Fondos
2002-03-22_Ordinaria. Acta de sesión 2002/03/22_Ordinaria
Acta de sesión 2002/03/22_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.363/2.2002-03-22_Ordinaria
Título Acta de sesión 2002/03/22_Ordinaria
Data(s) 2002-03-22 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 22 de marzo de 2002 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vintedous de marzo do ano dous mil dous, baixo a Presidencia do Sr. Vicepresidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Ramón Alonso Fernández, D. Xosé Antonio Araujo Quintas, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Jesús María Fernández Portela, D. Alberto García García, D. Emilio González Iglesias, D. Angel Gregores Méndez, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Telmo Martín González, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. Juan Luis Pedrosa Fernández, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Manuel Rivera Domínguez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Henrique Viéitez Alonso, D. Manuel Ramón Vilar Márquez e D. José Villar Pereira, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Comezamos a sesión ordinaria do Pleno do día de hoxe. 1.4721.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 22 de febreiro do ano 2002. ¿Apróbase?. Aprobada a acta por unanimidade. Apróbase por unanimidade o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 22 de febreiro de 2002. ------ Folla: 2.4722.- MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS DO CONSORCIO PARA PRESTACIÓN DE SERVICIOS CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DO DEZA E TABEIRÓS - TERRA DE MONTES Sr. Presidente.- Punto número 2. Modificación dos Estatutos do Consorcio para a prestación de servicios contra incendios e salvamento das Comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes. A Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e os Concellos que forman parte deste Consorcio chegaron a un acordo para a modificación dos Estatutos que conforman este Consorcio. A modificación máis importante refírese ó apartado do financiamento que a partir de agora vai asumi-lo 50% do financiamento do funcionamento a Xunta de Galicia e o outro 50% a Deputación. E ó mesmo tempo tamén se varía a representación neste órgano que quedará composta da seguinte maneira: dous representantes da Xunta de Galicia, dous representantes da Deputación e un representante dos nove Concellos que conforman este Consorcio. Tamén ó mesmo tempo créase o órgano do Consello Consultivo que o forman tódolos Alcaldes deste Consorcio. En principio estas son as cuestións máis importantes que modifican os Estatutos do Consorcio das Comarcas Deza, Tabeirós e Terra de Montes. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Hola, moi bos días, moitas gracias. Cando veu por primeira vez aquí o asunto da creación deste Consorcio, advertíramos de que estaban facendo as cousas mal por varios motivos; un deles porque habería que facer unha planificación do servicio de prevención de incendios e salvamento en toda Galicia, en toda a provincia neste caso, contando co que xa había, cos parques que había e mirando as potencialidades que tiñan e en función deso ir facendo unha previsión de novos Parques e non ó revés, non empezando a facer en cada zona un Parque e despois xa veremos que pasa con eles. E estaban facendo as cousas mal porque no mesmo preámbulo do convenio da modificación o di clarisimamente e o recollen vostedes. Aquí hai uns Concellos que teñen a obriga de ter este servicio, que son os de máis de 20.000 habitantes, e hai uns Concellos que non teñen a obriga e polo tanto á hora de financiar os Parques a situación é totalmente distinta. Recordemos que os Concellos de máis de 20.000 habitantes, ou de máis de 50.000, ou de máis de 5.000, segundo a categoría, teñen máis competencias e tamén teñen máis financiamento para asumir esas competencias. Naquel momento non fixeron ningún caso. Evidentemente xa viña cociñado, e lle puxeron a obriga a tódolos Concellos, os de máis de 20.000, ou sexa, Estrada e Lalín, e ós de menos de 20.000, de aportar e de financiar. Non funcionou, claro, non funcionou e agora volven a facelo mal. Porque agora non paga ningún. Non parece razonable porque é estar primando ós que non cumpriron coas súas obrigas. Se un deses Concellos que ten máis de 20.000 habitantes tivera cumprido coas súas obrigas e feito un Parque, seguro que agora non lle pagaban como está pasando cos que xa o teñen. Pero estes que non cumpriron, e é razonable que non cumpriran, resulta que primeiro os meteron no mesmo saco que ós que non tiñan a obriga, os de menos de 20.000 habitantes, e agora os meten tamén polo outro lado. Dixemos tamén naquel momento que estaban facendo as cousas mal porque estaban creando uns agravios comparativos tremendos entre os Concellos que teñen Parque, que cumpriron coa súa obriga no seu momento, sexa máis grande ou sexa máis pequena, e os que non cumpriron. Os que cumpriron na provincia de Pontevedra son Pontevedra e Vigo e Cangas incipientemente, ten unha cousa moi pequena pero si ten algo. Os demais, que eu sepa, non cumpriron. Entón en vez de partir deses e mirar como se podía atender toda a provincia, están primando certas zonas que non cumpriron. Naquel momento houbo a promesa formal neste Pleno de que se ía acometer a solución ós Parques históricos, nomeadamente Pontevedra e Vigo, e que se ía, coa premura habitual nesta casa, a acomete-la solución. Non estabamos nós no goberno en Pontevedra nin en Vigo, pero díxose que se ía acometer. E tan rápido se acometeu que, polo menos no caso de Pontevedra, as primeiras negociacións e solicitudes veñen, se non recordo mal, máis ou menos do ano 93 ou 92. Van alá dez anos e non fixeron absolutamente nada, senón todo o contrario, están dando largas e demais. Non sabemos que facer con esto, porque se realmente houbera un compromiso claro coa súa dotación orzamentaria correcta de acomete-la solución a tódolos Parques de toda a provincia, pois bueno, ten o defecto esto de que uns de máis de 20.000 vamos a pagar e outros de menos de 20.000 non van a pagar, pero sería un paso adiante. Tal como o plantexan supoño que nos darán unhas boas palabras con respecto ó futuro dos que estamos soportando. O Parque de Bombeiros de Pontevedra, que presta servicios en tódolos sitios onde o chaman, está costando cada ano, sen contar ningún gasto de instalacións e amortización, ó redor duns 125.000.000 de pesetas, e o de Vigo está costando cada ano, tamén sen contar gastos de amortización, uns 770 millóns de pesetas. Estamos falando de moitos cartos. Non é que aspiremos a que esa competencia se transfira á Xunta ou á Deputación porque está lexislativamente así, pero si que se compartan eses gastos e creo que se prestaría bastante mellor o servicio. Esta modificación recolle en parte o que dixéramos no seu momento. A teoría que houbo para facer ese consorcio por parte da Xunta e desta Deputación foi implicar a tódolos Concellos, tiveran obriga ou non. Esta fórmula fracasou, estaba advertido de que ía fracasar porque non tiñan competencias e polo tanto non tiñan financiamento para facelo. Fan unha modificación, que creo que resolve mal pero algo resolve. O problema de fondo é facer un plano de toda a provincia é fundamentalmente resolver, cando chamamos resolver non é resolverlle un problema ós Concellos de Pontevedra e Vigo ou Cangas parcialmente, senón que é aproveita-los recursos que hai, que son moi caros, como acabo de dicir, e colaborar no financiamento destes Parques. Mentres ese asunto se resolva, calquera cuestión destes Estatutos nun sitio ou noutro me parece que é un parche que ó final pode servir para dificulta-las cousas máis que para avanzar en facelas seriamente. Nada máis por agora. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr.González Iglesias.- Si. Buenos días. Vamos a ver. Creo que temos que repetir intervencións pasadas, no sentido de que tal como se plantexaba antes este tema era un agravio comparativo para diferentes Concellos e cidadáns da provincia. De tódolos xeitos antes de nada eu creo que hai que felicitar ós Concellos que estaban nestes Parques e que en teoría tiñan que paga-lo 20%, que por certo é unha situación curiosa, é dicir, tiñan que paga-lo 20% do custe pero tiñan a maioría no Consorcio, é dicir, a situación máis curiosa do mundo. Bueno, hai que felicitalos porque a partir de agora non van a pagar nada. E despois desa felicitación o único que nos queda é preguntar e despois en todo caso seguir intervindo. ¿Cal vai a se-lo plantexamento da Xunta e da Deputación no caso dos dous Parques actuais que son Pontevedra e Vigo?. Cando me contesten a esto sigo intervindo. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González Iglesias. Sr. Crespo, que é o Presidente ademais do Consorcio de Deza eTabeirós-Terra de Montes. Sr. Crespo Iglesias.- Ben. Bos días. Os Estatutos que se van a modificar no Consorcio obedecen a unha vella inquedanza do funcionamento do Parque, que se creou como Parque piloto para Galicia, polo tanto as cousas que se crean en plan piloto sempre teñen as súas deficiencias e hai que ir adaptándoas ás necesidades e ó funcionamento real. Eu entendo que o que pasou no Parque de Tabeirós-Deza, que somos bastantes Concellos, somos oito Concellos, que non é o mesmo que un Concello só, e eso era ata certo punto lóxico, e o que está a suceder é nada máis que a consecuencia deso. Pero tamén vai a valer precisamente para que nos Parques que se creen no futuro, ou nos que se están creando, coma o do Salnés ou como o que se creará no Morrazo ou os que falten dentro do Programa que ten a Xunta para dotar de servicios contra incendios a toda Galicia, se vaia experimentando nunha serie de Concellos, creo que é positivo para todos. Do que dicía o amigo Mosquera é certo que o temos falado moitas veces e é certo que nós mesmos recoñecíamos que habería que modificar a curto prazo os Estatutos e de feito así se produxo. Pero o que non é certo é que se xeneren agravios comparativos como vostede di. Os Concellos que temos máis de 20.000 habitantes e que estamos xusto nesa fronteira non cumprimos coas nosas obrigas porque non temos medios económicos para facelo. É dicir, non se pode meter no mesmo saco a Vigo e a Pontevedra que ós outros Concellos que teñen máis de 20.000 habitantes e que están na fronteira, como pode ser A Estrada, Lalín, supoño que Redondela ou incluso Vilagarcía, aínda que Vilagarcía está no medio do camiño. Eu creo que non se poden medir co mesmo raseiro porque estas dúas cidades teñen outras formas de financiamento que os Concellos medianos non teñen. E tamén hai que dicir a maiores que non é o mesmo ter un Parque un cidadano de Pontevedra que ten un Parque no seu Concello, para eles en primeiro lugar, aínda que logo vote unha man por aí, que un Parque intercomarcal coma o noso, e ademais tan grande como é o de Deza e Tabeirós. Xa me dirá vostede se un cidadán da Estrada ou de Lalín, tendo Parque en Silleda, ten o mesmo servicio que un cidadano de Pontevedra. Estes Parques son uns mini Parques, non se poden chamar nin sequera Parques de Bombeiros. De feito teñen un servicio de 24 horas onde hai sempre dous bombeiros, dous bombeiros é o que temos practicamente funcionando. Eso significa que a calidade do servicio é moi distinta da que pode ter un cidadano de Vigo ou Pontevedra. Polo tanto ten que costarlle loxicamente máis. Independentemente que se falou, no seu momento, de que cos Parques que hai montados históricos na zona de influencia poderían prestar ese servicio os demais Concellos e chegar a un convenio, pero eu creo, Sr. Mosquera, para eso precisamente está o Pacto Local. De feito xa o temos falado na executiva da FEGAMP cos Voceiros de tódolos grupos, e en principio estamos de acordo aínda que non hai nada feito nese sentido, pero estamos de acordo. Saben que dentro do Pacto Local os primeiros servicios que se van transferir ós Concellos son os Servicios Sociais fundamentalmente, pero logo tamén se vai falar dese servicio. Nese paquete de transferencias que vai haber ós Concellos, transferencias dotadas economicamente porque se non serían unhas transferencias envenenadas, pactado basicamente cos tres grupos políticos de Galicia, os seus grupos terán que plantexar posiblemente que se arregle eso que poden ser agravios, pero que non son tantos agravios como vostede plantexou, Sr. Mosquera, porque eu creo que eses Parques poden dar servicio ó "interland" da zona e cobrar por ese servicio que dan fóra e loxicamente tamén que lle financien unha parte do seu. Nós a eso non nos opoñemos. O que é certo é que non se pode meter no mesmo saco un Parque Comarcal, que abarca un tercio da superficie da provincia de Pontevedra. Porque xa me dirá vostede dentro do Parque piloto que é Deza e Tabeirós, un señor de Cerdedo que depende do Parque que está ubicado en Silleda, se lle arde a súa casa, cando cheguen dende Silleda, ó mellor chegarían antes dende Pontevedra; por eso ó mellor hai que replantexalo; xa me dirá se os cidadáns de Cerdedo teñen os mesmos servicios que un veciño de Pontevedra.Non é certo, nin un de Lalín, nin un da Estrada. Polo tanto eu creo que son fariñas de distintos costales. Estes Parques mínimos é certo que non nos van a costar nada, pero tamén é certo que non temos o mesmo servicio que van a ter vostedes. Ben, eu creo que máis ou menos está todo dito. Ó Sr. González Iglesias, tamén lle teño que dicir exactamente o mesmo, é dicir, nós non nos opoñemos a que Xunta-Deputación, precisamente no marco do Pacto Local, e tendo en conta que despois dese primeiro paquete que van se-los servicios sociais, falábase que un deles fora o tema de seguridade, e máis que fora o tema dos Consorcios, pódese tratar, pero eu creo que ten que ser nun marco máis axeitado e non neste foro, porque se ben é certo que vén aquí porque a Deputación vai financia-lo 50% do Parque, non é menos certo que a Xunta quere coordinar tódolos Parques, cun pequeno toque dos Concellos. Agora vai a ser precisamente o Pleno do Consorcio, cunha representación máis acorde co financiamento do mesmo, é dicir, vai haber un representante dos Concellos que será o Presidente do Consorcio, logo vai haber dous representantes da Deputación e dous da Xunta, no caso do Deza e Tabeirós. Non vai a ser así no caso do Salnés, que é unha filosofía distinta, pero en todo caso sepades que a representación do Consorcio vai ser con dous representantes da Xunta, dous da Deputación e un de cada Concello e que realmente quen vai corta-lo bacalao van a ser dous representantes da Xunta, dous da Deputación e un Alcalde, que vai a ser rotativo, e que será o Presidente do Consorcio. Polo tanto, creo que agora a representación, e respondendo ó que dicía o Sr. González Iglesias vai a se-la correcta, en base ó financiamento. O Alcalde está alí porque é da zona, pero está de figura decorativa porque quen van te-la maioría absoluta é a Xunta e a Deputación. E logo no resto, amigo Mosquera, eu creo que eso haberá que defendelo no Pacto Local e buscarlle unha solución factible, sempre e cando eses Parques se involucren en dar servicios ós Concellos de redor, como está facendo este, que terá peor servicio que vai te-la capitalidade. Eu non digo que financien ó 100%, pero unha parte si é posible que teña que acollelo a Xunta-Deputación no futuro, creo que dentro do marco do Pacto Local que é o sitio axeitado para discutilo. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Bueno, non se contestou absolutamente a nada ou máis ben si se deixou entender cousas moi importantes. Primeiro, perdoo ó Portavoz do PP pero son nove Concellos, non oito. Son nove. Non estamos falando de ningún agravio, simplemente dixemos que o 20% que estaban aportando tódolos Concellos do total era incorrecto. Que o aportaran os que tiñan menos de 20.000, e agora non me parece correcto que non se faga esa distinción, ou sexa, que sería unha aportación mínima, non tiña por que se-lo 20% dos Concellos de máis de 20.000 habitantes. Pero vamos a deixar eso que ó fin e ó cabo non é o máis transcendente. Eu quero centrarme en tres asuntos que me parecen da máxima importancia. Primeiro, da intervención do Sr. Crespo creo que se deduce que está en cuestión a propia viabilidade destes Parques, pola propia concepción que teñen e polas dificultades que teñen para prestar este servicio. Ou sexa que creo que neso podemos coincidir de que se empezou a casa polo tellado. Había que primeiro estudiar ben as necesidades e posibilidades de cumpri-lo servicio e a partir de aí ir facendo un mapa de servicios segundo os equipamentos ou as posibilidades que había de poñelos. Creo que aí podemos máis ou menos coincidir. Pero, en segundo lugar, hai un asunto que está absolutamente regulamentado e que non necesita ningún Pacto Local, se o recolle aleluia, que é que os Concellos de máis de 20.000 habitantes, teñen a obriga e os demais non; entón, hai cidadáns de primeira e de segunda, os que teñen o servicio porque o seu Concello ten capacidade, supostamente ou fai un esforzo para telo, e os que non teñen o servicio. Teoricamente parece que é unha maldición para os que non poden te-lo servicio. Pero non é así, está previsto tamén legalmente que a función desta casa, as funcións das Deputacións é cooperar ou presta-los servicios que os Concellos, ben porque non teñan competencias ou ben porque non poidan individualmente, substituila Deputación e prestalos. Eso é practicamente a gran función das Deputacións e nunca quixeron exercelas, nunca, ou sexa, tal como está o marco xurídico da Administración Local quen tiña que presta-lo servicio de bombeiros, ben directamente, ben fomentando fórmulas de asociacionismo, ben cooperando cos Concellos que teñen esa capacidade, é esta casa. Evidentemente nunca quixeron asumir esas responsabilidades. Non só esas, senón toda outra serie delas que non se están prestando. ¿Por que?. Pois por un motivo tamén que temos posto aquí en evidencia cantidade de veces, porque é moito mellor que meter douscentos ou trescentos millóns ó ano en financiar o servicio de prevención de incendios de toda a provincia, telos para libre disposición do Presidente para distribuir no PAM ou no que lle dea a gana. Evidentemente esa é a única razón de fondo. Non é esta a única Deputación que o fai, porque é un comportamento bastante xeral, polo menos en Galicia, noutros sitios non, noutras zonas non o hai. Ocurre que a Xunta ten competencias en principio nesto. Entón, ¿cal é o problema de fondo?. Non nos engañemos. Nin por parte desta Deputación e fundamentalmente por parte da Xunta houbo ata agora a máis mínima vontade de presta-lo servicio asumindo as competencias residuais, ou como se queira chamar, por non poder asumilas os Concellos. E o outro día na Comisión tamén se deixou moi claro por que a pesares de que aportaban o 20%, se lleS dou maioría no órgano de dirección ós Concellos. Coa esperanza de votarlle ós Concellos encima que dos nove sete non teñen obriga. Ese é o problema de fondo, ese é o grande problema de fondo. E creo que hai que chamarlle ás cousas polo seu nome, ou sexa, é máis bonito, luce moito máis, adica-los cartos a cousas discrecionais, ou que se fan unha vez, ou que venden moito, que estar prestando un servicio dunha maneira constante e cara. Ese é o grande problema. E creo que mentres non o resolvamos vamos andar dando voltas ó asunto de maneira indefinida. E despois a terceira cuestión, que evidentemente non se contesta, é que un problema tan claro como este, que está incluso no marco normativo actual bastante ben definido, quen ten que asumi-las competencias dez anos despois de que se intente negociar a posibilidade de presta-lo servicio con eficiencia aproveitando os Parques actuais, e con negociacións que no caso do Concello de Pontevedra empezaron no mandato do Sr. Cobián, van alá tres Alcaldes ou tres Concelleiros Delegados que intentaron eso e sempre se toparon cun auténtico valo, e agora se nos di que se o Pacto Local. É curioso que a intervención é moitisimo menos optimista do que foi a primeira vez que veu aquí esto. Daquela prometérase que xa se negociaba; incluso chegara a haber un reparto na mesma clave, o que se lle mandaba a tódolos Concellos que o tiñan que aportar, etc., e que ó final non chegou a nada. Repito, non nos parece serio. Con moi boa vontade podíamos estimar que esto é un paso cara á centrar o problema. Moito nos tememos que non vaia a ser así, e creo que esta casa ten que asumi-las súas competencias, as súas responsabilidades, queda moi mono non ter ningunha responsabilidade, ningunha competencia e quedar como o Papá Noel da Administración; aquí non hai obrigas e polo tanto todo o que se dá é a maiores e é vontade da bondade infinita do Presidente de turno, pero non é eso o que ten que facer unha Administración. Ten que asumi-las súas competencias, prestar servicios e se son oscuras, costosas e difíciles como esta, pois bueno, pois van no paquete como van a tódalas Administracións. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Sr. Crespo, polo que vostede nos estaba explicando, unha de dúas, ou é mellor pecha-lo Parque ou haberá que dotalo de máis servicios, de máis persoal e demais. Porque se con dous bombeiros se produce un incendio serio, ou se se producen dous incendios, xa me contará o que facemos. Se son tres xa é imposible. Podería darse a casualidade. A min me parece que é bastante pouco serio o que está dicindo o Sr. Crespo e o que está dicindo o Partido Popular neste tema. Hai fórmulas por aí funcionando, polo resto do Estado. Hai Deputacións que teñen un consorcio de bombeiros a nivel provincial. Está todo inventado neste tipo de cousas.¿Que ocurre co que vostedes plantexan agora mesmo?. Ocurre algo tan sencillo como que a eses Concellos que forman parte do Parque Comarcal, teñan ou non teñan a obriga, non lles vai a costar nada. Os que non teñan, xa non tiñan porque pagalo; pero os que si tiñan a obriga, tiñan que estar pagando. Bueno, pois a partir de agora non lles costa nada. E plantexa vostede que teñen que traballar nunha extensión de terreo que supón a terceira parte da superficie da provincia. Eu eso non llo discuto, eu simplemente lle recordo que hai moi poucos anos pois os dous Parques que había tiñan que traballar en toda a provincia porque non había máis Parques. Bueno, ás veces viñan os voluntarios de Valença a votar unha man se era nunha zona do sur; ata Porriño normalmente solían chegar. Pero a realidade é que había e que hai un déficit importante neste servicio en toda a provincia, e este déficit non se cubre con que a Deputación e a Xunta poñan cartos nunha parte para atender unha parte da poboación. Parece bastante lóxico que o plantexamento que se fai para un Parque se faga para os demais Parques. E é unha pena que hoxe non estea aquí o Presidente, pero o Presidente comprometeuse e comprometéronse vostedes como tal grupo a traballar neste tema e que non houbera discriminación entre Vigo e Pontevedra e o resto dos Parques. Ata agora nada de nada e a contestación do Sr. Crespo é como mínimo curiosa. Trátase de que vostedes son maioría absoluta nesta Deputación, de que vostedes son o goberno desta Deputación, e do mesmo xeito que impulsan unha acción nun sitio determinado e concreto, teñen que impulsalo o mesmo nas comarcas da provincia para que tódolos cidadáns se traten igual. E mentres non se faga así están primando cidadáns dunhas zonas sobre os doutras, que é o que está sempre, case sempre, no fondo nestas cuestións. O tema téñenno bastante sinxelo; creen un Consorcio Provincial e os Concellos de máis de 20.000 habitantes pagamos máis porque temos a obriga e os de menos de 20.000 habitantes non pagan nada e se lle dá o mesmo tratamento a tódolos Parques de Bombeiros de toda a provincia, e se fai un plantexamento serio dunha vez neste tema, cousa que ata agora non se fixo. E para rematar, nós vamos a votar en contra, pero non pola modificación senón polo espíritu do mesmo xeito que votamos en contra cando se montou, cando viñeron os primeiros Estatutos do Parque. Simplemente, e para rematar, unha pregunta que supoño que o Sr. Crespo debe coñece-la resposta, xa que é o Presidente do Consorcio.Teño sumo interese en saber que Concellos non pagaron ata agora o 20%, ¿podería dicirmo?. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. González Iglesias. Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Empezo pola pregunta. Hai algúns que non pagaron, hai algún caso que non pagou, que teñen pendentes algunhas cuotas atrasadas. Digamos que unha vez aprobada a modificación dos Estatutos aquí, logo a continuación temos que aprobalos nos Concellos respectivos, os nove, que eu cando dixen oito, Mosquera, referíame a que practicamente Cerdedo, aínda que pertence ó Consorcio, está máis cerca de Pontevedra que do propio Silleda. Os Concellos temos que aprobalo nos Plenos no período razonable do mes que vén. Despois eso irá ó Consello da Xunta e para ir ó Consello da Xunta ten que estar todo absolutamente liquidado, quere eso dicir que non vai a quedar nadie absolutamente sen pagar. Hai algún Concello que debe unha anualidade, algún debe dúas, pero a grande maioría debe un trimestre. Só podo falar de dous Concellos, que un debe unha anualidade e outro debe algo máis que unha anualidade. O tema do servicio de bombeiros sempre foi un tema controvertido. Galicia é especialmente difícil porque ten a fisonomía que ten e ten a poboación como a ten, super diseminada, onde hai tropecentas mil aldeas e onde poder dar un servicio bo de bombeiros e practicamente imposible cos medios que agora mesmo se teñen. O servicio que se montou nas comarcas non é que sexa unha maravilla, pero dende logo de non haber nada a ter eso, algo é. Eu sei que non é operativo moitas veces que un Parque estea a máis de dez ou quince quilómetros dun Concello, xa o sei porque se hai un incendio dunha casa pois salvarían o solar, a casa dificilmente. Pero en todo caso, polo menos de non ter nada a ter algo, algo é. Os medios dos que dispoñen os Concellos son poucos, pero volvo a repetir unha vez máis que non se poden compara-los Concellos que estamos xusto na fronteira dos 20.000 habitantes cos Concellos de Pontevedra ou Vigo, que eso é outra historia totalmente distinta e vostedes saben que é así. E non é dicir que ós Concellos de máis de 20.000 habitantes, Sr. González Iglesias, non nos costen nada. No Consorcio este, piloto, e volvo a repetir o de piloto porque precisamente hai que facer estas reformas por se-lo Consorcio piloto a nivel de Galicia; é normal que esto ocurra. Foi algo que está funcionando case dun xeito experimental. E ímolo mellorando pouco a pouco e aínda quedan moitas cousas que facer e probablemente non será a última reforma. Ós Concellos de máis de 20.000 habitantes si nos costa. Tanto A Estrada como Lalín temos uns mini Parques propios precisamente por se se producen dous incendios simultaneamente na zona de influencia e hai só un servicio. Entón, tanto A Estrada como Lalín temos un servicio que nos costa. Temos no caso de Lalín dous camións; no caso da Estrada creo que outros tres con persoal máis ou menos cualificado para atender esas motobombas. Pero tamén hai que dicir que non temos o servicio nocturno, non hai un servicio funcionando 24 horas. Polo tanto, 24 horas funciona o Parque Comarcal que está ubicado en Silleda, pero tanto na Estrada como en Lalín e nalgún Concello temos uns mini Parques precisamente para reforzar ese Parque que a todas luces co persoal que ten é insuficiente. Acábanse de meter dous novos bombeiros pero é insuficiente; ese será un tema que haberá que solucionar no futuro. En todo caso, eu creo que queda claro que a representatividade agora mesmo no Consorcio vai a estar ligada ó financiamento; creo que eso que queda perfectamente reflexado na modificación dos Estatutos. Eu creo que, Sr. Mosquera, é un paso importante o que se dá hoxe aquí, cara á posible solución do cofinanciamento dos Parques. Xa se tratou na FEGAMP coma un dos problemas, e o Presidente da FEGAMP ten unha cidade, que é Ourense, que ten o problema que pode ter Pontevedra, e que está dando o servicio ós de redor e polo tanto creo que ten suficiente sensibilidade para que eso sexa así. Eu creo que cando menos é un paso importante, cara a ese ermetismo que dicía vostede que se topaban cun valo. Así que algo é algo, non se soluciona absolutamente todo pero en parte si, eu creo que é un avance na calidade de servicios que se lle presta ó cidadán e que individualmente non sería posible facelo. De todas maneiras termino dicindo que o tema este é un tema controvertido, que eu fun precisamente dos máis críticos con algunhas cousas con respecto ós Parques Comarcais, pero teño que recoñecer que se anduvo dun xeito importante e pouco a pouco foise mellorando o servicio e creo que funciona dun xeito razonable, aínda que todo é mellorable. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, moi brevemente para poñer de manifesto algo moi evidente. Levamos moitos anos con este problema e aínda votando man do dito español "largo me lo hicierais". Cos cartos que nuns meses se arranxaron para a chapuza esa do Convenio de Rande, con eses cartos estaría arranxado o problema dos Parques de Bombeiros na provincia de Pontevedra. É claramente un problema de vontade política. No caso dos bombeiros, resolvelo dunha maneira seria non o hai, vanse facendo algunha chapucilla por aí e no outro caso si a houbo, para facer unha chapuza maior, pero si a houbo. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Eu só engadir que creo que estivo perfecta a aclaración do Presidente do Consorcio; que en principio hai prazas aínda sen cubrir neste Consorcio, que se van a cubrir ademais agora e polo tanto creo que quedou ben claro que estamos avanzando. Antes había un Parque, ese Parque está funcionando e está dando un servicio a aqueles Concellos que non tiñan practicamente nada e ó mesmo tempo todos aqueles Concellos que deben unha pequena cantidade terán que estar ó día, unha vez que entre en funcionamento este financiamento que será 50% Xunta, 50% Deputación. Fóra da orde do día traeremos precisamente a aprobación da modificación dos Estatutos doutro Consorcio, xa hai máis en marcha, que é do Salnés, que é moi parecido a este, pero xa falaremos del fóra da orde do día. Polo tanto, ¿votos en contra?. O Grupo Socialista. ¿Abstencións?. O BNG. ¿A favor?. O Grupo Popular. Neste punto abandona a sesión o Sr. Deputado D. David Raposeiras Correa. Dada conta do acordo da Comisión de Goberno de data 14-02-2002 onde a Comisión queda enterada dos informes emitidos por Asesoría Xurídica e Intervención, realizados a petición do Consorcio para o servicio contra incendios e salvamento das Comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes, ó aproba-la modificación dos seus Estatutos. Visto igualmente o dictame favorable da Comisión Informativa de Agricultura e Gandería de data 13-03-2002 referente á modificación dos Estatutos, o Pleno acorda, por maioría de votos a favor do PP e co voto en contra do PSOE e a abstención do BNG, aproba-la modificación dos Estatutos do Consorcio para prestación de Servicios Contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes. ------ Folla: 3.4723.- BASES DO II CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA "DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA" Sr. Presidente.- Terceiro punto da orde do día. Bases do II Certame Provincial de Bandas de Música "Deputación Provincial de Pontevedra". Bueno, esta é unha feliz iniciativa que xa se levou a cabo o ano pasado, e que incluso ó mesmo tempo foi felicitada pola Real Academia Galega de Belas Artes e creo que dalgunha forma este ano vai a continuar con ese éxito. Se virá a celebrar en Pontevedra os días 4, 5 e 6 de outubro no Pazo da Cultura. Creo que o Presidente da Comisión de Cultura ten máis información. Sr. Fernández Portela. Sr. Fernández Portela.- Gracias Sr. Presidente. Bos días. Como xa dixo o Presidente preséntanse as bases do II Certame Provincial de Bandas de Música "Deputación Provincial de Pontevedra". Terán lugar os días 4, 5 e 6 de outubro no Pazo da Cultura. A este certame pódense presentar tódalas bandas da provincia que o desexen. E poderán optar ás categorías de sección especial, primeira, segunda e terceira. Cada banda interpretará dúas obras, unha obrigada proposta polo Comité organizador e unha obra de elección libre. Como premios podemos dicir que as bandas terán dereito a percibir por participar na sección especial 3.000 ¤, na sección primeira 2.400 ¤, na segunda 1.800 ¤ e na terceira 1.200 ¤. Ademais desto, a Fundación Caixa Galicia concederá ás bandas que obteñan a mención especial os seguintes premios: sección especial 4.500 ¤, sección primeira 3.600 ¤, sección segunda 2.700 ¤ e sección terceira 1.800 ¤. Tamén a Deputación Provincial establece o Premio Manuel Quiroga dotado con 1.800 ¤ e é para a interpretación inédita dunha obra de autoría ou temática galega. Ademais, a Federación Galega de Bandas de Música concederá un premio de 1.800 ¤ á mellor interpretación de obra obrigada. Basicamente estes son os puntos que considero máis interesantes do certame. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Fenández Portela. Eu creo que queda perfectamente claro esta feliz iniciativa, que terá un presuposto global aproximado ós 90.000 ¤, 15.000.000 de pesetas. Hai colaboración, como ben recordaba o Sr. Fernández Portela, da Fundación Caixa Galicia e doutras entidades que van a colaborar para que este evento sexa do interese que foi o ano pasado. Polo tanto, ¿votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Todos. De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Cultura, o Pleno acorda por unanimidade aproba-las Bases do II Certame Provincial de Bandas de Música "Deputación Provincial de Pontevedra" e que son as seguintes: BASES PRIMEIRA.- O II Certame Provincial de Bandas de Música "Deputación Provincial de Pontevedra" terá lugar os días 4, 5 e 6 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra. O Comité Organizador, baixo o patrocinio da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e coa colaboración das institucións que se relacionan na súa composición, é o órgano de goberno, administración e coordinación de tódolos aspectos do certame. SEGUNDA.- Dado o carácter promocional que pretende este certame, poderán optar a participar tódalas bandas da provincia que o desexen. TERCEIRA.- Limítase o número de bandas participantes e o seu número de músicos, segundo as distintas categorías a: Sección Especial 4 bandas participantes de 90 a 115 músicos Sección Primeira 8 bandas participantes de 70 a 90 músicos Sección Segunda 12 bandas participantes de 50 a 70 músicos Sección Terceira 12 bandas participantes de 35 a 50 músicos Nesta clasificación de seccións inclúese a posible colaboración en cada banda de catro instrumentistas alleos para a sección terceira, cinco para a sección segunda, seis para a sección primeira e oito para a sección especial. Ningún músico estará autorizado para actuar en dúas bandas inscritas na mesma sección. CUARTA.- Sobrepasado o número de bandas inscritas por seccións e para establece-las participantes así como a orde da súa actuación realizarase un sorteo público ó obxecto. Cada banda interpretará unha obra obrigada, proposta polo Comité Organizador, e unha obra de libre elección. As bandas interpretarán en primeiro lugar a obra obrigada e a continuación a obra de libre elección. (A Deputación Provincial de Pontevedra non se fai responsable das xestións legais que lles poidan afectar ás bandas polo uso das partituras das obras de libre elección). A duración da obra de libre elección será a seguinte: Sección Especial 20 minutos Sección Primeira 20 minutos Sección Segunda 15 minutos Sección Terceira 12 minutos Permitiráselle a cada agrupación un tempo total de desviación de + 5 minutos. O exceso será penalizado na puntuación do Xurado. QUINTA.- O escenario e as instalacións sobre as que desenvolva o Certame serán os mesmos para tódalas bandas participantes nunha mesma sección. A dita instalación será competencia exclusiva do Comité Organizador e non se poderán introducir modificacións que non sexan efectuadas por este Comité. SEXTA.- O Xurado estará composto por cinco personalidades do mundo da música, o Presidente, que será o Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial, ou deputado en quen delegue, e un secretario, actuando o titular da institución ou funcionario en que delegue (con voz, pero sen voto). Os membros do Xurado devengarán as indemnizacións correspondentes a gastos de axudas de custo e desprazamentos polas reunións nas que se levante acta, segundo establece o RD 236/88 e actualizacións posteriores para o Grupo 1. As asistencias devengaranse por asimilación, segundo as contías fixadas para os membros de tribunais de selección de persoal do Grupo A. No suposto de estar incluído algún membro que, pola súa orixe, circunstancia, motivos e/ou causas xustificadas, estea relacionado con algunha banda participante no Certame, mediante proposta da Federación Galega de Bandas de Música Populares será eliminado do Xurado, procedendo o Comité Organizador a designar unha nova personalidade musical para formar parte del como vocal. SÉTIMA.- As bandas terán dereito a percibir en concepto de participación as seguintes cantidades segundo a sección á que pertenzan: Sección Especial 3.000 ¤ Sección Primeira 2.400 ¤ Sección Segunda 1.800 ¤ Sección Terceira 1.200 ¤ OITAVA.- Concederanse os seguintes premios: Primeiro premio Ás bandas que obteñan de 341 a 400 puntos Segundo premio Ás bandas que obteñan de 291 a 340 puntos Terceiro premio Ás bandas que obteñan de 221 a 290 puntos Cada membro con dereito a voto poderá concederlle de 0 a 10 puntos sen fraccións, a cada banda participante no Certame por cada un dos seguintes aspectos: afinación, sonoridade (dinámica, planos sonoros, equilibrios harmónicos, etc.) interpretación e técnica, tanto na obra obrigada coma na de libre elección. A suma delas determinará os premios correspondentes. As puntuacións maior e menor que os membros do Xurado lle outorguen a cada unha das obras interpretadas, sempre que exista unha diferencia superior a tres puntos respecto á media, quedarán excluídas do cómputo total e serán substituídas pola media das tres restantes, sendo a puntuación total a resultante das sumas das parciais de cada unha das obras interpretadas. NOVENA.- O fallo do Xurado darase a coñecer unha vez rematadas as actuacións de tódalas bandas de cada sección, para ser posteriormente ratificado polo órgano competente deste organismo provincial. DÉCIMA.- A Fundación Caixa Galicia, de acordo co criterio do Xurado, concederá ás bandas que obteñan a Mención Especial os seguintes premios: Sección Especial 4.500 ¤ Sección Primeira 3.600 ¤ Sección Segunda 2.700 ¤ Sección Terceira 1.800 ¤ A Deputación Provincial establece para todo o conxunto das agrupacións participantes o Premio "Manuel Quiroga", dotado con 1.800 ¤, á interpretación dunha obra inédita, de autoría ou temática galega, que segundo o criterio do Xurado sexa merecedora de tal recoñecemento. A Federación Galega de Bandas de Música Populares, no apoio ás súas agrupacións, concederá un premio de 1.800 ¤ á mellor interpretación da obra obrigada (máxima puntuación acadada) por parte das bandas federadas que participen no Certame. O empate implica o reparto do premio. Musical Pontevedra concederá cheques por valor instrumental ás bandas que obteñan a Mención de Honor por importe de: Sección Especial 1.500 ¤ Sección Primeira 1.200 ¤ Sección Segunda 1.050 ¤ Sección Terceira 900 ¤ UNDÉCIMA.- As bandas inscritas interpretarán como obras obrigadas as seguintes: Sección Especial Raíces Gulansesas: I, II, III e IV tempo R. Groba Sección Primeira Suite Céltica J. Vicente Egea Sección Segunda Vigo (Suite): III tempo R. Soutullo Sección Terceira Maruxa (Preludio do 2º Acto) A. Vives DUODÉCIMA.- O prazo de inscripción será de 30 días naturais a partir do seguinte ó da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia. As inscricións deberán formularse mediante solicitude asinada polo representante legal de cada Banda, segundo o modelo de instancia que figura ó final destas bases, presentándoa no Rexistro Xeral desta Deputación. Durante o período de inscrición, e no Servicio de Cultura, estarán a disposición das bandas para a súa consulta as obras obrigadas de cada sección. DÉCIMOTERCEIRA.- Co obxecto de determinar nas bandas participantes a orde de actuación, no Pazo Provincial, sede da Deputación, perante o Presidente da Corporación ou deputado en quen delegue, e os membros do Comité Organizador, realizarase un sorteo público para tal fin. As bandas que, unha vez admitidas e sorteadas, non participen na competición, salvo por causa grave xustificada, quedarán inhabilitadas para poder actuar no Certame por un período de tres anos consecutivos, segundo o dictame do Comité Organizador. DÉCIMOCUARTA.- O Comité Organizador adoptará as medidas necesarias para informar, comunicar, enviar e recibi-lo material das bandas participantes no Certame. Comunicada a súa inclusión ás agrupacións, estas teñen 30 días naturais para remitirlle ó Servicio de Cultura da Deputación Provincial o historial da Banda e mailo curriculum do director, así como cinco exemplares da partitura da obra de libre elección, indicando a súa duración. A non presentación das partituras no prazo indicado significará a renuncia da banda a participar no Certame. DÉCIMOQUINTA.- Para o control dos instrumentistas das bandas participantes establécense os seguintes puntos: 1.- Constitúese unha comisión de control que estará formada por 2 membros designados pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e por 2 funcionarios do Servicio de Cultura da Deputación Provincial. A comisión de control será a entidade competente para controlar e vixiar a composición dos instrumentistas das bandas participantes. Para estes efectos queda plenamente facultada para adoptar cantas medidas sexan oportunas para realiza-la tarefa de investigación, vixilancia e control e requirir e recaba-la documentación que estime necesaria das bandas participantes. Poderá formularlle ó Comité Organizador as propostas que considere convenientes, incluídas as referentes á cancelación da inscripción provisoria e impeditivas de actuación da banda infractora así como a súa descualificación antes do fallo. 2.- Cada banda deberá comparecer cos seus propios músicos, sen reforzarse ou completarse con intérpretes doutras agrupacións musicais, salvo os alleos expresamente permitidos nestas bases. O criterio básico de adscrición dun músico a unha banda é pertencer a esta de maneira real e efectiva. Para acreditala aplicaranse as seguintes medidas: 2.1.- Para as bandas incluídas no Plan Cultural 2002 os integrantes presentarán o seu DNI, corroborándoo cos datos das relacións xa presentadas nesta Deputación Provincial. 2.2.- Para as bandas non incluídas no Plan Cultural 2002 deberán presentar coa solicitude de inscrición unha relación nominal certificada dos músicos (nome e DNI ou pasaporte), expedida polo secretario da banda e co visto e prace do presidente, na que conste unha declaración de pertenza ininterrumpida e efectiva do músico á banda durante os dous últimos anos, lugar e data de nacemento e enderezo actual. 3.- Tódalas bandas se presentarán no lugar da actuación, coa antelación suficiente, conforme ós horarios que fixe a organización. A banda que no momento da súa actuación non estea presente no lugar da celebración do Certame quedará eliminada automaticamente. DÉCIMOSEXTA.- O Comité Organizador tomará as medidas oportunas para asegura-lo correcto desenvolvemento do Certame. No caso de que algunha proba teña que ser aprazada ou interrompida por cauxa xustificada, o Comité arbitrará as medidas oportunas para o seu posterior desenlace. No desenvolvemento da actividade organizativa, o Presidente designará a persoa que asumirá a Dirección Técnica, formando parte do Comité Organizador do evento. A inscrición no Certame implica a completa aceptación das súas bases. As decisións tomadas polo Comité Organizador na execución e desenvolvemento das presentes bases e todas aquelas cuestións non previstas serán resoltas en cada caso de maneira irrevogable polo propio Comité. A sede oficial do Comité Organizador do Certame será no Servicio de Cultura da Deputación Provincial de Pontevedra. Rematado o Certame, cada banda participante que o solicite poderá coñece-las actas do Xurado cos resultados obtidos e os detalles dos votos emitidos por cada membro do Xurado con respecto á súa banda. DÉCIMOSETIMA.- O Comité Organizador do II Certame Provincial de Bandas de Música "Deputación Provincial de Pontevedra" estará constituído da seguinte maneira: Presidente: Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra ou Deputado en quen delegue. Vocais: Dous representantes da Deputación Provincial de Pontevedra. Un representante da Federación Galega de Bandas Populares. Un asesor musical nomeado pola Presidencia. Os membros do Comité devengarán as indemnizacións correspondentes a gastos de axudas de custo e desprazamentos polas reunións nas que se levante acta segundo establece o RD 236/88 e actualizacións posteriores para o Grupo 1. As asistencias devengaranse por asimilación, segundo as contías fixadas para os membros de tribunais de selección de persoal do Grupo A. ------ Folla: 4.4724.- CONVENIO ENTRE A XUNTA DE GALICIA, AS EXCMAS. DEPUTACIÓNS GALEGAS E A FÁBRICA NACIONAL DE MOEDA E TIMBRE - REAL CASA DE MOEDA PARA A PRESTACIÓN DE SERVICIOS DE CERTIFICACIÓN DE SINATURA ELECTRÓNICA Sr. Presidente.- Punto número 4 da orde do día. Convenio entre a Xunta de Galicia, as Excmas. Deputacións Galegas e a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda para a prestación de servicios de certificación de sinatura electrónica. Bueno, dicir en relación con esto que a Fábrica Nacional da Moeda e Timbre facilita a tódolos usuarios que o precisen un conxunto de certificados básicos que permite ó titular do mesmo comunicarse coas distintas administracións de xeito seguro. Esto conleva a prestación de servicios técnicos relativos a rexistro de usuarios, emisión, revogación e arquivo de certificados en clave pública, publicación de certificados de listas de revogación e rexistro de eventos significativos. Para prestar estes servicios a Fábrica Nacional da Moeda e Timbre aportará a infraestructura, tecnoloxía, dereitos de propiedade e a emisión de selos que permitan garantiza-la fiabilidade do servicio. O convenio aprobado pola Deputación terá unha duración de tres anos para o cal aportará cada ano a cantidade de 54.092 ¤, equivalente a 9.000.000 de pesetas. Dalgunha forma se entende que é acercar unha vez máis e falicitarlle a tódolos veciños os servicios da Administración. Polo tanto procedemos á súa votación ¿Votos en contra?. ¿Abstencións? ¿A favor?. Todos a favor. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Réxime Interior, acorda por unanimidade aproba-lo Convenio entre a Xunta de Galicia, as Excmas. Deputacións Galegas e a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa de Moeda para a prestación de servicios de certificación de sinatura electrónica, habilitar crédito no primeiro expediente que se tramite e facultar ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. O obxecto do convenio consiste na prestación de servicios técnicos e administrativos en orde a garanti-la validez e eficacia da emisión e recepción de comunicacións e documentos producido a través de técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos (EIT) no ámbito das Administracións autonómicas, provinciais e locais (ata 50.000 habitantes) da Comunidade Autónoma de Galicia. Os servicios a prestar pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre serán a emisión para o usuario que o necesite dun conxunto de "certificados básicos" ou "título de usuario" que permita ó titular do mesmo comunicarse coas Administracións públicas de forma segura. Iso conleva a prestación de servicios técnicos relativos a: - Rexistro de usuarios. - Emisión, revogación e arquivo de certificados de clave pública. - Publicación de certificados e listas de revogación. - Rexistro de eventos significativos. Para a prestación dos servicios, a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre aportará a infraestructura, tecnoloxía, dereitos de propiedade e emisión de selos que permitan garanti-la fiabilidade do servicio. A aportación económica da Deputación ascende a cincuenta e catro mil noventa e un euros con nove céntimos (54.091,09 ¤) (nove millóns de pesetas) anuais que se revisarán de acordo co incremento do índice de prezos ó consumo. A forma de pagamento será contra a presentación das facturas correspondentes. A duración do convenio será de tres anos, podendo prorrogarse por períodos anuais. ------ Folla: 5.4725.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE A LAMA Ó ORAL EN MATERIA DE RECADACIÓN DE DIVERSOS RECURSOS LOCAIS Sr. Presidente.- Punto número 5 da orde do día. Delegación do Concello de A Lama ó ORAL en materia de recadación de diversos recursos locais. Este é un Concello máis que se suma neste caso á boa xestión que está levando a cabo o ORAL para a recadación de tributos neste Concello e que polo tanto se trae aquí ó Pleno para a súa aprobación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Todos de acordo. Vista a proposta que formula o ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra), de data 11 de marzo de 2002, sobre aceptación da delegación do Concello de A Lama para a recadación executiva e voluntaria de diversas taxas e da recadación executiva das débedas de cobro non periódico, aceptadas polo Consello de Administración do ORAL en sesión de 21 de febreiro de 2002, o Pleno acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no art. 7.2 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, a delegación que en materia de recadación de recursos locais realizou, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985 de 3 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e 7 da citada Lei 39/1988, na Deputación Provincial de Pontevedra - ORAL o Concello de A Lama e que seguidamente se transcribe: CONCELLO DE A LAMA Delega expresamente na Deputación Provincial a facultade de recadación dos seguintes recursos, segundo acordo do Pleno de 28 de decembro de 2001: 1.- Recadación en vías voluntaria e executiva das taxas polos servicios de distribución de auga, gas, electricidade e outros abastecementos públicos, incluídos os dereitos de enganche de liñas e colocación de contadores e instalacións análogas, cando ditos servicios ou subministros sexan prestados por entidades locais, así como a taxa por cemiterio municipal. 2.- Recadación en vía de apremio das débedas de cobro non periódico por recibos correspondentes a liquidacións por tódolos recursos municipais non aboados en vía voluntaria e susceptibles de apremio. Delegación que se levará a cabo pola Deputación a través do seu Organismo Autónomo Provincial de Recursos Locais, debéndose, así mesmo, proceder á publicación da presente aceptación de delegacións no Boletín Oficial da Provincia e Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado art. 7.2 "in fine". ------ Folla: 6.4726.- ADHESIÓN DO CONCELLO DE CALDAS DE REIS Ó CONVENIO DE XESTIÓN CATASTRAL Sr. Presidente.- O punto número 6 da orde do día. Adhesión do Concello de Caldas de Reis ó Convenio de Xestión Catastral. Este é en relación a un servicio que presta tamén o ORAL, conxuntamente coa Xerencia do Catastro. Se trae aquí a aprobación para este Convenio co Concello de Caldas. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Todos. Visto o acordo do Consello de Administración do ORAL, adoptado en sesión celebrada o día 21de febreiro de 2002, polo que se acepta a solicitude do Concello de Caldas de Reis de adhesión ó Convenio de Xestión Catastral, subscrito entre a Dirección Xeral do Catastro e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), solicitada por acordo do Pleno do Concello de Caldas de Reis de data 25-01-02, o Pleno acorda por unanimidade ratifica-lo referido acordo do Consello de Administración do ORAL, aceptando a adhesión do Concello de Caldas de Reis ó Convenio de Xestión Catastral. ------ Folla: 7.4727.- ADHESIÓN DO CONCELLO DE PONTEAREAS Ó CONVENIO DE XESTIÓN CATASTRAL Sr. Presidente.- Punto número 7. Tamén o mesmo, adhesión neste caso do Concello de Ponteareas ó Convenio de Xestión Catastral. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Todos. Visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno do Concello de Ponteareas, en sesión celebrada o 04-03-02, de adhesión ó Convenio de Xestión Catastral, remitido a esta Deputación para o seu coñecemento e aceptación; e, visto o acordo do Consello de Administración do ORAL, adoptado en sesión celebrada o día 14-03-02, polo que se acepta a solicitude do concello de Ponteareas de adhesión ó Convenio de Xestión Catastral, subscrito entre a Dirección Xeral do Catastro e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), o Pleno acorda por unanimidade ratifica-lo referido acordo do Consello de Administración do ORAL, aceptando a adhesión do Concello de Ponteareas ó Convenio de Xestión Catastral. ------ Folla: 8.4728.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO "ENSANCHE E MELLORA DE TRAZADO EP ARCADE - AMOEDO (PAZOS DE BORBÉN)". EXPOSICIÓN PÚBLICA. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto número 8 da orde do día. Aprobación inicial do proxecto "Ensanche e mellora de trazado EP Arcade - Amoedo (Pazos de Borbén)". Exposición pública. Declaración de utilidade pública da obra. Solicitude á Xunta de Galicia de urxente ocupación. Motivación da urxencia. Este proxecto é continuar a mellora nunha estrada provincial que é a estrada Arcade-Amoedo, na que nestes momentos a Deputación de Pontevedra está executando o tramo Arcade - Lourido. Lourido é un lugar que está 200 m. antes do Castelo de Soutomaior. O que hoxe aprobamos aquí inicialmente é o proxecto dende o final da estrada, dende o Municipio de Pazos de Borbén, dende a parroquia de Amoedo, ata o límite dos Municipios entre Soutomaior e Pazos. E ó mesmo tempo dicir tamén que xa estamos elaborando o proxecto para o tramo dende o límite dos dous Concellos ata chegar ó lugar de Lourido, como dicía antes. Polo tanto creemos que é unha obra necesaria que comunica ademais ó Municipio de Pazos de Borbén coa capitalidade da provincia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Todos. O proxecto "Ensanche e mellora de trazado EP 2908 Arcade-Amoedo (Pazos de Borbén)" ten por obxecto mellora-lo tramo comprendido entre o PK 10+500 (límite con Soutomaior) e o PK 13+640 (intersección coa comarcal Redondela-Forzanes) e está dotado dun presuposto para coñecemento da Administración de 1.246.707,06 _, IVE engadido, que se desglosa en presuposto de execución por contrata, por importe de 1.056.875,65 _ e capítulo de expropiacións, por importe de 189.831,41 _, e como queira que segundo informe do Enxeñeiro Técnico-Xefe da Zona Sur, emitido o 08-03-02, resulta imperiosa a necesidade de acomete-la obra para dotar de maior seguridade e fluidez ó tráfico entre Arcade e Amoedo, evitando numerosas curvas da actual traza; e vistos os Documentos RC emitidos por Intervención con data 8 dos correntes, confirmando a existencia de crédito dispoñible na partida 02/511.511.612.02 para acometer tal obra, o Pleno acorda por unanimidade: 1.- A aprobación inicial do proxecto "Ensanche e Mellora de trazado EP 2908 Arcade-Amoedo (Pazos de Borbén)" con presuposto para coñecemento da Administración de 1.246.707,06 _, IVE engadido, desglosado en presuposto de execución por contrata, por importe de 1.056.875,65 _ e capítulo de expropiacións, por importe de 189.831,41_. 2.- A exposición ó público do referido proxecto por prazo de quince días hábiles a efectos de posibles reclamacións, entendéndose que transcorrido dito prazo sen que se produzan as mesmas o proxecto quedará aprobado definitivamente de forma automática. 3.- A declaración de utilidade pública da obra con base no informe do Enxeñeiro Técnico-Xefe da Zona Sur, emitido o 08-03-02. 4.- A solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación dos bens afectados por tal obra. 5.- A motivación da urxencia que se pretende dar á expropiación que conleva tal obra con base no informe de 08-03-02 do Enxeñeiro Técnico-Xefe da Zona Sur, sinalando a imperiosa necesidade de acomete-la obra para dotar de maior seguridade e fluidez ó tráfico entre Arcade e Amoedo, evitando numerosas curvas da actual traza, algunha delas notablemente perigosa. ------ Folla: 9.4729.- INICIACIÓN DE EXPEDIENTE DE CESIÓN DE TITULARIDADE DA "EP A LANZADA - SAN VICENTE (O GROVE)" EN FAVOR DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA Sr. Presidente.- Punto número 9 da orde do día. Iniciación do expediente de cesión de titularidade da "EP A Lanzada-San Vicente (O Grove)" en favor da Comunidade Autónoma de Galicia. Esta cesión de titularidade trátase dunha estrada provincial que xa ten un proxecto de mellora elaborado por parte da Xunta de Galicia. Hai un Protocolo de convenio asinado entre a Deputación e a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para execución desta obra. Non se pudo realizar ata a data porque había unhas negociacións previas co Ministerio de Medio Ambiente, Xefatura de Costas, e agora a Xunta de Galicia quere adquirir esta estrada e ó mesmo tempo levar a cabo ese proxecto que xa ten en marcha coas modificacións oportunas. Ademais entendemos que completará ó mesmo tempo a outra estrada que tamén está necesitada dunha mellora, que é a estrada O Grove-San Vicente e que vén a conectar con esta mesma. Son dúas estradas que van a ser melloradas nun período breve de tempo. No Protocolo do Convenio asinado a Deputación asumía o custo das expropiacións. Agora vai asumir directamente a Xunta de Galicia as expropiacións e máis a execución da mesma obra. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. A favor tódolos grupos. Visto o escrito de data 7 de marzo de 2002 da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, solicitando o cambio de titularidade da "EP 9104 A Lanzada-San Vicente (O Grove)", dado que para a adscripción de terreos de dominio público marítimo terrestre necesarios para executa-la obra "Ensanche e Acondicionamento do Acceso Oeste a O Grove" é necesario que a referida vía sexa asumida pola Comunidade Autónoma como parte integrante da súa rede viaria, e emitíndose informe polo Enxeñeiro Técnico-Xefe da Zona Norte o 13-03-02 estimando procedente o cambio de titularidade da citada vía, dende o PK 0 ó 5,200, con inicio na rotonda C-550 Fisterra-Tui pola costa e final no PK 5,200, lugar de San Vicente, por canto que a obra a realizar en tal vial non sería asumible por este organismo no momento actual, e sen que o cambio de titularidade xere ningún prexuízo ós afectados nin á rede viaria provincial, e de conformidade co art. 5 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, o Pleno acorda por unanimidade a iniciación do expediente de cambio de titularidade en favor da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da estrada "EP 9104 A Lanzada - San Vicente (O Grove)" dende o PK 0 ó 5,200, con inicio na rotonda C-550 Fisterra-Tui pola costa e final no PK 5,200, lugar de San Vicente. ------ Folla: 10.4730.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Dar conta das comunicacións. Sr. Secretario.- Se da cuenta de los extractos de las Resoluciones Presidenciales que se enviaron a los distintos grupos políticos dictadas por la Presidencia entre el 18 de febrero y el 16 de marzo y entre las cuales está aquí aparte, aunque esté englobada en ellas, la Resolución de 25 de febrero por la cuál el Presidente, en virtud de la renuncia del Sr. Pedrosa a ostentar la representación de la Diputación en el Consorcio de la Zona Franca de Vigo, propuso en su lugar al Sr. Louzán. Nada más. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Secretario. Queda enterado o Pleno das seguintes comunicacións: A) De Resolución Presidencial de data 25 de febreiro de 2002 substituíndo ó representante da Corporación Provincial no Consorcio da Zona Franca de Vigo, Deputado Provincial e Vicepresidente da Corporación D. Juan Luis Pedrosa Fernández, por renuncia deste, e nomeando ó tamén Deputado Provincial e Vicepresidente da Corporación D. Rafael Louzán Abal, que xa viña ostentando tal representación e fora designado para tal cometido por acordo do Pleno de 24 de setembro de 1999. B) De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas entre o 18 de febreiro e o 16 de marzo do ano 2002 e que foron trasladadas ós voceiros dos distintos grupos políticos. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia, tratáronse os seguintes asuntos: Sr. Presidente.- Fóra da orde do día. ------ Folla: 11.4731.- MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS DO CONSORCIO PARA A PRESTACIÓN DO SERVICIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO SALNÉS Sr. Presidente.- Temos fóra da orde do día a modificación dos Estatutos do Consorcio para a prestación do servicio contra incendios e salvamento da Comarca do Salnés. Entón, procedemos á votación da aprobación da urxencia, que se motiva en que como rematou o período de exposición pública creo que o debemos aprobar, se é posible, co apoio maioritario dos grupos, para así acelerar que estes Parques se poñan en marcha, tanto o de Ribadumia neste caso coma o de Vilagarcía. Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Es una cuestión de orden. Por lo que tengo entendido, los asuntos fuera del orden del día hay que meterlos antes de ruegos y preguntas. Es lo que determina el Reglamento. Lo digo a efectos de que dada la importancia del acuerdo alguien pueda alegar la nulidad. Sr. Presidente.- O Secretario di que non ten maior importancia. De todas maneiras atendemos a súa petición pero non tería maior importancia. Gracias. Polo tanto procedemos a vota-la urxencia deste punto, que sería a modificación dos Estatutos do Consorcio para a prestación do servicio contra incendios e salvamento da Comarca do Salnés. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Polo menos pidan desculpas antes. Aquí estamos afeitos a escoitar continuamente que non se trata o que non veña con tres días de antelación. E esto non estaba as once menos dez na lista de expedientes. Pidan desculpas por eso, porque ou cambiamos o criterio e a partir de agora as mocións de urxencia que quere presentar a oposición trátanse. Nós vamos a votar a favor igual, porque por principios facémolo. Sr. Presidente.- De acordo Sr. Mosquera. Dentro desa vía de diálogo á que estamos abertos ultimamente pedimos desculpas, non hai ningún problema, e procedemos ó importante que é que os veciños do Salnés poidan disfrutar deste Parque o antes posible. Votamos entón a urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Todos. Como xa explicara ben antes o Presidente do Consorcio contra in
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota