Fondos
2002-05-31_Ordinaria. Acta de sesión 2002/05/31_Ordinaria
Acta de sesión 2002/05/31_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.363/2.2002-05-31_Ordinaria
Título Acta de sesión 2002/05/31_Ordinaria
Data(s) 2002-05-31 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 31 de maio de 2002 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día trinta e un de maio do ano dous mil dous, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez,D. Xosé Antonio Araujo Quintas, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Jesús María Fernández Portela, D. Alberto García García, D. Emilio González Iglesias, D. Angel Gregores Méndez, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Rafael Louzán Abal, D. Telmo Martín González, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. Juan Luis Pedrosa Fernández, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Manuel Rivera Domínguez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Henrique Viéitez Alonso, D. Manuel Ramón Vilar Márquez e D. José Villar Pereira, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o Sr. Deputado D. Ramón Alonso Fernández quen excusa a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Comezamos o desenvolvemento da orde do día do Pleno ordinario correspondente ó mes de maio. 1.4742.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 26 de abril de 2002. ¿Algunha alegación por parte dalgún grupo?. Non hai alegacións. Apróbase polo tanto por unanimidade. Apróbase por unanimidade o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 26 de abril do ano 2002. ------ Folla: 2.4743.- SEGUNDO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS E SUPLEMENTOS DE CRÉDITO CON CARGO Ó REMANENTE DE TESOURERÍA DISPOÑIBLE Sr. Presidente.- Punto dous. Segundo expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de crédito con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible. Ten a palabra o Vicepresidente económico D. Juan Luis Pedrosa. Sr. Pedrosa Fernández.- Si. Gracias Sr. Presidente. Buenos días. Bien, decir que a este punto, que pasó el otro día por Comisión, quiero añadir una enmienda en la que se incluye a ese mismo suplemento de crédito dos nuevas partidas, una de 84.000 euros en la partida 02.111.111.231 y otra de 33.000 euros en la 230. Con esto quedaría el total del expediente de suplemento de créditos en 793.631,01 euros, cuyo reparto sería de la siguiente manera: 128 euros en locomoción de personal de créditos reconocidos de facturas del año pasado; 1.534 euros también cuotas sociales de Recursos Humanos y gastos sociales de funcionamiento de personal, de formación y de perfeccionamiento también créditos reconocidos 1.534 euros. Una partida de 102.000 euros para un modificado del pabellón del Ayuntamiento de Salvatierra. Otra partida de 73.000 euros para la compra o adquisición de un programa de gestión de nóminas y de personal. Otra partida de 109,74 euros de créditos reconocidos de dietas y locomoción del personal de la Ciudad Infantil "Príncipe Felipe". Una partida de 850 euros para la adquisición de una cámara de fotos para el Servicio de Arquitectura y Urbanismo. Otra partida de 468,50 euros de créditos reconocidos de locomoción de personal de Vías y Obras. Una partida de 1.682,83 euros para una subvención que fue concedida en el año 2001 al Ayuntamiento de Ponteareas y que no fue contabilizada. Otra partida de 30.000 euros para el convenio con Silvanus. Una partida de 240.405 euros para mejoras de ampliación en las fincas de Mouriscade y sobre todo en Areeiro. Una partida de 30.000 euros para adquisición de maquinaria también del Servicio Agrario. Una partida de 90.200 euros para el Ayuntamiento de Nigrán para un auditorio o casa de cultura en la parroquia de Priegue. Y una partida de 106.251,89 euros, que serían 96.521 para ajuste en la financiación del Programa Operativo Local y otra de 9.730 euros para ajustes en el Plan Provincial de Cooperación de Vías Provinciales. Sr. Presidente.- Gracias. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Hola, bos días, moitas gracias. A de sempre, non quero repetirlle. Votamos en contra do orzamento e non estamos de acordo coa xestión e polo tanto vamos a votar en contra sen entrar en detalle das partidas concretas que se incorporan neste expediente de modificación de créditos. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Dada a contía do expediente, coa modificación de agora está sobre 750.000 euros; nalgunhas das partidas estamos de acordo, pero votamos en contra do Presuposto, polo tanto tanto neste punto, coma nos dous seguintes, vamos absternos. Sr. Presidente.- Gracias. Votamos polo tanto o número dous. Segundo expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de crédito con cargo ós remanentes de Tesourería dispoñible. ¿Votos en contra?. O BNG. ¿Abstencións?. O Grupo Socialista. ¿Votos a favor?. O Grupo Popular. Apróbase por maioría. Visto o expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de crédito nº 2/2002, dentro do vixente Presuposto Provincial, por un total de 698.656,89 Euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte e ó non existir consignación no estado de gastos do Presuposto corrente, que será financiado con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible, sendo os gastos a financiar co expediente específicos e determinados, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda, por maioría de votos do Grupo Popular, coa abstención do Grupo Socialista e os votos en contra do BNG, prestar aprobación ó expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de crédito nº 2/2002, así como á emenda presentada polo Sr. Pedrosa, que supón un incremento de 117.000 euros no citado expediente, que resumido por capítulos, presenta a seguinte estructura: Expediente de crédito extraordinario: Capítulo 1º- Gastos de Persoal 1.534,19 Euros Capítulo 2º- Gastos en bens correntes e servicios 707,10 Euros Capítulo 4º- Transferencias correntes 1.682,83 Euros Capítulo 6º- Inversións reais 850,00 Euros Capítulo 7º- Transferencias de capital 90.200,00 Euros TOTAL crédito extraordinario 94.974,12 Euros Expediente de suplemento de crédito: Capítulo 2º- Gastos en bens correntes e servicios 117.000,00 Euros Capítulo 4º- Transferencias correntes 30.000,00 Euros Capítulo 6º- Inversións reais 551.656,89 Euros Total suplemento de crédito 698.656,89 Euros Os expedientes resumidos por capítulos, presentan a seguinte estructura: Capítulo 1º- Gastos de Persoal 1.534,19 Euros Capítulo 2º- Gastos en bens correntes e servicios 117.707,10 Euros Capítulo 4º- Transferencias correntes 31.682,83 Euros Capítulo 6º- Inversións reais 552.506,89 Euros Capítulo 7º- Transferencias de capital 90.200,00 Euros Total expediente de modificación de crédito 793.631,01 Euros Dito expediente será exposto ó público, a efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse as mesmas. ------ Folla: 3.4744.- PRIMEIRO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITO 2002 (SUPLEMENTOS) DO ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS (ORAL) Sr. Presidente.- Punto número tres. Primeiro expediente de modificación de crédito 2002 (suplementos) do Organismo Autónomo Provincial de xestión de Recursos Locais. Ten a palabra o Vicepresidente económico D. Juan Luis Pedrosa. Sr. Pedrosa Fernández.- Gracias Sr. Presidente. Este es el primer expediente de modificación de créditos del ORAL, que tiene un montante de 97.000 euros repartido de la siguiente manera: 22.000 euros para adquisición de mobiliario y enseres; 20.000 euros para adquisición de equipos de información; 3.500 euros para arrendamientos; 1.500 euros en la partida de prensa, revistas, libros y otras publicaciones; y 50.000 euros en la partida referida a trabajos catastrales y concretamente en este caso es para notificaciones en los distintos Ayuntamientos. Todo ello supone esos 97.000 euros y son con cargo a remanentes de Tesorería. Sr. Presidente.- Gracias. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Votamos o número tres. Primeiro expediente de modificación de créditos 2002 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL). ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Os Grupos Socialista e do BNG. ¿Votos a favor?. O Grupo Popular. Apróbase por maioría. Visto o primeiro expediente de modificación de crédito 2002 (suplementos) do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais, dentro do vixente Presuposto Provincial, por un total de 97.000 Euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte e ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do Presuposto corrente, que será financiado con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do Presuposto do ORAL, correspondente ó exercicio de 2001, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda, por maioría de votos a favor do Grupo Popular e coa abstención dos Grupos Socialista e do BNG, aproba-lo expediente incrementando a dotación presupostaria das partidas que a continuación se indican nas seguintes contías: Partida Denominación Importe Euros 2002/861.611.625.01- Adquisición Mobiliario e enseres 22.000 2002/861.611.626.01- Adquisición equipos de información 20.000 2002/861.611.202.00- Arrendamentos 3.500 2002/861.611.220.01- Prensa, revistas, libros e outras publicacións 1.500 2002/861.611.227.07- Traballos catastrais 50.000 TOTAL 97.000 O financiamento do expediente realizarase con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do presuposto do ORAL correspondente ó exercicio de 2001. Dito expediente exporase ó público, a efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles. ------ Folla: 4.4745.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO Nº 1/2002 DO PADROADO DA ESCOLA DE CANTEIROS Sr. Presidente.- Punto número catro. Expediente de suplemento de créditos nº 1/2002 do Padroado da Escola de Canteiros. Ten a palabra o Vicepresidente económico. Sr. Pedrosa Fernández.- Este es el primer expediente de suplemento de créditos de la Escola de Canteiros de Pontevedra. Es por valor de 7.814,62 euros, que es el remanente de Tesorería disponible y todo el pasa a englosar la partida de pago de trabajos para alumnos. Sr. Presidente.- Gracias. ¿Intervencións?. Non hai. Votamos. O número catro, expediente de suplemento de crédito, primeiro, do Padroado da Escola de Canteiros. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. O Grupo Socialista. ¿Votos a favor?. O Grupo Popular e do BNG. Apróbase por maioría. Visto o expediente de suplemento de crédito nº 1/2002 do Padroado da Escola de Canteiros, dentro do vixente Presuposto Provincial, por un total de 7.814,62 Euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte e ó non existir consignación no estado de gastos do Presuposto corrente, que será financiado con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do Presuposto do Padroado correspondente ó exercicio de 2001, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda, por maioría de votos a favor dos Grupos Popular e do BNG e coa abstención do Grupo Socialista, prestar aprobación ó expediente, aplicando os gastos a financiar á partida e polo importe que a continuación se detalla: 02/844-422-481-01 - Pago traballos a alumnos 7.814,62 Euros Total 7.814,62 Euros O financiamento do expediente realizarase con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do Presuposto do Padroado correspondente ó exercicio de 2001, conlevando dito financiamento o incremento das previsións de ingreso no subconcepto: 02/844-870-01- Aplicación ó financiamento de suplementos de crédito - 7.814,62 Euros Dito expediente exporase ó público, a efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles. ------ Folla: 5.4746.- CONVENIO ENTRE A SECRETARÍA DE ESTADO DE FACENDA (DIRECCIÓN XERAL DO CATASTRO) E A DEPUTACIÓN, DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO Sr. Presidente.- Punto número cinco. Convenio entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra, de colaboración en materia de atención ó público. Ten a palabra o Vicepresidente económico. Sr. Pedrosa Fernández.- Si, gracias Sr. Presidente. Este nuevo Convenio que se trae a Pleno hoy se enmarca dentro del principio general de que las administraciones públicas rigen sus relaciones por el criterio de cooperación y su actuación por la eficiencia y el servicio a los ciudadanos. En este caso se trata de posibilitar una mejor y más eficaz gestión tributaria y un mantenimiento adecuado y completo del catastro. Según este Convenio, la Diputación podrá recepcionar documentación y atender al público; es un Convenio sobre todo de atención al público en los distintos procedimientos relacionados con la gestión catastral. Concretamente la Diputación Provincial, a través de las oficinas delegadas del ORAL, colaborará en régimen de prestación de servicios en las tareas de atención al público derivadas de la gestión catastral que sean competencia de la Gerencia Territorial. Podrán recibir documentación, asistir al contribuyente en la cumplimentación de las declaraciones de alteraciones catastrales de bienes inmuebles de naturaleza rústica y urbana, lo que se realizará preferentemente mediante un programa que será suministrado por la Gerencia Territorial, que se llama el PADECA; podrá asímismo recibir todo tipo de alegaciones, solicitudes, recursos, correcciones de errores, etc., para su posterior traslado a la Gerencia Territorial Sr. Presidente.- Gracias. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Votamos polo tanto o punto número 5, Convenio entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación, de colaboración e materia de atención ó público e autorizar ó Presidente para a sinatura do Convenio. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. Visto o escrito da Xerencia Territorial do Catastro de Pontevedra, co que se adxunta proxecto de Convenio de colaboración en materia de atención ó público a establecer entre a Dirección Xeral do Catastro e a Deputación Provincial a través do ORAL e visto o acordo do Consello de Administración do ORAL, en sesión celebrada o 16 de maio de 2002, polo que se presta conformidade ó mencionado Convenio en base ó informe favorable da Dirección de dito organismo; vistos así mesmo o artigo 37.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local sobre delegación de competencias da Administración do Estado nas Deputacións Provinciais; a Lei 39/88, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais; os artigos 3 e 4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común sobre cooperación entre as distintas Administracións Públicas e a posibilidade de suscribir convenios de colaboración; e o Real Decreto 1390/90, de 2 de novembro, sobre colaboración en materia catastral, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por unanimidade prestar aprobación a dito Convenio que se une como anexo a este acordo. Así mesmo facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente desta Deputación para levar a cabo a sinatura deste Convenio e de cantas outras actuacións sexan necesarias en relación coas condicións establecidas no mesmo. Dito Convenio é como segue: CONVENIO ENTRE A SECRETARÍA DE ESTADO DE FACENDA (DIRECCIÓN XERAL DO CATASTRO) E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO Reunidos na cidade de ......., a.......... de ...................... do ano dous mil dous. Dunha parte: D. Jesús S. Miranda Hita Director Xeral do Catastro, en exercicio das competencias que ten delegadas por Resolución da Secretaría de Estado de Facenda de 14 de xuño de 1996 (BOE nº 148 de 19 de xuño). Doutra parte: D. Manuel Abeledo López, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, no uso das facultades que lle confire o artigo 34 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. EXPOÑEN PRIMEIRO.- A Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, establece no artigo 7 que as competencias das Entidades Locais son propias ou atribuídas por delegación, prevendo o artigo 37.2 que a Administración do Estado poderá delegar nas Deputacións Provinciais o exercicio de determinadas competencias. SEGUNDO.- A Administración do Estado, en virtude da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, ten atribuídas as competencias referidas á formación, conservación, revisión, renovación e demais funcións inherentes ós catastros inmobiliarios, que constituen a base de datos e descripcións dos bens inmobles, con expresión das circunstancias físicas, económicas e xurídicas necesarias para coñece-la propiedade territorial e a súa definición nos seus diferentes aspectos e aplicacións. TERCEIRO.- A Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común senta no seu artigo 3 o principio xeral segundo o cal as Administracións Públicas se rexen, nas súas relacións, polo criterio de cooperación e, na súa actuación, polo de eficiencia e servicio ós cidadáns. CUARTO.- Pola súa parte, o Real Decreto 1390/1990, de 2 de novembro, sobre colaboración das Administracións Públicas en materia de xestión e inspección catastral, contempla o desenvolvemento do conxunto de cuestións relacionadas coa colaboración entre as diversas Administracións Públicas implicadas na xestión de tributos inmobiliarios, determinando a información que mutuamente deben subministrarse para posibilitar unha mellor e máis eficaz xestión tributaria e un mantemento adecuado e completo do Catastro. QUINTO.- Tanto a Deputación Provincial de Pontevedra como a Dirección Xeral do Catastro do Ministerio de Facenda consideran imprescindible establece-lo cauce de intercambio de información preciso, segundo o establecido no artigo 4.1.c) da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, para conseguir unha maior eficacia na actuación de ámbalas dúas Administracións, colaborando nas tarefas de atención ó público derivadas da xestión catastral, co fin de evitar desprazamentos dos cidadáns á capital da provincia e desconxestionando os servicios que se prestan de maneira centralizada na Xerencia Territorial do Catastro de Pontevedra. SEXTO.- A Deputación Provincial de Pontevedra, en data ... solicitou a través da Xerencia Territorial de Pontevedra, á Dirección Xeral do Catastro, a formalización do presente Convenio de colaboración. SÉTIMO.- O Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria de ..., en sesión celebrada o ..., informou favorablemente a subscrición do presente Convenio, en virtude do establecido no artigo 7 do Real Decreto 1390/1990, de 2 de novembro. OITAVO.- A Xunta de Contratación do Ministerio de Economía e Facenda en sesión celebrada o ..., informou favorablemente a subscrición do presente Convenio, en virtude do establecido na Orde de 30 de maio de 1997. En consecuencia, as Administracións intervintes proceden á formalización do presente Convenio de acordo coas seguintes: CLÁUSULAS PRIMEIRA.- OBXECTO DO CONVENIO. É obxecto do presente Convenio a colaboración entre a Dirección Xeral do Catastro, a través da Xerencia Territorial do Catastro de Pontevedra (en adiante Xerencia Territorial), e a Deputación Provincial de Pontevedra (en adiante a Deputación Provincial) para a recepción de documentación e atención ó público nos procedementos relacionados coa xestión catastral, nos termos que figuran especificados nas cláusulas seguintes: SEGUNDA.- ACTUACIÓNS DE COLABORACIÓN. A Deputación Provincial, a través das súas oficinas delegadas, colaborará, en réxime de prestación de servicios, nas tarefas de atención ó público derivadas da xestión catastral que sexan competencia da Xerencia Territorial, comprendéndose en dita colaboración as seguintes actuacións: a) Recepción da documentación e asistencia ó contribuínte na cumprimentación das declaracións de alteracións catastrais concernentes a bens inmobles de natureza rústica e urbana, o que se realizará preferentemente mediante o Programa de Axuda para a Presentación de Alteracións Catastrais (PADECA) subministrado pola Xerencia Territorial. b) Recepción de todo tipo de alegacións, solicitudes, recursos e correccións de erros, para o seu posterior traslado á Xerencia Territorial. c) Información xeral ós cidadáns, a petición dos mesmos, dos datos contidos nos Catastros Inmobiliarios, de conformidade coa regulación establecida na Lei 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e na disposición adicional segunda da Lei 24/2001, de 27 de decembro, de Medidas Fiscais, Administrativas e de Orde Social. No suposto de que a Deputación Provincial expida, a instancia de parte, documentación na que se inclúa datos contidos nos Catastros inmobiliarios, esta terá como única finalidade a de informar ó interesado, sen que poida te-la consideración nin os efectos xurídicos de certificación catastral. Ó obxecto de prestar un mellor servicio de información, a Deputación Provincial poderá mostrar ós interesados a cartografía catastral subministrada pola Xerencia Territorial, pero non poderá facilitar ningún documento contendo copia de dita cartografía, que só poderá ser obtida na Xerencia Territorial. TERCEIRA.- METODOLOXÍA E DESCRICIÓN DOS TRABALLOS. a) A Deputación Provincial obterá a información catastral alfanumérica dos bens inmobles de natureza rústica e urbana de cada termo municipal da provincia preferentemente do Padrón anual do Imposto sobre Bens Inmobles, que será entregado pola Xerencia Territorial nos termos establecidos no Real Decreto 1448/1989, de 1 de decembro. b) As consultas á información facilitada polo Catastro realizadas polo persoal da Deputación Provincial axustaranse ó disposto na L.O. 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e na disposición adicional segunda da Lei 24/2001, de 27 de decembro, de Medidas Fiscais, Administrativas e de Orde Social, sendo utilizadas exclusivamente para os fins deste Convenio. c) A Deputación Provincial estará exenta da Taxa de acreditación catastral correspondente á información subministrada como consecuencia deste Convenio, de conformidade co establecido no art. 33.4 da Lei 13/1996, de 30 de decembro, de Medidas Fiscais, Administrativas e de Orde Social, segundo redacción dada pola Lei 25/1998, de 13 de xullo. d) A Xerencia Territorial porá a disposición da Deputación Provincial copia da cartografía dixital dos termos municipais nos que se atopa dispoñible, no formato informático establecido pola Dirección Xeral do Catastro, e facilitará os orixinais de dita cartografía en soporte papel, asumindo a Deputación Provincial os custes da súa reproducción. A Comisión de Seguimento determinará a forma de entrega e reproducción da citada documentación, así como das futuras actualizacións. e) A Deputación Provincial facilitará á Xerencia Territorial cunha periodicidade mensual información sobre o número de persoas que foron atendidas nas súas oficinas como consecuencia da aplicación do presente convenio. f) A Xerencia Territorial facilitará á Deputación Provincial os distintos modelos que puideran existir na mesma para facilitar ós interesados a presentación de solicitudes, recursos ou reclamacións, así como para a corrección de erros. g) A Xerencia Territorial encargarase da formación dos funcionarios designados pola Deputación Provincial nas materias obxecto deste Convenio, incluíndo o manexo do Programa de Axuda para a Presentación de Alteracións Catastrais (PADECA). h) A Comisión de Seguimento do convenio designará un funcionario de cada unha das Administracións colaboradoras que serán os encargados da coordinación ordinaria das actuacións de ambas. i) Tanto a Deputación Provincial como a Dirección Xeral do Catastro adoptarán cantas medidas estimen oportunas encamiñadas a poñer en coñecemento do público o contido do presente Convenio, evitando en todo caso duplicidade de actuacións ou trámites innecesarios. j) O intercambio de información derivado do exercicio das facultades encomendadas neste Convenio realizarase utilizando medios telemáticos, a través dos mecanismos que estableza a Dirección Xeral do Catastro que garantirán a autenticidade, integridade, confidencialidade e non repudio dos envíos. A tal efecto, a entidade local deberá dispor dunha dirección de correo electrónico destinada a tal fin e acceso a internet. En tanto non se implante este sistema poderanse realiza-los envíos a través de soportes magnéticos que determine a Dirección Xeral do Catastro. CUARTA.- CERTIFICACIÓN DE DATOS DO PADRÓN. A Deputación Provincial poderá certificar, a instancia dos interesados os datos obrantes no Padrón do Imposto sobre Bens Inmobles, facendo constar, en todo caso, a orixe ou fonte da información que se facilita. Non obstante o disposto no parágrafo anterior, a competencia para a expedición dos certificados acreditativos da referencia catastral corresponde ó Xerente Territorial do Catastro. Ós efectos previstos na Lei 13/1996, de 30 de decembro, de Medidas Fiscais, Administrativas e de Orde Social, e en relación ós bens inmobles de natureza urbana, a Deputación Provincial poderá emiti-la certificación das referencias catastrais cando teña aceptado a delegación de competencias efectuada polo Xerente Territorial, de conformidade co establecido no artigo 50.3 da Lei 13/1996 e nos artigos 27.3 e 37.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local. QUINTA.- ACTUACIÓNS DE COLABORACIÓN PARA O MANTEMENTO DA BASE DE DATOS DO CATASTRO. Para actuacións de mantemento e inspección catastral específicas previamente programadas pola Dirección Xeral do Catastro e sempre a requerimento da mesma, a través da Xerencia Territorial, a Deputación Provincial, directamente ou a través dos correspondentes Concellos, comprométese a realizar, en réxime de prestación de servicios, as actuacións de información sobre a identificación e características físicas dos bens inmobles de que se trate, con indicación da ubicación e os titulares dos mesmos, así como a remisión das licencias de primeira ocupación ou calquera outro documento expedido polos Concellos en orde a certifica-lo final das obras. En ningún caso a Deputación Provincial requerirá directamente ós interesados a información anteriormente indicada alegando unha actuación de inspección en colaboración co Catastro. A Comisión de Seguimento determinará para estas actuacións as medidas concretas en canto ós formatos e prazos de entrega da documentación e información a facilitar pola Deputación Provincial. SEXTA.- CARTA DE SERVICIOS DO CATASTRO. A Deputación Provincial adoptará as medidas que considere necesarias en orde á correcta realización das funcións que o seu contido e réxime xurídico figuran especificados no presente Convenio, de acordo cos compromisos de calidade contidos na Carta de Servicios do Catastro aprobada por Resolución do Subsecretario do Ministerio de Economía e Facenda de data 22 de febreiro de 2000 (BOE nº 54, de 3 de marzo). Así mesmo, a Deputación Provincial adecuará as súas actuacións en aplicación do previsto no Convenio ás distintas Cartas de Servicios do Catastro que puideran ser aprobadas polo Ministerio de Facenda durante a vixencia do mesmo. SÉTIMA.- PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL. A Deputación Provincial, no exercicio das funcións previstas no presente Convenio, adecuará as súas actuacións á Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normas de aplicación. A Deputación Provincial terá a consideración de "encargado do tratamento" e o acceso á información catastral de carácter persoal necesaria para a prestacion dos servicios obxecto deste Convenio non suporá "comunicación de datos", a efectos do disposto na citada Lei Orgánica 15/1999. O tratamento da referida información será realizado unicamente por persoal da Deputación Provincial debidamente autorizado pola mesma, sen prexuízo da posibilidade de contratación dos traballos obxecto do Convenio con empresas especializadas, e nese caso, a Deputación Provincial fará constar expresamente que a empresa contratista debe axustarse ó mesmo réxime de garantías e esixencia de responsabilidade que a propia entidade colaboradora encargada do tratamento dos datos. En todo caso, a Deputación Provincial asume as seguintes obrigas: a) No tratamento dos datos, a Deputación Provincial actuará conforme ás instruccións da Xerencia Territorial, responsable do ficheiro. b) A Deputación Provincial adoptará todas aquelas medidas de índole técnica e organizativas que resulten necesarias para garanti-la seguridade dos datos de carácter persoal, así como para evita-la súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado. c) A Deputación Provincial non aplicará nin utilizará os datos de carácter persoal con fins distintos ós que figuran neste Convenio, nin os comunicará, nin sequera para a súa conservación, a outras persoas. d) A Deputación Provincial está obrigada a garda-lo segredo profesional respecto dos datos de carácter persoal tratados, aínda despois da extinción do presente Convenio. e) A denuncia do Convenio por algunha das partes suporá a devolución á Xerencia Territorial de tódolos documentos ou soportes informáticos en que puideran constar algún dato de carácter persoal. f) No caso de que a Deputación Provincial destine os datos a outra finalidade, os comunique ou os utilice incumprindo as estipulacións deste Convenio, será considerada tamén responsable do tratamento, respondendo das infraccións en que houbera incorrido personalmente. OITAVA.- RÉXIME XURÍDICO. a) O presente Convenio subscríbese ó amparo do establecido no artigo 78.1 e na Disposición Adicional Cuarta, 2, da Lei Reguladora das Facendas Locais, así como nos artigos 6 e seguintes do Real Decreto 1390/1990, de 2 de novembro, sobre colaboración das Administracións Públicas en materia de xestión catastral e tributaria e inspección catastral. b) O presente Convenio celebrado así mesmo ó amparo do disposto no artigo 3.1.c) do Real Decreto Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas ten natureza xurídico-administrativa, rexéndose, en todo o non disposto nel, polos principios derivados daquela Lei para resolve-las dúbidas e lagoas que poidan plantexarse, así como as demais disposicións que resulten de aplicación. Sen prexuízo do previsto na cláusula novena deste Convenio, para resolve-los litixios que puideran xurdir sobre a súa interpretación, cumprimento, extinción, resolución e efectos serán competentes os Tribunais da orde xurisdiccional contencioso-administrativa. c) A realización das funcións obxecto do Convenio non implica a transferencia de medios materiais e persoais, nin comportará contraprestación económica ningunha por parte da Dirección Xeral do Catastro á Deputación Provincial. En consecuencia, ó carece-lo obxecto deste Convenio de contido económico do que derive gasto, non resulta de aplicación o previsto no artigo 74.4 do texto refundido da Lei Xeral Presupostaria, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1091/1988, de 23 de setembro, na redacción dada ó mesmo polo artigo 1 da Lei 11/1996, de 27 de decembro, de Medidas de disciplina presupostaria. d) Sen prexuízo das facultades de organización dos seus propios servicios, a Deputación Provincial deberá exercer ditas funcións con estricto cumprimento dos extremos expostos neste documento e en ningún caso poderá delegar ou encomendar noutra entidade as funcións de colaboración asumidas neste documento. e) O Convenio extinguirase, previo requerimento da Dirección Xeral do Catastro, cando a Deputación Provincial incumpra os compromisos asumidos no mesmo. Neste suposto, a Deputación Provincial absterase de continuar realizando as funcións de colaboración, remitindo á maior urxencia a documentación que teña no seu poder á Xerencia Territorial. Dito proceso será controlado en todo momento pola Comisión de Seguimento en orde a garanti-la continuidade na prestación do servicio. f) A Dirección Xeral do Catastro poderá repetir contra a Deputación Provincial no caso de que sexa declarada responsable dalgún prexuízo ocasionado con motivo da función exercida por ésta, en virtude do pactado no presente Convenio. NOVENA.- COMISIÓN DE SEGUIMENTO. Constituirase unha Comisión de Seguimento que, formada por dous membros de cada parte, será presidida polo Xerente Territorial ou o funcionario en quen delegue e que, con independencia das funcións concretas que lle asignen as demais cláusulas deste Convenio, velará polo cumprimento das obrigas de ámbalas dúas partes e adoptará cantas medidas e especificacións técnicas sexan precisas en orde a garantir que as competencias obxecto deste Convenio se exerzan de forma coordinada. A Comisión de Seguimento deberá constituirse formalmente nun prazo máximo dun mes dende a formalización do presente Convenio. Dita Comisión celebrará cantas sesións extraordinarias sexan necesarias para o cumprimento dos seus fins, previa convocatoria ó efecto do seu Presidente, de propia iniciativa ou tendo en conta as peticións dos demais membros. En todo caso, a Comisión de Seguimento reunirase ordinariamente unha vez ó ano a fin de verificar e comproba-lo resultado das obrigas contraídas establecendo as directrices e instruccións que considere oportunas. Esta Comisión axustará a súa actuación ás disposicións contidas no capítulo II do título II da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. DÉCIMA.- ENTRADA EN VIGOR E PRAZO DE VIXENCIA. O presente Convenio entrará en vigor o día da súa sinatura, estendéndose a súa vixencia inicial ata o 31 de decembro de 2002 e prorrogándose tácitamente por sucesivos períodos anuais, mentras non sexa denunciado. A denuncia do mesmo por algunha das partes deberá realizarse cunha antelación mínima dun mes antes de remata-lo período de vixencia. CLÁUSULA ADICIONAL. Con carácter complementario ás obrigas establecidas no presente Convenio, a Deputación Provincial comprométese a entregar á Xerencia Territorial, a efectos estadísticos, os datos resultantes da xestión tributaria do Imposto sobre Bens Inmobles correspondentes ós termos municipais incluídos no ámbito de aplicación do presente Convenio. E en proba de conformidade, subscriben o presente Convenio en duplicado exemplar no lugar e data anteriormente indicados. O DIRECTOR XERAL DO CATASTRO, Asdo. Jesús S. Miranda Hita O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL, Asdo. Manuel Abeledo López ------ Folla: 6.4747.- APROBACIÓN DEFINITIVA DO CAMBIO DE TITULARIDADE DA "EP A LANZADA - SAN VICENTE (O GROVE) Sr. Presidente.- Pasamos ó punto sexto. Aprobación definitiva do cambio de titularidade da "EP A Lanzada-San Vicente (O Grove). Como todos vostedes saben, iniciamos este expediente de cambio de titularidade no Pleno ordinario de marzo deste ano, con informes favorables do Enxeñeiro técnico e cos respectivos informes xurídicos. Ben, recibido xa na Deputación Provincial de Pontevedra escrito da Consellería de Política Territorial para que definitivamente se aprobe este cambio de titularidade da estrada, entre o punto quilométrico 0, que é a rotonda que cruza ó Grove a San Vicente, ata o punto quilométrico 5,200, proponse a este Pleno tres puntos: 1º.- A aprobación do proxecto de acordo do cambio de titularidade da estrada provincial 9.104 A Lanzada-San Vicente, que implica a subrogación da Xunta de Galicia no expediente expropiatorio iniciado pola Deputación Provincial de Pontevedra para a execución da obra "Ensanche e acondicionamento do acceso oeste ó Grove". 2º.- A aprobación definitiva do expediente de cambio de titularidade do referido vial a favor da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. 3º.- Facultar ó Presidente da Deputación de Pontevedra para subscribir calquera actuación que se derive do referido expediente. ¿Algunha intervención?. Non hai. Procedemos polo tanto á votación do que acabo de dicir. Aprobación definitiva do cambio de titularidade da EP A Lanzada-San Vicente-O Grove, entre os puntos quilométricos xa expostos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. Visto o escrito remitido pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data de entrada na Deputación Provincial o 11-03-02, polo que se solicitaba a iniciación dun expediente de cambio de titularidade da "EP 9104 A Lanzada-San Vicente (O Grove)", dado que para a adscripción de terreos de dominio marítimo-terrestre necesarios para executa-la obra "Ensanche e acondicionamento do acceso oeste ó Grove" é necesario que o referido vial sexa asumido pola Comunidade Autónoma; visto o informe de 13-03-02 emitido polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Norte, estimando procedente o cambio de titularidade do citado vial, toda vez que a obra a realizar no mesmo non sería asumible por este Organismo Provincial; visto o acordo plenario da Deputación Provincial de 22-03-02, polo que se iniciou o expediente de cambio de titularidade do referido vial dende o PK 0 ó PK 5+200; visto o proxecto de acordo remitido pola CPTOPV, que implica a subrogación por parte da Xunta de Galicia no expediente expropiatorio iniciado no seu día pola Deputación Provincial; visto o informe de 22-05-02 emitido polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Norte, considerado adecuado o proxecto de acordo para cambio de titularidade do citado vial remitido pola CPTOPV; e de conformidade co art. 5 e concordantes da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, o Pleno de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras acorda por unanimidade o seguinte: 1.- A aprobación do Proxecto de acordo de cambio de titularidade da "EP 9104 A Lanzada-San Vicente (O Grove)", que implica a subrogación da Xunta de Galicia no expediente expropiatorio, iniciado pola Deputación Provincial de Pontevedra, para a execución da obra "Ensanche e acondicionamento do acceso oeste ó Grove". 2.- A aprobación definitiva do expediente de cambio de titularidade da "EP 9104 A Lanzada-San Vicente (O Grove)" en favor da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. 3.- Facultar ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra para subscribir calquera actuación que se derive do referido expediente. ------ Folla: 7.4748.- ACTA DE PREMIOS Á INVESTIGACIÓN 2001 Sr. Presidente.- Punto número sete. Acta de premios á investigación 2001. É dar conta da reunión do Xurado e do fallo do mesmo, que teñen nas carpetas ou que tiñan nas carpetas correspondentes; en todo caso, se o Deputado Delegado de Cultura quere intervir dámoslle a palabra. Sr. Fernández Portela.- Gracias Sr. Presiente. Bos días. Na Sala de Comisións da Deputación Provincial sendo as dez quince horas do día dez de maio de dous mil dous, reunido o Xurado Calificador acordou o seguinte: Concede-los seguintes premios: En Ciencia e Tecnoloxía, 3.005 euros a Jorge Hermida Pérez a e a José Rivas Rey. En Humanidades e Ciencias Sociais, 3.005 euros tamén a Eva Mª García López. Pola provincia de Pontevedra, 6.010 euros, quedou deserto por considera-lo Xurado que ningún dos traballos reunía as condicións para levar premio. En Teses doctorais, Ciencia e Tecnoloxía, 901 euros a Mª del Camino Ordás López. En Humanidades e Ciencias Sociais, 901 euros para Mª Monserrat Vázquez Gestal. En Tesinas, en Ciencia e Tecnoloxía, 601 euros para Bernardo Ordás López. En Humanidades e Ciencias Sociais, tamén 601 euros para Susana Martínez Rodríguez. En proxecto de fin de carreira, 601 euros, declarouse deserto. E en Investigación Xuvenil, Humanidades e Ciencias Sociais, 1.502 euros, tamén se declarou deserto. Eso é todo. Sr. Presidente.- Gracias. Dámonos por enterados do Fallo do Xurado dos Premios de Investigación 2001. O Pleno desta Corporación Provincial, de conformidade co disposto na base 5ª da Convocatoria de Premios á Investigación 2001 e co dictame da Comisión Informativa de Cultura, queda enterado nos seus propios termos da acta do Xurado Calificador dos Premios á Investigación 2001, que é do seguinte teor: "ACTA DO XURADO CALIFICADOR DE PREMIOS Á INVESTIGACIÓN 2001 Na Sala de Comisións desta Deputación Provincial, sendo as 10,15 horas do día 10 de maio do 2002, reúnese o Xurado Calificador de Premios á Investigación 2001 presidido por D. Juan Luis Pedrosa Fernández, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial, por delegación do titular desta Corporación e os vocais: D. Jesús María Fernández Portela, Deputado-Presidente da Comisión Informativa de Cultura; Dona Josefina Garrido González, Profesora da Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo; D. Manuel Gutiérrez Nieto, Director da E.U. de Fisioterapia da Universidade de Vigo; D. Alberto Pena Rodríguez, Decano da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo; D. Marco Antonio Bernal Rivas, Profesor tutor da UNED; Dona Rosa Ana Malvar Pintos, Vicedirectora da Misión Biolóxica de Galicia; D. José Carlos Valle Pérez, Director do Museo Provincial de Pontevedra e D. César López Marras, Xefe Adxunto do Servicio de Arquivo Histórico da Deputación, actuando como Secretario D. Rogelio Nicieza de la Cerra, Secretario Xeral desta Deputación, asistido por D. Antonio Santos Guerra, Xefe do Servicio de Cultura e Deportes. Tendo por obxecto a reunión falla-los traballos presentados ós Premios convocados e previa deliberación e informe dos traballos por parte dos membros do Xurado, acordouse a concesión dos seguintes: AUTOR DNI LEMA TÍTULO CIENCIAS E TECNOLOXÍA -3.005,06 Euros- Mira Pérez, Jorge 34.889.079-B Rivas Rey, José 33.789.106-J Magdim Gd2CuO4: un sistema magnetoelectrónico de baja dimensionalidad. HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS -3.005,06 Euros- García López, Eva María 32.675.968 Pedro Luces A lingua galega en Manuel Murguía PROVINCIA DE PONTEVEDRA -6.010,12 Euros Declarado deserto TESES DOCTORAIS: CIENCIAS E TECNOLOXÍA -901,52 Euros- Ordás López, Mª del Camino. Estudio del efecto de Perkinsus sobre el sistema inmune de la almeja fina (Ruditapes decussatus) TESES DOCTORAIS: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS -901,52 Euros- Vázquez Gestal, Montserrat Mª - 35.316.938-R- La protección Jurídica de la creatividad publicitaria en los medios impresos. TESINAS: CIENCIAS E TECNOLOXÍA -601,01 Euros- Ordás López, Bernardo - 44.076.033-Y- Antibiosis de la caña de maíz frente a Sesamia nonagrioides. TESINAS: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS -601,01 Euros- Martínez Rodríguez, Susana - 78.793.612-M - Progreso técnico, industrialización e aprendizaxe en Joaquín Díaz de Rábago. (1837-1898) PROXECTOS FIN DE CARRERA -601,01 Euros- Declarado deserto INVESTIGACIÓN XUVENIL:HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS -1.502,53 Euros- Declarado deserto E non habendo máis asuntos que tratar, sendo as 11,45 horas do mencionado día, remata a reunión asinando a presente tódolos asistentes do que eu como Secretario dou fe." ------ Folla: 8.4749.- SOLICITUDE DE COMPATIBILIDADE DE FUNCIONARIA PROVINCIAL PARA O EXERCICIO DE ACTIVIDADES NO SECTOR PRIVADO Sr. Presidente.- Punto número oito. Solicitude de compatibilidade de funcionaria provincial para o exercicio de actividades no sector privado. Trátase neste caso dunha funcionaria do "Príncipe Felipe", Psicóloga. Pide a compatibilidade para desempeña-la profesión de forma privada. Cumpre con toda a lexislación vixente. Ata agora a Deputación Provincial veu concedendo esta compatibilidade ós funcionarios que efectivamente cumpren a lexislación e o informe de que estes horarios son compatibles. Neste caso, o seu complemento específico non supera o 30% do sueldo incluídos as extras e a paga liñal que teñen por convenio, polo tanto cumpre a Lei. Hai un informe moi favorable do Director da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" no senso de que é unha extraordinaria funcionaria e que non ve absolutamente ningún problema en que se lle conceda, debido ó traballo que alí está desempeñando e á compatibilidade de horarios. Polo tanto, o grupo de goberno propón a aprobación ó Pleno de que se lle conceda esta compatibilidade para desempeñar actividades no sector privado, que en concreto é cunha consulta particular, é dicir, non vai a traballar en ningunha empresa, traballa como consulta particular. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias. Evidentemente aquí temos unha discrepancia de fondo sostida no tempo. É certo o que dixo o Sr. Presidente de que por norma, e dunha maneira moi sorprendente porque en principio as compatibilidades debían ser unha excepción, esta Deputación foinas concedendo todas. O noso criterio é absolutamente contrario, ou sexa, non concedelas nunca, en base a dúas cousas que creo que son moi claras; por un lado non cremos nos supermáns, se unha persoa ten gran valía e ten capacidade excedente primeiro é moi dubidoso que a teña, porque todo o traballo agota; e segundo, en todo caso, que o dedique á administración por outras vías, caso de que se valore tan positivamente o traballo. E segundo, por unha cuestión de xustiza social, porque nos parece que dunha forma ou doutra sempre se está ocupando o posto de traballo hipotético, pero ó final real, doutra persoa; polo tanto, non cremos que deba se-la administración pública a que estea facilitando este tipo de prácticas.Votamos en contra en consonancia co que levamos votado dende sempre. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención máis?. Sr. Mosquera, estamos de acordo co que vostede expuxo pero viñéronselle concedendo estas compatibilidades a funcionarios da Deputación Provincial sempre e cando non vulnerasen ningunha disposición legal, e polo tanto pensamos que neste caso débeselle conceder. Este tema foi discutido porque compartimos o que vostede dixo pero esto, se non queremos facer agravios comparativos neste momento, poderase corrixir nas próximas bases de oposicións a funcionarios da Deputación Provincial poñendo expresamente nas bases que terán dedicación exclusiva e polo tanto calquera funcionario que se presente ás oposicións e aprobe sabe que non poderá pedir compatibilidade para desarrollar unha actividade privada. Neste sentido, estudiarémolo para as próximas oposicións. Si efectivamente se fai constar nas bases da oposición que o que aproba a oposición ten que ter dedicación exclusiva, eso pode ser motivo suficiente para denegarlla a partir de entón. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Que sorpresa Sr. Presidente. Vamos a ver, un funcionario está exercendo en réxime de dedicación exclusiva; a Corporación pode concederlle a compatibilidade e a Corporación pode entender que da Lei se deduce que en principio é excepcional, non é norma o ter dereito a eso. Entón, quere dicir que vamos a seguir dando as compatibilidades non estando de acordo con elas. Entón ¿que votamos?, ¿que pintamos na Corporación?, ¿por que temos que considerar esa excepcionalidade?. Se tivera dereito exercería de maneira automática. Xa sei que aquí hai, supoño que pola tradición, a teoría na maquinaria administrativa, hai quen sostén esa teoría. Pero hai outras administracións que están sostendo a contraria, creo que a maioría, e non pasa absolutamente nada. En todo caso, caso de que fose así e houbera esa vontade política que di vostede para o próximo ano, búsquese unha fórmula, por exemplo dicir, o que teña a compatibilidade se lle quita o 40% do salario, como pasa por exemplo en Educación. Quítaselle o 40% do salario e probablemente resolvéramos o problema sen entrar nesas disquisicións filosóficas. Mire, se teñen a vontade de que se vaian acabando, primeiro non dar máis compatibilidades e segundo ir acabando coas anteriores, hai fórmulas para facelo. Fágase, o que pasa que a vontade me parece que é un pouquiño feble. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Eu dei a explicación pola cal o equipo de goberno neste momento, pola razón que acabo de expoñer, vai a concederlle a compatibilidade, se ben efectivamente buscaremos esa fórmula para que no sucesivo dalgunha maneira non teñan nin a posibilidade de pedila, aínda que indudablemente eso nunca se lle pode negar. Somos conscientes de que efectivamente esta é unha discrepcionalidade da Corporación Provincial o conceder aínda que cumpra a Lei. Pero neste caso, por norma que se veu facendo nesta casa, vamos a facelo igual, pero trataremos de corrixilo mediante as bases da oposición, como dixen antes, nas próximas convocatorias. Sr. Santiago Novas. Sr. Santiago Novas.- Si, coincidindo basicamente na primeira intervención do grupo do BNG, na segunda intervención nós o que entendemos é que as bases o que regulan é o acceso á praza. En todo caso, a dedicación, o grado de dedicación, é outra cuestión a tratar pola Corporación. Independientemente desto, si se mantén este criterio, que xa digo nós non participamos del, e se vai a analizar en profundidade este tema dende Recursos Humanos, o que si nos gustaría é ver se se está dando neste momento, que nós cremos que si, a posibilidade en igualdade de condicións de acceso a compatibilidade nos distintos grupos. Nós pensamos que o grupo A, dada a cláusula que ten para poder acceder de que o complemento específico non sobrepase o 30% da retribución básica, cremos que eso facilita moito máis ós grupos de superior categoría que ós, grupos de inferior categoría. Cremos que non se dá a mesma proporción, a mesma condición de igualdade en función dos grupos. Polo tanto que se analicen e se estudien para que todos teñan a mesma posibilidade. Ó mellor ó grupo A había que aplicarlle un 30% e ó mellor ó grupo E pois un 20%. Quero dicir que neste momento, con esa cláusula, é moito máis difícil que acceda á compatibilidade unha persoa do grupo E que unha persoa do grupo A. Digo que se analice e se estudie para que teñan as mesmas posibilidades dado que se a cláusula é unha proporción e se o salario non é o mesmo e o complemento tampouco é o mesmo entón se pode estar aí dando unha discriminación. Simplemente digo que se analice, que se estudie, para que tódolos funcionarios teñan as mesmas posibilidades para acceder a esa compatibilidad. Sr. Presidente.- Sr. Santiago, eu creo que non entendeu o que falamos aquí porque indudablemente cada un ten o seu complemento específico, eso é indudable e neste momento é certo o que vostede di, que teñen máis posibilidades os do grupo A que os do grupo E. Pero eso é en razón dunha Lei que está aí e que di que non pode sobrepasa-lo 30% e polo tanto a única forma de non darlle compatibilidade ós do grupo A, que efectivamente teñan máis posibilidades, sería aumentarlle o complemento específico ós do grupo A. Se vostede propón eso ben, o que non podemos é vulnerar ningunha Lei. Sr. Santiago Novas.- Pode haber unha baixada no complemento se o traballador quere acceder á compatibilidade voluntaria. Pode haber unha rebaixa voluntaria no complemento do traballador se intenta acceder a unha compatibilidade. Ou sexa, hai fórmulas; sen embargo eu pregunto ¿cantos casos de Peóns solicitan compatibilidade aquí?, pregunto, ¿cantos?. Entón algo debe estar fallando, dígoo por ese sentido, no digo por outro. Sr. Presidente.- Houbo solicitudes de Peóns que pediron compatibilidade e negouselle precisamente porque ían en contra das disposicións que están regulando este tema. ¿Por que?. Porque teñen un complemento específico importante e sen embargo comparativamente os superiores, os do grupo A, non o teñen tan grande. Polo tanto é certo que teñen esas posibilidades e é certo que si houbo Peóns que pediron tamén a compatibilidade e non se lle concedeu precisamente por eso, porque superaba o 30%. Bueno, eu non sei o que quere dicir, ¿que renuncie a parte do específico un Peón que queira a compatibilidade?. Sr. Santiago Novas.- Pois por exemplo; que se abran posibilidades, que se estudien e se analicen posibilidades e se as hai, perfecto, e se non as hai, pois nada. Digo que ó mellor esa pode ser unha solución. Esa pode ser unha solución, a parte do complemento. Sr. Presidente.- Pois tratarase para o futuro. Sr. Santiago Novas.- É o único que estou plantexando, que dado que se vai a analizar este tema dende Recursos Humanos que se analicen as posibilidades legais para que se poida igualar ou posibilitar en maior medida ese acceso á compatibilidade dos grupos máis baixos. Sr. Presidente.- Eu descoñezo se eso é posible ou non é posible. En todo caso, mandareino estudiar por se se dá algún caso. Procedemos polo tanto á votación do punto número oito. Solicitude de compatibilidade de funcionario provincial para o exercicio de actividades no sector privado desta funcionaria psicóloga do Príncipe Felipe. ¿Votos en contra?. O BNG. ¿Abstencións?. O Grupo Socialista. ¿A favor?. O Grupo Popular. Apróbase por maioría. Visto o escrito presentado no Rexistro Xeral desta Excma. Deputación Provincial o 14 de abril do ano 2002 por Dona Mª Jesús Rúa Acuña, funcionaria de carreira coa categoría de Psicóloga adscrita á Cidade Infantil "Príncipe Felipe", interesando a compatibilidade do seu posto de traballo neste Organismo Provincial co exercicio de actividades en empresa privada, con fundamento na Lei 53/84, de 26 de decembro de Incompatibilidades do persoal ó servicio da Administración Pública e Real Decreto 598/85, de 30 de abril, así como artigo 70.9 do Real Decreto 2568/86, de 28 de novembro, o Pleno de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Réxime Interior, acorda por maioría de votos a favor do Grupo Popular, coa abstención do Grupo Socialista e os votos en contra do BNG, acceder ó solicitado e declarar compatible o desenvolvemento do seu posto de traballo nesta Deputación Provincial coa prestación de servicios no sector privado, tendo en conta que esta actividade poderá exercela fóra do horario de traballo ó que está sometida, sempre e cando non menoscabe nin repercuta no seu rendemento funcional e coas limitacións previstas no art. 9 do citado Real Decreto 598/95, de 30 de abril. ------ Folla: 9.4750.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario.- Darles cuenta de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre los días 20 de abril y 25 de maio entre las cuales se encuentran estas dos que están aquí individualizadas por las que por motivos de urgencia se resolvió por la Presidencia declarar representante de la Corporación a D. Juan Luis Pedrosa Fernández en el Convenio de adhesión para el desenvolvimiento del proyecto COMPÁS dentro de la iniciativa de la Unión Europea EQUAL que está gestionando el Área Intermunicipal de Vigo y de su sustituto Doña Martas Iglesias Bueno que ha sido la funcionaria que ha tramitado el expediente. Y por otra se designa también a D. Juan Luis Pedrosa Fernández representante de la Diputación en una reunión urgente, que convocó el Instituto Gallego de la Vivienda, de la Comisión Provincial de Vivienda. Nada más. A) De Resolución Presidencial de data 10 de maio de 2002, designando representantes desta Deputación no Comité de Dirección do proxecto "COMPÁS" dentro da iniciativa da Unión Europea EQUAL, a D. Juan Luis Pedrosa Fernández como titular e a Dona Marta Iglesias Bueno, Técnica Local de Emprego da Deputación, como suplente. B) De Resolución Presidencial de data 21 de maio de 2002, designando ó Vicepresidente D. Juan Luis Pedrosa Fernández en representación desta Deputación, para asistir a reunión da Comisión Provincial de Vivenda que se celebrará o día 23 de maio dos correntes e ás sucesivas que se convoquen. C) De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas pola Presidencia entre os días 20 de abril e 25 de maio de 2002 e que foron trasladadas ós distintos grupos políticos. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptouse o seguinte acordo: ------ Folla: 10.4751.- SOLICITUDE DO ALBACEA TESTAMENTARIO DE D. MIGUEL MARTÍNEZ FERNÁNDEZ PARA INCLUSIÓN DE CLÁUSULA NA ESCRITURA DE DONACIÓN DE BENS Á DEPUTACIÓN PARA CONSTRUCCIÓN DUNHA RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE NO TERMO MUNICIPAL DE RIBADUMIA Sr. Presidente.- Fóra da orde do día presentamos ó Pleno a solicitude do albacea do testamento de D. Miguel Martínez Fernández para inclusión de cláusula na escritura de donación de bens á Deputación para a construcción dunha residencia da terceira idade no termo municipal de Ribadumia. Para explicar este tema ó Pleno da Corporación ten a palabra o Vicepresidente D. Rafael Louzán. Sr. Louzán Abal.- Si, bos días. Gracias Sr. Presidente. Esto é cumprir un último trámite en relación a unha persoa falecida de Ribadumia que decidiu donar á Deputación Provincial de Pontevedra unha parcela aproximadamente de 4.000 m2 con destino a que nesa mesma parcela se constrúa unha residencia da terceira idade. Entón, feitos tódolos trámites dende aquí e tamén dende o Concello, se está levando a cabo que se constrúa o que era desexo deste señor, unha residencia da terceira idade. Para asinar esa escritura de que a Deputación pasa a ser titular desta parcela, o albacea esixe que esa residencia se constrúa como é normal nun prazo razonable de dous anos. E por eso é precisamente esa cláusula que traemos hoxe aquí, e ó mesmo tempo tamén pon unha cláusula de condicionante económico de que se non se cumpre, que sexa indemnizada a fundación que se crearía. Ó non face-la residencia se crearía unha fundación pública con ese diñeiro debido a que non se cumpriría o primeiro desexo desta persoa que decidiu destinar ese terreo para a construcción da residencia. Este proxecto, por parte da Deputación, foi xa adxudicado a unha empresa para que alí se constrúa unha residencia, que é de iniciativa privada, pero ó mesmo tempo vai a cumprir un servicio que era finalmente do que se trataba. E ó mesmo tempo acórdase facultar ó Presidente para a sinatura da escritura pública de cambio de titularidade do actual propietario pasando a titularidade a nome da Deputación. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Louzán. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias.Exactamente ás once menos un minuto non había nada no expediente. Polo menos podían te-la delicadeza de traer copias de algo para que o miráramos así entre punto e punto, algo deso, se non esto é un acto de fe. Supoñemos, teremos que supor, que a parcela está ben catalogada urbanisticamente, que está nun sitio correcto, que cumpre para unha residencia da terceira idade, que iniciativas hai miles pero despois que está moi lonxe dun centro sanitario, está moi lonxe de certos servicios, está lonxe de todo, pero bueno, houbo a feliz idea, supoño que todo eso estará calibrado. Que posibilidades hai de que realmente eso poida cumprirse, se a superficie cumpre con respecto ós módulos, e os módulos que manexa por exemplo a Consellería de Familia, moi dificilmente polo que sexa, porque teño falado cos técnicos e cos responsables en Santiago, non dá, moi dificilmente unha superficie de 4.000 m2 e solo rústico, non digamos xa se fora de acción forestal, aínda que sexa núcleo rural dá para facer unha residencia cuns módulos que se estiman funcionais, incluso máis pequeno. Non sabemos nada; ideas felices desas hai centos, concreccións ben elaboradas tendo en conta tódolos elementos que hai que ter, máis ben hai pouquiñas. Supoñemos que este caso será desas pouquiñas que se fixo ben. Pero, é un acto de fe, porque non sabemos nada. Aquí en Pontevedra hai uns señores, unha cousa parecida a esa, que queren montalo, teñen exactamente 17.000 m2, e segundo a Consellería eso non chega para facer unha residencia. Que se nos explique un pouco máis, porque se o que se dicía é que a propiedade pasa á Deputación, non sei que obriga se deriva; e nos deixa así un pouquiño sorprendidos. Sr. Presidente.- Si, Sr. Louzán. Sr. Louzán Abal.- Si. Gracias Sr. Presidente. Primeiro temos que pedir as pertinentes desculpas por traelo así de urxencia, pero non é máis que cumprir un trámite, non deixa de ser máis que cumprir un trámite. Lle explicamos en que consiste dalgunha forma todo esto. Este señor falece no ano 1999 e un ano e medio despois aproximadamente aparece no Rexistro da Deputación un escrito onde el cede pois unha serie de propiedades, unhas cantidades económicas, etc., a distintas institucións, entre as cales aparece a Deputación de Pontevedra. A Deputación de Pontevedra recibe un legado deste señor que neste caso é esa propiedade, unha parcela de 4.000 m2 máis 5.000.000 de pesetas que se destinarán a todo esto. O Concello de Ribadumia nese momento está coa elaboración do Plan Xeral de Ordenación e contempla a posibilidade de ubicar precisamente onde é desexo desta persoa falecida unha residencia. E polo tanto dentro do Plan Xeral xa aparece non só esa parcela senón máis terreo que esa parcela adecuado precisamente para que este tipo de instalación se poida levar a cabo nese sitio concreto. En relación a que ese terreo non é necesario, neste momento xa hai máis terreo, sobrepasa 12.000, case 13.000 m2 a superficie que se agrupou ó lado desta parcela para que esta obra se poida levar a cabo. Existe na comarca só unha residencia da terceira idade e polos datos que existen hai unha demanda de máis de cen prazas para ingreso nunha residencia da terceira idade na comarca. O plantexamento que sacou a concurso a propia Deputación é que se cumpra o desexo deste señor, que alí se constrúa unha residencia adaptada ó que establece a Xunta de Galicia, que son un mínimo de 150 prazas e en función a uns módulos e uns parámetros xa establecidos, e todo eso se cumpre. Ó mesmo tempo conlevará a posibilidade de que a Xunta de Galicia cofinancie un número de prazas limitado, outras serán de iniciativa privada. As persoas que alí queiran estar terán que pagar unha cantidade e outras en función dos seus ingresos poderán estar tal e como regula a normativa establecida en novembro do ano pasado pola Xunta de Galicia. Creo que a Deputación, o Concello, a Comarca, ó final debe estar agradecida de que un señor en base a unha propiedade que el tiña e un diñeiro as ceda para un ben común e que neste caso é un ben social que entendemos que cumpre perfectamente tódolos requisitos. E contamos coa colaboración do albacea para que, independientemente do que el establecía, que poñía un prazo para que esta residencia se constuise, o albacea entende que ese prazo non pode empezar a contar dende que el faleceu, o prazo debe empezar a contar a partir de aí. Ese prazo é aumentado agora polo propio albacea. E eso eu penso que é todo, tal e como está este asunto. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Louzán. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver, una pregunta más, cuando se nos hace el primer planteamiento se nos dice que si en dos años no está construída, la Diputación tendría que indemnizar ¿con que cantidad?. Sr
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota