ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2002/10/25_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.363/3.2002-10-25_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2002/10/25_Ordinaria

  • Data(s) 2002-10-25 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 25 de outubro de 2002 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vintecinco de outubro do ano dous mil dous, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Ramón Alonso Fernández, D. Xosé Antonio Araujo Quintas, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Jesús María Fernández Portela, D. Alberto García García, D. Emilio González Iglesias, D. Angel Gregores Méndez, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Rafael Louzán Abal, D. Telmo Martín González, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. Juan Luis Pedrosa Fernández, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Manuel Rivera Domínguez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Henrique Viéitez Alonso, D. Manuel Ramón Vilar Márquez e D. José Villar Pereira, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Accidental, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Señoras e Señores Deputados e medios de comunicación. Vamos a comezar o desenvolvemento da orde do día correspondente ó Pleno ordinario do 27, perdón, do día de hoxe. 1.4786.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión ordinaria do 27 de setembro de 2002. ¿Algo que dicir sobre a acta do día 27?. Apróbase por unanimidade. Apróbase por unanimidade o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 27 de setembro de 2002. ------ Folla: 2.4787.- PRESTAR CONFORMIDADE ÁS ACTAS DO XURADO CUALIFICADOR DO II CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA - DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Punto dous. Prestar conformidade ás actas do Xurado cualificador do II Certame Provincial de Bandas de Música-Deputación Provincial de Pontevedra. Sr. Secretario. Sr. Secretario.- El acta del Jurado, en la sección 3ª, tercer premio, Unión Cultural de Campo Lameiro; 2º premio, Banda Xuvenil de Barro; 2º premio, Banda Músico Recreativa e Cultural de Bandeira; e 1º premio, Banda de Música Municipal de Agolada. Primer premio y mención de honor Fundación Caixagalicia, para la Banda de Música Municipal de Arbo. Sección 2ª, 3º premio, Banda de Música Popular de Rubiós; 3º premio, Banda Escola de Música de Candeán; 3º premio, Unión Musical de Meaño; 3º premio, Banda de Música de Catoira; 2º premio, Agrupación Musical Lira de San Miguel de Oia y asímismo Banda de Música de Salcedo; y 1º premio, Unión Musical de Ponte Ledesma y asímismo Banda de Música de Bellas Artes. Y primer premio y mención de honor, a la Banda de Música Municipal de Silleda. Sección 3ª, 2º premio, Unión Musical de Valladares y asímismo Banda Cultural de Salceda de Caselas; 1º premio, Banda Escola de Música de Beade; 1º premio y mención de honor, Banda Artística de Merza. Y Sección especial, 1º premio y mención de honor, a la Agrupación Musical de O Rosal. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Secretario. Bueno, vamos entón a votar ou prestar conformidade ó Xurado cualificador. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Esto veu á Comisión como dar conta. ¿Que vamos a votar?. Que pasa, vostedes mesmos ó traelo aquí é que dubidan do Xurado e temos que ratifica-lo que fixo. Sr. Presidente.- Ten a palabra o Sr. Secretario para que lle dea a explicación correspondente. Sr. Secretario.- Es que hay que ratificarlo de conformidad con las bases, entonces el acuerdo tiene que ser de Pleno. Sr. Presidente.- Si, pero pode haber reclamacións, pode haber reclamacións. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ou sexa, están entregados os premios e agora o Pleno ratifica os premios. Pois modifica-las bases porque senón esto non ten pés nin cabeza me dá a impresión. Pero bueno, non vamos a volvernos atrás, vamos a deixalo pasar, veña. Sr. Presidente.- Vamos a ratificar, exactamente, a ratificar. Sr. Mosquera Lorenzo.- Pois cambialas. Sr. Presidente.- Pois vote vostede en contra. Pode votar en contra en non estar de acordo. Procedemos polo tanto á votación. ¿Votos en contra desta ratificación?. ¿A favor?. ¿Abstencións?. El Presidente sigue el orden que quiera. ¿Abstencións?. ¿En contra? o ¿a favor?. Polo tanto, repito. ¿Votos a favor?. ¿En contra?. ¿Abstencións?. Supongo que si, no pueden con la mano. Seguimos por lo tanto. Sr. ... .- Que simpático. Sr. Presidente.- Sempre fun simpático. O Pleno de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cultura acorda por maioría de votos a favor do Grupo Popular e coas abstencións do PSOE e do BNG, aceptar nos seus propios termos as actas do Xurado Cualificador do II Certame Provincial de Bandas de Música "Deputación Provincial de Pontevedra", celebrado os días 4, 5 e 6 de outubro pasado no Pazo da Cultura desta cidade, concedendo os premios nas distintas categorías establecidas ás Agrupacións que a continuación se reflexan: "ACTA DO XURADO CUALIFICADOR DO II CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA "DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA" SECCIÓN ESPECIAL No Pazo da Cultura de Pontevedra, sendo as vinteunha horas do día seis de outubro de dous mil dous, reúnese o Xurado cualificador do II Certame Provincial de Bandas de Música "Deputación Provincial de Pontevedra", presidido por D. Manuel Abeledo López, Presidente da Excma. Deputación Provincial, e os vocais: D. Rogelio Groba Groba, Compositor; D. Agustín González Acilu, Compositor; D. Benigno Prego Rajo, Compositor; D. Martín J. Rodríguez Perís, Director da Escola Municipal de Música "Manuel de Falla" de Alcorcón; e D. Pedro Botías Berzosa, Profesor da Orquestra da RTVE e do Conservatorio da Comunidade de Madrid, actuando como Secretario D. Julio Vázquez Martínez, Técnico en Actividades Culturais do Servicio de Cultura. Aberto o acto, procedese á audición da Agrupación seleccionada para esta Sección, que interpretará na orde sinalada a seguinte obra: Obra obrigada: Raíces Gulansesas: I, II, III e IV tempo de R. Groba. Obra libre: Nº Agrupación Obra Autor 01 Agrupación Musical de O Rosal Symphony nº 2 J. Barnes Chance Tras un pormenorizado e exhaustivo análise dos aspectos avaliables, tal como esixen as bases do Certame, concédense os seguintes Premios: 1º Premio e Mención de Honor Fundación Caixa Galicia, dotado con 4.500 Euros e vale para adquisición instrumental de Musical Pontevedra, por 1.500 Euros con 351 puntos á Agrupación: AGRUPACIÓN MUSICAL DE O ROSAL Como anexo ás actas anteriores e tal como figura nas bases que rexen este evento, o Xurado declara deserto o Premio Manuel Quiroga, dotado con 1.800 _, por non presentarse ningunha obra inédita no conxunto das obras libres presentadas ó Certame. Así mesmo e como resultado das puntuacións obtidas na interpretación das obras obrigadas en tódalas seccións, a Federación Galega de Bandas de Música Populares concede o seu premio á: BANDA-ESCOLA DE MÚSICA DE BEADE con 176 puntos. E non habendo máis asuntos, dase por rematada a reunión, sendo as vintetrés horas e corenta e cinco minutos do mencionado día, asinando a presente tódolos asistentes, do que eu, como Secretario dou fe." "ACTA DO XURADO CUALIFICADOR DO II CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA "DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA" SECCIÓN 1ª No Pazo da Cultura de Pontevedra, sendo as dezasete horas do día seis de outubro de dous mil dous, reúnese o Xurado cualificador do II Certame Provincial de Bandas de Música "Deputación Provincial de Pontevedra", presidido por D. Manuel Abeledo López, Presidente da Excma. Deputación Provincial, e os vocais: D. Rogelio Groba Groba, Compositor; D. Agustín González Acilu, Compositor; D. Benigno Prego Rajo, Compositor; D. Martín J. Rodríguez Perís, Director da Escola Municipal de Música "Manuel de Falla" de Alcorcón; e D. Pedro Botías Berzosa, Profesor da Orquestra da RTVE e do Conservatorio da Comunidade de Madrid, actuando como Secretario D. Julio Vázquez Martínez, Técnico en Actividades Culturais do Servicio de Cultura. Aberto o acto, procedese á audición das Agrupacións seleccionadas para esta Sección, que interpretarán na orde sinalada as seguintes obras: Obra obrigada: Suite Céltica, de J. Vicent Egea Obra libre: Nº Agrupación Obra Autor 01 Banda-Escola de Música de Beade Symmhony nº 4: 1.- Elegy 2.- Intermezzo 3.- Tarantela Alfred Reed 02 Banda Cultural de Salceda de Caselas Tormenta del Desierto-Sinf. Nº 11.- La invasión de Kuwait2.- El toque de queda3.- Avance de las tropas aliadas4.- La Guerra de Basora Ferrer Ferrán 03 Unión Musical de Valladares Symphony nº 2 J. Barnes Chance 04 Banda Artística de Merza La Divina Comedia1.- El Infierno2.- El Purgatorio3.- La Ascensión Robert W. Smith 05 Agrupación Musical Atlántida-Matamá The Titanic Saga Piet Swerts Tras un pormenorizado e exhaustivo análise dos aspectos avaliables, tal como esixen as bases do Certame, concédense os seguintes Premios: Puntos Premio Agrupación 320 2º Premio Unión Musical de Valladares 333 2º Premio Banda Cultural de Salceda de Caselas 349 1º Premio Banda-Escola de Música de Beade 1º Premio e Mención de Honor Fundación Caixa Galicia, dotado con 3.600 Euros e vale para adquisición instrumental de Musical Pontevedra, por 1.200 Euros con 354 puntos á Agrupación:BANDA ARTÍSTICA DE MERZA E non habendo máis asuntos, dase por rematada a reunión, sendo as vintetrés horas e corenta e cinco minutos do mencionado día, asinando a presente tódolos asistentes, do que eu, como Secretario dou fe." " ACTA DO XURADO CUALIFICADOR DO II CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA "DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA" SECCIÓN 2ª No Pazo da Cultura de Pontevedra, sendo as dezaoito horas do día cinco de outubro de dous mil dous, reúnese o Xurado cualificador do II Certame Provincial de Bandas de Música "Deputación Provincial de Pontevedra", presidido por D. Manuel Abeledo López, Presidente da Excma. Deputación Provincial, e os vocais: D. Rogelio Groba Groba, Compositor; D. Agustín González Acilu, Compositor; D. Benigno Prego Rajo, Compositor; D. Martín J. Rodríguez Perís, Director da Escola Municipal de Música "Manuel de Falla" de Alcorcón; e D. Pedro Botías Berzosa, Profesor da Orquestra da RTVE e do Conservatorio da Comunidade de Madrid, actuando como Secretario D. Julio Vázquez Martínez, Técnico en Actividades Culturais do Servicio de Cultura. Aberto o acto, procedese á audición das Agrupacións seleccionadas para esta Sección, que interpretarán na orde sinalada as seguintes obras: Obra obrigada: Vigo (Suite Sinfónica) 3º tempo, de R. Soutullo. Obra libre: Nº Agrupación Obra Autor 1 Banda de Música de Catoira Praise Jerusalem Alfred Reed 2 Banda de Música Popular de Rubios Alternances André Waignes 3 Banda de Música Municipal de Silleda Second Symphony. Op 44 James Barnes 4 Banda de Música Bellas Artes Music form a Festival Philip Sparke 5 Banda de Música Lira de San Miguel de Oia Music form Movie Picture Kees Vlak 6 Banda Escola e Música de Candeán Polifemo Valero Castells 7 Banda de Música de Salcedo Spartacus Jan V. der Roost 8 Agrupación Musical de Belesar First Suite in Eb Gustav Holts 9 Agrupación Musical de Goián Trois Danses A. Khachaturian 10 Unión Musical de Ponteledesma Mutanza Jim Curnow 11 Unión Musical de Meaño La Quinta Essenza Johan de Meik Tras un pormenorizado e exhaustivo análise dos aspectos avaliables, tal como esixen as bases do Certame, concédense os seguintes Premios: Puntos Premio Agrupación 233 3º PREMIO BANDA DE MÚSICA POPULAR DE RUBIOS 246 3º PREMIO BANDA ESCOLA DE MÚSICA DE CANDEAN 260 3º PREMIO UNIÓN MUSICAL DE MEAÑO 277 3º PREMIO BANDA DE MÚSICA DE CATOIRA 291 2º PREMIO AGRUP. MUSICAL LIRA DE SAN MIGUEL DE OIA 299 2º PREMIO BANDA DE MÚSICA DE SALCEDO 341 1º PREMIO UNIÓN MUSICAL DE PONTELEDESMA 345 1º PREMIO BANDA DE MÚSICA BELLAS ARTES 1º Premio e Mención de Honor Fundación Caixa Galicia, dotado con 2.700 Euros e vale para adquisición instrumental de Musical Pontevedra, por 1.050 Euros con 350 puntos á Agrupación:BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE SILLEDA E non habendo máis asuntos, dase por rematada a reunión, sendo as dúas horas e cinco minutos do día seis de outubro, asinando a presente tódolos asistentes, do que eu, como Secretario dou fe." "ACTA DO XURADO CUALIFICADOR DO II CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA "DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA" SECCIÓN 3ª No Pazo da Cultura de Pontevedra, sendo as dezanove horas do catro de outubro de dous mil dous, reúnese o Xurado cualificador do II Certame Provincial de Bandas de Música "Deputación Provincial de Pontevedra", presidido por D. Manuel Abeledo López, Presidente da Excma. Deputación Provincial, e os vocais: D. Rogelio Groba Groba, Compositor; D. Agustín González Acilu, Compositor; D. Benigno Prego Rajo, Compositor; D. Martín J. Rodríguez Perís, Director da Escola Municipal de Música "Manuel de Falla" de Alcorcón; e D. Pedro Botías Berzosa, Profesor da Orquestra da RTVE e do Conservatorio da Comunidade de Madrid, actuando como Secretario D. Julio Vázquez Martínez, Técnico en Actividades Culturais do Servicio de Cultura. Aberto o acto, procedese á audición das Agrupacións seleccionadas para esta Sección, que interpretarán na orde sinalada as seguintes obras: Obra obrigada: Maruxa -Preludio do 2º Acto-, de A. Vives Obra libre: Nº Agrupación Obra Autor 1 - Banda de Música Cultural de Mondariz / Les Miserables / Warren Barker 2 - Ateneo Musical de Bembrive / II Suite in F for Military Band / Gustav Holst 3 - Banda de Música Reveriano Soutullo / Coppelia (Fantasia)/ Leo Delibes 4 - Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira / Al Piemonte (Tríptico Sinfónico) / C.A. Pizzini 5 - Agrupación Musical de Vincios / Charles Chaplin / Chaplin e Delange 6 - Unión Musical de Tenorio / Highlights from "Chess" / Ulvaeus/Andersson 7 - Nova Banda de Vilatuxe / Cantigas de Ourense / Felix Molina 8 - Banda de Música Municipal de Arbo / Rienzi (Obertura) / R. Wagner 9 - Unión Cultural de Campo Lameiro / A Little Concert Suite / Alfred Reed 10 - Banda Xuvenil de Barro / Diagram / André Waignein 11 - Banda de Música Municipal de Agolada / Loch Ness / Johan de Meij 12 - Banda de Música Cultural de Arcade / La del Manojo de Rosas / P Sorozabal Tras un pormenorizado e exhaustivo análise dos aspectos avaliables, tal como esixen as bases do Certame, concédense os seguintes Premios: Puntos Premio Agrupación 240 3º PREMIO UNIÓN CULTURAL DE CAMPO LAMEIRO 292 2º PREMIO BANDA XUVENIL DE BARRO 318 2º PREMIO BANDA MÚSICA RECREAT. E CULT. DE BANDEIRA 341 1º PREMIO BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE AGOLADA 1º Premio e Mención de Honor Fundación Caixa Galicia, dotado con 1.800 Euros e vale para adquisición instrumental de Musical Pontevedra, por 900 Euros con 352 puntos á Agrupación: BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE ARBO E non habendo máis asuntos, dase por rematada a reunión, sendo as tres horas e cinco minutos do día cinco de outubro, asinando a presente tódolos asistentes, do que eu, como Secretario dou fe." ------ Folla: 3.4788.- SOLICITUDE DE COMPATIBILIDADE Sr. Presidente.- Punto catro, perdón punto tres. Este punto retírase da orde do día a petición do mesmo interesado que solicitou a compatibilidade. Retírase da orde do día expediente relativo a solicitude de compatibilidade. ------ Folla: 4.4789.- MODIFICACIÓN DE TAXAS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Punto catro. Modificación de taxas da Deputación Provincial de Pontevedra. Ten a palabra o Vicepresidente económico. Sr. Pedrosa Fernández.- Muchas gracias Sr. Presidente. Buenos días. En la modificación de taxas que se trae se elevan todas ellas en un 2,7% y hay que hacer dos excepciones, una de ellas en la taxa por inserción de anuncios en el Boletín Oficial de la Provincia. Decir que después de la entrada en vigor de la Ley 5/2002 de 4 de abril, se le añade un nuevo artículo a esta tasa que dice textualmente "estarán exentos de esta tasa la inserción de edictos o anuncios que tengan carácter preceptivo en la tramitación de las ordenanzas y de los reglamentos que no tengan carácter fiscal o un claro y evidente contenido económico". Decir que hay una serie de anuncios que antes si estaban sujetos a esta tasa y que ahora a partir de la entrada en vigor de esta Ley están exentos de la misma. Y después en la tasa por utilización privativa o aprovechamiento especial del dominio público provincial decir que se modifica en el apartado que antes estaba sujeto a esta tasa lo que eran los vecinos y particulares y ahora se eximen a vecinos y particulares igual que están eximidos los ayuntamientos al pago de esta tasa cuando se trata de servizos básicos de agua, luz o alcantarillado. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Pedrosa. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Como se trata de actualiza-lo IPC que en xeral é a nosa, o noso posicionamento con respecto ós ingresos das administracións por taxas neste caso, pois vamos a votar a favor. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. ¿Algunha intervención máis?. Moitas gracias. Votamos polo tanto a modificación, punto catro, das taxas da Deputación Provincial de Pontevedra. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. Vistos os expedientes tramitados a proposta do Servicio de Intervención desta Deputación para a Modificación de diversas taxas provinciais, coa finalidade, en xeral, de proceder á actualización das tarifas das mesmas para o ano 2003, nos importes que figuran nos diversos anexos e coa modificación, nalgún caso, do texto dalgúns artigos das ordenanzas reguladoras e que aparecen reflexados nas memorias da Presidencia de cada expediente. Vistos os informes conxuntos de Secretaría e Intervención que se unen ós respectivos expedientes, o Pleno de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por unanimidade: - Prestar aprobación á modificación das ordenanzas reguladoras das taxas que a continuación se relacionan: - Taxa por expedición de documentos administrativos. - Taxa por inserción de anuncios no BOP. - Taxa pola suscripción e venda do BOP. - Taxas polos servicios que se prestan na Cidade Infantil "Príncipe Felipe". - Taxa polos servicios que se prestan no Castelo de Soutomaior. - Taxa por autorización de obras e outros aproveitamentos en zonas contiguas ás estradas provinciais. - Taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público provincial. - Taxa polos servicios de asesoramento con desprazamento ós entes locais polo CPAM. - Taxa polos servicios de ensinanza que se imparten na Escola de Canteiros de Pontevedra. Os expedientes de modificación de ditas taxas exporanse ó público por prazo de trinta días hábiles mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia e nun diario dos de maior difusión da provincia, a efectos de reclamacións. No caso de non producirse reclamacións este acordo considerarase elevado a definitivo. Estas modificacións entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día 1 de xaneiro de 2003, tal como consta nas memorias da Presidencia de cada expediente e unha vez que se produza a publicación no Boletín Oficial da Provincia do texto íntegro dos artigos modificados. ------ Folla: 5.4790.- ACEPTACIÓN DAS DELEGACIÓNS DOS CONCELLOS DE A ESTRADA E CUNTIS Ó ORAL EN MATERIA DE XESTIÓN CATASTRAL Sr. Presidente.- Punto número cinco. Aceptación das delegacións dos concellos de A Estrada e Cuntis ó Organismo de Recadación de Recursos Locais en materia de xestión catastral. ¿Algunha intervención ó respeto?. Non hai intervencións. Polo tanto votamos este punto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. Visto o acordo do Consello de Administración do ORAL, adoptado en sesión celebrada o 10 de outubro de 2002, polo que se aceptan as peticións dos Concellos de Cuntis e de A Estrada, de adhesión ó Convenio de colaboración en materia catastral subscrito entre a Dirección Xeral do Catastro e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001, solicitadas por acordos do Pleno do Concello de Cuntis de data 12 de abril de 2002 e da Comisión de Goberno do Concello de A Estrada de data 16 de setembro de 2002, o Pleno acorda por unanimidade, ratifica-lo referido acordo do Consello de Administración do ORAL, aceptando as adhesións dos Concellos de Cuntis e A Estrada ó Convenio de colaboración en materia catastral. ------ Folla: 6.4791.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE A ESTRADA A FAVOR DO ORAL PARA A REALIZACIÓN DAS LIQUIDACIÓNS DE PLUSVALÍAS Sr. Presidente.- Punto número seis. Delegación de competencias do Concello de A Estrada a favor do ORAL para a realización das liquidacións de plusvalías.¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. Vista a proposta que formula o ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra), de data 15 de outubro de 2002, sobre aceptación da delegación do Concello de A Estrada para a xestión, liquidación, inspección e recadación do Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana, o Pleno acorda por unanimidade, aceptar, de conformidade co previsto no art. 7.2 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, a delegación que en materia de xestión, liquidación, inspección e recadación do Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana realizou, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 3 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e 7 da citada Lei 39/1988, na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL o Concello de A Estrada e que seguidamente se transcribe. CONCELLO DE A ESTRADA (Acordo da Comisión de Goberno do 16 de setembro de 2002) Delega expresamente na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de liquidación (xestión, liquidación, inspección e recadación) do seguinte tributo: - Imposto sobre o Incremento do Valor dos terreos de natureza urbana. Delegación que se levará a cabo pola Deputación a través do seu Organismo Autónomo de Xestión de Recursos Locais, debéndose, así mesmo, proceder á publicación da presente aceptación de delegacións no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado art. 7.2 "in fine". ------ Folla: 7.4792.- TERCEIRO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITO (SUPLEMENTOS) DO ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS (ORAL) Sr. Presidente.- Punto sete. Terceiro expediente de modificación de crédito do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais. Sr. Vicepresidente ten a palabra. Sr. Pedrosa Fernández.- Gracias Sr. Presidente. Este es el tercer expediente de modificación de créditos del Organismo Autónomo ORAL, asciende a un total de 455.000,00 Euros, todos ellos son con cargo al remanente de Tesorería procedente de la liquidación del Presupuesto del año 2001. Y tiene el siguiente reparto: Comunicaciones postales, 50.000,00 Euros; trabajos catastrales, 216.000,00 Euros; adquisición y mejora de nuevas inversiones, compra de edificios, 154.000,00 Euros; adquisición maquinaria, instalaciones y utillaje, 5.000,00 Euros; y adquisición de equipos para procesos de información, 30.000,00 Euros. Todas esas suman los 455.000,00 Euros que dije en un principio. Sr. Presidente.- Gracias. Intervencións. Non hai. Votamos. ¿Votos en contra?. Non hai. ¿Abstencións?. O PSOE e o BNG. ¿A favor?. O Grupo Popular. Apróbase por maioría. Visto o terceiro expediente de modificación de crédito 2002 (suplementos) do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais, por un total de 455.000 Euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do Presuposto corrente, e que será financiado con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do Presuposto do ORAL, correspondente ó exercicio de 2001, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por maioría de votos a favor do Grupo Popular e coas abstencións do PSOE e do BNG, prestar aprobación ó expediente, incrementando a dotación presupostaria das partidas que a continuación se indican nas seguintes contías. Partida Denominación Importe 02/861.611.222.01 / Comunicacións postais 50.000 Euros 02/861.611.227.07 / Traballos catastrais 216.000 Euros 02/861.611.622.03 / Adquisición e melloras. Inversión nova en edificios 154.000 Euros 02/861.611.623.01 / Adquisición maquinaria, instalacións e utillaxe 5.000 Euros 02/861.611.626.01 / Adquisición equipos para procesos de información 30.000 Euros TOTAL 455.000 Euros O financiamento do expediente realízase con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible procedente da liquidación do presuposto do ORAL, correspondente ó exercicio de 2001. Dito expediente será exposto ó público, a efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles. ------ Folla: 8.4793.- SEXTO EXPEDIENTE DE SUPLEMENTOS DE CRÉDITO E DE CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS CON CARGO Ó REMANENTE DE TESOURERÍA DISPOÑIBLE Sr. Presidente.- Punto oito. Sexto expediente de suplementos de crédito e de créditos extraordinarios con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible. Sr. Vicepresidente económico ten a palabra. Sr. Pedrosa Fernández.- Gracias Sr. Presidente. Bien, este es el sexto expediente de suplementos de créditos por un total de 1.736.141,00 Euros con el siguiente desglose: 3.949,00 Euros para personal laboral eventual del Servicio de Prevención de Riesgos Laborales; 1.500,00 Euros para aportar a la Seguridad Social de ese Servicio de Prevención de Riesgos Laborales; para reparaciones en maquinaria de Vías y Obras, 48.081,00 Euros; reparaciones en maquinaria del Servicio Agrario, 10.000,00 Euros; para subministros de productos farmaceúticos en el Servicio Agrario 20.000,00 Euros; para subministros de productos de limpieza y aseo en el Servicio Agrario 1.000,00 Euros; y para adquisición de material técnico especial del Servicio Agrario 20.000,00 Euros; 4.022,00 Euros de créditos reconocidos de facturas de Voz de Galicia radio y Voz de Galicia SA de años pasados; para órganos de gobierno de la Corporación Municipal 42.100,00 Euros; en trabajos realizados por otras empresas para hacerse cargo de los atrasos en el apartado de Acción Social, Promoción de Empleo y Mujer, de atrasos del año 2001, son 21.125,00 Euros; y para aumento de las tarifas que esos atrasos vienen de esa actualización de esas tarifas 22.000,00 Euros. En indemnizaciones órganos de gobierno de la Corporación, 50.000,00 Euros; en edificios y otras construcciones para la remodelación del campo de fútbol de la Ciudad Infantil "Príncipe Felipe" 149.098,00 Euros. En adquisición de maquinaria en Vías y Obras para adquisición de una plataforma góndola 6.010,00 Euros y en maquinaria diversa 841.418,00 Euros, esta es la partida más importante de este expediente debido a la aplicación de un Real Decreto sobre todo que debemos de cumplir con la maquinaria del Parque toda una serie de condiciones en materia de seguridad, hecha una auditoría para el control de toda nuestra maquinaria, pues resulta que hay una serie de máquinas, concretamente dos motoniveladoras, tres palas cargadoras, una pala cargadora, un tractor agrícola y tres palas cargadoras de marca EBRO, que es imposible que al día de hoy cumplan esa normativa, hay que decir que son máquinas adquiridas entre los años 78 y 82, imposibles de adaptar a todo este nuevo Real Decreto por lo que procede ir a la substitución de esta maquinaria por maquinaria nueva. Esta partida inicial de 841.418,00 Euros será dedicada a renovar parte de ese Parque de Maquinaria de Vías y Obras. Después en inversiones municipales y a ayuntamientos van las siguientes partidas. Ayuntamiento de Salvaterra, última fase de la casa consistorial 90.152,00 Euros; Ayuntamiento de Lalín, última fase del albergue en la finca de Mouriscade, 84.142,00 Euros; Ayuntamiento de Tui, remodelación del Conservatorio de Música 60.102,00 Euros; y Ayuntamiento de Silleda, puente en la glorieta con la carretera nacional 525, 36.061,00 Euros. Por último en Acción Social, al Asilo de Pontevedra para compra de camas articuladas y colchones, 84.142,00 Euros; al Asilo de Tui 51.086,00 Euros y al Asilo de Vigo 30.051,00 Euros. Y en promoción y difusión de la Cultura a la Asociación Vecinal Cabral Feira, reforma del local social, 60.102,00 Euros. Todas estas modificaciones suman ese 1.736.141,00 Euros. Sr. Presidente.- Gracias. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, a de sempre, non. Nin estivemos de acordo cos orzamentos nin coa súa xestión. Polo tanto vamos a votar en contra desta modificación. Sr. Presidente.- Gracias. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, home aínda que compartimos parte dos temas, sobre todo o tema de maquinaria, non votamos a favor do Presuposto e loxicamente tampouco o vamos a facer agora mesmo. De tódolos xeitos si nos asalta unha dúbida que é a seguinte, é dicir, ¿saben algún de vostedes a canto vai o importe do novo Concello de Salvaterra?. Porque dende o ano 90 concretamente esa obra está recibindo cartos de tódalas administracións, pero montóns de cartos, dende cinco ou seis anos consecutivos de plans do INEM naquela época, ata, ata agora. Entón supoño que sería bastante lóxico que a Deputación antes de da-los cartos mirara o proxecto primitivo, as modificacións que houbo do proxecto e as aportacións que recibiu o Concello antes de dar outra aportación nova. Vamos a votar en contra. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. González. Como ben dixo, este novo edificio do Concello de Salvaterra leva moitisimos anos tratando de concluilo. O Alcalde de Salvaterra, en concreto pois estivo noutras administracións para terminar esta obra, que ten valorada segundo o informe que mandou na cantidade esa que acaba de dicir, non recordo exactamente canto e loxicamente como dicimos igual que demos para compra de casas a concellos, para ampliación de edificios e todo o demais pois consideramos oportuno pois loxicamente que xa esta obra por fin se termine e polo tanto por eso se lle concede esta axuda. Non hai outra explicación. Sr. González Iglesias.- Pero vamos a ver. Se nós non estamos discutindo que se axude ós concellos para diversas obras incluída unha obra dun concello. O que si estamos dicindo, por se acaso ó mellor vostedes non o recordaban, é que esta obra que eu recorde polo menos durante cinco ou seis anos recibiu aportacións daqueles plans do INEM ó 100%, é un caso único, único non había algún concello máis como Porriño que as recibía tamén porque ía a montar no Concello unha oficina para o INEM. E despois deso seguimos recibindo máis aportacións e agora esta última, simplemente é resaltar, é dicir que hai que averiguar canto lle costa unha obra dese tipo, as aportacións que recibiu, porque non vai se-lo caso que teña recibido en aportacións máis que as previsións, non as iniciais que as iniciais seguro que si, pero tódalas seguintes, nada máis e se realmente se cumpriron os plans para os que pediron subvencións. Sr. Presidente.- Ben, gracias. ¿Algunha intervención máis?. Procedemos polo tanto á votación do punto oito. ¿Votos en contra?. O PSOE e o BNG. ¿Abstencións?. Non hai. ¿Votos a favor?. O Grupo Popular. Apróbase por maioría. Visto o expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de crédito nº 6/2002, dentro do vixente Presuposto Provincial, por un total de 1.736.141,00 Euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación no estado de gastos do Presuposto corrente, e que será financiado, os suplementos de crédito por importe de 1.730.692,00 Euros e os créditos extraordinarios por importe de 5.449,00 Euros, con cargo ó remanente de tesourería dispoñible, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por maioría de votos a favor do Grupo Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG, prestar aprobación ó expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de crédito nº 6/2002, que resumido por capítulos presenta a seguinte estructura: Capítulo 1º - Gastos de Persoal 5.449,00 Euros Capítulo 2º - Gastos en bens correntes e servicios 238.328,00 Euros Capítulo 6º - Inversións reais 996.526,00 Euros Capítulo 7º - Transferencias de capital 495.838,00 Euros Total expediente de modificación de créditos 1.736.141,00 Euros Dito expediente exporase ó público, a efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse as mesmas. ------ Folla: 9.4794.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO REFORMADO DE "EP 4303 MONDARIZ - MEIROL". EXPOSICIÓN PÚBLICA. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA NECESIDADE DE OCUPACIÓN. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DE DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto número nove. Aprobación inicial do proxecto de reformado de "EP 4303 Mondariz-Meirol". Exposición pública. Declaración de utilidade pública da necesidade de ocupación. Solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación e Motivación da urxencia. Bueno, sencillamente esta estrada de Mondaríz-Meirol trátase dunha estrada provincial, da 4303 como acabo de dicir, é unha obra do Plan Provincial de Cooperación, do 2001, houbo, tivemos problemas de terreos, neste momento só hai un señor que non chegamos a acordo con el e de aí que teñamos que inicia-lo expediente de expropiación. Esto sencillamente non é outra cousa. ¿Algunha intervención con respecto a este tema?. Non hai intervencións. Polo tanto votamos o punto nove. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. Á vista do Proxecto Reformado de "EP 4303 Mondariz-Meirol (Mondariz)", pertencente a Fondos Propios 2001, con presuposto para coñecemento da Administración de 39.065,79 Euros, desglosado en presuposto de execución por contrata, por importe de 17.700,47 Euros, e capítulo de indemnizacións por importe de 21.365,32 Euros; á vista dos Documentos RC, emitidos por Intervención, nos que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 02/511.511-612.02 para facer frente á execución da obra e ó pagamento de indemnizacións; e, emitido informe polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur, advirtindo da necesidade de acometer con urxencia a obra de continuación da estrada Mondariz-Meirol hacia Mouriscados, dado que a mellora pendente de tal tramo, evitaría o grave embotellamento de tráfico nesa zona, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por unanimidade: 1.- A aprobación inicial do Proxecto Reformado de "EP 4303 Mondariz-Meirol (Mondariz)", cun presuposto para coñecemento da Administración de 39.065,79Euros, desglosado en presuposto de execución por contrata, por importe de 17.700,47 Euros, e capítulo de indemnizacións por importe de 21.365,32 Euros. 2.- A exposición pública de dito proxecto, por prazo regulamentario, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose que de non producirse as mesmas o proxecto quedará aprobado definitivamente de forma automática. 3.- A declaración de utilidade pública da obra e necesidade de ocupación dos bens afectados, segundo informe de 14-10-02 emitido polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur. 4.- A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens afectados. 5.- A motivación da urxencia do expediente expropiatorio, con base no informe do Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur, emitido o 14 dos correntes, estimando imprescindible acometer con celeridade a mellora do tramo de tal vial hacia Mouriscados, toda vez que ó ensancharse os demais tramos da estrada prodúcese un grave embotellamento do tráfico rodado en tal zona. ------ Folla: 10.4795.- PLAN VOLUNTARIADO XUNTA DE GALICIA. PROXECTO DE PROMOCIÓN DO VOLUNTARIADO NOS TERRITORIOS FRONTEIRIZOS DE GALICIA E NORTE DE PORTUGAL, "PROVOLGAPOR" DENTRO DO PLAN INTERREG III Sr. Presidente.- Punto número dez. Plan Voluntariado Xunta de Galicia, proxecto de promoción do voluntariado nos territorios fronteirizos de Galicia e Norte de Portugal, "PROVOLGAPOR" dentro do Plan INTERREG III e autorizar ó Presidente para a sinatura desta adhesión. Trátase sinxelamente de adherirse ó proxecto que acabo de dicir dentro da iniciativa europea INTERREG III. Como saben vostedes para presentar proxectos a esta iniciativa remata o prazo o 31 de outubro. Houbo unhas reunións previas ás cales asistiu o Vicepresidente económico sobre este tema. O obxectivo do Plan é crear equipos de voluntariado nos concellos limítrofes con Portugal e ó mesmo tempo nas Cámaras portuguesas face-lo mesmo, fomentar polo tanto, é un plan de formación do voluntariado, é un plan de intercambio, como é lóxico ó pertencer ó INTERREG III, de intercambio de experiencias entre os distintos equipos portugueses e españoles. No seu momento a Deputación Provincial en principio era favorable a participar nestes plans como estamos participando practicamente en tódalas iniciativas, en este caso tódalas iniciativas europeas procedentes do fondo FEDER que asumen os Concellos, e polo tanto, este proxecto que ten un presuposto total de dous millóns e pico de euros, o 30% correspondería financiar ós Concellos e entón a Xunta de Galicia que foi diríamos a que promoveu xunto coa rexión norte de Portugal foi o que promoveu este proxecto, pídenos dalgunha maneira de que colaboremos con 8.000,00 Euros durante catro anos, é dicir, 2003, 2004, 2005 e 2006. Indudablemente creo que é un proxecto interesante e creo que a cantidade non é nin moitisimo menos esaxerada neste sentido de participación da Deputación Provincial de Pontevedra, e polo tanto traemos aquí para adherirse se o Pleno o ten a ben votar a favor pois a adhesión diríamos a este proxecto e o compromiso económico para estes catro anos sucesivos. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Polo tanto votamos como digo a adhesión a este proxecto e autorizar ó Presidente á sinatura desa adhesión. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Promoción de Emprego e Acción Social, o Pleno acorda por unanimidade aproba-la proposta de adhesión ó proxecto de "Promoción do Voluntariado nos territorios fronteirizos de Galicia e Norte de Portugal, PROVOLGAPOR", dentro do Plan INTERREG III, con aportación por parte desta Deputación de 8.554,58 Euros durante os exercicios 2003, 2004, 2005 e 2006 respectivamente e habilitando ó Ilmo. Sr. Presidente para asinar e realiza-los trámites necesarios para desenvolver dito Proxecto. ------ Folla: 11.4796.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Sr. Secretario. Punto once. Comunicacións. Sr. Secretario.- Se traen las siguientes comunicaciones. En primer lugar Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 25 de setembro e o 19 de outubro de 2002. Y luego asímismo una Resolución nombrando representante de la Diputación en la Comisión Provincial del Plan de Seguimiento de la Seca al Ingeniero Jefe de Vías y Obras Rafael Llano. Sr. Mosquera Lorenzo.- Eu estiven mirando o expediente e exactamente en que consiste, porque non acabei de deducir do expediente en que consiste esa Comisión. Sr. Presidente.- Si. Esa Comisión en principio é a iniciativa da Xunta de Galicia respecto á sequía que estamos a padecer ata estes últimos tempos, e entón pois para tomar, para que estudien o tema e tomar precaucións con respecto á posibilidade dun inverno seco e dun outono seco, pois prevendo crear unha Comisión da Auga que lle chaman da Seca, pode ser das dúas formas. Sr. Mosquera Lorenzo.- Tiveron mala sorte. Reaccionaron un pouquiño tarde, xa que cando creaban a Comisión caeron chuzos. Bueno, vale, non está mal. Sr. Presidente.- Vale, de acordo, xa está. Queda enterado o Pleno das seguintes comunicacións: 1) De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas pola Presidencia entre o 25 de setembro e o 19 de outubro do ano 2002 e que foron trasladadas ós voceiros dos distintos grupos políticos. 2) De Resolución Presidencial nomeando representante da Deputación na Comisión Provincial do Plan de Seguimento da Seca na provincia de Pontevedra ó Enxeñeiro Xefe de Vías e Obras D. Rafael Llano de la Concha. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa unánime declaración de urxencia adoptouse o seguinte acordo: ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa unánime declaración de urxencia adoptouse o seguinte acordo: 12.4797.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE A DESIGNACIÓN COMO VOCAL REPRESENTANTE DA CORPORACIÓN PROVINCIAL NO PADROADO DA FUNDACIÓN MARCO Ó DEPUTADO PROVINCIAL D. JESÚS Mª FERNÁNDEZ PORTELA Sr. Presidente.- Fóra da orde do día e por urxencia hai unha Moción presentada pola Presidencia desta Deputación Provincial, que di o seguinte: En sesión do Pleno celebrada o pasado día 27 de setembro, aprobaronse por unanimidade os Estatutos da Fundación MARCO de Vigo aceptando formar parte como membro fundador da mesma. O art. 16 de ditos Estatutos establece que o Padroado que a rexerá estará formado entre outros membros por 9 Vocais designados polas entidades fundadoras correspondéndolle á Deputación a designación dun Vocal. De feito os Estatutos contemplan de 9 a 13. Pola Secretaría Xeral do Concello de Vigo solicítase con data 18 dos correntes a designación do Vocal representante da Deputación con carácter urxente, dado que está prevista a sesión constitutiva do Padroado dentro do presente mes de outubro. O artigo 58 do ROF determina que corresponde ó Pleno a designación de representantes da Corporación en órganos colexiados dependan ou non da propia Corporación. Por todo isto proponse ó Pleno a aprobación da presente Moción adoptándose ó respeto o seguinte acordo: A proposta da Presidencia contida en Moción do 21 de outubro de 2002, designa Vocal representante da Deputación Provincial no Padroado da Fundación Marco, ó Deputado Provincial D. Jesús Mª Fernández Portela Presidente da Comisión de Cultura, dándose traslado do presente acordo ó Concello de Vigo como entidade promotora da citada fundación. Votamos polo tanto a urxencia. ¿Votos en contra da urxencia?. ¿Votos en contra da urxencia?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase a urxencia por unanimidade. ¿Algunha intervención?. Si, Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, seguindo a tradición que xa vén da constitución da Corporación e de tódolos nomeamentos nos múltiples e diversos organismos nos que está representada a Deputación, pois sen entrar a valorar a valía nin a idoneidade de a quen se propón, vámonos abster. Sr. Presidente.- Gracias. ¿Algunha intervención máis?. Non hai intervencións.Vótase polo tanto o contido da Moción. ¿Votos en contra?. Non hai. ¿Abstencións?. O PSOE e o BNG. ¿Votos a favor?. O Grupo Popular. Por maioría. O Pleno acorda por maioría de votos a favor do Grupo Popular e coas abstencións do PSOE e do BNG, aproba-la Moción da Presidencia en relación coa designación como vocal representante da Corporación Provincial no Padroado da Fundación MARCO ó Deputado Provincial D. Jesús Mª Fernández Portela, e que é como segue: MOCIÓN DA PRESIDENCIA "En sesión do Pleno celebrada o pasado día 27 de setembro aprobáronse por unanimidade os Estatutos da Fundación MARCO (Museo de Arte Contemporáneo) de Vigo, aceptando formar parte como membro fundador da mesma. O art. 16 de ditos Estatutos establece que o Padroado que a rexerá estará formado, entre outros membros, por nove vocais designados polas entidades fundadoras, correspondéndolle á Deputación a designación dun vocal. Pola Secretaría Xeral do Concello de Vigo solicítase con data 18 dos correntes a designación do vocal representante da Deputación con carácter urxente, dado que está prevista a sesión constitutiva do Padroado dentro do presente mes de outubro. O art. 58, c) do ROF determina que corresponde ó Pleno a designación de representantes da Corporación en órganos colexiados, dependan ou non da propia Corporación. Por todo isto, proponse ó Pleno a aprobación da presente Moción, adoptándose ó respecto o seguinte acordo: A proposta da Presidencia contida en Moción de 21 de outubro de 2002, desígnase vocal representante da Corporación Provincial no Padroado da Fundación MARCO ó Deputado Provincial D. Jesús Mª Fernández Portela, Presidente da Comisión de Cultura, dándose traslado do presente acordo ó Concello de Vigo como entidade promotora da citada Fundación." ------ Folla: 13.4798.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Punto número doce. Rogos e preguntas. Si. Sr. Araújo Quintas- Gracias. Bueno, este é un rogo Sr. Presidente, unha pregunta e un rogo que van ligados coa mesma obra. Entón a pregunta sería ¿cando se vai rematar o treito que está pendente aínda da estrada que vai de Pinzás a Sabarís, entre Tomiño e Baiona, Concello de Tomiño e Baiona?. Sr. Presidente.- Perdón. Sr. Araújo Quintas.- Bueno, a pregunta é que ¿cando se vai remata-lo treito da estrada que falta por rematar aínda entre Pinzás e Sabarís, Concello de Tomiño e Baiona?. E nese mesmo sentido o rogo sería que se vixien as marxes desa estrada, especialmente os peches de fincas que se están facendo pois que poden dificultar precisamente o ensanchamento dese cacho que falta, non, entón por un lado a pregunta é cando se vai rematar e o rogo é que se vixie ós lindeiros da estrada, posto que estamos a falar dunha estrada que é da Deputación, unha estrada provincial. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias. Eu neste momento non lle podo contestar á pregunta pero contestareille por escrito antes do próximo Pleno indudablemente. E en canto ó rogo, bueno, tereino en conta, en todo caso incrementamos o número de vixilantes nas estradas provinciais, sobre todo na zona sur da provincia incrementamos nun vixilante, e bueno, darei as ordes oportunas para que, aínda que é a súa función recorre-las estradas tódolos días, pois que vixie efectivamente a construcción dos peches non só xa porque ocupen terreo de dominio público senón porque á hora de ensancha-las estradas o compromiso sempre da Deputación e se ceden os terreos facerlle os valos que teñan feitos e indudablemente, bueno, pode haber picaresca no senso de que saben que se vai a facer pois faceren uns valos de pedra porque saben que logo llos faremos de pedra e se é de alambre pois faiselle de alambre. De acordo. Gracias. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. O tema polo que quero preguntar é con respecto a unhas declaracións que tiven a oportunidade de velas en directo, de escoitalas co cal pois non están traducidas ou versionadas que sempre se podían discutir, e é con respeto á famosa historia da Xunqueira de Alba, que hai pois uns nove anos por aí, pois valorouse a posibilidade por parte do Concello de Pontevedra de construir alí un posible campo de fútbol, non foi posible, non collía, se fixeron planos, non collía, etc., e despois no seguinte mandato, creo que cun bo criterio, pois acometeuse por parte do Ministerio de Medio Ambiente a rexeneración da Xunqueira de Alba que é a única de todas as múltiples que había en Pontevedra, algunha xa desaparecida totalmente e outras parcialmente, é a única que se conserva en relativo bo estado. E cando todos estabamos convencidos, porque tanto os gobernos anteriores do Partido Popular en Pontevedra como o actual, pois sempre estimamos que eso era absolutamente un disparate, porque é rechear, ou sexa, é acabar coa última Xunqueira que existe en Pontevedra en bo estado pois me atopo cunhas declaracións do Deputado Delegado de Deportes dicindo que lle parece unha idea bárbara. Entón a pregunta é, a ver, ¿o Presidente asume esa posición?, ¿é a posición do grupo cargarse a Xunqueira de Alba?, e en fin, eso é o que quero saber, o que queremos sabe-los cidadáns de se volvemos atrás a historia e agora volven vostedes a defender pois cargarse todos os espacios naturais en aras de operacións bastante raras, porque a operación era tamén recalificar, unhas cousas moi raras, porque a operación era tamén recalificar e unhas cousas moi raras, bastante raras en todo, cando hai outras posibilidades bastante claras e bastante fáciles, pero era unha posibilidade incluso desbotada polos seus propios gobernos de Pontevedra e á parte que estarán en Costas, vamos é un auténtico disparate medio ambiental. Entón a pregunta é ¿asúmeo a Presidencia da Deputación?. ¿Estanse adquirindo compromisos?. ¿Son simplemente unhas declaracións a propósito deste ambiente preelectoral?. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Polo que respeta a esta Presidencia da Deputación eu creo que podo falar perfectamente en calidade de Presidente deste grupo de goberno neste momento na Deputación Provincial, con respeto a esta Institución non temos planificado absolutamente nada neste momento, non hai nada planificado nin nada previsto por esta Institución na Xunqueira de Alba. En todo caso di que as declaracións foron feitas polo Deputado Delegado de Deportes, eu concédolle a palabra a David Raposeiras para que explique mellor pois esas declaracións. Sr. Raposeiras Correa.- Ben, bos días Sres. Deputados. Esas declaracións refírense a unha pregunta que me fixo a prensa concretamente onte sobre a idoneidade de facer un estadio de fútbol novo en Pontevedra ou reforma-lo de Pasarón. Entón nós dende a Excma. Deputación de Pontevedra, a opinión deste Deputado dicía que o ideal para Pontevedra sería facer un estadio novo, dotalo cuns campos ó lado para entrenamento dos equipos base do Pontevedra, e incluso que viñera a palia-las necesidades que en instalacións deportivas concretamente de fútbol teñen os equipos de Pontevedra. Tamén se falou nesa reunión desa antiga idea de situa-lo campo de fútbol nas Xunqueiras de Alba. Nós nese sentido non é que no compartamos nin estamos coa idea de ocupar un espacio natural, como di o Sr. Deputado, nós a ubicación do novo estadio debería de concretala o Concello de Pontevedra, indudablemente, e nós se se levara a cabo pois eu creo que a postura desta Deputación sería de apoialo. Indudablemente eu non sei se a ubicación do futuro estadio se se chega a facer, non sei se sería correcto facela onde di vostede ou non, eso eu descoñézoo porque non coñezo eses terreos tampouco. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non podo por menos que alegrarme da rectificación porque o que dixo vostede onte non foi eso. Vostede dixo que a candidata Pedrosa, que xa falaran, que era unha idea magnífica, que á parte se podía recalificar Pasarón igual que se fixo en Ourense, textualmente dixo, etc., agradézolle a rectificación, porque a estas alturas unha barbaridade dese calibre, que á parte xa foi desbotado noutras épocas en que había menos sensibilidade e cando non estaban rexeneradas as Xunqueiras, cando non estaban rexeneradas, pois parece que tal. Supoño que a vostede lle darían unha información moi sesgada, lle faltarán eses antecedentes. Agradézolle a rectificación. Sr. Presidente.- Si, perdón. Sr. Raposeiras Correa.- Si. Vamos a ver. Falamos de varias cousas. En Ourense por exemplo non se están recalificando os terreos, Ourense o que está intentando a traveso do Instituto Galego da Vivenda e Solo é facer unhas vivendas de promoción pública ou social dentro do vello estadio de fútbol e con eso conseguen recursos para face-lo novo estadio, que podía ser tamén outra opción para poder facer un novo estadio en Pontevedra á parte da posible recalificación que puidera ter Pasarón. Pero eso non ten nada que ver con onde se vai a ubicar un novo estadio se é que se decide facer un novo estadio. ¿Me explico?. ¿Entende o que lle quero dicir?. Quero dicir que falouse da Xunqueira de Alba porque había un proxecto anterior que ubicaba un novo estadio na Xunqueira de Alba, pero eso non quere dicir que se vaia a ubicar na Xunqueira de Alba. Non sei se me expliquei. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Repítollo e non quero dende logo polimizar porque é unha pregunta e demais. Vamos a ver. Primeiro, eso está desbotado. Segundo, están tratadas as Xunqueiras. E terceiro, cando queira opinar unha cousa deste tipo pois diríxase ó goberno local ou incluso ó grupo municipal seu en Pontevedra e non á candidata que probablemente estarán moito máis informados e lle poderán dicir que hai ubicacións alternativas e incluso co IGAVS, etc., etc., pero sen meterse en dicir que é bo un auténtico disparate como é ese. Nada máis. E digo que cando opine tal, e agradézolle a rectificación e a prudencia que está mostrando neste Pleno que xa digo, onte non a mostraba. Sr. Presidente.- Moitas gracias. ¿Algunha pregunta ou algún rogo máis?. Moitas gracias. Levántase a sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as once horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dase por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. ------

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición