ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.768
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2002/04/02_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.363/2.2002-04-02_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2002/04/02_Ordinaria

  • Data(s) 2002-04-02 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 26 de abril de 2002 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día vinteseis de abril do ano dous mil dous, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Ramón Alonso Fernández, D. Xosé Antonio Araujo Quintas, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Jesús María Fernández Portela, D. Alberto García García, D. Emilio González Iglesias, D. Angel Gregores Méndez, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Rafael Louzán Abal, D. Telmo Martín González, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. Juan Luis Pedrosa Fernández, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Manuel Rivera Domínguez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Henrique Viéitez Alonso, D. Manuel Ramón Vilar Márquez e D. José Villar Pereira, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Bos días. Vamos a comeza-lo desenvolvemento da orde do día correspondente ó Pleno ordinario do mes en curso. 1.4735.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria do día 22 de marzo do ano 2002. ¿Algunha corrección á acta?. Non hai. Apróbase por unanimidade. Acórdase por unanimidade aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 22 de marzo de 2002. ------ Folla: 2.4736.- PRIMEIRO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS E SUPLEMENTOS DE CRÉDITO CON CARGO Ó REMANENTE DE TESOURERÍA DISPOÑIBLE Sr. Presidente.- Punto dous. Primeiro expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de crédito con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible. Ten a palabra o Vicepresidente económico D. Juan Luis Pedrosa. Sr. Pedrosa Fernández.- Gracias Sr. Presidente. Este primer expediente de modificación de créditos extraordinarios y suplementos de créditos suma un total de 1.621.832 ¤, de los cuales 585.273 ¤ corresponden a créditos extraordinarios y 1.036.559 € a suplementos de crédito. Todos ellos son con cargo al remanente de Tesorería. Pormenorizadamente diremos que corresponde una gran parte a facturas del año pasado, es decir, créditos reconocidos que se cargan al presupuesto de este año. Entre ellas, de órganos de gobierno, publicidad, gastos de promoción, cargos electos, son 23.596 ¤; una segunda partida del gabinete de prensa, revistas, libros, etc., también créditos reconocidos, facturas, son 887 ¤. Aparece otra partida de teléfonos de 14.710 ¤. Una partida de 54.714 ¤ es el convenio ya firmado por esta Diputación con la Fábrica de Moneda para implantar la firma electrónica. Una partida de 2.942 € para la adquisición de una fotocopiadora. En servicios centrales y promoción de empleo, en mancomunidades, para firma del convenio con la Mancomunidad de Vigo del Programa COMPÁS, 22.303 €, que es la anualidad del año 2002. En Recursos Humanos se incluye el factor de peligrosidad y penosidad que se había omitido en el presupuesto de este año, que son 126.212 ¤. Otra partida es el convenio de personal con el INEM, la parte que le corresponde a la Diputación, que son 11.324 €. Para cursos de formación con el INAP 76.930 ¤. En Contratación, Hacienda y Patrimonio, para Instalaciones Deportivas, en este caso el campo de fútbol de Redondela, una partida de 60.101 ¤. Reconocimiento también de facturas por material de transporte y personal son 893 ¤. Convenios asistenciales en Acción Social, viajes de la tercera edad, 16.524 ¤. Para transferencias a la Xunta para atención social a emigrantes, en este caso es con Argentina, 150.000 ¤. Para la Fundación Érguete 150.253 ¤. Y para una Residencia de la tercera edad en el Concello de Lalín 66.111 ¤. También en Acción Social, para instituciones asistenciales, en este caso para el Proyecto Hombre, figura una partida de 150.000 ¤ y otros 150.000 ¤, suman 300.000 ¤ los dos, son 30.000.000 de pesetas en el Proyecto Hombre y 20.000.000 de pesetas en la Fundación Hoy por Mañana de paralíticos cerebrales. En la Ciudad Príncipe Felipe hay una partida de 21.567 ¤, también facturas reconocidas de comunicaciones, combustibles, etc., y para becas de estudio. Después hay una partida de 55.894 ¤ que corresponde a la compra de 62 enciclopedias gallegas de la editorial Ir Indo para enviar a los 62 concellos de la provincia. Una partida de 1.502 ¤ que corresponden a la Diputación de Ourense por el Premio Otero Pedrayo celebrado el año pasado. En cuanto a actividades culturales, la firma de los convenios con la Fundación Laxeiro y Valle Inclán, 42.000 ¤. Después, en Juventud y Deportes 120.202 € para grandes eventos. Aparece también en Comunicación Social y Participación Ciudadana para la firma de un convenio con el Seminario Carlos Velasco, para la realización de un estudio económico de 18.030 ¤. En el Campamento de La Lanzada, para la contratación del personal laboral eventual, puesto que hubo una jubilación, para un operario de servicios varios, 6.712 ¤, su Seguridad Social correspondiente, 2.167 ¤ y facturas de créditos reconocidos de Telefónica de 398 ¤. En la Imprenta Provincial para comunicaciones postales y adquisición de pequeña maquinaria, son 27.500 ¤. En Vías y Obras son todas ellas facturas del año pasado, de agua, combustible, vestuario, telefónica, etc., 9.791 ¤. En el CPAM, facturas de material informático no inventariable 2.900 ¤ y para mejoras en el software 15.705 €. En cuanto a Intervención, créditos recoñecidos de facturas del año pasado son 3.862 ¤. En Tesorería, para equipo de oficina, adquisición de una fotocopiadora 10.004 ¤. En el Servicio Agrario, facturas reconocidas de 949 €, 1.552 ¤ y 5.593 ¤. Para transferencias varias, en cursos de formación, también el Servicio Agrario 60.000 €, y Escola de Canteiros tiene para personal 24.040 ¤ y para obras 102.172 €. En total son 1.621.000 ¤, donde aproximadamente un 50% son créditos de facturas reconocidas y el resto son gastos eminentemente de carácter social. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pedrosa. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días. Moitas gracias Sr. Presidente. Vamos a votar en contra polos dous motivos de sempre e neste caso por un máis. En primeiro lugar porque esto é a xestión, é consecuencia duns orzamentos cos que non estivemos de acordo, da xestión dese orzamento que evidentemente non compartimos, e en terceiro lugar non se recolle en absoluto nada do proposto por este grupo provincial cando foi o debate dos orzamentos. Polo tanto vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- El Grupo Socialista aún compartiendo parte de las cuestiones por las que se va a dotar economicamente aquí, como el tema de los emigrantes, o los temas de Érguete, etc., etc., también es cierto que nosotros votamos en contra del presupuesto y por lo tanto difícilmente podríamos ahora votar a favor de este tema. Dada la cuantía, que es menor en el conjunto del presupuesto de la Diputación, vamos a abstenernos. Sr. Presidente.- Gracias Sr. González. ¿Algunha intervención máis?. Procedemos polo tanto á votación deste primeiro expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplemento de crédito con cargo ó remanente de Tesourería. ¿Votos en contra?. O BNG. ¿Abstencións?.O Grupo Socialista. ¿Votos a favor?. O Grupo Popular. Apróbase por maioría. Visto o expediente de modificación de créditos para créditos extraordinarios e suplementos de crédito nº 1/2002, dentro do vixente Presuposto Provincial, por un total de un millón seiscentos vinteún mil oitocentos trinta e dous euros con oitenta e un céntimos (1.621.832,81 ¤), motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte e ó non existir consignación no estado de gastos do Presuposto corrente, e que será financiado con cargo o remanente de tesourería dispoñible, sendo os gastos a financiar co expediente específicos e determinados, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión de Economía e Facenda, acorda por maioría de votos a favor do PP, co voto en contra do BNG e a abstención do PSOE, prestar aprobación ó expediente de modificación de créditos para créditos extraordinarios e suplementos de crédito nº 1/2002 que, resumido por capítulos, presenta a seguinte estructura: Expediente de crédito extraordinario: Capítulo 1º Gastos de persoal 146.416,89 ¤ Capítulo 2º Gastos de bens correntes e servicios 125.590,42 ¤ Capítulo 4º Transferencias correntes 22.303,73 ¤ Capítulo 6º Inversións reais 164.749,51 ¤ Capítulo 7º Transferencias de capital 126.212,54 ¤ Total crédito extraordinario 585.273,09 ¤ Expediente de suplemento de crédito: Capítulo 1º- Gastos de persoal 76.930,00 ¤ Capítulo 2º- Gastos de bens correntes e servicios 112.926,19 ¤ Capítulo 4º- Transferencias correntes 729.816,71 ¤ Capítulo 6º- Inversións reais 14.714,76 ¤ Capítulo 7º- Transferencias de capital 102.172,06 ¤ Total suplemento de crédito 1.036.559,72 ¤ Os expedientes, resumidos por capítulos, presentan a seguinte estructura: Capítulo 1º - Gastos de persoal 223.346,89 ¤ Capítulo 2º - Gastos de bens correntes e servicios 38.516,61 ¤ Capítulo 4º - Transferencias correntes 752.120,44 ¤ Capítulo 6º - Inversións reais 179.464,27 ¤ Capítulo 7º - Transferencias de capital 228.384,60 ¤ Total expediente de modificación de crédito 1.621.832,81 ¤ Dito expediente exporase ó público a efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse as mesmas. ------ Folla: 3.4737.- ADHESIÓN DO CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO Ó CONVENIO DE XESTIÓN CATASTRAL Sr. Presidente.- Punto tres. Adhesión do Concello de Campo Lameiro ó Convenio de Xestión Catastral. ¿Algunha intervención?. Votamos polo tanto. ¿Votos en contra?. Non hai. ¿Abstencións?. Tampouco. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. Visto o acordo do Consello de Administración do ORAL, adoptado en sesión celebrada o día 18 de marzo de 2002, polo que se acepta a solicitude do concello de Campo Lameiro de adhesión ó Convenio de Xestión Catastral, subscrito entre a Dirección Xeral do Catastro e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), solicitada por acordo do Pleno do Concello de Campo Lameiro, adoptado en sesión celebrada o 25-01-02, o Pleno acorda por unanimidade ratifica-lo referido acordo do Consello de Administración do ORAL, aceptando a adhesión do Concello de Campo Lameiro ó Convenio de Xestión Catastral. ------ Folla: 4.4738.- RATIFICACIÓN DO CONVENIO DE ADHESIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO "COMPÁS" DENTRO DA INICIATIVA DA UNIÓN EUROPEA EQUAL Sr. Presidente.- Punto número catro. No punto número catro hai un erro, hai un importante erro de fondo posto que di o seguinte: Adhesión da Deputación á constitución da Agrupación de desenvolvemento do Proxecto "COMPÁS" (Iniciativa EQUAL) da Área Metropolitana de Vigo; habilitación de crédito e facultar ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Ben, repito, hai un erro de fondo importante; non se trata de someter a votación a adhesión en si senón que este punto debía dici-lo seguinte: Ratificación do convenio de adhesión para o desenvolvemento do Proxecto COMPÁS dentro da iniciativa da Unión Europea-EQUAL, asinado o día 10 deste mes, pola Deputación Provincial de Pontevedra, a Mancomunidade de Vigo, os Sindicatos UGT, Comisións Obreiras e CIGA e a Confederación de Empresarios de Pontevedra. Por urxencia, en concreto a urxencia que manifestou o Presidente nestes momentos que é o Sr. Alcalde de Vigo. Había posibilidades de perder este diñeiro e polo tanto todas estas entidades firmamos o día 10. O que se trae neste momento é a ratificación deste convenio. Este convenio implica por parte da Deputación un compromiso de aportar 71.371 ¤, en tres anualidades; 22.303 ¤ no ano 2002, 35.688 ¤ no ano 2003, e 13.382 ¤ no 2004. Polo tanto pido ó Pleno que votemos a ratificación da sinaura deste Convenio e non exactamente o que en concreto lle consta a vostedes na carpeta que é a adhesión da Deputación e autorizar ó Presidente para asinalo, posto que xa está asinado por razóns de urxencia. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Procedemos polo tanto á votación do punto 4 que é, repito, ratificación do Convenio asinado o día 10. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Promoción de Emprego e Acción Social, o Pleno acorda por unanimidade aproba-la ratificación do convenio de adhesión para o desenvolvemento do Proxecto COMPÁS dentro da iniciativa da Unión Europea-EQUAL na Área Metropolitana de Vigo, ó que esta Deputación aportará 71.371,94 ¤ da seguinte maneira: 22.303,73 ¤ no 2002; 35.685,97 ¤ no 2003 e 13.382,24 ¤ no 2004, habilitando para iso o correspondente crédito. ------ Folla: 5.4739.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario.- Darles cuenta, como siempre, de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 18 de marzo y el 19 de abril del año en curso y que han sido ya trasladadas a los distintos grupos políticos en el extracto correspondiente. Nada más. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Secretario. Queda enterado o Pleno da seguinte comunicación: - De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas pola Presidencia entre os días 18 de marzo e 19 de abril do ano en curso e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia, tratouse o seguinte asunto: ------ Folla: 6.4740.- DECLARACIÓN INSTITUCIONAL MANIFESTANDO O PESAR DA CORPORACIÓN PROVINCIAL POLO PASAMENTO DO ESCULTOR D. JUAN OLIVEIRA VIÉITEZ Sr. Presidente.- Antes de pasar ó punto 6, de rogos e preguntas quería propoñer ou facer unha proposta institucional no senso de que conste en acta o pesar polo pasamento do ilustre escultor pontevedrés D. Juan Oliveira Viéitez e facerlle chegar este sentimento de toda a Corporación á súa familia. ¿Hai algún inconveniente en que esto se faga?. Sr. Secretario tome nota, que conste en acta e prepárese este acordo para envíar á familia do falecido D. Juan Oliveira. O Pleno da Corporación Provincial acorda por unanimidade manifesta-lo pesar polo pasamento do ilustre escultor pontevedrés D. Juan Oliveira Viéitez, e facer chegar este sentimento de pesar de toda a Corporación á súa familia ------ Folla: 7.4741.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Pasamos ó punto de rogos e preguntas. ¿Algún rogo?. Si, Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Vamos a ver. É un tema xa recorrente e que quería aproveita-lo Pleno para aclaralo. Nas obras que esta facendo a Deputación no Museo, e neste caso é no Museo pero pode ser en calquera outro edificio ou obra, o Concello de Pontevedra, creo que como non podía ser doutra maneira, non esixe ningún tipo de fianza. E a consecuencia é que o contratista de turno fai uns danos nos pavimentos, ás veces bastante serios, e que despois temos que arranxar. Cando foi a rúa Laranxeira había un convenio que o Concello aportou a mitade, pero que nos está creando uns problemas de xestión bastante gordos porque despois hai que andar un por un. Neste caso en concreto, entre a rúa Laranxeira e Flórez, para arranxa-lo tellado do Museo puxeron alí unha grúa que deixou o pavimento en bastante mal estado, levantouno e demais. Xa hai semanas que se retirou a grúa e segue estando absolutamente mal. Evidentemente se fora un privado, se houbera unha fianza ese problema non existía porque a fianza sempre é moi superior ós desperfectos polo cal arranxaría pola conta que lle ten. Non é o caso e temos alí o pavimento en mal estado. Rogaríalle ó Presidente que se interesara polo tema e a ver se o podemos arranxar, porque a outra solución de pasar a esixir fianzas, como se lle esixe a un privado, creo que entre institucións non sería o correcto. A ver se podemos arranxar canto antes. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Eu vou entón a tomar a decisión de mandar a que vexa ó técnico correspondente eses danos ocasionados. Que os valore e posto que ó empresario aínda non lle recibimos a obra, é ten unha fianza nesta casa e con cargo a esta fianza vamos a ver se podemos obrigarlle a que repare os danos ocasionados. Se esto non fora así falaremos; podemos cooperar nese sentido para poder solucionar esto. Sr. Mosquera Lorenzo.- Xa sei que non dá lugar a debate, pero o problema é o traballo que hai que facer para subsanar un fallo previo, é dicir, agora teremos que poñernos de acordo e falalo, etc. Vale. A ver se o arranxamos e a ver se hai algún mecanismo para arranxalo para outra vez, porque ó final dá un traballo de xestión enorme en algo que debería de ser automático. Se se fai un dano quen o fixo que o arranxe inmediatamente. Se non hai ese mecanismo coactivo a experiencia demostra que despois temos que andar detrás, arranxa, negocia, fai e ademais un esforzo de xestión que non ten moito sentido porque debía ser un mecanismo automático. Gracias. Sr. Presidente.- Ben. Gracias Sr. Mosquera. ¿Algunha intervención máis?. ¿Algunha pregunta?. Non hai. Moitas gracias. Levántase a sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as once horas e vinte minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición