectos de fin de carreira de tecnoloxía e 900 euros para teses de licenciatura tamén de fin de carreira. E logo para investigación xuvenil 1.500 euros para traballos sobre ciencias e tecnoloxía, e 1.500 euros para traballos de humanidades e ciencias sociais. Enténdense como investigadores xuvenís tódolos concursantes que na data da conclusión do prazo da convocatoria non superen a idade de 26 anos. E o prazo de presentación é ata o 31 de outubro de 2002. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Fernández Portela. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Votamos. Bases de Premios á Investigación 2002. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Unanimidade. De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Cultura, o Pleno acorda por unanimidade aproba-las Bases dos Premios á Investigación 2002, e que son as seguintes: CONVOCATORIA DE PREMIOS Á INVESTIGACION 2002 A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, dentro das súas múltiples actividades no ámbito da cultura, vén dando preferencia especial a quen se dedica a tarefas de investigación co fin de estimular e premiar traballos que, sen dúbida, redundarán no beneficio do progreso e benestar social. Consciente da importancia de todo isto, e seguindo a traxectoria emprendida dende fai anos, convoca os Premios á Investigación 2002, que se rexerán polas seguintes BASES PRIMEIRA.-A Convocatoria ten por obxeto concede-los seguintes premios: a) Un de 3.000 _ para traballos sobre Ciencias e Tecnoloxía. b) Un de 3.000 _ para traballos sobre Humanidades e Ciencias Sociais. c) Un de 6.000 _ para traballos de calquera especialidade e tema libre, referidos á provincia de Pontevedra. d) Un de 1.200 _ para Teses de doutoramento sobre Ciencias e Tecnoloxía e outro de 1.200 _ para Teses de doutoramento sobre Humanidades e Ciencias Sociais. e) Un de 900 _ para Proxectos de Fin de Carreira sobre Ciencias e Tecnoloxía e outro de 900 _ para Teses de licenciatura (tesinas) ou Proxectos de Fin de Carreira sobre Humanidades e Ciencias Sociais, todos eles defendidos no ano anterior en calquera dos Campus da Universidade de Vigo, ou noutras Universidades do Estado por licenciados desta Institución galega, acreditándose tal circunstancia coa correspondente certificación académica INVESTIGACIÓN XUVENIL a) Un de 1.500 _ para Traballos sobre Ciencias e Tecnoloxía. b) Un de 1.500 _ para Traballos sobre Humanidades e Ciencias Sociais. Enténdese como Investigador Xuvenil, todo concursante que na data da conclusión do prazo desta Convocatoria, non supere a idade de 26 anos. SEGUNDA.- Os traballos deberán ser de investigación, inéditos e redactados especificamente para a convocatoria en calquera dos idiomas oficiais vixentes na Comunidade galega. Realizaranse por triplicado e a máquina acompañados do currículum e méritos do autor ou autores, facendo constar expresamente que non é tese ou tesina, nin que foi presentado ou lido como tal. Un mesmo traballo non se poderá presentar a diversos epígrafes. Para garanti-la súa plena obxectividade, proporanse "baixo un lema", sen que conste a identificación do seu autor. As teses, tesinas e proxectos fin da carreira, presentaranse por duplicado e co seu título orixinal. TERCEIRA.- As instancias para tomar parte no concurso dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, e presentaranse no Rexistro Xeral deste organismo ata o 31 de outubro de 2002, especificando o Premio ó que se opta. CUARTA.- A selección e proposta da concesión de Premios encoméndase a un Xurado integrado polos seguintes membros: Presidente: O Titular da Excma. Deputación ou deputado en quen delegue. Vocais: O Presidente da Comisión de Cultura. Tres profesores nomeados pola Universidade de Vigo. Un representante da UNED. Un representante da Misión Biolóxica de Galicia. Un representante da Real Academia Galega de Ciencias. Tres persoas nomeadas pola Presidencia de recoñecido prestixio no eido da investigación. Secretario: O Titular da Corporación ou funcionario en quen delegue. O dito xurado non poderá constituirse nin actuar sen contar coa asistencia de máis da metade dos seus membros, resolvendo tódalas incidencias que se presenten, e sendo as súas decisións inapelables, podendo solicita-la axuda de asesores especialistas en cada materia. QUINTA.- O xurado calificará o concurso coa maior amplitude de criterios, valorando a orixinalidade, obxectivos que pretende, método seguido, resultado, conclusións e aplicación práctica e currículum do autor, dando prioridade ós temas relacionados coa provincia e con Galicia, eliminando aqueles traballos que non poidan catalogarse como de investigación específica e propoñendo o seu veredicto ó Pleno da Corporación. SEXTA.- Durante o prazo dun ano, a partires da emisión do fallo, a Deputación resérvase o dereito de publica-los traballos, transcorrido o cal, e coa autorización deste Organismo, poderá facelo o autor pola súa conta. A concesión do premio non implica a perda da propiedade intelectual. Aqueles que non foran galardoados poderán retira-los traballos no Servicio de Cultura desta Deputación no prazo de tres meses, contados desde a resolución do concurso, pasados os cales, quedará exenta a responsabilidade das devolucións non solicitadas. ------ Folla: 4.4699.- BASES DO CERTAME "NOVOS VALORES 2002" Sr. Presidente.- Punto número catro. Bases do Certame "Novos Valores 2002". ¿Algunha intervención?. Sr. Fernández Portela. Sr. Fernández Portela.- O certame de Novos Valores para o 2002 ten as seguintes bases: Poderán participar neste certame tódolos artistas, pintores, escultores, fotógrafos, ceramistas, deseñadores, gravadores, etc., naturais ou residentes na nosa Comunidade Autónoma. As obras presentaranse no Museo Provincial, Edificio Sarmiento, dende o 14 ata o 28 de maio, de martes a venres e de dez a trece horas da mañá. Adxudicaranse cinco axudas económicas por importe de 6.000 euros cada unha delas. Aquí houbo un lixeiro incremento con respecto ós anos anteriores que era de 600.000 pesetas e pasouse a 1.000.000 de pesetas. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Fernández Portela. ¿Algunha intervención?. Non hai. Votamos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Cultura,o Pleno acorda por unanimidade aproba-las Bases do Certame "Novos Valores 2002", e que son as seguintes: CERTAME "NOVOS VALORES" 2002 BASES PRIMEIRA.- Poderán participar neste Certame tódolos artistas (pintores, escultores, fotógrafos, ceramistas, deseñadores, gravadores, etc.) naturais ou residentes na Comunidade Autónoma de Galicia. Non se considerarán NOVOS VALORES aqueles que xa fosen premiados nalgunha das súas convocatorias. SEGUNDA.- As obras presentadas deberán ser orixinais, non admitíndose, polo tanto, as que xa participasen noutras exposicións, nin máis de dúas por cada especialidade, sen que poidan exceder dos 500 Kgs. de peso, nin de 2´00 mts. na súa máxima dimensión. TERCEIRA.- As obras presentaranse no Museo Provincial, Edificio "Sarmiento", persoalmente ou por calquera medio de transporte que garanta a entrega das mesmas, desde o 14 ata o 28 de maio, de martes a venres e entre as 10:00 e as 13:00 horas. Acompañarase, asemade, fotocopia do DNI e o boletín de inscrición debidamente cuberto, que será facilitado ó efecto, entregándose ó interesado xustificante do mesmo, que servirá logo para a retirada da obra. CUARTA.- A Deputación custodiará a obra recibida, se ben non se fará responsable dos sinistros de calquera clase que puidesen sobrevir durante o seu transporte, nin tampouco en caso de incendio, roubo ou calquera outro incidente que se poida producir durante o tempo da súa custodia, polo que se recomenda que tódolos envíos veñan cubertos co correspondente seguro. QUINTA.- Os gastos de envío e devolución das obras son de conta do concursante e non poderán ser retiradas antes dos prazos indicados na base sétima. SEXTA.- Seleccionadas as obras que constituirán a Mostra de Novos Valores, expoñeranse durante o mes de agosto. Os seus autores xestionarán os permisos necesarios para a súa reproducción no catálogo que se imprimirá como complemento desta exposición. SÉTIMA.- As obras non seleccionadas deberán ser retiradas polos seus autores dentro dos dez días seguintes ó da difusión pública dos acordos do Xurado Seleccionador. As seleccionadas, á súa vez, deberán ser recollidas, tamén polos seus autores, nos dez días seguintes ó último no que estivesen expostas. No caso contrario, entenderase que renuncian á súa propiedade, quedando a organización facultada para toma-las decisións que sobre elas estime oportunas. OITAVA.- O Xurado seleccionador será nomeado polo Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial e estará composto polos seguintes membros: Presidente: O titular da Corporación Provincial ou Deputado en quen delegue. Vocais: O Deputado - Presidente da Comisión de Cultura. Cinco persoas de recoñecido prestixio nos campos da Crítica ou das Artes. Secretario: O titular da Deputación ou funcionario en quen delegue. Este mesmo Xurado encargarase de face-la proposta de adxudicación de 5 axudas económicas, por importe de SEIS MIL (6.000 _) EUROS brutos cada unha, para ampliación de estudios artísticos en España ou no estranxeiro. NOVENA.- A presentación ó Certame supón que os participantes coñecen estas Bases e mostran absoluta conformidade con elas e coas decisións do Xurado, que queda facultado para interpretar calquera dúbida que se presente. DÉCIMA.- O boletín de inscrición e as Bases poderán ser solicitados no Servicio de Cultura da Excma. Deputación Provincial. UNDÉCIMA.- O disfrute da axuda será obxecto dun Convenio entre o adxudicatario e a Excma. Deputación Provincial no que se concretará o seu emprego, aboándose o 50% á entrega da memoria, coa xustificación do investimento realizado, e de dúas obras orixinais e asinadas. ------ Folla: 5.4700.- BASES DE SUBVENCIÓNS A AGRUPACIÓNS E CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL INVENTARIABLE E MELLORA DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS 2002 Sr. Presidente.- Punto número cinco. Bases de subvencións a agrupacións e clubs deportivos sen ánimo de lucro para adquisición de material inventariable e mellora de instalacións deportivas. Sr. Raposeiras Correa. Sr. Raposeiras Correa.- Trátase de aproba-las bases de mellora de instalacións e de compra de material inventariable para agrupacións e clubs deportivos da provincia de Pontevedra. O prazo de presentación de solicitudes remata o 29 de xuño de 2002 e o presuposto desta partida ascende aproximadamente a 25.000.000 de pesetas. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Raposeiras. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Votamos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbanse por unanimidade. De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, o Pleno acorda por unanimidade aproba-las Bases de subvencións a agrupacións e clubs deportivos sen ánimo de lucro para adquisición de material inventariable e mellora de instalacións deportivas 2002, que son do seguinte teor: BASES DE SUBVENCIÓNS A AGRUPACIÓNS E CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL INVENTARIABLE E MELLORA DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS Esta Deputación Provincial, consciente da importancia de fomenta-lo deporte en tódalas súas facetas e coñecedora das carencias tanto en material como en instalacións que teñen aqueles que desexan realiza-la súa práctica, establece axudas para paliar ese déficit que se rexerán polas seguintes: BASES PRIMEIRA.- Obxecto.- A Deputación Provincial de Pontevedra concederá axudas económicas para material deportivo inventariable e a mellora de instalacións deportivas ás agrupacións e clubs deportivos sen fin de lucro no seu ámbito territorial, durante o exercicio actual, que se financiarán con cargo á partida 02/451.452.789.00 do seu presuposto, co límite de cento corenta e sete mil douscentos corenta e nove euros (147.249 _) fixado naquelas, que poderá ser ampliado en función das dispoñibilidades. A concesión das subvencións estará suxeita á dispoñibilidade presupostaria. SEGUNDA.- Beneficiarios.- Poderán solicitar estas axudas tódalas Agrupacións e Clubs deportivos legalmente constituídos. TERCEIRA.- Solicitudes e documentación.- As solicitudes formalizaranse no modelo de instancia que se facilitará no Servicio de Cultura, Xuventude e Deportes e presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación ata o 29 de xuño do 2002 e achegándolle ademais os documentos seguintes: 1. Breve memoria explicativa da necesidade do material ou instalacións. 2. Presuposto detallado asinado polo solicitante. 3. Tarxeta de identificación fiscal. 4. Certificado da conta bancaria ó seu nome. Sen embargo, tamén poderán atenderse as peticións que non puideron presentarse antes do 29 de xuño, por causas debidamente xustificadas. Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no artigo 70 da Lei 30/92, de 26 de novembro, do Procedemento Administrativo, requirirase ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles emende as faltas ou achegue os documentos preceptivos, indicando que se non o fixera se terá por desistido, arquivándose sen máis trámites. CUARTA.- Valoración e concesión.- Para adxudica-las axudas teranse en conta os criterios de: interese xeral das actividades a que se destinen os materiais e melloras, o número de persoas que participen ou utilicen as instalacións, fomento e conservación do deporte, etc., correspondéndolle informalas á Comisión de Xuventude e Deportes. Non obstante, o órgano competente poderá resolver aquelas solicitudes de carácter urxente e excepcional. Transcorridos seis meses sen que os interesados tivesen resposta expresa entenderase desestimada a solicitude, podendo interpoñe-los recursos de reposición ou contencioso-administrativo segundo a forma prevista nas leis. O conxunto das axudas recibidas en ningún caso poderá supera-lo 100% do custo real da adquisición ou mellora. QUINTA.- Xustificación e pagamento.- Os beneficiarios deberán xustifica-lo investimento con facturas, recibos e demais documentos fidedignos, que reúnan os requisitos legais, a efectos do IVE e de carácter xeral, no prazo de tres meses e en todo caso antes do 31 de marzo de 2003, quedando anulada a subvención unha vez transcorrido dito prazo. En calquera caso non se pagará máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida. O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor. SEXTA.- Devolución e reintegro.- As axudas concedidas deberán devolverse ou reintegrarse nos seguintes casos: a.- Por obtelas falseando as condicións requiridas. b.- Por non aplica-los fins para os que foi concedida. c.- Por incumpri-lo beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases. ------ Folla: 6.4701.- BASES DE AXUDAS A ASOCIACIÓNS DE SERVICIOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS 2002 Sr. Presidente.- Punto número seis. Bases de axudas a asociacións de servicios sociais especializados 2002. ¿Algunha intervención?. Procedemos á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbanse por unanimidade. De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Promoción do Emprego e Acción Social, o Pleno acorda por unanimidade aproba-las Bases para asociacións de servicios sociais especializados 2002, que son do seguinte teor: BASES REGULADORAS DE SUBVENCIÓNS PARA FINANCIAR ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS POR ASOCIACIÓNS SEN FINS DE LUCRO NO ÁMBITO DOS SERVICIOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS , ANO 2002. A Excma. Deputación de Pontevedra, consciente dos problemas de tipo socioeducativo e formativo da poboación en xeral e especialmente daquela máis desfavorecida, convoca para o ano 2002 axudas destinadas a subvencionar actividades promovidas por Asociacións sen fins de lucro no ámbito dos Servicios Sociais Especializados (Lei 4/1993 de 14 de abril) de acordo coas seguintes BASES PRIMEIRA.- Presuposto.- A cantidade consignada para este fin na Partida 02/313.313.480.02 do Presuposto ordinario da Deputación Provincial ascende a 156.264,00 Euros. SEGUNDA.- Actividades a subvencionar.- Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes soamente poderán ser financiadas as actividades que se desenvolvan no ano 2002 e que estean promovidas por Asociacións sen fins de lucro enmarcadas no ámbito dos servicios sociais especializados e que estean comprendidas nalgún dos apartados seguintes: a) De carácter socioeducativo e formativo. b) De creación de emprego (cooperativas ou outras formas de integración no mercado laboral). c) Estudios de investigación sobre temas específicos que estean relacionados coas áreas establecidas na Lei Galega de Servicios Sociais Quedan excluídas aquelas Asociacións que teñan fins específicos que non figuren recollidos na Lei Galega de Servicios Sociais (Lei 4/1993 de 14 de abril) dentro da área de servicios socias especializados, así como tamén aquelas solicitudes que estean dirixidas ó pago dos locais para oficinas, mantemento e/ou o equipamento das mesmas que sexan a sede habitual da Asociación ou ó desenvolvemento da actividade xeral da Asociación ó longo do ano e non dun proxecto concreto. TERCEIRA.- Condicións e criterios.- As condicións e criterios para a concesión das subvencións serán os seguintes: a) As Asociacións deberán desenvolve-la súa actividade na provincia de Pontevedra, estar debidamente legalizadas e figurar inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta. b) Os proxectos que se presenten correspondentes ó apartado da Base 2ª terán como fin o desenvolvemento de actividades socioeducativas ou formativas, tanto a nivel de prevención en xeral como de asistencia ou integración dos colectivos que formen as Asociacións ou daquelas persoas que estean incluídas nos Programas de Apoio dos Servicios Sociais de Atención Primaria ou de Saúde. c) No caso de tratarse de estudios de investigación, unha copia quedará nos arquivos da Deputación, podendo ser utilizados os datos recollidos no mesmo. d) Cando a actividade consista na celebración de cursos, os conferenciantes ou monitores que pertenzan á xunta directiva da propia Asociación non poderán percibir ningunha cantidade con cargo á subvención que se outorga. e) O importe das subvencións fixarase en función dos seguintes criterios: duración das actividades, fin desta de acordo cos obxectivos da convocatoria, actividades de perfeccionamento que supoñan ter realizada unha actividade previa de iniciación, relación entre o tipo de actividade e a demanda no mercado de traballo, innovación do proxecto, elementos innovadores, presentación dun proxecto común por parte de varias Asociacións, utilización dos recursos públicos da comunidade. f) Só se subvencionarán aqueles cursos que teñan unha duración superior a 30 horas e non teñan como fin actividades de desenvolmento persoal. g) En toda publicidade que se elabore deberase facer consta-la colaboración da Deputación, Área de Acción Social. h) Nos casos de posta en marcha de fórmulas de emprego teranse en conta os seguintes criterios: número de traballadores contratados, grao de dificultade na súa inserción laboral e demanda do recurso. CUARTA.- Concesión.- As solicitudes serán informadas pola Comisión de Promoción de Emprego e Acción Social, resolvendo as mesmas o órgano competente. QUINTA.- Documentación.- As solicitudes, en modelo oficial adxunto, presentaranse no Rexistro da Deputación Provincial debidamente cumprimentadas e acompañadas dos seguintes documentos: a) Proxecto da actividade a desenvolver segundo modelo adxunto. b) Se a peticionaria é unha Asociación: 1.- Fotocopia do DNI do/a representante legal da mesma, acreditación do seu cargo a través dunha certificación do/a secretario/a da Entidade ou fotocopia compulsada da acta onde se recolla a composición do órgano de dirección. 2.- CIF da Asociación. 3.- Certificado onde se faga constar que a Asociación está debidamente legalizada e está inscrita no Rexistro de Asociacións da Xunta. c) Se a solicitude é presentada por máis dunha Asociación ou federación de Asociacións: certificación asinada pola/o representante legal de cada unha das Asociacións que a forman, concretando o nome das mesmas e o CIF correspondente, así como que se atopan debidamente legalizadas e figuran inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta. d) As Asociacións que presenten axudas para o apartado b) da Base 2ª deberán presentar memoria explicativa de viabilidade técnica, económica e financeira do Proxecto empresarial feito polo/a Técnico/a Local de Emprego Municipal. No caso de non conta-lo Concello con dito/a técnico/a a Deputación poñerá á súa disposición os seus. De non cumprirse ditos requisitos, poderán subsanarse segundo o disposto no artigo 71 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Procedemento Administrativo. SEXTA.- Prazos.- O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partires do día seguinte ó da súa publicación no BOP. SÉTIMA.- Contía.- As subvencións concederanse nas seguintes contías: Para proxectos de carácter preventivo ata un máximo de 1.804,00 euros. Para proxectos de carácter formativo conducentes á integración social e/ou laboral dos colectivos afectados, ata 3.907,00 euros. Excepcionalmente, poderán atenderse actividades de carácter asistencial, ata 601,00 euros, sempre e cando estas sexan complementarias para o desenvolvemento do proxecto de formación. A posta en marcha de proxectos que inclúan algunha fórmula de emprego no ano 2002 poderá ser subvencionada con axudas de ata 7.213,00 euros e terán como finalidade a adquisición de material específico non inventariable para o desenvolvemento práctico da actividade empresarial, a formación que posibilite a autoxestión da fórmula empregada e os gastos do persoal alleo (non superiores ó SMI do ano 2002/ persoa). A organización de xornadas e congresos poderán ser subvencionadas ata un máximo de 2.405,00 euros. En ningún caso a contía do conxunto de axudas recibidas por tódolos conceptos poderá supera-lo custo total da actividade. OITAVA.- Pagamento das subvencións.- As Asociacións ás que se lle conceda unha subvención quedan obrigadas a xustifica-la actividade nos tres meses seguintes á súa realización, en todo caso por motivos xustificados antes do 15 de decembro de 2002, salvo situacións excepcionais de prórroga, tendo que presenta-los seguintes documentos: 1.- Facturas, recibos ou certificados orixinais ou compulsados xustificativos do gasto da actividade. No caso de certificacións, deberán conserva-los xustificantes a disposición desta Deputación para a súa comprobación. 2.- Memoria da actividade ou estudio realizado debidamente asinado. 3.- Relación de axudas públicas e/ou privadas solicitadas, concedidas ou pendentes de resolución para o desenvolvemento do proxecto que se presenta, facendo consta-lo custo total da actividade realizada. NOVENA.- Reintegro das subvencións.- No caso de non cumpri-lo obxectivo previsto, ou modifica-la finalidade para a que foi concedida a subvención, sen ter recibido autorización expresa para iso, ou incumprir algunha das Bases fixadas na presente convocatoria, a Asociación deberá reintegra-la cantidade percibida á Deputación. ------ Folla: 7.4702.- BASES DE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL 2002 Sr. Presidente.- Punto número sete. Bases de axudas de emerxencia social 2002. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Votamos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbanse por unanimidade. De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Promoción do Emprego e Acción Social, o Pleno acorda por unanimidade aproba-las Bases de axudas de emerxencia social 2002, que son do seguinte teor: BASES PARA AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL CON DESTINO A FAMILIAS CON PROBLEMÁTICA SOCIO - ECONÓMICA PARA O ACONDICIONAMENTO DE VIVENDAS. ANO 2002. A Deputación de Pontevedra, preocupada polos graves problemas sociais que se dan na nosa sociedade, quere contribuir un ano máis á resolución dos mesmos convocando con este fin axudas de Emerxencia Social para o acondicionamento de vivendas, arbitrando unha fórmula de colaboración entre a Deputación e os Concellos da Provincia que permita apoiar ás familias afectadas por este problema. Dita fórmula pretende acadar basicamente tres obxectivos: 1. Detecta-las necesidades en materia de vivenda a nivel da provincia. 2. Unificar criterios á hora de valora-las solicitudes. 3. Sumar esforzos a fin de incrementa-las axudas. BASES DA CONVOCATORIA PRIMEIRA.- Presuposto.- A cantidade consignada para este fin na Partida 02/313.313.780.01 do presuposto ordinario da Deputación Provincial do presente ano ascende a 288.486,00 euros. SEGUNDA.- Destinatarios.- Os Concellos da Provincia que acorden asumi-las Bases da presente Convocatoria. Para os Concellos que teñan menos de 20.000 habitantes, destinaranse inicialmente 210.354,00 euros e para os que teñan de 20.000 en diante 78.132,00 euros. No suposto de existir sobrantes nalgún deles este poderá ser utilizado polos Concellos que o precisen con independencia do seu número de habitantes. TERCEIRA.- Requisitos.- A) Dos Concellos Os Concellos interesados en beneficiarse das axudas desta Convocatoria deberán aportar unha cantidade equivalente á porcentaxe establecida sobre a aportación inicial máxima da Deputación, segundo os seguintes criterios: Concellos/Nº Habitantes Aporta. inicial máxima Deputación Aportación Concello De menos de 5.000 3.895,00 euros 30%=1.168,50 euros De 5.001 a 10.000 3.895,00 euros 40%=1.558,00 euros De 10.001 a 20.000 3.895,00 euros 50%=1.947,50 euros De 20.001 a 50.000 9.766,00 euros 70%=6.836,20 euros De máis de 50.000 9.766,00 euros 100%=9.766,00 euros As solicitudes resolveranse a partir da aportación inicial máxima fixada pola Deputación e, no caso de non esgotarse o presuposto total da convocatoria, o sobrante distribuirase entre os Concellos que quixeran facer unha maior aportación (sempre será a porcentaxe establecida anteriormente sobre a aportación que faga a Deputación) e así o fixeran constar no acordo remitido á Deputación, seleccionándose aquelas solicitudes que obtiveran unha maior puntuación segundo baremo Anexo 2. B) Dos beneficiarios das axudas Poderán ser beneficiarios das axudas aquelas familias que estean empadroadas ou teñan residencia efectiva en calquera dos Concellos da Provincia e que reúnan os seguintes requisitos: a) Que a vivenda para a que se solicita a axuda sexa propiedade do solicitante e do seu cónxuxe ou parella, dos pais dos mesmos cando formen unha unidade de convivencia, ou cando exista un contrato de usufructo en favor dos solicitantes. b) Que a vivenda non reúna condicións de habitabilidade, atendendo dende este criterio aquelas solicitudes orientadas á instalación de luz eléctrica, auga, servicios hixiénicos, fosa séptica, melloras de cubertas e outras reformas interiores. c) Non ter dereito a outras axudas oficiais establecidas para o mesmo fin, salvo que se acorde establecela como complementaria en casos excepcionais. d) Que os seus ingresos se axusten ó baremo recollido nestas bases no apartado C). e) Quedan excluídas aquelas solicitudes dirixidas ó pagamento de créditos bancarios hipotecarios da vivenda obxecto da axuda C) Dos Ingresos da Unidade Familiar Para poder optar ás axudas é requisito indispensable que os ingresos económicos da unidade familiar se axusten ó seguinte baremo, tendo en conta os seus ingresos por tódolos conceptos durante o ano 2001. No caso de que a súa situación se encontre incluída no mesmo haberá que segui-las indicacións dos apartados I/ (ingresos da Unidade Familiar) e II (ingresos da unidade de convivencia) do Anexo 2 para avalia-la situación económica posteriormente. Se supera este baremo non terá dereito a axuda: Nº de membros da familia Ingresos netos anuais Ingresos netos medios mensuais Familias de 1 membro ata 6.068,30 505,69 euros/mes Familias de 2 membros ata 6.909,72 575,81 euros/mes Familias de 3 membros ata 7.751,13 645,93 euros/mes Familias de 4 membros ata 8.592,55 716,05 euros/mes Familias de 5 membros ata 9.433,97 786,16 euros/mes Familias de 6 membros ata 10.275,38 856,28 euros/mes Familias de 7 membros ata 11.116,80 926,40 euros/mes Familias de 8 membros ata 11.958,22 996,52 euros/mes Familias de 9 membros ata 12.799,63 1.066,64 euros/mes Considérase unidade familiar a formada polo pai, nai, titor ou persoa encargada da garda e protección dos fillos solteiros do solicitante menores de 26 anos que convivisen no domicilio familiar ata a data da publicación da presente convocatoria. Considérase unidade convivencia a formada por tódolos membros, incluída a unidade familiar, que conviven no mesmo domicilio. A efectos de valoración teranse en conta os ingresos de calquera procedencia: salarios, pensións contributivas e non contributivas, prestacións, rendas, rendementos por actividades profesionais, industriais, agrarias, deportivas e artísticas, tanto de carácter fixo como eventual e outras. D) Valoración das solicitudes Tendo en conta que as axudas están destinadas a familias con grave problemática socioeconómica, as situacións que se valorarán serán as seguintes: número de membros que compoñen a unidade familiar e características dos mesmos, ingresos da unidade familar, ingresos da unidade de convivencia, características da vivenda e problemática social, puntuándose estes datos segundo baremo establecido que se fará chegar ós Traballadores Sociais dos Servicios Sociais de Atención Primaria No caso de que o número das solicitudes que reúnan os requisitos esixidos supere o importe destinado ás mesmas, darase prioridade ás daquelas familias que obteñan unha maior puntuación no baremo establecido ó efecto. CUARTA.- Contía das axudas.- A contía máxima das axudas, segundo o tipo de obra e o fin a que van destinadas, establécense de acordo cos seguintes criterios: - Para instalación de fosa séptica, ata un máximo de 1.202,00 euros. - Para reforma de/ou instalación eléctrica, ata un máximo de 902,00 euros. - Para instalación cuarto de aseo, ata un máximo de 2.405,00 euros. - Para melloras de cuberta, ata un máximo de 3.895,00 euros. - Outras reformas interiores, ata un máximo de 3.000,00 euros. A cantidade que recibirá o solicitante será a suma da axuda da Deputación maila que lle corresponde o Concello (% determinado sobre a axuda da Deputación). QUINTA.- Tramitación de expedientes e prazos.- A) Os Concellos interesados en participar nesta Convocatoria terán que remitir á Deputación ata o 31 de maio inclusive, os seguintes documentos: a)Certificación do acordo do Pleno, Comisión de Goberno ou Decreto da Alcaldía facendo constar expresamente: 1.- A súa adhesión ás presentes Bases, especificando a cantidade que está disposto a aportar (a sinalada na Base 3ª apartado A ou por encima dela, concretando a mesma), cantidade que sempre será a porcentaxe establecida no mesmo apartado sobre a da Deputación. 2.- Proposta de resolución de axudas. b) Proxecto segundo Anexo 1. A certificación do acordo remitida polos Concellos á Deputación deberá ir acompañada exclusivamente dos seguintes documentos: 1.- Fotocopia da solicitude. 2.- Estadillo completo das solicitudes segundo o modelo do Anexo 4, no que deberán quedar recollidas por orde de prioridade en canto á puntuación obtida. 3.- Informe social individual, Anexo 3, emitido pola Traballadora Social de Atención Primaria, no que se faga constar con amplitude no apartado da proposta os motivos que xustifican a concesión da axuda. B) As solicitudes das familias presentaranse no Rexistro dos Concellos correspondentes que se adhiran ás Bases da presente convocatoria no prazo sinalado por cada un deles e acompañadas dos documentos que cada Concello estime necesarios para cumprimenta-lo expediente. SEXTA.- Pagamento.- Unha vez resoltas as propostas presentadas á Deputación polos Concellos, éstes xustificarán a obra cos seguintes documentos: a) Facturas orixinais ou fotocopias compulsadas detallando material, prezo unitario, traballos por administración (man de obra). b) Informe do Técnico municipal correspondente. c) Declaración de percibir ou non outras axudas para o mesmo fin. Con carácter excepcional e por resolución motivada, poderá autorizarse un anticipo ata o 50% nos casos que teñan que efectuarse pagos inmediatos. O pagamento efectuarase por transferencia ó Concello. SÉTIMA.- Reintegro.- Nos casos de incumprimento da obriga de xustificar, incumprimento da finalidade para o que foi concedida e cando o importe da subvención supere o custo da inversión afectando ó exceso, non procederá o pago da axuda e si o reintegro total ou parcial. Os catro Anexos ós que se fai referencia nestas Bases remitiranse ós Servicios Sociais de tódolos Concellos. ------ Folla: 8.4703.- BASES DE AXUDAS LIBROS DE TEXTO CURSO 2002-03 Sr. Presidente.- Punto número oito. Bases de axudas de libros de texto curso 2002-2003. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Votamos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbanse por unanimidade. De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Promoción do Emprego e Acción Social, o Pleno acorda por unanimidade aproba-las Bases de axudas para libros de texto curso 2002/2003, que son do seguinte teor: BASES DAS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, CURSO 2002-2003, CON DESTINO A FAMILIAS CON PROBLEMÁTICA SOCIO - ECONÓMICA A Deputación de Pontevedra, co obxecto de apoiar ás familias que se atopan nunha situación carencial a nivel socioeconómico, convoca axudas para a adquisición de Libros de Texto, curso 2002-2003, colaborando cos Concellos da Provincia. BASES DA CONVOCATORIA PRIMEIRA.- Presuposto.- A cantidade consignada para este fin na Partida 02/313.313.462.05 do Presuposto Ordinario da Deputación Provincial do presente ano ascende a 96.162,00 euros. SEGUNDA.- Destinatarios.- Os Concellos da Provincia que acorden adherirse ás Bases da presente Convocatoria. TERCEIRA.- Requisitos.- A) Dos Concellos Os Concellos interesados deberán participar cunha cantidade equivalente á porcentaxe establecida sobre a aportación inicial máxima da Deputación, segundo os seguintes criterios: Concellos/Nº Habitantes Aportación máxima Aportación Concello % inicial Deputación (Euros) De menos de 5.000 1.255 euros 30% = 376,50 euros De 5.001 a 10.000 1.405 euros 40% = 562,00 euros De 10.001 a 20.000 1.555 euros 50% = 777,50 euros De 20.001 a 50.000 2.455 euros 70% = 1.718,50 euros De máis de 50.001 3.055 euros 100% = 3.055,00 euros Resolveranse as solicitudes tendo en conta a aportación inicial máxima fixada pola Deputación, e no caso de que non se agotase o presuposto total da convocatoria, o sobrante distribuirase entre os Concellos que quixeran facer unha maior aportación (sempre segundo a porcentaxe establecida anteriormente segundo o número de habitantes do Concello sobre a aportación que faga a Deputación) e así o fixeran constar no acordo correspondente, seleccionándose aquelas solicitudes que obtiveran unha maior puntuación segundo baremo Anexo 2. A contía das axudas que se aproben nos Concellos serán a suma de ámbalas dúas aportacións. B) Dos beneficiarios das axudas Poderán ser beneficiarias das axudas aquelas familias que estean empadroadas ou teñan residencia efectiva en calquera dos concellos da Provincia e teñan fillos que realicen algún dos seguintes estudios: - Educación Infantil: Nivel A - Ensinanza Primaria: Nivel B - ESO: Nivel C C) Dos Ingresos da Unidade Familiar Para poder optar ás axudas é requisito indispensable que os ingresos económicos da unidade familiar se axusten ó seguinte baremo tendo en conta os ingresos da unidade familiar no ano 2001 seguindo as indicacións do apartado I/, punto 2, do anexo 2 para avaliala e desestimándose as que o superen: Nº de membros da familia Ingresos netos anuais Ingresos netos medios mensuais Familias de 2 membros ata 6.068,30 505,69 euros/mes Familias de 3 membros ata 6.909,72 575,81 euros/mes Familias de 4 membros ata 7.751,13 645,93 euros/mes Familias de 5 membros ata 8.592,55 716,05 euros/mes Familias de 6 membros ata 9.433,97 786,16 euros/mes Familias de 7 membros ata 10.275,38 856,28 euros/mes Familias de 8 membros ata 11.116,80 926,40 euros/mes Familias de 9 membros ata 11.958,22 996,52 euros/mes Considérase unidade familiar a formada polo pai, nai, titor ou persoa encargada da garda e protección do menor e os fillos solteiros do solicitante menores de 26 anos que convivisen no domicilio familiar ata a data da publicación da presente convocatoria, e por ingresos netos da unidade familiar os ingresos globais da unidade familiar descontando o aluguer da vivenda ou amortización da mesma, sen que estes superen 241 euros mensuais e os gastos fixos de calquera membro da mesma en razón de enfermidade ou problemática social con repercusións económicas que se deberán de xustificar e que serán estudiadas en cada caso concreto. A efectos de valoración teranse en conta os ingresos de calquera procedencia: salarios, pensións contributivas e non contributivas, prestacións, rendas, rendementos por actividades profesionais, industriais, agrarias, deportivas e artísticas, tanto de carácter fixo como eventual e outras. D) Valoración das solicitudes Tendo en conta que as axudas están destinadas a familias con grave problemática socioeconómica, valorarase o seguinte: ingresos da unidade familar, ingresos da unidade de convivencia, número de fillos en idade escolar e a problemática social, puntuándose cada unha delas segundo baremo que figura no Anexo 2. CUARTA.- Contía das axudas.- En función do nivel de estudios a contía das axudas será a seguinte: Nivel A: Educación Infantil .......................... 52 Euros Nivel B: Ensinanza Primaria ......................... 76 Euros Nivel C: ESO.................................................. 112 Euros QUINTA.- Tramitación de expedientes e prazos.- A) Os Concellos interesados en participar nesta convocatoria remitirán á Deputación ata o 31 de maio inclusive, os seguintes documentos: a) Certificación do acordo do Pleno, Comisión de Goberno ou Decreto da Alcaldía, no que se faga constar expresamente: 1.- A súa adhesión ás presentes bases especificando a cantidade que está disposto a aportar (a sinalada na base 3ª, apartado A ou por encima dela concretando a mesma) cantidade que sempre será a porcentaxe establecida no mesmo sobre a que aporte a Deputación. 2.- Proposta de resolución de axudas. 3.- Compromiso de exposición pública da proposta do Concello. b) Proxecto segundo Anexo 1. A certificación do acordo remitida polo Concello á Deputación deberá ir acompañada exclusivamente dos seguintes documentos: 1.- Fotocopia da solicitude. 2.- Estadillo completo das solicitudes, segundo modelo Anexo 4, na que deberán quedar reflexadas por orde de prioridade en canto á puntuación obtida. 3.-Informe social individual (Anexo 3) emitido pola Traballadora Social dos Servicios Sociais de Atención Primaria, no que faga constar con amplitude no apartado da proposta os motivos que xustifican a concesión da axuda. 4.- Recibos relativos ó aluguer da vivenda ou de pago de créditos hipotecarios. Compromiso de exposición pública. Ó mesmo tempo do envío da certificación do acordo á Deputación, o Concello procederá a : 1.- A expoñer públicamente as axudas concedidas nas que se recollerán os seguintes datos: nome do solicitante, DNI, nome dos nenos ós que se lle aproba a axuda, estudios que realizan e puntuación global obtida. 2.- A abrir un prazo de 10 días para reclamacións, e no caso de que houbera algunha, deberá ser remitida á Deputación para o seu estudio e resolución. De aceptarse, o Concello afectado deberá facer fronte ó pagamento da mesma. B) As solicitudes das familias presentaranse no Rexistro dos Concellos correspondentes que se adhiran ás bases da presente convocatoria, no prazo fixado por cada un deles e acompañadas dos documentos que cada Concello estime necesarios para cumprimenta-lo expediente. SEXTA.- Pagamento.- Unha vez resoltas as propostas presentadas á Deputación polos Concellos e que os seus Secretarios certifiquen que as axudas, especificando o importe invertido polos mesmos, lle foron concedidas ós rapaces nas condicións que figuran nos expedientes remitidos á Deputación e que todos teñen adquirido o material escolar, a Deputación procederá a transferir a aqueles a cantidade aprobada. Os catro Anexos ós que se fai referencia nestas Bases remitiranse ós Servicios Sociais de Atención Primaria de tódolos Concellos. ------ Folla: 9.4704.- BASES DE AXUDAS PARA ASOCIACIÓNS DE MULLERES SEN FINS DE LUCRO 2002 Sr. Presidente.- Punto número nove. Bases de axudas para asociacións de mulleres sen fins de lucro 2002. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Votamos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbanse por unanimidade. De conformida
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota