ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2002/06/28_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.363/2.2002-06-28_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2002/06/28_Ordinaria

  • Data(s) 2002-06-28 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 28 de xuño de 2002 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vinteoito de xuño do ano dous mil dous, baixo a Presidencia do Sr. Vicepresidente D. Xosé Enrique Sotelo Villar, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antonio Araujo Quintas, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Jesús María Fernández Portela, D. Alberto García García, D. Emilio González Iglesias, D. Angel Gregores Méndez, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Rafael Louzán Abal, D. Telmo Martín González, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. Juan Luis Pedrosa Fernández, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Manuel Rivera Domínguez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. Henrique Viéitez Alonso, D. Manuel Ramón Vilar Márquez e D. José Villar Pereira, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Accidental, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten o Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López nin os Sres. Deputados/as Dona Isaura Abelairas Rodríguez nin D. Ramón Alonso Fernández. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a dar comezo á sesión ordinaria do Pleno desta Corporación. En primeiro lugar desculpar a asistencia do Presidente porque se atopa nun acto en Santiago. 1.4755.- ACTAS ANTERIORES Sr. Presidente.- O primeiro punto da orde do día é a aprobación dos borradores das actas das anteriores sesións, ordinaria do día 31 de maio e extraordinaria urxente do día 19 de xuño, ámbalas dúas do ano 2002. Nunha das actas hai un erro. O Sr. Pedrosa ten a palabra. Sr. Pedrosa Fernández.- Si, gracias Sr. Presidente, buenos días. Se detectó un error en el acta del Pleno del 31 de mayo de 2002, en el punto que se trató el segundo expediente de modificación de créditos, se imputaron a la partida de créditos extraordinarios 117.000 Euros cuando corresponde imputarlo a suplementos de crédito. Es decir, lo que se debe de cambiar, esos 117.000 Euros, deben aparecer reflejados en suplementos de crédito y no en créditos extraordinarios. Sr. Presidente.- ¿Algunha corrección máis?. Sometemos a votación este punto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade dos asistentes. En relación coa acta do día 31 de maio de 2002 e visto o informe da Intervención, acórdase por unanimidade corrixi-lo acordo 2.4743, en relación coa aprobación do segundo expediente de modificación de créditos, observándose que no resume por capítulos dos "créditos extraordinarios", incluíronse no capítulo 2º 117.000 Euros que corresponden a "suplementos de crédito" no mesmo capítulo, polo que procede dar de baixa os 117.000 Euros no capítulo 2º de "créditos extraordinarios" incluíndo este capítulo 2º, os 117.000 Euros, no resume de "suplementos de crédito" e quedando redactado integramente o devandito acordo da seguinte maneira: "2.4743.- SEGUNDO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS E SUPLEMENTOS DE CRÉDITO CON CARGO Ó REMANENTE DE TESOURERÍA DISPOÑIBLE Visto o expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de crédito nº 2/2002, dentro do vixente Presuposto Provincial, por un total de 698.656,89 Euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte e ó non existir consignación no estado de gastos do Presuposto corrente, que será financiado con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible, sendo os gastos a financiar co expediente específicos e determinados, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda, por maioría de votos do Grupo Popular, coa abstención do Grupo Socialista e os votos en contra do BNG, prestar aprobación ó expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de crédito nº 2/2002, así como á emenda presentada polo Sr. Pedrosa, que supón un incremento de 117.000 euros no citado expediente, que resumido por capítulos, presenta a seguinte estructura: Expediente de crédito extraordinario: Capítulo 1º Gastos de Persoal 1.534,19 Euros Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servicios 707,10 Euros Capítulo 4º Transferencias correntes 1.682,83 Euros Capítulo 6º Inversións reais 850,00 Euros Capítulo 7º Transferencias de capital 90.200,00 Euros TOTAL crédito extraordinario 94.974,12 Euros Expediente de suplemento de crédito: Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servicios 117.000,00 Euros Capítulo 4º Transferencias correntes 30.000,00 Euros Capítulo 6º Inversións reais 551.656,89 Euros Total suplemento de crédito 698.656,89 Euros Os expedientes resumidos por capítulos, presentan a seguinte estructura: Capítulo 1º Gastos de Persoal 1.534,19 Euros Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servicios 117.707,10 Euros Capítulo 4º Transferencias correntes 31.682,83 Euros Capítulo 6º Inversións reais 552.506,89 Euros Capítulo 7º Transferencias de capital 90.200,00 Euros Total expediente de modificación de crédito 793.631,01 Euros Dito expediente será exposto ó público, a efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse as mesmas." Apróbanse por unanimidade, con dita corrección, os borradores das actas das anteriores sesións, ordinaria do día 31 de maio e extraordinaria urxente do día 19 de xuño, ámbalas dúas de 2002. ------ Folla: 2.4756.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO Nº 1/2002 DO PADROADO DE TURISMO "RÍAS BAIXAS" Sr. Presidente.- O punto número dous é expediente de suplemento de crédito nº 1/2002 do Padroado de Turismo "Rías Baixas". Ten a palabra D. Juan Luis Pedrosa. Sr. Pedrosa Fernández.- Si, gracias Sr. Presidente. Bien, este es el primer expediente de suplemento de crédito del Patronato de Turismo "Rías Baixas", por un total de 27.050 Euros repartidos de la siguiente manera: para subvenciones a Ayuntamientos y becas 15.030 Euros y para adquisición de ordenadores 12.020 Euros, todo ello con cargo a remanentes de Tesorería. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención neste punto?. Sometemos a votación o punto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade dos asistentes. Visto o expediente de suplemento de crédito nº 1/2002 do Padroado de Turismo "Rías Baixas", dentro do vixente Presuposto Provincial, por un total de 27.050 Euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poidan demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do Presuposto corrente, e que será financiado con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do Presuposto do Padroado correspondente ó exercicio de 2001, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión de Economía e Facenda, acorda por unanimidade prestar aprobación ó expediente, aplicando os gastos a financiar ás partidas e polos importes que a continuación se detallan: 02/875-751-462.03 - Subvencións Concellos (becas) 15.030,00 Euros 02/875-751-626.01 - Adquisición ordenadores 12.020,00 Euros TOTAL 27.050,00 Euros O financiamento do expediente realízase con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do presuposto do Padroado correspondente ó exercicio de 2001, conlevando dito financiamento o incremento das previsións de ingreso no subconcepto 02/875-870.01 - Aplicación ó financiamento de suplementos de crédito - 27.050,00 Euros Dito expediente exporase ó público, a efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles. ------ Folla: 3.4757.- ADHESIÓN DO CONCELLO DE BAIONA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE XESTIÓN CATASTRAL Sr. Presidente.- O punto número tres é a adhesión do Concello de Baiona ó Convenio de Colaboración en materia de xestión catastral. Ten a palabra D. Juan Luis Pedrosa. Sr. Pedrosa Fernández.- Si, como viene siendo habitual los Concellos que quieran adherirse al ORAL, en este caso el acuerdo que se debe tomar en este Pleno es ratificar el referido acuerdo del Consejo de Administración del ORAL, aceptando la adhesión del Ayuntamiento de Baiona al Convenio de Colaboración en Materia Catastral. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. Sometemos a votación este punto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade dos asistentes. Visto o acordo do Consello de Administración do ORAL, adoptado en sesión celebrada o 30 de maio de 2002, polo que se acepta a petición do Concello de Baiona de adhesión ó Convenio de colaboración en materia catastral suscrito entre a Dirección Xeral do Catastro e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001, solicitada por Decreto da Alcaldía do Concello de Baiona, dictado o 14 de maio de 2002, o Pleno acorda por unanimidade ratifica-lo referido acordo do Consello de Administración do ORAL, aceptando a adhesión do Concello de Baiona ó Convenio de Colaboración en Materia Catastral. ------ Folla: 4.4758.- TERCEIRO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS E SUPLEMENTOS DE CRÉDITO CON CARGO Ó REMANENTE DE TESOURERÍA DISPOÑIBLE Sr. Presidente.- Punto número 4. Terceiro expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de crédito con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible. Ten o uso da palabra D. Juan Luis Pedrosa. Sr. Pedrosa Fernández.- Si, gracias Sr. Presidente. Este es el tercer expediente de modificación de créditos extraordinarios y suplementos de créditos con cargo todo el al remanente de Tesorería, por un total de 1.565.331,81 Euros. El reparto sería el siguiente: 4.000 Euros para reparaciones e instalaciones en Proceso de Datos; 30.051 Euros en Acción Social para la Asociación Gallega de San Francisco de Vigo; 204.345 Euros en la Ciudad Infantil "Príncipe Felipe" para diversas obras; 1.500 Euros en Arquitectura y Urbanismo para material de oficina; 11.024 Euros en Archivo y Bibliotecas públicas y publicaciones, son para desinfección y desratización de los archivos municipales; otra partida de 25.243 Euros para la adquisición de dos vehículos de vigilancia para Vías y Obras; 18.900 Euros para cursos y jornadas del CPAM; 15.025 Euros correspondientes a Intervención para el pago de la gestión de cobro de los gastos del Rebullón; en la Caja de Anticipos para el Ayuntamiento de Cangas 47.674,55 Euros, Ayuntamiento de Valga 29.594,08 Euros y Ayuntamiento de Meis 29.441,18 Euros. Después para Ayuntamientos y edificios municipales, en el Ayuntamiento de Arbo para el Museo del Vino 150.253 Euros y para el Ayuntamiento de O Rosal para una nave de servicios municipales 48.081 Euros y compra de una casa para museo otros 48.081 Euros. En cooperación con los Municipios y Medio Ambiente, para el sellado del vertedero del Ayuntamiento de Barro 30.051 Euros y para la adquisición de un camión de recogida de basura en Salceda 90.152 Euros. También en cooperación con los Municipios pero para promoción y difusión de la cultura, para adquisición del centro multiusos en Goián, Tomiño, 90.152 Euros; para el centro de multiusos en Leirado en Salvaterra 30.051 Euros; y el Ayuntamiento de Vilanova, la Casa del Cuadrante, para mobiliario 60.101 Euros. Y finalmente para el Plan POMAL del Salnés en Mancomunidades, en cooperación con los Municipios, 601.012 Euros. Todo eso suma la cifra de 1.565.331,81 Euros. Sr. Presidente.- Intervencións neste punto. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Bos días. Ben, á parte da cuestión xenérica de que unha modificación de créditos, en fin, é consecuencia dun orzamento que nós non votamos, e dunha xestión coa que non estamos de acordo, neste caso pois veñen cuestións que cando menos por calificalas suavemente pois son absolutamente sesgadas e usa-los fondos desta Deputación para uns Concellos en detrimento doutros. Nós o outro día na Comisión preguntábamos se estas partidas que van en Medio Ambiente ían nalgún programa, nalgún plan, se había obxectividade, non se nos contestou e evidentemente non hai esa obxectividade, a uns Concellos se lles dá e a outros non, e resulta que quitando o POMAL da Mancomunidade do Salnés o resto curiosamente son partidas discrecionais que se incorporan para dar a eses Concellos en base a non se sabe que criterios e curiosamente todos do Partido Popular, tódolos Concellos do Partido Popular. Polo tanto vamos a votar en contra e a aproveita-la ocasión para denunciar esta maneira de manexa-los fondos da Deputación que o lóxico e que estean en plans que teñan unha mínima obxectividade en función das necesidades da provincia ou dos Concellos pois se vaian repartindo e non así se un consigue que o Presidente teña a ben graciablemente extende-lo cheque ou non extendelo e metelo polo tanto no orzamento para beneficiar a un Concello en detrimento doutro, sen entrar nas finalidades, pero finalidades boas e que necesiten cartos seguramente que haxa bastantes máis Concellos ou todos que evidentemente non están contemplados nesta modificación nin noutros programas. Sr. Presidente.- D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver, nós votamos en contra do Presuposto e loxicamente vamos a votar en contra neste punto. O que si nos gustaría para que non pase o do ano pasado que cada dous meses aparecían incorporación de remanentes nos gustaría que o grupo de goberno nos puxera enrriba da mesa as incorporacións de remanentes que pensa facer ó longo do exercicio e que nese momento tamén nos diga que é o que pretende facer con eses remanentes e non que aparezan goteos continuos como pasou o ano pasado. Nada máis. Gracias. Sr. Presidente.- Ben. Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Fernández.- Si, yo sin ánimo de entrar en guerra ni en batallas de decirle al Sr. Mosquera, como bien sabe pues cualquiera de todos estos planes tiene un 20% precisamente que es para disposición de la Presidencia o para determinados casos o casos puntuales o cosas así. Es curioso que aquí lo critiquen pero cuando ustedes gobiernan en el Ayuntamiento pues hacen algo parecido, me parece que en lugar de un 20 tienen un 15% en el Ayuntamiento de Pontevedra para hacerlo de la misma manera. Son peticiones que vienen fuera de plazo o peticiones que por el interés del momento o del Concello que sea o determinado Concello pues debe disponer precisamente la Presidencia bueno pues de esas cantidades que repito son de un 20%. Por otro lado si realmente estuviese todo ya tan cerrado al principio pues sobraríamos toda la Corporación, no haríamos falta, simplemente pues con un funcionario que hiciese el reparto exacto con las cantidades de cada año se sabría, al final sobraríamos los políticos. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Pois case case diría que para certas cousas polo menos o Pleno se encargan vostedes de que sobre. Pero sen entrar nesa liña, Sr. Vicepresidente o outro día na Comisión se encolleu de hombros dicindo que non sabía de que viña este expediente e hoxe no lo ratifica. Eu creín que era un xogo dialéctico pero non é así, non está dentro de ningún plan, son cartos a maiores que non están en ningún plan, non forma parte dese 20% nin nada que se pareza, é aumenta-la partida para darlle a un Concello expresamente. Xa non gardan as formas nin de aumenta-la partida dentro do plan porque entón terían que dedica-lo 80% e pasar por Comisión, e directamente a ese Concello e vai a dedo. Aquí non se está, non é o 20% se non non pasaría por aquí. En fin, aí tivo un pequeno lapsus, ou sexa, está claro que non sabe de que está o expediente ou se está equivocando. En todo caso creo que é unha polémica colateral que non influe no fondo da cuestión. Sr. Presidente.- Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Fernández.- Decirle al Sr. Mosquera que evidentemente si se de que va la cosa, no crea usted que, estoy puesto aquí por el Ayuntamiento, de alguna manera como se suele decir. Evidentemente estoy gracias a estar en el Ayuntamiento no puesto por el Ayuntamiento, sino evidentemente el Ayuntamiento de Pontevedra no me pondría. Pero decirle que si, que evidentemente a lo largo del año surgen necesidades de determinados Concellos y Concellos que no necesariamente son del Partido Popular, evidentemente sucede que la mayoría son del Partido Popular, puesto que la mayoría de los Concellos están gobernados por el Partido Popular entonces estadísticamente tiene que ser así. Pero yo le podría poner ejemplos a lo largo de cualquier año que coja usted y verá que hay otros Concellos gobernados por el Partido Socialista o incluso alguno gobernado por el Bloque, los menos, también es cierto. Sr. Presidente.- Ben, eu creo que os criterios son obvios, hai remanentes, hai unhas peticións dos Concellos e se fai frente a esas peticións. Sometemos a votación este punto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase cos votos do Partido Popular. Visto o expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de crédito nº 3/2002, dentro do vixente Presuposto Provincial, por un total de 1.565.331,81 Euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación no estado de gastos do Presuposto corrente, e que se financiará con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible, sendo os gastos a financiar co expediente específicos e determinados, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión de Economía e Facenda, acorda por maioría de votos a favor do Grupo Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG, prestar aprobación ó expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de crédito nº 3/2002, que resumido por capítulos, presenta a seguinte estructura: Expediente de crédito extraordinario: Capítulo 4º Transferencias correntes 11.024,00 Euros Capítulo 7º Transferencias de capital 546.922,00 Euros Total crédito extraordinario 557.946,00 Euros Expediente de suplemento de crédito: Capítulo 1º - Gastos de persoal 13.000,00 Euros Capítulo 2º - Gastos en bens correntes e servicios 26.425,00 Euros Capítulo 6º - Inversións reais 230.188,00 Euros Capítulo 7º - Transferencias de capital 737.772,81 Euros Total suplemento de crédito 1.007.385,81 Euros Os expedientes resumidos por capítulos, presentan a seguinte estructura: Capítulo 1º - Gastos de persoal 13.000,00 Euros Capítulo 2º - Gastos en bens correntes e servicios 26.425,00 Euros Capítulo 4º - Transferencias correntes 11.024,00 Euros Capítulo 6º - Inversións reais 230.188,00 Euros Capítulo 7º - Transferencias de capital 1.284.694,81 Euros Total expediente de modificación de crédito 1.565.331,81 Euros Dito expediente, exporase ó público, a efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse as mesmas. ------ Folla: 5.4759.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO "MELLORA EP 2107 PARADA - RAMALLOSA A VILARIÑO (NIGRÁN)". EXPOSICIÓN PÚBLICA. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA E NECESIDADE DE OCUPACIÓN. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto número 5. Aprobación inicial do proxecto "Mellora da estrada provincial 2107 Parada-Ramallosa a Vilariño en Nigrán. Exposición ó público. Declaración de utilidade pública da obra e necesidade de ocupación. Solicitude á Xunta de Galicia de urxente ocupación. Motivación da urxencia. Intervencións neste punto. ¿Algunha intervención?. Quere facer algunha explicación. Perdón. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Vamos a ver esta é unha práctica moi habitual que evidentemente en si mesma, en si mesma, digamos non criticamos a pesares de non ser impecable dende o punto de vista administrativo, e a práctica consiste en adxudicar unha obra sobre unha acta de replanteo e sobre un informe previo incorrecto, por non dicir falso, no que si que os terreos están a disposición cando non están. Xa digo que aínda que administrativamente non é impecable pois as veces hai que facelo, ben, e non pasaría nada porque nunca se fixera, pero que nesta administración é que é absolutamente reiterado e continuo, é absolutamente reiterado e continuo, rara é a obra ou polo menos hai unha grande continxente de obras, o que nos fai sospeitar e temos a certeza de que se fai dunha maneira masiva e continua, que unha vez adxudicada pois resulta que os terreos non estaban á disposición como se dixera, e hai que pasar á expropiación. Esta obra en concreto é do POL do 2000, foi adxudicada no 2000, foi aprobada e adxudicada no ano 2000 e dous anos despois salta este problema que vostedes badean administrativamente e facendo unha separata da obra, cando esto estaba no orixinal e pasándoa a fondos propios, ben, eso son digamos enxeñería administrativa que se un quere saca-las cousas adiante seguramente non teña máis remedio que facelo. Pero repito, é unha práctica tan habitual que non se pode seguir repetindo porque calquera día temos un disgusto e serio. Ou sexa, non creo que poidan seguir nesa práctica, vostedes aquí neste Pleno teñen dito cantidade de veces que teñen un plan, cando se lle pide que presenten algún tipo de planificación de estradas din que si a teñen. Bueno, pois se a teñen collan e vaian facendo os proxectos e senón conseguen digamos os terreos xa dunha maneira definitiva polo menos ter uns compromisos por escrito dos propietarios, etc., e ir co expediente un pouquiño máis atado, un pouquiño máis avanzado e non adxudica-la obra e que a empresa teña que pelexar cos propietarios a ver se ceden ou non por eses cartos e despois nos salten estes problemas. Creo que quedou moi clara a nosa postura, vámonos abster, non porque suceda unha vez, que podía ser motivo suficiente noutras administracións seguramente a oposición aproveitaría para montar un bo lío por unha cuestión deste tipo, e non é a nosa actitude, non foi nunca nesta Deputación, e este é un tema que se reitera dende hai once anos, polo menos dende que eu estou aquí, pero é tan reiterado é unha práctica tan reiterada que cremos que hai que acabala dunha vez ou polo menos lle pedimos ó grupo de goberno que a acabe dunha vez, que administrativamente poña as cousas ben e non nos teñamos que ver sempre con estas cuestións, que curiosamente, ou sexa, o proxecto principal aprobado en Comisión de Goberno, e agora nos veñen ó Pleno de rebote por unha expropiación ou por unha posta a disposición de terreos que non existía na realidade, na Comisión había un erro, nós abstivémonos na Comisión, e na acta pon que votamos en contra, cousa que non foi certa e vamos mante-lo voto da Comisión e aí estamos. Sr. Presidente.- Ben, Sr. Mosquera, vostede que ten tamén responsabilidades municipales pois sabe o que ocurre ás veces cando para a execución de determinadas obras pois se depende doutras administracións. Pois bueno, se tramita os expedientes como se tramita e logo se atopan cos problemas. E eu simplemente quizáis facerlle referencia a un informe que figura no expediente, un informe do Enxeñeiro técnico Xefe da Zona Sur que di que "la obra no ha podido ser terminada en su totalidad toda vez que se produjo la negativa a cualquier tipo de negociación por parte de dos propietarios de sendas parcelas A y B por lo que resulta imprescindible realizar un proyecto de tal tramo con presupuesto para conocimiento de la administración y para expropiaciones". En definitiva eu creo que este expediente, bueno pois está completo e se poderá discrepar da tramitación pero todos coñecemos os problemas que ás veces nos atopamos de determinadas obras cando se depende doutras administracións. Sr. Mosquera Lorenzo.- Pero eu prefiro, esto non depende de ningunha administración que é unha estrada provincial que depende só da Deputación, primeira cuestión. E segunda, prefiro non seguir meneando porque senón ese técnico ou algún técnico cando se adxudicou a obra certificou que estaban os terreos a disposición e efectivamente non estaban. Cando mínimo o que se podía facer era ter un compromiso dos propietarios por escrito de que ían a chegar a un acordo, cousa que non había, porque se non non se pode adxudicar unha obra. Pois prefiro non darlle máis voltas e todos sabemos como funciona esto e que ás veces hai que facelo pero que aquí se fai continuamente e practicamente en tódolos casos. Sr. Presidente.- Simplemente dicir que na maioría dos casos evidentemente é unha estrada provincial pero quen poñemos a disposición os terreos na maioría dos casos somos os Concellos e despois pasa o que pasa. Ben, en todo caso sometemos a votación este punto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. O BNG. ¿Votos a favor?. Partido Popular e PSOE. Aprobándose pola Comisión de Goberno, en sesión de 31-08-00, como parte integrante do Programa Operativo Local 2000, o proxecto de "Mellora EP 2107 Parada-Vilariño (Nigrán)"; adxudicándose dita obra a Construcciones Carro, S.L. o 26-10-00, sen que puidera rematarse na súa totalidade, debido a que, como sinala o informe emitido o 14-06-02, polo Enxeñeiro Técnico da Zona Sur, se produxo a negativa a calquera negociación por parte dos propietarios de dúas parcelas, sendo imprescindible conclui-la obra para garantiza-la seguridade do abundante tráfico rodado que circula pola zona, densamente poboada; e vistos os Documentos RC, emitidos por Intervención, nos que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 02/511.511-612.02.2001 do vixente Presuposto Provincial, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do Grupo Popular e do PSOE e a abstención do BNG, o seguinte: 1.- A aprobación inicial do proxecto "Mellora EP 2107 Parada-Ramallosa a Vilariño (Nigrán)", pertencente a Fondos Propios 2002 con presuposto para coñecemento da Administración de 23.427,89 Euros, IVE engadido, desglosado en: presuposto de execución por contrata, por importe de 12.800,01 Euro; e, expropiacións, por importe de 10.627,88 Euros. 2.- A exposición pública de dito proxecto, por prazo de quince días hábiles, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose que de non producirse as mesmas, o proxecto resultaría aprobado definitivamente, de forma automática. 3.- A declaración de utilidade pública da obra e necesidade de ocupación, con base no informe de 14-06-02, emitido polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur. 4.- A solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación dos terreos e bens afectados por tal obra. 5.- A motivación da urxencia que se pretende dar ó expediente expropiatorio, de acordo co informe de 14 dos correntes emitido polo Enxeñeiro técnico Xefe da Zona Sur, manifestando a necesidade imperiosa de remata-la obra iniciada con cargo ó POL 2000, a fin de garanti-la seguridade do abundante tráfico rodado que circula pola zona, altamente poboada e cun Colexio Nacional no tramo en cuestión. ------ Folla: 6.4760.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Non hai. Si, perdón. Sr. Secretario.- Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 27 de mayo y el 22 de xuño do presente ano. Y luego una Resolución Presidencial delegando las atribuciones de la Presidencia durante los días 4 al 11 de xuño en el Vicepresidente de la Corporación Sr. D. Enrique Sotelo Villar. Queda enterado o Pleno das seguintes comunicacións: A) De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas entre o 27 de maio e o 22 de xuño de 2002 e que foron trasladadas ós voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial de data 31 de maio de 2002 pola que a Presidencia delega as súas atribucións no Sr. Vicepresidente D. José Enrique Sotelo Villar durante os días 4 ó 11 de xuño. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Fóra da orde do día. Tres puntos. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Fóra da orde do día. Tres puntos. 7.4761.- CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA A CONSTITUCIÓN DO CENTRO DE ESTUDIOS LOCAIS DE GALICIA Sr. Presidente.- O primeiro punto é o Convenio de colaboración para a constitución do Centro de Estudios Locais de Galicia. Sometemos a votación primeiro a urxencia. ¿Votos en contra da urxencia?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade a urxencia. Ten o uso da palabra para explicar este asunto D. Manuel Vilar. Sr. Vilar Márquez.- Bueno, trátase de subscribir un Convenio de colaboración para a constitución do Centro de Estudios Locais de Galicia, coa Xunta de Galicia, as catro Deputacións Provinciais, o Colexio de funcionarios de Administración Local con Habilitación de carácter Nacional de Galicia para a constitución do devandito centro como trámite previo ó Decreto de creación do Centro de Estudios que aprobará a Xunta de Galicia. Este Centro de Estudios trátase de que coordine tódalas accións tendentes á formación do persoal ó servicio dos entes locais así como a establecer un vínculo de comunicación estable coa creación dunha revista especializada para o ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e fomenta-lo estudio e investigación sobre cuestións referentes ó réxime xurídico e económico de competencia e servicio de recursos da Administración Local Galega, etc. O Centro de Estudios Locais de Galicia, CELGA, estará rexido por un Consello Asesor no que estarán presentes dous representantes de cada unha das Deputacións Provinciais de Galicia así como dous representantes da Escola Galega de Administración Pública, dous representantes da Dirección Xeral de Administración Local e un representante do Colexio de Habilitados Nacionais. Para o financiamento deste centro efectuaranse as achegas económicas de cada un dos participantes no mesmo de acordo coas súas posibilidades orzamentarias ben con cargo a presupostos propios ou ben mediante realización de actividades formativas. E finalmente poderán tamén realizarse outras achegas ben con realización de cursos, aportacións locais, etc., etc. Trátase polo tanto de someter a aprobación este tema que cremos que é dun grande interese pois para coordinar tódolos recursos da Administración. Tamén outro dos puntos que pon o Convenio é que os acordos deberán tomarse sempre por consenso e un dos obxectivos claros é tamén evitar as saturacións de cursos que moitas veces nos atopamos e buscar unha mellor coordenación e redistribución dos mesmos nun ámbito tan racional como é a Comunidade Autónoma de Galicia. Polo tanto sométese pois esto a votación unha vez que todos teñan xa coñecemento do mesmo. Moitas gracias Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Eu primeiro non acabo de entender a pesar de que por cortesía e por diferencia, a diferencia total e absoluta co grupo maioritario nesta Corporación votamos a urxencia pero non acabo de entender a urxencia dun asunto que parece ser que é coordenar non se sabe que e que polo tanto nace mal, nace mal se vai ás présas e sen saber moi ben o que se vai a facer. E entón gustaríame que se explicara un pouco cal é a urxencia porque se están tanto as Administracións ou Colexios implicados supoño que haberá unhas conversas hai tempo, supoño que se nos pudo ter dado conta de en que dirección ían, etc., se convoca unha Comisión á présa e correndo e se trae ó Pleno fóra da orde do día cando é un tema que loxicamente necesitaría aportacións, estudio, etc., creo que non é o procedimento para algo que por outro lado e tal como está concebido e tal como está plasmado pois dá a sensación de ser unha idea feliz de montar un chiringo no que a cousa está pouco matizada e non vai arrancar ben. É sorprendente por exemplo que non estea a FEGAMP, totalmente sorprendente. Ou sexa resulta que os Concellos aí non teñen nada que dicir cando hai Concellos que teñen unha tradición xurídica e de organizar cursiños e demais seguramente de tanto calado ou máis, ou máis que os propios compoñentes desa, dos que en principio figuran como fundadores. Creo que algo terá que dicir, a Administración Local maioritaria son os Concellos, igual podían aportar ou non pero o que é a FEGAMP como tal debería estar aí, debe se-lo ente que mellor coñece as necesidades, que é unha necesidade real de formación e de coordenación e de estudios xurídicos e de sentar liñas de traballo para que a Administración funcione con esas garantías e polo tanto formar ó persoal para que dea esas garantías, non aparece para nada. Existe a Escola Galega de Administración Pública. Non se ve tampouco nada claro que vaia a aumentar eso, que vaia a mellora-lo funcionamento e queda así me parece que no terreo de ninguén, non sei se por vontade clara de face-lo así ou porque foi xestado e tramitado como nolo meten hoxe, así por urxencia e sen poder facer aportacións, sen escoitar a tódolos axentes, non creo que teña présa por ningún lado, este ano non creo que se vaia a modificar nada a estructura xa dos cursos e demais, non creo que se vaia a modificar nada, incluso dubido que para o curso que vén, para o período do ano que vén, que supoño que empezará en outubro ou novembro, os primeiros cursos dubido que estea engrasado ou sexa que hai tempo de sobra e creo que a FEGAMP e outras terían algo que dicir aí e nada máis. Dende logo se vén tal como está e non se vai a reanalizar, facer aportacións, estudiar o que se quere facer, se esto vai servir para reforzar a EGAP, para montar realmente unha Escola Galega de Administración Pública con efectivos e con profesionais de calibre, se van a ser asociados, se se van a seguir montando os cursos aquí, se non sabemos nada e cos defectos que lle vemos vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Sr. González. Sr. García García.- Bueno, bos días. Moitas gracias. O Grupo Socialista na Comisión correspondente abstívose precisamente porque considera que os Concellos non están representados neste Instituto, no CELGA, nesta creación deste órgano e precisamente porque as Deputacións, en fin, actúan en representación exclusivamente das Deputacións pero se este Centro se crea para a coordenación da formación dos funcionarios de Administración Local consideramos que a FEGAMP é a que representa en Galicia a tódolos Concellos de Galicia de distintos colores e aquí non se atopa representada nin penso que se haxa incluso contactado con eles polo que eu me puiden informar, para formar parte deste órgano. Nós abstivémonos na Comisión pero se efectivamente esto vemos que non corre présa, que podía quedar sobre a mesa para entablar outras conversas, para que os Concellos se sentiran representados aquí neste órgano teríamos que votar en contra se se leva adiante. Dicir que, bueno, que si é importante que os habilitados nacionales Secretarios e Interventores se sintan representados aí para a formación dos funcionarios dos Concellos de Galicia o máis importante é que estea a propia Federación, os propios Concellos. Como dixen, vamos, nós se non queda o asunto sobre a mesa votaremos o asunto en contra. Sr. Vilar Márquez.- Eu xa lle vou a da-la resposta tanto ó Voceiro do BNG coma ó do Partido Socialista. En primeiro lugar dicirlle ó do Bloque que a nosa obriga é que a administración funcione con axilidade, que non se paren os temas e a poder ser que o Decreto se asine o antes posible é a nosa obriga pola responsabilidade de goberno que temos. Por outra banda quero dicirlle tamén que houbo unha serie de reunións de traballo dos técnicos das catro Deputacións e de tódolos organismos que se levaron a cabo durante o presente ano e que ó fin e ó cabo chegouse a plasmar este Convenio que dalgunha maneira é aceptado por todas estas administracións. En canto pois ó tema da FEGAMP teño que dicir aquí para que se lle aclaren as dúbidas a tódolos aquí presentes, que si se lle invitou á FEGAMP. A FEGAMP estivo invitada como é lóxico cando unha administración como é a Xunta trata de coordenar non pode obviar a FEGAMP. E foi a propia FEGAMP a que se autoexcluiu para estar neste organismo. Se autoexcluiu porque ela alegou que ten unha serie de subvencións e que polo tanto de momento prefire funcionar de maneira autónoma. Ademais hai outro aspecto moi importante que neste convenio hai un artigo no que di que queda aberto tamén á integración doutros organismos para que poidan participar no mesmo tal e como son a Universidade e incluso pois a propia FEGAMP. Polo tanto cremos que todo vén aquí xa moi artellado, moi traballado, moi estudiado e moi consensuado e polo tanto creo que estamos en condicións despois desta aclaración miña de que tódolos grupos políticos voten a favor. Moitas gracias Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias pola explicación pero sinto dicirlle que non nos convence. Evidentemente que vostede citou a Universidade, eu téñoo aquí apuntado, que a Universidade non estea, a FEGAMP non estea, non creo que enriqueza para nada absolutamente para nada este chiringo, atrévome a calificalo así, que van a montar. A práctica habitual, afortunadamente este é un país que ó final todo se resolve e non se resolve nada ben, pero todo se resolve. E ¿como se resolve?. Pois os técnicos a quen lle toque, porque nos Concellos pequenos ás veces tócalle a un Auxiliar Administrativo exercer de Secretario ou Secretaria ou Interventor ou Interventora, ou tramitar un expediente, pois entre eles vai habe-la cultura de dirixirse a quen sabe. Entón collen e chaman pois ó Concello de, ó técnico do Concello de, ó técnico da Deputación de, que é o que sabe desto e lle podo dicir como facelo. Evidentemente este problema non o ten resolto nin a política de persoal que existe, as normas que existen sobre a política de persoal de dotación de prazas que está creando problemas graves ós Concellos, nin os está resolvendo a Xunta a través da EGAP nin o están resolvendo as Deputacións. Cada un pon o que pode, mal articulado e seguirá mal articulado, e empobrecido, seguirá empobrecido en canto non están aí os entes que podían darlle máis solvencia e tal, se a FEGAMP di que por agora se autoexcluía pois por agora non se fai e se lle dá maior solvencia e maior entidade para que a FEGAMP vexa realmente que vai ser algo aproveitable e non é o mesmo. Xa digo seguiremos resolvendo as cousas polo estilo deste país que ó final van funcionando, e que é o que dixen antes, que cada un aprenda a manexarse e ó final os que teñan problemas pola súa calificación ou formación dalgún asunto pois se buscan a vida falando en termos coloquiais, o que teñen que aprender é a quen dirixirse para resolver un expediente ou unha dificultade máis que confiar que os cursos de formación ou as entidades que podían resolverlle ese problema llo resolvan. Non nos parece nin urxente nin seria a proposta tal e como vén e polo tanto mantemos o noso voto negativo. Sr. Presidente.- Sr. García García. Sr. García García.- Bueno, pois eu sigo dicindo o que dicía antes, ou sexa, que se este centro se crea como coordinador para a formación dos funcionarios públicos de Galicia o que non está claro é que neste momento a FEGAMP é diríamos o organismo que máis formación está levando a cabo en Galicia, si efectivamente este órgano se crea para coordinar pouco vai a poder coordinar se os cursos e toda a formación que está realizando a FEGAMP non se levan aquí ó CELGA ou non se coordinan dende o CELGA porque a FEGAMP non está aí dentro. Cremos e seguimos dicindo que non hai urxencia para levar este tema, ou sexa que mantémonos no antedito. Sr. Presidente.- Ben, eu simplemente quixera engadir, creo que o tema da FEGAMP está perfectamente explicado polo Portavoz do Partido Popular, D. Manuel Vilar, eu simplemente diría, pois bueno dentro deste borrador de Convenio de constitución do Centro de Estudios Locais de Galicia, no apartado das titulacións, no apartado 2º, figura especificamente un parágrafo que di o seguinte "Novas incorporacións", coa finalidade de integrar tódalas entidades e organizacións relacionadas coma formación e as administracións locais especialmente universidades e institucións de interese social ou sen ánimo de lucro, dende o CELGA ofertarase a posibilidade destas ou outras organizacións se incorporen ó mesmo previa adhesión a este Convenio. É dicir que entendo de que non está a porta pechada a que participe se así o manifesta a FEGAMP. Eu entendo de que esto está perfectamente aberta esa porta. Dicir Sr. Mosquera que a EGAP é un dos que participa neste borrador, de feito eu creo que o Sr. Director da Escola Galega de Administración Pública, en nome e representación da mesma é unha das persoas que vai asinar este Convenio de colaboración e tamén manifestar que o que estamos a facer non é nin máis nin menos o que xa fixeron as outras Deputacións. Ben, ¿quere intervir?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si. Só dúas cuestións. Non debe ser moi serio cando a FEGAMP que teñen vostedes maioría non quixo entrar. E segundo, dixen antes que era unha cousa empobrecida e é unha cousa empobrecida porque está concebida soamente para a parte xurídica e de intevención e tesourería, pero é que resulta que nos Concellos non hai necesidades por exemplo para os técnicos de como se aplica a normativa da eliminación de barreiras e cousas dese tipo, e podía seguir cun longo etc., non figura para nada, ou sexa, non vai a cubrir nin a mitade das necesidades de formación do persoal dos Concellos e aínda por riba ca eiba de que nin tan sequera cre nel un ente como a FEGAMP que vostedes teñen maioría. Ou sexa, é evidente que esto nace coxo, empobrecido e que bueno, se queren sosterlla e non emendarlla é cousa súa, non é cousa súa porque esto seguramente veña de arriba, veña da Xunta, pero está mal plantexado, ten que ser moito máis amplio, non hai necesidade de formación en Asuntos Sociais, non hai necesidades de formación en Consumo, non hai necesidades de formación en Medio Ambiente, non hai necesidades de formación en non sei cantas cousas. ¿Contémplase eso tal e como está concebido eso para algo?. Para nada, absolutamente para nada. Polo tanto mantemos o noso voto e realmente esto se trate co mínimo rigor para que resolva os problemas reais que se topan os funcionarios da Administración Local. Sr. Presidente.- Ben, eu creo que as posturas de cada un dos grupos están perfectamente claras e seguramente é obvio que non cubre tódalas necesidades, xa quixéramos, non, pero si unha parte importante desas necesidades. Polo tanto sometemos a votación este punto. ¿Votos en contra?. PSOE e BNG. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase cos votos a favor do Partido Popular. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Réxime Interior, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do Grupo Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG, aproba-lo Convenio a subscribir coa Xunta de Galicia, as catro Deputacións Provinciais e o Colexio Oficial de Funcionarios de Administración Local con Habilitación de carácter nacional de Galicia, para a constitución do Centro de Estudios Locais de Galicia, como trámite previo ó Decreto de creación do referido Centro de Estudios que aprobará a Xunta de Galicia. Dito Convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA A CONSTITUCIÓN DO CENTRO DE ESTUDIOS LOCAIS DE GALICIA En Santiago de Compostela, a 15 de abril de dous mil dous. REUNIDOS O Excmo. Sr. D. Antonio Pillado Montero, Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, en nome e representación da mesma, O Ilmo. Sr. D. Domingo Bello Janeiro, Director da Escola Galega de Administración Pública, que obra en nome e representación da mesma, O Ilmo. Sr. D. José Luis Torres Colomer, Presidente da Deputación de A Coruña, que obra en nome e representación da mesma, O Ilmo. Sr. D. Francisco Cacharro Pardo, Presidente da Deputación de Lugo, que obra en nome e representación da mesma, O Ilmo. Sr. D. José Luis Baltar Pumar, Presidente da Deputación de Ourense, que obra en nome e representación da mesma, O Ilmo. Sr. D. Manuel Abeledo López, Presidente da Deputación de Pontevedra, que obra en nome e representación da mesma, O Sr. D. José Manuel Pardellas Rivera, Presidente do Colexio Oficial de Funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional de A Coruña, en representación dos colexios galegos de funcionarios de Administración Local con habilitación nacional. EXPOÑEN Primeiro: Os servicios públicos que se xestionan a través da Administración Local son cada vez máis e de maior relevancia para a calidade de vida dos cidadáns, o que xustifica a súa análise exhaustiva dende as perspectivas xurídica, económica e de xestión. Segundo: As peculiaridades da Administración Local de Galicia, as sucesivas e profundas modificacións do seu réxime xurídico e económico e as innovacións nas técnicas de xestión pública, son factores a ter en permanente consideración, e merecedoras, polo tanto, dun continuo e detido análise e estudio. Terceiro: O estudio da incidencia normativa da Unión Europea na actividade dos entes locais e das formas de acceso de municipios e provincias ós instrumentos financeiros da Unión Europea constitúen, máis que unha conveniencia circunstancial, unha necesidade estratéxica. Cuarto: Conscientes de tódolos factores xa expostos, o esforzo de formación do persoal ó servicio dos entes locais foi, é e será unha preocupación permanente da EGAP, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, das Deputacións Provinciais e do Colexio Oficial de Funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional, e doutras entidades públicas e privadas. Agora ben, todo o esforzo económico, profesional e intelectual que esta actividade formativa comporta require, para a súa maior eficacia económica e social, dunha canle idónea para a colaboración. Quinto: Tamén cómpre procurar que as cuestións que se refiran á Administración local teñan un vehículo de comunicación estable a través dunha revista especializada para o ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Sexto: A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, a Escola Galega de Administración Pública, e o Colexio Oficial de funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional, asinaron un convenio de colaboración o 15 de xaneiro de 2002, para promove-la constitución dun centro de estudios locais. Sétimo: As Deputacións Provinciais, conscientes da importancia da formación e outras actuacións relacionadas cos funcionarios de administración local da Comunidade galega apostan pola participación nun proxecto ambicioso e máis amplo do concebido inicialmente no convenio mencionado, e que sen dúbida, verase enriquecido coa presencia das Deputacións provinciais galegas. En atención a todo o exposto, as partes citadas acordan formaliza-lo presente convenio de cooperación de conformidade coas seguintes ESTIPULACIÓNS PRIMEIRA: OBXECTO A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, a Escola Galega de Administración Pública, as Deputacións Provinciais de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, xunto co Colexio Oficial de funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional, acordan promove-la constitución dun Centro de Estudios Locais de Galicia, a través do que, dentro do máis estricto respecto á autonomía que corresponde a cada unha das partes intervintes, auna-los esforzos dirixidos á realización de actividades formativas, así como realizar estudios, iniciativas e publicacións e, en xeral, outras accións de difusión de materias de interese local, nas que a realización de xeito illado resultaría practicamente imposible, ou ben, implicaría unha duplicidade de esforzos ou recursos que, en último caso, cuestionaría seriamente os principios de eficacia e eficiencia na actuación das administracións públicas. A constitución deste Centro será regulada mediante o correspondente decreto de creación, de conformidade co disposto nos artigos 4.15 e 34.4 da Lei 1/1988 reguladora da Xunta e do seu Presidente. SEGUNDA: OBXECTIVOS E PRINCIPIOS A actividade a desenvolver no centro de estudios locais de Galicia estará orientada á consecución dos seguintes obxectivos estratéxicos: Un: Procura, dentro do respecto á autonomía de cada unha das partes, auna-los esforzos dirixidos á formación do persoal ó servicio das entidades locais de Galicia. Dous: Fomenta-lo estudio e a investigación sobre as cuestións peculiares que fan referencia ó réxime xurídico e económico das competencias, servicios e recursos da Administración Local Galega. Tres: Estudia-las posibilidades e consecuencias para a Administración Local de Galicia que se deriven dos actos, acordos, normas e instrumentos financeiros da Unión Europea e doutras organizacións internacionais, especialmente as que inclúen países de Hispanoamérica. Catro: Divulga-las novidades máis relevantes, normativas, xurisprudenciais, económicas ou técnicas, que sexan de notorio interese para as entidades locais de Galicia. Para a consecución dos obxectivos expresados atenderase, en todo caso, ós seguintes principios de actuación: · 1.- Coordenación mutua, dentro do estricto respecto da autonomía de cada unha das partes asinantes, das actuacións a desenvolver polos destinatarios do presente convenio nas materias á que se refire o seu obxecto. · 2.- Atenderase á obtención da maior participación posible doutras institucións públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, que persigan obxectivos semellantes. · 3.- Tódalas actividades a desenvolver terán unha orientación multidisciplinar, do maior rigor científico ou técnico, perseguindo sempre a máxima representación de tódalas correntes de opinión relevantes sobre as materias a tratar. NOVAS INCORPORACIÓNS: Coa finalidade de integrar tódalas entidades e organizacións relacionadas coa formación e as administracións locais, especialmente Universidades, e institucións de interese social ou sen ánimo de lucro, dende o CELGA ofertarase a posibilidade de que estas, ou outras organizacións, se incorporen ó mesmo, previa adhesión a este convenio. O correspondente acordo de adhesión determinará as aportacións que deberán realizar ó CELGA os asinantes, xa sexa en forma de aportación económica, ou outro tipo de aportación. TERCEIRA: RÉXIME XURÍDICO E ECONÓMICO. O Centro de Estudios Locais de Galicia constituirase como centro superior de formación con carácter de órgano de xestión, para a consulta, proposta e programación da formación do persoal ó servicio das Administracións Locais de Galicia, integrado na Escola Galega de Administración Pública. A execución material da xestión e administración da programación do Centro de Estudios Locais de Galicia levarase a cabo a través dos órganos da Escola Galega de Administración Pública, podéndose adecuar estes, previo acordo dos asinantes, ás necesidades xurdidas polas novas actividades do mesmo. A sede ordinaria do Centro de Estudios Locais de Galicia estará situada na Escola Galega de Administración Pública, sen prexuízo de que poidan reunirse os integrantes do seu consello asesor no lugar que, excepcionalmente, determine o presidente do CELGA na convocatoria oportuna. CUARTA: COMPETENCIAS A actividade do Centro de Estudios Locais de Galicia dirixirase a procura-la mutua coordenación entre as distintas administracións e entidades intervintes para a consecución dos seguintes obxectivos: · Realización de actividades formativas dirixidas ó persoal ó servicio das administracións locais galegas, con especial atención a aquelas que, pola amplitude ou especialidade do seu programa, especial complexidade do seu deseño e execución ou relevante transcendencia ou repercusión da acción formativa ou dos seus obxectivos, resulte aconsellable a súa programación dende o ámbito do Centro de Estudios Locais de Galicia. · Proposta ou realización de estudios, informes, iniciativas e publicacións que resulten de interese, tanto para as entidades locais galegas, como para a Xunta de Galicia no eido local. · Posta en común, a efectos do recíproco coñecemento, dos programas, iniciativas e actividades, que en materia de formación levan a cabo cada unha das entidades e administracións intervintes, de xeito que se potencie ó máximo a súa eficacia e, ó mesmo tempo, se facilite o acceso ás mesmas do persoal a quen van dirixidas. Estas actuacións exerceranse sen prexuízo do respecto á capacidade de decisión e autonomía de cada parte á hora de levar a cabo aquelas iniciativas que non vaian quedar comprendidas nos obxectivos do Centro de Estudios Locais de Galicia. QUINTA: COMPOSICIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO O Centro de Estudios Locais de Galicia actuará para o cumprimento dos seus fins a través dun consello asesor, no que estarán representadas as distintas entidades asinantes, de acordo co previsto no Decreto de creación do CELGA. Actuará como secretario deste consello, con voz e sen voto, un funcionario da EGAP. Para o funcionamento deste Consello asesor estarase ó disposto no capítulo II, da Lei 30/1992, de 26 de novembro, no referente ó funcionamento de órganos colexiados, así como no mencionado Decreto de creación; en todo caso establécese o seguinte réxime de convocatoria: O consello asesor reunirase con carácter ordinario dúas veces ó ano, trala convocatoria do seu presidente. Con carácter excepcional poderá reunirse cando o presidente, ou a maioría dos membros do consello asesor o considere oportuno, previa convocatoria ó efecto. As competencias do consello asesor, así como do seu presidente, e do secretario do mesmo serán as que veñan determinadas no correspondente Decreto de creación do CELGA. SEXTA: RÉXIME ECONÓMICO Para o cumprimento dos seus fins o Centro de Estudios Locais de Galicia disporá dos seguintes recursos económicos: a.- Achegas das entidades participantes. b.- As contraprestacións económicas que puidera obter pola prestación das súas actividades. c.- As contraprestacións económicas que xeren os convenios que se puideran subscribir por parte da Escola Galega de Administración Pública referidos ás actividades do Centro de Estudios Locais de Galicia. SÉTIMA: ACHEGAS Cada unha das partes participantes no Centro de Estudios Locais de Galicia efectuará as achegas económicas ó mesmo, de acordo coas súas dispoñibilidades orzamentarias, ben con cargo ós seus propios orzamentos, ou ben mediante a realización de actividades formativas en réxime de cofinanciamento, ou finalmente, poderán realizar outras achegas (bens materiais, locais, etc.), sempre que estas achegas obteñan previamente a aprobación do Consello Asesor, que deberá cuantifica-lo seu valor económico. Para poder recibi-las achegas de contido puramente económico, serán habilitadas pola Escola Galega de Administración Pública as aplicacións orzamentarias necesarias. OITAVA: COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO CONVENIO Constitúese unha comisión de seguimento de comprobación puntual, formada por un representante de cada parte asinante, que solucionarán pola vía administrativa as cuestións derivadas da aplicación do convenio. Esta comisión reunirase cando as partes o consideren conveniente. NOVENA: SOLUCIÓN DE CONTROVERSIAS As cuestións litixiosas que puideran xurdir en relación con este convenio e que non se solucionen pola vía administrativa, serán coñecidas pola xurisdicción contencioso-administrativa. DISPOSICIÓN ADICIONAL Á entrada en vigor do presente convenio, a EGAP promoverá os trámites necesarios para a adaptación da súa estructura orgánica, ó funcionamento do Centro que se constitúa. DISPOSICIÓN TRANSITORIA Durante o período de tramitación do decreto de creación e regulación do CELGA, as partes asinantes poderán organizar conxuntamente actividades formativas relacionadas co obxecto do presente convenio, así como as previstas no convenio asinado inicialmente o 15 de xaneiro de 2002, entre a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, a EGAP e o Colexio Oficial de Funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional de A Coruña, en representación dos colexios galegos de funcionarios de Administración Local con habilitación nacional. O financiamento destas actividades, que en todo caso deberán ser realizadas antes do 31 de decembro do 2002, corresponderalle á parte propoñente. A convocatoria será realizada pola EGAP, e os títulos e diplomas emitiranse de forma conxunta. DISPOSICIÓN DERRADEIRA Este convenio entrará en vigor ó día seguinte da súa sinatura, e as súas disposicións rexerán por un ano, prorrogándose automaticamente por anualidades cando ningunha das partes manifeste a súa vontade de denuncialo. E en proba de conformidade, subscriben o presente convenio por cuadruplicado e para un só efecto, no lugar e data expresados ó comezo. O CONSELLEIRO DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS, Asdo: Antonio Pillado Montero O DIRECTOR XERAL DA ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA, Asdo: Domingo Bello Janeiro O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE A CORUÑA, Asdo: José Luis Torres Colomer O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE LUGO, Asdo: Francisco Cacharro Pardo O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE OURENSE, Asdo: José Luis Baltar Pumar O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, Asdo: Manuel Abeledo López O PRESIDENTE DO COLEXIO OFICIAL DE FUNCIONARIOS DE ADMINISTRACIÓN LOCAL, Asdo: José Manuel Pardellas Rivera ------ Folla: 8.4762.- CONVENIO PARA A CONSTITUCIÓN DO CONSORCIO DO AUDIOVISUAL DE GALICIA Sr. Presidente.- Existe outro punto fóra da orde do día que é o Convenio para a constitución do Consorcio do Audiovisual de Galicia. En primeiro lugar tamén sometemos a votación a urxencia deste punto. ¿Votos en contra da urxencia?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Ten o uso da palabra D. Jesús Fernández, Deputado-Delegado da área de Cultura. Sr. Fernández Portela.- Gracias Presidente. Bos días. Trátase do Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e o Instituto Galego de Promoción Económica, a Compañía de Radiotelevisión de Galicia, as Deputacións Provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, e as entidades financeiras Caixa Galicia, Caixanova e Banco Pastor, para a constitución do Consorcio do Audiovisual de Galicia. O total deste Convenio ascende a 1.540.000 Euros, perdón, dos que a Deputación de Pontevedra aporta o 2% que son 30.000 Euros e os obxectivos deste Convenio podemos citar entre outros os seguintes: Desenvolver e fomenta-la producción e industria cinematográfica e audiovisual de Galicia, promover e potencia-la actividade profesional e a creación de emprego no sector audiovisual, impulsa-la producción propia, promove-la investigación e a formación no sector audiovisual, promove-la utilización do idioma galego, no sector tamén, e divulga-las obras audiovisuais galegas no propio territorio. Nada máis. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención máis?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Volvemos ó mesmo. Aquí empézanos cun Decreto blanco/2001, ou sexa, que xa deben levar cando menos seis meses con eso a voltas e nolo meten de urxencia nunha Comisión demostrando un exquisito respeto pola, polo menos polo coñecemento da oposición ou dos outros grupos que forman esto. E este é un caso que como di o outro pois mire, xa nos gustaría que funcionara, xa nos gustaría. É unha boa idea, debía estar feita hai bastante tempo pero, en fin, non sei se nas súas mans e tal como está concebido vai a ser realmente o que se pretende. Moi ben non nace, non nace dende o momento que fan unha composición, fan unha composición de tódolos seus membros na que resulta que practicamente todo será PP, PP, PP, PP, que me parece que é cando menos un empobrecemento por non falar doutras cousas. Falta moitisimo elemento profesional, non hai ningún. Ou sexa, o Conselleiro de Cultura, perdón, leo textualmente, "el Presidente será el Consejero de Cultura, Comunicación Social y Turismo, uno por la Consejería, Vicepresidente de Economía e Facenda, que actuará como Vicepresidente 1º y otro por la CRTVGA, que actuará como Vicepresidente 2º; dos Vocales en representación de la Comunidad Autónoma, uno por la Consejería, 4 Vocales en representación de las Diputaciones, un Vocal en representación de tal, 3 Vocales en representación de las entidades financieras, Secretario, etc.". Parece que a profesionalidade digamos ou vinculación co sector do Consello de Dirección, por poñer un exemplo, non é que sexa pouco, é que non existe, non parece unha boa maneira de arrancar, non parece, e entre os obxectivos dos Estatutos fixa como dixo o Deputado ponente, é "promover la utilización del idioma gallego mediante su uso en los medios audiovisuales". Promove-la utilización do idioma galego empezando por face-los Estatutos en castelán non parece unha boa maneira de iniciar esto. Non parece, repito, unha idea que cremos que debía estar feita hai tempo por ben do sector e por ben da, vamos, de potencia-los audiovisuais, a importancia que teñen cada día maior, en Galicia, pois tradúcese nunha idea que vén así á última hora, precipitada e que nace mal, nace absolutamente sesgada, nada profesionalizada, absolutamente nada, cun Consello de Dirección absolutamente desvinculado do sector, e en fin, xa, deixando ó lado o do idioma que supoño que o traducirán nalgún momento, pero quere dicir que quen estivo xestando esto ten bastantes lapsus neste sentido. Como a idea é boa vámonos abster aínda que realmente tal é como está temblamos de que se vai crear un chiringo que ó final vai parecer facer e se fai, pero sen facer, e supoño que haberá, esperemos que non haxa, verdade, financiamento para esperpentos como vimos o outro día, "Los viejos no deben de enamorarse", e cousas desas, que serven exactamente para financiar a desgaleguización do pouco que temos galeguizado. Agardemos porque coa historia e co que estamos vivindo tódolos días pois moito nos tememos que vaia por aí. Vámonos abster, xa digo, porque a idea é boa e porque, en fin, agardemos que sobre a marcha se vaia corrixindo porque senón repito esto non é serio e igual salta a cordura e a sensatez á hora de efectivizalo, igual hai unha modificación de Estatutos dentro dun tempo que se integren profesionais ou persoas vinculadas co sector, etc., igual, igual, moito nos tememos que non pero vamos a absternos, xa digo con tódalas precaucións porque esto nace francamente mal. Sr. Presidente.- ¿Algunha outra intervención?. Si. Sr. Santiago Novas.- Hola, bos días. No noso caso creo que non hai moito máis que dicir que o que dixo o Voceiro do Bloque sobre este Convenio pero tamén anunciamos que vamos a absternos fundamentalmente porque non se dixo nin unha sóa palabra que poida xustifica-la urxencia deste Convenio, porque evidentemente ó vir por vía de urxencia non dou tempo nin sequera para poder tratar os membros que compoñen os órganos de decisión neste caso onde claro que non aparece ningún profesional relacionado co tema, e por outro lado porque como se dicía antes, aínda que os obxectivos son bos, non parece que os principios sexan bos, onde un Convenio que pretende potencia-lo galego xa veña presentado en castelán. Pero bueno, esperemos que vaian rectificando sobre a marcha e dado que os fins do Convenio son bos poida que no futuro poidamos apoialo. Sr. Presidente.- Ben, eu simplemente matizar dúas cuestións, a primeira delas é que coincido con vostedes en que eses Estatutos evidentemente debían de estar en galego, pero aínda que sexa apelando a un dito en castelán, eu creo que "nunca es tarde si la dicha es buena" Sr. Mosquera, eu creo que nunca é tarde se a dicha é bo

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición