ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2002/07/24_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.363/3.2002-07-24_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2002/07/24_Ordinaria

  • Data(s) 2002-07-24 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 24 de xullo de 2002 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vintecatro de xullo do ano dous mil dous, baixo a Presidencia de D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Ramón Alonso Fernández, D. Xosé Antonio Araujo Quintas, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Jesús María Fernández Portela, D. Alberto García García, D. Emilio González Iglesias, D. Angel Gregores Méndez, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Telmo Martín González, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. Juan Luis Pedrosa Fernández, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Manuel Rivera Domínguez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Henrique Viéitez Alonso, D. Manuel Ramón Vilar Márquez e D. José Villar Pereira, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Damos comezo á sesión ordinaria do Pleno do día de hoxe. 1.4765.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Como primeiro punto da orde do día, aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 28 de xuño do ano 2002. ¿Apróbase?. Polo tanto queda aprobada a acta. Apróbase por unanimidade o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 28 de xuño do ano 2002. ------ Folla: 2.4766.- NOMEAMENTO DE REPRESENTANTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL NO PADROADO DO PARQUE NACIONAL MARÍTIMO - TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA Sr. Presidente.- Punto número 2 da orde do día. Nomeamento de representante da Deputación Provincial no Padroado do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Fomos notificados a Deputación Provincial de Pontevedra polo Ministerio de Medio Ambiente, na que se nos pide que nombremos un representante, tanto a Deputación de Pontevedra coma a de Coruña, dentro deste Padroado que pronto empezará a funcionar e a Comisión propón, neste caso, a quen lles fala para que forme parte deste Padroado. ¿Algunha intervención?. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, nós non vamos a votar a favor loxicamente esta proposta porque en principio é unha proposta do goberno provincial que nós non compartimos, non estamos falando da persoa pero si da filosofía e entón vamos absternos. Sr. Presidente.- Gracias. Bueno, a verdade é que se houbera máis representantes, creo que sería por parte do equipo de goberno non habería inconveniente en que participaran os demais grupos, pero ó ser un representante só é practicamente imposible. Sr. González Iglesias.- Eu non quería entrar nese tema, pero sabe o Presidente que hai por aí organismos, como fundacións, onde hai máis representantes e a representación é única e exclusivamente do grupo de goberno. Nada máis. Sr. Presidente.- No que se refire concretamente a este é un só e polo tanto temos que proceder á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?.O Grupo Socialista e o BNG. ¿A favor?. O Grupo Popular. Dada conta da comunicación do Ministerio de Medio Ambiente solicitando designación por parte desta Deputación de representante para formar parte do Padroado do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e considerando o disposto no artigo 7.2.e) da Lei 15/2002 de 1 de xullo, pola que se crea o citado Parque Nacional, e visto o dictame da Comisión Informativa de Medio Ambiente e Urbanismo na súa sesión de 17 de xullo do 2002, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Medio Ambiente e Urbanismo, acorda, por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSOE e do BNG, a adopción do seguinte acordo: Designar ó Vicepresidente D. Rafael Louzán Abal como representante desta Deputación no Padroado do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. ------ Folla: 3.4767.- SOLICITUDE DE CAMBIO DE APLICACIÓN DA OBRA Nº 57 DO CONCELLO DE COVELO INCLUÍDA NO PPC/2002 Sr. Presidente.- Punto número 3. Solicitude de cambio de aplicación da obra nº 57 do Concello de Covelo incluída no PPC/02. Como xa é coñecido os Concellos teñen unha obra titular e unha obra complementaria, e neste caso o Concello de Covelo non vai a realiza-la obra titular senón que vai a realiza-la obra complementaria polo cal solicitou o cambio de aplicación desta obra e que procedemos se vos parece a súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Tódolos grupos políticos. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades, o Pleno acorda por unanimidade aproba-la petición do Concello de O Covelo o cambio de aplicación da obra nº 57, incluída no PPC 2002, denominada "Acceso e Urbanización 1,87 Km. camiños Margarida, Portacortiñas", pola actuación complementaria "Acceso e Urbanización de 1,87 Kms. de camiños en Cima de Vila, As Barreiras, A Igrexa e Cacharrizo en Santa Marina", co mesmo financiamento que a anterior e detallada a continuación: Aportación do Estado 35.708,19 Euros Aportación da Deputación 26.781,14 Euros Aportación dos Concellos 26.781,15 Euros TOTAL 89.270,48 Euros ------ Folla: 4.4768.- APROBACIÓN PROXECTO DE CONVENIO XUNTA-DEPUTACIÓN SOBRE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS Sr. Presidente.- Punto 4. Aprobación do proxecto de Convenio Xunta-Deputación sobre instalacións deportivas. Ten a palabra o Sr. Raposeiras Correa. Sr. Raposeiras Correa.- Ben, bos días a todos. Trátase de aproba-lo Convenio de Infraestructuras para o próximo cuatrienio entre a Xunta de Galicia e a Excma. Deputación de Pontevedra que vai permitir invertir na provincia de Pontevedra en Infraestructura Deportiva 18.188.024 Euros entre as dúas Institucións. Son distintas aportacións as que fai a Secretaría nas anualidades dende o 2002 ó 2006, e a Deputación aporta a mesma cantidade nas mesmas anualidades de 2002 ó 2005, sendo 1.803.036 Euros. As aportacións económicas anteriormente mencionadas veranse incrementadas polos importes que os Concellos ou outras entidades públicas fagan para as distintas obras que se fagan. E no marco deste Convenio crearase unha Comisión de Seguimento que concretará as obras e mailos Concellos onde se vaian a realizar estes investimentos en infraestructura deportiva. Sr. Presidente.- Moi ben. ¿Algunha intervención?. Si, Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Hola, bos días, moitas gracias. Este é un caso, moi reiterativo nesta Deputación, no que nalgún momento se presenta un maravilloso proxecto de Convenio de Infraestructuras Deportivas neste caso, ou de calquera outro tipo, e que ó cabo dun tempo se demostra un fracaso bastante grande e seguimos sostendo e non corrixindo nada. Realmente este non é un convenio é os restos do que foron uns convenios que en vez de corrixilos no sentido de que funcionaran e resolveran certo tipo de problemas, se rebaixa, para mantelo porque parece como que queda mono, ou se o grupo gobernante aquí e na Xunta colleu esa liña parece que é un desdoro replantexala e coller outras vías ou corrixi-los problemas detectados. E digo esto porque, primeiro, cada administración vai contrata-las súas obras co cal pois cada unha fará as súas; non se ve onde está ese Convenio, cando cada unha das administracións fai polo seu lado os seus investimentos. Tan é así que incluso as consignacións non coinciden; a Xunta faino polo período 2002-2006 e esta Deputación faino polo 2002-2005, ou sexa que son investimentos paralelos que se recollen nun Convenio por, como dixen antes, manter esa liña de Convenios que existiu durante este tempo. Despois, tan vinculada queda a Xunta, a Secretaría Xeral para o Deporte, con este Convenio, que leo textualmente: "as aportacións da Xunta poderán verse diminuídas por igual importe ó que ascenden as subvencións nominativas incluídas na Lei de Orzamentos para outras infraestructuras deportivas". Ou sexa que a Xunta queda coas mans libres para poñer 0 pesetas neste Convenio se quixera. Exactamente se quixera podía quedar coas mans libres para poñer 0 pesetas. Poñerá o que poña ó final pero esa Comisión e ese suposto acordo bilateral ou cos concellos incluídos queda condicionada a que a Xunta lle apareza por aí algunha instalación que queira facer grande e colla e retire a parte proporcional que pode ser incluso todo. A maiores, e xa nesta mesma liña, a Secretaría Xeral nos seus investimentos excedeuse parece ser en catro e xa os mete aquí, xa os mete no Convenio na cláusula 2ª e xa se ve que a anterior, que é a da reducción da parte que en principio aporta a Xunta, xa a aplica con carácter retroactivo, e hai catro obras, non sei se ten maior interese cales son ou cales non son, que porque se excederon do orzamento e son obras da Secretaría Xeral para o Deporte, xa repercute neste Convenio, ou sexa que reduce e non pon nin a cifra, reduce proporcionalmente a súa aplicación. Ben, sen entrar xa en máis detalles que habería uns cantos, incluso valorar como funcionaron estes Convenios ata agora, non parece, como dixen ó principio, que esto sexa nada elaborado e que realmente vaia a dar un Plan de Infraestructuras Deportivas cunhas consignacións discutidas entre as dúas administracións e os concellos, e cunhas aportacións fixadas e comprometidas para lograr eses fins. Simplemente é manter agonicamente o Convenio. Claro que hai unha razón moi clara para manter este Convenio, que é a única razón creo eu por que se mantén este Convenio que realmente non é tal Convenio, e creo que co que acabo de dicir queda moi claro. Que é que así, con este Convenio, se están cubrindo as espaldas a Secretaría Xeral para o Deporte; cando hai unha necesidade deportiva nalgún punto da provincia, o mantén nunha situación de nebulosa que lle permite, digamos, ir gañando tempo ou ben ir mareando ós axentes sociais ou ós concellos que están demandando esa infraestructura. Francamente me parece que é a única razón para manter este Convenio. Ou sexa, aquí estamos facendo como Deputación de mamporreiros da Xunta única e exclusivamente. Se a Deputación ten os seus cartos para esto, que os meta nos seus investimentos e acabouse, e a Xunta que vote frente ós que teña que facer. Ou se non que se comprometa en serio con cantidade de cartos e que se decida entre todos onde se van a meter e non estar con este Convenio que á Deputación si lle ata, ou sexa que a Deputación ten que aporta-las cantidades que están aí e que á Secretaría Xeral para o Deporte non lle ata en absoluto porque pode detraer sen límite a aportación ou as aportacións que en principio se contemplan aquí. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- El Grupo Socialista históricamente ha planteado siempre que se procurase ir con convenios entre la Diputación, la Xunta y los Ayuntamientos a ser posible. Realmente lo que hoy se está planteando aquí como Convenio hay que cogerlo un poco con pinzas para entenderlo así. Nosotros incluso estaríamos dispuestos a apoyarlo siempre y cuando el grupo de gobierno se comprometiese al menos a que esto funcionase, ya que no es un convenio en si, a que al menos funcionase como un elemento de coordinación en las inversiones porque con el planteamiento que se está haciendo de que la Xunta puede invertir por un lado y la Diputación por otro, podría darse la circunstancia, por ejemplo, de que tanto Xunta como Diputación invirtiesen en el mismo Ayuntamiento quedando otros Ayuntamientos fuera de las inversiones en este plan quinquenal. Entonces necesitaríamos para apoiar en este tema al menos un compromiso del grupo de gobierno de que se coordinarían las inversiones de forma que non coincidiesen las de las dos Administraciones en el mismo Ayuntamiento. Eso sería para nosotros básico para poder apoiar este documento. Después nos sorprende y nos choca que este, que es un tema que se viene haciendo desde hace años, aparezca la financiación de este mal llamado Convenio en el punto 5 del Orden del Día. Es decir, si estamos hablando de unas inversiones que desde hace años vienen coordinando la Xunta y la Diputación, parecería lógico que cuando ustedes redactaron el Presupuesto inicial de la Diputación contemplasen ya el dinero correspondiente para hacer este Convenio, cosa que no se hizo y paradójicamente, vuelvo a repetir, este es el punto número 4 del orden del día del Pleno y en el punto número 5 estamos financiando la aportación de la Diputación. Yo creo que formalmente incluso hubiese sido mejor darle la vuelta. Yo vuelvo a repetir, si ustedes se comprometen a esto que le hemos planteado estaríamos dispuestos a votarlo a favor, pero a votarlo a favor por lo que le decía antes. Necesitaríamos al menos ese compromiso del grupo de gobierno para votarlo a favor. Nada más por ahora. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Si, Sr. Raposeiras. Sr. Raposeiras Correa.- Eu non sei se o Convenio este é maravilloso ou non. Eu entendo que é un bo Convenio para tódolos Concellos da provincia de Pontevedra que teñen necesidades en infraestructuras deportivas. Nese sentido hai que dicir que os anteriores Convenios, os tres anteriores Convenios permitiron dotar á provincia de Pontevedra dunhas infraestructuras deportivas que antes non tiñamos. Eu creo que a inversión que se fai polas dúas Administracións está garantizada tanto pola Xunta de Galicia como pola Deputación de Pontevedra. A garantía de que vai haber unha coordinación entre as dúas Administracións para a selección das actuacións está recollida no Convenio porque vai ser esa Comisión integrada polos membros da Secretaría e máis da Deputación quen seleccione, quen determine as obras que se van a realizar en cada Concello. Eu creo que desta maneira a única finalidade que contempla este Convenio é garantizar estas inversións na provincia de Pontevedra que doutra maneira non teríamos garantizado. Sr. Presidente.- Moitas gracias. ¿Algunha intervención?. Si, Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver Sr. Deputado. Realmente eu lle estou pedindo algo creo que moi sinxelo e non me diga que se garantiza na Comisión de Coordinación porque non é certo. Eu o que quero é un compromiso de vostedes aquí no que as dúas administracións por separado non fagan dúas obras nun Concello. Ese é o compromiso que lle estou pedindo. Sr. Raposeiras Correa.- Ese compromiso creo que o podemos asumir perfectamente. Sr. Presidente.- En principio eu creo que está perfectamente clarificada a postura neste caso do grupo de goberno porque foi un Convenio que dou uns resultados tremendamente positivos para a provincia de Pontevedra. Trasladado a pesetas estamos falando dunha inversión para todos estes anos superior ós 3.000 millóns de pesetas, que dalgunha forma a Xunta vai aportar 1.800 millóns de pesetas e por parte da Deputación 1.200 millóns. Creo que vai a ser interesante para os Concellos e incluso para instalacións deportivas puntuais ó mellor non só a nivel de Concello senón incluso para unha Comarca, etc., que van a ter unha transcendencia fundamental. Eu creo que en principio é un Convenio tremendamente interesante para a provincia. Se falaba da posibilidade de porque non se negociou antes. Empezouse a negociar unha vez que se aprobaron os Presupostos da Xunta de Galicia e a partir de aí se pon en marcha tamén esa coordinación coa Deputación e se chegou a este feliz acordo de poñelo en marcha e levalo ó Pleno. Polo tanto ¿votos en contra?.O BNG. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Os Grupos popular e socialista. Visto o proxecto de Convenio a suscribir entre a Xunta de Galicia e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, polo que se pretenden establece-las bases de colaboración entre ambas Institucións e fixa-las aportacións económicas de ámbalas dúas para a construcción e reforma de instalacións deportivas no período 2002-2006. Vistos os informes emitidos por Vicesecretaría e Intervención desta Excma. Deputación Provincial, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e co voto en contra do BNG: 1º.- Aproba-lo Proxecto de Convenio a suscribir entre a Xunta de Galicia e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, para fixa-las bases de colaboración entre ámbalas dúas e fixa-las súas aportacións económicas para a construcción e reforma de instalacións deportivas no período 2002-2006. 2º.- Facultar ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial para a a sinatura do citado Convenio. Dito Convenio é como segue: CONVENIO DE COOPERACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA En Santiago de Compostela, a de de dous mil dous. REUNIDOS O Excmo. Sr. D. Manuel Fraga Iribarne, Presidente da Xunta de Galicia. O Ilmo. Sr. D. Manuel Abeledo López, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Actuando, respectivamente, en virtude das habilitacións, establecidas na Lei 1/1993, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu Presidente, e na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, e dos acordos adoptados ó efecto polo Consello da Xunta de Galicia e o Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, e a tal efecto, EXPOÑEN O éxito acadado no Iº, IIº e IIIº Convenio de cooperación asinado entre a Xunta de Galicia e as Deputacións Provinciais, sobre instalacións deportivas, suscrito para o período 1992/94, 1994/97 e 1997/01, aconsella reiterar de novo o concerto de vontades e actuacións das administracións sinatarias, conscentes de que a mellora da práctica deportiva demanda un investimento constante encamiñado a satisface-la demanda social existente. A experiencia obtida na xestión dos Convenios que constitúen antecedentes directos do presente, xustifica a introducción de mecanismos correctores de disfuncionalidades detectadas no proceso de materialización das aportacións económicas dos concellos adheridos ó tempo que se consideran, igualmente, as modificacións que ó respecto ten introducido a entrada en vigor do Real Decreto Lexislativo 2/2000 de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas. Con idéntico fundamento na experiencia acadada ó longo dos últimos dez anos de coordinación administrativa na xestión dos procesos administrativos precisos para a contratación das obras, obxecto final dos convenios asinados, tense posto de manifesto que os obxectivos perseguidos, a coordinación do investimento que permita un salto cualitativo no nivel de equipamento deportivo existente, poden acadarse seguindo a forma establecida no IIIº Convenio, é dicir sen necesidade de facer recae-la totalidade da responsabilidade da xestión administrativa sobre unha sóa das administracións asinantes. Con base nesta orientación o IVº Convenio de cooperación representa a continuidade no plano dos obxectivos -a mellora da infraestructura deportiva da provincia- e nos mecanismos que o sustenta, a coordinación libre e voluntariamente concertada. Froito da experiencia na súa implementación continúase a xestión compartida que permite que as Administracións asinantes se responsabilicen en igual medida, da xestión administrativa do pactado, o que comporta que fixados os investimentos do modo previsto no Convenio a súa materialización se encomende a cada unha das partes sinatarias. O obxectivo a acadar, o volume do investimento que se precisa para face-lo realidade e a propia ordenación e asignación competencial en materia deportiva, xustifica a actuación conxunta de diversas administracións, coordinando a súa actuación cara a consecución de metas que lles son comúns. Así, a Lei Orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de Autonomía de Galicia no seu artigo 27.22 establece a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de promoción do deporte, que se concretou na Lei 11/1997, do 22 de agosto, xeral do deporte de Galicia. Ademais no marco da lexislación básica de réxime local (Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local), a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia establece, dunha parte, a competencia xenérica dos concellos, nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas, en varias materias, entre as que se inclúen as actividades e instalacións deportivas (art. 80.2), doutra, establece que os concellos de máis de 20.000 habitantes teñen obriga de presta-lo servicio de instalacións deportivas de uso público (art. 81.c); e finalmente encomenda ás deputacións provinciais a coordinación dos servicios municipais entre si para garanti-la prestación integral e axeitada de servicios públicos en todo o territorio da provincia (artigo 109.1.a) Sustenta o presente convenio o ánimo de exerce-las competencias atribuídas ás administracións sinatarias e a dotación das instalacións deportivas precisas ó deporte federado e á cidadanía en xeral. A tal efecto, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra, suscriben o presente Convenio que se suxeitará ás seguintes CLÁUSULAS I. OBXECTO DO CONVENIO É obxecto do presente convenio establece-las bases de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra e fixa-las aportacións económicas de ámbalas dúas administracións que fagan posible a construcción e reforma das instalacións deportivas que no seu día se determine, no período de 2002-2006. A sinatura deste convenio deixa subsistente e non extingue as obrigas contraídas polas partes, no marco do Iº, IIº e IIIº Convenio de cooperación, que o día da data non se atoparan satisfeitas. Na acreditación do seu cumprimento observaranse as prescripcións de aplicación en razón do convenio de orixe. II. FINANCIAMENTO Os investimentos necesarios para a construcción das instalacións deportivas que, conforme ó presente Convenio se determinen, serán financiados pola Xunta de Galicia e Deputación Provincial sinataria, conforme ó procedemento arbitrado no presente convenio: A) A Xunta de Galicia aportará, con cargo ós presupostos da Secretaría Xeral para o Deporte, as cantidades que se indican conforme á distribución nas seguintes anualidades: * XUNTA DE GALICIA, Secretaría Xeral para o Deporte, aplicación presupostaria: 04.03.355A.622.1 *Anualidade de 2002 1.610.000 Euros *Anualidade de 2003 2.007.380 Euros *Anualidade de 2004 2.252.500 Euros *Anualidade de 2005 2.553.000 Euros *Anualidade de 2006 2.553.000 Euros B) A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA *Anualidade de 2002 1.803.036 Euros *Anualidade de 2003 1.803.036 Euros *Anualidade de 2004 1.803.036 Euros *Anualidade de 2005 1.803.036 Euros Os referidos importes imputaranse nas sucesivas fases do gasto, á aplicación presupostaria do respectivo presuposto provincial, tal e como se sinala no acordo adoptado, en sesión plenaria, o día de de 2002. Únese como anexo da presente certificación de tal extremo. C) As aportacións económicas anteriormente mencionadas poderán verse incrementadas polos importes que, para idénticas finalidades, aporten os concellos ou outras entidades públicas que, conforme ós mecanismos previstos no presente, acorden a súa adhesión a este Convenio ou, con base nos compromisos de investimento que no presente se contraen, conveñan o cofinanciamento de investimentos programados, baixo calquera forma de colaboración interadministrativa. D) De forma excepcional, os compromisos referidos nos apartados A e B precedentes, poderán verse diminuídos por igual importe ó que ascendan as subvencións nominativas recollidas na Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma para destinar a grandes infraestructuras deportivas, promovidas polas administracións locais ou entidades deportivas, na provincia de Pontevedra. E) En atención á circunstancia de que a Secretaría Xeral para o Deporte ten excedido o investimento previsto inicialmente no III Convenio, os créditos comprometidos no apartado A-1 precedente veranse diminuídos para atende-los seguintes investimentos recollidos na Lei 2/2002, do 29 de abril de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2002: "Construcción pista de atletismo, bancadas e vestiarios no concello de Cangas do Morrazo", expediente nº 2002-04-194; "Edificio administrativo e sede das federacións deportivas galegas en Vigo", expediente nº 2002-04-288; "Construcción piscina cuberta climatizada no concello de Marín", expediente nº 2002-04-384; "Reforma da cuberta do Pavillón polideportivo das Travesas en Vigo", expediente nº 2002-04-740. F) É desexo das partes sinatarias do presente que o IV Convenio de Cooperación sobre instalacións deportivas, permita, sen solución de continuidade, a xestión administrativa, o recoñecemento e pago das obrigas que traían causa de proxectos de obras, reformados ou complementarios que se fagan precisos na execución de obras que foron contratadas no marco do III Convenio de Cooperación e que se atopen en execución, así como igual proceder respecto das liquidacións daquelas obras que estando concluídas ou en curso non se atopen pagadas con anterioridade ó presente exercicio orzamentario. G) En cumprimento do disposto no artigo 58.2 do texto refundido da Lei de Réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobada por Decreto Lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, a realización ou autorización de gastos de carácter plurianual, con base nos compromisos contraídos no apartado A precedente, subordinaranse ós créditos que para cada exercicio se consignen nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, ou no seu caso do orzamento provincial. III.- DETERMINACIÓN DAS OBRAS A proposta para a determinación concreta das obras a executar na provincia de Pontevedra e o importe estimado do presuposto das mesmas será efectuada pola Comisión á que se refire a base oitava (VIII) integrada a este efecto pola representación da Secretaría Xeral para o Deporte e a Deputación Provincial sinataria do presente. A tal efecto, a Comisión reunirase alómenos unha vez ó ano, e sempre que así o solicite calquera das partes asinantes do Convenio. A administración que solicite a reunión da Comisión propoñerá a correspondente orde do día. IV.- ADMINISTRACIÓNS CONTRATANTES Determinadas as actuacións a executar conforme ó disposto na cláusula precedente cada unha das Administracións sinatarias será responsable da contratación das obras que, ata o límite dos créditos comprometidos para tal fin, se lle encomende pola Comisión. As economías ou baixas que se poidan obter na adxudicación dos contratos de obra a executar no marco do presente polas administracións contratantes serán destinadas ó financiamento dos posibles excesos que se produzan na execución das obras (proxectos reformados, complementarios, ou no seu caso, excesos de medicións, liquidacións, se as houbera) En ningún caso serán autorizados proxectos complementarios ou reformados para a inclusión de obras que deberan estar executadas polo Concello solicitante da adhesión nunha fase previa á obra que se executa. Igual criterio será aplicado respecto daquelas unidades de obra que garden relación coa dotación de servicios ó solar onde se atope ubicada a instalación respecto das que o concello respectivo adquira os compromisos recollidos no punto 3 da cláusula Xª do presente. V.- CONTRATACIÓN DE CONSULTORÍAS E ASISTENCIAS A contratación das consultorías e/ou asistencias para a redacción de proxectos técnicos ou de facultativos ós que se lle encomende as direccións de obras será responsabilidade da Administración á que corresponda a contratación da respectiva obra. Confeccionados os proxectos serán postos en coñecemento do Concello interesado. O custe dos proxectos técnicos será sufragado con cargo ás aportacións das partes asinantes do presente só no caso no que o correspondente encargo do proxecto fora efectuado por unha das administracións sinatarias do presente. Inexcusablemente, os proxectos técnicos encargados polos respectivos Concellos que interesen a sua adhesión ó presente, serán aboados ó seu cargo á marxe da aportación económica que en virtude da súa adhesión ó presente puidera corresponderlles. VI.- XESTIÓN E MANTEMENTO DAS INSTALACIÓNS A xestión, mantemento e conservación das futuras instalacións deportivas será responsabilidade exclusiva do respectivo Concello, sendo de conta deste a totalidade dos gastos que as mesmas xeren, sen que as partes asinantes do presente posúan responsabilidade algunha respecto delas. Da circunstancia anterior deixarase constancia na acta de recepción das obras. A tal efecto, asistirá ó acto o Sr. Alcalde-Presidente interesado, previamente facultado ó efecto, ou persoa en quen delegue. O referido acto comportará a incorporación da obra ó patrimonio municipal. A circunstancia anterior non obviará a responsabilidade que á sociedade adxudicataria das obras corresponde na policía e conservación das mesmas ata a conclusión do período de garantía. O concello asumirá as obrigas ás que se refire o parágrafo primeiro da presente tamén naqueles supostos nos que a instalación deportiva se atope ubicada en terreos de titularidade doutra administración pública (IES) e por tanto non se efectúe a incorporación da mesma ó patrimonio municipal. VII.- VISITA DAS OBRAS As partes resérvanse o dereito a inspecciona-las obras consecuencia do presente convenio durante a execución das mesmas. No exercicio da facultade anterior deberá tomarse en consideración que corresponde, en exclusiva, á administración contratante a emisión de ordes que poidan incidir no curso das obras. VIII.- COMISIÓN DE SEGUIMENTO E INTERPRETACIÓN Para o seguimento do grao de execución do presente convenio, a solución de controversias que a súa interpretación poida motivar, así como para levar a cabo as tarefas ás que fai referencia a base terceira, créase unha Comisión integrada polos seguintes representantes das partes: * Dous representantes da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. * Dous representantes da Deputación provincial asinante. IX.- VIXENCIA DO CONVENIO A vixencia do presente convenio extenderase, a efectos económicos, ata o 31 de decembro do ano 2006, salvo previa denuncia de calquera das partes, afectando os compromisos económicos contraídos ós exercicios de 2002 ó 2006, ámbolos dous inclusive. A denuncia, requirirá o acordo previo do órgano competente da administración que a pretenda, surtirá efectos ós noventa días da súa presentación diante da comisión á que se refire a base anterior. O incumprimento de calquera das cláusulas deste convenio será causa bastante para a súa denuncia. Caso de incumprimento das obrigas contraídas no marco do presente, sexa por parte das administracións sinatarias ou das adheridas, o seu cumprimento fiel e puntual poderá ser demandado perante da xurisdicción contencioso-administrativa. X.- ADHESIÓN DOS CONCELLOS. REQUISITOS. EFECTOS As partes autorizan a adhesión ó presente convenio a todos aqueles concellos nos que, en cumprimento do presente, se proxecte a construcción de instalacións deportivas. A adhesión ó Convenio, que non comportará modificación de ningunha das súas cláusulas, ten por obxecto posibilita-la colaboración económica dos Concellos adheridos ó financiamento das obras chamadas a integrarse no patrimonio municipal. A adhesión requirirá: A) Acordo plenario do concello interesado, facendo consta-lo desexo de adhesión ó presente convenio con aceptación plena e sen ningunha reserva de todas e cada unha das cláusulas que o integran. B) Do acordo municipal de adhesión darase traslado, a medio de certificación, á representación administrativa contratante. C) A adhesión ó Convenio comportará para o Concello a obriga de colaborar no financiamento das instalacións deportivas que se proxectan construir no seu termo municipal. Excepcionalmente, a comisión poderá eximir ó concello de efectuar aportación económica algunha naqueles casos nos que os investimentos levados a cabo en fases anteriores polo Concello puideran xustificar tal proceder, ou ben cando se acredite razoablemente a imposibilidade económica de tal aportación. A aportación económica, que ascenderá á cantidade que sinale a comisión a que se refire a base terceira, será destinada a cofinancia-lo presuposto de execución por contrata da obra ou obras, o importe destinado á dotación artística e dotación do Camiño de Santiago, nos casos que proceda, control de calidade, honorarios de redacción de proxectos, e de dirección de obras e o importe do IVE. A adhesión comportará os seguintes compromisos: 1.- LICENCIAS MUNICIPAIS O Concello será responsable de obte-las preceptivas licencias municipais de obras e sufragar, no seu caso, e sen diminución da aportación referida no parágrafo anterior, as taxas e o imposto municipal de construccións, instalacións e obras, que a expedición daquelas puideran devengar. Igualmente corresponderá ó concello, baixo idéntico criterio, a obtención das autorizacións ou licencias sectoriais necesarias para a realización das obras, (estradas, costas, dominio hidráulico, etc. ...) 2.- APORTACIÓNS ECONÓMICAS O acordo de adhesión para que surta efectos será preciso que sexa adoptado simultaneamente co compromiso de aportación do importe que ó Concello corresponda naquelas obras que se executen no seu termo municipal, nas anualidades que ó efecto se establezan. As corporacións locais remitirán á Secretaría Xeral para o Deporte ou á Deputación Provincial, segundo proceda, certificación do acordo municipal de adhesión e certificación de existencia de crédito bastante para facer frente á anualidade do exercicio corrente, así como da existencia de autorización para a realización de gastos plurianuais restantes, contraídos e contabilizados adecuadamente, conforme ó disposto no artigo 155 da Lei 39/1988, do 28 de decembro. A respectiva administración contratante esixirá, cando o estime pertinente, garantía bastante sobre a efectividade da aportación comprometida, nos termos autorizados polo número 2 do artigo 69 do Real Decreto Lexislativo 2/2000 de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos das Administracións públicas. 3.- POSTA A DISPOSICIÓN DE TERREOS OU INSTALACIÓNS O Concello que solicite a súa adhesión, deberá poñer a disposición da Secretaría Xeral para o Deporte ou da Deputación Provincial os terreos precisos para levar a cabo a actuación prevista. Os terreos, que deberán ser de titularidade municipal, atoparanse libres de cargas, ser aptos urbanísticamente para a execución da obra pretendida e atoparse urbanizados. Entenderanse urbanizados, aqueles que se atopen dotados, ó pé de parcela, de subministro de enerxía eléctrica, abastecemento de auga, rede de saneamento e acceso rodado. Os extremos anteriores serán acreditados polo Concello respectivo mediante as oportunas certificacións expedidas polos servicios administrativos correspondentes. Cando os terreos que se poñan a disposición da administración contratante non se atopen urbanizados, o concello deberá comprometerse á súa urbanización simúltanea coa execución das obras obxecto do presente e ó seu exclusivo cargo. Co obxecto de garanti-la idoneidade dos terreos onde se pretenda a implantación dunha obra nova, o Concello titular dos mesmos deberá aportar, simultaneamente co acordo de posta a disposición, un estudio xeotécnico e de viabilidade da parcela ofertada coa extensión que demande as características da obra programada. Nel farase necesariamente referencia á posible existencia de tendidos eléctricos, telefónicos ou doutra índole que poidesen sobrevoa-los terreos e as conduccións subterráneas que puidesen existir. O estudio xeotécnico de viabilidade deberá ser confeccionado por unha empresa homologada para a realización de tales traballos, e aboarse polo Concello ó seu cargo. 4.- RÉXIME DE INGRESO DAS APORTACIÓNS ECONÓMICAS O réxime de ingreso das aportacións municipais será o seguinte: A) O importe correspondente á primeira anualidade e na súa totalidade será librada e ingresada na conta corrente que ó efecto se designe nos cinco días inmediatos seguintes ó de confección da acta de comprobación de replanteo. B) Cando proceda, o importe correspondente a cada unha das seguintes anualidades será ingresado cada ano con anterioridade ó día 28 de febreiro. No réxime de pagamento das certificacións de obra a administración contratante determinará nos correspondentes pregos de cláusulas administrativas particulares a orde de aboo das respectivas aportacións económicas das entidades cofinanciadoras (artigo 69 do Real Decreto Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas). 5.- USO DAS INSTALACIÓNS E COMPROMISOS COMPLEMENTARIOS O Concello en Pleno deberá comprometerse a garantir que no uso das instalacións deportivas que resulten construídas, remodeladas, reformadas ou acondicionadas no marco do presente convenio serán observadas as seguintes prescripcións: a) Cando a instalación deportiva se atope anexa ou nas proximidades dun centro de ensino público gozará de preferencia absoluta o seu uso pola comunidade escolar para a práctica do deporte e das disciplinas regladas relacionadas co mesmo, todo iso durante o horario escolar lectivo. O uso comprenderá, en todo caso, o das instalacións hixiénico-sanitarias existentes. b) Favorecer e facilita-la celebración de competicións deportivas de carácter oficial promovidas polas distintas federacións deportivas de Galicia. A administración contratante da instalación, a solicitude dalgunha das partes, actuará de árbitro naquelas ocasións que pola súa relevancia ou interese o demande. No suposto que a xestión sexa encomendada a terceiros as obrigas anteriores deberán constar como carga no correspondente prego de bases. c) Garanti-lo uso gratuito das instalacións deportivas referidas cando as mesmas se precisen para posibilita-la celebración de competicións deportivas oficiais organizadas ou promovidas pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia ou pola Deputación Provincial de Pontevedra. 6.- COMPENSACIÓN DE DÉBEDAS O acordo de adhesión deberá conter unha autorización expresa a favor da Administración contratante para que esta inicie, de chegar a proceder, expediente de extinción por compensación das débedas que nazan das obrigas de carácter económico ás que se refire o apartado 2 precedente, o cal será tramitado consonte ás seguintes prescricións: Primeira.- Transcorrido-los prazos que establece o apartado segundo anterior, a débeda do Concello respectivo terá o carácter de vencida, líquida, esixible e firme e poderá procederse a súa extinción mediante compensación. Segunda.- A compensación efectuarase con calquera crédito que o debedor teña recoñecido ó seu favor pola Administración contratante, dando cumprimento ó requisito de reciprocidade entre o acreedor e o debedor. Terceira.- Para materializa-la compensación tramitarase un expediente administrativo no que quedará acreditado: A) Que ten mediado requerimento de pago ó Concello debedor advertíndolle do inicio do expediente de compensación e ofrecéndolle a posibilidade de efectua-lo ingreso da débeda evitando a compensación; a tal efecto outorgarase un prazo de quince días, no que o requerido poderá efectua-las alegacións que estime oportuno. B) Á vista das alegacións ou materializado o ingreso, a Administración competente procederá a acorda-lo arquivo do expediente ou á súa continuación, segundo proceda. C) De continua-lo procedemento, o órgano competente expedirá certificación acreditativa de débeda existente, concepto e importe, e consignará expresamente o seu carácter de débeda vencida, líquida, esixible e firme, así como da existencia do acordo de autorización para proceder á extinción da mesma mediante compensación. D) Á certificación mencionada unirase proposta de compensación dirixida ó Ilmo. Sr. Director Xeral de Tributos da Consellería de Economía e Facenda ou a Tesourería da Deputación Provincial, segundo proceda, para a súa instrumentalización. Cuarta.- O Concello no acordo de adhesión autoriza á Xunta de Galicia, cando esta sexa a administración contratante, a deducir dos importes procedentes do Fondo Nacional de Cooperación Municipal, que ó mesmo lle corresponda percibir trimestralmente, as cantidades que aquel tivera pendentes de aboo. 7.- INDEMNIZACIÓNS No suposto que adxudicadas as obras que se pretende executar no marco do presente convenio, estas non poidan ser iniciadas ou continuadas por inadecuación dos terreos postos a disposición da Administración contratante, os prexuízos que tal circunstancia puidera xerar á sociedade adxudicataria serán indemnizados polo Concello responsable. No caso de que a administración contratante se vexa obrigada a facer fronte ó pago de indemnizacións por tal motivo e concepto procederá a repercutir ó concello ofertante dos terreos os importes aboados. Igual proceder obsérvase nos casos que a reclamación de indemnizacións ou aboo de intereses veñan motivados por retrasos producidos no libramento material e efectivo das aportacións económicas comprometidas polo Concello. Dos extremos anteriormente mencionados quedará constancia expresa no acordo plenario municipal no que se solicite a adhesión ó presente convenio. XI.- CARTEL INFORMATIVO En tódalas obras que se executen no marco do presente convenio fixarase un cartel informativo da natureza das mesmas con indicación expresa das Administracións Públicas que colaboran no financiamento do plan no que se inclúen. O tratamento tipográfico identificativo das respectivas entidades e dos seus logotipos ou anagramas será idéntico. Ós actos de inauguración ou posta en marcha das instalacións que se financien no marco do presente convenio, asistirán os representantes oficiais designados polas administracións sinatarias, para o que se facilitará, con suficiente antelación, o día e hora de celebración dos mesmos. CLÁUSULA TRANSITORIA ÚNICA No prazo de tres (3) meses seguintes ó da sinatura do presente convenio a comisión de seguimento deste, procederá a confecciona-la liquidación do estado de execución do II e III convenio de cooperación sobre instalacións deportivas, propoñendo, no seu caso, as actuacións ou investimentos que deban ser abordados para a súa total conclusión. En proba de conformidade, asínase o presente convenio, en triplicado exemplar, no lugar e data ó comezo indicados. O PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA Asdo. Manuel Fraga Iribarne O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Asdo. Manuel Abeledo López ------ Folla: 5.4769.- APROBACIÓN DO CUARTO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS E SUPLEMENTOS DE CRÉDITO Sr. Presidente.- Punto número 5 da orde do día. Aprobación do cuarto expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de crédito.Ten a palabra o Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Fernández.- Si, gracias, buenos días. Se trae a este Pleno el cuarto expediente de modificación de créditos por un total de 3.036.674,26 ¤ con un desglose de la siguiente manera: 10.030 ¤ para contratación de persoal eventual en la Imprenta Provincial; 1.200.000 ¤ para adquisición de materiales y alquiler de maquinaria en Vías y Obras; después hay una partida de 19.501,34 ¤ que son créditos reconocidos de Príncipe Felipe, respecto á energía eléctrica, combustibles y carburantes o productos alimenticios; una partida de 600 ¤ para el resto de un seguro del Laboratorio Mouriscade; 54.100 ¤ para la Bienal de Arte que se está celebrando este año; 30.051 ¤ para FEXDEGA en Congresos, Jornadas, etc.; 36.061 ¤ para el Pabellón Polideportivo de Moraña; 167.624 ¤ para el Proyecto de Ejecución Seguridad y Salud de la nueva ampliación del Museo de Pontevedra; 24.039 ¤ para adquisición de diversa maquinaria en Vías y Obras; 180.500 ¤ que se traspasan al ORAL para inversiones de ese Organismo Autónomo; 1.803.037 ¤ que figuraban en el capítulo 7 en el actual Presupuesto de la Diputación y se traspasan al capítulo 6; 300.506 ¤ para la firma de un Convenio con la Dirección General de Urbanismo para un Centro de Tecnificación de Piraguas en el Concello de Tui; 108.184 Euros para un Centro de la Tercera Edad en Vila de Cruces en Convenio con la Consellería de la Muller, Consellería de la CPTOPV y el Ayuntamiento de Vila de Cruces; 72.122 Euros para la compra de una casa para la ampliación de la Plaza del Ayuntamiento de Rodeiro; 60.102 Euros para compra de una casa para albergue del camino portugués en Caldas; 24.041 Euros para los accesos al polígono industrial de Agolada; 120.203 Euros para acondicionamento de rúas do casco histórico de Cangas; 60.102 Euros para acondicionamento da Plaza de Abastos de Cangas; 48.081 Euros para el Ayuntamiento de Ponte Caldelas para compra de un cortamalezas, todo esto en la partida de Medio Ambiente; y 24.041 Euros para el sellado del vertedero en Vila de Cruces; 440.010 Euros de aportación al Consorcio contra incendios de la Comarca do Salnés; 601,02 Euros por un error en un abono de una subvención, es una diferencia; 56.156 Euros para obras en el local social de la Sociedad Cultural y Deportiva Atlántida de Matamá. Todo eso supone el montante de 3.036.674 Euros y todo él es con cargo a remanentes de Tesorería. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Nesta Deputación hai trece, catorce, quince plans, variopintos, ós que poden ben directamente a Deputación ou ben a maioría dos Concellos acollerse a unha serie de liñas de axudas, subvencións ou transferencias de capital para as súas actividades. E despois hai o fondo de saco. Despois hai todas estas cousas que nos meten por aquí, fóra de todo o plan, fóra de toda norma de subvención ou axuda. Eu teño usado neste Pleno, e sigo usando, a imaxe do Alcalde, ou de quen sexa, gardando cola aí a ver se obten os favores da Presidencia, a ver se consegue que lle dea o famoso talón para algunha necesidade. E nese sentido nos topamos aquí Medio Ambiente, como se non houbera partidas de Medio Ambiente; acábao de describi-lo Vicepresidente, se lle dá a non sei que Concello para que compre o cortamalezas coma se non o puidera pedir á conta do PAM ou á conta da partida de Medio Ambiente que existe establecida. Entón, é así como un pouco sangrante ver que a uns Concellos, case sempre ós mesmos, se lles mete cartos fóra de todo plan, nunha modificación de crédito e cuns procedementos que xa describin antes. E por outro lado nótase perfectamente a que altura estamos cando metemos o que resta de ano, 200 millóns de pesetas, en infraestructura, a famosa partida de infraestructura, bens naturais e outras obras. Traducido: "pichi", e non precisamente para as estradas provinciais, senón para eses coñecidos popularmente regos electorais, que á parte se autoreproducen porque como non se fan segundo un proxecto, segundo unha obra ben feita, duran moi pouquiño e entón hai que volver a votalos na próxima campaña electoral. Ese é un mecanismo que teñen moi ben asentado nesta casa, que podían ir cambiando, ser un pouco orixinais e cambialo votando asfalto de verdade nalgúns sitios, un proxectiño ben feito, arranxar, en fin, de paso se hai que elimina-la auga debaixo porque é a orixe do deterioro da pista, ou do camiño, facelo ben dunha vez, e así igual duraba dez ou quince anos, pero non, seguen votando o famoso rego electoral, que dura moi pouquiño, e a seguinte campaña volvemos outra vez a pasar o famoso rego electoral. Non parece moi de recibo todo este paquete, á parte da cuestión xeral de que non compartimos o orzamento nin a xestión que se está facendo. Neste caso a modificación de créditos nos parece bastante impresentable. Vamos a votar en contra dunha maneira decidida. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- En el anterior expediente, el mes pasado, nosotros ya le planteábamos que entendíamos que lo lógico, cuando se están incorporando remanentes cada mes, una de dos, o hacen un nuevo plan, los incorporan todos y nos dan a todos la igualdad de oportunidades, a todos los Ayuntamientos de la Provincia, o en todo caso a los planes actuales los incrementan, cosa que por cierto ya podían haber hecho hace meses, y no encontrarnos ahora con este tema. De todas formas, a mi me sorprende que aportaciones históricas, como la de FEXDEGA o alguna otra más, aparezcan en este momento cuando la previsión debía ser desde el principio y desde el Presupuesto. Eso sería lo lógico porque si no parece que esa aportación de más de 30.000 Euros parece que la negociaron estos días y que pensaban no darla, por poner un ejemplo concreto. Es cierto que nosotros compartimos que hay que hacer obras en los Ayuntamientos, compartimos la financiación del punto anterior que va en este tema, y también es cierto que en su día votamos en contra del Presupuesto, con lo cuál lógicamente no vamos a votarles a favor porque, como le decía antes, entendemos que hay otra fórmula de incorporar remanentes, ni a votar en contra porque compartimos parte de las obras. Entonces vamos a abstenernos en este tema, no sin felicitar al Alcalde de Cangas que se lleva una parte importante en este expediente. Nada más. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González. Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Fernández.- Si, gracias Sr. Presidente. Empiezo por el Sr. González. Cangas lo lleva esta vez; yo creo que el anterior o el anteanterior era Redondela, es decir, son todos los Ayuntamientos y eso va también para el Sr. Mosquera. Cuando se utilizan los remanentes de Tesorería de esta casa, se utilizan para cosas que hacen falta en toda la provincia y evidentemente no se discrimina a ningún Ayuntamiento por el color que tenga y prueba de ello es que hay Ayuntamientos de todos los colores y en todos los expedientes de modificación de créditos. En cuanto a partidas como la de FEXDEGA, a lo mejor tiene usted razón, pero no somos perfectos y nos olvidamos a principios de año, o se olvidó FEXDEGA, pero para eso están estos expedientes por eso el Presupuesto es un documento vivo que se puede ir modificando y eso es lo que hacemos. ¿Qué se podían aumentar los planes? Pues si, es otra filosofía perfectamente válida, lo que pasa es que el equipo que gobierna en este momento considera que la vía de hacerlo es esta y no la otra, pero evidentemente podía ser también válida. En cuanto al Sr. Mosquera, a la partida de chapapote esta vez le llamó pichi, yo creo que otras veces le llamaba chapapote, pero en fin, yo tenía claro que evidentemente iba usted a entrar por ahí.Yo le puedo decir que las obras que hace la Diputación no duran poco, como usted dice. Es más, las obras empiezan haciéndose por coger bloques de piedra, picarlos y luego encima se echa el pichi; es todo un proceso, no es solamente pichi o no es solamente chapapote. Sabemos que esas partidas al Sr. Mosquera no le gustan, pero gracias a Dios no dicen lo mismo los Alcaldes de toda la Provincia y Alcaldes de su propio partido. Es ejemplo el Alcalde de Poio, que todo el pichi que se le lleve para allí está dispuesto a recibirlo, incluso el que no quiere Pontevedra Ayuntamiento, o sea, encantado el Sr. Alcalde de Poio de que la Diputación le envie las máquinas, el pichi y lo que haga falta, no tenga usted ningún problema Sr. Mosquera; es más, creo que es una cuestión más personal suya que del resto de sus compañeros o del resto de los Alcaldes de la Provincia. Evidentemente hay distintos planes, pero estos son remanentes de Tesorería que se utilizan para nuevas necesidades o necesidades que no estaban contempladas en esos planes o que van apareciendo a lo largo del ejercicio. Lo absurdo sería no utilizar los remanentes, eso si que sería realmente absurdo. Mientras esto se haga en todos los Ayuntamientos de la Provincia no se discrimina a nadie y se hacen obras necesarias que redundan en beneficio de todos los ciudadanos de la provincia de Pontevedra; me parece que es lo lógico y que es lo que se debe hacer. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Pedrosa. Non hai máis intervencións. Eu creo que quedou perfectamente aclarado que o Presuposto é un documento vivo e que estamos traballando con el continuamente. Con relación a FEXDEGA, tódolos anos precisamente se negocia esta posibilidade e creo que esta colaboración lle vai a vir ben para as actividades que realizan durante todo o ano neste novo recinto que foi recién inaugurado ademais. Polo tanto ¿votos en contra? O BNG. ¿Abstencións? O Grupo Socialista. ¿Votos a favor? O Grupo Popular. Visto o expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de crédito nº 4/2002, dentro do vixente Presuposto Provincial, por un total de 3.036.674,26 Euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte e por non existir consignación no estado de gastos do Presuposto corrente, e que será financiado con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible e a baixas por economías, sendo os gastos a financiar con expediente específicos e determinados, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por maioría de votos a favor do PP, co voto en contra do BNG e coa abstención do PSOE prestar aprobación ó expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de crédito nº4/2002 que, resumido por capítulos, presenta a seguinte estructura: Capítulo 1º - Retribucións básicas 10.030,90 Euros Capítulo 2º - Gastos en bens correntes e servicios 1.274.201,34 Euros Capítulo 4º - Transferencias correntes 30.051,00 Euros Capítulo 6º - Inversións reais 2.030.779,00 Euros Capítulo 7º - Transferencias de capital -308.387,98 Euros Total expediente de modificación de crédito 3.036.674,26 Euros Dito expediente exporase ó público a efectos de reclamacións por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse aquelas. Nestes intres abandonan a sesión a Sra. Deputada Dona Isaura Abelairas Rodríguez e o Sr. Deputado D. Telmo Martín González. ------ Folla: 6.4770.- APROBACIÓN DA CONTA XERAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO DE 2001 Sr. Presidente.- Punto número 6 da orde do día. Aprobación da Conta Xeral da Deputación Provincial correspondente ó Exercicio de 2001. Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Fernández.- Si, simplemente decir que se trae a este Pleno para aprobación la Cuenta General del ejercicio 2001 después de haber pasado los trámites de exposición al público y de informe de la Comisión Especial de Cuentas. No hubo ninguna alegación a dicha cuenta. Por lo tanto se propone que este Pleno apruebe esta Cuenta General del Ejercicio de 2001. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Polo tanto se non hai intervencións procedemos á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións? O Grupo Socialista e o BNG. ¿A favor? O Grupo Popular. Dictaminada favorablemente pola Comisión Especial de Contas, en sesión celebrada o día 31 de maio de 2002 a Conta Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra e os seus Organismos Autónomos correspondente ó exercicio 2001, ó non producirse reclamacións, reparos ou observacións contra a mesma, durante o prazo regulamentario que estivo exposta ó público, e a teor do disposto no art. 116 da Lei 7/1985 de 2 de abril, en concordancia co art. 193-3º da Lei 39/1998, de 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais, o Pleno acorda, por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSOE e do BNG, aproba-la Conta Xeral do Presuposto da Deputación Provincial de Pontevedra do exercicio 2001, integrada pola da propia Deputación e a dos seus Organismos Autónomos (Escola de Canteiros, Museo Provincial, Escola de Enfermería, Centro de Formación Profesional, Padroado Provincial de Turismo Rías Baixas, Caixa de Anticipos de Cooperación e ORAL), integradas polos estados e contas anuais, os anexos ós estados anuais e a xustificación dos estados e contas anuais, a que se refiren as regras 416, 425 e 415 da Instrucción de Contabilidade para a Administración Local, aprobadas por Orde do Ministerio de Economía e Facenda de 17 de xullo de 1990. ------ Folla: 7.4771.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Punto número 7. Comunicacións. Sr. Secretario.- Nada más que darle cuenta al Pleno de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 24 de junio y el 18 de julio de las que se ha dado traslado a los distintos grupos políticos. Queda enterado o Pleno da seguinte comunicación: ­ De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas pola Presidencia entre o día 24 de xuño e o 18 de xullo do ano 2002, e que foron trasladadas ós Voceiros dos distintos grupos políticos. ------ Folla: 8.4772.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Punto número 8. Rogos e preguntas. Sr. Viéitez. Sr. Viéitez Alonso.- Bos días a todos e a todas e gracias. É como consecuencia dunha moción que presentamos na Comisión Informativa de Vías e Obras o pasado 17 de xullo, ó respecto das obras que se están facendo no Concello de Mondaríz. En principio agradecerlles o informe que nos pasan, pero sinceiramente non entran no tema que nos pedimos, porque o que fai é un informe da obra, dos efectos que ten a realización da obra; sen embargo vostede pode ler plenamente, deberan de tela porque se quedou de traer en todo caso a este Pleno. Do que se trata non é dos efectos da obra da estrada propiamente dita, senón como consecuencia das grandes cantidades de terra e pedra que se teñen que quitar, producto desas obras, e se están vertendo nun lugar en concreto e ten unhas consecuencias que explicamos na moción. E o informe non entra en absoluto no tema. Alí compartíamos todos perfectamente a incidencia que podía ter e que dende a Deputación debíamos de obrigar ó contratista a: evalua-lo impacto que tiña o verquido deses resíduos de terra e pedra en concreto, a repoñe-los desperfectos que ocasionara e despois a recupera-la zona onde se verte. Non estamos falando da obra propiamente dita. Sr. Presidente.- Sr. Reboreda. Sr. Reboreda Enríquez.- Eu coñezo algo o tema. Eu non sei se o Deputado coñece ou non. Primeiramente debía coñecelo sitio, porque aquilo antes era unha escombreira e agora aquilo vai a quedar ben porque o contratista comprometeuse incluso a pasa-la motoniveladora e deixar aquilo en condicións. Xa foi unha pregunta que fixeron no Pleno anterior. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Polo tanto se supón que en principio a empresa é responsable. Sr. Viéitez. Sr. Viéitez Alonso.- Eu creo que non nos podemos eximir da responsabilidade que temos como entidade que contrata a obra e as consecuencias que teñen esas obras en certa medida nós estamos obrigados a vixiar. Non dicimos que se paralicen as obras, nin estamos falando, volvo a repetir outra vez máis, da propia estrada, senón onde se verte, porque entre outras cousas se está vertendo sen consentemento dos veciños, é un monte comunal e non hai compromiso por escrito por parte da empresa constructora de repoñe-los desperfe ctos que ocasione e sobre todo de recuperar unha vez verquido, xa que a empresa ten un beneficio ó respecto de que está vertendo nun lugar que en principio non contaba con el. O que pediríamos é que por favor se nos pasara o informe, pero do que pedimos, non da obra, que nós non pedimos informe da obra. E que a Deputación asuma o compromiso de obrigarlle á empresa a repoñe-los desperfectos que ocasione, moi simple, e a recuperar o sitio do verquido. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Viéitez. Bueno, veremos eso, coordinarémolo co Sr. Alcalde. Sr. Reboreda Enríquez.- Eu penso que aquel terreo non é comunal, é un resalido, porque eu creo que alí ata non hai comunidade neste momento, e á parte era o que dixen antes, aquilo era unha escombreira e aquilo vai a quedar rexenerado e vai a quedar mellor que estaba. Sr. Presidente.- De acordo. En principio eu creo que o Alcalde, como persoa máis responsable, Deputado aquí, lle vai a facer un seguimento para que eso quede o mellor posible. De todas maneiras tamén falaremos cos Enxeñeiros. ¿Máis preguntas?. Polo tanto se non hai máis preguntas levántase a sesión. Moitas gracias. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as once horas e corenta minutos do expresado día, dase por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. ------

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición