Fondos
2002-09-27_Ordinaria. Acta de sesión 2002/09/27_Ordinaria
Acta de sesión 2002/09/27_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.363/3.2002-09-27_Ordinaria
Título Acta de sesión 2002/09/27_Ordinaria
Data(s) 2002-09-27 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 27 de setembro de 2002 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vintesete de setembro do ano dous mil dous, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Ramón Alonso Fernández, D. Xosé Antonio Araujo Quintas, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Jesús María Fernández Portela, D. Alberto García García, D. Emilio González Iglesias, D. Angel Gregores Méndez, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Rafael Louzán Abal, D. Telmo Martín González, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. Juan Luis Pedrosa Fernández, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Manuel Rivera Domínguez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Henrique Viéitez Alonso, D. Manuel Ramón Vilar Márquez e D. José Villar Pereira, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Accidental, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Señoras e señores Deputados, membros dos medios de comunicación, persoal asistente a este Pleno, vamos a comeza-lo desenvolvemento da orde do día correspondente ó mes en curso. 1.4773.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 24 de xullo do ano 2002. ¿Algunha alegación á acta por parte de algún Sr. Deputado?. Non hai alegacións. Apróbase por unanimidade. Apróbase por unanimidade o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 24 de xullo de 2002. ------ Folla: 2.4774.- MOCIÓN PRESENTADA POLO SR. DEPUTADO DO BNG D. CESÁREO MOSQUERA LORENZO, EN RELACIÓN CO NOMEAMENTO DE ALEXANDRE BÓVEDA COMO FILLO ADOPTIVO DA PROVINCIA E CONMEMORACIÓN DO CENTENARIO DO SEU NACEMENTO Sr. Presidente.- Punto número dous. Moción presentada polo Sr. Deputado do BNG D. Cesáreo Mosquera Lorenzo, en relación co nomeamento de Alexandre Bóveda como fillo adoptivo da provincia e conmemoración do centenario do seu nacemento. Ten a palabra o Sr. Deputado D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Bos días a todos e a todas. Quero dicir que nas vísperas de que se celebre, inicie o ano no que se celebra o centenario de Alexandre Bóveda e en consonancia coa vinculación que tivo con esta Deputación e incluso con este Salón de Plenos é para min e creo que para todos debería ser un día histórico debatir esta moción e recordar ou intentar recorda-lo que sucedeu e recoñece-lo que debía, o que debe ser o que debería ser nestes momentos. Alexandre Bóveda era fundamentalmente unha persoa caracterizada creo que de maneira indiscutible por varias facetas que o fan merecedor de todo o que se lle propón nesta Moción e máis. De orixe popular era unha persoa que combinaba unha enorme capacidade intelectual, unha grande intelixencia, cunha grande capacidade de traballo o quería por non en beneficio da súa carreira profesional ou histórica senón en beneficio da colectividade vía traballar coas iniciativas, asociacións de base ou ben vía institucional. Toda a súa vida está adicada a intentar resolver problemas concretos nos momentos en que xurdían. Esa enorme capacidade e esa adicación ó común levouno a estar presente en tódalas iniciativas que naquela época se fixeron en Pontevedra, que foron moitisimas, a maioría fustradas despois ou cando menos moi apagadas e a estar presente nos avatares históricos máis transcendentes naquela época da década dos trinta para Galicia que aínda hoxe teñen unha grande repercusión e unha grande consecuencia. Empezando polo último se hoxe Galicia e hoxe a Presidencia da Xunta e hoxe a Autonomía ten o recoñecemento de nacionalidade histórica é porque Alexandre Bóveda fixo un traballo inxente para que o Estatuto saira adiante e para que se plebiscitara. Eso é absolutamente innegable e creo, creo, estamos convencidos de que só eso sería suficiente para que tódalas institucións de Galicia lle deberan rehabilita-la súa memoria e recoñece-lo seu labor. Pero no caso concreto de Pontevedra e no caso concreto desta Deputación se iniciativas tan trascendentes para o futuro de Pontevedra e da provincia como foron a Caixa de Aforros Provinciais, estiveron en marcha no seu momento foi gracias ó traballo e gracias ó talento de Alexandre Bóveda. Esa única iniciativa, esa única iniciativa chegaría de sobra para que esta institución lle recoñecera os seus méritos e aprobara a Moción que hoxe traemos a discusión. Pero houbo máis, participou tamén na modernización da Facenda Provincial, tamén nesta Deputación, etc. Estamos absolutamente convencidos de que se non houbera o que sucedeu no 36, se non existira única e exclusivamente digamos polos seus méritos non habería absolutamente ningún problema para recoñecerlle estes méritos, absolutamente ningún, ningún é aí están os seus feitos, aí está a súa biografía, aí están as súas realizacións para demostralo. Cremos e estamos absolutamente convencidos de que só o seu enfrentamento non buscado por el, senón o odio que levantou na dereita recalcitrante de Pontevedra e nos seus intereses económicos incluso, púdoo levar a que de maneira tan persistente, tan inicua, se estivera sempre intentando silencia-la súa obra e intentando silencia-la súa persoa, intentando silencia-la súa memoria e intentando neutraliza-lo que debería ser un orgullo para esta cidade e para esta provincia e para Galicia en xeral. Cremos que é hora, cremos que é hora, nestes momentos en que se vai, no ano que vén se vai celebra-lo centenario do seu nacemento cremos que é hora de pasar páxina, de reparar esta inxusticia histórica, pasar páxina, recoñecerlle os méritos que tivo Alexandre Bóveda e polo tanto na forma en que está na Moción que cremos que é a correcta, cremos que é aquilatada pois recoñecerlle eses méritos a título póstumo, evidentemente, e aprobala por unanimidade. O outro día na Comisión, o outro día na Comisión houbo Deputados do seu partido Sr. Presidente que a súa primeira reacción era que esto había que aprobalo por aclamación e non darlle máis voltas. Cremos que era a postura normal se estiveramos falando só dos méritos de Alexandre Bóveda e estiveramos falando dunha dereita civilizada que sabe recoñecer os méritos duns e doutros aínda que fora nunha época histórica tan compulsa. Por desgracia parece que non vai ser así pero eu manteño a esperanza de que reconsideren, de que reconsideren e non volvamos a cometer outra inxustiza do mesmo calibre. Remato a miña intervención, como non pode, esta primeira intervención, creo que non pode ser doutra maneira, coas súas últimas palabras ante o paripé de Tribunal que seguramente estaba sentado onde está a Presidencia deste Pleno nestes momentos que traía o recado, traía a orde de dictar unha inxustisima pena de morte e no último alegato que lle permitiron dicir perante o Tribunal, creo que fai un resume perfecto e creo, gustaríame que resoaran esas palabras outra vez aquí, fai un resume perfecto de por que Alexandre Bóveda foi tan importante para Galicia, para Pontevedra, para toda a Provincia e por que tamén foi martirizado. "A miña patria natural é Galicia, ámoa fervorosamente, xamais a traicionaría, aínda que me concedesen séculos de vida adóroa ata máis alá da miña morte. Se entende o Tribunal que por este amor entrañable debe serme aplicada a pena de morte recibireina como un sacrificio máis por ela. Fixen canto puiden por Galicia e faría máis se puidera se non podo ata me gustaría morrer pola miña patria. Baixo a súa bandeira desexo ser enterrado se o Tribunal en conciencia xulga que debo selo e este agarimo que lle teño a terra sagrada na que tiven a dita de nacer non me obriga a sentir ningún odio a España á que por dereito pertenzo. Si combatín os seus errores e ás veces as súas crueldades políticas para coa miña Galicia idolatrada. Nada máis." (Escoitanse aplausos). Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra o Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- En todo caso dicir que o Grupo Socialista loxicamente vai apoiar esta Moción, que esperamos que o Partido Popular reconsidere a súa posición na Comisión Informativa do mércores pasado, e esperámolo fundamentalmente por unha razón, porque se a algúns nos parecía e nos segue parecendo que a transición que se produce en España a partir do ano 77 significaba a superación dunha confrontación, confrontación por chamarlle algo suave, se hoxe aquí esta Moción non se aproba por unanimidade viría a supoñer que esa confrontación hai unha parte do espectro político que a quere seguir mantendo aberta. E dende logo nós esperamos que eso non se produza e esperamos que o Partido Popular vote a favor deste tema tamén. Moitas gracias. (Escoitanse aplausos) Sr. Presidente.- Gracias Sr. González Iglesias. En primeiro lugar Sres. Deputados teño que dicirlles que nós recoñecemos o labor e o traballo en Pontevedra de Alexandre Bóveda. Lamentamos, lamentamos profundamente a morte ou asasinato de Alexandre Bóveda, fruto sen ningunha dúbida da crispación, da violencia, do fanatismo, que entón imperaba. Lamentamos tamén moitos máis que naquela época polas mesmas razóns foron efectivamente sacrificados e masacrados. Homes que defendían as súas ideas, que eran honestos e decentes, que cairon fruto dos extremismos daquela época. E, Sr. González Iglesias e Sr. Mosquera a guerra foi un fracaso para todos. Foi un fracaso para a dereita, foi un fracaso para a esquerda, foi un fracaso para o centro, foi un fracaso para os de arriba e foi un fracaso para os de abaixo. Esto quero manifestalo en primeiro lugar. En segundo lugar, nós non vamos apoia-la Moción que neste momento presenta o Bloque Nacionalista Galego para nomear como Fillo Adoptivo da Provincia de Pontevedra a Alexandre Bóveda. ¿Razóns?. Nós basamos a política en feitos non basamos a política en sentimentos, e a proba tenna vostede ou téñenna vostedes que dende a dictadura esta Deputación Provincial non nomeou nin Fillo Predilecto nin Fillo Adoptivo a ninguén, do sino que fora, a excepción indudablemente que se fixo de D. Ramón María Aller Ulloa e no seu día do Presidente de Arxentina Sr. Alfonsín. Non se nomeou absolutamente a nadie, a nadie. Pido silencio por favor. Deixeme falar. Non se nomeou absolutamente a nadie. E é certo que Alexandre Bóveda podía ter méritos para ter un recoñecemento a nivel autonómico por toda unha vida, non por un sentimento, por toda unha vida, porque a el indudablemente se lle debe e foi o promotor do preestatuto, vamos chamarlle así, do preestatuto de autonomía de Galicia, e da creación do Partido Galleguista. Neste sentido posiblemente a outros niveis, e cando falo de a outros niveis estoume a referir a nivel autonómico, eu non dubido que se podía ter unha homenaxe. A nivel provincial ¿cales son os méritos que vostede pasou por encima deles?. ¿Cales son os méritos que non sexa o triste feito de ser fusilado como foron moitos máis?. ¿Cales son os méritos de Alexandre Bóveda nesta provincia?. Mire vostede e sábeo perfectamente, no ano 27 chegou a Pontevedra despois de aproba-lo número un as oposicións á Facenda. Recién chegado na dictadura de Primo de Rivera chamouno á Deputación D. Daniel de la Sota. Pediu a excedencia e efectivamente incorporouse á Deputación. ¿E que fixo na Deputación?. Cumpri-lo que lle encargou o que naqueles momentos tiña a dirección da Deputación Provincial de Pontevedra. Un alto funcionario da Deputación que lle encargou en concreto dous traballos, o primeiro estudia-la viabilidade de fundar unha Caixa, e o segundo traballo de reforma-las cédulas persoais, que se mo permiten eran unha especie de IRPF para que fora máis xusto, pagaran máis os máis ricos e pagaran menos os menos ricos. E iso foi o que fixo ás ordes de Daniel de la Sota o Sr. D. Alexandre Bóveda como alto funcionario. Ben, todos sabemos, todos sabemos que caída a dictadura de Primo de Rivera creouse efectivamente a Caixa de Aforros, el viaxou por España fundamentalmente a Bilbao e a Barcelona, para estudia-los Estatutos alí e podelos extrapolar se fora posible aquí a Pontevedra. Caída a dictadura de Primo de Rivera e entrada a blanda dictadura ou dictablanda como suele chamarse do Xeneral Berenguer, el estivo só seis meses ó frente como Director Xeral da Caixa de Aforros creada no seu momento. E volveu para a Facenda como alto funcionario. Estes son os feitos por eso digo que nós facemos política de feitos non de sentimentos, non de sentimentos, porque senón houbéramos nomeado a moitos máis, a moitos máis. Política de feitos. Non fixo outra cousa por Pontevedra. E cando falo de Pontevedra estoume a referir non só á cidade, senón tamén á provincia de Pontevedra. Eu creo sinceiramente que de nomear pola razón que agora se propón a Alexandre Bóveda, que repito, pode telos méritos a nivel autonómico, moito máis razóns habería para propoñelo como Fillo Adoptivo de Pontevedra a D. Daniel de la Sota que foi o grande benefactor da cidade e da Provincia. Porque non son méritos de Alexandre Bóveda a creación da Caixa, foi o funcionario que, pero quen verdadeiramente tivo as ideas para levar esto a cabo foi o Presidente da Deputación naqueles momentos que era por suposto D. Daniel de la Sota. Que se casou aquí tamén, que está enterrado en Salcedo, que renunciou incluso ás máis altas graduacións militares por quedarse en Pontevedra. Onde demostrou tamén nese sentido un grande amor polo tanto a Pontevedra. E miren vostedes, xa dixen que a Deputación Provincial de Pontevedra a excepción deses dous casos, non nomeou absolutamente nin de un nin de outro nin Fillo Predilecto nin Fillo Adoptivo. E eso sábeo vostede perfectamente porque leva aquí moitisimos anos. Eu diríalle que prescindindo do sentimento hai outros personaxes históricos de Pontevedra que teñen tantos ou máis méritos que Alexandre Bóveda, repito, prescindindo do sentimento. Por exemplo, Portela Valladares, Presidente do Goberno e dúas veces Ministro e a súa fortuna deixouna a Pontevedra. Por exemplo, o mesmo Castelao, que non foi nomeado Fillo Adoptivo de Pontevedra. Por exemplo, D. Ramón María del Valle Inclán, que sabe que tivemos o intento e que aínda non o damos por perdido de noemalo Fillo Predilecto de Pontevedra. Por exemplo, Montero Ríos, e podíamos nomear e nomear, basándose en feitos, repito, non en sentimentos. Por todo esto, o Partido Popular entende que sería un agravio hacia outras persoas, e pódolle dicir que dende que este tema saiu nos medios de comunicación esta Presidencia tivo un montón de chamadas e non esaxero en contra de nomear á Alexandre Bóveda, ... (Escoitanse risas). Silencio por favor, porque vamos a face-lo Pleno sen xente. Deixenme rematar e logo rían, aplaudan ou fagan o que queiran pero estou no uso da palabra e pido respeto. Que quede claro. Que sería unha discriminación hacia outros personaxes históricos, e non entramos en siglos, históricos que fixeron moito por Pontevedra. A pesar de todo, a pesar de todo e en canto ó segundo punto que vostede presenta na Moción en canto a que apoiemos a celebración do centenario, miren vostedes por onde, nós xa o estamos a facer, e claro vostede non o sabe pero voullo a dicir. Vostedes saben que a Deputación Provincial de Pontevedra está patrocinando unha serie que lle chamamos "Memoria e Historia", e recordarán por exemplo pois "Meu Pontevedra gozo e traxedia" de Castelao, pontevedrés, recordarán esto, recordarán sobre Alfredo Vicente "Galiciana básica" e "Alfredo Vicente o maestro do Periodismo". O ano pasado aínda, "El Junco", Manuel Portela Valladares. E nestes momentos estase a facer un libro que vai te-lo título de "El primer Alexandre Bóveda". Estase a facer. Co cal creo que vai ser unha grande aportación precisamente ó centenario do nacemento de Alexandre Bóveda. E non hai sectarismo por parte do Partido Popular, de ningún tipo, porque repito, basámonos en feitos, non en sentimentos e a proba de que non hai sectarismo de ningún tipo e vostede sábeo, foi nomeado precisamente a proposta do Grupo Socialista en Ourense, Fillo Predilecto por unanimidade e alí estaba o Partido Popular tamén e alí estaba o Partido Socialista que alí o propuxo, e alí estaba o Bloque Nacionalista Galego. Polo tanto, non hai ningún sectarismo neste sentido por parte do Partido Popular. E vou dicir máis, vou dicir máis, Alexandre Bóveda foi nomeado Fillo Adoptivo polo Concello xa de Pontevedra, outros personaxes importantes e históricos de Pontevedra non o foron. Ten un busto e ten unha rúa, outros nin sequera a teñen, nin sequera a teñen. Polo tanto, por estes feitos, o Partido Popular non vai votar a favor, vai votar en contra da proposta de facer Fillo Adoptivo da Provincia de Pontevedra a Alexandre Bóveda. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si. Moitas gracias Sr. Presidente. Mire, di que non quere leva-los sentimentos e polo tanto ata lle vou a facer caso, non me vou a mostrar, vou a conte-la indignación que me produce tamaña argumentación. Que se vai a colaborar publicando un libriño, que se vai, que ten un busto en Pontevedra non dende logo patrocinado por esta Deputación nin tan sequera polo Concello naquel momento senón por quen se declararon os seus herdeiros e o fixeron por subscripción popular, etc. Houbo un señor que se chamaou Albert Einstein que cando era un crio, que realmente era un crio, pois descubriu a teoría da relatividade, primeiro especial e despois xeral. O ambiente que houbo en Alemania pois levouno a empobrece-la súa producción intelectural e a emigrar, foi perseguido polos nazis. E chegado a Estados Unidos foi perseguido polo macartismo, e a ninguén, non sei se algún nazi ou algún macartista, pero a ninguén se lle ocurre discuti-la súa obra nin negarlle o seu recoñecemento porque o fixera moi prontamente ou porque fora perseguido. ¿Que quero dicir con esto?. Estamos falando dunha persoa que mataron ós 33 anos, que toda a súa vida profesional en canto, vamos a fixo en Pontevedra con interrupcións por persecucións e demais. Xa o dixen antes. Que ogallá houbera moitas persoas da súa capacidade, este país non sería o que é, non sería o que é. E é unha persoa que practicamente pode traballar digamos na acción pública pois seis anos porque o matan estalle discutindo os seus méritos, estalle discutindo os seus méritos, é dunha mezquindade atroz, absolutamente atroz. Cita vostede o caso de Daniel de la Sota, propóñanno, non teríamos ningún problema e ademais creo que é un exemplo do que estamos a falar, xa falando en termos ideolóxicos e sociais. Alexandre Bóveda e Castelao non tiveron ningún problema en colaborar con Daniel de la Sota sendo Presidente desta institución e nunha época de dictadura porque había proxectos comúns e había intención de levalos adiante, e estaba disposto a romper con certas mezquindades Daniel de la Sota. Estaba disposto a romper con certas mezquindades, cousa que nestes momentos parece que non sucede. E parece que o signo de Alexandre Bóveda, unha persoa tremendamente dialogante, tremendamente tolerante que colaborou con Daniel de la Sota sendo claramente da dereita ben pensante pero ilustrada e civilizada aínda que fora na dictadura de Primo de Rivera. Parece, mirando a súa biografía vital e os feitos parece que o gran problema sempre se topou coa cerrazón, non sabemos, non acadamos a saber moi ben por que, da dereita cavernícola. El estivo aquí montando a Caixa de Aforros e montando e facéndoa provincial e cando se marchou Daniel de la Sota o chimparon, non se foi, o chimparon, porque tocara intereses e a dereita cavernícola de sempre, aínda que fora na dictadura de Berenguer era moito máis cavernícola o que había aquí nesta institución o largaron. Cando chegou Aceda e o Berrusismo ó poder deportáronno a Cadiz. Sr. Presidente.- Non. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, non o deportaron a Cadiz que estivo aquí. Ben, cando chegou a guerra civil aquí neste Salón de Plenos a dereita máis cavernícola volveuno a procesar e matáronno. E di vostede que a Deputación de Ourense o fixo Fillo Predilecto, efectivamente, é que hai unha diferencia Sr. Presidente, en Ourense hai certo barniz dentro do seu grupo de Coalición Galega e Centristas de Ourense. E aquí non houbo ningunha transición segue a dereita pura e dura e máis cavernícola que se pode topar. Volve a toparse Alexandre Bóveda hoxe aquí coa dereita máis cavernícola. Eso é o que sucede. Claro, non é unha demostración de sectarismo é unha demostración do que son. Ou sexa, porque en Ourense que non fixo nada en concreto máis que xogar ó fútbol pola súa idade claro evidentemente, por que o nomean Fillo Predilecto e en Pontevedra que si fixo se lle poñen a discuti-los méritos e ata nos queren vender eso como unha falta de sectarismo. O que están demostrando é precisamente certas diferencias e agora certos talantes que o perseguiron a Alexandre Bóveda toda a súa vida, que a dereita civilizada ilustrada que quería tirar por este país dende a clave ideolóxica que fora sempre se dou entendido coa dereita cavernícola nunca, nunca, sempre o perseguiron e hoxe van vostedes a escenificar outra volta máis do mesmo. Francamente non o podemos crer, ou sexa, nos resulta absolutamente sorprendente, que queren nomear, bueno entrar xa no xogo de que se outras persoas o merecen ou non o merecen e demais supoño que Alfonsín o merecía, pero é que é mezquino, propoñan noutro momento a outra persoa a que queiran e valorarémolo noutro momento, nestes momentos estamos falando dunha persoa que ten os méritos de sobra e que se vai a celebra-lo seu centenario. Non lle den voltas, non queren votar a favor única e exclusivamente polo mesmo motivo que acabo de dicir porque vostedes o barniz de dereita ilustrada non lle entrou, non lle entrou seguen representando a dereita máis cavernícola e demais. Nesta Deputación non houbo transición nin tan sequera hai ornamento do PP, esto é o que se está traducindo hoxe aquí por desgracia, por desgracia. E os feitos están aí no devenir diario nos feitos diarios e hoxe simbolicamente nesta volta, nesta nova patada que lle van a dar vostedes a Alexandre Bóveda cunha argumentación peregrina, un pouco dulcificada con respecto ó outro día da Comisión, o outro día na Comisión dicían traían por escrito que só estivo oito anos en Pontevedra, coma se fora culpa del que o mataran. Vaia, hoxe xa o suavizan un pouquiño pero o argumento segue sendo o mesmo, segue sendo exactamente o mesmo. A unha persoa da súa capacidade, da súa dedicación a onde estaba, todo o traballo social onde estaba, seguramente Pontevedra hoxe non sería o que é polo menos non tería perdidos tantos anos como perdeu ensimismados na extrema dereita aínda que lle disguste moito que llo diga pero se comportan como tal polo cal ás cousas hai que chamarlle polo seu nome, e ensimismado na súa rede caciquil e de intereses mezquinos, que padecemos durante tantos anos. Creo que están cometendo un grave erro ó fin e ó cabo serán vostedes responsables do que fagan. Moitas gracias. (Escoitanse aplausos). Sr. Presidente.- Sr. González. Gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias.- Si. Sr. Presidente algún Deputado do seu grupo o mércores pasado na Comisión dicía que lle parecía unha barbaridade non apoiar este tema, e eu espero que lle siga parecendo e que o apoie, espero. De verdade que eu creo que, e é un tema que falamos moitas veces neste salón de Plenos, nós entendemos que un grupo político ten que ser absolutamente consecuente, e dificilmente se pode ser consecuente cando na provincia de Ourense, como ben dicía o Presidente o Partido Popular apoia que Alexandre Bóveda sexa o Fillo Predilecto, un Fillo Predilecto para a provincia e na provincia de Pontevedra o mesmo grupo político, o seu, non o fai, dificilmente eso se pode entender dende a perspectiva dun partido político, en calquera parte do mundo. Simplemente dicirlle, nós loxicamente se o presentamos na provincia de Ourense e aquí vamos apoialo, é o normal, pero si dicirlle dúas cousas fundamentales ademais: estamos no edificio, no edificio onde foi condenado a morte Alexandre Bóveda. Loxicamente esto endenderíase fundamentalmente como un acto de desagravio de toda a provincia de tódolos cidadáns da provincia de Pontevedra. Eso sería o fin último deste acordo para nós polo menos. E a outra cousa que lle quería dicir é que se cando se fai un acordo de Fillo predilecto ou de Fillo adoptivo si se está tendo en conta os sentimentos porque senón Sr. Presidente a fórmula sería outra, a fórmula sería a que enunciaba vostede, un baremo de méritos, un concurso, a ver quen ten máis méritos ou menos méritos. E eso non é fundamentalmente polo que se nomea Fillo adoptivo ou Predilecto a unha persoa. Non é por ese baremo de méritos que se mide de máis ou de menos e menos neste caso. E nós como si entendemos e lle repito a parte da argumentación da primeira parte, como si entendemos que esto hai que facelo cos sentimentos e que esto debería ser e para nós o é, un acto de que de verdade a transición faise neste país, esta é unha parte que falta, ¿por que o Partido Popular non quere apoiala?. Bueno, pois alá vostedes e a súa conciencia, nós, volvo a repetir, volvemos a dicirlle que apoiamos este tema. Moitas gracias. (Escoitanse aplausos). Sr. Presidente.- Gracias Sr. González. Vou a empezar contestándolle a vostede no senso de que bueno, que eu loxicamente, cada un pode pensa-lo que queira neste sentido pois vostede di que, en fin, pois Fillo adoptivo debe ser a través dos sentimentos, entón indudablemente habería á parte dos que nomeamos aquí moitisimos máis personaxes que podían ser nomeados Fillos adoptivos, pero bueno neso, Fillos adoptivos ou Fillos predilectos. En todo caso nesto eu non entro, pero permítanme Sr. Mosquera. Primeiro non aportou nada novo na súa argumentación, volveu practicamente a repeti-lo mesmo, pero si nos acusou ó Partido Popular de extrema dereita carca ou non sei que término utilizou. Pois voulle a dici-lo que penso eu nestes momentos a raíz desta Moción. O Partido Popular e díxenno ó principio fai a política práctica non de sentimentos, que é resolverlle os problemas á xente, eso en primeiro lugar. E quérolle dicir tamén que non é bo Sr. Mosquera utiliza-las Institucións para elevar ós altares a persoas sexan dun signo ou sexan doutro, sexan dun signo ou sexan doutro. Non podemos santificar e usa-las Institucións para santificar, que é perdoen vostedes, que é Sr. Mosquera o que eu entendo que vostedes están a facer nestes momentos. Dá a impresión, dá a impresión polas súas palabras, e despois de calificar ó Partido Popular como nos calificou, dá a impresión de que o seu dios é a patria, a patria non é un dios, son os seus habitantes, non a patria abstracta, son os seus habitantes. Só lle faltou dicir que a Biblia era sempre en Galicia, o mártir Alexandre Bóveda, e os sacerdotes, parte non digo todos, do BNG. Só lle faltou dicir eso para dicir que o Partido Popular son a recalcitrante dereita de non sei que e de non sei canto. Sr. Mosquera por aí non arranxamos os problemas do país e cando aporte novos argumentos eu contestareille ós novos argumentos. Dende logo na súa contraréplica a min non me aportou absolutamente nada. Eu non pensaba dicir o que acabo de dicir pero é que non podo ou teño a obriga de defenderme dos ataques e vostede pode pensar que eu o Partido Popular é a dereita recalcitrante, pero permítame entón a min pensar tamén o que eu penso de vostedes e acáballo de resumir moi, moi sistematicamente. Moitas gracias. Sr. Mosquera. (Escoitanse aplausos). Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Agradécese a claridade, agradécese a claridade. Exactamente o mesmo odio ó galeguismo, o mesmo odio á vertebración patriótica de Galicia é o que vostede acaba de traducir foi o odio que levou a que aquí sentenciaran á morte a Alexandre Bóveda. Se eso non é colocarse na extrema dereita, se eso non é colocarse na extrema dereita, cousa que non fixeron en Ourense, por certo dixen antes, agradécese a claridade, agradécese, e que creo que está suficientemente claro, as posturas lamentablemente claras, e repito, repito, o mesmo odio que se focalizou en Alexandre Bóveda, abatares do destino, o mesmo odio, a mesma xenrreira, a mesma, atroz persecución de todo o que sexa que este país se vertebre, que este país teña vida de seu, etc., eso é o mesmo. Que estamos falando de habitantes, pois claro, pois claro, que haxa posturas distintas, moi diferentes sobre como resolve-los seus problemas, é a nosa posición neste caso igual que no de Alexandre Bóveda é que hai vertebración política, social e económica, e que o seu recoñecemento institucional deste país ou este país non ten futuro, e as cifras están moi claras dende Alexandre Bóveda ata hoxe. Non están resolvendo os problemas deste país. Temos posicionamentos moi distintos e en Pontevedra en concreto vostedes teñen chamadas, pois claro que teñen chamadas, recoñézollo, supoño que é verdade o que acabo de dicir que teñen chamadas, claro que hai, sigue habendo sectores con ese odio ... ó que significou Alexandre Bóveda e o que significa o nacionalismo. Sigue habendo. O que estou dicindo é que vostedes están representando ese sector e vostede o recoñece, agradézolle a claridade, despois parécelle mal que lle diga que están colocados na extrema dereita. É onde están colocados, por desgracia para este país e por desgracia para esta provincia. Nada máis. (Escoitanse aplausos). Sr. Presidente.- Sr. Mosquera como volve a repeti-lo mesmo eu voulle a repetir exactamente o mesmo. A política non é un dogma como está vostede sostendo, non é un dogma, nin hai unha biblia ou non debe habela, nin hai uns mártires, nin hai uns sacerdotes que excluyen e excomulgan a quen non pensa coma eles. E vostede acábao de dicir agora mesmo. E non entro en outras disquisicións porque sobran, porque sobran, pero se vostede insiste eu dígolle que vostedes son dogmáticos cunha biblia, cuns sacerdotes que excomulgan a todos os que non pensan como vostedes. E o Partido Popular non é así. Creo, señoras e señores Deputados, público en xeral, que está suficientemente debatida esta Moción e están claras as posturas, polo tanto procedemos á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Rexeitase pola maioría do Partido Popular. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Honores e Protocolo, o Pleno acorda por maioría de votos en contra do PP e cos votos a favor do PSOE e do BNG, rexeita-la Moción presentada polo Sr. Deputado do BNG D. Cesáreo Mosquera Lorenzo en relación co nomeamento de Alexandre Bóveda como Fillo adoptivo da provincia e conmemoración do centenario do seu nacemento. Dita Moción é como segue: "Sr. Presidente da Deputación: O abaixo asinante, César Mosquera Lorenzo, deputado do Grupo do BNG na Deputación de Pontevedra presenta a seguinte Moción relativa ó nomeamento de Alexandre Bóveda como Fillo adoptivo da provincia e conmemoración do centenario do seu nacemento. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS: 1. Nado en Ourense o 4 de xuño de 1903, Alexandre Bóveda Iglesias mantivo unha intensa relación vital e profesional con Pontevedra, cidade na que desenvolveu grande parte da súa actividade social, profesional e política. 2. Dende a súa chegada en 1927 para ocupa-lo posto de Xefe de Contabilidade na Delegación de Facenda, a súa presencia faise notoria e patente en múltiples ámbitos, participando activamente nunha época en que Pontevedra viu nacer importantes proxectos políticos, culturais, científicos e políticos, entre os que cabe salienta-lo Museo Provincial, a Coral Polifónica, a Misión Biolóxica, a Caixa de Aforros ou o Partido Galeguista e o Estatuto de Autonomía. 3. Ó longo de ano e medio, entre agosto de 1928 e febreiro de 1930, Alexandre Bóveda tivo unha participación decisiva na organización da Facenda Provincial e na creación da Caixa de Aforros de Pontevedra. Comisionado polo entón Presidente da Deputación, Daniel de la Sota, Bóveda realiza estudios en Cataluña e en Euskadi sobre o funcionamento de distintas Caixas de Aforros e presenta un informe que serve como base para a elaboración dos estatutos e do organigrama da entidade. En xaneiro de 1930 comeza a andar a Caixa Provincial de Aforros, con Bóveda como director. Ten 26 anos de idade. 4. Antes, o 20 de outubro de 1928, ingresara no Seminario de Estudios Galegos, formando parte da sección de Ciencias Sociais e Económicas. 5. En 1930 casa na igrexa do mosteiro de Poio con Amalia Alvarez Gallego, filla doutro galego exemplar, don Xerardo Alvarez Limeses, e a familia fixa a residencia na Virxe do Camiño, no Santiaguiño do Burgo e finalmente en Poio, onde nacerán os 5 fillos do matrimonio. 6. Desde 1931, coa proclamación da República, Alexandre Bóveda mergúllase nunha fecunda andaina política que se inicia no mes de maio coa participación, xunto con Lois Tobío, Carballo Calero e Vicente Risco, na redacción do anteproxecto de Estatuto elaborado polo Seminario de Estudios Galegos. 7. En decembro de 1931, participa na fundación en Pontevedra do Partido Galeguista, primeiro exemplo histórico de vertebración política e social do nacionalismo galego, que Bóveda contribuiu decisivamente a forxar dende a Secretaría de Organización. 8. A partir de 1932, a aspiración política de ver recoñecidos os dereitos de Galicia mobiliza tódalas enerxías de Alexandre Bóveda, centrando o seu esforzo na elaboración e aprobación do Estatuto de Autonomía, fruto persoal do talento e da vontade de Alexandre Bóveda. 9. Membro da ponencia que redactou o Anteproxecto de Estatuto, valedor e defensor do texto na decisiva asemblea de Concellos celebrada en Compostela do 17 ó 19 de decembro de 1932, integrante do Comité Central da Autonomía, Bóveda asumiu a responsabilidade e a tarefa histórica de impulsa-lo laborioso proceso de aprobación do Estatuto, culminado finalmente co respaldo cidadán maioritario no referendum do 28 de xuño de 1936. 10. Despois do levantamento militar fascista de xullo de 1936, Alexandre Bóveda foi xulgado no Salón de Plenos da Deputación e, acusado de traición, foi condenado a morte, sentencia que se cumpriu co seu fusilamento na mañá do 17 de agosto de 1936. 11. A condena a morte e posterior asasinato de Alexandre Bóveda constituen unha inxustiza histórica que debe ser reparada mediante a recuperación e rehabilitación institucional da súa figura e a divulgación do seu inxente traballo a favor da causa da liberdade, da democracia e do progreso de Galicia. 12. Nos últimos anos producíronse varios acordos institucionais que tiñan como obxectivo o recoñecemento da figura humana e política de Alexandre Bóveda. Cumpre salientar neste sentido a homenaxe institucional do Concello de Poio co levantamento dun monumento na Caeira e nomeamento por aclamación como Fillo Predilecto de Ourense, acordo adoptado por aclamación por tódolos membros da Deputación Provincial. Máis recentemente, no ano 1999, o Concello de Pontevedra acordou nomear a Alexandre Bóveda Fillo Adoptivo da cidade e concederlle a Medalla de Ouro de Pontevedra. 13. Cando estamos ás portas da conmemoración, no ano 2003, no centenario do nacemento de Alexandre Bóveda, cumpre que a Deputación de Pontevedra lle tribute a homenaxe que merece unha persoa que tanto se destacou polos seus servicios a esta institución. Polo anteriormente exposto, o grupo provincial do BNG propón, para a súa aprobación polo Pleno da Corporación, a seguinte MOCIÓN: 1. Nomear a Alexandre Bóveda Iglesias Fillo Adoptivo e concederlle a Medalla de Ouro da provincia de Pontevedra. 2. Participar nos actos de conmemoración do centenario de Alexandre Bóveda." ------ Folla: 3.4775.- MODIFICACIÓN DA BASE 4ª DAS AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL ANO 2002 Sr. Presidente.- Pasamos ó segundo punto da orde do día, perdón, ó terceiro. Modificación da base 4ª das axudas de emerxencia social ano 2002. Bueno, en síntese .... Esperemos a que salan. Por favor rogo silencio, poñan vostedes as pancartas que queiran pero por favor deixennos seguir a traballar no Pleno. Dicía que o punto número tres como vostedes saben hai un presuposto onde participan os Concellos, que hai Concellos que non se acollen, e que ano a ano vén a sobrar diñeiro nesta partida e polo tanto para evitar este tema traemos a modificación da base 4ª de axudas, no senso de que para cubertas por exemplo se poida aumenta-la porcentaxe de 1.800 Euros ou para outras obras que non están recollidas, que pode ser por exemplo, están recollidas obras interiores pero non obras exteriores como poñer a traída de auga, etc., entón se hai participación dos concellos para que se poidan aumentar estas axudas. En síntese é este tema. Polo tanto se alguén quere intervir sobre este punto concédolle a palabra. ¿Algunha intervención?. Non hai. Procedemos á votación polo tanto do punto tres, onde se modifica a base 4ª das axudas de emerxencia social tal e como acabo de expoñer. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade modificación que se acaba de dicir. De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Promoción de Emprego e Acción Social o Pleno acorda por unanimidade aproba-la modificación da Base 4ª das Axudas de Emerxencia Social para o ano 2002, no senso de que no epígrafe referido a "mellora cuberta" e consonte ó disposto na Base 3ª e que diga: "Para melloras de cuberta, ata un máximo de 3.895,00 Euros no caso de que o Concello non participe no programa cunha maior aportación á establecida inicialmente, e no caso de que o faga a parte que lle corresponda". Así mesmo engádese un novo concepto de axuda que diga "Outras obras, ata un máximo de 3.895,00 Euros no caso de que o Concello non participe no programa cunha maior aportación á establecida inicialmente, e no caso de que o faga a parte que lle corresponda". ------ Folla: 4.4776.- BASES DE AXUDAS ECONÓMICAS A EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS Sr. Presidente.- Punto número catro. Bases de axudas económicas a embarcacións tradicionais. Ten a palabra o responsable de temas marítimos. Sr. Sotelo Villar.- Bos días. Sinxelamente dicir que é a primeira vez que poñemos en marcha estas bases. Dicir que contan cunha partida orzamentaria de dez millóns das antigas pesetas e que se pretende que acaden por cada proxecto financiable ata un máximo dun millón de pesetas e o oitenta por cento do orzamento para adicar este tipo de embarcacións a actividades con carácter cultural. Nada máis Sr. Presidente. Neste momento auséntase do Salón de Plenos o Ilmo. Sr. Presidente e substitueo o Sr. Vicepresidente D. Rafael Louzán Abal. Sr. Louzán Abal.- Moitas gracias. ¿Algunha intervención?. Procedemos polo tanto á votación do punto número 4. Bases de axudas económicas a embarcacións tradicionais. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Vistas as bases de axudas económicas que rexerán para solicita-las axudas para embarcacións tradicionais, o dictame favorable da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños, a dispoñibilidade de crédito por importe de SESENTA MIL EUROS (60.000,00), con cargo á partida 711.711.779.02 para atender ás solicitudes segundo informe de Intervención e o informe favorable de Asesoría Xurídica, o Pleno acorda por unanimidade aproba-las Bases de axudas económicas a embarcacións tradicionais e a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Ditas Bases son as seguintes: BASES DE AXUDA ÁS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS PRIMEIRA.- Obxecto: Subvención de investimentos realizados para a recuperación patrimonial e a construcción de réplicas de embarcacións tradicionais para uso en actividades de promoción sociocultural, con base nos portos da provincia de Pontevedra, así como inversións de mantemento das embarcacións, necesarias para o seu uso en actividades culturais. Neste programa concederanse axudas económicas cun crédito inicial de SESENTA MIL EUROS (60.000), con cargo á partida presupostaria 02/711-711-779.02 quedando facultado o Ilmo. Sr. Presidente ou órgano competente desta Excma. Deputación para a súa concesión, co informe previo da Comisión Informativa correspondente. SEGUNDA. Tipos de investimentos que poderán acceder a unha axuda: 2.1.- Poderase subvenciona-la recuperación e a construcción de réplicas de embarcacións tradicionais de pesca para o uso en actividades de promoción cultural. As ditas axudas son incompatibles co uso da embarcación para a pesca e a acuicultura, e con calquera das axudas incluídas no programa comunitario ou autonómico de construcción e modernización de embarcacións pesqueiras. 2.2.- Poderase solicitar axudas para todos aqueles accesorios e materiais de mantemento das embarcacións tradicionais, que sexan de inversión e necesarios para o seu uso en actividades culturais (velas, remolques, reparacións da cuberta, obra morta, arboladura, etc. ...). 2.3.- As axudas económicas poderán acadar como máximo ata o 80% dos investimentos para os que se solicitan, valorándose en base ós presupostos e ós proxectos presentados e cunha contía máxima de 6.000,00 Euros. TERCEIRA.- Beneficiarios. 3.1.- Poderán solicita-las axudas, as Confrarías de Pescadores e as entidades de carácter social e cultural sen fin de lucro, que teñan entre os seus obxectivos o desenvolvemento do patrimonio marítimo galego, e que acrediten a titularidade da embarcación para a que se solicita a axuda. Tódolos beneficiarios das axudas deberán te-lo seu domicilio social e fiscal no ámbito territorial da provincia de Pontevedra. 3.2.- As embarcacións deberán estar inscritas no censo correspondente, o que se xustificará documentalmente. 3.3.- As axudas corresponderán a investimentos realizados no presente exercicio económico de 2002, debendo estar xustificadas como data límite o 31 de xuño do ano 2003. 3.4.- Os beneficiarios de axuda non poderán transferi-la propiedade nin cede-las embarcacións nun prazo de cinco anos, agás autorización expresa desta Deputación. 3.5.- Para as axudas de proxectos de máis dun ano de duración ou polo seu elevado custo, poderase efectuar por fases, efectuándose as solicitudes de axuda económica para as diferentes fases que comprenden o proxecto así como a xustificación das mesmas. CUARTA.- Presentación de solicitudes. 4.1.- As solicitudes de axudas, axustaranse ó modelo que figura no anexo, debendo ser presentadas no Rexistro da Deputación de Pontevedra, ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, deberán dirixirse ó Ilmo. Sr. Presidente achegando a documentación seguinte: A) Memoria da actividade a desenvolver. B) Presuposto do investimento. C) Fotocopia compulsada dos estatutos da persoa xurídica ou sociedade. D) Certificación do órgano competente na que se especifique o acordo polo que se concede autorización para face-la solicitude ó asinante dela. Se actuase en virtude de atribucións fixadas nos estatutos, indicarase así na solicitude, citando a disposición que recolle a competencia. E) Fotocopia compulsada da tarxeta de identificación fiscal. F) Fotocopia compulsada do documento que acredite a inscripción no rexistro de asociacións. G) Certificación bancaria na que conste o titular, o número de conta e as claves do banco e da sucursal, para efectos do pagamento da axuda. H) Declaración das axudas económicas solicitadas e/ou concedidas por outras Administracións Públicas con este mesmo fin. I) Focopias compulsadas da Folla de Asento e Folla de Características do Rol, para as embarcacións a recuperar. J) Xustificación suficiente de ser propietario ou armador da embarcación, ou acreditación da cesión dela. No Rexistro da Excma. Deputación poderán retirarse modelos de solicitude, declaración xurada de axudas económicas e non transferencia ou cesión da embarcación. QUINTA.- Valoración do proxecto. 5.1.- Os proxectos valoraranse polo órgano competente da Deputación unha vez vistos os informes correspondentes. 5.2.- Aprobadas as axudas, cos informes previos da Intervención Provincial, éstas aboaranse ós solicitantes previa xustificación do investimento, que deberá facerse mediante presentación de facturas orixinais ou fotocopias compulsadas, pagándose ata o 80% da inversión xustificada e como máximo a axuda concedida. Nesta mesma factura deberá figura-lo aceptado, conforme e recibido, asinado polo beneficiario coa data do día no que se presente dita xustificación. Os Técnicos do Servicio Agrario, informarán sobre a realidade do investimento. Así mesmo, deberá adxuntarse a fotocopia compulsada da solicitude da Folla de Asento e Folla de Características do Rol para as construccións de réplicas unha vez rematadas as embarcacións. 5.3.- Estas axudas serán compatibles con outras que cos mesmos obxectivos estableza a Administración. SEXTA.- Prazo de presentación. 6.1.- Concédese un prazo de trinta (30) días naturais a partir da publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia para presenta-las solicitudes correspondentes. SÉTIMA.- 7.1.- O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable, poderá dar lugar a esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. ------ Folla: 5.4777.- QUINTO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS E SUPLEMENTOS DE CRÉDITO CON CARGO Ó REMANENTE DE TESOURERÍA DISPOÑIBLE Sr. Louzán Abal.- Punto número cinco. Quinto expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de crédito con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible. Ten a palabra o Sr. Pedrosa. Neste intre volve a ocupa-lo seu escaño o Ilmo. Sr. Presidente. Sr. Pedrosa Fernández.- Gracias Sr. Presidente. Bos días. Es el quinto expediente de modificación de créditos por un valor total de 3.918.052,00 Euros con el siguiente desglose. Reparaciones en Palacio, en el Servicio Agrario, por valor de 12.015,00 Euros; en créditos reconocidos de facturas del Príncipe Felipe de 618,00 Euros; para compra de material de oficina en Contratación 1.500,00 Euros; créditos reconocidos de distintas facturas de telefónica del Servicio Central, Ciudad Infantil y Vías y Obras por valor de 4.599,00 Euros; en actividades culturales para el Plan Cultural 60.102,00 Euros; para elaborar la encuesta sobre infraestructuras para los Planes provinciales, para los planes que se presentan en Madrid donde hay que rehacer una nueva cartografía por exigencia del Ministerio, 654.018,00 Euros; créditos reconocidos de facturas del Hogar Santa Isabel del año 2001, 5.842,00 Euros; para el Pazo de la Cultura, Ayuntamiento, 60.102,00 Euros; para subvenciones de actividades deportivas 60.102,00 Euros; para subvenciones de actividades deportivas, 60.102,00 Euros; para subvenciones culturales 12.020,00 Euros; para concurso de diseño y suministro de señales de las carreteras provinciales 300.506,00 Euros; para la construcción de un pabellón en el Centro de Vacaciones del Campamento de La Lanzada 540.910,00 Euros; para mejoras en la Ciudad Príncipe Felipe, 330.556,00 Euros; para adquisición de mobiliario de archivos y bibliotecas 750,00 Euros; para construcciones en el Campamento de La Lanzada como es el alcantarillado, pintado, cocinas, ventanas, etc., 248.218,00 Euros; para reparaciones en los Parques Comarcales de esta Diputación 240.405,00 Euros; para la compra de un tractor para la Finca de Mouriscade 60.000,00 Euros; para la compra de un vehículo para la Finca Areeiro 30.050,00 Euros; para el Ayuntamiento de Pontevedra, para la compra de un camión autobomba y de un camión de rescate de bomberos 180.303,00 Euros; para el Concello de Campo Lameiro, para la construcción de la plaza en Muimenta, 30.050,00 Euros; para el Ayuntamiento de Meis en la partida de Medio Ambiente, terminación de la depuradora de Mosteiro 42.071,00 Euros; para el Ayuntamiento de Barro la primera fase del tanatorio 90.151,00 Euros; para el Concello de Campo Lameiro, para equipamientos en el Centro de Sobrino Buiga 18.030,00 Euros y para material del obradoiro de Petroglifos 12.020,00 Euros; para la adecuación del Centro Ocupacional Juan María, Asociación la Esperanza, Val Miñor, 30.050,00 Euros; para adquisición de material deportivo 12.020,00 Euros; para ayudas a las cooperativas agrarias, 90.152,00 Euros; para el Auditorio Centro Recreativo Cultural O Torreiro de Priegue, Nigrán, 90.152,00 Euros; y para acondicionamiento del Club de Remo Coruxo-Canido en la Finca Mirambel, 96.161,00 Euros; y para la Piscina Olímpica cubierta en el poblado de celulosas de Pontevedra 601.012,00 Euros. Eso suma unos 3.918.052,00 Euros que vienen a esta quinta modificación de crédito. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pedrosa. Sr. Mosquera ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, bueno reitera-la nosa postura, é dicir, unha modificación de crédito que é consecuencia dun orzamento que non compartimos e dunha xestión que non compartimos, polo tanto vamos a votar en contra. Non se entende a que votamos en contra, como sempre, todas e cada unha das partidas senón á modificación en xeral. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, lógicamente estamos hablando de cerca de cuatro millones de euros en este apartado. Nosotros efectivamente no votamos el Presupuesto y no vamos a apoyar una modificación de este tipo pero en todo caso, en todo caso nos llama la atención que más del 20% de los casi cuatro millones de euros se dediquen a una aportación para la encuesta de infraestructuras locales. Y claro, yo pregunté esta mañana por este tema. Y resulta que si esto se adjudicó con cerca de cincuenta millones del Ministerio, la aportación del Ministerio, y ahora en este expediente llevamos más de cien millones de pesetas para lo mismo a mi no me casa, no me casa para nada en absoluto. Y digo por que, es decir, es que yo he visto en que consiste el trabajo que está haciendo esa empresa, concretamente en el Ayuntamiento de Redondela. Y ese trabajo en el Ayuntamiento de Redondela consistió en que dos personas de esa empresa, se desplazaron allí, cogieron todos los expedientes de obras de infraestructura desde el año 94 hasta ahora y lo recogieron, es decir, dos días de trabajo en un Ayuntamiento de 20.000 habitantes. Si eso va a costar más de 150.000.000 de pesetas señores algo aquí está fallando y desde luego ya simplemente eso serviría para que dijésemos que no a todo el expediente, es decir, no compartimos para nada este tema, yo quiero recordar una vez más que cada vez que se termina una encuesta de este tipo, el Partido Socialista estuvo pidiendo siempre esta encuesta, cada vez que se acabó una, y siempre por una razón o por otra que nunca llegaba, es decir, es que estaban los datos en manos del Ministerio o lo que fuese, y claro me da la sensación que precisamente el no ser públicos esos datos es lo que lleva ahora a este tipo de problemas. Vuelvo a repetir que yo no entiendo que tenga que ser una empresa de Zamora y que después de 50.000.000 que no lleguen que no sea suficiente, y haya que meter 100.000.000 de pesetas más, de verdad no lo entiendo señores. Sr. Presidente.- Tiene la palabra el Sr. Pedrosa. Sr. Pedrosa Fernández.- Si, vamos a ver. En principio esa misma duda se me planteó a mi y se nos planteaba cuando pues desde los servicios técnicos se nos pide ese aumento para esa encuesta. Esta es una encuesta que se hace todos los años por requerimiento del Ministerio precisamente para aprobación de los planes posteriores y todos los años se hacía pues aproximadamente con ese valor de 50 ó 60 millones de pesetas, es la encuesta que se presentaba siempre y siempre ha servido. Este año no sirve esa encuesta tal y como está, hay unas exigencias mucho mayores pero sobre todo, sobre todo en el apartado de que hay que levantar una cartografía de todo eso. Parece ser que esa es la parte precisamente más costosa, más cara, y que no era exigencia en otros años o en años anteriores y que si es exigencia al menos en este año no se si para los años próximos o para los años siguientes. Por eso se dota esta partida y se dota con esa cuantía que es la que se considera que es necesaria para levantar toda esa cartografía de esta encuesta sobre infraestructuras de los concellos de la provincia. Sr. Presidente.- Si, a maior abundamento sobre o que acaba de dicir o Vicepresidente económico eu teño que efectivamente, costas que ata agora estábanselle mandando a Madrid, pois aceptábannas sen ningún problema. Este ano pois pola razón que sexa esixen unha encuesta moito máis exahustiva, entre eles a cartografía de tódolos núcleos de poboación, é dicir, de toda a provincia, absolutamente todos. Parece ser e así nolo fixo chega-lo Ministerio, eu estou disposto a entregarlle as cartas que recibimos do Ministerio rexeitando todo esto. Faltan núcleos de poboación, bastantes núcleos de poboación. A esta empresa adxudicouselle no seu momento porque era a de máis garantía, nós enterámonos por outras Deputacións quen a estaba facendo porque loxicamente non sabíamos quen podía se-la máis fiable neste sentido. Puxo bo prezo, está facendo en Barcelona, está facendo en Burgos, está facendo en Zamora, toda a encuesta esta empresa, por eso se adxudicou á empresa esta de Zamora. Entón, en vista desto, indudablemente antes de perde-los plans pois loxicamente temos que abordar, abordar practicamente unha nova encuesta de infraestructuras porque as anteriores que admitiron pois agora non as admiten, entón esto supón moitisimo máis diñeiro, e como ben dixo o Sr. Pedrosa pois efectivamente o levantar a cartografía de toda a provincia pois parece ser que eso é moi costoso. Entón, poñemos esta cifra aproximada pero non sabemos exactamente aínda o que pode valer. Entón, é posible Sr. González, estou falando para vostede, é posible que non se gaste este diñeiro, pero tampouco podemos vir con vintecinco millóns porque posiblemente non cheguen, esa é a razón. En todo caso toda a documentación que temos do Ministerio doulla e por suposto cando teñamos esa encuesta de infraestructura se é que algún funcionario non lla facilita eu non teño conciencia de que ma pedira a min, se ma pide a min eu asegúrolle que terá a encuesta de infraestructura que ademais, que ademais creo que a deben ter, é dicir, creo que a deben ter tódolos concellos, débenna ter tódolos concellos. Si. Sr. González. Sr. González Iglesias.- Pero no poñen, mo acaban de dicir, lles digo por que, é dicir, agora mesmo pon o mínimo, o 50% dos concellos da provincia están con redaccións de plans urbanísticos, poden facilitarlle seguro cartografía absolutamente actualizada, absolutamente, é dicir, e lle falo pois de Cangas, Moaña, Vigo, Redondela. Pola parte de Redondela xa lle digo agora que está en disposición de tal. É dicir, este é un problema de coordinación nada máis. Non paguemos alegremente cantidades moi importantes cando se pode, se o problema é a cartografía volvo a repetirlle agora mesmo seguro que o 50% dos concellos da provincia teñen cartografía absolutamente actualizada dun ano ó outro, actualizada, realmente actualizada e á parte hai máis cartografías actualizadas por aí, é dicir, creo que estaríamos tirando os cartos, de verdade, mírenno, non é este o momento do debate, simplemente nós apuntámoslle o tema e mírenno porque realmente é unha cantidade moi importante. Sr. Presidente.- Teremos en conta Sr. González a suxerencia que nos acaba de dar pero repito non é só a cartografía, son máis temas, tema de alcantarillado, tema de traídas de augas, temas de infraestructuras, e todo o demais que non está ó parecer actualizada e que ata agora, que ata agora, pois viñan renovando diríamos, unha encuesta de infraestructura básica e íbanna renovando. Agora pois parece ser que non serve, non nos queda máis remedio se non queremos face-los plans que facela nova. E repito, á hora de adxudicar e á hora de contratar vamos a ver que ofertas hai e todo o demais, eso está claro, polo tanto poñemos unha cantidade importante porque os técnicos nos dixeron que efectivamente levanta-la cartografía e todo eso era moi costoso. En todo caso se eso está feito loxicamente nos poñeremos en contacto coa empresa e onde estea feito indudablemente non a teñen que facer e polo tanto eso quere dicir que o prezo ten que ser menor. Pero en todo caso estamos simplemente facendo a modificación presupostaria porque é imprescindible, é máis, tivemos que pedir autorización ó MAP para que nos dese máis tempo para presenta-la encuesta ó pasar o que pasou, porque senón non había tempo material e polo tanto perderíamos a subvención, cousa que efectivamente o Ministerio non tivo inconveniente, e temos o compromiso de presentala. Ben, procedemos polo tanto á votación do punto quinto. Quinto expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de crédito con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por maioría. Visto o expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de crédito nº 5/2002, dentro do vixente Presuposto Provincial, por un total de 3.918.052,18 Euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación no estado de gastos do Presuposto corrente, e que será financiado, os suplementos de crédito por importe de 2.200.342,68 Euros e os créditos extraordinarios por importe de 1.717.709,50 Euros, con cargo ó remanente de tesourería dispoñible, o Pleno de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSOE e do BNG, prestar aprobación ó expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de crédito nº 5/2002, que resumido por capítulos presenta a seguinte estructura: Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servicios 740.197,56 Euros Capítulo 4º Transferencias correntes 132.224,00 Euros Capítulo 6º Inversións reais 1.753.453,85 Euros Capítulo 7º Transferencias de capital 1.292.176,77 Euros Total expediente de modificación de crédito 3.918.052,18 Euros Dito expediente será exposto ó público, a efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse as mesmas. ------ Folla: 6.4778.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO Nº 2/2002 DO PADROADO DE TURISMO "RÍAS BAIXAS" Sr. Presidente.- Punto número seis. Expediente de suplemento de crédito nº 2/2002 do Padroado de Turismo "Rías Baixas". Bueno aquí trátase, non se incrementa ningún presuposto do Padroado de Turismo senón que hai cambio de partidas polo tanto non hai incremento de presupostos, foi a proposta do Padroado de Turismo, non vimos ningún inconveniente senón todo o contrario, e precisamente en aras de facer actuacións en canto ó diríamos á venta de Galicia turisticamente e polo tanto repito, non hai incremento de presuposto de ningún tipo senón que hai modificación de partidas dentro do presuposto actual do Padroado de Turismo. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Votamos. ¿Votos en contra deste expediente de suplemento de crédito?. Non hai. ¿Abstencións?. Non hai. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. Visto o expediente de suplemento de crédito nº 2/2002 do Padroado de Turismo "Rías Baixas", por un total de 147.000,00 Euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do Presuposto corrente, e que será financiado con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do Presuposto do Padroado correspondente ó exercicio de 2001, o Pleno de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por unanimidade prestar aprobación ó expediente, aplicando os gastos a financiar ás partidas e polos importes que a continuación se detallan: -02/875-751-141.05 - Outro persoal (becarios) 15.000,00 Euros -02/875-751-226.23 - Fomento do turismo 90.000,00 Euros -02/875-751-462.03 - Subvencións concellos (becas) 42.000,00 Euros TOTAL 147.000,00 Euros O financiamento do expediente realízase con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do presuposto do Padroado correspondente ó exercicio de 2001, conlevando dito financiamento o incremento das previsións de ingreso no subconcepto -02/875-870.01 - Aplicación ó financiamento de suplementos de crédito - 147.000,00 Euros Dito expediente será exposto ó público, a efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles. ------ Folla: 7.4779.- AUMENTO DE DELEGACIÓNS, EN MATERIA DE RECADACIÓN DE RECURSOS LOCAIS, DO CONCELLO DE MEIS Ó ORAL Sr. Presidente.- Punto número sete. Aumento de delegacións en materia de recadación de recursos locais, do Concello de Meis ó ORAL. Sr. Pedrosa ten a palabra. Sr. Pedrosa Fernández.- Si, gracias Sr. Presidente. Bien, aquí es aceptar la delegación que hace en materia de recadación de recursos locales el Concello de Meis, que delega expresamente en la Diputación Provincial de Pontevedra las facultades de recaudación y de liquidación de los siguientes recursos por acuerdo del Pleno municipal del 17-05-2002, delega en la Diputación la liquidación y recaudación en vía voluntaria y ejecutiva de las tasas por los servicios de alcantarillado y distribución de auga. Simplemente es aceptar esa delegación. Sr. Presidente.-¿Algunha intervención?. Votamos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. Vista a proposta que formula o ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra), de data 13 de setembro de 2002, sobre aceptación da delegación do Concello de Meis para a liquidación e recadación en vías executiva e voluntaria das taxas polos servicios de alcantarillado e auga, o Pleno acorda por unanimidade aceptar, de conformidade co previsto no art. 7.2 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, a delegación que en materia de recadación de recursos locais realizou seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 3 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e 7 da citada Lei 39/1988, na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL o Concello de Meis e que seguidamente se transcribe. CONCELLO DE MEIS Delega expresamente na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de liquidación e recadación dos seguintes recursos, con efectos dende o 1 de xaneiro de 2003: (Acordo do Pleno Municipal de 27-05-2002) - Liquidación e recadación en vías voluntaria e executiva das taxas polos servicios de alcantarillado e de distribución de auga. Delegación que se levará a cabo pola Deputación a través do seu Organismo Autónomo de Xestión de Recursos Locais, debéndose, así mesmo, proceder á publicación da presente aceptación de delegacións no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado art. 7.2 "in fine". ------ Folla: 8.4780.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO "TERMINACIÓN DO ENSANCHE EP 9501 DENDE A EP 9305 Á PONTE DO RÍ
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota