ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.250
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2002/06/19_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.363/2.2002-06-19_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2002/06/19_Extraordinaria

  • Data(s) 2002-06-19 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: Da sesión extraordinaria urxente en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 19 de xuño de 2002 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as catorce horas e cinco minutos do día dezanove de xuño do ano dous mil dous, baixo a Presidencia do Vicepresidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Ramón Alonso Fernández, D. Xosé Antonio Araujo Quintas, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Jesús María Fernández Portela, D. Alberto García García, D. Emilio González Iglesias, D. Angel Gregores Méndez, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Telmo Martín González, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. Juan Luis Pedrosa Fernández, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Manuel Rivera Domínguez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Henrique Viéitez Alonso, D. Manuel Ramón Vilar Márquez e D. José Villar Pereira, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria urxente da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Accidental, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a iniciar esta convocatoria de Pleno extraordinario e urxente coa ausencia precisamente do Presidente por atoparse na inauguración da Semana Verde de Galicia e que non pode estar aquí hoxe con todos nós. 1.4753.- PRONUNCIAMENTO DO Pleno SOBRE A URXENCIA DA SÚA CONVOCATORIA Sr. Presidente.- Polo tanto o primeiro punto da orde do día é o pronunciamento do Pleno sobre a urxencia da súa convocatoria. En principio, bueno, tódolos grupos son coñecedores xa da mesma urxencia debido a que se acaba de celebrar unha Comisión precisamente na que se falaba da urxencia da mesma que non é outra que a designación dos representantes da institución provincial na entidade Caixanova. Polo tanto procedemos a vota-la urxencia da mesma que ten que ser remitida antes do día 20 a esta entidade financeira neste caso. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade a urxencia da convocatoria deste Pleno extraordinario e urxente. ------ Folla: 2.4754.- DESIGNACIÓN DE REPRESENTANTES DA DEPUTACIÓN EN CAIXANOVA Sr. Presidente.- Punto número dous da orde do día. Designación de representantes da Deputación Provincial de Pontevedra en Caixanova. Moción da Presidencia sobre designación de representantes da Deputación en Caixanova. Dada conta da comunicación do 27 de maio do 2002 da Comisión Electoral de Caixanova pola que se manifesta que como consecuencia da renovación dos órganos de goberno da citada entidade correspóndelle á Excma. Deputación Provincial nomear sete representantes na súa Asamblea Xeral, debendo ser designados antes do 20 de xuño ó fin de que poidan asistir á reunión da Asamblea Xeral constituinte prevista para finais de mes. Considerando o disposto no Decreto 180/2002, de 23 de maio, da Consellería de Economía e Facenda que modifica á súa vez o Decreto 153/1989, de 27 de xullo, dos órganos rectores das Caixas de Aforros galegas, e toda vez que se trata da elección de representantes desta Corporación proponse ó Pleno a adopción do seguinte acordo: Designa-las seguintes sete persoas como representantes desta Corporación na Asamblea Xeral de Caixanova, que serían os seguintes: Víctor Nogueira García, José Ramón González López, Pedro Pérez Torres, Juan Ramón Iglesias Alvarez, Carlos Frieiro Dafonte, Jorge Enrique Araújo Cortegoso e Xulio Barreiro Lubián. Esta é a proposta do Pleno da Corporación que en principio se tódolos grupos están de acordo a votaríamos por unanimidade. ¿Tódolos grupos están de acordo na proposta?. Polo tanto, ratifícase a unanimidade no acordo de nomear estes sete representantes en Caixanova. Bueno, pois polo tanto aquí se cerra a orde do día e se levanta a sesión. Dada conta da comunicación de 27 de maio de 2002 (número rexistro de entrada 113047 de 4 de xuño) da Comisión Electoral de Caixanova, pola que se manifesta que como consecuencia da renovación dos órganos de goberno da citada entidade, correspóndelle a esta Excma. Deputación nomear sete representantes na súa Asamblea Xeral, debendo estar designados antes do 20 de xuño ó fin de que poidan asistir á reunión da Asamblea Xeral Constituinte, prevista para finais de mes. Considerando o disposto no Decreto 180/2002, de 23 de maio, da Consellería de Economía e Facenda que modifica á súa vez o Decreto 153/1989, de 27 de xullo, de órganos rectores das Caixas de Aforros galegas, e toda vez que se trata da elección de representantes desta Corporación Local, O Pleno acorda por unanimidade a adopción do seguinte acordo: Designar ás seguintes sete persoas como representantes desta Corporación na Asamblea Xeral de Caixanova: - Sr. D. Víctor Nogueira García - Sr. D. José Ramón González López - Sr. D. Pedro Pérez Torres - Sr. D. Juan Ramón Iglesias Alvarez - Sr. D. Carlos Frieiro Dafonte - Sr. D. Jorge Enrique Araújo Cortegoso - Sr. D. Julio Barreiro Lubián E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as catorce horas e vinte minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. ------

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición